ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2013/05/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.674/1.2013-05-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/05/16_Ordinaria

  • Data(s) 2013-05-16 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do día dezaseis de maio do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20865.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 3 de maio do ano 2013. 2.20866.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á SOCIEDADE DEPORTIVA OCTAVIO DE VIGO Dada conta da xustificación da subvención concedida por Resolución Presidencial nº 16476 de 28/12/12 á Sociedade Deportiva Octavio do concello de Vigo, con CIF: G-36.907.374, para “Axuda Participación en Ligas e Competicións Oficiais (Categoría Nacional)” por un importe de 45.000,00 €, con cargo á aplicación 12/340.341.489.20, e visto o informe de Intervención de data 13 de maio de 2013 no que, se manifesta que é necesario a aprobación da xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito por haberse presentado a mesma fóra do prazo establecido, a Xunta de Goberno por acorda por unanimidade recoñecer a obrigación mediante recoñecemento extraxudicial de crédito e aprobar a xustificación citada polo importe de 45.000,00 €, con cargo á aplicación 13/340.341.489.20.2012 do vixente orzamento provincial. 3.20867.- AUTORIZACIÓN Ó CONCELLO DE MOAÑA PARA XUSTIFICAR A OBRA NÚM. 2012000389 “ACONDICIONAMENTO INTERIOR E URBANIZACIÓN DO EDIFICIO DESTINADO A GARDERÍA INFANTIL” INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012” Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación na sesión celebrada o día 30 de novembro de 2012 (acordo núm. 3.20415) concedeu ó Concello de MOAÑA, CIF núm. P3602900G, unha subvención por importe de cento nove mil euros (109.000,00 €), con cargo ó Plan de Investimentos e Gastos correntes da Deputación 2012, para a realización do investimento núm. 2012000389 “Acondicionamento interior e urbanización do edificio destinado a gardería infantil”. A licitación, dirección e execución desta obra correspondíalle á Deputación. Resultando que, por mor dunha errónea lectura, o Concello de Moaña interpretou as Bases do Plan de Investimentos coma unha oportunidade para executar e rematar cos seus propios medios as obras contempladas no proxecto construtivo, que foi aprobado pola Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 19 de outubro de 2012, para posteriormente acreditar o gasto efectuado perante a Deputación. Resultando que, con data 13 de maio de 2013, o Concello de Moaña achega un escrito (núm. rexistro entrada 2013036616) solicitando que se modifique o acordo de concesión núm. 3.20415, de 30 de novembro de 2012, e se lle autorice a xustificar, contra a subvención concedida, o gasto incorrido na execución do investimento 2012000389 “Acondicionamento interior e urbanización do edificio destinado a gardería infantil”. Así mesmo este manifesta que, por mor das exixencias dos veciños que demandaban a operatividade da gardería a maior brevidade posible dada conta do déficit de prazas no municipio e co gallo de dar resposta a esta necesidade inaprazable e de interese público, o concello contratou a obra sen seguir o procedemento esixido pola normativa de contratación, polo que na actualidade atópase nunha situación na que, a pesares de que non existe un procedemento contractual que lle sirva de cobertura, a empresa que executou o investimento achega unha factura formal á administración que aceptou a prestación e para evitar o enriquecemento inxusto desta, o gasto indebidamente contraído será aprobado pola corporación municipal seguindo un procedemento extraxudicial de crédito. Á vista do que antecede e considerando o disposto no artigo 64 do R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, na base 25ª.5.b) das de Execución dos orzamentos provinciais, na base décimo cuarta das do Plan de Investimentos e Gastos Correntes 2012 e no artigo 1124 do Código Civil, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo de concesión núm. 3.20415, de 30 de novembro de 2012, autorizando ó Concello de Moaña, CIF.: P-3602900G, a xustificar perante a Deputación e contra a axuda económica concedida, a realización do investimento núm. 2012000389 “Acondicionamento interior e urbanización do edificio destinado a gardería infantil” incluído no PID/12, coas seguintes obrigas para a xustificación e pagamento da subvención e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: a. O investimento deberá ser xustificado antes do día 31 de outubro de 2013. b. A axuda concédese para financiar o investimento núm. 2012000389 “Acondicionamento interior e urbanización do edificio destinado a gardería infantil” e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 Lei 38/2003, xeral de subvencións. c. Para percibir a subvención concedida, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: 1. Memoria explicativa e detallada da realización do proxecto, indicando as circunstancias que concorreron tanto na administración que encargou a prestación como na empresa que acudiu ó encargo, co obxecto de determinar que as actuacións se produciron baixo o principio de boa fe e confianza lexítima. 2. Conta xustificativa dos gasto no modelo normalizado que se atopa na páxina web da Deputación. (modelo 100.001) 3. Certificacións ou facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado debidamente conformadas. 4. Certificación do acordo do Pleno Municipal conforme se aprobou o gasto indebidamente contraído seguindo o procedemento extraxudicial de crédito e de conformidade coas normas específicas que regulan estes expedientes de gasto. 5. Declaración do concello conforme os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron á finalidade proposta e de que os xustificantes se atopan a disposición da Deputación para o seu exame se o considerase oportuno. (modelo 100.001) 6. Declaración que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación-Servizo de Cooperación. (modelo 100.001) 7. Declaración das axudas concedidas por outras administracións para a mesma finalidade con expresión da súa contía. (modelo 100.001) O incumprimento dalgunha das obrigas salientadas nos parágrafos anteriores determinará a perda da subvención concedida. 2. Autorizar a tramitación da correspondente modificación orzamentaria, por importe de cento nove mil euros (109.000,00 €), para que se transfira o crédito consignado na aplicación 2013/942.942.652.45.2012 á aplicación 2013/942.942.762.00.2012, dada conta de que o investimento foi executado polo Concello. 3. Os servizos técnicos da Deputación, poderán comprobar en todo momento a execución deste investimento. 4.20868.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO E SUPERIOR DE CAMIÑOS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL, CON DESTINO Ó CONCELLO DE MEAÑO No Boletín Oficial da Provincia, número 1 de data 02 de xaneiro de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria de 195 Bolsas de Práctica Laboral para titulados universitarios nos Concellos da Provincia en temas relacionados coa prestación de servizos municipais, entre as que figura a seguinte: - Expediente C078 Meaño: Unha bolsa para enxeñeiros técnicos e superiores de camiños. Por Resolución Presidencial de data 03 de maio de 2013 aprobouse a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos e convocouse ós aspirantes que acadaron a máxima puntuación na fase de concurso para a realización da entrevista que tivo lugar o día 08 de maio de 2013. Finalizado o correspondente proceso selectivo e considerando a proposta do tribunal seleccionador, de conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a referida bolsa ó seguinte aspirante, cos efectos que se determinan a continuación e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria: Apelidos e Nome Concello Efectos nº exp 1 González Eiras, Fabio José MEAÑO 01/06/13 C078 A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13/921.241.481.01 e 13/921.920.160.03. A aceptación e disfrute desta Bolsa non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos bolseiros a esta Institución. 5.20869.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20870.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 15 de maio de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201300000870 e que contén unha factura de Cespa, S.A., por importe de 3.223,94 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 3.223,94 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 3.223,94 € 7.20871.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL CORBILLÓN CAMBADOS DO CONCELLO DE CAMBADOS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 05/12/12 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 05/12/2012 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Corbillón Cambados con CIF: G-36.228.120, do concello de Cambados, por un importe de 301,00 €, para “Adquisición de instrumentos” con cargo á aplicación 12/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 10/05/13, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 8.20872.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE E EXCLUSIVIDADE, DO PATROCINIO DA “VOLTA A ESPAÑA 2013” Visto o escrito da Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas participando que dende o Servizo se está xestionando o patrocinio e campaña publicitaria do destino “Rías Baixas” no marco da 68º edición da VOLTA A ESPAÑA. O ano 2013 é un ano histórico para o deporte na provincia de Pontevedra, a “Volta a España” terá a saída oficial na provincia e as catro primeiras etapas percorreran este destino turístico. Durante eses días a provincia de Pontevedra será o principal foco da actualidade deportiva a través dun evento de impacto internacional que xera repercusión mediática e investimento. Visto o certificado emitido pola Real Federación Española de Ciclismo no que establece que UNIPUBLIC, S.A. é a sociedade mercantil titular dos dereitos da organización da “Volta a España”, o patrocinio da competición deportiva so se poderá realizar coa devandita empresa. Tendo en conta as consideracións que figuran no informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación de data 09 de maio de 2013. Resultando que con data 10 de maio de 2013, o Sr. Secretario Xeral informa sobre o prego de condicións económico-administrativas particulares que rexerá na contratación do patrocinio publicitario da “Volta a España 2013”. Visto o informe de fiscalización emitido polo Servizo de Intervención e documento RC correspondente, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ás obrigas derivadas deste contrato, con cargo á aplicación orzamentaria: Anualidade Aplicación Orzamentaria Importe total estimado con IVE 2013 433.432.226.23 600.000,00 € Considerando que o contrato ven definido na Lei 34/1998, de 11 de novembro, Xeral de Publicidade, sendo a súa natureza, cando esteamos en presenza dunha relación bilateral e onerosa non calificable como actividade subvencionales, de réxime privado. Considerando que o contrato de patrocinio publicitario non encaixa en ningún dos contratos típicos recollidos no Trlcsp, será un contrato privado e por tanto, na súa preparación e adxudicación se aplicará o dereito administrativo e, no relativo os efectos e extinción, rexerase polo dereito privado. Considerando que a disposición adicional segunda do sinalado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta o Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato privado, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para este tipo de contratos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento negociado, sen publicidade e exclusividade, do patrocinio da “Volta a España 2013”, pola cantidade máxima de seiscentos mil euros (600.000,00 €), IVE engadido. 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento negociado, sen publicidade e exclusividade. 3.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 600.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 2013/433.432.226.23 do vixente orzamento provincial. 4.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do patrocinio da “Volta a España 2013”, concedendo un prazo de dez días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte a recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO, SEN PUBLICIDADE E EXCLUSIVIDADE, DO PATROCINIO PUBLICITARIO DA “VOLTA A ESPAÑA 2013” Ó SEU PASO POLA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- OBXECTO.- O obxecto do dito contrato ó que se refire o presente prego, é o descrito/s no/s apartado/s 1 do/s Anexo/s I. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares, revestirán carácter contractual. 2.- FINANCIACIÓN E ORZAMENTO DE LICITACIÓN.- Este contrato será financiado do xeito que se establece no apartado 3 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende a cantidade expresada no apartado 3 do Anexo I ó presente prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso, indicarase como partida independente, o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). 3.- RÉXIME XURÍDICO.- O contrato cualifícase como privado, en aplicación do artigo 20.1 in fine e 20.2 TRLCSP, e rexerase, en canto a súa preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, polo TRLCSP e a súa disposición de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes normas de dereito administrativo ou, no seu caso, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade. No relativo os seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado. 4.- PROCEDEMENTO.- O contrato adxudicarase por procedemento negociado sen publicidade e exclusividade, de acordo co establecido nos artigos 169 e 170 d) do TRLCSP. UNIPUBLIC, S.A. é unha sociedade mercantil titular dos dereitos de organización da VOLTA A ESPAÑA 2013, polo que, a contratación do patrocinio publicitario só é posible realizarse con dita empresa. 5.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 9 do anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. 6.- PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo total de vixencia do contrato figuran no apartado 4 do anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado. 7.- INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo, o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza, ou de ser o caso, da garantía e sen que a aplicación e pago destas exclúa a indemnización á que a administración poda ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo retraso imputable ó contratista. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos arts. 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte o da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DA PROPOSICIÓN; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1. Lugar e prazo de presentación: A proposición presentarase no Rexistro Xeral da Deputación, (sede de Pontevedra en horario de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres, e sábados de 9 a 13 horas; Ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9 a 14 horas) dentro dun prazo de dez días a contar desde o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. Se o último día de presentación da proposición coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderá presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico dás administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle o órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratación@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 9.2. Formalidades: O contratista deberá presentar DOUS SOBRES distintos, no que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - SOBRE (A ou B, en función do sobre). - Nº Expediente. No caso que se coñeza. - Denominación do contrato. - Nome do licitador. - CIF. - Enderezo, e-mail e teléfono de contacto. - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre se incluirá a seguinte documentación: SOBRE A: DOCUMENTACIÓN XERAL 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. 2.- Poder debidamente bastanteado. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica, deberán acompañar tamén escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario publico cunha antigüidade non superior a 6 meses. 3.- Declaración responsable de conformidade co modelo do Anexo III. Esta declaración incluirá a manifestación de estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: O licitador deberá acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se relacionan no apartado 9 do Anexo I do presente prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. O licitador poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato, dispón efectivamente deses medios. Nota importante: O órgano de contratación requirirá á empresa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas eseciais do contrato. Rexistro de licitadores: A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou da Comunidade Autónoma Galega eximirá ós licitadores inscritos, a teor do que nel reflectido e salvo proba en contrario, da presentación nas convocatorias de contratación das condicións de aptitude do empresario canto á súa personalidade e capacidade de obrar, representación, habilitación profesional ou empresarial, solvencia económica e financeira, e clasificación, así como da acreditación da non concorrencia das prohibicións de contratar, sempre que consten nel. O licitador deberá manifestar que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse en caso de resultar adxudicatario. Os datos que non consten no certificado non se entenderán acreditados. Non se aceptará a proposta se contén omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se a proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN TÉCNICA E PROPOSICIÓN ECONÓMICA. 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo II do prego de condicións, asinado e selado. 2.- Proposta técnica: O licitador deberá presentar unha oferta técnica nos termos establecidos no apartado 8 do Anexo I do presente prego. 10.- CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DA PROPOSICIÓN E ASPECTOS OBXETO DA NEGOCIACIÓN.- Unha vez finalizado o prazo de presentación da proposición, se procederá a apertura do correspondente sobre. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Negociaranse unha pluralidade de criterios que se establecerán no anexo 1 do presente prego. No caso de que só se negociase un único criterio, deberá ser o prezo. 11.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación unha vez avaliada a proposta, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, requirirá á empresa para que dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: - Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. - Documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. - Acreditación da aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribir a execución do contrato. A acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social ante o órgano de contratación, realizarase de acordo co seguinte: Obrigas tributarias: a) Orixinal ou copia cotexada do alta no Imposto sobre Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, sempre que exerza actividades suxeitas ó devandito imposto, en relación coas que veña realizando á data de presentación da súa proposición, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo, completado cunha declaración responsable de non darse de baixa na matrícula do citado imposto. Os suxeitos pasivos que estean exentos do imposto deberán presentar declaración responsable indicando a causa de exención. No suposto de atoparse nalgunha das exencións establecidas no artigo 82.1 apartados b), e) e f) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, deberán presentar así mesmo resolución expresa da concesión da exención da Axencia Estatal de Administración Tributaria. b) Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria, na que se conteña xenericamente o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 13 do RXLCAP. Ademais, o proposto adxudicatario non deberá ter débedas de natureza tributaria. A administración local, de oficio,comprobará mediante os datos obrantes na súa propia Tesourería o cumprimento da devandita obriga. Obrigas coa Seguridade Social: Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, na que se conteña xenericamente o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 14 do RXLCAP. 12.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do prazo dos cinco días seguintes á recepción da documentación e notificará esta adxudicación o licitador e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R.D. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. 13.- SUBCONTRATACIÓN.- O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial do mesmo, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Se deberá indicar na oferta a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe co respecto a totalidade do servizo, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia as condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, Reguladora da Subcontratación no Sector da Construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto Refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na Orde Social, aprobado por Real Decreto Lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 14.- FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato elévese a escritura pública, correndo o seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 15.- OBRIGACIÓNS DO CONTRATISTA.- O contratista será o responsable da calidade no servizo prestado, así como das consecuencias que se deduzan para a administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou calquera outra derivada da execución do contrato. O contratista queda obrigado o cumprimento estrito de cantas disposicións lexislativas estean vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia así como dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable, non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan deber a orden directa do incluso, con expresa reserva escrita por parte do contratista, tanto o propio responsable coma o órgano de contratación. 17.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución reguladas en dereito privado. 18.- XURISDICIÓN COMPETENTE.- A orde xurisdicional contencioso-administrativa será a competente para resolver as cuestións litixiosas que xurdan sobre a preparación e adxudicación, e a orde xurisdicional civil será a competente no relativo os seus efectos, cumprimento e extinción. ANEXO I CARACTERISTICAS DO CONTRATO 1.- DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO.- Contratación do patrocinio da “Volta a España 2013” con saída dende a provincia de Pontevedra de conformidade co prego de prescricións técnicas. 2.- PROCEDEMENTO.- División en lotes: No Cualificación contrato: Contrato privado de patrocinio publicitario. CPV: Non procede. Trámite: Ordinario. Procedemento: Negociado sen publicidade e exclusividade. Órgano de contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 10 días a contar dende o día seguinte á recepción da invitación a participar no procedemento negociado. 3.- TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIACIÓN.- A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: Tanto alzado. Importe total sen IVE: 495.867,77 € IVE (21%): 104.132,23 € Importe total IVE engadido: 600.000,00 € B) FINANCIAMENTO: Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación Orzamentaria Importe total estimado con IVE 2013 433.432.226.23 600.000,00€ Revisión de prezos: Non procede. 4.- PRAZO DE EXECUCIÓN O contrato entrará en vigor na data da súa formalización e finalizará cando se cumpra o obxecto do mesmo. O prazo de execución do contrato entendese, en calquera caso, sen prexuízo da facultade de declarar a extinción do contrato, de conformidade co previsto no presente prego e na lexislación xeral de aplicación deste contrato. 5.- RÉXIME DE PAGOS O pago do contrato realizarase de forma parcial contra as facturas correspondentes nos seguintes prazos asegurando os referidos pagos mediante a prestación dunha garantía polo importe equivalente:  O 50% nos dez días seguintes a data de formalización do contrato.  O 12,5% o 30 de xuño de 2013.  O 12,5% o 31 de xullo de 2013.  O 12,5% o 31 de agosto de 2013.  O 12,5% nos dez días seguintes á finalización da Volta a España 2013. As facturas serán aboadas unha vez prestada a conformidade do responsable do contrato. 6.- GARANTÍAS Provisional: Non procede. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: Non procede. 7.- PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 8.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO SOBRE B O licitador deberá presentar unha oferta técnica na que incluirá toda a documentación relativa á proposta de patrocinio publicitario (cláusula 2 do prego de prescricións técnicas) e, en particular: 1. Relativo o desenvolvemento da Volta. 1.1 Montaxe 1.2 Invitacións 1.3 Instalación dos punto de encontro nas zonas de saída. 1.4 Publicidade institucional na liña de meta. 1.5 Publicidade institucional no percorrido 1.6 Publicidade institucional na liña de saída. 1.7 Gala de presentación de equipos. 1.8 Subministros e presentación de servizos. 2. Relativo a promoción da Rías Baixas durante a Volta a España. 2.1 Promoción das Rías Baixas no punto de encontro. 2.2 Caravana publicitaria. 2.3 Actividades en meta. Ademais da relación mínima de documentación, o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportuno para a perfecta definición do patrocinio, entendendo, que en caso de non indicarse un aspecto determinado, que cumpren cos requisitos mínimos establecidos no prego. 9.- DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR NO SOBRE A.- Deberase achegar a documentación indicada no punto 9 do prego económico-administrativo e a acreditativa á SOLVENCIA ECONOMICA, FINANCIERA E TÉCNICA que a continuación se especifica: Clasificación: Non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos patrocinios realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior a do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de Entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas Anuais (Conta de Perdas e Ganancias) dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda, e/ou os Modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de Titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). b.1) Empresarios e profesionais con tributación del IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de ventas e ingresos dos tres últimos anos. (Debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obrigación). - Modelo 390 (Declaración resumen anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de ventas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable firmada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflexa a imaxe fiel da actividade económica da empresa. En caso de non dispor do libro de rexistro de ventas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflexa a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica, o licitador deberá presentar os seguintes documentos: Relación dos principais patrocinios realizados no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato, estes certificados indicarán o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo IV). Os patrocinios publicitarios efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados serán comunicados directamente ó órgano de contratación pola autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó presuposto deste contrato, IVE incluído. ANEXO II MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE B) Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (CIF- núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Manifesto a vontade de participar no procedemento negociado sen publicidade e exclusividade convocado para a contratación do PATROCINIO PUBLICITARIO DA VOLTA A ESPAÑA 2013: Primeiro.-Declaramos que na execución do contrato se cumpriran as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo.-Comprometémonos a prestación patrocinio publicitario, con estrita suxeición os pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de _______ (en letra e número) euros, máis _____________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE. - Prezo total IVE engadido(en letra e número): - Proposta técnica. ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato pdf para a súa cumprimentación na área de descargas da seguinte dirección web: www.depo.es Formulario en galego: http://pdf.depontevedra.es/ga/148/TlnjrhRvHV.pdf Formulario en castelán: http://pdf.depontevedra.es/ga/148/JFxNtLgHSV.pdf 9.20873.- REESTRUTURACIÓN DO FINANCIAMENTO DURANTE O EXERCICIO DE 2013 DO CONTRATO DE ACTUACIÓN GLOBAL E INTEGRADA QUE SUPOÑA A MELLORA DA EFICACIA ENERXÉTICA E PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NO CENTRO “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 28 de decembro de 2012 adxudicou o contrato para a realización dunha actuación global e integrada que supoña a mellora da eficiencia enerxética e prestación de servizos enerxéticos na CIPF á empresa Valoriza Facilities, S.A.U. (CIF A-83.709.873) de acordo coa seguinte proposta económica: Importe anual (sen IVE) IVE (21%) Importe anual (con IVE) Prezo máximo anual ofertado da xestión enerxética: Prestación P1 267.720,62 € 56.221,33 € 323.941,95 € Prezo máximo anual ofertado do Mantemento e Garantía Total: Prestación P2 e P3 31.660,82 € 6.648,77 € 38.309,59 € Total PMA 299.381,44 € 62.870,10 € 362.251,54 € En dito acordo de adxudicación establecíase que o contrato se financiaría con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e con arranxo ás cantidades que se determinan, condicionados á aprobación dos exercicios futuros: APLICACIÓN IMPORTE 232.232.221.00 181.251,54 € 232.232.221.03 126.000,00 € 232.232.632.03 55.000,00 € TOTAL 362.251,54 € O Xefe de mantemento do Centro Príncipe Felipe informa con data 23 de abril de 2013 sobre que as porcentaxes de gasto a imputar a cada aplicación orzamentaria polas prestacións P1 e P2 son as seguintes: 39,779% pola subministración de electricidade, 44,866% pola subministración de gas e gasóleo e 15,355% polos demais conceptos de mantemento e garantía total, polo que os importes a imputar a cada concepto son os seguintes: Aplicación Concepto % Imputación Importe 232.232.221.00 Electricidade 39,779 % 144.100,04 € 232.232.221.03 Gas Natural e Gasóleo C 44,866 % 162.527,78 € 232.232.632.03 Outros 15,355 % 55.623,72 € TOTAL 100 % 362.251,54 € Considerando o informe do Xefe de sección do centro Príncipe Felipe de data 23 de abril de 2013 sobre a necesidade de realizar unha reestruturación do financiamento deste contrato durante o exercicio 2013 co fin de establecer as porcentaxes de imputación de cada concepto. Considerando o informe de Intervención de data 10 de maio de 2013 e vistos os documentos AD nº 201300008159 por importe de 120.083,40 €, AD nº201300042092 por importe de 135.439,80 € e AD nº 201300050688 por importe de 46.353,10 €. Considerando que, de conformidade coa disposición adicional segunda do Trlcsp., corresponde ó Pleno a competencia sobre aqueles contratos de carácter plurianual que teñan unha duración superior a catro anos, e que o Pleno, en sesión de 25 de novembro de 2011, acordou delegar as sucesivas actuacións para a celebración deste contrato na Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a reestruturación do financiamento do contrato de actuación global e integrada que supoña a mellora da eficacia enerxética e prestación de servizos enerxéticos no Centro “Príncipe Felipe” durante o exercicio 2013 de acordo ó seguinte detalle: Financiamento 2013 (do 01/03/13 ó 31/12/13): APLICACIÓN CONCEPTO % IMPUTACION IMPORTE 13/232.232.221.00 Electricidade 39,779 % 120.083,40 € 13/232.232.221.03 Gas Natural e Gasóleo C 44,866 % 135.439,80 € 13/232.232.632.03 Outros 15,355 % 46.353,10 € TOTAL 100 % 301.876,30 € 10.20874.- REVISIÓN DA PORCENTAXE A ACHEGAR POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ÓS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DA ESCOLA INFANTIL 0-3 PRÍNCIPE FELIPE A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión do día 19 de setembro de 2007, adxudicou o concurso convocado para a contratación da xestión, mediante concesión, do servizo da escola infantil na Cidade Infantil Príncipe Felipe (na actualidade denominada Escola Infantil 0-3 Príncipe Felipe), á empresa Chupetes Galicia, S.L. con C.I.F.-B-70098744 por un período de tres anos, que foi prorrogado á súa finalización por tres anos máis. O financiamento do contrato estableceuse que se realizaría con cargo ás tarifas aboadas polos usuarios, así como pola subvención da Deputación, que financiaría o 30% dos gastos de funcionamento da gardería ademais das subvencións que puidese conceder a Xunta de Galicia. A empresa Chupetes Galicia, S.L., a través de escrito de data 5 de marzo de 2013, pon de manifesto que a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia no ano 2012 non convocou axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes das Deputacións provinciais. O Xefe de Sección do centro Príncipe Felipe informa, con data 26/03/13, que a falta de ingresos provenientes da convocatoria das axudas anuais que realizaba a Consellería de Traballo e Benestar para atender ós gastos de mantemento da escola Infantil 0-3 Príncipe Felipe, trae como consecuencia que exista un desfasamento entre os ingresos e gastos do ano 2012, motivo polo cal a empresa Chupetes Galicia, S.L. solicita que se revise a cantidade a achegar pola Deputación de Pontevedra para poder así restablecer o equilibrio financeiro da concesión da cal resultou adxudicataria. Da memoria xustificativa que cada mes presenta a empresa Chupetes Galicia, S.L., á Dirección do Centro Príncipe Felipe, para facer efectivo o importe do 30% correspondente á achega que a Deputación de Pontevedra realiza dos gastos de funcionamento da escola infantil 0-3, pódese contabilizar o desequilibrio económico producido durante o ano 2012 en 50.656,17 €, de acordo co seguinte detalle: MES GASTOS INGRESOS SUBVENCIÓN DEPUTACIÓN (30%) DIFERENZA Xaneiro 25.371,16 € 12.962,00 € 7.611,35 € -4.797,81 € Febreiro 24.816,37 € 12.912,20 € 7.444,91 € -4.459,26 € Marzo 28.448,32 € 16.815,90 € 8.534,50 € -3.097,92 € Abril 24.785,28 € 16.762,90 € 7.435,58 € -586,80 € Maio 25.406,38 € 16.585,90 € 7.621,91 € -1.198,57 € Xuño 23.636,93 € 16.220,90 € 7.091,08 € -324,95 € Xullo 22.297,01 € 10.373,30 € 6.689,10 € -5.234,61 € Agosto 20.737,60 € 2.480,70 € 6.221,28 € -12.035,62 € Setembro 24.786,85 € 11.510,40 € 7.436,06 € -5.840,39 € Outubro 24.586,80 € 11.875,40 € 7.376,04 € -5.335,36 € Novembro 23.439,58 € 12.027,40 € 7.031,87 € -4.380,31 € Decembro 22.164,81 € 12.150,80 € 6.649,44 € -3.364,57 € TOTAIS.. 290.477,09 € 152.677,80 € 87.143,12 € -50.656,17 € O contrato formalizado no seu día coa empresa Chupetes Galicia, S.L., réxese polo Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, en virtude do estipulado na disposición transitoria primeira do vixente Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido pola Lei de Contratos do Sector Público. O artigo 163.2 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2000 determina que “Cando as modificacións afecten o réxime financeiro do contrato, a Administración deberá compensar ó contratista de maneira que se manteña o equilibrio dos supostos económicos que foron considerados como básicos na adxudicación do contrato”. Hai que ter en conta ó respecto que os módulos que se aplican para o cobro dos prezos ós usuarios son establecidos pola Xunta de Galicia, habendo alumnos exentos do pagamento en función do baremo aplicable. Vistos estes antecedentes e os informes dos servizos da Cidade Infantil Príncipe Felipe, Contratación e Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Restablecer o equilibrio financeiro do contrato para a xestión, mediante concesión, do servizo da escola infantil do Centro Príncipe Felipe, cunha achega adicional de 50.656,17 euros á empresa Chupetes Galicia, S.L. Este desequilibrio financeiro foi produto de que a Xunta de Galicia deixou de achegar a subvención que anualmente viña concedendo, ó excluír da convocatoria correspondente ás Deputacións Provinciais. Esta achega adicional financiarase con cargo á aplicación 13/232.232.227.99 do vixente orzamento provincial. 11.20875.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Luís Taboada, S.L. A empresa Luís Taboada, S.L. (CIF B- 36.278.471), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil douscentos corenta euros con trinta e cinco céntimos (5.240,35 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora capa de rodamento en varias pistas do entorno de Velpellós, parroquia de Santa María de Vilariño (Agolada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 1/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000054424, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Proyecta, actividades profesionales de la construcción, S.L. A empresa Proyecta, actividades profesionales de la cosntrucción, S.L. (CIF B- 70.146.923), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Afigal, por importe de dez mil euros (10.000,00 €), para responder do contrato relativo a: Mellora da condución de auga en Chapela (Redondela), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000080978, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de mil oitenta e seis euros con corenta e seis céntimos (1.086,46 €), para responder do contrato relativo a: Mellora da condución de auga en Chapela (Redondela), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000080979, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Narom, S.L. A empresa Narom, S.L. (CIF B- 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil setecentos vinte e catro euros con trece céntimos (3.724,13 €), para responder do contrato relativo a: Pavimentación E.P. 9406 Gallas-Armenteira (Meis), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000078236, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas á empresa Plygepe, S.L. A empresa Plygepe, S.L. (CIF B- 36.811.636), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oito mil sesenta euros con vinte e sete céntimos (8.060,27 €), para responder do contrato relativo a: Ampliación do Centro Cultural e Veciñal en Belesar (Baiona), que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000081484, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Paraxe, S.L. A empresa Construcciones Paraxe, S.L. (CIF B- 36.770.535), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Millenium, por importe de oito mil seiscentos oitenta e cinco euros con cincuenta e dous céntimos (8.685,52 €), para responder do contrato relativo a: Acondicionamento do Paseo Marítimo da Praia de Rodeira (Cangas do Morrazo), que foi depositada na Tesourería Provincial o 30/09/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100079487, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 12.20876.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición