Fondos
35.760/41. Expediente de demanda contra Francisco Rodiño Betanzos
Expediente de demanda contra Francisco Rodiño Betanzos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.24..3.1.35.760/41
Título Expediente de demanda contra Francisco Rodiño Betanzos
Data(s) 1765-1930 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental. 55 follas
Área de contexto
Nome do produtor Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera.(S.XVI-S.XX) A historia da familia comenza no século XVI con Juan de Balboa y Mariño de Lobera, cuxa descendencia ao casar con Teresa Alvarez de Bens, levara os apelidos Mariño de Lobera, Andrade, Mosquera, Pimentel e Sotomayor. Entre os sucesivos moradores da casa atópanse María Concepción Armada y Losada, filla da X Marquesa de Figueroa e do seu home Ramón Gutierrez de la Peña e Quiroga, dono do Pazo da Praza do Toural ( Santiago de Compostela). A filla adoptiva destes Asunción Giráldez pasou a posesión ao seu sobriño José Rivero de Aguilar e Gutierrez de la Peña. Posteriormente outro dos seus donos foi o farmaceútico Luis Seijas Boch casado con Julia Quiroga López-Vázquez, que faleceu en 1938. Posteriormente pasou a ser propiedade de Don Luís Fenollera Velón. En 1980 o mercou D. Antonio Martínez Andrade, continuando a día de hoxe en mans da mesma familia, a súa muller María Anna Martínez e seus fillos.
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Expediente de demanda interposta polo representante de Dona Concepción Armada, D. Salustiano Vidal, ante o xuíz do Tribunal Especial de Foros de Cambados, contra Francisco Rodiño Betanzos, sobre débedas das rendas do foral do Cruceiro de Lonxe ou Bacariza ou Viña Tinta, dos anos 1927- 1928. [Freguesía de San Adrián de Vilariño. Concello de Cambados. Provincia de Pontevedra]
Ãrea de notas
Nota Contén: - Rateos de 1765 e 1844 - Memorial cobrador, s/d. - Recibos 1898- 1903. - Reclamación e sentenza do xuízo verbal que interpuso Francisco Rodiño Betanzos contra Joaquín Mª Rosa Saramago e Ramón Roma Pablo, polo impago das rendas destes dous últimos anos. Data: 1928
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Pazo Torre Quintáns. Familia Balboa y Mariño de Lobera. (Tema) (Creador)