ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2009/09/11_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/4.2009-09-11_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/09/11_Extraordinaria

  • Data(s) 2009-09-11 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 68 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria (en substitución da ordinaria de agosto) en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 11 de setembro de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día once de setembro do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días a todos e a todas. Vamos a dar comezo a convocatoria deste Pleno extraordinario coa seguinte orde do día: 1.5853.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto: Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 31 de xullo 2009. En principio, non habendo ningunha obxección, apróbase polo tanto. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 31 de xullo de 2009. 2.5854.- TOMA DE POSESIÓN DE DON SALVADOR GONZÁLEZ SOLLA E DE DON PERFECTO RODRÍGUEZ MUÍÑOS COMO DEPUTADOS PROVINCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 2: Toma de posesión de D. Salvador González Solla e D. Perfecto Rodríguez Muíños como Deputados Provinciais. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Se han recibido de la Junta Electoral Central las credenciales de Diputados provinciales a favor de D. Salvador González Solla e D. Perfecto Rodríguez Muíños en sustitución de D. Julio Alén Montes y D. Agustín Reguera Ocampo respectivamente. Y habiendo presentado en Secretaría las declaraciones de bienes patrimoniales así como de causa de posible incompatibilidad y la liquidación del impuesto sobre la Renta, no hay en principio obstáculo legal para que tomen posesión de conformidad con la fórmula establecida en el Real Decreto 707/1979 de 5 abril. Sr. Presidente.- Polo tanto, se lles pide que tomen posesión. Primeiro D. Salvador González Solla. Sr. González Solla.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei, e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr Presidente.-Chamamos a D. Perfecto Rodríguez Muíños. Sr. Rodríguez Muíños.- Xuro pola miña conciencia e honra cumprir as obrigas do cargo de Deputado Provincial con lealdade ó Rei, e gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado. Sr. Presidente.- Bueno, pois lle damos a benvida ós novos Deputados, D Salvador González Solla e D. Perfecto Rodríguez Muíños como novos compañeiros desta Corporación provincial. Unha vez recibidas da Xunta Electoral Central as credenciais de Deputado Provincial a favor de Don Salvador González Solla e de Don Perfecto Rodríguez Muíños e presentadas na Secretaría as declaracións de bens patrimoniais, declaracións de causas de posible incompatibilidade, así como as liquidacións do imposto sobre a renda, e non habendo obstáculo legal, toman posesión do cargo de Deputado Provincial Don Salvador González Solla e Don Perfecto Rodríguez Muíños. 3.5855.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PONTECESURES A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN, EN PERÍODO EXECUTIVO, DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- E continuamos co terceiro punto da orde do día que é a delegación de competencias do concello de Pontecesures a favor do oral para exercer as facultades de recadación, en período executivo, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Pontecesures na sesión celebrada o día 25 de maio de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de xullo de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Pontecesures, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello do Pontecesures, por acordo do Pleno de data 25 de maio de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados. 2. Esta delegación do concello de Pontecesures será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Pontecesures así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Pontecesures, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos ingresos de dereito público que non se atopen xa delegados, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.5856.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 5/2009 DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) Sr. Presidente.- Punto número 4: Expediente de modificación de créditos número 5/2009 do organismo autónomo provincial de xestión de recursos locais (ORAL). Se non hai ningunha intervención, pois procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de xullo de 2009 acordou aprobar o expediente de modificación de créditos número 5/2009, por importe global de 705.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que ó non existir consignación suficiente no vixente orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) para atender estes gastos é necesario suplementar, polos importes que se relacionan, os créditos das seguintes partidas: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 09/861.611.220.02 Material informático non inventariable…………… 15.000,00 € 09/861.611.221.00 Enerxía eléctrica…………………………………… 15.000,00 € 09/861.611.222.01 Comunicacións postais…………………………… 450.000,00 € 09/861.611.227.06 Estudos e traballos técnicos……………………… 200.000,00 € 09/861.611.342.00 Intereses de demora-devolucións de ingresos……… 25.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 705.000,00 € Resultando que este expediente de modificación de créditos número 5/2009 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2008. Resultando que no informe de Intervención de data 20 de xullo de 2009, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 5/2009 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coa abstención do BNG: 1.-Aprobar o expediente de modificación de créditos número 5/2009 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), por importe global de 705.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………. 680.000,00 euros Capítulo 3º Gastos financeiros…………………………… 25.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 705.000,00 euros O detalle do expediente concrétase en que incrementan o seu crédito as partidas que se relacionan polo importe que se detalla a continuación: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 09/861.611.220.02 Material informático non inventariable……… 15.000,00 € 09/861.611.221.00 Enerxía eléctrica…………………………… 15.000,00 € 09/861.611.222.01 Comunicacións postais……………………… 450.000,00 € 09/861.611.227.06 Estudos e traballos técnicos………………… 200.000,00 € 09/861.611.342.00 Intereses de demora-devolucións de ingresos 25.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 705.000,00 € Este expediente financiarase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) correspondente ó exercicio de 2008. 2. O expediente de modificación de créditos número 5/2009 do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 5.5857.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 2/2009 Sr. Presidente.- Expediente de modificación de créditos número 2/2009. D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días señor Presidente, moitas grazas. Pedía a palabra agardando que antes nos explicaran a modificación o Deputado ou Vicepresidente delegado, pero bueno non sei se se explica antes, ou, a ver.. Sr. Presidente.- Di que lle dea a palabra a vostede. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi ben. Sr. Presidente.- Ou antes ou despois non hai problema. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non hai ningún problema, moi ben. Ben, estamos ante un expediente de modificación de créditos que en principio podería ser algo máis ou menos rutinario, pero non é o caso, e non é o caso tanto polo particular como polo xeral, basicamente esta Deputación esgotou os remanentes líquidos de tesourería ou sexa os fondos, os cartos que quedaron dispoñibles do ano pasado, e entón, neste caso o que se fai é anular partidas que xa estaban, é dicir, que vostedes estimaron en decembro, en decembro non, en marzo, aprobáronse os orzamentos, que era ben que seguiran, que se ían a gastar, e agora como necesitan para os seus fins nunha serie de fondos, pois buscan, anulan gastos que estaban previstos por 2.500.000 € para dedicar a outros fins. Ben, ata aí incluso podería ser máis ou menos normal, senón fora que, repito, tanto polo xeral como polo particular, esta modificación, que están cada día tendo unha deriva no que están utilizando esta institución absolutamente para os seus fins partidarios, con unha arbitrariedade dunha discriminación que había tempo que non se vía nesta casa, cada vez vai a máis ultimamente e empezamos, por exemplo, vostedes cando foi a moción de censura de Mos, pois que agora esa comisión xa ditaminou que era transfuguismo, pois resulta que aparece que o grupo seu en Mos, pois que se daba de baixa do Partido Popular, cousa que ninguén se creu, pero vostedes o afirmaron por activa e por pasiva. Moi ben, pois a min a moción de censura resulta, que entre un convenio que foi o outro día á comisión, e o que vén hoxe aquí na modificación, resulta que o concello de Mos se vai a levar así dunha ataca por fóra do que corresponda na distribución do plan de investimentos, por fóra do que lle pode corresponder na distribución dos plans, digamos, bueno, dos campos de fútbol de herba sintética, ou o PAM, ou o que estea en marcha, se vai a levar algún que outro millón de euros, máis que ningún concello desta provincia. Aquí en concreto, vexan vostedes van xa para proxectos plurianuais, só neste expediente 360.000 euros, e no convenio que xa se financia co que existe nestes momentos nos fondos da Deputación pois se leve 200.000 o outro día, máis o que veña nos anos seguintes. Ben, iso creo que, tarareenno como queiran, é utilizar os fondos desta Deputación para prometer, xestionar mocións de censura e despois pagar os favores que suceden, que resultan e tal, apúntanme aquí o do famoso maletín, pois o maletín ou maletón, pero o que é obvio é que están vostedes usando esta institución para os seus fins de mocións de censura ou outras….despois de dicir que se ían do PP, e demais, parece ser entón que terán que irse do PP todos. Insto ós alcaldes que están alí enfronte que digan que se van do PP, a ver se así lle cae esta choiva de centos de miles e millóns de euros, que así sairán moi beneficiados, porque senón malo de entender, verdade. Despois temos xoias que non temos nada en contra do fondo pero, Ribadumia unha vez máis, pois sae cunha, fóra de plans de programas de tal, sae outra vez, verdade, profundamente beneficiada cunha cantidade moi significativa, uns 130.000 mil euros e etc. Obviamente na modificación, como non, segue indo unha cantidade moi substancial para o asfalto, que seguen coa mesma liña. Ben, están vostedes facendo desta casa, verdade, unha institución pre democrática, unha institución totalmente ó servizo do Partido que goberna, e non, da entidade do … O desprezo pola oposición é solemne, hai documentación pedida hai máis dun ano, que está sen entregar, o outro día na comisión nos vacilaron, se riron de nós, e dixeron, non, hoxe mesmo, agora lle vamos a dar a relación que se asigna a cada concello neste plan de investimentos. Estamos agardando, verdade, non se fai, hai documentación pedida de fai moitísimo tempo, e reúnen e contra reúnen, por exemplo, o Consello Asesor e o Consello Reitor do Museo para falar a veces do sexo dos anxos, ou para dicir que non hai cartos para comprar un cadro, e para outras cousas, sen embargo pois se reúne o Consello Asesor e o Consello Reitor, e non comentan, verdade, que hoxe, iso foi mércores, non comentan que hoxe se iniciaban, e que vostedes organizaban a través do Museo unhas xornadas, que teoricamente, sobre xornadas bilingües e que resulta que son profundamente alleas, senón contrarias ós fins que persigue o Museo Provincial, cunha instrumentación sectaria ademais, iso é grave, e tamén é moi grave, esas xornadas van a custar uns 60.000 euros, cando un evento dese tipo que nunca se debeu celebrar no Museo, pois o lóxico, e miren, por alí, as que poden organizar calquera outra institución e incluso esta mesma, pois é que andarán sobre 20.000 euros, 15.000 euros ou algo dese tipo, ou sexa viva a política de contención de gasto, viva a política de austeridade que tanto preconizan, salvo que sexa para pagar mocións de censura coma a de Mos, ou salvo que sexa para fins ideolóxicos propios como é isto, non, cun despilfarro de cartos, que é un uso perverso do Museo que non ten moito sentido, e incluso non ten parangón, ou sexa non hai antecedentes de tan mañas falcatruadas nesta casa, ben, evidentemente dixémosllo moitas veces pero vemos que non funciona para nada, os seus designios, verdade, no Pleno pasado tivemos que ver un reparto dos fondos do plan de investimentos, do que fixeron as contas para que se vostedes gobernan no 30% da poboación, pasar ó 70% ós seus concellos, hoxe vemos unha utilización partidaria, sectaria, de extremos descoñecidos, desta institución, comprometendo unha institución de prestixio, que está para outros fins, como é o Museo e comprometendo incluso todo o que levan dito do pacto anti transfuguismo, e dos privilexios que se lle dá a uns concellos en detrimento doutros, creo que levan unha liña profundamente equivocada, están vostedes un pouco, como se dicía así en, vou a ser bilingüe, están creciditos, cren que non hai barreiras, cren que non hai límites, cren que poden facer o que ben entendan, o que lles dá a gana, e iso normalmente ten os seus custes, iso vaille ter os seus custes, porque non se pode pasar por riba, non se pode desbordar límites de obxectividade, límites de respecto por institucións como neste caso é o Museo, ¿verdade?. No Museo temos a obra de Castelao, fundador do Museo, nun estado lamentable, non hai fondos, e dedican o Museo a outros fins sectarios e partidarios, e francamente a que se lle ocorreu, debeulle quedar a cabeza descansadiña, obviamente non se lle ocorreu á dirección do Museo, obviamente, foi obra directa de aquí, da Presidencia, ¡eh!, Sr. Presidente, da Presidencia, e Sr. Presidente, creo que non se pode comprometer o prestixio dunha institución usándoa para financiar, sede de actos partidarios e sectarios. Evidentemente vamos a votar en contra da modificación de crédito, polos motivos creo que máis que sobrados que acabamos de expor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera, ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Si, a verdade é que non é sorprendente para nada as cousas que se están dicindo agora aquí nin as cousas que figuran no expediente hoxe, non é sorprendente para nada porque o dixemos en múltiples ocasións, empeza a ser sorprendente, llo dicía a Cesáreo antes, o desprezo, non é sorprendente, a súa fórmula típica, forma típica de actuación, o desprezo ata a oposición, é dicir, é curioso, os deputados da oposición non se nos facilitou o reparto por concellos do plan anticrise, e algo que normalmente en outras ocasións iría a comisións do pasado mércores, aquí non apareceu por ningún sitio, e claro empeza a ser entendible, é certo que se dicía antes en que nas comisións do mércores aparecía un convenio co concello de Mos por 800.000 euros, dos que a Deputación pon 600.000 euros, e na modificación de hoxe aparecen, tamén para o mesmo concello, 200.000 euros para as gradas e vestiarios para os campos de fútbol, e 160.000 euros para un centro social, si a isto lle sumamos que hai un par de meses, aínda non, o Sr. Presidente na resolución adxudicoulle 30.000 euros ó concello de Mos para a festa da Rosa, por certo, eu escoitaba a alcaldesa dese Municipio presumir nun programa de radio, dicindo que a actuación dese grupo musical de primeira fila non lle custaba nada ó concello, evidentemente porque había unha subvención da Deputación de 30.000 euros, de feito alí está a subvención do Presidente concedéndolle 30.000 euros para a festa da rosa ó concello de Mos Claro, se a isto lle sumamos que a alcaldesa deste concello era unha persoa que ocupaba un cargo de confianza do Presidente no momento que se provocou a moción de censura, se a iso lle sumamos a celebración da moción de censura, onde aparecía un vicepresidente desta casa brindando con champán ou con cava, non sei co que era, home, loxicamente, é dicir, soltamos 999.000 euros de entrada de parte do Sr. Presidente a unha persoa que tiña un posto de traballo de confianza, non se nos di nada dos repartos dos concellos porque sorprendentemente aparecerá que o concello de Mos, igual que outros concellos que se moven nunha banda determinada, pois recibe bastantes máis cartos que outros, con menos poboación, tamén é unha situación curiosa, e lle engadimos que os Deputados da oposición non se nos facilita ese tema, é dicir, viva a transparencia e máis que que viva a transparencia eu creo que a forma de actuar do Sr. Louzán, non digo do Partido Popular, porque houbo Presidentes do Partido Popular noutras ocasións aquí, e non actuaban dese xeito oscurantista e non financiaban operacións políticas entre comiñas dende a institución provincial. Sr. Presidente.- Moitas gracias … Sr. González Iglesias.- Comprenderá …, non, home déixeme que anuncie o sentido do voto, xa sei que é obvio pero déixeme que o anuncie, comprenderá que con actuacións deste tipo nós non podemos avalar nin unha soa actuación do Partido Popular en esta casa, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias, gracias D. Emilio González, ten a palabra D. José Manuel Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, xa se ve un pouco cales son as mensaxes do Bloque e do Partido Socialista, con tal de votar que non ó que realmente é importante para os veciños e veciñas, pois busca calquera xustificación, non nos estraña loxicamente, non nos estraña, do Bloque non nos estraña absolutamente nada, porque ultimamente está tirado ó monte, está desconectado totalmente da sociedade, e por iso, bueno pois, as mensaxes que intenta trasladar, pois ó final se quedan absolutamente, pois en mensaxes ridículos, diría eu. Mire Sr. Mosquera, ¿sabe o que pasa con Mos?, que a xestión magnífica dos seus colegas en Xestur, deixou un buraco só en Xestur Pontevedra, só de 20 millóns de euros, só en Xestur Pontevedra. E en Mos hai un polígono onde hai moitas empresas esperando, que se chama o polígono de Veigadaña, que vostedes deixaron na quebra, Xestur Pontevedra díxeno aquí un día, e me quixeron levar ó xulgado, os seus colegas de Xestur, estaba na quebra, díxeno fai 6 meses, non que estea na quebra, é que está morto, e hai que resucitalo, e a Deputación de Pontevedra terá que traer no próximo Pleno para facer unha ampliación de capital unha achega da magnífica xestión, diría eu, nefasta xestión, vostedes en teoría un 10, cando chegan á práctica son un desastre, un puñetero desastre, é que non son capaces de xestionar absolutamente nada cos cartos públicos, e aí se ve, cando houbo que facer algo de xestión empresarial, un buraco en catro anos de 20 millóns de euros deixaron estes señores en Xestur, esa é a xestión do Bloque en Xestur, e resulta que había comprometido en Mos, mire por onde, un campo de fútbol, había comprometido un centro social para poder poñer cartos nel, e non foron capaces de facelo, palabras, moitas palabras, moitos convenios, foron a rectificar a Xestur non sei canto, non sei cantas infografías presentaron, visita da Sra. Táboas, pero o polígono de Veigadaña está paralizado, paralizado, e agora alí 9 ou 10 empresas que queren instalarse e que non poden instalarse, porque o concello loxicamente pon unha serie de condicións, que se cumpran os compromisos, e nós temos que intentar coa Xunta de Galicia e co propio concello a desfeita que deixaron vostedes, para resolver unha inversión importante que é unha instalación de 9 ou 10 empresas que se vai a levar a cabo no polígono de Veigadaña. Pero non se preocupe, que as xestións do Presidente e desta casa van a dar os seus froitos para que a Xunta de Galicia incorpore, cando teña que incorporar o convenio, eses compromisos que vostedes deixaron sen levar a cabo. Esa é a realidade e o demais xustificacións, argumentos que non son de recibo, vostedes queren entrar, miren, nós de momento, eu de momento non teño nai tránsfuga, aínda non a teño, de que van a dar leccións vostede, pero leccións de que, que dea leccións o Partido Socialista de transfuguismos, co que está pasando nestes momentos, que a número 2 do partido ten unha nai tránsfuga e non é capaz de controlala, pois xa me contará vostede cal é o discurso que van a facer vostedes, a que se van a dedicar vostedes, a que se van a dedicar a partir de agora, é dicir, porque home, que un sexa colega amigo, compañeiro de partido, aínda bueno, pero que teña unha nai tránsfuga e que non sexa capaz de controlala, é que iso ten tela, ten tela para cortar. Miren, eu creo que vostedes aínda seguen somerxidos na derrota electoral do 1 de marzo, non a recuperaron moralmente nin animicamente. Nós pensábamos que despois do verán, home cun pouco de sol, de calor de praia e de darse algún baño, algún chapuzón, bueno, pois podía refrescarse, pero creo que non, seguen totalmente desconectados, desconectados da realidade, ¿e saben cal é a realidade?, a realidade é que desta institución e das demais, as veciñas e veciños nos piden solucións, e nós intentamos dentro das nosas posibilidades darlle solucións ós problemas que se plantexan en cada un dos concellos, e iso é o que estamos a facer, día a día, traballando día a día, por suposto que xestionamos os cartos, os cartos como comprenderá non os vamos a deixar parados nas contas bancarias senón que hai que darlle movemento para que se fagan construcións, se fagan instalacións, en equipamentos, se fagan dotacións na nosa provincia. Mire, Sr. Mosquera, de 60.000 a 2 millóns que deron vostedes á mesa de normalización lingüística, mire aínda o que queda, o que queda, vostedes fixeron do idioma, pensaron que lle ía saír ben, e lles saíu torcido, quixeron facer unha imposición do idioma e ó final ¿en que se levou a cabo iso?, pois nunha desfeita, nunhas diferenzas entre a sociedade e un distanciamento e un enfrontamento que seguramente nin vostedes mesmos calibraron o alcance desa implantación e desa imposición, e creo que nós o que estamos a facer única e exclusivamente, darlle a posibilidade de que cada un exprese libremente a súa opinión, vostede non quere falar do Museo, non, quere falar unha cuestión puntual, pero mire, sabe o importante do Museo, que este ano levamos 125 mil visitas, só no mes de agosto 20 máis que o ano pasado, só no mes de agosto, anóteo ben, 20 máis que o ano pasado, iso é o importante do Museo, iso é o importante, que están facendo proxectos, exposicións, e se está levando a cabo unha verdadeira potenciación do Museo de Pontevedra, e a vostede si que lle debía de importar como pontevedrés que o Museo fose ben, iso é o importante, o importante é que só no mes de agosto foi un dos lugares máis visitados da nosa provincia, despois das Cies e do monte de Santa Tegra, foi o terceiro lugar máis visitado da provincia de Pontevedra, e iso non pasaba antes, supoño que algo terá que ver este goberno, os responsables do museo, os responsables políticos e o propio Presidente, supoño que si, a pesar de todos os atrancos que nos pon vostede, que por certo, aínda seguen as casetas, é vergonzoso, vergonzoso que a oficina de turismo, a máis importante de Galicia, unha das máis importantes de España que ten esta Deputación, que o concello de Pontevedra lle teña as casetas de obra diante da entrada para que os visitantes…., ríase, eu non me río, porque dese sector viven cen mil persoas, Sr. Mosquera, non me río, eu non me río de que vostedes intencionadamente, a propósito poñan unhas casetas diante, diante da tal, diante da entrada do palacete, diso non me río, e iso é intencionadamente, con premeditación, alevosía e nocturnidade, e llo estou dicindo a vostede, vostede ten capacidade para tomar esa decisión en 24 horas, tómea, eu non me río, eu non me río porque sabemos o que nos está custando sacar este sector adiante, que é un dos sectores, que aguantou e é importante, pero a vostede lle preocupa, que se se celebra un congreso no Museo, e a min me preocupa que leven dous anos e medio unhas casetas diante, diante do palacete, intencionadamente, colocadas intencionadamente, pois a pesar de todo iso, ¿sabe o que lle teño que dicir?, que por aí pasaron máis de 90 mil persoas, por esa oficina, no que vai do último ano, vaia imaxe se levan de Pontevedra, dende logo, iso é o que realmente lle debería de preocupar a vostede, e como digo, que están desconectados da sociedade, pois sigan así, sigan a ese ritmo, sigan ó ritmo que vostedes consideren, pero chamen a Xestur, e no próximo Pleno darémoslle as contas a todos os medios de comunicación e a vostedes tamén de que vai ter que facer a ampliación de capital esta casa para poder sufragar, eses 20 millóns de euros do buraco que vostedes deixaron, os estores magníficos que teñen vostedes no Bloque Nacionalista, apoiados polo Partido Socialista. E con respecto ó Partido Socialista, despois do que está pasando nun concello como é o de Benidorm, non vamos a recibir ningún tipo de lección, ningún tipo, ningún, porque dende logo que a Secretaria Xeral teña unha nai tránsfuga, iso dende logo se pasara noutro partido non sei que estaría pasando na sociedade. A vostedes lle dá exactamente igual, pois alá vostedes, sigan con discursos retóricos, políticos e faltos de contidos. Nós o que vamos a intentar é seguir resolvendo os problemas dos concellos, que os teñen, de moitos, e xa veremos o que vai a pasar no futuro, xa veremos o que vai a pasar no futuro, moitos concellos van a ter moitas dificultades para saír adiante, pois nós é o que estamos intentando, resolver os problemas que ten a provincia, a todos os niveis, dende todos os sectores e dende todos os concellos e tamén entidades que están aquí, supoño que moitas entidades que van a ser axudadas, con esta modificación de crédito, serán ideoloxicamente de todos os partidos digo eu, é dicir, nos parece, vostedes non, vostedes ó que axuda a Deputación é do PP e ó que axudan vostedes en Pontevedra é de todos, esa é a única diferenza que vostedes queren plantexar. Nós non temos ese tipo de complexos, nós vamos a facer o que consideremos que temos que facer, e de momento, de momento a sociedade nos está respaldando. Mentres nos siga respaldando pois loxicamente temos que continuar nesa liña, por que cambiar o que se está facendo ben, loxicamente non sería oportuno nin sería coherente, por iso o que vamos a facer e por iso vamos a facer a aprobación desta modificación de crédito que vai a beneficiar a moitos concellos, a moitos cidadáns, e a moitos colectivos que o necesitan, e que para iso están os cartos de todos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Escoitando ó Sr. Figueroa o único que se lle ocorre a un, eu sabía que vostedes funcionan co eslogan aquel, “la familia, o municipio e o sindicato”, funcionan con ese eslogan, porque sacar cuestións familiares de tíos-sobriños, non nos afecta neste caso, é francamente, francamente, francamente peregrino e demostra, demostra a súa ideoloxía. O Sr. Figueroa é un experto en desviar a atención e intentar sacar as cousas de contexto, ¿verdade?. Mire unha cousiña, Sr. Figueroa, me parece que ten vostede moita máis responsabilidade en Xestur da que temos os que estamos aquí, porque vostede é do Consello de Administración e nunca dixo nada, ata que, díxoo unha vez que cambiaron, que as eleccións, nunca dixo nada, díxoo en período electoral, e resulta, eu non vou aquí a defender a Xestur nin nada que se lle pareza, pero resulta que o IPESPO ten os mesmos problemas de financiamento e os mesmos buratos que ten Xestur, porque as ventas previstas nos polígonos caeron en picado, entón non nos veña con batalliñas. Ben, con respecto ás casetas, francamente, Sr. Figueroa podía estar sumamente, se tivera dous dedos de fronte, sumamente orgulloso, que onde ten a sede o Patronato o concello de Pontevedra vai a tratar todo o ámbito e vai quedar coma os chorros do ouro, ¿verdade?, que estaba nun estado regular. En vez de estar orgulloso por iso pois agarra as molestias que crean as obras durante, que …, vano deixar, francamente, vamos houbo un momento que crin que tiña vostede un pouquiño máis de nivel, ¿verdade?. Agora ben, argumento central, é que resolvemos os problemas dos veciños, ben, entón ten que haber unha moción de censura para que o resolvan, porque os problemas dos veciños de Mos eran igual hai un ano que agora, ¡ah!, pero agora si e antes non, e hai outros concellos que os veciños teñen problemas parecidos, e non se lle resolven, ninguén nega que vaian a ser obras boas para o concello de Mos, é curioso, curioso que cando eses tránsfugas, xa declarados como tránsfugas din que deixan o PP e que vostedes apadriñan, xestionan a moción de censura, de repente teñen problemas os veciños, antes non os tiñan ¿verdade?. Mire, non seremos nós nunca os que nos opoñamos a que haxa, a que todo o mundo poida expresar a súa opinión. Agora ben, montar un congreso de grandes autoridades en liquidar o idioma, liquidar os idiomas minoritarios, pois de verdade, por que non trouxeron un canadiano, por que non trouxeron, exemplos de bilingüismo, Canadá, Bélxica, incluso trilingüismo, Suíza, ¿verdade?, non, traen a persoas ideoloxicamente, perfectamente significadas, e que a súa obsesión é acabar co idioma, co idioma. É máis, incluso unha delas defende que a existencia do galego, do catalán e do vasco, é un problema co estado democrático, é unha táctica do estado democrático. Bueno, delirante, delirante e demais. Utilizar unha institución fundada por Castelao, que sempre tivo unha traxectoria, na que estivo Filgueira, bueno, se Castelao e Filgueira Valverde levantan a cabeza, volven a enterrala, ¿a onde foi isto?, ¿a onde foi isto?, con todas as diferenzas que podíamos ter co Sr. Filgueira Valverde. Esa utilización, esa, e á parte recoñeceume o custe, verdade, que é bastante, obviamente, obviamente o custe deste congreso non é para o propio congreso, é para outro tipo de financiamentos, aínda por riba, aínda por riba, porque está custando bastante máis do que sería razoable, do que sería razoable facer. Miren, están, á parte díxose, cren que por gañar unhas eleccións xa non hai normas, están creciditos, non hai normas, poden facer o que lle dá a gana, verdade, supoño que agora nos caerá tamén unha cascada, tamén pola vía que sexa, Gondomar, ou outro lado, xestionaron a moción de censura, traginárona vostedes, xa caeu algunha prevenda para Gondomar e algunha máis caerá. Esa utilización burda, ou sexa, por fóra de toda ideoloxía, miren, se nun sitio pois hai certa, vamos, unha maioría que decide algo, vale, pero non, é compra-venda, descarada, e utilización sectaria que nunca se fixo dunha institución coma o Museo de Pontevedra. Mire, e con respecto do Museo, podo dicir que por ser unha entidade moi querida, con todas as diferenzas que poida haber ou non, pois case preferiría que isto pasara de puntillas. Estamos na obriga de denuncialo aquí, pero dende logo que case pasara de puntillas, porque que o Museo non sexa referencia pola obra de Castelao e sexa referencia porque vostedes montan un congreso hiperfinanciado para, dos liquidadores do idioma, francamente, francamente, creo que vai ser un desprestixio enorme, que preferimos que non se dera e a responsabilidade é súa, obviamente é responsabilidade súa ter feito algo deste calibre, tanto no reparto de fondos como na utilización do Museo para fins absolutamente alleos e máis contrarios ó propio fin e ó propio espírito que tivo sempre o Museo. Creo que queda clariño, e Sr. Figueroa coidado cos lapsus eses da familia, coidado cos lapsus eses de que, como temos votos pois podemos facer o que nos dá a gana, non, xa o están facendo, poder non deberían, pero xa o están facendo, por desgracia estano facendo. Pero, ollo, ollo, dicía un compañeiro seu, dicía un compañeiro seu varias veces que morreron de éxito, cando tiveron o goberno no Estado, na Xunta e aquí e nos concellos, morreron de éxitos, pasáronse de freada de largo e morreron de éxito, pasaron e pasoulle o que pasou. Están repetindo os mesmos erros acentuados do que lle pasou naquela época ó redor do ano 2000. Estanos repetindo exactamente aumentados, versión aumentada e corrixida. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa empezando polo final, despréndese da súa intervención que como gañan as eleccións e con maioría absoluta, todo o que están facendo está ben, iso mesmo, se le vostede estes días algúns medios de prensa de que no partido popular no país valenciano hai de vostedes quen opina que hai que convocar as eleccións porque seguramente as ganarían, e entón queda avalado o tema de, bueno, do Sr. Camps, dos regalos de ir ó Rich a tomar as medidas dos traxes, etc., é unha teoría que parece ser que non é súa sola, parece ser que é unha teoría que, bueno que dentro do Partido Popular ten moitos adeptos, a min de verdade o que me sorprende, e ó mellor tampouco me tiña que sorprender tanto, é a frase que utilizou na súa intervención, é dicir, é que a Secretaria de organización do PSOE, porque é dentro da organización, non é xeral, non controla á súa nai, é que na orde natural da vida, normalmente os fillos non controlamos ós pais, normalmente, salvo que… e iso é algo que tamén se dá nalgúns colegas seus, que cando os pais son maiores, métenlle o papel do Partido Popular para levalos a votar, debe ser iso ó que se refire vostede a controlar ós pais, pois algúns non o facemos, algúns non o facemos, outros evidentemente parece que si, eu creo que lle oín á secretaria de organización do Partido Socialista dicir, tres días antes de asinar a moción de censura, que quen asina unha moción de censura nesas condicións, vivira onde vivira, fora quen fora, ía estar fóra do partido, bueno, se fora un día antes ou o día que firmaran, alá eles e as súas historias, o que si é certo, é que vin ó Sr. Figueroa celebrar unha moción de censura cunha copa de cava, vicepresidente da Deputación, pois fixo o que fixo, é así, era vostede Sr. Figueroa, home, eu non sei, ó mellor están moi nerviosos co tema de Benidorm porque realmente o crecemento, o disparo do Partido Popular en Benidorm, en Valencia, naceu en Benidorm, e naceu cunha moción de censura dun señor que se chama Zaplana non sei se lle soa, bueno, senón no PSOE non vai a ocorrer así, porque están fóra do partido, se foron eles, pois bueno, alá eles. Bueno, eu, o que si é certo, nos contou a historia de Xestur, perfecto, con esa mesma argumentación, nos demais concellos onde ocorreron cousas parecidas habería que darlles cartos, e non llos dá, e na historia de Xestur, non entraba o convenio de fai dous días, que foi á comisión, na que nos contou agora, do campo de fútbol, do centro social, e logo o pavillón, 600.000 €, e creo recordar que non entraba o da festa da Rosa, que dicía antes o Presidente que non, que non, que non, pero aquí está a acta, 30.000 € festa da Rosa, ou sexa, non, non, pero o papeliño está aquí, e eu me pregunto, é dicir, díganme a que concello desta provincia para as festas populares déronlle 30.000 €, díganmo, salvo Mos, claro, pasen a relación, fágana pública, enteiriña, de todos os concellos da provincia e díganme que levou, canto, e claro se a isto lle engadimos.., e ó final de ano vamos a facer o compendio total, pero se a isto lle engadimos que estamos, non estamos contando o día de hoxe, pois os temas de asfaltados de vías municipais, etc., etc., xa lle digo ó final de ano vamos a facer o monte do tal, e vamos a averiguar, creo que non vai a ser ó final do ano, vai a ser no final do mandato. ¿Canto custou realmente esa moción de censura?. ¿Canto custou realmente?. Pero de verdade eu, e era a parte máis importante da argumentación, era denunciar que a día de hoxe non se nos facilitou, ós deputados da oposición, o reparto por concellos, pero de verdade vostedes cren que unha institución, que calquera institución á oposición non lle facilita o reparto dos cartos de todos os concellos, salvo nesta, claro, e cren que sen contestar preguntas como se dicía antes, sen contestar cousas de fai dous meses, de fai seis meses, eu recordo que pedín algunha certificación fai tres meses, non teño aínda hoxe, non a teño aínda hoxe, e iso é a transparencia que, pois será tal coma a entenden vostedes. Xa lle dixen antes que íamos a votar en contra e non vamos a entrar en máis discusión, que non levan a case ningún sitio, pero de todos os xeitos insisto, gustaríanos coñecer o reparto de todos os concellos da provincia. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Para rematar, porque o problema non é a modificación de créditos, que está perfectamente xustificada, eu creo que estes dous millóns e medio de euros están perfectamente xustificados nas partidas ós que vamos destinar, que son partidas importantes, de transferencias á familias, sen ánimo de lucro, reparación de edificios e construcións, a mellora do Príncipe Felipe, que é un servizo que se está a prestar que creo que é importante, transferencias tamén ó deporte, que é unha das actividades que dende esta casa estamos a potenciar, ultimamente a terminación de centros deportivos, e tamén para actividades de incultura que creo que aquí hai que felicitar ós responsables de cultura porque aquí se fala soamente de chapapote e doutras cuestións e resulta que os temas importantes se manteñen á marxe, hai un movemento cultural na provincia que seguramente no hai nin concello nin institución que teña o dinamismo que temos dende esta propia casa. Tamén para reparación dalgún Mosteiro importante, para a recuperación do seu patrimonio, por suposto tamén para rehabilitación de centros culturais de entidades que o necesitan para rematar nalgúns casos. Na provincia unha das propostas ou dos proxectos que hai sempre, que moitas entidades privadas comezan os seus edificios e logo teñen dificultades para rematalo, pois aquí hai unha serie deles os cales estamos tamén, tamén estamos para seguir potenciando un centro que nos está dando unha rendabilidade importante como é o da Lanzada, que non se fala en absoluto, é dicir, non se quere falar da importancia que ten o Centro da Lanzada para as nosas actividades, tampouco se fala da sala permanente de exposicións que temos en Soutomaior, que necesita tamén a súa potenciación que aquí está recollido tamén unha cantidade importante, por suposto, para seguir facendo reparación en infraestruturas e viais da nosa provincia que cada día hai que melloralos máis, para o servizo contra incendios que prestan un magnífico e importante servizo na nosa provincia e por suposto tamén para as entidades locais de, bueno dalgunhas cuestións que son necesarias nos propios concellos, incluso tamén para o concello de Silleda, que deste non falan, é dicir, falan dos que lles interesa pero, do de Silleda, onde nós non gobernamos, tamén vai unha parte para reforma do seu auditorio porque é necesario. Polo tanto, se descualifica totalmente a proposta ou a denuncia que están facendo tanto o BNG coma o Partido Socialista, porque se demostra claramente nesta modificación de crédito, que todas as partidas son necesarias, que todas as partidas teñen un contido importante, e polo tanto nós vamos a seguir apoiando. Pero mire, Sr. Mosquera, isto llo vamos a pasar ós medios de comunicación porque vostede non se entera, roupa tendida diante da Deputación, tendas de campaña diante da Deputación, onde durmiu a xente, enchufes descolgados por todos os lados, as entradas do palacete totalmente pechadas, pero poden comprobalo, basura diante da Deputación cas tendas de campaña, home eu creo que, vamos a ver, un concello como o de Pontevedra ten que ter un respecto institucional, aínda que non nos queiran respectar politicamente, institucional ó que é a Deputación de Pontevedra, non é de recibo que diante da Deputación de Pontevedra teñamos tendas de campaña, a nós nunca se nos ocorrería, nunca, baixo ningún concepto, esta ofensa, esta é unha ofensa que a fan vostedes, e que ano tras ano teñen a denuncia, porque teñen esta mesma denuncia todos os anos, a min gustaríame, bueno os medios xa o saben, porque xa lles entregamos as fotos, que vaian agora mesmo ó palacete, mire, aí nesa praza, non ten nada que ver que se mellore ou que non se mellore, levan catro anos coas casetas de obra, e as casetas de obra levan catro anos diante da entrada principal, é dicir, pero non só diante da entrada principal, é que nos meten unha caseta de cada lado, e nos deixan unha entrada en túnel, vostede se quere agora mesmo chamo ó…, senón fai falta nin papel, chamou ó responsable da obra, en dúas horas moveu as casetas, móveas un pouco para outro lado ou méteas no centro da prazoleta e xa está, acabouse o problema, non, fano con recochineo, premeditación, e para fastidiar, pero senón nos fastidian a nós, non se dá conta que non nos fastidian a nós, o que están fastidiando e molestando é a todos os cidadáns que veñen a Pontevedra que visitan Pontevedra que son bastantes, e que van loxicamente a onde teñen unha referencia do turismo que gracias a unha decisión política pois hoxe temos unha sede emblemática, non a nivel galego, a nivel nacional, iso tiña que ser a envexa de todo o mundo, e a satisfacción tamén de todos, non duns, senón de todos, loxicamente dos que tomaron a decisión moito máis porque cremos niso, pero ese é o problema e por alí pasan 60-80 mil persoas ó longo do ano, ¿que imaxe se levan?. Veñen a pedir información, nós intentamos darlle boa información e teñen un túnel para entrar, vaian alí, un túnel con contedores de cada lado, mire Sr. Mosquera, sabe cal é o problema do seu discurso; familia, municipios e sindicatos, libérese dos sindicatos, que bastante dano lle están facendo a vostedes, bastante dano lle están facendo a vostedes, á sociedade e a algúns deles, que só utilizan os seus mecanismos para o ataque político e creo que agora a sociedade xa non os seguen. Ese é o problema que está pasando, xa non o seguen, ese é o problema que teñen vostedes, póñanse vostedes nas súas trifulcas internas, póñanse de acordo, pero creo que no seu grupo de partido me parece que manda máis os sindicatos que as agrupacións políticas, mire o que lle digo, teñen un tufillo, un tufillo que están vostedes totalmente dominados polo sindicato, ou esa é a estratexia, ó mellor, igual os tiran por diante para dicir, bueno, pois alí está, pois mire o que están facendo, a desfeita que hai, a desfeita que hai, pero están caladiños, caladiños, só cando hai que atacar ó goberno da Xunta de Galicia que é do PP, se hai que atacar a outros gobernos que non son do PP hai que estar caladiños, moi calados, ese é un dos problemas que ten vostede. Mire, Xestur non ten ningún problema de financiamento, ningún, ten un problema evidente dunha situación de crise que afecta, pero é que, o IPESPO digo, o IPESPO non ten ningún problema de financiamento, ningún, ten un problema de xestión como ten calquera outra institución, pero Xestur, si que ten un problema de financiamento, de mala xestión, deixaron vostedes un buraco de 20 millóns de euros, eu denuncie aquí neste Pleno, antes da campaña, moito antes, no mes de novembro e decembro, e aí están as actas, e dixen que Xestur estaba en quebra, e, ¿saben o que pasou?, que me quixeron levar ó xulgado, me quixeron denunciar, por facer unhas declaracións públicas nun Pleno do que loxicamente de aquí representaba alí en Xestur, se fixeron unha desfeita auténtica, pero auténtica, é que non sabemos aínda o calado, 20 millóns é o que temos agora enriba da mesa, xa veremos, só Xestur Pontevedra, non Galicia, Xestur Pontevedra, e por iso hai moitos temas, e aí había acordos importantes que había que resolver, porque senón se resolven os acordos os concellos non nos dan autorización para levar a cabo os compromisos que había, e iso é evidente, e nesa problemática é na que temos que seguir resolvendo os nosos problemas. Sr. González, evidentemente, que nós gañamos as eleccións para aplicar as nosas políticas, non as de vostedes, porque vostedes nos levan ó desastre, é que só faltaría que aplicásemos as políticas de vostedes, xa se miran os resultados que están dando as súas políticas, como temos o país, en que situación estamos, agora teremos que rascarnos un pouco máis o bolsillo aínda, para poder levar a cabo as desfeitas de vostedes durante os últimos 6 anos. Ese é o gran problema, que estamos preto dos 5 millóns de parados, e hai que ver como colleron vostedes o país, esa é a tónica de sempre, cando gobernan vostedes ó final é desfeita tras desfeita, e parece que lles molesta, bueno, pois claro que aplicamos as nosas políticas, nós estamos aquí para loxicamente presentarnos ante os electores, ante os cidadáns, e dicirlles o que vamos a facer, e cando gañamos, se gañamos, aplicamos as nosas políticas porque ó final é o que temos que levar a cabo. Sr. Mosquera, mire, vostede hoxe está co tema do bilingüismo, e que parece que lle molesta, nós vamos a recibir, o Presidente, o Presidente vai a recibir o 15 á Mesa pola normalización lingüística, e non ten ningún problema, talante, apertura, mire, sabe cal é o problema, ¿sabe cal é o problema?, que moitos dos fillos dalgúns que están aquí, lle vou a dicir, porque o sei, falan en privado en galego moito máis que os de vostedes. Ó mellor para algúns dos que están aquí, a primeira lingua do seu fillo é o galego, e para moitos de vostedes non, porque é vergonzoso cando algún de vostedes, non digo nomes, se lles escoita falar cos seus fillos en castelán, e despois a demagoxia pública de dicir todo o contrario, e teño probas, e seino, porque no trato de moitos de vostedes que o teño, pois sei que sucede iso, pero moitos de aquí, compróbeno tamén, hai moitos dos fillos dalgúns que están sentados aquí nestas bancadas que a primeira lingua é o galego, a primeira, e digo máis de tres ou catro, iso, que ocorre, que nós estamos abertos a escoitar a todo o mundo, ou vostedes cando fan a sonada de aula Castelao, ¿a quen levan?, dedo, dedo, dedo,dedo, e “si me salgo del dedo no vas”, nós non, nos atendemos a todos, xa sei que iso lles ruboriza a algún de vostedes o que pasa é que non o queren entender, e vostede agora está facendo un discurso, porque o Museo cedeu unha instalación para unhas xornadas, como ceden para moitas outras cousas, de carreteras, …, e para todo o que sexa necesario, porque o Museo ten que ser un lugar emblemático desta provincia para que todo o mundo que veña de fóra poida estar alí, e se hai instalacións por que non as vamos a ceder, loxicamente que as cederemos para este tema, para este congreso e para moitos outros que se teñen que levar a cabo, e non hai ningún tipo de problema, o que pasa é que vostedes, bueno, pois discriminan e impoñen e castigan ós que non son da súa cor, iso está perfectamente, e nós non nos escondemos para nada, pero o día 15 seguramente vostedes non son capaces de recibir a Galicia bilingüe, ¿a que non?. A ver se son capaces de recibir a Galicia bilingüe e escoitalos, non. Nós á Mesa pola normalización lingüística, o Presidente, creo que é o 15, ¿non Presidente?, pois un día desta semana que vén, que ten aí a axenda, vai a recibir á Mesa pola normalización lingüística, como ten que ser, non ten que ver unha cuestión con outra, pero alí vostedes provocan concentración, non, dende logo non vamos a provocar ningunha concentración cando veña a Mesa pola normalización lingüística, os vamos a recibir correctamente, cortesmente, os vamos a atender como se merecen, e lles vamos a dar a nosa posición, punto, e escoitar a deles, como ten que ser en democracia, vostedes ó que non lles gusta pechan o oído, e o que lles gusta pois o alaban, e o alzan o máximo, pois esa é a diferenza. Eu creo que ó final estamos aquí trasladando un debate político cando non ten ningún sentido Sr. González, vostede pode falar o que queira detrás e non sei que, pero eu lle digo, que se eu fose secretario xeral do partido Socialista de España e a miña nai fora declarada tránsfuga, dende logo que non me sentiría ben, ¡ah!, o que sucedeu en menos de 24 horas, vostedes os expulsaron e os declararon tránsfugas, e bueno, pois, dentro desas concellalas hai unha nai, que é a nai da Sra. Pajín, é dicir, non hai máis voltas que darlle, eu non digo que teña que controlar á súa nai, digo que hai unha realidade que está aí, e por suposto que eu fun a unha cea de militante do noso partido en Mos, e volvería a ir, volvería a repetir a mesma situación, ou, só faltaba que me fora a ocultar eu cos militantes do meu partido, é dicir, que só fastidiaría que nunha cea de navidade eu non fora ou non quixera ir porque houbo unha moción de censura. Claro que celebrei a navidade, como non ía a celebralo, correctamente e ademais como ten que ser, pero non só fun á de Mos, fun a moitas da provincia, é dicir, a moitas, a 14 ou 15 que coincidían e que tiñamos que ir, e fomos como ten que ser, respaldando ós nosos militantes e ós nosos simpatizantes, supoño que vostede nesa cea, sabería que había aproximadamente unhas 700 persoas, non había 15 nin 14 representantes había aproximadamente unhas 700 persoas, llo digo para que vostede o saiba correctamente, esa é a única realidade, a única situación que hai a día de hoxe, o importante é que vai a haber 20 millóns de euros máis para investir na nosa provincia, e iso é o verdadeiramente importante, o demais, bueno, pois, forma parte do xogo político, eu tamén o entendo pero que saiban que o que estamos a votar hoxe non é mocións de censura nin Galicia bilingüe nin Mesa pola normalización nin nada de nada, é 2 millóns e medio de euros para que se siga beneficiando, que sigan rentabilizando a nosa provincia as inversións. Sr. Presidente.- Estou de acordo con D. Cesáreo Mosquera que se acabou, pero aquí Emilio parece que quere … a ver dámoslle a palabra. Sr. González Iglesias.- Cun minuto me chega, ¡eh!. Sr. Presidente.- Si, pois aí ten o minuto. Sr. González Iglesias.- Si cun minuto me chega. Home a ver, o problema que ten o Partido Popular, é que se apunta a todas, e claro eu escoito estes días ó Sr. Rajoy, e a todos vostedes dicindo que hai que baixar no noso país, vostede fixo unha referencia á política económica xeral, e resulta que hai que baixar os impostos, e ó mesmo tempo sacan o tema dos libros en Santiago, e claro, resultado final, co tema dos libros para os alumnos, resulta que o 70% máis ou menos dos cidadáns teñen que pagar os libros, se o 70% teñen os ingresos máis altos da poboación, resulta que lle están plantexando baixar os impostos ós que teñen os ingresos máis altos, é dicir, mire isto é unha tontería, pero é exactamente a mesma tontería que vostede vén dicindo dende que iniciou as súas intervencións, exactamente a mesma, é curiosísimo, o Goberno pode gustarlle máis ou menos, pero está facendo diante da crise o que están facendo todos os goberno occidentais, absolutamente todos, todos, e só hai unha voz discordante, a de vostedes, que din o contrario do que está facendo todo o mundo, vaian vostedes a Alemania a ver o que fai a Sra. Merkel, e miren o que se fai aquí, vaian a onde queiran, e é unha colega de vostedes, pero sinceramente e para rematar, e é un tema que nin sequera me aludía a min, pero a min hai cousas que me cabrean profundamente. Se non fora literal a acta deste Pleno, lle estaría pedindo ó Secretario que constase expresamente en acta o que vou a dicir, e é que o Sr. Figueroa minte, e sabe que minte ademais, porque curiosamente eu antes de onte paso por diante da sede de turismo e non hai ningún efecto túnel, está mentindo, non está mentindo, antes de onte, estaba mentindo, cousa que fai curiosamente sempre que fala, están a un lado, antes de onte, llo digo, eu cando as mirei que estaban a un lado da entrada e claro, o Sr. Figueroa tira para diante, é normal, é normal, el mesmo recoñece que a celebrar unha moción de censura, loxicamente foi a celebrala e me gustaría saber, gustaríame saber, Sr. Figueroa, canto pagaron os asistentes á cea, porque me consta que bastantes pagaron 0 pesetas, non sei se foi coa subvención da festa da Rosa de agora, ou doutras historias. Por certo iso que dicía o Presidente que non era verdade cando llo estaba dicindo, e sigo tendo a acta, non é verdade, pero está na acta, bueno, mire, de verdade, podía dar para moito máis, pero, creo que isto está pechado e non vou a dicir nada máis. Vamos a votar en contra. Sr. Figueroa Vila.- Non dicía, para rematar, que por iso España ten o dobre de paro que Europa, debe de ser que as políticas que están aplicando aquí non deben de ser moi correctas, ó final resultados, que é o único do que temos que falar, e dos datos que temos. E mire, con respecto ó Palacete, eu creo que bueno, xa houbo tantas denuncias, home, eu non sei se onte a caseta estaba máis para a esquerda, ou máis para a dereita, o que está claro é que leva 3 anos e medio ou 4, é dicir, as casetas diante da oficina, onde se reciben as persoas que nos visitan, é dicir, que mire, lle vou a dicir unha cousa, e llo vou a dicir sinceramente, non sabe vostede as broncas, eu si recibín algunha bronca do Presidente nesta casa, dende que levo, foi a única exclusivamente por ese tema, porque aguantei , aguantei, me votaba broncas todos os días para que denunciara o tema, e aguantei, aguantei, home, eu creo que é unha chamada ó director de obra, e que lle diga, mire, saque esas casetas, arrinconalas para un lado, senón pasa absolutamente nada, se é un problema de vontade, é que parece que se fai con mala fe, esa é a sensación que nos queda, é que claro, cando as relacións institucionais parece que alguén as fai con mala fe, porque se hoxe se está debatendo este tema, e o Sr. Mosquera quere ter a intención ou a boa fe de facelo, eu lle digo que a empresa as retira en media mañá, Sr. Mosquera, chame por teléfono, non fai falta nin que lle mande nin unha nota, chame ó director da empresa ou ó responsable da empresa e lle cambie, se non hai ningún problema, chama ó responsable Angel, e llas cambia ós 5 minutos, se non ten ningún problema. Pero non, o fan, porque si, e mire con respecto a unha cea, mire, os militantes nosos de momento as ceas as pagan, é dicir, as pagan, entenda, as pagan, e esa a pagaron relixiosamente cada un dos militantes que foron alí. Iso que o teña claro. Sr. Presidente.- Bueno, pois rematamos este punto, que dalgunha maneira se falou de bastantes cousas, pero eu só dicirlle ó Sr. González, a foto está aquí, isto non é inventado, non, non, pero o problema, Sr. González, é que vostede pasou por alí o outro día, pero eu paso a miúdo, e isto non se produce agora, isto leva meses, leva anos, e o problema, ademais que dá a sensación de que os contedores estes parece que teñen rodas, porque se desprazan, pero sempre é como se cho puxeran na cara, sempre, ¡bumm!. E ademais é que non …, vostedes …., mire como é a forma de actuar do Partido Popular, como pode ser a súa, a do Bloque Nacionalista Galego, con isto vostedes houbesen feito un serial, pero un serial de semanas, porque eu lle vou a dicir, e non o sacamos aquí na foto, mire os dous carteis que hai colocados da obra, do plan E e de todos os demais, por dous, tapando parte da finca e do edificio, a tubería que hai aquí, andou ó redor do edificio durante dous anos e medio, pero sempre contra o edificio da Deputación, as casetas teñen rodas, estiveron en varios puntos, sempre, evidentemente tapando a entrada ou fachada do edificio, é que somos unha administración, e polo tanto, se prexudicamos a algúns veciños, primeiro enténdese que se debe prexudicar á administración antes que prexudicar ós veciños, e entenderíamos se se nos explica, pero non foi así, non foi así, porque hai sitio onde colocala sen prexudicar a ninguén, pero non, e claro, despois, pero mire, despois levamos aquí sufrindo moitos anos, e este ano, evidentemente que nos cansamos con este espectáculo de fotos que hai aquí, onde evidentemente só por respecto, como dicía o Sr. Figueroa, por respecto institucional, isto non se debe tolerar nin consentir, mire para aquí, tendas de campaña, lixo, etc., etc., diante da Deputación, pero ademais falamos, temos falado có Sr. Mosquera, temos falado co Alcalde, e temos tal, e nin caso, polas boas, vostedes disto, xa digo, irían ós medios de comunicación, polémica tras polémica, nós non, eu recibín ó Alcalde, falei co Alcalde, tivemos entrevistas co Alcalde sen problema ningún, e ata nesas entrevistas, neses Convenios que fixemos, non falamos disto, porque somos doutra maneira de ser, home, iso é o que nos diferenza á xente do Partido Popular con todos vostedes, que vostedes aproveitan a demagoxia e a manipulación, pero aquí o problema é que isto é verdadeiro, está aquí, está aquí, e levamos anos sufrindo esta situación, anos, pero bueno, sorte que o tempo vai poñendo a cada un no seu sitio, esa é a gran verdade, a gran verdade, é que o tempo vai poñendo a cada un no seu sitio. Eu sei ademais tamén que o Sr. González, habitúa moitas veces a manipular e a manipular cifras no sentido que os 30 mil euros da festa da Rosa, pois os concellos de actividade cultural, neste caso do plan de Acción Municipal, poden estar destinadas ó que queira, e se o concello decide destinalas á festa da Rosa, é o seu problema, de acordo. Sr. González, polo tanto non manipule a información, se o concello, eu a vostede non lle podo preguntar a que dedica vostede a cantidade do plan de Acción Municipal, de actividades culturais, que non sei a que a dedicou, pero nin me importa, porque a decisión finalmente é súa. E en relación a posibles actuacións nese concello lle vou a dicir ademais a maiores, que agora hai xestión, e lle vou a recordar algo máis, porque creo que ten pouca memoria, me parece a min que ten pouca memoria, como pasou en Gondomar e como pasou en moitos sitios. Vostedes so se puxeron de acordo para poñer ó alcalde na sesión que durou media hora de constitución da corporación, durante dous anos non houbo acordo de goberno en Mos, durante dous anos, non houbo acordo de goberno, só se puxeron de acordo para poñer ó alcalde, en Mos e en Gondomar, pois polo resto xa sabe vostede o que pasou, non llo vou a dicir eu, vostede xa sabe o que pasou, ¿verdade?. Polo tanto, se agora hai xestión a vostede non lle debe preocupar que haxa xestión agora, e se hai convenios coa Deputación será porque hai convenios porque hai xestión no concello, antes non a había, antes non a había, porque senón están nin de acordo máis que para iso, senón están máis que de acordo para poñerse durante media hora de acordo para elixir o Alcalde, despois andan literalmente, xa saben, literalmente andan todos os días, todos os días, iso pasa precisamente por estes acordos postelectorais, que non son das urnas que senón que se fan despois. E por iso lle quería trasladar toda esta retahíla, xa que vexo que está pouco informado, pois refrescarlle un pouco a memoria. E remato estes comentarios en relación ó tema da sesión das instalacións, do Museo, tamén dicindo que alí temos un auditorio que creo que o Sr. Mosquera non coñece, pero ese auditorio pódeo utilizar calquera pontevedrés, calquera asociación que o solicite, e tamén como non, coa axuda da Deputación se poden organizar estas xornadas para darlle actividade a ese escenario, e creo que vostede debería estar contento con todo iso. O que pasa é que eu sei que a súa forma de actuar é un pouco sectaria, por non dicilo doutra maneira, porque todo aquilo que non lle gusta non pode ser, e non, non é así, Sr. Mosquera, todos aqueles que dalgunha maneira pois queren facer poñer en marcha unhas xornadas, sexa quen sexa, pero cal é o delito, hai algún delito, me pregunto, ¿hai algún delito? Vostede ten que respectar a pluralidade dos demais, porque en certa maneira vivimos nun país que consta oficialmente que se poden falar dous idiomas, e eu son galego falante, como vostede, pero incluso son galego falante máis que algún de vostedes, do seu partido, que ós seus fillos na casa lle falan en castelán, en castelán lle falan, pero despois ós demais lle impoñen que hai que falar en galego, e iso vai sendo hora de que se descubra dunha vez por todas, porque a vostedes lle gusta a imposición pero pos demais, e polo tanto xa estamos cansados desa situación. Aquí recibiremos evidentemente ós da plataforma, ou nesta casa á Mesa da normalización, que nunca será, poderá equiparar, o que vostedes lle deron, máis de 2 millóns de euros que lle levan dado nos últimos anos, había que preguntarse para que, pois miraremos haber para que eran. Xa sei que alí Dona Isaura se cansa destas cousas, pero é conveniente recordalo, estas cousas hai que recordalas, ¡ah!, bueno, é conveniente recordalas, si, porque de vez en cando vostedes teñen fráxil memoria, entón a memoria é moi bo recordala de vez en cando porque hai que poñela a tono en cada momento. E falando do seno familiar para rematar, eu xa sufrín evidentemente en moitas circunstancias, e como do seno familiar vostedes parece que non lle gusta que lle falen, xa lle falaron aí da secretaria de urbanización, ou neste caso, o Sr. Chaves, tamén, que ese é coñecido no Partido Socialista, ¿verdade?, que cambiou unha norma incluso para darlle 10 millóns de euros á súa filla, non se acorda diso, non se acorda, Sr. González, non, pero o máis recente é que o alcalde do Grove lle adxudica os proxectos ó seu irmán, non sei se o viron hoxe, é noticia hoxe, iso todo é compoñente do seno familiar, eu sei que todas estas cousas non lle gustan, pero de vez en cando, de vez en cando, hai que refrescarlle a memoria, eu sei que todas estas cousas non lle gustan, pero de vez en cando, de vez en cando, hai que refrescarlle a memoria, porque parece que teñen pouca memoria, e como eu evidentemente destes temas xa coñezo, porque sei como se las gastan, hai que recordarllo. Polo tanto, creo que queda ben claro, cal é a forma de actuar duns e cal é a forma de actuar doutros. Neste sentido xa digo, o Partido Popular ten claro o que debe facer, vai a escoitar a todo o mundo, entende a pluralidade e o respecto, e todos aqueles proxectos que sexan bos para sexa o concello que sexa. Así o faremos. Pois vamos a proceder á votación, ¿quere intervir?. A ver, Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, home, que gracias Sr. Presidente, é que ten unha maneira de presidir os Plenos que manda narices. Sr. Presidente.- ¡Ah! claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Claro, claro. Sr. Presidente.- ¿Non lle gusta?. ¿Entón?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, intervén ó final, non, non, senón hai ningún problema, non hai ningún problema á parte do que resista a espalda, non hai absolutamente ningún problema. Mire, iso de soltar acusación e demais con respecto ó comportamento lingüístico duns e doutros e demais, imaxínome que non será …, mentres non se dean nomes, e aínda así sería moi desagradecido, é unha verdadeira tontería. Mire, sacaron á fala a Castelao, me parece que todo que se lle deu agora a Castelao, moitisimas edicións, digamos este mes e outros, o que van a gastar aquí, supera a suma de toda a vida, para empezar, pero mire eu xa non quero falar máis disto, dende logo o niveliño é o que hai, quero dicir, o concello de Pontevedra tamén podería protestar porque ten unha valla diante, ¿verdade?. Eu case vou a dicir, o Presidente casettes, porque, Sr. Presidente, falando agora dunha caseta dunha obra, que se ten sitio ou non, de verdade un niveliño, o niveliño é o que é, en vez de dicir, oiga, mire, estamos contentos, só espero acabar antes, pero bueno, ou estamos contentos porque o entorno vai quedar de maravilla, e só se a caseta vai ou vén, anda … dende logo, dende logo que tal, ¿que diría vostede se están facendo unha estrada e resulta que lle están causando molestias a non sei quen?, entón … por favor, por favor, dende logo a súa preocupación evidentemente non é a caseta, a preocupación é darlle cartos ós de Mos, ou facer o que está facendo no Museo, porque di, con moita liberdade, pero ¿cando recibiu vostede a mesa?, nunca, recíbea agora a consecuencia disto, vaille dar 60.000, 100.000 ou 200.000 Sr. Presidente.- Recíboa cando me pediu a entrevista. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, si, seguro. Sr. Presidente.- Non, non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Hai alcaldes que levan dous anos esperando a que os recibas. Sr. Presidente.- ¡Ah!, non, non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, vamos a recibilo agora. Mire Sr. Presidente, ande, mire, fai o que fai e déixese de tal, e a xustificación é, como non sei que pasou, como non sei, e pasando, é unha pena que non saque algo de Durâo Barroso, máis do comisario non sei que, porque tamén daba xogo, alá o que pasou non sei onde máis, mire as catro obras que están facendo e punto, e bueno, é a súa decisión, que lle vamos a facer, moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. González. Sr. González Iglesias.- Mire, Sr. Louzán, primeiro teño que darlle as grazas, porque por primeira vez acabo de escoitar ó Sr. Louzán xustificando a moción de censura de Mos, ata agora, nunca lle oíra xustificalo, hoxe por primeira vez xustificouna, e é normal, é dicir, se eu teño unha empregada de confianza e participa nunha moción de censura, loxicamente, eu estou apoiándoa, pero hoxe acaba de xustificar esta moción de censura, o cal non é ningunha novidade para nós, pero a vostede como se lle quenta a boca cando participa nestes debates, pois de vez en cando mete a pata, e hoxe acaba de facelo, desgrazas que ten. Sr. Presidente.- Demagoxias as xustas. Sr. González Iglesias.- Mire, de todos os xeitos a min, hai dúas cuestións que me preocupan, dígoo porque vostedes sempre son dos que anuncian estas cousas, oiga, pero mire, pero ¿que pasa?, ¿están facendo escoitas nas casas dos demais, para ver en que idioma lle fala cada un ó seu fillo?. Eu alucino, escoito ó Presidente da Deputación dicir, é que algúns despois na casa lle falan ó fillo en castelán, bueno non sei, diso acusan vostedes moito ós demais, parece que tal, e mire, eu xa hai unha cuestión con vostede que quero deixarlle moi clariño, e é que non pode dicir cousas como acaba de dicir, de Chaves e dos demais, que como vostede esqueceuse, Sr. Louzán, e voullo a recordar, que me parece que ten a memoria fráxil, esqueceuse de dar de baixa no Rexistro Mercantil, unha participación nunha sociedade e iso dou conta aquí nun Pleno, acordouse no notario, pero no Rexistro Mercantil resulta que curiosamente, ó Sr. Louzán esquecérase de dar de baixa o tema, e acordouse cando resulta que a Deputación estaba, falando doutros tempos, estaba contratando con esta empresa, é dicir, mire, sinceramente, Sr. Louzán, non entre nese tipo de cuestións, que xa está ben, é a política que fan vostedes sistematicamente en todas partes, é dicir, tiramos pedras a ver que pasa, e os demais “son la de Dios”. Mire, para iso, volvo a repetir que non pode ter eses olvidos como tivo vostede, olvidos, ¡eh!. ¿De que quere que lle fale máis?, ¿da directora xeral de traballo?, ¿de máis cousas?, ¿quere seguir por aí?, eu non quero seguir por aí, e simplemente lle fago a advertencia, do que lle acabo de dicir, para que saque do debate deste casa este tipo de cuestións, que vostede é moi aficionado a traer esas cuestións ó debate desta casa. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Se vostede cre, evidentemente con ese tipo de argumentarios, pero vexo que están ..., xa o fixeron no seu día, por terra, mar e aire, e o único que encontraron, é que te olvidaches do Rexistro Mercantil, fixádevos ben, porque esa é a forma de actuar do Partido Socialista, vostede se acaba de descubrir, Sr. González, vostede se acaba de descubrir Sr. González, unha vez máis, esas son as formas carroñeras que utiliza sempre o Partido Socialista, de utilización, e despois evidentemente, teñen unha ventana que hai algún medio de comunicación que todos os días vamos sacando, sacando, sacando e sacando, e despois claro, os acusan de que utilizan a fiscais, a xuíces e todo iso, claro como non van a acusar, home, como non os van a acusar porque son evidentemente, porque vostedes na xestión son un puñetero desastre, un desastre, así se está demostrando agora, o único que vale, evidentemente para confundir e manipular, niso son uns verdadeiros artistas, son uns verdadeiros artistas, e claro, pero vostede tranquilo Sr. González, que a min xa me revisaron, por adiante e por atrás, por tierra, mar y aire, e o único que encontraron realmente foi iso, triste de vostede, triste de vostede, pero aquí, xa digo, claro, xa sei que lle senta moi mal, que lle digan iso, de que Chaves cambiou unha norma, un Presidente da Comunidade Autónoma, que claro leva 30 anos gobernando alí, é como unha ditadura, máis ou menos, tiveron que sacalo así pola porta de atrás, e ó final cambiou unha norma para darlle unha subvención de 10 millóns de euros á empresa onde a súa filla é apoderada, e iso evidentemente, o Fiscal, xa sei home que non lle gusta, xa sei Sr. González que non lle gusta, a vostede non lle gusta que lle falen desas cousas, Sr. González, xa sei que non lle gusta, xa sei, claro, claro que non lle gusta, nin lle gusta tampouco que lle recorde que o alcalde do Grove, lle adxudica pois os proxectos ó seu irmán, tampouco lle gusta iso, ¿verdade, Sr. González?. Por su posto, nin claro, como se lles quedaría a cara a vostedes despois de todo o que fixeron, despois de todo o que levan dito, que o número tres do Partido Socialista, que a súa nai firme unha moción de censura contra o Partido Popular, pero claro como lle queda a cara, e que claro, e que non teñen cara, non teñen rostro, o que pasa, é que por certo, que vostedes non se poñen colorados nin impasivos ante este tipo de circunstancias, a vostedes non lles pasa absolutamente nada, porque son capaces de todo, e polo tanto, hai que recordarllo e de vez en cando vamos indo recordándollo, porque ademais vostedes a xestión que teñen, que deixaron aí no Goberno de Galicia, tranquilo que haberá tempo para todo, tranquilo Sr. González, a xestión que vostedes deixaron no Goberno de Galicia, dá moito de si durante 4 anos, durante 4 anos dá moito de si, a sorte para os galegos é que estiveron só 4, só 4 anos, pero deixaron unha huella importante, que xa iremos falando dela, que hai tempo, hai largo recorrido para falar dela. Polo tanto, xa digo, non se preocupen que vamos a ter abundancia de información e tempo para poder debater, pero estea tranquilo, porque como outros intentaron evidentemente, dentro desta forma carroñera que vostedes actúan haberá escenarios para todo este tipo de actuacións, polo tanto, exactamente al tiempo, al tiempo, que aí nos encontraremos. Vamos a votar este punto, que é o punto número 5, Expediente de modificación de crédito número 2/2009. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 8 de setembro de 2009, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2009, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 7.585.268,28 euros, importe que supón unha modificación cuantitativa de 2.585.268,28 euros e unha modificación cualitativa de 5.000.000,00 euros, motivando a tramitación do mesmo, no caso dos créditos extraordinarios e nos suplementos de crédito, pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos, e no caso da transferencia de crédito para facilitar a xestión e control do “Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra 2009-2011”. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 2/2009 finánciase, no caso dos créditos extraordinarios e suplementos de crédito, con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento correspondente ó exercicio de 2008, e no caso da transferencia coa minoración do crédito da partida 09/911.511.662.45, por importe de 5.000.000,00 euros. Resultando que nos informes de Intervención de data 8 de setembro de 2009, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª a 10ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto á competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/2009, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1. Aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/2009, por un importe global de 7.585.268,28 euros, importe que supón unha modificación cuantitativa de 2.585.268,28 euros e unha modificación cualitativa de 5.000.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos………….. 1.135.800,00 euros Capítulo 4º Transferencias correntes……………………… 436.468,28 euros Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… 766.000,00 euros Capítulo 7º Transferencias de capital…………………….. 247.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 2.585.268,28 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 450-452-481.01 PREMIOS, BECAS, PENSIÓNS DE ESTUDO E INVESTIGACIÓN -DEPORTES. (Premio Hípica Deputación de Pontevedra: 9.000,00€) 9.000,00 € Total Créditos Extraordinarios... 9.000,00 € b) Suplementos de crédito: PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 121-121-221.00 ENERXÍA ELÉCTRICA, (SERVIZO CENTRAL) 30.000,00 € 121-121-222.01 COMUNICACIÓNS POSTAIS, (SERVIZO CENTRAL) 45.000,00 € 313-313-789.00 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO [(G-36.153.757) ASOCIACIÓN AMENCER, para adaptar vehículo) 7.000,00 € 422-422-212.00 REPARACIÓNS DE EDIFICIOS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS (C.I. PRÍNCIPE FELIPE) 40.000,00 € 450-452-489.04 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E INST. SEN FINS DE LUCRO -DEPORTES. (Baixada río Miño -KAYAK TUDENSE: 6.000,00€; FUNDACIÓN OSCAR PEREIRO: 30.000,00€) 36.000,00 € 450-452-668.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CENTROS DEPORTIVOS NON MUNICIPAIS. (Reforma e equipamento Centro Náutico de Ribadumia -CLUB NÁUTICO DE RIBADUMIA) 130.000,00 € 451-451-226.11 GASTOS EN ACTIVIDADES CULTURAIS, (CULTURA) 130.000,00 € 451-451-668.02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO - CENTROS CULTURAIS, (Reparacións Mosteiro da Armenteira) 216.000,00 € 451-451-789.00 TRANSFERENCIAS A INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO, ACTIVIDADES MUSICAIS, (Banda de Música de Sanxenxo) 20.000,00 € 451-451-789.04 TRANSF. A INST. SEN FINS DE LUCRO - REHABILITACIÓN DE C. CULTURAIS E OUTRAS CONSTRUCIÓNS, (Conv. Comunidade Montes de Curro- Obras en Amil: 50.000,00€; A.Veciños de Ardán -Casa de Cultura: 60.000,00€; Fundación Guláns-Ponteareas para Centro Socio Cultural: 50.000,00€) 160.000,00 € 452-452-227.20 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS - CONTRATOS ASISTENCIAIS (A LANZADA) 30.000,00 € 453-453-213.00 REPARACIÓNS M. CONSERVACIÓN DE MAQUINARIA, INSTALACIÓN E UTILLAXE (SOUTOMAIOR) 5.000,00 € 453-453-625.01 MOBILIARIO E ENSERES (SALA PERMANENTE DE EXPOSICIÓNS - SOUTOMAIOR) 60.000,00 € 454-451-213.00 REPARACIÓNS M. CONSERVACIÓN DE MAQUINARIA, INSTALACIÓN E UTILLAXE (ARQUIVO) 12.000,00 € 511-511-210.00 REPARACIÓNS EN INFRAESTRUTURAS E BENS NATURAIS (VÍAS E OBRAS) 823.800,00 € 511-511-214.00 REPARACIÓNS M. E CONSERVACIÓN DE MATERIAL DE TRANSPORTES (VÍAS E OBRAS) 20.000,00 € 711-422-489.01 TRANSFERENCIAS A FAMILIAS E INSTITUCIÓNS SEN FINS DE LUCRO (CONVENIO CON AFRIFOGA, [G-36.028.603], Espazos naturais, Rede Natura) 95.000,00 € 911-223-467.01 TRANSFERENCIAS A CONSORCIOS EXTINCIÓN DE INCENDIOS, (Consorcio contra incendios do SALNÉS [G-36.362.440]) 296.468,28 € 911-911-662.09 INVESTIMENTOS EN COOPERACIÓN CON ENTIDADES LOCAIS (Convenio concello de Mos para: Vestiarios e gradas campo de fútbol: 200.000,00€; Centro Social: 160.000,00€; 360.000,00 € 911-911-762.14 TRANFERENCIAS A CONCELLOS (concello de Silleda para "Remodelación e ampliación do Auditorio de Bandeira": 60.000,00€) 60.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 2.576.268,28 € c) Transferencias de crédito PARTIDA DENOMINACIÓN IMPORTE 911-911-662.45 PLAN DE INVESTIMENTOS PARA CONCELLOS 2009-2011 5.000.000,00 € 911-511-662.45 CONV. ESTRADAS CON CONCELLOS, INVESTIMENTOS 2009-2011 -5.000.000,00 € 2. O expediente de modificación de créditos número 2/2009 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.5858.- RESOLUCIÓN DOS RECURSOS DE REPOSICIÓN INTERPOSTOS FRONTE Ó ACORDO PLENARIO DE DATA 26 DE XUÑO DE 2009, POLO QUE SE RESOLVÍAN AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO I: PO-223 Á AVDA. DE BOS AIRES” E APROBÁBASE DE FORMA DEFINITIVA O PROXECTO Sr. Presidente.- Resolución dos recursos de reposición interpostos fronte ó acordo plenario de data 26 de xuño 2009, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto acceso oeste a Montecelo tramo 1º na estrada Pontevedra 223 da Avenida de Bos Aires, e aprobábase de forma definitiva o proxecto. Non, sei se hai algunha intervención. Non dareilla en todo caso no turno de Rogos e Preguntas, ó final. Non hai ningunha intervención, polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto de trazado "Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires" que está dotado dun orzamento de 4.773.140,98 euros, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial o 30 de novembro de 2007. A posta en marcha deste acceso, que leva consigo a execución dun vial no que é necesaria a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez e a urxencia da cal fora manifestada polo concello de Pontevedra, requiriu a cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra ó exceder a súa execución as posibilidades municipais, para o cal se articulou un Convenio de colaboración aprobado polas respectivas Corporacións, sendo incluída a devandita obra dentro do plan de vías provinciais -período 2007/2011-. O proxecto ten por obxecto definir as obras necesarias para habilitar un acceso ó complexo hospitalario de Montecelo de maneira que se evite a conxestión actual dos viais existentes e se estruture un complemento á rede viaria da cidade de Pontevedra, xa que existen movementos dos itinerarios os cales é necesario optimizar. Tendo en conta que a localización da nova ponte está incluída na Rede Natura como Lugar de Interese Comunitario, redactouse -por parte da empresa adxudicataria das obras tal e como constaba no prego de condicións- un estudo de impacto ambiental (que foi supervisado por técnicos desta Administración) e que é conforme coa normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicable. O devandito estudo de impacto ambiental foi aprobado polo Pleno da Corporación Provincial na sesión extraordinaria celebrada o día 12 de setembro de 2008. Pola súa banda a Dirección Xeral de Calidade Ambiental emitiu, o pasado 25 de maio de 2009, a correspondente Declaración de Impacto Ambiental do citado proxecto, sinalando unha serie de medidas que serán recollidas no proxecto construtivo. Logo da tramitación ambiental do proxecto de referencia, o Pleno da Corporación Provincial, na sesión celebrada o 26 de xuño de 2009, resolveu as alegacións presentadas ó proxecto de trazado “ACCESO OESTE A MONTECELO TRAMO I: PO-223 Á AVENIDA DE BOS AIRES” e aprobou definitivamente o mesmo. Publicado o devandito acordo no Boletín Oficial da Provincia( BOP nº 127/data 6 de xullo de 2009), no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra e notificado individualmente ós propietarios que presentaron alegacións, en data 6 de agosto de 2009 preséntanse dous recursos de reposición que son informados polo Servizo de Infraestruturas. É por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: PRIMEIRO. A resolución dos recursos de reposición interpostos fronte o acordo plenario, de data 26 de xuño de 2009, polo que se resolvían as alegacións presentadas ó proxecto “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO I: PO-223 Á AVDA. DE BOS AIRES” e aprobábase de forma definitiva o proxecto, segundo o seguinte detalle: Desestimar os recursos de reposición presentados por D. José Dios Crespo, titular da parcela nº 36, e Dona María Dolores Dios Poceiro, titular das parcelas nº 37 e 38, -recursos idénticos no seu contido- de acordo cos seguintes fundamentos técnicos e xurídicos: a) ALEGACIÓNS RELATIVAS ÁS “DEFICIENCIAS TÉCNICAS DO PROXECTO DE TRAZADO” Resumo das alegacións: O proxecto vulnera as previsións relativas á inclinación de rasantes da Norma 3.1-IC, non contempla unha solución da conexión da nova infraestrutura cos viarios ós que conflúe e prevé relevantes desmontes; non existe previsión sobre os efectos derivados da escorrentía das augas nin mención á reposición do manancial- finca nº 36- e da mina de auga subterránea - fincas 37 e 38- existentes; ademais gran parte do trazado articúlase sobre o LIC Río Lérez, afecta humedais e bens de interese cultural, o proxecto non valora correctamente os prexuízos ó patrimonio e sepárase da definición recollida no avance do PXOM do concello de Pontevedra. Motivación da desestimación: A Norma 3.1-IC.Trazado, da Instrución de Estradas, no seu punto 5.2. Inclinación das rasantes, define as inclinacións máximas en estradas convencionais que son: km/h) Inclinación máxima (%) Inclinación excepcional (%) 100 4 5 80 5 7 60 6 8 40 7 10 No noso caso a velocidade de proxecto é Vp = 60 km/h. polo que a inclinación máxima é do 6% sendo a excepcional do 8%. É por iso que non cabe falar de vulneración da citada norma xa que en ningún tramo do trazado correspondente á obra se superan estes valores. En canto ás conexións cos viarios existentes resólvense (así vén deseñado no proxecto) da seguinte forma: - Intersección coa estrada PO-223 (Pontevedra-Campo Lameiro): construción dunha glorieta de diámetro 28 m. - Intersección coa Avda. Bos Aires: Construción dunha glorieta de diámetro 32 m. En canto ós relevantes desmontes ós que se refiren os recorrentes, cabe sinalar que cando se deseña unha estrada un dos principios básicos a ter en conta é a “coordinación entre planta e alzado”. Isto trae como consecuencia a definición xeométrica da estrada. É por iso que neste caso os desmontes proxectados son os necesarios para adecuar as rasantes de proxecto en función do terreo existente non sendo, en ningún caso, desproporcionados. Doutra banda engadir que no presente expediente non ten sentido falar de que resulta suficiente a capacidade actual da vía para a intensidade media diaria, xa que a estrada proxectada é de novo trazado non existindo na actualidade ningunha vía. En relación ás escorrentías das augas, o estudo de impacto ambiental (en diante EIA) avalía o impacto das mesmas e establece as medidas necesarias para a súa corrección. No proxecto construtivo deseñaranse os sistemas de drenaxe lonxitudinal e transversal que eviten os seus efectos. En canto ó manancial e mina de auga, sinalar que en virtude do decreto autonómico 442/99 e do RDL 1/2008 no EIA se describen os recursos naturais afectados, xeoloxía e auga entre eles. A inexistencia de acuíferos na zona dada a xeoloxía do substrato, leva a pospor a consideración das augas subterráneas e mananciais á seguinte fase de proxecto construtivo onde o maior detalle do proxecto permitirá valorar a afección particular a pozos e mananciais. Para iso, durante o período de levantamento das actas previas das expropiacións solicitarase información fornecida dos propietarios das leiras afectadas e leiras próximas. Sinalar que o EIA establece unha vixilancia ambiental que garantirá o control e seguimento da execución da obra, asegurando no seu caso a detección de calquera efecto negativo non considerado no EIA, ou que se desvíe do previsto no mesmo. Polo que se refire á paisaxe o EIA realiza un estudo sobre o mesmo (apartado 4.9) e valora o impacto paisaxístico (apartado 10.2.10); en función da devandita valoración defínense as medidas correctoras necesarias para a integración paisaxística da infraestrutura (apartado 11.13). Estas consisten na realización de labores de restauración e integración paisaxística da zona afectada directamente polo trazado e a afectada de forma temporal polos accesos á obra. Para iso inclúese un anteproxecto de restauración e integración paisaxística (Anexo III do EIA) onde se establecen as directrices para a elaboración, en fase de proxecto construtivo, do proxecto de restauración que será aplicado á obra. Por outro lado é preciso sinalar que a vexetación autóctona afectada en ambas as ribeiras atópase nun proceso de regresión pola invasión de especies foráneas e/ou invasoras. Esta situación de regresión veríase invertida coa aplicación da medida compensatoria recollida no apartado 11.12 do EIA, que consiste na realización nas marxes do río Lérez de labores de eliminación de especies vexetais non autóctonas e invasoras (robinias, acacias, bambú, etc.) que actualmente se están propagando sen control polas ribeiras, ameazando a pervivencia das especies autóctonas. Sinalar como no caso anterior que o EIA establece unha vixilancia ambiental que garantirá o control e seguimento da execución da obra, asegurando no seu caso, a detección de calquera efecto negativo non considerado no EIA, ou que se desvíe do previsto no mesmo. En canto ás alegacións relativas a que gran parte do trazado se articula sobre o LIC Río Lérez, sinalar que o proxecto atravesa o río Lérez no tramo final do espazo protexido, a 500 m. do límite inferior do LIC Río Lérez e a uns 20 km. do límite superior (no municipio de Forcarei). Esta zona final é a máis degradada do Espazo Natural; esta degradación maniféstase de forma patente na invasión de especies vexetais non autóctonas e/ou invasoras (eucalipto, acacia, mimosa, robinia, eucalipto, bambú e canas) que desde fai anos veñen colonizando irreversiblemente ambas as beiras, desprazando cada vez con máis forza a vexetación orixinal. O total do LIC ocupa 149 ha., polo que a afección de proxecto é mínima: uns 1.200 M2 de afección permanente (o que supón un 0,08% do total do LIC) e uns 6.000 M2 de afección temporal que será restaurada unha vez finalizadas as obras (o que supón un 0,4% do total do LIC). Neste sentido sinalar que, como se recolle no apartado 11.12 do EIA, o Estudo expón como medida compensatoria a realización nas marxes do río Lérez de labores de eliminación de especies vexetais non autóctonas e invasoras (robinias, acacias, bambú, etc.) que actualmente se están propagando sen control polas ribeiras, ameazando a pervivencia das especies autóctonas. Por outra banda as superficies afectadas son moi reducidas respecto ó total dos hábitat existentes na contorna próxima ás áreas alteradas, polo que non supón unha redución significativa dos hábitats existentes que poida derivarse en afección significativa á fauna. A zona afectada nas ribeiras do río Lérez en ambas as marxes, xa sufriu alteracións previas como consecuencia das obras realizadas recentemente, rede de saneamento na marxe dereita e paseo peonil na marxe esquerda. Trátase ademais de dúas zonas moi frecuentadas pola poboación. Estas dúas situacións repercutiron considerablemente nos hábitos de conduta das especies presentes na zona. A reducida afección ós bosques de frondosas (climáticos) verase totalmente asumida polos bosquetes existentes augas arriba da zona de actuación. En calquera caso o EIA establece unha vixilancia ambiental que garantirá o control e seguimento da execución da obra, asegurando no seu caso, a detección de calquera efecto negativo non considerado no EIA, ou que se desvíe do previsto no mesmo. Sinalar finalmente que a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organismo competente respecto dos espazos protexidos, informou favorablemente o proxecto. No que se refire á afección sobre catro humidais, dicir que o proxecto só afecta ó humidal Xunqueira de Lérez e unicamente durante uns 65 m. do camiño de acceso norte (dominio público marítimo-terrestre), onde non se realizará ningún tipo de alteración sobre o camiño. No relativo ó patrimonio, como se indica no EIA en setembro de 2008 realizouse a prospección arqueolóxica da zona e remitiuse a memoria da devandita prospección á Consellería de Cultura para a emisión do preceptivo informe. O EIA foi igualmente remitido á Consellería para o seu informe. Na devandita memoria determínase a mínima afección do proxecto sobre o patrimonio, e exponse as medidas correctoras particulares e xerais para a conservación do mesmo durante as obras. Entre estas medidas destacan o seguimento e control arqueolóxico de todos os movementos de terras, sinalizar na cartografía de obra e informar ós responsables da mesma sobre a existencia de todos os elementos patrimoniais localizados durante a prospección arqueolóxica, estean ou non afectados, a fin de evitar posibles afeccións. Calquera modificación do trazado da obra deberá ser comunicado, con moita brevidade, á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Profundando neste sentido convén sinalar que no curso da tramitación do Estudo de Impacto Ambiental do Proxecto elaborouse unha documentación complementaria ó estudo de impacto ambiental, alegacións técnicas, onde se inclúe un Estudo de integración paisaxística da infraestrutura, co obxectivo de asegurar o mantemento da visibilidade existente na zona. No devandito documento analízase a visibilidade da vía dende o Mosteiro do Lérez e dende os camiños de ribeira existentes en ambas as marxes do río. Deste estudo dedúcese que a profusión de vexetación existente na zona, dificulta nun alto grao a visibilidade da vía dende o Mosteiro e a súa contorna, así como dende os camiños de ribeira. Para reforzar este apantallamento vexetal deseñouse unha revexetación da infraestrutura, que permite reducir por completo a visibilidade da mesma. A documentación complementaria foi presentada ante a Dirección Xeral de Patrimonio, organismo competente sobre as distintas proteccións relacionadas co Mosteiro do Lérez e a súa contorna e que se compendian na cualificación de Ben de Interese Cultural (BIC). Analizada pola Dirección Xeral de Patrimonio a documentación presentada (EIA, Prospección Arqueolóxica Intensiva e Documentación complementaria ó estudo de impacto ambiental), esta emitiu informe favorable en marzo de 2009, aceptando o trazado proposto. Por conseguinte, dende o punto de vista do patrimonio histórico, considerase que o trazado de proxecto é perfectamente compatible coas proteccións existentes sobre o Mosteiro e a súa contorna. Por último sinalar que o trazado está incluído dentro do Sistema Xeral Viario Proposto no Avance de PXOM, documento Planos, plano SERIE _0-2 FOLLA B-4 CLASIFICACIÓN E ORDENACIÓN XERAL e no apartado 5,3,2 A rede Viaria. Proposta e xerarquización do Novo Viario do Documento 2 Diagnose, Obxectivos, Criterios e Propostas do Avance. b) ALEGACIÓNS RELATIVAS “Á NULIDADE DA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL POLA QUE SE FORMULA A DECLARACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO”. Resumo das alegacións: Elevado nivel de contaminación acústica que deberán soportar os recorrentes con motivo das obras e posta en funcionamento da vía e que vulnera o disposto na Lei 7/1997, de 11 de agosto, de Protección contra contaminación acústica, a ausencia dunha análise da fauna existente na zona e dos pasos da mesma e ausencia dun control ambiental estratéxico do Plan de Vías Provinciais. Motivación da desestimación: A zona rede natura circunscríbese ás ribeiras do río Lérez, polo tanto é unicamente ese espazo o que debe ser considerado como Zona de Alta Sensibilidade Acústica. A casa de D. José Dios Crespo -finca nº 36- sitúase a 121 m. do límite da zona rede natura, polo tanto fóra da zona de alta sensibilidade. En calquera caso durante o proceso construtivo, cunha cartografía de maior detalle, calcularase a estimación sonora en función da nova localización e se os resultados determinan a superación dos niveis sonoros deseñarase e orzará unha pantalla de protección. Por outra banda o EIA realiza un inventario da fauna do territorio, avalía a incidencia do proxecto e establece as medidas correctoras necesarias. Sinalar que os hábitats da zona están totalmente alterados e invadidos por especies alóctonas e/ou invasoras non representativas dos hábitat que caracterizan o LIC rede natura. O resto do territorio correspóndese cun ecosistema de terras de labor moi abundante na contorna. Na fase de Proxecto construtivo estableceranse as medidas necesarias para a adaptación da estrutura para o paso da fauna. Sinalar por último que o Plan de Vías Provinciais ó que se fai referencia no escrito de alegacións non está incluído no concepto ó que se refire a Lei 9/2006, de 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no medio ambiente que entende por Plans e programas o “Conxunto de estratexias, directrices e propostas que prevé unha Administración pública para satisfacer necesidades sociais, non executables directamente, senón a través do seu desenvolvemento por medio dun conxunto de proxectos”. En concreto o Plan de Vías Provinciais establece as prioridades orzamentarias da Deputación en materia de estradas para o período concreto 2007-2011. Ademais no presente expediente atopámonos ante a execución directa dun proxecto de infraestruturas que foi aprobado -por unanimidade dos tres grupos políticos- polo Pleno da Corporación Provincial, que está recollido no avance do Plan Xeral do concello de Pontevedra e que conta co informe favorable, entre outros, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. c) ALEGACIÓNS RELATIVAS Á CONTRAVENCIÓN DO RÉXIME DE NOTIFICACIÓNS EN RELACIÓN Ó TRÁMITE DE INFORMACIÓN PÚBLICA E INCORRECTO DESENVOLVEMENTO DO TRÁMITE DE CONSULTAS COAS ADMINISTRACIÓNS AFECTADAS. A aprobación inicial do proxecto de trazado foi publicada no Boletín Oficial da Provincia o 12 de decembro de 2007(BOP nº 239), finalizando o prazo para presentar alegacións o 19 de xaneiro de 2008. É por iso que respecto da presunta vulneración do réxime de notificacións á que aluden no seu recurso basta recordar que, segundo a doutrina do Tribunal Supremo (entre outras, sentenza de 19 de xullo de 1999) non é necesaria a notificación individual da aprobación dos proxectos de obra aínda que si sometelos ó trámite inescusable de información pública, requisito que se cumpriu no presente expediente. Por outra banda é preciso recordar que de acordo co disposto no artigo 17.2 da Lei de Expropiación Forzosa, “Cando o proxecto de obras comprenda a descrición material detallada a que se refire o parágrafo anterior -é dicir, a relación concreta e individualizada dos bens de necesaria expropiación- a necesidade de ocupación entenderase implícita na aprobación do proxecto, pero o beneficiario estará igualmente obrigado a formular a mencionada relación ós sós efectos da determinación dos interesados”, relación que obra no expediente administrativo da súa razón e que foi obxecto de publicidade cumprindo os requisitos do artigo 18.2 da Lei de Expropiación Forzosa. En calquera caso os agora recorrentes puideron facer alegacións ó longo da tramitación do expediente non só a través do presente recurso fronte á aprobación definitiva do proxecto senón tamén fronte á declaración de impacto ambiental, polo que en ningún caso cabe falar de indefensión susceptible de anular o acordo obxecto de impugnación. En relación á presunta vulneración do artigo 15 da Lei de Estradas de Galicia, cabe sinalar que os recorrentes parten dun erro conceptual respecto ó termo "administracións" que emprega a Lei de Estradas de Galicia xa que, con esta expresión, o lexislador de estradas refírese ás Corporacións Locais afectadas (neste expediente o concello de Pontevedra) que no ámbito das súas competencias deben informar se o trazado é o máis adecuado para o interese da localidade afectada. Proba diso é que no citado artigo 15 faise unicamente mención expresa á Consellería competente en materia de estradas, pero non ó resto de órganos administrativos -que non Administracións- ós que se refiren os recorrentes. Neste punto tamén é preciso traer a colación o disposto no artigo 10 da Lei 25/1988, de 29 de xullo, de Estradas e Camiños Estatais e artigo 33 do seu Regulamento que falan nestes supostos de remisión do proxecto ás …..Corporacións Locais afectadas...., que si teñen a consideración estrictu sensu de Administracións Públicas -artigo 2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común-. En calquera caso o trazado, incluído no estudo de impacto ambiental, foi sometido a consulta dos organismos competentes contando co informe favorable de todos eles (entre outros, Servizo Provincial de Costas, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Augas de Galicia, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia e concello de Pontevedra). 7.5859.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN DERIVADO DA OBRA “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO I: PO-223 Á AVDA. DE BOS AIRES”. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE PROPIETARIOS E BENS AFECTADOS E DAS OCUPACIÓNS TEMPORAIS NECESARIAS PARA EXECUTAR AS OBRAS Sr. Presidente.- Resolución das alegación presentadas ó expediente de expropiación derivado da obra acceso oeste a Montecelo. Tramo 1: PO-223 á Avenida Bos Aires, ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados e das ocupacións e bens temporais necesarias para executar as obras. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto "Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires", que está dotado dun orzamento de 4.773.140,98 euros, foi aprobado de forma definitiva polo Pleno da Corporación Provincial o 26 de xuño de 2009. A posta en marcha deste acceso, que fora solicitada polo concello de Pontevedra, requiriu a cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra ó exceder a súa execución as posibilidades municipais, para o cal se articulou un Convenio de colaboración aprobado polas respectivas Corporacións, sendo incluída a devandita obra dentro do plan de vías provinciais -período 2007/2011-. A urxencia e necesidade desta actuación vén motivada xa que a posta en marcha deste acceso, que leva consigo a execución dun vial no que é necesaria a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez , ten por obxecto definir as obras necesarias para habilitar un acceso ó complexo hospitalario de Montecelo e ó importante núcleo de poboación de Monteporreiro, de maneira que se evite a conxestión actual dos viais existentes e se estruture un complemento á rede viaria da cidade de Pontevedra, xa que existen movementos dos itinerarios os cales é necesario optimizar. Unha vez aprobado de forma definitiva o proxecto, fíxose pública a relación de propietarios e bens afectados pola execución das obras indicadas e procedeuse á apertura do trámite de información pública para que calquera persoa puidese formular alegacións ó só efecto de emendar posibles erros na relación. Dita relación foi publicada en varios xornais da localidade, no taboleiro de anuncios do concello de Pontevedra e no Boletín Oficial da Provincia nº 130, de data 9 de xullo de 2009, ademais de notificarse individualmente a todos os propietarios afectados, algúns dos cales presentaron distintas alegacións ó expediente de expropiación; é por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: PRIMEIRO. A resolución das alegacións presentadas ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: 1. Estimar as alegacións presentadas por Dona Dolores Ferreira Villanueva, titular da parcela nº 47, no sentido de aceptar a solicitude de expropiación total exposta pola propietaria ó amparo do disposto no artigo 23 da Lei de Expropiación Forzosa xa que, a consecuencia da expropiación parcial da leira nunha superficie de 325,22 M2, resulta antieconómica para a propietaria a conservación da parte da leira non expropiada tanto pola súa forma irregular coma polas súas dimensións - 90,78 M2-. 2. Estimar as alegacións presentadas por D. Víctor Pérez Piñeiro, titular das parcelas nº 40 e 46, no sentido de aceptar a solicitude de expropiación total respecto á leira nº 46 ó amparo do disposto no artigo 23 da Lei de Expropiación Forzosa xa que, a consecuencia da expropiación parcial da leira nunha superficie de 570,63 M2 resulta antieconómica para o propietario a conservación da parte de leira non expropiada pola súa forma irregular e nulo aproveitamento futuro. 3. Desestimar as alegacións presentadas por D. Carlos Colmenero Casalderrey, titular da parcela nº 6, no sentido de rexeitar a solicitude de expropiación total xa que non está acreditado polo propietario que no presente suposto concorran os requisitos materiais e formais que se derivan do artigo 23 da Lei de Expropiación Forzosa e o artigo 22 do seu Regulamento. En canto ós primeiros e de acordo coa xurisprudencia do Tribunal Supremo (entre outras, sentencia do 12 de xullo de 1994) a conservación dunha parte de leira sobrante dunha expropiación é antieconómica cando de acordo coa forma normal e razoable de explotala e tomando así mesmo en conta o aproveitamento a que anteriormente estaba destinada, o propietario non pode alcanzar unha utilidade suficiente que xere nel un interese en manter o inmoble dentro do seu patrimonio. Neste suposto a parcela está cualificada como solo rústico, polo que o seu aproveitamento orixinal era moi limitado. En canto os requisitos formais na solicitude de expropiación total o propietario non expón motivadamente as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, tanto pola alteración das condicións fundamentais da leira como das súas posibilidades de aproveitamento rendible. En resumo, o carácter antieconómico da explotación non está provocado polo trazado da vía nin é consecuencia directa e inmediata da expropiación parcial da mesma, senón que é unha circunstancia preexistente á decisión administrativa; neste sentido o Tribunal Supremo na súa sentencia de 30 de xaneiro de 2006 sinala que a expropiación total non ten xustificación cando a condición antieconómica da leira é previa á expropiación e está á marxe da división operada pola mesma, tal e como sucede no presente expediente. 4. Desestimar as alegacións presentadas por Dona Teresa Casalderrey Quintela, titular da parcela nº 9, xa que medida in situ a leira de referencia comprobouse que a superficie afectada pola expropiación-432,09 M2- xa se corresponde coa superficie total que actualmente ten dita leira, a pesar de que na documentación achegada pola propietaria figuren unhas dimensións de 505 M2. En canto á consideración do terreo como labor ou labradío secano, sinalar que na actualidade a leira- situada en solo rústico- está sen cultivar como a propia propietaria recoñece no seu escrito de alegacións e que, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei de Expropiación Forzosa en relación co artigo 21.2.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Solo, a taxación do mesmo efectuarase con arranxo ó valor que teña ó tempo de iniciarse o expediente de prezo xusto. 5. Estimar as alegacións presentadas por Dona Ana María Corbal Fernández, parcela nº 4, segundo o seguinte detalle: Primeiro. Acreditado o cambio de titularidade da citada parcela as actuacións do expediente de expropiación entenderanse a partir deste momento con Dona Concepción Cobo García (artigo 3 da Lei de Expropiación Forzosa en relación co disposto non artigo 7 do seu Regulamento). Segundo. Realizado o reformulo da obra, inclúense na relación de bens afectados 5 palmeiras adultas, 14 árbores ornamentais, 3 froiteiras, 10 plantas ornamentais e 1 roseira. Terceiro. A reposición do peche afectado levarase a cabo pola empresa adxudicataria do proxecto, de acordo co disposto no artigo 39.2 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, sempre que tecnicamente sexa posible, ofrecendo en caso contrario unha indemnización económica. 6. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. José Dios Crespo, leira nº 36, xa que ante a presenza dunha vivenda na zona estudarase a posibilidade de alcanzar un acordo sobre a construción dun muro de contención no devandito tramo da estrada, sempre que tecnicamente sexa viable, que permita minorar os efectos que o novo viario puidese ocasionar sobre a citada vivenda. En canto á mina de auga, sinalar que en virtude do decreto autonómico 442/99 e do RDL 1/2008 no EIA descríbense os recursos naturais afectados, xeoloxía e auga entre eles. A inexistencia de acuíferos na zona dada a xeoloxía do substrato, leva a pospor a consideración das augas subterráneas e mananciais á seguinte fase de proxecto construtivo onde o maior detalle do proxecto permitirá valorar a afección particular a pozos e mananciais. En calquera caso a citada mina inclúese na relación de bens afectados ós efectos oportunos. 7. Desestimar as alegacións presentadas por Dona María Dolores Dios Poceiro, leiras nº 37 e 38, xa que as características técnicas do tramo de estrada nesa zona aconsellan a solución exposta no proxecto- terraplén- sen que exista ningunha causa que xustifique a construción do muro solicitado tales como vivenda, vía pública ou outros. En canto ó servizo de captación da mina subterránea -leira nº 37-, sinalar que en virtude do decreto autonómico 442/99 e do RDL 1/2008 no EIA descríbense os recursos naturais afectados, xeoloxía e auga entre eles. A inexistencia de acuíferos na zona dada a xeoloxía do substrato, leva a pospor a consideración das augas subterráneas e mananciais á seguinte fase do proxecto construtivo onde o maior detalle do proxecto permitirá valorar a afección particular a pozos e mananciais. En calquera caso a citada mina inclúese na relación de bens afectados ós efectos oportunos. 8. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. Eduardo Pérez Corbacho, finca nº 21, xa que visitada a leira en cuestión comprobouse que na mesma existen un pilón, un pozo sen motor e unha serie de postes de pedra, aproximadamente unhas 100 unidades, cunha altura que oscila entre 1,5 e 2,5 metros, polo que procede incluír os mesmos na relación de bens afectados. En canto á solicitude de expropiación total da leira nº 46, esta Administración rexeita a mesma xa que non está acreditado polo propietario que no presente suposto concorran os requisitos materiais e formais que se derivan do artigo 23 da Lei de Expropiación Forzosa e o artigo 22 do seu Regulamento. En canto ós primeiros e de acordo coa xurisprudencia do Tribunal Supremo (entre outras, sentencia do 12 de xullo de 1994) a conservación dunha parte de leira sobrante dunha expropiación é antieconómica cando de acordo coa forma normal e razoable de explotala e tomando así mesmo en conta o aproveitamento a que anteriormente estaba destinada, o propietario non pode alcanzar unha utilidade suficiente que xere nel un interese en manter o inmoble dentro do seu patrimonio. Neste suposto a parcela está cualificada como solo rústico de protección forestal, polo que o seu aproveitamento orixinal era moi limitado. En canto os requisitos formais na solicitude de expropiación total o propietario non expón motivadamente as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, tanto pola alteración das condicións fundamentais da leira como das súas posibilidades de aproveitamento rendible. En resumo, o carácter antieconómico da explotación non está provocado polo trazado da vía nin é consecuencia directa e inmediata da expropiación parcial da mesma, senón que é unha circunstancia preexistente á decisión administrativa; neste sentido o Tribunal Supremo na súa sentencia de 30 de xaneiro de 2006 sinala que a expropiación total non ten xustificación cando a condición antieconómica da leira é previa á expropiación e está á marxe da división operada pola mesma, tal e como acontece no presente caso xa que o mesmo propietario, no seu escrito de alegacións, manifesta que " a leira está cualificada como matogueira e aínda que é certo que este é o seu estado actual, xa que non se traballou nos últimos anos dado que xa se pensaba que se ía a expropiar, antes a mesma era un viñedo.....”. SEGUNDO. Ratificar a solicitude, á Xunta de Galicia, da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires “ obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, xa que a posta en marcha deste acceso, que leva consigo a execución dun vial no que é necesaria a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez e a urxencia da cal fora manifestada polo concello de Pontevedra, requiriu a cooperación da Deputación Provincial de Pontevedra ó exceder a súa execución as posibilidades municipais, para o cal se articulou un Convenio de colaboración aprobado polas respectivas Corporacións, sendo incluída a devandita obra dentro do plan de vías provinciais -período 2007/2011-. O proxecto ten por obxecto definir as obras necesarias para habilitar un acceso ó complexo hospitalario de Montecelo e ó núcleo de poboación de Monteporreiro, de maneira que se evite a conxestión actual dos viais existentes e se estruture un complemento á rede viaria da cidade de Pontevedra, xa que existen movementos dos itinerarios os cales é necesario optimizar. TERCEIRO. A aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados e das ocupacións temporais necesarias para levar a cabo o proxecto “Acceso oeste a Montecelo. Tramo I: PO-223 á Avda. de Bos Aires" segundo o seguinte detalle: Nº FINCA PROPIETARIO BENS AFECTADOS OCUPACIÓN TEMPORAL 1 IGLESIAS COSTAS, JAIME 15,97 M2 LABRADÍO 2 CORBAL FERNÁNDEZ, FERNANDO COBIÁN ROFFIGNAC, Nº 8 – 1º 36002 PONTEVEDRA 124,74 M2 DE LABRADÍO; 10 M2 MURO DE PEDRA SOBRE PEDRA; 29M2 MURO PERPIAÑO; 25M2 BALAUSTRE PEDRA; 2 UDS. COLUMNAS 40x40x250 PEDRA; 15M2 FORMIGÓN EN BASE MURO; 8 UDS. POSTES 25x20x200 PEDRA; 1 UD. TRASLADO CANCELA METÁLICA; 2 UDS. FRUTAL; 15M2 VIÑA CON POSTES E ARAME;1 UD. ENCABEZADO VIÑA 3 CORBAL FERNÁNDEZ, FERNANDO COBIÁN ROFFIGNAC, Nº 8 – 1º 36002 PONTEVEDRA 89,77M2 LABRADÍO, 10 M2 MURO DE PEDRA SOBRE PEDRA 4 COBO GARCÍA, CONCEPCIÓN. C/ FILGUEIRA VALVERDE, Nº 10, 2º. 36004 PONTEVEDRA 254,71M2 RESALIDO DE CASA; 44M2 MURO PERPIAÑO; 37 M2 BALAUSTRE PEDRA; 15 UDS. POSTES 25x20x200 PEDRA; 65 UDS. TUYAS ADULTAS; 20 M2 MALLA DE ARAME REVESTIDO; 60 ML ARAME REVESTIDO; 3 M2 MURO BLOQUES; 4 UDS. POSTES 20x20x200 PEDRA, 4 UDS. POSTES 5x200 TUBO FERRO; 27 M2 FORMIGÓN EN BASE MURO. 5 PALMEIRAS ADULTAS.14 ÁRBORES ORNAMENTAIS; 3 FRUTAIS; 10 PLANTAS ORNAMENTAIS; 1 ROSEIRA 5 ABOAL CALLO, ENRIQUE LA TORRE, Nº1 61 – 5º D 36156 PONTEVEDRA 740,39 M2 LABRADÍO, 1 UD. TRASLADO CONTADOR E POSTE ELÉCTRICO; 1 UD. TRASLADO PORTA METÁLICA; 1 UD. TRASLADO PORTAL METÁLICO DOBLE FOLLA; 1 UD. TRASLADO MESA GRANITO 150x100; 1 UD. POZO ARTESANO; 1 UD. BOMBA ELÉCTRICA; 1 UD. CASETA DE 1 M2 DE GRANITO E TELLA; 20 M2 ENLOUZADO PEDRA; 7 ML. PECHE VEXETAL (MIRTOS); 1 UD. ESTANQUE LADRILLO REVESTIDO DE 2 M2; 1 FAROL; 1 UD. CRUCEIRO GRANITO; 2 UDS. PALMEIRAS MEDIANAS; 21 UDS. ÁRBORES ORNAMENTAIS; 40 UDS. FRUTAIS; 50 UDS. PLANTAS ORNAMENTAIS; 30 UDS. ROSEIRAS; 2 UDS. COLUMNAS 40x40x300 PEDRA CON COPETE; 15 UDS. COLUMNAS 25x30x250 PEDRA CON COPETE, 1 UD. TRASLADO CASETA METÁLICA DE 3 M2; 180 M2 MURO CANTERÍA; 31 M2 BALAUSTRE PEDRA; 1 UD. PÉ DE KIWI; 50 M2 FORMIGÓN EN BASE MURO; 300 ML ARAME ESPIÑO; 15 UDS. POSTES 5x100 TUBO DE FERRO; 7 UDS. GRIFO; 4 M2 MURO BLOQUES; 10 M2 MALLA ARAME REVESTIDO; 30 ML. ARAME REVESTIDO; 3 UDS. POSTES 15x15x150 FORMIGÓN; 1 UD. TRASLADO PILETA DE PEDRA 6 COLMENERO CASALDERREY FONTAÍÑA, Nº 12 36156 PONTEVEDRA 298,34 M2 LABRADÍO; 1 UD. POZO ARTESANO; 25 M2 MALLA ARAME REVESTIDO; 70 ML. ARAME REVESTIDO; 8 UDS. POSTE 15x10x250 FORMIGÓN; 15 M2 MURO DE BLOQUES; 15 M2 MURO DE FORMIGÓN; 1 UD. FRUTAL 7 ARZOBISPADO DE SANTIAGO PLAZA INMACULADA, Nº 1 – 1º - PT. 1 SANTIAGO DE COMPOSTELA 370,58 M2 INCULTO; 165 M2 MURO CANTERÍA; 320 M2 SOLO DE ZAHORRA 595,97 M2 8 HROS. SEBASTIÁN CASALDERREY BUGALLO ARCO, Nº 4 36156 PONTEVEDRA 212,79 M2 MATORRAL; 1 UD. BIMBIEIRO 9 CASALDERREY QUINTELA, TERESA Lugar de Fontaiña nº 12- LÉREZ 36156 PONTEVEDRA 432,09 M2 MATORRAL 10 RAMÍREZ PIÑEIRO, ANGEL RIO SIL, Nº 13 – A CAEIRA 36005 POIO 634,91 M2 MATORRAL 11 PÉREZ GÓMEZ, MARGARITA CRUCEIRO, Nº 1 36009 PONTEVEDRA 596,25 M2 LABRADÍO, 1 UD. GALPÓN LADRILLO E PLACA DE 5,75 M2; 1 UD. ESTANQUE LADRILLO REVESTIDO DE 6 M2; 1 UD. GALPÓN BLOQUES E URALITA DE 28 M2; 35 M2 MURO DE BLOQUES; 18 M2 MURO DE FORMIGÓN; 1 UD. GRIFO; 3 UDS. FRUTAL; 2 UDS. CEPA DE VIÑA AILLADA; 175 M2 VIÑA CON POSTES E ARAME; 7 UDS. POSTES DE 15x10x200 FORMIGÓN; 15 M2 FORMIGÓN EN BASE MURO; 1 UD. ENCABEZADO VIÑA 12 PÉREZ GÓMEZ, MARGARITA CRUCEIRO, Nº 1 36099 PONTEVEDRA 264,81 M2 LABRADÍO; 90 M2 VIÑA CON POSTES E ARAME; 2 UDS. ENCABEZADO PÉ DE VIÑA 13 PÉREZ GÓMEZ, MARGARITA CRUCEIRO, Nº 1 36099 PONTEVEDRA 294,74 M2 LABRADÍO 14 CASALDERREY GARCÍA, Mª PILAR AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA, 19–6º B 36003 PONTEVEDRA 340,52 M2 LABRADÍO 14b CASALDERREY GARCÍA, Mª PILAR AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA, 19–6º B 36003 PONTEVEDRA 36,60 M2 LABRADÍO 15 CASALDERREY GARCÍA, Mª PILAR AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA, 19–6º B 36003 PONTEVEDRA 127,42 M2 LABRADÍO 16 CASALDERREY GARCÍA, Mª PILAR AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA, 19–6º B 36003 PONTEVEDRA 160,49 M2 LABRADÍO; 132,64 M2 VIÑA CON POSTES E ARAME 17 CASALDERREY GARCÍA, Mª PILAR AVDA. FERNÁNDEZ LADREDA, 19–6º B 36003 PONTEVEDRA 221,60 M2 LABRADÍO 18 BARREIRO CASALDERREY, MATILDE ARCO, Nº 11 36156 PONTEVEDRA 114,49 M2 LABRADÍO; 93,52 M2 VIÑA CON POSTES E ARAME 19 CARBALLO CONS, AURELIO JUAN BAUTISTA ANDRADE, Nº 112 36005 PONTEVEDRA 168,57 M2 LABRADÍO 20 BARREIRO CASALDERREY, MATILDE ARCO, Nº 11 36156 PONTEVEDRA 13,26 M2 LABRADÍO 21 PÉREZ CORBACHO, EDUARDO RÚA NOVA DE ABAIXO, Nº 1 – 6º C 36002 PONTEVEDRA 700,77 M2 MATORRAL;PILÓN E POZO SEN MOTOR; 100 POSTES DE PEDRA (h 1,50-2,50) 22 ORTIGUEIRA OGANDO, Mª DEL PILAR ARCO, Nº 31 36156 PONTEVEDRA 540,32 M2 MATORRAL; 12 UDS. POSTES 10x15x250 FORMIGÓN; 13 M2 MURO BLOQUES; 2 UDS. TRASLADO CANCELA; 39 M2 MALLA ARAME REVESTIDO; 100 ML ARAME; 15 M2 FORMIGÓN EN BASE DE MURO 23 CHAN MAGDALENA, SABINO PIOLLA, Nº 60 36156 PONTEVEDRA 40,81 M2 LABRADÍO 24 ABILLEIRA COSTADO, AURELIO COSTADO CASTRO, ISOLINA FERREIRA, Nº 21 36156 PONTEVEDRA 359,04 M2 MATORRAL 25 IGLESIAS COSTAS, JAIME 983,10 M2 MATORRAL; 1 UDS. CASTAÑO MEDIANO; 3 UDS. CASTAÑO PEQUENO 26 FERNÁNDEZ BUGALLO, AURELIO JUAN BAUTISTA ANDRADE, 91 – 4º D 36005 PONTEVEDRA 250,86 M2 MONTE ALTO; 108,88 M2 LABRADÍO; 7 UDS. CARBALLO MEDIANO; 1 UD. CARBALLO PEQUENO 27 LÓPEZ BARREIRO, MARINA ARCO, Nº 17 36156 PONTEVEDRA 80,50 M2 LABRADÍO 28 ABILLEIRA COSTADO, AURELIO COSTADO CASTRO, ISOLINA FERREIRA, Nº 21 36156 PONTEVEDRA 76,78 M2 MONTE ALTO; 1 UD. PINO MEDIANO; 1 UD. CASTAÑO PEQUENO; 1 UD. CARBALLO PEQUENO 29 HROS. JOSÉ PEREIRA MOLDES O OUTEIRO, Nº 13 36156 PONTEVEDRA 488,39 M2 MONTE ALTO; 2 UDS. EUCALIPTO GRANDE; 3 UDS. PINO GRANDE; 2 UDS. PINO PEQUENO; 2 UDS. CARBALLO PEQUENO; 3 UDS. CARBALLO MEDIANO; 20 UDS. CASTAÑO MEDIANO; 15 UDS. CASTAÑO PEQUENO 30 LÓPEZ BARREIRO, MARINA ARCO, Nº 17 36156 PONTEVEDRA 188,78 M2 MONTE ALTO 31 LÓPEZ BARREIRO, MARINA ARCO, Nº 17 36156 PONTEVEDRA 744,85 M2 MONTE ALTO 32 LÓPEZ BARREIRO, MARINA ARCO, Nº 17 36156 PONTEVEDRA 341,10 M2 MONTE ALTO; 6 UDS. CARBALLO GRANDE; 6 UDS. CARBALLO PEQUENO; 1 UD. CASTAÑO MEDIANO; 4 UDS. CASTAÑO PEQUENO 33 COUSELO DIOS, CARMEN AVDA. DOMINGO FONTÁN, 6 – 2º IZQ. PT. 2 36995 POIO 1.467,86 M2 MONTE ALTO; 17 UDS. EUCALIPTO GRANDE; 5 UDS. EUCALIPTO MEDIANO; 15 UDS. PINO GRANDE; 5 UDS. PINO MEDIANO; 10 UDS. PINO PEQUENO; 8 UDS. CASTAÑO PEQUENO; 15 UDS. CARBALLO PEQUENO; 10 UDS. CARBALLO MEDIANO; 150 M2 MURO PEDRA SOBRE PEDRA 34 COUSELO DIOS, CARMEN AVDA. DOMINGO FONTÁN, 6 – 2º IZQ. PT. 2 36995 POIO 831,66 M2 MONTE ALTO; 34 M2 CASA PEDRA EN RUINAS; 8 UDS. CARBALLO GRANDE; 15 UDS. CARBALLO MEDIANO; 5 UDS. CARBALLO PEQUENO; 1 UD. CASTAÑO PEQUEÑO 35 COUSELO DIOS, CARMEN AVDA. DOMINGO FONTÁN, 6 – 2º IZQ. PT. 2 36995 POIO 285,39 M2 LABRADÍO; 30 UDS. CARBALLO PEQUENO; 70 M2 MURO PEDRA SOBRE PEDRA 36 DIOS CRESPO, JOSÉ GENERAL RUBÍN, Nº 7 – 5º B 36001 PONTEVEDRA 99,89 M2 RESALIDO CASA; 1 UD. POZO BARRENA; 6 M2 MURO PASTAS; 2 M2 MURO BLOQUES; 9 M2 MURO PEDRA SOBRE PEDRA; 5 UDS. POSTES DE 15x20x250 PEDRA; 5 UDS. POSTES 10x15x250 FORMIGÓN; 4 UDS. POSTE METÁLICO 5x150; 4 M2 FORMIGÓN EN BASE DE MURO; 25 M2 MALLA ARAME REVESTIDO; 70 ML ARAME REVESTIDO; 15 ML VIÑA EN ESPALLER; 4 UDS. ENCABEZADO VIÑA EN ESPALLER; 2 UDS. CASTAÑO MEDIANO; 9 UDS. FRUTAIS; 3 UDS. PÉ DE VIÑA AILLADO; 1 UD. OLIVO PEQUENO; 20 UDS. PLANTAS ORNAMENTAIS SERVIZO DE CAPTACIÓN MINA SUBTERRÁNEA 37 DIOS POCEIRO, Mª DOLORES PORTA DO SOL, Nº 27 36156 PONTEVEDRA 912,44 M2 INCULTO. SERVIZO DE CAPTACIÓN MINA SUBTERRÁNEA 38 DIOS POCEIRO, Mª DOLORES PORTA DO SOL, Nº 27 36156 PONTEVEDRA 429,06 M2 INCULTO; 1 UD. GALPÓN BLOQUES E URALITA DE 91 M2; 17 UDS. POSTE 10x15x200 FORMIGÓN; 20 M2 MURO BLOQUES; 20 M2 FORMIGÓN EN BASE MURO; 1 UD. TRASLADO CONTADOR E POSTE ELÉCTRICO; 1 UD. BOMBA ELÉCTRICA; 1 UD. CADRO ELÉCTRICO; 1 UD. TRASLADO DEPÓSITO AUGA 1000 L.; 2 UD. GRIFO; 25 UDS. CARBALLO MEDIANO; 15 M2 MURO PEDRA SOBRE PEDRA 39 CASALDERREY PÉREZ, Mª LUCÍA CRUCEIRO, Nº 3 – 2º 36156 PONTEVEDRA 326,82 M2 LABRADÍO; 4 UDS. CARBALLO MEDIANO; 40 M2 MURO PEDRA SOBRE PEDRA 40 PÉREZ PIÑEIRO VÍCTOR FRANCISCO JUAN BAUTISTA ANDRADE, Nº 96 – 1º 36005 PONTEVEDRA 72,53 M2 LABRADÍO; 20 M2 VIÑA POSTES E ARAME; 1 UD. ENCABEZADO PÉ DE VIÑA; 5 ML. VIÑA EN ESPALLER; 2 UDS. ENCABEZADO DE VIÑA EN ESPALLER; 3 UDS. POSTES 10x15x150 PEDRA 41 BLANCO CAO, JOSÉ LUIS E MONTEAGUDO FOLGAR, JOSÉ RAMÓN LOURIZÁN 36910 PONTEVEDRA 279,77 M2 MATORRAL; 5 UDS. CARBALLO MEDIANO 243,28 M2 42 BLANCO CAO, JOSÉ LUIS E MONTEAGUDO FOLGAR JOSÉ RAMÓN LOURIZÁN 36910 PONTEVEDRA 615,27 M2 MONTE ALTO; 7 UDS. PINO GRANDE; 10 UDS. CASTAÑO PEQUENO; 50 UD. CARBALLO PEQUENO; 3 UD. CARBALLO GRANDE; 3 UDS. CASTAÑO GRANDE; 1 UD. TRASLADO DEPÓSITO AUGA 300 L 295,50 M2 43 PÉREZ CORBACHO, EVA RÚA NOVA DE ABAIXO, Nº 1 - 6º C 36002 PONTEVEDRA 65,77 M2 LABRADÍO; 6 UDS. POSTES 10x15x200 FORMIGÓN; 10 M2 MALLA ARAME REVESTIDO; 25 M2 ARAME REVESTIDO; 1 UD. CARBALLO MEDIANO; 8 UDS. TUYAS PEQUENAS 44 PÉREZ CORBACHO, EVA RÚA NOVA DE ABAIXO, Nº 1 - 6º C 36002 PONTEVEDRA 18,74 M2 LABRADÍO; 1 UD. TRASLADO PORTAL METÁLICO; 2 UDS. COLUMNAS 25x25x200 FORMIGÓN; 5 M2 MALLA DE ARAME REVESTIDO; 15 ML. ARAME REVESTIDO, 1 UD. CARBALLO MEDIANO; 3 UDS. TUYAS PEQUENAS 45 PÉREZ CORBACHO, EVA RÚA NOVA DE ABAIXO, Nº 1 - 6º C 36002 PONTEVEDRA 18,62 M2 LABRADÍO; 1 UD. GALPÓN BLOQUES E URALITA DE 16 M2; 1 UD. TRASLADO CONTADOR E POSTE ELÉCTRICO; 1 UD. TRASLADO ANTENA TV; 15 UDS. POSTES DE 10x15x200 FORMIGÓN; 35 M2 MALLA ARAME REVESTIDO; 75 ML. ARAME REVESTIDO; 16 UDS. TUYAS ADULTAS; 1 UD. CASTAÑO GRANDE 46 PÉREZ PIÑEIRO, VÍCTOR FRANCISCO JUAN BAUTISTA ANDRADE, 96 - 1º 36156 PONTEVEDRA 570,63 M2 MONTE ALTO; 1 UD. PRESA DE REGADÍO DE 50 M2; 12 UDS. CARBALLO GRANDE; 5 UDS. CARBALLO MEDIANO; 10 UDS. CARBALLO PEQUENO;10 UDS. CASTAÑO PEQUENO; 3 UDS. EUCALIPTO MOI GRANDE; 10 UDS. CASTAÑO MEDIANO 544,95 M2 47 FERREIRA VILLANUEVA, DOLORES FONTAÍÑA, Nº 3 36156 PONTEVEDRA 325,22 M2 MONTE ALTO; 5 UDS. CARBALLO GRANDE; 10 UDS. CARBALLO PEQUENO; 2 UDS. EUCALIPTO MOI GRANDE; 2 UDS. EUCALIPTO MEDIANO; 1 UD. PINO GRANDE; 10 UDS. CASTAÑO PEQUENO 37,59 M2 48 RAMÍREZ PIÑEIRO, ANGEL RIO SIL, Nº 13 – A CAEIRA 36005 POIO 462,92 M2 MONTE ALTO; 1 UD. EUCALIPTO MOI GRANDE; 6 UDS. EUCALIPTO GRANDE; 10 UDS. CARBALLO MEDIANO; 5 UDS. CARBALLO PEQUENO; 10 UDS. CASTAÑO PEQUENO 984,79 M2 34 A PÉREZ PIÑEIRO, JOSÉ BENITO 113,75 M2 54 MONTES PALACIOS, ALBERTO PORTA DO SOL-FONTAIÑA Nº3. 36156 PONTEVEDRA 194,70 M2 55 RAJO LÓPEZ SANTIAGO/LÓPEZ CURTO ANUNCIA. RÚA DAS VIÑAS Nº 7. MOURENTE. 36164 PONTEVEDRA 103,66 M2 56 PÉREZ PIÑEIRO, JOSÉ BENITO 219,00 M2 57 BARREIRO CASALDERREY, MATILDE ARCO, Nº 11 36156 PONTEVEDRA 21,20 M2 58 BARREIRO CASALDERREY, MATILDE ARCO, Nº 11 36156 PONTEVEDRA 59,00 M2 59 BARREIRO CASALDERREY, MATILDE ARCO, Nº 11 36156 PONTEVEDRA 1,00 M2 60 RAJO LÓPEZ SANTIAGO/LÓPEZ CURTO ANUNCIA. RÚA DAS VIÑAS Nº 7. MOURENTE. 36164 PONTEVEDRA 572,30 M2 61 RAJO LÓPEZ SANTIAGO/LÓPEZ CURTO ANUNCIA. RÚA DAS VIÑAS Nº 7. MOURENTE. 36164 PONTEVEDRA 136,90 M2 62 PÉREZ PIÑEIRO ANTONIO 596,00 M2 63 BLANCO CAO, JOSÉ LUIS E MONTEAGUDO FOLGAR, JOSÉ RAMÓN LOURIZÁN 36910 PONTEVEDRA 243,28M2 64 BLANCO CAO, JOSÉ LUIS E MONTEAGUDO FOLGAR, JOSÉ RAMÓN LOURIZÁN 36910 PONTEVEDRA 261,32 M2 8.5860.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE MODIFICACIÓN DE REPRESENTANTES EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- Moción da Presidencia sobre modificación dos representantes nos órganos colexiados. Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- La moción de la Presidencia es la siguiente: Dada cuenta de la comunicación del Secretario Xeral de medios da Presidencia da Xunta de Galicia, solicitando nomeamento de representantes desta Deputación no Consello Asesor de Telecomunicacións e audiovisual de Galicia, consecuencia da modificación da súa regulación mediante Decreto 364/2009, de 30 de xullo. Resultando que sesión plenaria de 12 de xullo de 2007 acordouse designar ós Deputados D. Jesús Vázquez Almuiña e D. José Carlos Silva Mariño, considerando o disposto no apartado 3 do citado Real Decreto, polo que se modifica o anterior, 276/1999, considerando o artigo 59 c) do ROF, que corresponde al Pleno la designación de representantes de la Corporación en órganos colegiados, esta Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Modificar o acordo adoptado na sesión extraordinaria do Pleno 12 xullo 2007, no sentido de designar representantes titular e suplente desta Deputación Provincial no Consello Asesor de telecomunicacións audiovisual de Galicia ás Deputadas Dona María Teresa Pedrosa Silva e Dona Francisca Canal Gómez, respectivamente. Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta da comunicación do Secretario Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia solicitando o nomeamento de representantes desta Deputación no Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia, consecuencia da modificación da súa regulación mediante Decreto 364/2009, de 30 de xullo. Resultando que en sesión plenaria de 12 de xullo de 2007 acordouse designar ós Deputados D. Jesús Vázquez Almuíña e D. José Carlos Silva Mariño. Considerando o disposto no apartado 3 do Decreto 364/2009, de 30 de xullo, polo que se modifica o anterior Decreto 276/1999, de 21 de outubro. Considerando que o artigo 58 c) do RD 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG aprobar a Moción da Presidencia sobre modificación de representantes en órganos colexiados, adoptándose o seguinte acordo: “Modificar o acordo adoptado na sesión extraordinaria do Pleno de 12 de xullo de 2007 no sentido de designar representantes titular e suplente desta Deputación Provincial no Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia ás Deputadas Dona Mª Teresa Pedrosa Silva e Dona Francisca Canal Gómez, respectivamente.” 9.5861.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Las comunicaciones son las siguientes: en primer lugar escrito del Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural y Marino, acusando recibo del acuerdo plenario que se envió en relación con la preservación de la variedad del Albariño en el desarrollo reglamentario de OCM; luego tenemos también los extractos de resoluciones presidenciales dictadas entre el 28 de xullo e 9 de setembro; tenemos también una Resolución Presidencial deixando sen efecto o réxime de dedicación exclusiva do Vicepresidente Sr. Figueroa Vila; y Resolución Presidencial otorgando el régimen de dedicación exclusiva al Diputado D. José Carlos Silva Mariño; y otra adscribiendo al Sr. Diputado José Manuel Figueroa Vila en substitución de José Carlos Silva Mariño en comisiones informativas. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 28 de xullo e o 9 de setembro do ano 2009 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 1 de agosto de 2009, deixando sen efecto o réxime de dedicación exclusiva do Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. C) De Resolución Presidencial de data 1 de agosto de 2009, outorgando o réxime de dedicación exclusiva ó Deputado Provincial D. José Carlos Silva Mariño. D) De Resolución Presidencial de data 5 de agosto de 2009 sobre a adscrición de D. José Manuel Figueroa Vila a distintas Comisións Informativas en substitución de D. José Carlos Silva Mariño. E) De comunicación do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, de data 9 de setembro de 2009, acusando recibo de acordo plenario sobre a preservación da variedade Albariño no desenvolvemento regulamentario da OCM. 10.5862.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- Bos días. Pedinlle a palabra antes e vostede pois non se deu conta, me sorprendeu precisamente a min, non estaba ríndome absolutamente de nada. Sr. Presidente.- ¿Que non estaba? … Sra. Abelairas Rodríguez.- Que non me estaba rindo absolutamente de nada, non me facía gracia nada, non, non, danme medo, entón agora transformo esa intervención nun rogo, e a ver se son capaz de facelo textualmente: rogo a moderación na utilización da linguaxe e no tono do mesmo do Portavoz do Grupo Popular e do Presidente do Pleno ante as discrepancias políticas que hai neste Pleno. Eu como Deputada síntome ameazada. Sr. Presidente.- ¡Ai!, ¡Dios mío!. ¡Ai!, ¡Dios mío!. Eu non quería que pasara tanto, non quería que pasara tanto. Bueno, pero non hai problema, bueno, que todo sexa pola causa. Vale. Eu tamén lle faría un rogo entón, porque me di, unha foto que sae hoxe no periódico dun alcalde que expulsou onte a un concelleiro do Partido Popular do Pleno, iso evidentemente aquí non pasou, eu de momento, levo bastantes anos aquí e nunca pasou, polo tanto eu, eu diríalle que en todo caso que predique co exemplo pero no seu partido, porque non nolo diga a nós. Eu podo elevar o tono de voz máis ou menos pero polo menos deixe que participe a xente, deixe que fale a xente, eu creo que iso no noso partido non pasa. Si, adiante. Sra. Abelairas Rodríguez.- Estoume sentindo ameazada e amedrentada. Eu acabo de facer un rogo e vostede me está dicindo non sei que de que pasou non sei onde. Mire, eu acabo de facerlle un rogo a vostede aquí, estou aquí, no Pleno da Deputación de Pontevedra, non estou en non sei onde nin non sei como. E vostede o tono, a miña interpretación é, como vostede me fai este rogo eu contéstolle que non sei onde está pasando non sei o que. Mire, non me importa o que está pasando non sei onde, estou aquí. Sr. Presidente.- De acordo Dona Isaura. Sra. Abelairas Rodríguez.- Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, pero, quero recordarlle que eu evidentemente lle vou a contestar tamén a ese rogo, porque para iso son o Presidente desta Corporación. Mire, vostede aquí representa a un partido ¿verdade?, vostede aquí púxoa un partido que se chama Partido Socialista e entón esa demagoxia barata déixea para outra ocasión, demagoxia barata para outra ocasión, e eu lle digo, predique co exemplo, predique co exemplo no seu partido, porque vostede representa as siglas dun partido aquí, Dona Isaura Abelairas, polo tanto, estamos en tono familiar, non ve que, a demagoxia, eu sei que vostedes son grandes demagogos, pero déixena para outro día e apliquen primeiro o procedemento na súa casa, deixe que todo o mundo fale, estou falando de Redondela como podo falar doutros sitios, Redondela é recentiño, pasou onte, vale, xa sei que non lle gusta pero que lle vamos a facer, claro, é que a vostede lle gusta só escoitar, eu quero falar do meu libro, pero o seu libro é Partido Socialista, e é todos, non é vostede, porque se vostede fora independente pois estaría aí nun escano e sería unha Deputada independente, pero pertence a un partido, ¿comprende?, pois quero que o entenda, porque vostede, xa sei que, non, pero eu quero falar do meu libro, pero o seu libro por desgracia é o que, ou por sorte, como vostede queira entendelo, vale. ¿Sr. Figueroa, pediu a palabra?. Sr. Figueroa Vila.- Porque como fun aludido loxicamente quero responder. Mire, Sra. Abelairas, xa nos coñecemos dende hai moito tempo e dende logo vostede non é exemplo absolutamente de nada. Mire, vostede o que lle pasa, ¿sabe o que lle pasa ó Partido Socialista?, que están moi nerviosos. Tranquilícense, póñanse de acordo nesas trifulcas que teñen internas de congreso si, congreso non, se van ou non van, ou veñen, ese é o problema que lle está pasando e eu lle pido por favor que retire o que dixo porque eu a vostede non a aludín para nada en todo o debate. Co Sr. González e co Sr. Mosquera a pesar das diferenzas políticas creo que teño unha relación persoal normal, ata diría que exquisita, Paqui di que sorte teño, pois si, teño, teño a sorte de que tanto co Sr. González coma co Sr. Mosquera creo que teño ata relación persoal exquisita, mire o que lle digo, os respecto como persoas, politicamente defendemos o que temos que defender, e eu teño moi claro de que cando termina este Pleno, se acabou, é outra historia, é dicir, é outra cuestión, é dicir, aquí falamos o que teñamos que falar sen faltar ó respecto, eu creo que neste Pleno non se faltou ó respecto absolutamente a nadie, se falou de política, se falou de nais, de pais, dun que brinda con champán, outro que fai non sei que, o outro que non pon as casetas e o outro, dentro da máis absoluta normalidade, normalidade democrática, é dicir, que para iso son os Plenos loxicamente e así o entendemos. Eu creo que non se lle faltou ó respecto a nadie, polo tanto eu lle pido por favor que retire esa acusación que vostede fai hacia o Presidente e hacia a miña persoa, porque non existiu ningún tipo de acusación nin a vostede nin a ningún dos membros, nin do BNG nin do Partido Socialista, creo, creo, e aí están os periodistas de testigos. Se descualifica vostede sola, dende logo eu lle pediría que a retirara. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Sra. Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- … Nós pódenos acusar de determinadas cousas, mire, en canto a que este é o Pleno e aí fóra é outra cousa, sabe perfectamente, que nos coñecemos de fai moitos anos, pero tamén sabe, mire, é que repito, que estás a pensar outra vez o mesmo, exactamente estás facendo o mesmo, como discrepa a de enfronte voulle dicir non sei que, non sei que, non sei que. Sr. Figueroa, se vostedes se comprometen a rebaixar o tono, que se pode discrepar politicamente, que hai que debater politicamente, que para iso estamos aquí, para iso nos pagan, que podemos estar de acordo ou non, que hai que utilizar argumentos políticos, o que non se pode é pasar unha hora nun Pleno utilizando un tono, que de verdade, me sinto ameazada como persoa, un tono, e agora como está, o Partido Socia lista fixo. Mire, Sr. Louzán, son militante do Partido Socialista, orgullosisima señor, orgullosisima. Sr. Presidente.- Para ben e para mal. Sra. Abelairas Rodríguez.- Pero mire, sabe, para todo, absolutamente para todo, pero mire, a historia, precisamente mire, máis ben para mal, fíxense ben por onde, máis ben para mal, porque estivemos sempre na oposición, que gobernaron vostedes sempre, sempre gobernaron vostedes, sempre, e non pasada nada, a democracia é iso, discrepar, é discutir co de enfronte, intentar convencelo con argumentos. Eu intentaría convencelos a vostedes, casualmente os meus son mellores, non podo, vostedes terán que convencerme a min, pero iso non significa Sr. Louzán de que non poidamos falar e que vostedes veñan a sacar aquí non sei canto, miren, eu creo que precisamente esa é a esencia da democracia, se vostedes son capaces de verdade de rebaixar o tono e que ante un Deputado ou Deputada que non estea de acordo coas súas propostas que vostedes ameacen, que non sei que o Alcalde do Grove, que non sei que e máis de non sei que, non, home non, simplemente é iso, nada máis, simplemente era un rogo, non pasa nada, pódeme afectar ou non, que tampouco pasa nada. Sr. Presidente.- Dona Isaura, eu, por favor, rematamos xa, eu non a ameacei con nada, é que vostede, non debemos terxiversar a realidade, isto o di un periódico, Dona Isaura, isto dío un periódico, non o digo eu, o di un periódico. Polo tanto, eu, bueno, pois senón leu a prensa, infórmese, e polo tanto, xa digo, non acuse do que non é, non ameacei a nadie, eu estou entregándolle unha copia, se quere, do que di a prensa neste sentido, e o di con claridade, non pasa nada. Polo tanto, xa digo, tranquilidade. Pídeme a palabra D. Gabriel Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Mire, Sr. Presidente quería saber se xa fixeron entrega do pavillón de Leirado ó concello de Salvaterra. Vostede habíase comprometido que na primeira semana de xullo rematarían as obras e que farían a entrega. Está a punto de iniciarse o curso escolar e quixera saber se está ou non. Sr. Presidente.- Vaille a contestar D. José Enrique Sotelo porque coñece o caso en profundidade. Sr. Sotelo Villar.- Me parece que hai unha contestación a esa pregunta, pero en todo caso dicirlle que onte ás dez da mañá pois se fixo a acta de recepción. Sr. Presidente.- Moi ben. ¿Máis preguntas?. Máis preguntas. Sr. Martínez Giráldez.- Outras das preguntas que hai é cando teñen pensado darme acceso á documentación e ós expedientes que levo pedido e que lle recordo que son dende xuño, xuño Sr. Presidente, de 2008, xuño de 2008, e entón cando vostede fala aí de transparencia, de que recibe a todo o mundo, eu espero que nalgún momento teña a dignidade de recibir o papeliño que presentei, e que me dea autorización a ver esa documentación, xa que vostede presume dende aí dende a Presidencia, por favor, realmente cumpra as súas promesas e demostre que realmente o que fai non é soamente falar para o aire, senón que tamén actúa, dá as ordes pertinentes para que esa documentación chegue ó Deputado pertinente. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, gracias Sr. Presidente. É un rogo que supoño que como teño, é reiterado, temos feito moitas veces, é obvio que parece que esta … política é así con moitas gañas e moita, en fin, disposición a intervir, home, eu creo que as intervencións deben estar regradas, eu pediría, se non se aplica o Regulamento Orgánico, que nos poñamos de acordo os Portavoces en como se fai. Xa sei que ó Presidente lle vai a custar porque é o máis ácrata de todos, a palabra, para arriba, para abaixo, despois fala el cando acabou o debate, pero bueno, lle vai a custar, faga un esforciño, os demais creo que estamos dispostos a facelo, home, non é cuestión de poñer cinco minutos e son seis, pero poñer dúas intervencións, o que sexa, poñer algo e intente cumprirse, porque senón, hoxe aínda menos mal, outras veces chegamos ás, eu creo que levamos o récord en 7 turnos. Sr. Presidente.- Si, pero foron vostedes quen o pediron e eu deille a posibilidade, é dicir non lle … Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, non, polo menos por parte deste grupo … estamos dispostos, se se quere, senón nada, non hai problema, non hai problema. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Non, eu sei que é de fráxil memoria, pero vostede me ten pedido moitas veces un segundo e un terceiro turno de intervención, bueno, pois teño a posibilidade de non dalo entón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa, pero nos poñemos de acordo entón e entón non fagamos intervencións unha vez pechado o debate, é dicir, poñamos un pouquiño de orde se se quere, senón nada, seguimos así, e xa digo eu o único que lamento, …, é pola miña espalda. Sr. Presidente.- Intentaremos ser máis concretos e concisos no tempo das exposicións. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu só o lamento pola miña espalda, polo demais ata as sete da tarde se quere, non hai ningún problema. Sr. Presidente.- Bueno, entón é entendible, asumo esa parte. Sr. Otero Besada. Sr. Otero Besada.- Gracias Sr. Presidente, bos días a todos. A miña pregunta é en relación co nomeamento que se fixo o pasado mes de agosto de Francisco Javier Puertas como Presidente da Autoridade de Vilagarcía de Arousa. Antes do seu nomeamento definitivo este señor facía unhas declaracións na prensa onde daba as gracias á Xunta de Galicia, a Caixanova e á Deputación Provincial de Pontevedra. Que lle dera as gracias á Xunta de Galicia polo seu nomeamento paréceme normal, a Caixanova tamén porque tería que darlle a excedencia, pero non acabamos de entender por que lle daba as gracias á Deputación de Pontevedra. Por iso a miña pregunta concreta é ¿que tivo que ver o Presidente da Deputación de Pontevedra co nomeamento da Autoridade Portuaria de Vilagarcía?. Sr. Presidente.- Moitas gracias, pero a contestación é moi fácil e moi simple, é que é unha persoa moi agradecida. Sr. Muradas. Sr. … .- Confundiuse, en vez de Presidente Provincial do PP dixo Presidente da Deputación. Sr. Muradas Ramos.- Entró en esa frase de, momento ingenioso ahora. Yo, recogiendo este espíritu de transparencia del PP hoy, de su Portavoz que utilizó varias veces la palabra normalidad democrática, la recomendación que le acaba de hacer ahora la compañera Isaura de que se informe. Yo quería hacerle un ruego bajo esos dos parámetros y es que de orden a Cooperación para que cuando acabe ahora el Pleno me den una relación del listado de los fondos de reparto en los ayuntamientos. Sr. Presidente.- ¿Reservados non?. Dicía Crespo “fondos reservados”, pero non, diso non hai. Sr. Muradas Ramos.- Ya le notaba que estaba en la fase ingeniosa pero sabe que para eso tengo un recorrido corto, o sea, no insista ahí. ¿Me va a atender?. Sr. Presidente.- Perdón. Sr. Muradas Ramos.-¿Si me va a atender el ruego?, digo. Sr. Presidente.- ¿Pediu copia de …?. Sr. Muradas Ramos.- Si, que de orden a Cooperación para que ahora cuando acabe el Pleno me faciliten un listado. Sr. Presidente.- Supoño que niso están, eu creo que xa alguén pediu iso, que llo van a dar, alguén dixo aí antes que o solicitara, creo que foi D. Cesáreo. Sr. Muradas Ramos.- ¿Me va a atender el ruego?. El ruego es muy concreto, que de orden a Cooperación que ahora cuando acabe el Pleno me faciliten una copia del listado. Sr. Presidente.- Iso téñeno os alcaldes todos da provincia, me parece que o teñen xa. Ou sexa que teno fácil. Sr. Muradas Ramos.- O sea, que paso por allí y me lo dan. Sr. Presidente.- Si, home si, non hai problema. Bueno, la Sra. Canal me pedía. Non, está aclarado. Sra. Canal Gómez.- No, ya no procede, simplemente quería decirle a la compañera, evidentemente veo que tiene el umbral muy sensible, le invito a que nos acompañe a un Pleno en el ayuntamiento de Redondela en el cuál los compañeros salen acompañados por dos policías cuando pretenden pues hacer una intervención. Le invito a usted un día y seguramente que después se dará cuenta de la paz y de la facilidad que aquí se les da para presentar ruegos y preguntas e intervenir en el Pleno. Gracias. Le invito cuando quiera. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias e moi bos días. Levantamos a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición