ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2011/06/08_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.670/2.2011-06-08_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/06/08_Ordinaria

  • Data(s) 2011-06-08 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día oito de xuño do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Manuel Figueroa Vila, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. Xosé Crespo Igrexas, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Jesús Mª Fernández Portela, Dna. Francisca Canal Gómez e D. Salvador González Solla, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Severino Reguera Varela, D. Perfecto Rodríguez Muíños e D. Carlos Comesaña Abalde. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Julio Souto Diz. Non asisten os señores deputados D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19285.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 1 de xuño de 2011. 2.19286.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 10 de maio de 2011 e con número de rexistro de entrada 018790, o Xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios expón que “a Deputación de Pontevedra a través da súa Área de Comercio, dentro do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, traballa para impulsar e fortalecer o pequeno comercio da nosa provincia. Co fin de conseguir estes obxectivos, vaise a asinar un novo convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, no que se compromete a seguir mantendo aberta ó público a Oficina Provincial de Comercio REDIC que dende o ano 2009 convive e traballa coa área de Comercio e cuxas funcións son desenvolver actividades de maneira coordinada con dita Dirección Xeral. Que unha das tarefas desenvolvidas dende a Oficina Provincial de Comercio REDIC durante o ano 2010 foi a elaboración dun estudo de situación de mercados municipais da provincia de Pontevedra e un inventario dos seus equipamentos e servizos. (…) A partir dos resultados obtidos neste estudo quérese poñer en marcha diferentes actividades que contribúan á dinamización e revitalización dos mercados municipais como centros de venda e convertelos en puntos de referencia para a compra de produtos frescos e de calidade. (…) Unha das actividades a desenvolver dende a Oficina Provincial de Comercio REDIC en 2011 é un proxecto piloto audiovisual e multimedia de información sobre aspectos relacionados cos propios mercados e cos produtos que se venden neles e que se materializará coa implantación de cinto tótem interactivos en cinco mercados da provincia de Pontevedra a través dos que se dará a coñecer información turística do concello, servizos existentes no mercado e receitas que se poden elaborar cos produtos que se venden no mercado. Que a FEMP e Mercasa (empresa pública da Administración do Estado) manteñen unha estreita colaboración para impulsar a modernización, mellora e nova implantación de Mercados Municipales Minoristas. En este mesmo marco de colaboración, organizan bianualmente, os Encontros Nacionais de Mercados Municipais Minoristas, celebrándose este ano a 7ª Convocatoria en Zaragoza, nos días 21 e 22 de novembro de 2011, baixo a lema “Nuevos barrios, nuevos mercados”. Por todo o exposto considera recomendable a participación a este 7ª Encontro Nacional de Mercados Municipales Minoristas de Dna. Cruz Farto Xusto e Dna. Alma María Pérez Aguiño. Por iso solicitan permiso e axuda económica para que ditas traballadoras asistan en comisión de servizo e en representación de dita oficina que convive e traballa a reo coa área de Comercio da Deputación de Pontevedra. Dado que a relación contractual de Dna. Cruz Farto Xusto con esta Deputación finaliza o 30 de xuño de 2011, e a realización deste encontro é para o mes de novembro, non corresponde a autorización de desprazamento nin a concesión de axuda económica a dita traballadora. A solicitude é informada favorablemente polo xefe do Servizo de Desenvolvemento Local e Fondos Comunitarios, e co visto e prace do vicepresidente D. José Juan Durán Hermida. Polo exposto e de conformidade co establecido no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial de Pontevedra e R.d. 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, conceder a Dna. Alma María Pérez Aguiño licenza para asistir ó 7º Encontro Nacional de Mercados Municipales Minoristas os días 20, 21 e 22 de novembro de 2011, así como unha axuda económica, por importe de 1.238,65 € en concepto de desprazamentos e dietas estando desagregados por conceptos tal e como a continuación se sinala: Inscrición 7º Encontro: CONCEPTO TOTAL PARTIDA Inscrición de Dña. Alma María Pérez Aguiño 350,00 € 11/921.221.162.00 TOTAL GASTOS INSCRICIÓN 350,00 € 11/921.221.162.00 Desprazamento:(Saída día 20 de nov. antes das 14:00h e regreso o día 22 de nov. despois das 22:00h): CONCEPTO TOTAL PARTIDA Vehículo propio: Pontevedra – Aeroporto de Vigo-Pontevedra (62 km x 2) x 0,19 € 11,78 € 11/241.431.231.20 Peaxe: Ida e volta: Pontevedra–Aeroporto de Vigo-Pontevedra 6,10 € 11/241.431.231.20 Parking: Aeroporto de Vigo 18,00 € 11/241.431.231.20 Avión: 350 € (Vigo – Madrid – Vigo) 350,00 € 11/241.431.231.20 Desprazamento: Madrid en metro Aeroporto Barajas – Estación Atocha – Aeroporto Barajas 9,30 € 11/241.431.231.20 AVE: (Madrid – Zaragoza – Madrid) 120,00 € 11/241.431.231.20 Desprazamentos: Estación AVE Zaragoza–Aloxamento–Estación AVE Zaragoza 50,00 € 11/241.431.231.20 Desprazamentos por Zaragoza 100,00 € 11/241.431.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 665,18 € 11/241.431.231.20 Dietas:(Saída día 20 de novembro antes das 14:00h e regreso o día 22 de novembro despois das 22:00 h): CONCEPTO TOTAL PARTIDA ALMA Mª PÉREZ AGUIÑO (Grupo II) (100 % dieta) Aloxamento + Manutención día 20/11/2011 103,37 € 11/241.431.230.20 ALMA Mª PÉREZ AGUIÑO (Grupo II) (80 % dieta) Aloxamento + Manutención día 21/11/2011 82,70 € 11/241.431.230.20 ALMA Mª PÉREZ AGUIÑO (Grupo II) (100% manutención) Manutención día 22/11/2011 37,40 € 11/241.431.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 223,47 € 11/241.431.230.20 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no R.d. 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 3.19287.- DEVOLUCIÓNS DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Biomèrieux España, S.A. A empresa Biomèrieux España, S.A. con CIF A- 28.664.589, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de mil setecentos sesenta euros (1.760,00 €), para responder do contrato relativo á: Subministración de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade, ano 2008, que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/06/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800054402, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa La Voz de Galicia, S.A. Á empresa La Voz de Galicia, S.A. con CIF A-15.000.649, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de seis mil trescentos cincuenta e cinco euros con noventa e cinco céntimos (6.355,95 €), para responder do contrato relativo ós: Servizos de publicidade nas distintas plataformas de prensa, radio, televisión e canles dixitais da empresa “La Voz de Galicia, S.A.”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000117503. 4.19288.- ADXUDICACIÓN DE 22 BOLSAS DE COLABORACIÓN DESTINADAS Ó FOMENTO DO EMPREGO, Á MELLORA E PROMOCIÓN DO ASOCIACIONISMO E A REPRESENTATIVIDADE DAS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno con data 06 de abril de 2011 aproba as bases de 22 bolsas de colaboración destinadas ó fomento do emprego, á mellora e promoción do asociacionismo e a representatividade das asociacións de comerciantes da provincia de Pontevedra, recollidas na convocatoria bolsas de colaboración 2011, DLFE_A/11, co obxecto de elaborar un programa formativo composto por 22 bolsas de formación a través das que os bolseiros colaborarán dende as sedes das asociacións de comerciantes pola dinamización do sector, pola promoción do asociacionismo e pola representatividade das asociacións de comerciantes na nosa provincia ó tempo que tomarán parte nas actividades promovidas pola Área de Comercio da Deputación de Pontevedra. Existindo consignación suficiente por un importe de 160.500,00 €, con cargo á aplicación 2011/241.431.481.01 do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de bolsas de colaboración a asociacións de comerciantes sen fins de lucro (coas seguintes excepcións: asociacións de ámbito supramunicipal, centros comerciais abertos (CCA´s), federacións de comerciantes e agrupacións ou colectivos sen fins de lucro que non defendan, exclusivamente, os intereses dos comerciantes) que desenvolvan actividades cuxos beneficiarios sexan os pequenos comerciantes da provincia de Pontevedra (Convocatoria Bolsas de Colaboración 2011, DLFE_A/11) e que son as que se relacionan no anexo que se achega. 5.19289.- SENTENZA DA SECCIÓN 2ª DA SALA DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO DO TSX DE GALICIA, RECAÍDA EN RECURSO DE APELACIÓN NÚM. 4196/07 (4166/2010), PROMOVIDO POR AIR EUROPA, LÍNEAS AÉREAS, S.A.U. E GLOBALIA CORPORACIÓN EMPRESARIAL, S.A., CONTRA SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, NO QUE SON PARTES APELADAS IBERIA, LÍNEAS AÉREAS DE ESPAÑA, S.A. E ESTA DEPUTACIÓN Dada conta que con data 11 de maio de 2011 notifícase sentenza da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída en recurso de apelación núm. 4196/07 (4166/2010) promovido por AIR EUROPA, Líneas Aéreas, S.A.U. e GLOBALIA Corporación Empresarial, S.A., contra sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra que anulou o Protocolo subscrito no seu día entre o Organismo Autónomo Local Turismo Rías Baixas e Globalia Corporación Empresarial, S.A. así como os negocios, acordos e contratos posteriores, sendo partes apeladas IBERIA, Líneas Aéreas de España, S.A. e a Deputación, e na que se estima parcialmente dito recurso, confirmando a sentenza de instancia tan só no seu primeiro pronunciamento, no que se refire á nulidade do protocolo e revocándoa no que se refire á anulación dos acordos e contratos posteriores e reintegro de cantidades que na súa virtude, se tiveran aboado. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 6.19290.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 375/2010, PROMOVIDOS POR D. DAVID ALFAYA PÉREZ CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECURSO DE REPOSICIÓN CONTRA SANCIÓN IMPOSTA EN EXPEDIENTE SANCIONADOR POR INFRACCIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DO USO E DEFENSA DAS ESTRADAS PROVINCIAIS Dada conta que con data 12 de maio de 2011 tivo entrada nesta Deputación sentenza de 9 de maio anterior, do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra e ditada en autos de procedemento abreviado núm. 375/2010 promovidos por D. David Alfaya Pérez contra desestimación de recurso de reposición contra sanción en expediente incoado por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, declarando que a Deputación actuou correctamente ó imputar ó recorrente a autoría dunha infracción grave e, consecuentemente, axustada a dereito a sanción imposta de 3.000,00 € e reposición das cousas ó seu estado anterior, sendo levada a instrución do expediente polo Servizo de Infraestruturas e a defensa en xuízo pola Asesoría Xurídica. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 7.19291.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ORDINARIO NÚM. 216/2010, PROMOVIDOS POLO COLEXIO DE ENXEÑEIROS AGRÓNOMOS DE GALICIA CONTRA CONVOCATORIA DUNHA PRAZA DE ENXEÑEIRO SUPERIOR Dada conta que con data 16 de maio de 2011 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra , ditada en autos de procedemento ordinario núm. 216/2010, promovidos polo Colexio de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia contra convocatoria dunha praza de Enxeñeiro Superior, ó non aceptar a solicitude efectuada polo mesmo de admitir a titulación de enxeñeiro agrónomo, na que se desestima dito recurso e cuxa defensa foi levada pola Asesoría Xurídica desta Deputación. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 8.19292.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 3 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 398/2010, PROMOVIDOS POR D. BENIGNO PÉREZ PAZO CONTRA DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA AVENIDA DE LUGO (t.m. CANGAS) Dada conta que con data 9 de maio de 2011 notifícase sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 398/2010, promovidos por D. Benigno Pérez Pazo contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na Avenida de Lugo de Cangas, o día 15 de novembro de 2008, como consecuencia dun desnivel na calzada provocado por un escalón lateral orixinado por obras que se estaban a executar na citada vía, valorando os danos en 3.916,26 €. Resultando que a devandita sentenza estima parcialmente o recurso por estimar concorrencia de culpas nunha porcentaxe de 70% ó condutor polo comportamento na condución da motocicleta e 30% da Administración polo estado da vía, condenando a esta Deputación ó pago dunha indemnización de 1.174,88 € máis xuros legais, equivalente ó 30% da cantidade reclamada de 3.916,26 €. Visto o informe da Intervención sobre existencia de consignación e cálculo de xuros legais, de 2 de xuño de 2011. Considerando o artigo 106.2 da Lei 29/98 e demais preceptos de xeral e pertinente aplicación, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Tomar coñecemento da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra, recaída en autos de procedemento abreviado núm. 398/2010, promovidos por D. Benigno Pérez Pazo contra desestimación de reclamación patrimonial por danos en accidente de tráfico na Avenida de Lugo de Cangas, como consecuencia dun desnivel na calzada provocado por un escalón lateral orixinado por obras que se estaban a executar na vía citada, valorando os danos en 3.916,26 €, que estima parcialmente a mesma recoñecendo o dereito do reclamante a percibir o 30 % da cantidade reclamada en base á concorrencia de culpas polo comportamento do condutor da motocicleta, ordenando o cumprimento nos seus propios termos, ata levala a puro e debido efecto. Segundo.- Que conforme co fallo da citada sentenza a Deputación resulta condenada ó pago de 1.174,88 € do principal máis xuros legais, o que suma 1.264,37 €, imputándolle ó condutor o 70% restante dos 3.916,26 €. Terceiro.- Aprobar o gasto a favor de D. Benigno Pérez Pazo, titular do NIF número 78739808-K de 1.264,37 € (mil douscentos sesenta e catro euros con trinta e sete céntimos). Cuarto.- Dito pago farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 11/456.453.210.00, mediante ingreso na conta núm. 0072.0408.17.0000209040 da entidade Banco Pastor, sucursal Cangas do Morrazo, segundo certificado bancario achegado pola representación legal do demandante. Quinto.- Déase traslado á representación legal do demandante, ó Xulgado e á Intervención, ós efectos oportunos. Sexto.- Déase traslado, así mesmo, á aseguradora CASER (s/ref. 427/09), con enderezo en Lariño Correduría de Seguros, S.L. de Pontevedra, aos efectos de que, de conformidade coa póliza subscrita no seu día, proceda ó reintegro a esta Deputación de 664,37 € (seiscentos sesenta e catro euros con trinta e sete céntimos), unha vez descontado o importe da franquía (600,00€), mediante ingreso na conta número 2080.0401.68.0040106618 da entidade CAIXANOVA. 9.19293.- SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 1 DE PONTEVEDRA, DITADA EN AUTOS DE PROCEDEMENTO ABREVIADO NÚM. 163/2010, PROMOVIDOS POR D. JOSÉ LUIS ROMERO POSADA CONTRA INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA E.P. 2603 (VIGO) Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo á “Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, ditada en autos de procedemento abreviado núm. 163/2010, promovidos por D. José Luis Romero Posada contra inadmisión de reclamación de responsabilidade patrimonial por danos en accidente de tráfico na estrada provincial 2603 (Vigo)”. 10.19294.- COMUNICACIÓN DO VALEDOR DO POBO SOBRE ARQUIVO DE QUEIXA PLANTEXADA POR D. FERNANDO COSTAS MARCOS SOBRE FALTA DE CONTESTACIÓN A SOLICITUDE SOBRE PROTECCIÓN CIVIL DO EDIFICIO DA SEDE DA DEPUTACIÓN EN VIGO. (EXPTE.N.7.Q/489/11) A Xunta de Goberno toma coñecemento de escrito do Sr. Valedor do Pobo, de data 26 de maio de 2011, en relación con expediente N.7.Q/489/11, incoado por queixa plantexada por D. Fernando Costas Marcos, por falta de contestación a solicitude dirixida á Deputación sobre carencia de avisos de prevención de riscos na saída do ascensor e no vestíbulo principal, no que se comunica a esta Deputación o arquivo da mesma, unha vez remitidos sendos escritos da Presidencia a aquela Institución e ó solicitante, dando cumprida resposta á petición, con subsanación das deficiencias existentes. A Xunta de Goberno queda enterada do contido favorable da mesma. 11.19295.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 12.19296.- ANULACIÓN DO CONVENIO SUBSCRITO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE PARA O ACONDICIONAMENTO DA AREA DEPORTIVA ADXACENTE Ó COLEXIO DE CHANS-BEMBRIVE Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación Provincial, na sesión ordinaria celebrada o 17 de novembro de 2010, aprobou o Convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Entidade Local menor de Bembrive para o “Acondicionamento da area deportiva adxacente ó colexio de Chans-Bembrive” sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas administracións públicas, posibilitar a creación dunha infraestrutura adecuada para o esparcemento e a práctica do deporte. O orzamento desta obra, de acordo do proxecto presentado, ascendía a 102.457,45 € e se prevía unha achega ó financiamento do investimento por parte da Entidade Local de 7.720,89 €. Resultando que a Entidade Local de Bembrive ingresou nas Tesourería da Deputación este importe con data 22 de decembro de 2010 e o convenio foi asinado o 20 de febreiro de 2011. Resultando que, con data 7 de xuño de 2011, a Entidade Local Menor de Bembrive achega un escrito solicitando a anulación do Convenio subscrito, ante as dificultades que se lle plantexan para obter as obrigatorias autorizacións sectoriais que permitan a execución da obra citada, polo que: Á vista do escrito achegado pola Entidade Local Menor de Bembrive e do informe da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Anular o Convenio de colaboración subscrito entre a Deputación de Pontevedra e a Entidade Local Menor de Bembrive para “Acondicionamento da área deportiva adxacente ó colexio de Chans-Bembrive”, aprobado na sesión ordinaria da Xunta de Goberno do día 17 de novembro de 2010 e asinado polas partes o día 20 de febreiro de 2011. - Proceder ó ingreso, a favor da Entidade Local Menor de Bembrive, do importe de sete mil setecentos vinte euros con oitenta e nove céntimos (7.720,89 €), que se corresponden coa achega ingresada pola citada Entidade para colaborar no financiamento da obra “Acondicionamento da area deportiva adxacente ó colexio de Chans-Bembrive” 13.19297.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA DE EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA E.P. 9002 FEFIÑANES-OUBIÑA, PK 2+720 A 3+900 (CAMBADOS)”, INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN PARA O ANO 2010 Dada conta do escrito da empresa adxudicataria, Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA) e do informe do Director de Obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a concesión dunha prórroga de execución para a obra “Mellora E.P. 9002 Fefiñanes-Oubiña, PK 2+720 a 3+900 (Cambados)”, incluída no Plan Provincial de Cooperación, para o ano 2010 co núm. 87 ata o 30 de xullo de 2011. 14.19298.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL O RUBAL DA PICOÑA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “CICLO CULTURAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 13/10/10 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 13/10/2010 unha subvención a favor da Asoc. Cultural O Rubal da Picoña con CIF: G-36.311.439, do Concello de Salceda de Caselas, por un importe de 562,00 €, para “Ciclo cultural” con cargo á aplicación 11/330.334.489.05.2010, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 07/06/2011, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 15.19299.- ASIGNACIÓN DE ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES COA QUE TEÑEN QUE COLABORAR OS 22 BOLSEIROS DA ÁREA DE COMERCIO Resultando que con data 13 abril de 2011 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aproba as bases para a convocatoria de 22 bolsas de colaboración con destino á Area de Comercio da Deputación de Pontevedra para levar a cabo unha labor de asistencia nas Asociacións de Comerciantes da Provincia para o ano 2011 co fin de mellorar e promocionar o asociacionismo e a representatividade das mesmas. Resultando que o 26 de maio de 2011 a comisión de selección entrevista ós/ás candidatos/as que tomaron parte na presente convocatoria e o 1 de xuño de 2011 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aproba o listado das 22 persoas seleccionadas. Resultando que a comisión de valoración propón que as persoas seleccionadas desenvolvan as tarefas de colaboración nas asociacións de comerciantes beneficiarias do xeito que a continuación se relaciona: BOLSEIRO/A ASOCIACIÓN BENEFICIARIA CONCELLO González Martínez, Mª Rita Asociación de Comerciantes de Vila de Cruces Vila de Cruces Blanco Rey, Ana Asociación de Comerciantes y Empresarios de Cerdedo Cerdedo Penedo del Río, David Asociación de Empresarios e Comerciantes de Forcarei Forcarei Vázquez Vázquez, Nuria Cuntis Comercial Vila Aberta Cuntis Serantes Valladares, Bárbara Asociación de Empresarios de A Illa de Arousa Illa de Arousa Nuñez Miser, Marina Asociación de Comerciantes O Corazón de Meaño Meaño Fojo Conde, Pablo Asociación de Comerciantes Umbrío (Plaza de Abastos de Vilanova) Vilanova de Arousa Bugallo Sarmiento, Carlos Alberto Asociación de Comerciantes Vilanova Centro Vilanova de Arousa Castro Leiro, Mª Isabel Asociación de Comerciantes Punto Vilanova Vilanova de Arousa Maquieira Souto, Ana Mª Asociación Profesional de Comerciantes de Ribadumia Ribadumia García Roma, Sandra Asociación de Comerciantes Praza de Abastos de Sanxenxo Sanxenxo López Silva, Juan José Asoc. de Comerciantes e Autónomos Galerías Oliva Pontevedra López Rodríguez, Carla Asoc. de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas Ponte Caldelas Gil Fernández, Ana Asoc. de Comerciantes da Praza de Abastos de Cangas Cangas do Morrazo Sirera Diéguez, Noemí Asoc. de Empresarios e Comerciantes de Traviesas Vigo Bugallo Fontán, Almudena Asoc. de Empresarios de Arcade Soutomaior Soutomaior Miniño Valverde, Mª Cristina Asoc. de Empresarios do Val Miñor Nigrán Fernández Delgado, Oscar Asoc. de Empresarios e Comerciantes de Oia Oia Rigueiro Vázquez. Mª Jesús Asoc. de Comerciantes de O Rosal O Rosal “ “ Asoc. de Autónomos, Comercio, Hostelería e Industriais de Tomiño Tomiño Montoto Varela, Ana Mª Asoc. do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (ABACO) A Guarda Veloso Lourido, Lorena Asoc. de Empresarios e Comerciantes de As Neves As Neves Carballido Brea, Víctor Asoc.de Comerciantes e Desenvolvemento Local de Crecente Crecente Deste xeito o vindeiro 1 de xullo os/as bolseiros/as comezarán a levar a cabo unha labor de asistencia ás asociacións de comerciantes da provincia e que estas bolsas queren contribuír á formación teórica e práctica de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito, a través do desenvolvemento de tarefas de xestión e representación dende o seo das asociacións de comerciantes. Polo exposto, a Xunta de Goberno queda enterada da asignación de bolseiros a cada Asociación. 16.19300.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA EMPRESA DESGUACES MINGOS, S.L., CONTRA O ACORDO DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DE RETIRADA DE VEHÍCULOS Ó FINAL DA SÚA VIDA ÚTIL OU FORA DE USO I.- No Pleno de 26 de marzo de 2010 presentouse unha moción conxunta para a posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados para os concellos de menos de 50.000 habitantes, tanto nas zonas rurais como urbanas. II.- Para levar a cabo a mencionada actuación, aprobouse pola Xunta de Goberno, de data 1 de decembro de 2010, o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil. Este contrato non ten desembolso económico para a Deputación, xa que o adxudicatario obterá beneficios na explotación dos vehículos recollidos coa reutilización e reciclaxe dos materiais. Co fin de garantir que a explotación deste servizo axústase ó principio de concorrencia, liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos, empregouse no procedemento de adxudicación os principios da Lei de contratos do Sector Publico. III.- A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de marzo de 2011, adxudicou o servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil ou fóra de uso á empresa Vigoto Uno, S.L. (B-36.944.510), que foi considerada como a proposta máis vantaxosa, en función ós seguintes criterios de adxudicación: A) Criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). - Características do proxecto para a prestación do servizo, ata un máximo de 25 puntos. - Estrutura e medios técnicos a empregar na execución do contrato, ata un máximo de 15 puntos. B) Criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). - Acreditación da retirada e xestión dos V.f.u. en Administracións Locais, ata un máximo de 30 puntos. - Acreditación de número de vehículos retirados e xestionados durante o ano 2009, ata un máximo de 20 puntos. - Sede do centro Autorizado Tratamento de Vehículos na Provincia de Pontevedra, ata un máximo de 10 puntos. IV.-D. Hermindo Márquez Silva, representante legal da empresa Desguaces Mingos, S.L., interpón, con data 5 de maio de 2011, recurso de reposición contra a Resolución de adxudicación do servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil ou fóra de uso. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.-A empresa Desguaces Mingos, S.L. está lexitimada para interpor recurso de reposición contra o mencionado acordo por ser titular dun dereito lexitimo, de conformidade co precepto recollido no artigo 31.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de aquí en diante LRXPA. Segundo.- A recorrente sinala no seu escrito que no sobre “C” non se valoraron as acreditacións presentadas da retirada e xestión de VFU realizadas ó Concello de Vigo, o que lle suporían, ó seu xuízo, 30 puntos máis dos obtidos. Esta valoración realizouse en función do número de habitantes do Concello onde se prestará o servizo. A empresa recorrente acredita mediante un escrito do servizo de mobilidade, transporte e seguridade do Concello de Vigo, con data 7 de xuño de 2010, unha relación de vehículos, que dado o seu estado de deterioración, foron adxudicados como chatarra a dita empresa mediante un proceso de poxa que a administración local realiza cos vehículos que teñen no seu depósito. Con todo, esta acreditación non revela que levará a cabo o servizo de recollida e tratamentos de vehículos abandonados ou fóra de uso de dito concello. Terceiro.- A recorrente considera que non se valoraron de forma equitativa a estrutura organizativa e os medios técnicos, materiais e humanos ofertados, ademais de considerar que a valoración se centrou máis en considerar como se realiza a descontaminación ou a quen se lle van a entregar os residuos xerados que a prestación do servizo en si mesmo. Á hora de valorar o proxecto, tívose en conta que polo mero feito de ter a autorización da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible como xestor de residuos perigosos, e estar inscritos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia para facer labores de descontaminación e desmonte de vehículos ó final da súa vida útil, os licitadores cumprirán con todas as normativas vixentes en ditas actividades. Por iso, o que se valora no Sobre “B” é o proxecto descritivo do servizo, a estrutura organizativa, a disposición dos medios técnicos, materiais e humanos para atender debidamente a execución do contrato, e as posibles melloras que se poidan implantar. A oferta presentada por Mingos non especifica claramente os pasos que se seguen unha vez o vehículo entra na instalación. Non é válido con expor que se recepciona e se descontamina conforme á normativa, emitíndose o certificado de destrución correspondente, xa que todos os ofertantes cumpren con este requisito. Cabe ter en conta que entre as ofertas presentadas as diferenzas son mínimas, polo que na avaliación técnica a administración resérvase un certo nivel de discrecionalidade, criterio que segue a liña xurisprudencial de forma reiterada e consolidada. Esa discrecionalidade cínguese á potestade de decisión que vai precedida dunha valoración técnica na que é o propio órgano administrativo quen exercita con autonomía ó seu poder de apreciación sobre unha idoneidade, característica, calidade ou suficiencia técnica dunha oferta. Dita discrecionalidade técnica da Administración non pode ser cuestionada eficazmente polos interesados senón a partir da imputación e adecuada proba da existencia de arbitrariedade ou falta de racionalidade, que non se dá no caso concreto, senón que é froito da argumentación subxectiva da recorrente, vaga e sen ningunha motivación rigorosa e acreditada. En base a todo o anteriormente exposto, e sendo o órgano de contratación o competente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición interposto pola empresa Desguaces Mingos, S.L. contra o acordo de adxudicación do contrato do servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil ou fóra de uso. 17.19301.- RESOLUCIÓN DO RECURSO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA EMPRESA AUTOMOCIONES CATOIRA, S.L., CONTRA O ACORDO DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO DO SERVIZO DE RETIRADA DE VEHÍCULOS Ó FINAL DA SÚA VIDA ÚTIL OU FORA DE USO I.- No Pleno de 26 de marzo de 2010 presentouse unha moción conxunta para a posta en marcha dun servizo concertado de recollida de automóbiles abandonados para os concellos de menos de 50.000 habitantes, tanto nas zonas rurais como urbanas. II.- Para levar a cabo a mencionada actuación, aprobouse pola Xunta de Goberno, de data 1 de decembro de 2010, o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil. Este contrato non ten desembolso económico para a Deputación, xa que o adxudicatario obterá beneficios na explotación dos vehículos recollidos coa reutilización e reciclaxe dos materiais. Co fin de garantir que a explotación deste servizo axústase ó principio de concorrencia, liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos, e non discriminación e igualdade de trato entre os candidatos, empregouse no procedemento de adxudicación os principios da Lei de contratos do Sector Publico. III.- A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23 de marzo de 2011, adxudicou o servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil ou fóra de uso á empresa Vigoto Uno, S.L. (B-36.944.510), que foi considerada como a proposta máis vantaxosa, en función ós seguintes criterios de adxudicación: A) Criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). - Características do proxecto para a prestación do servizo, ata un máximo de 25 puntos. - Estrutura e medios técnicos a empregar na execución do contrato, ata un máximo de 15 puntos. B) Criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”). - Acreditación da retirada e xestión dos V.f.u. en Administracións Locais, ata un máximo de 30 puntos. - Acreditación de número de vehículos retirados e xestionados durante o ano 2009, ata un máximo de 20 puntos. - Sede do centro Autorizado Tratamento de Vehículos na Provincia de Pontevedra, ata un máximo de 10 puntos. IV.- D. Germán Catoira Lamela, representante legal da empresa Automociones Catoira, S.L., interpón, con data 12 de maio de 2011, recurso de reposición contra a Resolución de adxudicación do servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil ou fóra de uso. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.-A empresa Automociones Catoira, S.L. está lexitimada para interpor recurso de reposición contra o mencionado acordo por ser titular dun dereito lexitimo, de conformidade co precepto recollido no artigo 31.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, de aquí en diante LRXPA. Segundo.- A recorrente comeza as súas alegacións, no apartado segundo do seu escrito, sinalando unha suposta falta de experiencia do chofer da empresa VIGOTO, S.L., cuestión que non é recollida nos pregos como valorable no procedemento, unicamente solicitábase unha descrición do persoal asignado ó servizo co obxectivo de coñecer, con maior profundidade, os medios humanos dispoñibles. Non obstante, no Currículo do condutor achegado pola empresa VIGOTO, S.L. figura a experiencia profesional do condutor partir do ano 2001, e como operario a partir do ano 2007. En referencia a que a empresa adxudicataria non indica as características técnicas nin a antigüidade da maquinaria, cabe dicir, que no prego non se esixía dito requisito , nin era valorable como criterio de adxudicación, sendo por tanto unha mera apreciación do recorrente. Doutra banda, lémbrase ó demandante que dito procedemento trátase dun proxecto piloto, cunha duración de dous anos, sen prestación económica algunha por parte da Deputación de Pontevedra nin polos Concellos ós que se preste este servizo, sendo o obxectivo cuantificar o número de vehículos abandonados ou fóra de uso, así como detectar os concellos que carecen dun servizo de recollida, tratamento e descontaminación dos mesmos. Non tratándose por tanto dun contrato de longa duración onde a antigüidade, novas adquisicións e/ou renovación de maquinaria tería moita maior relevancia. No punto catro do apartado segundo das alegacións, cuestionase a existencia de licenza por parte de VIGOTO, S.L. para o desenvolvemento de dita actividade, así como a información sobre espazo e lugar dispoñible. Sobre esta cuestión cabe dicir que dita empresa presenta núm. de licenza SC-RP-P-XV-09227, ademais da resolución de autorización como centro de descontaminación de vehículos que emite a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia (exp. Núm. 2005-SC-I-00269). En canto á falta de especificacións da superficie indicada nas súas alegacións, hai que facer referencia que en ningún apartado dos correspondentes á documentación a achegar no Sobre “B” figura dita esixencia. Non obstante, no Sobre “A” achégase a Resolución de Autorización de Centro de Descontaminación de vehículos ó final da súa vida útil (exp. Núm. 2005-SC-I-00269) que emite a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, no punto núm. 5 figura o informe favorable das instalacións da inspección realizada o día 12/09/2005 polo Servizo de Calidade e Avaliación de Pontevedra, no disposto no artigo 9 do Decreto 174/2005, de 9 de xuño. Dado que este informe é vinculante, esta Deputación entende que a empresa cumpre coa lexislación vixente. No referente ós puntos do cinco ó once das súas alegacións sobre persoal cualificado, xestión administrativa, atención telefónica, correo electrónico exclusivo, equipos informáticos, ADSL e material de oficina, na memoria presentada pola empresa VIGOTO, S.L. figuran ditos medios a disposición do proxecto. Respecto da memoria técnica descritiva presentada pola empresa Automociones Catoira de como se realiza o labor de descontaminación, hai que dicir que se trata dunha boa memoria técnica, pero non figura nela nin a atención telefónica, nin a metodoloxía e/ou protocolo de comunicación de incidencias para a retirada de vehículos dos Municipios (correo electrónico, páxina web, liña de atención ó cliente…), centrándose dita memoria, no proceso e procedemento de xestión do vehículo fóra de uso. No parágrafo cuarto (páx. 2) das alegacións, faise referencia a que un único operario e unha única plataforma pretenden retirar máis de 2.000 vehículos situados en toda a Provincia, ó que hai que responder que este proxecto piloto subscríbese, exclusivamente, ós concellos menores de 50.000 habitantes que non dispoñan deste servizo e que desexen adherirse a el, polo que a cifra non ten ningún fundamento real. Por outra banda, segundo a documentación achegada por Vigoto, S.L. existe un acordo con Gruas Diana con CIF: B-36798486 para o reforzo e apoio, se fose necesario, para levar a cabo este servizo de retirada de vehículos. Con respecto á valoración xeral do proxecto interesa sinalar, que seguindo a liña xurisprudencial sobradamente reiterada e consolidada, a Administración dispón dun certo nivel de discrecionalidade na apreciación das cuestións de carácter técnico. Esa discrecionalidade cínguese á potestade de decisión que vai precedida dunha valoración técnica na que é o propio órgano administrativo quen exercita con autonomía o seu poder de apreciación sobre unha idoneidade, característica, calidade ou suficiencia técnica dunha oferta. Dita discrecionalidade técnica da Administración non pode ser cuestionada eficazmente polos interesados senón a partir da imputación e adecuada proba da existencia de arbitrariedade ou falta de racionalidade, que non se dá no caso concreto, senón que é froito da argumentación subxectiva da recorrente, vaga e sen ningunha motivación rigorosa e acreditada. Terceiro.- A recorrente tamén mostra a súa desconformidade con respecto á valoración dos criterios obxectivos do sobre “C”. A empresa VIGOTO, S.L., achega os contratos co Concello de Baiona e a Cañiza, así como o contrato con F.C.C. que é a empresa adxudicataria de recollida e tratamento de VFU para o Concello de Vigo. Mentres que a empresa AUTOMOCIONES CATOIRA presenta o contrato do Concello de Pontevedra e do Concello de Poio. As dúas empresas presentan un centro autorizado de tratamento de vehículos na provincia. Por estes dous conceptos, establecidos como criterios do sobre “C”, obteñen as dúas empresas a máxima puntuación. No apartado de número de vehículos retirados e xestionados durante o ano 2009, a empresa recorrente non obtivo puntuación algunha, xa que sinala que retiraron máis de 2000 vehículos pero non acredita, tal e como se pedía nos pregos, mediante algunha certificación ou acreditación oficial selada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ou algún outro organismo oficial competente. En base a todo o anteriormente exposto, e sendo o órgano de contratación o competente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso de reposición interposto pola empresa Automociones Catoira, S.L. contra o acordo de adxudicación do contrato do servizo de retirada de vehículos ó final da súa vida útil ou fóra de uso. 18.19302.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A., PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL, DA ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN E DA FINCA AREEIRO A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o día 10 de xuño de 2009, adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza no Pazo Provincial, antiga sede de Educación e Finca Areeiro, á empresa CLARO SOL, S.A. (CIF.-A-36615763), polo prezo anual ofertado de 267.596,60 euros, a razón de 22.299,71€/mes. Resultando que o contrato coa empresa Claro Sol, S.A., como adxudicataria do Servizo de Limpeza do Pazo Provincial, da Antiga Sede de Educación e da Finca Areeiro de Pontevedra formalizouse o día 30 de setembro de 2009, e no mesmo estableceuse unha duración de dous anos a contar dende o día 1 de outubro de 2009. Resultando que na cláusula quinta do citado contrato, figura que o prezo do contrato se actualizará anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ao Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista e que a primeira actualización terá lugar unha vez transcorrese o primeiro ano de contrato e non poderá superar o 85% da variación experimentada polo índice expresado. Resultando que D. Enrique Velasco San Román, en calidade de apoderado da entidade mercantil Claro Sol, S.A., mediante escrito de data 15 de decembro de 2010, solicita unha actualización do prezo do contrato nun 1,96 %, de acordo ao índice de prezos ao consumo (IPC) correspondente ó período outubro de 2009 a outubro de 2010. Resultando que o índice de prezos a utilizar nesta revisión sería o IPC dos meses de setembro de 2009 a setembro de 2010, cuxo porcentaxe de variación supón un 2,1 %, todo iso en base ás normas establecidas polo Instituto Nacional de Estatística para calcular a variación do índice de prezos ó consumo. Resultando que polo Servizo de Intervención expedíronse os correspondentes documentos contables “Rc”, por importes de 4.077,42 € e 795,15 €, dado que ó utilizar a porcentaxe de variación do IPC do 2,1 %, (O 85% de 2,1% equivale ó 1,79%) o incremento desta revisión de prezos cuantifícase na cantidade máxima anual de 4.872,57 € (4.129,30 € 18% de IVE). Resultando que con data 8 de xuño de 2011 emítese informe de fiscalización do expediente onde se deixa constancia de diversas observacións e recomendacións. Considerando que a Xunta de Goberno é o órgano de contratación que adxudicou este contrato e o que ten competencia para modificar o mesmo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A., (CIF.-A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro de Pontevedra, incrementando o importe do mesmo, a partir do día 1 de outubro de 2010, na cantidade máxima anual de 4.872,56 €, IVE incluído, de acordo co seguinte detalle: -Prezo inicial do contrato (Importe anual) sen IVE 230.686,72 € -Importe anual incremento contrato nun 1,79% (85% de 2,1%) 4.129,30 € -Prezo anual revisado sen IVE 234.816,02 € -Prezo mensual revisado sen IVE 19.568,00 € Desagregación por Centros (Importe Anual) Importe sen IVE Incremento Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 108.399,25 € 1.940,35 € 110.339,60 € 19.861,13 € 130.200,73€ Limpeza antiga sede Educación 84.641,63 € 1.515,09 € 86.156,72 € 15.508,21 € 101.664,93€ Limpeza Finca Areeiro 37.645,84 € 673,86 € 38.319,70 € 6.897,55 € 45.217,25€ Desagregación por Centros (Importe Mensual) Importe sen IVE Incremento Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 9.033,27 € 161,70 € 9.194,97 € 1.655,09 € 10.850,06 € Limpeza antiga sede Educación 7.053,47 € 126,26 € 7.179,73 € 1.292,35 € 8.472,08 € Limpeza Finca Areeiro 3.137,15 € 56,16 € 3.193,31 € 574,80 € 3.768,11 € 2.- Autorízase o gasto ata o importe máximo de 4.872,57 €, en concepto de incremento do contrato durante a vixencia do mesmo, imputando o gasto relativo á limpeza no Pazo Provincial e antiga sede de Educación ata o importe de 4.077,42 € á aplicación orzamentaria 11/920.920.227.00 e o gasto por importe de 795,15 € relativo á limpeza da Finca Areeiro á aplicación orzamentaria 11/413.413.227.00, ambas do vixente orzamento provincial. 3.- Para o pago das obrigas derivadas desta revisión de prezos e tendo en conta que este contrato sufriu modificacións aprobadas pola Xunta de Goberno nas sesións celebradas os días 12 de xaneiro e 16 de marzo de 2011, teranse en conta os seguintes aspectos: - O pago dos atrasos relativos á limpeza do Pazo Provincial (meses de outubro de 2010 a xuño de 2011), efectuarase contra a presentación da correspondente factura por importe global de 1.717,29 €, IVE incluído. - O pago dos atrasos relativos á limpeza da Finca Areeiro (meses de outubro de 2010 a xuño de 2011), efectuarase contra a presentación da correspondente factura por importe global de 596,43 €, IVE incluído. - O pago dos atrasos relativos á limpeza da antiga sede de Educación (meses de outubro de 2010 a xuño de 2011), efectuarase contra a presentación da correspondente factura na que o importe global calcularase en función dos servizos prestados en cada un dos meses. A esta factura uniranse sendos informes dos Servizos de Arquitectura e Contratación nos que se deixarán constancia dos servizos realizados e da correcta aplicación da revisión de prezos. Os importes a facturar a partir do mes de xullo de 2011 serán os seguintes: Desagregación Por Centros (Importe Mensual) Importe Sen IVE Incremento Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 10.856,57 € 161,70 € 11.018,27 € 1.983,29€ 13.001,56 € Limpeza antiga sede Educación 7.053,47 € 126,26 € 7.179,73 € 1.292,35€ 8.472,08 € Limpeza Finca Areeiro 3.137,15 € 56,16 € 3.193,31 € 574,80 € 3.768,11 € Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. 2.608,65 € ------------- ---------------- 469,56 € 3.078,21 € 19.19303.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS NÚM. 84 E NÚM. 85 CORRESPONDENTES Á OBRA “PROXECTO MODIFICADO AMPLIACIÓN MUSEO DE PONTEVEDRA E REHABILITACIÓN EDIFICIO SARMIENTO (PONTEVEDRA) Vistas as certificacións núm. 84 e 85 relativas á obra “Proxecto modificado ampliación Museo de Pontevedra e rehabilitación edificio Sarmiento (Pontevedra)”, adxudicada no seu día a empresa DRAGADOS, S.A., e visto os informes favorables do Servizo de Intervención de data 02/06/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 84: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe DRAGADOS, S.A. (CIF. A -15139314) 11/457-333-622.01.2009 11/457-333-622.01.2010 301.609,05 € SUBTOTAL 301.609,05 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 8.591,63 € Control de calidade (3%) Id. 9.075,66 € Seguridade e saúde (0%) Id. 0,00 € Total descontos 17.609,05 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 283.941,76 € Certificación núm. 85: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe DRAGADOS, S.A. C.I.F.- A- 15.139.314 2011/457.333.622.01.2010 363.022,60 € SUBTOTAL 363.022,60 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 10.341,05 € Control de calidade (3%) Id. 10.923,65 € Seguridade e saúde (%) Id. 0,00 € Total descontos 21.264,70 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 341.757,90 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 20.19304.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas relativas a dirección de obra e certificacións que máis adiante se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo ás contas non orzamentarias: 419.10 (099.143), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: - Facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0219-01/2011 22/03/2011 “Ensanche e mellora E.P. 1009, acceso praia Menduiña (Cangas)” (D09/0042) 163,03 0219-02/2011 22/03/2011 “Ensanche e mellora E.P. 1009, acceso praia Menduiña (Cangas)” (D09/0042) 268,04 0219-03/2011 22/03/2011 “Ensanche e mellora E.P. 1009, acceso praia Menduiña (Cangas)” (D09/0042) 139,73 0219-04/2011 22/03/2011 “E.P. 1006 Hío – Donón (Beirarrúas en Hío) (Cangas)” (D09/0105) 279,50 0219-05/2011 22/03/2011 “E.P. 1006 Hío – Donón (Beirarrúas en Hío) (Cangas)” (D09/0105) 93,67 0219-06/2011 22/03/2011 “E.P. 1006 Hío – Donón (Beirarrúas en Hío) (Cangas)” (D09/0105) 94,64 0219-07/2011 22/03/2011 “E.P. 1006 Hío – Donón (Beirarrúas en Hío) (Cangas)” (D09/0105) 44,50 0219-08/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 180,99 0219-09/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 257,59 0219-11/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 366,55 0219-12/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 403,17 0219-13/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 176,78 0219/14/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 229,03 0219-15/2011 22/03/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade – Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 63,74 0219-16/2011 22/03/2011 “Mellora capa rodadura e dotación servizos E.P. 2101, pk 0+660 a 0+990, acceso a Ceán (Nigrán)” (D10/0001) 284,34 0219-17/2011 22/03/2011 “Mellora capa rodadura e dotación servizos E.P. 2101, pk 0+660 a 0+990, acceso a Ceán (Nigrán)” (D10/0001) 231,97 0219-18/2011 22/03/2011 “Mellora capa rodadura e dotación servizos E.P. 2101, pk 0+660 a 0+990, acceso a Ceán (Nigrán)” (D10/0001) 271,23 0219-19/2011 22/03/2011 “Mellora capa rodadura e dotación servizos E.P. 2101, pk 0+660 a 0+990, acceso a Ceán (Nigrán)” (D10/0001) 421,33 0219-20/2011 22/03/2011 “Mellora capa rodadura e dotación servizos E.P. 2101, pk 0+660 a 0+990, acceso a Ceán (Nigrán)” (D10/0001) 95,22 0219-27/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 2.152,61 0219-28/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 1.127,96 0219-29/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 1.893,53 0219-30/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 2.420,09 0219-31/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 2.256,52 0219-32/2011 22/03/2011 “Campos de fútbol de herba artificial, 3ª fase” (D08_0136) 4.832,75 0210-38/2011 18/03/2011 “Humanización travesía de Pontearnelas. Vilanova de Arousa” (D08/0001) 479,91 0210-39/2011 18/03/2011 “Mellora capa rodadura E.P. 0003 Marcón – Pedra do Lagarto (Pontevedra)” (D08/0016) 375,78 0210-40/2011 18/03/2011 “Dotación beirarrúas en O Castro, E.P. 6502 Silleda – Castro – Merza (Silleda)” (D07/0157) 612,93 0210-41/2011 18/03/2011 “Mellora capa rodadura E.P. 2102 Nigrán – Vincios (Nigrán)” (D08/0054) 1.209,04 0210-42/2011 18/03/2011 “Mellora capa rodadura E.P. 2102 Nigrán – Vincios (Nigrán)” (D08/0054) 77,32 0210-45/2011 18/03/2011 “Reposición servizos e ampliación drenaxes en E.P. Ponte do Val – Barciademera, pk 0+760 a 1+260 (Mondariz)” (D10/0011) 432,62 0210-46/2011 18/03/2011 “Rotonda en Valiñas, E.P. 9407 Goulla – Porráns (Barro)” (D08/0075) 117,61 0210-49/2011 18/03/2011 “Polideportivo en Ponteareas” (D08/0074) 286,17 0210-50/2011 18/03/2011 “Polideportivo en Ponteareas” (D08/0074) 578,37 0210-59/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria e dotación servizos no antigo acceso a Crecente, E.P. 5005 (Crecente)” (D08/0059) 965,47 0210-60/2011 18/03/2011 “Mellora seguridade viaria e dotación servizos no antigo acceso a Crecente, E.P. 5005 (Crecente)” (D08/0059) 773,74 0210-62/2011 18/03/2011 “Protección vial pk 0+000 a pk 0+560, E.P. 2204 Sabarís – Belesar (Baiona)” (D09/0039) 264,96 0210-63/2011 18/03/2011 “Renovación rodadura pk 0+000 a pk 1+905 (glorieta) E.P. 2908 Arcade – Amoedo (Soutomaior)” (D09/0075) 451,18 0210-64/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 156,16 0210-65/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 89,85 0210-66/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 46,38 0210-67/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 41,95 0210-68/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 65,85 0210-69/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 375,81 0210-70/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 183,00 0210-71/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 65,22 0210-72/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 162,89 0210-73/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 66,21 0210-74/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 62,34 0210-75/2011 18/03/2011 “Beirarrúas, servizos e alumeado na E.P. 8503 Cordeiro – Senín (Valga)” (D08/0055) 70,33 0210-18/2011 18/03/2011 “Instalación de sistema de eliminación de humidades e condensacións no pavillón de deportes no Rosal” (D09/0086) 93,83 0299-53/2011 12/04/2011 “Ampliación do pavillón de deportes para a construción dun ximnasio (O Rosal)” (D09/0087) 124,00 0219-21/2011 22/03/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 794,56 0219-22/2011 22/03/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 61,36 0219-23/2011 22/03/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 221,59 0219-24/2011 22/03/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 58,12 0219-25/2011 22/03/2011 “Mellora zona Magdalena e variante Igrexa na E.P. 2503 Cerquido – Ribadelouro (Tui)” (D09/0100) 137,19 0843-11/2010 30/06/2010 “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados” (D07/0002) 148,96 1558/2010 27/12/2010 “Reforma e ampliación da Confraría de Pescadores de Cambados” (D07/0002) 294,67 0298-01/2011 11/04/2011 “Mellora seguridade viaria e dotación servizos no antigo acceso a Crecente, EP5005 (Crecente)” (D08/0059) 300,06 0298-03/2011 11/04/2011 “Pavimentación glorieta Avda da Ponte, A Illa de Arousa – E.p. 9801 Ponte-Laxes (A Illa de Arousa)” (D10/0004) 36,50 0298-04/2011 11/04/2011 “Dotación de beirarrúas e recollida de pluviais na E.P. 9508 (Meis)” (D10/0005) 261,58 0298-05/2011 11/04/2011 “Dotación de beirarrúas e recollida de pluviais na E.P. 9508 (Meis)” (D10/0005) 202,98 0298-06/2011 11/04/2011 “Dotación de beirarrúas e recollida de pluviais na E.P. 9508 (Meis)” (D10/0005) 476,48 0298-07/2011 11/04/2011 “Dotación de beirarrúas e recollida de pluviais na E.P. 9508 (Meis)” (D10/0005) 220,17 0298-08/2011 11/04/2011 “Pavimentación en camiños municipais nas parroquias de András, Baión e Tremoedo (Vilanova de Arousa)” (PID/09/00928/2009002682) 170,95 0298-09/2011 11/04/2011 “Pavimentación de vías municipais nas parroquias de Caleiro, San Miguel y Vilanova (Vilanova de Arousa)” (PID/09/00928/2009002687) 347,65 0298-10/2011 11/04/2011 “Conclusión, mellora e reposición de servizos E.P. 5106 Covelo – Barciademera, pk 0+600 (Covelo)” (D08/0062) 338,49 0298-11/2011 11/04/2011 “Conclusión, mellora e reposición de servizos E.P. 5106 Covelo – Barciademera, pk 0+600 (Covelo)” (D08/0062) 423,50 0298-12/2011 11/04/2011 “Conclusión, mellora e reposición de servizos E.P. 5106 Covelo – Barciademera, pk 0+600 (Covelo)” (D08/0062) 253,96 0298-13/2011 11/04/2011 “Mellora da seguridade viaria E.P. 9508 Lois – A Goulla (Tramo As Portelas – A Goulla) Meis” (D10/0024) 200,84 0298-14/2011 11/04/2011 “Mellora da seguridade viaria E.P. 9508 Lois – A Goulla (Tramo As Portelas – A Goulla) Meis” (D10/0024) 115,92 0298-15/2011 11/04/2011 “Mellora da seguridade viaria E.P. 9508 Lois – A Goulla (Tramo As Portelas – A Goulla) Meis” (D10/0024) 383,43 0298-16/2011 11/04/2011 “Mellora da seguridade viaria E.P. 9508 Lois – A Goulla (Tramo As Portelas – A Goulla) Meis” (D10/0024) 172,63 0298-17/2011 11/04/2011 “Mellora da seguridade viaria E.P. 9508 Lois – A Goulla (Tramo As Portelas – A Goulla) Meis” (D10/0024) 87,28 0298-18/2011 11/04/2011 “Modificado á separata de acondicionamento en edificación como centro multiusos casa da cultura” (PID/09/00971/2009002252) 24,81 0298-19/2011 11/04/2011 “Obras e urbanización en Portas e Lantaño (Portas)” (PID/09/00922/2009002712) 375,75 0298-20/2011 11/04/2011 “Depósito regulador en Sequeiros e mellora da captación en Carrasqueira (As Neves)” (PID/09/00982/2009002661) 86,07 0298-21/2011 11/04/2011 “Local centro cultural en A Roca, Pontecaldelas” (PID/09/00901/2009002387) 79,47 0298-22/2011 11/04/2011 “Mellora rede viaria Anceu, Caritel e Forzáns, Pontecaldelas” (PID/09/00901/2009002389) 559,24 0298-23/2011 11/04/2011 “Acondicionamento de local para centro cultural en Forzáns, Ponte Caldelas” (PID/09/00901/2009002386) 501,11 0298-24/2011 11/04/2011 “Saneamento nos lugares de Fontenlo, Cimadevila e Socastro (Valga)” (PID/09/00992/2009002419) 66,93 1557-14/2010 27/12/2010 “Saneamento en Foxos e pavimentación de diversos camiños (Cambados)” (PID/09/00608/2009002445) 315,33 1557-10/2010 27/12/2010 “Construción de Auditorio Municipal (Agolada)” (PID/09/00929/2009002564) 131,29 1561-24/2010 27/12/2010 “Saneamento en Barreiro – Peroleira – Piñeiro, Peiteiros (Gondomar)” (PID/09/00920/2009002761) 156,04 1348/2009 14/09/2009 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 5.233,37 0826-1/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 315,93 0826-2/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 572,03 0826-3/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 225,51 0826-4/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 152,89 0826-5/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 376,74 0826-6/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 519,51 0826-7/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 63,90 0826-8/2010 29/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 238,03 0843-1/2010 30/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 216,04 0843-8/2010 30/06/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 17,93 0999/2010 31/07/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 1.803,07 1560-3/2010 29/12/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 3.690,90 1560-4/2010 29/12/2010 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 2.454,65 0304-02/2011 15/04/2011 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 3.790,19 0304-03/2011 15/04/2011 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 448,99 0419-01/2011 25/05/2011 “Construción campo de fútbol de Pasarón (Pontevedra)” (D05/0734) 2.247,51 SUMA TOTAL 57.349,53 21.19305.- RENUNCIA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL COMO MEMBRO DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO PONTEVEDRA CLUB DE FÚTBOL, S.A.D. De conformidad con lo establecido en el RD 1251/1999 de 16 de julio el Pontevedra Club de Fútbol se convirtió en Sociedad Anónima Deportiva, requiriendo apoyo de las Instituciones Locales y Provinciales, así como de la masa social y el tejido empresarial para suscribir las oportunas acciones. La Junta de Gobierno de esta Institución, considerando la trayectoria histórica de éste Club de Fútbol y su significado no sólo para la ciudad de Pontevedra sino también para toda la Provincia, acordó, en sesión celebrada el día 19 de xaneiro de 2007, facultar a la Presidencia para que, caso de no completarse el capital social por el sector privado, esta Institución colaborase en la transformación del club en Sociedad Anónima Deportiva con una aportación de 100.000,00 euros. Así mismo la facultó para suscribir cuantos documentos fueran necesarios para la adquisición de estas acciones. Por otra parte el Pleno Corporativo, en sesión celebrada el 28 de marzo de 2007, prestó aprobación a un expediente de modificación de créditos destinando 100.000,00 euros para la compra de estas acciones. En cumplimiento de estos acuerdos la Junta de Gobierno, en sesión celebrada el día 20 de abril de 2007, ratificó la compra efectuada por el Presidente de 2.000 acciones con un valor nominal de 50.000,00 euros cada una por un importe total de 100.000,00 euros, constando así en el número de registro de la Entidad numeradas de la 30823 a la 32822. Como consecuencia de esta colaboración Don Rafael Louzán Abal, fue nombrado consejero del Pontevedra Club de Fútbol por acuerdo de la Junta General Extraordinaria de Accionistas celebrada el 19 de noviembre de 2008 acuerdo elevado a escritura pública de fecha 28 de noviembre de 2008 ante el Notario de Sanxenxo D. Jorge Eduardo Dacunha Rivas. Posteriormente, con fecha 16 de diciembre de 2010 se rectificó esta escritura especificándose que D. Rafael Louzán Abal ostenta el cargo en representación de la Diputación y no a título particular. Ahora bien, teniendo en cuenta que como consecuencia de las Elecciones Locales celebradas el día 22 del pasado mes de mayo, se va a proceder a la elección de una nueva corporación provincial, la Junta de Gobierno acuerda renunciar al cargo de Consejera del Pontevedra Club de Fútbol S.A.D. para que fue nombrada en virtud de acuerdo de la Junta de Accionistas y según consta en escritura pública de fecha 16 de diciembre de 2010 otorgada ante el Notario de Sanxenxo D. Jorge Eduardo Dacunha Rivas. 22.19306.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición