Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2012-09-28_Ordinaria. Acta de sesión 2012/09/28_Ordinaria
Acta de sesión 2012/09/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/3.2012-09-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/09/28_Ordinaria
Data(s) 2012-09-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día vinte e oito de setembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20272.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 21 de setembro do ano 2012. 2.20273.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XERACIÓN DE MODELOS TRIDIMENSIONAIS PARA A POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO CULTURAL CASTREXO DA COMARCA DO DEZA, ENMARCADO NO PROXECTO DEPODEZA (COFINANCIADO NUN 80% POLO F.E.D.E.R.) Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 6 de xullo de 2012, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da xeración de modelos tridimensionais para a posta en valor do patrimonio cultural castreño da Comarca do Deza, enmarcada no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 80 % polo FEDER. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 137, de data 17 de xullo de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 3 de agosto de 2012, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 8 de agosto de 2012, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Trlcsp. Resultando que polo Director de Planificación e Desenvolvemento do Proxecto Depodeza emítese, con data 13 de agosto de 2012, informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 29 de agosto de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Licitadores Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Insitu Ingeniería, S.L. 31,00 49,33 80,33 Applus Norcontrol, S.L.U. 42,00 43,33 85,33 Resultando que mediante Resolución Presidencial 10.902/2012, de data 4 de setembro de 2012, requiriuse á empresa Applus Norcontrol S.L. (CIF B-15.044.357), que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 8.955,00€, de acordo co disposto no art. 151 do Real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.(Trlcsp). Resultando que a empresa Applus Norcontrol S.L. (CIF B-15.044.357), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 8.955,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201200073532, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Trlcsp, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Applus Norcontrol S.L. (CIF B-15.044.357), o contrato para a xeración de modelos tridimensionais para a posta en valor do patrimonio cultural castreño da Comarca do Deza, enmarcada no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 80 % polo FEDER, polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 179.100,00 € IVE (21%) 37.611,00 € Prezo total 216.711,00 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/241.439.627.01.2011 do vixente orzamento provincial. 3.20274.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONTRATACIÓN DOS TRABALLOS DE RECOLLIDA DE INFORMACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL CASTREXO DA COMARCA DO DEZA, DENTRO DO PROXECTO DEPODEZA (COFINANCIADO NUN 80% POLO F.E.D.E.R.) Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 6 de xullo de 2012, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da recolleita de información do patrimonio cultural castreño da Comarca do Deza, enmarcada no proxecto Depodeza. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 137 de data 17 de xullo de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 3 de agosto de 2012, a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 8 de agosto de 2012, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Trlcsp. Resultando que polo Director de Planificación e Desenvolvemento do Proxecto Depodeza, co visto bo da Xefa do Servizo de Turismo, emítese con data 13 de agosto de 2012, informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 29 de agosto de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Licitadores Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total Applus Norcontrol, S.L.U. 33,00 50,00 83,00 Tomos Conservación Restauración, S.L. 41,00 40,00 81,00 Prospectiva y Análisis Arqueológicos, S.L.P. 26,00 Eliminado por non obter unha valoración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”) superior a 30 puntos. Resultando que mediante Resolución Presidencial 10.637/2012 de data 31 de agosto de 2012, requiriuse á empresa Applus Norcontrol S.L.U. (CIF B-15.044.357), que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 4.950,00€, de acordo co disposto no art. 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.(Trlcsp). Resultando que a empresa Applus Norcontrol S.L. (CIF B-15.044.357), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 4.950,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201200072723, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Trlcsp, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Applus Norcontrol S.L. (CIF B-15.044.357), o contrato para a recolleita de información do patrimonio cultural castreño da Comarca do Deza, enmarcada no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 80 % polo FEDER, polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 99.000,00 € IVA (21%) ..20.790,00 € Prezo total 119.790,00 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/241.439.627.01.2011 do vixente orzamento provincial. 4.20275.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO a) Mediante escrito de data 07 de setembro de 2012 con número de rexistro de entrada 025599, o Xefe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, D. Pedro Mansilla Vázquez, expón que os días 6 e 7 de setembro de 2012 celebrarase o curso “A Camelia: influencia no desenvolvemento do sector viverístico ornamental e o turismo”, no salón de grados da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago Compostela, no cal participa a Estación Fitopatolóxica de Areeiro en colaboración coa Universidade de Santiago. Para ese efecto, solicita permiso e axuda económica para que poidan asistir os días 6 e 7 de setembro de 2012 Dna. Carmen Salinero Corral e Dna. Pilar Vela Fernández a Santiago de Compostela. A solicitude é informada favorablemente polo Xefe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, D. Pedro Mansilla Vázquez, e conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez Dada a relación existente entre o contido do Congreso e o traballo que veñen desenvolvendo ditas funcionarias na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, as funcionarias deberán presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do Congreso/Conferencia e as conclusións obtidas. De conformidade coa normativa 11ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, e, modificada mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011 onde se regula que a axuda económica máxima que se lles poderá conceder ós solicitantes comprenderá: o 50% gastos de matrícula ou inscrición (cun tope máximo de 300,00 € por solicitante) así como os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual, pero terán igualmente unha limitación máxima por importe de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen ditos límites, non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar do aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a Dna. Carmen Salinero Corral e Dna. Pilar Vela Fernández permiso para asistir os días do 6 e 7 de setembro de 2012 a Santiago de Compostela, así como unha axuda económica que ascende a 139,20 €, en concepto de dietas e desprazamentos, quedando desagregados do seguinte xeito: DESPRAZAMENTOS: Aplicación orzamentaria 12/413.413.231.20 (A aboar a Dna. Pilar Vela Fernández) Total gastos por Desprazamento de PILAR VELA FERNÁNDEZ 64,40 € Desprazamento en vehículo propio (120 Km x 2 días) x 0,19 € 45,60 € Peaxe (4,70 € x 4 peaxes) 18,80 € DIETAS: Aplicación orzamentaria 12/413.413.230.20 TOTAL GASTOS CARMEN SALINERO CORRAL 37,40 € ½ dieta día 6 de setembro de 2012 18,70 € ½ dieta día 7 de setembro de 2012 18,70 € TOTAL GASTOS PILAR VELA FERNÁNDEZ 37,40 € ½ dieta día 6 de setembro de 2012 18,70 € ½ dieta día 7 de setembro de 2012 18,70 € Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. b) Con data 13 de setembro de 2012 e con número de rexistro de entrada nº 026267, Dna. Mª del Carmen Rubianes Carro, funcionaria de carreira como Técnico Auxiliar de Cartoteca adscrita ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico desta Deputación Provincial, expón que os días 4 e 5 de outubro de 2012 celébrase en Santander o “V Congreso de Ibercarto” do Grupo de Traballo de Cartotecas Hispano-Lusas, ó que pertencen, co obxectivo de establecer un diálogo e intercambio de coñecementos en torno á adquisición, conservación, catalogación e difusión das coleccións públicas cartográficas españolas e portuguesas. Por iso, solicita permiso para ausentarse do seu posto de traballo os próximos 4 e 5 de outubro de 2012 para asistir a dito Congreso, así como a axuda económica correspondente. Con data 25 de setembro de 2012, a interesada presenta outro escrito argumentando que en principio solicitou o permiso para os días 4 e 5 de outubro de 2012, por canto que o voo saía o día 3 de outubro pola tarde. Non obstante, como non hai dispoñibilidade de prazas en horario de tarde, tivo que reservar voo para ese mesmo día pola mañá, polo cal volve solicitar o permiso para os días 3, 4 e 5 de outubro de 2012. O procedemento esixe ademais da petición da interesada, presentada con antelación suficiente, que o Servizo de Recursos Humanos solicite o visto bo da Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez, que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación, así como informe do Xefe de Servizo de que se trate, no que se faga constar que a concesión da licenza non prexudicará o normal funcionamento do traballo no Servizo, si o interesado/a fixo uso de anteriores licencias deste tipo, especificando claramente que incidencia pode ter o curso, conferencia, congreso, xornada ou seminario en orde a mellorar a formación da funcionaria proposta, e o rendemento deste na función ou traballo que desempeña. Aínda que a solicitude é informada favorablemente polo Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, D. Miguel Pereira Figueroa, a Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez conformou a solicitude no referente ó permiso para a asistencia ó Congreso, pero non para a concesión da axuda económica, ó considerar que se autorizou a asistencia ó citado Congreso á funcionaria do Servizo Dna. Beatriz de la Cruz Casalderrey, Técnico de Cartoteca, resultando innecesaria a asistencia de dúas persoas do mesmo Servizo. De acordo con todo o exposto, ó amparo do establecido nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008 e 9.14880 de 09 de marzo de 2007, e R.D. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a axuda económica e conceder á funcionaria Dna. María del Carmen Rubianes Carro o permiso solicitado para os días 3, 4 e 5 de outubro de 2012. 5.20276.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada do escrito de D. Pedro Mansilla Vázquez, Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, de data 20 de setembro de 2012 (rex. 14360 de 21/09/12), pola que envían comunicacións tituladas “Identification and pathogenicity of Botryosphaeriaceace species associated with grapevine decline in Spain (Garicia, Madrid an Sevilla)”, “Molecular identification of Neofusicocum parvum/Neofusicocum ribis complex species from vineyards in Spain” e “Evaluation of Trichoderma atroviride as biocontrol agent against five Botryosphariaceace grapevine trunk pathogens”, realizadas polo mencionado Servizo e presentadas como póster no 8th International Workshop on Grapevine trunk diseases, celebrado os días 18-21 de xuño en Valencia. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20277.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO PARA A CONCESIÓN DOS PREMIOS DO CONCURSO “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA” 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador dos Premios do concurso “Pola miña vila pasa a volta” despois da reunión mantida o pasado 24 de setembro e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS DO CONCURSO “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA” No Despacho da deputada provincial, Dona Begoña Estévez Bernárdez, sendo as once horas do día vinte e catro de setembro do ano dous mil doce, reúnense os membros do Xurado co obxecto de valorar e propor a concesión dos premios do concurso “Pola miña Vila pasa a Volta”, ano 2012. Asisten os seguintes membros do Xurado: Presidente: - Dona Begoña Estévez Bernárdez, deputada provincial e presidenta efectiva da C. I. de Deportes e Xuventude. Vogais: - D. Mariano Gómez-Ulla Álvarez, Xefe do Servizo de Deportes. - Dona Ruth González Reyes, Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas. Secretario: - D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Provincial. Constituído así o Xurado, pola Presidenta dáse conta das candidaturas presentadas que foron as seguintes: CONCELLO ASOCIACIÓNS BAIONA Asoc. Comerciantes y Empresarios de Sabaris (Coemsa) Asoc. Comerciantes y Empresarios de Baiona (Aceba) O GROVE Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) Asociación de Hostalería de Grove Empresarios Grovenses de bens e servizos (EMGROBES) POIO Asoc. de Comerciantes y Empresarios de Poio CAMBADOS Asociación Cambados Zona Centro VILAGARCÍA Centro Comercial Aberto Zona Aberta PONTEAREAS Asoc. Local de Comerciantes de Ponteareas As candidaturas de O Grove, Poio e Ponteareas non presentan memoria, de conformidade coas bases do concurso aprobadas por Resolución Presidencial nº 9331 de 1 de agosto de 2012, polo que non se valoran. En relación coas restantes e á vista da documentación presentada, memoria con CD, o Xurado outorga a seguinte valoración: Concello Orixinalidade Ornamentación espazos públicos e privados Aspecto deportivo Apoio e implicación popular Cambados 2 2 2 2 Baiona 1 3 2 2 Vilagarcía 1 2 3 3 Á vista do mesmo, o Xurado tendo en conta as características das candidaturas outorga os seguintes premios: 1º PREMIO: Centro Comercial Aberto Zona Aberta – VILAGARCÍA 2º PREMIO: conxuntamente a: - Asoc. Comerciantes y Empresarios de Sabaris (Coemsa) BAIONA - Asoc. Comerciantes y Empresarios de Baiona (Aceba) - Asociación Cambados Zona Centro CAMBADOS E non habendo mais asuntos de que tratar, pola Presidencia deuse por rematada a reunión, sendo as doce horas e trinta minutos, do que, como Secretario, dou fe.” 2.- Tal como se recolle na base 4ª das bases reguladoras do concurso “Pola miña vila pasa a volta”, o 1º premio correspóndelle ó Centro Comercial Aberto Zona Aberta de Vilagarcía coa cantidade de 4.000,00 € e achegarase con cargo á aplicación 12/340.340.481.01 e o 2º premio correspóndelles ás Asoc. Comerciantes e Empresarios de Sabarís e Asoc. Comerciantes e Empresarios de Baiona coa cantidade de 1.500,00 € e a Asoc. Cambados Zona Centro coa cantidade de 1.500,00 € e achegaranse con cargo á aplicación 12/433.431.481.02 do orzamento provincial. 7.20278.- INFORME RELATIVO Ó PLAN SECTORIAL DE APARCADOIROS DISUASORIOS LIGADOS Ó FOMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO E DA VIAXE COMPARTIDA NOS ÁMBITOS METROPOLITANOS DA CORUÑA, FERROL, VIGO, SANTIAGO DE COMPOSTELA, LUGO E OURENSE, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS Dada conta da comunicación da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de data 13 de xullo de 2012, recibida nesta Deputación o día 16 de xullo (Rex. de entrada núm. 9003), remitindo Plan Sectorial de Aparcadoiros Disuasorios ligados ó fomento do transporte público e da viaxe compartida nos ámbitos metropolitanos da Coruña, Ferrol, Vigo, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que o Director de Infraestruturas, emite informe con data 18 de setembro de 2012, no que manifesta: “De conformidad con lo establecido en los artículos 82 y 83 de la Ley 30/92, a petición de la Secretaría General, el Servicio de Infraestruturas emite el siguiente informe: PRIMERO.- La Dirección Xeral de Mobilidade de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de la Xunta de Galicia, remite a esta Diputación el “Proyecto de plan sectorial de aparcadoiros disuasorios ligados al fomento del transporte público en los ámbitos metropolitanos de A Coruña, Ferrol, Vigo, Santiago, Lugo e Ourense”, para que se informe al amparo de lo previsto en el artículo 13 del Decreto 80/2000 y artículo 7 de la Ley 6/2007. SEGUNDO.- Analizado el proyecto por los ingenieros de este Servicio, se constata que ninguna de las actuaciones propuestas afectan a la red de infraestruturas titularidad de la Diputación de Pontevedra.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. 8.20279.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa DICSA (Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U.) A empresa DICSA (Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U.) (CIF A- 36.011.047), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de sete mil cento trinta e un euros con trinta e seis céntimos (7.131,36 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación de pendellos casateas almacén G2-G3-G4 no recinto dos pendellos de Agolada, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100003108, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de seis mil catrocentos noventa e un euros con cincuenta e tres céntimos (6.491,53 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación de pendellos casetas almacén C1-C2-C3 e recuperación do espazo público na antiga praza do mes C-8 (Agolada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100003109, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Eiriña, S.L. A empresa Construcciones Eiriña, S.L. (CIF B- 36.005.411), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de nove mil cincocentos seis euros con vinte e seis céntimos (9.506,26€), para responder do contrato relativo á obra: Mellora de acceso á Igrexa de Sobrada e outros camiños (Tomiño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000112974, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de catro mil cincocentos setenta e tres euros con cincuenta e nove céntimos (4.573,59 €), para responder do contrato relativo á obra: Adecuación do adro da Capela de San Cibrán, Bembrive (Vigo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100009604, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. Á empresa Sercoysa, proyectos y obras, S.A. (CIF A- 36.319.622), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de oito mil setecentos sesenta e catro euros con vinte e oito céntimos (8.764,28 €), para responder do contrato relativo a obra: Saneamento Igrexa Queixeiros- Alxén (Salvaterra de Miño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000086384, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.L. Á empresa Construcciones Crespo, S.L. (CIF B- 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de catro mil douscentos vinte e oito euros con oitenta e dous céntimos (4.228,82 €), para responder do contrato relativo a obra: Ensanche e mellora E.P. 2703 Pazos de Borbén Ponteareas (Pazos de Borbén), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000106156, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. Á empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil catrocentos noventa e sete euros con oitenta e seis céntimos (3.497,86 €), para responder do contrato relativo a obra: Reposición de servizos, accesos e rodamento E.P. 4203 Mondariz¬ Meirol (Mondariz), que foi depositada na Tesourería Provincial o 24/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900040203, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. Á empresa Canalizaciones y Construcciones Salnés, S.L. (CIF B-36.417.533), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil oitocentos sesenta e dous euros con sete céntimos (7.862,07€), para responder do contrato relativo á obra: Construción de Centro Social en Vilanoviña- Paradela (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000083638, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. Á empresa Marco, obras y proyectos de Arosa, S.L. (CIF B- 36.329.910), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de oito mil douscentos setenta e cinco euros con oitenta e seis céntimos (8.275,86 €), para responder do contrato relativo á obra: Urbanización As Mimosas, 1ª fase (Catoira), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000077007, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Rafer, S.L. Á empresa Construcciones Rafer, S.L. (CIF B- 36.052.702), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de cinco mil setecentos seis euros con vinte e un céntimos (5.706,21 €), para responder do contrato relativo á obra: Camiños en Couso, Farán, Mourigas e Adelán (Rodeiro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000078798, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Satélite, S.L. Á empresa Excavaciones y Construcciones Satélite, S.L. (CIF B- 36.837.367), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de catro mil novecentos un euros con cincuenta e seis céntimos (4.901,56 €), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento na Finca do Conde de Gondomar (Gondomar), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000026202, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Oresa, S.L. Á empresa Oresa, S.L. (CIF B- 36.494.185), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de sete mil setecentos setenta e cinco euros con vinte céntimos (7.775,20 €), para responder do contrato relativo á obra: Humanización entorno Praza do Gaiteiro en Soutelo de Montes (Forcarei), que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000067957, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. Á empresa Construcciones Abal, S.A. (CIF A- 36.115.459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de cinco mil vinte e un euros con dezanove céntimos (5.021,19 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento planta baixa para servizos sociais no edificio multiusos do Concello de Barro (Rodeiro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100039449, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 12.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. Á empresa Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. (CIF B- 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cinco mil cincocentos noventa e oito euros con dezanove céntimos (9.598,19 €), para responder do contrato relativo á obra: Urbanización Rúa Ramón Sobrino (A Guarda), que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000094516, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Movex Vial, S.L. (Constituída agora como Civis Global, S.L.) Á empresa Movex Vial, S.L. “Constituída agora como Civis Global, S.L.” (CIF B- 36.684.157), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de oito mil douscentos sesenta e seis euros con vinte céntimos (8.266,20€), para responder do contrato relativo á obra: Saneamento en Cotro (Tomiño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000078798, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 14.- Devolución de garantías definitivas á empresa Contraofic, S.L. Á empresa Contraofic, S.L. (CIF B- 36.407.930), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil setecentos corenta e oito euros con sesenta e tres céntimos (2.748,63 €), para responder do contrato relativo á obra: Gimnasio Campo de Fútbol de O Grove, que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100024683, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 15.- Devolución de garantías definitivas á empresa TCR Informática, S.L. Á empresa TCR Informática, S.L. (CIF B- 79.513.156), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Bankinter, por importe de dous mil novecentos setenta euros (2.970,00 €), para responder do contrato relativo a: Adecuación do CPD do Concello de Lalín (Lalín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/06/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100045106, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 16.- Devolución de garantías definitivas á empresa Rótulos Galicia, S.L. Á empresa Rótulos Galicia, S.L. (CIF B- 36.148.476), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil novecentos catro euros con noventa céntimos (2.904,90 €), para responder do contrato relativo a: Subministración de instalación do equipamento nº7 de sinalización do novo edificio do Museo de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 10/05/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100036627, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.20280.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONTRATACIÓN DOS TRABALLOS DE POTENCIACIÓN DA IMAXE DOS PRODUTOS GASTRONÓMICOS DA COMARCA DO DEZA ENMARCADOS NO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 80% POLO F.E.D.E.R. Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 20 de xullo de 2012, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo para a potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da comarca do Deza, enmarcado no proxecto “Depodeza”, cofinanciado nun 80% polo F.E.D.E.R. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 144, de data 27 de xullo de 2012. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 14 de agosto de 2012, a cuxo efecto reunir a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 20 de agosto de 2012, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Trlcsp. Resultando que polo Director de Planificación e Desenvolvemento do Proxecto Depodeza, co visto bo da Xefa do Servizo de Turismo, emítese con data 27 de agosto de 2012, informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 13 de setembro de 2012, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Licitadores Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total PROYECTOS Y SINERGIAS EMPRESARIALES S.L. (CIF B-94.011.665) 32 20 52 PRICEWATERHOUSECOOPERS ASESORES DE NEGOCIOS S.L. (CIF B-78016375) 44 50 94 IDEARA S.L. (CIF B-36.931.723) 34 40 74 Resultando que mediante Resolución Presidencial 11.660/2012 de data 14 de setembro de 2012, requiriuse á empresa Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios SL (CIF B-78.016.375) que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 7.100,00 €, de acordo co disposto no art. 151 do Real decreto lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.( Trlcsp.). Resultando que a empresa Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios SL (CIF B-78.016.375) presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 7.100,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201200076084, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Trlcsp, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP , no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Pricewaterhousecoopers Asesores de Negocios SL (CIF B-78.016.375), o contrato do servizo para a potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da comarca do Deza, enmarcado no proxecto Depodeza, cofinanciado nun 80% polo FEDER, polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 142.000,00 € IVE (21%) .25.560,00 € Prezo total 167.560,00 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 12/433.439.640.00.2011 do vixente orzamento provincial. 10.20281.- PRÓRROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA CLARO SOL, S.A. PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA DO PAZO PROVINCIAL, ANTIGA SEDE DE EDUCACIÓN, FINCA AREEIRO E SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 23 de setembro de 2009, adxudicou definitivamente o contrato para a prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, antiga sede de Educación e Finca Areeiro, á empresa Claro Sol, S.A. (C.I.F.- A-36.615.763), polo prezo anual ofertado de 267.596,60 €, a razón de 22.299,71 €/mes. Resultando que o contrato coa empresa Claro Sol, S.A., como adxudicataria do Servizo de Limpeza do Pazo Provincial, da Antiga Sede de Educación e da Finca Areeiro de Pontevedra se formalizou o día 30 de setembro de 2009 e na cláusula terceira do citado contrato, figura que terá unha duración de dous anos a contar dende o día 1 de outubro de 2009, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración total do contrato incluídas as posibles prórrogas expresas poida exceder de catro anos. Resultando que a Xunta de Goberno nas sesións ordinarias que tiveron lugar os días 12 de xaneiro de 2011 e 16 de marzo de 2011, acordou ambas modificacións deste contrato que supuxeron incrementos das superficies a limpar, no primeiro caso ampliouse a limpeza do Pazo Provincial á zona de Presidencia, Secretaria, Sala de Xuntas e Comisións, Sala de Prensa e outras zonas do Pazo Provincial e no segundo caso ampliouse na limpeza do novo edificio onde se sitúan as instalacións do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico. Así mesmo este contrato foi obxecto dunha revisión de prezos aprobada pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 8 de xuño de 2011. Resultando que a Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 23 de setembro de 2011 acordou prorrogar este contrato con efectos dende o día 1 outubro de 2011 ó 30 de setembro de 2012. Resultando que por acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 18 de maio de 2012, aprobouse unha nova revisión de prezos incidindo no importe do contrato da seguinte forma: - Prezo do contrato revisado (Importe anual) sen IVE 295.283,22 euros - IVE (18%) 53.150,98 euros Prezo anual revisado IVE incluído 348.434,20 euros Prezo do contrato revisado (Importe mensual) sen IVE 24.606,94 euros - IVE (18%.) 4.429,25 euros Prezo mensual revisado IVE incluído 29.036,19 euros Resultando que D. Enrique Velasco San Román, en calidade de apoderado da entidade mercantil Claro Sol, S.A., mediante escrito de data 3 de agosto de 2012, solicita que se prorrogue a vixencia deste contrato polo período dun ano, é dicir, dende o día 1 de outubro de 2012 ata o día 30 de setembro de 2013. Visto o informe emitido polo arquitecto técnico de mantemento a favor da prórroga do contrato, así como os informes emitidos polo Secretario Xeral e o de fiscalización do expediente, a Xunta de Goberno, en aplicación das bases de execución do vixente orzamento provincial, acorda por unanimidade: 1. Prorrogar por un ano a duración do contrato formalizado coa empresa Claro Sol, S.A. (C.I.F.- A-36.615.763), para prestación do servizo de limpeza do Pazo Provincial, antiga sede de Educación), Finca Areeiro e Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, con efecto vos dende o día 1 de outubro de 2012 ó 30 de setembro de 2013, ambos incluídos e de acordo cos seguintes prezos: -Prezo do contrato (Importe anual) sen IVE 295.283,22 € -IVE (21%.) 62.009,48 € Prezo anual revisado IVE incluído 357.292,70 € -Prezo do contrato (Importe mensual) sen IVE 24.606,94 € -IVE (21%.) 5.167,46 € Prezo mensual IVE incluído 29.774,40 € Desagregación (mensual) Importe IVE (21%) TOTAL -Limpeza Pazo Provincial 11.309,15 € 2.374,92 € 13.684,07 € -Limpeza antiga sede Educación 7.369,27 € 1.547,55 € 8.916,82 € -Limpeza Finca Areeiro 3.277,61 € 688,30 € 3.965,91 € -Limpeza Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.650,91 € 556,69 € 3.207,60 € 2. Autorizar o gasto que conleva dita prórroga por importe global de 357.292,70 €, sen prexuízo de posteriores revisións de prezos de acordo ó IPC, e que se distribúe da seguinte forma: Anualidade de 2012: • Limpeza instalacións Pazo Provincial e antiga sede de Educación (Meses de outubro a decembro) ata o importe máximo de 67.802,67 €, que se imputará á aplicación orzamentaria 12/920.920.227.00 do vixente orzamento provincial. • Limpeza instalacións Finca Areeiro (Meses de outubro a decembro) ata o importe máximo de 11.897,73 €, que se imputará á aplicación orzamentaria 12/413.413.227.00 do vixente orzamento provincial. • Limpeza instalacións Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Meses de outubro a decembro) ata o importe máximo de 9.622,80 €, que se imputará á aplicación orzamentaria 12/332.332.227.00 do vixente orzamento provincial. Anualidade de 2013: • Limpeza instalacións Pazo Provincial e antiga sede de Educación (Meses de xaneiro a setembro) ata o importe máximo de 203.408,01 €, que se imputará á correspondente aplicación orzamentaria do orzamento provincial do exercicio de 2013. • Limpeza instalacións Finca Areeiro (Meses de xaneiro a setembro) ata o importe máximo de 35.693,19 €, que se imputará á correspondente aplicación orzamentaria do orzamento provincial do exercicio de 2013. • Limpeza instalacións Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico (Meses de xaneiro a setembro) ata o importe máximo de 28.868,40 €, que se imputará á correspondente aplicación orzamentaria do orzamento provincial do exercicio de 2013. 11.20282.- PRÓRROGA DO CONTRATO FORMALIZADO COA EMPRESA SIGNO, SISTEMAS DE INFORMACIÓN XEOGRÁFICA E CARTOGRAFÍA DIXITAL, S.L. PARA A CREACIÓN DUNHA PLATAFORMA PARA A XESTIÓN INTEGRAL DE DATOS XEOGRÁFICOS DE CARÁCTER TURÍSTICO, PATRIMONIAL E GASTRONÓMICO, ENMARCADA NO PROXECTO “DEPODEZA”, COFINANCIADO POR EL F.E.D.E.R A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o 17 de febreiro de 2012, adxudicou definitivamente o contrato para a creación dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico, enmarcada no Proxecto Depodeza, cofinanciado polo F.E.D.E.R. á empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital, S.L (CIF B-15.868.359), polo prezo ofertado de 218.630,40 €. Resultando que o contrato se formalizou coa empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital S.L. o día 5 de marzo de 2012. Resultando que a Deputación de Pontevedra, mediante escrito de data 7 de setembro de 2012 e rexistro de saída nº 313 solicitou á empresa adxudicataria unha modificación das especificacións tecnolóxicas acordadas e presentadas por devandita empresa na súa oferta, co fin de adaptar a plataforma ás especificacións requiridas polo Servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación de Pontevedra. Resultando que D. Xaime Garaboa Fernández, en calidade de representante da empresa adxudicataria, mediante escrito de data 17 de setembro de 2012, acepta dita solicitude e solicita, á súa vez, que se prorrogue a vixencia deste contrato ata o día 5 de novembro de 2013 para atender debidamente a petición realizada pola Deputación de Pontevedra. Visto o informe emitido pola xefa de Servizo Turismo Rías Baixas de data 26 de setembro de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar o contrato formalizado coa empresa Signo Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía Dixital S.L (CIF B-15.868.359), para a creación dunha plataforma para a xestión integral de datos xeográficos de carácter turístico, patrimonial e gastronómico, enmarcada no Proxecto Depodeza, establecendo como nova data límite para a entrega do proxecto o día o 5 de novembro de 2012. 12.20283.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL, PARA LEVAR A CABO A AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA UNED EN PONTEVEDRA A Directora do Centro Asociado da Universidade de Educación Nacional a Distancia en Pontevedra solicitou a colaboración da Deputación provincial para levar a cabo unha ampliación do Centro, debido o incremento da matrícula dos estudantes nos últimos anos, coa construción dun espazo máis amplo, en forma de Aula Magna, na que se permita levar a cabo os exames nun entorno adecuado a este fin, así como o desenvolvemento de salón de actos para cursos, conferencias, etc. Esta Deputación, por resolución da Presidencia de data 22 de setembro de 2011, acordou adxudicar a D. Ricardo Aguilar Argenti o contrato de asistencia técnica para a redacción do proxecto de ampliación do edificio da Uned, por un importe de 21.122,00 €. Redactado o proxecto de execución de ampliación do edificio da Uned para Aula Magna, o orzamento do mesmo ascende a contía de 330.000,00 €. Para levar a cabo a realización deste proxecto preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra. O custe total do convenio ascende á cantidade de trescentos cincuenta e un mil cento vinte e dous euros (351.122,00 €), incluídos os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. A obra será financiada achegando cada unha das Administracións implicadas o 33,33% do importe, distribuíndose a achega do Concello de Pontevedra e da Universidade de Educación a distancia en dúas anualidades. Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para levar a cabo esta actuación na aplicación 12/922.323.658.02 do orzamento provincial de 2012. Por todo o exposto, en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial de Pontevedra para levar a cabo a ampliación do edificio da Uned en Pontevedra. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A UNIVERSIDADE NACIONAL DE EDUCACIÓN A DISTANCIA, O CONCELLO DE PONTEVEDRA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL PARA LEVAR A CABO A AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA UNED EN PONTEVEDRA En Pontevedra, a … de … de 2012 REUNIDOS Dunha parte D. Juan A. Gimeno Ullastres, Reitor Magnífico da Universidade Nacional de Educación a Distancia, actuando en virtude das competencias que lle ten atribuídas o seu cargo. Doutra D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra, en virtude do nomeamento efectuado polo Pleno da Corporación na súa sesión constitutiva e actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 124.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, coa modificación dada pola Lei 57/2003, de 16 de decembro, de medidas de modernización do Goberno Local. E doutra D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. As partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- A Universidade Nacional de Educación a Distancia créase no ano 1972, cumprindo así o disposto na Lei Xeral de Educación vixente, que prevía a creación da modalidade de educación a distancia no ensino universitario. Por Orde Ministerial de 27 de febreiro de 1973 créase en Pontevedra o Centro Rexional desta Universidade, en base a un convenio subscrito entre o Reitorado da UNED e as Entidades promotoras, Deputación Provincial, Concello de Pontevedra e Caixa de Aforros. Neste Padroado, dado o seu carácter rexional, están representadas ademais das entidades promotoras outras entidades públicas e privadas da Comunidade Autónoma. O continuo crecemento deste Centro Asociado motivo que as entidades promotoras decidisen a construción dun edificio sito en Monteporreiro, que servise de sede para desenvolver o correspondente labor académico. No ano 1987 comezaron as actividades académicas neste novo centro. No momento actual, e logo de case corenta anos de funcionamento, este Centro Asociado conta con máis de 6.000 alumnos matriculados nas 52 titulacións que ofrece. Por outra banda, o Plan Bolonia esixe novos plantexamentos educativos. Estas circunstancias obrigan a levar a cabo unha ampliación do edificio da UNED, dispoñendo dun espazo para que os estudantes poidan realizar os exames nun entorno máis adecuada, así como poder utilizalo como aula de titorías e outras actividades. Para este fin, a Deputación provincial de Pontevedra encargou o correspondente proxecto básico e de execución de ampliación do edificio da UNED para aula Magna. O Orzamento para a realización desta ampliación ascende a 330.000,00 €. Dada o importante investimento que supón esta actuación non a pode abordar por si soa a UNED, e polo tanto é necesaria a colaboración doutras Administracións para así poder adecuar as instalacións do centro ás novas esixencias do Plan Bolonia e ó incremento do número de alumnos. II.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. III.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, as partes acordan a subscrición do presente convenio, segundo as seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. Este convenio ten por obxecto regular as bases de colaboración entre a Universidade Nacional de Educación a Distancia, o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial para levar a cabo as obras de “Ampliación do edificio da UNED para Aula Magna”. Segunda.- Orzamento e financiamento. O importe destas actuacións ascende á contía de trescentos cincuenta e un mil cento vinte e dous euros (351.122,00 €), incluídos os honorarios correspondentes á redacción do proxecto. A execución da obra ascende á contía de 330.000,00 €, que será financiada achegando cada unha das Administracións implicadas o 33,33% do importe, en dous anualidades. O financiamento efectuarase do seguinte xeito: ENTIDADE ANO 2012 ANO 2013 TOTAL UNED 55.000,00 € 55.000,00 € 110.000,00 € CONCELLO 55.000,00 € 55.000,00 € 110.000,00 € DEPUTACIÓN (obra) 110.000,00 € (proxecto) 21.122,00 € 131.122,00 € TOTAL 351.122,00 € Os gastos correspondentes á redacción do proxecto por un importe de 21.122,00 € serán aboados pola Deputación Provincial. Terceira.- Obrigacións das partes. 3.1.- Obrigacións da Deputación Provincial de Pontevedra. A Deputación provincial de Pontevedra levará a cabo as seguintes actuacións: a. Aboar os honorarios correspondentes pola redacción do proxecto básico e de execución para levar a cabo esta ampliación do edificio da sé da UNED, por un importe de 21.122,00 €, que serán imputables á aplicación 12/942.323.227.06.2011 do orzamento provincial. b. Achegar a cantidade de 110.000,00 € para financiar a realización das obras, con cargo á aplicación orzamentaria 12/922.323.658.02 do orzamento provincial de 2012. c. Levar a cabo a licitación, adxudicación, execución e dirección da obra, que deberá estar convenientemente sinalizada mediante cartel de obra no que figure o logotipo das tres Administracións que achegan financiamento. d. A remisión ó Concello da documentación acreditativa da licitación ou adxudicación do contrato con anterioridade ó 31 de decembro de 2012 e á rendición da conta xustificativa do investimento realizado diante do Concello, con anterioridade ó 31 de decembro de 2013, mediante certificacións do gasto realizado, ou calquera documento administrativo de valor probatorio ou eficacia administrativa equivalente admitidos na lexislación vixente, ademais, remitirase copia do acta de recepción da obra na última certificación que se remita. 3.2.- Obrigas do Concello de Pontevedra. a. Achegar para o financiamento do proxecto á contía de 110.000,00 €, en dúas anualidades: . No ano 2012 a cantidade de 55.000,00 €, que deberá ser ingresada en arcas provinciais unha vez que se proceda á sinatura do convenio e antes de proceder á licitación das obras. . Os outros 55.000,00 € con cargo ó orzamento de 2013, debendo ser ingresados no primeiro trimestre do ano, nos prazos que se sinalen na liquidación que se notifique. b. Conceder a oportuna licenza municipal para a realización das obras, unha vez comprobada a adecuación do proxecto de obras á legalidade urbanística que lle resulte de aplicación. 3.3.- Obrigas da Universidade Nacional de Educación a Distancia. a. A Universidade Nacional de Educación a Distancia obrígase a financiar a realización das obras na contía de 110.000,00 €, en dúas anualidades. . No ano 2012 a cantidade de 55.000,00 €, que deberá ser ingresada a través do Centro Asociado de Pontevedra en arcas provinciais unha vez que se proceda á sinatura do convenio e antes de proceder á licitación das obras. . Os outros 55.000,00 € con cargo ó orzamento de 2013, debendo ser ingresados no primeiro trimestre do ano, nos prazos que se sinalen na liquidación que se notifique. b. Solicitar as licenzas e autorizacións que fosen precisas para levar a cabo a realización das obras. c. Acreditar ante a Deputación Provincial a dispoñibilidade dos terreos necesarios para a execución das obras. d. Unha vez lle sexa entregada a construción desta nova Aula Magna, procederá a dotala do equipamento necesario para a súa utilización, tanto o referente a mobiliario como ó tecnolóxico. e. Xustificar que se atopan ó corrente coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, mediante a presentación na Deputación Provincial a declaración responsable regulada no artigo 24 do Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, que aproba o regulamento da Lei Xeral de Subvencións. Cuarta.- Modificacións do proxecto. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado polas tres Institucións na mesma proporción. A citada alteración do proxecto requirirá a súa aprobación polo órgano competente do concello con anterioridade á tramitación pola Deputación Provincial do expediente de modificación contractual segundo as determinacións do Real decreto lexislativo 3/2011 do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. Quinta.- Entrega e mantemento das instalacións. Unha vez recibida a obra pola Deputación realizarase a entrega da mesma á UNED, mediante a formalización do acta correspondente. Unha vez recibida a obra pola UNED levará a cabo, de forma adecuada, o seu mantemento, tendo a asunción de devandita responsabilidade desde o día seguinte da formalización do acta de entrega. Sexta.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte o Reitor da UNED, o Alcalde e o Presidente da Deputación, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren necesarias. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - No caso de que xurdan controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Sétima.- Vixencia do convenio. O presente convenio entrará en vigor na data da súa firma e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013. A vixencia do presente convenio poderase prorrogar coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se acabasen a obras obxecto do mesmo. Oitava.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Novena.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvención, Rd 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puidesen suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por triplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada na súa encabezamento. Pola Universidade Nacional de Educación a Distancia Juan A. Gimeno Ullastres Polo Concello de Pontevedra Miguel A. Fernández Lores Pola Deputación de Pontevedra Rafael Louzán Abal” 13.20284.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 1 - FINAL DA OBRA: “REMODELACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE VILARIÑO, NIGRÁN” Vista a certificación núm.1-final relativa á obra: “Remodelación de instalacións deportivas no campo de fútbol de Vilariño, Nigrán” adxudicada no seu día á empresa EIRIÑA S.L. e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 21 de setembro de 2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 1-final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe EIRIÑA S.L. (CIF. B – 36005411) 12/922.342.652.00.2011 12/922.342.652.00 257.286,69€ SUBTOTAL 257.286,69€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 7.329,06€ Control de calidade (3%) Id. 5.496,80€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 916,13€ Total descontos 13.741,99€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 243.544,70€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 14.20285.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota