ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/06/01_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-06-01_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/06/01_Ordinaria

  • Data(s) 2011-06-01 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día un de xuño do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Enrique Sotelo Villar, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Jesús Vázquez Almuíña, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19272.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 25 de maio de 2011. 2.19273.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR OS SERVIZOS DE ASISTENCIA TÉCNICA EDUCATIVA DOS CAMPAMENTOS NO CENTRO DE VACACIÓNS “A LANZADA”, PARA O VERÁN DO ANO 2011 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na sesión ordinaria do día 23 de marzo de 2011 aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” para o verán do ano 2011, pola cantidade máxima de cento trinta mil euros (130.000,00 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario máximo de 11.818,18 €, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” para o verán do ano 2011, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 67 de data 6 de abril de 2011. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 27 de abril de 2011, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Ayuko Aventura, S.L.; Transgalaica, S.L.; Galicia Multigestión Deportiva, S.L.; Abel Vázquez, Blanca María 002484311, S.L.N.E.; Vida Láctea, S.L.U. e Xestión Cultural Áurea, S.L. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 29 de abril de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar os servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” para o verán do ano 2011, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 9 de maio de 2011, a Directora de Xestión e a Directora Xerente emiten ambos informes sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación dos servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” para o verán do ano 2011. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 16 de maio de 2011, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas admitidas, correspondente ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES SOBRE B SOBRE “C” TOTAL Oferta económica Ayuko Aventura, S.L. 28,00 Puntos Eliminado por non superar en puntuación o 70% do valor máximo da mellor oferta técnica Transgalaica, S.L. 43,00 Puntos 15,48 Puntos 58,48 Puntos Galicia Multigestión Deportiva, S:L. 5,00 Puntos Eliminado por non superar en puntuación o 70% do valor máximo da mellor oferta técnica Abel Vázquez, Blanca María 002484311, S.L.N.E. 10,00 Puntos Eliminado por non superar en puntuación o 70% do valor máximo da mellor oferta técnica Vida Láctea, S.L.U. 8,00 Puntos Eliminado por non superar en puntuación o 70% do valor máximo da mellor oferta técnica Xestión Cultural Áurea, S.L. 30,00 Puntos Eliminado por non superar en puntuación o 70% do valor máximo da mellor oferta técnica Resultando que a Presidencia a través de resolución número 7.608 de data 18 de maio de 2011, estableceu como oferta máis vantaxosa, a formulada pola empresa, Transgalaica, S.L., ó obter 58,48 puntos, efectuando así mesmo o correspondente requirimento á devandita empresa para que presente a documentación a que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa, Transgalaica, S.L., presentou a documentación requirida, entre a que se atopa unha garantía definitiva por importe de 5.915,00 € depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201100042372, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Considerando que a disposición adicional segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. De conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar á empresa Transgalaica, S.L. (C.I.F.-B-15312838), o contrato correspondente ós servizos de asistencia técnica educativa dos campamentos no Centro de Vacacións “A Lanzada” para o verán do ano 2011, por importe de cento vinte e sete mil setecentos sesenta e catro euros (127.764,00 €), IVE incluído, a razón dun prezo unitario de 11.614,91 €, IVE incluído, por cada quenda de campamento realizado e de acordo á seguinte desagregación: IMPORTE ADXUDICACIÓN: PREZO UNITARIO CAMPAMENTO: Prezo contrato……….…118.300,00 € Prezo campamento……………10.754,55 € IVE (8%)………….……. 9.464,00 € IVE (8%)……………….………. 860,36 € Total…………..…….…127.764,00 € Total …………………..………11.614,91 € Os campamentos desenvolveranse en once quendas e nas datas que se detallan a continuación. INICIO-FIN PERSOAS DÍAS PRAZAS 1º Campamento 23-06-11 ó 29-06-11 200 7 200 2º Campamento 30-06-11 ó 06-07-11 200 7 200 3º Campamento 07-07-11 ó 13-07-11 200 7 200 4º Campamento 14-07-11 ó 20-07-11 200 7 200 5º Campamento 21-07-11 ó 27-07-11 200 7 200 6º Campamento 28-07-11 ó 03-08-11 200 7 200 7º Campamento 04-08-11 ó 10-08-11 200 7 200 8º Campamento 11-08-11 ó 17-08-11 200 7 200 9º Campamento 18-08-11 ó 24-08-11 200 7 200 10º Campamento 25-08-11 ó 31-08-11 200 7 200 11º Campamento 01-09-11 ó 07-09-11 200 7 200 2. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria que a formalización deste contrato realizarase dentro do prazo do quince días hábiles seguintes á notificación da adxudicación ós licitadores que participaron neste procedemento aberto. 3. A empresa, Transgalaica, S.L., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 161,20 € na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación do anuncio de licitación deste contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). 4. O pago das obrigas derivadas deste contrato efectuarase, unha vez finalizado cada quenda de campamento, con cargo á aplicación orzamentaria 11/337.337.227.20 do vixente orzamento provincial. 3.19274.- DEVOLUCIÓNS DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Centro Orientativo de Estudios Comerciales- COESCO A empresa Centro Orientativo de Estudios Comerciales- COESCO con CIF U- 94.000.403, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de tres mil cincocentos cincuenta euros (3.550,00 €), para responder do contrato relativo ós: Cursos de formación de atención a persoas do proxecto Aquelando II- Lotes 1 e 2 (Auxiliar de axuda a domicilio e coidador/a de persoas discapacitadas físicas ou psíquicas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 06/03/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900017852, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Viajes Marsans, S.A. Á empresa Viajes Marsans, S.A. con CIF A- 08.018.921, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bancaja, por importe de tres mil seiscentos euros (3.600,00 €), para responder do contrato relativo á: Xestión e organización das viaxes á estación de San Isidro para os estudantes da provincia de Pontevedra dentro do programa “Semana Branca”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/02/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700008885, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Aegon Salud, S.A. Á empresa Aegon Salud, S.A. con CIF A- 83.050.948, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de sete mil oitocentos noventa e catro euros con trinta e dous céntimos (7.894,32), para responder do contrato relativo ó: Seguro de asistencia sanitaria para funcionarios de carreira integrados da Deputación Provincial que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/12/2006, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200600113326, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.19275.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON JUAN FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ, POR DANOS NUNHA PRAZA DE GARAXE DA SÚA PROPIEDADE NA RÚA SANXENXO NO CONCELLO DE SANXENXO Dada conta que con data de rexistro de 10/11/10 (rex. núm. 038653) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Juan Fernández Domínguez, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Sanxenxo, 9-2ºA no Concello de Sanxenxo, por danos nunha praza de garaxe da súa propiedade como consecuencia das obras de urbanización da rúa Sanxenxo, no Concello de Sanxenxo, no ano 2010 e que individualiza economicamente en 1.120,00 €. Resultando.- Que posto en contacto verbal o Servizo de Infraestruturas coa mercantil Sercoysa, S.A., esta presentou escrito con data 20/12/10 co seguinte contido: “…1º La reclamación de D. Juan Fernández Dominguez, quien ya efectuó varias reclamaciones a esta empresa cuando los trabajos se encontraban en curso y cuya propiedad ya fue visitada en varias ocasiones por el encargado de la obra, se estima totalmente injustificada. Durante las obras, la acera colindante con la propiedad del demandante quedó totalmente protegida frente a las filtraciones. Se ejecutó la solera de la misma en hormigón HM-20 con pendiente del 2% sobre la que se asentó el adoquín el cual quedó totalmente sellado mediante el lechado correspondiente. Posteriormente a la ejecución de la acera, se repararon por parte de nuestros operarios las humedades en el interior del garaje por considerarse que durante los trabajos de demolición para la ejecución de la acera definitiva, la superficie quedó expuesta durante un pequeño período de tiempo a posibles filtraciones. 2º Una vez ejecutada la acera no es posible que haya filtraciones en la misma y consideramos que éstas necesariamente deben tener un origen distinto al que el reclamante señala. Señalamos que en una reciente visita a la propiedad en cuestión, hemos podido comprobar que la fachada de la propiedad demandante, colindante con un muro de contención de tierras en sentido de subida, está totalmente humedecida y con la pintura desconchada (adjuntamos fotografías). Consideramos que es muy posible que el origen de estas humedades en la fachada de la propiedad sea el mismo que las produjo en el garaje siendo totalmente ajeno a los trabajos ejecutados por nuestra empresa. Resultando.- Que con data 29/11/10 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 14/01/11 co seguinte contido: “…Primero. La Rúa Sanxenxo es en realidad la carretera E.P. 9203 Padriñan-Laxe de titularidad provincial. Segundo. El citado vial acaba de ser objeto de una serie de obras incluidas en el proyecto “Urbanización Rúa Sanxenxo” ejecutado en el marco del Convenio de colaboración suscrito en su día entre la Diputación Provincial de Pontevedra y el Ayuntamiento de Sanxenxo, siendo la adjudicataria del mismo la empresa Sercoysa S.A. Entre otras actuaciones la citada empresa llevó a cabo la instalación de la red de alcantarillado, la red de abastecimiento de agua, el alumbrado público, la construcción de aceras y el ensanche del vial provincial Padriñan-Laxe. Tercero. Según ha podido verificar el técnico que suscribe, la acera colindante con la propiedad del Sr. Domínguez quedó protegida frente a las posibles filtraciones de agua al ejecutarse la solera de la misma en hormigón HM-20, con una pendiente del 2% solera sobre la que se asentó el adoquín totalmente sellado mediante el lechado correspondiente. Resultando.- Que con data 07/02/11 e co fundamento no artigo 198/2007 da Lei de Contratos do Sector Público déuselle audiencia á mercantil Sercoysa, S.A., recibindo as mesmas na data 08/02/11 co seguinte contido: “…2º Insistimos en que al remate de la ejecución de la acera, se repararon por parte de nuestros operarios las humedades en el interior del garaje propiedad de D. Juan y que si continúan produciéndose filtraciones, estas necesariamente deben tener un origen distinto al que el reclamante señala y, en cualquier caso, ajena al modo en que se ejecutaron los trabajos por esta empresa…” Resultando.- Que con data 12/04/11 requiriuse a D. Juan Fernández para que comunicara se se seguiron producindo máis humidades na súa praza de garaxe con posterioridade á presentación da reclamación, contestando en escrito de data 27/04/11 co seguinte contido literal: “… que desde la presentación de esta reclamación en fecha 10/11/10 se han continuado produciendo filtraciones en dicha plaza de garaje en varias ocasiones, principalmente cuando llueve varios días seguidos, como ocurrió en los meses de enero y febrero de 2011, pese a las obras realizadas…” Resultando.- Que con data 13/04/11 requiriuse á mercantil SERCOYSA para que aclarara o recollido no seu informe respecto do arranxo das humidades na garaxe, facéndoo en escrito de data 06/05/11 co seguinte contido literal: “…en su momento se efectuaron reparaciones en el local propiedad de D. Juan, pues se estimó que pudiera haberse producido una puntual filtración de agua al interior desde una arqueta de acometida. Estas reparaciones, nos confirma nuestro encargado de obra D. Luis Romero, se efectuaron en el garaje que es propiedad del reclamante y consistieron en repicar el enfoscado existente, re poner el revestimiento con masa en la totalidad del paramento y el posterior pintado del mismo. Así se selló la mencionada arqueta. Concluidos los trabajos de reparación y los de urbanización realizados en la calle, se comprobó, en día con precipitaciones, que no se producían nuevas filtraciones. Ante la insistencia del reclamante se realizó posteriormente un nuevo examen de la finca y calle en cuestión, constatándose que, como reflejan las fotografías aportadas al expediente, que es la falta de impermeabilización con la propiedad colindante la causa, con casi total seguridad, de las que el reclamante afirma que siguen produciéndose en la actualidad…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio aprobado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois mais aló da coincidencia temporal e o casualismo que se dou nas humidades á forza causal no residiu nas obras senón, como moi ben se apuntou pola empresa, a falla de impermeabilidade coa propiedade lindante do inmoble onde se atopa o garaxe. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación 5.19276.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DNA. STELLA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ EN REPRESENTACIÓN DE DNA. ALICIA MARTÍNEZ GÓMEZ POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDOS NA E.P. 0011 GATO MORTO- LAS AGUAS (CONCELLO DE PONTEVEDRA) Dada conta que con data de rexistro 11/03/11 (Rex. núm. 010640) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Stella Rodríguez Fernández, en representación de Dona Alicia Martínez Gómez, con enderezo de notificacións na Praza de Ribadavia, 2- 1ºD, en Redondela, por danos en vehículo, marca Opel Corsa, matrícula PO-7063-AZ, como consecuencia da existencia de gasoil na E.P. 0011 Gato Morto-Las Aguas, acaecido o día 29/10/10 e que individualiza economicamente en 712,56 €. Resultando.- Que con data 02/05/11 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo Infraestruturas, que o emitiu en data 05/05/11 co seguinte contido: “…Primero.- A E.P. 0011 Gato Morto- As Augas- Pontillón do Castro pertence á rede provincial de estradas. Segundo.- Por parte do Servizo de Infraestruturas SÍ se tivo constancia da presenza de sustancias deslizantes na calzada xa que ás 16:25 horas do día 29 de outubro de 2010 (o accidente prodúcese ás 15:30 horas) recíbese na Deputación Provincial de Pontevedra unha chamada do 112-SOS Galicia solicitando a limpeza dunha mancha de aceite no viario provincial E.P. 0011 Gato Morto- As Augas. Terceiro.- Recibido o aviso do 112 a brigada de guardia (xa que o accidente ten lugar un venres) tarda en chegar ó lugar do sinistro un tempo aproximado de entre 25/30 minutos, procedendo nese momento a sinalizar a vía e a limpar o aceite presente na calzada. Ós efectos oportunos achégase copia do parte de incidencias dese día. Cuarto.- Segundo informa o capataz da brigada que actuou ese día, D. Celso García Alonso, descoñécese a procedencia da mancha de gasoil presente na calzada; así mesmo sinala que a superficie da zona de circulación atopábase mollada e que o accidente tivo lugar nun tramo de estrada no que existe una curva con radio reducido. Quinto.- Por último sinalar que non se tivo constancia doutros accidentes provocados pola mesma causa en datas próximas, anteriores ou posteriores, á do sinistro obxecto do presente informe.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun verquido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias a Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de sustancias vertidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da vía, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron 25/30 minutos en chegar o lugar do sinistro una vez foron alertados (vexase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04, 20/07, 140/08, 114/09, 123/11, do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 212/04, 2/05, 183/06, 74/09, 329/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 6.19277.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de maio de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000590 e que contén dezaoito facturas, sendo a primeira de Bernárdez Estévez, Ángel , por importe de 4.460,40 € e a derradeira de Estación de Servicio Mollabao, S.L., por importe 7.475,51 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 91.778,38 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 91.778,38 € b) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 31 de maio de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000631 e que contén corenta e sete facturas, sendo a primeira de Empark Aparcamientos y Servicios, S.A., por importe de 491,77 € e a derradeira de Empark Aparcamientos y Servicios, S.A., por importe 483,43€, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 18.256,95 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 18.256,95 € 7.19278.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.19279.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “REHABILITACIÓN DA CASA REITORAL DE CHENLO (PORRIÑO) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/03/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Rehabilitación da Casa Reitoral de Chenlo (Porriño)”, con orzamento de 440.656,99 €, máis a cantidade de 79.318,36 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 29/04/2011, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 02/05/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Arquitecto Provincial emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 23/05/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Arquitecto Provincial, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de DICSA (Decoracion, Instalaciones y Construcciones, S.A.U.), tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total DICSA 40,00 45,972 85,972 UTE ECOSERVICIOS Y BIOCONSTRUCCION ATLAS, S.L.-HIDROSCIVIL, S.L. 33,68 22,392 56,072 Resultando que a empresa DICSA (Decoracion, Instalaciones y Construcciones, S.A.U.), atendendo ó requirimento formulado mediante R.P. nº 7685/11, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituída a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100040513, de data 25/05/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a DICSA (Decoracion, Instalaciones y Construcciones S.A.U.) a obra de “Rehabilitación da Casa Reitoral de Chenlo (Porriño)” na suma de 355.932,20 € máis 64.067,80 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de oito meses, melloras valoradas en 67.350,95 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 103,85 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, desígnase Directores de Obra a Don José Enrique Pérez-Ardá Criado e Don Fernando Portela Tilve, Arquitecto e Arquitecto Técnico do Servizo de Arquitectura, respectivamente. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridad y Medio Ambiente, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 9.19280.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “BEIRARRÚAS E MELLORA NA RÚA DA CERCA (VILANOVA DE AROUSA) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 12/01/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Beirarrúas e mellora rúa da Cerca (Vilanova de Arousa)”, con orzamento de 603.448,28 €, máis a cantidade de 108.620,69 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 08/03/2011, constituíuse a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”) admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 10/03/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións emítese informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 19/05/2011, dá a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres “C” das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida en sóbrelos “B”, e valorada a documentación contida nos sobres “C”, eleva ó Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Marco Obras y Proyectos de Arousa, S.L., tendo en conta que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: LICITADOR PUNTUACIÓN SOBRE “B” PUNTUACIÓN SOBRE “C” PUNTUACIÓN TOTAL MARCO OBRAS Y PROYECTOS DE AROUSA, S.L. 34,25 48,920 83,170 CANALIZACIONES Y CONSTRUCCIONES SALNES, S.L. 32,49 41,445 73,935 CONSTRUCCIONES EIRIÑA, S.L. 30,53 42,919 73,449 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 32,70 37,461 70,161 JESUS MARTINEZ ALVAREZ CONSTRUCCIONES 33,15 34,432 67,582 CONSTRUCCIONES PARAXE, S.L. 31,62 35,811 67,431 MOVEX VIAL, S.L. 30,39 36,807 67,197 XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L. 30,75 36,437 67,187 ORESA, S.L. 30,34 34,446 64,786 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 34,63 29,567 64,197 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 32,96 28,528 61,488 HIDROMIÑO, S.L. 35,50 20,879 56,379 ANTALSIS, S.L. 31,34 18,405 49,745 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 30,84 10,939 41,779 UTE BELYPA, S.L.-GALCONSER 30,50 10,428 40,928 Resultando que a empresa Marco Obras y Proyectos de Arousa, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante Resolución Presidencial nº 7687/11, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pago nº 201100040949, de data 26/05/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Marco Obras y Proyectos de Arousa, S.L. a obra de “Beirarrúas e mellora en rúa da Cerca (Vilanova de Arousa)”, na suma de 429.112,07 € máis 77.240,17 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de seis meses, melloras valoradas en 47.598,00 € e o 4,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 103,85 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Así mesmo, desígnase Director de Obra a D. Manuel González Juanatey, Director de Infraestruturas en funciones. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridad y Medio Ambiente, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 10.19281.- CONVALIDACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº 7809 DE DATA 26/05/2011 POLA QUE SE APAORBA A CERTIFICACIÓN Nº 1 DAS OBRAS TERMINACIÓN DA OBRAS DE DOTACIÓN DE SERVIZOS E MELLORA DE PAVIMENTO EN E.P. CALVARIO-A GARRIDA, LUGAR DE SOBREIRA (VIGO), D10/58 Vista a Resolución Presidencial n.º 7809 de data 26 de maio de 2011 aprobando a certificación n.º 1 da obra: “Terminación das obras de dotación de servizos e mellora de pavimento en E.P. Calvario-A Garrida, lugar de Sobreira (Vigo) D10/58 e advertido erro en canto ó órgano competente para aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento de dita certificación, fundamentado en que o órgano competente para aprobar a certificación é a Xunta de Goberno, por superar os 200.000,00 €. Considerando que segundo establece o art. 67 da Lei 30/92, do 30 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Administración poderá validar os actos, emendando os vicios de que adoezan. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar a Resolución Presidencial n.º7809, de data 26 de maio de 2011, que aproba a certificación n.º 1 da obra Terminación das obras de Dotación de Servizos e mellora de pavimento en E.P. Calvario–A Garrida, Lugar de Sobreira (Vigo) D10/58, no sentido seguinte: Certificación núm. 1: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. (CIF.36 – 052. 876) 2011/456-453.612.02.2010 234.108,90 € SUBTOTAL 234.108,90 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.668,82 € Control de calidade (1%) Id. 1.667,20 € Seguridade e saúde (0,72%) Id. 1.200,39 € Total descontos 9.536,41 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 224.572,49 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 11.19282.- ADXUDICACIÓN DE VINTE E DÚAS BOLSAS CON DESTINO Ó ÁREA DE COMERCIO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de 22 Bolsas de colaboración, con destino á Área de Comercio, publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 83, de data 2 de maio de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as Bolsas convocadas ós aspirantes que acadaron unha maior puntuación, con efectos 1 de xullo de 2011, e por un período de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno: Nº APELIDOS/NOME 1 BLANCO REY, ANA 2 BUGALLO FONTÁN, ALMUDENA 3 BUGALLO SARMIENTO, CARLOS ALBERTO 4 CARBALLIDO BREA, VICTOR 5 CASTRO LEIRO, MARÍA ISABEL 6 FERNÁNDEZ DELGADO, ÓSCAR 7 FOJO CONDE, PABLO 8 GARCÍA ROMA, SANDRA 9 GONZÁLEZ MARTÍNEZ, Mª RITA 10 GIL FERNÁNDEZ, ANA 11 LÓPEZ RODRÍGUEZ, CARLA 12 LÓPEZ SILVA, JUAN JOSÉ 13 MAQUIEIRA SOUTO, ANA MARÍA 14 MINIÑO VALVERDE, MARÍA CRISTINA 15 MONTOTO VARELA, ANA MARÍA 16 NUÑEZ MISER, MARINA 17 PENEDO DEL RÍO, DAVID 18 RIGUEIRO VÁZQUEZ, MARÍA JESÚS 19 SERANTES VALLADARES, BÁRBARA 20 SIRERA DIÉGUEZ, NOEMÍ 21 VÁZQUEZ VÁZQUEZ, NURIA 22 VELOSO LOURIDO, LORENA Así mesmo, propón como suplentes, para o caso de que se producise vacante ou renuncia da aspirante seleccionada, os seguintes por este orde: Nº APELIDOS/NOME 1 VILLANUEVA PICÁNS, ANA BELÉN 2 PIÑÓN GARCÍA CRISTINA 3 PIÑEIRO MARIÑO, EZEQUIEL 4 OTERO DOMÍNGUEZ, BEATRIZ 5 CANOSA VIÉITEZ, LORENA 6 ABAD CABANAS, LUCIA 7 GÓMEZ ÁLVAREZ, SONIA 8 CAMPOS DÍZ, ADRIANA 9 PARCERO MAGALLANES, ANA MARÍA 10 PAZOS SIMÓN, SONIA 11 ABOY GONZÁLEZ, SILVIA 12 ARTIME OMIL, CLARA 13 FONTÁN CORREA, MARÍA DEL ROSARIO 14 GONZÁLEZ SÁNCHEZ ARACELI 15 OUBIÑA CORES, Mª DEL PILAR A dotación económica ascende a un total de 600,00 €/mes por bolseiro, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 241.431.481.01, quedando retido crédito mediante RC nº de operación 201100025460. A aceptación e disfrute da Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. 12.19283.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral de data 23/05/2011, D. Gabriel Rodríguez Alonso, funcionario de carreira e Adxunto ó Director de Infraestruturas expón que foi seleccionado para participar no curso “Efectos de la directiva de servicios en la Administración Local”, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), que terá lugar en Santiago de Compostela os próximos días 6, 7, 8, 9, 13, 14 e 15 de xuño de 2011 en horario de tarde (de 16:00 h-20:00 h os días 6, 7, 8 e 9 e de 16:00 h-19:00 h os días 13, 14 e 15). Por todo iso, tendo en conta que o curso se celebra fóra da xornada laboral e fóra da provincia de Pontevedra, solicita axuda económica para poder desprazarse en vehículo particular a Santiago de Compostela, co carácter de “a xustificar”. A solicitude é informada favorablemente polo Director de Infraestruturas D. Manuel González Juanatey e polo Vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Examinados os antecedentes que obran no expediente non consta que ó interesado se lle concedera licenza para asistir a algún curso, congreso ou seminario durante este ano. Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Gabriel Rodríguez Alonso, funcionario de carreira adscrito ó Servizo de Infraestrutura, unha axuda económica por un importe de 307,88 € en concepto de quilometraxe, peaxe e aparcamento, estando desagregados tal e como se sinalan: Desprazamento: Aplicación orzamentaria: 11/456.450.231.20. Pontevedra-Santiago de Compostela-Pontevedra: 146 km.x 0,19 € (7 días): 194,18 € Autoestrada: 4,55 € x 2 (ida e volta) 7 días 63,70 € Aparcamento: 7 días 50,00 € TOTAL DESPRAZAMENTO 307,88 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 13.19284.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición