ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Expedientes de recoñecementos médicos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.2.8.1

  • Título Expedientes de recoñecementos médicos

  • Data(s) 1979-2013 (Creación)

  • Volume e soporte 67 unidades de instalación; 95 agrupacións documentais

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Todo traballador ten dereito a someterse a un recoñecemento médico unha vez ao ano. En España, é a Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, no seu artigo 22, a normativa que regula os recoñecementos médicos. Na mesma establécese que o empregador ten obriga de proporcionar aos seus traballadores a vixilancia da súa saúde de maneira periódica, variando segundo os riscos que o seu traballo leva. A periodicidade e a obrigación do traballador de someterse ao recoñecemento médico por parte do traballador estipúlase unha vez que se coñece a avaliación de riscos na empresa na que traballa e as funcións que debe realizar e englóbase dentro das accións preventivas. Así se vixía a saúde dos empregados e pódense coñecer os riscos que o traballo que realizan teñen para a saúde das persoas, e tamén se o traballador está en condicións de realizar os devanditos traballos. A fina liña que separa a voluntariedade e a obrigatoriedade por parte do traballador de someterse aos recoñecementos médicos que a empresa ofrece vén marcada polo dereito fundamental á vida e a integridade, así como á saúde dos traballadores. Cando se considere que estes dereitos poden ser vulnerados, é dicir, cando o traballador pode, polo desempeño do seu traballo, pór en risco a súa saúde e mesmo a súa vida ou a dos seus compañeiros, imponse os recoñecementos médicos e o traballador está obrigado a realizalos mesmo en contra da súa vontade. Como consecuencia da Lei de Prevención de Riscos Laborais, aqueles traballadores que poñan en perigo a súa vida, a dos seus compañeiros ou doutras persoas durante o desempeño das súas funcións laborais están na obrigación de realizar o recoñecemento médico segundo o estipulase a empresa ou ben segundo os prazos marcados polo convenio. Pero este non é o caso da maioría dos traballadores (son poucas as profesións en que se pon en risco a vida e a saúde das persoas de maneira constante). O máis común é que a empresa ofreza de maneira anual aos seus traballadores a posibilidade de someterse a un recoñecemento médico. No Real Decreto 39/1997, de 17 de xaneiro, que aproba o Regulamento de Servizos de Prevención de Riscos Laborais, establécese que a vixilancia da saúde levará a cabo en varios momentos: ao comezo da relación laboral, cando se renova un traballo ou de maneira periódica Os controis periódicos ou vixilancia da saúde deben levar a cabo por persoal sanitario que presente competencias técnicas, capacitación e acreditada formación específica a nivel superior. Os recoñecementos médicos ao uso componse de preguntas sobre o estado de saúde dos traballadores, ademais dunha exploración física en xeral. Ademais adóitanse realizar outras probas como o control da visión, unha audiometría (estudo auditivo), unha espirometría (estudo da funcionalidade respiratoria do traballador), unha analítica sanguínea, outra de ouriños, un electrocardiograma e, se procede, un estudo radiolóxico. O recoñecemento médico debe realizarse sempre respectando o dereito á intimidade e a dignidade do traballador. Ademais, hai que ter en conta que toda a información relativa á saúde das persoas é confidencial e non pode usarse con fins discriminatorios nin en prexuízo das persoas. A Lei Orgánica de Protección de Datos vela por que se cumpran estes dereitos dos traballadores. Só o persoal médico que leve a cabo a vixilancia da saúde e as autoridades sanitarias pertinentes, así como o propio traballador, poden ter acceso aos datos recolleitos durante o recoñecemento. Non se poden facilitar ao empregador ou a outras persoas sen o consentimento expreso da persoa que se someteu ás probas médicas. Do único que serán informados tanto o empresario como as persoas responsables da prevención será das conclusións dos recoñecementos. Estas deben expresarse en termos de apto ou non apto para o traballo e de se hai necesidade de introducir medidas en materia de prevención durante o desempeño das funcións do traballador. Na actualidade o Servizo de Prevención elabora dosu tipos de recoñecementos médicos: RECOÑECEMENTOS MÉDICOS ANUAIS: 1. Comunicación aos delegados de prevención de que se vai iniciar a campaña. 2. Comunicación a tódolos centros co prazo para anotarse. 3. Relación anual do persoal que finalmente realizou o recoñecemento médico. 4. Certificados de aptitude. RECOÑECEMENTOS MÉDICOS INICIAIS, POR EMBARAZO OU POR BAIXA PROLONGADA: 1. Relación anual do persoal que realizou o recoñecemento. 2. Certificados de aptitude.

  • Valoración, selección e eliminación Conta con estudo de valoración de serie.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Prevención de Riscos Laborais (Tema)

Área de control da descrición