ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.396
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2014/01/10_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.830/1.2014-01-10_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/01/10_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 26 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dez de xaneiro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto Dna. Mª Jesús Torres Peón, Secretaria Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os seguintes deputados: D. José Crespo Iglesias e D. Alejandro Rodríguez Rodríguez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.21709.- PRÓRROGA E MODIFICACIÓN DO CONTRATO DE SERVIZO DE TRATAMENTO, IMPRESIÓN, PREGADURA E ENSOBRADO DE CARTAS E NOTIFICACIÓNS XERADAS NA XESTIÓN E RECADACIÓN DE TRIBUTOS POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA-ORAL, ASÍ COMO A SÚA POSTERIOR ENTREGA Ó OPERADOR POSTAL Dada conta do escrito presentado en data 18 de novembro de 2013 pola empresa Delion Communications, S.L., con CIF B-86.684.396 (antes INDRA BMB S.L.U.) no que pon de manifesto que o próximo 11 de xaneiro de 2014 finaliza o contrato de “servizo de tratamento, impresión, pregadura e ensobrado de cartas e notificacións xeradas na xestión e recadación de tributos pola Deputación de Pontevedra-ORAL, así como a súa posterior entrega ó operador postal” e solicita a prórroga do mesmo, renunciando expresamente á revisión de prezos. No mesmo escrito informa que debido a novas necesidades xurdidas ó longo deste período, e coa posta en marcha de novos procedementos, deben terse en conta algúns servizos máis non contemplados no contrato inicial, sendo os prezos unitarios fixados para cada unha das modalidades: Prezo unitario IVE (21%) Prezo unitario total Carta ordinaria (1 folla a 1 cara) 0,05834 € 0,01225 € 0,07059 € Carta ordinaria (1 folla a 2 caras) 0,07290 € 0,01531 € 0,08821 € Carta certificada (1 folla a 1 cara) 0,07582 € 0,01592 € 0,09174 € Carta certificada (1 folla a 2 caras) 0,09038 € 0,01898 € 0,10936 € Follas adicionais 0,01005 € 0,00211 € 0,01216 € Impresións adicionais 0,01456 € 0,00306 € 0,01762 € O Tesoureiro da Deputación de Pontevedra, en data 16 de decembro de 2013, informa o seguinte: “...O Consello Reitor do ORAL, en sesión de data 23 de decembro de 2011, acordou adxudicar á empresa Indra BMB, S.L.U., con CIF B-84.138.296 (actualmente Delion Communications, S.L.U. con CIF B-86.684.396), o “servizo de tratamento, impresión, pregadura e ensobrado de cartas e notificacións xeradas na xestión e recadación de tributos para o ORAL, así como a súa posterior entrega ó operador postal”. cuxo importe máximo, IVE engadido, para os dous anos do contrato, ascendeu a 52.006,38 € (44.073,20 € máis 7.933,18 €) para un número estimado de 40.000 cartas e 218.000 notificacións anuais e tendo posibilidade de prórroga de ata un máximo de 2 anos máis. “...Os prezos unitarios e condicións acordadas foron as seguintes: Carta ordinaria Carta certificada Prezo unitario, sen IVE 0,05834 € 0,09038 € Horas de tratamento informático: 31,58 €/hora (sen IVE)...” Analizados os datos reais de facturación deste contrato, pódese constatar que a media anual de envíos foi de aproximadamente 150.000 cartas certificadas e 30.000 cartas ordinarias. Non obstante, en afán de conseguir unha redución dos custos e mellorar a prestación do servizo, ó longo deste período puxéronse en marcha novos procedementos de recadación que supuxeron a remisión ós contribuíntes de comunicacións informativas de embargo de soldos e salarios, vehículos, etc, así como comunicacións de alteracións catastrais (remesas normalizadas) que se remiten a través de correo ordinario utilizando unha nova modalidade que non estaba incluída no contrato vixente (carta ordinaria 2 caras). Ademais, como consecuencia da implantación dun novo procedemento de agrupación de recibos mediante lectura de marcas ópticas, que se vai poñer en marcha en breve, e que vai supoñer un importante aforro de custos para a Deputación de Pontevedra, debido a que se van incluír nun mesmo sobre varias liquidacións (ata 8) que antes se tiñan enviado de forma individual, é preciso incluír a modalidade de correo certificado a unha cara, así como a desagregación de follas e impresións adicionais que se van incluír no mesmo sobre. Na cláusula 2ª do prego de prescricións técnicas, aprobado polo Consello Reitor do ORAL en data 9 de setembro de 2011, as características contratadas foron: “… Existen 2 tipos de papel impreso a elaborar: TIPO “A”, impreso de voluntaria suxeito ó sistema de correo ordinario. Impresión e personalización en negro, unha cara DIN A4. Inclúe papel en branco, 90 gr con trepado. Pregado e ensobrado do documento en sobre formato americano. Inclúe cerre do sobre, tratamento postal e depósito en correos, clasificado por códigos postais. Sobres 115x225 con ventá, engomado auga e impresos 1/0 tintas... TIPO “B”, impreso para voluntaria (liquidacións) e para notificacións en executiva, suxeito ó sistema de correo certificado con acuse de recibo (SICER). Impresión e personalización en negro, dobre cara DIN A4. Inclúe papel en branco, 90 gr con trepado. Pregado en tríptico e ensobrado do documento en sobre formato americano, co acuse de recibo integrado no sobre...” Tendo en conta as novas necesidades que xurdiron ó longo este período, cómpre modificar o imprescindible do contrato inicial e incluír nesta prórroga o seguinte: TIPO “A”, impreso de voluntaria suxeito ó sistema de correo ordinario: Impresión en negro, unha cara DIN A4. Impresión en negro, dúas caras DIN A4. (nova modalidade) TIPO “B”, impreso para voluntaria (liquidacións) e para notificacións en executiva, suxeito ó sistema de correo certificado con acuse de recibo (SICER): Impresión en negro, unha cara DIN A4. (nova modalidade) Impresión en negro, dúas caras DIN A4. Esta modificación do contrato non supón incremento do importe anual estimado, se ben, como a estimación estase a realizar en base ós datos reais de facturación dos últimos dous anos, o importe para esta anualidade minórase en aproximadamente 2.000 €, IVE non incluído, e non varía as condicións esenciais do contrato. Tendo en conta que o próximo 11 de xaneiro de 2014 finaliza o período de duración do contrato, que é susceptible de prórroga de ata un máximo de dous anos máis e, que o ORAL, para levar a cabo as súas funcións, precisa da prestación deste servizo a través de medios externos xa que na actualidade non dispón dos recursos materiais nin persoais suficientes para levalo a cabo polos seus propios medios, esta Tesourería propón ó órgano de contratación a prórroga e modificación do contrato coa empresa Delion Communications, S.L. por un ano máis, xa que o servizo estase prestando de forma moi satisfactoria...” Visto o informe da Intervención, de data 30 de decembro de 2013, no que se informa favorablemente o expediente de prórroga e modificación do contrato sen reparos. Dada conta do informe do Secretario da Deputación de Pontevedra, de data 3 de xaneiro de 2014. FUNDAMENTOS DE DEREITO: Primeiro.- O órgano de contratación que adxudicou o contrato foi o Consello Reitor do ORAL, non obstante, dende que o ORAL se integrou na Deputación de Pontevedra (con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013), o órgano competente é a Xunta de Goberno, en virtude da base 16ª.2) das bases de execución do orzamento da Deputación. Segundo.- O presente contrato réxese pola anterior normativa de contratación pública (Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público) ó adxudicarse antes da entrada en vigor do Real Decreto Lexislativo 3/2011, polo que se aproba o Texto Refundido de Contratos do Sector Público e, de acordo co establecido na súa disposición transitoria primeira, no punto 2 dispón que “Os contratos administrativos adxudicados con anterioridade á entrada en vigor da presente Lei rexeranse, en canto ós seus efectos, cumprimento e extinción, incluída a súa duración e réxime de prórrogas, pola normativa anterior”. Terceiro.- En data 11 de xullo de 2012 publicouse no BORME a decisión adoptada en data 30 de xuño de 2012 en virtude da cal, as compañías Indra BMB, S.L.U., con CIF B84.138.296 (sociedade segregada) e Indra BMB Servicios Digitales, S.L.U., con CIF B60.096.435 (sociedade beneficiaria) aprobaron proceder á segregación da rama de actividade de centros de acabado de impresión propia a favor de Indra BMB Servicios Digitales, S.L.U., adquirindo esta sociedade, en bloque e por sucesión universal, a totalidade da rama de actividade segregada. En data 28 de xuño de 2013, achégase escritura pública de compravenda de rama de actividade, na que consta que a sociedade DELION Communications, S.L.U. con CIF B-86.684.396, adquire o negocio de impresión e ensobrado a INDRA BMB Servicios digitales, S.L., con CIF B-60.096.435, asumindo a posición xurídica que esta última mantiña coa Deputación Provincial de Pontevedra. Cuarto.- A cláusula vinte e nove do prego administrativo que rexeu a contratación figura que no caso dunha modificación do contrato: "Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razón de interese público e para atender a necesidades imprevistas nos elementos que o integran, xustificándoo debidamente no expediente e de acordo co art. 202 da LCSP". Quinto.- O procedemento a seguir para a modificación do contrato vén regulado no art. 102 do Real Decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas e cita textualmente "Cando sexa necesario introducir algunha modificación do contrato, redactarase a oportuna proposta integrada polos documentos que xustifiquen, describan e valoren aquela. A aprobación polo órgano de contratación requirirá a previa audiencia do contratista e a fiscalización do gasto correspondente". Sexto.- De conformidade co art. 202 da LCSP, en relación ás modificacións dos contratos “1. Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Estas modificacións non poderán afectar ás condicións esenciais do contrato.... 3. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 140”. Sétimo.- A cláusula segunda do contrato administrativo dispón que “O período de duración do contrato será de 2 anos, a contar dende o 12 de xaneiro de 2012 e ata o 11 de xaneiro de 2014, ambos inclusive, podendo prorrogarse ata un máximo de 2 anos máis”. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno, en virtude do previsto na base 16ª das bases de execución do orzamento da Deputación de Pontevedra, acorda por unanimidade: 1. Aprobar a prórroga e modificación do contrato de servizo de tratamento, impresión, pregadura e ensobrado de cartas e notificacións xeradas na xestión e recadación de tributos pola Deputación de Pontevedra-ORAL, así como a súa posterior entrega ó operador postal á empresa DELION Communications, S.L.U. con CIF B-86.684.396 por período dun ano, con efectos dende o 12/01/2014 ó 11/01/2015, ambos os dous inclusive. Finalizada esta prórroga, o contrato é susceptible de prórroga de ata un ano máis. Os prezos unitarios son os que a continuación se detallan: Prezo unitario IVE (21%) Prezo unitario total Carta ordinaria (1 folla a 1 cara) 0,05834 € 0,01225 € 0,07059 € Carta ordinaria (1 folla a 2 caras) 0,07290 € 0,01531 € 0,08821 € Carta certificada (1 folla a 1 cara) 0,07582 € 0,01592 € 0,09174 € Carta certificada (1 folla a 2 caras) 0,09038 € 0,01898 € 0,10936 € Follas adicionais 0,01005 € 0,00211 € 0,01216 € Impresións adicionais 0,01456 € 0,00306 € 0,01762 € 2. O importe máximo do contrato para esta período de prórroga (1 ano) cífrase en 24.200€ (20.000 € máis 4.200 € correspondentes ó IVE, que actualmente é do 21%) para un volume estimado de 150.000 cartas certificadas e 30.000 cartas ordinarias. Non procede revisión de prezos ó renunciar expresamente a empresa á mesma. 3. Mensualmente a empresa adxudicataria terá que presentar a preceptiva factura polos envíos realizados no mes anterior, acompañada dos albarás de entrega correspondentes e en función dos prezos unitarios adxudicados. O pagamento do prezo efectuarase unha vez constatado que os traballos foron realizados e entregados de conformidade co previsto nos pregos e previa aceptación por parte da Deputación de Pontevedra. 4. O financiamento para o exercicio 2014 efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 932.932.227.06. 2.21710.- PRÓRROGA DE TRES BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2013 PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS EN CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CON DESTINO Ó MUSEO MEIRANDE E MUSEO DO MAR DE GALICIA Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión celebrada o 2 de decembro de 2012, aprobáronse as Bases e a convocatoria de 74 bolsas de práctica laboral en Centros e Servizos dependentes da Deputación Provincial, publicada no BOP nº 1 do 02 de xaneiro de 2013, entre as que figuraban as seguintes: - Expediente D24 Museo de Pontevedra: catro bolsas de licenciados e graduados en historia da arte. Por acordos adoptados na Xunta de Goberno con números 19.21164 e 20.21165 en sesión celebrada o 12 de xullo de 2013 ampliáronse e adxudicáronse tres bolsas máis de dito expediente a favor das candidatas e cos efectos que se relacionan a continuación: Apelidos e nome Centro Efectos nºexp 1 Núñez Chapela, Raquel Museo Meirande(Redondela) 15/07/13 D24 2 Sanmartín Silva, María Goretti Museo Meirande(Redondela) 15/07/13 D24 3 Marcos Durán, Rocío Museo del Mar de Galicia (Vigo) 15/07/13 D24 Na base novena da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. A vista das memorias presentadas polas bolseiras relacionadas no cadro anterior os respectivos titores informan favorablemente á prórroga da bolsa por seis meses. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 23 de decembro de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar as bolsas concedidas ás seguintes bolseiras cos efectos que se relacionan a continuación, por un período de seis meses: Apelidos e Nome Centro Efectos nºexp 1 Núñez Chapela, Raquel Museo Meirande(Redondela) 15/01/14 D24 2 Sanmartín Silva, María Goretti Museo Meirande(Redondela) 15/01/14 D24 3 Marcos Durán, Rocío Museo del Mar de Galicia (Vigo) 15/01/14 D24 A dotación económica das bolsas ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario o que supón para o ano 2014, un total de 14.400,00 €, sendo o custo da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización da Seguridade Social para o ano 2014. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias que resulten da incorporación dos remanentes de crédito do exercicio anterior. 3.21711.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “ADECUACIÓN DA Á NORDÉS DO PAZO PROVINCIAL” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 04/10/2013, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Adecuación da á nordés do Pazo Provincial”, con orzamento de 611.104,42 €, máis a cantidade de 128.331,93 € correspondente ó IVE. Resultando que o día 07/11/2013, se constituíu a Mesa de Contratación procedendo ó estudo da documentación administrativa contida nos sobres “A”, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 11/11/2013, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que o día 18/12/2013, unha vez avaliada a documentación técnica, se procedeu á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta % Control Calidade CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 32,75 510.516,64 4,00 COPCISA, S.A. 32,36 487.844,66 5,00 UTE DICSA ELECTRICIDAD, S.L.-DICSA, S.L.U. 31,11 514.049,59 3,00 UTE F. GOMEZ Y CIA, S.L.-CYMEL, S.L. 30,85 501.105,62 5,00 ORECO, S.A. 30,31 525.549,80 3,00 CONSTRUCCIONES ÁNGEL JOVE, S.A.U. 30,26 519.377,65 3,00 CONSTRUCCIONES ALEA, S.L. 30,22 513.449,94 3,00 CONSTRUCCIONES CARLOS VALIÑAS, S.L. 30,02 499.883,42 3,50 Unha vez valoradas as ofertas, de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas que rexeu o procedemento, obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total COPCISA, S.A. 32,36 50,00 82,36 UTE F. GOMEZ Y CIA, S.L.-CYMEL, S.L. 30,85 47,90 78,75 CONSTRUCCIONES OREGA, S.L. 32,75 45,91 78,66 CONSTRUCCIONES CARLOS VALIÑAS, S.L. 30,02 47,34 77,36 UTE DICSA ELECTRICIDAD, S.L.-DICSA, S.L.U. 31,11 44,85 75,96 CONSTRUCCIONES ALEA, S.L. 30,22 44,95 75,17 CONSTRUCCIONES ÁNGEL JOVE, S.A.U. 30,26 44,01 74,27 ORECO, S.A. 30,31 41,33 71,64 Resultando que COPCISA, S.A. obtén a máxima puntuación a Mesa de Contratación propón requirir a dita empresa para que presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00% presuposto de adxudicación excluído o IVE, así como proceder ao ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio de licitación no BOP, propoñendo, unha vez cumprido o requirimento, a adxudicación da obra. Resultando que COPCISA, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº2013028992, presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 24.392,23 €, segundo acredita mediante carta de pagamento nº201300174450, de data 27/12/2013, e que ingresou a cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a COPCISA, S.A. (CIF nºA08190696) a obra “Adecuación da á nordés do Pazo Provincial”, de acordo co seguinte detalle: Importe, sen IVE 487.844,66 € IVE 102.447,38 € Importe total 590.292,04 € Prazo de execución Seis meses Melloras ofertadas 24.297,06 € Control de calidade 5,00 % 4.21712.- APROBACIÓN DO PROXECTO “ENSANCHE E.P. 2906 OS VALOS – GUIZÁN, P.K. 1+140 Ó 2+620, REDONDELA” A Xunta de Goberno, en sesión de 13/12/2013, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación e o Concello de Redondela co obxecto de levar a cabo a execución da obra de “Ensanche E.P. 2906 Os Valos-Guizán, PK 1 +140 ó 2 +620”, establecéndose no mesmo que a Deputación levaría a cabo a licitación da obra. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do RDL 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, de aquí en diante TRLCSP, redactouse o pertinente proxecto, polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Javier Carballo Núñez. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP, emitindo o oportuno informe de supervisión do proxecto. Polo Servizo de Intervención emitiuse informe relativo ó financiamento da obra. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Ensanche E.P. 2906 Os Valos-Guizán (P.K. 1 +140 ó P.K. 2+620) (Reedondela)”, conforme ó seguinte detalle Redactor D. Javier Carballo Núñez Importe de execución sen IVE 855.912,54 € IVE (21%) 179.741,63 € Total 1.035.654,17 € Prazo de execución 6 meses A obra finánciase coas achegas da Deputación Provincial, por importe de 835.654,17€, e do Concello de Redondela por importe de 200.000,00 €. A achega da Deputación Provincial imputarase con cargo á aplicación orzamentaria 14/456.453-612.02.2013, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó exercicio 2014. No que respecta ó gasto financiado polo Concello de Redondela xerarase crédito na correspondente aplicación orzamentaria. 5.21713.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO SERVIZO DE LIMPEZA EN DIVERSOS CENTROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra vela por manter o correcto funcionamento e o normal desenvolvemento dos centros e sedes administrativas da institución, de modo que manteñan as oportunas condicións de salubridade e hixiene coa realización dos axeitados e periódicos servizos de limpeza. Así mesmo vélase polo coidado do medio ambiente e a xestión de recollida selectiva de residuos (tanto de papeis como envases e embalaxes), tratando de incorporar a dimensión ambiental no ámbito da limpeza e así reducir o seu impacto. Os diversos centros e sedes da Deputación de Pontevedra contrataban o servizo de limpeza de forma independente. Os contratos vencen no ano 2013, e, co obxectivo de racionalizar os recursos dispoñibles e conseguir unha mellor eficiencia nos servizos prestados considerase necesario integrar o contrato de limpeza dos centros e sedes administrativas no contrato global de limpeza en diversos centros da Deputación de Pontevedra. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 09 de agosto de 2013 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, do servizo de limpeza en diversos centros da Deputación de Pontevedra. O prezo máximo de licitación estableceuse de acordo o seguinte detalle: LOTE 1.- Instalacións nas que se prestará o servizo de limpeza: - Pazo Provincial e Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra - Estación Fitopatolóxica de Areeiro - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico - Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo - Finca Mouriscade - Escola de Canteiros de Pontevedra - Castelo de Soutomaior - Palacete das Mendoza - Oficina de Información de Turismo Rías Baixas no Mosteiro da Armenteira - Sexto Edificio do Museo Provincial, Edificio Sarmiento e Anexo ó Edificio Fdez. López Orzamento máximo de licitación para un ano: Importe sen IVE: 440.068,56 € IVE (21%): 92.414,41 € Importe total IVE incluído: 532.483,94 € Orzamento máximo de licitación para catro anos: Importe total sen IVE: 1.760.274,24 € IVE (21%): 369.657,64 € Importe total IVE incluído: 2.129.935,76 € LOTE 2.- Instalacións nas que se prestará o servizo de limpeza: - Servizos Centrais do Oral en Pontevedra. - Oficinas periféricas do Oral (Oficina de Caldas de Reis, Oficina de Cambados, Oficina de Lalín, Oficina do Val Miñor, Oficina da Estrada, Oficina de Moaña, Oficina de Ponteareas e Oficina de Porriño). Importe máximo de licitación para un ano: Importe sen IVE: 63.000,00 € IVE (21%): 13.230,00 € Importe total IVE incluído: 76.230,00 € Importe máximo de licitación para catro anos: Importe total sen IVE: 252.000,00 € IVE (21%): 52.920,00 € Importe total IVE incluído: 304.920,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Suplemento do Diario Oficial da Unión Europea o día 16 de agosto de 2013, así mesmo publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 162 de data 26 de agosto de 2013 e no Boletín Oficial do Estado. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2013, fai pública a relación de empresas admitidas o procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica avaliable mediante xuízos de valor, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que polo Xefe do Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). A Mesa de Contratación expón que non foi valorada a proposta ofertada pola empresa Eulen, S.A. e por tanto non se procederá á apertura do sobre C, por achegar datos, no sobre B, que son obxecto de valoración mediante criterios de avaliación automática, en concreto, Eulen, S.A. no punto Plan de recollida selectiva de lixo en centros da Deputación de Pontevedra do proxecto de traballo presentado, achega información detallada relativa ós criterios de valoración automática detallados na cláusula 9.2 do Prego de cláusulas económico-administrativas que rexen a contratación. Na proposta presentada pola devandita empresa, achégase información sobre tres dos criterios establecidos para a valoración da proposta económica (Recollida selectiva de lixo, recollida de pilas e limpeza de grafite). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 18 de decembro de 2013, tras facer pública a puntuación asinada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 25 puntos, procedeu á apertura dos sobres C, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: LOTE 1.- Instalacións nas que se prestará o servizo de limpeza: - Pazo Provincial e Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra - Estación Fitopatolóxica de Areeiro - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico - Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo - Finca Mouriscade - Escola de Canteiros de Pontevedra - Castelo de Soutomaior - Palacete das Mendoza - Oficina de Información de Turismo Rías Baixas no Mosteiro da Armenteira - Sexto Edificio do Museo Provincial, Edificio Sarmiento e Anexo ó Edificio Fdez. López Empresa Licitadora Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total (Sobre B + C) LIMPIEZAS CÍES, SL 33 49,502 82,50 CLARO SOL, SA 32 46,995 79,00 LIMPIEZAS DEL NOROESTE, S.A. 30 35,593 65,59 CLECE, S.A. 37 27,894 64,39 LACERA SERVICIOS Y MANTENIMIENTO, S.A. 35 29,394 64,39 SAMYL, S.L. 26 23,117 49,12 VALORIZA FACILITIES, S.A.U. 26 22,461 48,46 LOTE 2.- Instalacións nas que se prestará o servizo de limpeza: - Servizos Centrais do Oral en Pontevedra. - Oficinas periféricas do Oral (Oficina de Caldas de Reis, Oficina de Cambados, Oficina de Lalín, Oficina do Val Miñor, Oficina da Estrada, Oficina de Moaña, Oficina de Ponteareas e Oficina de Porriño). Empresa Licitadora Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total (Sobre B + C) CLARO SOL, S.A. 37 37,689 74,69 LIMPIEZAS CÍES, S.L. 34 37,955 71,96 STAR SERVICIOS, SL 29 24,117 53,12 LIMPIEZAS FARO, S.L. 27 21,201 48,20 Á vista das puntuacións obtidas polas empresas, a Mesa de Contratación propón a adxudicación do contrato para a prestación do servizo de limpeza nos diversos centros da Deputación de Pontevedra ás seguintes empresas: Lote Nº 1 ……………………………. Limpiezas Cíes, S.L. Lote Nº 2 …………………………… Claro Sol, S.A. Resultando que mediante ás Resolucións Presidenciais números 2013028998 e 2013028994 de data 20 de decembro de 2013, e á vista das puntuacións totais obtidas, requiriuse ás empresas que a continuación se detallan, que formularon a proposición economicamente máis vantaxosa para cada un dos lotes, para que dentro do prazo de dez días hábiles, contando dende o día seguinte a aquel en que se recibise o requirimento, presenten a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispor efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, polos importes que se indican de acordo co disposto no artigo 150 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público: Lote Nº 1.- Limpiezas Cíes, S.L. 75.999,96 € Lote Nº 2.- Claro Sol, S.A 11.397,84 € Resultando que as citadas empresas presentaron a documentación requirida de acordo co disposto no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva de acordo co seguinte detalle: - Limpiezas Cíes, S.L. por importe de 75.999,96€, correspondente ó lote número 1 que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201300173560. - Claro Sol, S.A. por importe de 11.397,84€, correspondente ó lote número 2 que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400001744. Por todo isto, unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, procede adxudicar a prestación do servizo de limpeza, dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta o Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a prestación do Servizo de Limpeza en diversos centros da Deputación de Pontevedra, ás empresas que se indican a continuación: LOTE 1.-Instalacións nas que se prestará o servizo de limpeza: - Pazo Provincial e Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra - Estación Fitopatolóxica de Areeiro - Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico - Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo - Finca Mouriscade - Escola de Canteiros de Pontevedra - Castelo de Soutomaior - Palacete das Mendoza - Oficina de Información de Turismo Rías Baixas no Mosteiro da Armenteira - Sexto Edificio do Museo Provincial, Edificio Sarmiento e Anexo ó Edificio Fdez. López Á empresa Limpiezas Cíes, S.L. (CIF: B-36.631.935) de acordo o seguinte detalle: - Prezo total do contrato por ano: Prezo total do contrato sen IVE 379.999,80 € 21 % IVE 79.799,98 € Prezo total do contrato 459.799,78 € - Prezo total do contrato para catro anos: Prezo total do contrato sen IVE 1.519.999,20 € 21 % IVE 319.199,83 € Prezo total do contrato 1.839.199,03 € - Prezo mensual desagregado por centro: Centro Importe mensual sen IVE IVE (21%) Importe mensual total IVE incluído Pazo Provincial 10.851,44€ 2.278,81€ 13.130,25€ Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra 6.083,82€ 1.277,61€ 7.361,43€ Estación Fitopatolóxica Areeiro 2.971,73€ 624,07€ 3.595,80€ Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico 2.403,52€ 504,74€ 2.908,26€ Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo 1.732,79€ 363,89€ 2.096,68€ Finca Mouriscade 876,46€ 184,06€ 1.060,52€ Escola de Canteiros de Pontevedra 344,38€ 72,32€ 416,70€ Castelo de Soutomaior 538,09€ 113,00€ 651,09€ Palacete das Mendoza 4.136,65€ 868,70€ 5.005,35€ Oficina de Información de Turismo Rías Baixas no Mosteiro da Armenteira 82,74€ 17,38€ 100,12€ Sexto Edificio do Museo Provincial, Edificio Sarmiento e Anexo o Edificio Fernández López 1.645,03€ 345,46€ 1.990,49€ - Melloras: 1.- Bolsa de horas a libre disposición da Deputación de Pontevedra: 8.000horas/ano. 2.- Recollida selectiva de lixo. 3.- Limpeza de graffitis. 4.- Recollida selectiva de pilas. 5.- Subministro e reposición do material consumible de aseos e subministro e reposición de aqueles dispensadores que funcionen de maneira incorrecta ou estean danados. 6.- Recollida e reposición de contedores hixiénicos nos aseos. 7.- Subministro de dispensadores de bolsas para paraugas e reposición das bolsas de plástico. 8.- Servizo de DDD (Desinfección, desinsectación e desratización). 9.- Desinfección fronte á lexionela (realizada con frecuencia anual). 10.- Dotación o inicio do contrato de papeleiras paraugueiro, papeleiras cinceiro e papeleiras plásticas de WC. Dotación de aros WC e recambios. 11.- Limpeza de exteriores dos centros. 12.- Servizo de limpeza de 11:00h- 15:00h no Pazo Provincial, Edificio Administrativo e Sexto Edificio do Museo Provincial. 13.- Servizo de emerxencia dispoñible 24 horas ó día e 365 días/ano. O tempo medio de resposta para atender a incidencia será de 30 minutos independentemente do centro que o solicite. 14.- Melloras nas frecuencias das tarefas nos centros: Castelo de Soutomaior, Pazo Provincial, Edificio Administrativo, Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico, Sede de Deputación en Vigo, Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Finca Mouriscade, Escola de Canteiros, Palacete das Mendoza, Oficina de Información de Turismo Rías Baixas no Mosteiro da Armenteira e Sexto Edificio, Edificio Sarmiento e Anexo Fernández López. LOTE 2.- Instalacións nas que se prestará o servizo de limpeza: - Servizos Centrais do Oral en Pontevedra. - Oficinas periféricas do Oral (Oficina de Caldas de Reis, Oficina de Cambados, Oficina de Lalín, Oficina do Val Miñor, Oficina da Estrada, Oficina de Moaña, Oficina de Ponteareas e Oficina de Porriño). Á Empresa Claro Sol, S.A. (CIF: A-36.615.763) de acordo o seguinte detalle: - Prezo total do contrato por ano: Prezo total do contrato sen IVE 56.989,20 € 21 % IVE 11.967,73 € Prezo total do contrato 68.956,93 € - Prezo total do contrato para catro anos: Prezo total do contrato sen IVE 227.956,80 € 21 % IVE 47.870,92 € Prezo total do contrato 275.827,72 € - Prezo mensual desagregado por centro: Centro Importe mensual sen IVE IVE (21%) Importe total IVE incluído Servizos Centrais do Oral en Pontevedra 3.199,81€ 671,96€ 3.871,77€ Oficinas periféricas do Oral 1.549,29€ 325,35€ 1.874,64€ - Melloras: 1.- Bolsa de horas a libre disposición da Deputación de Pontevedra: 535 horas/ano. 2.- Recollida selectiva de lixo. 3.- Limpeza de graffitis. 4.- Recollida de pilas. 5.- Subministración e reposición do material consumible de aseos e subministración ou reposición de aqueles dispensadores que funcionen de maneira incorrecta ou estean danados. 6.- Recollida e reposición de contedores hixiénicos en aseos. 7.- Subministro de dispensadores das bolsas para paraugas e reposición das bolsas de plástico. 8.- Limpeza anual de estatuas, monumentos e cruceiros exteriores. 9.- Limpeza anual de bandeiras. 10.- Limpeza de exteriores dos centros diariamente. 11.- Servizo de emerxencia dispoñible 24 horas o día e 365 días/ano. O tempo medio de resposta: . Centros da cidade de Pontevedra - Horario diúrno 20 minutos, horario nocturno de 1 hora, horario diúrno festivo de 20 minutos e horario nocturno festivo de 1 hora. . Centros fora da cidade de Pontevedra - Horario laborable ou festivo diúrno/nocturno 2 horas. 12.- Melloras nas frecuencias das tarefas nos centros, realizaranse as seguintes frecuencias: . Limpeza semanal das repisas e ventás mediante aspirado. . Limpeza quincenal a fondo de azulexos. . Limpeza bimestral de solos plásticos e de goma e de madeira mediante fregado, decapado e encerado, e cristalizado de solos de terrazo e mármore. . Limpeza semestral de lámpadas e champuneado de alfombras e moquetas. A duración do contrato para cada un dos lotes será de catro anos, a partir da data de formalización do mesmo, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma por dous anos máis, sempre que a duración total do contrato, engadidas as prórrogas, non exceda de seis anos, de conformidade co estipulado no artigo 303 do Real Decreto Lexislativo 3/2011. 3.- O pago da obrigas derivadas destes contratos efectuaranse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias: LOTE 1: Centro Importe total anual con IVE Aplicación Orzamentaria Pazo Provincial 157.562,91€ 2014/920.920.227.00 Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra 88.337,07€ Estación Fitopatolóxica Areeiro 43.149,52€ 2014/413.413.227.00 Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico 34.899,11€ 2014/332.332.227.00 Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo 25.160,11€ 2014/925.920.227.00 Finca Mouriscade 12.726,20€ 2014/411.412.227.00 Escola de Canteiros de Pontevedra 5.000,40€ 2014/324.323.227.00 Castelo de Soutomaior 7.813,07€ 2014/433.432.227.00 Palacete das Mendoza 60.064,16€ Oficina de Información de Turismo Rías Baixas no Mosteiro da Armenteira 1.201,39€ Sexto Edificio do Museo Provincial, Edificio Sarmiento e Anexo o Edificio Fernández López 23.885,84€ 2014/333.333.227.00 TOTAL 459.799,78€ LOTE 2: Centro Importe total anual con IVE Aplicación Orzamentaria Servizos Centrais do Oral en Pontevedra 46.461,24€ 2014/932.932.227.00 Oficinas periféricas do Oral 22.495,69€ TOTAL 68.956,93€ O importe do contrato para o servizo prestado nos anos 2015, 2016 e 2017 (e dos seguintes en caso de prórroga), quedarán condicionados á existencia de crédito suficiente nas aplicacións orzamentarias anteriormente expostas para facer fronte os pagos. 6.21714.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.21715.- APROBACIÓN DUNHA ADDENDA Ó “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN INSTITUTO CAMERAL PARA LA CREACIÓN Y DESARROLLO DE LA EMPRESA (INCYDE) PARA A CONSTRUCIÓN E ACONDICIONAMENTO DE DÚAS NAVES DESTINADAS Á CREACIÓN DE VIVEIROS DE EMPRESAS Dada conta do convenio de colaboración asinado entre a Deputación de Pontevedra e a “Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa” (INCYDE), para a construción e acondicionamento de dúas naves destinadas á creación de viveiros de empresas o pasado 29 de abril de 2013. Resultando que a Fundación INCYDE, creada polas Cámaras de Comercio, ten como obxectivo o de fomentar a iniciativa empresarial, apoiando as vocacións empresariais e axudando na formación de empresas e consolidación das xa existentes e que pola súa banda, a Deputación de Pontevedra vén desenvolvendo unha serie de actuacións en materia de promoción de emprego, desenvolvemento económico e apoio á creación e consolidación de empresas, ó obxecto de dinamizar a actividade económica da provincia e sentar as bases dun crecemento sostible e sostido do noso territorio. Resultando que o desenvolvemento destes dous viveiros pretende ser o punto de partida dunha estratexia máis ambiciosa de impulso ó emprendemento en toda a provincia: a da creación dunha serie de módulos que concentren e impulsen o emprendemento e que se situarían nas zonas de maior interese para o desenvolvemento local. Resultando que os dous edificios proxectados son distintos dende o punto de vista do uso, ambos os dous concíbense como edificios nos que se potenciará o carácter modular que permitirá construír sucesivas ampliacións a medida que xurdan as necesidades. Mentres que o que se vai construír no Polígono Industrial de Barro-Meis é un modelo no que é maior o espazo das naves-niño sobre as oficinas, de pequenas dimensións, máis enfocadas ó uso de pequenos talleres, pequena produción, almacenaxe, etc., no que se vai construír no Polígono Industrial Lalín 2000, combina naves de pequenas dimensións con oficinas de distintos tipos. Resultando que o viveiro de Lalín 2000 ó estar situado na mesma parcela na que xa existen outras instalacións formativas do concello, beneficiarase das instalacións xa existentes, salón de actos, sala de vídeo conferencia, aulas formativas e talleres de formación homologados, sinerxías que non se dan no caso do viveiro de Barro-Meis no que haberá que crear todas as infraestruturas necesarias, partindo de cero, requirindo para iso un maior investimento. Por todo o anteriormente exposto, vista a documentación que obra no expediente e os informes do Xefe do Servizo de Cooperación, do Secretario Xeral e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar unha Addenda ó convenio de colaboración xa asinado coa Fundación INCYDE a través da que dita entidade concederá á Deputación de Pontevedra máis fondos para destinar á construción e equipamento do viveiro de empresas que se vai construír no Polígono Industrial de Barro – Meis por importe de 1.000.000,00 €, que estará condicionada, na cantidade de fondos que á Deputación de Pontevedra lle corresponde achegar (20% da cantidade que se incrementa -200.000 € de fondos propios non comunitarios-) á aprobación do correspondente expediente de modificación de crédito e cuxo teor literal di como segue: “ADDENDA AL CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Y LA FUNDACIÓN INSTITUTO CAMERAL PARA LA CREACIÓN Y DESARROLLO DE LA EMPRESA PARA LA CREACIÓN DE UN VIVERO DE EMPRESAS EN PONTEVEDRA (POLIGONO INDUSTRIAL DE BARRO – MEIS). En Pontevedra, a…… de… de 2013 REUNIDOS De una parte, D. RAFAEL LOUZÁN ABAL, en nombre y representación de la Diputación Provincial de Pontevedra, con domicilio a efectos de este documento en la Avda. Montero Ríos s/n, 36071 Pontevedra. De otra, D. JAVIER COLLADO CORTÉS, Director de la Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE), actuando en nombre y representación de dicha Corporación, con domicilio a efectos de este documento en la C/ Ribera del Loira 12, 28042 Madrid. Ambas partes con la capacidad legal suficiente para la suscripción del presente documento, EXPONEN 1. Que con fecha 29 de abril de 2013 se firmó un convenio de colaboración entre la Diputación Provincial de Pontevedra y la Fundación Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa (INCYDE), por el cual la Fundación INCYDE atendiendo al interés y la petición formal de la Diputación de Pontevedra para construir viveros de Empresas en su provincia, asignó a la misma una ayuda FEDER de 1.200.0000,00 €, la cual había de ser completada por la institución provincial por un importe de 300.000,00 €, provenientes de fondos propios no comunitarios, dado que la inversión total del proyecto asciende a 1.500.000,00€. 2. Que puesto de manifiesto el interés existente por las Instituciones comparecientes en modificar la inversión total a llevar a cabo en el Vivero de Empresas que se va a construir en el Polígono Industrial de Barro – Meis (Pontevedra), las partes ACUERDAN suscribir la presente addenda al Convenio de fecha 29 de abril de 2013, que se regirá por las siguientes ESTIPULACIONES PRIMERA: La Fundación INCYDE, atendiendo a las necesidades especiales que presenta el proyecto de construcción y equipamiento del vivero de empresas en el Polígono Industrial de Barro – Meis planteadas por la Diputación de Pontevedra, determina aumentar la ayuda concedida por el FEDER para la realización del mismo, y destinar 800.000,00€ más a este proyecto, debiendo la Diputación de Pontevedra, u otra institución que designen, aportar el importe correspondiente al 20% de la cantidad que ahora se incrementa, es decir 200.000,00€ de fondos propios no comunitarios. SEGUNDA: La presente Addenda entrará en vigor el día de su firma y modificará únicamente la estipulación cuarta “financiación”, del Convenio de colaboración de 29 de abril de 2013, el cual sigue vigente en el resto de su totalidad, siendo por lo tanto el importe de la ayuda total concedida a la Diputación de Pontevedra de 2.000.000,00 €, que representa el 80% de la inversión total de 2.500.000,00 €. Y para que así conste, en prueba de conformidad, las partes firman la presente Addenda, en duplicado ejemplar, en el lugar y fecha arriba indicados. D. Rafael Louzán Abal D. Javier Collado Cortés Presidente de la Diputación de Pontevedra Director General de la Fundación INCYDE” 2.- Facultar ó Presidente para a súa sinatura. 8.21716.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Devolución de garantías definitivas á empresa Contenur España, S.L. A empresa Contenur España, S.L. (CIF B- 82.806.738), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de dous mil cincocentos oitenta e un euros con oitenta e seis céntimos (2.581,86 €), para responder do contrato relativo a: Subministración de 303 colectores para a recollida de residuos sólidos urbanos para a súa posterior entrega ós concellos da provincia, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/04/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900034024, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.21717.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, A Secretaria Acctal.,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición