ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2009/04/30_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/3.2009-04-30_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/04/30_Extraordinaria

  • Data(s) 2009-04-30 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 61 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 30 de abril de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día trinta de abril do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste a Sra. Deputada Dona María Xosé Méndez Piñeiro. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.5808.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de marzo de 2009. 2.5809.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DA TAXA POR LICENZA URBANÍSTICA E A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DESTE TRIBUTO, ASÍ COMO A RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- O punto número 2. Delegación de competencias do concello de Soutomaior a favor do ORAL para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional da taxa por licenza urbanística e a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Soutomaior na sesión celebrada o día 17 de marzo de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de inspección da liquidación provisional da taxa por licenza urbanística e a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de abril de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Soutomaior, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional da taxa por licenza urbanística e a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Soutomaior, por acordo do Pleno de data 17 de marzo de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de inspección da liquidación provisional da taxa por licenza urbanística e a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. 2. Esta delegación do concello de Soutomaior será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Soutomaior así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Soutomaior, para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional da taxa por licenza urbanística e a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo, así como a recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5810.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DA ILLA DE AROUSA A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN INTEGRAL DAS MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- O punto número 3. Delegación de competencias do concello da Illa de Arousa a favor do ORAL para exercer as facultades de xestión integral das multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello da Illa de Arousa na sesión celebrada o día 30 de marzo de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de tramitación e recadación das multas de tráfico en período voluntario. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de abril de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello da Illa de Arousa, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1.- Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello da Illa de Arousa, por acordo do Pleno de data 30 de marzo de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, así como a colaboración na xestión procedimental dende o comezo do procedemento sancionador co boletín de denuncia ata o inicio do proceso recadatorio. 2.- Esta delegación do concello da Illa de Arousa será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e no procedemento aprobado polo Consello Reitor de data 21 de novembro de 2007, así como nos Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello da Illa de Arousa así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello da Illa de Arousa, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación das multas de tráfico, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5811.- MODIFICACIÓN DA ORDENANZA REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS POLO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- O punto número 4 é Modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). ¿Votos en contra?. Perdón. Intervencións. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, sen pretender facer un debate sobre o que é, que servizos presta esta Deputación, cando vén a modificación das ordenanzas reguladoras do ORAL, do que se lle cobra ós concellos por xestionar os servizos a través do ORAL, pois creo que é unha boa ocasión para comentar como está indo isto e máis algúns servizos. Neste caso a modificación básica é que o ORAL pasa a cobrar simplificado do 10% das tramitacións das multas de tráfico ó 20%. Ben, a xustificación é que esa tramitación probablemente pase do 30 e polo tanto é deficitaria nestes momentos. Ben, pero posto así tan localizado pois podíamos darlle a razón, pero é que por outro lado estamos escoitando todos os días discursos de que os concellos pois teñen un grave problema de ingresos, co cal con isto llos recortamos, aínda que as multas non son ningún sistema de financiamento nin acadan practicamente esa finalidade nunca, pero hai outro problema asociado, hai outro problema asociado. Esta Deputación non está cumprindo coas súas obrigas de substituír ós concellos que non teñen capacidade para prestar determinadas funcións, por exemplo, por exemplo, e queda aí sobre a mesa, e agardo que estiven con calma, relacionado co tráfico, a maioría dos concellos son incapaces, incapaces, e non teñen por que ter esa capacidade para retirar os vehículos abandonados, que costa un montón, soamente o estarán facendo con certa dilixencia concellos grandes, tres ou catro na provincia e pouco máis. E que por outro lado están absolutamente desbordados porque resulta que os concellos que non prestan, dos seus arredores, pois os cidadáns nunca saben onde deixar o coche e resulta que o van a deixar alí, co cal están sufrindo pois unha sobre saturación. En Pontevedra por exemplo o ano pasado retiráronse catrocentos, nin máis nin menos, voten custes e a ver o que dá. E queremos que a Deputación, pois, por exemplo ese servizo para toda a provincia, quitando os concellos con capacidade, pois debería prestalos, porque é un problema moi sensible para os cidadáns e os concellos pequenos non teñen esa capacidade. Polo tanto, deberían, debería a Deputación prestar ese servizo, feito a escala para toda a provincia, quitando xa digo os concellos grandes, pois non tiña porque ser tan caro e creo que prestaría un gran servizo. Entón, e non estar, bueno, é do concello, que se encargue da multa, que se encargue, en todo caso axúdolle, agora non lle axudo, que lle cobre o que lle teña que cobrar ou case o que lle teña que cobrar, e estamos sempre coa discusión de que parece que esta Deputación non acepta ningunha obriga, e si se presta un servizo pois despois o vai cobrando a prezos de mercado, ou prezos de custe, que é o que se pretende con esta modificación. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicir neste caso que son coñecedor desta proposta, a fondo, que hoxe se plantea, de modificación da ordenanza reguladora do ORAL, e si a tramitación que estamos poñendo en marcha dende o ORAL para a xestión das multas de tráfico nos concellos, que creo que axudan dalgunha maneira tamén a regular o tráfico neses concellos, porque hai poucos efectivos no ámbito da policía local, etc., pois creo que é unha cuestión importante e que dende fai algún tempo a Deputación vén asumindo a través do ORAL esta xestión. Esta xestión é deficitaria a todas luces, con un déficit para o ORAL de varias decenas de miles de euros, que nós estamos aquí evidentemente para contribuír e para dar solucións ós problemas que teñen os concellos, pero creo que debe estar, debemos prestar un servizo por suposto, pero que ese servizo non sexa tan deficitario como está sendo neste momento, que xa digo que non é momento de dicir as cifras pero é sumamente importante o prexuízo que lle causa a este organismo que creo que neste sentido está facendo un moi bo labor e polo tanto creo que non sería razoable que se mantivera máis tempo así. De aí a proposta que hoxe se trae aquí ó Pleno, desta modificación, cun incremento para que poidamos, polo menos acercarnos, xa non digo compensar, pero si acercarnos ó gasto que ten neste sentido o cobro destas multas de tráfico, iso por un lado. E segundo, tamén hai que dicir que nun tramo no que se propón unha modificación, un dos tramos de recadación en vía executiva, proponse unha rebaixa dun 6 a un 5 por cento, un dos tramos que se cobra unha porcentaxe. Polo tanto, creo que estamos na mesma liña de contribuír a que todo aquilo que sexa bo para a xestión propia dos concellos é indudable que a Deputación o pon en marcha. De aí que ante a necesidade que teñen tamén os concellos se puxo con rapidez, con extremada rapidez, un plan de anticipo de ingresos para que os concellos poidan ter tesourería co fin de afrontar os pagos que agora mesmo lle veñen encima a diario. Polo tanto, volvo a reiterar que o ORAL creo que está cumprindo un extraordinario labor, sobre todo en pequenos e medianos concellos da provincia de Pontevedra, porque cada día son máis a delegación de competencias que este organismo recibe dos concellos, porque, bueno, pois son ós que axudamos dalgunha maneira a regular, primeiro o cobro, pero tamén a regular a actividade de todo tipo que hai en cada un dos concellos. Por iso eu quería facer esta exposición en relación ó que, a proposta que, o comentario que traslada o Portavoz D. Cesáreo Mosquera do Bloque Nacionalista Galego. Non sei se hai algún comentario. Adiante. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vostede fixo unha, Sr. Presidente, unha intervención que non discutimos e dixemos que incluso, non sei se é intencionado ou por non escoitar, incluso que ter un organismo que preste os servizos e que non estea incorrendo en déficit, que ó final pode ser inxusto, pois non temos nada que dicir, agora ben, asociado con isto, non só con isto, pero puxen un exemplo, pois hai unha serie de funcións, puxen unha, que era por exemplo a retirada dos vehículos abandonados que son un problema grave, grave, e que esta Deputación ós concellos de menos de 50.000 teoricamente non teñen a obriga de prestalo e esta Deputación non fai nada por prestalo. Estuden a posibilidade real de facelo, de facelo. Evidentemente nun concello só é inviable, nun concello pequeno só é absolutamente inviable, pero en todos os da provincia si sería, entón, bueno, entón si estamos colaborando e incluso se podería subir máis o da xestión, se realmente é deficitario porque estamos prestando outros servizos, pero só subir sen miralo dunha maneira xeral, pois parece bastante limitado, cando menos creo que incumpre as funcións que debe facer esta Deputación. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, Presidente, nós votamos a favor e votamos a favor porque nós si somos partidarios de que se cobren as taxas …, é dicir, que as taxas cubran o custe do servizo, e esa foi a razón de por que votamos a favor. Cousa que curiosamente mantemos non só na Deputación senón en diferentes institucións, en diferentes concellos. Pero a un sorpréndelle, sorpréndelle que o Partido Popular, que aquí trae este plantexamento, e que volvo a repetir, nós aceptamos porque nos parece que é o lóxico, resulta que o Partido Popular en diferentes concellos da provincia, e cando se fala da actualización de taxas, saca o fantasma da crise de todos os días, é dicir, oiga, non, miren, non actualicen vostedes porque estamos en crise, os cidadáns teñen que pagar máis, etc., etc. Entón, de entrada, o que lle plantexaríamos é que sexan vostedes coherentes e fagan este plantexamento nos demais concellos tamén, cando se fala de actualización de taxas, non falo doutras cousas. E, por outro lado, e esa xa non, este xa non sería un debate de aquí, probablemente, se nos fixeran caso noutros momentos e os custes do ORAL foran máis baixos, pero vostedes meteron un ORAL, volvo a repetir, non é un debate de hoxe nin deste punto, pero meteron o ORAL nunha fábrica de crear emprego e non realmente no que tiña que ser e entón, bueno, se está producindo déficit en diferentes cuestións do ORAL. Eu simplemente podo dicirlle unha cousa, hai concellos nesta provincia que fan este servizo, póñolle exemplos cando queira, con menores custes que o ORAL, bastante menores por certo. Polo tanto, se algún quere debater sobre o ORAL e sobre como o ORAL puidera custar menos, nós estamos dispostos a ese debate, pero volvo a repetir, o debate hoxe non é ese senón que é o da actualización da taxa, e volvo a repetir, nós vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Bueno, en relación ó primeiro comentario que facía o portavoz D. Cesáreo Mosquera, bueno, hai que dicir que non facemos esa xestión pero que nalgún caso algunha das parcelas ou algún dos centros que ten a Deputación pois serviu e está servindo neste momento para que alí poidamos estacionar os vehículos que están abandonados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra, cuestión que evidentemente non ten unha fácil solución porque ás veces non hai a colaboración necesaria doutros organismos, etc., etc. Entendo a súa preocupación, incluso entendo que podemos analizar a posibilidade de buscar unha solución, ou sexa, que polo tanto a proposta me parece razoable e eu creo que vamos a intentar trasladar esta proposta ó propio organismo para que se medite e se hai posibilidade que se faga, ou sexa, que me parece que debemos seguir dando servizos, e se podemos seguir ampliando a gama de servizos que ofrece o ORAL, pois mellor aínda en relación a ese tema en concreto. En relación ó tema que fala o Portavoz do Partido Socialista, bueno, aquí o que hai que dicir é que non se deben confundir o incremento de taxas cun tema de regulación dunha cuestión que está sendo, xa digo, en varias decenas de miles deficitaria para esta institución, e ademais isto vén provocado porque cada día son máis os concellos que adhiren a este servizo, que se adhiren este servizo de xestión á Deputación. Polo tanto, co incremento a maiores de cada un dos concellos que nos trasladan esta xestión, pois temos que actualizalo obrigatoriamente, porque é, senón o que máis, un dos apartados que máis déficit xera neste sentido na propia xestión do ORAL a diario. Por iso que é necesaria a súa actualización, que xa digo que aínda así queda por debaixo probablemente incluso do custe que ten a xestión deste servizo. E vostede me falaba de que hai concellos que fan a xestión en termos parecidos ó ORAL, que o fan propiamente algúns concellos da provincia de Pontevedra e que o fan probablemente máis barato. Eu só lle contesto cos datos, non, cada día son máis os concellos adheridos ó ORAL e cada día son máis, neste caso a cesión de tributos que se fai a este organismo por parte dos concellos da provincia de Pontevedra. Se vostede repasa os Plenos celebrados nos últimos anos é raro que cada día non aparezan máis concellos adheríndose ó ORAL na xestión de varios ou da totalidade dos seus impostos. E no sentido de que cobran máis ou cobran menos algúns concellos, por parte, no que é a xestión propiamente, quero dicirlle que hai que ver a rendabilidade final, ¿canto se cobra finalmente coa xestión que fai o ORAL? e ¿canto cobran algúns concellos que fan a xestión por si mesmo?. Polo tanto, cando queira debatemos sobre esa cuestión pero quizá ó mellor sería debate para outro momento. Eu lle digo que a rendabilidade no caso do ORAL está sendo moi boa, sempre se pide máis, pero está sendo moi boa, sobre todo ano tras anos, cada día en voluntaria a xestión é mellor, e tamén na executiva, e polo tanto ese é o compromiso de verdade que ten esta casa, de que lle xestionemos o mellor posible a través de impostos que teñen vía de ingresos propiamente, reiteradamente, por non dicir os concellos da provincia de Pontevedra. Polo tanto, ogallá, xa digo, todos os servizos sigan funcionando como este porque creo que vai na evolución e no ritmo que temos marcado. Procedemos polo tanto á votación deste punto que é a Modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de abril de 2009 acordou por unanimidade elevar proposta ó Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra para modificar as tarifas contidas no artigo 5 da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Resultando que nesta proposta de modificación, que conta co informe favorable de Intervención, figura un incremento do tipo de gravame aplicable ás multas de tráfico para paliar a existencia de déficit na prestación do servizo, así como a eliminación do punto porcentual aplicable ós procesos recadatorios previos ó período de aprema con recargo executivo do 5% ata o 6%. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, e tendo en conta o establecido no artigo 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o previsto nos artigos 15 ó 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, acorda por unanimidade: 1. Aprobar a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), no sentido seguinte: I.-No artigo 5.1, onde di: “Procesos con recadación en voluntaria. a) O tipo de gravame fíxase no seis por cento (6%) da recadación neta obtida. b) No caso de que o recurso xestionado sexan as multas de tráfico, o tipo de gravame será, incluídos todos os custes, o seguinte: b.1) O quince por cento (15%) da recadación neta obtida. b.2) O dez por cento (10%) da recadación neta obtida, no caso de que o servizo se preste a unha entidade á que o ORAL xestiona os seus tributos....” Diga: “Procesos con recadación en voluntaria. a) O tipo de gravame fíxase no seis por cento (6%) da recadación neta obtida. b) No caso de que o recurso xestionado sexan as multas de tráfico, o tipo de gravame será, incluídos todos os custes, o seguinte: b.1) O vinte e cinco por cento (25%) da recadación neta obtida. b.2) O vinte por cento (20%) da recadación neta obtida, no caso de que o servizo se preste a unha entidade á que o ORAL xestiona os seus tributos....” II.- Suprimir o inciso do artigo 5.3 da Ordenanza “sen que en ningún caso poidan ser inferiores ó seis por cento (6%)”. Unha vez introducidas estas modificacións na ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o texto íntegro do artigo 5 queda redactado da seguinte forma: TIPOS DE GRAVAME E COTA Artigo 5.- A taxa esixirase consonte ós seguintes tipos de gravame e supostos: 1.- Procesos con recadación en voluntaria. a) O tipo de gravame fíxase no seis por cento (6%) da recadación neta obtida. b) No caso de que o recurso xestionado sexan as multas de tráfico, o tipo de gravame será, incluídos tódolos custes, o seguinte: b.1) O vinte e cinco por cento (25%) da recadación neta obtida. b.2) O vinte por cento (20%) da recadación neta obtida, no caso de que o servizo se preste a unha entidade á que o ORAL xestiona os seus tributos. c) No caso de que a entidade delegante emita as súas liquidacións e o ORAL se limite a efectuar a recadación ou cobro, o tipo de gravame será do un por cento (1%) da recadación neta obtida. 2.- Procesos con recadación en voluntaria que alcancen ou superen determinadas porcentaxes do importe dos padróns ou doutros cargos. Ademais do tipo de gravame do apartado 1, aplicaranse os tipos de gravame seguintes: - O 0,50% cando a recadación alcance ou supere o 90 %. - O 0,75% cando a recadación alcance ou supere o 93 %. - O 1% cando a recadación alcance ou supere o 95 %. Estas porcentaxes non se aplicarán nos procesos de recadación de liquidacións por contraído previo. 3.- Procesos con recadación en executiva. O tipo de gravame e a cota será unha cantidade equivalente ós recargos de constrinximento e costas de procedemento. 4.- Procesos con recadación en executiva que alcancen ou superen determinadas porcentaxes dos cargos. Ademais da cantidade do apartado 3, aplicaranse os tipos de gravame seguintes: - O 1% cando a recadación alcance ou supere o 45%. - O 1'25% cando a recadación alcance ou supere o 50%. - O 1'50% cando a recadación alcance ou supere o 60%. 5.- Procesos que non inclúan a recadación. O tipo de gravame será o catro por cento (4%) do importe dos padróns, listas cobradoras ou documentos equivalentes. A determinación dos tipos de gravame a que se refiren os apartados anteriores será independente dos intereses derivados das entregas a conta ou anticipos de recadación, que se efectúan periodicamente ós concellos e demais entidades delegantes, con cargo á operación de tesourería que se concerta ó efecto. Estes intereses serán por conta do ORAL na súa totalidade. 2. O expediente de modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), exporase ó público por un prazo de trinta días hábiles mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e nun diario dos de maior difusión da provincia de Pontevedra, a efectos de reclamacións. 3. Unha vez finalizado o período de exposición pública e no caso de non producirse reclamacións, este acordo considerarase elevado a definitivo. 4. Estas modificacións entrarán en vigor o primeiro día do mes seguinte ó da publicación do texto íntegro do artigo modificado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 5.5812.- ACEPTACIÓN, POR PARTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, DO CAMBIO DE TITULARIDADE DO VIAL QUE DISCORRE ENTRE OS LUGARES DE PONTEARNELAS E CABANELAS SOLICITADO POLOS CONCELLOS DE CAMBADOS, RIBADUMIA E VILANOVA DE AROUSA Sr. Presidente.- Punto número 5. Aceptación, por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, do cambio de titularidade do viario que discorre entre os lugares de Pontearnelas e Cabanelas solicitado polos concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Senón hai intervencións proposta de votacións. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vistos os acordos plenarios adoptados polos concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa autorizando a cesión, a favor da Deputación Provincial de Pontevedra, dos tramos do vial Pontearnelas-Cabanelas que discorren polos respectivos termos municipais. Visto o informe emitido o 8 de abril de 2009 polo Enxeñeiro T. Xefe da Zona Centro favorable a asunción, por parte da Administración provincial, da titularidade do citado vial non só polo seu carácter supramunicipal -afecta a tres concellos- senón tamén porque ó conectar con estradas provinciais absorbe un tráfico de conexión intermunicipal, situación que aconsella que o mesmo teña un deseño homoxéneo e un tratamento uniforme independentemente do concello concreto polo que discorre, notas todas elas que aconsellan o cambio de titularidade a favor da Deputación Provincial de Pontevedra segundo o procedemento sinalado no artigo 5 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia e no artigo 2 da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais. Considerando que de acordo co disposto no artigo 70.14 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, correspóndelle ó Pleno a adquisición de bens e toda transacción sobre os mesmos, así como o seu alleamento e calquera outro acto de disposición, e, visto o ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aceptación, por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, do cambio de titularidade do vial que discorre entre os lugares de Cabanelas e Pontearnelas solicitado polos concellos de Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Dito viario, cunha lonxitude de 2.520 metros, incorporarase á relación de estradas de titularidade da Deputación Provincial de Pontevedra como sinala o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de Estradas de Galicia, denominándose EP 9511 Cabanelas-Pontearnelas. Correspóndelle á Deputación Provincial de Pontevedra, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación da vía; así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova administración titular da estrada. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para a sinatura da acta de entrega que con tal fin se elabore. 6.5813.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DO PLAN PROVINCIAL DE FOMENTO DE EMPREGO 2009 E HABILITACIÓN DO CRÉDITO NECESARIO Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do expediente do Plan Provincial de Fomento de Emprego 2009 e habilitación do crédito necesario. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Antes ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Estamos nun plan que presenta o goberno provincial a Pleno, que se dirixe a contratar 177 persoas e que o importe é de 1.310.000 euros por un lado e 446 por outro. Ben, as bases deste plan e o reparto por concellos sae publicado no Boletín Oficial da Provincia de 19 de febreiro, estamos a 30 de abril e celebráronse, estes días de atrás, foron celebrándose entrevistas coas diferentes persoas e sorprendentemente, sorprendentemente aparece hoxe en Pleno este punto, é dicir, este punto que vén a dicir que se estaba facendo toda a tramitación sen consignación presupostaria, absolutamente toda, e home, nunha situación de crise como na que estamos, parece, parece, que o tema era da suficiente urxencia, se querían levalo así, para que o houberan traído no mes de xaneiro, é dicir, sería bastante máis normal que nesta situación, aínda que sexa un debate de despois, que se aprobara antes o orzamento da Deputación, pero bueno, como iso debaterémolo despois, vamos ó tema. A realidade é que miles de persoas pasan para facer a entrevista, para o proceso de selección, e nesa situación de crise, ou nesta situación de crise, curiosamente, pois estamos vendo que se lle cobra a estas persoas 3 euros polo proceso de selección, e home, realmente cando estamos na crise que estamos e cando estamos seleccionando a parados, moitos deles sen prestacións, nos parecería bastante máis normal que non se lle cobrara nada e que en todo caso se queren cobrarlle algo que llo cobren ós que van obter o contrato os tres euros pero ó resto non, polo tanto, esa sería unha cuestión. E outra que xa nos parece máis grave, é que esta xente xa firmou o contrato, firmou o contrato, onte, é certo que para empezar a traballar o día 1 de maio, é dicir, a data que aparece no contrato a partir de maio. Home, a ver, como se pode estar firmando contratos e facendo un proceso de selección antes de ter a consignación presupostaria para este tema. Nos parece que é unha chapuza absoluta a que fixeron coa tramitación deste punto. Polo tanto, nós si entendemos que debe haber un plan de emprego pola situación na que estamos, o que non podemos é avalar esta chapuza co noso voto a favor e vamos a absternos. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, gracias Sr. Presidente. Xa fixemos algunha pregunta en Plenos anteriores, xogar con estes plans francamente non nos gusta nada, non nos gusta nada, vámolo a deixar en que non temos nada claro nin no reparto para os concellos nin nas bases, xa preguntamos, dixeron que eran as mesmas, que non eran as mesmas, despois cambiáronas e demais. Nós o que pediríamos é que estas bases foran consensuadas, polo menos que fora un expediente no que puidera participar toda a Corporación e non só o grupo de goberno e que non deran pé, verdade, que a un concello se lle dá non sei cantos e a outros se lle dá a metade sendo practicamente iguais os concellos, en fin, todas esas cousas que francamente preferimos non entrar, de verdade, porque a situación está moi mal e con este reparto, que ó final son seis meses de traballo, aproximadamente dez mil euros de custe total, por traballador, pero que na situación actual pois ten unha demanda enorme e préstase a todo tipo de cuestións, que se se meteu a un, a outro non, e demais, que é un síntoma de cómo está o asunto e aí preferimos non entrar. Polo tanto, vámonos abster, e pedir, ogallá non fagan falta, ogallá non fagan falta, nin para o resto do ano nin para o ano que vén. Moito nos tememos que si, que si en serio, pois que se faga dunha maneira que non se preste a este tipo de, en fin, de suspicacias cando non feitos practicamente comprobados. Vámolo a deixar aí, ímonos abster, porque o que vén hoxe realmente é a consignación, á consignación non nos opoñemos, non veñen nin as bases, nin o proceso selectivo, nin o reparto, non vén nada diso, soamente vén votar a consignación. Iso nolo supoñemos e polo tanto ímonos abster e intentar deixalo aí. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, en relación a este tema eu creo que a sorpresa quizá positiva é a transparencia e a limpeza con que se fixo este proceso. Eu podo dalgunha maneira en relación á proposta do Partido Socialista, do Portavoz, de que non se lle cobre, bueno pois, poderíamos incluso ata posiblemente estar de acordo, creo que había unhas taxas para este tema máis altas da que se lle cobrou neste caso, precisamente visto o momento que estamos a vivir, e polo tanto, bueno, xa haberá que ir avanzando neste sentido ata incluso unha redución total desa taxa, habería que ó mellor estudalo, pero si lle podo dicir que en relación ó que se cobraba pois houbo unha redución de máis dun 50%, tendo en conta xa esa primeira consideración. A segunda, vostede xa me daba precisamente a razón no sentido de que aínda que onte houberan firmado o contrato estas persoas non van a empezar a traballar ata que teñamos o crédito necesario para o mesmo, que será precisamente no día de hoxe con esta modificación que se inclúe precisamente no orzamento. Creo que tampouco non se critica o reparto porque foi un reparto obxectivo e aínda que vostedes digan que non van as bases aí, vostedes son coñecedores de cal é o reparto, como foi o reparto, e creo que neste sentido é acertado, porque senón estaríamos discutindo aquí sobre como foi o reparto. Polo tanto, bueno, pois, tamén estamos satisfeitos con iso e tamén que foi, suscitou moitas críticas, se dalgunha maneira os ía a contratar eu a dedo, etc., etc., esas cuestións todas que vostedes saben, e creo que, bueno, pois, o único comunicado enviado polos sindicatos que participaron na selección dos traballadores cualificaban de boas formas e boas prácticas as postas en marcha pola Deputación para este tipo de contratos. Que ademais se amplía de novo e se pon en marcha outro plan parecido que vai dirixido de maneira especial a un sector clave na provincia de Pontevedra, que é pois que nos meses que se aveciñan, Galicia, precisamente as Rías Baixas teñen unha clara orientación dende o apartado económico hacia o turismo, e creo que a imaxe das nosas praias, que é un dos recursos que temos pois deben estar en perfecto estado, e se con iso garantizamos tamén postos de traballo para máis de 120 traballadores de novo, pois creo que benvidos sexan nos momentos que estamos a vivir. Polo tanto, eu neste tema máis menos en relación ó que comentaba o Portavoz Socialista, quero entender que non está en contra deste plan, quero entender que non está en contra, creo que é o camiño indicado en relación á consideración do crédito, xa digo, creo que está, como vostede dicía, totalmente cumprida, xa que estes traballadores non comezarán a traballar antes de ter a dispoñibilidade económica para poder facelo. E xa digo, que eu, oxalá poidamos poñer en marcha cuestións como esta e teremos en consideración esa cuestión económica de reducir na medida do posible calquera tipo de taxa, como fixemos xa neste caso que se deduciu máis dun 50%. Bueno, vamos a proceder polo tanto á votación deste punto que é a Aprobación do expediente do Plan Provincial de Fomento do Emprego 2009 e habilitación do crédito necesario para estes traballadores. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións? ¿A favor?. No Boletín Oficial da Provincia nº 25, de data 6 de febreiro de 2009, convocouse o “Plan Provincial de Fomento do Emprego en pequenos municipios 2009” en réxime de concorrencia non competitiva, para intentar frear, ou polo menos mitigar, os efectos da actual conxuntura económica sobre o mercado de traballo, mediante a contratación laboral temporal por obra ou servizo determinado de 177 traballadores desempregados, por un período de seis meses, do 1 de maio ó 31 de outubro de 2009. Estas contratacións condiciónanse á aprobación e dotación de crédito suficiente nas partidas 122.121.141.04 e 122.121.160.04 do orzamento provincial para o ano 2009, por importes de 1.310.189,52€ e 446.472,00€, respectivamente. Polo exposto, ó non estar aprobado o Orzamento Provincial do ano 2009, ante a insuficiencia ou inexistencia de crédito para estas contratacións, en cumprimento do disposto nos artigos 215, 216 e 217.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar o expediente do Plan Provincial de Fomento do Emprego do ano 2009 e que se habilite a cantidade necesaria para a formalización destes contratos no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite. 7.5814.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA CORPORACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 7. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- La moción de la Presidencia firmada el 8 de abril es la siguiente: Dada conta de que o Pleno en sesión celebrada o 12 de xullo de 2007 e 25 de xaneiro de 2008, aprobou Mocións desta Presidencia sobre nomeamento de representantes desta Corporación en órganos colexiados, resultando que Dona María Corina Porro Martínez ostentaba a representación no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo, na Fundación Laxeiro, na Fundación MARCO e na Cidade Universitaria SA, resultando que o Pleno en sesión de 23 de xaneiro de 2009 tomou coñecemento da renuncia de Dona María Corina Porro Martínez, ó cargo de Deputada Provincial, sendo substituída por Dona Francisca Canal Gómez, quen tomou posesión do cargo en sesión de 4 de marzo de 2009, considerando que o artigo 58 c) do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados, esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Modificar os acordos adoptados nas sesións plenarias de 12 de xullo de 2007 e 25 de xaneiro de 2008 no sentido de designar representantes desta Deputación Provincial nos organismos que se citan ós seguintes Deputados Provinciais: no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo e na Cidade Universitaria, SA, a Dona Francisca Canal Gómez e na Fundación Laxeiro e na Fundación Marco, a D. José Manuel Figueroa Vila. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “Dada conta de que o Pleno, en sesións celebradas o 12 de xullo de 2007 e o 25 de xaneiro de 2008, aprobou mocións desta Presidencia sobre nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados. Resultando que Dona María Corina Porro Martínez ostentaba a representación no Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo, na Fundación Laxeiro, na Fundación Marco e en Cidade Universitaria, SA. Resultando que o Pleno en sesión de 23 de xaneiro de 2009 tomou coñecemento da renuncia de Dona María Corina Porro Martínez ó cargo de Deputada Provincial, sendo substituída por Dona Francisca Canal Gómez, quen tomou posesión do cargo en sesión de 4 de marzo de 2009. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Modificar os acordos adoptados nas sesións plenarias de 12 de xullo de 2007 e 25 de xaneiro de 2008, no sentido de designar representantes desta Deputación Provincial nos organismos que se citan, ós seguintes Deputados/as Provinciais: - Consello Territorial da Propiedade Inmobiliaria de Vigo: Dona Francisca Canal Gómez. - Cidade Universitaria, SA: Dona Francisca Canal Gómez. - Fundación Laxeiro: D. José Manuel Figueroa Vila. - Fundación Marco: D. José Manuel Figueroa Vila.” 8.5815.- APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO 2009 Sr. Presidente.- Punto número 8. Aprobación inicial do Orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2009. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bos días. Eu supoño que vamos a debater este punto máis o seguinte dentro do mesmo debate e polo tanto, bueno, hai un acordo dos voceiros que eu vou a intentar respectar, un acordo así antes de entrar neste Pleno, e é intentar facer unha primeira intervención de 15, unha segunda de 10 e unha terceira de 5. Supoño que ó goberno, como sempre pecha, lle deixarán dous minutos para dicir algo, eu dende logo vou a por o reloxo e vou a intentar cumprilo, cando chegue ós quince minutos se queren me avisan e paro. Porque eu creo que é bo, é bo incluso estas prácticas pois que se poidan dar. Vamos a ver, nós hoxe traemos aquí, o equipo de goberno, un presuposto que eu diría que é un presuposto histórico, un presuposto que non ten precedentes nesta Deputación, e que loxicamente eu quero empezar agradecendo ós servizos técnicos desta Deputación, o Interventor e todo o seu equipo, porque de verdade sempre nos votan unha man, pero nesta maneira xogaron un papel importante, xogaron un papel importante porque neste presuposto se conxugan dúas cuestións, unha loxicamente a iniciativa política que ten o equipo de goberno, pero tamén, tamén, unha opinión moi importante para nós que é que a estrutura financeira e a estrutura económica desta Deputación loxicamente cumpran cos requisitos, e que ademais como estamos falando, que despois deixareino para o final, dun plan anticrise importante, eu creo que a inversión máis importante que se vai a dar na historia desta Deputación nos próximo tres anos, pois loxicamente a súa opinión ten que terse en conta e ademais dunha maneira decisiva, e polo tanto, eu quero agradecer esa situación. Dicir que este presuposto ascende a 173.250.000 euros, o presuposto consolidado que saben vostedes que é, bueno, a suma de todos os organismos autónomos menos as transferencias, ascende a 181.338.000 euros, e ten unha serie de características importantes. O obxectivo fundamental é loxicamente a modernización e o progreso dos concellos, e loxicamente dentro deste obxectivo acadar as maiores cotas posibles de benestar e sobre todo tamén a nivel social. E un tema fundamental, un tema fundamental que marcamos como obxectivo sobre todo, que é reducir e paliar o impacto da grave crise económica que estamos a vivir na nosa provincia, no estado e en todas as comunidades. Por suposto que dentro deste obxectivo hai un enmarcado dunha maneira xeral que é a axuda ó fomento do emprego e loxicamente a reactivación da economía na nosa provincia. Para aí nós temos unha finalidade e é o apoio claro ás empresas, ós traballadores, e dunha maneira clara tamén á sociedade civil que xoga un papel fundamental. E non podía ser doutra maneira porque a Deputación para nós está concebida como concello dos concellos, e loxicamente todas estas políticas teñen que estar en torno ó desenvolvemento dos propios concellos, da súa xente, das persoas que viven neles. Este é un principio para nós irrenunciable, un principio que é constatable e que é comprobable na nosa acción de goberno, como non pode ser doutra maneira, e evidentemente, bueno, pois en torno a esta situación pois manexamos as políticas a seguir adiante neste presuposto. No capítulo de persoal, bueno pois, eu aquí quero facer un agradecemento especial, un agradecemento especial á aptitude e ó comportamento e a asumir unha situación real que existe e que os sindicatos a perciben, igual que noutros presupostos pois os sindicatos pois intentan arrimar o máis posible ós seus intereses pois unha situación que poida ser vantaxosa para eles, neste caso temos que dicir que evidentemente tamén o intentan facer, pero foron conscientes da situación que estamos a vivir, foron conscientes, foron receptivos, e creo que igual que outras veces hai diferenzas, neste caso eu quero facer ese agradecemento especial porque, bueno, entenderon a situación, aínda así, bueno, pois, neste presuposto se adecúa unha estrutura organizativa máis moderna, que intenta seguir facendo reclasificacións profesionais dentro dunha moderación, e por suposto tamén hai pois un precedente importante, que xa o dicía o Presidente nesta primeira intervención, no outro punto, onde por primeira vez os sindicatos pois fan unha mención e unha mención pública do traballo que fai o equipo de goberno, desa apertura de transparencia da selección de persoal, que creo que foi modélica, á marxe das cuestións que se puideron plantear no anterior punto, pero creo que é modélica e dende logo nesa liña vamos a, vamos a seguir. Creo que aquí hai dous proxectos importantísimos, un deles xa se falou, do fomento do emprego en pequenos municipios, cunha política dirixida a 180 persoas, e tamén un plan de conservación e limpeza de espazos naturais, que estamos falando pois doutras 120 persoas, é dicir, hai unha serie de proxectos que van dirixidos aproximadamente a unhas 300 persoas, a 300 familias, que loxicamente están necesitados deste emprego. Polo tanto, á marxe de seguir mantendo e adecuando a estrutura organizativa desta casa, que é un tema moi importante tamén, porque ó final son os traballadores os que poden sacar e facer un magnífico traballo en pro de desenvolver as políticas e desenvolver a xestión desta casa, pois eu creo que estes 300 empregos máis que se van a concretar, creo que é un tema importante. Tamén dentro da estrutura deste presuposto eu creo que hai algo moi significativo, que é a primeira vez que se produce, polo menos no que eu analicei nos últimos dez presupostos onde se reduce por primeira vez o gasto corrente. É dicir, esa sempre foi unha discusión que mantivemos, o gasto corrente de mantemento, de conservación, de proxectos que había en marcha nesta casa, pois se reduce realmente un 6%, se aplicásemos pois o incremento do IPC estaríamos falando realmente do entorno dun 10% real que se produce con respecto ó ano pasado. E isto ¿como se fai?, pois se fai partida a partida, analizando unha a unha, como fixemos o equipo de goberno, neste caso o que lles fala cos servizos económicos, analizando unha a unha todas as partidas e buscando un control do gasto, reducindo ese gasto, buscando loxicamente que a redución dese gasto non signifique unha falta de xestión ou unha falta de repercusión en proxectos importantes ou en mantemento desta casa, e bueno, eu creo que aquí ese control unido á eficiencia e á redución do gasto, loxicamente intentando prestar e seguindo mellorando os servizos, foi un dos obxectivos. Claro, este é un dato seguramente dos máis importantes, dos máis significativos, porque estamos falando dunha redución aproximadamente dun millón de euros, que bueno, que loxicamente é unha cuestión fundamental. A maiores, no capítulo 4, aquí tamén contivemos o incremento, é dicir, estamos no 0,55% de redución, que creo que tamén é importante, é importante sobre todo porque aquí é onde están as transferencias correntes, bueno, pois axudas a entidades, a entidades sen ánimo de lucro na maior parte dos casos, a entidades que necesitan do apoio desta institución e doutras institucións para facer o seu traballo, e á asociacións, colectivos sociais, culturais, deportivos, de todo tipo, que evidentemente necesitan da axuda das institucións, senón sería totalmente imposible, imposible levar a cabo a súa xestión. Creo que unha institución como a Deputación, que ten pois dentro deste tipo de axudas un entramado social tan importante, tan consolidado e tan sólido como é o da Deputación de Pontevedra, pois evidentemente non podíamos mantelo á marxe e aquí aínda que se fai unha redución, se controla o incremento e para nós nos parece que tamén é unha decisión política acertada e que vai acorde co que estamos plantexando. E despois vén o capítulo que seguramente é onde se producirá maior debate, que aquí si que dende logo estamos tremendamente satisfeitos, tremendamente satisfeitos porque hai un incremento das inversións do 30% real neste presuposto e despois falarei pois da proxección que ten este presuposto loxicamente nese plan anticrise 2009-2010-2011. Estamos falando dun incremento de 21.200.000 euros con respecto ó ano pasado, é un 30,39%, creo que este é un dato pero que moi, moi significativo. É dicir, nunha situación de crise tan importante esta Deputación esta dirixindo o seu esforzo político e as súas políticas á inversión, á inversión loxicamente que nós queremos entender que é a inversión que vai a ter retorno, e que vai a ter retorno en forma de emprego, que vai a ter retorno en forma de reactivación da economía das empresas e loxicamente tamén do apoio ós traballadores e á sociedade civil, como dicía anteriormente, e para nós iso pois significa eu creo que un logro, un dos maiores logros deste presuposto. Todo isto evidentemente está concibido dentro dun obxectivo fundamental, e ese obxectivo fundamental é seguir aplicando todo tipo de políticas e seguir mantendo, e seguir mantendo pois un gasto, sobre todo seguir mantendo unha serie de actividades que eu teño que relatar, evidentemente non podo deixar de mencionar nestes momentos pois os proxectos que temos en marcha, proxectos a nivel deportivos e educativos, podemos estar falando das escolas deportivas, escolas deportivas que van dirixidas a máis de 3.000 nenos da nosa provincia que a día de hoxe non pagan nin un só euro pola súa actividade, é dicir, a Deputación corre cos gastos de todas as actividades de máis de 3.000 nenos e nenas de toda a provincia e máis de 101 escolas deportivas que están aí. A maiores este presuposto contempla unha cuestión tamén fundamental a nivel deportivo que é a axuda a eventos, a axuda a eventos que non só directamente repercute no ámbito deportivo senón que tamén repercute en retornos, por exemplo, o outro día o Presidente da Asociación de Hostaleiros da cidade de Pontevedra dicía que un campionato de pin-pon pois que paliara a situación da ocupación na cidade de Pontevedra. Bueno, pois isto está pasando, isto directamente, seguramente moitas veces se pode criticar o apoio ós eventos pero os eventos teñen un retorno, teñen un retorno a través do turismo ou a través do sector servizos. Por suposto a axuda ó deporte federado de todos os clubs que temos na nosa provincia, pois en torno ós mil, que podemos ter novecentos e pico clubs que aí están dirixidos. Con respecto ós temas culturais eu creo que nesta Deputación se hai un exemplo de actividade é a actividade cultural, a actividade cultural que está dirixida dentro da maior parte dos proxectos evidentemente a buscar a mellora, a buscar programas que estamos facendo en apoio polo futuro da música, en programas como “coidamos a canteira”, o plan cultural onde están tamén cerca de mil grupos que realizan unha actividade anual; tamén temos aquí o fomento da innovación e investigación, axudas para a construción e rehabilitación, novos valores, etc., etc., bueno, o Servizo de Publicacións que eu creo que é un exemplo claro do magnífico traballo que se está facendo con máis de 60 proxectos editoriais e libros e audiovisuais que facemos de por medio ó ano, polo tanto nos parece que este traballo está aí. E aquí redunda nun proxecto importante, un proxecto importante que se vai a rematar e vai a culminar nos próximos meses, que é a rehabilitación, xa se fixo do Arquivo, pero que agora se vai a facer do Museo de Pontevedra coa terminación dun proxecto, cunha inversión de máis de trinta millóns de euros, vai a significar un antes e un despois na cultura da provincia de Pontevedra, e por suposto tamén nun tema relacionado co turismo que é fundamental. Con respecto ó turismo seguimos mantendo, seguimos mantendo o nivel de compromiso, dun compromiso claro dun sector que significa o 12% do PIB da nosa Comunidade Autónoma, e que máis da metade dos visitantes que veñen á nosa provincia pois visitan as Rías Baixas, e aquí, bueno, pois estamos traballando en políticas de promoción dun sector que o vai a necesitar, que o vai a necesitar dunha maneira clara e que vamos a intentar facer e seguir mantendo ese esforzo. Por suposto a nivel de comercio creo que é a primeira vez que tamén esta institución se dirixiu ás PYMES, ós pequenos empresarios cun plan estratéxico no 2009-2012, que nos parece vai a marcar as liñas mestras do que pode ser o comercio. O comercio é o fundamental na nosa provincia e seguramente pois ó mellor non estivo todo o atendido que o tiñamos que ter, pero creo que agora si que hai políticas claras, que hai un plan estratéxico, e que aí van dirixidas tamén as nosas, os nosos traballos e os nosos proxectos. Podía seguir falándolle da Escola de Canteiros, do que significa a tradición desta Escola, onde hai alí máis de 30 alumnos, e temos tamén un problema das titulacións, da homologación, que se está traballando e que aí o Presidente está facendo un magnífico traballo. No ORAL, eu creo que, bueno, están aí os datos do traballo que se fai e seguramente faremos un discurso e un debate cando proceda deste tema, pero que tamén é un organismo que está facendo un magnífico apoio ós concellos. Por suposto o IPESPO, co desenvolvemento do solo industrial que temos aí, e que temos, que estamos preparados para que cando saiamos desta crise ter solo dispoñible para os empresarios que o necesiten, eu creo que foi unha magnífica idea, estamos nunha situación complicada, como están todos os polígonos industriais pola pouca demanda e sobre todo polo problema que teñen as empresas co financiamento. Bueno, me din que é a hora. Vale, dous minutos e remato. Podía falar da Escola de Enfermería, podía falar que a temos que transferir a, aí se está negociando, proxectos europeos que nos últimos anos acadaron cerca de setenta millóns de euros. Temas medio ambientais, estamos co plan estratéxico de estradas, esperemos que en colaboración coa Xunta de Galicia, e aquí, só un minuto, para o plan anticrise, nós o plan anticrise vamos a dirixir aproximadamente entre o que temos neste presuposto e o que temos neste presuposto 2009, 2010, 2011, máis o que temos en execución, máis as aportacións do concello, vamos a estar falando aproximadamente de proxectos entorno ós 300 millóns de euros. Nos parece que esta situación é a máis importante e sobre todo cunha salvidade, que mantemos a estrutura financeira e a posibilidade de que a Deputación non teña ningún risco de ningún tipo á hora do seu financiamento e de manter o gasto e facer o mantemento desta casa, e por suposto tamén seguir axudando ás políticas que así moi por enriba acabo de manifestar. Creo sinceiramente que eu pediría o apoio dos dous grupos porque este plan anticrise, pois vamos a intentar paliar esa situación económica que vive a nosa provincia, e pensar que unha inversión entre todos de entorno ós 300 millóns de euros nos próximos tres anos é unha situación histórica, é un programa que non ten precedentes, é un programa e un plan que seguramente nunca se fixo e que nos parece que con rigor, con seriedade, coa austeridade que intentamos marcar, coa redución do gasto corrente se pode levar a cabo. Despois na segunda intervención seguramente matizarei algunhas cuestións máis. ¡Se non cumprín!, paseime un minuto e medio, creo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa polo cumprimento tamén do tempo que é importante, e por esa ampla e eu creo que concreta exposición. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. O Sr. Figueroa no debeu facer moi ben cando o Presidente lle ten que aplaudir a ver se lle dá ánimos. Si, home, faga de árbitro e non de palmero do seu grupo, para empezar. Ben, con respecto ós orzamentos, pois, eu creo que antes de nada hai que dicir algunha cousiña do procedemento, se nos dá nun soporte bastante raro o xoves, a Comisión o luns, e quere dicir iso, se lle dixo por activa e por pasiva ó grupo de goberno, de que non había ningunha intención de facilitar que se presentaran emendas ou aportacións, ou sexa que toda aquela historia que naceu en outubro, é dicir, hai seis meses, de que se ía a negociar a proposta nosa, pero vamos, se ía a negociar e demais, xa pasara a mellor vida. Ben, aquí nos matamos a dicir por parte do grupo de goberno de que son uns presupostos históricos, home, no 2009 non creo que haxa outros, no 2009 non creo que haxa outros, nese sentido todos son históricos, absolutamente todos. Ben, eu, gustaríame facer unha disección para entender un pouquiño o que está a suceder e que é o que sucede con estes orzamentos e me gustaría falar do capítulo de ingresos, falar do capítulo de ingresos porque é o que explica case todo. E aquí empezamos xa a ver unhas cantas falacias, entre os números e o seu discurso habitual. O orzamento efectivamente sube eses 28.000.000 de euros, pero deses 18,17 son os que sube o crédito e 7 o que soben as transferencias de capital. Ben, sen embargo, porque o ano pasado foi moi baixo, sen embargo non hai ningunha diminución senón unha subida do dous e pico por cento nas transferencias correntes, que era, ou sexa no que o Estado transfire a esta Deputación, que foi o discurso de que o Estado estaba recortando fondos, etc., etc., pois non o hai. O que si hai, o que si hai e se ve moi claro é que a súa política de converter a Deputación en ariete contra nomeadamente a Xunta, pero en xeral contra todas as admistracións que vostedes non gobernan, fixo que nos últimos anos a caída de ingresos desta Deputación por transferencias de capital ou transferencias correntes, non do Estado, de financiamento fora tremenda, fora tremenda. Evidentemente e incluso ata aí se enganan, porque o POL practicamente compensa o anterior, e sen embargo todo o resto que estaban dicindo pois non é certo. Entón vostedes se meteron nese patacal absolutamente inoportuno, desgraciado para esta administración e creo que para a provincia, e a consecuencia é que non teñen convenio, non sei se o dos Pendellos de Agolada, que é moi importante e non sei, non teñen nin convenios nin nada, foron, claro, son catro anos continuamente que ó final nótanse e nótanse dunha maneira moi forte. Entón, entre o que tiraron do gasto desta casa, e os ingresos que se recortaron para xestionar por confrontación aberta con outras administracións, o estado económico da Deputación, xa o advertiramos, non é especialmente bo, non é especialmente bo cando menos, cando menos para afrontar un plan anticrise verdadeiramente serio. Entón, nos presentan unhas contas que a min, con todos os respectos, vamos chamarlle enxeñería financeira ou economía recreativa, que como sabemos calquera das dúas cousas significa o que significa. No capítulo 2 de gastos, non están propoñendo un recorte dun millón ou dous, están propoñendo un recorte de case sete millóns. O ano pasado en gasto real e en gasto corrente foron vinte e catro millóns e agora nos poñen 17,5. ¡Ah!, pero a maiores vamos ocupar o edificio do lado, temos unha sede en Vigo, e vai a entrar en funcionamento, para máis cargas, o edificio do Museo. Ou sexa, que a luz non se vai pagar ou vai baixar a metade de prezo, a limpeza tampouco, o outro tampouco, ou sexa, isto é absolutamente irreal e verémolo, verémolo a final de ano, verémolo. Porque o ano pasado, este discurso de contención do gasto corrente tamén o escoitamos o ano pasado, orzamentaron dezaoito e ó final se foi a vinte e catro, ó final se foi a vinte e catro. E tanta intensidade de investimento que ten esta Deputación este ano que se lle quitan, que se lle quitan o cambio do capítulo 7 para o 6, os investimentos da Deputación, se lle quitan iso, é o do ano pasado, e con todo sumado anda no nivel do 2007, cun baixón terrorífico para o 2010 e 11, ou sexa, no nove chegaríamos ó nivel do 2007, iso é a crúa realidade nesta casa, e iso indo ó endebedamento máximo de rozar o 110%. Vostedes fixeron unha política que fixeron e ben. Entón, se aquí temos unha Deputación que como consecuencia da política que estiveron seguindo de convertela nunha contra a Xunta, agora non sabemos, agora estamos un pouco despistados se vai a ser outra vez, me parece que aínda no saben vostedes. Intentamos darlle solucións, nunca quixeron aplicar ningunha, transferir centros, dedicarse a esta casa, ó que tiña que adicarse, ás competencias que ten que adicarse, facer unha reestruturación de competencias, etc. Iso está aí e vostedes pois seguiron a política que seguiron. Ben, estamos agora nunha situación, estamos ante uns orzamentos nos que francamente pasaron seis meses, seis meses, dicindo que ían a negociar un plan anticrise, e que obviamente iso levaba a unha reestruturación profunda para que esta Deputación tivera capacidade real de afrontalo. Porque hai que ter narices, por non dicir outra cousa, a dicir por exemplo que o fondo, o plan E, o fondo de inversión local do Estado, que nun só ano é bastante máis do dobre do que vostedes propoñen para tres, agredilo como o están agredindo, que ten os seus defectos, obviamente, verdade, e agora vendernos, vendernos que menos da metade en tres anos é un grandísimo plan anticrise, pois non o é, obviamente non o é. E a maiores, a maiores teñen vostedes a pouca cintura de non ver que dende hai seis meses cambiaron moitísimo as cousas, non, e polo tanto deberían, deberían intentar adaptarse á nova situación. Hai seis meses non había 80.000 parados na provincia, ou 85, hai seis meses non había 30 ou trinta e pico mil parados que non tiñan cobertura ningunha, hai seis meses se non houbera o plan do Estado, hai seis meses pasaban unhas cousas. Ben, daquela xa non tiña capacidade para facer un plan verdadeiramente solvente, pero bueno, de feito na práctica baixa moito, ou sexa, nos últimos dous anos, no 2007 e no 2008, o investimento que xestionou esta Deputación no capítulo 6 ou 7, vai ser superior, fáganse as estimacións como se queira, ó que vai a xestionar en investimentos, capítulo 6 e 7, para os próximos tres anos. Vai ser inferior, e agardo que esteamos aquí, digo por saúde, ó menos que algún queira irse por outro motivo, verdade, para poder contrastar estas cifras, para poder contrastar estas cifras. Ben, eu creo que as cuestións están tan clariñas que vamos a pasar ás emendas e cremos que se realmente tiveran a máis mínima seriedade con este orzamento as aprobarían. Os antecedentes son fastidiados, vostedes aquí nos fixeron unha proposta de acordo plenario, de acordo plenario, que creo que levou o mesmo portavoz que defende agora as contas, no que o único que non se recortaba aquí era o gasto social, non se ve por ningún lado que se amplíe, a menos que no gasto social o estiremos e sexa todo o que ben entenda, seguen cunha estrutura de gasto social francamente disparatada. Entón, eu aquí neste Pleno, xa está dado por escrito ós Portavoces antes, queremos propoñer catro emendas. A primeira, sería crear un fondo entre 7 e 10, dise entre 7 e 10, porque isto partir de 7 e despois pode ser ampliable, en todo caso podía ser agora 7 e despois ampliado, para axudas á unidades familiares sen ingresos por culpa do paro galopante, da situación tan tremenda que hai e que incluso non se ve nada claro que fora a tocar fondo, que xa tocara fondo, máis ben pode haber previsións bastante pesimistas e que empece a crear moi serios problemas na cidadanía. A segunda, eu supoño que van a votala a favor con entusiasmo, porque todos os días escoitamos que os concellos, sobre todos os pequenos, teñen un gravísimo problema de ingresos que non dan pagado nin o gasto corrente e demais. Ben, vostedes saben que isto, a Xunta ten un fondo de cooperación local que é de textil e demais, que se os concellos teñen ese problema non fagamos trampas, que se están facendo, pero claro, fanse cuns e con outros non, entón se un concello necesita pagar a luz ou pagar unha fotocopiadora pois o normal non é metelo disimulado nalgún PAM como están metendo ata agora, senón que directamente facer un reparto de fondos entre os concellos para que fagan o que queiran con eles, para que fagan o que queiran, non ten porque ser para unha obra, pode ser para unha obra ou pode ser para pagar a luz pública, e non vai restalo por exemplo do investimento dos concellos ou doutras partidas, non vai a afectar para nada ó fondo senón que cremos que sería francamente bo, e senón escóitense os comentarios dos alcaldes dos concellos pequenos ou pregúnteselle a ver se preferían ter uns fondos que eles poidan dispoñer como ben entendan e non ter que estar tramitando, pido para esta obra, que a Deputación ma faga, teño que xustificar, bueno, incluso despois todos sabemos de certas xustificacións bastante peregrinas e demais. A emenda número tres, en fin, creo que é obvio, é dicir, e supoño que a votaran a favor. Para inflar o capítulo 6, ou con outras finalidades, meteron todo o que vai a concellos como se fora investimento propio, pero bueno, como eu, nós sempre entendemos que o capítulo de investimentos, o 6 ou o 7, pásese ó capítulo 7. E a número catro, pois é subsanar, subsanar, é curioso, antes fixo mención a que aquí houbo primeiro unhas críticas furibundas da selección, despois unha felicitación á selección, bueno, vamos a deixalo, pero o que é curioso é que nas relacións laborais nesta Deputación é das poucas administracións, das que hai aquí locais, nas que queda que os laborais non fixos non teñen certos dereitos sociais, cando algúns incluso son indefinidos e pasan tempo indefinido, e polo tanto hai que despedilos, hai un continxente para recuperar os posibles adiantos, etc., que supoño que non terá ningún problema en aceptalo. Evidentemente con estas emendas o Orzamento tería un sesgo moito máis coherente que o que vostedes predicaron e o que aprobou este Pleno, de momento non recortar o gasto social, máis ben aumentalo, na práctica recórtase, porque aumenta o persoal e a partida non varía, ou sexa, a función non varía, co cal recórtase bastante na práctica, verdade. Axudas ós concellos, o seu financiamento mantense, a capacidade de decisión e de xestión dos concellos pasando as obras a que as fagan eles como sempre se fixo co PAM, co PPC e con todo, e con todo nesta Deputación. E a cuarta pois é homologar os dereitos sociais co custe mínimo, vamos o custe practicamente non ten, ademais é unha cuestión de principios de todo o persoal que traballa nesta Deputación. Creo que me sobra un par de minutos pero a nosa intervención está rematada. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias tamén ó Portavoz D. Cesáreo Mosquera por cumprir tamén de maneira rigorosa o seu tempo. Ten a palabra o Portavoz do Partido Socialista D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Efectivamente estamos diante dun Orzamento histórico, é certo, é histórico porque é a primeira vez na historia da democracia que nesta Deputación o Orzamento se aproba o 30 de abril, novidade e historia, efectivamente. E o malo non é que se aprobe o 30 de abril, iso non é o malo, o malo é que aprobalo o 30 de abril significa que moitos concellos desta provincia están esperando a aprobación do Orzamento da Deputación para tramitar os seus orzamentos, co cal hai unha cascada de retraso na aprobación dos diferentes orzamentos, pero, pero, o que si é certo é que nunha situación de crise como na que estamos retrasar durante catro meses e que o Voceiro do Partido Popular non empezara por dar unha explicación sobre ese tema nos parece como mínimo curioso. É dicir, creo que adornou na súa intervención gran parte do orzamento como o plan anticrise, ben, despois falaremos do plan anticrise pero nos gustaría, nos gustaría unha explicación por parte do Partido Popular, que ten maioría absoluta nesta Institución, unha explicación de por que o orzamento ben a 30 de abril e por que nunha situación de crise non o trouxeron antes como é normal nesta casa, iso é o primeiro que nos gustaría saber e de principio entendemos que había que pedir desculpas por chegar a estas alturas co orzamento. Ben, por continuar, aínda que se dixo hai un momento, é dicir, un leva os dous últimos meses escoitando na prensa, mirando na prensa as súas declaracións, as declaracións de todo o grupo Popular, empezando polo Presidente desta Institución, na que facía referencia continua á caída de ingresos para este ano nos concellos e Deputación, etc., etc.. Volvo a repetir, xa o dixeron nunha intervención anterior, pero é así, é certo, é dicir, a caída non se produce para este orzamento, a caída producirase para os orzamentos seguintes, pero non neste, e os datos e os números están aí. Miren, de 173 millóns de euros que van no Orzamento desta Deputación 140 máis 3 proceden directamente do Estado. E aí non hai recortes, os 3 dígoo porque é un crédito sen intereses do Ministerio de Industria por 3 millóns de euros para o Plan Avanza, que é o tema dos arquivos municipais. Polo tanto, se a iso lle sumamos os 21.200.000 euros que van a pedir vostedes de crédito para o tema dos concellos, e os 5 millóns de fondos FEDER, nos quedan millón e medio dos concellos e dous millóns de euros por aí, 2,7 de taxas, que realmente é o que xera a Deputación como propio, é dicir, esta é a realidade, e isto traducido no orzamento, é dicir, isto senón é a novidade, este orzamento que vostede acaba de presentar, senón é a novidade do crédito para o plan anticrise dos tres anos, reduciríase, sería exactamente igual que o orzamento do ano pasado, de hai dous anos e de hai tres anos. Polo tanto, segunda cuestión nisto, ese gran adorno de plan anticrise que vostede fai, por certo, falaba de 300 millóns de euros, ben, mire, agora mesmo, e nos vamos a datos do orzamento son 227. Claro, mire, 227 e por riba, e por riba nos din, non, como hai pendente de executar, que están en execución agora corenta e tantos millóns de euros, pois tamén se suman, non, mire, estes xa son dos anteriores, non é plan anticrise, xa están en execución esas obras, polo tanto non se pode e tal. Pero, cando volven a adornar o orzamento co plan anticrise, un empeza a preguntarse, claro, o plan anticrise, 227 millóns, e mira un os números e ve que 10 millóns de euros proceden de cartos que ían dirixidos a concellos, de exercicios anteriores que estaban sen executar, é dicir, a ver, por Dios, como nunha situación de crise como esta se aproba o orzamento catro meses despois e tíñanse que executar 10 millóns de euros que non puxeron en execución a estas alturas. ¿Cal é a razón?. Eu sigo sen vela e me gustaría, me encantaría que no la dixeran. Pero, xa, entrando en cuestións, e despois volvo ó plan anticrise, pero, entrando en cuestións do orzamento, mire, levan 3 millóns de euros neste orzamento as subvencións nominativas, podemos compartir algunhas, por suposto, pero mire, noutros, na inmensa maioría, subvención nominativa significa, significa, que dalgún xeito desaparece a libre concorrencia e a igualdade de oportunidades para todos, porque llela están dando directamente a unha asociación, a outra asociación, a un club, outro club, etc., etc. Polo tanto, mire, como se fixo noutras ocasións, libre concorrencia e por méritos, e por méritos, é dicir, e polo traballo de cada entidade. Bueno, pois volvo a repetir, aí hai 3 millóns de euros que se dedican a estas cuestións. Claro, mire, é dicir, eu creo que todos os grupos, todos os grupos no primeiro plan de campos de herba artificial votamos a favor e estivemos de acordo no primeiro reparto, a partir de aí este tema desmandouse de tal xeito, que claro, falar como falan vostedes de inversións en economía produtiva, de potenciar, de non sei que, e resulta que van a dedicar dese plan anticrise 6 millóns de euros, entre o exercicio de 2009 e 2010 a campos de herba artificial, e estamos falando de segundas e terceiras fases. Por Dios, mire, pois ó mellor, eu lle apuntaría, é dicir, que a emenda que lle plantexou o Bloque agora, a primeira emenda, pois poden ter aí 6 millóns de euros desa dotación, porque, é dicir, hai servizos básicos fundamentais, que están por riba diso, xa á parte do tema dos parados, servizos básicos fundamentais nos concellos que están, entendemos nós, que por riba diso. Pero bueno, digamos que é a fórmula ou a forma de facer política que teñen vostedes. Miren, a min hai unha cuestión que xa dixo o Presidente na intervención anterior e que agora volve a repetir o Sr. Figueroa, di, “é que recibimos felicitacións porque por primeira vez, por primeira vez, a transparencia no proceso de selección”, etc., etc., bueno, con iso queren dicir que tiñamos razón nos outros anos cando lle estabamos dicindo que o proceso de selección era como era, pois parece que si, dixo o Presidente antes e o Sr. Figueroa volve a dicir exactamente o mesmo neste tema. Dicía antes que o plan anticrise ó final se reduce ós 50 millóns de euros do crédito e punto, porque o resto seguen sendo as aportacións de diferentes orzamentos da Deputación, pero si contén unha novidade e a novidade é que vostedes plantexan, é dicir, di o Sr. Figueroa, “é que crece o capítulo de inversións”, claro, de inversións reais propias da Deputación, si realmente como novidade tamén, primeira vez nesta Deputación vostedes queren facer directamente as inversións dos concellos, facelas, adxudicalas vostedes, por iso está no capítulo 6º, e ademais así nolo dixeron en Comisión, é dicir, non é a primeira vez que o din. Bueno, pois miren, curiosamente e contrapoñémolo ó último plan do goberno do Estado, é dicir, se reparten os cartos a todos os concellos, os concellos seleccionan obras e os concellos executan as obras e adxudican as obras. Aquí facíase así, os concellos seleccionaban e vostedes transferíanlle os cartos para que adxudicaran. Por primeira vez, e deberán explicarnos o por que, porque ata agora non nolo explicaron tampouco, por primeira vez, resulta que nesta provincia unha institución de representación indirecta como é a Deputación atenta directamente contra a autonomía municipal, concellos, representación absolutamente directa, e dedícanse vostedes a facer as adxudicacións directamente. Miren, me di ou di o Sr. Figueroa que este gran plan anticrise, bueno, vamos a ver, cal é a razón de por que, é dicir, nun momento determinado, porque nós nos fomos daquela mesa de negociación, polas razóns que expuxemos no seu día, pero vostedes seguiron dicindo que ían a chamar ós Portavoces, etc., etc., aínda o dixeron no último Pleno do mes pasado, e resulta que non houbo ningunha chamada ós Portavoces, absolutamente ningunha, simplemente dicirnos o mércores día das Comisións, que bueno, nos ían a pasar o CD coa documentación do orzamento, etc., etc. Plantexámoslle, o Grupo Socialista plantexoulle en Comisión que retrasaran este Pleno, este Pleno xa vai con retraso, é dicir, tocaba o venres pasado. Ben, dixémoslle, e ademais a primeira vez que nos chaman nos din que o pasan para o día 30 para poder tratar o orzamento. Bueno, home, pois, e que fora o orzamento o día das Comisións, pois non puido ir o día das Comisións porque foi o día que se nos entregou, vai nunha Comisión extraordinaria o día 1, e lle propoñemos algo tan sinxelo como dicir, mire, como o Pleno leva unha semana de retraso, retrásenno unha semana máis e podemos tratar de falar e de chegar a acordos nalgunhas cuestións. Pero estaba claro que non lle interesaba. Efectivamente, teñen vostedes maioría absoluta e efectivamente así van aprobar vostedes o orzamento da Deputación. Nós si temos un compromiso que é de facilitar a aprobación dos orzamentos das institucións, digo nós como Partido Socialista, e vamos a facer loxicamente caso a ese compromiso, é dicir, vostedes teñen maioría absoluta, poden aprobalo, nós non vamos a presentar absolutamente ningunha emenda, ningunha, porque non queremos retrasar para nada en absoluto, perdón, a emenda non retrasa, pero ningunha alegación tampouco, porque non queremos retrasar en absoluto a aprobación do orzamento. Pero, loxicamente, en algo que non é nada novo que se adorna cun gran plan anticrise, pero que realmente non deixa de ser o crédito a máis que se pide como plan anticrise nada máis, non podemos compartir esa cuestión. Vamos a votar en contra, pero volvo a repetir, vamos a facelo porque vostedes teñen maioría absoluta e poden sacar adiante o orzamento sen ningún problema. Hai dúas cuestións, e é que quería dicirlle Sr. Figueroa que os cartos que se anuncian, eses 227 millóns de euros que se anuncian para o plan anticrise, e o din os propios, a súa proposta, a proposta de vostedes o di claramente, é dicir, están falando dunha situación ideal, é dicir, se realmente a baixa por participación nos ingresos do Estado do ano que vén eu creo que a contemplan máis ou menos con perspectivas realistas, pero no seguinte entendo que non, e se de verdade se quedan curtos ese plan vaise reducir, e vostedes mesmos o din, é dicir, están dicindo que o plan vai ser en función dos ingresos da Deputación. E falan da posibilidade de que se eses ingresos non se cumpren ese plan se rebaixa. Pero a consecuencia final desta historia, e é o que trae detrás o punto seguinte, a consecuencia final desta historia é que este crédito, estas operacións de crédito que se van a facer, colocan á Deputación no 109% de endebedamento, o 110%, o 109% para o ano 2011, o 110, 2011-2012, o 110 é endebedamento máximo, sen pedir autorización, ó que pode acudir esta Institución, polo tanto póñena no límite, esa é a realidade. E claro, un pregúntase, home, a ver, non hai outras solucións, pois ó mellor había que poñerse, poñer os papeis enriba da mesa e mirar outras posibles solucións. A min non me parece demasiado xusto que haxa concellos sen acudir ó endebedamento e que a Deputación acuda ó tope máximo de endebedamento, habería que sentarse cos concellos, sentarse cos grupos e tratar de chegar a un acordo que rebaixe ese límite por parte da Deputación. Nós dixémolo hai seis meses, cando nos sentamos por primeira vez, do plan anticrise e do posible pacto presupostario, dixémoslle que nós somos partidarios, e éramos e seguimos sendo, de que os concellos aporten cantidades neste tema. Haberá que buscar os criterios, pero ó mellor un deles é falar do endebedamento de cada concello e de cada Institución. E se quere que lle diga a verdade, creo que realmente, tal e como lle estaba dicindo, polo cálculo que están facendo de ingresos do Estado, o plan de estabilidade non se vai a cumprir, polo tanto creo que a difícil situación na que se vai a colocar esta Institución, non sei cal é a razón de que o Partido Popular estea xogando neste tema así, non sei cal é a razón, volvo a repetir, porque, claro, agora por primeira vez non se fala dende as filas do Partido Popular para nada de buscar outras, outro incremento de aportacións á Deputación por parte da Comunidade Autónoma, algo que se facía no orzamento pasado, no de hai dous anos e no de hai tres anos. Agora no discurso do Partido Popular ese tema desapareceu, non sabemos cal é a razón, imaxinamos que a razón é porque agora gobernan vostedes e non teñen que estar facendo o ataque frontal que estaban facendo. Pero, mire, eu a min asáltame, en todo este orzamento asáltame unha dúbida e é que un estaba vendo o crecemento do capítulo de persoal que se vai ó 9% e vendo as, vendo as Resolucións Presidenciais, se vai ó 9% de incremento, vendo as Resolucións Presidenciais, un ve unha Resolución Presidencial do día 1 de abril, de hai trinta días exactamente, unha Resolución Presidencial do Presidente na que cesa como persoal eventual de emprego a D. Alfonso Rueda, supoño que ese 9% vai xogando con esta historia, é dicir, a min de verdade gustaríame que nos explicaran e que nos dixeran aquí canto nos estaba custando, como ese persoal eventual de emprego, o Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia, na provincia de Pontevedra, si que nos custaba algo, si que nos custaba algo, porque dende logo ter ó xefe político de cada un aquí e cesalo a día 1 de abril, a verdade é que non o entende un demasiado, e se ademais, se ademais, se nos custa, que nos diga canto nos custa e senón nos custa, home, é a segunda vez que se produce, a primeira vez se producía co Sr. Mantilla, que dixeron que non custaba, entón, aclárennos, aclárennos, cal é a razón pola que vostedes teñen que estar tendo asesores, xefes políticos dentro desta Institución, se vostedes non son capaces e necesitan esas axudas, é dicir, aclárennos cal é o por que, porque a verdade é que se nos escapa a case todos, tendo en conta que claro, estamos falando dunha persoa que intentou, intentou hai oito meses aproximadamente entrar nesta casa, entón, empecen a explicarnos que é o que hai detrás de todo este entramado, porque algo parece que hai, de verdade é que de entrada non soa demasiado ben toda esta cuestión. Bueno, supoño que nolo explicarán agora e despois seguiremos debatendo. Paseime un pouco dos quince minutos, pídolles desculpas, anúnciolles ou anuncieilles antes xa o voto negativo e por agora nada máis. ¡Ah!, unha precisión, nós si vamos a votar a favor das emendas do Bloque. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González por axustarse tamén ó guión. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa Vila. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, como vexo que vostedes non entraron no fondo das políticas con relación ó que pode ser a presentación dun presuposto, eu lle vou a dicir cal é a orixe do noso presuposto. Miren, os datos son contundentes, as políticas as aplican os partidos, partidos que teñen unha ideoloxía, unha forma determinada de entender a sociedade e de levar a cabo esas políticas. E o exemplo claro é este, mire, o paro en Galicia, cando o deixou o goberno do Partido Popular eran 109.600, os datos da EPA, 109.600 persoas, agora a día de hoxe son 162.700, nos catro anos que gobernaron vostedes. Supoño que algo fallaría, é dicir, as súas políticas non son correctas. Pero en España, en España cando o Partido Popular chegou ó goberno había 3.700.000 parados, o rebaixou a 2.200.000 e vostedes en seis anos, en seis non, en cinco e medio nos meteron 1.800.000 máis. Estas son as políticas que vostedes aplican. Polo tanto, despois cun argumento a maiores, hai un mes lle dixeron que non tiñan o respaldo suficiente para poder gobernar en Galicia, quere dicir que queren outras políticas ás que están aplicando vostedes, porque unha das situacións fundamentais das últimas eleccións teñen que entender que é a situación que estamos vivindo, porque é o que lle afecta a todos os cidadáns, polo tanto, polo menos, polo menos, deixen a dúbida, a dúbida no aire, que as políticas que aplica o Partido Popular son máis correctas que as que aplican vostedes, porque aí están os exemplos que son contundentes, son datos obxectivos que os ten todo o mundo, e o sabe a cidadanía. Polo tanto, quero dicirlles que evidentemente algo lle falla nas súas políticas, por iso nós evidentemente non vamos a votar esas emendas a favor. E ademais, home, Sr. Mosquera, eu a vostede o considero unha persoa rigurosa, que poña aquí adicar entre sete e dez millóns de euros para axudas a unidades familiares da provincia de Pontevedra sen ingresos ou máis escasos, por culpa do paro galopante que sufrimos, iso de entre 7 e 10, mire tres millóns de diferenza, entre os que teñan moito ou non teñan pouco. Home, eu creo que a xente o que quere é traballo, eu creo que esa non é a política, a política da subvención e da axuda, eu creo que incluso lle molesta, mire o que digo, estou totalmente convencido que ós cidadáns que lle fan esta proposta lles molesta. Os cidadáns non queren, non queren unha axuda puntual que parece que lle estamos dando unha limosna, o que queren é realmente un traballo para el ou para algún membro da súa familia. Eu creo, sinceiramente, e o digo co maior respecto, me parece que é un desprezo, un desprezo e unha política incorrecta. Eu creo que os veciños e veciñas que non teñen traballo o que queren é que se reactive a economía, que poidan ter diñeiro para poder consumir e iso evidentemente xere emprego que é o que todos pretendemos. Pero vou a entrar no que vostedes dixeron, loxicamente non teño tempo, “ariete das outras administracións”, aínda está esperando o Sr. Presidente da Deputación que o reciba o Sr. Touriño, bueno, agora gracias a Dios xa non está, agora espero que o reciba o Sr. Feijoo inmediatamente. Pero catro anos, catro anos, para que ó Presidente desta casa o reciba o Sr. Touriño. Tivemos aquí un Pleno onde falamos das transferencias e acordamos que se pediría unha entrevista co Sr. Touriño para que o Presidente da Xunta delégase nos demais Conselleiros para tratar as transferencias, estamos esperando, e nós ó revés, fomos ó Parlamento, o Sr. Presidente da Deputación foi ó Parlamento sempre que se lle chamou, sempre, políticas, como di vostede de falta de diálogo, eu creo que a falta de diálogo estaba polo outro lado, é dicir, nós non temos ningún problema con ningún concello nin con ningunha opción política de poder discutir todos os temas que vostede considere. Polo tanto, eu creo que se non os recibiron pois loxicamente é moi difícil, é moi difícil que alguén poida facer, chegar a un acordo, ou realmente pois plasmar algunha política como nós queríamos de intentar falar dos temas das transferencias. Mire, vostedes, hai cuestións que se lles escapan, se lles escapa na previsión e teñen os datos, e témolos todos da previsión dos ingresos. Sr. Mosquera vostede sabe que a esta Institución un dos programas que era máis obxectivo, que era o POL, nolo retiraron, 10 millóns de euros dende o ano 2006 que non se aboa a esta casa, é dicir, 2007 e 2008, só eses dous anos, pero vou apartalos, porque lle vou a facer outro plantexamento, só en dous anos son 20 millóns de euros que esta casa deixou de percibir, é dicir, os concellos deixaron de percibir. Pero mire, lle vou a facer o balance dos tres anos do plan anticrise que nós plantexamos, 2009, 2010 e 2011, mire, a previsión que temos, que temos, que temos, polo tanto están enganando, manipulando os datos. A previsión que temos nós nos datos é que para o ano 2009, é certo séguese mantendo o mesmo, a mesma cantidade de ingresos; no 2010 nós contemplamos 28 millóns de euros menos; pero é que no ano 2011 contemplamos 34 millóns de euros menos; sabe canto suman estas dúas cantidades da previsión que nós temos de non ingresar nesta casa, pois mire, 63 millóns de euros; se a eses 63 millóns de euros lle suma vostede os 10 millóns de cada ano do POL, que deixamos de percibir, estamos falando de 93 millóns de euros que nos deixan de ingresar nas nosas arcas do Estado, que serían, 93 millóns de euros, ¿sabe canto son?, 15.000 millóns das antigas pesetas en tres anos, que terían que ser sumados ó plan anticrise, que estaríamos falando non de 223, máis os corenta que son reais, é dicir, 275 millóns de euros, había que sumarlle 90 millóns de euros. Iso vostede non o conta, non llo di á opinión pública vostede, vostede non di a verdade de que iso está no presuposto, e que esa é a previsión que nós temos de ingresos, unha previsión real, porque podíamos manter a mesma previsión e teríamos 90 millóns de euros máis, pero nós non queremos iso, porque o que queremos é que o presuposto se axuste e que sexa un presuposto real. Pois mire, nós deixamos de percibir 93 millóns de euros nos próximos tres anos que é a previsión que nós temos e creo que iso pois loxicamente hai que explicalo. Aquí se fala doutro tipo de cuestións, de que traemos o presuposto o 30 de abril. Home, Sr. González e Sr. Mosquera, non son exemplo vostedes diso, porque vostedes nin no concello de Redondela nin no de Pontevedra, non o levaron nin á oposición. Polo tanto, home, cando un quere dar exemplo, cando un quere dar exemplo, cando un quere dar exemplo de algo pois ten que plantexalo, e aquí saben vostedes que nós tomamos unha decisión para intentar aplicar as políticas máis correctas. A vostede o que lle molesta é que se vaian a investir 300 millóns de euros nos próximos tres anos na Deputación de Pontevedra. Mire, o plan Zapatero significan 169 millóns de euros, e vostedes falan, falan vostedes eu non o digo, de 5.400 empregos directos, nós non falamos de ningún, nós falamos de que hai, se vostedes aplican 169 millóns de euros e falan de 5.400 empregos, se nós estamos falando de 300 millóns de euros pois apliquen a regra de tres que queiran, nós non a vamos aplicar, porque nós sabemos que é complicado, porque nós sabemos o que está pasando co plan Zapatero, sabemos que non se lle está dicindo a verdade á xente, sabemos que hai empresas que están despedindo a traballadores e contratan ós outros ó día seguinte, sabemos que hai empresas que non contratan o que teñen establecido, e sabemos que hai empresas que contratan traballadores que non están nin na nosa provincia, nin en Galicia, nin en España, o sabemos, e o diremos, o diremos porque temos datos concretos, concretos. O outro día unha empresa fixo unha contratación nun concello e resulta que despediu a 10 traballadores e ós tres días contratou a 10 traballadores, iso se vai a saber, porque cos TC1 e TC2 se vai a saber, iso é moi fácil, é moi fácil sabelo, e iso é un engano, nós por iso non queremos falar de empregos, creo que debemos de terlle bastante respecto ás persoas, ás persoas que loxicamente non teñen a posibilidade de ter un posto de traballo. Pero mire, pero hai outro engano máis que nadie o di, nos datos que temos, que temos, hai unha redución só neste ano ós concellos de entre un 12 e un 14% das aportacións do concello, temos o estudo feito, por concellos de 10.000 habitantes, por concellos de 20.000, o temos todo, temos, e podemos dicir e afirmar que hai unha redución de transferencias correntes do 12%, e ¿sabe o curioso do tema?, ¿sabe o curioso do tema?, que case, esta redución case é idéntica ó que aplica o plan Zapatero na provincia de Pontevedra, ¿Qué casualidade?. A casualidade é que ¿o plan Zapatero é un proxecto a maiores ou un plan a maiores?, non, se está reducindo dos ingresos que tiñan os concellos, que curioso, que curioso, iso é curioso, eu non sei como non se deron conta, pero aquí está, e faremos público este dato porque é real que o aportaron vostedes, polo tanto non hai un incremento a maiores do plan Zapatero, aquí está e se verá cos datos, -claro que é moi interesante Paqui-, é para que o estudes. E con respecto, porque xa me termina o tempo, termina o tempo e quero cumprir. Mire, a previsión que nós fixemos é de intentar manter a austeridade, a contención do gasto corrente, loxicamente intentar que a situación e a solvencia económica desta casa, como está así establecido neste proxecto, poidamos cumprila a rajatabla, e dende logo o que si vamos, si acabouse, o que si vamos é a intentar ese plan anticrise polo en marcha canto antes. Con respecto a unha cuestión, unha serie de asesores, home, eu creo que un debate dun presuposto que vostede introduza outros elementos, mire, non cobraban absolutamente nada, e só lle vou a dicir unha cousa, vostede sabe perfectamente porque son asesores, e non llo vou a explicar porque é suficientemente intelixente, ten suficientes coñecementos, e sábeo perfectamente, pero cando queira falamos das políticas de persoal nos concellos que vostedes presiden, nas institucións que vostedes presidente e nesta casa, porque lle vou a dicir unha cousa, eu coñezo algunhas institucións e algúns concellos importantes. Esta casa ó lado dalgún dos concellos que vostedes dirixen, vostedes e o Bloque, e algúns Consorcios, están a anos luz de transparencia, de xestión, de modernidade, e de aplicar políticas transparentes e con obxectividade, pero a anos luz, mire, o que lle estou dicindo, anos luz. E con respecto a esas persoas, lle volvo a repetir, para que non quede a dúbida de que non queremos contestarlle, sabe vostede perfectamente que non cobran un duro e sabe perfectamente por que están contratados ou porque teñen ese contrato de asesoramento, coñéceo vostede perfectamente, e polo tanto cando unha cousa é obvia e cando vostede sabe por que é, e sabe o coñecemento ou pregunta de mala fe, ou pregunta para que mañá un titular poida ser responsable político. Pois non, mire, a conciencia moi tranquila por que non hai nada que esconder, todo o contrario, pero xa lle contesto, lle contesto, que vostede o sabe, e polo tanto si o sabe fágao público e dígao vostede, eu non lle vou a dicir, sei que o sabe, e como sei que o sabe, nós temos a conciencia tranquila, é que actuamos correctamente. Non teño tempo para contestarlle a máis cuestións, porque quero cumprir os, xa foron 11 minutos e pico e creo que é bo respectar os tempos. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. José Manuel Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Ben, realmente con todos os antecedentes que hai e que coas aclaracións que nos está facendo o Sr. Figueroa sobre, en fin, como no seu discurso pois en certo modo as cousas están sumamente claras. Creo que houbo aquí, acaba de haber, por parte do Sr. Figueroa, un recoñecemento expreso, claro, explícito, de que esta Deputación como ten endebedamento por gastos que ten comprometidos e pola previsión de ingresos no futuro, non está en condicións de facer un plan de investimento anticrise, digno de tal nome. Claro, máis ben con este recorte, que resulta que os investimentos baixan, baixan na práctica con respecto ó 2007-2008, ben, non hai ningún problema, recoñecer a realidade, recoñecer a realidade, ben, botándolle a culpa ó empedrado que hai por falta de ingresos, ou sexa, ben, é parte da verdade, pero hai outras, hai outras verdades para que a Deputación teña esa capacidade e máis, porque o Plan anticrise haberá que dicir, Deputación está investindo capítulo 6 e 7, pois 80 millóns anuais e agora van a pasar a 100 ou a 120 ou a 150, ¿non? ou sexa, baixan en termos reais sumando os 3 próximos anos, ben pois, xa está, estamos de acordo en iso, pois estamos de acordo en iso, pois non lle estamos acusando de que sexa culpa de que non queira, tal, simplemente non pode, a Deputación a menos que se faga unha reestruturación moi profunda, que se tivera feito, cousa que vostedes non quixeron facer. Ben, zanxado iso, agradezo esa claridade, pois a nós gustaríanos centrarnos nas emendas, a ver, creo que o expliquei antes, a emenda non está tecnicamente redactada, de dicir na partida tal, tal, tal, incorpóranse 7 millóns de euros e nas bases de execución declárase ampliable ata 10, verdade. Segunda, como vai a demanda e no remanente que están sen incorporar, fágase reserva a ver se son necesarios, oiga é así de fácil, se quere, que significa 7 entre 10, pois significa iso, que esta Deputación poña un mínimo de 7 para repartir e se ve que hai moita máis demanda faga a previsión de ter a reserva, verdade, para, non, ata 10, e que non faga máis esforzos, a demanda pasa a ser moi superior, iso realmente me parece que vai a pasar, a antoloxía das chorradas que se din neste pleno. E a emenda número 2, non se están dicindo, acaban de escoitar aquí, que os concellos teñen problemas serios de financiamento polo recorte de ingresos ou polo recorte de máis. Que problema teñen en convertelo en fondo incondicionado, ou que esta Deputación con poñer no capítulo 6 o fondo, pois os concellos e demais, pretende non mandarlle case un duro ós concellos este ano, pois se os manda que os mande incondicionados. Que non se pode facer unha obra, non se pode poñer máis alumeado, ata agora, se se arranxaron os veciños co alumeado, mellor, e que o poderá facer, pero senón o pode facer máis urxente será pagar a luz do que hai, ou, bueno, o que sexa. Que problema hai, ou é que o fondo é que están pensando en que os concellos non lle van a mandar un duro, e se o mandan vai ser moi condicionado ou ó mellor, feito todo pola Deputación, porque senón, non entendo por que descualifican desa maneira. Sr. Presidente, pido xa que é un número pequeno que se vote unha por unha. E en canto á terceira, pois é concomitante con iso, que queren, ou sexa que todo o que invista a Deputación no ámbito territorial dos concellos, verdade, o que era PAM ata agora, o que era tal, o PPC paréceme que non o meteron. Pero, ou pasamos ó capítulo 6, ou sexa que fai directamente a Deputación, ós concellos lle quita a xestión e máis certa capacidade de decisión sobre os investimentos, ou sexa Juan Palomo. E a número 4, bueno, pois o que queren, é que parte do persoal lle vaia a un tribunal, que lle vai a ganar, que xa lle ganaron en todos os concellos nos que presentaron, pois de verdade non entendemos moi ben, ademais, non, á parte que ten unha relevancia simbólica pero creo que ten o seu interese, ou se cadra, é que como non lle pediu ese sindicato que sae aplaudíndolle pois entón non lles vale, porque senón a verdade que non hai explicación posible para descualificala desa maneira, cando incluso o outro día o portavoz Sr. Figueroa dixo, que non habería ningún problema que, creo que constaba que en Vigo se estaba aplicando e noutros concellos tamén. Ben, entón nós pedimos que se trate a emenda, evidentemente que se trate non, que se vote, evidentemente, mesturar uns orzamentos concretos de situación xeral, pode parecer embrollado pero é que a realidade, é a realidade, e porque vostedes teñen aquí uns orzamentos en que non sabemos que papel vai xogar a Xunta, non sabemos que decisión teñen tomado internamente dentro do partido con respecto ó papel que vai xogar a Deputación, evidentemente, non nos deixan de sorprender, teñen que recoñecelo, así non nos deixan de sorprender, porque por un lado critican o público, por outro lado hai que facer presupostos en todos os lados, teñen que ser austeros, recortalos, aquí fan un esforzo por amplialos cunha mestura así que non se sabe moi ben. Por outro lado a autonomía municipal, por outro lado lle recortan, con poñer no capítulo 6, francamente é un pouco complicado saber, ou que os motivos de fondo, a liña, ou a liña que están seguindo, agora o que si, onde hai datos, onde hai papeis, pois calan barbas. O que si está claro que esta Deputación ten unhas limitacións, meteuse nun intento de cubrir todos os ámbitos de competencias da Xunta, dos concellos, co cal meteu unha estrutura de gasto que nestes momentos non ten recursos para mover, para facer un plan verdadeiramente de choque de investimento. Pero iso é unha situación nada máis, non é ningunha desgraza, vostedes comprometéronse en que si, non pode ser, vale, pois non pode ser, pois fagan, pero si poden actuar fronte a crise, a Deputación, e pode actuar, pode actuar, axudando ós concellos en problemas financeiros, pode actuar axudando ás familias e demais. E mire, mire, máis partidarios que nós da teoría de que cando un, cando un ten que comer, o mellor é intentar que se financie ou darlle unha cana para que pesque ¿verdade?, e ensinarlle a pescar, non hai que nós, agora ben, mentres consiga cana, mentres consiga cana e aprenda a pescar, ten que comer, e mentres consiga ese posto de traballo pois terá que comer, e o que se está pedindo, e pola situación que se dá excepcional e transitoriamente, agora si, dentro, si vamos a ter nesta, non se vostede, o gasto social acordárono no pleno, si vamos a ter nesta provincia pois x unidades familiares practicamente sen ningún ingreso, sen ningún ou ingresos moi baixos, ¡eh!, ten que comer, a menos que se pretenda que esta Deputación se escape deste problema, vostedes o critican, e que os concellos, os que gobernan vostedes e máis outros, teñen que facer fronte a todas as situacións de emerxencia social cuns fondos que xa non lle chegan de ningunha maneira. Están desbordados, todos os servizos sociais, absolutamente desbordados, ¡eh!, absolutamente, e a cousa vai a ir a peor. Entón vostedes, e que claro, consiga, si, si, consiga moi ben, consiga, bótanlle a culpa ó Goberno do Estado e ó Goberno mundial, ou á ONU, ou ó Fondo Comunitario Internacional, ou a Obama. Ben, pero o certo é que hai unha serie de familias que están nunha situación en risco de pasar fame. Mire, antes de que consigan a cana, vamos a axudar a conseguir a cana, ben, pero antes que coman, porque se cadra a ver se vai ser que cando consigan a cana xa non están en condicións de usala. Sexan un pouquiño serios, sexan un pouquiño serios, e se o foran votarían a favor claramente destas emendas ou ó mellor seguramente xa non traerían o orzamento, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, poñer alí os dous gráficos que puxo vostede de Galicia e de España, está moi ben, pero claro, mire quen fai actuacións, e digo actuacións dese tipo, pois seguramente podería estar en calquera sitio menos nun debate dunha institución seria, porque miren, afortunadamente, e digo afortunadamente, porque estamos nun estado bastante descentralizado, as Comunidades Autónomas teñen competencias en materia de emprego, e competencias importantes, moi importantes, e claro, se ó lado deses dous gráficos nos poñen vostedes os gráficos de Valencia ou de Madrid, pois ó mellor, ó mellor resulta, Sr. Figueroa, que o que temos todos é que poñer o ombro, arrimar o ombro e poñernos a facer cousas para que esta situación cambie. Que utilicemos o que temos en todo o Estado e en cada Comunidade para poder cambiar unha situación que todos sabemos de onde procede e como se iniciou e como se montou. Home, facer o discurso que facía vostede, que claro, e que o Sr. Touriño non recibiu ó Presidente da Deputación, aquel acordo deste Pleno para o tema de transferencias de centros, vostedes mesmos, agora, vostedes mesmos, como era o tema, transferencia non, pero maior achega da Comunidade Autónoma, miren por alí si que se pode facer un plan anticrise, por alí, por alí. Sr. Figueroa, que quere que lle diga, facer a política que fixeron vostedes dá pé agora a estas respostas, e vai dar pé a bastantes máis respostas, bastantes máis, porque van a ter que esixirlle ó Goberno actual da Xunta o que lle esixían ó anterior e vamos a encargarnos de que teñan que facelo ou de que digan publicamente ó que estiveron xogando durante catro anos. Mire, si é certo que de cara ó ano que vén o orzamento de 2010-2011, van a baixar as achegas do Estado, non podería ser menos, digo non podería ser menos, Sr. Figueroa, porque mire, a última lei de financiamento das Comunidades, das Corporacións Locais, ¿de cando é?, ¿quen gobernaba máis que o Partido Popular?, Sr. Figueroa, ¿quen gobernaba máis que o PP?, isto é unha consecuencia da lei, e a lei aprobárona vostedes, Sr. Figueroa, isto é así, e claro a lei era moi boa en tempos de bonanza, é dicir, crecen os ingresos do Estado, e como as achegas ós concellos e ás Deputacións son, é unha participación nos ingresos do Estado, perfecto, nos tributos, perfecto, e nesta situación agora que, pois baixan, pero claro, non se pode manter o discurso, que é a política do Goberno, que o que fai o Goberno é baixarlle ós concellos e ás Deputacións, e o que di a lei, e a lei,volvo a repetir, aprobárona vostedes. Entón, se vamos a facer un debate serio, fagámolo serio en todo. Home, xa o que lle parece a un curioso, ¡eh!, é que se discuta o plan Zapatero de 169 millóns de euros nesta provincia, o primeiro deste ano, non vamos a falar dos seguintes, e din vostedes, que vostedes xa teñen máis que o plan, non, mire, non é certo, non é certo, ou que pasa, que ó ano pasado non había inversión da Deputación, non había orzamento da Deputación, polo tanto, Sr. Figueroa, o que vai a máis nestes 4 anos son os 50 millóns do crédito, non hai máis, hai menos, efectivamente, hai menos porque van a decrecer os ingresos da Deputación pola parte de participación nos tributos do Estado, isto é así, isto é así, e ante esta situación, volvo a repetir, bueno, poñamos imaxinación e busquemos solucións, eu dicíalle unha fai un momento, é dicir, a vostedes non se lles enche a boca de pedirlle achegas á Comunidade Autónoma por servizos que está prestando a Deputación, que son propios da Comunidade Autónoma, perfecto, nós estamos de acordo, prestabamos antes e agora, antes e agora, fágano, pero mire, hai máis cousas, ¡eh!, vostedes levan no orzamento cantidades adicadas a temas que a Deputación non ten competencias, que son competencias exclusivas da Comunidade Autónoma, e seguen manténdoas, chegue a un acordo coa Comunidade Autónoma, e xeren cartos para ese plan anticrise. Tan sinxelo como iso, creo que non estamos falando de nada diferente nin de nada estraño. Eu volvo ó principio da intervención cando lle dicía, e lle volvo a repetir, que o plan de estabilidade que presentan vostedes, ó final non se vai cumprir, e ó non cumprirse a situación na que deixan esta Deputación é moi precaria, esa é a realidade. Pero na segunda intervención que fixo vostede, na primeira, non fixo referencia, e na segunda tampouco non dixo o por que, o por que o orzamento viña o 30 de abril, non dixo por que, é dicir, home, para tomar a decisión de pedir 50 millóns de euros en créditos a tres anos, para iso que é a única novidade e a diferenza, non facía falta esperar catro meses, vólvolle á intervención de antes, é dicir, a situación de crise é tan importante que parece absurdo ter 10 millóns de euros dedicados a concellos sen executar do exercicio anterior, e agora presumir que o meten no futuro plan anticrise, de verdade, que este orzamento non merece ningún aval, ningún, que vostedes teñen que aprobalo porque teñen maioría absoluta e teñen a obriga de aprobar o orzamento, perfecto. O que si é certo que todo ese xogo, co tema dos parados, non parados, etc…, do plan Zapatero, mire, resultado final, no fondo, é dicir, cando se fai unha inversión nesta provincia de 169 millóns de euros, mantéñense e créanse postos de traballo, isto é así, nesta, en todas as provincias, mantéñense e créanse, e nunha situación destas, pois haberá que empezar a plantexarse, van dicindo voces por aí, o segundo plan Zapatero, ou máis historias, está claro que si. E, para rematar, di vostede que eu sei de sobra, a razón de por que unha persoa, e di que o saco agora, ademais, é dicir, o Sr. Alfonso Rueda, D. Alfonso Rueda, cesa o día 1 de abril como persoal eventual de emprego, mire, o digo neste Pleno porque están nas resolucións, están nas resolucións deste Pleno, e dicir, non mo estou sacando da manga, non mo estou invendando, non o saco agora por ningunha razón en especial, senón simplemente por iso, e di vostede que eu sei o por que. Mire, eu non sei o por que, non o sei, si o supera diríao, pero como é tan público, tan notorio, creo que o sabe todo o mundo menos eu, dígao para que me entere eu tamén, diga por que, porque recoñecerán comigo que se non cobra, e non é por ningunha razón, para que poñerlle un título, pasa por aquí como si fose político de vostedes, e dálle consello, xa está , non hai que poñerlle un título, e non ten que figurar en ningunha resolución nin o nomeamento nin o cese, entón, eu agradeceríalle de verdade que nolo dixera, nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mire, lle vou a dicir, porque para o currículum do Sr. Rueda, ser asesor da Deputación é importante, e lle dá prestixio. Pero custe cero, xa lle contestei. Mire, vou ó serio, o serio é o que verdadeiramente importa. Mire, o Sr. Mosquera, o Sr. Mosquera, fai unha previsión cos datos, cos ingresos ou coas inversións do ano 2008. Sr. Mosquera, xa era hora que nos felicitase, que nos está felicitando dicindo que fixemos unha magnífica inversión no ano 2008, vostede o dixo na prensa, o dixo hoxe aquí, ¡eh!, bueno, polo menos nos sentimos satisfeitos que agora recoñeza que houbo unha magnífica inversión no ano 2008, pero mire, si os datos que vostede fai, que teño o cadro feito, e lle vou a pasar ós medios de comunicación tamén, se vostede fai, faino coas bases do ano 2009, aínda estamos a un 10 % por riba de inversión, dos datos que vostede dou e da proxección que vostede fixo, vostede fixo un 25% menos, pois mire, eu lle vou a dar o do 2009, colla, faga a tabla, que a teño feita, que isto non minte, é matemática pura, matemática pura. Estamos un 10, un 10 e pico % por riba da inversión que vostede di, e vostede trasladou á opinión pública un 25% de redución, polo tanto, está enganando, téñoo aquí, llo vou a dar ós medios de comunicación para que, ademais o teño ben explicado con data cursiva, o que dicía o Sr. Mosquera, o que dicimos nós, mire, aínda así, a súa previsión era de 341 millóns ata o 2011, e a nosa é de 374 millóns, polo tanto, nos está avalando o que vostede está dicindo, cos mesmos argumentos que vostede fai, esa é a cuestión das matemáticas, é dicir que vostede fai uns números, e nos facemos os seguintes cos mesmos datos que vostede nos dá. Mire, o Sr. González di que o problema é da lei de presupostos,¿sabe cal é o problema?, lei de presupostos e consecuencias. Vostedes levan 6 anos, podían cambiala, ¿sabe cales son as consecuencias?. As consecuencias son preto de 90.000 parados en Pontevedra, na provincia, preto de 206.000 parados en Galicia, e preto ou por riba dos 4 millóns de parados en España. Iso son as consecuencias da lei orzamentaria, que os ingresos se reducen porque hai menos transmisións, porque hai menos IVE, porque hai menos impostos, etc.. E claro, que se nos próximos tres anos hai unha redución de 90 millóns de euros, eu creo que estamos facendo un milagro, porque se se nos reduce 90 millóns e incrementamos a inversión, podemos chegar a un volume de 275 millóns reais desta casa, máis o que aporten os concellos. Eu creo que estamos facendo unha magnífica proxección orzamentaria, pero nos poderíamos tamén facer unha previsión non incluíndo a redución de ingresos, pero claro, que o quiten é unha vontade política, non é nosa, que a nós nos quiten, nos birlen 50 millóns de euros, nos 5 anos, nos últimos dous máis, nos próximos tres, non é un problema noso, é un problema político, político, único e exclusivamente dunha decisión, ademais, dun plan que era o máis obxectivo, que tiñan as administracións, as Deputacións ó mais obxectivo que había, pero vostedes colleron e dixeron non vamos a repartilo, entón se suma a redución, suma o que lle retiraron ás Deputacións. E eses plans, é que o plan Zapatero é ridículo porque nos quitaron moito máis diñeiro, nos quitaron moito máis diñeiro, polo tanto, a vostedes o que lles molesta nestes momentos é que esteamos falando dun plan de choque real de 300 millóns de euros, que saben, que é real porque vostedes saben que é real, é real, e iso é o importante, o importante, o importante para fomentar emprego que é o obxectivo que temos que facer para paliar eses datos do paro, e para reactivar a economía, e intentar, intentar facer inversións en sectores produtivos pa que teñan retorno, iso é o que é un principio básico. E para iso, ¿que hai que facer?, ¿como se vai a reducir os ingresos?, hai que ter austeridade no gasto corrente, que alí escaparon vostedes, non din absolutamente nada, non din absolutamente nada, que esta casa é a primeira vez que reduce nos últimos, polo menos 10-12 anos, o gasto corrente, bueno, pois iso houbo que facelo partida a partida, partida a partida, e vamos a cumprilo e por riba seguir mantendo os compromisos e implicación que hai con temas socias, culturais, deportivos, etc. Vostedes falaban do gasto social, esta casa do orzamentos se leva 20 millóns en gastos sociais, 20 millóns de euros, é dicir, 3.200 millóns das antigas pesetas se van dirixidos única e exclusivamente a gasto social, do que vai, e iso mantivémolo nós, intentamos intentamos que o gasto social sexa unha das prioridades, teño aquí os datos que lles podía dar, pero que, bueno, pois tampouco é máis. Sr. Mosquera, home, vostede non me fale de transparencia, porque coa cantidade de chiringuitos que deixaron montados na Xunta, é que esa é a política que vostedes fixeron, a política dos chiringuitos. Pero vostede, como vai a darnos a nós, pedirnos exemplaridade, nin pedirnos absolutamente nada, máis chiringuitos que os que gastaron vostedes, e agora xa se empeza a saber os datos e se van a saber, os datos dos chiringuitos que vostedes montaron na Xunta de Galicia. Bueno, pois esa é a política que vostedes aplicaron, a política partidista, a política que seguramente queda alí, Que pensaron que como vostedes son partido de esquerdas, pois parece que teñen máis patente de corso para as políticas progresistas, mire, eu considérome tanto ou máis progresista que vostede, llo digo así, tanto ou máis, porque, porque leve garabata, e vostede, non leve garabata, non significa absolutamente nada, ó mellor moito mais que vostede, mire o que lle digo, e estou preocupado, claro que estamos preocupados, dende esta bancada estamos preocupados con estes datos, que é o que nos ten que mover, é obxectivo número un, prioritario, prioritario, e vostede me está falando dunha cantidade de 300 euros para cada parado, home, eu llo digo con todos os respectos, benvidos estes 300 euros, como se lle dan 100 a unha persoa, pero creo que esa non é a política axeitada, esa é a diferenza, esa é a diferenza, que vostedes cando gobernan destrozan a xestión, non son capaces de xestionar, vostedes son uns teóricos impresionantes para facer teses de todo tipo, doutorados, etc., etc., son magníficos, pero despois hai que levalos á práctica, e a práctica ¿sabe á que se chama?, llo volvo a repetir, porque ese é o obxectivo deste presuposto, crear emprego, crear emprego, e non xerar beneficencia, que iso supoño que será outro tipo de política, e nós estamos preocupados con 90.000 parados da provincia, con 206.000 parados en Galicia, e cos máis de 4 millóns de parados que hai en España. Porque teñen ollos, porque son coma nós porque teñen todos os seus problemas día a día, e vostede me esta falando de darlle unha subvención, unha axuda de beneficencia a unha persoa, eu creo que esa persoa quere traballo, quere que lle ensinemos políticas que poidan xerar emprego, ese é o obxectivo fundamental deste presuposto. E lle digo unha cousa, como vamos a estar aquí ata o 2011, nós emprazamos no presuposto de 2011, verán vostedes como é o grado de cumprimento deste presuposto, vai a ser o 100% e non máis, e máis lle vou a dicir, estamos convencidos que eses 300 millóns de euros que agora estamos falando, porque o vamos levar a rajatabla e vamos a facelo público permanentemente, que vai a incrementarse máis dos 300 millóns de euros, por que temos capacidade de maniobra económica e financeira para poder facelo, e vostedes o saben, saben que temos capacidade de maniobra, e claro vostedes falan do que pedimos en créditos, que pedimos 50 e pico millóns, pero non din o que amortizamos porque amortizamos 38 millóns de euros, é dicir polo tanto, non, claro, claro, pero vostedes dan o dato que lle interesa, din, non, 50 millóns, ¿e canto amortizamos?, pois, 37 millóns de euros. Obxectivo número 1, crear emprego e preocupación polas familias que están no paro e que esperemos que eses datos que o Goberno daba tan, tan negativos, para finalizar o ano, que eran 4 millóns, estamos no mes de maio, e xa temos os catro millóns, oxalá que non se multiplique esa cifra. O que pasa, que mire Sr. González, o que non se pode é enganar á xente, hai un ano se enganou á xente, se dixo que non había ningún problema, que España que estaba na Champions League, se lle dicía a Sarkozy que tiña envexa de España, e ó final somos o país que xera a metade do desemprego de Europa, da UE, e iso si que é grave, iso son políticas nun xeito ou noutro, e nos, dende logo, mentres non se demostre o contrario, cando gobernamos creamos emprego, vostedes cando gobernan destrúeno, e iso é unha realidade, e dicir, obxectiva, non é miña, nin invendada, é obxectiva, agora, despois falan de políticas liberais, de políticas que lle dea a gana, pero a realidade é que cando goberna o Bloque, e agora o PSOE, o PSOE, perdón, e agora o Bloque tamén, que xa se demostrou, vostedes destrúen emprego, nós cando gobernamos creamos emprego. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Pide a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. O Sr. Figueroa parece que ten serias dificultades co tempo e coa argumentación, claro, vén sendo o mesmo, ¿non?. Bueno, mire, de facer contas, podemos facer as que se queiran, pero é que si realmente o que calculan que se vai a mover entre 6 e 7 nos próximos 3 anos son 374, segue estando de largo por debaixo da media 2007-2008, de largo, 20, 25 ou 30 % dá igual, para iso xa nos curamos de saúde e fixemos as contas moi conservadoras, porque se se colle dos 7 ou 8 non baixa do 25, baixa máis, baixa máis, pero bueno, pero é a situación que hai, baixa, pero non nos queira presentar que fan un investimento excepcional contra a crise, porque esta casa non ten capacidade para facelo nestes momentos, baixa realmente o investimento baixa, pois bueno se baixa pois entón non entendemos onde está o problema, onde está o problema de recoñecer iso, que se está facendo un esforzo, obvio, pero non chega a facer, e que se poida desviar incluso certas cantidades para outro lado, eu mire, non, non vou a agotar o tempo, só lle vou a dicir unha cousa, agradézolle profundamente, profundisimamente, a capacidade que lle supón a esta forza política, é moito máis a este grupo, a este grupo que estamos aquí, de decidir a economía, de decidir a mundial, a española, a galega, a portuguesa, e máis a india, ¿verdade?, cando nunca tivemos competencia económica en ningún sitio, nunca. Pero bueno, agradézolle, porque realmente é un recoñecemento de que temos ideas, e no caso que tiveramos que xestionar iso, pois teríamos a capacidade para facer esas maravillas ou eses destrozos que vostede di, seguro que o facíamos, pero non tivemos a ocasión, non tivemos a ocasión, e polo tanto, pois poñernos nesas, ademais este grupo, este grupo que está agora aquí, ben, á parte de xogos, ¿verdade?, xogos florais e de intervencións ou o que sexa, a situación é a que é, e Sr. Figueroa, mete máis contradicións con respecto ó que dixo, o que leva dito nos orzamentos pasados, ¡eh!, incluso no acordo aquel contra a crise, no que había que comentar gasto social, agora no gasto social, como non lle aumenta a documentación oficial, se invenda que o gasto social tamén vai ser de porte, bueno, o que faga falta, o que faga falta con tal de,¡eh!dicilo, e agora xa, xa o que é absolutamente espléndido e non alcanzamos a entender, que problema teñen, cando aquí hai emerxencia social, cando aquí nesta Deputación se lle está dando axudas á xente que esta en precario, ¿que problema teñen en aumentar substancialmente esta partida e facer un plan de verdade?. É que non entendo, ou sexa que está insultando ós seus Servizos Sociais, da Deputación, que dan axuda á xente en situación de precariedade, actualmente, que están, están contrapoñendo outras cousas, de verdade, e máis, ¡eh!, home, o outro día a Sra. Pedrosa, que é a que se encarga disto, queixábase amargamente de falta de recursos para cubrir todo o que se viña enriba, supoño que agora dirá o contrario e lle apuntará na orella calquera cuestión que estea fóra do debate concreto no que estamos, supoño, porque é unha técnica moi habitual, pero queixábase amargamente con razón, con razón. Porque así, os, vamos, as contas que hai así home, son estimacións, e que está máis que duplicando, máis que duplicando, só en gasto de emerxencia social, máis que duplicando, hai concellos que xa gastaron todo o do ano nos 4 primeiros meses, vamos a ver como resulta por alí. Agora vostede non están por ese labor, bueno, colléronlle gusto a ir coa maquina a facer a obra, verdade, e o resto déixano aparcado, ou sexa, nin deixades facer ós concellos nin nada, colléronlle gusto a facela, e “r que r” seguen con iso, ben, alá vostedes, teñen maioría para facelo, parece un error profundo, profundo incluso dende o punto de vista político, curtiño de venda de máis, alá vostedes, alá vostedes coa súa política, eu, Sr. Presidente pediría que se pasara á votación coas emendas canto antes que acaben as intervencións e non pasarnos moito máis tempo por que sería bastante absurdo a estas alturas. Sr. Presidente.- Moitas gracias pola simplificación Sr. Mosquera. E agora nos pide a palabra D. Emilio González, que, só facerlle unha consideración que a verdade que vai deixar en mal lugar ó Sr. Zapatero, porque sabe que lle dera unha recomendación, ¿non?, e polo tanto lle vai dar unha reprimenda porque senón vota á favor, pero bueno, doulle a palabra de toda maneira. Sr. González Iglesias.- Sr. Louzán, eu xa expliquei, xa expliquei o tema ó principio da intervención, o que pasa é que vostede estaba noutro mundo, a verdade que si. Bueno, Sr. Figueroa, a partir de agora, Sr. Figueroa, primeiro o progresista, ¿non?, porque, vostede cada pleno, cada pleno acentúa máis o seu “progresismo” -entre comiñas-. Mire Sr. Figueroa, vostede realmente non se entera moito, ¿non?, porque eu non falei en ningún momento de ningunha lei prosupostaria, ¡eh!, en ningún momento Sr. Figueroa, e vamos á acta, ¡eh!. Falei da financiación das corporación locais, pero bueno, se vostede di, que da lei prosupostaria alá vostede, do mesmo xeito, do mesmo xeito, que hai algo obvio, non é que non o dixera eu, e qué é obvio, é dicir, miren, cando unha institución ten créditos con diferentes entidades bancarias, ten uns contratos firmados e ten que facerlle fronte a eses contratos, polo tanto, amortizan 37 millóns de euros, porque é o que teñen que facer, así esta firmado e non hai máis, non hai máis. Claro, é que tal como vostede o di parece que van a amortizar anticipadamente, non, non, non, para nada están respectando un contrato que teñen firmado, pero é que deducindo, deses 37, do que piden, resultado final 109% de endebedamento, sobre 110, deducindo o que amortizan loxicamente, non é sumando, non é olvidándonos diso, polo tanto, situación, bueno, pois a que poñen vostedes nesta institución. Pero mire, home, dicir que, que malo é papá estado dende unha institución que agora mesmo ten enriba da mesa un orzamento de 173 millóns de euros, dos que 143 recíbenos directamente do Estado, home por Dios, sexamos un pouco máis serios, ou sexa isto é absolutamente infumable para calquera, para calquera, e claro, o resto se vai, 2,7 de taxas, 21 máis doutro crédito etc.. Mire, non é o que dá, é que dá o tema e volvo a repetir, e dicir, vostedes gobernaban naquel momento e aproban unha lei, home, non vale agora dicir, “Es que la culpa es del Gobierno” , o goberno terá que aplicala, e por certo, eu non lle mirei ó partido Popular, ningunha iniciativa de cambio desa lei, eu as iniciativas que oio todos os días do Partido Popular son, a ver como era, rebaixa de impostos, etc., a ver en que se traduciría iso, ¡eh!, para as corporacións locais. Se rebaixamos impostos do Estado ó final corporacións locais que agora baixan máis, acabaríamos ó mellor en cero. E di vostede que o plan Zapatero é un desastre, bueno, ¡eh!, si se ten en conta que de 8.000 millóns de euros e que cando se fai ese plan vostedes o que estaban plantexando no Parlamento era un crédito de 5.000 millóns de euros ós concellos, pero un crédito ,!eh¡, pois mire, a diferenza é importante, dende o punto de vista dos concellos. E por certo, e xa remato, Sr. Louzán, perdón, vostede xa sei que non está no tema e non lle vou a preguntar nada máis sobre este tema, ¡eh!, Sr. Figueroa, recoñecerá comigo se o tema era unha cuestión de currículum, pois mire, que mal lle queda no currículum, deixar vacante a praza da Vicesecretaría, ¿se acorda?, iso quédalle fatal no currículum o Sr. Rueda. Por certo, anticípolle que vamos a pedir unha certificación, do custe real do Sr. Rueda nesta casa, é dicir, do custe en cartos, bens, servizos que se utilizaron, etc., etc., ¿me entende?. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Vou a cumprir o meu compromiso, e agradezo ademais tamén que o fixeran. Dous minutos para marcar a posición e aclarar dúas ou tres cuestións. Mire, de endebedamentos, mellor non falamos de débeda porque teño aquí a relación de todas as Deputacións onde tamén gobernan vostedes, e concellos, e dende logo son vostedes uns expertos, é dicir, o Partido Socialista é un experto, pero bueno creo que agora non vou a reabrir ese debate, teño aquí a relación dos concellos. Segundo, con respecto ó tema social, volvo a repetirlle, esta casa ten de gasto social 20 millóns de euros e creo que se cubren as demandas máis importantes, é dicir, estamos facendo un magnífico traballo, un departamento tanto de acción social, como Príncipe Felipe, que creo que bueno, que sen axudas de ningún tipo estamos levando a cabo unha magnífica xestión, e que hai que felicitar á súa responsable nestes momentos, a Teresa Pedrosa e a Paqui Canal, que tamén está facendo traballos alí de xestión, e creo iso loxicamente, Sr. Mosquera, non o pode contradicir porque están nos datos. Con respecto, para rematar, nós vamos a pedir o apoio, vostedes esperemos que sexan reflexivos e coherentes coas posturas tamén que plantexaron, e nos parece que unha inversión de 275 millóns de euros nos próximos tres anos coa aportación que fagan os concellos, que podemos pasar dos 300 millóns, vamos a pasar, é dicir, vou a facer unha afirmación, vamos a pasar dos 300 millóns de euros de inversión nos tres anos, coa situación que se está a vivir, coa redución de 90 millóns de euros nos próximos tres anos, das previsións que había en anos anteriores, que están contempladas no propio presuposto, intentando manter a austeridade, intentando manter o gasto corrente, reducilo no que poidamos, e incrementando a inversión, como así o estamos facendo cun obxectivo claro, á nos só nos preocupa nestes momentos unha cuestión, a xente que está no paro, e que está chegando cada día máis ó paro, creo que temos que fomentar o emprego e intentalo, polo menos ter a vontade política de facelo. E esa é a obriga de calquera representante, neste caso, aquí que estamos representando a provincia de Pontevedra de que se reactive, a economía, que se produza consumo, que as empresas pois poidan manter os seus postos de traballos dos seus traballadores, e loxicamente nós vamos a poñer o noso gran de area, creo que esta institución non pode, está á marxe do que está pasando na rúa. Onte, estes días había seleccións aquí de persoal, de verdade é unha das imaxes que máis pode afectar a calquera, dos que temos unha situación normal, que persoas que están alí non teñan nin para sufragar as súas necesidades mínimas, e iso é demagoxia, e iso é o que nos ten que preocupar, e dende logo se podemos en vez de 300 postos de traballo, cun plan destes, 400 ou 500, 500 se este plan de emprego xera 1000, 2000, 3000, 4000, 5000 os que xere, os que xere, con tal de que sexa un número importante. Para nós é obxectivo cumprido, e nesa liña vamos a traballar agora, quédanos un traballo importante, un traballo importante, de desenvolver este presuposto, que seguramente a tarefa máis complexa, é dicir, agora están os números, esta a base feita e dende logo o que non lle quepa a menor duda que tanto o Presidente como todo o equipo de Goberno, e nos esperemos e esperamos que a oposición colabore en desenrolar este plan de emprego, este plan para fomentar o emprego que vai a superar os 300 millóns de euros, o repito, porque, comprometo a nosa palabra, a palabra do equipo de goberno deste partido, e creo a do propio Presidente, de que vamos a dar e cumprir a resposta ó que hoxe presentamos neste pleno. Dende logo, eu creo que hoxe podemos estar contentos todos os voceiros de cumprir os tempos e de que un pleno importante, bueno, pois co tempo suficiente creo,no que ó explicamos cada un as súas propostas, condensamos, seguramente os nosos argumento e dende logo eu marcho hoxe, dos días máis satisfeito, primeiro por aprobar o presuposto, porque sei o que significa, porque sei o que significa tanto para as persoas que o están esperando como para os colectivos e para a propia cidadanía pero sobre todo tamén por o respecto que mantivemos neste debate, que seguramente é un dos máis complexos do ano, eu agradezo tanto ó Sr. González coma ó Sr. Mosquera, pois esa actitude, eu creo que mantiven a liña, polo tanto me dou por felicitado tamén. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Gracias tamén ós portavoces do Partido Socialista e o Bloque Nacionalista Galego, por cumprir este pacto e só lamentarnos de que non nos apoien na aprobación, pero bueno, pois o Partido Popular, sabe cal é o momento e ten claro como debe actuar precisamente nun momento de especial dificultade. Polo tanto procedemos á aprobación inicial do orzamento da Deputación de Pontevedra e dos seus organismos autónomos para o exercicio 2009. E se están de acordo os portavoces, por suposto tamén o punto numero nove o plan económico financeiro de estabilización. ¿Votos en contra para os puntos 8 e 9?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ditaminándose favorablemente pola Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, conxuntamente coa de Réxime Interior e Persoal, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2009, e ó obxecto de atender as diversas obrigas de competencia provincial e dado que o mesmo se elaborou con observancia das prescricións legais e regulamentarias relativas ó mesmo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, a aprobación inicial do Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2009 que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de............................................................................. 173.250.000,00 Euros -O Orzamento dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: -Escola de Canteiros........................................ 833.612,00 € -Museo Provincial............................................. 4.146.752,00 € -IPESPO ............................................................ 1.400.000,00 € -Turismo “Rías Baixas”..................................... 3.291.259,00 € -Caixa de Anticipos de Cooperación............. 2.132.000,00 € -ORAL. ……………………………………… 7.520.000,00 € -O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería por importe de 441.400,00 euros. - O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: -En Ingresos .......................................... 181.336.767,00 Euros -En Gastos ............................................. 181.336.767,00 Euros -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación, as específicas dos Organismos Autónomos e as da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2009. -Apróbase o plan extraordinario de investimentos para as próximas tres anualidades. -Apróbase concertar unha operación de crédito/préstamo por importe de 24.110.000,00 euros, para a Deputación, coas características que se sinalan nas bases de execución. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son os seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL....................................................... 35.906.577,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS............. 16.626.073,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS.................................................... 2.137.497,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................................... 18.568.856,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................. 76.908.398,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................... 14.050.171,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................. 240.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS .................................................. 8.812.028,00 € TOTAL 173.250.000,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS....................................................... 12.476.917,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS.................................................. 10.461.119,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS......................................... 2.695.906,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................................... 106.221.418,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ............................................. 2.218.370,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS ................ 2.100,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL..................................... 14.824.120,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .................................................. 240.050,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ................................................... 24.110.000,00 € TOTAL 173.250.000,00 € ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 392.000,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 44.300,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 100,00 € Capítulo 6º.- .......................................................................... 5.000,00 € TOTAL......................... 441.400,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 82.000,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 352.000,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 2.400,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 5.000,00 € TOTAL......................... 441.400,00 € INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 88.288,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 105.750,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 132.577,00 € Capítulo 6º.-........................................................................... 625.885,00 € Capítulo 9º.-........................................................................... 447.500,00 € TOTAL......................... 1.400.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 1.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 423.115,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 350.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 625.885,00 € TOTAL......................... 1.400.000,00€ ESCOLA DE CANTEIROS Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................... 353.764,00 € Capítulo 2º.-........................................................................... 318.677,00 € Capítulo 3º.-........................................................................... 91,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 109.080,00 € Capítulo 6º.-........................................................................... 46.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 6.000,00 € TOTAL......................... 833.612,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 76.100,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 703.012,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 2.500,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 46.000,00 € Capítulo 8º.-........................................................................... 6.000,00 € TOTAL......................... 833.612,00 € MUSEO PROVINCIAL Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 2.196.512,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.269.039,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 200,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 102.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 559.001,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 20.000,00 € TOTAL......................... 4.146.752,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-........................................................................... 9.751,00 € Capítulo 4º.-........................................................................... 3.483.000,00 € Capítulo 5º.-........................................................................... 75.000,00 € Capítulo 7º.-........................................................................... 579.001,00 € TOTAL......................... 4.146.752,00 € TURISMO “RÍAS BAIXAS” Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 805.709,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.744.950,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 100,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 627.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 75.500,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 30.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 8.000,00 € TOTAL......................... 3.291.259,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 2.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 3.172.759,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 3.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 113.500,00 € TOTAL......................... 3.291.259,00 € CAIXA DE ANTICIPOS Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 35.000,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 20.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 2.077.000,00 € TOTAL......................... 2.132.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 500,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 41.500,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 40.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 600.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 1.450.000,00 € TOTAL......................... 2.132.000,00 € ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Estado de Gastos Capítulo 1º.-............................................................................ 4.888.100,00 € Capítulo 2º.-............................................................................ 1.995.900,00 € Capítulo 3º.-............................................................................ 42.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 26.000,00 € Capítulo 6º.-............................................................................ 507.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 61.000,00 € TOTAL......................... 7.520.000,00 € Estado de Ingresos Capítulo 3º.-............................................................................ 5.540.000,00 € Capítulo 4º.-............................................................................ 1.150.000,00 € Capítulo 5º.-............................................................................ 275.000,00 € Capítulo 7º.-............................................................................ 525.000,00 € Capítulo 8º.-............................................................................ 30.000,00 € TOTAL......................... 7.520.000,00 € O ORZAMENTO CONSOLIDADO Estado de Gastos Capítulo 1º.-........................................................................ 44.665.950,00 € Capítulo 2º.-........................................................................ 22.124.689,00 € Capítulo 3º.-........................................................................ 2.312.565,00 € Capítulo 4º.-........................................................................ 10.249.065,00 € Capítulo 6º.-........................................................................ 78.726.784,00 € Capítulo 7º.-........................................................................ 11.585.786,00 € Capítulo 8º.-........................................................................ 2.412.400,00 € Capítulo 9º.-........................................................................ 9.259.528,00 € TOTAL......................... 181.336.767,00 € Estado de Ingresos Capítulo 1º.-......................................................................... 12.476.917,00 € Capítulo 2º .-........................................................................ 10.461.119,00 € Capítulo 3º.-......................................................................... 8.407.257,00 € Capítulo 4º.-......................................................................... 106.362.933,00 € Capítulo 5º.-......................................................................... 2.966.270,00 € Capítulo 6º.-......................................................................... 2.100,00 € Capítulo 7º.-......................................................................... 14.824.121,00 € Capítulo 8º.-......................................................................... 1.726.050,00 € Capítulo 9º.-......................................................................... 24.110.000,00 € TOTAL......................... 181.336.767,00 € Ditos orzamentos exporanse ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobados no caso de non producirse estas. 9.5816.- PLAN ECONÓMICO - FINANCEIRO DE ESTABILIZACIÓN O Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra co obxecto de corrixir a falta de cumprimento do requisito da estabilidade orzamentaria do orzamento do exercicio de 2009 e en cumprimento do disposto no artigo 22 do Real decreto lexislativo 2/2007, de 28 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de estabilidade orzamentaria, elabora o seguinte plan económico-financeiro co obxectivo de acadar a estabilidade orzamentaria. Primeiro.- Horizonte temporal. O plan económico-financeiro terá unha vixencia temporal de tres anos (2010, 2011 e 2012), de tal forma que ó final do mesmo a Deputación cumprirá o obxectivo da estabilidade orzamentaria (exercicio de 2013). Segundo.- Limitación do endebedamento. O endebedamento máximo da Deputación correspondente a novas operacións, sen ter en conta o financiamento do IPESPO, durante a vixencia do plan será para cada un dos exercicios o seguinte: - Exercicio de 2010, 15.000.000 euros. - Exercicio de 2011, 13.000.000 euros. - Exercicio de 2012, 12.000.000 euros. Terceiro.- Limitación dos gastos correntes. Os gastos correntes da Deputación e dos seus organismos autónomos dependentes axustaranse en función da evolución do aforro neto da Deputación e organismos en cada un dos exercicios ós que se estende este plan económico – financeiro. Cuarto.- Aprobación, comunicación e seguimento do plan económico financeiro. A aprobación do plan económico financeiro é competencia do Pleno da Deputación (art. 22.1 do TRLXEP e o art. 21.1 do RLXEP). O plan, unha vez aprobado, comunicarase á Dirección xeral de política financeira da Xunta de Galicia (art. 21.3 do RLXEP). O control do cumprimento do plan realizarase a nivel interno pola Intervención provincial, con ocasión da aprobación do orzamento e da liquidación de cada exercicio. A Dirección xeral de política financeira da Xunta de Galicia é o órgano responsable do seguimento das actuacións encamiñadas á corrección do desequilibrio. Quinto. Publicación.- O plan económico – financeiro aprobado polo Pleno será inserido, a efectos exclusivamente informativos, no Boletín oficial da Provincia. Así mesmo, unha copia do plan deberá estar a disposición do público dende a súa aprobación ata a finalización da vixencia do plan (art. 26 do RLXEP). O Pleno, de conformidade co ditame emitido conxuntamente polas Comisións Informativas de Economía, Facenda e Turismo e de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o citado plan económico-financeiro elaborado polo Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra para corrixir a falta de cumprimento do requisito da estabilidade orzamentaria do orzamento provincial do exercicio de 2009. 2. Darlle conta deste plan económico-financeiro elaborado para alcanzar o obxectivo da estabilidade orzamentaria á Dirección xeral de política financeira da Xunta de Galicia para o seu seguimento. 3. Unha vez aprobado definitivamente o orzamento da Deputación e dos seus Organismos Autónomos (Escola de Canteiros, Turismo “Rías Baixas”, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, IPESPO, Caixa de Anticipos de Cooperación e ORAL) para o exercicio de 2009 publicarase este plan económico financeiro no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 10.5817.- COMUNICACIÓNS Sr. Secretario.- En primer lugar dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 24 de marzo y el 25 de abril. Y en segundo lugar dar cuenta del, de que quedaría enterado el pleno de la orden de la Consellería de Presidencia, de Administraciones Públicas y Xusticia por la que rectifica acuerdo de extinción de la fundación ARAO y se dispone su inscripción en el Registro de fundaciones de interés galego, por lo tanto, los nombramientos efectuados de D. Jose Carlos Silva Mariño en su día y de D. Agustín Reguera Ocampo, quedarían, sin efecto. Y luego también dar cuenta de la Resolución Presidencial nombrando vicepresidentes efectivos de las siguientes Comisiones Informativas: Comisión Informativa de Economía, de Facenda e Turismo, D. Jesús Vázquez Almuiña; Comisión Informativa de Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio, Doña Francisca Canal Gómez; Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, Doña Francisca Canal Gómez, también. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 24 de marzo e 25 de abril do ano 2009 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 14 de abril de 2009, nomeando Vicepresidentes efectivos das Comisións Informativas de Economía, Facenda e Turismo, Recursos Externos, Promoción Económica, Emprego e Comercio e de Réxime Interior e Persoal. C) Da Orde de 14 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se ratifica o acordo de extinción da Fundación Arao e se dispón a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. Por conseguinte, queda sen efecto o nomeamento dos deputados provinciais D. Xosé Carlos Silva Mariño e D. Agustín Reguera Ocampo, representantes desta Deputación na referida Fundación. 11.5818.- ROGOS E PREGUNTAS Sr Presidente.- Pasamos ó apartado de Rogos e Preguntas, e me pide xa a palabra o Sr. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, iniciaba a intervención anterior dos orzamentos dicindo que polo grupo de goberno non había ningún interese en que se presentaran emendas, non me quixen columpiar dicindo que non quería que as houbera, e votalas, aceptala, evidentemente, a votación como dixo demostrou claramente o que todos sospeitabamos, ou sexa, non querían que se presentaran emendas, e nin tan sequera tiveron a delicadeza, creo que obrigada legalmente, de votalo. Rogo, en fin, que se teña un mínimo de respecto porque o debate hoxe foi iniciativa nosa, que se ordenara, afortunadamente acadouse, pero este Pleno realmente, pois así ás veces perde, como tivemos éxito en ordenalo debate, pois sequera para outras veces temos éxito, en que se considere o noso traballo que é en fin, estamos aquí, xa sei que non gobernamos, pero estamos aquí. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Rogos e Preguntas. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, bos días Sr. Presidente, eu quería preguntar agora que xa están aprobados os orzamentos, sobre este convenio que hai aquí nesta casa entre Deputación Provincial, Citroën e Caixanova, para o reparto de vehículos para asociacións adicadas a servizos sociais sen ánimo de lucro, e deportivas, creo que hai aproximadamente unhas resolucións, sobre 71 ou 81 das solicitudes dun total de 119. E eu dirixinme nalgunha ocasión ós servizos técnicos desta casa para preguntar como se ía abordar esta cuestión. Se me traslada que unha vez que se aproben os orzamentos, evidentemente, haberá que abordar as que quedan sen informar como vai a quedar unha vez aprobada no orzamento esta cuestión. Esa é a pregunta. Sr. Presidente.- Bueno, hai que dicir, que alí hai unha comisión mixta composta por Citroën, Caixanova e Deputación, e creo que, lle podo dicir ademais con absoluta sinceridade que se atenderon as máis prioritarias, que en principio estaba previsto para 40, se duplicou ata 80, con esforzo económico desta casa, e polo tanto creo, se mal non recordo, que aquelas que comprendían dentro do ámbito propiamente social para mobilidade de persoas con discapacidade, a maiores, para aqueles clubs que teñen un ámbito de competición a nivel nacional, e aquelas institucións de ámbito cultural que teñen un volume de movemento de persoas, tamén que necesitarán desta colaboración pois están practicamente na súa totalidade atendidas, e claro, dun plan que se presentan 104, me parece que foron, pois atender 80 creo que non está nada mal, cunha inversión de 3 millóns de euros. Iso é o que podo dicir. Sr. Olmedo Granja .- Si, o que eu quero dicir, que as que quedan, non van a ser antendidas neste convenio neste ano. Sr. Presidente.- Non sei, haberá que ver cada caso polo miúdo, pero creo que xa se debateron nesa comisión e entendíamos que as que si foron beneficiarias pois tiñan toda a lóxica. Non o digo, que no caso dalgunha máis haberá que estudalo porque non é un tema puramente pechado, haberá que estudar as cuestións, creo que foi un plan que liderou a Deputación, que tivo un éxito enorme e oxalá fagamos máis cousas así. Moitas gracias. D. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- E ben, simplemente, era un rogo para que cumprira vostede a súa palabra no anterior Pleno, fíxenlle unha serie de preguntas, e algunhas contestoumas verbalmente, algunhas comprometeuse a facelo por escrito e a día de hoxe este Deputado non ten unha resposta por escrito, gracias. Sr Presidente.- Moitas gracias, aceleraremos ese tema de contestación. Non habendo máis asuntos, levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e trinta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición