Fondos
12. Expedientes do programa Depo Termal
Expedientes do programa Depo Termal
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.1.7.12
Título Expedientes do programa Depo Termal
Data(s) 2016-2018 (Creación)
Volume e soporte
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Este plan ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais, favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias co fin de evitar o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade. O plan termal da Deputación "Depotermal" pon en marcha dous programas: Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos Programa termal con pernoita Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ao plan mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación expedida pola Secretaría do concello. Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos: Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968, feito que se deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou co número de identidade de estranxeiro (NIE), segundo o caso No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións, para o que se deberá presentar unha fotocopia do certificado correspondente No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade Precisar un respiro familiar, o que se acreditará mediante o modelo de informe da traballadora ou traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos. No caso de persoas que desexen participar no plan de forma conxunta é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases. As persoas beneficiarias deben reunir ademais os seguintes requisitos: Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades transmisibles con risco de contaxio Poder valerse de maneira autónoma para as actividades da vida diaria
Ãrea de notas
Nota