ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/05/18_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-05-18_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/05/18_Ordinaria

  • Data(s) 2012-05-18 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día dezaoito de maio do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Arturo Grandal Vaqueiro. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20017.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 11 de maio de 2012. 2.20018.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL EN MONTE CARRASCO (MARCÓN-PONTEVEDRA) A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 23/12/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Campo de fútbol de herba artificial en Monte Carrasco (Marcón-Pontevedra)”, con orzamento de 422.608,37 €, máis a cantidade de 76.069,60 € correspondentes ó IVE, o que fai un importe total de 498.678,48 €. No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 248, de data 28/12/2011, publicouse a convocatoria da licitación deste procedemento aberto, rectificándose no BOP nº 18 de 26/01/2012. Constituíuse a Mesa de Contratación como asistencia ó órgano de contratación, con data 10/02/2012, e procedeuse, a continuación, á cualificación da documentación xeral (Sobre “A”). Este mesmo órgano, en acto público, celebrado o día 13/02/2012, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Posteriormente, a Mesa, en sesión celebrada o día 14/05/2012, reúnese co obxecto de dar a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e proceder á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Tras valorar as propostas dos licitadores, atendendo ós criterios de adxudicación sinalados no prego, daqueles, que non foron declarados desproporcionadas ou anormais clasificáronse por orde decrecente en función da puntuación obtida, tal e como se establece a continuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 38,25 43,24 81,49 UTE XESTION AMBIENTAL DE CONTRATAS, S.L.-CONCIFA, S.A. 32,49 48,00 80,49 JESUS MARTINEZ ALVAREZ, S.A. 31,16 48,11 79,27 EXTRACO, S.A. 30,80 47,85 78,65 MOVEX VIAL, S.L. 31,52 46,84 78,36 UTE CALFENSA PROYECTOS, S.L.-ASOGAL, S.L. 32,82 43,00 75,82 NAROM, S.L. 31,84 43,87 75,71 UTE SARDALLA ESPAÑOLA, S.A.-CANALIZACIONES Y CONSTRUC-CIONES SALNES, S.L. 30,95 44,71 75,66 CONSTRUCCIONES ANGEL JOVE, S.A.U. 30,50 45,01 75,51 MONDO IBERICA, S.A. 31,10 43,07 74,17 UTE OBRAS Y VIALES DE GALI-CIA, S.L.-GABRAT, S.L. 30,36 37,22 67,58 COPCISA, S.A. 30,65 36,65 67,30 ELSAMEX, S.A. 31,66 32,73 64,39 MARCONSA GRUPO EMPRESA-RIAL, S.L. 33,77 29,63 63,40 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 32,19 28,20 60,39 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 32,28 26,52 58,80 ARIAS HERMANOS, S.A. 30,76 25,63 56,39 A empresa Construcciones E.C. Casas, S.L., que obtivo a maior puntuación, atendendo ó requirimento formulado mediante resolución n.º 5946/12, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pagamento n.º 201200034631, de data 16/05/2012, procedendo, así mesmo, a ingresar na Tesourería da Deputación a suma de 96,10 € correspondente á publicación da licitación no BOP. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa Construcciones E.C. Casas, S.L. (CIF:B-36147429) o contrato para a execución da obra “Campo de fútbol de herba artificial en Monte Carrasco (Marcón-Pontevedra)” conforme ó seguinte detalle: Importe, sen IVE 358.372,33 € IVE 64.507,02 € Importe total 422.879,35 € Prazo de execución Mes e medio Melloras ofertadas 141.081,15 € Porcentaxe de control de calidade 3,00 % Dito importe librarase no seu día da seguinte forma: Anualidade Aplicación Orzamentaria Importe 2011 12/922.342-658.00.2011 422.879,35 € 3.20019.- REVISIÓN DE PREZOS DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A. PARA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL DA ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN, DA FINCA AREEIRO E DO SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o día 23 de setembro de 2009, adxudicou o contrato para a prestación do servizo de limpeza no Pazo Provincial, antiga sede de Educación e Finca Areeiro, á empresa Claro Sol, S.A. (CIF:A-36615763), polo prezo anual ofertado de 267.596,60 €, a razón de 22.299,71 euros/mes. Resultando que o contrato coa empresa Claro Sol, S.A., como adxudicataria do Servizo de Limpeza do Pazo Provincial, da Antiga Sede de Educación e da Finca Areeiro de Pontevedra formalizouse o día 30 de setembro de 2009, e neste estableceuse unha duración de dous anos a contar dende o día 1 de outubro de 2009. Resultando que a Xunta de Goberno nas sesións ordinarias que tiveron lugar os días 12 de xaneiro de 2011 e 16 de marzo de 2011, acordou sendas modificacións deste contrato que supuxeron incrementos das superficies a limpar, no primeiro caso ampliouse a limpeza do Pazo Provincial á zona de Presidencia, Secretaría, Sala de Xuntas e Comisións, Sala de Prensa e outras zonas do Pazo Provincial e no segundo caso ampliouse na limpeza do novo edificio onde se sitúan as instalacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. Así mesmo este contrato foi obxecto dunha revisión de prezos aprobada pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 8 de xuño de 2011, quedando os prezos actualizados da seguinte forma: Desagregación (Mensual) Importe Sen IVE Incremento Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 10.856,57 € 161,70 € 11.018,27 € 1.983,29 € 13.001,56 € Limpeza antiga sede Educación 7.053,47 € 126,26 € 7.179,73 € 1.292,35 € 8.472,08 € Limpeza Finca Areeiro 3.137,15 € 56,16 € 3.193,31 € 574,80 € 3.768,11 € Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.608,65 € ------------- -------------- 469,56 € 3.078,21 € Resultando que a Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de setembro de 2011 acordou prorrogar por un ano a duración do contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A., (CIF.-A-36615763), para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, antiga sede de Educación, Finca Areeiro e Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, con efectos dende o día 1 de outubro de 2011 ó 30 de setembro de 2012, ambos os dous incluídos e de acordo ós seguintes prezos mensuais: Desagregación (Mensual) Importe Sen IVE IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 11.018,27 € 1.983,29 € 13.001,56 € Limpeza antiga sede Educación 7.179,73 € 1.292,35 € 8.472,08 € Limpeza Finca Areeiro 3.193,31 € 574,80 € 3.768,11 € Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.608,65 € 469,56 € 3.078,21 € Resultando que na cláusula quinta do contrato formalizado con data 30 de setembro de 2009 e posterior modificación formalizado o 7 de abril de 2011, figura que o prezo do contrato se actualizará anualmente de acordo coa variación que experimente o Índice de Prezos ó Consumo (IPC), fixado polo organismo competente, previa solicitude xustificada formulada polo contratista. Resultando que D. Enrique Velasco San Román, en calidade de apoderado da entidade mercantil Claro Sol, S.A., mediante escritos de datas 16 de xaneiro de 2012 e 16 de abril de 2012, solicita unha actualización do prezo do contrato sobre a base do seguinte detalle: • Para o servizo de limpeza das instalacións do Pazo Provincial, Antiga sede de Educación e Finca Areeiro un 2,635% de acordo ó índice de prezos ó consumo (IPC) correspondente ó período outubro de 2010 a outubro de 2011. • Para o servizo de limpeza das instalacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico un 1,62%. Resultando que polo Servizo de Contratación, sobre a base das normas establecidas polo Instituto Nacional de Estatística, se propón que o índice de prezos a utilizar sexa o seguinte: • Para a revisión de prezos do servizo de limpeza das instalacións do Pazo Provincial, Antiga sede de Educación e Finca Areeiro, tómase como referencia o período setembro de 2010 a setembro de 2011, cuxa porcentaxe de variación supón un 3,1%. • Para o servizo de limpeza das instalacións do servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, tómase como referencia o período marzo de 2011 a marzo de 2012, cuxa porcentaxe de variación supón un 1,9%, de variación, ó ter efectos a modificación do contrato con data 1 de abril de 2011. Resultando que ó aplicar a revisión de prezos cos incrementos do 3,1% e do 1,9% (O 85% do 3,1% correspondente ó servizo de limpeza das instalacións do Pazo Provincial, Antiga sede de Educación e Finca Areeiro equivale ó 2,64% e o 85% do 1,9% correspondente ó servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico equivale ó 1,62% ), a cuantificación do contrato sería da seguinte forma: Desagregación (Mensual) Importe Sen IVE Incre-mento Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 11.018,27 € 290,88 € 11.309,15 € 2.035,65 € 13.344,80 € Limpeza antiga sede Educación 7.179,73 € 189,54 € 7.369,27 € 1.326,47 € 8.695,74 € Limpeza Finca Areeiro 3.193,31 € 84,30 € 3.277,61 € 589,97 € 3.867,58 € Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.608,65 € 42,26 € 2.650,91 € 477,16 € 3.128,07 € Atrasos Importe IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial (outubro 2011 a maio de 2012) 2.327,04 € 418,87 € 2.745,91€ Limpeza antiga sede Educación (outubro 2011 a maio de 2012) 1.516,32 € 272,94 € 1.789,26 € Limpeza Finca Areeiro (outubro 2011 a maio de 2012) 674,40 € 121,39 € 795,79 € Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico (abril de 2012 a maio 2012) 84,52 € 15,21 € 99,73 € Centro Atrasos Incremento (xuño-setembro) Total Limpeza Pazo Provincial 2.745,91€ 1.372,95 € 4.118,86 € Limpeza antiga sede Educación 1.789,26 € 894,63 € 2.683,89 € Limpeza Finca Areeiro 795,79€ 397,90 € 1.193.69 € Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico 99,73€ 199,47 € 299,20 € Resultando que polo Servizo de Intervención se expediron os seguintes documentos contables “Rc”: Aplicación Centro Documento Rc Total 12/920.920.227.00 Limpeza Pazo Provincial 201200034564 6.802.75 € Limpeza antiga sede Educación Aplicación Centro Documento Rc Total 12/413.413.227.00 Limpeza Finca Areeiro 201200034565 1.193.69 € Aplicación Centro Documento Rc Total 12/332.332.227.00 Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico 201200034566 299,20 € Resultando que con data 15 de maio de 2012 se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a Xunta de Goberno é o órgano de contratación que adxudicou este contrato e o que ten competencia para efectuar a revisión de prezos deste. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Acceder á revisión de prezos do contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A., (CIF.-A-36615763) para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, da antiga sede de Educación e da Finca Areeiro de Pontevedra, incrementando o importe deste na cantidade global de 8.295,64 €, IVE incluído: O novo prezo do contrato, unha vez incluído este incremento queda da seguinte forma: -Prezo do contrato revisado (Importe anual) sen IVE 295.283,22 € -IVE (18%) 53.150,98 € -Prezo anual revisado IVE incluído 348.434,20 € -Prezo do contrato revisado (Importe mensual) sen IVE 24.606,94 € -IVE (18%) 4.429,25 € -Prezo mensual revisado IVE incluído 29.036,19 € Desagregación (Mensual) Importe Sen IVE Incre-mento Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 11.018,27 € 290,88 € 11.309,15 € 2.035,65 € 13.344,80 € Limpeza antiga sede Educación 7.179,73 € 189,54 € 7.369,27 € 1.326,47 € 8.695,74 € Limpeza Finca Areeiro 3.193,31 € 84,30 € 3.277,61 € 589,97 € 3.867,58 € Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.608,65 € 42,26 € 2.650,91 € 477,16 € 3.128,07 € 2.- Autorízase o gasto ata o importe máximo de 8.295,64 €, en concepto de incremento do contrato durante a vixencia do mesmo, imputando o gasto relativo á limpeza no Pazo Provincial e antiga sede de Educación ata o importe de 6.802,75 € á aplicación orzamentaria 12/920.920.227.00, o gasto por importe de 1.193,69 € relativo á limpeza da Finca Areeiro á aplicación orzamentaria 12/413.413.227.00, e o gasto por importe de 299,20 € relativo á limpeza do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico á aplicación 12/332.332.227.00, todas estas con cargo ó orzamento prorrogado do 2011 ó 2012. 3.- Para o pagamento das obrigas derivadas desta revisión de prezos e tendo en conta que este contrato sufriu modificacións aprobadas pola Xunta de Goberno nas sesións celebradas os días 12 de xaneiro e 16 de marzo de 2011, teranse en conta os seguintes aspectos: - O pagamento dos atrasos relativos á limpeza do Pazo Provincial (meses de outubro de 2011 a maio de 2012), efectuarase contra a presentación da correspondente factura por importe global de 2.745,91 €, IVE incluído. - O pagamento dos atrasos relativos á limpeza da Finca Areeiro (meses de outubro de 2011 a maio de 2012), efectuarase contra a presentación da correspondente factura por importe global de 795,79 €, IVE incluído. - O pagamento dos atrasos relativos á limpeza da antiga sede de Educación (meses de outubro de 2011 a maio de 2012), efectuarase contra a presentación da correspondente factura por importe global de 1.789,26 €, IVE incluído. - O pagamento dos atrasos relativos á limpeza da sede do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (meses de abril de 2012 a maio de 2012), efectuarase contra a presentación da correspondente factura por importe global de 99,73 €, IVE incluído. Os importes a facturar a partir do mes de xuño de 2012 serán os seguintes: Desagregación (Mensual) Prezo Revisado IVE (18%) Total Limpeza Pazo Provincial 11.309,15 € 2.035,65 € 13.344,80 € Limpeza antiga sede Educación 7.369,27 € 1.326,47 € 8.695,74 € Limpeza Finca Areeiro 3.277,61 € 589,97 € 3.867,58 € Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.650,91 € 477,16 € 3.128,07 € 4.20020.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) Á empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF B- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de nove mil sesenta e seis euros con trinta e cinco céntimos (9.066,35 €), para responder do contrato relativo ás obras de: Urbanización en Portas e Lantaño (Portas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000057890, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de tres mil novecentos corenta e un euros con cincuenta céntimos (3.941,50 €), para responder do contrato relativo á obra: Complementario para acondicionamento e melloras a realizar no Mirador de Cotorredondo (Vilaboa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2005, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200500073052, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de seis mil cento noventa e tres euros con trinta e tres céntimos (6.193,33€), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento en Picoña, Outeiro e Parderrubias (Salceda de Caselas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000081448, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Eiriña, empresa constructora, S.L. Á empresa Eiriña, empresa constructora, S.L. (CIF B- 36.005.411), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil cincocentos dezanove euros con trinta e dous céntimos (3.519,32 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación Rúa Tollo en Goián (Tomiño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000110305, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de nove mil cincocentos noventa e seis euros con corenta e un céntimos (9.596,41 €), para responder do contrato relativo á obra: Urbanización Rúa da Cal- Fase II (A Guarda), que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000082084, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de seis mil oitocentos setenta e catro euros con dezasete céntimos (6.874,17 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación rúas do Concello da Guarda (A Guarda), que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000082085, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. Á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. (CIF B- 36.329.910), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banesto, por importe de dous mil cincocentos dez euros con corenta e catro céntimos (2.510,44€), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento en rúas Novo Núñez, Camiño dos Acevedos e Toxa (Pontecesures), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000094546, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil cincocentos trinta e nove euros con oitenta e sete céntimos (2.539,87 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento da pista e da Fonte da Fontaíña (Pontecesures), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000105406, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil catrocentos cincuenta e cinco euros con oitenta e sete céntimos (3.455,87 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento e abastecemento na Rúa Patifas e na Rúa Otero Acevedo (Pontecesures), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000105407, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. Á empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil cincocentos corenta e oito euros con setenta e seis céntimos (4.548,76 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación de camiños en Entienza (Salceda de Caselas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000079812, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Vence Vázquez, S.L. Á empresa Construcciones Vence Vázquez, S.L. (CIF B- 36.201.770), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil catrocentos catorce euros con cincuenta e cinco céntimos (8.414,55 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación camiños de Paredes-Alceme e Carboentes-Barregallos (Rodeiro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000078809, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa López Soutiño Construcciones, S.L. Á empresa López Soutiño Construcciones, S.L. (CIF B- 36.231.041), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil trescentos dez euros con noventa e cinco céntimos (4.310,95€), para responder do contrato relativo á obra: Construción de vestiarios no campo de fútbol municipal de Agolada, que foi depositada na Tesourería Provincial o 6/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000027967, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.20021.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20022.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 16 de maio de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000609 e que contén catorce facturas, a primeiro de Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 405,76 €, e a derradeira Distribuciones Froiz, S.A., por importe de 8.841,36 € obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 14.276,73 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 14.276,73 € 7.20023.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA PARA O APOIO ECONÓMICO ÁS ACTIVIDADES DO ANO 2012 Dada conta da proposta de convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Semana Verde de Galicia, CIF núm. G36155208, para financiar e dar un apoio económico ás actividades da Fundación do ano 2012. Vistos os informes da xefa do Servizo de Medio Natural do 7/05/2012, da Secretaría Xeral do 7/05/2012; e da Intervención do 14/05/2012; e vistos o documento R.C. núm. 201200033983 e a restante documentación que obra no expediente. Considerando o disposto nas bases de execución do vixente orzamento da Deputación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Fundación Semana Verde de Galicia, CIF núm. G36155208, para dar apoio económico ás actividades da Fundación no ano 2012, por importe de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), que se librarán no seu día con cargo á aplicación orzamentaria 12/410.419.489.02, RC núm. de Operación 201200033983, do vixente orzamento provincial. Así mesmo, facúltase ó presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA PARA O APOIO ECONÓMICO AS ACTIVIDADES DO ANO 2012 En Pontevedra, a de maio de 2012 REUNIDOS Dunha parte, D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación de Pontevedra, facultado para a formalización deste convenio en virtude do seu cargo, e de acordo coas competencias que lle outorga o artigo 34.1b da Lei 7/85 do 2 de abril, das Bases de Réxime Local, e Por outra parte, D. Alfonso Rueda Valenzuela, Presidente do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, actuando no seu nome e representación, ó amparo das facultades que para vincularse neste acto se lle confiren no artigo 13 dos Estatutos da Fundación, e segundo o acordado na reunión do Padroado do 28 de agosto de 2008, nos termos e condicións atribuídas polo Padroado. INTERVEÑEN Ámbalas partes, no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos deste documento EXPOÑEN PRIMEIRO.- A Fundación Semana Verde de Galicia é unha organización de natureza fundacional participada maioritariamente pola Xunta de Galicia, de interese galego, constituída sen ánimo de lucro, estando afectado o seu patrimonio á realización dos seus fins de interese xeral propios da institución. Entre os seus fins fundacionais está o de contribuír ó desenvolvemento do sector agrario galego a través de actividades feirais e mercados agropecuarios, promover a cooperación público-privada no desenvolvemento de actividades feirais e promocionais no eido agrario, alimentario, industrial e comercial co obxecto de impulsar a mellora continua dos devanditos sectores, reforzar a posición estratéxica de Galicia como plataforma feiral e impulsar e promocionar o Recinto Feiral de Galicia en Silleda como enclave estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia. SEGUNDO.- Nos últimos tempos, a Fundación Semana Verde de Galicia veu sufrindo diversos problemas financeiros derivados do alto custe de construción e mantemento do seu recinto, dunha xestión non profesionalizada de todo e das dificultades engadidas dos problemas e crises de distintos sectores e da economía xeral. TERCEIRO.- Recentemente, con motivo da plena profesionalización da xestión da entidade, a Fundación Semana Verde de Galicia aprobou un Plan de Viabilidade e un Plan Estratéxico que puxeron de relevo a grave situación económica pola que atravesa e que ameaza a súa subsistencia, os postos de traballo que xera e, incluso, o cumprimento dos seus fins. CUARTO.- A Fundación Semana Verde de Galicia é unha institución fundamental para a provincia de Pontevedra, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Terra de Montes, para os sectores tan importantes e estratéxicos como son os agrarios, gandeiro, forestal e agroindustrial, e sobre todo, para Galicia. O seu correcto funcionamento e a súa viabilidade é clave para que a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia poidan desenvolver distintos plans e indicativas fundamentais que teñen previstas para o desenvolvemento e a ocupación nos sectores anteditos e na propia provincia de Pontevedra. A tal fin, as partes asinan o presente convenio segundo as seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXECTO O obxecto do presente convenio será regular a achega económica que a Deputación de Pontevedra concederá a Fundación Semana Verde de Galicia como unha colaboración económica á súa actividade no ano 2012, dado o papel estratéxico que a Fundación desempeña para Galicia en xeral, e para a Provincia de Pontevedra en particular, co fin de contribuír e apoiar as actividades e accións que esta organiza e xestiona, e axudar a minorar a delicada situación de tesourería que de forma puntual se está atravesando nestes intres. SEGUNDA.- CONTÍA DA AXUDA A Deputación de Pontevedra contribuirá para o presente ano 2012 cunha achega económica a actividade por contía de cento cincuenta mil euros (150.000,00 €), con cargo á aplicación 12/410.419.489.02 do vixente Orzamento da Deputación de Pontevedra para ano 2012. TERCEIRA.- DURACIÓN O presente convenio estenderá a súa vixencia durante o ano 2012, polo que o financiamento da Deputación servirá para apoiar economicamente as accións desenvolvidas pola Fundación durante o presente ano. Non se prevé a posibilidade de prórroga. CUARTA.- PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN Unha vez aprobada a achega económica polo órgano competente da Deputación de Pontevedra e asinado o convenio polas partes, a Fundación Semana Verde de Galicia deberá solicitar o aboamento da axuda por escrito, e acompañar un certificado acreditativo da toma de razón na súa contabilidade do importe da subvención, no prazo máximo de 30 días naturais a contar dende a data da sinatura do presente convenio. Posteriormente, e antes do 31 de marzo de 2013, a Fundación deberá remitir unha memoria das actuacións executadas no ano 2012 e a correspondente conta de resultados. QUINTA.- PUBLICIDADE DO FINANCIAMENTO A Fundación Semana Verde de Galicia comprométese a difundir o financiamento das súas actividades pola Deputación de Pontevedra en calquera publicidade que se faga. SEXTA.- PARTICIPACIÓN EN FEIRA A Fundación Semana Verde de Galicia porá a disposición da Deputación un espazo expositivo, nun lugar preferente a concretar entre as partes, no caso de que a Deputación de Pontevedra participe na súa edición da feira do ano 2012. SEPTIMA.- MODIFICACIÓN DAS CONDICIÓNS A alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. OITAVA.- RESCICIÓN O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindir o Convenio, quedando automaticamente anulados todos os dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. NOVENA.- LEXISLACIÓN SUPLETORIA Para o non previsto no presente convenio contemplase o establecido nas Bases de Execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, de 18/11/2003), no seu Regulamento (BOE núm. 176, de 25/07/2006), na Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e nas demais disposicións vixentes que resulten de aplicación. E en proba de conformidade, asinan o presente convenio, por triplicado exemplar, no lugar e data arriba indicados. O Presidente da Deputación de Pontevedra, O Presidente do Padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Asdo.: Rafael Louzán Abal Asdo.: Alfonso Rueda Valenzuela” 8.20024.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición