Fondos
2009-11-27_Ordinaria. Acta de sesión 2009/11/27_Ordinaria
Acta de sesión 2009/11/27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/4.2009-11-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2009/11/27_Ordinaria
Data(s) 2009-11-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 67 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de novembro de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e sete de novembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: DECLARACIÓN INSTITUCIONAL Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo a esta sesión ordinaria do Pleno da Corporación provincial, e antes que nada vai a proceder o Secretario á lectura da declaración institucional contra a violencia de xénero, do día 25 de novembro de 2009. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Declaración institucional contra a violencia de xénero, os tres grupos políticos que conforman a corporación da Deputación de Pontevedra manifestamos firmemente a nosa crenza de que a violencia de cara as mulleres nas súas diferentes formas, é un dos problemas máis graves dos que afrontan toda a sociedade na actualidade. O maltrato doméstico e abusos e acosos sexuais, a motivación xenital, o tráfico de mulleres e nenas, ou a explotación sexual e laboral, son claras manifestacións de desprezo, denigración e vexación das mulleres en consecuencia a unha grave intolerable violación dos dereitos humanos. A violencia de xénero supón unha orde social de desigualdade, que asigna roles diferentes ás persoas en función do sexo, e que subordina o feminino fronte ó masculino. Por iso se temos vontade de avanzar na solución deste problema, debemos traballar na superación dos estereotipos de xénero que impiden a igualdade entre mulleres e homes. A violencia contra as mulleres non só destrúe vidas, tamén limita a súa participación na vida pública, é por desgraza un fenómeno universal que non respecta nin fronteiras, nin culturas, nin niveis económicos, nin idades, trata dun problema social de primeira orde, que nos afecta a todos, e que serán irreparables os custes persoais e sociais que limitan ou cercenan o desenvolvemento da nosa sociedade. Por isto, o Pleno da Deputación manifesta, o seu total apoio e solidariedade para coas mulleres que teñan sido, e aínda son vítimas de malos tratos, o seu compromiso por adoptar unha posición activa ante a violencia de xénero, non permanecendo en silencio ante ela, e transmitindo ás xeracións futuras os valores da non violencia, o respecto e a igualdade entre homes e mulleres, nesta mesa liña, o seu traballo incesante no eido da promoción e activación de programas de prevención da violencia de xénero dirixidos especialmente á mozos e adolescentes, a continuar reforzando os mecanismo xa postos en marcha para atender as mulleres vítimas da violencia de xénero, a incrementar o rexeitamento social sobre o agresor a través da realización de campañas municipais e provinciais que sirvan e contribúan a concienciar e sensibilizar a cidadanía sobre estas cuestións, a seguir planificando o desenvolvemento e desenvolvendo cursos de formación en colaboración coas comunidades autónomas dirixidos a todos os profesionais que traballen no proceso de erradicación do machismo criminal, a nosa máis firme decisión de seguir traballando cada día para conseguir que a provincia de Pontevedra sexa unha lugar onde as mulleres se sintan seguras e libres para decidir a súa propia vida, a coordinar a coordinación de todos os axentes sociais que traballan contra a violencia de xénero. Os tres grupos políticos que conforman a Corporación da Deputación de Pontevedra manifestamos firmemente a nosa crenza de que a violencia cara ás mulleres, nas súas diferentes formas, é un dos problemas máis graves ós que se enfronta toda a sociedade na actualidade. O maltrato doméstico, os abusos e acosos sexuais, a mutilación xenital, o tráfico de mulleres e nenas ou a explotación sexual e laboral, son claras manifestacións de desprezo, denigración e vexación das mulleres e, en consecuencia, unha grave e intolerable violación dos Dereitos Humanos. A violencia de xénero supón unha orde social de desigualdade, que asigna roles diferentes ás persoas en función do sexo e que subordina o feminino fronte ó masculino. Por iso, se temos vontade de avanzar na solución deste problema debemos traballar na superación dos estereotipos de xénero que impiden a igualdade entre mulleres e homes. A violencia contra as mulleres non só destrúe vidas, tamén limita a súa participación na vida pública. É, por desgraza, un fenómeno universal que non respecta nin fronteiras, nin culturas, nin niveis económicos nin idades. Trátase dun problema social de primeira orde que nos afecta a todos, e que xera irreparables custes persoais e sociais que limitan e cercean o desenvolvemento da nosa sociedade. Por todo isto, o Pleno da Deputación manifesta: - O seu total apoio e solidariedade para coas mulleres que teñen sido e aínda son vítimas de malos tratos. - O seu compromiso por adoptar unha posición activa ante a violencia de xénero, non permanecendo en silencio ante ela, e transmitindo ás xeracións futuras os valores da non-violencia, o respecto e a igualdade entre homes e mulleres. - Nesta mesma liña, o seu traballo incesante no eido da promoción e activación de programas de prevención da violencia de xénero, dirixidos especialmente a mozos e adolescentes. - A continuar reforzando os mecanismos xa postos en marcha para atender ás mulleres vítimas da violencia de xénero. - A incrementar o rexeitamento social sobre o agresor a través da realización de campañas municipais e provinciais que sirvan e contribúan a concienciar e sensibilizar á cidadanía sobre estas cuestións. - A seguir planificando e desenvolvendo cursos de formación, en colaboración coas comunidades autónomas, dirixidos a todos os profesionais que traballen no proceso de erradicación do machismo criminal. - A nosa máis firme decisión de seguir traballando cada día para conseguir que a provincia de Pontevedra sexa un lugar onde as mulleres se sintan seguras e libres para decidir a súa propia vida. - A coordinación de todos os axentes sociais que traballan contra a violencia de xénero. Sr. Presidente.- Bueno pois, unha vez lida a declaración institucional dos tres grupos políticos procedemos xa ó desenvolvemento do Pleno ordinario. 1.5883.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro a aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria, do día 30 de outubro de 2009. Apróbase por todos os grupos. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de outubro de 2009. 2.5884.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE MEIS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- Segundo punto. Delegación de competencias do concello de Meis a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delgados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Meis na sesión celebrada o día 29 de setembro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de novembro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Meis, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Meis, por acordo do Pleno de data 29 de setembro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. 2. Esta delegación do concello de Meis será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio có concello de Meis así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Meis, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.5885.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- Terceiro. Delegacións de competencias do concello de Vila de Cruces a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Vila de Cruces na sesión celebrada o día 29 de outubro de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 18 de novembro de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Vila de Cruces, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Vila de Cruces, por acordo do Pleno de data 29 de outubro de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. 2. Esta delegación do concello de Vila de Cruces será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Vila de Cruces así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Vila de Cruces, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5886.- OPERACIÓN DE PRÉSTAMO DESTINADA A FINANCIAR PARTE DOS INVESTIMENTOS PREVISTOS NO ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O EXERCICIO 2009 Sr. Presidente.- Operación de préstamo destinada a financiar parte dos investimentos previstos no orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno da Deputación Provincial na sesión que tivo lugar o día 29 de maio de 2009 aprobou definitivamente o orzamento para o exercicio de 2009, incluíndo en dito acordo a autorización para a concertación dunha operación de crédito/préstamo por importe de 21.220.000,00 €, para financiar parte do plan de investimentos do mesmo. Resultando que o Ilmo. Sr. Presidente con data 9 de outubro de 2009 elaborou as bases para a contratación da referenciada operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 21.220.000,00 €, destinada a financiar parte das inversións previstas no orzamento da Deputación de Pontevedra para o exercicio de 2009. Resultando que con data 13 de outubro enviáronse invitacións a un total de vinte e cinco entidades financeiras que operan na provincia de Pontevedra, para que formularan ofertas de acordo coas citadas bases. Resultando que o día 11 de novembro de 2009, se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación e a apertura das ofertas presentadas polas entidades financeiras, Dexia Sabadell; Banco Caixa Geral; Caixa Galicia; Banco Santander Central Hispano (BSCH); Banco de Galicia; Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA); Caixanova; Banco Pastor; Caixa Catalunya y La Caixa, as cales foron admitidas, pasándose o expediente a informe dos técnicos de Intervención. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 17 de novembro de 2009 formula proposta para adxudicar a operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 21.220.000,00 €, á oferta “A” da entidade financeira Caixa Galicia, ó considerar que o “Euribor 3 meses + 0,60%”, e o mellor tipo de interese dos ofertados. Considerando que esta operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 21.220.000,00 €, supera o 10% dos recursos ordinarios do orzamento do exercicio de 2009, e que de conformidade co establecido no artigo 52.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a competencia para adxudicar este contrato é do Pleno. Considerando que para contratar esta operación de préstamo, por importe de 21.220.000,00 €, se levou a cabo un procedemento de concorrencia garantindo os principios xurídicos de publicidade, competencia, contradición e igualdade de oportunidades dos licitadores, en base a que este tipo de contratos quedan excluídos do ámbito de aplicación da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, de conformidade co previsto no artigo 4.1.l) da mesma. Visto así mesmo o informe de Intervención de data 18 de novembro de 2009 onde consta que a Deputación de Pontevedra conta con recursos suficientes para facer fronte ás obrigas que se derivan deste contrato e que a súa tramitación se suxeitou á normativa vixente. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.-Aprobar o contrato de préstamo e adxudicar á entidade financeira CAJA DE AHORROS DE GALICIA (CAIXA GALICIA) (CIF-G-15028947), a operación de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 21.220.000,00 €, con destino a financiar parte das inversións previstas no orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2009, de acordo coas seguintes condicións: a) Importe: 21.220.000,00 €. b) Prazo de vixencia: 12 anos a partir da data de formalización do contrato. c) Período de carencia: Os 2 primeiros anos. d) Período de dispoñibilidade: Os 2 primeiros anos. e) Período de amortización: Os 10 anos seguintes. f) Cotas de amortización do principal: Cotas trimestrais constantes. g) Tipo de interese: Interese variable; EURIBOR TRIMESTRAL + 0,60% Diferencial. h) Períodos de interese: Serán trimestrais, coincidindo co trimestre natural, salvo o primeiro e o último período que se liquidarán en función das disposicións e da data de firma do contrato. i) Comisión de apertura: 0%. j) Comisión de apertura anticipada: 0%. k) Outras comisións: 0%. 2.- Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente contrato de préstamo, con previa apertura de crédito, por importe de 21.220.000,00 €, coa entidade financeira CAJA DE AHORROS DE GALICIA (CAIXA GALICIA) (CIF-G-15028947), así coma os demais documentos que procedan. 5.5887.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “TERMINACIÓN DA MELLORA DA EP 2901 CESANTES-VISO-ALXÁN”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Aprobación inicial do proxecto “Terminación da mellora da EP 2901 Cesantes-Viso-Alxán”. Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Terminación da mellora da EP 2901 Cesantes-Viso- Alxán” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 123.245,56 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 92.800,81 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 30.444,75 euros, ten por obxecto mellorar o tramo da citada estrada que discorre entre os p.k. 3+439 e 3+620. A estrada Cesantes-Viso-Alxán, que soporta un intenso tráfico rodado ó servir de conexión entre a N-550 en Cesantes e o vial provincial EP 2908 Arcade- Amoedo, foi obxecto dunha serie de actuacións encamiñadas a acadar un vial adecuado ás condicións de tráfico que soporta e, ó mesmo tempo, que mellorasen notablemente a seguridade vial; estas obras foran moi demandadas polos veciños da zona que, conscientes da súa importancia, colaboraron de xeito desinteresado na execución das mesmas. Non obstante o anterior existe un tramo de estrada, de aproximadamente uns 180 metros de lonxitude entre os p.k 3+439 e 3+620, no que se sitúan varias parcelas, os titulares das cales non cederon os terreos necesarios para finalizar os traballos descritos, negativa que obrigou a esta Entidade Local a elaborar o presente proxecto e incoar o correspondente expediente de expropiación. Co proxecto “Terminación da mellora da EP 2901 Cesantes-Viso-Alxán” farase o ensanche e mellora do pavimento do citado vial nese tramo de 180 metros así como a execución de cunetas revestidas de formigón para garantir os desagües lonxitudinais. A urxencia de executar canto antes esta obra vén motivada polo intenso tráfico rodado que soporta un vial no que existen varias zonas poboadas, notas que fan necesario mellorar os anchos primitivos e desa forma incrementar a seguridade vial. A maiores, o feito de haberse mellorado os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos que quedan por mellorar, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer con urxencia a devandita obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Terminación da mellora da EP 2901 Cesantes-Viso-Alxán” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 123.245,56 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 92.800,81 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 30.444,75 euros. 2. A exposición pública deste e do expediente de expropiación que leva consigo, polo prazo regulamentario, para os efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non se producir as mesmas. A relación de propietarios e bens afectados é a que se detalla a continuación: PARCELA PROPIETARIO BENS 1 Celso Pérez Couñago Dirección: Alxán nº 18. Soutomaior. 108,00 m2 Terreo ocupado (finca) 46,00 ml Peche bloque revestido e pintado 23,00 ml Enreixado metálico pintado 10,00 m2 Beirarrúa lousada 2 uds de Cepas 2 Víctor Luis Martínez Reguera Dirección: Alxán nº 17. Soutomaior. 51,00 m2 Terreo ocupado (finca) 42,00 m2 Muro perpiaño albardillado 1 ud. Portal de madeira (2,90 x 2,00) 8,00 m2 Telladiño incluso p.p. de piares 30 uds. De Cepas 9 uds. Poste para viña 3 Antonio Pérez Troiteiro e Irmáns Dirección: Rial nº 55. Soutomaior 38,00 m2 Terreo ocupado (finca) 18,00 m2 Muro mampostería ordinaria en seco 4 Descoñecido 66,00 m2 Terreo ocupado (finca) 5 Telmo Lorenzo Lorenzo Dirección: Rial nº 13. Soutomaior. 65,00 m2 Terreo ocupado (monte) 24,00 m2 muro mampostería ordinaria en seco 6 Celso Pérez Martínez Dirección: Alxán nº 18. Soutomaior. 358,00 m2 Terreo ocupado (monte) 7 Celso Pérez Couñago Dirección: Alxán nº 18. Soutomaior. 88,00 m2 Terreo ocupado (monte) 8 Telmo Lorenzo Lorenzo Dirección: Rial nº 13. Soutomaior. 112,00 m2 Terreo ocupado (monte) 9 Manuela Pérez Alcalde Dirección: Avda. Castelao 146. Arcade. 45,00 m2 Terreo ocupado (monte) 10 Telmo Lorenzo Lorenzo Dirección: Rial nº 13. Soutomaior. 45,00 m2 Terreo ocupado (monte) 11 Telmo Lorenzo Lorenzo Dirección: Rial nº 13. Soutomaior. 55,00 m2 Terreo ocupado (monte) 12 José Pérez Martínez Dirección: Rial nº 8. Soutomaior. 112,00 m2 Terreo ocupado (monte) 13 Dolores Suárez Suárez. Dirección: Rial nº 9. Soutomaior. 15,00 m2 Terreo ocupado (monte) 8,00 m2 Muro mampostería ordinaria en seco. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera o proxecto xa que este naceu co fin de executar as obras necesarias para mellorar o tramo da citada estrada que discorre entre os p.k. 3+439 e 3+620. A estrada Cesantes-Viso-Alxán, que soporta un intenso tráfico rodado ó servir de conexión entre a N-550 en Cesantes e o vial provincial EP 2908 Arcade- Amoedo, foi obxecto dunha serie de actuacións encamiñadas a acadar un vial adecuado ás condicións de tráfico que soporta e, ó mesmo tempo, que mellorasen notablemente a seguridade vial; estas obras foran moi demandadas polos veciños da zona que, conscientes da súa importancia, colaboraron de xeito desinteresado na execución das mesmas. Non obstante o anterior existe un tramo de estrada, de aproximadamente uns 180 metros de lonxitude entre os p.k 3+439 e 3+620, no que se sitúan varias parcelas, os titulares das cales non cederon os terreos necesarios para finalizar os traballos descritos, negativa que obrigou a esta entidade local a elaborar o presente proxecto e incoar o correspondente expediente de expropiación. Co proxecto “Terminación da mellora da EP 2901 Cesantes-Viso-Alxán” farase o ensanche e mellora do pavimento do citado vial nese tramo de 180 metros así como a execución de cunetas revestidas de formigón para garantir os desagües lonxitudinais. A urxencia de executar canto antes esta obra vén motivada polo intenso tráfico rodado que soporta un vial no que existen varias zonas poboadas, notas que fan necesario mellorar os anchos primitivos e desa forma incrementar a seguridade vial. A maiores, o feito de haberse mellorado os primeiros tramos da citada estrada implica un aumento de velocidade na circulación duns vehículos cuxos condutores, ó atoparse co deficiente trazado dos tramos que quedan por mellorar, poñen en perigo tanto a súa integridade física como a dos peóns. 6.5888.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Punto número 6 da orde do día: Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en Órganos Colexiados.Votamos entón a moción, neste caso sobre os novos nomeamentos de cambio de Deputados e representantes en órganos colexiados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre o nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: Dada conta de que o Pleno, en sesión celebrada o 12 de xullo de 2007, aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Resultando que como consecuencia da renuncia ós seus cargos dos Deputados Provinciais D. Julio Alén Montes e D. Agustín Reguera Ocampo, substituídos por D. Salvador González Solla e D. Perfecto Rodríguez Muíños, é preciso efectuar designacións de representantes en diversos órganos colexiados. Considerando que o art. 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro, determina que tal designación corresponde ó Pleno. Esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: “Modificar o acordo adoptado na sesión plenaria de 12 de xullo de 2007, no sentido de designar representantes desta Deputación nos seguintes órganos colexiados: Asociación Española de Cidades da Pesca (AECIPE): D. Salvador González Solla, suplente, en substitución de D. Agustín Reguera Ocampo. Comité Provincial de Pesca Continental: D. Salvador González Solla, en substitución de D. Agustín Reguera Ocampo. Consorcio Audiovisual de Galicia: D. Perfecto Rodríguez Muíños, en substitución de D. Julio Alén Montes. Consorcio para o servizo contra incendios e salvamento das Comarcas do Baixo Miño, Condado e Louriña: D. Jesús María Fernández Portela, en substitución de D. Julio Alén Montes. Padroado de Goberno da Fundación Comarcal do Paradanta: D. Salvador González Solla, en substitución de D. Julio Alén Montes. Padroado de Mellora da Vivenda Rural: D. Perfecto Rodríguez Muíños, en substitución de D. Julio Alén Montes.” 7.5889.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO RELATIVA Á NECESIDADE DE ASINAR UN CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE MOAÑA PARA A REFORMA DO CAMPO DE FÚTBOL DE DOMAIO PARA DOTALO DE CÉSPEDE ARTIFICIAL ASÍ COMO MELLORAR AS SÚAS INSTALACIÓNS E SERVIZOS DEPORTIVOS Sr. Presidente.- Punto número sete: Moción do grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa á necesidade de asinar un Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Moaña para a reforma do Campo de Fútbol de Domaio para dotalo de céspede artificial así como mellorar as súas instalacións e servizos deportivos. Ten a palabra neste caso D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Bueno, bos días, a todos e a todas, traemos hoxe aquí, pois unha reclamación que consideramos xusta, dado que esta casa xa leva alá uns 70 campos, ou ten en carteira uns 70 campos e creo que é de xustiza que o concello de Moaña, que conta con 18 mil habitantes, lle corresponda o que xa ten sido unha promesa, ademais quixeramos un pouco denunciar tamén, o uso mal interpretado que se fai dende esta casa, dado que creo que se equivoca, no sentido de confundir que é a Presidencia dun partido político, co que é unha institución destas características, que debe velar e fomentar sobre todo o apoio ó deporte de base, de tanto que se presume, cando despois na realidade o que se fai e o que se vota nun partido, que non se respecta as máis mínimas regras do xogo, en Moaña, afortunadamente non goberna o Partido Popular, e cremos que as competencias, deportivamente, pois, deben de gañarse con limpeza, hai que gañalas, porque se é mellor, se é superior porque se xoga máis e se meten máis goles no caso do “balompié”, non con outras armas que creo que ó final perden as institucións e o que perde realmente é a cidadanía, porque non se promocionan pola calidade, senón por outros artificios, que esperamos que sigan quedando na oposición por moitos anos, a moción di así: Dende o ano 2005 esta institución no seu afán de colaborar cos concellos decidiu establecer un plan de instalacións de campos de céspede artificial que foi realizando en diferentes fases, onde conqueriu levar a cabo instalacións na maior parte dos concellos da provincia, na primeira fase, leváronse a cabo instalacións nos concellos da Estrada, Vilagarcía, Silleda, Mos, Tui, Salvaterra do Miño, Ponteareas, Cangas, Aldán, Tomiño, Pontecaldelas, Meaño, As Neves, Vilanova de Arousa, Vigo, onde se fixeron Candeán, Cabral, Baladares, Sardo, Comesaña, Caldas de Reis, Soutomaior, A Cañiza, Tomiño, Cambados, Illa de Arousa, Baiona Gondomar, Vila de Cruces, Porriño e a Guarda, houbo unha segunda fase, que comprendeu o compromiso de ampliar ditas instalacións a outros 15 campos, entrando nesta fase concellos coma o de Portas, Ribadumia, Vilagarcía, perdón, Vilaxoán, Sanxenxo, Poio e Vigo, en Vigo desenvolvéronse, Teis, Meixoeiro, Bouzas e Coia, Marín e Pontevedra. En xuño deste ano, levouse a cabo a adxudicación definitiva dunha terceira fase por un importe de 5.674.137,93 €, sen IVE, para completar a mellora dos campos na provincia, sen que se saiba, a día de hoxe, como con anterioridade, nin os criterios do reparto nin cales son os campos que se van a executar, nin que convenios existen, para os mesmos. Moaña conta na actualidade con 19.014 habitantes, e dous equipos federados, o Moaña Domaio Club de fútbol, é club deportivo Moaña, ó redor dos cales se desenvolve unha grande actividade deportiva a través das categorías inferiores e das escolas de fútbol, as instalacións nas que xogaba o club deportivo Moaña, estaban en dominio público como vostede ben sabe, e nunhas condicións calamitosas, polo que houbo que realizar un gran esforzo para trasladalas, neste esforzo o concello de Moaña solicitou a colaboración da Deputación sendo estas, en palabra do Deputado autonómico, D. José Fervenza, a dun convenio asinado de palabra, o que explica a gran aportación que esta institución fixo ás instalacións do campo municipal do Casal, e o seu apoio a outras instalacións deportivas municipais, campos de fútbol 7, pavillóns e pista de atletismo. En xaneiro de 2009 o goberno municipal dirixiuse ó Sr. Presidente da Deputación provincial solicitando formalmente que o investimento previsto para o campo do Casal, se trasladase ó campo de fútbol de Domaio, e en 8 meses non se ten recibido contestación, por todo iso o grupo municipal do BNG de Moaña levou ó Pleno da Corporación do día 5 de novembro unha moción reclamando a colaboración da Deputación provincial para dotar ó campo de fútbol de Domaio de herba artificial, aprobándose por unanimidade. En base a estas consideracións o grupo Provincial do BNG presenta esta moción, e solicita o voto favorable do pleno da Corporación para a adopción do seguinte acordo: Asinar co concello de Moaña un convenio de colaboración a fin de executar no prazo de 1 ano a reforma do campo de fútbol de Domaio, para adoptalo de herba artificial, así como mellorar as súas instalacións e servizos deportivos. Fai uns 15 días aproximadamente, foi, creo que foi ben recibido no concello de Moaña, e estivo na inauguración da piscina municipal o Presidente, e agradeceulle os esforzos desta institución pola colaboración da piscina, e recórdolle que esta institución non colaborou para nada nas instalacións da piscina, e esperamos que volvamos a recibilo no concello de Moaña, esta vez si, para inaugurar algún metro cadrado de herba artificial, esperamos contar coa súa colaboración. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Daniel Rodas. Vai a ter a palabra o Deputado de deportes, pero antes quero aclararlle, xa que non está perfectamente informado D. Daniel Rodas, que a piscina construída en Moaña, se fixo ó amparo dun convenio, si é certo que esta casa non financiou esa piscina, pero si financiou un acordo coa Xunta de Galicia, que posibilitou que unha serie de infraestruturas deportivas as construíra a Xunta de Galicia, e outras as construíra a Deputación de Pontevedra, polo tanto está dentro do amparo dese marco o convenio que no seu día se asinou, evidentemente, como vostede ben poderá comprobar, non co anterior bipartito, senón co anterior Goberno de Galicia, que posibilitou, pois, case unha veintena de instalacións deportivas por toda a provincia de Pontevedra, polo tanto, o Presidente da Xunta de Galicia non estaba equivocado cando fixo mención a ese acordo, que posibilitou construír por parte da Deputación e por parte da Xunta de Galicia infraestruturas que cada un tomou, evidentemente nese acordo, se tomaron cales se ían a construír, polo tanto, aí é onde se refería, que a Deputación participou nese convenio, porque ademais figura así, hai un convenio escrito aquí, e está tamén na Xunta de Galicia. Pero en relación a outro tema ten xa a palabra o deputado responsable de deportes, D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Moi bos días a todos e a todas, ía a empezar polo final, pero creo que xa aclarou perfectamente o Presidente ó que se referiu o Presidente da Xunta, cando agradeceu a colaboración da Deputación na construción desta e outras infraestruturas non só en Moaña, senón en outros lugares da provincia, mire, ninguén dúbida aquí da actividade deportiva que ten Moaña, sería ilóxico que eu viñera aquí dubidando deses datos que vostede puxo enriba da mesa, e as reclamacións no deporte case sempre son xustas, os deportistas podemos, eu me inclúo tamén no grado, podemos cometer erros, pero temos unha serie, tamén, de valores que debemos trasladar, ou intentamos trasladar á sociedade, por iso digo que as reclamacións no deporte, case sempre son xustas, pero, Sr. Rodas, as promesas hai que facelas na terra, non no aire, non no aire, vostede acusou aquí, ó Partido Popular de utilizar, confundir as institucións co partido, mire, vostede forma, é parte dunha formación política que tivo a responsabilidade de gobernar, tivo a responsabilidade en materia deportiva catro anos na Xunta de Galicia, catro anos, catro anos, e eu me fago unha pregunta, ¿cantas instalacións fixeron en Moaña?, e digo máis, na provincia durante catro anos. Pois eu a verdade non coñezo ningunha, porque lémbrolle que esa piscina que acaban de inaugurar fora comprometida curiosamente nos catro anos anteriores que estaba o Sr. Lete, como Secretario Xeral de Deportes. Vostedes falan de que participamos nunha competición, mire, o Partido Popular participa nunha competición, na competición democrática, cumprindo estritamente con todos os regulamentos, non cambiamos as dimensións da portería, iso fano vostedes, vostedes, e ás probas me remito e se quere comparamos os datos onde investiron os cartos durante catro anos, a que concellos adicaron os cartos durante catro anos, dende logo si que alteraron as regras de xogo, nós tiñamos as porterías, non sei, de sete metros ou de canto é aproximadamente, vostedes tiñan nesa competición democrática como portería ó arco iris, o arco iris, era a portería que tiñan vostedes. E nos acusan a nós, home, repase, esa relación de campos a cal vostede fixo referencia, moitos deles pode comprobar que son gobernos doutros partidos, seguramente, creo que o 57% deses campos están en concellos non gobernados polo Partido Popular, fíxese ata ese, ata ese argumento cae polo seu propio peso. Eu teño que dicir que vostedes dubidan da lealdade desta institución co concello de Moaña, mire, durante catro anos esta institución estivo esperando, catro, catro, estivo esperando que vostedes ó igual que outros concellos puxeran a disposición os terreos para poder executar as obras, por iso lle dicía que as promesas hai que facelas sobre o terreo, na terra, e vostedes foron incapaces, foron incapaces de poñer a disposición os terreos para executar a obra no campo para o Club deportivo Moaña. E claro, intentaron culpabilizar a quen menos culpa tiña, intentaron culpabilizar á Deputación de Pontevedra que en todo momento, e aí están as hemerotecas, quixo cumprir o compromiso que tiña cos cidadáns de Moaña, cos responsables políticos de Moaña e tamén cos representantes, lexítimos representantes do Club deportivo Moaña. E xusto, a Deputación nunca se negou a firmar ese convenio, sempre dixo o mesmo, o mesmo, o mesmo que está a dicir en todos os sitios, primeiro poñan a disposición os terreos nas condicións que se require, infraestruturas mínimas para levar a cabo esa actividade deportiva, e a Deputación executaría ese compromiso, e vostedes cando van a ter o terreo, de forma unilateral, de forma unilateral, unilateral, rompen ese compromiso, porque bueno, consideran que politicamente lles é máis interesante facelo vía fondos Plan E. Ben, nada que recriminar, vostedes son libres e fan o que queren. E agora co tema de Moaña pretenden facer a mesma xogada, a mesma xogada, volven a insistir, eu creo que non poden dubidar do compromiso desta institución, pero poñan os terreos en condicións, poñan os terreos en condicións a disposición desta institución, e despois é o momento de falar da firma do convenio. Non vaia a ser que pase como pasou noutros sitios, onde despois de firmado o convenio pois non se pode utilizar esa instalación, e iso foi o que pasou en Moaña. Insisto, aquí vostede fala do prazo dun ano, bueno, o que non vai a facer a Deputación é a estar esperando “per século seculorum” e que vostedes non teñan eses terreos. Fagan as obras que hai que facer, vostede sabe coma min que é moi difícil e requírese dunha grande inversión, parece ser que se teñen a vontade de facela, hai que derruír un graderío, hai que facer uns muros de contencións, haberá que facer os vestiarios que están nesa zoa, é dicir, en definitiva, teñen que dotar dunha serie de infraestruturas previamente para poder firmar ese convenio, e nese momento, nese momento, cando teñan todo iso, dende logo esta Deputación estaría disposta a falar da firma dun convenio, pero mentres tanto, mentres non existan eses terreos nas condicións que se require para un campo de fútbol, para un campo de fútbol, non un mini campo, para un campo de fútbol, dende logo non se vai a firmar ningún convenio. O Partido Popular presenta neste sentido unha emenda de substitución que di o seguinte: A Deputación de Pontevedra asinará un convenio co concello de Moaña para dotar de herba sintética ó campo de fútbol de Domaio, despois de que se poñan a disposición desta institución os terreos coas infraestruturas axeitadas, graderío, vestiario, alumeado, peche, saneamento e abastecemento para poder executar as citadas obras. Esa é unha emenda que presentamos antes de que comezara o Pleno e eu creo que quedou perfectamente claro cal é a vontade de uns e doutros, do que fixemos uns no deporte e do que fixeron outros, do que fixemos uns en infraestruturas e do que defendemos ós nosos deportistas; do que fixeron outros en infraestruturas deportivas e do mal que trataron ós nosos deportistas, e iso tamén quedou moi patente ó longo deses catro anos de goberno bipartito onde a responsabilidade no deporte a tiña, primeiro unha persoa concelleiro en Vigo, e máis tarde outra señora do mesmo equipo, pero membros ámbolos dous da súa formación política. Descoñecemos cantos campos, e se fora así como vostede di, pois bueno, lle fago a pregunta, ¿por que non lle fixeron en Moaña un campo de herba sintética?, ¿por que?, bueno, nin o fixeron en Moaña nin en ningún sitio, esa é a realidade. De momento nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, pois despois desa clara evidencia, D. Daniel, en relación a ese comentario, supoño que quere volver a intervir, pero eu só lle vou a dar un dato, porque, iso de acusar sen probas, de que confunden, non sei que, a Presidencia do Partido coa Presidencia da Deputación, o camiño se demostra, ou se fai, non se demostra, o camiño se fai andando. E hai un exemplo dun compañeiro seu que é de aquí de cerca de Pontevedra, que é o alcalde de Poio, resulta que co alcalde de Poio adquirimos o compromiso de facer un campo de herba sintética e facemos un campo de herba sintética, e dalgunha maneira tiña un compromiso dos seus compañeiros políticos, que eran os responsables de deportes, que ían a facer unha pista de atletismo, pasaron catro anos, e nese mesmo recinto que se ía a construír a pista de atletismo, só se construíu o campo de fútbol de herba sintética que construíu a Deputación. A pista de atletismo, hoxe, a día de hoxe, segue sen construírse, co compromiso do bipartito, neste caso a responsabilidade do Bloque Nacionalista Galego, supostamente no deporte en Galicia. Polo tanto, cando vostede, co dato que lle acaba de dar o Deputado de Deportes, que se construíron incluso máis campos en municipios non gobernados polo Partido Popular, que por outros, pois poderá acusar, cando sexa ó contrario, a pesar de que o Partido Popular goberna en máis municipios que ningún partido político na provincia de Pontevedra. Pero iso de acusar sen probas, de facer ese comentario, porque ademais vostedes saben porque, unha cousa que non é, é medible, sábense cantos se fixeron, onde están e onde se construíron eses campos. Polo tanto eu lle pido que se mida un pouco, porque acusar así sen máis, é que ó final tense que dar conta que non sae moi ben parado, non sae moi ben parado e se a iso sumamos a maiores o acaecido nos últimos catro anos polo goberno bipartito creo que sae aínda peor parado. Polo tanto creo que a resposta é sumadamente contundente e de aí que, xa digo, neste caso tal e como lle dixo o Deputado de Deportes, que quede ben claro que esta casa coñece tamén a realidade da actividade deportiva de Moaña, quere colaborar con Moaña, neste caso coa parroquia de Domaio, pero para iso é imprescindible, que hai unha serie de cuestións que teñen que estar feitas coa antelación debida, porque non vaia a ser que ante a presión que vostedes están recibindo queiran desviar a atención para poder culpar a alguén de que non se vai a construír o campo, ou o que se coñece máis en “román paladino” de escorrer o vulto e culpar a outros de que o campo non se fai, o campo evidentemente farase pero sempre e cando reúna esas condicións. Neste momento para dicirlle un dato non hai nin onde poder aparcar un coche no entorno desas instalacións, que coñezo perfectamente. Polo tanto, xa digo, non é que fagamos papeis para quedar ben e despois escorramos o vulto. Ten a palabra D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Moitas gracias. Efectivamente durante catro anos hai unha realidade e as realidades son incuestionables, non se pode dubidar delas. No caso do concello de Moaña, efectivamente, existe unha grande aposta polo deporte, aí temos a piscina municipal, que foi levada a cabo, foi prometida por D. Manuel Fraga Iribarne, pero realmente cando se foi capaz a levar a cabo foi cando estivo de Director Xeral D. Santiago Domínguez. Recórdolle, recórdolle unha frase curiosa do actual Director Xeral para o Deporte, onde dixo alí na presentación, que “estivo case a punto de licitala”, case a punto de licitala, case a punto de licitala, unha frase espectacular, como esta outra de “o convenio firmado de palabra”, esas son unhas imaxes claras de cómo se comportan uns e como nos comportamos outros, e entón realidades, a realidade en Moaña é que existe unha piscina municipal que está funcionando, a realidade en Moaña é que existen 2 campos de fútbol de herba sintética, de fútbol 7, que están aí funcionando; a realidade en Moaña é que durante estes catro anos estivéronos contando películas, trasladándonos compromisos verbais de colaboración na construción do campo de fútbol municipal, pero perdéndose sempre en palabras e escusas; hai que cerrar o campo, antes hai que facer os vestiarios, antes hai que rematar a grada, antes hai que acondicionar os accesos, antes, antes, antes. Pero é que curiosamente vostedes veñen de asinar un montón de convenios, convenios que nada teñen que ver co que nós plantexamos en Moaña; campo de Mos, na Veiguiña, 700.000 euros, do cal a Deputación pon 580.000, 200.000 para vestiarios e bancadas; A Lama, 500.000€, este é o único, o único regrado de todos, onde a Deputación pon 375.000€ e o concello 124.000€, o único, pero nos demais, A Cañiza, pero ¿que hai?, na Cañiza fan drenaxes, accesos, aparcamentos, canaletas para a recollida de augas, etc., etc., e así nun sen fin, nun sen fin de convenios. E no convenio, miren vostedes un convenio tipo, miren vostedes o que lle piden ó concello, miren o que lle piden. Sr. Presidente.- A todos. Sr. Rodas Chapela.- Miren o que lle piden, miren o que lle piden, absolutamente nada, absolutamente nada. E miren os compromisos, os compromisos por parte do concello, o concello está obrigado a achegar a cantidade correspondente, a realizar as obras de adecuación complementarias necesarias para a posta en funcionamento do campo de fútbol, que serán relacionadas, valoradas e conformadas, conxuntamente por un técnico municipal e outro provincial designados polas entidades correspondentes, fíxense vostedes, ¡eh!, pero é que nós non pedimos máis que isto, e para dicir que non, non fai falta tanta palabrería, sexan claros home, sexan claros. Nós o único que lle estamos plantexando é que agora mesmo temos redactado o proxecto para o acondicionamento do campo de fútbol de Domaio, agora mesmo, este é o momento, se vostedes queren colaborar o que teñen que ser é claros, asinemos o convenio, un convenio coma este, coma este, exactamente igual, asinemos o convenio e delimitemos no convenio o que nos toca facer a nós e o que vai facer a Deputación, e non lle pedimos nada máis, non lle pedimos nada fóra do que está estipulado, a nós que nos corresponda poñer os 124.000 euros e vostedes van a poñer o resto como están poñendo por toda a provincia, nin máis nin menos, en igualdade de condicións. Polo tanto, o que lle pido por favor é un pouco de responsabilidade, que deixen de marearnos, porque xa nos marearon durante catro anos no campo de fútbol municipal do Casal, e non queremos que fagan o mesmo co de Domaio, home, por favor, as cousiñas claras, se está, chámanos, porque xa lle mandamos, xa lle mandou o concello de Moaña, xa lle mandou unha comunicación en xaneiro, fíxese vostede que estamos a rematar o ano, e unicamente por respecto institucional, unicamente por ter unha relación normalizada, o que debería facer é cando menos contestar. E entón, deixémonos de marear a perdiz e vaiamos ó grano, temos un proxecto, temos toda a vontade do mundo para facer esa obra e o que lle estamos pedindo é que colaboren, home, que colaboren, como colaboran con moitos dos concellos, se quito a relación pois verá que efectivamente hai moito color, demasiado color, cando digo que esta institución representa a toda a provincia, a toda a provincia, e hai que ver as necesidades e hai que ver os esforzos, pero o que máis me molesta é que realmente no traslado do campo de fútbol do Casal, unha situación crítica, crítica, porque como vostede ben sabe estaba en dominio público e tiñamos un proxecto de rexeneración que é unha auténtica maravilla, que hoxe dá gusto chegar a Moaña e aí nos momentos difíciles e cando se mira ás institucións, cando se vén se as administracións están ó servizo da cidadanía e non contrario. Vostedes téñenos demostrado que están xustamente na posición contraria. O campo de fútbol ó final rematamos facéndollo, pero é máis, sabe canto gastamos no campo de fútbol, dous millóns de euros. Pero vostede se cre que se pode votar catro anos buscando escusas, que se pode votar catro anos buscando escusas para non facer absolutamente nada. Polo tanto e xa non quero estenderme porque estamos localizando demasiado este tipo de debates, e a min a verdade é que me molesta bastante e o que lles pido é claridade, por favor, digan si ou digan non. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Rodas. Ten a palabra D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Si, Sr. Rodas, mire non pense que por poñerse aquí en plan tragicómico pois que vai a ter máis razón. Catro anos votaron vostedes, vostedes, para buscar, catro ou máis, eu creo que máis porque xa vén, cando menos, de dúas lexislaturas anteriores ó cambio do terreo de xogo dende esa zona de dominio público hacia outra que estaría na cabeza de algúns pero que é certo que ata fai máis ou menos un ano non tiñan eses terreos. Polo tanto non culpabilice a quen menos culpa ten de que levan catro anos enredando, catro anos, seis, oito, levaron vostedes enredando co tema do campo de fútbol, porque o certo é que eses terreos non os obtiveron cando menos ata que se fixo o corredor do Morrazo, que como saben, a saber, e aí non vou a entrar en cuestións de legalidade, que habería moito que falar, que esa é outra cuestión, se son ou non son legais eses terreos, cando menos están na liña da afección dese viaduto, e bueno, o fixeron e me parece correcto, me parece correcto. Home, a min me fai moita gracia que veña aquí a falar de que a piscina a comezou o Sr. Santiago Domínguez, experto vendedor de motos sen rodas, diría eu, porque ese si que vendeu motos, motos sen rodas e algunha sen manillar incluso, porque o da Universiada, recórdase daquel famoso partido de Camerún, recórdase daquel, recórdase de todas aquelas historias, iso foi como gobernaron vostedes o Deporte en Galicia durante catro anos, se lle deran só o caché de Camerún por vir a facer o ridículo a Vigo, seguro que poderíamos facer uns cantos campos de fútbol en Moaña, seguro. E vostede sae co Sr. Santiago Domínguez gran experto en instalacións deportivas, ten gracia a cousa, verdade, esa foi a frase espectacular do Sr. Lete, casi lo deja contratado, pero fixo os trámites, e vostedes en catro anos tivo que vir o Sr. Lete para facer entrega da obra, esa foi a realidade, en catro anos non foron capaces de poñer en marcha ese proxecto que lle deixaron como se sole dicir a huevo, con consignación, con consignación e con proxecto aprobado, catro anos, os mesmos ou algúns menos que os que levaron enredando coa xente de Moaña polo campo de fútbol, porque esa é unha historia que xa vén de bastante máis atrás, e logo vótalle a culpa á Deputación, xa lle dixo o Presidente que o que pretenden é desviar a atención deste tema, como saben que é unha obra difícil, non vai a ser, mire, a Deputación, home eu creo que un campo, o que lle esixía, e aí están as hemerotecas, “la Diputación pondrá hierba al campo del Moaña en cuatro meses”, e estamos a falar do 16 de xullo do 2008, “Louzán exige al gobierno local que previamente cierre la instalación”, como é lóxico, como é lóxico, como é lóxico, que se cierre la instalación y la dote de las gradas, vestiarios y accesos; “Louzán pide a Millán que firme el convenio del campo de fútbol”, podía ensinarlle, bueno, e despois tamén lle podo ensinar o que dixeron vostedes, “el gobierno renuncia al convenio con la Diputación para el campo de O Casal”, e este o dixeron na prensa, que eu saiba aquí non se recibiu ningunha comunicación ata o mes de xaneiro deste ano, onde, iso é o que entenden vostedes, onde se renunciaba a esa instalación, co cal había un compromiso e hai o compromiso de colaboración desta Deputación co concello de Moaña neste caso para facer ese campo de fútbol en Domaio. Que nadie dubide que a Deputación vai a cumprilo, pero para iso vostedes teñen que cumprir tal e como esixe ese convenio a que vostede fixo referencia, é uniforme para todos, e se lles pide que antes de facelo, como ben sabe vostede, ten que ter o campo unhas dimensións mínimas, teñen que facer unha serie de infraestruturas como se lle pide a todos os concellos, e nese momento, e lle volvemos a dicir o mesmo agora que fai un ano, nese momento, é o momento para asinar ese convenio, non pretenda vostede vender, dar a entender á opinión pública que a Deputación non quere que se faga ese campo de fútbol, a Deputación si quere que se faga ese campo de fútbol pero vostedes deben cumprir antes coas condicións que se lle esixen a todos os concellos, a todos, a todos, tamén ós do Partido Popular. Sr. Presidente.- Bueno, pois creo que segue quedando claro, pero a maiores facíame unha pregunta ó Sr. Daniel Rodas, de que nós representamos a toda á provincia, e o goberno bipartito de Galicia cando repartiu o 65% de axudas do deporte, neste caso a gobernos nacionalistas, ¿a quen representaba?, D. Daniel Rodas, ¿a quen representaba?, vostede non me esixa a min o que evidentemente non lle esixe ós seus compañeiros, e cando dalgunha maneira se aproximen a ese reparto de instalacións deportivas que fixo a Deputación de Pontevedra, entón poderá ter opinión propia, de momento cos precedentes que teñen non teñen ningún tipo de opinión, que por certo como lle acaba de aclarar o Deputado de Deportes, a nosa disposición foi pública, coñecida, para firmar ese convenio, pero vostedes entenderon que nós non podíamos ir alí e estar con vostedes cando dalgunha maneira se inaugurara ese campo, tiñan que inauguralo vostedes, porque ademais creo que o alcalde se quedou coas chaves, me parece, é o propietario, é o amo de chaves do campo de Moaña. Pero, xa digo, hai que predicar co exemplo e vostedes non dan exemplo de nada, non deron exemplo de nada. Polo tanto, non sei se ten algo máis que dicir. Si. Ten algunha cuestión que añadir. Adiante. Sr. Rodas Chapela.- Se me permite, o Presidente sempre cando fai as súas intervencións a verdade é que consegue aínda dispersar moito máis os debates e levalos polos Cerros de Úbeda, debe ser unha táctica para confundir e non ir á cuestión. A cuestión é fundamental, ¿renunciamos ó convenio?, ¿que convenio?, o convenio é este, un papel, ténselle pedido dende o concello de Moaña por activa e por pasiva, que efectivamente vostede llo remita ó concello para a súa sinatura, o convenio, se isto non é tramitado, isto non existe, polo tanto seguimos falando, a igual que co seu Deputado autonómico, falando dese convenio firmado de palabra, pero ese convenio firmado de palabra non existe, non hai absolutamente nada. Para que vostede teña disposición a firmar o convenio terá que tramitar o convenio, digo eu, porque o que vostede me conte a min, a película da súa disposición, disposición ¿a que?, xa hai case dez, once meses, que se lle ten remitido por escrito e non ten contestado, ¿entón de que estamos a falar?, ¿de que estamos a falar?, unicamente de fume, de fume, non hai nada máis que fume. Entón eu o que lle pido é que se realmente quere saír da toba e quere ser algún día alternativa en Moaña o que ten que vir alí é a inaugurar algún metro cadrado de herba artificial, porque vamos a polo cuarto, a polo cuarto, e entón ou cambia ou vaise a perpetuar eternamente na oposición, porque os veciños vanlle a pasar factura, ¿como non lle vamos a pasar factura?, se realmente está continuamente confundíndonos e falándonos de fume. A realidade é outra ben distinta, dous campos de fútbol 7 de herba artificial, un campo de fútbol novo, espectacular, as mellores dotacións de instalacións deportivas dos pavillóns; e agora por se fora pouco unha piscina, a única piscina, ¡ah, perdón!, queda Marín, unha piscina municipal espectacular. Entón o que lle pedimos a vostede como Presidente desta santa casa, que por favor, que tamén aporte algo, que tamén colabore en algo, por favor, porque tamén pertencemos á provincia, ou non quererá que montemos unha illa alí na esquina do Morrazo, creo que non, ¡eh!, e entón o que lle pido é un pouco de compromiso, de seriedade, e o compromiso remítese a isto, trasládalle ó concello de Moaña este convenio e xa o concello de Moaña se preocupará de cumprir escrupulosamente, como todos os concellos que aquí teñen asinado este tipo de convenio, xa que o concello de Moaña cumprirá escrupulosamente os termos do convenio, non se preocupe. Sr. Presidente.- Gracias D. Daniel Rodas. A verdade é que mirando aí á súa bancada o teñen illado, e lle vou a dicir por que, primeiro vostede me pide que asinemos un convenio, pero é que non son do fiar. ¿Sabe por que non asinamos o convenio?, porque non son de fiar, durante oito anos enganaron á directiva do Club Moaña, enganaron á directiva do Club Moaña durante oito anos, que tiñan sitio, e aínda no sitio que está construído agora mesmo habería que analizar esa circunstancia, os terreos, etc., como se fixo, pero non vamos a entrar aí porque ó final o importante é que Moaña necesitaba un campo e neste momento ten un campo. Entón, vostedes para asinar un convenio, eu evidentemente con outras persoas podo firmar un convenio porque son de fiar, van a cumprir; pero vostedes non cumpriron, e eu miro esa bancada que hai aí, onde vostede está, que é neste caso, a do Bloque Nacionalista Galego; e miro en Salceda, e neste caso en Salvaterra temos un campo de herba sintética; miro en Gondomar, temos outro campo de herba sintética; miro en Pontevedra, temos dous campos de herba sintética; miro en Vigo e temos nove ou dez campos de herba sintética; miro tamén evidentemente en Oia e se está construíndo un campo de herba sintética en Nigrán construímos outro campo de herba sintética; esa é a realidade e polo tanto vostede está illado, pero se illa vostede mesmo, ou sexa, se illa vostede mesmo máis o goberno municipal de Moaña, porque non son de fiar, porque non van a cumprir, enganaron sistematicamente á directiva do club Moaña durante moitisimos anos e finalmente construíron un campo alí, pois nunhas circunstancias das cales todos coñecemos, porque ó final se vai coñecendo como se fixo iso, e claro, despois din que si, evidentemente, que firmaran coa Deputación, e despois chegou o momento da verdade e non firmaron coa Deputación, decidiron meter diñeiro do Plan E aí. Bueno, o cal tamén dalgunha maneira xa o dixeron, aínda que a vostede lle gusta moito dicir, igual que o alcalde, que é espectacular, espectacular non sei que, espectacular non sei canto. De todas maneiras creo que son bastante ben mellores as instalacións que está facendo a Deputación que esa que se construíu aí, no que se refire á herba artificial en si. Pero bueno, esa será unha cuestión que teñen que avaliar outros e non a vou a avaliar eu. Pero esa é a realidade, Sr. Rodas, que non son de fiar e como non son de fiar vostedes o que queren é firmar un convenio coa Deputación para despois, culpar, escorrer o vulto e culpar á Deputación de que o campo de herba non se fai e esa é a triste realidade desta situación. Pero supoño que ademais o Deputado de Deportes lle vai a dar máis información ó respecto. Sr. Sotelo Villar.- Simplemente para rematar, rematar, porque eu creo, creo sinceramente que o debate está totalmente claro, que para firmar o convenio que a Deputación está disposta a firmar, insistimos unha vez máis, fagan vostedes as obras, fagan as obras, porque senón non se firma ese convenio, vostedes son os únicos responsables de que non se dote ó campo de Domaio de herba artificial, son os únicos responsables, non culpabilicen a quen nada ten que ver. A Deputación, insisto, está disposta a firmar o convenio cando vostedes fagan as obras que teñen que facer. E despois, home, Sr. Rodas, aquí, eu non sei como non afogou na piscina, é o que falta, porque fala aquí de catro campos e tal, pero se o que fixeron foron dous campiños, os cales, ó día seguinte se lles escapou como choveu; os fan sen botar a superficie dura que hai que botar debaixo e se lle marcha o xabre e quedan con ollos, que bueno, a saber, que fale dun campo espectacular cando, home, eu tiven a sorte, a desgracia mellor dito, de ir alí un día, porque menuda molladura collín, porque está totalmente inundado, o céspede que puxeron alí ata parece que é de recortes, e vostede fala dunha obra espectacular na que gastaron dous millóns de euros, home, na Deputación creo que valen bastante menos e está a anos luz do que vostedes fixeron alí, a anos luz, e non o digo eu, o di calquera persoa que visitou esas instalacións, esperemos que o que se faga, se vostedes queren, se vostedes queren en Domaio, se vostedes queren, porque son os únicos responsables de que se faga ou non se faga, sexa bastante mellor que o que fixeron en Moaña. E creo que o debate está claro, pode desviar a atención por onde queira, pero a vostedes, ó igual que a outros concellos, se lle vai esixir exactamente o mesmo, exactamente o mesmo, fagan esas obras e hai o compromiso, non pretenda poñer o carro diante dos bois, os bois diante e o carro detrás. Primeiro o terreo en condicións e despois asínase o convenio e non teña a menor dúbida de que a Deputación vai a cumprir como sempre cumpriu con Moaña. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Moi ben, moitas gracias e a ver se desta me deixan a min rematar. Unicamente dúas puntualizacións e, unicamente dúas puntualizacións porque creo que xa non dá máis de si, efectivamente, fagan as obras, pero ¿que obras?, porque se miramos a relación dos diferentes convenios entran todo tipo de obras, vestiarios, bancadas, drenaxes, accesos, canaletas, recollida de pluviais, canóns de 48 metros de distancia, etc., etc., etc., entón, é dicir, vaiamos ó asunto, o convenio, estoulle dicindo que o convenio debería clarear a achega do concello e a colaboración do concello de Moaña, non hai ningún tipo de problema, ningún tipo de problema, o que hai que ter é vontade política para realmente tratar de facer a obra, e que no concello de Moaña, efectivamente, non ten por que fiarse dos que gobernan, porque efectivamente son medios talibáns, teñen cornos e todas esas cousas, pero a realidade son as obras e como ve o concello de Moaña cada vez vai a máis e cumpre escrupulosamente os seus compromisos, escrupulosamente, con esta casa e con todas as demais institucións. O que si lle agradecería ó Sr. Presidente é que, por favor, non tome a palabra porque cada vez que toma a palabra plantexa aquí cuestións metafísicas, aquí estamos a facer política, e realmente a política é a arte de resolver problemas, ¡eh!, se metemos cuestións metafísicas no medio é moi complexo, porque moitos, xa fai moito tempo, que non cremos en nada, entón o que lle digo, vostede preside esta casa e por favor axude a resolver problemas, axude ós concellos, neste caso ó concello de Moaña. Fixo un tremendo esforzo que vostede non estivo á altura das circunstancias cando se levou a cabo, o proxecto de rexeneración do areal da Xunqueira, que cambiou por completo a imaxe de Moaña, hoxe dá gusto ir a Moaña e atopar aquel areal recuperado, e fixo un enorme esforzo con fondos propios para no prazo de dous anos conseguir crear un campo de fútbol, o que lle pido que estea á altura das circunstancias e se quere colaborar co concello de Moaña pois chame á Corporación, chame ó alcalde, e asinen o convenio correspondente. ¿De acordo?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Rodas. D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- … o Sr. Muradas pois se ausenta, supoño, supoño que poderá, non digo que teña problemas, bueno, en fin, centrémonos no tema, non divaguemos como dixo o Sr. Rodas. Mire, o concello de Moaña non puxo nada, non puxo nada, o concello de Moaña como eu outros concellos, pois caeulle ese maná do ceo chamado Plan E, que o único que fai é xerar máis despilfarro e non conseguir os obxectivos que tiña que conseguir que é crear emprego, ¿cantos postos de emprego crearon alí por este campo de fútbol?, seguramente que ningún, bueno, pois iso foi o que aportou o concello de Moaña, a intención dese maná, que lle caeu ós concellos, e que agora van a sufrir este ano coa redución dos ingresos que teñen, que xa veremos, xa veremos como acaba todo iso, iso foi o que aportou o concello de Moaña, a vontade, a vontade, en primeiro lugar, e vostede xa llo dixo, a política é resolver os problemas dos cidadáns, eu lle pido que non crea un problema onde non o hai, onde non o hai, aquí se está dicindo que execute as obras e que se asinará o convenio, e se asinará o convenio. Estea, como dixo vostede, Sr. Rodas, á altura das circunstancias, e deixe de divagar porque eu creo que ese tema está o suficientemente debatido, o Partido Popular presenta esa emenda onde se compromete a executar esa obra despois de que vostedes fagan todas esas infraestruturas, porque vostede di ¿que infraestruturas?, está moi claro nese convenio, se vostede le ese convenio está moi claro, e nesta emenda se di, graderío, vestiario, alumeado, peche, saneamento e abastecemento, parte delas xa as terán supoño, está moi claro, non divaguen, non bote fume, fume que neste caso eu creo que é como sempre, igual que fixeron co campo do Moaña, é fume tóxico. ¿De acordo?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Sotelo. Non protestamos. Dámoslle a palabra. Sr. Rodas Chapela.- Brevemente, unicamente que bueno, que cabe a posibilidade de chegar a un acordo refundindo as dúas propostas, que o Presidente lle traslade ó concello de Moaña o convenio onde se especifique un prazo para poder executar esas obras. Non hai ningún problema, non hai ningún problema, iso pode quedar perfectamente recollido, dicía antes que temos o proxecto, todo é cuestión de pornos de acordo, a ver, temos o proxecto. Sr. Presidente.- Na xestión vostedes son… Sr. Rodas Chapela.- Si, si, somos, pero temos a piscina e temos o campo rematado e temos dous máis en sobra. Entón, a ver, o que podemos acordar, o que podemos acordar é que se traslade o convenio e no convenio, é dicir, xa dixemos que se marque claramente o compromiso do concello de Moaña, non temos ningún tipo de problemas, ningún. Sr. Sotelo Villar.- O Sr. Rodas pódese tirar á piscina porque supoño, dou por entendido que sabe nadar, non na parte profesional, supoño que xa o verá, é que é certo, te estás tirando á piscina. Mira, vouche a dicir máis, catro meses despois dende que vós poñades os terreos. ¿Serve?. Con todas esas infraestruturas. Xa está, un prazo. Sr. Presidente.- O prazo aí queda, se realmente cumprides con esa previsión … Sr. Sotelo Villar.- ¿Que é o que quería?, resolver un problema, catro meses despois de que vós poñades as infraestruturas que se necesitan. Sr. Presidente.- Xa lle queda a vostede un prazo, se queren cumprilo, evidentemente non hai ningún problema. Da vez pasada esperamos catro da primeira lexislatura máis tres da segunda, sete, ó final non se fixo. Nesta xa poñemos un prazo. Se vostedes queren, nós xa lle estamos dicindo que dentro dese período, home, se foran rápidos eu creo que lle valería a pena, porque agora mesmo hai quince que se van a executar, e a min me gustaría, porque Moaña necesita desa infraestrutura, e Domaio tamén, a min me gustaría evidentemente poder, que unha desas quince, das que se están iniciando agora, pois fose aí, pero a verdade, sinceramente, que non me fío nada, non me fío nada porque as obras, primeiro, que hai que facer alí son bastante complexas, das cales non teñen os terreos necesarios para iso, primeiro; e segundo que vostedes fagan esas obras nun tempo prudencial, polo tanto por iso falo dos quince. Agora, en relación ó que lle di o Deputado de Deportes é o máis razoable, é dicir, cando vostedes acaben iso, catro meses despois a Deputación comprométese a executar, a colocar herba sintética tal e como figura no convenio … D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Nós aceptamos que vostede nos remita o convenio e no convenio que efectivamente, se especifique, que un mes despois de que realmente se acaben as obras contempladas de mellora das instalacións, un mes despois, a Deputación comprométese a realizar o tema, pero, terá que haber un acordo por escrito e entón o que lle pido que iso llo mande ó concello de Moaña, mándello, fírmase o convenio, o concello de Moaña pon a disposición os terreos e pon a disposición as instalacións, a mellora das instalacións, e un mes despois a Deputación faise cargo do céspede artificial sen ningún tipo de problema. Sr. Presidente.- Bueno, a nós nos dá igual, un mes que, a ver … Sr. Sotelo Villar.- … Que remitir o acordo que tomemos hoxe aquí. Supoño, ou non confías nos acordos que se tomen aquí no Pleno desta Corporación. A min me parece suficiente que o acordo que se tome hoxe aquí que se lle remita ó concello de Moaña. Sr. Presidente.- Si, no caso da emenda que propón o Partido Popular de substitución, di que a Deputación de Pontevedra asinará un convenio co concello de Moaña para dotar, xa di que asinará un convenio co concello de Moaña, non di que intentará nin que posibilitará, senón que di que asinará un convenio co concello de Moaña para dotar de herba sintética o campo de fútbol de Domaio, despois de que se poñan a disposición desta institución os terreos coas infraestruturas axeitadas, que son evidentemente o graderío, que xa existe pero que haberá que retranquealo, o alumeado, o peche, o saneamento e o abastecemento para poder executar as obras citadas. Sr. Rodas Chapela.- Estamos de acordo no acordo político, ¿non?, no acordo político estamos de acordo, pero hai que transformalo nun acordo administrativo. E o que é correcto é que iso se traslade administrativamente, no momento que iso se traslada é palabra de Dios. Eu si me fío de vostede, ó contrario de vostede de min, se me fío de vostede, porque vostede é… Sr. Presidente.- Me alegro porque os feitos nos avalan, esa é a diferencia. Sr. Rodas Chapela.- Ben, así me gusta. E entón o que espero é que vostede sepa o sitio que ocupa, que esta é unha administración e que se lle traslade ó concello de Moaña, fírmase o convenio e veña a traballar todos que boa falta fai. Sr. Presidente.- Eu lle trasladarei neste caso ó concello de Moaña este acordo e cando o alcalde, xa digo, cumprindo esas previsións de que iso estea rematado, a Deputación asinará xa ese convenio. ¿De acordo?. ¿Votos entón a esta emenda?, que literalmente di o que acabo de comentar agora. A ver. Sr. Rodas Chapela.- A cuestión non é que lle remita o acordo, a cuestión é que lle ten que remitir o convenio, para que a palabra se converta en norma, en lei, senón estamos a falar por falar, entón o compromiso é que vostede efectivamente, despois deste acordo, lle remite o convenio onde lle especificará a aportación que ten que realizar o concello sen ningún tipo de problema. Sr. Presidente.- Non vai haber, Sr. Rodas, non vai haber ningún tipo de problema no que é a vontade deste goberno da Deputación. No seu caso, evidentemente non o sei, eu lle vou a remitir isto ó Alcalde, o Alcalde quero entender que se porá en contacto con nós para dicirnos cando vai a ter executadas esas obras e en que prazo, que presuposto ten, e a partir de aí pois firmamos cando queiran, que non temos ningún problema. Sr. Rodas Chapela.- A ver home, senón queren, non lle de voltas, home, é dicir, hai acordo administrativo ou senón non existe nada, estamos a falar por falar. Entón, o compromiso unicamente é se se compromete a trasladarlle o convenio ó concello de Moaña, se é así ben e senón votamos a moción tal e como está. Sr. Presidente.- Eu me comprometo a trasladarlle ó concello de Moaña o acordo que esta mañá establecemos aquí a maiores, ¿non?, ¿non?, ¿pero esperen?, ¿non?, que non hai ningún problema, que a maiores lle mandarei unha copia do convenio, pero nesa copia do convenio quedará establecido en que tempo e en que prazo se van a executar esas obras e se van a cumprir os compromisos ¿de acordo?, para que non exista ningún problema. Porque igual que vostede me di que eu me fíe, eu sinceramente volvo a reiterar o mesmo, non me fío, porque xa estiven sete anos esperando eu, e polo tanto sete anos de espera valeron para pouco, para nada, e quen saíron prexudicados, é o … Sr. Rodas Chapela.- Vostede non se preocupe, porque eu, se realmente asinan, vostede e o alcalde de Moaña asinan o convenio eu si me fío, porque creo na administración home. Sr. Presidente.- Pero vostedes son pouco crentes e esa é a diferenza. Polo tanto procedemos a votar a emenda e lle vamos a remitir ademais ó alcalde de Moaña ese convenio, pero que vai a establecer para que despois non existan dúbidas, porque xa ten pasado en máis ocasións, que se cumpran os prazos e que haberá prazos establecidos para terreos e para dalgunha maneira desas infraestruturas a maiores, que quede claro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Neses termos que se acaba de dicir. Visto o ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade aprobar, con modificacións, a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa á necesidade de asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Moaña para a reforma do campo de fútbol de Domaio para dotalo de céspede artificial así como mellorar as súas instalacións e servizos deportivos. Dita Moción, coa emenda de substitución presentada polo Grupo Provincial do Partido Popular, é a seguinte: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: Dende o ano 2005 esta institución no seu afán de colaborar cos concellos decidiu establecer un plan de instalacións de campos de céspede artificial que foi realizando en diferentes fases, onde conqueriu levar a cabo instalacións na maior parte dos concellos da provincia. Na primeira fase leváronse a cabo instalacións nos concellos de A Estrada, Vilagarcía, Silleda, Mos, Tui, Salvaterra do Miño, Ponteareas, Cangas (Hío e Aldán), Tomiño (Goián), Ponte Caldelas, Meaño (Dena), As Neves, Vilanova de Arousa, Vigo (Candeán, Cabral, Valadares, Sárdoma, Comesaña), Caldas de Reis, Soutomaior, A Cañiza, Tomiño, Cambados, Illa de Arousa, Baiona, Gondomar, Vila de Cruces, Porriño e A Guarda. Houbo unha segunda fase que comprendeu o compromiso de ampliar ditas instalacións a outros 15 campos, entrando nesta fase concellos como o de Portas, Ribadumia, Vilagarcía (Vilaxoán), Sanxenxo, Poio e Vigo (Teis, Meixoeiro, Bouzas-Coia), Marín (A Xunqueira), e Pontevedra (Monteporreiro). En xuño deste ano levouse a cabo a adxudicación definitiva dunha 3ª fase por un importe de 5.674.137,93 euros (sen IVE) para completar a mellora dos campos na provincia, sen que se saiba a día de hoxe, como con anterioridade nin os criterios do reparto nin cales son os campos que se van a executar, nin que convenios existen para os mesmos. Moaña conta na actualidade con 19.014 habitantes e dous equipos federados: Domaio, CF e CD Moaña, ó redor dos cales se desenvolve unha gran actividade deportiva a través das categorías inferiores e das escolas de fútbol. As instalacións nas que xogaba o CD Moaña estaban en dominio público e nunhas condicións calamitosas polo que houbo que realizar un gran esforzo para trasladalas. Neste esforzo o concello de Moaña solicitou a colaboración da Deputación sendo esta, en palabras do deputado autonómico José Fervenza a dun “CONVENIO FIRMADO DE PALABRA”, o que explica a gran aportación que esta institución fixo ás instalacións do campo municipal do Casal, e o seu apoio a outras instalacións deportivas municipais: campos de fútbol-7, pavillóns, pistas atletismo … En xaneiro de 2009 o goberno municipal dirixiuse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial solicitándolle formalmente que o investimento previsto para o campo do Casal se trasladase ó campo de fútbol do Domaio. En oito meses non se ten recibido contestación. Por todo isto o grupo municipal do BNG de Moaña levou ó Pleno da Corporación do día 5 de novembro unha moción reclamando a colaboración da Deputación Provincial para dotar ó campo de fútbol de Domaio de herba artificial, aprobándose esta por unanimidade. En base a estas consideracións, o Pleno da Corporación acorda por unanimidade a adopción do seguinte ACORDO A Deputación de Pontevedra asinará un convenio co concello de Moaña, para dotar de herba sintética ó campo de fútbol de Domaio, despois de que se poñan a disposición desta Institución os terreos coas infraestruturas axeitadas (graderío, vestiario, alumeado, peche, saneamento e abastecemento) para poder executar as citadas obras. A tal fin enviarase o convenio ó concello de Moaña para a súa sinatura. 8.5890.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO SOBRE AS CAIXAS DE AFORRO GALEGAS Sr. Presidente.- Moción do grupo provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre as Caixas de Aforros Galegas, firma D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. A verdade é que este debate previo non foi o máis positivo para a miña situación física, pensaba marcharme pronto, porque estou cun bo catarrazo, e intentarei, xa que a medicación se lle vai pasando o efecto e chega o momento en que podo estar en mala situación, e despois do que escoitei, a verdade é que me quedei así admirado, en principio supoño, era de supoñer, que por coherencia en contra das medidas que teño, pois ia a recibir esta moción un voto absolutamente negativo de parte do Partido Popular, porque despois de facer, de suprimir as seleccións galegas de fútbol e tal, que é unha cuestión simbólica, pero que apoia digamos a nosa, en fin como fan outras comunidades, a nosa identidade deportiva, pois estamos falando da capacidade económica, un tema moito máis serio do que se supoñía, ou polo que escoitei, pero parece ser que non vai a ser así, e alégrome. Estamos falando dun tema sumamente transcendente porque as Caixas de Aforros, non vamos á historia de cómo naceron, ou que participación tivo esta Deputación, incluso nelas que foi moi relevante, cando se creou a Caixa de Pontevedra que hoxe forma parte de Caixanova, estamos falando dun tema moi relevante porque as caixas son un instrumento, o único instrumento financeiro, o único, non de carácter público, pois hai, institutos públicos, pero é o único que, o que teñen competencias as Comunidades Autónomas, e polo tanto en calquera Goberno autonómico, pois de dispoñer a Comunidade ou non dispoñer, de incidir na política financeira a través das Caixas que son moi potentes, poden supoñer máis do 50% do sistema financeiro de Galicia, creo que bastante máis, pois a cuestión cambia radicalmente, cambia dunha maneira radical. Ata agora tiñamos unha situación con dúas caixas, consecuencia de movementos e fusións dos anos 90, que bueno, que estaba funcionando, non vamos agora a valorar que política seguiron as caixas, que habería bastante tela que cortar, moitísima tela que cortar, vamos a inspirarnos noutros modelos de caixas como pode ser o alemán, no que non hai este problema, e hai outras series de cousas, bueno, nós estamos con dúas caixas, estaban funcionando á súa maneira, con centros de decisión en Galicia, coa Xunta, con capacidade aquí de caixas moi light, pero con capacidade de veto a calquera fusión coas da afora, e con capacidade de incidir, outra cousa que o fixera mellor ou peor, ou no o fixera tan sequera, na política destas Caixas por parte do Goberno autonómico, por parte da Xunta de Galiza. Ben, a situación mudou radicalmente, mudou radicalmente coa crise financeira, coa creación do FROP, e cos acontecementos que están sucedendo que parece que están acelerando, no que hai un deseño, parece que bastante claro, que polas declaracións que se ven de responsables políticos ou administrativos, no que se vai cunha intención bastante definida, e que se ve todos os días na prensa, de fusionar, de eliminar número de caixas, e quitarlle claramente a súa base territorial, é dicir, deslocalizalas, na práctica deslocalizalas, este horizonte non tería especial problema se é que as dúas caixas galegas puideran sobrevivir independentemente, parece que non é o caso, parece que non é o caso, e aquí esta a nai do año, que se saiba, eu teño información directa, aínda onte estiven falando cun membro do consello administración de Caixanova, ningunha delas, Caixa Galicia tiña máis información, ningunha delas plantexa un futuro en solitario, salvo por unha manobra táctica do momento, para xogar a baza de aguantar uns meses en solitario e levar adiante o deseño de deslocalizar a dúas, ou sexa perder Galiza o control das dúas, que iso en principio é un asunto que se barrunta no entorno de Caixanova, no entorno ou dentro de Caixanova, entón, se é que algunha delas ou as dúas, mellor seria as dúas, puideran sobrevivir, non estaríamos con este debate, se as dúas puideran sobrevivir, independentemente, digo porque se escoitan por aí, opinións de todo tipo, bueno, porque a discusión, porque unha, porque dúas, porque catro, porque vinte e catro, non vamos a discutir isto, e cando resulta que hai decisións de orden moito máis elevado tomadas, que practicamente obrigan a que ese horizonte sexa inviable, sexa absolutamente inviable, e polo tanto estamos na situación que estamos, nos cremos que o debate non é unha ou dúas ou tres ou catro, se algunha pode resistir uns meses máis, ou non resistir, se non son galegas ou son galegas. Ben, postas as cousas nestes termos, neste horizonte, pois é unha decisión transcendente que tomar, non pasa so en Galiza, houbo resistencias en Valencia, Castela León, Cataluña, Andalucía, a ese deseño emanado do centro do estado, e o que está xogando agora aquí, se polo menos no próximo período, a uns anos, pois quedan Comunidades Autónomas con Caixas engordadas que teñen capacidade sobre elas, e Galiza queda ou no queda, iso é o que está a xogar nestes momentos. Ben, entón, hai unha segunda cuestión, o noso posicionamento é claro, por outro lado ese posicionamento foi aprobado por unanimidade no parlamento galego, e nese sentido traémolo a esta Deputación, aínda que con certas modificacións. Quen se está opoñendo a este proceso, que creo que deixei suficientemente aclarado, e na moción está suficientemente aclarado, no caso se ser necesario ese proceso de fusión ou de SIP, este farase entre as caixas galegas, nós non alcanzamos a entender como un proceso de fusión fría, como é esa famosa SIP, coas de fóra vai moi ben, e coas de aquí non vai, e se é necesaria a fusión, pois igual, al fin y al cabo, non entendemos onde está dificultade ou as vantaxes de facelo coas de fóra, salvo, salvo que se estean seguindo outras designios, en Galiza quedemos sen Caixas, incluso no caso que se está falando, bueno, tamén con algunha de fóra, bueno se hai aquí xa un tamaño, pois, unindo as dúas pois permitiríanos claramente algunha operación fóra, no caso de ser necesario, nunhas condicións de vantaxe e non como socio minoritario, entón nese sentido, pois dificilmente se ven as razóns, as razóns para pensar en que haxa outra solución, porque, que nós saibamos as caixas non son de ninguén, entón, que si a do norte a do sur, que se vai ter enormes vantaxes para un sitio ou para outro, bueno isto todo está por abrir, está por decidir, en todo caso o que estamos discutindo é o posicionamento de fondo. Agora, a diferenza do Parlamento galego, esta institución, esta Deputación, elixiu, se non me engano, no Pleno de maio de 2008, uns representantes na asemblea xeral e no consello de administración, o consello de administración foi despois da decisión interna da Deputación, non foi electo aquí, creo, se non me acordo mal, para Caixanova, daquela fálase entre pasillos e se segue falando, de que se chegou a un nivel, eu creo que escandaloso, de que era Caixanova, quen, Caixanova, que non se sabe moi ben que é, quérese poñerlle nomes e apelidos, ¿verdade?. Quen inducía ou vetaba, ou sexa, parecía que volvía aquel sistema das termas do franquismo, é dicir, escolla vostede entre este, este e este, ou non me mande non sei que. Alguén, non electo, que non pasa polas furnas, que non ten lexitimidade democrática, trata de impoñerlle a unha institución electa e democrática, que van a ser os seu representantes, e quen vai a representar os intereses da Deputación, ou dos concellos, o que sucedeu dentro desa institución, ten narices o asunto, foi así, todos sabemos que foi así, algúns resistímonos, e evidentemente non pasamos por esta traga, pero colectivamente sucedeu, todos sabemos o que sucedeu, ou sexa, axudamos ou permitimos crear un monstruo, onde hai quen entende que a xestión de fondo dos impostores, que votaron a andar institucións no seu momento, que son as caixas, son patrimonio deles, son patrimonio deles, e daqueles, ¿como era? Daquelas choivas veñen estes lodos, veñen estes lodos, cousa que por outro lado no sucedeu, estamos ó espectáculo de Caixa Madrid, todos son electos, ou non sei que non sei canto, e aquí, aquí o deixaba en amago o Sr. Méndez ou o Sr. Gayoso, que como eran as súas Caixas, as súas Caixas, ou sexa, un funcionario, un pagado, un, por moi importante que sexa, un xerente, traballador da Caixa, se converten nos xefes das Caixas, viva a democracia, viva a representación, e aínda temos que escoitar agora que non politicemos as caixas, ou sexa, non señor, o deixamos na man, de quen nos convén, mire a opinión deses señores é importantísima, se lles deixou ter un poder enorme, nunca deberon ter tanto poder, porque en base a que o ten, en base a que traxinan todos as eleccións desto dos impositores, porque non se coñece outra base real, creo que estou sendo claro e duro, non me interesa nada ser importuno, como é, ser correcto politicamente con isto, nada, non interesa nada, e xa se dixo no seu momento, cando se elixiron, xa fixeron a referencia, cando se elixiron aquí, os que se elixiron, ben, entón, no acordo, como nós o representamos, ponse no punto cuarto, e para nós é moi importante que o acordo que adoptemos aquí se traslade a eses representantes, para recordarlle de quen son representantes, os 7 que nomeamos aquí, nos responsabilizamos dos nosos, van a actuar en función dos acordos, iso seguro, agora, trasladarllo por se algún non sabe por quen foi elixido, por quen está alí, agora trasladarllo por se algún non sabe por quen foi elixido, porque quen está alí, porque se cadra pensa que está alí porque é moi importante, ou porque non se pasa a man polo lombo a ninguén, non está alí, porque ó elixiu esta Deputación, está alí, porque o puxemos alí nunha lista e o votamos, ¿verdade?. Non está por ser moi importante, ser moi guapo, ter bigote, ou ter pendentes, recordarllo por se acaso, recordarllo, porque a degradación das institucións, das institucións, electas democraticamente, en mans destes poderes financeiros que non sei cales son, non sei cales son, porque se son Botín ou é non sei que, pois mire si, ten aí cartos, ten accións, e está xogando cos seus cartos, pero aquí non sei cales son, en detrimento de que é, digamos, a acción pública, o que é democraticamente electa, autoridade dada, por tal é francamente impresentable, é impresentable, e cremos que sirva de lección para outras veces, ben, por iso, xa está acordado polo parlamento o punto segundo, pois iso de aprobar unha lei reguladora das caixas de aforro galegas, xa está acordado que se vai a facer, e a ver que dicimos todos, somos capaces de arrimar no Parlamento, non é función nosa aquí, pero bueno trasladarllo, que as caixas teñen que ser máis democráticas que a democracia resolvese por votos, por lexitimidade popular, por lexitimidade popular, non por sorteos ante notario, que so hai unha lista, e xa o xefe da sucursal elixiu a que tiña que ser, e sempre son os mesmos, pois entón, creamos un estrutura de poder ai, que non se sabe a que responde, a ver se somos capaces a avanzar nesa dirección, o asunto igual foi demasiado lonxe e neste momento, pois, non é tan fácil, pero de todas maneiras todos sabemos, todos sabemos, que esas forzas políticas e os seus representantes, democraticamente elixidos, nos poñemos por dicilo así, as patas de diante, aínda que sexa neste momento puntual con respecto a eses poderes que eu non discuto a valía dos señores que citei antes, iso é unha cousa, outra cousa é o poder que se arrogan, e que non teñen por ningún lado, porque se o teñen é fraudulento así de claro … patas de diante, sabemos que a marxe de obra é moito mais pequena do que creen, se cadra é a ultima ocasión que teñen de facer isto, se cadra é a última, como isto se vaia das mans, seguramente, pois teríamos que ir a reclamar via lei do estado, imaxínense para poder controlar, verdade, o que fan co aforro galego que fan coa a estrutura das caixas pois se cadra en Madrid ou a Barcelona, pois se cadra pois unha está nas mans de Caixa Madrid e outra da Caixa ou mais ou menos por aí van os tiros, igual é a última oportunidade e aparentemente como case sempre pasa neste país cando a auga apreta, primeiro cando … vir a auga bo, nada, canda a auga empeza a apretar parece que vaia haber capacidade de reacción, agardo que sexa así, por iso presentamos esta moción e por iso pedimos o voto favorable para ela, moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas grazas D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, bos días, evidentemente o último que esta dicindo D. Cesáreo Mosquera é absolutamente certo, todos coñecemos as diferentes presións que houbo sobre todo o mundo para que os representantes foran uns ou outros, a realidade é que, bueno, dicía Cesáreo que el respondía polos representantes que nomeou o BNG e a nós, nos queda outra, que responder polos que nomeou o Partido Socialista, porque eran representantes, para ser representantes da Deputación non de ninguén en concreto, pero si é certo que a situación en que están as Caixas en Galicia, e fundamentalmente débese ós seus executivos non a intervencións políticas, ben con respecto á moción nos queremos plantexar o seguinte, é dicir, a posición do partido socialista no tema das caixas é a de propugnar unha alianza entre as dúas caixas de Galicia, alianza que vaia desembocar, é dicir, que lles permita participar no SIP, no Sistema Institucional de Protección, e o que conleva o seguinte, é dicir, o manter a galeguidade do que salga, é dicir, son dúas caixas galegas, polo tanto, o centro de decisión sigue estando en Galicia, loxicamente, e ó mesmo tempo, lle permite participar no fondo de reestruturación ordenada bancaria e así garantir a solvencia desta alianza. Esta é a posición que o Partido Socialista plantexa con respecto a este tema e non é exactamente a da moción, pero a moción é o suficientemente ambigua para que quepan as dúas posibles solucións que se están plantexando nestes momentos, polo tanto tal como está redactada a moción nós votariámola a favor sen ningún problema, home o punto de remitilo ó Parlamento Galego xa sobra, porque como diciamos que era xa un acordo do Parlamento. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno eu creo que este é un tema demasiado importante e debemos de tratalo con rigor, a min me gustaría que todos os grupos políticos tiveramos unha postura uniforme, ou polo menos que cada un dos grupos políticos, coas diferenzas existentes, pero que cada un deles tivera a mesma postura en todos os lados, claro non se pode falar igual en Vigo, algúns non falan igual en Vigo que en Pontevedra que en Santiago, que en Coruña ou que en Ferrol, e iso loxicamente xera unha serie de problemáticas e de diferenzas que están non escenario mediático ou político das últimas horas ou dos últimos días. Sr. Mosquera vostede acaba de dicir algo que eu coincido con vostede nunha parte do seu discurso, non coñecemos a realidade das Caixas, actualmente, vostede non a coñece, o Partido Socialista supoño que tampouco e nós tampouco, ¿Como se pode tomar unha decisión de tan calado se realmente non se coñece cal é a situación financeira real das Caixas?, eu creo que temos que facer unha reflexión profunda sobre iso, por iso nós estamos adoptando unha postura de rigor, de prudencia, unha postura de intentar conseguir e buscar todo tipo de informacións necesarias e por iso sen ánimo, porque sexa do noso partido político, pero si, o Presidente da Xunta está adoptando unha postura coherente, responsable e de gran calado político, porque está intentando buscar información de todos os implicados e de todos os axentes que teñen que tomar decisión ou participar na decisión, escoitalos, eu creo que iso é fundamental, fundamental, escoitar primeiro cal é a situación real das caixas, segundo ter información do Banco de España, terceiro escoitar os axentes sociais que xogan un papel fundamental, escoitar por supostos os axentes empresariais que forman un papel importante dentro da xestión, e ó final ó Banco de España que tamén terá algo que dicir, ¿Vostede coñece o pronunciamento público do Banco de España?, ¿cal é?, nós o descoñecemos, nós como institución falo, seguramente o Presidente da Xunta terá máis información, debe tela, ten que tela, seguramente a terá, supoño que o seu lider político que onte estivo co Presidente da Xunta ou antonte tamén a terá, supoño que o Sr. Pachi Vázquez ou Don Manuel Vázquez como representante do Partido Socialista tamén a terá, supoño que todos estes datos que vostede acaba de por enriba da mesa, supoño que se saberá, e que vostede acaba de facer afirmacións que si, que moitos nos preguntamos, ¿Que pasa si a situación das Caixas non é boa?, ¿cal é mellor ou cal é peor?, ¿que pasa se se poden fusionar ou non se poden fusionar?, ¿que pasa se cada unha segue independente?, ¿que pasa se seguen outros procesos como a SIP?, bueno pois son incógnitas, preguntas que loxicamente están no aire, por iso eu creo que ó ser unha decisión dun interese de calado importante para Galicia, pois evidentemente os partidos políticos nestes momentos, esta Institución pode trasladar, pois pode trasladar cales son as súas inquedanzas, para nós a inquedanza primeira é saber cál é a solvencia destas caixas, segundo loxicamente é defender a galeguidade da decisión que se tome, en iso creo que estamos todos de acordo, pero a decisión ten que ser unha e non pode ser unha tomada en Vigo, outra tomada en Pontevedra, outra tomada en Coruña e outra tomada en Ferrol, terá que ser unha, unha para o mellor de todos e para o mellor de toda Galicia e de todas as comarcas, terá que ser unha, supoño, claro, o que non se pode facer dende o partido socialista é un discurso en cada un dos sitios, porque iso é imposible, é imposible que os socialistas de Vigo tomen unha decisión, que os socialistas de Pontevedra tomen unha totalmente distinta, que os socialistas de Santiago tomen outra totalmente distinta e que os socialistas de Ferrol tomen outra totalmente distinta, en esa trampa nós non imos a caer, nós non imos a caer, e sobre todo cando nos medios de comunicación aparece moi claro cal é o acordo dos tres grupos políticos, eu creo que está perfectamente claro que os tres partidos políticos están de acordo en ter máis información, en intentar ser prudentes e iso é o que se traslada, bueno, pois eu creo que iso é o fondo do tema, o fondo do tema, poder tomar unha decisión coherente, volvo a repetir, nós temos plena confianza, plena confianza no Presidente da Xunta de Galicia neste tema, plena confianza non porque sexa o presidente do noso partido, senón plena confianza polos feitos que está levando a cabo, que ó final loxicamente é o que nos ten que preocupar, e volvo a repetirlle, é dicir, está tomando este asunto con rigor, con prudencia, realizando e buscando todo tipo de información con todos os axentes sociais, económicos e empresarias, e loxicamente tamén aquí terá que haber un pronunciamento do Banco de España, o Banco de España a nós nos sorprende que nalgúns comentarios se podan facer afirmacións como que o Sr. Blanco está influíndo nesta decisión, non o facemos nós, o fan os articulistas, o fan os medios de comunicación, a ver se imos a caer na trampa de que alguén este influenciando isto politicamente, para enfrontarnos a todos, iso sería moi grave, iso sería a peor decisión, o peor que poderíamos facer calquera, ou que o faga Galicia, cando falo de Galicia falo de todos, Galicia é Vigo, Galicia é Pontevedra, Galicia é Coruña, norte ou sur, as catro provincias, pero aquí parece que alguén con tal de defender os seus intereses partidistas e localistas está disposto a enfrontarse ós intereses xerais de Galicia, pois alá cada un como o faga, nós dende logo como partido non o imos a facer, nós dende logo como o noso partido estamos dando unha mostra de unidade, de unidade de criterio, seguindo estas premisas que lle acabo de dicir, queremos información, queremos documentación, queremos argumentos nos que se poida tomar unha decisión, vostede non debe de ter moi controlado ós seus membros, porque no consello de administración de onte nunha caixa se dixo claramente que se estaba en contra da postura que vostede está defendendo agora, se ten algún membro alí, supoño que non o terá moi controlado, digo eu que onte houbo un conselleiro dunha caixa que votou por unanimidade, vén nos medios de comunicación, unha decisión, se vostede ten tan controlados ós seus membros non coincide esa decisión co que vostede está plantexando, polo tanto non os debe de ter moi ben controlados Sr. Mosquera, non faga discurso tampouco demagóxicos, digo eu, eu analizo o que está pasando, porque nós, volvo a repetirlle, non temos ningún documento, ningún documento de ningunha das caixas, nin do Banco de España que nos diga cál é a situación real e o que está pasando realmente, e cál é a proposta de cada un deles por iso, bueno creo que nos queda unha situación de confianza na Xunta de Galicia, total e absoluta, polo recorrido que está facendo, polo que está demostrando, e sobre todo pola prudencia e o respecto institucional que está mantendo, é o único que está recollendo toda a información, porque terá que posicionarse evidentemente, e el vai a posicionarse e o está dicindo publicamente que se posicionará, pero evidentemente supoño que non terá que posicionarse el antes sen ter a información, sería unha actitude irresponsable, e iso creo que a partir de aí hai unhas liñas a seguir, unhas liñas que todos estamos marcando, intentar preservar a solvencia das caixas, a galeguidade das caixas e loxicamente que as caixas estratexicamente conformen loxicamente un posicionamento de país claro, e defender os intereses de todos os galegos, pero evidentemente se as caixas non dan a información que corresponde, se as caixas están tendo unha estratexia individual de cada unha delas sen pensar na colectividade, evidentemente, si que se poden tomar decisións erróneas, e creo que iso é o escenario que está pasando, eu se recollo as hemerotecas, hai entidades, e non vou a dicir de que tipo, que fai tres días dicían unha cousa, depende con quen se reuniran, hoxe pola mañá din outra totalmente distinta, totalmente distinta se están noutra reunión, home eu creo que debemos de ser un pouco todos máis responsables e coherentes, e que supoño que neste tema ninguén quere xogar a localismo barato e demagóxico, cortoplacista, eu creo que de manual de perdedor ou de manual de perdedores, o manual de localismo é o manual de perdedores, de mirar a corto prazo e seguramente nin a medio nin a longo prazo, iso creo que é o que están facendo algúns, a nós dende logo non nos van a cambiar da nosa folla de ruta, llo dicimos con total e absoluta tranquilidade e con total e absoluta claridade, non nos van a mover, creo que a nosa postura do noso partido e do noso grupo vai a ser a mesma aquí, estoullo por asegurar, a mesma aquí que en calquera rincón, calquera curruncho de Galicia, porque temos un Partido, unha organización política que loxicamente pensamos que hai un interese, e o interese primeiro é o interese xeral de Galicia, porque é o que nos conforma a todos, porque vostede o acaba de dicir, pode darse a circunstancia que ó mellor con eses intereses localistas, partidistas, pois igual ó mellor, a corto prazo non teñamos ningunha caixa en Galicia, iso si que sería un erro grave non ter ningunha caixa en Galicia, e esa posibilidade existe, como tamén existe que teñamos unha moi forte, como tamén existe que as dúas poidan ser fortes, bueno esas son as dúbidas, son as cuestións que están loxicamente no aire, e nós por iso, Sr. Mosquera, nós imos a defender o acordo, que os tres grupos políticos sen cambiar nin unha soa coma, porque nos vale, se defendeu no Parlamento de Galicia, nos parece que é unha postura coherente, responsable, seria e á espera, evidentemente que o Presidente da Xunta nos traslade cal é a información que lle dan a el e que el ten despois de escoitar a todos os axentes sociais, económicos, empresarias e ás propias caixas, eu creo que esa é a postura nosa, nós non vamos, mira que neste tema estamos intentando ser moi suaves, é dicir, estamos intentando neste debate non buscar crispación nin buscar ningún tipo de confrontación política, porque creo que todos os grupos políticos, sobre todos os tres grupos maioritarios que temos representación en toda Galicia, temos que sumar e temos que intentar entre todos buscar un acordo que sirva para defender os intereses xerais de toda Galicia, o que non pode ser que o de Tui queira defender os seus intereses única e exclusivamente, que o de Baiona defenda os seus, que o de Cotobade intente defender os seus e que calquera outro concello da provincia defenda os seus, é dicir, evidentemente que todos temos que defender os nosos intereses, pero temos que defender un interese xeral porque aquí estamos falando dunha estrutura financeira, pero a estrutura financeira non pode ser localista, esa é a situación, a situación do mundo e a estrutura financeira nos fala moi claro de globalidades e nos fala doutros aspectos e nunca dos localistas, se algún quere, por arañar un puñado de votos, facer un discurso demagóxico, tamén hai unha cuestión, ¡eh!, o futuro porá a cada un no seu sitio. E mire, Sr. Mosquera, eu llo digo con total tranquilidade, é dicir, hai cousas que ás veces non son asumibles, vostedes teñen dúas mocións presentadas, unha aquí e outra en Vigo, non, non son iguais, nunha recortan un parágrafo, é dicir, só van ata a metade do parágrafo, van ata a metade porque en Vigo non lle interesa a segunda parte, eu creo que para que todos sexamos, se é así, mira lla leo porque as teño as dúas diante, mire, vostede presenta unha moción e na de Pontevedra di: “Instar á Xunta de Galicia a asegurar, en uso das súas competencias, que o centro de decisión das Caixas de Aforros Galegas se manteñan en todo caso en Galiza, e que no caso de seren necesarios procesos de fusión ou SIP, estes se fagan entre as Caixas Galegas”, e a de Vigo recórtana pola metade e quédanse só en Galicia, di: “Instar á Xunta de Galicia a asegurar en uso das súas competencias que o centro de decisión das caixas de aforros galegas se manteñan en todo caso en Galiza”, iso é perfectamente premeditado, aquí estamos xente, que o lean, claro en Vigo non lle interesa parar aí, entón en Vigo van máis alá e di “no caso de seren necesarios procesos de fusión ou SIP, estes se fagan entre as Caixas Galegas”, vale é unha anécdota, o tomo como unha anécdota, pero eu creo, sinceramente, que temos que intentar sumar, sumar, e me esquezo deste comentario, o importante é que hoxe aquí tivésemos un acordo, eu creo que o acordo, pode valernos o que adoptamos os tres grupos en Santiago, similar, porque ó final está falando, eu teño aquí o acordo do Parlamento, que llo pedín, que aínda non está, está na acta do Parlamento, eu creo que o acordo nos valería a todos, voullo a ler a ver se lle vale, di: “O Parlamento de Galicia (neste caso a Deputación) insta á Xunta de Galicia a defender que os centros de decisión das Caixas de Aforro Galegas se manteñan en Galicia”, punto 1; e punto 2: “O Parlamento acorda manifestar a necesidade de elaborar unha nova Lei de Caixas de Aforros de Galicia”, se vostede quere que, a terceira, que se lle traslade a todos os conselleiros de cada unha das caixas este acordo, nos vale, é a maiores, pero eu creo que con este acordo a nós nos valería para poder apoiar por consenso esta proposta. Sr. Presidente.- Moitas gracias por esa claridade Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Como ven vai a peor isto, a peor a miña voz home, imos a ver, eu empezo con varias aclaracións, mire, a moción que se mandou dende Santiago a todos os concellos e presentada en Vigo, polo tanto non temos posturas distintas en ningún lado, este portavoz ten o santo vicio, manía ou virtude, de que case sempre, non me verían presentar nunca unha moción tipo tal é como vén, senón que sempre pretendo mellorala, aclarala ou o que sexa, e por exemplo, hai un punto cuarto que vostede non o di, que se incorpora aquí, porque quen redactou esta moción en Santiago, pois se lle escapa se unha institución ten representantes ou non, e como esta ten pois se engade tamén, co cal é oportuno, ¿non?, como en Vigo debería levar, posiblemente non lle puxeron, que se lle trasladara ós representantes, dígoo como aclaración, e non lle busque catro pés ó gato, ou cinco, ou seis, que ten os que ten e nada máis. ´ Máis cousiñas a aclarar, o que se acaba de afirmar aquí por parte do Sr. Figueroa, que o terrible é que é certo, é que tendo a comunidade autónoma competencias exclusivas na regulación das caixas careza de información, careza de información, bueno, non, non, si que pode ser certo, é terrible, terrible, todo, si, pero digo que a Comunidade Autónoma, o goberno, a Consellería de Economía, tiñan que ter todos eses datos, como corresponda, ben correspondidos, por arriba ou por abaixo, ou senón entrar coa macheta e dicirlle, bueno, me oculta vostede datos, vaia, pero, é verdade, é verdade, é verdade, pero é terrible, é unha constatación do que se dixo antes, do que dixen antes, de que están convertidos nuns chiringos, patio traseiros de non se sabe quen, que fai o que lle dá a real gana. Podo dicirlle máis, podo dicirlle máis, datos hai, e os datos que hai é que tanto unha coma outra, sobre todo unha, os problemas financeiros que ten é por andar especulando en terreos alá, pois se cadra no levante ou no entorno de Madrid, exactamente a estrutura que teñen en Galiza non é a que está creando problemas en ningunha das dúas, a ningunha das dúas, e lle podo dicir máis, e lle podo dicir máis, dígoo porque senón hai información, o Presidente Núñez Feijoo o que lle propuxo o outro día ós dous é unha proposta clariña, fusión, foi unha proposta clariña, que a estudaran, que a estudaran. ¿Por que digo isto?, digo isto porque onte no Consello de Administración de Caixanova non se tratou este asunto, trasladou, trasladou, se quere descríbollo, trasladou a proposta que fixera o Presidente, que lle fixera, e non se decidiu nada. Houbo unha rolda, dígoo para que se vexa como funcionan estas cousas, houbo unha rolda na que alí os representantes, que representan ás institucións públicas electas, fixeron unhas loas encendidas do seu xefe, o seu xefe é Gayoso, e resulta que parece que non é xefe só aquí dentro, porque estando eu diante ó representante José Luis Veiga chamárono dos medios e dixo “é que houbo unanimidade”, non houbo unanimidade, eu non estiven de acordo, pois foi igual, foi igual, fixo unha rolda de prensa aquí, o luns, en Pontevedra, dicindo cal era a súa postura, e onte no Consello de Administración dixen, non houbo unanimidade porque eu non estiven de acordo, a ver como o teño que dicir, é igual, unanimidade, é igual, é igual, creamos un monstruo, creamos un monstruo, e estaba eu diante cando lle contestou ós medios de comunicación dicíndolle, non houbo unanimidade, a ver como che quero dicir, pero aínda que non se votara para opinión, non houbo unanimidade, a ver como cho teño que dicir, é igual, houbo unanimidade. Chamárono dunha axencia de noticias e chamárono dun medio en concreto. Entón, non, é que houbo unanimidade, ou sexa, hai que dar imaxe de que todos están aplaudindo coas orellas ó señor este que manda na caixa do sur e igual na do norte, e logran facelo, vale, ou sexa, é un poder que está pasando, insisto por riba dos representantes cando non teñen ese poder para nada. Ben, xa dixen antes que igual é a última oportunidade de parar os pés a unhas estruturas, que polo que se ve, preocúpalle bastante máis manter a súa estrutura ou a parte que poidan, vamos, ou a parte que poidan dela, que o país, como se ve, é demais. Eu de todas maneiras alégrome profundamente de que parece, pola intervención do Portavoz do Partido Popular, que á parte de meter elementos que todos sabemos que están aí pero que non creo que veñan moi a conto, pois, que neste debate, que é recortarlle a capacidade financeira ás autonomías, neste caso deslocalizar as comunidades, bueno, as Caixas de Aforro Galegas, ou defender os intereses de Galicia, optan por iso, e creo que estaría demais, pero vostede o provoca Sr. Figueroa, porque sempre o provoca, pero recordarlle as intervencións de Montoro, de Aznar, ou sexa, aquí todo o mundo corta fabas, quere dicir, en Madrid hai un deseño bastante similar entre os dous partidos, que este, que repito, non hai noutros estados, en Alemania non o hai, por exemplo, pero bueno, non o hai noutros estados. Bueno, colla as declaracións de Montoro dicíndolle que os seus gobernos autonómicos non están colaborando en que haxa fusións entre distintas autonomías, ou sexa, que se deslocalicen e perdan a base territorial, o outro día, digo que Aznar igual, etc. Ou sexa, vamos a deixar, eu alégrome, nos alegramos profundamente, de que vostedes aquí en Galicia collan esta vía, agardo que sexan coherentes e consistentes ata o final. Con respecto á redacción non hai ningún problema aceptamos o acordo do Parlamento e con esa engádega de trasladarllo, trasladarllo formalmente está ben, pero despois tamén hai teléfonos e hai entrevistas, digo eu que vostedes tamén terán memoria e haberá outra vez que elixir representantes. Miren, se hai caixas, por exemplo, se hai a Lei de caixas en tres meses, supoñamos que sexa aprobada, ou en dous, se cadra estamos falando dentro de catro meses de elixir outra vez representantes. Non fai falta dicir máis, non fai falta dicir máis, digo eu, claro co compromiso tamén que supón para vostedes. Agardo que o asunto estea suficientemente entendido, obviamente o fondo está claro, se se quere quitar isto de que en caso de ser necesarios, creo que é suficientemente ambiguo, pero bueno, en todo caso creo que quedou claro no debate e pois, bueno, alégrome que salga por unanimidade e agardo que teña, agardo que teña consecuencias. Pero nestes momentos temos, as institucións locais, máis capacidade para incidir neses, nestas decisións, seguramente que, por desgraza, porque non se exerceu, se cadra que e a propia Xunta, porque só ten capacidade de veto, evidentemente as institucións locais, é como dicir se nos poñemos todos xuntos, claro, iso vai ser complicado, pero bueno, temos a nosa, temos a nosa incidencia e se vamos por aí todos ou a maioría obviamente pensarano, obviamente irá na dirección que se diga. E a min paréceme maravilloso todas estas contas, Sr. Figueroa, paréceme maravilloso todas estas contas. Pero mire, ¿había información cando se fundiron a caixa de Santiago coa da Coruña ou a de Lugo?, ou o que sexa, ¿había información?, ¿pero cando?, ¿cando?, ¿cando?, un banqueiro que se montou o seu chiringo alí sen ser banqueiro, soamente ser un xestor, vai dicir que vai mal ou ben, sempre, ou controlas ou sempre vai ser maravilloso, Mario Conde era o maior banqueiro do mundo ata que se descubriu un burato de aquí a pasado mañá, iso é o que non pode pasar cunha caixa de aforros, cun banco non debe pasar, non debe, e haberá que facer unha normativa, cunha caixa é que non pode baixo ningún concepto, non pode baixo ningún concepto, é o que está a pasar por desgraza. Entón esas contas pois son as, poden ser as do gran capitán ou as que sexan, rumores, todo mundo larga o que sexa, ata hai que escoitar a versión de que, ¿como era a última?, que Caixavigo, Caixagalicia, que tampouco ten ningunha ansia de fusionarse en Galicia, prefire fóra, as dúas, as dúas, entón como ten problemas financeiros entón quere que Caixanova lle pague o burato ou non sei que. Bueno, cada un fai a súa versión, pero estas son historias para non dormir e o problema de fondo, que parece que estamos todos de acordo, é, facer toda a presión e dar as instrucións para que as caixas segan sendo Caixas Galegas e con centros de decisión en Galicia. Estamos todos de acordo, creo que é o fundamental e agardemos que teñamos éxito no intento. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, tan malas poden ser as posicións de localismos nestes temas como pode ser a falta de valentía para dicir cal é a posición de cada un, pero claro, sexamos serios, escudarse nunha falta de información para adoptar unha postura, home, é un pouco incrible, é dicir, falta de información pode ter o Grupo Popular na Deputación ou o Grupo Socialista na Deputación, ou no concello de Vigo, ou no concello de Redondela, ou non sei onde. Home, eu estes días o que estaba vendo na prensa todos os días é que se propugna unha reunión na que asisten técnicos da Xunta cos seus estudos, non me fale de falta de información, non me fale de falta de información, podemos tela nós, pero se supón, se supón que o Presidente da Xunta a estas alturas da película non está en falta de información, está, me pode dicir que en prudencia, no que queira, no que queira, e na prudencia que ademais aconsella o exercicio do seu cargo, e me parece ben, pero non me fale de falta de información, porque ese non é o tema. Claro, dicir, a ver, que estamos no final do partido, é dicir, o partido xógase definitivamente, o último minuto é o martes, a venres non podes estar falando de falta de información para nada, para nada en absoluto, da nosa pode ser, pero de todos os xeitos e por abundar máis nos temas, é dicir, porque aquí parece que o Sr. Figueroa, eu entendía que tratábamos de propugnar todos un acordo, e pola nosa banda por aí vai o tema, home, a ver Sr. Figueroa, sexamos serios e claros, é dicir, na última proposta que se fixo para a asemblea da Caixa o Grupo Provincial Socialista negouse rotundamente a unhas presións determinadas para que propuxeramos unha persoa, e eu, eu asusteime o día que aquí no Pleno esa persoa propúxoa o Grupo Popular, a mesma persoa que nós nos negamos, é curioso, é curioso, estou falando do que falábamos nas tres intervencións anteriores, é que aquí houbo sempre, sempre, capacidade de presión, e algúns aceptaron e outro non, por parte non precisamente de quen debería facela. Polo tanto, eu volvo ó mesmo, é dicir, mire a min o que diga a agrupación de non sei onde, o alcalde de non sei onde, me parece respectable, serio e o que vostede queira, pero a realidade é, a posición do Partido Socialista en Galicia é a que lle dixen eu na primeira intervención, non hai outra, e é esa, propugnar unha alianza entre as dúas caixas, entre as dúas Caixas de Galicia, co cal o resultado final é que poden participar no fondo, co cal mellora a súa solvencia, que os centros de decisión seguen estando en Galicia e que seguen conservando a súa marca e a súa territorialidade, as dúas, ese é o tema, esa é a posición do Partido Socialista. Volvo a repetir, o que diga o alcalde dunha cidade é moi importante pero é o que di el, e que probablemente ó mellor eu no seu sitio, en defensa dos intereses da cidade diría o mesmo, probablemente, pero é a posición del, a posición do Partido Socialista é a que lle acabo de explicar eu agora mesmo. E para rematar con este tema, se o poñente acepta que o acordo sexa o do Parlamento Galego por parte do Grupo Socialista non hai ningún problema, en absoluto. Votariámolo a favor tamén. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Moi breve tamén para rematar. Mire, Sr. González, eu que quere que lle diga, se vostedes teñen unha postura do partido e resulta que os alcaldes teñen outra distinta, será un problema seu interno, pero é un problema da cidadanía tamén, porque ó final se están trasladando dúas mensaxes totalmente distintas, ten que entendelo, é dicir, vostede como responsable e neste caso Portavoz nesta casa, e agora defendendo a postura que está defendendo, home, eu supoño que non lle gustará que ningún alcalde defenda unha postura distinta á que defende vostede. Eu dende logo se fora portavoz ou responsable ou o que sexa dunha institución, e resulta que eu digo unha cousa aquí e os meus compañeiros están dicindo outra fóra, a min non me gustaría, eu supoño que ó Presidente da Deputación non lle gustaría que eu fixera un discurso totalmente distinto ó que fai el, é dicir, é absurdo, e iso é o que está confundindo á opinión pública, eu creo que iso foi o que eu intentei explicar na miña primeira intervención, non se pode facer con este tema, xogar con discursos localistas, estamos xogando coa estrutura financeira e co futuro financeiro de Galicia, e por tanto cando estamos xogando con iso pois todos podemos facer discursos localistas, a min me gusta máis non sei que, a min me gusta máis non sei canto, e a min, e sobre todo o que digo eu, sen información, a información a teñen os que a teñen, evidentemente que o Presidente da Xunta ten a información, claro que a ten, e o Banco de España tamén a ten, e supoño que a Consellería de Economía e Facenda tamén a ten, e por iso, como teñen a información pois nós nos fiamos do Presidente da Xunta de Galicia, que quere que lle diga, eu me fío e os nosos compañeiros aquí, e a nosa estrutura do partido, ten confianza plena na decisión que tome o Presidente da Xunta de Galicia. ¿Por que?, ¿cal é a diferenza?. Nós non temos esa información que ten el, supoño que cando el tome unha decisión, explicará ós galegos e ás galegas cal é o posicionamento da Xunta de Galicia, non a decisión porque é un posicionamento só, nos dirá por que, nos dirá por que pensa a, por que pensa b e por que pensa c, pero para chegar a esa conclusión e para chegar a esa manifestación de tanto calado, do calado que ten, porque claro, isto non é facer unha ponte ou facer unha autovía, non, isto é tomar unha decisión para o futuro de Galicia para moitos anos. E o problema é que non vaia a ser que algúns que están tomando outra decisión distinta, outro posicionamento distinto se equivoquen, claro, porque se se equivocan e despois non ten retorno a decisión pois ó mellor os prexudicados somos todos os galegos, e ese é o problema, o que dicía o Sr. Mosquera, que eu coincido plenamente con el, ¿cal é a mellor decisión?, bueno, pois, o que tome ese posicionamento ten que ter toda a información enriba da mesa, toda, toda, e nós aquí nesta casa dende logo, e supoño, polo que acabo de escoitar a vostedes non a temos, temos comentarios, como di o Sr. Mosquera, que un está mellor, que outro está peor, que o outro o 5 de xaneiro ten que tomar unha decisión, que outro ten que tomala o 4, que o outro está forzando, que o outro está forzando. Bueno, eses comentarios, a través dos medios de comunicación, algún máis profundo que podes ter cun compañeiro que está nun consello de administración, ou que tes máis influencia cun Director Xeral e che conta algo, pero iso é, pero eu o que digo é o posicionamento, é a figura, e o que está representando nestes momentos o Presidente da Xunta de Galicia, lles guste ou non lles guste a vostedes, o Presidente da Xunta de Galicia está demostrando un nivel político neste asunto dunha transcendencia que seguramente nin vostedes o pensaban, porque o está demostrando e escoitou a todo o mundo, deixou falar a todo o mundo e agora está escoitando, buscou a información, ten a información, que a ten, e ademais ten incluso a lealdade institucional para que esta información non a traslade a nadie. Nós como partido non a temos, mire o que lle digo, nós como partido non a temos, e iso demostra a altura de miras do Presidente da Xunta de Galicia, é así, porque podía trasladar esa información para intentar por en posición a cada un dos grupos ou á nosa estrutura, e non o está facendo, está recollendo toda a información, tanto do Banco de España, das dúas Caixas, dos axentes sociais, dos axentes empresariais, bueno, pois iso é como ten que ser, e supoño, supoño non, el o está dicindo, que nuns días con toda a información que el ten, con todos os informes técnicos e con toda a valoración que el poida facer, política e estratéxica de Galicia de cara ó futuro, pois nos dirá ós galegos e as galegas isto é o que eu penso por isto, por isto, e por isto. Nos está dando unhas claves, que quere unha caixa, ou as caixas que teñan solvencia, nos está defendendo a galeguidade das caixas, e está defendendo unha estrutura financeira pensando en Galicia, bueno, pois irreprochable, irreprochable non, felicitar polo comportamento e a actitude e a lealdade e o posicionamento institucional que está tendo o Presidente da Xunta de Galicia, e nós non podemos dicir outra cousa. Evidentemente que volvo a repetilo, que nós non temos esa información, el a ten, evidentemente, pero a está manexando el, para el e para as persoas, e as persoas que teñen que facer os informes e teñen que asesorarlle nos seus posicionamentos, e supoño que o Banco de España estará facendo algo similar, supoño, nós non temos a información tampouco do Banco de España, que seguramente é unha das claves. Claro a nós nos falan, nos din, oímos, escoitamos, un comenta, o outro di, como di o Sr. Mosquera, bueno, pero son comentarios, rumores, bueno, o importante é que hai que tomar unha decisión e esa decisión, bueno, pois se está analizando e a están analizando, e creo que ademais a está facendo con transparencia, que é un dos temas máis importantes, pero neste recorrido hai algúns personaxes que están poñendo a pedra, por que, por un puñado de votos, por un posicionamento, pois se están equivocando, se lles vai a volver contra eles, como sempre, se lle vai a volver contra eles, porque non se pode facer discursos localistas nun tema de tanta envergadura, iso é o que dicimos nós. E polo tanto, o que fixemos xa no pasado, Sr. Mosquera e Sr. González, bueno, pois miren, seguramente hai erros de todas as partes, de todas, de todos os que estamos aquí e doutros, pero o que temos que intentar é que eses erros non se volvan a cometer no futuro e nós dende logo o deixamos con absoluta claridade, é dicir, creo que a prudencia que estamos demostrando, o rigor no que estamos levando a cabo este tema, vostede non escoitará a ningún compañeiro noso, de calquera curruncho, eu se collo unha declaración de calquera curruncho, de calquera esquina de Galicia, que diga todo o contrario do que lle estou dicindo eu aquí, vostede me acaba de dicir que vostede non é capaz de controlar o que din os seus compañeiros, bueno, pois será a estratexia de vostedes ou será pois que hai compañeiros máis de fiar e outros menos de fiar, é dicir, ¿que quere que lle diga?, eu o que si lle podo dicir é o que pensamos nós e eu me agrada tremendamente que como organización política á que pertenzo, que ningún compañeiro diga o contrario do que cremos que é o mellor para Galicia, e iso é o que estamos facendo. Polo tanto nós vamos a apoiar esta proposta e esperemos que os que se teñan que posicionar e teñan que tomar decisións que acerten. E Sr. Mosquera, vostede acaba de facer unha reflexión dun contido político e mediático de calado, que vostede diga que un consejero de Caixanova faga unha rolda de prensa e que os medios de comunicación non lle recollan absolutamente nada do seu posicionamento, é como dicir vostede ¡puff!, é dun calado de coidado, ¿que quere dicir?, que ou hai influencia e medios ou senón, ou hai influencia e poder, ou senón non se sae nin en breves. Mire, o que acaba de dicir vostede, é que rompe as estruturas todas do sistema de funcionamento democrático, vostede, o acaba de dicir vostede, non o digo eu, vostede acaba de dicir que un tal Sr. Veiga, que non o coñezo, que fixo unha rolda de prensa e que llo trasladou a uns medios de comunicación, e que vostede estaba presente, dicindo que non lle recolleran que estaba en contra da proposta que se fixo en Caixanova. Home, eu foi o que entendín, senón é así, pero é dun calado profundo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vamos a ver, o luns dou unha rolda de prensa este señor, que saíu o seu posicionamento, mellor ou peor. Onte houbo Consello de Administración, xoves, e onte á tardiña chamárono dunha axencia e dalgún medio dicindo unanimidade e diante miña dixo “non, eu non estiven na rolda de prensa”, dixo, non houbo unanimidade, bueno, pois hoxe sae unanimidade, unanimidade, unanimidade, vale, iso é o que quixen dicir e que foi así, polo tanto aclarar. Vamos a ver, Sr. Figueroa, ten unha capacidade de líala absolutamente fantástica, todos sabemos, aquí todo se sabe, entón fixeron unha especie de convención, orde de que ninguén se posicionara, e o único que hai que recoñecerlle aí, non é que teñan posicionamentos diferentes, que os teñen, senón que son disciplinados, punto, recoñecemento e nada máis, non hai nada máis, non o poña con responsabilidade, recibiron, e ben recibida é o que hai que recoñecer que o están levando, cumprindo a … ¿vale?, como nós tivemos as nosas convencións sobre este asunto e resulta que o posicionamento do BNG foi bastante anterior ó do Presidente da Xunta e demais, ou sexa que, en todo caso, déalle, se é que lle bota tantas flores ó Presidente da Xunta, déalle algunha tamén a quen plantexou antes as cuestións nestes termos, dígoo por unha cuestión de xustiza. Agora, o que non acabo de entender, vostede está levando ata o parosismo esa orde de que o que reciba, votamos no Parlamento …, eu non acabo de entender por que o martes, o Sr. Núñez Feijoo lle propuxo abertamente cos datos na man, ás dúas caixas que a súa opción era a fusión, porque … se topan con problemas con este cacho da moción, pero bueno, aceptámosllo, non hai ningún problema, porque é público e non pasa nada, é dicir, preferimos a unanimidade, non acabamos de entendelo, o Sr. Presidente propuxo clara e abertamente ás dúas caixas, que a súa opción o mellor era a fusión, cos datos que había enriba da mesa, incluso con cifras de necesidades, de postos de traballo, de viabilidades, etc., non sei porque agora teñen problemas, pero, aceptámosllo, non temos maior problema para aceptarllo. Agora, é certo que o Sr. Núñez Feijoo, Rueda ou quen sexa, teñen, seguen, ben, firmes, ¡ar!, ¡bumba!, todos e demais, que non sei se é un mérito ou un demérito, é un feito, é un feito. O que parece que teñen descontrolados é a Montoro, Aznar e demais, que non chega aí, non chega a orde de, a orde de cuadrarse, non deben chegar aí, porque as ordes como sempre son de arriba a abaixo e non de abaixo á arriba, e ese é o problema, ese é o problema, agardemos, á parte de contas, descontas e recontracontas, agardemos que non esteamos, que non se estea a preparar unha saída en función do que se diga en Madrid, das ordes que veñen de arriba e non tal, agardemos, agardemos que iso sexa, que iso non sexa así. Eu, se vale, como somos propoñentes da moción pois pasamos a votar, senón pois seguimos, eu pediríao case polo meu estado físico, porque en cada momento estou, en fin, na próxima igual xa digo algunha inconveniencia, ata agora creo que non as dixen, pero é fácil que como siga igual remato dicindo, que tampouco pasaría nada, que tamén se escoitan bastantes, non pasaría nada. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Nós, por nós damos, pero bueno, o Sr. González quere, vale, non hai ningún problema. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Coa intervención do Sr. Figueroa, simplemente, Sr. Figueroa, dicir, efectivamente, pode haber posicións diferentes dunha cidade a outra dentro duns alcaldes, pero mire, a min, ¿que quere que lle diga?, durante meses, durante meses, eu escoitei posicións diferentes sobre Caixa Madrid, do Sr. Alcalde de Madrid que era o Sr. Gallardón ou é, da Sra. Esperanza Aguirre e do Sr. Rajoy, e ó final se fixo o que dixo o Sr. Rajoy. Sr. Figueroa Vila (Sr. Presidente).- Bueno, pois vamos a votar, si, a ver, o Secretario vai a ler o que vamos a votar. Sr. Secretario.- Quedaría de la forma siguiente: A Deputación insta á Xunta de Galicia a defender que os centros de decisión das Caixas de Aforro Galegas se manteñan en Galicia. Segundo: A Deputación acorda manifestar a necesidade de elaborar e aprobar unha nova Lei de Caixas de Aforro de Galicia. Terceiro: Trasladar este acordo ós Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galicia. E cuarto: Trasladar este acordo ós representantes dos órganos de dirección de Caixanova electos pola Deputación Provincial de Pontevedra para que actúen en función da súa representatividade. Sr. Presidente.- Bueno, procedemos polo tanto á votación tal e como foi aprobado, incluíndo a maiores o punto terceiro e cuarto da moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, neste caso polo seu Portavoz D. Cesáreo Mosquera. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar, con modificacións, a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego sobre as Caixas de Aforro Galegas. Dita Moción, coas modificacións introducidas polo Grupo Provincial do Partido Popular, é como segue: EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O estoupido da crise financeira está a provocar un amplo debate sobre o modelo de caixas de aforro en Galicia, ó que non poden ser alleas as entidades locais. Alén do seu carácter de entidades financeiras, as caixas –pola súa natureza fundacional- teñen unha vocación social e unha vinculación co territorio no que se asentan e constitúen o principal instrumento financiador da economía galega. As entidades locais galegas nomean unha parte significativa dos membros dos órganos de dirección das Caixas, en particular, no caso da Deputación de Pontevedra, correspóndelle sete membros para a Asemblea Xeral e un membro no Consello de Administración. A situación actual de recesión económica e de dificultades financeiras fai necesaria a intervención por parte dos poderes públicos galegos na adopción dunha estratexia por parte das caixas de aforro galegas de apoio decidido ós sectores produtivos galegos, ás empresas que producen e crean valor en Galicia e, en xeral, a contribuír ó impulso da economía produtiva do país. Cómpre, polo tanto, máis que nunca a coordinación da política crediticia e de investimentos das caixas de aforro galegas, orientándoas a fortalecer os lazos co tecido empresarial galego e apoiar o financiamento dos sectores económicos estratéxicos, así como a xeración de emprego. Por outra banda, a precipitación de acontecementos e novas sobre a reestruturación das entidades de crédito, logo da constitución do Fondo ordenado de Reestruturación Bancaria (FROB), obriga a ter unha posición común en defensa da galeguidade das caixas de aforro de Galicia, a salvagardar as competencias exclusivas que sobre as caixas de aforro se recoñecen no Estatuto de Autonomía, e a adoptar decisións sen demora que garantan a solvencia das caixas galegas e a recuperación do seu papel de canalización do aforro galego cara os sectores vitais da nosa economía produtiva. A consecución deses obxectivos obriga necesariamente a que as caixas de aforro galegas manteñan os seus centros de decisión en Galicia, máis tamén a abordar unha reforma legal pola que se reforce a función de protectorado e control público das caixas de aforro, dada a súa natureza e función social. Para conectalas coa estratexia económica máis acaída ós intereses económicos xerais do país, así como se mellore a transparencia no seu funcionamento, afondando unha maior democratización dos seus órganos directivos. En consecuencia, o Pleno por unanimidade adopta o seguinte ACORDO 1. A Deputación Provincial insta á Xunta de Galicia a defender que os centros de decisión das caixas de aforros galegas se manteñan en Galicia. 2. A Deputación Provincial acorda manifestar a necesidade de elaborar e aprobar unha nova lei de caixas de aforros de Galicia. 3. Trasladar este acordo ós grupos parlamentarios do Parlamento de Galicia. 4. Trasladar este acordo ós representantes nos órganos de dirección de Caixanova electos pola Deputación Provincial de Pontevedra para que actúen en función da súa representatividade. 9.5891.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 9, Comunicacións. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Los extractos de las Resoluciones Presidenciales, entre el 26 de octubre y el 23 de noviembre; y asímismo una Resolución Presidencial modificando otra previa del 2007 sobre “delagación de atribuciones en centros de urbanismos y áreas de servicio en dos Diputados. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 26 de outubro e 23 de novembro do ano 2009 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 2 de novembro de 2009, sobre delegación de atribucións en centros, organismos e áreas de servizo nos Deputados Sres. González Solla e Rodríguez Muíños. 10.5892.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- E agora rogos e preguntas. D. Gabriel Martínez Giráldez. A ver se vai. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días a todas e a todos. Eu Sr. Presidente quería facer un rogo, que Secretaría cumpra coa lei e poña no prazo de 5 días, como marca, a documentación solicitada a disposición dos Deputados. A lei é moi clara nese aspecto, e dá un prazo de 5 días, unha vez que solicito por escrito unha documentación, para poñela á miña disposición, e é responsabilidade de Secretaría poñer esa documentación. Polo tanto pido que se cumpra coa lei. Sr. Presidente.- Moi ben, ¿máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Si, teño tamén que facerlle algunha pregunta con respecto á documentación que fai máis dun ano que levo solicitada, en relación coas contratacións do persoal por parte da Deputación. A pregunta é, ¿se ten algo que ver que non se me dea acceso a ese expediente, nin a esa documentación, porque a Deputación vén contratando a fillos ou familiares do Partido Popular?. Outra segunda pregunta, ¿cando van a empezar as obras do famoso circuito de alta velocidade Mondariz-Pazos de Borbén?. E en relación co recoñecemento extraxudicial de obrigas, que se me explique, a relación de facturas que lle dou a referencia, 200900000737, onde aparece o Hotel Bahía de Vigo, hai un pagamento por importe de 9.630€ e Ramale Hostelería S.L, por importe de 4.560€. Nada máis, moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois en relación á primeira pregunta, non sei a que se refire en concreto, lle daremos a información, evidentemente, tan pronto, ademais a pedía en relación e iso que era abundante, e lla daremos con tempo para que a estude. En relación ó tema do circuíto, bueno non cre moito en iso, polo tanto non creo que lle preocupe moito cando vai a empezar, ogallá pudéramos empezar canto antes, porque vostedes entendían que Galicia non necesitaba dunha instalación deste tipo. En relación ó 3º tema, pois, pediremos esas facturas, e revisaremos de que son, e llo trasladaremos o antes posible. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Bos días señoras e señores deputados. Quería preguntar, xa que na intervención do Sr. Sotelo, con respecto ó campo, a emenda, perdón, a moción presentada polo Deputado D. Daniel Rodas, fala dun 56% de campos de fútbol feitos en concellos onde non goberna o PP, se refire ós que fixeron na lexislatura pasada onde gobernaba o PP, e agora tamén os parámetros onde cambiou de goberno, supoño, me refiro a Vigo, A Guarda, Tomiño, Nigrán, etc., porque senón non dan os números, eu quero saber se os datos saen exactamente deste contexto. E a segunda pregunta, con respecto precisamente ós campos de fútbol, e na intervención do Presidente, fai referencia, eu estou basicamente de acordo con vostede, o aparcamento, o retranqueo, as dimensións mínimas e a titularidade dos terreos, para poder acceder a convenios, ¿verdade?. Eu lle preguntei, no último Pleno, se había convenio firmado co concello de Oia para facer un campo de herba artificial, para dotar o campo actual de herba artificial, e non me quedou moi claro a resposta, supoño que ese convenio existe, e eu o que quería preguntarlle directamente ó Sr. Presidente e se teñen os terreos á disposición desta casa. Nada máis. Sr. Presidente.- Home, pois o averiguaremos, pero, senón están, me refiro a favor do concello, ten que haber un acordo entre o concello máis os titulares, que xa ten pasado, moitos dos que se construíron, hai un acordo de cesión ó concello por un mínimo de tempo posible, que é o tempo que asegura precisamente a colocación dese pavimento, e polo tanto, iso ademais se fixo, cambiouse a proposta, incluso do Partido Socialista, quero recordar aquí, porque non todos ían ser de titularidade municipal, e había algún caso onde tiña que haber un acordo de cesión entre os propietarios, refírese ou dígase comunidade de montes, ou x, e polo tanto, quero recordar que naquel entonces modificouse iso, e espero que neste sentido pois, que poida haber esa cesión tamén no caso ese en concreto, ¿non?. En relación a outros comentarios que me fai, se reúne as dimensións, en principio, a información que eu teño é que si, vamos, non lle podo dicir por papel porque non o sei, pero na visita que alí estivemos, en principio iso parece, claro, bueno, así o dixeron os técnicos. Eu non teño máis nada que dicir en relación a iso. Sr. Olmedo Granja.- Eu creo que efectivamente o campo de fútbol actual, onde se pretende dotar de herba artificial, e o mesmo lle preguntei xa no último Pleno, onde se pretendía construír o pavillón polideportivo, e eu estou de acordo con vostede en Oia, efectivamente, hai que facer un campo de herba artificial, pero tamén hai que facer un polideportivo porque non hai, somos dous concellos ou tres os que non o temos, entón eu lle suxiro, lle rogo que definitivamente, tecnicamente, digan se alí se pode facer un campo de fútbol nese campo, cumprindo a lei, e cumprindo coas dimensións mínimas do campo, e se desbota esta posibilidade porque tecnicamente non é posible facelo, pois que faga o pavillón, que si había dispoñibilidade dos propietarios en cederlle os terreos para un pavillón. Nada máis, gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Pois vamos a ver, nese sentido pediremos a información, eu a que me trasladaron os técnicos da casa é que si, por suposto senón hai máis, creo que é esixible, por iso falamos sempre nos mesmos termos, que ante unha inversión destas características, é necesario facer un planteamento de futuro, non nacer hipotecado. A maiores diso, senón non hai pavillón en Oia, neste caso non é porque non houbera vontade desta casa en facelo, porque presentamos un proxecto, e a nosa vontade era facelo, probablemente non se encontraron os terreos axeitados, as circunstancias urbanísticas mudaron bastante, e polo tanto eu espero que canto antes se poida facer, eu creo que é unha necesidade. Bueno, pero ó mellor entenderon que era máis oportuno neste momento facer este tipo de inversión, non sei, xa, pero é que todo, xa, pero é que todo ó mesmo tempo ás veces non se pode, hai que marcar prioridades, entón neste caso pois ó mellor era posible a construción do campo, e supoño que despois haberá un número importante de usuarios. Sr. Alonso, ¡ah! Pasámosllo a D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, grazas Sr. Presidente. Eu quería referirme a dúas cousiñas, no mes de decembro non sei se haberá Pleno ordinario ou non, vale, e os orzamentos non sei se virán antes ou despois. Bueno, a cuestión que quería plantexar, son dúas cuestións: A primeira, hai dous anos houbo un plantexamento de facer, ter unha serie de, sentarse a negociar unha serie de transferencias á Xunta, que despois en base a un profundo argumento, que se supón que, para o Sr. Presidente e para o grupo de goberno aquí, seria moi serio, pois non se avanzou nada, porque o Presidente da Xunta non o recibía, basicamente era o argumento central, creo que agora non é que o reciba, senón que na executiva se verán cada pouco tempo. Entón, digo, se se volve a retomar, máxime nestes momentos en que as administracións locais, esta Deputación en concreto, vai ter un recorte de ingresos moi forte. Se se pensa retomar algunhas parcial ou totalmente, algúns plantexamentos de traslado ou de convenio, ou en fin, na forma en que sexa, para, creo que sería máis fácil agora, creo que tiña todas as solucións, eu creo que para esta casa se era boa hai dous anos, agora non é que sexa boa, é que é moito máis necesaria, esa é a primeira cuestión. E a segunda, é que esta Deputación está afectada por unha sentenza que parece que non dá chegado aquí, eu busco a copia, o caso é que a sentenza di que si, polo tanto é unha sentenza firme, o que haxa que levantar os recheos do porto de Marín e a Ría de Pontevedra, aí a Deputación creo que ten que responsabilizarse do 20% ou do 30, algo dese tipo, ¿non?, non me acordo, creo que é o 25% ou o 30% a Xunta, e o 50 a Autoridade Portuaria. Bueno, tamén hai unha remisión dun escrito do concello de Pontevedra, un acordo plenario, digo se se fixo algún plantexamento, evidentemente a Deputación na situación que está pois é agardar a que lle chegue a sentenza esa, que hai que executala, que accións terá que facer para executala, pero se se fixo algún movemento, algún plantexamento, con respecto a esta cuestión, porque o único que vimos na prensa foi que se Barro-Meis podía ser o porto seco, que cun quilómetro de ferrocarril podía chegar, non sei se exactamente iso é así ou non é, ou se hai outro plantexamento que teña maior, bueno, máis elaboración que isto que acabo de dicir. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, en relación a dúas preguntas, bueno, é evidente que no caso de Príncipe Felipe a variación foi substancial, en relación en que practicamente non tíñamos convenio, se había mantido o anterior, e agora o incremento do convenio que temos en materia de menores para Príncipe Felipe, aumentou un 20 e tantos por cento para este ano, e coa previsión de que aumente outro tanto para o ano 2010, cuestión importante, que era algo que dende aquí levábamos defendendo, e estivera quen estivera na Xunta de Galicia, eu creo que era imprescindible que se nos aumentara o financiamento, xa que estabamos atendendo unha cuestión que era competencia da propia Xunta de Galicia. A maiores diso hai outros convenios que posibilitaron unhas melloras importantes neste centro, neste caso coa consellería de Traballo e Benestar Social, o cal fan, evidentemente, que as circunstancias non sexan as mesmas que eran naquel entón, ademais os datos están aí, a sinatura do convenio, e todo o demais, ou sexa que non son opinión senón datos que se poden contrastar. A maiores disto, en relación á sentencia do porto, bueno, eu teño que dicir, xa o dixen unha vez, volvo a dicilo agora, fose culpa de quen fose, pero claro, agora pedir, por parte do concello de Pontevedra que se nos trasladara, que a moción de Grupo municipal do PSOE e do BNG, estando a posta en marcha do porto seco, “a buenas horas mangas verdes”, como diría o filósofo, porque, durante moitos anos a creación de chan industrial nesta comarca foi 0m2, e haberá responsabilidade de todos, pero especialmente se os concellos non dan posibilidades pois a ver onde se instalan as empresas, e en definitiva, bueno pois, pasou algo que por lóxica e sentido común, probablemente, ó mellor non houbera pasado, porque se se analiza ben a situación é unha situación, é case unha situación, é unha situación, con todo o respecto para a xustiza, case irreversible, pero xa digo, agora, pois, facer un canto ó sol, de que se poña en marcha un porto seco. Home, a Deputación de Pontevedra fixo os seus deberes, polo menos puxo en marcha solo industrial, que está a venda neste momento, que xa se vendeu unha parte importante, e creo que nese sentido bueno, haberá que facer o posible, aplicar o sentido común, pero o que habería que ter feito antes era, tanto no caso de Marín e Pontevedra, pois, poñer dispoñibilidade de chan industrial para que o fixera quen fose, neste caso a Xunta de Galicia ou o que tocase, pero creo que nese sentido non se fixo durante os últimos anos nada, ¿non?. E con isto creo que quedaron máis ou menos respostas as dúas preguntas de D. Cesáreo Mosquera. Adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Padece de amnesia. Sr. Presidente.- ¡Eh!. Sr. Mosquera Lorenzo.- Que padece un pelín de amnesia, ¿non Sr. Presidente?. Sr. Presidente.- Non, de memoria ando fantástico. Sr. Mosquera Lorenzo.- Anda fantástico, ¿non?, porque a situación é diferente con respecto ós traspasos, que Príncipe Felipe igual nos custa 14 millóns de euros e subimos un convenio de, non sei canto, un 10 %, sube un 20%, sube non sei canto. Pero había Mouriscade, había toda unha serie de, hai máis, pero a situación é radicalmente diferente, parece ser, polo que acaba de dicir, porque lle deron … Sr. Presidente.- Pódolle dar datos … Sr. Mosquera Lorenzo.- Cen mil euros máis ou así … Sr. Presidente.- Non, non, pódolle dar datos … Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, de todas maneiras, que xa digo que padece de amnesia, a situación é radicalmente distinta, é radicalmente distinta, quen antes gobernaban na Xunta eran outros, porque polo demais, a situación dos dependentes da Deputación, que afecta ás competencias, están prestando servizos que non son directamente da Deputación, é a mesma, con cen mil euros máis arriba …, un millón, dá igual, é a mesma, polo tanto, non me veña dicir que é distinta, porque é exactamente a mesma. E con respecto ó porto, é que me parece xa a liña argumental, paréceme absolutamente brillante, porque que eu sepa, Salvaterra, por exemplo, creo que …, Salvaterra, as Neves, non sei se foi algún concello, foi o concello de Vigo, de Porriño, non sei que …, estamos falando de cousas que hai que afrontar dende onde hai que afrontalas, e como hai que afrontalas, estamos falando de terreos industriais, neste momento parece que sobran, Barro–Meis ten problemas para colocalo, e Reigosa ten problemas para colocalo. Vale, non, estamos falando doutra cousa, estamos falando dunha instalación vinculada ó porto, que o porto nunca tivo ningún interese en facer, e que agora seguramente fora necesaria, bueno, se vós estimades que non é necesaria, pois nada, alá cada un coa súa música, pero, creo que está un pouquiño fóra de lugar, é dicir, vostedes cando se ve un problema, digo na Deputación, nesta casa pódelle tocar a sentenza, o que si, cando se ven nun problema, entón de repente por culpa do concello …, ou sexa son verdadeiramente incertistas, claro, quero dicir, o porto que eu sepa é un proxecto que sobarda ós concellos, son instalacións de carácter xeral, que terá que ver, vótanlle a culpa ó concello, cando o concello fai, entón é que está pisando outras administracións. Mire as competencias están bastante, relativamente claras, non vamos a dicir bastante, porque ás veces hai dúbidas, pero están relativamente claras, suficientemente claras, como para saber o que ten que tal, de feito unha demostración foi o proxecto do porto, o tramitaron vostedes aquí, non o tramitou ningún concello. Sr. Presidente.- E votamos todos. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Que terá que ver?. Sr. Presidente.- Menos leria. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. D. Pauliño del Río …¡Ah, bueno!. É que aquí non me pon o tempo de petición que aparece …, vai iso, hai por aí algún encendido á parte deste. E senón a través do de, o de D. Cesáreo si pode ir. Nestes intres, por un fallo no equipo de gravación das sesións plenarias, está a falar o Sr. Alonso Pérez pero non se escoita o que di (tempo 02:34:00.11). Sr. Presidente.- Siga, siga. Segue a falar o Sr. Alonso Pérez e non se escoita. Sr. Presidente.- Bueno, eu non dixen que se fixera só cos concellos, porque se fixeron con, precisamente, se fixo unha variación para que naqueles terreos onde non son municipais, se fixo esa ampliación para os casos que non ían a ser municipais. Segue a falar o Sr. Alonso Pérez e non se escoita. Sr. Presidente.- Non, Sr. Alonso, xa. Segue a falar o Sr. Alonso Pérez e non se escoita (tempo 2:35:18.14). Sr. Presidente.- Sr. Alonso, vostede leva pouco tempo aquí, pero ten o afán de entender o que non dixen, e á parte sei que está nunha postura radical, eu lle pido que poña, que se poña nunha postura normal, e que entenda e escoite ben, eu lle acabo de dicir que non todos son de titularidade municipal, que foi o acordo que se estableceu aquí cando vostede non estaba, porque había terreos que non ían a ser municipais, iso é o que lle tratei eu de dicir, vostede xa foi máis alá e dixo, non, é que a ver se vostedes non van a establecer convenios co concello de Vigo, etc., etc., eu lle pido que se limite a escoitar e que entenda ben o que eu dixen, que era exactamente igual ó que dixen de comentario anteriormente. Como sabíamos que íamos a ter problemas nalgunhas instalacións que non eran municipais, abriuse esa posibilidade, pero vostede non entendeu, entón, vostede xa vai á radicalidade automática, é dicir, non, que se van a poñer en contra do concello de Vigo. Tranquilícese, vostede tranquilícese, as cousas irán ó seu ritmo, eu levo esperando moito tempo a que puideramos facer algunha actuación en Vigo, non puidemos facela, e non pasa nada, pero vostede tranquilo, xa lle digo, tranquilícese, que non, que cada cousa irá ó seu turno, de todas maneiras ten o Sr. Figueroa, que vostede falou con el persoalmente polo que me di, e algo máis, pois algunha aclaración que darlle ó respecto. É que non vai o cacharro. Non, non hai, xubilouse de todo. Interrómpese a gravación totalmente entre os tempos 02:36:47.10 e 02:38:42.14. Sr. Alonso Pérez.- … e segundo, dos campos da terceira fase, estes últimos, espero o escrito da Deputación para poñernos de acordo para asinar o convenio e resolver os problemas canto antes da titularidade dalgúns dos campos, iso é o que lle estou pedindo. Sr. Presidente.- Bueno, como esa encomenda a ten o Sr. Figueroa, vostede irá falando con el e aclararemos esa situación. O único que hai de importante é que a Deputación fixo en Vigo 10 campos, están sendo utilizados polos clubs, que iso é o realmente importante. O Sr. Pauliño creo que me pedira a palabra tamén. A ver se agora vai, veulle a temperatura xa o chisme. Sr. Del Río Iglesias.- Aquí está, é que ós radicais vostede non lles dá a palabra, xa se lle nota, ata na máquina se nota, vaia por Deus. Sr. Presidente.- Non sexa malo. Sr. Del Río Iglesias.- Debo de estar eu entón na sensibilidade tranquila ou suave. Vamos a ver, Sr. Presidente, gustaríame saber se no uso das facultades como Presidente, e tendo en conta que vostede tivo o 20%, ou sexa, reservou o 20% do importe do plan trienal da Deputación, de obras, o Sr. Sotelo dixo que a nivel estatal non valía para nada, pero a nivel de Deputación debe valer. ¿Fixo vostede algún, tomou algún acordo, algunha resolución ó respecto dese 20% de libre disposición, pola súa parte, ó respecto do Val Miñor?. A segunda pregunta, era se a Deputación a través de vostede ou dalgún órgano colexiado, tomou ou vai tomar a resolución ou o acordo para subvencionar un novo plan xeral de Gondomar. E en terceiro lugar, resístome a preguntarlle a ver se non se fai o mudo, como é habitual, cando se fala de Gondomar. ¿Cantos membros do Partido Popular hai no goberno municipal de Gondomar?. Moitas gracias Sr. Louzán. Sr. Presidente.- É que non, é que non me fai preguntas complicadas, no último creo que hai, menos os do Bloque, son todas do PP, di o Sr. Figueroa, non, non, di, fixo un comentario o Sr. Figueroa, pero creo que hai un membro alí destacado e ademais está aquí na, bueno, estaba, estaba. En relación ó plan xeral, home, pois non sei, non sei se está pedida algunha. ¿Cantos membros?. Eu díxenlle un destacado, que é destacado, porque habitualmente cando está aquí vese, pero agora non está. En relación ó plan xeral, pois non sei se pediron subvención ou se fará dentro das peticións que hai aquí nesta casa en relación a ese plan que se puxo en marcha, pero non o sei, revisaremos iso. E a primeira pregunta creo que era en relación, ¡ah!, do 20%, non, home, aínda, de momento estamos xestionando 493 proxectos e despois empezaremos en todo o caso con esa disposición do que temos alí, porque faltan dous anos ademais para poder esgotar esa partida orzamentaria que temos alí. Ou sexa, que así o faremos. Sr. Muradas Sr. Muradas Ramos.- Si, son tres preguntas referidas al mismo tema, la importancia que tiene, le rogaría que me las contestara por escrito. La primera es, ¿quién decidió no personarse en el recurso interpuesto ante el supremo, en contra de la aprobación del plan especial del puerto de Marín?. La segunda, ¿cuáles fueron las razones?. Y la tercera, ¿por qué no se trajo a este pleno la posibilidad de que el órgano colegiado que había aprobado el plan decidiese si se personaba o no en el recurso. Nada más. Sr. Presidente.- Bueno, pois revisaremos dalgunha maneira todo iso, ó mesmo tempo, iso é dun proceso que se iniciou no ano 2004, ou, perdón, 1994 ou por aí, pero bueno, bueno, ben, vale, vale, xa lla traerei. Bueno, non habendo máis preguntas hai unha pregunta aquí, ¡ah, perdón!. D. Juan Otero. Sr. Otero Besada.- Gracias Sr. Presidente. A miña pregunta refírese ás Posadas Xardíns do Salnés. Este, no seu día cando se acordou este proxecto, nos concellos recibiuse un escrito da Deputación onde se dicía se tiñan terreos para poñer a disposición, para entrar para poder facer as posadas estas. Onte vén na prensa que Ribadumia, a Deputación de Pontevedra fai un convenio coa Igrexa para facer unha Pousada en Ribadumia con cargo a este plan. No Grove, parece ser que se vai facer nas instalacións da Deputación, na Lanzada, onde por certo, segundo a prensa de hoxe ten moita oposición, non sei se hai acordo co concello ou non. Eu quería saber os outros dous concellos, Vilanova, eu non sei se é Meaño ou Meis, se puxeron en disposición os terreos, ou tamén hai algún tipo de acordo igual que se fixo con Ribadumia. Nada máis. Sr. Presidente.- Niso estamos traballando, é unha cuestión que non é nada, nada fácil, polo tema da dispoñibilidade de terreos, porque primeiro teñen que ser catalogados urbanisticamente para iso, e non son exentos de dificultades, polo tanto, xa digo que niso estamos traballando, falamos con aqueles concellos que polo menos mostraron dispoñibilidade de cesión de terreos, algún mostrou dous, tres, catro, que algún deles non é viable para ese tipo de instalacións, pero xa digo, estamos traballando niso, e cando teñamos máis información, lla trasladarei. Si, si algún puxo máis de un, deses que me fala, dos que están pendentes, puxo máis de un, agora están analizando os técnicos finalmente cal se vai a tal, a poñer en marcha. E finalmente, unha pregunta que temos aquí por escrito, neste caso D. Emilio González, Voceiro do Grupo Socialista, que nos pregunta cal foi o custe da viaxe e cales os seus resultados económicos ou políticos para Pontevedra, desta viaxe, estou lendo, estou lendo, espera home, tranquilo, pero espera, pero, oie, vostede non me vai dicir o que podo facer, eu teño un papeliño, pero xa lle dou agora a palabra, que pode reiterala vostede, home, tranquilo, cales foron os resultados económicos ou políticos para Pontevedra desta visita de 3 persoas da Deputación a Colombia e a Panamá. E agora xa lle dou a vostede a palabra, tranquilo, eu teño que, primeiro polo menos extractar cal é a pregunta, agora ten vostede a palabra. Adiante. Sr. González Iglesias.- Home, é que eu non tiña moi claro, se me deixaba para o final, e creo que era por iso, é dicir, no último Pleno vostede lucía un moreno … Sr. Presidente.- Importante. Sr. González Iglesias.- … lucido, lucido, e claro, debe ser que estaba esperando a que lle pasara de todo, por iso me deixa para o final, é dicir, a única pregunta que se fai por escrito me deixa para o final, e por riba xa non me quere nin deixala ler. Sr. Presidente.- Non, teño que aclararlle. Sr. González Iglesias.- Empezo, empezo. Sr. Presidente.- Non, non, teño que aclararlle unha cousa, que a presentou o 26, hoxe creo que ten que ser o 27 ou o 28, ou sexa, presentouna onte e aí está. Sr. González Iglesias.- Claro, mentres a presente un minuto antes do Pleno, ¿vale, non?. Sr. Presidente.- Non, non, non, por suposto. Sr. González Iglesias.- Pero digo, a presento por escrito e espero ata ó final das preguntas, do turno, home se supón que o que presenta por escrito é o primeiro, suponse, suponse, pero bueno dá igual, xa lle digo, supoño que era por iso. Sr. Presidente.- Vale, vale. Sr. González Iglesias.- Ben, leo, polas noticias dos medios de comunicación tivemos coñecemento que dende o pasado 17 ó 24 de outubro, o Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra máis a súa Vicepresidenta, realizaron unha visita a Colombia e a Panamá, cunha misión comercial da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sorprende desta visita que o propio Gabinete de Prensa da Deputación difundiu unha nota que di textualmente, que Louzán en representación dos empresarios pontevedreses, o cal significa que o Presidente non foi como máximo representante provincial, senón como un portavoz dos empresarios da provincia, pero ademais choca que neste contexto no que o Partido Popular vén falando de aforro e de gastos superfluos da administración, nos sorprende cunha viaxe a Colombia e a Panamá de tres persoas da institución provincial para acompañar, segundo parece, só a uns empresarios nunha misión comercial. Polo momento descoñécese algún outro resultado desta visita, añado Sr. Louzán que eu, mirando as noticias de prensa, resulta que nalgún acto vostede non aparecía como representante da Deputación, quero recordar que era un acto do día 19, ó mellor un erro de prensa. Pero bueno, de todos os xeitos a pregunta é, ¿cal foi o custe da viaxe, e cales son os resultados políticos para Pontevedra desta visita de tres persoas da Deputación a Colombia e Panamá?. E ademais disto un rogo que non figuraba no texto que estaba por escrito, e o rogo é o seguinte, é dicir, que cada viaxe que se faga como Presidente da Deputación ou calquera Deputado do grupo de goberno, dea conta no pleno seguinte dos resultados desa viaxe, que penso que sería o lóxico en calquera institución, nada máis gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra a Sra. Pedrosa. Sr. González Iglesias.- Mire se quere contéstame por escrito, me vale. Sr. Presidente.- Non, non, pero non temos nada que contestar, digo que ocultar, ou sexa que polo tanto ... Sra. Pedrosa Silva.- Vamos a ver, otra cosa no, pero transparencia en este sentido, muy mal Sr. González, porque si usted se enteró por los medios de comunicación cuando el Presidente y el Vicepresidente estábamos en Panamá y en Colombia con un grupo numeroso de empresarios de la provincia de Pontevedra, pues poco seguimiento hace usted de esta Diputación, porque mire, el 7 de abril, primero hubo una reunión previa, que no la encontré, porque la pregunta la mandó ayer por la tarde, una reunión previa por parte de los empresarios de Pontevedra donde solicitaban colaboración con la Diputación de Pontevedra para fomentar la internacionalización de las relaciones comerciales dado el momento grave que están viviendo las empresas de esta provincia como las de toda España. Pero el 7 de abril vino por primera vez el embajador de Panamá en España a esta Diputación, y ayer se hizo una nota de prensa y una rueda de prensa anunciando que la Diputación iba a organizar una misión con la Confederación de Empresarios de Pontevedra para fomentar estas relaciones en dos países, por cierto que no se puede, es que aparte están en máximo auge en ese sentido, uno haciendo la obra más importante del mundo en este momento, que es Panamá, y otro que está incrementando y mejorando sus infraestructuras, sobre todo a un nivel espectacular, que es Colombia. Poco después nos comprometimos que antes de organizar ese viaje se organizara un encuentro, un seminario, que se realizó en Vigo, concretamente en la sede de la Confederación de Empresarios, donde participó nuevamente el embajador de Panamá en España así como otros empresarios para dar a conocer las oportunidades de negocio, a la que usted pudo haber asistido, pero no asistió porque no quiso, pero vamos, que poder pudo haber asistido igual que a todo lo demás, y público y notorio fue. Por si fuera poco esto, el 27 de julio se firmó en la Diputación de Pontevedra un convenio de colaboración entre la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra y la Confederación de Empresarios de Pontevedra, para el apoyo, la internacionalización de inversiones empresariales entre las que se contempla exactamente esa de Panamá y Colombia, y la realización de un ciclo de jornadas sobre la gestión de la empresa ante situaciones de crisis económica y oportunidades de negocio. A raíz de este convenio se organizó el viaje y la presencia de representantes de esta Diputación …, se firmó un convenio entre las dos partes y es normal que participen institucionalmente, como mañana va haber entre la Cámara de Comercio y la Xunta y van representantes de la Xunta y de la Cámara además de los empresarios. Esta Diputación estimó que un momento tan delicado para el mundo empresarial era muy oportuno realizar este tipo de acciones, que además nos sentimos orgullosísimos de realizar el anuncio porque tienen un éxito espectacular, mucho más de aquel que preveíamos antes de iniciarlo. Y lo digo, porque a veces las pequeñas y medianas empresas pues les cuesta hacer sólos, en solitario, hacer un viaje tanto para buscar nichos de mercado en su difusión de sus productos, como para elaborar infraestructuras o colaborar en la elaboración de las mismas en otros países. En este caso creo que los empresarios de la provincia de Pontevedra, que participaron, ¿quiere que le lea la relación?, los conoce, pues en esta misión, los eligió y los determinó, le voy a decir por lo de la representación, no, perdone, estoy contestándole, es que yo no tengo prisa, si quiere. Vamos, estoy hablando yo, sino le importa, Sr. González, sea educado y cuando le toque a usted la palabra hable. Yo soy educada y estoy contestando, puedo contestar lo que quiera, que hay libertad de expresión en este país, no se ponga nervioso. Si es un relatorio. Le voy a contar ahora los resultados económicos del viaje y los políticos, es que son pocos pero si quiere también se los resumo. Pero es que tengo que ponerle en antecedentes. Pues es que estoy en ello, estoy en ello, mire, le voy a decir la relación de las empresas que fueron para que luego analice los resultados económicos de las mismas. Mire, Sr. González, está usted tan equivocado, tan equivocado, tan equivocado en los planteamientos que hace, que cuando uno es demagógico y quiere hacer este tipo de cuestiones, cuando tuvo todos los datos, hicimos como diez ruedas de prensa, durante el viaje, en el viaje, antes del viaje, después del viaje, con los datos, si usted no los quiere leer es su problema, pero he dicho y repito que esta misión, los empresarios se presentaron muchísimos, los eligió la Confederación de Empresarios, y participaron concretamente representantes de la Diputación y de la CEP, además de Anfaco, Arbi-Xestión Ambiental, Mega-sistemas, Inneo, Isojaba, Norverde 7, Agaem, Abal Construcciones, Métodos, Alimara, As Laxas, Frigolouro, Caramelo, Sal Azul, Solfinsa, Conservas de Cambados, Autoridade Portuaria de Vigo, Autoridade Portuaria de Marín, Seriper y San … Náutica. Tuvieron muchísimo éxito, hai muchos de estos, muchos, unos cuantos, que ya hicieron el segundo y el tercer viaje a esos países para cerrar acuerdos. Creemos que en un momento como este tan, como digo, delicado, es importantísimo abrir esas puertas, y la verdad hay que felicitar en este caso a la Confederación de Empresarios porque la organización fue perfecta y una parte importante de la misma si la realizaron en relación con una empresa que se contrató al efecto en los determinados países, para planificar la agenda de cada uno de estos empresarios que le anuncio, que hicieron unos entre quince y veinte contactos individuales cada uno de estos sectores con cada uno de los empresarios de los dos captores. Entonces mire, político, los resultados, yo creo que votos si es lo que pregunta, pues seguramente no conseguimos ninguno, porque como usted bien sabe en Colombia hay poca población gallega organizada, porque es lo que está preguntando, ¿no?. Y no tuvimos tiempo para dedicarnos a otras cuestiones en este viaje. Si es lo que está preguntando, económicos muchos, no sabemos cuál es el resultado porque como usted bien sabe sino se lo anuncio yo, los contactos se hacen y luego las operaciones se cierran con más calma. El viaje fue en el mes de octubre y ahora mismo hay empresarios de la provincia de Pontevedra cerrando acuerdos comerciales con los dos países. Y ya digo, en este momento, a día de hoy, hay algunos de esta misión que están de nuevo en Colombia y en Panamá y que desde luego nosotros no le tenemos ninguna alergia a los empresarios. Creemos que los empresarios son los que generan empleo en este país, que es lo que más falta hace en este país, en este momento, generar empleo, y desde luego tienen y mientras gobierne el Partido Popular van a seguir teniendo apoyo para crear inversiones fuera y crear puestos de trabajo en la provincia de Pontevedra. Muchas gracias. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sra. Pedrosa. Sr. González. Sr. González Iglesias.- A ver, eu, eu, eu non sei se estou no Pleno da Deputación ou onde estou, a verdade, non sei se a Sra. Pedrosa está no Pleno ou está contestándolle a non sei quen. A pregunta é, pero clariña de todo, ¿cal foi o custe da viaxe e cales os resultados económicos ou políticos se os hai agora mesmo?. E eu engadín unha terceira, e a terceira é ¿por que nun dos días o Sr. Presidente non asistiu ó acto?, estaba tomando o sol ou estaba noutro sitio, punto, tan sinxelo como iso. Tres preguntas, ¿eh?, faciliño de todo. Se sabe me contesta e senón eu sigo esperando, ou para o próximo Pleno, tampouco teño presa, se mo quere facer por escrito no próximo Pleno. Sr. Presidente.- Sr. González, o Presidente decide el mesmo, e non vostede, a cales debe acudir o Presidente e a cales debe acudir a Vicepresidenta, por suposto, polo tanto resposta xa dada nese sentido. Entón a Sra. Vicepresidenta, exactamente, eu sei que vostede me quere ben e quere que tome o sol abundantemente. Sra. Pedrosa Silva.- De todas formas fuimos en un viaje, en una misión, que es público, pues lo mismo que le costó a los empresarios, de todas formas seguramente que menos de lo que le cuesta a la Diputación que venga usted una tarde aquí. Sr. Presidente.- Non, o mesmo, xa lle acaba de dicir, o que lle custou evidentemente a cada un dos empresarios que foron nesta viaxe. É evidente, señor, niso non nos van a dar leccións, de viaxar a China alcaldes socialistas, nin tampouco, evidentemente, bueno, pois eles o xustificaron, cada un libremente pode facer o que queira, agora se se di, se se di, por exemplo, no caso doutros compañeiros seus, pois aí hai moitos compañeiros seus, pois aí hai moitos datos para iso. Pero bueno, dada esa información levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)