ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.880
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Escritura de foro outorgada por Juan Antonio Mariño a favor de Santiago Carballo, de Caldas, e Juan Carballo, de Curro

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..1.1.1.35.758/63

  • Título Escritura de foro outorgada por Juan Antonio Mariño a favor de Santiago Carballo, de Caldas, e Juan Carballo, de Curro

  • Data(s) 1697-12-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 5 follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Copia compulsada dunha escritura de foro, outorgada o 31 de Agosto de 1697, por Juan Antonio Mariño, a favor de Santiago Carballo, veciño de Santa María de Caldas e Juan Carballo de Santa María de Curro, dunha leira de herdade, sita na veiga de Lapa de Arriba, de 2 ferrados de sembradura. En renda de 4 ferrados de millo, máis unha galiña. Ante. Antonio Sánchez de Andrade.[Freguesía de San Xián de Romai. Concello de Portas. Provincia de Pontevedra]

Área de notas

  • Nota As escrituras baixo o título de "Veiga da Lapa" van unidas: 35758/62, 35758/63, 35758/64. Contén coorespondencia no reverso da 1 folla

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)

Área de control da descrición