ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de foro outorgado por Francisco Rivera Monroy relativa a veiga da Cernadela e carrasqueira

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.758/31

  • Título Escritura de foro outorgado por Francisco Rivera Monroy relativa a veiga da Cernadela e carrasqueira

  • Data(s) 1765-04-27 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 4 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia compulsada dun foro outorgado por Francisco Rivera Monroy, apoderado da marquesa de Santa María de Villar e condesa de San Román, dona María Joaquina Gayoso Araújo Mariño de Lobera Aldao Bermúdez de Castro, a favor de José Ferro, Clemente de Gándara, Francisco de Castro, Alberto do Mato, Francisco da Herosa e Marcos Mosquera, da veiga da Cernadela e da Carrasqueira. En renda de 100 ferrados de millo. En Caldas de Reis. Ante. Benito de Villa.[Concello de Caldas de Reis. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título de " Foral de A Cernadela" van unidas: 35758/29, 35758/30, 35758/31, 35758/32

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición