Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-04-27_Ordinaria. Acta de sesión 2011/04/27_Ordinaria
Acta de sesión 2011/04/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-04-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/04/27_Ordinaria
Data(s) 2011-04-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte e sete de abril do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19190.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 20 de abril de 2011. 2.19191.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DO EQUIPAMENTO DE MUSEOGRAFÍA DA PLANTA SEGUNDA. AMPLIACIÓN DO MUSEO DE PONTEVEDRA. PROXECTO 10.2 Resultando que o Director de Museo de Pontevedra presenta escrito, con data 20 de xaneiro de 2011, no que solicita se inicie o procedemento de contratación, para a adxudicación da subministración e instalación do equipamento de museografía da planta segunda do sexto edificio do Museo. Resultando que os arquitectos directores do Museo Provincial elaboraron con data de decembro de 2010, un proxecto técnico para regular a citada subministración. Resultando que polo Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento aberto, de acordo ás consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 27 de xaneiro de 2011. Resultando que con data 7 de abril de 2011, o Secretario Xeral informa o citado proxecto de prego de condicións, é polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación da subministración e instalación do equipamento de museografía da planta segunda. Resultando que con data 18 de abril de 2011, polo Interventor emítese informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu artigo 9 tipifica a este contrato como “de subministración” ó ter por obxecto a adquisición de produtos ou bens mobles e que o procedemento aberto é o que debe utilizarse ordinariamente para a adxudicación destes contratos, tal como establece o artigo 122.2 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta ó Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento para 2010, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto, da “Subministración e instalación do equipamento de museografía da planta segunda. Ampliación do Museo de Pontevedra. Proxecto 10.2”, pola cantidade máxima de douscentos vinte e sete mil cincocentos oitenta e nove euros cun céntimo (227.589,01 €), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: Prezo sen IVE 192.872,04 € IVE (18 %) 34.716,97 € TOTAL 227.589,01 € 2. Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán no devandito procedemento aberto. 3. Autorizar o gasto por importe de 227.589,01 € con cargo á aplicación orzamentaria 11/457.333.625.01.2008. 4. Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da “Subministración e instalación do equipamento de museografía da planta segunda. Ampliación do Museo de Pontevedra. Proxecto 10.2”, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 143.2 da citada Lei 30/2007. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DO EQUIPAMENTO DE MUSEOGRAFÍA DA PLANTA SEGUNDA. AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA. PROXECTO 10.2. 1. OBXECTO.- A contratación da subministración e instalación de soportes expositivos (plintos e vitrinas), enmarcados, equipos audiovisuais e interactivos, cartelería, escenografía, montaxes e maquetas, para a segunda planta do sexto edificio do Museo (8 salas), de conformidade coas características mínimas que figuran no proxecto de prescricións técnicas elaborado polos Arquitectos do Museo provincial, que se une como anexo. 2. FINANCIAMENTO.- O prezo do contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 11/457.333.625.01.2008 do vixente orzamento provincial. 3. PAGO.- O adxudicatario terá dereito ó pago, conforme ó prezo convido e efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, unha vez entregados e instalados as subministracións e prestada a conformidade por esta Deputación Provincial, todo iso de conformidade co establecido nos artigos 268 e 269 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do Sector Público (LCSP, en diante). 4. PRAZO.- A subministración e a instalación do diverso material efectuarase no prazo de tres meses. 5. TIPO DE LICITACIÓN.- O orzamento do contrato fíxase nunha cantidade máxima de cento noventa e dous mil oitocentos setenta e dous euros con catro céntimos (192.872,04 €), sen IVE, sendo a cantidade correspondente ó IVE trinta e catro mil setecentos dezaseis euros con noventa e sete céntimos (34.716,97 €). Prezo contrato 192.872,04 € IVE (18%) 34.716,97 € Importe total 227.589,01 € 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 122.2 da Lcsp. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 da devandita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato até a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizou a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da Lcsp. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou na sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de quince días naturais (artigo 143.2 da Lcsp), a contar dende o seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Se o último día de presentación das proposicións económicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por correo electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto correspondente á contratación da subministración e instalación do Equipamento de museografía para a planta segunda. Proxecto 10.2. Ampliación Museo de Pontevedra”. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1.- A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atopar ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse no prazo de dez días hábiles concedido polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta económica máis vantaxosa ou autorice ó órgano de contratación para obter de forma directa a acreditación diso. 4.- Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Dirección de correo electrónico no que efectuar as comunicacións ou notificacións. 6.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) As contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda. Os empresarios non obrigados a presentar as contas en Rexistros oficiais poderán achegar, como medio alternativo de acreditación, os libros de contabilidade debidamente legalizados. b) Relación das principais subministracións efectuadas durante o tres últimos anos, indicando o seu importe, datas e destinatario público ou privado dos mesmos. As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou cando o destinatario sexa un comprador privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica correspondente ó procedemento aberto para a contratación da subministración e instalación do Equipamento de museografía para a planta segunda. Proxecto 10.2. Ampliación Museo de Pontevedra”. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2. Memoria descritiva dos bens a subministrar, especificando as características técnicas, estéticas e funcionais dos mesmos, así como a marca e modelo. 3. Melloras sobre as características técnicas incluíndo unha relación das mesmas. As ofertas diferenciarán, claramente e dun modo inequívoco, as características mínimas esixidas, e as que realmente se achegan como melloras, co fin de facilitar o traballo de avaliación. 4. Catálogos, folletos, fotografías ou vídeos relativos ós bens que se ofertan. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica correspondente á contratación da subministración e instalación do Equipamento de museografía para a planta segunda. Proxecto 10.2. Ampliación Museo de Pontevedra”. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 10.- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Arquitecto director da obra do Museo. SECRETARIO: O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, quen a avaliasen e ponderasen seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 12.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 12.1.- Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables subxectivamente: Puntuación. Características e calidade dos bens a subministrar …………….. 30 puntos Melloras ofertadas ………………………….………………. 20 puntos 12.2.- Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Valorables mediante fórmulas: Puntuación Oferta económica global …………………………………… Redución del prazo de subministración e instalación………... 35 puntos 15 puntos A oferta económica puntuarase en función da fórmula establecida no Anexo I. 13.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Se b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque: bm = (b1 + b2). • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) se b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) se b1 < bm - 10 e l > n-3, bm se b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, excluiraa da clasificación e acordará a adxudicación a favor da proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas e que non fosen declaradas desproporcionadas ou anormais. Para realizar dita clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada na cláusula 8ª deste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. 15.-ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 16.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizou o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 17.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 18.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 19.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. Órzanse os gastos de publicidade na contía máxima de 300,00 €. 20.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase nun ano. Se durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens subministrados terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser ouvido sobre a aplicación dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 21.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 206 e 275 da Lcsp. 22.- CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE.- A empresa adxudicataria declarará documentalmente que se responsabiliza de que o tratamento dos datos de carácter persoal, se realice con absoluto respecto das normas de seguridade adoptadas, e de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter persoal e no Real Decreto 1720/2007 polo que se desenvolve a anterior Lei. Ditos datos non serán aplicados nin utilizados con fins distintos ós que figuran neste prego, nin os comunicará, nin sequera para a súa conservación a outras persoas ou entidades. Unha vez cumprida a prestación contractual os datos de carácter persoal serán devoltos do mesmo xeito que calquera soporte ou documento en que conste algún dato deste carácter obxecto do tratamento. En caso de incumprimento do estipulado, a empresa contratante e os técnicos destacados, serán responsables das infraccións que se deriven do mesmo. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, pola Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 24.- MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don/a........, maior de idade, veciño/a de......, con domicilio en .....titular do DNI........., expedido en data..........., actuando en nome propio ou en representación de ........con NIF/CIF .…. e domicilio en ........, teléfono........... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á subministración e instalación do equipamento de museografía para a planta segunda. Proxecto 10.2. Ampliación Museo de Pontevedra.”, comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e de acordo co seguinte detalle: A) Prezo global sen IVE euros. B) IVE (18%) euros. C) TOTAL OFERTADO (A+B) euros. (En letra e número) O documento que se anexa é o que segue: ANEXO I Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica. 3.19192.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DUN CAMIÓN DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS PARA O CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 15 e decembro de 2010 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o concello de Campo Lameiro, pola cantidade máxima de centro trinta e cinco mil euros (135.000,00 €), IVE e gastos de matriculación incluídos. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o concello de Campo Lameiro, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 9 de data 14 de xaneiro de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 2 de febreiro de 2011, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Inturasa Pérez Rumbao, S.A., Talleres Baulo, S.L., Automoción La Junquera, S.L., Sociedad de Ingeniería y Transportes Auxiliares, S.A., Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto-Puga, S.L. (Veicar, S.L.), Baygar, S.L. e Geesink B.V., sendo admitidas todas menos a oferta presentada por Geesink B.V., con motivo de ter entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra fora do prazo establecido ó efecto. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 276 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 16 de marzo de 2011, o Xefe Xeral do Parque de Maquinaria emitiu informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para contratar a adxudicación da subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de marzo de 2011, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentado polas empresas admitidas, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” Sobre “C” TOTAL Oferta económica Prazo Inturasa Perez Rumbao, S.A. 37,50 Puntos 0,255 Puntos 00,00 Puntos 37,755 Puntos Talleres Baulo, S.L. 39,50 Puntos 0,972 Puntos 00,00 Puntos 40,472 Puntos Automoción La Junquera, S.L. 41,50 Puntos 0,255 Puntos 10,00 Puntos 51,755 Puntos Sociedad de Ingeniería y Transportes Auxiliares, S.A. 30,25 Puntos 2,348 Puntos 7,488 Puntos 40,086 Puntos Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto Puga, S.L. (VEICAR, S.L.) 25,00 Puntos ELIMINADO Por non obter unha valoración superior a 30 puntos de conformidade coa cláusula 11 do prego de cláusulas económico-administrativas BAYGAR ELIMINADO Por non cumprir co prego de prescricións técnicas no referente a que incorpora suspensión pneumática en lugar de ballestas asimétricas e non especificar toma de forza directa ó motor. Resultando que a Presidencia, a través de resolución número 5.085 de data 31 de marzo de 2011 estableceu a seguinte clasificación das proposicións presentadas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos para o Concello de Campo Lameiro: • Considérase como oferta máis vantaxosa a presentada por Automoción La Junquera, S.L., ó obter unha puntuación global de 51,755 puntos, unha vez efectuada a valoración dos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas económico-administraivas que rexeron este procedemento aberto. • A segunda oferta máis vantaxosa é a presentada por Talleres Baulo, S.L., ó obter 40,472 puntos. • A terceira oferta máis vantaxosa é a presentada pola Sociedade de Enxeñería e Transportes Auxiliares, S.A., ó obter 40,086 puntos. • A cuarta oferta máis vantaxosa é a presentada por Inturasa Pérez Rumbao, S.A. ó obter 37,755 puntos. Resultando que a través da citada resolución presidencial efectuouse así mesmo o correspondente requirimento á empresa Automoción La Junquera, S.L., para que presentara a documentación á que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa, Automoción La Junquera, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 5.715,00 euros depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201100031652, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno, de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Automoción La Junquera, S.L. (CIF –B-36.181.899), o contrato correspondente á subministración dun camión de recollida de residuos sólidos urbanos, por un importe de cento trinta e catro mil oitocentos setenta e catro euros (134.874,00 €), IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: A) Prezo do contrato 114.300,00 € B) IVE 20.574,00 € C) Importe Total 134.874,00 € 2.- Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato se realizará dentro do prazo dos quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación ós licitadores que participaron neste procedemento aberto. 3.- A empresa, Automoción La Junquera, S.L., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 137,95 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 4.- O pago deste contrato efectuarase unha vez recibido o camión de recollida de residuos sólidos urbanos, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes: • 100.000,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11/942.942.652.45.2010, do vixente orzamento provincial. • 34.874,00 euros con cargo á aplicación orzamentaria 11/942.652.45, do vixente orzamento provincial. 4.19193.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ELÍAS BARROS ESTÉVEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE DON JOSÉ MANUEL OTERO RIAL POR DANOS EN VEHÍCULO PADECIDOS NA E.P. 1101 MOAÑA-BERDUCEDO (CONCELLO DE MOAÑA) Dada conta que con data de rexistro 17/11/10 tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Elías Barros Estévez en nome e representación de Don José Manuel Otero Rial con enderezo de notificacións na rúa Urzáiz, 43- 2º Dcha. de Vigo, por danos en accidente de circulación padecidos o día 12/09/09, na rúa Xisalde, que forma parte do vial E.P. 1101 Moaña- Berducedo (Moaña), a consecuencia da existencia dun badén e que individualiza economicamente en 344,93 €. Resultando.- Que con data 16/02/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 16/03/11 co seguinte contido: “…Primero.- La calle Xisalde, en el Ayuntamiento de Moaña, forma parte del vial E.P. 1101 Moaña- Berducedo que está incluido en la red de carreteras provinciales. Segundo.- Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. Tercero.- En el ámbito de la urbanización de la zona llevada a cabo a lo largo del año 2009 por el Ayuntamiento de Moaña con cargo al Plan de Acción Municipal 2006-2008, fue la Administración municipal la que instaló los pasos elevados en el tramo de carretera en el que se produjo el accidente; previa comunicación a la Diputación de Pontevedra, al tratarse de un tramo de vial de carácter eminentemente urbano. Cuarto.- Por último señalar que en ambos sentidos de circulación existen señales P-15 a, instaladas por el Ayuntamiento de Moaña, que advierten del peligro que representa la proximidad de un resalto en la vía y que al tratarse de un tramo urbano de carretera la velocidad está limitada a 50 Km/hora. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que as Administracións Públicas están lexitimadas para a instalación de badéns, cuxa natureza e obxecto é a protección da seguridade vial, obrigando deste xeito ós condutores a unha redución da velocidade, principalmente nas zonas urbanas, para evitar deste xeito a siniestralidade e ó mesmo tempo protexer a peóns e condutores de posibles accidentes. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois do documentado informe do Servizo de Infraestruturas (ó que cumpre remitirse na súa totalidade), tírase que os resaltes atopábanse sinalizados con sinais P-15 a (resalto), e que ó tratarse dun tramo urbano a velocidade está limitada a 50 km/hora, polo que de terse minorado a velocidade ás circunstancias esixidas polo resalto na vía, o accidente non se tería producido, xa que segundo o artigo 45 do Real decreto 1428/03, de 2 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, o condutor está obrigado a adaptar a velocidade ás circunstancias da vía, o que non foi o caso. As sentenzas 12/2004 do TSX de Navarra, Sala do Contencioso, Sección 1ª, nos autos de recurso núm. 818/2002 e a ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra, en autos seguidos no Procedemento Abreviado 324/2010, válidas como precedentes no suposto presente deixaron dito que: “…El expresado paso peatonal se encuentra señalizado, con una señal de prohibición de circular a más de 40 kilómetros por hora, existiendo asimismo una señal de peligro que indica la existencia del badén que sobresale sobre el nivel del suelo (…) el paso elevado, del informe de la Policía Municipal aportado con la contestación a la demanda, se encontraba perfectamente señalizado, con limitaciones genéricas de velocidad - prohibición de 40 km por hora pensada para automóviles (…) Por lo tanto ha de entenderse que no se ha acreditado que exista inadecuación del reiterado paso sobreelevado para cumplir los fines que le son propios, y que de haberse ajustado por parte del accidentado la conducción a las condiciones de la calzada, según el nivel de atención que le es exigible, el resultado posiblemente pudiera haberse evitado…” “… No discutiéndose el hecho de que estaban debidamente señalizados y de que se trataba de una zona en que la velocidad estaba reducida a 50 km/h, no cabe hablar de accidente derivado del funcionamiento del servicio público, pues, por el contrario, tales elementos están orientados a la protección del interés público, contando con que los usuarios de la vía adapten su velocidad a los límites señalados…” No mesmo senso se pronuncia a recente sentenza 149/2010 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 21/10. Considerando.- Que a responsabilidade exclusiva da instalación é do Concello de Moaña, polo que cabería incluso discutir a lexitimación pasiva desta Deputación para ser constituída con ela a relación procedimental, xa que a construción dos badéns, aínda que comunicada á administración provincial, fíxose polo Concello. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 5.19194.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JAVIER FOLE OSORIO EN NOME E REPRESENTACIÓN DE D. ÁNGEL RAMÓN SOBRAL DORADO POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARÍN (CONCELLO DE MARÍN) Dada conta que con data de rexistro 13/01/11 tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Don Javier Fole Osorio en nome e representación de Don Ángel Ramón Sobral Dorado, con enderezo de notificacións na rúa A Bouza- San Xulián núm. 2 de Marín, por danos en vehículo como consecuencia da irrupción dun xabaril na E.P. 0019 Figueirido- Marín, o día 25/01/10 e que individualiza economicamente en 921,60 €. Resultando.- Que con data 16/02/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas que o emitiu en data 21/02/11 co seguinte contido: “… Primero. La E.P. 0019 Figueirido- Marín está incluida dentro de la red provincial de carreteras. Segundo. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa en fechas próximas, anteriores o posteriores, al que es objeto del presente informe. A los efectos oportunos se remite el parte de incidencias y el de trabajo de la brigada de la zona del día 25 de enero de 2010 que ponen de relieve que ese día no hubo ninguna intervención en la carretera provincial Figueirido- Marín. Por eso queremos llamar la atención sobre el error en el que incurre el atestado de la guardia civil de tráfico cuando señala que “personal de la Diputación procedió a retirar del lugar al jabalí”, cuando ningún operario de la Administración provincial intervino en el suceso (según informa el capataz, D. Roberto Riveiro Chacón, podría haber sido personal del Ayuntamiento de Marín). Tercero. La carretera provincial E.P. 0019 Figueirido- Marín está correctamente señalizada (el atestado habla de señalización vertical buena) y su estado de conservación es bueno. Cuarto. En cuanto a la posible responsabilidad de esta Administración motivada únicamente por ser titular de la vía, es preciso recordar que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 9 de la Ley 4/1997, de 25 de junio, de Caza de Galicia, “1. Los terrenos de carácter cinegético pueden estar sujetos a un régimen cinegético común o especial. 2. Los terrenos sujetos a régimen cinegético especial pueden pertenecer a alguna de las siguientes categorías: Reservas de caza; refugios de fauna; terrenos cinegéticamente ordenados (Tecor), terrenos cinegético deportivos o explotaciones cinegéticas. 3. Los no comprendidos en alguna de las categorías relacionadas en el párrafo anterior quedarán sujetos al régimen cinegético común y, en los mismos, el ejercicio de la caza será libre, sin más limitaciones que las contenidas en la presente Ley y disposiciones que la desarrollen”. Girada visita de inspección al lugar del siniestro, se ha comprobado que la carretera no atraviesa ninguna reserva de caza, refugio de fauna o terrenos cinegéticamente ordenados (Tecor), por lo que nos encontraríamos en una zona libre de caza. Es por ello que de acuerdo con lo dispuesto en el artículo 23 de la Ley de Caza de Galicia, en su redacción dada por la Ley 6/2006, de 23 de octubre, la responsabilidad de indemnizar los daños en un accidente de tráfico provocado por la irrupción de una especie cinegética en ese tipo de terreno correspondería, en su caso, a la Xunta de Galicia. Señala el citado artículo que, “1. En accidentes de tráfico ocasionados por el atropello de especies cinegéticas los daños personales y patrimoniales se atendrán a lo dispuesto en la normativa estatal en materia de seguridad vial existente al respecto. 2. Los titulares de aprovechamientos cinegéticos de terrenos sujetos a régimen cinegético especial responderán en los demás casos de los daños ocasionados por las especies cinegéticas. La Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, previa instrucción del correspondiente expediente de valoración, indemnizará los daños efectivamente producidos por las especies cinegéticas de los terrenos cinegéticos de aprovechamiento común, de los tecor autonómicos de su administración, de las reservas de caza, de los refugios de fauna y de cualquier otro terreno cuya administración y gestión le correspondan.” Quinto. En cuanto a la posible responsabilidad de esta Administración motivada por la ausencia de señalización, recordar que de acuerdo con lo dispuesto en el anexo 9.9.2 de la Orden de 28 de diciembre de 1999, por la que se aprueba la norma 8.1 IC “Señalización vertical” de la Instrucción de Carreteras, en el tramo de vial en cuestión no es necesaria la presencia de la señal P-24 “animales sueltos” ya que según dicho anexo “La posible presencia de animales sueltos, al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales etc.., se advertirá mediante la señal P-24, complementada en su caso, por un panel indicativo de la longitud afectada”, circunstancia que no concurre en este supuesto ya que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente no atraviesa ninguno de estos lugares. Sexto. Por último reiterar que no se ha tenido constancia de otros accidentes provocados por la misma causa, “irrupción de Jabalí en la calzada”, en fechas próximas al que es objeto del presente informe.” Resultando.- Que con data 28/02/11 se lle deu traslado da reclamación á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en virtude do artigo 31.1 apartados “b” e “c”, para que puidera comparecer coma interesada, respondendo en escrito de data 07/04/11 co seguinte contido. “…Polo que respecta á posible responsabilidade patrimonial da consellería do Medio Rural na materia que nos ocupa, o art. 23.1 da lei 4/1197 do 25 de xuño, de caza de Galicia (na redacción dada pola lei 6/2006 do 223 de outubro) dispón: “En accidentes de tráfico ocasionados polo atropelo de especies cinexéticas, os danos persoais e patrimoniais ateranse ó disposto na normativa estatal en materia de seguridade vial, existente ó respecto. Dita normativa estatal recóllese na disposición adicional novena da Lei 17/2005 de 29 de xullo, pola que se regula o permiso e a licenza de condución por puntos e se modifica o testo articulado da Lei sobre o tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial; a cuxo teor: “1.- En accidentes de tráfico ocasionados por atropelo de especies cinexéticas será responsable o condutor do vehículo cando se lle poida imputar o incumprimento das normas de circulación. 2.- Ós titulares de aproveitamentos cinexéticos ou, no seu defecto, os propietarios dos terreos, só se lles podería esixir a indemnización dos danos persoais e patrimoniais nos accidentes de tráfico cando o accidente sexa consecuencia directa da acción de cazar ou da falta de dilixencia na conservación do terreo acoutado. 3.- Responderá o titular da vía pública nos casos en que o accidente se produza como consecuencia dun defecto no estado da súa conservación ou a súa sinalización”. Así os supostos indemnizables para a administración autonómica serían: que houbera un defecto na conservación ou sinalización da vía se esta fose da súa titularidade (que no é o caso); que o dano resulte como consecuencia directa da acción de cazar nun terreo de aproveitamento cinexético común; ou que exista falta de dilixencia na conservación do terreo acoutado, adxectivo este que no equivale a “terreo cercado”, senón a “delimitado para os efectos da súa consideración cinexética”, pois os titulares dos ditos terreos non están na obriga do seu valado. Consultando o servizo de conservación da natureza deste departamento territorial, resulta que conforme a Orde de Vedas correspondente, o día do accidente no era día hábil de caza, polo que o dano non resulta como consecuencia directa da acción de cazar. Por outra banda segundo o exposto no parágrafo anterior, tampouco existiu falta de dilixencia na conservación do terreo acoutado, polo que o dano producido non é imputable a esta administración ó non concorrer a necesaria relación causal. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo pois a simple lectura do artigo 149.5 do R.d. 1.428/03 de 21 de novembro que aprobou o regulamento xeral de circulación, revela ben ás claras que é necesario acreditar a frecuencia na irrupción de fauna salvaxe, “…Los tipos de señales de advertencia de peligro, con su nomenclatura y significado respectivos, son los siguientes: (…) P-24. Paso de animales en libertad. Peligro por la proximidad de un lugar donde frecuentemente la vía puede ser atravesada por animales en libertad…” Considerando.- Que a sentenza 228/08, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº. 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 204/08 eximiu a Deputación da obriga de instalación do sinal P-24 (paso de animais en liberdade) por non terse acreditado a frecuencia e habitualidade no paso, deixando dito que: “… No hay dato alguno en el expediente administrativo ni informe al respecto que indique que el tramo en el que ocurrió el accidente constituye un lugar de paso habitual, y no esporádico, de animales salvajes que hiciera necesaria la señalización adecuada al respecto, en concreto con la señal P-24. Es más, tampoco hay constancia de que en dicho tramo de la carretera y en un lapso de tiempo próximo al accidente registrado, se hubiesen originado otros por similares causas, es decir, por el acceso inopinado de un jabalí a la carretera.” Na mesma liña, a recentísima sentenza 27/2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, nos autos de procedemento abreviado 432/08, con identidade de razón á que nos ocupa, eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que… “…Al no existir una obligación legal de señalizar ese tramo, y al no haberse demostrado por la parte actora que el mismo debería de ser señalizado (…), no es posible imputar la responsabilidad en la producción de los daños a la Administración aquí demandada (Diputación)…” Próxima no tempo, a sentenza 119/10, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos de Procedemento Abreviado 63/10 eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Tampoco ha quedado acreditado de la prueba practicada que el lugar en que se produjo el accidente sea un lugar de paso frecuente de animales de caza, que hiciera necesario advertir a los usuarios de la vía por medio de la señalización pertinente al respecto (P-24), no constando según la información obrante en el expediente, la existencia de ningún otro siniestro de similares características en dicho tramo de la vía.” No mesmo senso se pronuncia a recente sentenza 43/2011 do Xulgado Contencioso- Administrativo nº 3 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 306/2010. Considerando.- Que a detentación (como xa ten dito o T.S. ata a saciedade) dunha infraestrutura material (a estrada) non converte, no presente suposto, a Deputación nunha sorte de aseguradora universal de todos os sinistros, pois é sabido que existe un estándar medio de risco predicable de calquera actividade humana ó que non é allea a condución de vehículos a motor. Considerando.- Todo o anterior, resta atribuír o sucedido a un suposto de forza maior, caracterizada pola súa externalidade e irresistibilidade, e motivante da súa imprevisibilidade e consecuente inevitabilidade, ó que é allea esta Deputación. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 6.19195.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA ANA ISABEL MIRANDA LAGO POR DANOS EN VEHÍCULO NA ESTRADA QUE VAI DE MONTE ALBA A CHANDEBRITO (CONCELLO DE NIGRÁN) Dada conta que con data de rexistro de entrada 08/04/11 (Rex. núm. 015171) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Ana Isabel Miranda Lago, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Cristino Alvarez, 1-ª planta da Coruña, por danos en vehículo a consecuencia da existencia dun socavo na estrada que vai de Monte Alba a Chandebrito, no Concello de Nigrán, na data 02/02/11 e que cuantifica economicamente en 511,11 €. Resultando.- Que con data 14/04/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 18 de abril de 2011 co seguinte contido: “… Pongo en su conocimiento que el citado vial no pertenece a la red provincial de carreteras…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes do sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 7.19196.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. PEDRO ANTONIO LÓPEZ LÓPEZ EN NOME E REPRESENTACIÓN DE “AXA SEGUROS GENERALES” POR DANOS EN VEHÍCULO NO CRUCE DUNHA PISTA ASFALTADA COA E.P. 9005 NO LUGAR DE TRAGOVE (CONCELLO DE CAMBADOS) Dada conta que con data de rexistro de entrada 03/12/10 (rex. núm. 041437) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Antonio López López en nome e representación de “Axa Seguros Generales”, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Pastor Díaz, 17- 4º de Pontevedra, por danos en vehículo a consecuencia da existencia dunha arqueta sen tapa na intersección dunha pista asfaltada con dirección a Corbillón coa E.P. 9005 no lugar de Tragove, no Concello de Cambados, na data 19/12/09 e que cuantifica economicamente en 416,07 €. Resultando.- Que con data 20 de decembro de 2010 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 13 de abril de 2011 co seguinte contido: “… Dicho accidente se ha producido fuera de la EP-9005 Corbillón- Tremoedo y es como consecuencia de una arqueta en la red de saneamiento municipal en un camino de su titularidad.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 8.19197.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19198.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2011- CAMPAÑA PRIMAVERA (CUARTO E QUINTO GRUPO) A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2011 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionistas ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 240.000,00€ e unha oferta de 4.600 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios ou Thalasos escollidos polos usuarios, en xornadas de mañás ou tardes (de luns a venres), polo que remitido o cuarto e quinto grupo de solicitudes á Intervención para a súa fiscalización e a vista dos informes emitidos polo Sr. Interventor o 15 e o 25 de abril de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Campaña de Primavera cuarto e quinto grupo, polo importe de 42.744,00 €, a favor de 822 persoas da nosa provincia, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.230.227.07. Ditas subvencións son do seguinte teor: PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. CAMPAÑA PRIMAVERA-4º GRUPO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO VALGA SI 74 3.848,00 € REDONDELA SI 125 6.500,00 € CUNTIS SI 15 780,00 € MEAÑO SI 50 2.600,00 € MOAÑA SI 75 3.900,00 € VILANOVA SI 57 2.964,00 € RIBADUMIA SI 29 1.508,00 € CAMBADOS SI 25 1.300,00 € MOS SI 50 2.600,00 € TUI SI 30 1.560,00 € AS NEVAS SI 10 520,00 € PONTEAREAS SI 50 2.600,00 € O GROVE SI 5 260,00 € TOTAL 595 30.940,00 € PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS. CAMPAÑA PRIMAVERA-5º GRUPO CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO VIGO SI 225 11.700,00 € LALÍN NO 2 104,00 € TOTAL 227 11.804,00 € 10.19199.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSAS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, CON CARGO Ó PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL, SECCIÓN ACTIVIDADES 2011 Á vista dos expedientes e dos informes da Comisión Avaliadora e de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión de subvencións ás entidades locais, que figuran en anexo aparte, para as actividades que se relacionan no mesmo, por un importe total de seiscentos corenta mil euros (640.000,00 €) dentro do 80% da contía do programa reservada ó procedemento de concorrencia competitiva, todas elas con cargo á aplicación 2011/942.942.462.00 do vixente orzamento provincial, con suxeición ás condicións seguintes: a) As subvencións concédense para colaborar na execución de ditas actividades, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. b) Para o aboo da subvención concedida, requirirase a previa xustificación das actividades, unha vez concluída a súa execución, que haberá de axustarse estritamente ás Bases Reguladoras que rexeron a súa concesión. c) As actividades que se acollan a este Programa deberán estar executadas e xustificadas antes do 28 de febreiro de 2012, de non facelo así, procederase a anulación da subvención concedida. Dito anexo é como segue: PROGRAMA DE ACCIÓN MUNICIPAL - SECCIÓN ACTIVIDADES / 2011 Referencia: PAM_A/11 Aplicación orzamentaria: 11/942.942.462.00 Importe convocatoria: 800.000,00 € Importe relación: 640.000,00 € Expedientes relación: 160 Concello Obxecto da subvención Orzamento Importe concedido Agolada XV Mostra de Artesanía e Romaría Medieval 20.750,00 € 10.000,00 € Agolada Campionato Comarcal Fútbol 7 e Campionato Galego de Quad Cross 4.000,00 € 2.000,00 € Arbo LI Festa da Lamprea 18.000,00 € 12.000,00 € Baiona Festa da Arribada 2011 118.116,44 € 20.000,00 € Barro XXXII Festa do Viño de Barro 30.000,00 € 10.000,00 € Bueu XII Festa do Polbo 21.000,00 € 6.000,00 € Bueu Ciclo máis Teatro 2011 10.500,00 € 1.000,00 € Caldas de Reis XIV Concertos Festival Cultura Quente 145.000,00 € 5.000,00 € Cambados Nadal 16.000,00 € 3.000,00 € Cambados Festa do Viño Albariño 160.000,00 € 24.000,00 € Campo Lameiro Actividades Culturales Campo Lameiro 2011 15.200,00 € 10.000,00 € Cangas do Morrazo Noites de Folclore 5.300,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo Feira do Libro 2.500,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo Argálica 7.300,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo Aula Aberta 2.500,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo Festas Populares 2.500,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo XXIV Bandeira Concello de Cangas de Traiñas-2011 6.000,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo XXXVIII Trofeo Concello de Cangas de Pedestrismo-2011 3.500,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo VII Trofeo Concello de Cangas de Piragüismo-2011 5.000,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo VIII Ludoteca Deportiva de Verán-2011 5.000,00 € 1.000,00 € Cangas do Morrazo XIII Aberto de Tenis Concello de Cangas 2011 2.500,00 € 1.000,00 € Cañiza, A 45 Edición Festa-Feira do Xamón 10.070,00 € 10.000,00 € Cañiza, A Mes Cultural Agosto 2011 9.502,55 € 4.000,00 € Catoira 51 Romaría Vikinga 45.500,00 € 7.000,00 € Cerdedo VI Edición Festa Gastronómica do Xabaril 12.000,00 € 12.000,00 € Cotobade Actividades Culturais Verán 2011 4.500,00 € 1.000,00 € Cotobade XVIII Xuntanza Terceira Idade 7.798,21 € 2.000,00 € Covelo, O Festas Patronais e do Churrasco 30.000,00 € 10.000,00 € Crecente 2º Campionato de Baile Deportivo 1.000,00 € 1.000,00 € Crecente 1º Trofeo de Fútbol Sala Concello de Crecente 2.000,00 € 2.000,00 € Crecente Semana Cultural de Crecente 2.500,00 € 2.500,00 € Crecente Circuitos Culturales Varios 4.000,00 € 4.000,00 € Crecente Historia de Crecente. Exposicións e Conferencias 1.500,00 € 1.500,00 € Crecente Festa do Pito 1.000,00 € 1.000,00 € Cuntis Programa Nadal 2011 8.000,00 € 3.000,00 € Cuntis XVII Romaría do Cabalo 6.000,00 € 2.000,00 € Dozón XVII Edición da Festa da Carne ó Caldeiro e Bola con Torreznos 4.750,00 € 3.000,00 € Estrada, A Escolas Deportivas Municipais 1.000,00 € 1.000,00 € Estrada, A Marchas Cicloturisticas - Rapa das Bestas e Salmón 1.000,00 € 1.000,00 € Estrada, A Campus Deportivos de Verán do Concello da Estrada 2.000,00 € 1.000,00 € Estrada, A Torneo de Tenis 1.000,00 € 1.000,00 € Estrada, A Festa da Bicicleta 1.000,00 € 1.000,00 € Forcarei XXXII Festa do Gaiteiro de Soutelo 9.000,00 € 9.000,00 € Fornelos de Montes Campionato de Fútbol Sala 2011 1.500,00 € 1.000,00 € Fornelos de Montes Festa da Espuma 2011 1.500,00 € 1.000,00 € Gondomar Taller de Coiro 2.750,00 € 2.000,00 € Gondomar IX Certame Literario D. Diego Sarmiento de Acuña 1.000,64 € 1.000,00 € Gondomar Cine na Rúa 2011 7.200,00 € 7.000,00 € Gondomar Semana do Deporte: Olimpiadas Escolares 4.000,00 € 4.000,00 € Grove, O Actividades das Xornadas da Centola 9.000,00 € 1.500,00 € Grove, O Simposio Internacional de Escultura ó Aire Libre 15.000,00 € 1.500,00 € Grove, O Actividades Culturais da Festa do Marisco 80.000,00 € 1.500,00 € Grove, O Carreira Popular da Festa do Marisco 2.000,00 € 1.500,00 € Guarda, A Deporte na Guarda 2011 3.000,00 € 1.000,00 € Guarda, A Feira do Libro 2011 5.250,00 € 1.000,00 € Illa de Arousa, A Programa de Actividades Culturais 2011 4.500,00 € 1.000,00 € Illa de Arousa, A Actividades Deportivas 2011 18.000,00 € 4.000,00 € Lalin Bienal de Arte 2.200,00 € 1.500,00 € Lalin Ciclo de Monitores de Tempo Libre 2.500,00 € 1.000,00 € Lalin Feira do Cocido 50.000,00 € 14.500,00 € Lalin Ciclo de Musica na Rúa 10.000,00 € 10.000,00 € Lama, A Semana Cultural 2011 24.500,00 € 10.000,00 € Lama, A Festa do Codillo 2011 10.600,00 € 3.000,00 € Marín Maxia Marín 17.000,00 € 4.000,00 € Meaño IX Festa dos Muíños 14.000,00 € 6.000,00 € Meaño Festividade da Patroa 20.000,00 € 9.000,00 € Meis Concerto Dolorock 2011 10.000,00 € 2.000,00 € Meis Xuntanza dos Nosos Maiores 14.500,00 € 5.000,00 € Meis XXI Edición Festa dos Callos 37.000,00 € 8.000,00 € Moaña XXIV Circuítos Teatrais de Moaña 20.000,00 € 5.000,00 € Mondariz Campaverán 2011 1.000,00 € 1.000,00 € Mondariz 1º Festival de Cantos Muiñeiros 1.500,00 € 1.000,00 € Mondariz Festival da Millaxe 1.600,00 € 1.000,00 € Mondariz Festa Gastronómica da Pata de Porco con Feixóns 9.000,00 € 5.000,00 € Mondariz XXIII Edición da Festa dos Cesteiros 3.700,00 € 1.000,00 € Mondariz Fútbol Sala 2011 1.200,00 € 1.000,00 € Mondariz Antroido 1.860,00 € 1.000,00 € Mondariz-Balneario Actuación Banda de Música Semana Santa 1.000,00 € 1.000,00 € Mondariz-Balneario Campionato Fútbol Sala e Baloncesto 1.000,00 € 1.000,00 € Mondariz-Balneario Peregrinación ó Santuario da Franqueira 1.000,00 € 1.000,00 € Mondariz-Balneario Torneo de Golf 1.000,00 € 1.000,00 € Moraña Festa do Carneiro ó Espeto 58.000,00 € 6.000,00 € Moraña XII Xuntanza da Terceira Idade 14.400,00 € 2.000,00 € Mos Entroido 2011 15.141,30 € 10.000,00 € Mos Cabalgata de Reis 2011 20.336,00 € 14.000,00 € Neves, As Actos culturais da VI Festa do Tinto Rias Baixas 4.130,00 € 3.000,00 € Neves, As Actividades Deportivas Campionato de Bádminton 1.000,00 € 1.000,00 € Neves, As Actividades Deportivas Campionato de Fútbol de As Neves 1.000,00 € 1.000,00 € Neves, As Actividades Deportivas Campionato de Fútbol Interparroquial 1.000,00 € 1.000,00 € Neves, As Torneo Fútbol Sala Comarcal Estación-As Neves 1.000,00 € 1.000,00 € Neves, As Actos Culturais As Neves-Alegres 3.000,00 € 3.000,00 € Nigrán Día das Letras Galegas 2.800,00 € 1.000,00 € Nigrán Entroido 2011 9.300,00 € 4.000,00 € Nigrán Cabalgata e Festa de Reis Magos 10.550,00 € 1.000,00 € Nigrán Magosto e Xornadas Micolóxicas 7.435,00 € 1.000,00 € Nigrán Nigránjazz 2011 8.400,00 € 1.000,00 € Oia Festa da Terceira Idade 8.000,00 € 6.000,00 € Oia Festa da Chourizada 2.000,00 € 2.000,00 € Oia V Subida Automobilística 4.000,00 € 4.000,00 € Oia Festa dos Reis 3.000,00 € 1.000,00 € Pazos de Borbén Programa Cultural 2011 6.000,00 € 6.000,00 € Pazos de Borbén X Festa da Cacheira 25.653,06 € 5.000,00 € Poio XXIV Festa da Ameixa 12.800,00 € 4.000,00 € Poio VIII Torneo Futbol-7 Alevín e Benxamín Concello de Poio 2.600,00 € 1.000,00 € Poio Semana Deportiva San Xoán 2011 2.300,00 € 1.000,00 € Ponte Caldelas Semana Cultural de Agosto 2011 5.200,00 € 3.000,00 € Ponte Caldelas XLV Edición Festa da Troita de Ponte Caldelas 4.800,00 € 3.000,00 € Ponte Caldelas IV Plan Cultural Municipal do Concello de Ponte Caldelas 10.000,00 € 6.000,00 € Ponte Caldelas Programa Ponte en Movemento de Ximnasia para Maiores 3.000,00 € 1.000,00 € Ponteareas Programa de Actividades de Primavera 2011 34.500,00 € 5.000,00 € Ponteareas Festa de Corpus Christi 2011 48.125,86 € 20.000,00 € Pontecesures XVI Festa da Lamprea 2011 26.000,00 € 5.000,00 € Porriño, O Actividades Deportivas ó Aire Libre e na Natureza 12.500,00 € 4.000,00 € Porriño, O Fase Final do Campionato de España Baloncesto Junior Masculino 21.500,00 € 4.000,00 € Porriño, O II Ciclo de animación de Rúa 13.000,00 € 4.000,00 € Portas Festa da Xuventude 16.000,00 € 5.000,00 € Portas Xuntanza da Emigración 18.500,00 € 5.000,00 € Portas Festa da Terceira Idade 20.340,00 € 2.000,00 € Ribadumia Xornadas Deportivas na Piscina Municipal 1.500,00 € 1.000,00 € Ribadumia Torneo de Tenis 1.300,00 € 1.000,00 € Ribadumia XXXIX Festa do Tinto do Salnés 9.000,00 € 7.000,00 € Ribadumia Xuntanza dos Nosos Maiores 4.000,00 € 1.000,00 € Ribadumia Actuacións no Auditorio Municipal 10.000,00 € 4.000,00 € Rodeiro Entroido 3.000,00 € 1.000,00 € Rodeiro Reis 2.000,00 € 1.000,00 € Rosal, O Feira do Viño 36.632,37 € 12.000,00 € Rosal, O Mostra de Teatro 1.200,00 € 1.000,00 € Rosal, O Festa do Cabaqueiro 5.944,18 € 1.000,00 € Salceda de Caselas Festa dos Callos 49.900,00 € 5.000,00 € Salceda de Caselas Verán Cultural 2011 22.100,00 € 1.000,00 € Salvaterra de Miño Festival DJ ó Son da Muralla 15.080,00 € 10.000,00 € Sanxenxo Festa Patronais San Xenxo e Santa Rosalía 59.500,00 € 12.000,00 € Sanxenxo Escolas Deportivas Municipais 30.000,00 € 10.000,00 € Sanxenxo XII Milla Vila de Sanxenxo 5.850,00 € 3.000,00 € Silleda Concurso Baile Tradicional Azaloira 1.500,00 € 1.000,00 € Silleda Festas Gastronomicas: Tortilla de Laro e Empanada de Bandeira 10.200,00 € 6.000,00 € Silleda Romaría do Rapaz 6.000,00 € 2.000,00 € Silleda Mostra de Baile tradicional Xiradola 1.500,00 € 1.000,00 € Silleda Actividades Entroido 4.771,00 € 3.000,00 € Soutomaior Encontro dos Nosos Maiores 14.930,00 € 5.000,00 € Soutomaior Actividades de Verán 16.980,00 € 6.000,00 € Tomiño Día das Letras Galegas 1.015,00 € 1.000,00 € Tomiño IV Festa do Kiwi 6.000,00 € 1.000,00 € Tomiño IV Campus de Fútbol Concello de Tomiño 18.000,00 € 1.000,00 € Tui Defile-Concurso de Comparsas no Entroido 2011 4.000,00 € 4.000,00 € Tui Desfile de Reis 2011 10.000,00 € 10.000,00 € Tui Conmemoración dos 125 Anos da Ponte Internacional sobre O Miño 26 de Marzo 2011 5.000,00 € 5.000,00 € Tui Campamento Urbano 2011 4.000,00 € 4.000,00 € Valga XXIII Festa da Anguía e XXI Mostra da Caña do País 49.000,00 € 13.000,00 € Vila de Cruces XVIII Festa Gastronómica do Galo de Curral 7.000,00 € 5.000,00 € Vila de Cruces V Feira de Cans de Caza 6.000,00 € 6.000,00 € Vilaboa Celebración do tradicional Entroido de Cobres 5.100,00 € 2.000,00 € Vilaboa Festas dos Reis 2011 1.300,00 € 1.000,00 € Vilagarcía de Arousa Agosto Cultural-San Roque 2011 262.400,00 € 6.000,00 € Vilagarcía de Arousa Actividades Deportivas “Verán Vilagarcía 2011” 45.121,58 € 6.000,00 € Vilanova de Arousa Sonatas de Verán 6.000,00 € 6.000,00 € Vilanova de Arousa Festa do Momo 6.000,00 € 6.000,00 € Vilanova de Arousa Fomento da Cultura Tradicional 2.000,00 € 2.000,00 € Vilanova de Arousa Expo Nadal 2.000,00 € 2.000,00 € Vilanova de Arousa Fomento do Deporte 1.000,00 € 1.000,00 € 640.000,00 € 11.19200.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REXERÁN AS AXUDAS PARA A PREPARACIÓN E PARTICIPACIÓN NO XX.OO. LONDRES 2012 A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as axudas a deportistas para a preparación e participación nos XX.OO. Londres 2012, e unha vez fiscalizadas ditas bases polo servizo de Secretaría así como o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as axudas a deportistas para a preparación e participación nos XX.OO. Londres 2012 e que son do seguinte teor: “BASES DE AXUDAS A DEPORTISTAS PARA A PREPARACIÓN E PARTICIPACIÓN NOS X.X.O.O. LONDRES 2012 Esta Deputación Provincial dentro da labor de fomento e apoio ó deporte é consciente da importancia de formar e apoiar ós deportistas pontevedreses con opción de alcadar unha praza no equipo olímpico nacional Londres 2012. Para iso, esta Deputación Provincial establece unhas bases de axudas para conseguir que na próxima cita olímpica se eleve a presenza de ditos deportistas respecto a Pekín 2008. 1. FINALIDADE E OBXECTO: 1.1. Estas axudas están destinadas a apoiar a aqueles deportistas pontevedreses con opcións de alcanzar unha praza no equipo olímpico nacional Londres 2012, establecendo uns criterios de selección baseados nos resultados da últimas olimpíadas e do ano 2010. 1.2. A concesión destas axudas estará suxeita a dispoñibilidade orzamentaria, convocándose con cargo ó orzamento da Deputación para o ano 2011 e que a continuación se detalla: 100.000,00 € (80.000,00 € olímpicos e 20.000,00 € paraolímpicos) con cargo á aplicación orzamentaria: 11/340.340.481.01. 1.3. Ditas axudas serán compatibles con calquera outras que poidan percibir ditos deportistas para o mesmo fin. 2. BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarios destas axudas os deportistas pontevedreses que cumpran os seguintes requisitos: 2.1. Ser natural e residente na provincia de Pontevedra. (Para iso deberá presentar o DNI en vigor e o certificado de empadroamento). 2.2. Posuír licenza federativa galega ou a que corresponda con modalidade olímpica durante o ano 2011. A tal efecto, presentarse o oportuno certificado da federación galega correspondente e debidamente asinado polo presidente e secretario. 2.3. Pertencer a clubs da provincia de Pontevedra, a excepción de que na súa modalidade non existan clubs de superior categoría ó que pertenzan (só valido para o punto 3.4 -Promesa- dos requisitos técnicos deportivos) 2.4. Non estar cumprindo sanción disciplinaria deportiva ou administrativa en materia deportiva. 3. REQUISITOS TÉCNICOS DEPORTIVOS: A Deputación de Pontevedra establece catro niveis/modalidades de axudas: - Medalla - Diploma - Asistencia - Promesas Aqueles deportistas que cumpran os requisitos citados no punto dous destas bases, poderán acceder ós diferentes tipos de axudas en función dos seguintes criterios: 3.1. Medalla Os deportistas que obtiveran medallas olímpicas noutras olimpíadas (oro, prata, bronce). 3.2. Diploma Os deportistas que participaran nos xogos olímpicos de Pekín 2008 e conseguiron do 4º ó 8º posto nas súas respectivas modalidades. 3.3. Asistencia Aqueles deportistas que participaran nos xogos olímpicos de Pekín 2008. 3.4. Promesa Os deportistas que non cumpran ningún dos requisitos anteriores, poderán percibir as axudas se participaron nos Campionatos de Europa ou Campeonato do Mundo Absoluto 2010 nas diferentes modalidades olímpicas, quedando entre os doce primeiros postos. Prevalecerá como mellor resultado o acadado no Campionato do Mundo. Os resultados obtidos polos deportistas nos diferentes niveis non son acumulables entre si para obter ditas axudas. 4. SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN: Os interesados deberán presentar a solicitude en modelo normalizado, que facilitarán no Servizo de Deportes ou na páxina web da Deputación. www.depo.es. Achegarase a seguinte documentación: - Fotocopia cotexada do DNI. - Certificado de empadroamento. - Memoria do programa de preparación do ano 2011. - Certificado da licenza federativa galega ou a que corresponda con modalidade olímpica do ano 2011. - Certificado da federación galega ou a que corresponda acreditando os resultados obtidos. - Declaración orixinal do deportista no que conste se solicitaron outras axudas, de non estar incurso en causas de incompatibilidade ou incapacidade para percibir subvencións da administración pública e de aceptar as axudas da convocatoria, segundo modelo aprobado, así como autorización á Deputación de optar ás certificacións da Axencia Estatal Tributaria e da Seguridade Social. - Declaración responsable de estar ó corrente coas obrigas tributarias da Axencia Estatal Tributaria e coa Seguridade Social. Se a solicitude non reunise os requisitos esixidos ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/92, de 26 de novembro, requiriráselle ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámite. 5. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación: Deputación de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (luns a sábado). Deputación de Pontevedra (Sede Vigo): Rúa Oporto, 3 (luns a venres). Ou tal como se establece no art. 38.4 da Lei 30/92, de Rxap e Pac. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincial. 6. VALORACIÓN DAS SOLICITUDES: As solicitudes dos deportistas serán avaliadas conforme ós requisitos técnicos deportivos sinalados no punto 3 pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: • Presidente: O Deputado-Presidente da comisión de Deportes e Xuventude. • Vogais: dous/dúas técnicos do Servizo de Deportes. Un/unha técnico do servizo de Intervención. • Secretario: actuará como secretario/a, sen voto, un/unha funcionario/a do Servizo de Deportes. A Comisión de Valoración, poderá: 1. Acadar cantos informes estime necesarios para resolver. 2. Emitir informe respecto das solicitudes de axuda. 7. RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA: A instrución do procedemento de concesión destas axudas correspóndelle ó xefe do servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesaria para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co previsto no art.24 da Lei xeral de subvencións. A resolución da concesión deberáselles notificar expresamente a todos os solicitantes de forma fidedigna. 8. FORMA DE PAGO: Unha vez comprobada toda a documentación presentada polos deportistas, pola Comisión de Valoración e redactado o informe de dita comisión, efectuarase o correspondente pago mediante cheque nominativo ós deportistas que resulten beneficiados. 9. PUBLICIDADE INSTITUCIONAL: Todos os deportistas que resulten beneficiados destas axudas, comprométense a inserir a imaxe corporativa institucional na súa vestimenta deportiva, así como de asistir ós actos deportivos organizados pola Deputación de Pontevedra cando sexan requiridos, sempre e cando os seus calendarios deportivos llo permitan.” 12.19201.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 27 de abril de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboo: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000422 e que contén sete facturas, sendo a primeira de Lorente y Rivas Correduría de Seguros, por importe de 80,02€ e a derradeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L, por importe 6.299,52 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 6.717,16 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 6.717,16 € 13.19202.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “CONSTRUCIÓN DE BEIRARRÚAS, SERVIZOS E SUPRESIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS (CATOIRA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 28/07/2010, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Construción de beirarrúas, servizos e supresión de barreiras arquitectónicas (Catoira)”, con orzamento de 289.000,00 €, máis a cantidade de 52.020,00 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 29/09/2010, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 01/10/2010, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 29/11/2010, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, obtén a máxima puntuación a empresa NAROM, S.L., aínda que a súa oferta contén valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo ofertado, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACION SOBRE “B” PUNTUACION SOBRE “C” PUNTUACION TOTAL BELYPA CONSTRUCCIONES, S.L. 30,34 26,835 57.175 NAROM, S.L. 31,61 48,450 80,060 HIDROSCIVIL, S.L. 33,90 40,656 74,556 MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROSA, S.L. 30,67 36,758 67,428 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 30,22 34,783 65,003 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 30,30 33,254 63,554 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 32,68 30,036 62,716 HIDROMIÑO, S.L. 31,96 28,209 60,169 CANALIZACIONES Y CONSTRUC-CIONES SALNES, S.L. 30,22 22,744 52,964 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 31,45 19,395 50,845 Resultando que, de acordo co establecido no art. 136 da Lcsp, pola Mesa de Contratación requírese a NAROM, S.L. para que xustifique a oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro económico, solucións técnicas adoptadas e condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para a execución do contrato. Resultando que recibida a xustificación requirida, emítese informe polo Director de Infraestruturas en funcións no que considera que non se xustificou de forma coherente nin suficiente a oferta económica realizada por NAROM, S.L. Resultando que, excluída a oferta de NAROM, S.L., a que alcanza a máxima puntuación, aplicados os criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra, é HIDROSCIVIL, S.L. Resultando que a empresa HIDROSCIVIL, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante R.P. núm. 5818/11, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago núm. 201100031138, de data 25/4/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a HIDROSCIVIL, S.L. a obra de “Construción de beirarrúas, servizos e supresión de barreiras arquitectónicas (Catoira)” na suma de 216.807,80 € máis 39.025,40 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 50.286,00 € e o 4,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 99,20 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, desígnase Director de Obra a D. Alfredo Montero Vaz, Enxeñeiro Técnico do Servizo de Infraestruturas-Xefe da Zona Centro. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridade e Medio Ambiente, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 14.19203.- PRÓRROGA DUNA BOLSA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA/FORESTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Mediante escrito de data 13 de abril de 2011, o Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro expón que con data 30 de abril de 2011, finaliza a primeira anualidade da bolsa concedida a Dona María José García Fernández, Enxeñeiro Técnico Agrícola, polo que solicita a súa prórroga con efectos 1 de maio de 2011 e por un período dun ano, para que desta maneira non se produzan interrupcións nas tarefas, estudos e investigacións que estes bolseiros realizan no Centro. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 21 de abril de 2010, número 10.18130 acordouse a adxudicación de dita bolsa a favor de Dona María José García Fernández, con efectos 1 de maio de 2010 e por un período dun ano. As Bases da Convocatoria establecen que as Bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen a facer uso das mesmas e poderá ser prorrogada por un único período anual, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e acordo da Xunta de Goberno. De conformidade con todo o exposto, ó amparo do establecido no artigo 105.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, e en virtude das competencias que me conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a Bolsa concedida a Dona María José García Fernández, con efectos 1 de maio de 2011 e por un período dun ano. A dotación económica das Bolsas ascende a 1.200,00 €/mes, o que supón un total de 9.600,00 € para o período comprendido entre o 1 de maio ó 31 de decembro de 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01, do orzamento provincial. De acordo co informe emitido por Intervención, na devandita partida existe crédito dispoñible para tal fin, quedando retido por medio de documento Rcc. núm. 201100031521. 15.19204.- PRÓRROGA DE DÚAS BOLSAS DE TÉCNICO EN SAÚDE AMBIENTAL CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Mediante escrito de data 13 de abril de 2011, o Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro expón que con data 15 de maio de 2011, finaliza a primeira anualidade das bolsas concedidas a Dona Carmela Menduíña Santomé e Dona Mª Xiana Rodríguez Portela, Técnicos en Saúde Ambiental, polo que solicita a súa prórroga con efectos 16 de maio de 2011 e por un período dun ano, para que desta maneira non se produzan interrupcións nas tarefas, estudos e investigacións que estes bolseiros realizan no Centro. Examinados os antecedentes que obran no expediente, consta que por Acordo da Xunta de Goberno de 12 de maio de 2010, número 18.18214 acordouse a adxudicación das devanditas bolsas a favor de Dona Carmela Menduíña Santomé e Dona Mª Xiana Rodríguez Portela, con efectos 16 de maio de 2010 e por un período dun ano. As Bases da Convocatoria establecen que “as bolsas terán unha duración dun ano, a contar dende a data na que os adxudicatarios comecen a facer uso das mesmas e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de tres anos, a petición e co informe favorable do Xefe de Servizo e Acordo da Xunta de Goberno.” De conformidade con todo o exposto, ó amparo do establecido no artigo 105.1 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, e en virtude das competencias que me conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas a Dª. Carmela Menduíña Santomé e Dona Mª Xiana Rodríguez Portela, Técnicos en Saúde Ambiental por un novo período anual, dende o 16 de maio de 2011 ata o 15 de maio de 2012. A dotación económica das bolsas ascende a 1.000,00 €/mes, por bolseiro, o que supón un total de 15.032,00 € para ambas bolsas, para o período comprendido entre o 16 de maio ó 31 de decembro de 2011, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 413.413.481.01, do orzamento provincial. De acordo co informe de Intervención de data 26 de abril de 2011, na partida proposta existe crédito dispoñible, quedando retido para tal fin por medio de documento Rcc núm. 201100031515. 16.19205.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota