ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2014/04/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.831/1.2014-04-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/04/25_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 77 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e trinta minutos do día vinte e cinco de abril do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Bernardo Sartier Boubeta, Secretario Xeral Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22003.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 11 de abril de 2014. 2.22004.- ESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL SUBSCRITA POR DONA MERCEDES MISA QUINTAS, POR DANOS E LESIÓNS NA E.P. 2302 GONDOMAR-CHAÍN-MORGADANES (CONCELLO DE GONDOMAR) Dada conta que con data de rexistro 13/11/13 (núm. de rex. 2013105509) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Mercedes Misa Quintas, por danos e lesión producidas a consecuencia dun burato que provoca a súa caída na E.P. 2302 Gondomar-Chaín-Morgadanes no Concello de Gondomar o día 11/11/13 e que foi cuantificada economicamente en 534,11 €. Resultando.- Que con data 13/01/14 e con fundamento nos artigos 82 e 83 da Lei 30/92, de 26 de novembro, en relación co 10.1 último parágrafo do R.d. 429/93 e 172.2 último inciso do R.d. 2568/86 solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, quen emitiu o mesmo na data 10/02/14 co seguinte contido: “… Primero.- El punto referenciado como lugar del accidente se encuentra en un tramo de la E.P. 2302 Gondomar-Chain-Morgadanes, inicluída en el catálogo de Carreteras de la Diputación. Segundo.- Por parte de este Servicio no se tuvo constancia de este accidente ni de otros en ese vial en las fechas señaladas. Tercero.- Girada visita de inspección por parte del vigilante de carreteras y, según informe de la ingeniero de zona, completado con las declaraciones del capataz de la brigada de conservación, Ángel Pintos, se constata: La zona donde se produce el supuesto accidente, no es una cuneta, según su término técnico, sino un relleno realizado por los propietarios de la propiedad limítrofe con la carretera tras la construcción de un muro de cierre y que constituye, según lo establecido en el artículo 5 de la Ley 8/2013 de Estradas de Galicia “un elemento funcional” de dicha carretera al su poner”…”un espacio lonxitudinal, sensiblemente paralelo as estradas, respecto o que teñen un carácter secundario por servir as propiedades…” La existencia del “hueco” mencionado, se puede deber a que como consecuencia de la retirada de las biondas existentes anteriores a la construcción del muro, a petición del propietario de la finca para llevar a cabo la construcción del muro y acceso a su propiedad, y que delimitaban la existencia de un terraplén, se llevó a cabo un relleno, con material granular, de los huecos que ocupaban los postes de las mismas y que, probablemente, por la acción de los arrastres de agua provocados por las lluvias, se hayan ido retirando los áridos allí depositados. No se encuentra dañado el firme de la carretera como se afirma en la reclamación, ni existe desnivel con respecto a la misma. La brigada de conservación de zona realiza labores de limpieza y desbroce de la zona con la periodicidad que permiten las circunstancias y, como se puede comprobar en los documentos fotográficos que se adjuntan, en estos momentos se encuentran en buen estado. Cuarto.- Respecto a la señalización existente, el punto se encuentra en una zona de difícil apreciación por lo que se ha señalizado por parte de los servicios de conservación…” Resultando.- Que con data 21/02/14 solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas da Deputación quen emitiu o mesmo na data 03/03/14 co seguinte contido: “… Primeiro. Segundo informe da enxeñeira de zona e a información do capataz da brigada de conservación de estradas, o recheo dos ocos dos postes, unha vez retiradas as biondas, foron recheados polo persoal da brigada da Deputación de Pontevedra xa que a zona donde se atopa, o límite entre a zona asfaltada e a beiravía, corresponden a zona de dominio público. Segundo.- A realización do traballo levouse a cabo da forma habitual nestes casos e coas técnicas e materiales establecidos ao efecto…” Resultando que con data 19/03/14 compareceu na Asesoría Xurídica D. José Luis Mato García, vixiante da zona sur da Deputación de Pontevedra quen manifestou o seguinte: “… Que nese punto da E.P. 2302 se a vexetación existente non está desbrozada, a única zona pola que poden deambular os peóns é pola propia estrada. Que no burato onde introduciu a reclamante o pen ten aproximadamente unha fondura duns 20 centímetros…” Resultando.- Que con data 13/01/14 e con fundamento nos artigos 82 e 83 da Lei 30/92, de 26 de novembro, en relación co 10.1 último parágrafo do R.d. 429/93 e 172.2 último inciso do R.d. 2568/86 solicitouse informe á Sra. Xefa do Servizo Médico da Deputación para que avaliara economicamente as lesións producidas, quen emitiu o mesmo na data 04/04/14 co seguinte contido: “…1.- Los informes médicos aportados por la reclamante indican que sufre lesiones motivadas por la caída. 2.- Se puede deducir que las lesiones derivadas del accidente se consideran leves no supondrán una merma de las actividades habituales, comunes y frecuentes de Doña Mercedes Misa Quintas. 3.- Para el cálculo de la indemnización por las lesiones derivadas de la caída sufrida, de acuerdo con el baremo de 2013 la valoración del lesionado sería la siguiente: 15 días no impeditivos 470,10 euros 10% en concepto de perjuicio económico 47,01 euros Total evaluación económica 517,11 euros…” Resultando.- Que con data 09/04/14 emitiuse documento RC con número de operación 201400037523 pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 139.2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e artigo 2.1 do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial. Considerando.- Que do consignado no expediente queda acreditada indubitadamente a relación de causalidade entre o funcionamento normal ou anormal do servizo público e o dano causado, que o particular non ten a obriga de soportar, esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93, xa que cando a vexetación existente na beiravía está sen desbrozar, como sucede no presente suposto, os peóns vénse obrigados a circular pola calzada, e ó non existir defensa ou paso habilitado na calzada para permitir o tránsito dos mesmos, a Administración está a enfrontalos a situacións de alto risco, por incumprimento dos deberes de conservación das vías públicas e da seguridade nas mesmas que se deducen inmediatamente da súa titularidade. A iso hai que engadirlle que pola única zona pola que podía deambular a interesada, existía un burato na vía que non podía ser apreciado porque estaba tapado pola mesma vexetación e tiña unha fondura duns 20 cm. Neste senso cabe invocar a sentenza 1/2007 ditada polo xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra que recolle o seguinte: “… se deduce inmediatamente un título de imputación del daño a la demandada que no se residencia tanto en ele estado de la acera, lógico dicha acera se encontraba en obras, como de la inexistencia de defensa o paso habilitado en la calzada para permitir el tránsito por la misma de los peatones que evidentemente no podían desplazarse por la acera. La Administración puede ampararse, sin conculcar el principio general de buena fe, en la evidencia del mal estado de la acera, debido a las obras ello no se discute, para sostener que no debía transitar por dicha acera la demandante sino por la calzada si previamente se habilitó parte de la calzada pues con dicha alegación la Administración está enfrentando a la demandante a dos situaciones de alto riesgo, con el resultado ya visto, por incumplimiento de los deberes de conservación de las vías públicas y de la seguridad en las mismas que se deducen inmediatamente de su titularidad…” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade. Primeiro.- Estimar a solicitude de indemnización presentada por Dona Mercedes Misa Quintas, por danos e lesións producidas a consecuencia dun burato que provoca a súa caída na E.P. 2302 Gondomar-Chaín-Morgadanes no Concello de Gondomar o día 11/11/13, valorados en 534,11 €, segundo a valoración económica das lesións feita pola Sra. Xefa do Servizo Médico da Deputación máis o ticket do gasto derivado dos danos sufridos na roupa, que achegou coa instancia a reclamante. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar o aboo a Dona Mercedes Misa Quintas da citada cantidade de 534,11 € con cargo a consignación orzamentaria 2014/456.453.210.00 do orzamento, segundo documento RC da Intervención de data 09/04/14 e número de operación 201400037523, sometido á condición suspensiva da achega pola interesada do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, no prazo de DEZ DIAS a partir da notificación de presente acordo. Terceiro.- Dar traslado desta Resolución ó interesado e á Intervención, así como á Correduría de Seguros Lariño, S.L. a efectos do ingreso á conta desta Deputación en Novagalicia Banco núm. ES17-2080-5401-5731-1010-6612 a cantidade de 384,11 €, importe resultante de restar ós 534,11 € a franquía de 150,00 € estipulada na póliza subscrita con Mapfre Empresas Cía de Seguros, S.A. 3.22005.- INADMISIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D.GERARDO ACOSTA PADÍN EN REPRESENTACIÓN DE DNA. MARÍA CALVO VIDAL POR DANOS EN VEHÍCULO NA PO-542 (CONCELLO DE PONTEVEDRA) Dada conta que con data de rexistro de entrada 01/04/14 (núm. de rex. 2014032340) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Don Gerardo Acosta Padín en representación de Dona María Calvo por danos en vehículo producidos a consecuencia da irrupción dun cervo na PO-542 no Concello de Pontevedra o día 06/08/13 e que non cuantificou economicamente. Resultando.- Que con data 02/04/14 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu con data 16/04/14 co seguinte contido: “… Segundo informe da enxeñeira de zona e consultado o Catálogo de Carreteras Provinciais, obrante neste Servizo de Infraestruturas, a PO-542 pertence á rede de estradas da Xunta de Galicia …” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que o teor do citado informe impide entrar sequera a valorar as circunstancias concorrentes no sinistro en cuestión, por canto non pode constituírse validamente a relación procedimental ó non resultar a Deputación Provincial pasivamente lexitimada para interpoñer perante dela ningunha reclamación que non se relacione directamente coa súa titularidade demanial. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que en ningún caso pode esta Deputación Provincial facerse responsable de danos producidos en estradas que non sexan da súa titularidade. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92, en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita solicitude de indemnización. 4.22006.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “CANALIZACIÓN LIÑA A.T. 66 KW DENDE LIÑA TIBO-MOURENTE ATA SUBESTACIÓN COMPLEXO INDUSTRIAL BARRO-MEIS” Tras a declaración da necesidade e idoneidade que figura na petición de inicio do expediente por Infraestruturas, de data 25 de marzo de 2014, que motiva de xeito suficiente a conveniencia de emprender en beneficio do interese público a execución da obra “Canalización liña A.T. 66 Kw dende liña Tibo-Mourente ata subestación complexo industrial Barro-Meis”, cunha asignación eficaz e eficiente dos recursos públicos. E, sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l .3/2011, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, de aquí en diante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse o/os documento/s RC, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, detallado na seguinte táboa: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/456.156.680.03.2013 839.711,60 € 2014 14/456.156.680.03 411.837,22 € Total 1.251.548,82 € Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Canalización liña A.T. 66 Kw dende liña Tibo-Mourente ata subestación complexo industrial Barro-Meis”, con arranxo ó seguinte detalle: Redactor D. Eugenio Marcote Carballo Importe de execución sen IVE 1.034.337,87 € IVE (21%) 217.210,95 € Total 1.251.548,82 € Prazo de execución 6 meses 5.22007.- INFORME SOBRE A MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE INTERMUNICIPAL DO “BAIXO MIÑO” Dada conta do escrito que subscribe a Mancomunidade Intermunicipal do “Baixo Miño”, de data 26 de marzo de 2014, (núm. rexistro de entrada na Deputación 2014031614 do 1 de abril de 2014), polo que remite o acordo inicial de modificación dos estatutos da citada Mancomunidade, adoptado na sesión celebrada o día 27 de febreiro de 2014 e solicita á Deputación de Pontevedra que emita o informe conforme o disposto no artigo 143.1,b) da Lei 5/1997, de 22 xullo, de administración local de Galicia, Visto o informe emitido pola Secretaría Xeral, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Prestar conformidade ó informe da Secretaría Xeral da Deputación sobre a modificación dos Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do “Baixo Miño”, que literalmente di como segue: “En relación coa petición de informe da Xefa do Servizo de Cooperación sobre a modificación dos Estatutos da Mancomunidade Intermunicipal do “Baixo Miño”, derivada do disposto na D.T. 11ª da Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local, manifestase o seguinte: 1) A citada modificación dos Estatutos está derivada do establecido na Disposición transitoria undécima da Lei 27/2013, de 27 de decembro. 2) O obxecto, é dicir, os fins da Mancomunidade han de ser concretos e en ningún caso facer mención á totalidade dos asignados legalmente ós municipios pois neste suposto estaríamos ante unha fusión de municipios, (arts. 142.1.b da lei 5/97, de 22 de xullo, e 44.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril). 3) En canto á policía local, esta actuará no ámbito territorial do seu municipio (art. 6/4/2007, de 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia), polo que non podería ser asumida pola mancomunidade. Pontevedra, 9 de abril de 2014 O Secretario,” 2. En cumprimento do disposto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, dar traslado de dito informe á Mancomunidade Intermunicipal do “Baixo Miño”. 6.22008.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á A.M.R. MULLERES ARBENSES (ARBO) PARA REALIZAR A OBRA DENOMINADA “EQUIPACIÓN DE ELECTRODOMÉSTICOS DA COCIÑA”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2012 Retírase da orde do día expediente relativo ó “Recoñecemento da obriga e declaración de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, da subvención concedida á A.M.R. Mulleres Arbenses (Arbo) para realizar a obra denominada “Equipación de electrodomésticos da cociña”, incluída no PAC-2012.” 7.22009.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.22010.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO, POLO PROCEDEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN SOCIEDADE VECIÑAL, CULTURAL E DEPORTIVA NAUTILUS DE SAN ANDRÉS DE COMESAÑA (VIGO) PARA REALIZAR A OBRA DENOMINADA “INVESTIMENTO E MELLORAS NO EDIFICIO SOCIAL”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2012 Intervén o Secretario Accidental. Examinada a documentación xustificativa da subvención e visto o informe da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a xustificación e declarar de aboo, polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, a cantidade de vinte e cinco mil euros (25.000,00 €) a favor da Asociación Sociedade Veciñal, Cultural e Deportiva Nautilus de San Andrés de Comesaña (Vigo), CIF. Núm. G-36631703, correspondente á subvención que lle foi concedida por acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, na súa sesión do 28 de decembro de 2012, polo sistema de concorrencia competitiva, para realizar a obra: “Investimento e melloras no edificio social”, incluída no Programa de Acción Comunitaria 2012 (núm. exp. 2012001599). Este libramento farase con cargo á aplicación 14/942.459.789.07.2012 do vixente orzamento provincial. 9.22011.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. DE VECIÑOS CELADO DA PARROQUIA DE SAN PEDRO DE CELA DO CONCELLO DE MOS, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA AS “OBRAS DE REFORMA DO LOCAL SOCIAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 19/07/2013 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 19/07/2013 unha subvención a favor da Asociación de Veciños Celado da Parroquia de San Pedro de Cela do concello de Mos (CIF: G-36.117.315), por un importe de 3.756,00 €, para as “Obras de reforma do local social”, con cargo á aplicación 13/330.334.789.04, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 03/04/2014, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 10.22012.- APROBACIÓN DAS BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E DEPORTISTAS A NIVEL INDIVIDUAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO DURANTE Ó ANO 2014 A Deputación de Pontevedra, a proposta do servizo de Deportes establece as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades deportivas e a deportistas a nivel individual para a realización de actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2014, e unha vez fiscalizadas ditas bases polo servizo de Secretaría así como o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases de subvencións a entidades deportivas e a deportistas a nivel individual para a realización de actividades deportivas con carácter extraordinario durante o ano 2014 e que son do seguinte teor: Ditas bases son como seguen: “BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS E DEPORTISTAS A NIVEL INDIVIDUAL PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE CARÁCTER EXTRAORDINARIO DURANTE O ANO 2014 1. OBXECTO E FINALIDADE 1.1. As presentes bases teñen por obxecto regular o réxime de concesión de axudas destinadas a clubs ou entidades deportivas e deportistas individuais, radicados na provincia de Pontevedra para financiar as seguintes accións, realizadas no exercicio 2014. - Participación en competicións deportivas de carácter extraordinario que esixa viaxar fóra da Comunidade Autónoma, no ámbito estatal. - Competición internacional a nivel europeo. - Competición internacional a nivel mundial. Valoraranse preferentemente as competicións de carácter oficial. 1.2. orzamento máximo dispoñible para a concesión das subvencións ás que se refire a presente convocatoria é de 150.000,00 €, que se imputará á aplicación orzamentaria 14/340.341.489.24. 2. DESTINATARIOS E REQUISITOS 2.1 Concederanse subvencións en dous ámbitos diferentes, o de clubs ou entidades deportivas e o de deportistas individuais, federados. As entidades ou clubs deportivos cuxos primeiros equipos teñan subvencións nominativas no orzamento da Deputación de Pontevedra para o ano 2014 non poderán presentar ningún proxecto relacionado co equipo subvencionado, aínda que si cos demais equipos que configuren a dita entidade. 2.2 Poderán concorrer ás subvencións reguladas na presente convocatoria as entidades ou clubs deportivos radicados na provincia de Pontevedra que compitan durante o ano 2014 no ámbito sinalado anteriormente e que cumpran os seguintes requisitos: - Estar constituídos legalmente. - Estar inscritos no rexistro de asociacións deportivas da Dirección Xeral para o deporte da Xunta de Galicia. - Estar ó día coas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. - Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 2.2 Os deportistas individuais deberán cumprir os seguintes requisitos: - Ser natural da provincia de Pontevedra ou, de non selo, presentar certificado de empadroamento con cinco anos de antigüidade. - Competir oficialmente durante ao ano 2014 con licenza federativa pertencente a un club da provincia. - Estar ó día coas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social. - Non estar incurso en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para a percepción de axudas ou subvencións públicas. 3. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN. PRAZO E FORMA 3.1 DOCUMENTACIÓN - Instancia de solicitude conforme ó modelo que figura no anexo I das presentes bases. Só se poderá admitir unha solicitude por participante. - CIF do club ou entidade deportiva. - DNI dos deportistas individuais e do seu representante se é menor de idade, así como DNI do representante do club. - Declaración xurada na que conste se se concederon ou non outras axudas ou se solicitaron coa mesma finalidade. As ditas axudas serán avaliadas pola comisión de valoración. - Certificado da conta bancaria a nome do club se a axuda solicitada está destinada ó club ou entidade deportiva e certificado da conta bancaria a nome de deportista individual ou do seu representante, se é menor de idade. - Certificado da Federación á que pertence o club ou entidade deportiva, no que se acredite a competición á que asisten. - Certificado da Federación á que pertenza o deportista individual, no que se acredite a competición á que asista. - Memoria do Proxecto Deportiva 2014. A presentación da solicitude conlevará a autorización do solicitante para a obtención de forma directa da acreditación do cumprimento de obrigacións tributarias co Estado, Seguridade Social e Deputación de Pontevedra a través de certificados telemáticos; nese caso o solicitante non deberá achegar a correspondente certificación. No entanto, o solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo achegar entón a aludida certificación. 3.2 FORMA As solicitudes de subvención deberán presentarse no rexistro xeral de Deputación: - Sede Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado) - Sede Vigo: Rúa O Porto, 3 (de luns a venres) - Ou tal e como se establece no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de presentar a solicitude nunha oficina de Correos farase en sobre aberto para que as solicitudes sexan datadas e seladas polo funcionario correspondente. 3.3 PRAZO O prazo de presentación será de 30 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. 4 CRITERIOS DE VALORACIÓN O procedemento de concesión das subvencións atenderase ó regulado na Lei xeral de subvencións 38/2003, de 17 de novembro. Establécense os seguintes criterios de valoración: - Memoria deportiva da actividade a subvencionar (ata 3 puntos). - Categoría na que participa (ata 5 puntos). - Orzamento detallado dos gastos a subvencionar (ata 2 puntos). As propostas de concesión de subvención someteranse á aprobación do órgano de goberno competente. Transcorridos seis meses a partir do día seguinte ó da terminación do prazo da presentación das solicitudes sen que os interesados obteñan unha resposta expresa entenderase desestimada a petición. 5 COMISIÓN DE VALORACIÓN E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA 5.1 A instrución do procedemento de concesión de subvención correspóndelle ó xefe de Servizo de Deportes, que realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a súa determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de conformidade co artigo 24 da Lei xeral de subvencións. As solicitudes de subvención serán avaliadas segundo os criterios sinalados anteriormente pola comisión de valoración, órgano colexiado composto por: Presidenta: - a deputada-presidenta da Comisión de Deportes. Vogais: - o xefe do Servizo de Deportes. - o xefe negociado do Servizo de Deportes. Secretaria: - actuará como secretaria unha funcionaria do Servizo de Deportes. 5.2 O prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento será de seis meses, contados a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra. 6 PRAZO E FORMA DE XUSTIFICACIÓN A subvención concedida deberá xustificarse antes do 28 febreiro de 2015.” Dito anexo é como segue: 11.22013.- APROBACIÓN DAS BASES COMPLEMENTARIAS Ó PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA A AMPLIACIÓN DA SUBVENCIÓN DOS SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR 2014 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión que tivo lugar o día 23 de xaneiro de 2014 aprobou as bases reguladoras do “Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014”, co obxecto de apoiar ás corporacións locais da provincia de Pontevedra que prestan servizos sociais comunitarios municipais. Este apoio consiste prioritariamente no financiamento dos servizos de axuda a domicilio básico os concellos de menos de 20.000 habitantes, así como o financiamento a ditos concellos para a contratación de persoal técnico dos equipos municipais. Estas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 23 de data 4 de febreiro de 2014. A Deputación de Pontevedra está interesada en aprobar unhas bases complementarias para regular a posibilidade de incrementar a subvención para o módulo do servizo de axuda no fogar, atendendo á diferenza entre a contía publicada nos módulos de SAF do “Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014” aprobada pola Xunta de Goberno e a estipulada no anexo III do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento. En base á diferenza resultante da contía aprobada pola Xunta de Goberno e que aparece publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 23 de data 4 de febreiro de 2014 e no anexo III do Decreto 99/2012, correspondente á asignación de incrementos de financiamento no servizo de axuda no fogar, prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia, poderán ser beneficiarios desta convocatoria os concellos de Covelo, Catoira, As Neves, Moraña, Mondariz, Cuntis, A Cañiza, Ponte Caldelas, Vilaboa, Valga, Soutomaior, Salceda de Caselas, Silleda, Salvaterra de Miño, Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, Poio, Tui, Sanxenxo, Nigrán, O Porriño e Moaña. Resultando que con data 15 de abril de 2014 o Sr. Secretario informa favorablemente as bases complementarias do “Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014”. Resultando que con data 24 de abril de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalicalización emite informe favorable sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible por importe de 220.000,00 € para facer fronte ó gasto con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.233.462.00. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases complementarias do “Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014”, é a Xunta de Goberno. De conformidade co estipulado nas bases de execución do vixente orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases complementarias do “Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar durante o exercicio de 2014”, que quedan redactadas da seguinte forma: Ditas bases son como seguen: “BASES COMPLEMENTARIAS Ó PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS, PARA A AMPLIACIÓN DA SUBVENCIÓN DO SERVIZOS DE AXUDA NO FOGAR (SAF), 2014 1. DENOMINACIÓN E APLICACIÓN ORZAMENTARIA A presente convocatoria, preséntase coma unha liña de subvencións complementarias ó “PLAN DE COFINANCIAMENTO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS MUNICIPAIS PARA O EXERCICIO 2014” e elabórase ó amparo do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, que regula os servizos sociais comunitarios e o seu cofinanciamento, e que no seu artigo 31, establece que as deputacións proporcionaranlles asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos con menos de 20.000 habitantes na execución das súas competencias en materia de servizos comunitarios municipais. Esta liña de subvención complementaria, financiarase no 2014 coa achega prevista de 220.000,00€ (douscentos vinte mil) da aplicación orzamentaria 14/232.233.462.00 do orzamento desta Deputación. 2. FINALIDADE E OBXECTO É finalidade desta Deputación, a través das presentes bases, regular a posibilidade de incremento da concesión de subvención para o módulo do servizo de axuda no fogar , atendendo á diferenza entre a contía publicada nos módulos de SAF do Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014 (BOP Nº23 de 4 de febreiro de 2014) e a estipulada no anexo III do Decreto 99/2012, correspondente á asignación de incrementos de financiamento no servizo de axuda no fogar, prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia. 3. DESTINATARIOS Atendendo á diferenza resultante da contía publicada no BOP do 4 de febreiro de 2014 e ó anexo III do Decreto 99/2012, correspondente á asignación de incrementos de financiamento no servizo de axuda no fogar, prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia, poderán ser beneficiarios desta convocatoria os concellos de Covelo, Catoira, As Neves, Moraña, Mondariz, Cuntis, A Cañiza, Ponte Caldelas, Vilaboa, Valga, Soutomaior, Salceda de Caselas, Silleda, Salvaterra de Miño, Baiona, Bueu, Cambados, Gondomar, Poio, Tui, Sanxenxo, Nigrán, O Porriño e Moaña. Os incrementos que sexan aprobados na presente convocatoria non se integrarán no plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais do 2015, entendendo que a presente convocatoria aséntase na petición de ampliación do servizo de axuda no fogar en concellos da provincia de Pontevedra, cun alto grado de demanda no presente exercicio 2014. 4. PROGRAMAS A FINANCIAR E CONTÍAS Serán obxecto de subvención os gastos de retribucións brutas e Seguridade Social do persoal auxiliar do servizo de axuda no fogar, así como o gasto de material directamente vinculado ó programa, sen prexuízo de que o servizo sexa de xestión directa ou sexa xestionado indirectamente mediante algunha das formas previstas na lexislación de contratos do sector público. Para estes efectos, considérase SAF básico aquel cuxas persoas usuarias non teñan recoñecido o estatuto de persoas dependentes e accedan ó servizo en réxime de libre concorrencia. 5. COFINANCIAMENTO DOS MÓDULOS E DETERMINACIÓN DO IMPORTE DE ACHEGA PROVINCIAL O importe da transferencia aos concellos e corporacións locais determinarase tendo en conta o sinalado no Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014 (BOP nº 23 de 4 de febreiro de 2014), e a estipulada no Anexo III do Decreto 99/2012, correspondente á asignación de incrementos de financiamento no servizo de axuda no fogar, prestación básica en réxime de acceso por libre concorrencia, sendo o importe a incrementar a diferenza entre ambas contías, segundo se relaciona no seguinte cadro: Baiona (M4) 14.253,49 € Bueu (M3) 5.812,11 € Cambados (SU7) 9.057,62 € Cañiza, A (R35) 14.393,00 € Catoira (SU5) 2.147,00 € Covelo (R35) 771,46 € Cuntis (R33) 4.401,59 € Gondomar (M4) 10.278,13 € Moaña (M4) 10.620,19 € Mondariz (R35) 8.222,72 € Moraña (SU6) 4.646,88 € Neves, As (R35) 3.374,42 € Nigrán (M4) 25.034,42 € Poio (M3) 19.507,25 € Ponte Caldelas (R34) 6.070,56 € Porriño, O (M4) 6.563,35 € Salceda de Caselas (M4) 93,00 € Salvaterra de Miño (M4) 3.505,87 € Sanxenxo (SU7) 18.493,08 € Silleda (R32) 24.170,79 € Soutomaior (M4) 3.640,32 € Tui (SU8) 16.643,32 € Valga (SU6) 5.734,322 € Vilaboa (M3) 1.641,00 € Total 219.075,89 € 6. DOCUMENTACIÓN, FORMA E PRAZOS DA SOLICITUDE DE ADHESIÓN 6.1. Documentación específica a achegar polas entidades locais: O modelo de formulario para a solicitude desta convocatoria, estará a disposición das entidades beneficiarias na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es).  Proxecto descritivo de servizos sociais comunitarios municipais do módulo do servizo de axuda no fogar, asinado polo Secretario da entidade local. 6.2. Forma e prazos de presentación de solicitude: As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). - Ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. A entidade solicitante consinte ao adherirse a este Plan, que os datos deste expediente queden incorporados aos ficheiros informáticos da Deputación de Pontevedra. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados en ficheiros cuxa finalidade é conter os datos das persoas que participan nos programas financiados pola Deputación, inscritos na Axencia Española de Protección de Datos e poderán ser incluídos na páxina web. 7. COMPROMISOS A entidade local comprométese a realizar as actuacións necesarias para desenvolver o obxectivo do Plan co incremento solicitado para o SAF e a completar coa súa achega económica o módulo obxecto de financiamento. A entidade comprométese a publicitar a achega provincial e a facer constar sempre o cofinanciamento da Deputación Provincial de Pontevedra en todas as comunicacións polas que se dea a coñecer a realización das actividades, ben sexa por medios escritos, radiofónicos, audiovisuais ou internet. Coa memoria e a conta xustificativa, a entidade beneficiaria achegará documentos que acrediten o cumprimento desta obriga. A entidade comprométese a proporcionarlle ó persoal contratado para o servizo de axuda no fogar (sexa persoal propio ou por contratación de empresa) as tarxetas identificativas do servizo subvencionado. Estas tarxetas serán facilitadas pola Consellería de Traballo e Benestar e reflectirán entre outras, xunto coa identificación do posto de traballo, a imaxe corporativa da institución provincial. O persoal deberá levalas consigo cando estea realizando a actividade obxecto da subvención. 8. TRAMITACIÓN DAS ACHEGAS, O SEU PAGAMENTO E XUSTIFICACIÓN As achegas previstas nesta convocatoria faranse efectivas logo da súa aprobación mediante resolución da Presidencia. Procederase ó pagamento anticipado do 35% da achega provincial logo de comprobar que non ten ningún anticipo pendente de xustificar do plan para o financiamento dos servizos comunitarios básicos de anos anteriores, e que cumpre coas obrigas tributarias coa AEAT, coa Deputación Provincial de Pontevedra e coa Seguridade Social. A acreditación do cumprimento de ditas obrigas poderá realizarse mediante a presentación dos correspondentes certificados ou ben autorizando á Deputación para que obteña telematicamente os correspondentes certificados, indicándoo no documento de adhesión. O cumprimento das obrigas tributarias coa Deputación provincial comprobarao esta de oficio. Todos os modelos de formularios para a xustificación desta convocatoria, estarán a disposición das entidades beneficiarias na páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es). A Deputación librará o 65% restante tras a xustificación da completa execución do programa, atendendo á documentación solicitada no Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio 2014 (BOP nº23 de 4 de febreiro de 2014). O prazo de presentación da documentación xustificativa rematará o 28 de febreiro de 2015. Excepcionalmente poderase solicitar unha prórroga antes do remate do mes de xaneiro de 2016. Logo de ser valoradas favorablemente as causas excepcionais que motivan a dita solicitude polo Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego e Intervención, poderá concederse prorroga da xustificación ata, como máximo o 31 de marzo de 2015. Se non se achega a xustificación dentro de prazo (inicial ou prorrogado), requirirase a entidade beneficiaria para a súa presentación no prazo improrrogable de 15 días. A falta de xustificación neste prazo excepcional levará aparellada a perda da achega provincial. Á vista da documentación xustificativa presentada e despois dos informes previos do Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego e do Servizo de Fiscalización, o órgano competente valorará o cumprimento das actividades subvencionadas e se a documentación é correcta, procederase á aprobación da xustificación e ó pago do importe restante da achega provincial. No momento en que se efectúen os pagamentos, a entidade local deberá estar ao corrente das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, así como coa Deputación Provincial de Pontevedra. No caso de que a contía xustificada sexa inferior ao importe a xustificar, reducirase a achega provincial total do 2014 no importe proporcional correspondente. 9. VIXENCIA A presente convocatoria terá vixencia para as actividades realizadas do 1 de xaneiro de 2014 ao 31 de decembro de 2014. As sucesivas convocatorias de carácter extraordinario estarán condicionadas a existencia de crédito adecuado e suficiente. 10. RÉXIME XURÍDICO, RESPONSABILIDADE E RÉXIME SANCIONADOR DAS ACHEGAS ECONÓMICAS PREVISTAS NESTE PLAN Esta convocatoria rexerase polo establecido nestas bases, sendo as normas da Lei 38/2003, xeral de subvencións de aplicación supletoria, así como as Bases de execución dos orzamentos da Deputación de Pontevedra para o ano 2014. As entidades beneficiarias das achegas quedarán sometidas ao establecido no Código penal (Lei orgánica 10/1995,do 23 de novembro) e as responsabilidades e réxime sancionador establecido na Lei 38/2003, xeral de subvencións. 11. OBRIGAS DE INFORMACIÓN DAS ENTIDADES LOCAIS ADHERIDAS As entidades locais adheridas a este plan, estarán obrigadas a facilitarlles ós servizos da Deputación Provincial toda a información relativa ó funcionamento dos servizos sociais municipais que se lles demande nun prazo de 15 días. A negativa a facilitar esta información, ou a demora inxustificada no seu envío, dará lugar á exclusión da entidade local deste plan coa conseguinte perdida do dereito ao cobro, ou ao inicio do oportuno expediente de reintegro, segundo proceda, das achegas percibidas ou concedidas ó seu abeiro, a cal será obxecto de declaración pola Presidencia da Deputación, trala tramitación do oportuno expediente contraditorio con audiencia da entidade interesada. 12. INTERPRETACIÓN A interpretación e a resolución das dúbidas que puidesen xurdir serán resoltas polo Presidente da Deputación Provincial, previo informe de Secretaría e de Intervención. Para o non disposto expresamente nas presentes bases, aplicarase supletoriamente o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.” 12.22014.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA “ACTÍVATE 2014” A Deputación de Pontevedra convoca para o ano 2014 unha nova edición do Programa “Actívate”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. Para levar a cabo este programa o Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego elaborou unhas bases para regular a concesión de axudas que van destinadas a desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre para mellorar a formación básica da mocidade da provincia de Pontevedra. Ó programa Actívate para o ano 2014, poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Cada concello poderá escoller unha actividade formativa das que figuran no catálogo que estará publicado na páxina web da Deputación de Pontevedra, agás os de máis de 15.000 habitantes que poderán escoller dúas. Os beneficiarios do Programa “Actívate” para o ano 2014 serán prioritariamente os mozos de 16 ata 35 anos de idade residentes no concello solicitante da actividade formativa correspondente, aínda que tamén poderán participar persoas doutros concellos no caso de que quedaren prazas vacantes. Resultando que con data 31 de marzo de 2014 o Sr. Secretario informa as bases reguladoras do programa “Actívate” para o exercicio 2014. Resultando que con data 9 de abril de 2014 a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe sobre a tramitación do expediente para aprobación das citadas bases, e deixa constancia da existencia de crédito dispoñible por importe de 102.200,00 € para facer fronte ó gasto con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, emitindo o documento RC núm. 201400007030 polo citado importe. Considerando que o órgano competente para a aprobación das bases reguladoras do Programa “Actívate” para o exercicio 2014, é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases de execución do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases reguladoras do Programa “Actívate” para o exercicio 2014, que quedan redactadas da seguinte forma: Ditas bases son como seguen: “BASES DO PROGRAMA “ACTÍVATE 2014” No artigo 2 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. Así mesmo, dispón que os poderes públicos fomentarán, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte de entidades de iniciativa social, sempre que se axusten ós requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na citada lei. A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego, convoca unha nova edición do programa “Actívate”, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan nas enquisas os participantes en edicións pasadas, que o cualifican de altamente positivo. CLÁUSULAS Primeira. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas da xente nova da nosa provincia, potenciando movementos de participación e cooperación social, e mellorando a formación básica da mocidade na Comunidade, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias. Ó programa poderán adherirse os concellos de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes. Segunda. Adhesión dos concellos: Todos os concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes poderán sumarse ó programa mediante acordo de adhesión, que remitirán a este organismo provincial dentro dos 20 días naturais seguintes ó da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Neste acordo de adhesión cada concello poderá escoller unha actividade formativa do catálogo, agás os de máis de 15.000 habitantes (Cangas, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Mos, Nigrán, Poio, Ponteareas, O Porriño, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilagarcía de Arousa), que poderán escoller dúas. Os concellos terán a obriga de prestar as súas instalacións e os medios materiais que sexan precisos para o desenvolvemento do curso, entendendo por estes materiais: mesas, cadeiras, encerados, subministro de auga e electricidade, entre outros. Terceira. Beneficiarios: As actividades formativas irán dirixidas prioritariamente ós mozos de 16 ata 35 anos de idade, residentes no concello solicitante, aínda que tamén poderán participar persoas doutros municipios no caso de quedaren prazas vacantes. De non cubrirse todas as prazas con persoas co perfil ó que se refire o programa (mozos de ata 35 anos empadroados no concello ou non) poderán admitirse outras con diferente perfil ata se esgotar as prazas. Cuarta. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes de adhesión dos concellos deberán cubrirse seguindo o modelo que se facilita no Rexistro xeral da Deputación, no da súa Sede de Vigo ou na páxina web: www.depo.es. As solicitudes deberán presentarse no rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: rúa Oporto, 3 (de luns a venres). Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 80 do R. d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. No caso de remitirse por correo ordinario o envío deberá ser certificado e levar o selo de Correos no formulario de solicitude para garantir que a data de remisión está incluída no prazo de presentación de solicitudes da orde de convocatoria. O prazo de solicitude será de 20 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As solicitudes dos participantes deberán de presentarse no Rexistro do concello no que desexa cursar a actividade, no prazo que estableza cada un dos concellos adheridos. Quinta. Documentación dos participantes: As instancias dos participantes deberán cubrirse seguindo o modelo que estará dispoñible no concello e na páxina web da Deputación, xunto cunha copia do DNI da persoa solicitante. No caso de querer participar en máis dunha acción formativa deberase cubrir cadanseu modelo de solicitude. Sexta. Documentación dos concellos: Os concellos adheridos, finalizado o prazo de presentación de solicitudes dos participantes, e como data máxima ata o 15 de setembro, deberán remitirlle ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación: 1. Unha relación nominal dos solicitantes (en formato Excel), onde se recollan todos os campos da folla de solicitude, seguindo o rexistro de entrada. Este documento remitiráselle ó Servizo de Servizo Sociais por correo electrónico (servizos.sociais@depo.es). 2. Os orixinais das solicitudes presentadas no concello cos DNI requiridos. Sétima. Procedemento de concesión: O órgano instrutor dos expedientes será, de acordo coa competencia para coñecer e resolver as solicitudes, o Servizo de Servizos Sociais e a adxudicación á Xunta de Goberno. No caso de que o número de solicitudes exceda das prazas ofertadas para cada acción formativa, dende a Deputación de Pontevedra, relacionarase o listado de participantes ós cursos mediante os seguintes criterios: 1.- Persoas desempregadas do concello. 2.- Persoas en activo do concello. 3.- Persoas desempregadas doutros concellos. 4.- Persoas en activo doutros concellos. 5.- Persoas que non cumpran o requisito da idade. Se fose necesario tamén se tería en conta a orde de presentación de solicitudes. As persoas interesadas en máis dunha acción formativa deberán indicar a súa preferencia xa que, no caso de non existir prazas suficientes, só poderá participar nunha acción formativa. Oitava. Condicións do programa: O programa consiste en ofertar unha serie de actividades formativas que aparecen recollidas dentro dun catálogo, que estará publicado na paxina web da Deputación de Pontevedra. As actividades formativas, levaranse a cabo a partir do mes de outubro e terán unha duración de 40 horas, deberán contar cun número mínimo de 15 persoas e un máximo de 25 persoas participantes (segundo a acción formativa -ver catálogo). En caso de que non se acadase esa cifra o curso quedaría anulado. A institución provincial ofertará as actividades formativas a través dunha empresa especializada na materia, responsable da execución, coordinación e avaliación do programa. Á finalización das actividades formativas, que deberá ser antes do 1 de abril de 2015, entregaráselle un diploma acreditativo da boa execución a cada alumno. Para a súa obtención non se poderá superar o 15% de faltas inxustificadas nin o 25% de faltas xustificadas. Novena. Obrigas dos concellos: • Autoriza a esta institución provincial á publicación dos datos de contacto e enderezo no que se levará a cabo a actividade formativa, co fin de que as persoas que non sexan do concello poidan poñerse en contacto no caso de estaren interesadas. • Consente ó se adherir a este programa que os datos da súa solicitude e a relación de participantes queden incorporados ós ficheiros informáticos da Deputación. Os datos persoais recollidos serán incorporados e tratados en ficheiros coa finalidade de conter os datos das persoas que participan nos programas financiados polo organismo provincial, inscritos na Axencia Española de Protección de Datos. • Consente ó se adherir a este programa que os datos da súa solicitude poidan ser incluídos na páxina web. Así mesmo, autorízase á Deputación a obter imaxes da execución das actividades formativas para a difusión e promoción do programa. • Prestará as súas instalacións e medios materiais que sexan precisos para o desenvolvemento adecuado do curso (Ver en catálogo -acondicionamento básico da aula). • Acepta as obrigas específicas das actividades formativas que solicita, as características da aula, o material do que esta debe dispor, material recomendado para o alumnado e os coñecementos mínimos, entre outros (ver catálogo). Unha vez concedida a actividade formativa deberáselle enviar a relación definitiva dos participantes á empresa adxudicataria, cun mínimo de dez días de antelación á súa execución. Na relación deberán figurar os nomes e apelidos dos asistentes, número do DNI e teléfono de contacto de cada participante. Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento das actividades formativas deberá comunicárselle ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación. Décima. Obrigas das empresas: A empresa adxudicataria achegará en cada acción formativa: . Docentes coa titulación regulamentaria e con experiencia. . Materiais precisos para a boa execución da actividade formativa (ver catálogo). . Carpeta co programa, folios e bolígrafo para cada participante. . Manuais coa parte teórica para cada participante. . Equipos audiovisuais, informáticos, de megafonía, cociñas e outros, se fose preciso segundo a necesidade específica do obradoiro e da aula. . Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil. A empresa adxudicataria será a responsable de coordinar co técnico do concello todo o referente á actividade, así como solicitar a relación definitiva de participantes e realizar as comunicacións precisas para informar a cada alumno do día, hora e lugar de realización da actividade. Todos os materiais, agás os esixidos ós alumnos e ós concellos (ver catálogo), correrán por conta da empresa adxudicataria. Calquera anomalía que se advirta sobre o bo desenvolvemento das actividades formativas deberá comunicárselle ó Servizo de Servizos Sociais da Deputación. Decimo primeira. Orzamento: A contía consignada para o Programa “Actívate” que se regula nesta orde,p ascende no ano 2014 a cento dous mil douscentos euros (102.200,00 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, do orzamento ordinario desta institución provincial, sen prexuízo de que este crédito se amplíe. A Deputación establece a convocatoria de actividades formativas do Programa “Actívate” no marco de actividades para as persoas novas, ofertando inicialmente un total de 73, que poderán incrementarse en base ó prezo definitivo da empresa adxudicataria para cada unha delas. No suposto de que o número total de actividades ofertadas nesta convocatoria non quedase cuberto esta institución reservarase o dereito a cubrilas con concellos que teñan a suficiente demanda. Décimo segunda. Publicidade: En toda a publicidade que se elabore deberanse facer constar a organización e a colaboración do organismo provincial mediante a inclusión da súa imaxe institucional, de conformidade co artigo 31 do RLXS. Para todo o relacionado coa dita publicidade poden dirixirse ó seguinte enderezo de correo electrónico: comunicacion@depo.es. Décimo terceira. Prazo de vixencia: As bases que regulan este programa terán vixencia ata marzo de 2015. Décimo cuarta. Lexislación aplicable: . Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. . Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións . Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. . Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. . Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. . Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. . Bases de execución do vixente orzamento provincial”. 13.22015.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIA Nº2014011403 DE DATA 14 DE ABRIL POLA QUE SE SUSPENDE UNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA EMPRESA De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a Resolución Presidencial nº 2014011403 de data 14 de abril de 2014 pola que se suspende temporalmente unha bolsa de practica laboral, cuxo contido se reproduce integramente a continuación: “A Deputada delegada en materia de persoal, en virtude das competencias delegadas da Presidencia, dita a seguinte RESOLUCIÓN: Primeiro: Por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outro seis. Con data de 14 de abril de 2014, a empresa adxudicataria de bolseiro Xabela y Alonso S.L., presenta a súa renuncia á bolseira que ten adxudicada do Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado 2013 por motivos alleos á vontade da empresa. Empresa que renuncia Motivo Bolseiro Xabela y Alonso, S.L. Motivos alleos á vontade da empresa María Victoria Monasterio Bello Segundo: A base décimo primeira da convocatoria de bolsas, establece que en caso de renuncia da empresa á bolsa concedida sen causa xustificada a Deputación realizará as xestións oportunas para poder destinar ó bolseiro a outra empresa, a fin de darlle continuidade á bolsa de prácticas convocada pola Deputación. Entre tanto a bolsa queda en suspenso durante un período que non poderá exceder de tres meses, e o bolseiro pasará a ocupar o primeiro lugar da lista de candidatos suplentes na devandita titulación. De igual modo, procederase nos casos de resolución da bolsa por causas xustificadas non imputables ó bolseiro. Transcorridos o tres meses perderá o dereito á bolsa, e unicamente poderá acceder a unha nova bolsa por substitucións. Polo exposto, en virtude das facultades que me confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105.1 g) da Lei 5/97, de 22 de xullo, reguladora da administración local de Galicia, RESOLVO: 1º.- Suspender temporalmente a bolsa concedida á seguinte bolseira en tanto non se reasigne a outra empresa: Exp. Titulación Bolseira Efectos renuncia E77 Grao en deseño téxtil e moda María Victoria Monasterio Bello 14/04/2014 Desta Resolución darase conta á Xunta de Goberno na próxima sesión que celebre para que sexa ratificada e surta efectos”. 14.22016.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DO BOLSEIRO MARCOS CAMAÑO VAQUEIRO NA EMPRESA OTERO FORESTAL, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E-43 da titulación Ciclo Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural,o bolseiro Marcos Camaño Vaqueiro na empresa Otero Forestal, S.L. Con data de 22 de abril de 2014 o bolseiro Marcos Camaño Vaqueiro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de Práctica Laboral con efectos do 30 de abril de 2014, manifestando a incompatibilidade da bolsa co traballo que lle ofreceron e decidiu aceptar. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra, entre outras causas, a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorada por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Marcos Camaño Vaqueiro na empresa Otero Forestal S.L. con efectos do día 30 de abril de 2014. 15.22017.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DA BOLSEIRA NOELIA GOCE VICENTE NA EMPRESA ALBA LAGO BARREIRO (TIENDA DE DECORACIÓN) Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E9 da titulación Ciclo Medio en Obras de Interior, Decoración e Rehabilitación ou Ciclo Superior de Proxectos de Dirección de Obras de Decoración ,a bolseira Noelia Goce Vicente na empresa Alba Lago Barreiro (Tenda de Decoración). Con data de 22 de abril de 2014 a bolseira Noelia Goce Vicente presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de Práctica Laboral con efectos do 30 de abril de 2014, manifestando a incompatibilidade de horarios da bolsa cos estudos de Arquitectura que está finalizando. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra, entre outras causas, a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Noelia Goce Vicente na empresa Alba Lago Barreiro (Tenda de Decoración) con efectos do día 30 de abril de 2014. 16.22018.- REVOGACIÓN DE TRES BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS, POR SUPERACIÓN DO LÍMITE DE 30 DÍAS EN SITUACIÓN DE INCAPACIDADES TEMPORAL Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de Práctica Laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciaron as súas prácticas laborais as bolseiras Mónica Bayo Criado na empresa Espiral Xestión Cultural S.L , Sandra Fernández Cabaleiro na empresa Mar de Frades S.L e María Lago Martínez na empresa Centro de día Anduriña S.L., causando baixa por incapacidade temporal dende os días 17 de marzo de 2014, 21 de marzo de 2014 e 14 de marzo de 2014 respectivamente, ata a data de hoxe, transcorrido polo tanto máis de 30 días nesta situación. A base décimo primeira da convocatoria das bolsas, establece que en calquera momento a Xunta de Goberno poderá, a proposta das empresas e mediante resolución motivada, revogar a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento da empresa de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, suspendendo o aboamento destas, cando concorran entre outras causas, a de estar de baixa por incapacidade temporal de duración superior a 30 días. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade revogar as bolsas adxudicadas ás bolseiras Mónica Bayo Criado na empresa Espiral Xestión Cultural S.L., Sandra Fernández Cabaleiro na empresa Mar de Frades S.L. e María Lago Martínez na empresa Centro de día Anduriña S.L. dende o día 30 de abril de 2014. 17.22019.- RECTIFICACIÓN DO ACORDO Nº3.21985 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 11/04/2014 RELAVIGO Á “ADXUDICACIÓN DE VINTE E OITO BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL DE DIPLOMADOS, GRADUADOS E TÉCNICOS DE TURISMO CON DESTINO AS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA” Conforme o establecido no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a rectificación do Acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria de data 11 de abril de 2014 de adxudicación de 28 bolsas de turismo, no senso que onde di: “(…) Nome 1ºapelido 2ºapelido Oficina de turismo de destino Efectos Duración Joaquín Diego Lorenzo Ogando Concello de Redondela 15 de abril 6 Meses Laura Cotón Liñayo Concello de Ponte Caldelas 15 de xuño 3 Meses (…)” Debe dicir: “(…) Nome 1ºapelido 2ºapelido Oficina de turismo de destino Efectos Duración Laura Cotón Liñayo Concello de Redondela 15 de abril 6 meses Joaquín Diego Lorenzo Ogando Concello de Ponte Caldelas 15 de xuño 3 meses (…)” 18.22020.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN E IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN INCLUÍDA NO PROGRAMA ACTÍVATE 2014 (Nº EXPTE. 2014001594) A Xefa de Negociado de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, co visto e prace da Deputada Delegada, solicita a contratación da xestión, organización e impartición dunha serie de obradoiros de formación dirixidos a mozos de 16 a 35 anos de idade nos concellos da provincia con poboación inferior a 50.000 habitantes, dentro do programa social “Actívate 2014”, cuxo custo para a Deputación se estima na cantidade máxima de 102.120,00 €. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. Este programa de carácter social comprende a impartición dos obradoiros que se detallan no catálogo de obradoiros incluído como anexo o prego de prescricións técnicas, e ten como finalidade desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do tempo de lecer que respondan á demanda dos mozos, potenciando movementos de participación e cooperación social mellorando a súa formación básica e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias. Polo secretario infórmase o proxecto de prego de cláusulas económico-administrativas e posteriormente trasládase o expediente de contratación ó Servizo de Intervención para que fiscalice o mesmo nos termos previstos na Lei 47/2003, de 26 de novembro. Visto así mesmo o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto da xestión, organización e impartición das actividades formativas incluídas no programa social “Actívate 2014”. O contrato comprende a impartición de obradoiros de diversas materias, de entre un catálogo que aparece detallado no anexo I do prego de prescricións técnicas. A duración de cada obradoiro será de 40 horas. O número de obradoiros a realizar virá determinado pola poboación dos distintos concellos de acordo co seguinte detalle: Concellos Cursos Total cursos Ata 15.000 habitantes 46 1 46 Máis de 15.000 habitantes e menos de 50.000 14 2 28 Total 74 O prezo de licitación establecido en prezos unitarios estímase na seguinte cantidade: Prezo de licitación: 1.140,50 €/curso IVE: 239,50 €/curso Total IVE incluído: 1.380,00 €/curso - Autorizar o gasto por importe de 102.120,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. - Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación da xestión, organización e impartición das actividades formativas incluídas no programa social “Actívate 2014”, concedendo un prazo de quince días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, de conformidade co estipulado no artigo 159.2 do citado R.d.l. 3/2011. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN, ORGANIZACIÓN E IMPARTICIÓN DAS ACTIVIDADES FORMATIVAS INCLUÍDAS NO PROGRAMA “ACTÍVATE 2014”- Nº EXPTE. 2014001594 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características do/s servizo/s e a forma de levar a cabo a prestación por parte do adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada uns deles. Para o dito contrato contempláronse na súa elaboración os preceptos do Libro II do RXLCAP. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un deles, a varios ou a todos, salvo que se estableza un número máximo de lotes por licitador, para o que se seguirá o estipulado no apartado 1 do Anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do modo que se establece no apartado 1 do Anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do Anexo I deste prego, incluíndo en dita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son, por conta do adxudicatario igual cós tributos de calquera índole. En calquera caso, indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten no caso de superar o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato ten a cualificación de contrato administrativo especial de conformidade co establecido no artigo 19.1.b) do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP e de acordo co criterio emitido pola Junta Consultiva de Contratación Administrativa, entre outros, o informe 47/99 de 21 de decembro de 1999, da mencionada Xunta Consultiva, toda vez que a prestación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración, senón o usuario. Polo tanto rexerase polo establecido no presente prego e no de prescricións técnicas, polas normas contidas no TRLCSP, modificado pola lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio a emprendedores e a súa internacionalización, polo R.d. 817/2009, de 8 de maio, modificado polo R.d. 300/2011, de 4 de marzo, e en canto non se atope derogado polas citadas disposicións, polo Real Decreto 1098/2011, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e no seu defecto as normas de dereito privado. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste, non eximirá ó contratista da obrigación do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión ós presentes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración -prezo- ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 3 do Anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, segundo os termos e requisitos establecidos no citado texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá a través de Internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, aviso e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente a cerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoña no apartado 2 do Anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. Os licitadores, persoas naturais ou xurídicas, deberán ter unha finalidade ou actividade que teña relación directa co obxecto do contrato, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras fundacionais, así como dispor dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a súa extinción, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. O momento decisivo para apreciar a concorrencia dos requisitos de capacidade e solvencia esixidos para contratar coa Administración será o de finalización do prazo de presentación de proposicións. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do Anexo I. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados. O contrato non poderá ter un prazo de vixencia superior a catro anos coas condicións e límites establecidos nas normas orzamentarias previstas das administracións públicas. Dito prazo só se prorrogará por mutuo acordo das partes antes da súa finalización, sempre que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, non exceda os seis anos e que as prórrogas non superen, illada ou conxuntamente, o prazo fixado orixinariamente, de conformidade co estipulado no artigo 303 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo do contrato. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a dita documentación ó seguinte licitador, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, (sede de Pontevedra de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas, de luns a venres e os sábados de 9:00 a 13:00 horas; ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de quince días, a contar desde o día seguinte o da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos nos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de Contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente. - Lote nº … (Especificar o número do lote o que se licita no caso de que o procedemento se divida en lotes). - Nº Expediente No caso que se coñeza. - Denominación do contrato - Nome do licitador - CIF - Enderezo, e-mail e teléfono de contacto. - Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación a incluír en ditos sobres detállase no apartado 4 do Anexo I do presente prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - O titular da Corporación ou o membro en quen delegue Vogais: - O secretario xeral - O interventor - O xefe do servizo responsable do contrato Secretario: - O xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise emendar erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, nun acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como se prevé no artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación trasladaráselles ós técnicos que se considere oportuno, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalaranse no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, nun acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do Anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplícanse os criterios establecidos no apartado 3 do Anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasifícanse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeránselle ó órgano de Contratación a adxudicación a favor do licitador que conteña a oferta economicamente de maior vantaxe. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no Anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou á posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente de maior vantaxe, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUERIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PRESENTE A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de Contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requirirá á empresa coa oferta mais vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1.- Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado. Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2.- Documentación necesaria para a adxudicación do contrato O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1.- Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó amparo dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigacións coa Seguridade Social. 2.- Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ao amparo dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagos das súas obrigacións tributarias. 3.- Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas no epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de non terse dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4.- Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5.- Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial. 6.- Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7.- Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de Contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición de maior vantaxe no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio para considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deba terse en conta unha pluralidade de criterios; e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22 f) do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de Contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de Contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial deste, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato, e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre subcontratación establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. 16. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar ós subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da disconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ous subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva e que o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaria no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garanta mediante aval. De conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP a Deputación de Pontevedra poderá comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitirán a Deputación de Pontevedra, cando esta o solicite, relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar a solicitude do ente público contratante xustificante de cumprimento dos pagamentos a aqueles unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigacións, que se incluirán nos anuncios de licitación e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1.- Corresponde exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da "entidade contratante" do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, en orde a non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á "entidade contratante". 2.- A empresa contratista asume a obrigación de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as substitucións dos traballadores en casos de baixa ou ausencia, as obrigacións legais en materia de Seguridade Social, incluído o abono de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigacións legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cuantos dereitos e obrigacións derívense da relación contractual entre empregado e empregador. 3.- A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolver a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4.- A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados do que ocupan os empregados públicos. Corresponde tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obrigación. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos préstense nas dependencias dos Departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5.- A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigacións as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á "entidade contratante", canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a "entidade contratante", doutro lado, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato, e impartir ós devanditos traballadores as ordes e instrucións de traballo que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do devandito persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato, debendo para ese efecto coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa "entidade contratante", a efectos de non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar á ''entidade contratante" acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar desde o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os gastos correspondentes. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá dar cumprimento ás obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación no presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, irán por conta do adxudicatario do contrato, sen que se lle poida imputar á administración contratante ningún pagamento por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000 €. 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas á orde directa do responsable designado, con expresa reserva escrita por parte do contratista tanto ó propio responsable coma ó órgano de Contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase con suxeición ó establecido nas súas cláusulas e nos pregos de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dese o contratista ó órgano de Contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. 23. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista segundo o artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento das súas obrigas, e dos danos e prexuízos ocasionados con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co establecido no citado Real decreto lexislativo. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo contratacion@depo.es, transcorridos tres meses, contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos art. 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, resolveraas o órgano de Contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a teor do disposto na lei reguladora de dita xurisdición. 28. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público cando así o previu nos pregos ou no anuncio de licitación ou nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP. As citadas modificacións axustaranse ó previsto no Título V do Libro I do TRLCSP e tramitaranse de acordo co procedemento previsto no artigo 211 desta norma. Procederá a modificación do contrato nos termos previstos no artigo 106, cando así se previu no Anexo I do presente prego e detallouse nos pregos de prescricións técnicas de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso da mesma, así como o seu alcance e límites. As modificacións acordadas polo órgano de contratación serán obrigatorias para os contratista e deberán formalizarse conforme ó disposto no artigo 156 do TRLCSP. No concernente ó seu réxime estarase ó disposto no Título V do Libro I e os artigos 211, 219 e 306 do TRLCSP. Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “1.- DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1.- DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A organización e impartición de diversas actividades formativas dirixidas a mozos de entre 16 e 35 anos de idade, nos concellos da provincia, dentro do Programa social “Actívate 2014”. Este Programa de carácter social ten como finalidade desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e tempo libre que respondan a demanda da mocidade da provincia, potenciando movementos de participación e cooperación social, mellorando a formación básica e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias. O contrato comprende a impartición de obradoiros de diversas materias, de entre un catálogo que aparece detallado no anexo I do prego de prescricións técnicas. A duración de cada obradoiro será de 40 horas. O número de obradoiros a realizar virá determinado pola poboación dos distintos municipios de acordo co seguinte detalle: Concellos Cursos Total cursos Ata 15.000 habitantes 46 1 46 Máis de 15.000 habitantes e menos de 50.000 14 2 28 Total 74 1.2. PROCEDEMENTO Cualificación do contrato: contrato administrativo especial. Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de Contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 15 días naturais (artigo 159.2 do R. d.l. 3/2011) a contar dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezos unitarios Importe sen IVE: 1.140,50 €/curso IVE (21%): 239,50 €/curso Total con IVE: 1.380,00 €/curso B) FINANCIAMENTO: O contrato financiarase pola Deputación de Pontevedra, con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.22707 do vixente orzamento provincial. Cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/232.230.227.07 102.120,00 € Revisión de prezos: non procede. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución do contrato será dende o día seguinte a sinatura do contrato ata o 31 de marzo de 2015. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS Os pagos a empresa adxudicataria efectuaranse contra a presentación de facturas mensuais en función do grado de avance dos traballos, e unha vez prestada a conformidade polo Servizo de Servizos Sociais e Promoción do emprego. Xunto coa factura deberá achegarse unha memoria da acción formativa onde se recolla a ficha técnica do curso, a relación de persoas participantes, os partes de asistencia debidamente cubertos e asinados, informe sobre as enquisas de satisfacción dos alumnos e do docente e unha copia das mesmas. 1.6. GARANTÍAS Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista poderase optar entre a resolución do contrato ou a imposición de penalidades establecidas no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica A) Solvencia económica e financeira Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos servizos realizados pola empresa nos últimos tres anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos tres últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. b) Compromiso de adscribir coa execución do contrato o equipo de traballo que se expón a continuación (cumprimentando os Anexos VI e VII deste prego): b.1) 1 Responsable, coas seguintes funcións: Será o interlocutor entre os participantes, os docentes, o concello e a Deputación de Pontevedra. Fará un seguimento de cada unha das accións formativas e coordinará as visitas do persoal da Deputación co fin de que estean ben organizadas e coordinadas (seguindo as instrucións da Deputación). b.2) Un docente para cada un dos obradoiros do programa con coñecementos e/ou experiencia na materia de cada un dos obradoiros. c) Copia compulsada da póliza do seguro de Responsabilidade Civil subscrita, e xustificante do aboamento da prima correspondente. Dita póliza debe ter as seguintes características: - Capital mínimo de indemnización por sinistro 300.000,00 €. - A actividade descrita na póliza correspóndese coa actividade obxecto deste contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación a esta. - Os beneficiarios do programa obxecto deste contrato son considerados “terceiros” en dita póliza. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta de maior vantaxe económica atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: Implantación do programa Puntuación máxima Procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán cos concellos adheridos para confección dunha base de datos coas persoas participantes (con datas e horarios de cada obradoiro) así como informes detallados das aulas. 6 Procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para a comunicación de dia, hora e lugar de celebración do obradoiro a cada participante. 6 Execución do Programa Metodoloxía teórica e práctica para a impartición dos cursos 9 Medios humanos destinados a execución do contrato. Valoraranse as características e o incremento de persoal que repercutan na execución do contrato con respecto ós requisitos mínimos esixidos nos pregos. 20 Melloras ofertadas polo licitador. Valoraranse entre outras as seguintes melloras : Proporcionar ós participantes material a maiores do establecido nos pregos. Elaboración e entrega dunha reportaxe fotográfica da cada un dos obradoiros cun mínimo de 10 fotografías. Outras melloras propostas polo licitador que redunden nunha maior calidade do servizo. 8 Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó servizo prestado ou relativa ós criterios de valoración automática presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto suporá a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios de valoración automática (Sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 51 puntos. Este criterio valoraranse en función da fórmula establecida no Anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que firme a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no Anexo II. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. 4. Compromiso do licitador de dispoñer ou ben de formalizar, unha póliza de seguro de Responsabilidade Civil coas seguintes características: - Capital mínimo de indemnización por sinistro 300.000,00 €. - A actividade descrita na póliza se corresponde coa actividade obxecto deste contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación a esta. - Os beneficiarios do programa obxecto deste contrato son considerados “terceiros” en dita póliza. 5.- As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse a xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orden, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso ó foro xurisdicional estranxeiro que puidera corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varios lotes No caso de que o contrato se divida en lotes, se un mesmo licitador se presenta a varios lotes poderá presentar un único sobre A no que acredite os requisitos de capacidade e solvencia requiridos para cada un dos lotes. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada un dos lotes ós que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e cos seguintes documentos: A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado e deberá presentarse por escrito e en formato dixital de conformidade co formato que se establece no prego de prescricións técnicas. A exposición da oferta axustarase, como mínimo, ós diferentes apartados que a continuación se detallan: 1.- Implantación do programa: Descrición do plan de traballo detallado para a realización de todas os obradoiros. Deberá conter cando menos o seguinte: - Descrición do procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán cos concellos adheridos para confección dunha base de datos coas persoas participantes (con datas e horarios de cada obradoiro) así como informes detallados das aulas. - Descrición do procedemento e cronograma das actuacións que se realizarán para a comunicación de día, hora e lugar de celebración dos obradoiros a cada participante. 2.- Execución dos obradoiros: - Descrición detallada da metodoloxía proposta para executar as tarefas solicitadas no prazo de tempo establecido e coa garantía de calidade requirida. - Metodoloxía teórica e práctica dos obradoiros. 3.- Recursos materiais dispoñibles para a execución do contrato. Deberán detallarse todos os recursos materiais que se poñen a disposición para a execución do contrato. 4.- Medios humanos destinados a execución do contrato. Deberá detallarse o equipo de traballo que se pon a disposición para a execución do contrato (cumprimentando os Anexos VI e VII deste prego). Dito equipo de traballo deberá estar integrado como mínimo polos seguintes membros: - Un responsable. - Un docente para cada un dos obradoiros do programa con coñecementos e/ou experiencia na materia de cada un dos obradoiros. Deberase achegar o Curriculum Vitae do persoal adscrito para a execución do contrato. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. Non obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que: Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio. Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación e experiencia igual ou superior ó da persoa a substituír. O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á dita proposta. 5.- Melloras ofertadas polo licitador. Conterá unha relación e descrición detallada das melloras que se ofertan. 6.- Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar de conformidade co establecido na cláusula 15 deste prego. Ademais da relación mínima de documentación o licitador deberá presentar todos aqueles documentos que considere oportunos para a perfecta definición do servizo, entendendo que, no caso de non indicarse un aspecto determinado, se cumpren os requisitos mínimos establecidos no prego. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición seguindo o modelo determinado no Anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do presuposto base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición, ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. 5.-MODIFICACIÓNS PREVISTAS Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación só poderá introducir modificacións por razóns de interese público, limitándose ás estritamente indispensables para lograr a satisfacción pretendida no obxecto do contrato, e sen excederse do 10% do prezo de adxudicación. O importe do contrato poderá ampliarse sempre e cando o crédito previsto sexa insuficiente para atender a tódalas solicitudes presentadas, sen que dita ampliación sexa superior o 10% do prezo de adxudicación”. ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato .pdf para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III “FÓRMULAS A APLICAR PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Valoración da oferta económica, ata un máximo de 51 puntos: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizan o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. P: prezo de licitación N: número de ofertas O1,O2,….,On: valor das n ofertas, B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n) b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima bm: baixa porcentual media Vmax: máxima valoración posible Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2. Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi semellantes. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quase-proporcional á baixa: Se : Se : A valoración final das ofertas obtense agora do seguinte modo: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20% (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación se ten b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgarlles a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propoñemos darlles unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para valoración de ofertas: 1. Definición de Wmax: 2. Definición de S: Se : , Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: Se entón , Se entón 4. Valoración das ofertas cando Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque: n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria. N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada”. ANEXO IV “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo seguinte prezo unitario por curso: Prezo sen IVE____________ €/curso IVE____________________ €/curso Total___________________ €/curso. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS TRES ANOS Título do contrato:………………………………………………………………………… Nº expediente …………………………..………………………………………………... D.ª/D. ………, con DNI núm. ………., en nome propio ou en representación da empresa ………, con NIF/CIF núm. ………… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos tres anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe total dos últimos 3 anos Destinatario Inicio Fin Totais ………………., ….. de …………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO OS MEDIOS HUMANOS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO D.ª/D. ……………………, con DNI núm. …………….., en nome propio ou en representación da empresa …………………….., con NIF/CIF núm. ………… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría/posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título Persoal propio (si/non) Empresa Nota importante: o órgano de Contratación requirirá á oferta economicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ………………, ..….. de ………… de ………… (Lugar, data, sinatura e selo del licitador)” ANEXO VII “MODELO DE ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA REFERENTE A XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA XESTIÓN DO PROGRAMA Nome e apelidos: ………………………………………………………………………..… Data de nacemento: …………………..…………………………….……………….……… Titulación: ………………………………………………………………………..……… Data de expedición do título: ………………………………………………………….…… Anos de experiencia: …………………………………………………….………………… Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos (1) Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. …………………., ….. de …………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia) XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA ÓS DOCENTES DE CADA UN DOS CURSOS Nome e apelidos: …………………………………………………………………………. Data de nacemento: …………………..……………………………………………………. Titulación: ………………………………………………………………………………. Data de expedición do título: ………………………………………………………………. Nome do curso (1) Empresa Destinatario Horas de duración Data inicio Data fin Horas totais (1) Citaranse exclusivamente aqueles cursos impartidos nas materias que teñan relación cos obradoiros a impartir no presente contrato e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ………………………., ….. de …………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 19.22021.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE SANTO TOMÉ DE PIÑEIRO (MARÍN)” Intervén o Secretario Accidental. Intervén o Interventor. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 25/10/2013, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Instalación de herba artificial no campo de fútbol de Santo Tomé de Piñeiro (Marín)”, con orzamento de 558.671,47 €, máis a cantidade de 117.321,01 € correspondente ó IVE. Resultando que o día 09/12/2013, constituír a Mesa de Contratación procedendo ó estudo da documentación administrativa contida nos sobres “A”, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 11/12/2013, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B”, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que o día 27/03/2014, unha vez avaliada a documentación técnica, procedeuse á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: Licitador Puntuación sobre “B” Oferta % control calidade Copcisa, S.A. 36,51 451.574,15 ------ Narom, S.L. 36,26 468.781,23 4,00 Obras y viales de Galicia, S.L. (OVIGA) 34,56 455.636,36 3,00 Italgreen, S.P.A. 33,73 445.819,84 3,00 UTE Aquaema, S.L.- Equidesa 33,67 468.903,62 5,00 Eiriña, S.L. 33,12 472.859,53 3,00 Mondo Ibérica, S.A. 33,00 460.249,24 3,00 Construcións, obras e viais, S.A. (COVSA) 32,68 473.753,40 3,00 UTE Calfensa proyectos, S.L.-Asogal, S.L. 31,26 480.457,46 3,00 Resultando que valoradas as ofertas obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación sobre “B” Puntuación sobre “C” Puntuación total Italgreen, S.P.A. 33,73 49,00 82,73 Obras y viales de Galicia, S.L. (OVIGA) 34,56 47,31 81,87 Narom, S.L. 36,26 45,55 81,81 Copcisa, S.A. 36,51 45,01 81,52 UTE Aquaema, S.L.-Equidesa 33,67 46,03 79,70 Mondo Ibérica, S.A. 33,00 46,52 79,52 Eiriña, S.L. 33,12 44,35 77,47 Construcións, obras e viais, S.A. (Covsa) 32,68 44,19 76,87 UTE Calfensa proyectos, S.L.-Asogal, S.L. 31,26 41,33 72,59 Resultando que Italgreen, S.P.A. obtén a máxima puntuación a Mesa de Contratación propón requirir dita empresa para que presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente nas súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00 % do orzamento de adxudicación excluído o IVE, así como proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio de licitación no BOP, propoñendo, unha vez cumprimentado o requirimento, a adxudicación da obra. Resultando que Italgreen, S.P.A., atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº 2014010170, presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 22.290,99 €, segundo acredita mediante carta de pago nº 201400039300, de data 15/04/2014, e que ingresou a cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Italgreen, S.P.A. (CIFnºN0053637E) a obra “Instalación de herba artificial no campo de fútbol de Santo Tomé de Piñeiro (Marín)”, de acordo co seguinte detalle: Importe, sen IVE 445.819,84 € IVE 93.622,17 € Importe total 539.442,01 € Prazo de execución Tres meses Melloras ofertadas 66.187,20 € Control de calidade 3,00 % 20.22022.- ADXUDICACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DAS SUBMINISTRACIÓNS DO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (PID 2012) 11ª RELACIÓN DE PROXECTOS Como consecuencia da actual crise económica produciuse un descenso nos orzamentos municipais, manifestándose especialmente no capítulo de investimentos, o que impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público. Entre as competencias que as Deputacións teñen encomendadas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, segundo recolle o artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Co fin de permitir ós concellos levar a cabo os seus proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2012, acordou aprobar unhas bases reguladoras do Plan de investimentos e gastos correntes da Deputación de Pontevedra para o ano 2012. Este proxecto conta cun investimento total de 18.000.000 €, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes. Os concellos de Cambados, Meaño e Silleda solicitaron acollerse a este plan, achegando a documentación requirida na base sétima da convocatoria e os seguintes proxectos: Concello Proxecto Aprobación subvención por Resolución Presidencial Cambados Parques infantís nas parroquias de Castrelo e Oubiña 3 de abril de 2013 Meaño Mellora da eficiencia enerxética na rúa de Galicia - Dena 26 de novembro de 2012 29 de xullo de 2013 aprobación proxecto modificado Silleda Adquisición de diverso material para mellora do iluminación pública 31 de decembro de 2012 Mediante acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria do día 8 de novembro de 2013, aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da adxudicación de subministracións do PID 2012 (11ª relación de proxectos). Dita relación está composta polos seguintes expedientes: Nº Subministro Concello Importe IVE Importe total 1 Parques infantís nas parroquias de Castrelo e Oubiña PID/12/00608/2013000431 Cambados 23.022,54€ 4.834,73€ 27.857,27€ 2 Mellora da eficiencia enerxética na rúa de Galicia - Dena PID/12/00978/2012000394 Meaño 46.839,14€ 9.836,22€ 56.675,36€ 3 Adquisición de diverso material para mellora do iluminación pública PID/12/00714/2012000503 Silleda 20.032,30€ 4.206,77€ 24.239,07€ Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 218 de data 13 de novembro de 2013. Resultando con data 28 de novembro de 2013, finaliza o prazo para a presentación de ofertas, e algunhas das enviadas por correo postal non foron recibidas no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, aprázase o acto de apertura do sobre B. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 9 de decembro de 2013, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas e empresarios. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2013, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados por estas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ao estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Sendo non admitida a plica presentada por SETGA, S.L.U. para o subministro “Mellora da eficiencia enerxética na rúa de Galicia – Dena” (Meaño), porque o sobre B inclúe datos que única e exclusivamente deben incluírse no sobre C, incumprindo o que establece o prego de cláusulas económico-administrativas particulares. Resultando que con data 16 de decembro de 2013 e 4 de marzo de 2014 o Enxeñeiro Industrial do Servizo de Arquitectura e o Director de Infraestruturas, respectivamente, emiten informes sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas e empresarios admitidos ó procedemento aberto. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 12 de marzo de 2014, procedeu á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha puntuación no sobre B superior a 30 puntos no subministro 1, “Parques infantís nas parroquias de Castrelo e Oubiña” (Concello de Cambados), e 20 puntos nas subministracións 2 e 3 “Mellora da eficiencia enerxética na rúa de Galicia – Dena” (Concello de Meaño) e “Adquisición de diverso material para mellora do iluminación pública” (Concello de Silleda), calculando as fórmulas e obténdose os seguintes resultados: Subministro 1: Parques infantís nas parroquias de Castrelo e Oubiña (Cambados). Empresas licitadoras Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación total Galitec, desarrollos tecnológicos, S.L. 32,00 ptos. 41,666 ptos. 73,666 ptos. Oziona soluciones de entretenimiento, S.L. 35,00 ptos. 34,362 ptos. 69,362 ptos. Hags Swelek, S.A. 42,74 ptos. 23.418 ptos. 66,158 ptos. Lappset España V.R., S.L. 39,08 ptos. 15,175 ptos. 54,255 ptos. Globalia urbanismo integral, S.L. 32,00 ptos. 13,645 ptos. 45,645 ptos. Á vista da puntuación obtida obsérvase que a empresa Galitec, Desarrollos Tecnológicos, S.L consegue a máxima puntuación, aínda que a oferta correspondente podería conter valores anormais ou desproporcionados no referente ó prezo, polo que a Mesa acorda requirirlle que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifique a oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro económico, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoñan para executar o contrato. Unha vez presentada por Galitec, Desarrollos Tecnológicos, S.L a documentación requirida, o xefe do Servizo de Infraestruturas emite un informe de data 14 de abril de 2014 no que se reflicte que non se atopa suficientemente xustificada a oferta económica realizada. Deseguido realízase unha nova valoración das ofertas obténdose ó seguinte resultado: Empresa Puntuación sobre B Puntuación sobre C Puntuación total Oziona soluciones de entretenimiento, S.L. 35,00 ptos. 41,852 ptos. 76,852 ptos. Hags Swelek, S.A. 42,74 ptos. 30,063 ptos. 72,803 ptos. Lappset España V.R., S.L. 39,08 ptos. 17,514 ptos. 56,594 ptos. Globalia urbanismo integral, S.L. 32,00 ptos. 19,400 ptos. 51,40 ptos. Subministro 2: Mellora da eficiencia enerxética na rúa de Galicia – Dena (Meaño). Empresa Puntuación sobre B Puntuación sobre C Puntuación total Moncosa OHS, S.A. 40 ptos. 28,532 ptos. 68,532 ptos. Subministro 3: Adquisición de diverso material para mellora do iluminación pública (Silleda). Empresa Puntuación sobre B Puntuación sobre C Puntuación total Setga, S.L. 25 ptos. 0,00 ptos. 25,00 ptos. Á vista das puntuacións obtidas as empresas que alcanzan a máxima puntuación son as que se relacionan a continuación, polo que son propostas como adxudicatarias das subministracións: Nº Subministro Empresa 1 Parques infantís nas parroquias de Castrelo e Oubiña (Cambados) Oziona soluciones de entretenimiento, S.L. 2 Mellora da eficiencia enerxética na rúa de Galicia – Dena (Meaño) Moncosa OHS, S.A. 3 Adquisición de diverso material para mellora do iluminación pública (Silleda) Setga, S.L. Mediante resolución requiríuselles ás empresas mencionadas para que, segundo o establecido no art. 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o TRLCSP, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que tivese recibido este requirimento, presentasen a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, así como proceder ó ingreso, na Tesourería desta Deputación da cantidade correspondente á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. Resultando que as referidas empresas atendendo ós requirimentos presentaron a documentación solicitada, e que acreditaron o depósito das garantías definitivas mediante as cartas de pago nas datas e polos importes correspondentes, así como o ingreso correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. Nº Licitador Núm. de carta de pago Data 1 Oziona soluciones de entretenimiento, S.L. 201400044894 25/04/2014 2 Moncosa OHS, S.A. 201400030179 20/03/2014 3 Setga, S.L. 201400031281 24/03/2014 Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, faculta a esta Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio de 2013, concretamente na Base 16ª, 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón de contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Oziona Soluciones de Entretenimiento, S.L. (CIF: B-70329321), o contrato de Parques infantís nas parroquias de Castrelo e Oubiña (Concello de Cambados), subministro 1, de acordo co seguinte detalle: - Polo seguinte prezo total ofertado: - Importe (IVE excluído) 19.569,16 € - IVE (21%) 4.109,52 € - Importe total (IVE incluído) 23.678,68 € - Prazo de garantía: 20 anos. - Prazo de entrega: 1 mes. 2.- Adxudicar á empresa Moncosa OHS, S.A. (CIF:A-15.050.958), o contrato de Mellora de eficiencia enerxética na rúa de Galicia - Dena (Concello de Meaño), subministro 2, de acordo co seguinte detalle: - Polo seguinte prezo total ofertado: - Importe (IVE excluído) 44.175,00 € - IVE (21%) 9.276,75 € - Importe total (IVE incluído) 53.451,75 € - Prazo de garantía: 10 anos - Prazo de entrega: 8 días - Melloras ofertadas: a. Retirada, desmontaxe e acopio, dos báculos e luminarias existentes, 31 en total. b. Cableado para as luminarias sendo este de 11 metros por cada unha de 3x2,5mm² de sección, con un total de 31x11=341 metros. c. Subministro e instalación de cofrets en cada luminaria. Total 31 d. Posta a terra de cada 5 puntos de luz , primeiro e último de cada liña. Sendo un total de 10 postas a terras co seu cable de cobre, pica e conexións. e. Sinalización da obra e desvío de tráfico necesario. f. Asesoría técnica en iluminación do contrato. g. Regulación do iluminación pública en dobre nivel mediante media noite virtual 8 horas. 3. Adxudicar á empresa Setga, S.L.U. (CIF:B-36.699.064), o contrato de Adquisición de diverso material para mellora do iluminación pública (Concello de Silleda), subministro 3, de acordo có seguinte detalle: - Polo seguinte prezo total ofertado: - Importe (IVE excluído) 20.032,30 € - IVE (21%) 4.206,78 € - Importe total (IVE incluído) 24.239,08 € - Prazo de garantía: 10 anos. - Prazo de entrega: 8 días. Os contratos financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14/942.942.652.45.2012. 21.22023.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Intervén o Secretario Accidental. Intervén o Interventor. En data 09/04/2014 recíbese no servizo de contratación a certificación nº 1 da obra: Vial posterior e urbanización da Pousada de Meaño, levada a cabo pola empresa Oreco S.A.(A-36.614.691) por importe de 239.994,81 €. Non tendo constancia no Servizo de Contratación de terse tramitado expediente correspondente a dita certificación, remítese á responsable do servizo de Turismo Rías Baixas para que emita informe. En data 15 de abril de 2014, a xefa de Turismo, informa que a tramitación da factura nº 80/14 emitida por Oreco S.A., en relación coa certificación nº 1 da obra: Vial e posterior urbanización da Pousada de Meaño, se tramite polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo á aplicación orzamentaria 14/433.430.622.01.2013. Visto o informe emitido por Intervención en data 24/04/2014, correspondente á certificación que se relaciona, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación das facturas, estas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: - A certificación nº 1-final, da empresa Oreco, S.A. (CIF A-36614691) por importe de douscentos trinta en nove mil novecentos noventa e catro euros con oitenta e un céntimos (239.994,81€) correspondente á obra “Vieiro posterior e urbanización da Pousada de Meaño”, co arranxo ó seguinte detalle: ORECO S.A. (CIF A-36614691) 239.994,81 € Subtotal 239.994,81€ Taxa dirección de obra (4%) 6.666,99 € Control de Calidade (1%) 1.666,75 € Seguridade e saúde (0,5%) 833,37 € Total descontos 9.167,11 € Importe líquido a percibir pola empresa 230.827,70 € O pago da certificación realizarase con cargo á aplicación: 14/433.430.622.01.2013 22.22024.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1. Devolución de garantías definitivas á empresa Medulio, servicios y obras, S. L. A empresa Medulio, servicios y obras, S.L. (CIF B- 70.195.870), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da lei de contratos do sector público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil setecentos noventa e oito euros con quince céntimos (2.798,15 €), para responder do contrato relativo a: Última fase do pavillón polideportivo de Salvaterra (Salvaterra do Miño), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/10/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200081099, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2. Devolución de garantías definitivas ó empresario D. Federico de la Peña Santos. O empresario D. Federico de la Peña Santos (CIF 35.290.149-F), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Novacaixagalicia, por importe de mil douscentos sesenta e catro euros con oitenta e tres céntimos (1.264,83 €), para responder do contrato relativo a: Servizo de edición da serie documental titulada “O Espía da Natureza”, en formato DVD, que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/01/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100002559, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 23.22025.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición