Fondos
41.474/1. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 59 (1974)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 59 (1974)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.474/1
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 59 (1974)
Data(s) 1974 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación Provincial. Prensa. Tomo 59. Outubro-Novembro-Decembro 1974 Contén: - Condecoracións concedidas polo Xefe do Estado. Vinte Grandes Cruces, na Ordé do Mérito Civil - Sete millóns e medio de pesetas para mellora de camiños. As obras foron anunciadas a poxa pola Deputación Provincial de Pontevedra - Postos escolares de E.X.B., no Fogar Provincial - Comezará este curso. Autorizada unha Escola Feminina de A.T.S., da Cruz Vermella - Prazas de capataces de Vías e Obras na Deputación Provincial de Pontevedra - Solemne recepción no Salón do trono do Goberno Civil no XXXVIII aniversario da exaltación de Francisco Franco - Educación e Ciencia autoriza unha escola de A.T.S., femininos no Hospital Provincial, creada pola Cruz Vermella e a Deputación Provincial de Pontevedra - Melloras no Hospital Provincial. Oito aspirantes admitidos para cubrir prazas de capataces de obras na Deputación Provincial de Pontevedra - Onte, no Goberno Civil. Brillante recepción oficial conmemorativa do XXXVIII Día do Caudillo. Desfilaron numerosas e nutridas representacións - PO-punto e seguido. Semana do disco, artigo de GUILLERMO CAMPOS - O Vindeiro día 12. Entrega de distincións a Villar Palasí e Fernández López organizada pola Deputación Provincial de Pontevedra co gallo do Día da Hispanidade - A ClavE da NOticiA. A protección das peculiaridades por C.G.M. Recorte de prensa sobre as decisións da Comisión Provincial de Urbanismo da Deputación de Pontevedra - COMEZARÁ EN NOVEMBRO. Unha escola de A.T.S.F. no Hospital, autorizada polo Ministerio de Educación e Ciencia e creada pola Cruz Vermella e a Deputación Provincial de Pontevedra - Extraordinario ambiente ante a “Semana do Disco”. Anúncianse gran número de excursións para asistir ós festivais - PO-punto e seguido. A.T.S. profesionais artigo de GUILLERMO CAMPOS - O persoal de ICONA (Instituto Nacional para a Conservación da Natureza) honrou onte ó seu Padrón, na Escola de Capataces de Lourizán - Consecuencias da Gran Polémica. A ampliación de Celulosas de Pontevedra foise para Huelva. Galiza de todo un pouco por C O U S E L O. Cousas dun “Profeta da desgracia” - Pío Cabanillas inaugurará mañá a “I Semana Nacional do Disco” na Deputación Provincial de Pontevedra. As seis abrirá a exposición con 800 novidades españolas de 38 Casas. Festival da Canción Galega no Pavillón, participando Andrés do Barro, María Manuela Bernardo Xosé, Xoán Rubia e Xil Ríos - No Pazo da Deputación Provincial de Pontevedra. O Ministro de Información e turismo, inaugurará mañá a “I Semana Nacional do Disco”. Apertura da exposición e conferencia de Luis Sagi-Vela - Folleto co programa de actos da I Semana Nacional do Disco - Folleto coas ACTUACIONS DE CONXUNTOS E INTÉRPRETES na I Semana Nacional do Disco - Morreu a nai do Delegado Provincial de Información e Turismo, Manuel Crespo Alfaya. Asistiron ós funerais e ó enterro entre outras autoridades civís e militares o Gobernador Civil da Provincia de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Fernando Pedrosa Roldán o Presidente da Deputación Provincial José Luis Peláez Casalderrey - Recorte de prensa sobre a estancia do Ministro de Información; Pío Cabanillas, en Pontevedra. Gráfica - I Semana Nacional do Disco. Recepción no concello ós participantes. Segunda conferencia da Semana e novo espectáculo musical no Pavillón - Fálase na marcha atrás na industrialización de AROUSA. Non poñer a factoría de aluminio en Vilagarcía custará mil millóns de pesetas ós contribuíntes españois - Actos do Día da Hispanidade. Villar Palasí e Fernández López recibirán a Medalla de Ouro e o título de Fillo Adoptivo da Provincia, respectivamente. Actos organizados conxuntamente polo Goberno Civil e pola Deputación Provincial de Pontevedra - O “Día da Hispanidade” será conmemorado con diversos actos - Mañá, 12 de outubro. Será conmemorado con brillantes actos nesta capital, o Día da Hispanidade , pronunciará unha conferencia, o catedrático valisoletano, Sr. Ramos Pérez. Acto organizado conxuntamente pola Deputación Provincial e o Goberno Civil de Pontevedra - A reparación de Conxo, “Off The Record” - PONTEVEDRA. Imposta a Villar Palasí, ex Ministro de Educación e Ciencia, a Medalla de Ouro da Provincia. O “Día da Hispanidade”, celebrado solemnemente - Pontevedra: Homenaxe a Villar Palasí, ex Ministro de Educación e Ciencia. Na foto o Gobernador Civil Fernando Pedrosa Roldán imponlle a medalla - Día da Hispanidade en Pontevedra, descrición do programa. Gráfica - Folleto dos actos do Día da Hispanidade e tarxeta de invitación os mesmos, do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento, Presidente da Deputación Provincial e Alcalde de Pontevedra. - Publicación conmemorativa do Día da Hispanidade do Goberno Civil, Deputación Provincial e Concello de Pontevedra - Deputación Provincial. Máis diñeiro para vías provinciais. Novo delegado provincial de familia - Un xuízo do Sr. Crespo Alfaya sobre a nosa provincia. Declaracións do Delegado de Información e Turismo na revista “Pueblos de España” - Con gran releve foi conmemorado o “Día da Hispanidade”. Gráfica do Cónsul do Honduras en Vigo, lendo ante a estatua de Colón en Pontevedra - Villar Palasí, ex Ministro de Educación e Ciencia, medalla de ouro da provincia que recibiu de mans do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento Sr. Pedrosa Roldán. Fernández López recibiu o título de pontevedrés adoptivo, mención recibida de mans de José Luis Peláez Casalderrey Presidente da Deputación de Pontevedra - Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. ANUNCIO, para presentación de plicas - A Sección Feminina conmemorou onte a súa festa patronal, presidida polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Sr. Pedrosa Roldán e o Presidente da Deputación de Pontevedra José Luis Pelaez Casalderrey - A exposición de Carlos Sobrino no Pazo Provincial - Recorte de prensa sobre o éxito da exposición de Carlos Sobrino na Deputación Provincial - Oito millóns de pesetas para mellora de camiños veciñais, na Deputación Provincial. O prazo de execución é de catro meses - Novas obras no Hospital e na Lanzada. - Nova Escola de A.T.S. en Pontevedra, Iniciará, proximamente, as súas actividades na Residencia de Montecelo - En 6.500.000 pesetas. Foi adxudicado o Plan Provincial Director de Coordinación Urbanística. A Comisión ditadora estivo presidida por José Luis Peláez Casalderrey Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra - Resolto o concurso para a adxudicación do Plan Provincial Director de Coordinación Urbanística. - Notas de Arte. A Exposición de Carlos Sobrino na Deputación Provincial de Pontevedra - O Plan Director de Coordinación Urbanística. - Pazo Provincial. Oito millóns máis para melloras en vías pontevedresas - Galiza de todo un pouco. ¿Non podería bombearse auga do Umia para Vilagarcía?, artigo de COUSELO - Anticipos sen intereses a varios municipios. Alcanzan a cifra de 19 millóns de pesetas - Sen intereses e a amortizar en 10 anos. A Caixa de anticipos de Cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra, concedeu 10 millóns a varios concellos. Contribuirán á execución de obras por case 100 millóns de pesetas - Nada trocou en torno á planta de alumina en Arousa - Ante a nova lei de Cooperación, artigo de OLIVERA NAVASCUES - Sesión inaugural, o xoves. Importante programa do novo curso académico no Hospital Provincial na Deputación Provincial de Pontevedra - Conferencia de Massaguer na apertura do curso académico no Hospital Provincial. Filgueira Valverde falará hoxe sobre “A Galiza Romana”, no salón de actos da Deputación Provincial - O domingo, ás 11, en Monteporreiro. “II Día Ciclista da Provincia”, patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra - Falou Gibello García. Foi conmemorado onte, o XLI aniversario da fundación da Falanxe Española. Gráfica - Homenaxe a, José Álvarez Vijande, profesor de E.X.B., no Fogar Provincial - EDITORIAL. Acertar que é o importante. Recorte de prensa sobre o cese de dous Ministros galegos - Case definitivo: A Planta de alumina instalarase en San Ciprián (Lugo) - Excma. Deputación Provincial de Pontevedra. Hospital Provincial. Comisión de Cultura. Programa de actividades científico-culturais para o curso 1974-75 - Onte, na Deputación Provincial de Pontevedra. Brillante sesión inaugural do novo curso académico do Hospital Provincial. Pronunciou unha conferencia, o Doutor Masaguer Fernández - Estudo sobre o medio ambiente na provincia de Pontevedra. O Medio acuático é extraordinariamente vulnerable. A renovación de augas na ría lenta. Industrias contaminantes: Non é xusto cargar costos sociais que deben soportar outras rexións ou nacións - Recorte de prensa sobre a morte de Jaime Peláez Casalderrey, irmá do Presidente da Deputación de Pontevedra José Luis Peláez Casalderrey - MIRADOR PONTEVEDRÉS. Novo curso académico do Hospital Provincial - ACORDOS DO PLENO DA CORPORACIÓN PROVINCIAL. Destínanse 96 millóns de pesetas para o orzamento extraordinario “T”. Inversión de 84.289.389 pesetas no arranxo de múltiples camiños veciñais e estradas - Vindeira sesión clínica no Hospital Provincial - Impugnados os exames á Enfermeiras da Cruz Vermella - Don Valentín Paz Andrade, dona ó Museo de Pontevedra a súa colección de debuxos “As mulleres”, de Castelao - Presidido polo Arcebispo de Santiago, Monseñor Suquía Goicoechea. Inaugurado o complexo parroquial de San Bartolomé, coa asistencia dos señores Puig Gaite, Quizán Taboada e Ríos Gigirey. Gráfica - O Arcebispo de Santiago Monseñor Suquía Goicoechea, inaugura o complexo parroquial de San Bartolomé. Gráfica - Donativo ó Museo. Paz Andrade entregou os orixinais de “As Mulleres” de Castelao - Solicitude da Deputación da Coruña para a construción dun Hospital en Conxo-Santiago - Importante axuda da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra ó Asilo de Anciáns. A entidade aporta 50 mil pesetas e os seus empregados 21 mil pesetas - Sesión Clínica no Hospital Provincial. Falará o doutor Díaz Bustelo do “Diagnóstico do cólera” - Convocatoria de doce bolsas pola Deputación Provincial de Pontevedra - A Seguridade Social morosa en Pontevedra - A Deputación anuncia concurso para adxudicar doce bolsas de estudo. Concédense quince días de prazo para presentación de solicitudes - Recorte de prensa sobre as bolsas da Deputación Provincial de Pontevedra a concurso - Primeira sesión clínica do curso académico no Hospital Provincial. Homenaxe a dous socios do Fogar do Pensionista - Onte, no Hospital Provincial. Celebrouse a primeira sesión clínica do curso académico - Sesión extraordinaria da Mancomunidade do Umia - Obras da Deputación na Lanzada - Na Deputación. Sesión extraordinaria da Mancomunidade do Umia - Novas obras na finca da Lanzada. O orzamento pasa dos dous millóns de pesetas - Deputación. 23 millóns máis para as necesidades provinciais - Do Museo de Pontevedra. Actos para o día 27 - Coa asistencia do Director Xeral de Estradas. Onte celebrouse en Santiago o Consello de Administración de “SODIGA” - Santiago: XUNTANZA DE “SODIGA”. O Director Xeral de Estradas inspecciona as obras do Plan de accesos a Galiza - Construción dunha Cidade Asistencial Infantil de Educación Especial en Pontevedra. Custará 41 millóns e terá 1.240 prazas - Bolsas de pos-graduados no Hospital Provincial - A ClavE da NOticiA. URBANISMO INTERPROVINCIAL. G. G. M. - Visitas de Cortesía. García Picher (Alcalde de Vigo) cumprimentou ás autoridades pontevedresas - Con Filgueira Valverde coma Cicerone. Vista á exposición “A Acuarela” - No Campamento de Figueirido. 1.513 recrutas galegos prestaron xuramento a Bandeira. Suanzes de Viñas presidiu a cerimonia - Centro Rexional da UNED. Hoxe, realizará a súa primeira visita oficial o Reitor da Nacional profesor Díez Nicolás - No C.I.R. de Figueirido. SOLEMNE CERIMONIAL DE XURA DE BANDEIRA. Participaron 1.513 recrutas, presidindo os actos o Xeneral Suances de Viñas - No Museo. Interesante visita dirixida á exposición “A acuarela” - Obras en camiños provinciais 21.259.138 pesetas - Obras anunciadas a poxa. Destinaranse 21 millóns para reparación de trece vías provinciais - Reparación de camiños veciñais con cargo á Deputación - Festa da Milagrosa e homenaxe a sor Ángela Aldeguer, no Fogar Provincial - Hoxe no Museo presentación dun libro de Sánchez Cantón - En 1970. A provincia de Pontevedra tiña unha poboación de dereito de 781.334 persoas - “Bolsa” rexional. Gandería: Un punto máis a favor. AROUSA PERDE O COMPLEXO ALUMINICO. GALIZA en sínteses - Non se instalará na ría de Arousa a planta de alúmina – aluminio. Para establecer as factorías, realízanse estudos na costa lucense e San Ciprián - Primeira visita oficial do novo Capitán Xeneral da VIII Rexión Militar. O Sr. Sánchez-Galiano Fernández foi cumprimentado por autoridades provinciais. Visitou as dependencias da capital e o Centro de Instrución de Recrutas de Figueirido - Vodas de Ouro no Hospital Provincial. Tamén emitiu os seus primeiros votos unha nova relixiosa - Recorte de prensa sobre instalación de industrias. Outro caso coma o da refinería. - 4.500 millóns de pesetas investiranse en instalacións anti-contaminantes na planta de Alúmina. Seguen os estudos en San Ciprián (Lugo) - 4.500 millóns, inversión anti-contaminante para o Complexo Alumínico Galego. “Non hai riscos para a fauna mariña, afírmase”. Posible lugar de instalación: A zona luguesa de San Ciprián. Os lodos vermellos depositaríanse nalgún val interior - II Fin de Semana Pediátrico, no Hospital. Mesa redonda sobre “Crecemento”, acuando coma moderador, o profesor Peña Guitián. O Mellor seguro de vida dun neno cando nace, é que reciba o peito da súa nai” - “II Fin de Semana Pediátrico”. Asistiron numerosos médicos galegos - Sesión Plenaria da Deputación Provincial. Máis de cinco millóns e medio de pesetas con destino a Universidade a Distancia - Análise a fondo do noso turismo: realidade e perspectiva. Cando nace a gran área industrial - O social e o económico en dous libros. O Sindicato describe a imaxe completa da provincia - Obras na provincia con cargo a Deputación Provincial de Pontevedra - A ClavE de la NOticiA. A elección dun Procurador en Cortes - A opinión pública non tivo nada que ver co caso da Alúmina. Os Galegos e a popularidade, según o diario madrileño “PUEBLO” - CAMPO LAMEIRO. Expediente de concesión da medalla ó mérito nas Belas Artes á Deputación Provincial - Pazo Provincial. Habilitación e suplemento de crédito - Plan Provincial de 1974. Mañá remata o prazo de opción a poxa das obras - Homenaxe a Pío Cabanillas no Casino Mercantil. Foille imposta a medalla de ouro da entidade - O Consello Económico Comarcal de Arousa fala claro. “A Alúmina quere volver” - Arousa pide novamente unha planta de Alúmina. Xuntanza de urxencia no Consello Económico Sindical da Ría - Sen tarxeta de visita, por Gómez-Soto. Ante as eleccións a Procurador en Cortes - Inauguradas en Coia 33 rúas con nomes de municipios da provincia. Ó acto asistiron alcaldes de case todos os Concellos pontevedreses. García Picher destacou a necesaria unión e compenetración dos pobos. Gráficas - Peza única de acibeche para o Museo de Pontevedra - O Museo actualidade. Un acibeche excepcional de principios do século XVII. Última semana da exposición de acuarela - Cartas Ó Director. O complexo alumínico de Vilagarcia, artigo de JOSÉ R. MARTÍNEZ SÁNCHEZ - ALDAN (CANGAS) Comezaron as obras da estrada de acceso ó Lugar de Piñeiro - “A ALÚMINA” non poderá establecerse en San Ciprián - Hoxe, no Auditorio da Caixa. Dobre actuación do Real Ballet de Cámara de Madrid - Martínez Esteruelas, Ministro de Educación e Ciencia, reuniuse cos Presidentes das Deputacións Provinciais. Tema: A descentralización educativa - Éxito do Real Ballet de Cámara en Madrid - Representación en Cortes. A alcaldía viguesa debe ser voceira da provincia - Hoxe, elección de Procurador en Cortes, polos Concellos da provincia. Como compromisario vigués acudirá a Pontevedra Don Francisco Cameselle - Exposición de proxectos. Afectan ó acceso a Montecelo e ao Hospital Provincial - “O Centenario do Impresionismo” no Museo Provincial. Gráfica - O domingo no Museo inaugurouse a exposición adicada ó impresionismo - Primeiro aniversario da morte de Luis Carrero Blanco. Necrolóxica - Inaugurada a nova lonxa de contratación de pescado. O acto foi presidido polo Director Xeral de Portos e Sinais Marítimas Don Sabas A. Marín García - Onte, en Santa María Solemne funeral de aniversario polo almirante Carrero Blanco, coa asistencia das autoridades e representacións de todo orde - Na Deputación. Exposición ó público do orzamento extraordinario “T” - Camiños provinciais a poxa en Arbo e Merca - XURA DE BANDEIRA. O domingo, en Figueirido, 1.503 recrutas realizaron o xuramento de fidelidade á Patria. Presidiu os actos o Xeneral Suances de Viñas - Na elección a procurador en Cortes, “algúns non responderon ó xogo entre cabaleiros” - A cargo da Deputación. A Noiteboa festexouse nos establecementos benéficos con ceas extraordinarias - “Era un xogo entre cabaleiros”. Recorte de prensa sobre os candidatos a Procurador en Cortes - Condecoracións para ex-Alcaldes - O orzamento extraordinario da Deputación supera os 94 millóns de pesetas. Destino: Hospital, Pazo Provincial e Cidade Infantil de Montecelo - O OLIVO. Recorte de prensa sobre candidatos a Procurador en Cortes, por R. V.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)