ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.395
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2012/07/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/3.2012-07-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/07/13_Ordinaria

  • Data(s) 2012-07-13 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día trece de xullo do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago e D. Severino Reguera Varela. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20122.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 6 xullo do ano 2012. 2.20123.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS 2012 – PRIMEIRO GRUPO A Deputación de Pontevedra promove para o ano 2012 o Programa Diúrno de Balnearios co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas a partires de 50 anos, pensionista ou necesitadas dun respiro familiar, cunha dotación económica de 192.500,00 € e unha oferta de 5.500 prazas, mediante a cobertura dos desprazamentos ida e volta ós Balnearios, Thalasos ou Spas escollidos polos usuarios, en xornadas de tardes (de Luns a Venres); polo que remitido o primeiro grupo de solicitudes á intervención para a súa fiscalización, e a á vista do informe emitido polo Sr. Interventor o 9 de xullo de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder as subvencións do Programa Diúrno de Balnearios, Primeiro Grupo, polo importe de 40.915,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12/230.230.227.07. PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS AÑO 2012 - CONCELLOS ADHERIDOS CONCELLO ADHESIÓN Nº PARTICIPANTES GASTO € AGOLADA SI 5 175,00 € BARRO SI 28 980,00 € CALDAS DE REIS SI 26 910,00 € CAMBADOS SI 29 1.015,00 € CANGAS SI 34 1.190,00 € CATOIRA SI 24 840,00 € COTOBADE SI 19 665,00 € COVELO SI 40 1.400,00 € CUNTIS SI 2 70,00 € A ESTRADA SI 223 7.805,00 € FORNELO DE MONTES SI 30 1.050,00 € MARÍN SI 100 3.500,00 € MEAÑO SI 55 1.925,00 € MEIS SI 79 2.765,00 € MOAÑA SI 48 1.680,00 € MORAÑA SI 19 665,00 € NIGRÁN SI 30 1.050,00 € PONTECALDELAS SI 53 1.855,00 € PONTECESURES SI 12 420,00 € PORRIÑO SI 140 4.900,00 € O ROSAL SI 25 875,00 € SALCEDA DE CASELAS SI 30 1.050,00 € SILLEDA SI 40 1.400,00 € SOUTOMAIOR SI 39 1.365,00 € VALGA SI 39 1.365,00 € TOTALES 1.169 40.915,00 € 3.20124.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A. (C.O.V.S.A.) Á empresa Construcións, Obras e Viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A- 36.008.886), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de dous mil cincocentos vinte e catro euros con oitenta e seis céntimos (2.524,86 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de viais na parroquia de Paramos (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000030569, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de HCC Europe, por importe de catro mil catrocentos oitenta e seis euros con dezasete céntimos (4.486,17 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de viais na parroquia de Guillarei (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 03/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000046499, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Electromontaxes Fernando, S.L. Á empresa Electromontaxes Fernando, S.L. (CIF B- 36.522.993), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de dous mil seiscentos setenta e oito euros con corenta e oito céntimos (2.678,48 €), para responder do contrato relativo á obra: Iluminación campo de fútbol de Agolada (Agolada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100027279, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Servicio de Automatismo del Metal, S.L.U. Á empresa Servicio de Automatismo del Metal, S.L.U. (CIF B- 36.336.154), mediante escritos presentados perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Novagalicia Banco, por importe de seis mil trescentos noventa e seis euros con vinte céntimos (6.396,20 €), para responder do contrato relativo á obra: Dotación de alumeado no campo de fútbol de Fragoselo-Coruxo (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100001204, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de tres mil noventa e sete euros con vinte e cinco céntimos (3.097,25 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de saneamento na E.P. 9701 en Baión-András (Vilanova de Arousa), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100033246, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Hidromiño, S.L. Á empresa Hidromiño, S.L. (CIF B- 36.440.196), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil trescentos un euros con trinta e nove céntimos (4.301,39 €), para responder do contrato relativo á obra: Remate de mellora de servizos E.P. 3001 Tui-Rebordáns, PK. 0+000 a 1+700 (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000105760, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. Á empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF A- 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de tres mil setecentos noventa euros con quince céntimos (3.790,15 €), para responder do contrato relativo á obra: Reposición de beirarrúas e pavimento en E.P. 2003 Coruxo-Canido, tramo I (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100019766, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Luís Taboada, S.L. Á empresa Luís Taboada, S.L. (CIF B- 36.278.471), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil catrocentos oitenta e dous euros con setenta e seis céntimos (2.482,76 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento do Local Social de Cumeiro (Vila de Cruces), que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000054426, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. Á empresa Construcciones Abal, S.A. (CIF A- 36.115.459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de trece mil tres euros con catorce céntimos (13.003,14 €), para responder do contrato relativo á obra: Construción de Tanatorio en Ribadumia, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000094515, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Montajes J.M. Iglesias, S.L. Á empresa Montajes J.M. Iglesias, S.L. (CIF B- 36.130.649), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto dos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de sete mil setecentos sesenta e seis euros con cincuenta e dous céntimos (7.766,52 €), para responder do contrato relativo a: Humanización Avda. do Concello (A Lama), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000051518, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.20125.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE O COVELO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA 2012000108, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN ACCESO QUINTEIRO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Resultando que a Xunta de Goberno desta Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 10 de febreiro de 2010, (acordo núm. 29.17738) concedeu o Concello de Covelo e, polo procedemento de concorrencia competitiva, unha axuda económica por importe de 70.800,00 euros con destino ó financiamento do investimento núm. 2009002797 “Acceso urbanización Caseiro”. Resultando que unha vez licitada, a obra non foi iniciada por carecer de dispoñibilidade sobre os terreos que a constitúen e non ter previsto a súa disposición nun futuro polo que, a Xunta de Goberno, na sesión celebrada ó día 27 de abril de 2012, procedeu (acordo núm. 4.19979) a revocar o acordo inicial de concesión de subvención e, posteriormente, por resolución presidencial, núm. 7794 de 26 de xuño de 2012, resolveuse o contrato de obra de mutuo acordo coa empresa adxudicataria Construciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF.: B-36052876). Asemade, o Concello de Covelo, con data 19 de abril de 2012, achega un escrito solicitando que o crédito xerando pola baixa do investimento núm. 2009002797 no Plan de Investimentos se aplique á obra núm. 2012000108 “Pavimentación acceso Quinteiro” que importa 69.139,86 €, acreditando que se certifica a autorización deste cambio polo órgano competente do Concello, xustificase o interese público que fai máis adecuado para a entidade local o novo investimento, non se prexudican dereitos de terceiros e non se incrementa o importe global da axuda que lle corresponde no PID/09-11-concorrencia competitiva. En atención ó exposto, á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención e a tramitación do correspondente procedemento de contratación e á vista dos conformes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Conceder ó Concello de Covelo, con CIF núm. P-3601300A unha subvención por importe de sesenta e nove mil cento trinta e nove euros con oitenta e seis céntimos (69.139,86€), para a realización do investimento núm. 2012000108 denominado “Pavimentación acceso Quinteiro”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención farase efectiva contra a aplicación 12/942.942.652.45.2010 do vixente orzamento provincial. • Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co establecido no artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.20126.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20127.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CURUXO, C.F. Vista a proposta do Servizo de Deportes e o informe de Secretaría Xeral e Intervención , relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Coruxo F.C. co obxecto de intensificar as relación culturais e deportiva e apoio deportivo a este club, mediante a achega de cen mil euros (100.000,00 €), e con cargo á aplicación orzamentaria 12/340.341.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CORUXO F.C. PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Pontevedra, de de 2012 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, actuando en representación da Deputación de Pontevedra, en virtude do seu cargo de presidente de conformidade co establecido no art.34.1b) da lei 7/85 de 2 de abril. e D. Gustavo Falque Comesaña, en calidade de presidente do Coruxo F.C., con CIF G-36708212 e domicilio social en lugar do Bao-Corujo, s/n, municipio de Vigo. EXPOÑEN A Coruxo F.C. e a Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores máis sinalados. Por todo o exposto anteriormente o Coruxo F.C. e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran que os obxectivos resumidos neste convenio axudan dunha xeito importante e son necesarios para a formación deportiva, cultural e social dos escolares da nosa provincia. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Cultural e Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- O Coruxo F.C., facilitará o acceso gratuíto, mediante a expedición das correspondentes invitacións para asistir os partidos do Coruxo F.C., ós escolares e nenos das Escolas de fútbol da Deputación das categorías de: ALEVÍN, INFANTIL, CADETE E XUVENIL, exceptuando os días de club. 2º.-O Coruxo F.C. estará obrigada o seguinte:  Inserir o logotipo completo da Deputación de Pontevedra na parte posterior superior do número da camiseta do Coruxo C.F.  Inserir o logotipo da Deputación de Pontevedra nos seguintes soportes: o 14 metros de valado no frontal do campo o 12 m. de valado no frontal de tribuna do campo o 12 m. de valado no frontal de marcador no campo o Valo no frontal de vestiarios de 8x3 m. o Valo exterior de 8x3 fronte a Praia do Vao o Valo a pe de campo xunto á zona técnica local de 4x1 m. 3º.- Nos actos e eventos deportivos da Excma. Deputación de Pontevedra, ésta terá o dereito a invitar a xogadores do Coruxo F.C. sempre e cando por motivos técnicos, deportivos ou de dispoñibilidade dos propios xogadores sexa posible. 4º- Establécese a cantidade de cen mil euros (100.000,00€) con cargo á partida 12/340.341.489.02 como contribución da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de extensión cultural e apoio deportivo. 5º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará a citada cantidade de 100.000,00 € unha vez que a Coruxo F.C., e xustifique a contribución con: a.- Fotografías da publicidade inserida no campo de fútbol. b.- Certificación do Club de que a referida publicidade está exposta no campo do Coruxo F.C. c.- Memoria explicativa das actividades culturais-deportivas realizadas cos escolares e nenos das Escolas Deportivas Provinciais. 6º.- A vixencia do presente convenio remata o final da tempada 2011-2012. 7º.-As obrigas recollidas no presente protocolo de convenio de colaboración quedarán suxeitas a Lei 38/03, Xeral de Subvencións, así como o establecido nas bases de execución do Orzamento Provincial e demais disposicións de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia, e en particular da provincia de Pontevedra, fírmase o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O PRESIDENTE CORUXO F.C. Asdo.-Rafael Louzán Abal Asdo.-Gustavo Falque Comesaña” 7.20128.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E AUTOMÓVILES CITROEN ESPAÑA, S.A. PARA A DOTACIÓN DE VEHÍCULOS A INSTITUCIÓNS E ENTIDADES SOCIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO CON FINS ASISTENCIAIS No ano 2008 subscribirase un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, Caixanova e Automóviles Citroën España, S.A. que permitiu a dotación de 80 vehículos a Asociacións sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos, cunha inversión superior ós 2.400.000,00 €. A pesar desta inversión foi tal a demanda de peticionarios que non se puideron atender todas as solicitudes efectuadas. De aí que se considere necesario levar a cabo unha nova acción que permita poder axudar a aqueles demandantes que non puideron ver satisfeitas as súas necesidades naquel intre, e que novamente o soliciten, así como atender novas peticións. O convenio actual, dada a situación de crise económica subscríbese unicamente entre a Deputación provincial e Automóviles Citroën España, S.A. e pretende, ó igual que o anterior, dotar de vehículos a Institucións e Entidades Sociais sen ánimo de lucro, cunha inversión global que ascende a cento oitenta mil euros (180.000,00 €). O financiamento efectuarase do seguinte xeito: Citroen achegará un 38% do prezo do vehículo, equipado franco fábrica, e a cantidade restante será financiada ó 60% pola Deputación e o 40% restante polos beneficiarios. O Sr. Secretario informa favorablemente o proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente nas aplicacións 12/922.231.762.00, 12/922.231.789.02, 12/922.334.789.02 e 12/922.241.789.02 do orzamento provincial. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar dito convenio que é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, E AUTOMOVILES CITRÖEN ESPAÑA, S.A. PARA A DOTACIÓN DE VEHÍCULOS A INSTITUCIÓNS E ENTIDADES SOCIAIS SEN ÁNIMO DE LUCRO, CON FINS ASISTENCIAIS OU DEPORTIVOS. En Pontevedra, a xullo de 2012 REUNIDOS Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Doutra D. Gonzalo Macías Núñez, con DNI 51.088.209B, Delegado Comercial da Zona Norte de Automoviles Citröen-España, S.A., actuando en representación de dita Empresa. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir os acordos, e MANIFESTAN A Deputación de Pontevedra caracterizouse dende a súa creación polo apoio prestado ás asociacións benéficas e entidades deportivas. Desde que a Lei de 20 de xuño de 1849 clarificou e delimitou as funcións entre os distintos estamentos públicos que crearon as Xuntas Nacionais Provinciais e Municipais de beneficencia, esta Institución veu realizando de xeito interrompido, ven de forma directa ou indirecta, a súa colaboración en actividades de carácter benéfico. Son de resaltar as fortes inversións realizadas en axudas a asilos de anciáns, cociñas económicas, centros de acollida, etc… Así mesmo, ven promocionando o deporte base na provincia, colaborando coa totalidade dos concellos para a dotación das infraestruturas necesarias para a práctica deportiva, así como axudando ás asociacións deportivas para que poidan desenvolver a súa actividade, nos distintos eidos, dun xeito eficaz. Citröen-España, S.A. ten implantada na provincia de Pontevedra, dende o ano 1959, a súa factoría que da emprego a unas dez mil persoas e, por conseguinte, está altamente introducida non só na vida económica da provincia, senón tamén no seu entramado social. A presenza da empresa Citröen en Vigo permitiu o desenvolvemento na comarca dun verdadeiro emporio de empresas do sector do automóvil, que provén dos elementos necesarios para fabricar máis de cincocentos mil vehículos ó ano. Ambas Entidades son conscientes de que as limitacións económicas que teñen as Institucións e Entidades Sociais sen ánimo de lucro impiden, moitas veces, prestar os servizos que teñen encomendados dunha forma adecuada á realidade que os tempos actuais esixen. A Deputación ten recibido de forma individual peticións destas asociacións, para que se lles poida dotar de vehículos para o transporte de persoas, deficientes ou non, para o cumprimento dos seus fins. A este fin, no ano 2008 subscribíase un convenio de colaboración que permitiu a dotación de 80 vehículos a asociacións sen ánimo de lucro cunha inversión superior os 2.400.000,00 €. Non obstante, foi tal a demanda de peticionarios que non se puideron atender todas as solicitudes efectuadas. Por iso considérase necesario levar a cabo unha nova acción, que permita poder axudar a aqueles demandantes que non viron satisfeitas as súas necesidades naquel intre e que novamente o soliciten, así como atender novas peticións. Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das entidades comparecentes acordan a subscrición do presente convenio de colaboración, consonte as seguintes CLÁUSULAS Primeira.- O presente convenio ten por obxecto a dotación de vehículos para o transporte de persoas a Institucións e Entidades Sociais sen ánimo de lucro, con fins asistenciais ou deportivos. Segunda.- O financiamento efectuarase do seguinte xeito: Citroen achegará un 38 % do prezo do vehículo franco fábrica segundo o anexo a este convenio. Da cantidade restante a Deputación financiará o 60 % do seu importe e o beneficiario o 40%. A achega da Deputación non superará a cantidade de 180.000,00 €. Terceira.- Automóviles Citröen, S.A. participa no convenio achegando, en forma de desconto, o 38 % sobre o prezo franco fábrica incluído o equipamento para a adquisición dos vehículos das gamas Jumpy e Jumper incluídos no anexo. Os prezos manteranse mentres estea en vigor o convenio, salvo que por situacións derivadas da economía de mercado resulten mais favorables no momento da formalización da compra. Os beneficiarios poderán elixir dentro das distintas gamas dos modelos incluídos no anexo. Os vehículos levarán o logotipo que lles será facilitado pola Deputación de Pontevedra. Para maior facilidade os beneficiarios poderán dirixirse a calquera concesionario de Citröen na provincia de Pontevedra. Cuarta.- - Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra. 1.- A Deputación de Pontevedra participa no convenio financiando a cantidade de cento oitenta mil euros (180.000,00 €) que serán aboados con cargo as aplicacións 12/922.231.762.00, 12/922.231.789.02, 922.334.789.02 e 922.341.789.02 do vixente orzamento provincial. 2.- Como Entidade promotora da iniciativa establecerá o procedemento adecuado para a selección dos posibles beneficiarios, con quen subscribirá de forma individual o oportuno convenio. A selección efectuarase atendendo o tipo de entidade beneficiaria, número de posibles usuarios do vehículo, urxencia na súa adquisición, carácter do servizo que presten, tenencia ou non de vehículos similares e antigüidade dos mesmos, ámbito de actuación, etc. En todo caso terán prioridade aqueles peticionarios que non puideran ser atendidos na anterior convocatoria. A selección efectuarase a través da correspondente comisión. 3.- Efectuar o abono dos vehículos a cada un dos concesionarios elixidos polos beneficiarios, previa a presentación das correspondentes facturas. Quinta.- Beneficiarios: 1.- Poderán ser beneficiarios deste convenio as Institucións e Entidades Sociais sen ánimo de lucro. 2.- Os que resulten beneficiarios deste convenio poderán elixir, no concesionario que consideren oportuno, dentro das gamas dos modelos ofertados por Citroën, aqueles que consideren máis axeitados para as súas necesidades. 3.- Achegarán o 40% do custo final do vehículo efectuado o desconto de Citroen. Así mesmo, serán pola súa conta os gastos de matriculación e adaptacións do vehículo que consideren necesarias realizar para o cumprimento das súas funcións. 4.- Antes de proceder á matriculación do vehículo deberán ingresar o importe que lles corresponda, 40% do custo, na Deputación de Pontevedra, para que esta poida facer fronte ó pago do mesmo ó concesionario. Os gastos de matriculación serán aboados directamente polos beneficiarios o concesionario, así como as adaptacións dos vehículos. 5.- O vehículo será matriculado a nome da asociación beneficiaria. Sexta.- Para o seguimento e control do cumprimento do convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que formen parte un representante de cada unha das partes asinantes do mesmo. Esta comisión reunirase no prazo de tres días a contar da petición expresa realizada por calquera das partes, na sede do Organismo requirido. Sétima.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, R.d. 887/2006 de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, polo Rdl. 2/2004, de 5 de marzo e demais lexislación aplicable. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. Oitava.- O presente convenio entrará en vigor na data da súa sinatura e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013, no que se manterán os prezos dos vehículos, salvo que concorran as circunstancias previstas no parágrafo segundo da cláusula terceira. De non esgotarse o crédito dispoñible neste prazo, poderá prorrogarse o convenio. Neste caso, e por mutuo acordo das partes asinantes, poderá efectuarse, se procedera, revisión dos prezos dos modelos dos distintos vehículos. Novena.- Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas do mesmo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Rafael Louzán Abal Por Automóviles Citröen-España, S.A. Gonzalo Macías Núñez” 8.20129.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “MELLORA DE TRAZADO E.P. 1101 PK 0+300 A 0+750, MOAÑA-BERDUCEDO (MOAÑA) Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 16/12/2011, adxudicouse a Construccions, Obras e Viais, S.A. a obra de “mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)”, na cantidade de 308.925,22 €, máis 55.606,54 € correspondentes ó IVE, que ofertaba un prazo de execución seis meses, melloras valoradas en 21.920,32 € e o 3,00 % do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Resultando que pola adxudicataria remítese escrito no que solicita prórroga na execución da obra debido ó atraso na dispoñibilidade dos terreos mediante cesión dos mesmos entre propietarios e Concello de Moaña. Resultando que polo Director da obra préstase conformidade a devandita solicitude. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga a Construccions, Obras e Viais, S.A., para a finalización da obra de “mellora de trazado da E.P. 1101, PK 0+300 a 0+750, Moaña-Berducedo (Moaña)” ata o 28 de setembro do ano en curso. 9.20130.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A COORDINACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA E PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES DESEMPREGADOS 1º.- Este Convenio de Colaboración ten por obxectivo establecer as bases da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra nos ámbitos de competencias correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar, en dous aspectos claramente diferenciados: a) No relativo ós servizos sociais comunitarios co fin de marcar as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais comunitarios municipais no territorio desta provincia mediante a xestión coordinada das súas respectivas achegas financeiras destinadas ó cofinanciamento da prestación de ditos servizos por parte das corporacións locais da provincia, coa finalidade de asegurar en todo caso a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos, agás o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes, que é obxecto dun financiamento separado e específico. b) No relativo ás políticas activas de emprego co fin de determinar as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación de persoas desempregadas na realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social, que desenvolverán nos distintos concellos da provincia como medida de fomento e mellora do emprego. 2º.- Segundo o disposto na cláusula segunda do Convenio, as partes asumen as seguintes obrigas no relativo ós servizos sociais comunitarios: A) A Consellería de Traballo e Benestar comprométese a transferirlles ás corporacións locais titulares dos servizos sociais comunitarios as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos gastos que se indican a continuación: a) Os gastos derivados da retribución dos seguintes empregados: - Os traballadores e traballadoras sociais que constitúen o persoal técnico das Unidades de Traballo Social (UTS) de todas as corporacións locais titulares dos servizos. - O persoal técnico das Unidades de Traballo e Educación Social (UTES) e das Unidades Interdisciplinares de Intervención Social (UNIS) nas corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes. b) Os gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, polas corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes c) Os gastos derivados da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos das corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes. B) A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a transferirlles ás corporacións locais titulares dos servizos sociais comunitarios as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes gastos: a) Os gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, polas corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, b) Os gastos derivados da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos das corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, c) Os gastos derivados da contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do traballador social de referencia polas corporacións locais de menos de 20.000 habitantes. En todo caso, tanto a Consellería de Traballo e Benestar como a Deputación Provincial de Pontevedra asumen solidariamente, como o obxectivos comúns da súa actuación conxunta de financiamento, garantir a continuidade e estabilidade da prestación dos servizos sociais comunitarios por parte das corporacións locais desta provincia, asegurando a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos e, na medida do posible, desenvolver os servizos sociais comunitarios municipais consonte os criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. 3º.- Para o financiamento dos servizos sociais comunitarios, as partes comprométense a consignar e achegar o financiamento necesario para cumprir coas respectivas obrigas asumidas por cada unha delas consonte o previsto na cláusula segunda, debendo consignar, como mínimo, as seguintes achegas económicas: a) Xunta de Galicia: 2.480.818,89 €, con cargo á aplicación 12.08.313C.460.2 dos seus orzamentos de gastos para o exercicio 2012. b) Deputación Provincial de Pontevedra 1.280.008,35 €, con cargo á/s correspondentes aplicación/s orzamentaria/s previstas para o exercicio 2012. 4º.- Para tal efecto incorporase o expediente o informe técnico da traballadora Social, de data 12 de xullo de 2012, no que manifesta que a Deputación Provincial acordou dar cobertura ós beneficiarios do SAF (Servizo de Auxda o Fogar) do exercicio 2010, cuxo gasto total ascende a 1.193.578,83 €, cantidade que sumada ó gasto de persoal de centros e corporacións locais do ano 2011 (1.053.952,88 euros) supón un total de 2.247.530,00 €; importe consignado na aplicación orzamentaria 12/232 233 46 200 do exercicio 2012. 5º.- Segundo o previsto na cláusula quinta, en materia de políticas activas de emprego, as axudas que contempla o convenio terán por obxecto a contratación de persoas desempregadas para a realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social, que desenvolverán a súa actividade en concellos da provincia de Pontevedra. 6º.- A subvención que percibirá a Deputación Provincial por realizar estas contratacións será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente. 7º.- A selección das persoas desempregadas a contratar levarase a cabo conforme os requisitos establecidos no artigo 11 da Orde do 29 de febreiro pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais. 8º.- Para tal efecto crearase un grupo mixto constituído por dous representantes da Deputación Provincial e outros dous da Consellería de Traballo e Benestar, que será o encargado da elaboración das ofertas e de realizar a selección definitiva das persoas a contratar. 9º.- A Consellería de Traballo e Benestar comprométese a financiar estas contratacións con cargo a aplicación 12.04.322A.460.0 (proxecto 2011 00 596) do orzamento do exercicio 2012, por un importe total máximo 2.000.000,00 €. 10º.- Estas contratacións deberán realizarse desde o momento da sinatura do convenio e ata o 16 de novembro de 2012. 11º.- O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, estendendo a súa vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2012. Non obstante, no tocante á contratación de traballadores desempregados rematará no momento en que estean debidamente cumpridas e xustificadas todas as obrigas contraídas pola Deputación Provincial de Pontevedra, podéndose denunciar pola parte que considere vulnerado o espírito do mesmo por incumprimento dalgunha das súas cláusulas. A denuncia deberá efectuarse comunicando á outra parte, mediante escrito fundado e cunha antelación mínima dun mes. Neste suposto, e salvo acordo expreso en contrario, deberán finalizar as accións xa iniciadas. 12º.- Para o seguimento e control das actuacións previstas neste Convenio, crease unha comisión mixta paritaria, composta por catro representantes de cada unha das partes asinantes, á que lle corresponderá a interpretación do convenio e a resolución de controversias que se poidan xerar na súa execución. 13º.- As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución deste convenio, no que se refire á axuda outorgada para a contratación de persoas desempregadas para a realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social, serán resoltas, a falta de acordo na comisión de seguimento, pola Consellería de Traballo e Benestar, poñendo as súas resolucións fin á vía administrativa. 14º.- Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Traballo e Benestar, que é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA A COORDINACIÓN DO COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA E PARA A CONTRATACIÓN DE TRABALLADORES E TRABALLADORAS DESEMPREGADAS Santiago de Compostela, . REUNIDOS Dunha parte, a Consellería de Traballo e Benestar e, no seu nome e representación, a conselleira, Dª. Beatriz Mato Otero, que actúa no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que a este lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa presidencia, e de conformidade co disposto no Decreto 81/2009, do 19 de abril, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia, no Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e polo Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, así como no Decreto 109/2012, do 22 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar. Doutra parte, a Deputación Provincial de Pontevedra e, no seu nome e representación, o seu presidente, D.Rafael Louzán Abal, que actúa no exercicio do seu cargo e en función das atribucións que a este lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e o artigo 105 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, Todas as partes recoñécense, no concepto no que respectivamente interveñen, a capacidade legal suficiente para asinar o presente convenio de colaboración e, para o efecto EXPOÑEN PRIMEIRO.- Que as Administracións Públicas poden celebrar convenios con entes de dereito público e con persoas físicas ou xurídicas privadas ó abeiro do disposto no artigo 4 da Lei de Contratos do Sector Público, de acordo co Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público. SEGUNDO.- I. Que consonte o artigo 27.23 do Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado mediante a Lei orgánica, do 6 de abril de 1981, os artigos 58, 59, 60 e 63 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, ditada en desenvolvemento do antedito artigo do estatuto, que regula o Sistema Galego de Servizos Sociais, o artigo 25.2.k) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e o artigo 80.1.k) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, a Comunidade Autónoma de Galicia e as corporacións locais galegas comparten competencias en materia de servizos sociais. II. Que o artigo 60.1.a) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, atribúelles ós concellos competencia para a creación, xestión, e mantemento dos servizos sociais comunitarios, e o artigo 61.1 esixe que todos os concellos de Galicia aseguren, como mínimo, a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos. III. Que o artigo 63 da dita Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, atribúelles competencias ás deputacións provinciais para que, de conformidade co previsto na normativa vixente de réxime local, lles proporcionen asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos na execución das súas competencias en materia de servizos sociais, especialmente na prestación de servizos sociais comunitarios básicos por aqueles concellos de menos de vinte mil habitantes. IV. Que, na mesma liña, a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no seu artigo 109.1.a) encoméndalles ás deputacións provinciais a coordinación dos servizos municipais para garantir a prestación integral e adecuada de servizos públicos en todo o territorio da provincia, cooperando, especialmente, cos municipios de poboación inferior a 20.000 habitantes para garantir a súa efectividade. V. Que, así mesmo, o artigo 53.1 da propia Lei 13/2008, establece que nos orzamentos xerais da comunidade autónoma deberán consignarse as cantidades necesarias para facer fronte, non só ós gastos derivados do exercicio das competencias da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais, senón tamén á participación no financiamento de todos os servizos, programas e prestacións do Sistema Galego de Servizos Sociais, incluído o cofinanciamento dos servizos sociais de competencia municipal. VI. Que a Consellería de Traballo e Benestar é, consonte o previsto no Decreto 109/2012, do 22 de marzo, polo que se establece a súa estrutura orgánica, o órgano superior da Xunta de Galicia ó que lle corresponde o exercicio das competencias de planificación, ordenación e coordinación das políticas autonómicas de benestar e servizos sociais en xeral. VII. Que a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo cos principios de coordinación interadministrativa, colaboración e cooperación que, segundo a lexislación básica aplicable, deben rexer as súas relacións e actuacións, propóñense mellorar e desenvolver a súa actuación conxunta en materia de financiamento dos servizos sociais comunitarios municipais, coordinando e sumando os seus esforzos para garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais comunitarios básicos en todo o territorio da provincia. TERCEIRO. – I. Que entre as competencias que en materia laboral lle corresponden a esta Comunidade Autónoma, conforme ó establecido no artigo 29.1 do Estatuto de Autonomía para Galicia, está a de promoción do emprego e, en xeral de políticas activas de emprego, tendo atribuído o seu exercicio a Consellería de Traballo e Benestar, de conformidade co establecido no Decreto 109/2012, do 22 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar e no Decreto 289/1997, do 9 de outubro, de asunción da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito do traballo, o emprego e a formación. II. Á vista do novo enfoque que dá ó deseño e á xestión das políticas activas de emprego o Real Decreto-lei 3/2011, do 18 de febreiro, de medidas urxentes para a mellora da empregabilidade e a reforma das políticas activas de emprego, que introduce novos artigos e modifica outros da Lei 56/2003, do 16 de decembro, de Emprego, relativos á Estratexia Española de Emprego e ó Plan Anual de Política de Emprego, á vista tamén da aprobación efectiva da Estratexia Española de Emprego 2012-2014, polo Real Decreto 1542/2011, do 31 de outubro (BOE nº 43, do 19 de febreiro de 2011), resulta que as Comunidades Autónomas están habilitadas para o deseño e execución de novos programas e medidas de políticas activas de emprego e, se é o caso, para adaptar as preexistentes na normativa estatal ás peculiaridades e características dos seus mercados de traballo locais. III. En consecuencia e á vista deste novo marco normativo a Consellería de Traballo e Benestar xa propuxo a inclusión no Plan Anual de Política de Emprego para 2012 de dúas medidas a implementar mediante a colaboración coas deputacións provinciais que así o acepten, a través da subscrición de Convenios de Colaboración, habida conta de que non tiña sentido manter o sometemento das axudas ás deputacións ó réxime de concorrencia competitiva ó mesmo nivel que os concellos e as entidades locais menores, dadas as peculiares características dos entes territoriais e o seu carácter auxiliador na prestación de servizos respecto dos concellos máis pequenos. IV. Así mesmo, o artigo 10 do Real Decreto-lei 3/2011, do 18 de febreiro, de medidas urxentes para a mellora da empregabilidade e a reforma das políticas activas de emprego, que modifica o artigo 23, da Lei 56/2003, do 16 de decembro, de Emprego, introduce a posibilidade de xestionar as accións e medidas de políticas activas de emprego, entre outras opcións, mediante a subscrición de convenios ou calquera outra forma xurídica axustada a dereito. V. Que a necesidade de garantir un desenvolvemento económico sostido en todo o territorio da Comunidade Autónoma, así como de favorecer alternativas de futuro ó proceso de transformación cara a nova economía, esixen o deseño dunha política activa de emprego dirixida a fomentar a mellora da empregabilidade dos traballadores, así como poñer en práctica todas aquelas medidas que axuden a facer máis doado o proceso de integración laboral, dotando ós desempregados dunha maior capacidade de adaptación ás transformacións tecnolóxicas e económicas que están a vivir, así como dunha cualificación acorde ás demandas do mercado laboral. VI. Neste sentido, a Consellería de Traballo e Benestar, no marco das políticas activas de emprego, a través dos programas de cooperación coas entidades locais vén de subvencionar nos derradeiros anos, tamén a deputacións provinciais, a contratación de traballadores e traballadoras desempregados para a realización de obras e servizos de interese colectivo, coa finalidade de mellorar a empregabilidade dos desempregados galegos, a través das correspondentes ordes anuais de convocatoria. VII. Que a Deputación Provincial de Pontevedra para a xestión dos seus intereses e, no ámbito das súas competencias, de conformidade co disposto polo artigo 36 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local, así como o artigo 109 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, ten entre as súas funcións as de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal, colaborando nas labores de acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medioambientais, conservación e mantemento das infraestruturas, así como reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral. VIII. Que na provincia de Pontevedra, hai 53 concellos menores de 20.000 habitantes cunha poboación total de 397.529 habitantes. IX. Que a estes concellos teñen dificultades para a prestación de determinados servizos ou a execución de determinadas obras debido as dificultades económicas e orzamentarias que teñen que afrontar, as medidas de redución e recorte do gasto público e a falta de medios materiais e de persoal para poderen levalas a cabo. X. Que de conformidade co establecido nos artigos 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e 36º.c) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, acredítanse razóns de interese público, social e económico para a concesión directa a Deputación Provincial de Pontevedra da subvención regulada neste convenio, toda vez que é a única entidade local que poder dar servizo e asistencia a todos os concellos da súa provincia, o que a converte na única institución capacitada para o desenvolvemento das actividades establecidas no convenio e imposibilita a aplicación dos principios de publicidade e concorrencia pública. XI. Que Deputación Provincial de Pontevedra presenta unha declaración responsable de non ter solicitada nin concedida ningunha outra axuda das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados para a mesma finalidade; que non incorre en ningunha das circunstancias contempladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para poder obter a condición de beneficiaria de axudas ou subvencións, de conformidade cos artigos 13º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Para que a acción coordinada da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra permita un salto cualitativo no nivel de desenvolvemento e prestación dos servizos sociais comunitarios municipais desta provincia e, por outra banda, resaltan a necesidade de aunar esforzos, optimizando o aproveitamento dos recursos dispoñibles e coordinando as distintas medidas de apoio para a mellora da empregabilidade e sen prexuízo da posibilidade de que poidan asinar outros convenios de colaboración nas materias da competencia da Consellería de Traballo e Benestar, as partes comparecentes en coherencia co Protocolo xeral asinado o 20 de xuño de 2012 entre os Presidentes da Xunta de Galicia e as Deputacións Provinciais Galegas para unha mellor cooperación territorial e que contén acordos básicos para fortalecer a xestión, reducir as duplicidades e optimizar a prestación de servizos públicos, acordan formalizar o presente convenio de colaboración, con suxeición as seguintes CLÁUSULAS Primeira. Obxecto do Convenio. O presente Convenio e Colaboración ten por obxectivo establecer as bases da colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra nos ámbitos competencias correspondentes á Consellería de Traballo e Benestar, polo que terá dous aspectos claramente diferenciados: I. No relativo ós servizos sociais comunitarios será establecer as bases de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para garantir a prestación integral e axeitada dos servizos sociais comunitarios municipais no territorio desta provincia mediante a xestión coordinada das súas respectivas achegas financeiras destinadas ó cofinanciamento da prestación dos ditos servizos por parte das corporacións locais da provincia, coa finalidade de asegurar en todo caso a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos, agás o servizo de axuda no fogar a persoas dependentes, que é obxecto dun financiamento separado e específico no marco do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) creado pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. II. No relativo ás políticas activas de emprego será establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a a Consellería de Traballo e Benestar e a Deputación Provincial de Pontevedra para a contratación de persoas desempregadas para a realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social, que desenvolverán a súa actividade en concellos da provincia de Pontevedra, como medida de fomento e mellora da súa empregabilidade Segunda. Obrigas das partes no relativo ós servizos sociais comunitarios. 1) A Consellería de Traballo e Benestar comprométese a transferirlles ás corporacións locais titulares dos servizos sociais comunitarios as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes gastos: A. Os gastos derivados da retribución de: I. Os traballadores e traballadoras sociais que constitúen o persoal técnico das Unidades de Traballo Social (UTS) de todas as corporacións locais titulares dos servizos, tomando como referencia os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado de Prestacións Básicas de Servizos Sociais de Corporacións Locais no exercicio anterior e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. II. O persoal técnico das Unidades de Traballo e Educación Social (UTES) e das Unidades Interdisciplinares de Intervención Social (UNIS) nas corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, tomando como referencia os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado no exercicio anterior e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. B. Os gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, polas corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, tomando como referencia mínima de partida as contías concedidas no exercicio anterior ás corporacións locais para o financiamento desta modalidade básica do SAF con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. C. Os gastos derivados da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos das corporacións locais de 20.000 ou máis habitantes, tomando como referencia os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado no exercicio anterior e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. 2) A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a transferirlles ás corporacións locais titulares dos servizos sociais comunitarios as achegas económicas necesarias para o cofinanciamento dos seguintes gastos: A. Os gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar, na súa modalidade de prestación básica, polas corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia mínima de partida as contías concedidas no exercicio anterior ás corporacións locais para o financiamento desta modalidade básica do SAF con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. B. Os gastos derivados da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios específicos das corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado no exercicio anterior e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. C. Os gastos derivados da contratación de persoal técnico dos equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios ó do traballador social de referencia polas corporacións locais de menos de 20.000 habitantes, tomando como referencia os que foron financiados con cargo ás achegas autonómicas dos fondos do Plan Concertado no exercicio anterior e atendendo ós criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. En todo caso, tanto a Consellería de Traballo e Benestar como a Deputación Provincial de Pontevedra asumen solidariamente, como o obxectivos comúns da súa actuación conxunta de financiamento que constitúe o obxecto deste convenio, os de garantir a continuidade e estabilidade da prestación dos servizos sociais comunitarios por parte das corporacións locais desta provincia, asegurando a prestación dos servizos sociais comunitarios básicos e, na medida do posible, desenvolver os servizos sociais comunitarios municipais consonte os criterios de planificación do Sistema Galego de Servizos Sociais. Así mesmo, ambas as dúas partes comprométense reciprocamente a esixir e controlar o cumprimento, por parte das corporacións locais beneficiarias do financiamento acordado neste convenio, da súa obriga de destinalo a aqueles gastos dos servizos sociais comunitarios municipais para os que lles foi expresamente asignado e, en caso de detectaren algún incumprimento, a tramitar, respectivamente, os correspondentes expedientes de reintegro, regularización de remanentes non executados e sanción, segundo procedese. Terceira. Financiamento no relativo ós servizos sociais comunitarios. As partes asinantes deste convenio obríganse a consignar e achegar o financiamento necesario para cumprir coas respectivas obrigas asumidas por cada unha delas consonte o previsto na cláusula anterior, comprometéndose, respectivamente, a realizar, como mínimo, as seguintes achegas económicas: 1) Xunta de Galicia: 2.480.818,89 €, con cargo á aplicación orzamentaria 12.08.313C.460.2 dos seus orzamentos de gastos para o exercicio 2012. 2) Deputación Provincial de Pontevedra 1.280.008,35 €, con cargo á/s aplicación/s orzamentaria/s dos seus orzamentos de gastos para o exercicio 2012. Cuarta. Xustificación do cumprimento das obrigas respectivas no relativo ós servizos sociais comunitarios. As partes asinantes obríganse reciprocamente a comunicarse ás contías do financiamento achegado por cada unha delas a cada corporación local para cada un dos conceptos de gastos dos servizos sociais comunitarios enumerados na cláusula segunda, acompañando as correspondentes certificacións de gasto realizado e pagamentos aboados ata o cerramento do correspondente exercicio orzamentario, antes do 10 de febreiro do exercicio seguinte ó de vixencia do convenio. Quinta. Contratación de traballadores desempregados. As axudas en materia de políticas activas de emprego terán por obxecto a contratación de persoas desempregadas para a realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social, que desenvolverán a súa actividade en concellos da provincia de Pontevedra. A subvención que percibirá a Deputación Provincial por realizar as contratacións será, para efectos salariais, a equivalente á necesaria para sufragar os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa desempregada contratada e, se é o caso, para efectos de incentivo á mobilidade xeográfica, será de 180 € mensuais por cada beneficiaria do programa de fomento da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia contratada que reúna os requisitos para percibilo. Para a selección das persoas desempregadas a contratar seguiranse os requisitos establecidos no artigo 11 da Orde do 29 de febreiro pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2012. Para estes efectos crearase un grupo mixto constituído por dous representantes da Deputación Provincial e outros dous da Consellería de Traballo e Benestar, que será o encargado da elaboración das ofertas e de realizar a selección definitiva das persoas a contratar. Sexta. Cofinanciamento das políticas activas de emprego polo Fondo Social Europeo. Estas axudas poderán estar cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, nunha porcentaxe do 80 por cento, a través do Programa Operativo Adaptabilidade e Emprego PO 2007 ES 05U PO 001, para o período 2007-2013, polo que este réxime de subvencións quedará suxeito ós seguintes regulamentos: a) Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, de 11 de xullo de 2006, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ó FEDER, ó FSE e ó Fondo de Cohesión e derrógase o Regulamento (CE) nº 1260/1999. b) Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de xullo de 2006, relativo ó FSE e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1784/1999. c) Regulamento (CE) nº 1828/2006, da Comisión, de 8 de decembro de 2006, polo que se fixan normas de desenvolvemento para o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, polo que se establecen as disposicións xerais relativas ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ó Fondo Social Europeo e ó Fondo de Cohesión, e o Regulamento (CE) nº 1080/2006, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. d) Regulamento (CE) nº 448/2004, da Comisión, de 10 de marzo de 2004, que modifica o Regulamento (CE) nº 1685/2000, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1260/1999, do Consello, no relativo ó financiamento de gastos de operacións cofinanciadas polos Fondos Estruturais e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1145/2003, de conformidade co disposto no apartado 4 do artigo 56 do Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, de 11 de xullo de 2006 antes citado, ata tanto se establezan a escala nacional as normas sobre subvencionabilidade de gastos. Sétima. Financiamento da contratación de traballadores desempregados. O financiamento da Consellería de Traballo e Benestar, realizarase con cargo a aplicación 12.04.322A.460.0 (proxecto 2011 00 596) do orzamento do exercicio 2012 e por un importe total máximo 2.000.000,00 €. Esta contía establecese como importe certo, conforme ó disposto no artigo 21. 2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen referencia a unha porcentaxe ou fracción do custo total. As contricións deberán realizarse desde o momento da sinatura do convenio ata o 16 de novembro de 2012. A antedita contribución farase efectiva unha vez cumprido o obxecto para o que foi concedida, mediante a contratación dos traballadores e traballadoras desempregadas, o que se xustificará mediante a presentación, da seguinte documentación, necesariamente antes do 1 de decembro de 2012: • Orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas dos contratos de traballo, na modalidade de contrato de duración determinada de interese social, formalizados e debidamente comunicados por escrito á oficina de emprego. • Orixinais ou copias compulsadas ou cotexadas dos partes de alta na Seguridade Social xunto co “Informe de Datos de Cotización” (IDC). • Certificado expedido pola entidade bancaria de titularidade da conta do beneficiario onde se deba efectuar o pagamento. • Un certificado do secretario ou órgano competente da entidade local beneficiaria, no que conste: - A formulación da correspondente oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia, especificando o número identificador desta e a relación nominal dos traballadores e traballadoras desempregados/as facilitados/as por aquel, así como as persoas candidatas finalmente seleccionadas e contratadas. - As retribucións salariais brutas dos traballadores e traballadoras, en cómputo mensual, desagregadas por conceptos, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e mais as cotizacións empresariais á Seguridade Social. • Unha declaración complementaria do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais. • Unha fotografía do cartel informativo no que se reflicta a súa localización, nos termos sinalados na cláusula décima, facendo mención expresa ó cofinanciamento polo Fondo Social Europeo. • Orixinais dos documentos de información ás persoas traballadoras da subvención polo Fondo Social Europeo, debidamente asinados. Poderán realizarse ata un máximo de tres pagamentos parciais, a medida que a Deputación provincial vaia xustificando contratacións, sen que estes pagamentos parciais podan ser inferiores ó 20 por cen, nin superiores ó 30 por cen, sen superar o límite do 80% da porcentaxe subvencionada, imposto no artigo 62 do Decreto 11/2009. Os certificados, declaracións, documentos e carteis informativos sinalados neste parágrafo deberán realizarse segundo os respectivos modelos que se publican na web institucional da Xunta de Galicia no enlace http://traballo.xunta.es/programas-de-cooperacion. Unha vez recibidos os fondos a entidade beneficiaria deberá remitir á Dirección Xeral de Promoción do Emprego unha certificación acreditativa da súa recepción. Para o suposto de que os gastos que se xustifiquen por cada contratación fosen inferiores ó financiamento establecido na cláusula primeira, minorarase do pagamento final a parte non xustificada. A Consellería de Traballo e Benestar resérvase o dereito de solicitar toda a documentación que se considere precisa en relación coa xustificación dos gastos. Oitava. Obrigas relacionadas coas verificacións administrativas e sobre o terreo polo cofinanciamento polo FSE A Deputación Provincial de Pontevedra unha vez rematadas as actividades obxecto do presente convenio, e coa fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ó abeiro do Programa Operativo de Adaptabilidade e Emprego para o período 2007-2013, mediante as subvencións reguladas neste Convenio deberá someterse ó cumprimento das seguintes obrigas relacionadas coas verificacións administrativas e sobre o terreo necesarias para dar cumprimento ó artigo 13 do Regulamento (CE) Nº 1828/2006: a) Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo ós proxectos subvencionados polo FSE, referidos a operacións da afectación da subvención á finalidade da súa concesión. b) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, ata a anualidade de 2021 e, en todo caso, durante un mínimo de tres anos a partir do peche do Programa Operativo Adaptabilide e Emprego 2007-2013 en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. c) Presentar ante a Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar, no prazo de dous meses, unha vez que teña finalizado a execución das mesmas a seguinte documentación: • Unha memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores e traballadoras contratados/as. • Un certificado de fin de servizo segundo o modelo que se publica na web institucional da Xunta de Galicia. • Copias compulsadas das nóminas aboadas ós traballadores e traballadoras que se contraten e dos boletíns de cotización á Seguridade Social (modelos TC-1 e TC-2), así como os documentos bancarios correspondentes (transferencias bancarias) e máis o resumo anual de retencións sobre os rendementos do traballo (modelo 190 IRPF), unha vez se dispoña do mesmo. d) Someterse ás actuacións de comprobación sobre o terreo que, en base á mostra seleccionada ó abeiro do procedemento descrito no Modelo dos sistemas de xestión e control da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou segundo criterios baseados no risco se realicen por persoal técnico da dirección xeral de Promoción do Emprego. Novena. Obrigas relacionadas coas medidas de información e publicidade polo cofinancimento polo FSE. A Deputación Provincial de Pontevedra unha vez rematadas as actividades obxecto do presente convenio, e coa fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ó abeiro do Programa Operativo de Adaptabilidade e Emprego para o período 2007-2013, mediante as subvencións reguladas neste Convenio deberá someterse ó cumprimento das seguintes obrigas Relacionadas coas medidas de información e publicidade impostas polo Regulamento da comisión (CE) número 1828/2006, do 8 de decembro: a) No lugar onde se realicen os servizos deberá figurar, de forma visible, cartel informativo, en modelo normalizado establecido e publicado pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego na web institucional da Xunta de Galicia no enlace: http://traballo.xunta.es/carteis-informativos-programas-de-cooperacion, no cal constará o cofinanciamento polos Servizos Públicos de Emprego e polo Fondo Social Europeo. b) As entidades beneficiarias deberán proporcionarlle ó persoal contratado, tarxetas identificativas do servizo subvencionado, no modelo que se estableza pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego e que se publica na web institucional da Xunta de Galicia no enlace http://traballo.xunta.es/carteis-informativos-programas-de-cooperacion, nas que constará a colaboración da consellería e mais a cofinanciamento polo FSE. O persoal contratado deberá levalas consigo cando estea a realizar a actividade obxecto da subvención. Así mesmo, cando o normal desenvolvemento da prestación dos servizos ou a execucións das correspondentes obras esixa a utilización de roupa de traballo específica, esta será identificada de conformidade cos modelos que se publican na citada web institucional da Xunta de Galicia. c) Utilizar os documentos de información ás persoas traballadoras da subvención polo Fondo Social Europeo no modelo normalizado na web institucional da Xunta de Galicia no enlace: http://traballo.xunta.es/programas-de-cooperacion. Décima. Compatibilidade das axudas en materia contratación de traballadores desempregados A subvención que se regula neste convenio é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, sen que en ningún caso o importe total das subvencións concedidas supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a entidade beneficiaria. Undécima. Obriga de facilitar información e documentación. A Deputación Provincial de Pontevedra comprométese a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino da subvención concedida. Así mesmo, deberá cumprir coas obrigas enumeradas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Duodécima. Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios A Deputación Provincial de Pontevedra, de conformidade co establecido na disposición adicional única do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, presta o seu consentimento expreso para incluír e facer públicos os datos relevantes do convenio no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios que se regula en dito decreto. Igualmente, de acordo co artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Deputación de Pontevedra autoriza á Consellería de Traballo e Benestar para publicar os datos do convenio na súa páxina web oficial. Décimo terceira- Modificación e reintegro das cantidades Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas, poderá dar lugar á súa modificación e ó reintegro das cantidades percibidas. Procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a esixencia do xuro de mora, no suposto de falta de xustificación ou de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Décimo cuarta.- Vixencia do Convenio O presente convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, estendendo a súa vixencia desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do ano 2012. Non obstante, no tocante á contratación de traballadores desempregados rematará no momento en que estean debidamente cumpridas e xustificadas tódalas obrigas contraídas pola Deputación Provincial de Pontevedra no mesmo, especialmente nas cláusulas sétima, oitava e novena, podéndose denunciar pola parte que considere vulnerado o espírito do mesmo por incumprimento dalgunha das súas cláusulas. A denuncia deberá efectuarse comunicando á outra parte, mediante escrito fundado e cunha antelación mínima dun mes. Neste suposto, e salvo acordo expreso en contrario, deberán finalizar as accións xa iniciadas. Décimo quinta.- Causas de resolución. Serán causas de resolución do presente Convenio: a. O incumprimento total ou parcial das súas cláusulas. b. O mutuo acordo das partes. Décimo sexta.- Comisión de seguimento. Para o seguimento e control das actuacións previstas neste Convenio, crease unha comisión mixta paritaria, composta por catro representantes de cada unha das partes asinantes, á que lle corresponderá a interpretación do convenio e a resolución de controversias que se poidan xerar na súa execución. Esta comisión estará presidida por un dos representantes da Consellería de Traballo e Benestar. A Consellería de Traballo e Benestar poderá realizar actuacións de comprobación, en calquera momento, sobre a execución material das accións obxecto do convenio. Décimo sétima. Natureza do Convenio. O presente convenio terá carácter administrativo, sen que en ningún caso poidan derivarse del dereitos ou obrigas de carácter laboral. Os seus efectos rexeranse polo establecido nas súas cláusulas e, no non previsto, aplicaránselle os principios do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, para resolver as lagoas e dúbidas que puidesen presentarse. En materia de contratación de traballadores desempregados en todo o non previsto no presente Convenio de Colaboración será de aplicación a regulación establecida para as entidades locais na Orde do 29 de febreiro de 2012 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2012 (DOG Nº 50, do 12 de marzo de 2012). As cuestións litixiosas xurdidas acerca da interpretación, modificación e resolución deste convenio no que se refire á axuda outorgada para a contratación de persoas desempregadas para a realización de actividades ou proxectos de interese xeral e social serán resoltas, a falta de acordo na comisión de seguimento, pola Consellería de Traballo e Benestar, poñendo as súas resolucións fin á vía administrativa. Contra estas resolucións poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do acto que poña fin á vía administrativa, se fose expreso. Se non o fose, o prazo será de seis meses e contarase, para o solicitante e outros posibles interesados, a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. No que se refire á colaboración para a xestión coordinada das achegas financeiras das administracións asinantes destinadas ó cofinanciamento da prestación dos servizos sociais comunitarios municipais, de conformidade co disposto no artigo 44 da dita Lei reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, nas cuestións litixiosas que eventualmente puidesen xurdir entre a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra non caberá interpoñer ningún recurso en vía administrativa; pero cando algunha das partes asinantes deste convenio interpoña un recurso contencioso-administrativo contra a outra, poderá requirila previamente para que derrogue a disposición, anule ou revogue o acto, faga cesar ou modifique a actuación material, ou inicie á actividade á que está obrigada, no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requirimento entenderase rexeitado se non fose contestado no mes seguinte á súa recepción. Lido por ámbalas dúas partes, por si mesmas, e como proba de conformidade co expresado no presente Convenio, asínano e rubrícano por triplicado, no mesmo lugar e data que se indica ó comezo. POLA XUNTA DE GALICIA A Conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato Otero POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL O Presidente Rafael Louzán Abal” 10.20131.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición