ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Acta de sesión 2014/05/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.831/1.2014-05-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2014/05/16_Ordinaria

  • Data(s) 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 58 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaseis de maio do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22076.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 30 de abril de 2014. 2.22077.- DAR CONTA DA ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2013 1.- A Xunta de Goberno queda enterada da acta do Xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación – 2013 despois da reunión mantida o pasado 8 de maio e que é do seguinte teor: “ACTA DO XURADO CUALIFICADOR DOS PREMIOS PROVINCIAIS Á INVESTIGACIÓN 2013 Na sala de xuntas desta Deputación provincial, ás 10:00 horas do 8 de maio de 2014, reúnese o xurado cualificador dos Premios Provinciais á Investigación 2013, presidido por Ana Isabel Vázquez Reboredo, deputada e presidenta da Comisión de Cultura, e os vogais Álvaro Xosé López Mira, Josefina Garrido González, Luis Ortiz Torres e Óscar Rubiños López, en representación da Universidade de Vigo; María Penado Abilleira en substitución de Beatriz Rodríguez Quintela, en representación da UNED-Centro Asociado de Pontevedra; Rosa Ana Malvar Pintos, en representación da Misión Biolóxica de Galicia; Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas, en representación da Real Academia Galega de Ciencias; Xosé Carlos Valle Pérez, director do Museo Provincial de Pontevedra; Miguel Pereira Figueroa, xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico; Amancio Varela García, xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías, Mª Carmen Baloira Duro, xefa de negociado do Servizo de Cultura e actuando como secretario Antonio Santos Guerra, xefe do Servizo de Cultura. Co obxectivo de seleccionar os traballos presentados ós Premios convocados, previa deliberación e informe por parte dos membros do xurado, acórdase a concesión dos seguintes premios: Apelidos e nome DNI Título • Ciencias e Tecnoloxía. 3.000 € Arias Sánchez, Pedro 32773491-D El potencial de las geotecnologías como herramientas de digitalización masiva dirigidas al inventario e inspección de infraestruturas • Humanidades e Ciencias Sociais: 3.000 € Declarado deserto. • Provincia de Pontevedra: 3.000 € Declarado deserto. • Premio Carmela Arias Díaz de Rábago: 3.000 € Declarado deserto. • Novos investigadores: Novas Tecnoloxías: 2.000 € Declarado deserto. • Novos investigadores: Humanidades e Ciencias Sociais: 2.000 € Premios Ex aequo. Otero Pereira, Sonia 53115000-L La ilustración de los Sainetes de Ramón de la Cruz en el siglo XIX: la edición popular de J. M. Faquineto (1882) Santos Cancelas, Alberto 39454883-Q Cileni: Etnicidad y religión • Teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía: 2.000 € Premios Ex aequo. Sanmartín Sánchez, Patricia 34877370-D Cuantificación del color en el estudio de la formación de biofilms en rocas graníticas del Patrimonio histórico artístico Vázquez Álvarez, Antonio José 34991010-Y Mejora del rendimiento de la red GENSO de seguimiento de satélites mediante la introducción de capacidad de Soft-Handover entre estaciones Sánchez Otero, Nuria 53185332-V Detección y validación de marcadores de diagnóstico del derrame pleural maligno • Teses de doutoramento: Humanidades e Ciencias Sociais: 2.000 € Premios Ex aequo. Briones Gamarra, Óscar 44809901-J Factores determinantes en la construcción de la función de recursos humanos autonómica López Costas, Olalla 53178365-L Antropología de los restos óseos humanos de Galicia: Estudio de la población romana y medieval gallega Así mesmo, e en atención á resolución declarada deserta nas modalidades de: “Humanidades e Ciencias Sociais”, “Provincia de Pontevedra”, “Premio Carmela Arias Díaz de Rábago” e “Novos Investigadores: Novas Tecnoloxías”, este xurado propón a concesión da totalidade dos premios na modalidade de: Novos Investigadores: Humanidades e Ciencias Sociais e en teses de doutoramento: Ciencias e Tecnoloxía e de Humanidades e Ciencias Sociais, a cantidade de 2.000 € a cada un dos premiados. E, non habendo máis asuntos, dáse por rematada a reunión, ás 11:45 horas do mencionado día, do que eu, como secretario dou fe.” 2.- Ditas axudas achegaranse con cargo á aplicación 14/330.334.481.01 do orzamento provincial. 3.22078.- BASES DO XIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA “DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” A Deputación de Pontevedra convoca o XIII Certame Provincial de Bandas de Música “Deputación de Pontevedra” que terá lugar os días 4 de outubro no Auditorio Área Panorámica de Tui (Sección Terceira), o 11 de outubro no Auditorio Municipal de Lalín (Sección Segunda) e o 18 de outubro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (Sección Primeira), e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría, así como visto o informe favorable de Intervención sobre existencia de consignación, por un importe de 81.000,00 €, con cargo á aplicación 14/330.334.481.06 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado certame e que son do seguinte teor: “BASES XIII CERTAME PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Primeira. A Deputación de Pontevedra, no seu afán de colaborar co desenvolvemento e a actividade das bandas da nosa provincia, convoca o XIII Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra, que terá lugar o 4 de outubro no Auditorio Área Panorámica de Tui (sección terceira), o 11 de outubro no Auditorio Municipal de Lalín (sección segunda) e o 18 de outubro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (sección primeira). Segunda. Dado o carácter promocional deste certame, poderán participar todas as bandas de música da provincia de Pontevedra inscritas na Federación Galega de Bandas de Música Populares. Terceira. O certame divídese en diferentes seccións segundo o grao de dificultade da obra de libre elección. • Sección primeira: obras de nivel 5 ou superior. • Sección segunda: obras de nivel 4. • Sección terceira: obras de nivel 3. Limítanse o número de bandas de música participantes e o seu número de músicos, segundo as distintas categorías: * Sección primeira: 6 bandas (máximo 110 músicos) * Sección segunda: 8 bandas (máximo 110 músicos) * Sección terceira: 8 bandas (máximo 110 músicos) Nesta clasificación inclúese a posible colaboración en cada banda de música de cinco instrumentistas alleos para a sección terceira, cinco para a sección segunda e seis para a sección primeira. Ningún músico estará autorizado a actuar en dúas bandas de música inscritas na mesma sección. Para que unha sección poida constituírse será necesario que concorra nela un mínimo de dúas bandas. No caso de que só haxa unha banda inscrita nunha sección, dentro do prazo previsto nas bases, instaráselle a esta banda a participar na sección anterior ou na posterior se é o caso. Cuarta. Superado o número de bandas de música inscritas por seccións, para establecer as participantes así como a orde da súa actuación, o comité organizador realizará un sorteo público no Pazo Provincial. As bandas de música que, unha vez admitidas, non participen na competición, salvo por causa grave xustificada, non poderán participar no certame nos tres anos seguintes, segundo o acordo do comité organizador. Quinta. Cada banda de música interpretará, fóra do concurso, un pasodobre cunha duración máxima de cinco minutos. Dentro do concurso cada banda interpretará unha obra obrigada, proposta polo comité organizador, e unha obra de libre elección; as bandas de música interpretarán, en primeiro lugar, a obra obrigada e a continuación a de libre elección. A institución provincial non se fai responsable das xestións legais que poidan afectar ás bandas de música polo uso das partituras das obras de libre elección. A duración das obras de libre elección e os tempos totais de desviación que se permiten para cada agrupación serán os seguintes: Sección primeira: 20 minutos (cunha marxe de ± 5 minutos) Sección segunda: 15 minutos (cunha marxe de ± 5 minutos) Sección terceira: 10 minutos (cunha marxe de ± 5 minutos) O exceso ou defecto será penalizado na puntuación do xurado. Sexta. O escenario e as instalacións sobre as que se desenvolverá o certame serán os mesmos para todas as bandas de música participantes nunha mesma sección. Esta instalación será competencia exclusiva do comité organizador e non se poderán introducir modificacións que non efectúe este comité. O material de percusión facilitado pola organización será de uso obrigatorio por todas as bandas participantes. Sétima. O xurado estará composto por tres personalidades, nacionais e/ou estranxeiras, do mundo da música, que actuarán como vogais; o presidente, que será o presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue; e un secretario, que será o titular da institución ou funcionario en quen delegue (con voz pero sen voto). O xurado poderá ser diferente para cada unha das distintas seccións. En relación ás posibles causas de abstención dos membros do xurado actuarase conforme ó disposto no art. 28 da Lei 30/92, de 26 de novembro. Oitava. As bandas de música terán dereito a percibir, con cargo á aplicación 14/330.334.481.06 e en concepto de participación, as seguintes cantidades: Sección primeira: 3.500 € Sección segunda: 3.000 € Sección terceira: 2.500 € Novena. Concederanse, dentro de cada sección, un primeiro, un segundo e un terceiro premio ás bandas que acaden a maior puntuación. Cada membro con dereito a voto poderá concederlle de 0 a 10 puntos, sen fraccións, a cada banda de música participante no certame, atendendo ós seguintes aspectos: afinación, sonoridade (dinámica, planos sonoros, equilibrios harmónicos, etc.), interpretación e técnica, tanto na obra obrigada coma na de libre elección. A suma delas determinará os premios correspondentes. As puntuacións maior e menor que os membros do xurado outorguen a cada unha das obras interpretadas, sempre que exista unha diferenza superior a tres puntos respecto á media, quedarán excluídas do cómputo total e serán substituídas pola media das tres restantes; a puntuación total será a resultante das sumas das parciais de cada unha das obras interpretadas. Décima. A decisión do xurado darase a coñecer unha vez rematadas as actuacións de todas as bandas de música de cada sección e recollerase nunha acta, asinada polos membros do dito xurado, que pasará a coñecemento do presidente ou do órgano competente en quen delegue para prestarlle a súa conformidade. Décimo primeira. A Deputación de Pontevedra, de acordo co criterio do xurado, concederalles ás bandas de música que obteñan a máxima puntuación os seguintes premios: 1º premio 2º premio Sección primeira: 4.200 € 2.000 € Sección segunda: 3.500 € 1.800 € Sección terceira: 3.000 € 1.500 € O importe destes premios imputarase á aplicación 14/330.334.481.06. A empresa Musical Pontevedra concederalles cheques por valor instrumental á terceira banda clasificada en cada unha das seccións por importe de: 3º premio Sección primeira: 1.500 € Sección segunda: 1.250 € Sección terceira: 1.000 € Décimo segunda. As bandas de música inscritas interpretarán como obras obrigadas as seguintes: Sección primeira: “2Q1E In memoriam” David Cuevas Sección segunda: Theseus Andrés Álvarez Sección terceira: Sangral Israel Quintas Décimo terceira. O prazo de inscrición será de 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). As inscricións deberán formularse mediante unha solicitude asinada polo representante legal de cada banda de música, segundo o modelo de instancia que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación, www.depo.es, que se presentará no Rexistro xeral da institución provincial: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: r/ Oporto, 3 (de luns a venres). A inscrición no certame implica a completa aceptación das súas bases. A partir do inicio do período de inscrición, no Servizo de Cultura estarán á disposición das bandas de música, para a súa consulta, as obras de interpretación obrigada de cada sección. Décimo cuarta. O comité organizador adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. Despois de comunicarlles a súa inclusión ás agrupacións, estas contarán con 15 días naturais para remitirlle ó Servizo de Cultura da Deputación o historial da banda de música, a súa fotografía e o currículo do director (todo isto debe presentarse en soporte informático), así como catro exemplares da partitura da obra de libre elección, indicando a súa duración e o título do pasodobre que van interpretar. A non presentación das partituras no prazo indicado significará a renuncia da banda de música a participar no certame. Décimo quinta. Para o control dos instrumentistas das bandas de música participantes establécese o seguinte: 1. Constitúese unha comisión de control, formada por dous membros designados pola Federación Galega de Bandas de Música Populares, dous funcionarios do Servizo de Cultura da institución provincial e un delegado observador de cada unha das bandas participantes na sección na que actúan. Esta comisión poderá delegar o control de firmas previo á actuación das bandas nalgúns dos seus membros. 2. A comisión de control será competente para controlar e vixiar a composición dos instrumentistas das agrupacións participantes. Para estes efectos queda plenamente facultada para adoptar cantas medidas sexan oportunas para realizar as tarefas de investigación, vixilancia e control e para requirir e solicitar a documentación que estime necesaria das bandas de música participantes, utilizando así mesmo calquera dato das listas das agrupacións que posúe a Federación Galega de Bandas de Música Populares. Poderá formularlle ó comité organizador as propostas que considere convenientes, incluídas as referentes á cancelación da inscrición provisional e impeditivas de actuación da banda de música infractora, así como a súa descualificación antes da decisión, aplicándolles a todas as agrupacións o Regulamento de cadros de persoal de bandas de música para efectos de certames competitivos establecido pola Federación Galega de Bandas de Música Populares. 3. Cada banda de música deberá comparecer cos seus propios músicos e non poderá reforzarse ou completarse con intérpretes doutras agrupacións musicais, salvo os alleos expresamente permitidos nestas bases. O criterio básico de adscrición dun músico a unha banda de música é pertencer a esta de maneira real e efectiva. Para acreditalo achegará o DNI ou pasaporte. 4. Todas as bandas de música presentaranse no lugar da actuación coa antelación suficiente, conforme ós horarios que fixe a organización. A banda de música que no momento da súa actuación non estea presente no lugar no que se desenvolva o certame quedará eliminada automaticamente. Décimo sexta. O comité organizador é o órgano de goberno, administración e coordinación de todos os aspectos do certame. Adoptará as medidas necesarias para informar, comunicar, enviar e recibir o material das bandas de música participantes no certame. O comité organizador tomará as medidas oportunas para asegurar o correcto desenvolvemento do certame. No caso de que algunha proba teña que ser aprazada ou interrompida, por causa xustificada, o comité arbitrará as medidas oportunas para o seu posterior desenlace. As decisións tomadas polo comité organizador na execución e desenvolvemento destas bases e todas aquelas cuestións non previstas resolveraas, en cada caso, de maneira irrevogable, o propio comité. A sede oficial do comité organizador do certame será o Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra. Unha vez finalizado o certame, cada banda de música participante que o solicite poderá consultar no Servizo de Cultura as actas do xurado cos resultados obtidos con respecto á súa agrupación. Décimo sétima. O comité organizador do XIII Certame Provincial de Bandas de Música Deputación de Pontevedra estará constituído por: Presidente: - o presidente da Deputación de Pontevedra ou deputado en quen delegue. Vogais: - dous representantes da Deputación de Pontevedra. - un representante da Federación Galega de Bandas de Música Populares. - o director técnico do certame. Secretario: o titular da Deputación ou funcionario en quen delegue. Décimo oitava. Os membros do xurado e do comité organizador percibirán as indemnizacións correspondentes ás axudas de custo e desprazamentos polas reunións das cales exista acta segundo establece o R. d. 462/2002, de 24 de maio, e as actualizacións posteriores para o grupo 1. As asistencias percibiranse por asimilación, segundo as contías fixadas para os membros dos tribunais de selección de persoal do grupo A”. 4.22079.- INFORME SOBRE A MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS DA MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR Dada conta do escrito que subscribe a Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, de data 29 de abril de 2014, (núm. rexistro de entrada na Deputación 2014044556 do 6 de maio de 2014), polo que remite o acordo inicial de modificación dos estatutos da citada Mancomunidade, adoptado na sesión celebrada o día 29 de abril de 2014 e solicita á Deputación de Pontevedra que emita o informe conforme o disposto no artigo 143.1,b) da Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia, Visto o informe emitido pola Secretaria Xeral, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Prestar conformidade ó informe do Secretario Xeral da Deputación sobre a modificación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, que literalmente di como segue: “En relación coa petición de informe da Xefa do Servizo de Cooperación sobre a modificación dos Estatutos da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor, derivada do disposto na D.T. 11ª da Lei de racionalización e sostibilidade da Administración Local, maniféstase o seguinte: 1.- A citada modificación dos Estatutos está derivada do establecido na Disposición transitoria undécima da Lei 27/2013, de 27 de decembro. 2.- O obxecto, é dicir, os fins da Mancomunidade han de ser concretos e en ningún caso facer mención á totalidade dos asignados legalmente ós municipios pois neste suposto estaríamos ante unha fusión de municipios, (arts. 142.1.b da lei 5/97, de 22 de xullo e 44.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril). Por exemplo, en canto á policía local, esta actuará no ámbito territorial do seu municipio (art. 6 Lei 4/2007, de abril, de coordinación de policías locais de Galicia), polo que non podería ser asumida pola mancomunidade. Pontevedra, 12 de maio de 2014 O Secretario,” 2. En cumprimento do disposto na Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, dar traslado do dito informe á Mancomunidade de Concellos do Val Miñor. 5.22080.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.22081.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON ERNESTO BALTASAR FEIJOO EN REPRESENTACIÓN DE DON ANTONIO TATO NÚÑEZ POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 5003 CAÑIZA-ARBO (CONCELLO DE A CAÑIZA) Dada conta que con data de rexistro 07/02/14 (rex. núm. 2014012196) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Don Ernesto Baltasar Feijoo en representación de Don Antonio Tato Núñez, con domicilio a efectos de notificacións na rúa Marquesa, 5 de Pontevedra, por danos en vehículo producidos a consecuencia da existencia dunha roca de grandes dimensións na E.P. 5003 Cañiza-Arbo no Concello de A Cañiza o día 10/02/13 e que cuantificou economicamente en 1.576,82 €. Resultando.- Que con data 03/03/14 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu na data 24/03/14 co seguinte contido: “…1. La E.P. 5003 Cañiza-Arbo, está incluida en el catálogo provincial de carreteras de la Diputación de Pontevedra. 2. El p.k. señalado como lugar del siniestro, y donde, supuestamente, se produce dl desprendimiento, 4+00 no es correcto, en ese punto no existe presencia de taludes sino viviendas que forman parte de un núcleo. El p.k. donde se encuentra el talud referido, según visita de inspección girada por el vigilante de zona, se corresponde con el 3+700. 3. En el Servicio de Infraestructuras no consta que se hayan producido accidentes en dicho punto en las fechas señaladas. 4. Del accidente objeto del presente expediente se dio parte por los servicios de emergencia 112 SOS Galicia a la centralita de la Diputación, el día 10 de febrero de 2013 a las 20.39 horas, tal y como se refleja en el parte de salida de la brigada de guardia que se adjunta. La brigada se desplaza al punto señalado en la E.P. 5003, en un tiempo estimado de desplazamiento de treinta minutos, y se encuentra, según datos referidos por el capataz, Sr. Pintos, con una roca en la zona de la cuneta, fuera de la calzada y de la zona de circulación, señalizada con cinta bicolor. 5. Respecto a la causa por la que se encontraba la roca en la cuneta, todo parece indicar que por motivo de los temporales acaecidos esos días en la zona, posiblemente por incidencia de la acción del agua en talud, esta iría lavando el material aglomerante (arcillas y arenas) que funcionan como nexo entre los elementos constituyentes del propio talud provocando el desplazamiento. 6. No se estaba llevando a cabo ninguna intervención ni obra en el tramo referido de la carretera 5003. 7. La señalización de peligro o advertencia, balizamiento con cinta bicolor, se debió de acometer por los servicios de tráfico que acudieron al lugar del siniestro, ya que por parte del Servicio de Infraestructuras no se tenía constancia de la existencia de ningún peligro en ese tramo de vial. Las características del mismo, según informe del ingeniero de zona son: Señalización: Señal de prohibido adelantar. Sección de la carretera: carriles de 3,50 y arcenes de 1,20 Trazado del tramo: recto.” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93, en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, xa que o accidente sería sempre imputable a un evento de forza maior, caracterizado doutrinalmente polos elementos de externalidade e irresistibilidade en síntese de imprevisibilidade e inevitabilidade, pois así se recolle no informe de Infraestruturas xa que o acaecido debeuse ás condicións meteorolóxicas do inverno e á presenza de numerosos temporais na zona que afectaron de forma notable a configuración do terreo, producindo a auga caída arrastres de arcillas e areas eliminando o nexo entre os elementos constituíntes do talude provocando o desprazamento dos mesmos. Considerando.- Que o atestado instruído pola Garda Civil recolle que o accidente prodúcese nun tramo recto, a estrada atopábase mollada, era de noite con pouca iluminación e no momento do accidente estaba a caer unha choiva forte, datos contrastados coa Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia e recollidos no expediente, rexistrándose ese día nesa zona unha cantidade de choiva de aproximadamente 20 l/m2 e unha velocidade do refacho de vento de 66 km/h, sendo factor concorrente no sinistro o estado ou condición da vía, o que fai atribuírlle a responsabilidade ó condutor do vehículo pois de ter adecuado a súa condución ás condicións da vía o accidente podería non terse producido. Así, segundo o artigo 45 do R.d. 1428/03, de 2 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse”, o que unido ó feito da rectitude do tramo, á noite e á choiva, obrigaban ó condutor a reducir a velocidade ata estar en disposición de poder deter o vehículo ante o obstáculo. Pola súa banda, a Lei 18/1989 de 25 de xullo, de Bases sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Vial, no artigo 3.3 da base cuarta recolle o seguinte: “… los conductores quedarán especialmente obligados a circular de manera diligente …” En idénticos termos exprésase o R.d. 1428/2003, de 21 de novembro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación, que no seu articulado recolle: Artigo 3.1 “…Se deberá conducir con la diligencia y preocupación necesarias para evitar todo daño propio o ajeno, cuidando de no poner en peligro, tanto al mismo conductor…” Artigo 18.1: “…El conductor de un vehículo está obligado a mantener su propia libertad de movimientos, el campo necesario de visión y la atención permanente a la conducción, que garanticen su propia seguridad…” Considerando.- A máis, que a xurisprudencia sentada polo T.S. en supostos similares, fai descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración -entre outros motivos-, na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para a súa limpeza, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron aproximadamente 30 minutos en chegar ó lugar do sinistro unha vez foron avisados (vexase o informe do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS Sala 3ª de 11/02/87; sentenza do TS Sala 3ª de 07/10/97; sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02; sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º; sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º; sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º; sentenza do TSXG do 27/12/07; sentenza do TSXG de 04/10/07; ditame do Consello de Estado de 26/04/07; Sentenza da sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98; do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04; 20/07; 140/08; 114/09; 123/11; do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04; 212/04; 2/05; 183/06; 74/09; 124/10; e do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08, 250/13. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar dita reclamación. 7.22082.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. ANTONIO EDREIRA SÁNCHEZ EN REPRESENTACIÓN DE MAPFRE FAMILIAR S.A., POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 6506 BREIXA-MANDUAS (CONCELLO DE SILLEDA) Dada conta que con data de rexistro 27/01/14 (rex. núm. 2014006492) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial, formulada por D. Antonio Edreira Sánchez en representación da entidade Mapfre Familiar, S.A., con domicilio a efectos de notificacións na rúa Cristino Álvarez, 1-3º de A Coruña, por danos en vehículo producidos a consecuencia da irrupción dun corzo na E.P. 6506 Breixa-Manduas no Concello de Silleda, o día 22/05/13, e que individualiza economicamente en 2.253,50 €. Resultando.- Que con data 18/02/13 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas que o emitiu en data 07/03/14 co seguinte contido: “…1. La E.P. 6506 Breixa-Manduas está incluida dentro del catálogo de la red de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “irrupción de un corzo en la zona de circulación”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. El punto concreto del accidente, que se corresponde con el p.k. 1,5 de la E.P. 6506, se encuentra, según la documentación fotográfica e información aportada por el vigilante de carreteras del Servicio de Infraestructuras, en la zona de prado y labradía, con presencia de núcleo de población a 150 metros en la misma margen derecha de la carretera y con presencia de un camping situado en el mismo punto kilométrico en la margen opuesta. No se encuentra en zona considerada como de actividad cinegética. 4. Realizadas las oportunas comprobaciones, se identifican las dos propiedades ubicadas en el p.k referenciado como lugar del accidente, adjuntamos al presente informe la consulta catastral y las correspondientes certificaciones. 5. No obstante lo anterior, es preciso señalar que el párrafo segundo de la disposición adicional novena del Texto Articulado de la Ley sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor y Seguridad Vial, aprobado por Real Decreto Legislativo 339/1990, de 2 de marzo, incorporada por la Ley 17/2005, de 19 de julio establece que “Los daños personales y patrimoniales en estos siniestros, solo serán exigibles a los titulares de aprovechamientos cinegéticos o, en su defecto, a los propietarios de los terrenos, cuando el accidente sea consecuencia directa de la acción de cazar o de una falta de diligencia en la conservación del terreno acotado… podrá ser responsable el titular de la vía pública en la que se produce el accidente como consecuencia de su responsabilidad en el estado de conservación de la misma y su señalización.” Ante esto cabe hacer las siguientes precisiones: En relación al expediente que nos ocupa, queda acreditado, como Administración titular, que la Diputación Provincial, respecto a la señalización en el punto del accidente, está exenta de cualquier responsabilidad ya que dicha señalización es la que corresponde dadas las características de la vía en ese tramo concreto de circulación. Señalar que, hace tres años se llevó a cabo un “plan de mejora de la señalización existente” que incluía todas las carreteras provinciales del concello de Silleda, y no se consideró que la zona referenciada como punto donde se produce el accidente fuese susceptible de presencia de peligro de animales sueltos o cualquier otro ya que, reiteramos, se encuentra en su mayor parte ocupada por parcelas de labradía y prado, con presencia de núcleos de población. Existe señalización vertical buena, como se hace constar en el atestado de la Guardia Civil de Tráfico aportado al expediente y, concretamente a unos metros antes de ese punto, limitación de velocidad 70 km/h y buenas condiciones de la calzada. 6. Por último reiterar que no se tiene constancia de que en dicho tramo de carretera y en período de tiempo próximo al accidente se hubiesen producido otros por similares causas, es decir, por el acceso repentino de un corzo en la carretera..”. Considerando.- Que na data 26/03/14 e en virtude do artigo 4.1.c) da Lei 30/92 solicitouse información complementaria á Garda Civil de Tráfico-Destacamento de Lalín, quen a aportou mediante escrito de data 14/04/14 co seguinte contido: “…El motivo por el cual en las diligencias figura que el “animal procede del coto de caza PO-10120”, es única y exclusivamente porque en las inmediaciones del lugar del accidente, concretamente a unos 200 metros, existía y aún persiste una tablilla en la que figura la inscripción TECOR PO-10120. Que entre la tablilla reseñada y el lugar en donde se produjo el accidente existe un río, que tras haber realizado gestiones telefónicas con la nueva directiva del coto PO-10120, delimita el coto de caza con un terreno en el cual está prohibida la caza, “VEDADO”, el cual debería estar reglamentariamente señalizado. Por todo lo expuesto se llega a la conclusión de que el punto kilométrico en el cual se produce el accidente se encuentra en un terreno vedado, en el cual no está permitido cazar, se desconoce la titularidad…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo pois a simple lectura do artigo 149.5 do R.D. 1.428/03 de 21 de novembro que aprobou o regulamento xeral de circulación, revela ben ás claras que é necesario acreditar a frecuencia na irrupción de fauna salvaxe, máis cando non se produciron máis accidentes pola mesma causa, véxase: “…Los tipos de señales de advertencia de peligro, con su nomenclatura y significado respectivos, son los siguientes: (…) P-24. Paso de animales en libertad. Peligro por la proximidad de un lugar donde frecuentemente la vía puede ser atravesada por animales en libertad…” Considerando.- Que a sentenza 228/08, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº. 2 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 204/08 baseándose neste precepto, eximiu á Deputación da obriga de instalación do sinal P-24 (paso de animais en liberdade) por non terse acreditado a frecuencia e a habitualidade no paso, deixando dito que: “… No hay dato alguno en el expediente administrativo ni informe al respecto que indique que el tramo en el que ocurrió el accidente constituye un lugar de paso habitual, y no esporádico, de animales salvajes que hiciera necesaria la señalización adecuada al respecto, en concreto con la señal P-24. Es más, tampoco hay constancia de que en dicho tramo de la carretera y en un lapso de tiempo próximo al accidente registrado, se hubiesen originado otros por similares causas.” Na mesma liña as seguintes sentenzas: - Sentenza 27/2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº3 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 432/08, con identidade de razón á que nos ocupa, eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Al no existir una obligación legal de señalizar ese tramo, y al no haberse demostrado por la parte actora que el mismo debería de ser señalizado (…), no es posible imputar la responsabilidad en la producción de los daños a la Administración aquí demandada (Diputación)…” - Sentenza 119/10, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 63/10 eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Tampoco ha quedado acreditado de la prueba practicada que el lugar en que se produjo el accidente sea un lugar de paso frecuente de animales de caza, que hiciera necesario advertir a los usuarios de la vía por medio de la señalización pertinente al respecto (P-24), no constando según la información obrante en el expediente, la existencia de ningún otro siniestro de similares características en dicho tramo de la vía.” - Sentenza 43/2011 do Xulgado Contencioso- Administrativo nº 3 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 306/2010 deixou dito que: “…quien reclama debe demostrar un determinado nivel de siniestralidad y la ausencia o insuficiencia de medidas visibles o aparentes de conservación o de señalización…” - Sentenza 268/2011 do Xulgado do Contencioso-Adminstrativo nº 1 de Pontevedra deixou dito que: “…No existen pruebas suficientes para entender que en la referida carretera provincial se da la frecuencia en el paso de animales en libertad que obligaría a la Administración a colocar en ella la señal fija de advertencia de peligro. No ha incurrido, por tanto, la Diputación Provincial de Pontevedra, en omisión del deber de señalización.” Considerando.- Que a Garda Civil recolle no atestado instruído neste sinistro que “… a estrada estaba seca e limpa, (…), que o accidente se produciu con bo tempo e circulación fluída.…”, atopándonos ante un suposto de forza maior (caracterizado pola súa externalidade e irresistibilidade, que motiva a súa imprevisibilidade e consecuente inevitabilidade), ó que é allea a esta Deputación, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de tódolos riscos, pois é sabido que existe un estándar medio de risco predicable de calquera actividade humana ó que non é allea a condución de vehículos a motor. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 8.22083.- DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR Dª. CARMEN BLANCO ABALO POR CAÍDA CONCELLO DE VALGA) Dada conta que con data de rexistro 19/09/13 (rex. núm. 2013085649) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Dª. Carmen Blanco Abalo, con enderezo a efectos de notificacións na rúa Santiago de Guayaquil, 4, entlo de Santiago de Compostela, por lesións producidas a consecuencia dunha caída pola existencia dun burato na beirarrúa da E.P. 8503 Cordeiro-Senín no Concello de Valga o día 21/02/13 e que cuantificou economicamente en 6.854,85€. Resultando.- Que con data 12/11/13 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, quen o emitiu na data 12/12/13 co seguinte contido: “… Primeiro. Segundo as comprobacións realizadas polo personal técnico do Servizo de Infraestruturas, a E.P. 8503 Cordeiro-Senín, forma parte da Rede de Estradas da Deputación de Pontevedra. Segundo. Non temos constancia neste Servizo de Infraestruturas, dos danos referenciados nin aparece na base de datos do noso rexistro reclamación ou queixa por tal motivo. Terceiro. Xirada visita de inspección polo vixiante de zona, tal e como se pode apreciar nas fotografías que se adxuntan compróbase que a obra referenciada execútase por parte da Deputación de Pontevedra mediante convenio co concello de Valga. Estas obras consisten na mellora da seguridade viaria do tramo executado, así como de urbanización. Cuarto. O lugar sinalado donse se produce o sinistro, e un lugar destinado a instalación de báculo metálico para mellorar e ampliar o alumeado existente. Está sinalizado e balizado polo propio tubo da canalización (color verde reflectante) o igual co resto dos lugares donde está prevista a instalación de báculos. Apréciase nas fotografías que se aportan ó expediente, que o dobre tubo que baliza o lugar sobresae do pavimento da beirarrúa 50 cm, o que resulta fácilmente apreciable a simple vista. Quinto. A Deputación ten previsto, dentro da inversión levada a cabo nesta estrada co obxecto de mellorar a seguridade viaria, rematar o próximo exercicio a instalación dos elementos que darán por finalizada a actuación do proxecto”. Resultando.- Que na data 17/12/13 solicitouse novo informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, sobre a existencia ou non de cartel anunciador que advertira de que se estaban a levar a cabo as obras, emitindo o mesmo na data 20/12/13 co seguinte contido: “… Consultados os servizos técnicos do Servizo de Infraestruturas, constátase que, o día 21 de febrero de 2013, data do accidente obxecto do presente expediente, a obra referenciada na E.P. 8503 Cordeiro-Senín, no Concello de Valga, atopábase sinalizada con cartel anunciador reglamentario segundo o disposto na normativa vixente”. Resultando.- Que na data 12/02/14 solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, acerca de cal era a empresa adxudicataria das obras e a persoa responsable da supervisión das mesmas, tanto da Deputación como da empresa adxudicataria, quen emitiu o mesmo na data 27/02/14 recollendo o seguinte: “…Primeiro. Consultados os arquivos do Servizo constátase que a empresa adxudicataria da obra que se estaba a levar a cabo en esas datas figura como Cotrarga, S.L. Segundo. De acordo cos datos facilitados, e comprobados nos expedientes de referencia, como responsable da empresa encargado da supervisión das obras acometidas figura D. Jesús Pombo Varela. Asímesmo, par parte da Deputación, a persona encargada da supervisión, que non da dirección da obra, é o vixiante de estradas da zona, na data referida D. José Carlos Vázquez Vázquez. Resultando.- Que mediante Resolución Presidencial de data 04/03/14, a presidencia resolveu admitir a práctica de proba das testemuñas propostas polo interesado, Dona María del Carmen Pardal Viñas e D. Jesús Aboy Magariños, quen en comparecencia na Asesoría Xurídica na data 25/03/14 manifestaron o seguinte: Dona María del Carmen Pardal Viñas: Manifesta que a súa vivenda atópase a setecentos metros do lugar do sinistro e que é un lugar polo que pasa habitualmente. Que tiña coñecemento de que se estaban a realizar obras e que as mesmas levan moito tempo e seguen sen rematarse. Manifesta que non ten coñecemento de que se tiveran producido outros accidentes pola mesma causa. Asemade, relata que non viu o cartel sinalizador das obras. Que si se ve a simple vista o tubo de canalización xa que sae do burato. Preguntada sobre si recorda si no momento en que Dona Carmen Blanco Abalo di que meteu o pe no burato, mantiña algunha conversa ou se deu algún elemento de distracción que lle impedira ver o tubo que sinalizaba o burato, responde que ían falando e que por iso non o veu. Ademais manifesta que esa estrada atopábase chea de buratos de principio a fin e que nalgúns sitios non se ve nin sequera o tubo porque está cheo de silvas. Don Jesús Aboy Magariños (marido da reclamante): Manifesta que a súa vivenda se atopa aproximadamente a un quilómetro e medio de distancia do lugar do sinistro e que pasea habitualmente por esa zona. Que tiña coñecemento de que se estaban a realizar obras na estrada. Manifesta que non ten coñecemento de que se produciran outros accidentes ou incidentes pola mesma causa. Que non había cartel ningún pero que se apreciaba a simple vista o tubo de canalización. Que este tubo é para instalación eléctrica dunha farola. Vese pero nese momento non o viron. Preguntado acerca de cómo é posible que non vira o tubo si sobresaía 50 cm do nivel do chan e era de cor verde reflectante, responde que non o viron porque Dona Carmen Blanco Abalo e Don María del Carmen Pardal Viñas ían falando e ían entretidas. Ademais manifesta que a estrada leva moito tempo en obras e non dan terminado as mesmas nin sinalizado os buratos que hai na beirarrúa. Resultando.- Que con data 27/02/14 e con fundamento no artigo 31.1 apartados “b” e “c” da Lei 30/92 emprazouse a COTRARGA, S.L. para que puidera comparecer coma interesada e en virtude do artigo 214 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aprobou o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público puidera facer as alegacións que tivera por convintes, facendo as mesmas mediante escrito de data 21/04/14 que recolle o seguinte. “… La obra que la empresa Cotrarga, S.L. estaba ejecutando en la carretera E.P. 8503 Cordeiro-Senín en Valga, no incluía la colocación de los báculos. La empresa ejecutó las aceras según las indicaciones de la Dirección de Obra y dejó preparados los lugares destinados para la colocación de las farolas, que posteriormente instalaría otra empresa. Así mismo estos lugares preparados para colocar los báculos de farolas, estaban debidamente señalizados, con el propio tubo de canalización (color verde reflectante), que sobresalía unos 50 cm por encima del nivel de la acera y es fácilmente visible..…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31.1 a) e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional débese á actitude da accidentada, que posuíndo o control da situación non foi quen de evitar a caída, o que excede con moito do estándar medio de responsabilidade patrimonial da Administración, máis cando como din os informes do Servizo de Infraestruturas, a zona estaba perfectamente sinalizada, tanto con cartel anunciador de obras como cos propios tubos de canalización, de cor reflectante e cunha altura sobre a beirarrúa de 50 cm, suficiente pare ser apreciados a simple vista. A mais das manifestacións feitas polas testemuñas dedúcese que a reclamante coñecía perfectamente a zona, xa que vivía a uns escasos quilómetro e medio, tiña igualmente coñecemento de que na mesma se estaban a realizar obras, que o tubo de canalización se apreciaba a simple vista saíndo do burato e quedou perfectamente constatado que no momento do tropezo ía falando con Dona María del Carmen Pardal Viñas e entretida sen atender ás circunstancias da beirarrúa pola que deambulaba e por iso non veu o tubo. Nesta liña argumental entendérono precedentes similares que negaron responsabilidade algunha da administración, “ad exemplum”: “… El comportamiento humano implica soportar los pequeños riesgos que una eventual falta de cuidado y atención comporta…” Sentencia de 2 de marzo de 2006 da Sala Primeira (do Civil) do T.S., LA LEY JURIS 11410/2006; e na mesma liña: - Sentenza do 9 de maio de 2000 do T.S. - Sentenza do 26 de marzo de 2004 do T.S.X.G. - Sentenza do 10 de marzo de 2005 da Sala do Contencioso-Administrativo do T.S.J. de Canarias. - Sentenza do 30 de novembro de 2005, da Sección 14ª da Audiencia Provincial de Barcelona. - Sentenza do 23 de decembro de 2005 da Sala do Contencioso-Admistrativo, Sección 2ª, do T.S.J. de Castilla y León. - Sentenza do 3 de marzo de 2006 da Sala Primeira (do Civil) do T.S. - Sentenza do 9 de marzo de 2006, da Sección 1ª do T.S.J. de Andalucía. - Sentenza do 6 de abril de 2006, da Sección 3ª do T.S.J. de Andalucía. - Ditame do Consello Consultivo de Galicia 877/06. - Sentenza 262/2011 do Xulgado de Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra. - Sentenza 156/2010 do Xulgado do Contencioso-Adminstrativo nº 3 de Pontevedra. “…aún en el caso de reconocer ese déficit en las medidas, sea de seguridad sea de vigilancia, a adoptar respecto a la zona en obras, tampoco sería posible hablar de nexo casual directo(…). Al contrario, todo parece indicar que fue una desatención por parte del peatón en las condiciones de la vía la que originó el siniestro…” - Sentenza 20/2012 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra. “…se acredita la causa de exoneración consistente en culpa de la víctima, pues a esta tambien le es exigible la deambulación diligente, sin que quepa hacer del carácter objetivo de la responsabilidad patrimonial de la Administración Pública una especie de aseguradora universal de todos los daños que se produzcan…” - Sentenza 252/13 do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. “…el daño ha de imputarse a la falta de atención y cuidado del peatón, daño que tenía el deber jurídico de soportar y que desde esta perspectiva, no puede calificarse como de antijurídico…” Considerando.- Que non se produciron outras caídas pola mesma causa, o que incide nun comportamento tórpido da accidentada, o que permite facer descansar racional e razoablemente de xeito exclusivo a responsabilidade na accidentada. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e Rd 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 9.22084.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 16 de maio de 2014, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 2014006754 e que contén trinta e unha facturas, correspondendo a primeira a Telefónica Móviles España, S.A., por importe de 6.438,07 €, e derradeira a Limpiezas Cies, S.L., por importe de 4.476,65 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 20.958,19 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 20.958,19 € 10.22085.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS Con data 5 de maio de 2014 e con número de rexistro de entrada nº 2014044802, Dna. Marina Piñeiro Novo, en calidade de Xefa do Servizo de Cooperación da Deputación de Pontevedra, expón que o Ente Provincial está promovendo a celebración do “Concurso Internacional de los Vinos Atlánticos para el año 2015 y del Concurso Mundial de Bruxelas de Vinos e Bebidas Espirituosas”. Neste sentido, estanse levando a cabo diversos contactos con persoal experto de Bruxelas, relacionados coa organización do Concurso e con programas comunitarios de financiamento europeo, que asesoran e colaboran na organización do evento. No marco destas actuacións, para a organización e a celebración deste Concurso, xurdiu a oportunidade de realizar unha reunión de traballo con expertos comunitarios na materia os días 1, 2 e 3 de maio de 2014 en Bruxelas, co fin de tratar temas relacionados co mencionado concurso e de financiamento de proxectos con programa europeos, e, ó mesmo tempo, observar de primeira man a evolución e desenvolvemento do Concurso Mundial de Bruxelas 2014. Solicita permiso para ausentarse do seu posto de traballo os días 1, 2 e 3 de maio de 2014, así como a axuda económica correspondente ó billete de avión. A solicitude é conformada pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido da Reunión e o traballo que vén desenvolvendo dita traballadora no Servizo, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o abono das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a traballadora deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da Reunión e as conclusións obtidas. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de administración local de Galicia, validar o expediente e conceder a Dna. Marina Piñeiro Novo licenza para asistir, así como unha axuda económica cuxo importe ascende a un total de 334,40 € en concepto locomoción: Desprazamento: Concepto Total Partida Avión: 334,40 € 14/942.942.231.20 Total gastos locomoción 334,40 € 14/942.942.231.20 Unha vez finalizado a viaxe, a interesada deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. Así mesmo, deberá achegar tamén a tarxeta de embarque, billete ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios da viaxe. Así mesmo, e, de conformidade coa normativa 11ª do Acordo nº 9.14880 de data 9 de setembro de 2011, especifícase que non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso, reunión ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Respecto de os gastos de desprazamento, faise constar que cando o mesmo se realice por varios traballadores do mesmo ou distinto servizo, na mesma data, idéntico destino e no mesmo medio de transporte, só se aboarán os gastos a un traballador. Cando se trate de reunións de traballo ou xornadas técnicas, haberá que achegar a convocatoria e detallar claramente a hora de inicio e finalización. 11.22086.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN E APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DO ROSAL PARA LEVAR A CABO A OBRA DENOMINADA “MELLORA DE TRAZADO NA E.P. 3302 TABAGÓN-ROSAL-PORTOCELO DO P.K. 1+990 Ó P.K. 2+648 (CONCELLO DO ROSAL) Dada conta da proposta de convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello do Rosal para levar a cabo a obra denominada “Mellora de trazado na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo do p.k. 1+990 ó p.k. 2+648 (Concello do Rosal)” sendo o obxecto do mesmo, no marco da cooperación económica entre as distintas administracións, executar unha serie de actuacións necesarias para realizar na referida estrada obras de reparación, mellora do trazado e da seguridade viaria, así como de mantemento da súa funcionabilidade no futuro. Vista a solicitude formulada polo Concello do Rosal ó abeiro do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) para a concesión dunha subvención con destino á obra referida supra. Á vista da documentación obrante no expediente, do proxecto técnico e dos informes do Servizo de Cooperación, da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder ó Concello do Rosal con CIF núm. P-3604800G a cantidade de oitenta e oito mil novecentos nove euros con corenta e oito céntimos (88.909,48€), imputables á aplicación orzamentaria 14/942.942.652.45, no marco do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), que se destinarán á realización da obra “Mellora de trazado na E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo do p.k. 1+990 ó p.k. 2+648 (Concello do Rosal)”, cun orzamento total que ascende a 508.054,18 €. O financiamento desta obra realízase segundo o previsto no convenio de colaboración referido, o cal distribúe os gastos do seguinte xeito: 381.041,64 € por conta da Deputación con cargo á aplicación 14/456.453.612.02; 127.013,54 € por conta do concello, dos que 38.104,06 € se aplican ó orzamento municipal e a cantidade restante (88.909,48 €) con cargo a subvención outorgada no parágrafo anterior. 2.- Aprobar o Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Rosal para levar a cabo a obra denominada “Mellora de trazado na e.p. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo do p.k. 1+990 ó p.k. 2+648(concello do Rosal)”, cuxo texto di como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO ROSAL PARA LEVAR A CABO O PROXECTO “MELLORA DE TRAZADO NA E.P. 3302 TABAGÓN-ROSAL-PORTOCELO DO P.K. 1+990 Ó P.K. 2+648” En O Rosal, a ……………… REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. O Sr. D. Jesús María Fernández Portela, alcalde-presidente do Concello do Rosal, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.- Que o artigo 36 da Lei 7/1985 e os artigos 109 e 110 da Lei 5/1997 encomendan ás deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. Dentro da extensa rede de estradas pertencentes á Deputación de Pontevedra atópase a E.P. 3302 Tabagon-Rosal-Portocelo que discorre polo Concello do Rosal, na cal fanse necesarias obras de reparacións. En concreto a realización da obra que se describe no proxecto “Mellora de trazado na e.p. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo do p.k. 1+990 ó p.k. 2+648” ten por obxecto executar unha serie de actuacións necesarias para acometer reparacións varias, mellorar o trazado da mesma e a seguridade viaria, así como para manter a súa funcionabilidade no futuro. IV.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto O presente convenio ten por obxecto facilitar a necesaria colaboración entre as administracións asinantes para promover as actuacións necesarias para levar a cabo o proxecto “Mellora de trazado na e.p. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo do p.k. 1+990 ó p.k. 2+648”. Dito proxecto ten por fin acometer distintas reparacións, tales como: demolición de obras de fabrica existentes, escavación de desmonte e posterior extendido e compactado do terreo en zonas de terraplenado e saseo, reposición de muros e servizos, mellora do firme, colocación de sinalización e balizamento, etc; todo para mellorar o trazado da estrada nos tramos comprendidos entre o P.K. 1+990 e o P.K. 2+648. Segunda.- Importe. O importe o que se refire o presente convenio ascende a cincocentos cinco mil sesenta euros con dezaoito céntimos (508.054,18 €) e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Asemade, a Deputación asume a redacción do proxecto por medio do seu servizo de infraestruturas. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados pola Deputación de Pontevedra e Concello do Rosal mediante a achega das cantidades relacionadas deseguido: Deputación de Pontevedra 381.040,64 € Concello do Rosal 38.104,06 127.013,54 € 88.909,48 € (PUSIM/14) Total investimento 508.054,18 € A Deputación financiará 381.040,64 € (75%) con cargo á aplicación 14 / 456.453.612.02 do vixente orzamento provincial. O concello achegará 127.013,54 € (25%) dos cales aportará 88.909,48 € (70% da achega municipal) coa cantidade que ten concedida no marco das axudas do Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), aplicación 14/942.942.652.45 do vixente orzamento provincial. Asemade, o Concello do Rosal comprométese a financiar no exercicio 2014 o importe restante que ascende a 38.104,06 € (30% da achega municipal) con cargo ó orzamento xeral do concello. A cantidade a achegar polo concello é un ingreso de dereito público que xerará crédito na aplicación correspondente e debe ser ingresada no seguinte trimestre ó da aprobación do proxecto e da concesión da subvención no marco do PUSIM/14, e, en todo caso, inmediatamente antes da aprobación do expediente de contratación. No caso de falta de ingreso desta cantidade, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo que a favor do concello houbera na entidade provincial. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ó inicialmente previsto e sempre que isto non supoña unha execución deficiente da totalidade do proxecto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe da axuda con respecto ó custo total do investimento. Cuarta.- Incidencias no desenvolvemento da obra. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación dos proxectos, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo, será financiado por ambas Institucións na proporción que se acorde pola Comisión de Seguimento. Quinta.- Licitación e dirección das obras. Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico do investimento obxecto deste convenio. Sexta.- Obrigas do Concello. O Concello do Rosal obrígase a: 1.- A ingresar a súa achega na aplicación correspondente conforme o disposto na cláusula terceira. 2.- Asemade, o Concello dará a adecuada publicidade a este convenio, de tal xeito que quede constancia que a remodelación da infraestrutura levouse a cabo coa colaboración da Deputación de Pontevedra. Sétima.- Compensación de débedas O Concello do Rosal faculta expresamente á Deputación para reter e compensar con cargo ás cantidades que lle poidan corresponder no novo Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) ou noutros programas de subvencións con toda clase de débedas vencidas e pendentes de pago. Oitava .-Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os presidentes, ou persoas en quen deleguen. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Novena.- Vixencia do convenio O presente convenio entrará en vigor na data da súa sintura e terá vixencia ata o remate das obras obxecto do convenio. Non obstante, no marco do PUSIM/14, cuxa regulamentación afecta ó presente convenio por financiarse unha parte a través da concesión dunha subvención con cargo a este plan, fíxase un prazo máximo de execución ata o 31 de decembro de 2015. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes. Décima.- Resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Undécima.- Normativa aplicable. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, RD 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, e polo RDL 2/2004, do 5 de marzo. Asemade, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e na data sinalados no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello do Rosal Asdo.: D. Rafael Louzán Abal Asdo.: D. Jesús María Fernández Portela” 3. Facultar ó presidente da Deputación para formalizar o presente convenio mediante a súa sinatura. 12.22087.- APROBACIÓN DAS BASES DE SUBVENCIÓNS EN ESPECIE PARA A IMPLANTACIÓN DO PROXECTO SANEPLAN “PLANIFICACIÓN INTEGRADA E XESTIÓN SOSTIBLE DE INFRAESTRUTURAS DE SANEAMENTO A TRAVÉS DE TECNOLOXÍA DE PRECISIÓN INNOVADORA” LIFE12/ENV/ES/000687 EN CATRO CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Resultando que, a Deputación de Pontevedra forma parte como socio colaborador do Proxecto SANePLAN LIFE12/ENV/ES/000687 que ten por finalidade a mellora da xestión do saneamento da auga a través do desenvolvemento e demostración nun conxunto limitado e definido de entornos que integre o saneamento e os seus elementos coa planificación urbana, a protección medioambiental e o cambio climático. Dentro deste proxecto a acción B01 contempla a recompilación e preparación de infraestrutura de datos espaciais en catro concellos piloto. Non obstante, de acordo coa normativa sobre fondos LIFE+, a selección destes catro concellos non pode realizarse discrecionalmente senón en base a uns criterios relacionados coa disposición de tecnoloxías, métodos e ferramentas necesarios, en todo caso, para o desenvolvemento do proxecto. Dada conta das Bases de subvencións en especie para a implantación do proxecto SANePLAN “Planificación integrada e xestión sostible de infraestruturas de saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora” LIFE12 ENV/ES/000687, sendo o obxecto das mesmas a implantación do proxecto SANePLAN en todos os seus aspectos: recollida de datos, desenvolvemento de modelos, implantación de resultados e ferramentas web en catro concellos da provincia. Vistos os informes do Secretario Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar as Bases de subvencións en especie para a implantación do proxecto SANePLAN “Planificación integrada e xestión sostible de infraestruturas de saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora” LIFE12 ENV/ES/000687 en catro concellos da provincia de Pontevedra cuxo texto, literalmente transcrito, di como segue: “BASES DE SUBVENCIÓNS EN ESPECIE PARA A IMPLANTACIÓN DO PROXECTO SANEPLAN “PLANIFICACIÓN INTEGRADA E XESTIÓN SOSTIBLE DE INFRAESTRUTURAS DE SANEAMENTO A TRAVÉS DE TECNOLOXÍA DE PRECISIÓN INNOVADORA” LIFE12 ENV/ES/000687 EN CATRO CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1. ANTECEDENTES Con data 10 de xaneiro de 2014 asínase o Acordo de colaboración entre socios por parte da Deputación de Pontevedra, a Fundación Instituto Tecnológico de Galicia (coordinador do proxecto) e PHYSIS S.r.l. (Italia), para desenvolver o Proxecto SANePLAN Planificación integrada e xestión sostible de infraestruturas de saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora Código LIFE12 ENV/ES/000687. O orzamento co que participa a Deputación de Pontevedra no proxecto SANePLAN é de 248.642,00 €, dentro dun orzamento total de proxecto de 1.513.376,00 €. Estes gastos están financiados polo programa LIFE+ 2012 nun 50%. A implantación de SANePLAN nos catro concellos piloto contémplase dentro da acción B01 Servizos Recopilación e Preparación de Infraestrutura de Datos espaciais; acción que conta cun orzamento de 127.085,00€, dos cales unha parte destinarase á devandita implantación en concellos piloto e outra á recollida de información previa. A Deputación de Pontevedra, como socio colaborador na acción A03 Selección de métodos, ferramentas e tecnoloxías así como no entregable A0302 Metodoloxía e instrucións para a identificación e selección dos entornos de implementación, definirá e redactará as condicións que deberán cumprir os concellos así como os parámetros de avaliación a empregar na selección dos concellos nos que se implementará o proxecto SANePLAN. Para esta selección, definiranse criterios (con valores e ponderacións) que permitan dispor de información obxectiva para realizar un posicionamento axeitado en relación ás tecnoloxías, métodos e ferramentas necesarios para o desenvolvemento do proxecto. 2. OBXECTO DO PROXECTO SANEPLAN O obxectivo xeral do proxecto SANePLAN é a mellora da xestión do saneamento a través do desenvolvemento e demostración nun conxunto limitado e definido de entornos, que integre o saneamento e os seus elementos (tanto redes como instalacións de bombeo e depuración) coa planificación urbana, e contemple a participación de múltiples axentes e territorios, permitindo o dimensionamento e planificación en función das necesidades actuais e as previsións futuras baixo condicionantes de custo, protección medioambiental, poboación e cambio climático. 3. OBXECTO DAS BASES DE SUBVENCIÓNS EN ESPECIE PARA A IMPLANTACIÓN DO PROXECTO SANePLAN EN CATRO CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA O obxecto das presentes bases é a elección de catro concellos para a implantación do proxecto SANePLAN en tódolos seus aspectos: recollida de datos, desenvolvemento de modelos, implantación de resultados, ferramentas web, etc. 4. BENEFICIARIOS: REQUISITOS E OBRIGAS Poderán solicitar esta subvención en especie os concellos e mancomunidades de concellos da provincia de Pontevedra. As mancomunidades non están obrigadas a presentar no seu ámbito territorial a totalidade de concellos adscritos senón que poderán elixir ós concellos que consideren mellor se adapten ó cumprimento dos requisitos esixidos polas presentes bases así como o aproveitamento dos investimentos do proxecto así como os seus obxectivos. Debido a que as axudas concedidas con cargo ás presentes bases están cofinanciadas con fondos comunitarios, os beneficiarios estarán obrigados ó cumprimento da normativa sobre os ditos fondos. Os beneficiarios da subvención serán responsables de informar ó público da participación dos fondos da Unión Europea, colocando durante o período de desenvolvemento do proxecto dun panel cos requisitos de información e publicidade definidos pola normativa da UE. Ademais, o beneficiario aceptará ser engadido na base de datos de beneficiarios das actuacións realizadas pola Deputación de Pontevedra con financiamento comunitario. Sen prexuízo do anterior, con carácter xeral, a Deputación de Pontevedra subministrará ós concellos beneficiarios os paneis informativos a colocar en dependencias municipais, comprometéndose os beneficiarios a manter ós mesmos durante o período de vixencia previsto na lexislación aplicable. 5. ORZAMENTO Os gastos derivados da implantación da acción B01 Servizos Recopilación e Preparación de Infraestrutura de Datos espaciais nos catro concellos estímase en 127.085,00€ imputables á aplicación orzamentaria 14/942.161.227.06 SANePLAN Estudos e traballos técnicos, SANePLAN Planificación integrada e xestión sostible de infraestruturas de saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora Código LIFE12 ENV/ES/000687 do vixente orzamento da Deputación Provincial de Pontevedra. Deste orzamento unha parte destinarase a implantación en catro concellos piloto da provincia de Pontevedra e o resto á recollida de información previa. 6. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, no rexistro da súa sede de Vigo, ou na páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.es. Os concellos ou mancomunidades de concellos solicitantes deberán achegar, ademais, a seguinte documentación: • Carta de compromiso do alcalde/alcaldesa dos concellos solicitantes. No caso das mancomunidades deberan adxuntar carta de compromiso dos alcaldes/alcaldesas dos concellos presentados. • Declaración de non estar incurso o concello ou mancomunidade, por si mesmo ou por os concellos representados, en causas de prohibición para a percepción de subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumir e dar cumprimento ás condicións da subvención. • Memoria explicativa que conteña entre outros apartados: o Descrición das estratexias, políticas e metodoloxía do concellos e/ou mancomunidade de concellos respecto a gobernanza sostible do Ciclo da Auga. o Descrición das ferramentas dispoñibles na actualidade referidas ó ámbito da xestión do Ciclo da Auga nos candidatos. o Dispoñibilidade e existencia de datos de redes de abastecemento e saneamento dixitalizados. o Existencia de rueiro dixitalizado total ou parcialmente. o Compromiso do concello e/ou mancomunidade en canto a disposición de medios técnicos e humanos. Os concellos e/ou mancomunidades comprometeranse a por a disposición do proxecto un interlocutor técnico de grado medio ou superior (enxeñeiro superior ou técnico, arquitecto ou arquitecto técnico) que ben poderá pertencer á plantilla municipal ou ben proceder dun acordo ou negociación coas empresas xestoras do saneamento e/ou abastecemento de auga, no caso que exista. Este técnico deberase reunir cos técnicos do proxecto SANePLAN ou das asistencias técnicas contratadas polo proxecto cando sexa necesario, suxeito loxicamente á necesaria e razoable dispoñibilidade de horarios e atención ás urxencias municipais. o Existencia de instalación ou instalacións depuradoras de augas residuais en funcionamento. o Existencia de datos económicos e orzamentarios relacionados co saneamento de augas. o Compromiso dos concellos e/ou mancomunidades coa xestión sostible do Ciclo da Auga. o Avaliarase positivamente a implicación de colectivos sociais (empresariais, veciñais, etc.) no apoio ó proxecto. 7. CRITERIOS DE CONCESIÓN A concesión de subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva. A Deputación de Pontevedra seleccionará un total de 4 concellos na nosa provincia. As solicitudes presentadas someteranse a un proceso de valoración e puntuación, para establecer unha prelación entre as mesmas a efectos da adxudicación da axuda, e realizarase de acordo cos seguintes criterios: o Descrición das estratexias, políticas e metodoloxía de concellos e/ou mancomunidades de concellos respecto a gobernanza sostible da auga. Máximo 30 puntos. o Descrición das ferramentas dispoñibles na actualidade referidas ó ámbito da xestión do Ciclo da Auga. Máximo 5 puntos. o Dispoñibilidade e existencia de datos de rede dixitalizados. Máximo 10 puntos. o Existencia de rueiro dixitalizado total ou parcialmente. Máximo 10 puntos. o Existencia de estación ou estacións depuradoras de augas residuais en funcionamento. Máximo 10 puntos. o Existencia de datos económicos e orzamentarios relacionados co saneamento de augas. Máximo 10 puntos. o Compromiso dos concellos e/ou mancomunidades coa xestión sostible do Ciclo da Auga. Máximo 20 puntos. o Implicación de colectivos sociais (empresariais, veciñais, etc.) no apoio ó proxecto mediante carta asinada. Máximo 5 puntos. 8. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN As solicitudes irán dirixidas ó Presidente da Deputación de Pontevedra, e presentaranse no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a venres, ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Os horarios dos rexistros son os seguintes: Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra (Avda. Montero Ríos s/n – Pontevedra): de luns a venres: de 8:30 horas a 14:30 horas, e de 17:00 horas a 19:00 horas. Sábados: de 09:00 horas a 13:00 horas. Rexistro da sede da Deputación en Vigo (rúa Oporto 3 – 36201 Vigo): de luns a venres: de 09:00 horas a 13:00 horas. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións comezará a contar ó día seguinte día ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, sendo de 15 días naturais. 9. INSTRUCIÓN E PROCEDEMENTO A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle a xefa de servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación de Pontevedra, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución provisional. As solicitudes de subvención serán avaliadas conforme ós criterios sinalados na base X pola Comisión de Valoración, órgano colexiado composto por: a) Presidenta: a Xefa de Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación de Pontevedra. b) Secretario: un funcionario do servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. c) Vogais: a.- Dous técnicos do servizo de Infraestruturas da Deputación de Pontevedra. b.- Un técnico do servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación de Pontevedra. A Comisión de Valoración emitirá un informe co resultado da avaliación realizada e as puntuacións obtidas por cada unha das solicitudes, informe que se recollerá na acta da sesión celebrada ó efecto. Posteriormente, o órgano instrutor do procedemento emitirá unha proposta de resolución provisional debidamente motivada, que será remitido ó órgano competente para a concesión (previo informe de fiscalización da Intervención), que, a súa vez, emitirá a resolución definitiva. Unha vez aprobada a resolución definitiva o procedemento será aprobado polo órgano competente. A resolución do procedemento notificarase ós interesados de acordo co establecido no artigo 26 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 10. INCUMPRIMENTOS E REINTEGROS O incumprimento por parte dos beneficiarios dos requisitos establecidos nas presentes bases e demais normas aplicables, así como as condicións que, no seu caso se establezan na correspondente resolución de concesión, dará lugar total ou parcialmente, previo o oportuno expediente de incumprimento, á cancelación da mesma, e á obriga de reintegrar a subvención (entendéndose como tal o importe económico equivalente ós custos realizados pola Deputación de Pontevedra para a implantación do proxecto SANePLAN ó beneficiario da subvención). O reintegro levará engadida a esixencia de xuros de demora correspondente dende o momento da entrega da subvención en especie ata a data na que se acorde a procedencia do reintegro. De acordo co artigo 38 da lei 38/2003 de 17 de novembro, xeral de subvencións, o xuro de demora aplicable será o xuro legal do diñeiro incrementado nun 25%, salvo que a lei de Orzamentos xerais do Estado estableza outro diferente. Por outra banda serán de aplicación o previsto no título IV da referida lei de subvencións si concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas. 11. RÉXIME SANCIONADOR Será de aplicación o réxime sancionador previsto na lei 38/2003 xeral de subvencións, coas especificacións indicadas na súa disposición adicional décimo cuarta. 12. RECLAMACIÓNS Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente. 13. DEREITO SUPLETORIO Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable.” 13.22088.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE 30 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL CON DESTINO A EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDA 2014 Por acordo adoptado na Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 7 de marzo do 2014, apróbanse as bases reguladoras da convocatoria pública de empresas para participar no Plan de Práctica Laboral do ano 2014, en réxime de concorrencia competitiva, e co fin de seleccionar e distribuír entres os solicitantes un total de 400 bolsas de práctica laboral dirixidas a titulados universitarios e de formación profesional. O proceso estrutúrase en dúas fases, a primeira de selección de empresas e a segunda de selección e distribución dos bolseiros entre as empresas seleccionadas. A convocatoria de empresas publicouse no BOP nº51, de data 14 de marzo de 2014. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e examinada a documentación achegada por algunhas empresas comprobouse que no sector turístico a maior parte das solicitudes e proxectos de práctica laboral (hoteis, casas rurais, axencias de viaxe, restaurantes, etc.) demandan titulados para o período de verán e por un tempo de duración inferior ó previsto nas bases da convocatoria. Seguindo o procedemento establecido nas bases da convocatoria estimase que a resolución e adxudicacións das bolsas terá lugar no mes de outubro, data a partires da cal os bolseiros se destinen a estas empresas non poderán realizar as prácticas por falta de persoal, clientes, medios, etc., e encontrarse en período de temporada baixa. Como consecuencia, coa finalidade de satisfacer as solicitudes de ditas empresas, por acordo adoptado na Xunta de Goberno, celebrada o 9 de maio de 2014, modificáronse as bases reguladoras da convocatoria de empresas do Plan de Práctica Laboral 2014, para incrementar o número total de bolsas convocadas de 400 a 430, co fin de destinar as 30 que derivan desta ampliación ás empresas do sector turístico da provincia, modificando para este caso concreto o procedemento de concesión das mesmas, no senso que se determina a continuación: - Reducindo o prazo de emenda de defectos formais de dez a cinco días hábiles. - Reducindo o período de duración das bolsas dun ano a 3 mensualidades, prorrogables por outros tres se o volume de actividade da empresa así o xustifica, podendo incluso en casos excepcionais ampliarse a un ano. Como consecuencia do anterior, estase a tramitar expediente de modificación de créditos para incrementar as aplicacións orzamentarias 14/921.241.481.47 e 13/921.241.160.47, por importe de 150.249,60 €, conforme ó seguinte detalle: Importe Bolsas Duración TOTAL Sg. social TOTAL S.S. Nº bolsas Total bolsas Total S. Social 800,00 €/mes 6 meses 4.800 34,72 €/mes 208,32 30 144.000 € 6.249,60 € Segundo o previsto na base cuarta da convocatoria, para a selección das empresas constituíuse unha comisión de avaliación, composta pola deputada delegada en materia de persoal, a xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación, a xefa do Servizo de Turismo, o asesor xurídico do CEP, un profesor da universidade de Vigo e dous técnicos de emprego da Deputación. Tal e como se determina nas bases da convocatoria a valoración das empresas lévase a cabo aplicando os seguintes criterios: - Proxecto de práctica laboral: ata un máximo de cinco puntos. - Deseño de itinerarios alternativos de inserción ata un máximo de tres puntos. - Calquera outra mellora: ata un máximo de dous puntos. Con data 16 de maio de 2014 a Comisión formula proposta provisional de asignación e distribución das bolsas ás empresas do sector turístico, conforme á puntuación total acadada. Polo exposto, dadas as circunstancias que concorren nas solicitudes de empresas destinadas ó sector turístico da provincia; por razóns de urxencia, a fin de axilizar o procedemento de selección dos bolseiros e considerando as titulacións demandadas por ditas empresas e a valoración provisional das súas solicitudes en tanto non transcorra o prazo de emenda de defectos formais, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 30 bolsas de práctica laboral con destino a empresas do sector turístico da provincia de Pontevedra, que se rexerá polas bases que se achegan a este informe. Ditas bases son como seguen: “BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE 30 BOLSAS DE PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PRIMEIRA. OBXECTO Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 30 bolsas de prácticas laborais relacionadas no ANEXO I desta convocatoria e destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Estar en posesión do título esixido no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó un de xaneiro do 2005. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre dende a data da publicación da convocatoria de empresas no BOP (14 de marzo de 2014) e ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas. 6. Non ter sido beneficiario dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia de duración superior a seis meses. 7. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada nos extinguidos organismos autónomos, de duración superior a seis meses. 8. Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anterioridade a data da publicación desta convocatoria no Boletín oficial da provincia. 9. Estar inscrito no Servizo Público de emprego como demandante ou en mellora de emprego. 10. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polos grupos de cotización correspondentes ós niveis formativos da titulación esixida ou non ter estado de alta como autónomo por un período de tempo de duración superior a seis meses, en actividades relacionadas co obxecto da bolsa. 11. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV nas bolsas de titulados universitarios, e nivel Celga III nas bolsas destinadas a ciclos superiores de formación profesional. 12. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 13. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de 800,00 €/mes para titulados universitarios e de 700,00 €/mes para ciclos superiores de formación profesional, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 921.241.481.47 e 921.241.160.47. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou a parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. Non obstante o anterior, a empresa adxudicataria das bolsa de prácticas deberá sufragar os gastos de desprazamento e estancia orixinados pola realización, fóra do lugar da residencia, de determinados estudos e informes relacionados coa formación práctica do bolseiro, de acordo cos límites previstos no Real decreto 462/2002, de indemnizacións por razón do servizo. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse en modelo oficial ANEXO II debidamente asinado, no Rexistro Xeral da institución provincial no prazo de 8 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, debendo remitir una copia da solicitude rexistrada á dirección de correo persoal@depo.es, ou ben por fax o número 986804141. Na instancia farase constar a bolsa solicitada e o número de expediente. Á mesma achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade en vigor ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado ou volante de empadroamento actualizado de data posterior ó 1 de xaneiro do 2014, no que se acredite a data de alta en dito Padrón municipal. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1125/03, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso, ou ó que corresponda para os ciclos formativos segundo o previsto no R. d. 1147/2011, de 29 de xullo. e) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente. f) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. g) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito. h) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado de data posterior ó 1 de marzo do 2014 (entregar todas as páxinas). Así mesmo, de ter experiencia laboral no mesmo grupo de cotización non relacionada coa titulación: fotocopia do contrato de traballo e certificado das tarefas realizadas. i) Informe dos períodos de inscrición no Servizo Público de Emprego. j) Declaración xurada de non ser beneficiario na actualidade dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo que transcorre dende a data da publicación da convocatoria de empresas no BOP (14 de marzo de 2014) e ata o día en que teña lugar a adxudicación das bolsas. k) Declaración xurada de non ter sido beneficiario dunha bolsa dos plans de prácticas laborais da Deputación Provincial nos distintos Centros ou Servizos, nin nos Concellos ou Empresas da provincia de duración superior a seis meses. l) Declaración xurada de non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada nos extinguidos organismos autónomos, de duración superior a seis meses. m) Declaración xurada de estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. EMENDAS 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a súa exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias. SEXTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: un xefe de Servizo ou Centro da Deputación de Pontevedra - Vogais: un funcionario técnico superior, un representante da Universidade e un representante do sector empresarial. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. SÉTIMA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. PRIMEIRA FASE: BAREMO DE MÉRITOS: Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 3,00 puntos, segundo a nota media calculada para as titulacións universitarias polo R.d. 1125/03, de 5 de setembro, e para os ciclos de formación profesional polo R.d 1147/2011, de 29 de xullo. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada polas referidas normas ou estas non se especifiquen, poderase establecer un sistema de valoración proporcional. b) Por ter realizado cursos universitarios de doutorado ou máster universitario de duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 2 puntos. c) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 1 punto. d) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,80 puntos. e) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,60 puntos. f) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,40 puntos. g) Por posuír unha titulación universitaria ou de formación profesional igual ou superior á esixida no expediente da bolsa á que opta 0,50 puntos por título ata un máximo de 1 punto (neste apartado non se terán en conta aquelas titulacións de nivel inferior que sexan necesarias para a obtención doutras de nivel superior). As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web, con ó menos tres días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. SEGUNDA FASE: ENTREVISTA PERSOAL: A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que acaden a maior puntuación total na fase de concurso e nunha porcentaxe que garanta un mínimo de tres candidatos por bolsa, e sen que poda superar o vinte por cento dos aspirantes admitidos, podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo, obxectivos profesionais, dispoñibilidade, etc., e permitirá comprobar a preparación dos candidatos en materias correspondentes a súa titulación nas empresas de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. Nas bolsas nas que se esixa como requisito imprescindible para poder participar o dominio de, a lo menos, un idioma convocarase a todos os aspirantes admitidos ou a porcentaxe indicada no apartado anterior para a realización, na fase da entrevista, dunha proba específica, destinada a valoración dos coñecementos lingüísticos requiridos. Esta proba xunto coa a entrevista non poderá superar os tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola maior puntuación acadada na nota media global do expediente académico. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo de 10 días hábiles, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e as propostas de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente para cada unha das bolsas convocadas, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. 6.- Os aspirantes seleccionados, por orde de maior a menor puntuación, deberán elixir a empresa na que desenvolverán as prácticas, entre aquelas que figuran no Anexo I como destinatarias das bolsas convocadas. Sen prexuízo de aplicar o sistema indicado no apartado anterior, na elección da empresa darase preferencia ós candidatos do plan anterior pendentes de reasignación por causa xustificada apreciada pola Comisión de Seguimento. 7.- Nos procesos en que se convoca máis dunha bolsa por titulación, a elección dunha empresa polo primeiro aspirante elimina esta opción para os restantes, e así sucesivamente ata esgotar as bolsas de dita titulación e empresas destinatarias. 8.- En atención as características ou perfil da bolsa convocada, con carácter excepcional e por razóns de urxencia, poderase recorrer os servizos públicos de emprego para a preselección de candidatos que reúnan os requisitos esixidos nestas bases. OITAVA: ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS O Servizo de RRHH e Formación á vista das actas das Comisións seleccionadoras constituídas por titulacións, e a elección realizada polos bolseiros nos procesos de máis dunha titulación, formulará as propostas de adxudicación das bolsas convocadas ó órgano competente para a resolución do procedemento, especificando bolseiros titulares e candidatos suplentes para os casos de renuncia, incumprimento de obrigas, incapacidade sobrevida ou calquera outra causa que implique a perda da condición de bolseiro. A resolución, que poña fin á vía administrativa, publicarase na páxina web da Deputación, con expresión da identidade do bolseiro, empresa de destino, contía das bolsas, duración e data de efectos. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da Resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora de dita xurisdición. NOVENA. CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de 3 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros 3 meses se o volume de actividade da empresa así o xustifica, podendo incluso en casos excepcionais ampliarse a un ano por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderá prorrogarse por Resolución Presidencial dando conta a Xunta de Goberno. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, excepto as indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a empresa. 3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da empresa onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, non podendo exceder dun máximo de 40 horas semanais. 4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa empresa na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin coa referida empresa. 5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde ESS/56/2013, de 28 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización a seguridade social para o ano 2013. 6. As bolsas que queden vacantes despois do período de prórroga non se cubrirán cos candidatos suplentes. DÉCIMA. XUSTIFICACIÓN E RENOVACIÓN DA BOLSA 1. Antes de que transcorran os últimos quince días do segundo mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar ó titor unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor emitirá informe de avaliación e proposta de prórroga, se procede, do que dará traslado, xunto coa memoria, ó Servizo de RRHH e Formación da Deputación para súa tramitación e cun mes de antelación á data prevista de finalización. 2. A Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. DÉCIMO PRIMEIRA. REVOGACIÓN E REINTEGRO DA BOLSA En calquera momento, a Xunta de Goberno poderá, a proposta das empresas e mediante resolución motivada, revogar a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento da empresa de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. Neste senso, daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorran algunha das seguintes causas: 1. Renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. 2. Renuncia da Empresa á bolsa solicitada e adxudicada. A renuncia quedará supeditada á existencia de motivos xustificados, previamente aceptados pola Deputación Provincial. De non existir causa xustificada penalizarase á empresa coa imposibilidade de participar en próximas convocatorias ou de obter calquera outro tipo de axuda ou subvención desta Institución, quedando sometidos ás responsabilidades e o réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de Subvencións. 3. Incumprimento das obrigas dalgunha das partes. No caso de incumprimento grave das obrigas esenciais por parte da empresa adxudicataria resolverase a bolsa, podendo adxudicarse a outra empresa que tivese solicitado dita titulación e estea en condicións de asumir o bolseiro afectado por esta situación polo tempo restante. 4. Baixa por incapacidade temporal ou maternidade de duración superior a quince días. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, poderá esixirse o reintegro total cando o beneficiario incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. En caso de renuncia da empresa á bolsa concedida sen causa xustificada a Deputación realizará as xestións oportunas para poder destinar o bolseiro a outra empresa, a fin de darlle continuidade á bolsa de prácticas convocada pola Deputación. Entre tanto a bolsa queda en suspenso durante un período que non poderá exceder de un mes e o bolseiro pasará a ocupar o primeiro lugar da lista de candidatos suplentes en dita titulación. De igual modo, procederase nos casos de resolución da bolsa por causas xustificadas non imputables ó bolseiro. Transcorrido un mes perderá o dereito a bolsa, e unicamente poderá acceder a unha nova bolsa por substitucións. DÉCIMO SEGUNDA. SUSPENSIÓN En caso de maternidade, enfermidade ou accidente, o bolseiro percibirá a prestación correspondente da Seguridade Social. En tal caso, a Deputación non complementará ningunha cantidade adicional á citada prestación. Dita situación non ocasionará a finalización das prácticas, salvo que a ausencia exceda de quince días. No suposto de que se supere dito prazo, a Deputación poderá dar por concluída a práctica laboral do bolseiro. DÉCIMO TERCEIRA. RENUNCIA No caso de que o bolseiro renuncie antes da finalización do período de prácticas, deberá presentar no Rexistro xeral da Deputación a correspondente solicitude dirixida ó Servizo de RRHH e Formación e informar previamente ó seu titor. En tal situación a empresa poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cun candidato suplente, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. DÉCIMO CUARTA. BOLSAS DESERTAS De non chegar a cubrirse o número total de bolsas convocadas para unha determinada titulación por falta de candidatos, as empresas afectadas poderán solicitar que se adxudiquen as bolsas vacantes que teñen outorgadas a aspirantes suplentes doutros procesos ou titulacións seguindo a orde de puntuación establecida. DÉCIMOQUINTA.- OBRIGAS E DEREITOS DO BOLSEIRO Son obrigas dos bolseiros os seguintes: 1. Incorporarse á empresa na data sinalada. 2. Respectar, en todo momento, a normativa da Empresa, seguindo as instrucións que lle sexan dadas pola mesma e cumprir o programa formativo. 3. Desenvolver unha actitude favorable para a súa integración na Empresa, e aplicarse con total dilixencia e aproveitamento. 4. Observar e cumprir o horario das prácticas co fin de non entorpecer o labor do persoal do Centro. 5. Cumprir as medidas de prevención que en cada caso se deban adoptar, pola súa propia seguridade e saúde e pola de aquelas outras persoas ás que poda afectar a súa actividade, a causa dos seus actos ou omisións. 6. Usar adecuadamente as máquinas, aparatos, ferramentas, sustancias perigosas, etc. que utilice no seu proxecto, de acordo coas instrucións do fabricante ou responsable do prácticas. 7. Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados pola empresa, de acordo coas instrucións recibidas. 8. Gardar con absoluto rigor o secreto profesional sobre cantas informacións podan chegar a coñecer en relación co proceso produtivo, sistemas técnicos empregados na empresa ou calquera aspecto económico ou comercial de análoga natureza. Así como a non explotar aqueles traballos realizados na práctica obxecto deste convenio, sen a autorización expresa, en ambos casos, da empresa. Este compromiso será válido, non só durante a práctica, senón tamén unha vez finalizada esta, por un período que, no seu caso, determinará a propia empresa. 9. Asistir ás accións formativas que organice a empresa dentro da xornada laboral relacionadas coas súas prácticas. 10. En caso de enfermidade ou accidente, o bolseiro deberá comunicar a súa situación á Empresa e á Deputación Provincial, presentando o oportuno parte médico xustificativo. 11. En caso de renuncia, o bolseiro quedará obrigado a comunicalo á Empresa e á Deputación Provincial con 3 días hábiles de antelación. 12. Achegar á Deputación unha copia da vida laboral actualizada transcorridos tres meses desde a finalización das prácticas. Son dereitos dos bolseiros os seguintes: 1. Ser informados sobre a forma de proceder en caso de emerxencia, primeiros auxilios ou evacuación. 2. Recibir formación en materia preventiva e sobre as instalación nas que se desenvolven as prácticas. 3. Desfrutar do permiso necesario para a realización de exames de carácter oficial, achegando a correspondente xustificación. 4. Desfrutar dun permiso de 2 días hábiles de descanso por mes de prácticas, que se poderán solicitar de forma independente por meses ou ó final do período. DÉCIMO SEXTA. RESPONSABILIDADES Os beneficiarios destas bolsas estarán sometidos ás responsabilidades e o réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos 52 a 69 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de Subvencións. DÉCIMO SÉTIMA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN Transcorridos tres meses desde o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. DÉCIMO OITAVA.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO. Para o desenvolvemento e control das prácticas constituirase unha comisión de seguimento, coa finalidade de resolver as incidencias e dúbidas que se produzan no seu desenvolvemento. A comisión estará presidida por un Deputado Provincial, ou persoa en quen delegue, e estará integrada por tres técnicos da Deputación. A comisión terá as seguintes competencias no desenvolvemento do programa de prácticas: 1. Garantir que as prácticas se corresponden cos compromisos asumidos pola empresa. 2. Resolver os problemas que se susciten na súa execución. 3. Propoñer medidas en relación ás incidencias que xurdan durante a realización das prácticas. A comisión reunirase cando así o considere necesario con calquera das partes, e como mínimo antes de que finalice o período de duración das prácticas. DÉCIMO NOVENA. DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.” ANEXO BOLSAS DESTINADAS A EMPRESAS SECTOR TURÍSTICO Nº EXP Nº DE BOLSAS TITULACIÓNS UBICACIÓN DAS EMPRESAS T1 6 CICLO SUPERIOR EN AXENCIAS DE VIAXES E XESTIÓN DE EVENTOS 1 Lalín 1 Ponteareas 1 Pontevedra 1 Silleda 1 Vilagarcia de Arousa 1 Vigo T2 6 CICLO SUPERIOR EN DIRECIÓN DE COCIÑA 1 Caldas de Reis 1 Marín 1 Moaña 2 Pontevedra 1 Vila de Cruces T3 1 CICLO SUPERIOR EN DIRECIÓN DE SERVIZOS DE RESTAURACIÓN 1 Agolada T4 2 CICLO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS 1 Meaño 1 Vilagarcia de Arousa T5 1 CICLO SUPERIOR EN ORGANIZACIÓN DO MANTEMENTO DA MAQUINARIA DE BUQUES E EMBARCACIÓNS 1 Sanxenxo T6 5 CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN DE ALOXAMENTOS TURÍSTICOS 1 A Estrada 3 O Grove 1 Poio T7 9 DIPLOMATURA/GRAO EN TURISMO/EMPRESAS E ACTIVIDADES TURÍSTICAS 1 Caldas de Reis 2 Meaño 1 Meis 1 O Grove 2 Sanxenxo 2 Vigo 14.22089.- DECLARAR DESERTO O EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA SUBMINISTRACIÓN E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTO INFORMÁTICO (CONCELLO DE LALÍN) DO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (PID/12/00726/2012000666) Como consecuencia da actual crise económica produciuse un descenso nos orzamentos municipais, manifestándose especialmente no capítulo de investimentos, o que impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público. Entre as competencias que as Deputacións teñen encomendadas, encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico- social e, en xeral, a administración dos intereses peculiares da provincia, segundo recolle o artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Co fin de permitir ós concellos levar a cabo os seus proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2012, acordou aprobar unhas bases reguladoras do Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación de Pontevedra para o ano 2012. Este proxecto conta cun investimento total de 18.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da provincia de Pontevedra cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes. O concello de Lalín, solicita acollerse a este plan, aportando a documentación requirida na base sétima da convocatoria e o proxecto “Adquisición de equipamento informático”, sendo aprobada a subvención por Resolución Presidencial de data 21 de decembro de 2012, e modificada por Resolución Presidencial de data 11 de xuño de 2013. Resultando que mediante acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do día 23 de xaneiro de 2014, aprobouse o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto da subministración, “Adquisición de equipamento informático” para o Concello de Lalín, do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra (PID/12/00726/2012000666). O orzamento de licitación ascende a cantidade de 55.000,00 €. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para esta contratación se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 23, de 4 de febreiro de 2014. Resultando que o prazo de presentacións de proposicións finalizou o 19 de febreiro de 2014. O citado procedemento aberto non se presentou ningunha proposta. Vista a Acta da Mesa de Contratación de data 15 de maio de 2014, na que se declara deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da subministración, “Adquisición de equipamento informático” para o Concello de Lalín, do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra (PID/12/00726/2012000666), por non presentarse ningunha proposta. Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia ó respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora da facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16.2.a, onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Declarar deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da “Subministración e adquisición de equipamento informático” para o Concello de Lalín, do Plan de Investimentos da Deputación de Pontevedra (PID/12/00726/2012000666), por non presentarse ningunha empresa ó devandito procedemento. 15.22090.- DECLARAR DESERTO O EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “COÑECE A TÚA PROVINCIA 2014” A Deputación de Pontevedra, coa finalidade de fomentar a convivencia, o enriquecemento cultural e o asociacionismo de distintos colectivos de persoas (maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, familias, menores, etc) a través de visitas guiadas a centros integrantes do Patrimonio da Deputación de Pontevedra e ós principais recursos turísticos da provincia, convocou, un ano máis, o programa “Coñece a túa Provincia 2014”, o custo para a Institución Provincial estimouse na cantidade máxima de douscentos trinta e oito mil cincocentos euros (238.500,00 €) IVE incluído, polo que, mediante informe, de data 18 de marzo de 2014, emitido pola xefa de negociado do Servizo de Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe, solicitouse que se iniciase a contratación da xestión, desenvolvemento e execución de dito programa. Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 28 de marzo de 2014, acordou aprobar o expediente de contratación e iniciar o procedemento aberto. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para esta contratación se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 66, de 4 de abril de 2014. Resultando que o prazo de presentacións de proposicións finalizou o 19 de abril de 2014. O citado procedemento aberto presentáronse dous licitadores. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión do 25 de abril de 2014, procedeu apertura dos sobres “B” no que se recollen os documentos que se valorarán mediante xuízos de valor. Neste mesmo acto, a Mesa de Contratación acordou trasladar a documentación aos técnicos do Servizo, o obxecto de que avaliasen e ponderasen a proposta ofertada seguindo os criterios de valoración establecidos nos pregos. Visto o informe de valoración da proposta presentada, emitido polos técnicos de Servizos Sociais e Promoción de Emprego, de data 8 de maio de 2014. Vista a Acta da Mesa de Contratación de data 14 de maio de 2014, na que se rexeitan as ofertas presentadas e se declara deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Coñece a túa Provincia” por non reunir as condicións esixidas nos pregos as dúas empresas admitidas o procedemento. Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó presidente para actuar como órgano de contratación con competencia ó respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R. d. l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora da facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16.2.a, onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Declarar deserto o procedemento aberto convocado para a contratación da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Coñece a túa Provincia 2014”, por non reunir as condicións esixidas nos pregos as dúas empresas admitidas a dito procedemento. 16.22091.- CESIÓN DOS DEREITOS E OBRIGAS DA EMPRESA ACTEXGA, S.L., COMO ADXUDICATARIA DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DO LOTES Nº4 DOS CURSOS DE FORMACIÓN INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO 3, 2ª QUENDA A FAVOR DA EMPRESA FORMACIÓN INTEGRAL ACTEX, S.L. Resultando que mediante acordo da Xunta de Goberno de 30 de outubro de 2013, adxudicouse á empresa Actexga SL (CIF B-36.939.874), o Lote nº4 do contrato para a impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando 3 2º quenda, que inclúe a impartición do seguinte curso: Curso: SSCB0211 Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (Pontevedra). Resultando que a empresa Actexga SL (CIF B-36.939.874), mediante escrito que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación o día 9 de abril de 2014 solicita o cambio de titularidade da empresa Actexga SL como adxudicataria do referido contrato a favor da empresa Formación Integral Actex SL (CIF B-27.795.319). Considerando que o artigo 226 do TRLCSP sinala o seguinte: Para que os adxudicatarios poidan ceder os seus dereitos e obrigacións a terceiros deberán cumprirse os seguintes requisitos: - Que o órgano de contratación autorice, de forma previa e expresa a cesión. - Que o cedente teña executado polo menos un 20 % do importe do contrato. - Que o cesionario teña capacidade para contratar coa Administración e a solvencia que resulte esixible. - Que a cesión se formalice, entre o adxudicatario e o cesionario, en escritura pública. Resultando que mediante escrito, que tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación o día 7 de maio de 2014, a empresa Formación Integral Actex SL, declara que se atopa capacitada para a execución do contrato posto que está avalada polo mesmo equipo técnico e medios materiais propostos por Actexga, SL e que se compromete a executar o contrato nos mesmos termos. Resultando que o xefe de xestión do Centro Príncipe Felipe informa que a empresa Actexga SL, ten executado o contrato en mais dun 20%. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Autorizar a cesión dos dereitos e obrigas da empresa Actexga, SL como adxudicataria do contrato para a impartición do lote nº4 dos cursos de formación incluídos no proxecto Aquelando3 - 2ª quenda que inclúe a impartición do Curso SSCB0211 “Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (Pontevedra)” a favor da empresa Formación Integral Actex S.L. (CIF B-27.795.319). A cesión deberá formalizarse en escritura pública, que deberá entregarse ó Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. 17.22092.- DAR CONTA DO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA RELATIVO Á CONSTRUCIÓN DUNHA PLANTA DE COMPOSTAXE A lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade á cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social en toda a provincia e a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, entre os que se atopan a recollida e tratamento de residuos. Así mesmo, de acordo co disposto no artigo 26.2.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, na redacción dada pola Lei 27/2013, de 13 de decembro, de racionalización e sostinibilidade da administración local, nos concellos de menos de 20.000 habitantes a Deputación coordinará a prestación dos servizos de recollida e tratamento de residuos; pola súa banda, o artigo 36.1.c) da citada Lei establece que é competencia da Deputación a prestación dos servizos públicos de carácter supramunicipal e, no seu caso, supracomarcal, e o fomento ou, no seu caso, a coordinación da prestación unificada de servizos dos concellos do seu respectivo ámbito territorial. En particular, asumirá a prestación do servizo de tratamento de residuos nos concellos de menos de 5.000 habitantes cando estes non procedan a súa prestación. Neste sentido a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha un Servizo Intermunicipal de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e xestión dos puntos limpos, que poida dar satisfacción a esta prestación obrigatoria para a Administración Local de xeito mancomunado, con economías de escala e garantindo a prestación uniforme nos Concellos que voluntariamente se incorporen a este proxecto. As obrigas legais, fixadas en diversos textos normativos, de aproveitamento dos restos orgánicos dos residuos municipais, están moi lonxe de poder cumprirse nas datas fixadas de manterse inmóbil a situación actual. O obxectivo de compostar, ó menos, o 25% da fracción orgánica antes do 2020 non se poderá acadar senón se dan xa pasos firmes e decididos nesta dirección. A posta en marcha do Servizo Intermunicipal é unha boa oportunidade para concretar e botar a andar medidas que avancen na dirección de acadar estes obxectivos. Neste aspecto, tanto a Deputación de Pontevedra como o Concello de Pontevedra teñen grande interese na instalación dun centro de tratamento de residuos municipais cos maiores avances e as maiores garantías medio ambientais. Separadamente os volumes e a dispersión dos Concellos adheridos ó Servizo Intermunicipal farían pouco viable unha planta só para os residuos municipais que xestione a Deputación e o escaso volume tería as mesmas limitacións para o Concello de Pontevedra. Sendo a provincia de Pontevedra a de máis densidade de poboación de toda Galiza e, polo tanto, con grande xeración de residuos municipais, non existe ningún centro de tratamento na provincia, obrigando así a grandes desprazamentos até o centro de Cerceda. Unha planta de compostaxe, aparte da reutilización (reciclaxe) que supón dos residuos orgánicos, necesarios para manter a fertilidade dos solos, utiliza estruturantes vexetais, colaborando a dar solución ó grave problema do exceso de biomasa dos nosos montes, favorecedora dos incendios, así como ós restos de podas, xardinería pública e privada, algas, etc. En aras da viabilidade da nova planta, resulta conveniente a colaboración entre Administracións e o tratamento conxunto dos residuos do Servizo Intermunicipal e do Concello de Pontevedra, formalizando dita colaboración a través do presente protocolo. Os protocolos de colaboración entre as Administracións Públicas constitúen o exercicio futuro dunha vontade, como paso previo a formalización do convenio de colaboración definitivo que é o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen o artigo 6 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o artigo 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e os artigos 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de administración local de Galicia. Por todo o exposto, de acordo co disposto na normativa vixente, a Xunta de Goberno queda enterada do protocolo de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra relativo á construción dunha planta de compostaxe na provincia de Pontevedra. O texto do protocolo é do seguinte teor literal: “PROTOCOLO ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA RELATIVO Á CONSTRUCIÓN DUNHA PLANTA DE COMPOSTAXE En Pontevedra, Pazo Provincial, a …. de maio de 2014 COMPARECEN Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación de Pontevedra. e, por outra, D. Miguel Anxo Fernández Lores, na súa condición de Alcalde-Presidente do Concello de Pontevedra. Ambas partes recoñécense mutuamente a capacidade para asinar este Procolo e, EXPOÑEN: 1.- Que a Deputación de Pontevedra está a poñer en marcha un Servizo Intermunicipal de recollida, transporte e tratamento de residuos domésticos e xestión dos puntos limpos, que poida dar satisfacción a esta prestación obrigatoria para a Administración Local de xeito mancomunado, con economías de escala e garantindo a prestación uniforme nos Concellos que voluntariamente se incorporen, que nestes momentos alcanzan o número de 20 cunha xeración estimada de residuos domiciliarios e asimilables de aproximadamente 34.000 tm por ano. 2.- Que tanto a Deputación de Pontevedra como o Concello de Pontevedra teñen o máximo interese na potenciación dos aspectos medioambientais da recollida e tratamento dos residuos municipais mediante a prevención, a redución, a reutilización e a reciclaxe, e pretenden avanzar na mellora de todas estas estratexias, ademais de dar un paso mais e cubrir un aspecto do que se carece na actualidade como é a compostaxe dos residuos orgánicos. 3.- Que sendo a provincia de Pontevedra a de máis densidade de poboación de toda Galiza, e, polo tanto, con grande xeración de residuos municipais, non existe ningún centro de tratamento na provincia, obrigando así a grandes desprazamentos até o Centro de Cerceda. 4.- Que unha planta de compostaxe, aparte da reutilización (reciclaxe) que supón dos residuos orgánicos, necesarios para manter a fertilidade dos solos, utiliza estruturantes vexetais, colaborando a dar solución ó grave problema do exceso de biomasa dos nosos montes, favorecedora dos incendios, así como ós restos de podas, xardinería pública e privada, algas, etc. 5.- Que o Concello de Pontevedra ten feito un esforzo grande na posta en valor do monte do seu termo municipal a través do Plan Monte Vivo, pretendendo dar un novo impulso á prevención de incendios forestais e ó aproveitamento racional da nosa riqueza forestal, obxectivo que comparte a Deputación Provincial. Ambas institucións entenden que unha planta de compost sería un importante paso adiante na consecución deste obxectivo. Avanzar nunha xestión das superficies forestais integrada no ciclo de tratamento/aproveitamento da materia orgánica, é un dos obxectivos deste protocolo; contemplase, polo tanto, a posibilidade de utilización do compost en certas áreas de monte para evitar a degradación dos solos e ordenar e mellorar a produción, tal como o estipule a lexislación vixente. 6.- As obrigas legais, fixadas en diversos textos normativos, de aproveitamento dos restos orgánicos dos residuos municipais, están moi lonxe de poder cumprirse nas datas fixadas de manterse inmóbil a situación actual. O obxectivo de compostar, ó menos, o 25% da fracción orgánica antes do 2020 non se poderá acadar senón se dan xa pasos firmes e decididos nesta dirección. A posta en marcha do Servizo Provincial é unha boa oportunidade para concretar e botar a andar medidas que avancen na dirección de acadar estes obxectivos. 7.- Que tanto a Deputación de Pontevedra como o Concello de Pontevedra teñen grande interese na instalación dun Centro de Tratamento de residuos municipais cos maiores avances e as maiores garantías medio ambientais. Separadamente os volumes e a dispersión de Concellos adheridos ó Servizo Intermunicipal farían pouco viable unha planta só para os residuos municipais que xestione a Deputación e o escaso volume tería as mesmas limitacións para o Concello de Pontevedra. 8.- En aras da viabilidade da nova planta, resulta conveniente a colaboración entre Administracións e o tratamento conxunto dos residuos do Servizo Intermunicipal e do Concello de Pontevedra. En base ó manifestado, acordan a sinatura deste Protocolo coas seguintes CLAÚSULAS 1.- A Deputación de Pontevedra comprométese, no prazo máximo de tres meses, a iniciar os trámites administrativos e técnicos necesarios para valorar a viabilidade da construción e explotación dunha planta de compostaxe na provincia que trate residuos orgánicos e restos vexetais. 2.- Esta planta provincial de tratamento de residuos municipais, de ser o caso, instalarase na ubicación máis axeitada tendo en conta parámetros ambientais, redución de desprazamentos, dispoñibilidade de monte próximo para a súa limpeza e aproveitamento da biomasa, dispoñibilidade de servizos, e calquera outra condición que puidera deducirse dun exhaustivo estudo técnico, sendo responsabilidade do Concello de Pontevedra por a disposición da Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para implantar dita planta así como as edificacións anexas que fosen necesarias. 3.- O Concello de Pontevedra comprométese a enviar a esta planta provincial, como mínimo, os residuos orgánicos que separará en orixe, que en ningún caso será inferior ó 25% da FORM do concello. A posibilidade de enviar outras fraccións queda supeditada ás características técnicas e administrativas que resulten do proceso de posta en marcha. 4.- A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra comprométense a colaborar coas Xuntas de Montes e demais propietarios para a limpeza, mellora da produtividade, xestión dos residuos vexetais, achegas á planta de compostaxe, e utilización do compost, achegando os medios precisos para colaborar no bo estado dos montes e na prevención de incendios. Parte dos custes que a integración da xestión do monte no ciclo de orgánicos e restos vexetais, na medida do posible, serán incorporados ós gastos xerais da planta, na proporción que os estudos técnicos e de viabilidade determinen, e en función dos convenios de colaboración que os Órganos de Xestión da futura planta, poidan establecer coas diferentes comunidades de montes veciñais en man común, que o soliciten. 5.- A Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra colaborarán nas campañas de sensibilización cidadá, tanto sobre a importancia da boa separación en orixe para abaratar o proceso e acadar unha boa calidade final, como sobre a necesidade de aproveitamento da materia orgánica e vexetal para mellorar os nosos solos e evitar a súa degradación. 6.- O Concello de Pontevedra comprométese a aboar as cantidades que se fixen na Ordenanza Provincial correspondente, elaborada en función da repercusión de custos do Servizo Provincial de Recollida e Tratamento de residuos municipais, e nos termos e prazos que tal Ordenanza determine. 7.- Crease unha Comisión de Seguimento bilateral con dous membros por cada unha das institucións asinantes para o seguimento e impulsión de todos os trámites obxecto deste Protocolo, especialmente aquelas relativas á posta en funcionamento da planta de compost. 8.- En canto o proceso avance e teña a suficiente concreción e, en todo caso, nun prazo máximo de 9 meses, este Protocolo, coas determinacións precisas que se deriven da posta en marcha do proceso acordado nestas cláusulas, elevarase a un Convenio de Adhesión do Concello de Pontevedra á Planta Provincial de Xestión e Tratamento de Residuos Municipais, onde se concretarán posibles fórmulas de xestión futuras e outros aspectos. 9.- Queda aberta a posibilidade de que outros Concellos poidan incorporarse a este proceso, tanto na fórmula de adhesión á recollida e tratamento, como na de adhesión só á de tratamento. En todo caso esta posibilidade queda condicionada á capacidade da planta, e a correcta separación do FORM e resto de fraccións. E, como proba de conformidade, asinan o presente PROTOCOLO, na data e lugar sinalados no encabezamento. Asinado, D. Rafael Louzán Abal D. Miguel Anxo Fernández Lores” 18.22093.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 11.22036 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 30/04/2014 No acordo adoptado pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o 30 de abril do 2014, referente á aprobación da modificación das Bases reguladoras das accións formativas a través do proxecto aQuelando3, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, advertiuse un erro no apartado “Financiamento”, referente a cantidade destinada as axudas do proxecto aQuelando3. Considerando que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio, os erros existentes nos seus actos, todo iso segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o acordo 11.22036 relativo a modificación das bases reguladoras das accións formativas a través do proxecto aQuelando3, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no sentido seguinte: Onde di: “Obxecto”. “O desenvolvemento destas axudas quedará supeditado ó orzamento establecido para a prestación directa de axudas no Proxecto aQuelando3, con base á partida orzamentaria 14/232.242.481.01 sendo a cantidade total de 1.122.357,62€, dos cales: 664.030,85€ corresponde para o ano 2014 e 458.326,80 € corresponden para o ano 2015”. Deberá dicir: “Obxecto”. “O desenvolvemento destas axudas quedará supeditado ó orzamento establecido para a prestación directa de axudas no Proxecto aQuelando3, con base á partida orzamentaria 14/232.242.481.01 sendo a cantidade total de 1.274.508,81€, dos cales 787.427,33€ corresponden para o ano 2014 e 393.713,67€ corresponden para o ano 2015, quedando estas cantidades condicionadas á aprobación dos seus respectivos orzamentos”. 19.22094.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚM. 10.22055 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 09/05/2014 Detectado un erro no acordo núm. 10.22055 adoptado pola Xunta de Goberno do día 9 de maio de 2014, a Xunta de Goberno, de conformidade co disposto no artigo 105.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, acorda por unanimidade: Corrixir o erro no acordo núm. 10.22055.- “Recoñecemento da obriga e declaración de aboo, polo procedemento extraxudicial de crédito, da subvención concedida á Asociación veciñal, cultural e deportiva “Celado” (CIF: G36117315) do Concello de Mos para realizar a obra denominada: Mellora de accesibilidade e seguridade no local da AA.VV. Celado”, incluída no Programa de Acción Comunitaria 2012 (núm. exp. 2012000891), de xeito que: Onde di: “…. Este libramento farase con cargo á aplicación 14/942.459.789.07.2012 do vixente orzamento provincial”. Debe dicir: “…. Este libramento farase con cargo á aplicación 14/942.459.789.07.2013 do vixente orzamento provincial”. 20.22095.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición