ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.784
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Contrato de aforamento do mosteiro a Pedro Díaz e a súa muller María Palleira por tres voces

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.25.20.868/1.18

  • Título Contrato de aforamento do mosteiro a Pedro Díaz e a súa muller María Palleira por tres voces

  • Data(s) 1545 (Creación)

  • Volume e soporte 4 páxinas

Área de contexto

  • Nome do produtor Mosteiro de Santa María de Armenteira (Meis, Pontevedra)(1151-2022) O primeiro cenobio debeu ser fundado polo abade San Ero no ano 1150. Esta persoaxe é protagonista dunha famosa lenda en Galicia, segundo a cal estivo escoitando embelesado cantar a un paxariño durante trescentos anos tras rogarlle á Virxe que lle amoase cómo era o Paraíso. Esta historia recollese nas Cantigas de Alfonso X O Sabio. A data de creación según a primeira mención documental é do 6 de marzo de 1151, data na que Diego Ovéquiz fai doazón ao abade don Ero unha herdade na vila de Gondes. Pero en 1975 aparecen durante unhas excavacións unha lauda que fai retroceder a data das orixes á época prerrománica: sería un dos numerosos mosteiros surxidos nos séculos IX e X, aínda que sin notas documentais que se podan constatar, coñecéndose que en 1151 seguía a regla benedictina tal como dice o mencionado documento dese ano. En 1162 aparece por primeira vez o nome do mosteiro nos documentos oficiais da Orde Cisterciense, aínda que as primeiras noticias certas son de 1190. O que si parece claro é que Armenteira non foi unha fundación cisterciense, senón unha afiliación á orde. Desde este momento comezou a recibir doazóns dos reis, aínda que as mis numerosas é importantes foron as procedentes dos particulares. Todo elo levou á formación dun grande patrimonio convirtíndose así nun dos máis importantes mosteiros cistercienses galegos. Durante os séculos baixomedievais foron obxeto de usurpacións e expolios a máns dos nobles e familias poderosas da zona, recurrindo a Roma para súa devolución, sendo así que a finais do século XV manifesta certa decadencia. Cara o ano 1523 incorporase a reforma introducida pola Congregación cisterciense de Castilla tras a renuncia de frai Gonzalo de Saavedra, aínda que non foi efectiva hasta súa morte en 1528. Non será hasta 1536 cando ten lugar a confirmación pontificia. A desamortización obriga aos monxes a abandoar o cenobio no ano 1837. A partir dese momento os edificios, salvo a igrexa e a parte visible do claustro van desmoronándose. Do primitivo mosteiro sólo queda en pé a igrexa que destaca pola súa sinxeleza e austeridade. Actualmente atópase habitado por monxas cistercienses desde 1989.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Mosteiro de Santa María de Armenteira >Contrato de aforamento do mosteiro a Pedro Díaz e a súa muller María Palleira por tres voces sucesivas. Outorgado por: o Abade Gabriel Bocalan, os frailes Sebastián Cornejo, prior, Rodrigo de Torre, prior, Frai Benito de Monsalud e Melchior Criado, monxes. Testemuñas: Pero Nantes el Moço, Vartolomé Tellón, Diego Gómez de Rendal / e outros / Escribán: Pedro de Nantes Data: Mosteiro de Santa María de Armenteira. 1545 novembro, 22

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Dimensións: 30 x 21 cm

Área de documentación

  • Unidades de descrición relacionadas AHN. Sección Clero

Área de notas

  • Nota Números que figuran nos documentos sen tachar: 115-116 / 126-127 Números que figuran nos documentos tachados: 618 Propiedades nomeadas no documento que se aforan: Casar da Graña Porto das Bestas Bezerrica Coto da Pesqueyra Outeyro da Candieyra

Puntos de acceso

Área de control da descrición