Fondos
2010-09-10_Extraordinaria. Acta de sesión 2010/09/10_Extraordinaria
Acta de sesión 2010/09/10_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/2.2010-09-10_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2010/09/10_Extraordinaria
Data(s) 2010-09-10 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 47 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 10 de setembro de 2010 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e oito minutos do día dez de setembro do ano dous mil dez, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Carlos Comesaña Abalde, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Salvador González Solla, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Perfecto Rodríguez Muíños, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Moi bos días. Damos comezo ó Pleno extraordinario, que correspondería ó mes de agosto celebralo, e que celebramos, evidentemente, no día de hoxe. 1.5984.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- O primeiro punto é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xullo de 2010. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Apróbase. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xullo de 2010. 2.5985.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO DE TRAZADO Sr. Presidente.- O punto número 2. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Acceso oeste a Montecelo. Tramo II: estrada PO-223 Porta do Sol-N-550 Avda. Médico Ballina”, aprobación do proxecto definitivo do trazado, que consiste no seguinte, este segundo tramo denominado “Acceso oeste a Montecelo”, é o que permite completar o vial que conectará a N-550 con Monteporreiro e de aquí conectar coa N-540 e o acceso ó Hospital Montecelo. Dende o punto de vista técnico-administrativo, o que presentamos hoxe ó Pleno é a aprobación do proxecto de trazado, previo ó proxecto construtivo definitivo. Co obxecto de acurtar, na medida do posible, os prazos para ver rematada esta infraestrutura acometéronse, estanse levando a cabo diversos trámites imprescindibles, que son os seguintes: Aprobación por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, da declaración de impacto ambiental; A contratación da asistencia técnica para realizar os traballos de campo necesarios para dotar os documentos de expropiacións, e a atención personalizada a todos os veciños que acuden a esta Deputación a interesarse por este proxecto. Coa aprobación do anteproxecto de trazado, vaise a proceder de forma inmediata á redacción do proxecto construtivo. O que hoxe aprobamos é fundamental debido a que o remate desta actuación, da construción desa nova ponte, e o remate das obras que están en execución neste momento, permitiría conectar coa estrada que vén de Campo Lameiro, e que a súa saída na confluencia coa estrada que nos leva a Santiago pois non é o mellor punto de saída, por iso esta proposta que hoxe traemos, que foi consensuada, evidentemente, co concello de Pontevedra, é clave no desenvolvemento desta infraestrutura vital para Pontevedra, e de aí que queremos acurtar e dalgunha maneira adiantar todos os prazos posibles, a efectos de que practicamente, incluso antes de rematar a actuación que se está a acometer neste momento, poidamos dar inicio xa a esta, bueno, pois continuación que nos leve á mellora definitiva desta importantísima infraestrutura que se constrúe, para Monteporreiro en particular, pero como comunicacións de toda Pontevedra e municipios que colindan nesta zona. ¿Algún comentario?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Ben, destacaría dúas cousas neste expediente, por un lado que cando hai interese e vontade de facer as cousas ben, con colaboración interadministrativa, pois se pode chegar a moi bo porto e se poden resolver os asuntos. Isto é froito dun acordo plasmado nun convenio, que parcialmente está modificado por un acordo aínda non traído a este Pleno, pero que supoño que chegará nalgún momento, que permite á Deputación disfrutar xa, do edificio de aí do lado, e que permite que a Deputación aumente a súa rede viaria cunha nova infraestrutura, a proposta de trazado, despois de darlle moitas voltas, no concello, axustado pola Deputación de pleno acordo. Incluso a, digamos que a súa propia traxectoria de tramitación, pois leva incluso a que teña un nome que non é correcto, que é iso de acceso oeste a Montecelo, porque fora naquel momento no que se quería meter no proxecto sectorial de Montecelo para axilizar os trámites. Ó final non foi e quedou o nome cando realmente isto é, como se é Monteporreiro-Médico Ballina, ninguén concibiu isto nunca coma unha circunvalación, nin unha ronda, nin nada, simplemente como iso que é extraordinariamente necesario. Nestes momentos entre Monteporreiro e o Mosteiro de Lérez pois hai 800 metros, e resulta que para ir en coche, en dúas zonas moi densamente poboadas, hai que pensar 6.000 en Monteporreiro e 3.000 en Lérez, que xa é, estamos falando dun concello de poboación nutrida, pois resulta que había que dar unha volta pois de dez, doce ou quince quilómetros, cando estaban a 800 metros. Ben, o acerto á parte das vantaxes, incluso do trazado e de todo, incluso se ve nas alegacións, ¿non?. Nun principio, segundo o expediente hai 27, vai haber 27 expropiados, e só alegaron tres e ningún deles se opón a que se constrúa, e incluso colectivos como a Comunidade de Montes de Lérez, etc., e que podería facer alegacións colectivas e demais, pois hai tres alegacións, e das tres ningunha se opón a que se faga ese vial, senón que se faga cunha corrección, que se protexa mellor ou que se faga algún muro e demais, co cal eu creo que o que nos queda é felicitarnos por, todos, por ter levado a bo porto este vial que o día que estea executado, agardemos que sexa moi pronto, vamos a ver, vaise a comprobar a súa eficacia en canto a prestar servizos a eses dous barrios e incluso a toda a zona, porque non só é eses dous barrios senón que dende a Ponte dos Tirantes ata Bora non hai ningún paso sobre o río, hai 9 quilómetros, co cal este vén a resolver esa deficiencia que cremos que é francamente positiva. Obviamente, como fixemos no resto da tramitación vamos a votar a favor. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Coincidimos plenamente na súa exposición, incluso nese tema, que a denominación non é a correcta, pero bueno, como quedou así dende o principio, a verdade é que a denominación do nome debería ser outra, pero vamos, foi a que consensuamos entre todos no inicio, pola xustificación da urxencia do tema de Montecelo, pero creo que o importante tamén é, evidentemente, que aceleremos en todo o posible, o cal xa digo, dende aquí estamos moi pendentes, sei que tamén dende o concello así é, para que esa infraestrutura, pois conleve a que non só se inaugure ou se abra, que é o importante, a ponte máis o tramo actual, senón que se abra evidentemente con este nome engadido que conleva esta mellora. A maiores tamén, dicilo aquí, que esperamos contar coa colaboración do Ministerio de Fomento, non para que financie nada, senón para que no acceso á N-550 de Avda. Médico Ballina, nos dean autorización para a súa conexión. Polo tanto, esperamos que por parte, como digo, do Ministerio de Fomento se nos dea autorización para ese punto de conexión nesa grande rotonda que existe aí, e que con iso xa digo, que si dalgunha maneira se dá un paso importante na mellora das comunicacións de Pontevedra e a súa área de influencia. Non habendo máis, polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A favor todos os grupos. O proxecto "ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA”, que foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación Provincial o 30 de novembro de 2007, é froito dun Convenio de colaboración subscrito no seu día entre a Deputación Provincial e o concello de Pontevedra, sendo incluída a devandita obra dentro do plan de vías provinciais -período 2007/2011-. As dificultades técnicas que plantexaba a que nun futuro se chamará EP-0020 determinaron a súa tramitación por fases, estando a primeira delas, que conleva a construción dunha nova ponte sobre o río Lérez, actualmente en execución; nesta segunda fase o proxecto define as obras necesarias para conectar a PO-223 coa N-550 Avda. Médico Ballina, dando desta forma continuidade ó eixe que partindo da Avda. de Bos Aires e atravesando o río Lérez accede á Porta do Sol (PO-223). Dende un aspecto funcional o trazado do tramo II atópase situado ó noroeste da cidade de Pontevedra, e consiste nunha estrada duns 500 metros de lonxitude que parten dunha glorieta na estrada autonómica PO-223 finalizando noutra na confluencia coa estrada N-550. Ó tratarse dun viario de nova construción e estar incluído no anexo I do Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Avaliación Ambiental de Proxectos, redactouse un estudo de impacto ambiental conforme coa normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicable. Sometido ó trámite administrativo correspondente, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu, o pasado 22 de xullo do 2010, a correspondente Declaración de Impacto Ambiental do citado proxecto, sinalando unha serie de medidas que serán recollidas no proxecto construtivo. Logo da tramitación ambiental do proxecto de referencia cómpre resolver as distintas alegacións presentadas ó trazado “ACCESO OESTE A MONTECELO TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA”, durante o período de exposición pública; é por iso que á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas e de acordo co ditame da Comisión de Infraestruturas e Servizos Xerais, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro. A resolución das alegacións presentadas ó proxecto de trazado “ACCESO OESTE A MONTECELO TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA “, segundo o seguinte detalle: a) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Don Antonio Vázquez Iglesias, xa que ante a presenza dunha vivenda na zona estudarase a posibilidade de alcanzar un acordo sobre a construción dun muro de contención no devandito tramo de estrada, sempre que tecnicamente sexa viable, que permita minorar os efectos que o novo viario puidese ocasionar sobre a citada vivenda. b) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Julia Filgueira Eiras e Don Ernesto Filgueira Eiras -alegacións idénticas no seu contido- de acordo cos seguintes fundamentos técnicos e xurídicos: Resumo das alegacións (I a V): Incumprimento do preceptuado nos artigos 4 e seguintes, 14, 16.3 e 15.1 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia. - Indefinición da utilidade pública do vial. - Inexistencia dun estudo de impacto ambiental. - Ausencia dun plan previo de estradas. Motivación da desestimación: No avance do planeamento do concello de Pontevedra detéctase como unha das carencias fundamentais do municipio a deficiente accesibilidade á zona este do mesmo, a Monteporreiro e ó Complexo Hospitalario de Montecelo. Para solucionar esta deficiencia planificouse un anel interior que permite completar os novos accesos a Monteporreiro e enlazar esta zona este do municipio, na marxe sur do río Lérez coa parroquia de Lérez e a N-550. Para iso no avance do PXOM procedeuse ó establecemento dun eixo que partindo da Avda. de Bos Aires ó sur e atravesando o Río Lérez, consegue acceder á Porta do Sol (PO-223) para continuar dende este punto ata a estrada N-550 (Avda. Médico Ballina). É por iso que con este proxecto preténdese dar continuidade á fase I actualmente en execución, evitar a conxestión actual dos viarios existentes e estruturar un complemento á rede viaria da cidade de Pontevedra, levando implícita unha mellora da seguridade viaria ó desviarse o tráfico do centro da cidade, eliminando en consecuencia o risco derivado do mesmo. Por outra banda, de non executarse o novo viario, limitaríase a comunicación co importante barrio de Monteporreiro, núcleo de poboación en continuo crecemento. Sen prexuízo do manifestado no parágrafo anterior, a construción dun novo viario ten a consideración de obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, mentres que a utilidade pública da obra deriva do xogo combinado do artigo 10 da Lei de Expropiación Forzosa, o artigo 94 do Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local e do artigo 101 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, preceptos que dispoñen que a utilidade pública enténdese implícita na aprobación de obras ou servizos incluídos en plans ou proxectos municipais ou provinciais, tal e como acontece co presente proxecto, que tamén contén a relación de propietarios e bens afectados polas obras de referencia. Ademais a competencia para a aprobación deste proxecto pola Deputación Provincial de Pontevedra non só é corolario do principio de autonomía local das Entidades Locais senón que é referendado, entre outros, no artigo 8 da Lei de Estradas de Galicia que sinala que Correspóndelle ás Entidades Locais o exercicio das seguintes competencias…a construción…dos tramos de rede viaria da súa titularidade… En calquera caso é preciso recordar que a aprobación definitiva dun proxecto de trazado dunha nova estrada comportará a revisión ou modificación do planeamento urbanístico existente, que deberá acomodarse ás determinacións daquel. En relación ó Plan de Vías Provinciais, lembrar que o mesmo establece as prioridades orzamentarias da Deputación en materia de estradas para o período concreto 2007-2011, que no presente expediente atopámonos ante a execución directa dun proxecto de infraestruturas que foi aprobado -por unanimidade dos tres grupos políticos- polo Pleno da Corporación Provincial, que está recollido no avance do Plan Xeral do concello de Pontevedra e que conta co informe favorable de todos os organismos consultados. No referente á alegación relativa á ausencia dun estudo de impacto ambiental, sinalar que o devandito estudo foi redactado no seu día conforme á normativa comunitaria, estatal e autonómica e que, sometido ó preceptivo trámite administrativo, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu, o pasado 22 de xullo do 2010, a correspondente Declaración de Impacto Ambiental do citado proxecto, sinalando unha serie de medidas que serán recollidas no proxecto construtivo. En relación ás derradeiras consideracións efectuadas nos seus escritos de alegacións manifestar que se estudará a posibilidade de alcanzar un acordo sobre a construción dun muro de contención no devandito tramo de estrada, sempre que tecnicamente sexa viable, que se posibilitará o acceso das leiras colindantes co viario e que a afección sobre as mesmas será a estritamente necesaria para a correcta execución das obras. Segundo. A aprobación definitiva do proxecto de trazado "ACCESO OESTE A MONTECELO. TRAMO II: PO-223 PORTA DO SOL-N-550 AVDA. MÉDICO BALLINA” que ten por obxecto dar continuidade ó eixo que partindo da Avda. de Bos Aires ó sur e atravesando o Río Lérez mediante unha ponte, consegue acceder á Porta do Sol (PO-223) para continuar dende este punto ata a estrada N-550 (Avda. Médico Ballina) e desta forma evitar a conxestión actual dos viarios existentes e estruturar un complemento á rede de estradas da cidade de Pontevedra, levando implícita unha mellora da seguridade viaria ó desviarse o tráfico do centro da cidade, eliminando en consecuencia o risco derivado do mesmo. 3.5986.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ENSANCHE E MELLORA DA EP 8002 CALDAS-SAN CLEMENTE (TRAMO CALDAS-ABOI)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 3. Resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Ensanche e mellora da EP 8002 Caldas-San Clemente (Tramo Caldas-Aboi)”, aprobación definitiva do proxecto. Aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. Esta tamén é unha obra moi importante, que dalgunha maneira reivindicada, dende fai moito tempo, polos veciños de San Clemente, e que, finalmente unha vez que foi feita a variante de Caldas vai a permitir solucionar pois algún que outro problema de trazado, sobre todo nesta carretera provincial, que necesitaba desta mellora. Por iso que o que hoxe aprobamos, como digo é de vital importancia para Caldas, incluso os municipios de arredores, como pode ser Cuntis tamén, pero para estes lugares que están nesta zona que o acceso era pois difícil, complicado, así é que, de feito na inversión que se pretende acometer alí, unha inversión importante por parte tamén da Deputación. Por iso non sei se hai algún comentario ou algunha pregunta, senón como digo, procedemos tamén á aprobación da resolución das alegacións presentadas a esta importante actuación que vamos acometer no municipio de Caldas. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Ensanche e mellora da EP 8002 Caldas-San Clemente (tramo Caldas-Aboi)” , que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.063.252,70 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 748.694,70 euros, reposición de servizos 49.100,00 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 265.458,00 euros, ten por obxecto definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria no tramo de estrada comprendido entre Caldas e Aboi, cunha lonxitude de 2.043 metros, xa que o estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla distintas solucións en función do tramo de estrada e do estado da mesma. Así na primeira parte, que discorre polo núcleo urbano de Caldas de Reis, respectaranse as aliñacións previstas no correspondente instrumento de ordenación urbanística e, nalgúns casos, mantense o ancho entre edificacións existentes. Na metade do trazado, no cruzamento co viaduto da variante de Caldas, proxéctase eliminar unha curva de radio moi pequeno e sección reducida, actuación que leva á realización dunha nova obra de fábrica sobre o rego de Rabexe. No resto de trazado levarase a cabo unha ampliación da plataforma con sete metros de calzada e dúas beiravías de 0,50 metros cada unha, rectificando o trazado dalgunhas curvas. Someténdose a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 86, de data 7 de maio de 2010, no taboleiro de anuncios do concello de Caldas, en varios xornais da localidade, notificándose individualmente ós afectados a apertura do devandito período de información pública e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1.- A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: a) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. Fernando Manuel Fojo González, Dona Gabriela Fojo González e Dona María del Carmen Fojo Bugallo, finca nº 94742/44, xa que aínda que o proxecto contempla unha distribución de cargas de acordo coas esixencias técnicas do mesmo procederase á revisión da afección definitiva sobre a súa propiedade que virá determinada polo xogo combinado do reformulo da obra, do ancho existente entre edificacións e das aliñacións previstas no correspondente instrumento de ordenación urbanística. Por outra banda as cuestións relativas á valoración do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. b) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. José Alberto Guimarey Formoso, finca nº 94742/45, xa que aínda que o proxecto contempla unha distribución de cargas de acordo coas esixencias técnicas do mesmo, procederase á revisión da afección definitiva sobre a súa propiedade que virá determinada polo xogo combinado das licenzas urbanísticas que obran no seu poder nº 097/06, de data 21 de setembro de 2006, e nº 88/09, de data 14 de xullo de 2009, da acta de cesión asinada o 5 de setembro de 2006, do reformulo da obra, do ancho existente entre edificacións e das aliñacións previstas no correspondente instrumento de ordenación urbanística. Por outra banda as cuestións relativas á valoración do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. c) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Dona Dolores Formoso Fojo, fincas nº 94742/42 e 94742/43, xa que aínda que o proxecto contempla unha distribución de cargas de acordo coas esixencias técnicas do mesmo, procederase á revisión da afección definitiva sobre a súa propiedade que virá determinada polo xogo combinado do reformulo da obra, do ancho existente entre edificacións e das aliñacións previstas no correspondente instrumento de ordenación urbanística. Por outra banda as cuestións relativas á valoración do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. d) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Delia Castro Barros, fincas nº 95/45, 45/540, 45/446, 45/441 e 45/409 xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade vial nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; tendo en conta esa premisa o devandito proxecto -que parte dun trazado xa existente- contempla unha xusta distribución de cargas entre todos os propietarios afectados de acordo coas esixencias técnicas do mesmo; a modo de exemplo, as leiras situadas enfronte da súa parcela nº 45/441(en concreto as nº 41/670, nº 41/671 e nº 41/1021) tamén resultan afectadas polo ensanche do viario. Neste punto é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia. En relación ó resto de asuntos plantexados sinalar que a Administración só pode valorar os bens que existen ó tempo de iniciarse o expediente de xustiprezo e que estes serán detallados pormenorizadamente no levantamento de actas previas á ocupación. Por outra banda as cuestións relativas á perda de valor do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. e) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Dolores Pereira Rey, fincas nº 95/275 e 95/222 xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade viaria nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; tendo en conta esa premisa o devandito proxecto -que parte dun trazado xa existente- contempla unha xusta distribución de cargas entre todos os propietarios afectados de acordo coas esixencias técnicas do mesmo. Neste punto é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia; pola súa banda as cuestións relativas á valoración do terreo debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, mentres que o resto de bens afectados(como as árbores froiteiras ás que fai referencia a propietaria) serán detallados pormenorizadamente no levantamento de actas previas á ocupación. En canto ó acceso á leira, esta Administración terá en conta as características orográficas do terreo ó obxecto de manter a súa funcionalidade. f) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por D. Enrique García Silva, finca nº 45/248, xa que a reposición do peche afectado levarase a cabo pola empresa adxudicataria do proxecto de acordo co disposto no artigo 39.2 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, sempre que tecnicamente sexa posible, ofrecendo en caso contrario unha indemnización económica. Pola súa banda as cuestións relativas á valoración do terreo, da parra e o posible demérito que poida sufrir a propiedade a consecuencia do ensanche da estrada, debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo; o resto de bens afectados (como as cepas e postes ós que fai referencia o propietario) serán detallados pormenorizadamente no levantamento de actas previas á ocupación. g) Desestimar as alegacións presentadas por D. Paulino, D. Eduardo, Dona Isabel Clara, D. Alfonso e Dona María Covadonga García-Toraño Martínez xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade viaria dunha estrada de grande importancia para a zona, polo que nunha materia na que está en xogo a vida dos condutores e peóns que transitan polo devandito viario a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada; por iso non cabe dúbida que no presente expediente concorren os requisitos de excepcionalidade e motivación que a xurisprudencia vén esixindo nas expropiacións tramitadas polo procedemento de urxencia. Neste punto tamén é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia. Respecto das cuestións de carácter formal plantexadas polos propietarios basta sinalar, para motivar o seu rexeitamento, que nas expropiacións tramitadas polas Entidades Locais, a Deputación Provincial de Pontevedra entre elas, a aprobación dos proxectos de obras levará implícita a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación de acordo co disposto nos artigos 10 e 17.2 da Lei de Expropiación Forzosa, o artigo 101 do Regulamento ou no artigo 94 do Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local, polo que a apertura do período de información pública sen necesidade de obter a declaración de urxente ocupación axústase ó procedemento legalmente establecido; é máis, a Orde da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, de 7 de decembro de 1983, sobre urxente ocupación de bens nas expropiacións levadas a cabo polas Entidades Locais, esixe, entre outros documentos, que se achegue certificación do resultado da información pública, copia das alegacións presentadas durante ese período e o acordo do Pleno da Corporación adoptado respecto diso co fin de obter a declaración de urxente ocupación por parte da Xunta de Galicia. Doutra banda nada impide que no mesmo Pleno se acorde a aprobación do proxecto e o inicio do expediente de expropiación derivado do mesmo, podendo ata aprobarse baixo condición de incoación do devandito procedemento; é máis, razóns de economía administrativa aconsellan este tipo de actuación. En canto ó erro existente na cualificación urbanística da leira en cuestión, xa se procedeu a emendar o mesmo figurando a parcela nº 95745/27 como solo urbano. En relación á colisión de intereses da que falan os propietarios, non cabe dúbida que neste expediente prevalece o interese público dun proxecto de mellora da seguridade viaria tendo en conta, ademais, as seguintes consideracións: Primeira. O ancho do viario contemplado no proxecto correspóndese coas aliñacións previstas nas normas subsidiarias do concello de Caldas de Reis, polo que a ocupación dos bens e dereitos prevista é a necesaria para levar a bo termo as determinacións previstas no devandito instrumento de ordenación urbanística. Neste punto o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, do mesmo xeito que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolven e nos instrumentos de ordenación aprobados con arranxo á mesma”. Segunda. A Lei de Expropiación Forzosa e o seu Regulamento contemplan expresamente a posibilidade da expropiación de bens de valor artístico, histórico e arqueolóxico, establecendo unha serie de particularidades que serán tidas en conta no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo. Terceira. Coa execución do proxecto non se afecta directamente o edificio singular Villa Augusta, senón que o muro existente será obxecto de retranqueo e reposición de acordo coas prescricións técnicas que, respecto diso, impoña a Consellería de Cultura e Turismo. Cuarta. De acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, as obras de construción, reparación ou conservación de estradas son obras públicas de interese xeral e a súa execución, sempre que se realice de acordo cos proxectos aprobados, “…únicamente poderá ser suspendida pola autoridade xudicial”, o que pon de manifesto a prevalencia deste tipo de actuación sobre calquera outra. 2.- A aprobación definitiva do proxecto “Ensanche e mellora da EP 8002 Caldas-San Clemente (tramo Caldas-Aboi)”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.063.252,70 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 748.694,70 euros, reposición de servizos 49.100,00 euros e capítulo de expropiacións nunha contía que ascende a 265.458,00 euros. 3.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. 4.- Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria no tramo de estrada comprendido entre Caldas e Aboi, cunha lonxitude de 2.043 metros, xa que o estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. ANEXO Parcela Políg. Parcela Propietario Dirección Tipo de terreo Superficie (m2) Outros Bens 96 6 Manuel Aboy Núñez Nodar nº 13- San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 32 96 7 Francisco Silva Poza Nodar nº 8- San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 193 96 8 Josefa Barros Brey c/ Real nº 41 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 31 96 9 Descoñecido Solo rústico 15 96 200 José Fresco Ande La Veiga nº 56 Rabexe. San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 179 140 m2 peche mampostería 96 207 Descoñecido Solo rústico 250 96 312 Descoñecido Solo rústico 51 96 311 Descoñecido Solo rústico 133 96 208 Satiro Senín Touceda Andrés Senín Touceda Fernando González Souto Mª Luisa de la Cruz Pazos Socorro Rodríguez Fojo Alhóndiga, 3. Santo Tomás Paradivas, 36653 Caldas de Reis Solo rústico 1.261 96 208-A Manuel Marán García Alhóndiga, 3 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 307 108,90 m2 peche mampostería 96 208-B Teresa Rodríguez García A Veiga nº 25. Caldas de Reis 214 96 208-C Manuela Encarnación Ortigueira Nodar nº 1 San Andrés. Caldas de Reis. 20 96 288 Descoñecido Solo rústico 20 96 289 José Candán Muñiz Concepción Candán Muñiz Avda. Dolores Mosquera nº 19. 1º C. 36650 Caldas de Reis Solo rústico 16 45 248 Enrique García Silva Torrecedeira nº 25 1º A 36202 Vigo Solo de núcleo rural 67 26 m2 peche mampostería 45 386 Severina Fernández Barros Aboi, 23 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 36 45 387 Julia Barros Brey Lantaño, Rial 4 36657 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 94 45 389 Santiago Esperón Martínez Cruceiro nº 26- A. Briallos. 36658 Portas Solo de núcleo rural 53 45 390 Julia Fresco González María Jesús Ortigueira Fresco Veiga, 30 – Santo Tomas 36650 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 37 45 391 Julia Iglesias Fernández Aboi, 6 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 52 45 392 Amalia Fojo Aboy Aboi nº 16- San Andrés. 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 29 45 393 Herminda Romero Ortigueira Nodar, 12 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 25 45 394 Carmen Rey Silva c/ Nodar nº 52 36650 - Caldas de Reis Solo de núcleo rural 26 45 405 José Iglesias Fernández Faramentáns nº5 - San Clemente 36650 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 19 45 406 Carmen Barros Brey Aboi, 8 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 12 45 407 Carmen Barros Brey Aboi, 8 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 10 45 408 Rosa Barros Brey Aboi, 46 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 23 45 409 Delia Castro Barros Aboi, 9 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 7 45 410 Descoñecido Solo de núcleo rural 15 45 411 José Ortigueira Caeiro Solo de núcleo rural 17 45 412 Joaquín Aboy Núñez c/ Aboi nº 37 36650 - Caldas de Reis Solo de núcleo rural 13 45 413 Bernardino Martínez García e Elvira Rodríguez Ortigueira Aboi, 12 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 9 45 414 Josefa Aboy Núñez Nodar, 24 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 9 45 415 Josefa Aboy Núñez Nodar, 24 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 13 45 416 Julia Fresco González María Jesús Ortigueira Fresco Veiga, 30 – Santo Tomas 36650 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 22 45 438 Elisa Barros Rey A Requeixada s/n 36650 - Caldas de Reis Solo de núcleo rural 103 45 441 Delia Castro Barros Aboi, nº 9– San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 260 45 442 Julia Castro Camiña Aboi – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 19 45 443 Descoñecido Solo de núcleo rural 36 45 446 Delia Castro Barros Aboi, 9 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 17 45 447 Descoñecido Solo de núcleo rural 9 45 448 Dolores Fresco González Aboi nº 8 36650 - Caldas de Reis Solo de núcleo rural 10 45 449 Isolina Barros Brey Requeixada, 9 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 10 45 450 Julia Fresco González Veiga, 30 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 13 45 452 Descoñecido Solo de núcleo rural 9 45 453 Andrés Rey Barros (Heredero de Consuelo Barros Brey) Aboi, 17 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 10 45 454 Severina Fernández Barros Aboi, 23 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 14 45 455 Isolina Barros Brey Requeixada, 9 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 25 45 459 Celia Fernández Barros Aboi, 6-A San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 8 45 460 Delia Rey Martínez Aboi nº 36 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 8 45 461 Descoñecido Solo rústico 6 45 462 Andrés Fernández Barros Aboi nº 6 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 4 45 463 Rita Fernández Díaz A Igrexa nº 50 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 4 45 469 Descoñecido Solo rústico 8 45 472 Carmen Silva Guimarey Solo rústico 3 45 473 Descoñecido Solo rústico 3 45 474 Descoñecido Solo rústico 1 45 483 Manuela Castro Treviño Cesariños nº 39 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 155 45 484 Manuel Castro Bragaña Solo rústico 408 45 530 Santiago Santos Villadeamigo Solo rústico 20 45 531 Josefa Ocampo Fernández Foxacos, 9 – Arcos da Condesa 36655 Caldas de Reis Solo rústico 43 45 532 José Silva García Solo rústico 55 45 1153 Descoñecido Solo rústico 116 45 1154 Julia Fresco González María Jesús Ortigueira Fresco Solo rústico 49 45 1155 Descoñecido Solo rústico 51 45 1156 Descoñecido Solo rústico 41 45 1158 Descoñecido Solo rústico 55 45 539 Rafael Arca Castro Avda. Dª. Urraca. Portal 3-2º K 36650 Caldas de Reis Solo rústico 186 45 540 Delia Castro Barros Aboi, 9 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 114 45 541 Delia Castro Camiña Outeiro, nº 6 36658 Portas Solo rústico 280 45 1235 Descoñecido Solo de núcleo rural 122 41 624 Julia Iglesias Fernández c/ Faramontáns nº 6 36650 - Caldas de Reis Solo de núcleo rural 22 41 668 Bernardino Martínez García e Elvira Rodríguez Ortigueira Aboi, 12 - San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo de núcleo rural 33 41 670 Descoñecido Solo de núcleo rural 21 41 671 Descoñecido Solo de núcleo rural 17 41 1021 Celestino Rodríguez Ortigueira Aboi nº 1 36650 - Caldas de Reis Solo núcleo rural Solo rústico 72 613 95 42 Manuel Touceda Canabal Aboi, 46 36654 Caldas de Reis Solo rústico 45 95 43 Nemesio Portas Mella Aboi, 45 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 181 95 44 Bernardino Martínez García e Elvira Rodríguez Ortigueira Aboi, 12 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 41 95 45 Delia Castro Barros Aboi, 9 – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 19 95 46 Julia Fresco González María Jesús Ortigueira Fresco Veiga, 30 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 21 95 48 Moisés Caseiro Ortigueira e Aurora Aboy César nº 8 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 29 95 49 Luz Divina Fernández Barros Aboi nº 6 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 39 95 50 José Luis Hervés Piñeiro Trav. San Roque, 23-A- Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 91 95 51 Celestino Rodríguez Ortigueira Aboi, 1 Caldas de Reis Solo rústico 35 95 52 Jesús Fernández Barros Aboi nº 6 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 28 95 53 Manuela González Bragaña Solo rústico 23 95 54 Severina Fernández Barros Aboi nº 23- San Andrés de César 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 32 95 55 Juan M. Bacariza Fernández Rúa Romalla nº33. San Paio 36215 Vigo Solo rústico 29 95 56 Juan M. Bacariza Fernández Rúa Romalla nº33. San Paio 36215 Vigo Solo rústico 25 95 57 Gonzalo Otero Barros Juan Fuentes- Santo Tomás Solo rústico 30 95 59 Carmen Suárez Requeixada – San Andrés de César 36653 Caldas de Reis Solo rústico 37 95 60 Moisés Caseiro Ortigueira César nº 8 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 271 95745 27 Paulino, Eduardo, Isabel Clara, Alfonso e María Covadonga García-Toraño Martínez c/ San Juan de Lasalle nº 5, 2ºDereita 28036 - Madrid Solo urbán 200 160 m2 peche mampostería. 95745 22 Mª Rosario Legeren Varela Augusto González Besada, 68, 1º D 36001 Pontevedra Solo urbán 35 18 m2 peche mampostería 95745 21 Teresa Serra Sampedro Veiga nº18 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 17 8 m2 peche mampostería 95745 20 Mercedes Alvárez Mosquera Isabel II – nº 18 36002 Pontevedra Solo urbán 31 15 m2 peche mampostería 95745 19 José Luis Castro Agrelo Veiga nº 24 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 20 9 m2 peche mampostería 95745 47 Julia Fresco González María Jesús Ortigueira Fresco Veiga nº 30 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 6 13 m2 peche mampostería 95745 48 Julia Fresco González María Jesús Ortigueira Fresco Veiga, nº32 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 58 24 m2 peche mamposteria 95745 15 Álvaro Monteagudo Barreira Sagasta, nº1 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 28 11 m2 peche mampostería 95745 14 Jesús Blanco Nartallo José Salgado, nº22 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 48 16 m2 peche mampostería 95745 13 Josefa Buceta Figueiras Outeiro, nº 32 – Bemil 36659 Caldas de Reis Solo urbán 20 6 m2 peche mampostería 95745 12 Mª Luisa Ortigueira Devesa Solo urbán 18 6 m2 peche mampostería 95745 8 Socorro Rodríguez Fojo Oliva, nº6 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 60 23 m2 peche mampostería 95745 7 María Luisa De la Cruz Pazos D. ª Rosario Losada Buceta D. Manuel Magariños Rodríguez José Salgado, 11- Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Rosalía de Castro nº 120, 6ºB 36600 Vilagarcía de Arousa Oliva nº 6, Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 78 32 m2 peche mampostería. 95745 6 María Luisa De la Cruz Pazos e Mª Carmen Magariños de la Cruz Loureiros, nº5 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 51 25 m2 peche mampostería 95745 5 Carlos Magariños Seijo Oliva, nº6 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 35 95745 1 Descoñecido Solo urbán 10 94742 36 Consuelo Pereira Rey A Veiga, 51 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 6 9 m2 peche mampostería 94742 37 José Castro Castro Cesariños, 33 – San Clemente 36654 Caldas de Reis Solo urbán 18 94742 38 Juan Antonio Núñez Rodríguez Baltar, 4 – San Clemente 36654 Caldas de Reis Solo urbán 18 18 m2 peche mampostería 94742 39 José Ernesto Casal Suárez María del Pilar Suárez García A Veiga, 31 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 42 94742 40 Modesto Marán García Pepe Rada, 11 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 30 94742 41 Manuel Marán García Alhóndiga, 3 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo urbán 30 94742 42 Dolores Formoso Fojo c/ Juan Fuentes nº 46, 2ºC 36650 – Caldas de Reis Solo urbán 42 94742 43 Dolores Formoso Fojo c/ Juan Fuentes nº 46, 2ºC 36650 – Caldas de Reis Solo urbán 28 94742 44 Fernando Manuel Fojo González Gabriela Fojo González María del Carmen Fojo Bugallo. c/Juan Fuentes Echeverría nº 46, 2 C. 36650 Caldas de Reis Solo urbán 22 94742 45 José Alberto Guimarey Formoso Herrería, 47 – Santa María 36655 Caldas de Reis Solo urbán 40 95 279 Descoñecido Solo urbán 18 95 279 Descoñecido Solo rústico 355 95 278 Serafín Castro Devesa Avda. Dolores Mosquera nº 3 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 320 95 277 María Rey Tobío Fraiz Solo rústico 430 95 275 Dolores Pereira Rey Veiga nº 45 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 170 95 267 Manuel Mosquera Calvo Solo rústico 355 95 264 María Luisa de la Cruz Pazos e María Carmen Magariños de la Cruz c/ José Salgado nº 11 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 138 95 263 María Luisa de la Cruz Pazos e María Carmen Magariños de la Cruz c/ José Salgado nº 11 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 53 95 230 Milagros Fariña Potel Ana Fariña Potel Encarna Fariña Potel C/ San Roque nº 23 36650 Caldas de Reis Solo rústico 337 95 256 Juan José Goldar Durán Vilanoviña, s/n 36637 - Meis Solo rústico 13 95 255 Manuela Goldar Martínez Dª Urraca, 46 – Santa María 36655 Caldas de Reis Solo rústico 9 95 229 Otilia Rey Touceda C/ Nicasio Pérez López 2-4,2 D 15570 Narón (A Coruña) Solo rústico 43 95 228 Juan José Goldar Durán Vilanoviña s/n 36637 - Meis Solo rústico 26 95 227 Descoñecido Solo rústico 21 95 226 Andrés Ortigueira Núñez San Roque, 1 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 41 95 225 Mª del Carmen Guillén Sanmiguel Solo rústico 29 95 224 José Antonio Goldar Magariños en representación de D. Joaquín Goldar Martínez Palamios, 23 36001 Pontevedra Solo rústico 72 95 223 Álvaro Domínguez Lourido Alhóndiga, 12 – Santo Tomás Solo rústico 107 95 222 Dolores Pereira Rey Veiga nº 45 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 12 95 209 F. Javier Domínguez Abelenda e Álvaro Domínguez Lourido Veiga, 53 (Rabexe) – Santo Tomás Alhóndiga, 12 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 70 95 208 Celso Candán Fariña San Roque, 15 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 41 180 m2 peche mampostería 95 207 Celso Candán Fariña San Roque, 15 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 305 95 206 José Candán Muñiz e Concepción Candán Muñiz Avda. Dolores Mosquera nº 19 1 C. 36650 Caldas de Reis. Solo rústico 205 95 205 Álvaro Domínguez Lourido Alhóndiga, 12 – Santo Tomás 36650 Caldas de Reis Solo rústico 87 95 204 Isolina Barros Brey Solo rústico 97 95 203 Julia Barros Brey Lantaño, Rial 4 36657 Caldas de Reis Solo rústico 102 95 202 Josefina Torres Solo rústico 111 95 201 José Silva Solo rústico 178 95 209 Álvaro Domínguez Lourido Alhóndiga nº 12 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 40 95 228 Descoñecido Solo rústico 5 96 200 Manuela Canabal Canabal Solo rústico 140 96 208-Z Descoñecido Solo rústico 180 45 248 Aurora Silva Fresco Solo rústico 26 41 668 Bernardino Martínez García e Elvira Rodríguez Ortigueira Gundiñáns nº 1 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 60 41 665 José Bacariza Touceda Aboi, nº 4-36650 - Caldas de Reis Solo rústico 28 41 624 Julia Iglesias Fernández Faramontáns nº 6 36650 - Caldas de Reis Solo rústico 30 4.5987.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “ELIMINACIÓN DE PASO ESTREITO NA EP 6005 PRADO-BODAÑO, PK 9+200 (LALÍN)”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO Sr. Presidente.- Punto número 4. Tamén é outra infraestrutura importante, neste caso na Comarca do Deza, que é a resolución das alegacións presentadas ó proxecto “Eliminación de paso estreito na EP 6005 Prado-Bodaño, PK 9+200, no término municipal de Lalín”. Aprobación definitiva do proxecto, aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados. Ratificación da solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. Esta obra tamén está no entorno dun dos puntos ou enclaves moi visitados na provincia de Pontevedra, do Corpiño concretamente, e de aí que teñamos que acometer esta mellora co fin de dar seguridade nesta zona ós miles de persoas que acoden pois practicamente cada fin de semana a este santuario, á parte onde vive a poboación desta parroquia. Por iso que procedemos á aprobación da resolución que hoxe dalgunha maneira resolvemos aquí no Pleno da corporación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto Eliminación de paso estreito na EP 6005 Prado-Bodaño, p.k. 9+200(Lalín), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 11.252,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 4.141,20 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.111,61 euros, ten por obxecto rematar as obras de mellora e ampliación da estrada provincial que dá acceso ó Corpiño e dotar á mesma dos servizos básicos de carácter municipal. A Deputación Provincial de Pontevedra, na súa intención de mellorar as infraestruturas e servizos nos distintos concellos da provincia, redactou no seu día un proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada do Corpiño co fin de ensanchar a mesma ata unha sección media de 12 metros, que acada os 15,60 nos tramos de viario dotado con beirarrúas de 1,80 metros a ambas as marxes da vía, así como completar a rede de servizos existentes como saneamento, recollida de pluviais, abastecemento, alumado público, rede de media e baixa tensión, telefonía e beirarrúas. Como queira que na execución deste proxecto se ocupaban varias leiras de titularidade privada, o concello de Lalín asumiu o compromiso de por a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos para poder levar a cabo as devanditas obras. Non obstante o anterior e aínda que nun principio se contaba con esa disposición, agora faise preciso tramitar un expediente de expropiación ante a negativa de dúas propietarias a ceder o terreo neºio para rematar as obras, asumindo o concello de Lalín os importes das indemnizacións económicas derivados daquel. A urxencia de acometer canto antes as obras vén xustificada pola necesidade de rematar as obras para mellorar os anchos primitivos da estrada do Corpiño e dotar a mesma de beirarrúas e así evitar, na medida do posible, o perigo que o seu estado actual supón para os veciños que deben invadir a zona de circulación ó transitar pola mesma. En consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. Someténdose a información pública o proxecto e o expediente de expropiación en virtude do edicto publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 157, de data 17 de agosto do 2010, no taboleiro de anuncios do concello de Lalín, en varios xornais da localidade, notificándose individualmente ós afectados a apertura do devandito período de información pública e á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, advertindo da necesidade de acometer canto antes a obra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Infraestruturas e Servizos Xerais, acorda por unanimidade: 1.- A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle: Desestimar as alegacións presentadas por Dona Felicitas Sanmartín Sanmartín e Dona Luz Divina Sanmartín Sanmartín, fincas nº 1 e nº 2, idénticas no seu contido, xa que o proxecto de referencia, obra pública de interese xeral de acordo co disposto no artigo 20 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, pretende mellorar substancialmente a seguridade viaria e os servizos básicos municipais nunha estrada que se configura como unha infraestrutura de grande importancia para a zona; por outra banda a utilidade pública do proxecto deriva do xogo combinado do artigo 10 da Lei de Expropiación Forzosa, o artigo 94 do Texto Refundido das Disposicións Legais Vixentes en materia de Réxime Local e do artigo 101 do Regulamento da Lei de Expropiación Forzosa, preceptos que dispoñen que a utilidade pública enténdese implícita na aprobación de obras ou servizos incluídos en plans ou proxectos municipais ou provinciais, tal e como acontece co presente proxecto, que tamén contén a relación de propietarios e bens afectados polas obras de referencia. En relación ás manifestacións relativas a que as obras xa están executadas e que a aprobación do Pleno e a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación é “extemporánea”, cabe sinalar que as obras levadas a cabo no seu día no tramo do viario no que se ubican as parcelas en cuestión afectaron ó terreo situado fóra das mesmas pertencente ó dominio público xa que as propietarias, ó construír os peches, cederon (tácita ou expresamente) o devandito terreo que pasou da esfera privada á pública. Neste sentido o artigo 24 da Lei 9/2002 de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e do Medio Rural de Galicia, sinala que os propietarios que desexen realizar algún tipo de construción “…deberán ceder gratuitamente ó concello os terreos necesarios para a apertura ou regularización do viario preciso”; é dicir, que a superficie de terreo que as propietarias cederon obrigatoriamente ó realizar o peche a unha determinada distancia é de titularidade pública e non privada. Por iso agora, ó ter que afectar o terreo situado dentro das súas propiedades, é polo que se tramita o presente proxecto e o expediente de expropiación derivado do mesmo conforme ó disposto na lexislación de expropiación forzosa. En relación ás cuestións relativas á valoración dos bens e terreo plantexadas polas propietarias, estas debateranse no trámite procedimental oportuno como é a peza separada de xustiprezo, quedando diferidas ata ese momento. Neste punto é necesario lembrar que a expropiación forzosa contempla o suposto en que, decidida a colisión entre o interese público e o privado, en consideración á lóxica prevalencia do primeiro, resulta obrigado arbitrar o procedemento legal axeitado para promover xuridicamente a transmisión imperativa do dereito expropiado e para facer, consecuentemente, efectiva a favor do particular, a xusta indemnización correspondente, indemnización que de non existir mutuo acordo entre Administración e expropiado, corresponderá determinar ó Xurado de Expropiación de Galicia. 2.- A aprobación definitiva do proxecto Eliminación de paso estreito na EP 6005 Prado-Bodaño, p.k. 9+200(Lalín), que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 11.252,81 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 4.141,20 euros e capítulo de expropiacións por importe de 7.111,61 euros. 3.- A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o anexo que se achega ó presente acordo. 4.- Ratificar a solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra xa que o devandito proxecto ten por obxecto rematar as obras para mellorar os anchos primitivos da estrada do Corpiño e dotar a mesma de beirarrúas para evitar, na medida do posible, o perigo que o seu estado actual supón para os veciños que deben invadir a zona de circulación ó transitar pola mesma. En consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO PROPIETARIO Nº FINCA BENS AFECTADOS Dona Felicitas Sanmartín Sanmartín. Rúa Corpiño nº 6. 36512 Lalín 1 68,50 m2 terreo ocupado 12,70 m2 soleira de formigón 1 Ud. contador eléctrico 22,15 m.l. peche de bloques 22,15 m.l. aramado metálico 1 Ud. portón peche frontal (4,15x2,00) 6 Ud. columnas formigón 9 Ud. columnas formigón prefabricado 1 Ud. plantas ornamentais Dona María Luz Divina Sanmartín Sanmartín. Rúa Corpiño nº 11. 36512 Lalín. 2 61,30 m2 terreo ocupado 12,40 m2 soleira de formigón 1 Ud. contador eléctrico 1 Ud. buzón 12,48 m.l. valo de perfilería de fundición 12,48 m.l. peche formigón armado 2,20 m.l. peche de bloques 2,20 m.l. aramado metálico 1 Ud. portón peche frontal (8,10x0,05x1,55) 1 Ud. portón peche frontal (1,24x0,05x1,55) 8 Ud. columnas formigón 1 Ud. castiñeiro 1 Ud. tuia 23 Ud. plantas ornamentais 1 Ud. fileira de arbustos 5.5988.- TRANSFERENCIA DE CRÉDITO Nº 21/2010 Sr. Presidente.- O punto número 5. Transferencia de crédito 21/2010. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, esta é unha modificación do presuposto da obra nº 86, denominada “Mellora na EP1301-Alto da Portela-Beluso-Bueu”, incluída no PPC do ano 2010. Aquí, dicir que esta modificación, bueno, vén dado pois o incremento do IVE do 16 ó 18%, e unha modificación dunha contía total de 91.551€, dos cales se ten dispoñibilidade no momento actual por un importe de 57.001€, e por tanto debe transferirse o suplemento para a aplicación desta cantidade, da diferenza entre os noventa e un mil e os cincuenta e sete, que son 44.722€. E bueno, ten que vir a Pleno, porque é unha transferencia que así o necesita segundo o informe do Interventor, e bueno, pois solicitamos o voto para que se poida terminar esta obra, que como se ve é claramente, dunha maneira clara, pois para o incremento do 2% do IVE, volvo a repetir, e que non existe crédito suficiente agora mesmo, e é necesario pois esa aportación dos 44.722€. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención?, senón sometemos a votación este punto de transferencia de crédito. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Xefa do Servizo de Cooperación mediante escrito de data 20 de agosto de 2010 pon de manifesto a necesidade de incrementar o crédito da aplicación orzamentaria 10/942.453.611.09 do vixente orzamento provincial, en 44.722,58 euros, ó obxecto de asumir o gasto derivado do incremento de dous puntos porcentuais do IVE da obra nº 86 do Plan Provincial de Cooperación para o exercicio de 2010 denominada “Mellora na EP 1301 Alto da Portela-Beluso (Bueu)”, e para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 44.722,58 euros, cuxo financiamento se pode efectuar mediante a minoración do crédito da aplicación orzamentaria 10/942.942.762.01 polo citado importe. Resultando que na aplicación orzamentaria 10/942.942.762.01 cuxo crédito se minora na cantidade de 44.722,58 euros, expediuse o documento RC, con número de operación 201000073459, por importe de 44.722,58 euros. Resultando que no informe de Intervención, de data 27 de agosto de 2010, déixase constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as aplicacións orzamentarias 10/942.942.762.01 e 10/942.453.611.09, así como que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Considerando o disposto nos artigos 179 e 180 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 10ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de transferencia de crédito número 21/2010, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o expediente de transferencia de créditos número 21/2010, por un importe global de 44.722,58 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… 44.722,58 euros Capítulo 7º Transferencias de capital …………….……….. -44.722,58 euros Total variacións por capítulos………………… 0,00 euros O detalle do expediente de transferencia de créditos número 21/2010 é o seguinte: a) Aplicación que minora o crédito CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 10/942.942.762.01 Plan Provincial de Cooperación-Obras de Concellos 44.722,58 € TOTAL............................... 44.722,58 € b) Aplicación que incrementa o crédito CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 10/942.453.611.09 Plan Provincial de Cooperación-Obras de Deputación 44.722,58 € TOTAL......................................... 44.722,58 € 2. O expediente de transferencia de crédito número 21/2010 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.5989.- APROBACIÓN DO INCREMENTO DO IVE NAS OBRAS DO PPC/10 DO NÚMERO 81 A 92 Sr. Presidente.- O punto número 6 é a aprobación do incremento do IVE nas obras do Plan Provincial de Cooperación 2010, da obra número 81 á obra número 92. Con motivo do incremento do IVE do 16 ó 18% sométese a aprobación este incremento. Polo tanto, ¿votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Resultando que, de acordo co disposto no RD 835/2003, de 27 de xuño, polo que se regula a cooperación económica do Estado ás inversións das Entidades Locais, modificado por RD 1263/2005, de 21 de outubro e por Orde de 31 de xaneiro de 2006; na sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial de 26 de febreiro de 2010, número 6.5916 foron aprobadas definitivamente as “Obras (Rede viaria provincial) número 81 a 92” do “Plan Provincial de Cooperación” para o exercicio 2010. Resultando que o Pleno da Corporación Provincial, en sesión ordinaria do día 30 de xullo de 2010, número 6.5976, modifica cualitativa e cuantitativamente a obra nº 86 “Mellora na EP 1301 Alto da Portela-Beluso (Bueu)”, incrementado o financiamento propio da Deputación en 100.000 €, tramitándose un expediente de modificación de crédito para dotar de crédito adecuado e suficiente na aplicación 10/942.453.611.09 do vixente orzamento. Resultando que no acordo plenario non se tivo en conta o incremento de 2 puntos no IVE, que pasa do 16 ó 18%, vixente dende o 1 de xullo de 2010, en cumprimento do disposto na Lei 26/2009, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010, polo que os orzamentos base de execución material en cada unha das obras núm. 81 a 92 –Rede viaria provincial- do Plan Provincial de Cooperación para o exercicio 2010 deberán incrementarse en 2 puntos porcentuais da maneira que se detalla no seguinte cadro (tendo en conta o aumento da obra número 86): OBRA AUTORIZADO BASE IVE 16 +IVE 2 TOTAL 81 34.418,00€ 29.670,69€ 4.747,31€ 593,41€ 35.011,41€ 82 85.000,00€ 73.275,86€ 11.724,14€ 1.465,52€ 86.465,52€ 83 166.909,72€ 143.887,69€ 23.022,03€ 2.877,75€ 169.787,47€ 84 109.000,00€ 93.965,52€ 15.034,48€ 1.879,31€ 110.879,31€ 85 222.000,00€ 191.379,31 30.620,69€ 3.827,59€ 225.827,59€ 86 190.000,00€ 163.793,10€ 26.206,90€ 3.275,86€ 193.275,86€ 87 51.695,64€ 44.565,21€ 7.130,43€ 891,30€ 52.586,94€ 88 125.000,00€ 107.758,62€ 17.241,38€ 2.155,17€ 127.155,17€ 89 51.227,00€ 44.161,21€ 7.065,79€ 883,22€ 52.110,22€ 90 90.000,00€ 77.586,21€ 12.413,79€ 1.551,72€ 91.551,72€ 91 110.000,00€ 94.827,59€ 15.172,41€ 1.896,55€ 111.896,55€ 92 264.480,00€ 228.000,00€ 36.480,00€ 4.560,00€ 269.040,00€ TOTAL……………………………………………………………..1.525.587,78€ Visto o ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- Condicionar o acordo plenario de 30 de xullo de 2010 polo que se aproba a ampliación do financiamento propio da mencionada obra nº 86 á aprobación da modificación orzamentaria correspondente. 2.- Aprobar o incremento pola subida do 2% do IVE no financiamento das “Obras (Rede viaria provincial) números 81 a 92” do Plan Provincial de Cooperación para o exercicio 2010, segundo o exposto na táboa indicada ad supra, de tal forma que o importe e o financiamento do Plan modificado debe ser o seguinte: M.P.T. DEPUTACIÓN TOTAL Obras Deputación AGE ELIXIBLE NON ELIXIBLE SUMA Importe Plan Inicial 699.865,18 699.865,18 0,00 1.399.730,36 Importe Plan Modificado (obras 81 a 92) 699.865,18 699.865,18 125.857,42 1.525.587,78€ Polo tanto, o financiamento total do Plan queda como se detalla: ADMINISTRACIÓN IMPORTE Achega do Estado 2.566.003,34€ Achega da Deputación 2.225.326,31€ Achega dos Concellos 1.399.603,67€ Outras achegas 26.319,37€ TOTAL 2.251.645,68€ En todo o demais, permanecerá invariable o acordo plenario de data 26-02-2010 número 6.5916. 7.5990.- DAR CONTA DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL DE NOMEAMENTO DE TESOUREIRO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- O punto número 7 é dar conta da Resolución Presidencial do nomeamento do Tesoureiro da Deputación provincial de Pontevedra. Bueno, polo exposto e de conformidade co indicado na base 5ª da convocatoria, en virtude das competencias que me atribúe o artigo 28.3, resolvo prover o posto de traballo de Tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra co funcionario de habilitación de carácter estatal a D. Miguel Ángel Santirso Fernández. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal o Pleno queda enterado da Resolución Presidencial de data 11 de agosto de 2010, pola que se resolve a convocatoria de provisión do posto de traballo de Tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra, cuxo contido se reproduce textualmente a continuación: “Por Resolución de data 15 de xuño de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, convócase a provisión do posto de traballo de Tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra, do nivel 30 de complemento de destino, polo sistema de libre designación, entre funcionarios con habilitación de carácter estatal, (Diario Oficial de Galicia nº 119, de data 24 de xuño de 2010). Na relación de admitidos figura como único aspirante presentado D. Miguel Ángel Santirso Fernández, quen, examinada a documentación que achega xunto coa instancia, cumpre os requisitos e especificacións esixidas nas bases da convocatoria. Na resolución deste expediente seguiuse o procedemento legalmente establecido nas bases da convocatoria e nas disposicións normativas contidas no Real decreto 1732/94, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo dos funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, segundo a redacción dada polo Real decreto 831/2003, do 27 de xuño, vixente de acordo coa disposición transitoria sétima da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público en relación coa disposición adicional segunda da mesma norma. Polo exposto, de conformidade co indicado na base V da convocatoria, en virtude das competencias que me atribúe o artigo 28.3 do Real decreto 1732/94, de 29 de xuño, RESOLVO prover o posto de traballo de Tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra co funcionario de habilitación de carácter estatal D. Miguel Ángel Santirso Fernández. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se o destino anterior radica na mesma localidade que na do novo destino, e dun mes se radica nunha localidade distinta ou comporta reingreso ó servizo activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día seguinte ó do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia. En dito posto poderá ser destituído, con carácter discrecional, sempre que se lle garanta un posto de traballo da subescala e categoría na corporación, que deberá figurar na relación de postos de traballo e cuxa remuneración non será inferior en máis de dous niveis á do posto de traballo para o cal foi nomeado. De dita Resolución darase conta ó Pleno da Corporación Provincial.” 8.5991.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Punto número 8. Comunicacións. Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 27 de julio y el 27 de agosto; y así mismo otra Resolución por la que se delegan las atribuciones de la Presidencia durante su ausencia, durante los días 23 a 27 de agosto en el Vicepresidente Sr. Figueroa. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 27 de xullo e 27 de agosto do ano 2010 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 20 de agosto de 2010, delegando as atribucións da Presidencia dende o día 23 ata o 27 de agosto, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 9.5992.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Quería facer un par de, bueno, unha proposta e un rogo. A proposta é a seguinte: Tivemos aquí unha experiencia últimamente, que agardemos, parece que remata con éxito, de que esta Deputación, incluso a custe 0, pois axude ós concellos que non dispoñen do servizo, neste caso do servizo de recollida de vehículos abandonados, e parece que está aprobado. Bueno, nós seguimos facendo propostas deste tipo, hai veces que necesitan cartos outras veces non, pero esta Deputación se ten algunha razón de ser, á parte de distribuír o diñeiro ás veces é xestionar servizos ou iniciativas que melloren a calidade de vida, ás veces incluso con custe 0. Ben, nesa liña, como todo o mundo o coñece, do 16 ó 22 deste mes, e despois xa leva moitos anos, celébrase a semana da mobilidade, as datas non son moi afortunadas, empezou coma o día sen coches, empezou coma o día europeo sen coches, etc., as datas non son moi afortunadas, aquí, noutros lados igual si, pero bueno, son as que están fixadas. As cidades e as vilas, así máis ou menos grandes, bueno, teñen capacidade digamos para incorporarse e facer algún tipo de actuación, que obviamente, creo que é coñecido que o que se pretende é, bueno, pois buscar outro tipo de mobilidades e reducir, digamos, o impacto e os problemas que é a mobilidade individual motorizada, vamos, o uso do automóbil, o uso do coche indiscriminado, pois está creando en todos os ámbitos, urbanos e semiurbanos e vilegos, etc. Ben, por outro lado tamén se está iniciando o curso escolar, obviamente xa chega un pouco tarde, pero estas cousas levan tempo, ou sexa que, se se pode facer algo este ano e inicialo para o ano que vén, e como supoño que todo o mundo vería nos medios de comunicación, pois hai unha campaña, creo que moi afortunada, para mellorar as posibilidades, a seguridade no noso entorno, dos centros escolares, e a posibilidade de que os nenos e nenas, chegados a certa idade, poidan ir sós ó colexio ou poidan manexarse autonomamente polas vilas e polas zonas urbanas e demais. Bueno, con todos estes elementos que custarían bastante pouco, simplemente, que a Deputación se puxera ó fronte para que todos os concellos que teñen zonas urbanas ou travesías nas que sexa necesario actuar e sensibilizar a través de actuacións deste tipo, pois que a Deputación liderara este tipo de actuacións e polo tanto pois dar a posibilidade de que en canto ó tratamento e ó enfoque e ós usos sociais, do uso e bo uso do coche, pois se fora reconducindo e mellorar a calidade de vida, cónstame, que nalgúns sitios mediante obras que ten feito esta propia Deputación, pero creo que unha actuación sistemática e masiva sería sumamente interesante. E por outro lado, pois esta casa tamén ten moitas vías, moitas, que cruzan entornos urbanos ou travesías densamente poboadas e nas que xa ten feito unha serie de actuacións de calmar o tráfico, etc., e de momento …, pero non estaría mal facelo dunha maneira sistemática, dunha maneira planificada e sistemática, aínda hai moitas que non están, hai que recordar que máis da metade dos accidentes de tráfico en Galicia, bastante máis da metade se producen por atropelos en zonas urbanas ou periurbanas e todos os esforzos que se fagan, pois son poucos, cónstame, que a Deputación algún ten feito, pero podíase facer máis. Entón a proposta que se fai é que, se pode traducir vía moción ou vía un acordo, en fin, reuníndose a Comisión, ou vía unha proposta, que nós nos comprometemos a elaborar, e que esta Deputación vía de actuar, polo conduto, pola vía de actuar nas estradas provinciais, e polo conduto de xestionar todas, vamos, cara ós concellos, a celebración de actuacións deste tipo, incluso non sei se con fondos ou non, habería que miralo, pois se implique nesta dirección, que xa digo, algo se fixo, pero que se faga dunha maneira sistemática e que teña consecuencias cara ó futuro. Leva tempo, como todos sabemos, cambiar de, reordenar estas cuestións, pero todas as actuacións que se fagan creo que van na boa dirección, tanto de evitar accidentes como de mellorar a calidade de vida dos cidadáns. Entón a proposta é, se se acepta a idea, que nos sentemos, iso nos comprometemos nós a facer unha proposta, pero bueno, vostedes teñen capacidade de decisión, e empezar a actuar, non sei se para este ano, que vén moito o tempo enriba, pero polo menos planificalo con tempo e con solvencia, deixalo funcionando cara que o ano que vén, e xa nas vías provinciais, se pode ser antes, pois esta Deputación se implique nesta actuación. Porque en principio está dirixido para os concellos, só para os concellos, pero claro, estamos no problema de sempre, os concellos pequenos teñen bastantes dificultades para poder actuar pola súa conta e a Deputación aí pode facer un bo traballo á parte do traballo que poida facer nas vías provinciais, dunha maneira sistemática, que levará tempo, pero polo menos facelo desa maneira. Esa é a proposta. E o rogo, eu non son nada partidario de facer estas cousas, o problema é que chamou moitisimo a atención, no acto que se fixo aquí o día 5 de agosto, a entrega dos Premios, a verdade é que sorprendeu un pouco, houbo público que así mo fixo chegar, á parte de que xa o tiña observado, debía … duramente, que durante a interpretación do himno galego, pois o Sr. Presidente da Deputación e o Sr. Presidente da Xunta, aí nese escano, aí de pé presidindo o acto, pois pasáronse non sei se a metade ou o 60%, 40%, pero dese entorno, da interpretación do himno, falando, rindo e chascarrillando entre eles. A ver, a min as cuestións de forma, ¿que quere que lle diga?, non me parecen a min moi relevantes, pero hai unhas normas de respecto cara os símbolos e demais que sería ben, sería ben telas en conta. Eu póñolle ó revés, que vostede e máis o Presidente da Xunta estiveran na interpretación do himno español e se pasaran presidindo un acto falando e rindo a metade, non sei senón sairían na portada do telexornal. Entón, e se chegan a ser doutro signo entón xa seguro. Entón, home, pois pediríalle un esforciño de respecto, en fin, que, naquel momento non dixen nada, como sabe vostede, nin saímos tal, pero pediríalle un esforciño de respecto porque o Presidente da Xunta, pois, en fin, está aprobado pola Xunta e é o seu símbolo e polo tanto non é nada de partido nin nada diso, é de todos os galegos e galegas, polo tanto creo que se merece respecto como calquera outro himno, e hai esas normas, eu non son moi de convicións, pero hai esas normas de convicións, de ser respectuosos cando se está, entón o rogo é que faga un pequeno esforzo de, vamos, de comportarse como as normas convencionais, que creo que todos asumimos, pois ditan para estes casos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Bueno, non recordo que realmente fose así, pero bueno, de todas maneiras o importante é que vostede estivera aquí con nós nese acto, o cal pois lle agradezo, e polo tanto, bueno, pois se entende que as cousas, o que aí sucedía ese día pois era unha cuestión importante, a relevancia de premiar a laboura dunha serie de persoas e institucións, e creo que en todo caso iso pode quedar dentro do anecdotario, se realmente sucedeu así, que non o creo, pero bueno, eu creo que hoxe en día por desgracia temos problemas bastante máis importantes que ese, sen dúbida, pero bueno, tomo ou recibo neste caso ese, esa petición súa neste sentido. En relación ó tema que me plantexaba, me parece tamén razoable, eu creo que en todo caso os propios Portavoces, vostede como Portavoz do Bloque Nacionalista Galego e tamén o do Partido Socialista e por suposto do equipo de goberno, do Partido Popular, pois que nos sentemos a falar e podemos falar dese tema, que me parece unha boa proposta, co fin de mellorar ou reducir a sinistralidade que se produce nas nosas estradas. Polo tanto, eu emprazo ós Portavoces a que teñan unha reunión, pois á maior brevidade posible, co fin de trasladar as súas posturas en relación a este tema e chegar ó consenso necesario para poder poñer en marcha un plantexamento que serva para dar inicio na provincia de Pontevedra a ese tipo de actuacións, que nalgún caso, xa por parte da Deputación se están levando a cabo. Pero bueno, de todas maneiras eu creo que é un tema importante e de aí que o teñamos en consideración, e xa digo, emprazo dende aquí ós Portavoces a que así se faga. D. Francisco Xabier. Sr. Alonso Pérez.- Bo día. Bueno, no Faro de Vigo do día 2 de setembro anunciaba vostede que iniciaban xa o proceso de elección ás alcaldías para o Partido Popular, e ben, supoño que coñece a sentencia do Xulgado nº 2 de Vigo, onde di con claridade que o goberno anterior do PP, en Nigrán, contratou unha empresa, Ecovigo, para que lle fixeran o cartel electoral onde aparece o candidato do ano 2007, Sr. Valverde, ademais unha revista con finalidade propagandística e publicitaria, e a pregunta que lle fago é, supoño que non consentirá vostede como Presidente do Partido Popular provincial, que repita como candidato en Nigrán o Sr. Valverde, xa que como ben di o Xulgado e vostede debe coñecer a sentencia, intentou pagar, intentou pagar a campaña electoral de Nigrán do 2007 con cargos públicos. Esta é a pregunta. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias pola súa pregunta, pero vamos, creo que, home non é que teña moito que ver co tema aquí, pero bueno, de todas maneiras eu non teño nada que dicir a este respecto, non hai nada que acuse a nadie, me refiro que exista unha sentencia firme de nada, é un comentario que aparecía sorprendentemente nun medio de comunicación, e eu non sei se o Partido Socialista ou o Bloque Nacionalista Galego está preocupado polo que realmente, porque se presente Alberto Valverde. Se é así, eu creo que o Bloque Nacionalista Galego neste caso se tiña que preocupar máis do problema que ten alí interno, que creo que é bastante importante, en relación a que tiveron que dimitir, etc., pero bueno, non vou a entrar nesas vicisitudes, bueno, eu creo que, xa digo, corresponde a un tema de ámbito político de partido, e haberá que, en todo caso o Partido Popular terá que tomar a mellor decisión, non hai ningunha sentencia, aclaro xa que me busca, xa que entramos en materia, aclaro que non hai nada que acuse de maneira directa ó portavoz do Partido Popular neste municipio, e polo tanto non, xa digo, non teño moito máis que dicir. Se houbera algo que de maneira contundente nos levara evidentemente a iso, pois por suposto que analizaríamos esa situación. Sr. Alonso Pérez.- Aclaro, se me permite, simplemente aclararlle porque ó mellor descoñece, si hai sentencia firme, si hai sentencia firme, e eu, gustosamente lla podemos pasar, pensei que a coñecía, e a sentencia, o xuíz aclara que a publicación, figura na portada o logotipo do Partido Popular, e inclúe un cartel electoral coa foto do candidato solicitando expresamente o voto. En calquera caso o xuíz di claramente na sentencia, “Los elementos probatorios aportados son indiciarios de que dicha revista publicada con finalidad propagandística y publicitaria, específica de un partido político, formaba parte de la estrategia de comunicación con cargo a la cuál Ecovigo, SL, giraba sus facturas al concello, lo mismo que el cartel electoral del Partido Popular, incluyendo la revista que pedía explicitamente el voto para el mismo. El expediente de contratación, presupuesto, certificado de existencia de crédito, fiscalización de Intervención y aprobación del gasto, ni siquiera se pueden saber con exactitud porque no figuraban”. Hai sentencia firme, polo que vexo hai sentencia firme de que o Partido Popular intentou pagar con fondos públicos a campaña electoral do ano 2007, do candidato do Partido Popular. E en todo caso é unha cousa que eu creo que ás administracións e á Deputación si lle interesa, e supoño que ós partidos que formamos parte, polo menos ó BNG si, que as persoas que se presenten non utilicen os cargos públicos para pagar campañas electorais partidarias. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Xa digo non hai nada que acuse de que se gastou ningún diñeiro público con relación a ese tema, outra cousa é obxeccións que poida facer esa sentencia que vostede di, pero non hai nada que dalgunha maneira directamente esa sentencia manifeste que se gastou nin un euro de diñeiro público para unha campaña electoral de, neste caso ningún partido nin tampouco o Partido Popular, polo tanto, xa digo, non ten, baixo o noso entender máis transcendencia que esa. Sr. Martínez Giráldez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día a todos e a todas. Sr. Presidente.- Bo día. Sr. Martínez Giráldez.- Quero facerlle un rogo Sr. Presidente. A ver se pode dar as ordes pertinentes ós departamentos para que non discriminen por razón de sexo na concesión de subvencións ós clubs deportivos, etc. Porque segundo a información que teño, a proposta ía nese sentido, entón creo que non procede a estas alturas que se estea discriminando a un club deportivo simplemente polo feito de ser feminino. Sr. Presidente.- En todo caso eu pídolle que sexa vostede máis concreto porque como comprenderá na provincia de Pontevedra debe haber 1.500 clubs de ámbito deportivo, entón, senón é máis concreto non poderei saber a quen se refire. Sr. Martínez Giráldez.- Me refiro que vostedes sacan unha liña de axudas a clubs deportivos, revisen esa relación que teñen para dar a concesión de subvencións a clubs femininos, e comproben a discriminación que se está facendo. A un club da mesma categoría se lle dá 500 ou 600 euros, masculino, e se é feminino 400, esa é a proposta que a min se me informou de que ían a dar. Entón, o que estou pedindo é que rectifiquen iso, por favor, antes de que se conceda, e que non se proceda con esa discriminación. Sr. Presidente.- Si, a ver o Sr. Deputado de Deportes, pode saber e pode contestarlle, si. Sr. Sotelo Villar.- Si, supoño que será un erro do Sr. Deputado, para nada se discrimina por sexo, seguramente vostede, que vostede queira facer con isto unha historia das moitas que están acostumados. Mire, as bases din claramente que se primará número de licencias e orzamento, e seguramente vostede do club do que está falando, seguramente pouco máis de 5.000 euros, me parece que supera, ese orzamento e escasamente ten 20 licencias. Polo tanto, primeiro pregunte, se hai algunha dúbida eu estou disposto a darlle a información, a que teña, evidentemente, e para nada, para nada, se pretende discriminar por razón de sexo. O deporte é deporte, para os homes e para as mulleres, e seguramente pois ó mellor, no deporte masculino pois hai unhas ligas máis, en concreto no caso do fútbol, que creo que é a modalidade á que vostede se refire, terceira rexional, segunda rexional, primeira rexional, que teñen unhas cantidades fixas, fixas e establecidas en función desas categorías, cousa que seguramente non sucede, porque bueno, porque non existe o número de clubs, eu creo que a nivel feminino me parece que hai unha categoría a nivel rexional, unha primeira e unha segunda. E polo tanto, creo, e se hai algún erro, pois encantado de poder subsanalo se é posible, pero para nada, para nada, é intención deste equipo de goberno de discriminar a nadie por razóns de sexo. Ó mellor iso o farían outros noutros momentos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, eu creo que está claro. Sr. Martínez Giráldez.- Bueno, hai unha cousa que se chama discriminación positiva, Sr. Sotelo, entón, eu agradeceríalle que o revisaran e que o arreglaran, e punto, é un rogo simplemente, non fai falta que, nada máis. Sr. Presidente.- ¿Algo máis?. Si. Sr. Sotelo Villar.- … foron aprobadas en Comisión e en Pleno posteriormente, é dicir, nin positiva nin negativa, ou sexa, non existe discriminación. Sr. Martínez Giráldez.- Voume encargar, voume encargar de, unha vez que se concedan, que saian publicadas, voume encargar de revisar cada un dos clubs masculinos que se lle dá, cantas licencias teñen, vou a comparar e despois falamos, entón se iso falamos despois. Sr. Sotelo Villar.- Me parece correcto. Se hai algunha dúbida eu encantado de poder colaborar. Sr. Martínez Giráldez.- Eu encantado tamén. Sr. Presidente.- Sr. Martínez Giráldez, ¿máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, unha pregunta que presentei por escrito con relación a unha estrada en Mondariz, tena por aí vostede, ou, fágolla, formúlolla. Sr. Presidente.- Témola por aquí. Si. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Formúloa?, ¿formúloa outra vez ou …? Sr. Presidente.- Non, non, non. ¿Quere que lle conteste?. Sr. Martínez Giráldez.- Si, se fai o favor. Sr. Presidente.- Vostede fai aquí, en relación a unha actuación nunha estrada local que comunica precisamente unha estrada, non sei se autonómica ou provincial, e di: ¿A instancia de que institución ou particular … Sr. Martínez Giráldez.- Perdón que lle corrixa. Creo que aquela estrada é local, non é nin provincial nin … Sr. Presidente.- Non, pero que conecta unha estrada autonómica ou provincial, non me acordo exactamente se é autonómica ou provincial. E pon: ¿A instancia de que institución, particular ou colectivo foi solicitada a realización do proxecto citado?; solicito entrega de copia documental da solicitude. En principio, como poderá entender, foi solicitada polo concello porque xa as actuacións previas que alí se fixeron, por parte, primeiro dos veciños, segundo, por parte do concello, e terceiro, por parte da Deputación, foron abundantes. Dalgunha maneira nos levou evidentemente a facer algunha actuación que foi en colaboración con medios propios da propia Deputación, o concello creo que contratou algo, pero non no sabería exactamente, e os veciños construíron parte dos muros, e polo tanto, é unha actuación ademais que era necesaria porque practicamente non entraba o autobús a esta zona, e por iso se lle fixo unha comunicación dunha estrada autonómica ou provincial, co fin de dar acceso a unha zona importante, como deben ser moitas, neste caso na parroquia de, lugar de Festín, creo que é así, non. Vostede me pregunta en que programa do Plan Provincial foi incluída, xa lle digo que foi con medios nosos a parte que nos tocou a nós; e se considera que a obra ou a súa realización como propietaria por parte da Deputación dentro do termo municipal de Mondariz, non existen solicitudes dentro do termo municipal de obras de maior urxencia que esta na que resulta precisa a participación da Deputación Provincial de Pontevedra. Esta é unha obra que foi iniciada fai bastante tempo, non por parte nosa. Sr. Martínez Giráldez.- ¿Que foi?. Sr. Presidente.- … Iniciada por parte dos veciños fai bastante tempo. Era un acceso malo que tiña 3 metros de ancho, pasamos a 6 actuais, incluso con cunetas e todo o demais a 9, para poder acceder un autobús a ese lugar. Polo tanto, eu creo que a actuación está perfectamente xustificada, polo esforzo primeiro que fixeron os veciños no seu momento, despois o esforzo que fixo o concello, que sumado ó que fixo tamén a Deputación, pois creo que ó final nos permite ter un acceso dun quilómetro aproximadamente con toda a actuación que alí se fixo, a este barrio. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, e por último, en relación a un, á detención por parte da policía dunha persoa, D. Antonio Fernández Comesaña, por emitir facturas falsas, gustaríame que me dixera se o Sr. Fernández Comesaña tivo ou ten algunha relación coa Deputación ou con algún organismo autónomo. Sr. Presidente.- Pois, agora mesmo non o sei, é algo que haberá que ver se ten algún tipo de relación coa Deputación ou non, pero, vamos, de todas maneiras tranquilo que o revisaremos detidamente para pasarlle esa información. Sr. Martínez Giráldez.- Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. D. José Antonio Olmedo. Sr. Olmedo Granja.- Si, bos días Sr. Presidente. No último Pleno lle preguntei por unhas Resolucións Presidenciais que trouxo no último Pleno, que era sobre un estudo encargado a AFRIFOGA, Asociación do fomento e riqueza forestal de Galicia, e as preguntas eran se ese estudo estaba feito e se nos, no caso de que estea feito se nos pode poñer a disposición do noso grupo unha copia dese estudo. Sr. Presidente.- Moi ben. Pois todo isto que se fixo, polos datos que me aportan, é precisamente sobre a implantación da certificación forestal na provincia de Pontevedra, que permitirá neste caso a Pontevedra ser a primeira provincia en España, que poida ter a súa superficie de montes acreditada cunha certificación de xestión forestal sostible baixo unha norma da Unión Europea. Dentro deste obxectivo acometeuse ademais a realización de material informático e divulgativo sobre a importancia de ter esta acreditación e a realización de accións para sensibilizar ós propietarios do papel dentro deste ambicioso proxecto. Ó mesmo tempo se lle mandou, creo que está entregado ademais, a todas as Comunidades de Montes, unha aplicación informática e un manual do usuario para poder realizar e acreditar esa xestión forestal sostible e cumprir as normas que establece a tal efecto a Unión Europea. Pero vamos, se hai, ademais todo, que debe ser un tocho importante, non o teño eu aquí, pois, lle intentaremos facilitar un resume de todo iso. Sr. Olmedo Granja.- Moitas gracias. Sr. Presidente.- ¿Máis?. Pois non habendo nada máis levántase a sesión. Moi bos días e moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)