Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2014-07-09_Ordinaria. Acta de sesión 2014/07/09_Ordinaria
Acta de sesión 2014/07/09_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.832/1.2014-07-09_Ordinaria
Título Acta de sesión 2014/07/09_Ordinaria
Data(s) 2014 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vinte e cinco minutos do día nove de xullo do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Gabriel Rodríguez Alonso, Secretario Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten os deputados provinciais D. José Carlos López Campos nin D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22301.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, PARA A XESTIÓN E IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN INCLUÍDA NO PROGRAMA “ACTÍVATE 2014” A Deputación de Pontevedra, coa finalidade de desenvolver actividades formativas e educativas no ámbito do lecer e do tempo libre que sexan de interese xuvenil e que respondan ás demandas da xente nova da nosa provincia, a través de accións que potencien movementos de participación e cooperación social, e mellorando a formación básica da mocidade na comunidade e promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, convocou, un ano máis, o Programa Actívate, dito programa está encadrado dentro dos programas de participación social, o cal foi aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión do 25 de abril de 2014. O custo para a Institución Provincial estimouse na cantidade máxima de cento dous mil cento vinte euros (102.120,00€) IVE incluído. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 83 de data 02 de maio de 2014. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 26 de maio de 2014, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo a apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que pola Técnica dos Servizos Sociais, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Resultando que na Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 12 de xuño de 2014, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, con puntuación superior a 30 puntos, procedeuse á apertura dos sobres C correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, sendo os resultados os seguintes: Empresas Puntuación Sobre B Prezo por curso (sen IVE) Estratexia Plus SL 45 920,00 € Formagal, Formación y Servicios SL 44 840,00 € Magnafor Qualitas SL 38 903,00 € Xestión Cultural Aurea SL 38 900,00 € Norformación SL 30 Puntuación proposta técnica non superior a 30 ptos. Prosem Consultoria Estratégica SL 24 Puntuación proposta técnica non superior a 30 ptos. Centro de Iniciativas Profesionales 22 Puntuación proposta técnica non superior a 30 ptos. Unha vez efectuada a valoración dos valores ofertados no sobre C de conformidade co establecido nos pregos obtéñense as seguintes puntuacións: Empresas Puntuación Sobre B Puntuación prezo Puntuación Total Formagal, Formación y Servicios SL 44 51,000 95,000 Estratexia Plus SL 45 37,324 82,324 Xestión Cultural Aurea SL 38 40,710 78,710 Magnafor Qualitas SL 38 40,202 78,202 Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, proponse a adxudicación do contrato para a empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF: B-36477677). Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2014018927 de data de rexistro de saída de 23 de xuño de 2014, e á vista da puntuación total obtida e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de contratos do sector público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que se atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 3.108,00€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201400086482, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a xestión e impartición da formación incluída no programa “Actívate” 2014 a Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF: B-36477677)de acordo o seguinte prezo ofertado por curso: Prezo por curso sen IVE 840,00 € IVE (21%) 176,40 € Prezo total por curso IVE incluído 1.016,40 € 2.- O contrato será financiado con cargo á aplicación 2014/232.230.227.07 do vixente orzamento provincial. 3.- A duración do contrato iniciarase coa formalización do mesmo e finalizará o 31 de marzo de 2015. 2.22302.- APROBACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADHESIÓN PRESENTADAS POR DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Ó PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS “COIDARTE 2014” A Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa diúrno de balnearios “Coidarte” do ano 2014, co obxecto de regular a concesión de axudas que van destinadas a fomentar o envellecemento activo e a mellora da calidade de vida das persoas, potenciando movementos de participación e cooperación social. Ó programa diúrno de balnearios de carácter lúdico “Coidarte” do ano 2014, poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra e os beneficiarios son persoas nacidas antes de 1964, xubilados e pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar, para que poidan ter a oportunidade de pasar cinco tardes de luns a venres nun dos establecementos tipo balneario, spa ou talaso que teñan as súas instalacións na provincia de Pontevedra. As bases do programa diúrno de balnearios “Coidarte” do ano 2014 foron publicadas no Boletín oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 104 de data 2 de xuño de 2014, e durante o prazo concedido ó efecto presentaron solicitude de adhesión un total de 35 concellos da provincia de Pontevedra, así como a Entidade Local Menor de Bembrive, tal como consta no informe de data 2 xullo de 2014 emitido pola Traballadora Social adscrita a Servizos Sociais do Centro Príncipe Felipe. O Sr. Secretario a través de informe de data 27 de xuño 2014 deixa constancia de que as entidades locais menores son entidades de ámbito territorial inferior ó municipio e non poden participar no programa “Coidarte 2014”. Para facer fronte ós gastos que supón a realización das actividades previstas no programa “Coidarte” 2014 existe crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, por importe de 105.000,00 €. Considerando o establecido nas cláusulas segunda e sétima das bases reguladoras do programa “Coidarte” 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as solicitudes de adhesión ó programa “Coidarte 2014”, presentadas polos concellos da provincia de Pontevedra que a continuación se relacionan: 1.- Agolada 19.- Moaña 2.- Arbo 20.- Moraña 3.- Barro 21.- Nigrán 4.- Caldas de Reis 22.- Poio 5.- Cambados 23.- Ponte Caldelas 6.- Cangas 24.- Pontecesures 7.- Catoira 25.- O Porriño 8.- Cotobade 26.- Portas 9.- Covelo 27.- Redondela 10.- Cuntis 28.- Rodeiro 11.- A Estrada 29.- O Rosal 12.- Forcarei 30.- Salceda de Caselas 13.- Fornelos de Montes 31.- Soutomaior 14.- Gondomar 32.- Tomiño 15.- O Grove 33.- Tui 16.- Marín 34.- Valga 17.- Meaño 35.- Vilanova de Arousa 18.- Meis 2. Desestimar a solicitude de adhesión ó programa “Coidarte 2014” presentada pola Entidade Local Menor de Bembrive (Vigo), por non cumprir co estipulado na cláusula segunda das bases reguladoras deste programa publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 104 de data 2 de xuño de 2014. 3.22303.- EXPEDIENTE DE FINANCIAMENTO DO PLAN DE AXUDAS DE EMERXENCIA 2014 A Xunta de Goberno na sesión do día 4 de xullo de 2014 aprobou as bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra co obxectivo de apoiar ós concellos da provincia de Pontevedra de menos de 20.000 habitantes de xeito excepcional e extraordinario, para que poidan atender as demandas de urxente e puntual necesidade dos cidadáns dos seus concellos que se atopen en situación de risco ou exclusión social, con especial atención a aquelas persoas con menores ó seu cargo nesta situación. A eficacia deste acordo quedou condicionada á existencia de crédito por importe de 365.000,00 € na aplicación orzamentaria 14/232.233.462.00 para facer fronte ás obrigas recollidas nas bases reguladoras das axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2014. Para poder dotar de crédito a aplicación orzamentaria 14/232.233.462.00, co obxecto de destinalo ás axudas básicas de emerxencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Que se modifique o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 23 de xaneiro de 2014 relativo á aprobación das bases reguladoras do Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para o exercicio de 2014, no sentido de que se cambia a cantidade aprobada por importe de 2.247.530,00 € pola de 1.988.120,86 €, e se libere a diferenza por importe de 259.409,04 € para incrementar o crédito da aplicación 14/232.233.462.00 co obxecto de destinalo a financiar o Plan de axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra. 2. Que se modifique o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 25 de abril de 2014 relativo á aprobación das bases complementarias ó Plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais para a ampliación da subvención dos servizos de axuda no fogar 2014, no sentido de que se cambia a cantidade aprobada por importe de 220.000,00 € pola de 150.860,32 €, e se libere a diferenza por importe de 69.139,68 € para incrementar o crédito da aplicación 14/232.233.462.00 co obxecto de destinalo a financiar o Plan de axudas básicas de emerxencia da Deputación de Pontevedra. 4.22304.- ESTIMACIÓN DE SOLICITUDE DE INDEMNIZACIÓN POR RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL SUBSCRITA POR DONA NOA MONTENEGRO MOSQUERA, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 2906 (CONCELLO DE MOS) Dada conta que con data de rexistro 03/02/14 (núm. rex. 2014008840) tivo entrada nesta Deputación instancia en solicitude de indemnización por responsabilidade patrimonial subscrita por Dona Noa Montenegro Mosquera, por danos en vehículo padecidos a consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 2906 Os Valos-Guizán, no Concello de Mos, o día 03/02/13 e que foi cuantificada economicamente en 227,87 €. Resultando.- Que con data 07/03/14 e con fundamento nos artigos 82 e 83 da Lei 30/92, de 26 de novembro, en relación co 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93 e 172.2 último inciso do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas da Deputación, quen emitiu o mesmo na data 21/04/14 co seguinte contido: “Primero.- La E.P. 2906 Os Valos-Guizán, pertenece a la red de carreteras de la Diputación de Pontevedra. Segundo.- En este Servicio se tiene constancia de un accidente acaecido el 03 de marzo de 2013 en la E.P. 2906 a la altura del P.K. 2.5, por un aviso cursado por los servicios de emergencia SOS Galicia 112 a la centralita de la Diputación de Pontevedra. Activado el protocolo existente, se da traslado a la brigada de guardia a las 00:40 horas según parte que se adjunta. La brigada se desplaza al lugar del siniestro donde procede a la señalización y reparación de un bache, con aglomerado en frío, y cuyas dimensiones, según datos aportados por el capataz de la brigada, eran de 20 cm. Aproximadamente de profundidad y 60 cm. De diámetro. Tercero.- No existía señalización de peligro en las fechas del accidente por no tener constancia de ningún supuesto que la motivase.” Resultando.- Que con data 04/06/14 solicitouse informe complementario ó Servizo de Infraestruturas da Deputación quen emitiu o mesmo na data 14/06/14 co seguinte contido: “…Primero. En la E.P. 2906 Os Valos-Guizán, perteneciente a la red de carreteras de la Diputación de Pontevedra, y en el tramo concreto referido, se realizan labores de conservación y reparación por parte de las Brigadas de zona de manera continua. Consultado el capataz al respecto, éste informa que, según los datos de sus partes de trabajo, se llevó a cabo una reposición del firme el día 22 de xaneiro de 2013, es decir, 12 días antes del accidente de la reclamante. Segundo.- Debido al mal estado del firme que presenta este vial, la brigada realiza tareas de conservación dos veces al mes en temporada de invierno y una vez en temporada estival. En la actualidad se encuentra en tramitación el proyecto de ensanche E.P. 2906 Os Valos-Guizán (P.K. 1+140-2+620). Tercero.- Como ya se puso de manifiesto en el anterior informe, se desconoce la existencia del bache mencionado, ya que de tener constancia se hubiese procedido a su inmediata reparación. No parece probable, según los datos aportados por el capataz de brigada, que en doce días transcurridos dende la reposición del firme hasta el supuesto accidente, se pudiese producir un bache de dimensiones considerables como para provocar un accidente si el conductor respeta las normas de conducción establecidas.” Resultando que con data 18/06/14 compareceu na Asesoría Xurídica desta Deputación D. Javier Costas Rodríguez, capataz da brigada de Ponteareas quen manifestou o seguinte: “Se procedió a la reparación y conservación de esa carretera 12 días antes del sinsiestro. Pese a ello, hay que reconocer que existía un nuevo bache debido a las inclemencias del tiempo y a que es zona de tráfico pesado. La brigada realiza tareas de conservación en esta vía dos veces al mes en temporada de invierno y una vez al mes en temporada estival. Dos días después del siniestro la brigada procedió a la reparación del citado bache.” Resultando.- Que con data 1 de xullo de 2014 emitiuse documento R.C. con número de operación 201400085046 pola Intervención desta Deputación Provincial. Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31.1 a) e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e polo R.d. 429/93. Considerando.- Que neste caso cumpriméntanse os requisitos esixidos no artigo 139.1 e 139.2 da Lei 30/92, é dicir, dano efectivo, avaliable economicamente e individualizado en relación ó prexudicado, e artigo 2.1 do R.d. 429/93, que aprobou o Regulamento dos procedementos en materia de responsabilidade patrimonial. Considerando.- Que do consignado no expediente queda acreditada indubitadamente a relación de causalidade entre o funcionamento normal ou anormal do servizo público e o dano causado, que o particular non ten a obriga de soportar, esixida polos artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93, xa que a existencia do socavo, a pesares das frecuentes labores de reparación no vial, como sucede no presente suposto, supón unha situación de risco para os usuarios da estrada, por incumprimento dos deberes de conservación das vías públicas e da seguridade nas mesmas que se deducen inmediatamente da súa titularidade. Polo exposto, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Estimar a solicitude de indemnización presentada por Dona Noa Montenegro Mosquera, por danos en vehículo producidos a consecuencia dun socavo na E.P. 2906 Os Valos-Guizán, no Concello de Mos, o día 03/02/13, valorados en 227,87 €, segundo a factura de reparación achegada coa instancia pola reclamante. Segundo.- En consecuencia, aprobar o gasto, recoñecer a obriga e declarar o aboo a Dona Noa Montenegro Mosquera da citada cantidade de 227,87 € con cargo á consignación orzamentaria 2014/456.453.21000 do presuposto, segundo documento R.C. da Intervención de data 1 de xullo de 2014 e número de operación 201400085046, sometido á condición suspensiva da aportación pola interesada do número de conta co debido recoñecemento de sinatura e ratificación de datos pola entidade bancaria, así como copia do seu D.N.I., no prazo de DEZ DIAS a partir da notificación de presente acordo. Terceiro.- Dar traslado desta Resolución ó interesado e á Intervención, así como á Correduría de Seguros Lariño, S.L. a efectos do ingreso á conta desta Deputación en Novagaliciabanco núm. ES17-2080-5401-5731-1010-6612 a cantidade de 77,57 €, importe resultante de restar ós 227,87 € a franquía de 150,00 € estipulada na póliza subscrita con MAPFRE EMPRESAS CÍA DE SEGUROS, S.A. 5.22305.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “CONSTRUCIÓN DE EDIFICIO AUXILIAR E ADECUACIÓN VESTIARIOS EN CAMPO DE FÚTBOL LOURO-TAMEIGA”, INCLUÍDA NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS PROVINCIAIS 2013 (POSP/13) Resultando que o Concello de Mos solicitou formalmente e en prazo unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Construción de edificio auxiliar e adecuación vestiarios en campo de fútbol Louro-Tameiga”; e vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan de Obras e Servizos Provinciais 2013, segundo as bases reguladoras aprobadas polo Pleno Provincial, en sesión ordinaria de 07/08/2013 (aplicación 2014/942.942.652.45.2013). Vistos o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación, o informe do Servizo de Infraestruturas de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto, e o informe da Intervención provincial de fiscalización do expediente de concesión de subvención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ó Concello de Mos, CIF.:P3603300I, unha subvención por importe de oitenta e tres mil setecentos corenta e catro euros con setenta e catro céntimos (83.744,74 €) para a realización do investimento “Construción de edificio auxiliar e adecuación vestiarios en campo de fútbol Louro-Tameiga” (Ref.: POSP/13/00981/2013000146), cun orzamento polo mesmo importe, (83.744,74 €). Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.652.45.2013 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. 2. Iniciar o expediente de contratación do investimento salientado, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.22306.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “AMPLIACIÓN DE APARCADOIRO EN AS CERCAS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Gondomar no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Ampliación de aparcadoiro en As Cercas”; vistos os informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 16.2 das bases de execución dos orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Gondomar con CIF núm. P3602100D, a cantidade de setenta e nove mil douscentos setenta e dous euros con vinte e sete céntimos (79.272,27€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00920/201400103), denominado “Ampliación de aparcadoiro en As Cercas” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 79.272,27 €. Non obstante, tal e como se reflicte na memoria do investimento a executar, será necesario que antes do 31 de decembro de 2014 ou, no seu caso, no momento da xustificación da presente subvención ó concello achegue os permisos sectoriais preceptivos e necesarios para a realización da obra, polo que a efectividade da subvención queda condicionada a este pormenor. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 7.22307.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE A GUARDA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “RENOVACIÓN DE PAVIMENTOS EN DIVERSAS RÚAS DE A GUARDA”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de A Guarda no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Renovación de pavimentos en diversas rúas de A Guarda”; vistos os informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de A Guarda con CIF núm. P3602300J, a cantidade de cento setenta e oito mil cento noventa e catro euros con cincuenta e oito céntimos (178.194,58€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00990/201400102), denominado “Renovación de pavimentos en diversas rúas de A Guarda” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 178.194,58 €. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial na que existe crédito para facer fronte ó gasto. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 8.22308.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MORAÑA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “URBANIZACIÓN E APARCADOIROS NO CONTORNO DO CENTRO DE SAÚDE”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Moraña no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Urbanización e aparcadoiros no contorno do centro de saúde”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Moraña con CIF núm. P3603200A, a cantidade de sesenta e un mil noventa e oito euros con setenta e oito céntimos (61.098,78 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00609/201400100), denominado “Urbanización e aparcadoiros no contorno do centro de saúde”, cun orzamento polo mesmo importe (61.098,78 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 9.22309.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MONDARIZ-BALNEARIO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “RENOVACIÓN DE BEIRARRÚAS EN RÚA CONSTITUCIÓN TRAMO IGREXA- RÚA OUTÓN”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Mondariz-Balneario solicitou formalmente e en prazo unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Renovación de beirarrúas en rúa Constitución tramo Igrexa-rúa Outón”; e vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Mondariz-Balneario con CIF núm. P3603100C, a cantidade de oitenta e seis mil oitenta e catro euros con cincuenta e sete céntimos (86.084,57 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00980/201400101), denominado “Renovación de beirarrúas en rúa Constitución tramo Igrexa-rúa Outón”, cun orzamento polo mesmo importe, (86.084,57 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 10.22310.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MOS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “REAFIRMADO VIAIS PÚBLICOS DAS PARROQUIAS DE TAMEIGA E PEREIRAS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Mos no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Reafirmado viais públicos das parroquias de Tameiga e Pereiras”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Mos con CIF núm. P3603300I, a cantidade de setenta e sete mil catrocentos noventa e sete euros con doce céntimos (77.497,12 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00981/201400097), denominado “Reafirmado viais públicos das parroquias de Tameiga e Pereiras”, cun orzamento polo mesmo importe (77.497,12 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 11.22311.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA DE SEGURIDADE NA RÚA RANS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Nigrán no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Mellora da seguridade na rúa Rans”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Nigrán con CIF núm. P3603500D, a cantidade de douscentos sesenta e oito mil trescentos trinta e seis euros con doce céntimos (268.336,12 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00983/201400098), denominado “Mellora da seguridade na rúa Rans”, cun orzamento polo mesmo importe (268.336,12 €). Non obstante esta concesión queda condicionada, tal e como se desprende do informe da Intervención provincial, a que, estándose a tramitar un expediente de cambio de titularidade da rúa obxecto da subvención, que xa conta co informe favorable da Axencia Galega de Infraestruturas, será necesario que antes de iniciar a execución das obras o concello posúa a titularidade da estrada así como os permisos e licenzas necesarios para levar a cabo as mesmas debendo quedar debidamente acreditados estes requisitos antes do 31 de decembro de 2014 tal e como figura na base sétima reguladora do PUSIM/14. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 12.22312.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE O PORRIÑO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “ROTONDA EN A MOTA E ENTORNO”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de O Porriño no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14) polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, para financiar o investimento, denominado “Rotonda en A Mota e entorno”; e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de O Porriño con CIF núm. P3603900F, a cantidade de douscentos trece mil catrocentos vinte e seis euros con trinta e cinco céntimos (213.426,35€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00794/201400099), denominado “Rotonda en A Mota e entorno”, cun orzamento polo mesmo importe, (213.426,35 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 13.22313.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2013001427 “MURO CONTENCIÓN CARBALLEIRA DA MAGDALENA” ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE MAGDALENA (CUNTIS), INCLUÍDA NO PAC-2013 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, acordou concederlle á Asociación de veciños da Magdalena (Cuntis) polo sistema de concorrencia competitiva, unha subvención de 5.000,00 € para “Muro contención carballeira da Magdalena” (Ref. 2013001427), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2013. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2013, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2014. Resultando que con data 30/06/2014 núm. de rexistro de entrada 2014065967, Dª María Josefa Pérez Castro, representante da Asociación de veciños de Magdalena (Cuntis), presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación antes mencionada, motivando dita solicitude en que non teñen aínda o permiso de Patrimonio para a realización da dita obra. Considerando o exposto na base décimo terceira reguladora do PAC/2013, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar por recoñecemento extraxudicial a concesión de ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2014 con carácter improrrogable, para a actuación “Muro contención carballeira da Magdalena” Asociación veciños da Magdalena (Cuntis), incluída no PAC–2013. 14.22314.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2013000936 “MELLORA DAS INSTALACIÓNS CINEXÉTICAS” AGRUPACIÓN VECIÑAL A LAXE E O SEU ENTORNO (FORNELOS DE MONTES), INCLUÍDA NO PAC-2013 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, acordou concederlle á Agrupación veciñal A Laxe e o seu entorno (Fornelos de Montes) polo sistema de concorrencia competitiva, unha subvención de 2.500,00 € para “Mellora das instalacións cinexéticas” (Ref. 2013000936), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2013. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2013, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2014. Resultando que con data 30/06/2014 núm. de rexistro de entrada 2014066035, a Asociación veciñal A Laxe e o seu entorno, presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación antes mencionada, motivando dita solicitude en non poder levar a cabo as actuacións no prazo previsto. Considerando o exposto na base décimo terceira reguladora do PAC/2013, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar por recoñecemento extraxudicial a concesión de ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2014 con carácter improrrogable, para a actuación “Mellora das instalacións cinexéticas” Agrupación veciñal A Laxe e o seu entorno (Fornelos de Montes), incluída no PAC–2013. 15.22315.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2013000623 “MATERIAL PARA REPOSICIÓN DA REDE DE TUBAXE, AUGA POTABLE – 3ª FASE” ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE COSOIRADO (MORAÑA), INCLUÍDA NO PAC-2013 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, acordou concederlle á Asociación de veciños de desenvolvemento rural de Cosoirado (Moraña) polo sistema de concorrencia competitiva, unha subvención de 1.000,00 € para “Material para reposición da rede de tubaxe, auga potable – 3ª fase” (Ref. 2013000623), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2013. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2013, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2014. Resultando que con data 30/06/2014 núm. de rexistro de entrada 2014065888, a Asociación de veciños de desenvolvemento rural de Cosoirado (Moraña), presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación antes mencionada, motivando dita solicitude en que non teñen a totalidade da documentación requirida para a xustificación. Considerando o exposto na base décimo terceira reguladora do PAC/2013, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar por recoñecemento extraxudicial a concesión de ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2014 con carácter improrrogable, para a actuación “Material para reposición da rede de tubaxe, auga potable – 3ª fase”, Asociación de veciños de desenvolvemento rural de Cosoirado (Moraña), incluída no PAC–2013. 16.22316.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2013001057 “MELLORA CEMITERIO PARROQUIAL” COMISIÓN CEMITERIO SANTA MARÍA DE SALCEDA (SALCEDA DE CASELAS), INCLUÍDA NO PAC-2013 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, acordou concederlle á Comisión Cemiterio Sta. María de Salceda (Salceda de Caselas) polo sistema de concorrencia competitiva, unha subvención de 8.000,00 € para “Mellora cemiterio parroquial” (Ref. 2013001057), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2013. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2013, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2014. Resultando que con data 30/06/2014 núm. de rexistro de entrada 2014065763, a Comisión Cemiterio Sta. María de Salceda (Salceda de Caselas), presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación antes mencionada, motivando dita solicitude a diferentes percances ca autorización de Patrimonio, e inclemencias meteorolóxicas. Considerando o exposto na base décimo terceira reguladora do PAC/2013, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar por recoñecemento extraxudicial a concesión de ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2014 con carácter improrrogable, para a actuación "Mellora cemiterio parroquial”, da Comisión Cemiterio Sta. María de Salceda (Salceda de Caselas), incluída no PAC–2013. 17.22317.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2013001113 “MELLORAS NO CEMITERIO PARROQUIAL” AGRUPACIÓN VECIÑAL SAN XURXO (SALCEDA DE CASELAS), INCLUÍDA NO PAC-2013 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, acordou concederlle á Agrupación veciñal San Xurxo (Salceda de Caselas) polo sistema de concorrencia competitiva, unha subvención de 5.200,00 € para “Melloras no cemiterio parroquial” (Ref. 2013001113), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2013. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2013, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2014. Resultando que con data 30/06/2014 núm. de rexistro de entrada 2014065768, a Agrupación veciñal San Xurxo (Salceda de Caselas), presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación antes mencionada, motivando dita solicitude na demora na concesión de licenza por parte do Concello de Salceda de Caselas. Considerando o exposto na base décimo terceira reguladora do PAC/2013, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar por recoñecemento extraxudicial a concesión de ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2014 con carácter improrrogable, para a actuación “Melloras no cemiterio parroquial”, da Agrupación veciñal San Xurxo (Salceda de Caselas), incluída no PAC–2013. 18.22318.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2013000785 “INSTALACIÓN DE MOTOBOMBA E CONTADORES” CONVENIO DE USUARIOS DE AUGAS DE BOUZAPANDA (SALCEDA DE CASELAS), INCLUÍDA NO PAC-2013 Resultando que a Xunta de Goberno, na sesión do 15 de novembro de 2013, acordou concederlle ó Convenio de Usuarios de Aguas de Bouzapanda (Salceda de Caselas) polo sistema de concorrencia competitiva, unha subvención de 3.600,00 € para “Instalación de motobomba e contadores” (Ref. 2013000785), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2013. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2013, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2014. Resultando que con data 28/06/2014 núm. de rexistro de entrada 2014066093, a comunidade Convenio de Usuarios de Aguas de Bouzapanda (Salceda), presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación antes mencionada, motivando dita solicitude no retraso en la resolución de autorización por parte da Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, así como a climatoloxía do pasado inverno. Considerando o exposto na base décimo terceira reguladora do PAC/2013, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar por recoñecemento extraxudicial a concesión de ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2014 con carácter improrrogable, para a actuación “Instalación de motobomba e contadores”, da comunidade Convenio de Usuarios de Aguas de Bouzapanda (Salceda de Caselas), incluída no PAC–2013. 19.22319.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DE CICLO SUPERIOR EN COMERCIO INTERNACIONAL DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2013 EN EMPRESAS DO SECTOR PRIVADO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Por acordo adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 2 de agosto de 2013 aprobouse o Plan de práctica laboral no ámbito do sector privado 2013, dirixido a mozos titulados universitarios ou de formación profesional. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira convocouse e seleccionouse ás empresas e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 150 de data 7 de agosto de 2013 publicouse a convocatoria do Plan de práctica laboral da Deputación Provincial en empresas do sector privado da Provincia de Pontevedra, coa finalidade de seleccionar ás empresas que se atopasen en mellores condicións e que puidesen engadir valor á formación académica ou profesional dos mozos ós que vai dirixido, ofrecendo unhas boas perspectivas de empregabilidade. No Boletín Oficial da Provincia nº 209, do 30 de outubro de 2013, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 424 bolsas de práctica laboral en empresas privadas da provincia de Pontevedra destinadas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional sen experiencia laboral previa coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Por Resolución Presidencial de data 17 de decembro de 2013, ratificada por acordo adoptado na Xunta de Goberno celebrada o 20 de xaneiro do 2013, ampliouse o número total de bolsas convocadas de 424 a 483, con fin de favorecer a un maior número de aspirantes. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno, en sesión celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse 439 bolsas con efectos do 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses. A bolsa de Ciclo superior en comercio internacional con número de expediente E18 que lle fora concedida a Noelia Sobrino González queda en suspenso por renuncia da empresa a 9 de xaneiro de 2014 e por acordo adoptado en Xunta de Goberno en sesión celebrada o 31 de xaneiro de 2014 reasígnase dita bolsa á empresa Viña Cartín S.L., con efectos do 1 de febreiro de 2014 ata o 20 de xullo de 2014. Na base novena da convocatoria establécese que as bolsas terán unha duración de seis meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros 6 meses máis por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderá prorrogarse por Resolución Presidencial dando conta a Xunta de Goberno. Na base décima da convocatoria establécese que antes de que transcorran os últimos quince días do quinto mes do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e á vista da memoria presentadas os titores consideran que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 105 da Lei 5/1997 de administración local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 3 de xullo de 2014, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prorrogar a bolsa concedida a Noelia Sobrino González dende o 21 de xullo de 2014 ata o 31 de decembro de 2014 tal e como se relaciona a continuación: Exp. Titulación Nome e apelidos Empresa Importe E18 Ciclo superior en comercio internacional Noelia Sobrino González Viña Cartín, S.L. 700 € A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2014 un total de 3.756,66 €, sendo o custo da seguridade social de 34,72€/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2014 un total de 173,60 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 14/921.241.481.47.2013 e 14/921.241.160.47.2013 do orzamento provincial. 20.22320.- REVOGACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS, POR SUPERACIÓN DO LÍMITE DE 30 DÍAS EN SITUACIÓN DE INCAPACIDADE TEMPORAL Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de decembro de 2013 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 30 de decembro de 2013 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 30 de decembro de 2013 iniciou as súas prácticas laborais do expediente E13, a bolseira Raquel Rodríguez Canabal na empresa Eduardo Castiñeira, S.L., causando baixa por incapacidade temporal dende o día 2 de xuño de 2014 ata a data de hoxe, transcorrendo polo tanto máis de 30 días nesta situación. A base décimo primeira da convocatoria das bolsas, establece que en calquera momento a Xunta de Goberno poderá, a proposta das empresas e mediante resolución motivada, revogar a bolsa á persoa adxudicataria que non cumpra debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento da empresa de destino, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, suspendendo o aboamento destas, cando concorran entre outras causas, a de estar de baixa por incapacidade temporal de duración superior a 30 días. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade revogar a bolsa adxudicada a Raquel Rodríguez Canabal na empresa Eduardo Castiñeira, S.L. dende o día de hoxe, 7 de xullo de 2014. 21.22321.- RATIFICACIÓN DE DIVERSAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS QUE DAN POR FINALIZADAS AS BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL POR RENUNCIAS DOS BOLSEIROS De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar as seguintes Resolucións Presidenciais: - Resolución Presidencial nº 2014019684 de data 30 de xuño de 2014 pola que se resolve dar por finalizadas as prácticas da bolseira Tania Alonso Araújo na empresa SMG Services & Consult S.L.U. con efectos do día 30 de xuño. - Resolución Presidencial nº 2014019685 de data 30 de xullo de 2014 pola que se resolve dar por finalizadas as prácticas do bolseiro José Luis Trassierra Lois na empresa Magallanes Renovables, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014019686 de data 1 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Daniel González Bugarín na empresa Juan Carlos Solleiro Nogueira (Taller Multimarca) con efectos do día 30 de xuño de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014019687 de data 30 de xuño de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Fernando Barreiro Huerga na empresa Taberga, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014019688 de data 1 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro José Alberto Santiago Acuña na empresa Tobiauto, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014019949 de data 3 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Fabián Abalde Salgueiro na empresa Intrumol, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014019950 de data 3 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Diana Puentes Gómez na empresa Bodegas Coto Redondo, S.L. con efectos do día 2 de xullo de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014019951 de data 3 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas da bolseira Susana Galiñanes Costa na empresa Academia Bastón, S.L. con efectos do día 30 de xuño de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014020072 de data 4 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro José López Raña na empresa Instalectra con efectos do día 3 de xullo de 2014. - Resolución Presidencial nº 2014020073 de data 4 de xullo de 2014 resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Ana Novoa García na empresa Deseño e Modelado de Superficies, S.A. con efectos do día 3 de xullo de 2014. 22.22322.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Inicia, formación y consultoría, S.L. A empresa Inicia, formación y consultoría, S.L. (CIF B 70032289), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de contratos do sector público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de contratos do sector público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de tres mil cincuenta e oito euros con setenta céntimos (3.058,70 €), para responder do contrato relativo a: Organización e impartición dos cursos do programa “Actívate 2014”; que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/10/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200084025, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Bouzo, S.L. A empresa Construcciones Bouzo, S.L. (CIF A- 36146504), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de contratos do sector público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de contratos do sector público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Novagalicia Banco, por importe de seis mil catrocentos un euros con oitenta e oito céntimos (6.401,88 €), para responder do contrato relativo a: Construción do edificio social en Guillade (Ponteareas); que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100021680, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 23.22323.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 24.22324.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DAS OBRAS DO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (POSP 2013), 7ª RELACIÓN DE PROXECTOS A crise económica provocou un descenso nos orzamentos municipais, que se manifesta, entre outros capítulos, no de investimentos, o que impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público dentro do seu marco de competencias. Entre as diferentes competencias que as Deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social e, en xeral, a administración dos intereses peculiares da provincia, e así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Co fin de permitir os concellos levar a cabo os seus proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía e o emprego da provincia, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do día 7 de agosto de 2013, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2013, que conta cunha consignación orzamentaria dispoñible de 15.000.000 de euros, que ten por obxecto aumentar o investimento público nos concellos da Provincia de Pontevedra cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes. Os Concellos de Mos e Soutomaior solicitaron acollerse a este plan provincial de obras e servizos 2013, e presentaron a documentación esixida na base sétima da convocatoria e os seguintes proxectos: Concello Proxecto Aprobación subvención Mos Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda Xunta de Goberno 13 de xuño de 2014 Mos Reparación do firme na estrada Gxaneiroso Domínguez en Coto-Cela Soutomaior “Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueiron-Arcade” Visto o informe emitido polo Sr. Secretario, de data 7 de xullo de 2014, sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexerán nesta contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, faculta a esta Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio de 2013, concretamente na Base 16ª, a Xunta de goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar a seguinte relación de proxectos: 7ª relación de proxectos POSP 2013 Nº Expediente Concello Proxecto POSP/13/00981/2013000143 Mos Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda POSP/13/00981/2013000142 Mos Reparación de firme na estrada Gxaneiroso Domínguez en Coto-Cela POSP/13/00988/2013000140 Soutomaior Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueiron-Arcade Segundo.-Aprobación do expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución das obras definidas na sétima relación de proxectos POSP 2013. O orzamento total para a execución destas obras ascende á cantidade de douscentos noventa e dous mil cincocentos sesenta e dous euros con vinte e dous céntimos (292.562,22 € ), realizándose a súa contratación coa distribución nas seguintes obras: Obra Concello Importe IVE Importe total 1 Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda Mos 97.528,18€ 20.480,92€ 118.009,10€ 2 Reparación do firme na estrada Gxaneiroso Domínguez en Coto-Cela Mos 85.590,69€ 17.974,04€ 103.564,73€ 3 Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueiron-Arcade Soutomaior 58.668,09€ 12.320,30€ 70.988,39€ Así mesmo acorda: - Autorizar o gasto polo importe total de 292.562,22 € con cargo á aplicación orzamentaria 2014/942.942.652.45.2013, e distribuído en función das cantidades estipuladas para cada unha das obras. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental. - Iniciarase o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento a partir do día seguinte a publicación do anuncio no Boletín Oficial de Pontevedra por un prazo mínimo de 26 días naturais. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DAS OBRAS CORRESPONDENTES Á 7ª RELACIÓN DE PROXECTOS POSP 2013 OBRA 1: POSP/13/00981/2013000143 “Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda (Mos)” OBRA 2: POSP/13/00981/2013000142 “Reparación do firme na estrada Gxaneiroso Domínguez en Coto-Cela (Mos)” OBRA 3: POSP/2013/00988/2013000140 “Reforma do alumeado do campo de fú tbol de Salgueiron-Arcade (Soutomaior)” 1. ANTECEDENTES A crise económica provocou un descenso nos orzamentos municipais, que se manifesta, entre outros capítulos, no de investimentos, o que impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público dentro do seu marco de competencias. Entre as diferentes competencias que as deputacións teñen encomendadas polas leis estatais e autonómicas encóntrase a cooperación no fomento do desenvolvemento económico- social e, en xeral, a administración dos intereses peculiares da provincia, e así se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Co fin de permitir os concellos levar a cabo os seus proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía e o emprego da provincia, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do día 7 de agosto de 2013, acordou aprobar as bases reguladoras do plan provincial de obras e servizos 2013, que conta cunha consignación orzamentaria dispoñible de 15.000.000 de euros. 2. OBXETO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é a execución das obras descritas no apartado 1 do anexo I, e definidas nos correspondentes proxectos aprobados pola Administración, que recolle as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato e os factores de toda orde a ter en conta. Nos proxectos constan os documentos esixidos no artigo 123 do TRLCSP, despois de contemplarse na súa elaboración os preceptos do Libro II, título I, capítulo II, sección 2ª do RXLCAP. A memoria, os planos, os cadros de prezos, o prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares, revestirán carácter contractual. Os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas elas, agás que se estableza un número máximo de obras por licitador, para o que se estará ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. 3. FINANZAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do xeito que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego, incluíndo na mencionada contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten superando o orzamento base de licitación serán desbotadas automaticamente. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde: 0,50 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningunha porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e dos gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais e autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 4. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto nos pregos, estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización (en diante TRLCSP), o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que fan parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, Seguridade Social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 5. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos no dito texto legal. 6. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou cando así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, avisos e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 7. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se indique no apartado 2 do anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e mais as circunstancias nas que constitúan a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración, debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. A finalidade destas empresas será realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo estimado para a execución das obras, contando dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no apartado 1 do anexo I. O contratista deberá presentar, antes da formalización do contrato, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras en relación co prezo que se van realizar en cada prazo. Estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Este prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e con petición previa do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prórroga proposta pola dirección da obra o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 9. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Esta imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 10. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. No caso de non se cumprir o prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 11. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 11.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación (na sede de Pontevedra, de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00 horas, os sábados de 9:00 a 13:00 horas; na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de vinte e seis días, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 11.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C, en función do sobre correspondente). - Obra núm.… (especificar o número de obra a que se licita). - Núm. de expediente (no caso de que se coñeza). - Denominación do contrato. - Nome do licitador. - CIF. - Enderezo, correo-e e teléfono de contacto. - Número de inscrición no Rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 12. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - o titular da corporación ou o membro no quen delegue Vogais: - o secretario xeral - o interventor - o director de Infraestruturas Secretario: - o xefe do servizo de Contratación 13. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación, a Mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sinalará, en acto público, as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. Dita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase, no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Darase a coñecer, neste acto, a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeráselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que obtivese a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 14. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PROPOÑA A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar todos os informes técnicos que estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa coa oferta mais vantaxosa que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 14.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer ó asinamento de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal cada unha delas, deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, ou representen a unha persoa xurídica, deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 14.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3. Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5. Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial. 6. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 15. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase nunha resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados no artigo 152.3 do TRLCSP e 22.f do R.d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselle ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da mesa de contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 16. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial do contrato, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia, profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. As administracións públicas e demais entes públicos contratantes poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen neles. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitiranlle ó ente público contratante, cando este o solicite, a relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato, xunto coas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar, a solicitude do ente público contratante, un xustificante de cumprimento dos pagamentos unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigas considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, fará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, para non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á entidade contratante. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios; a concesión de permisos, licenzas e vacacións; as substitucións dos traballadores nos casos de baixa ou ausencia; as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra; as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais; o exercicio da potestade disciplinaria; así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións agás que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que fan parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que fan parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar, polo menos, un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dunha banda, e a entidade contratante, doutra banda, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e transmitirlles as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato debendo, para ese efecto, coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar a entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA TRAS O ASINAMENTO DO CONTRATO Unha vez asinado o contrato o contratista terá a obriga de realizar as seguintes actuacións: 19.1. Control de seguridade e saúde: Deberá contactar coa empresa encargada do control da seguridade e saúde das obras da Deputación. Datos de contacto: Empresa: Atenea Seguridade e Ambiente (A82876905). Enderezo: rúa Médico Ballina, 73, 36005 Pontevedra. Teléfono: 986 873 176 Correo-e: delegacion.galicia@ateneasa.com. 19.2. Elaboración do Plan de seguridade e saúde de obra: Realizarase en base ó Estudo de Seguridade e Saúde ou, no seu caso, Estudo Básico de Seguridade e Saúde do proxecto (artigo 7 do Real decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción). En obras sen proxecto elaborarase unha avaliación de riscos aplicable á obra, sendo necesaria para a posterior comunicación de apertura do centro de traballo (Orde TIN/1071/2010, de 27 de abril, sobre os requisitos e datos que deben reunir as comunicacións de apertura ou de continuación de actividades nos centros de traballo). Estes documentos entregáronselle a Atenea, que realizará os seguintes trámites ante a Deputación de Pontevedra: a) Aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra. b) Nomeamento do coordinador de seguridade e saúde durante a execución da obra. O Plan de seguridade e saúde deberá ser aprobado polo órgano de contratación antes do inicio da obra, co informe previo do coordinador nesta materia durante a execución da obra ou do director, no seu caso. 19.3. Comunicación de apertura do centro de traballo: Con anterioridade ó comezo dos traballos solicitarase a apertura do centro de traballo ante a autoridade laboral competente. Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Relacións Laborais de Vigo: Enderezo: rúa Concepción Arenal, núm. 8, 2º, 36202 Vigo Documentos que se deben achegar xunto co modelo/impreso oficial: Plan de seguridade e saúde aprobado ou avaliación dos riscos. Habilitación do Libro de Subcontratación ante a autoridade laboral competente (artigo 13 do Real decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción). 19.4. Solicitude de licenzas, autorizacións e impostos: O contratista, como substituto da Administración, está obrigado a xestionar o outorgamento de todas as licenzas, impostos, autorizacións e requirimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais e de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarios para o inicio, execución e entrega ó uso ou servizo das obras, solicitando da Administración os documentos que para iso sexan necesarios, sen prexuízo da actuación que a esta última lle corresponda. Así mesmo, o contratista estará obrigado a aboar nos prazos voluntarios establecidos o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos referidos anteriormente e calquera que graven a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista informando inmediatamente á Administración de cumprir os ditos trámites. Se se entende que as liquidacións practicadas non se axustan a dereito o contratista quedará lexitimado para interpor contra estas os recursos pertinentes, comunicándolle este extremo á Administración contratante. O importe destas cargas derivadas da obra son parte dos gastos asumidos pola oferta económica e conforme a esta estipulación contractual trasládolle o deber de pagamento ó adxudicatario do contrato asinado. 19.5. Inicio das obras: A execución da obra comezará co asinamento da acta de comprobación de replanteo. A data de formalización desta acta non poderá ser maior dun mes dende a sinatura do contrato. Tras a súa formalización a acta de comprobación de replanteo deberá remitírselle inmediatamente ó Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Non se tramitará ningunha certificación ata o mes seguinte da entrega na Deputación da acta de comprobación de replanteo. Naqueles casos nos que non resulten acreditadas as circunstancias que permitan considerar favorable a acta ou o director da obra considere necesaria a modificación das obras proxectadas, quedará suspendida a súa iniciación, facéndose constar na acta, e quedando obrigado a dar conta inmediata á Administración, que resolverá o que proceda. No momento de se ditar a resolución quedará suspendida a iniciación das obras dende o día seguinte ó do asinamento da acta, computándose a partir desta data o prazo de seis meses ó que fai referencia o artigo 238 do TRLCSP. Desaparecida a causa que motivou a falta de inicio o órgano de contratación ditará a resolución correspondente, que se lle notificará ó contratista. O prazo de execución empezará a contarse dende o día seguinte ó da recepción da notificación do acordo de autorización de inicio das obras. O disposto anteriormente aplicarase igualmente cando o contratista formulase reservas no acto de comprobación do replanteo. No entanto, se a xuízo do órgano de contratación tales reservas resultasen infundadas, non quedará suspendida a iniciación das obras nin, en consecuencia, será necesario ditar un novo acordo para que se produza a súa iniciación e se modifique o cómputo do prazo para a súa execución. A acta de comprobación do replanteo fará parte integrante do contrato ós efectos da súa esixibilidade. 19.6. Certificacións: A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. Emitirase a certificación aínda que o seu importe sexa 0. Deberán presentarse no Rexistro da Deputación, coa conformidade da dirección de obra e dos técnicos responsables, nos cinco primeiros días de cada mes. A factura deberase remitir unha vez estea conformada a certificación en todo caso antes dos 30 días da realización do obxecto do contrato; no rexistro de facturas contable só se rexistrará a factura. Aquelas certificacións e facturas que se presenten con data posterior, a Administración quedará coa potestade de non tramitalas ata o mes seguinte. Non se admitirán as facturas que teñan unha data anterior a cinco días dende a súa entrada no Rexistro. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación común e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se atopan na área de descargas da páxina web www.depo.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes de seguridade e saúde, a taxa por dirección de obra e a ofertada polo adxudicatario en concepto de control de calidade. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 19.7. Solicitude de prórroga no prazo de execución: As obras executaranse con estrita suxeición ós pregos de condicións, proxecto e o prazo ofertado. A prórroga é un instrumento excepcional que deberá ser expresamente concedido polo órgano de contratación, tras a previa petición do contratista ó que deberá acompañarse dun informe favorable do director de obra. 19.8. Modificación do proxecto: A consideración da necesidade da modificación do proxecto recae exclusivamente no director de obra, quen solicitará de forma inmediata a autorización do órgano de contratación para iniciar o correspondente expediente e redactar un proxecto modificado unha vez autorizado. Unicamente poderase modificar o contrato cando se estableza no anexo I, de forma clara, precisa e inequívoca as condicións en que poderá facerse uso desta posibilidade, ou polas circunstancias previstas no artigo 107 TRLCSP. 20. OUTROS GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Ademais dos anteriormente sinalados (gastos dos anuncios ou pagamento das licenzas de obrigado aboamento nos prazos voluntarios establecidos; o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos e calquera que grave a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista, informando inmediatamente á Administración do cumprimento os trámites), serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra, que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra. Na área de descargas de documentos da páxina web poderase atopar o deseño dos carteis. 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vencellado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que lle corresponden ó director facultativo das obras. 22. EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste lle desen ó contratista ou ó director facultativo, e se é o caso, ó responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a Administración poderá penalizar o contratista ata un importe do 10% do orzamento (art. 212.1 do TRLCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se lle causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas (art. 214 do TRLCSP). 23. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as obras sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que o mesmo non for imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, concederase polo órgano de contratación un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se producir a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poida oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a súa prórroga, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a si mesmo, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. A Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 24. RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicaralle á dirección da obra a data prevista para a terminación da execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Na recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración en representación desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido do seu facultativo, se o estima oportuno. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 25. XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante un informe ó que se engadirá unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21%). 26. LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado for favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, que, no último caso, lle será aboada a cantidade endebedada. 27. GARANTÍA DA OBRA A obra terá un período de garantía dende o día seguinte ó da data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía e á reparación dos danos producidos pola defectuosa execución da obra. De se producir un incumprimento dos deberes accesorios propios da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía e se non for suficiente, poderanse reclamar danos e perdas pola vía de constrinximento. Dentro do prazo dos quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este for favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó emprego do construído durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditarlle as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 28. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles mesmos, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo-e contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxesen reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 29. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 237 do TRLCSP. 30. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resolvidas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso- administrativa, a teor do disposto na lei reguladora desta xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: OBRA 1 Núm. de expediente: POSP/13/00981/2013000143 “Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda (Mos)” ANEXO I 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO Execución da obra “Reafirmado das glorietas das Angustias e da Costilleta en Sanguiñeda (Mos)” 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación contrato: obra CPV: 45000000 Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezo tanto alzado Importe sen IVE: 97.528,18 € IVE (21%): 20.480,92 € Total con IVE: 118.009,10 € B) FINANCIAMENTO: cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 2014/942.942.652.45.13 118.009,10 € Revisión de prezos: non procede, por ter un prazo de execución inferior a un ano. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en 3 meses contados desde o día seguinte ó do asinamento da acta de comprobación de replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS. CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: o adxudicatario deberá garantir cando menos por un ano a execución da obra. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista aplicarase o disposto no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 14.1. do prego económico- administrativo). Clasificación: non se precisa. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos cinco anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - As contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: - Relación das obras executadas no transcurso dos cinco últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. C) Declaración indicando a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vencellados ó obxecto do contrato: Criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): máximo de 50 puntos: • Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. • Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. • Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. • Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Criterios de valoración automática (sobre C): máximo de 50 puntos: • Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. • Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. 1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B) Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse do seguinte xeito: 1.1. Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó programa de traballo e á súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto provocará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21 %), mais indicaranse as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservando para si o dereito de as poder variar en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como mellora unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que a permitan. Os técnicos, en base á documentación aportada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 1.3.) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos: 1.- Definición da cuestión principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problema na súa execución en relación coa seguridade e saúde. Definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2.- Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes e outras. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3.- Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo I. do R.d. 1627/97). Neste apartado realizaranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias e que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4.- Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5.- Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e as ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e mais das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co seu protocolo de seguimento. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6.- Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos ós que están sometidos nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores. 7.- Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 1.4.) Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Para este programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión ambiental propostos. As medidas ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión ambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior ó 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 2. Enumeración dos criterios de valoración automática (sobre C) Nota importante: só se procederá á apertura e á valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios valoraranse en función da fórmula establecida no anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1) Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2) Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se achega no anexo II. 3) Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa execución, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4) As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou ó galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varias obras: No caso de que o contrato se divida en varias obras, se un mesmo licitador se presenta a varias obras poderá presentar un único sobre A. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada unha das obras ás que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa. 2. Memoria construtiva e programa de traballo. 3. Melloras ofertadas. 4. Memoria de seguridade e saúde. 5. Programa de actuacións ambientais. Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4 e cun límite máximo de 100 follas. Enténdese por folla unha cara dun folio. Poderase rexeitar unha proposición por incumprir esta condición. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicada sobre o orzamento de execución material da obra e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reserva para si o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro de relevo no importe da proposición ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. Os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas as mencionadas na referida relación. OBRA 2 Núm. de expediente: obra 2. POSP/13/00981/2013000142 “Reparación dO firme na estrada Gxaneiroso Domínguez en Coto-Cela” (MOS) ANEXO I 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO Execución da obra “Reparación do firme na estrada Gxaneiroso Domínguez en Coto-Cela” 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación contrato: obra CPV: 45000000 Trámite: ordinario Procedemento: aberto Órgano de contratación: Xunta de Goberno Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezo tanto alzado Importe sen IVE: 85.590,69 € IVE (21%): 17.974,04 € Total con IVE: 103.564,73 € B) FINANCIAMENTO: cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 2014/942.942.652.45.13 103.564,73 € Revisión de prezos: non procede, por ter un prazo de execución inferior a un ano. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en 2 meses y quince días contados desde o día seguinte ó do asinamento da acta de comprobación de replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS. CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: o adxudicatario deberá garantir cando menos por un ano a execución da obra. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista aplicarase o disposto no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 14.1. do prego económico- administrativo). Clasificación: non se precisa. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos cinco anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - As contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada. - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica - Relación das obras executadas no transcurso dos cinco últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. C) Declaración indicando a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vencellados ó obxecto do contrato: Criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): máximo de 50 puntos. • Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. • Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. • Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. • Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Criterios de valoración automática (sobre C): máximo de 50 puntos. • Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. • Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. 1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse do seguinte xeito: 1.1.) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos: Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó programa de traballo e á súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto provocará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21 %), mais indicaranse as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservando para si o dereito de as poder variar en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como mellora unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que a permitan. Os técnicos, en base á documentación aportada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 1.3.) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos: 1. Definición da cuestión principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problema na súa execución en relación coa seguridade e saúde. Definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes e outras. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo I. do R.d. 1627/97). Neste apartado realizaranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias e que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e as ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e mais das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co seu protocolo de seguimento. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos ós que están sometidos nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 1.4.) Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos: Para este programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión ambiental propostos. As medidas ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión ambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior ó 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 2. Enumeración dos criterios de valoración automática (sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e á valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios valoraranse en función da fórmula establecida no anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se achega no anexo II. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa execución, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou ó galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varias obras: No caso de que o contrato se divida en varias obras, se un mesmo licitador se presenta a varias obras poderá presentar un único sobre A Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada unha das obras ás que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa. 2. Memoria construtiva e programa de traballo. 3. Melloras ofertadas. 4. Memoria de seguridade e saúde. 5. Programa de actuacións ambientais. Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4 e cun límite máximo de 100 follas. Enténdese por folla unha cara dun folio. Poderase rexeitar unha proposición por incumprir esta condición. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicada sobre o orzamento de execución material da obra e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reserva para si o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro de relevo no importe da proposición ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. Os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas as mencionadas na referida relación. OBRA 3 “Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueiron-Arcade” (Soutomaior). Núm. de expediente: obra 3. POSP/2013/00988/2013000140 ANEXO I 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO “Reforma do alumeado do campo de fútbol de Salgueiron-Arcade” 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non. Cualificación contrato: obra. CPV: 45000000. Trámite: ordinario. Procedemento: aberto. Órgano de contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezo tanto alzado Importe sen IVE: 58.668,09 € IVE (21%): 12.320,30 € Total con IVE: 70.988,39 € B) FINANCIAMENTO: cadro de financiamento Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 2014/942.942.652.45.13 70.988,39 € Revisión de prezos: non procede, por ter un prazo de execución inferior a un ano. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó do asinamento da acta de comprobación de replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS. CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: o adxudicatario deberá garantir cando menos por un ano a execución da obra. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista aplicarase o disposto no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 14.1. do prego económico-administrativo). Clasificación: non se precisa. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos cinco anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - As contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: - Relación das obras executadas no transcurso dos cinco últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior óorzamento deste contrato, IVE incluído. C) Declaración indicando a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vencellados ó obxecto do contrato: Criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): máximo de 50 puntos: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Criterios de valoración automática (sobre C): máximo de 50 puntos: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. 1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. - Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse do seguinte xeito: 1.1.) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó programa de traballo e á súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto provocará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21 %), mais indicaranse as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservando para si o dereito de as poder variar en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como mellora unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que a permitan. Os técnicos, en base á documentación aportada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 1.3.) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos: 1. Definición da cuestión principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problema na súa execución en relación coa seguridade e saúde. Definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes e outras. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo I. do R.d. 1627/97). Neste apartado realizaranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias e que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e as ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e mais das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co seu protocolo de seguimento. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos ós que están sometidos nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 1.4.) Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos: Para este programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión ambiental propostos. As medidas ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión ambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior ó 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 2. Enumeración dos criterios de valoración automática (sobre C). Nota importante: só se procederá á apertura e á valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios valoraranse en función da fórmula establecida no anexo III. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se achega no anexo II. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa execución, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou ó galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varias obras: No caso de que o contrato se divida en varias obras, se un mesmo licitador se presenta a varias obras poderá presentar un único sobre A Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada unha das obras ás que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa. 2. Memoria construtiva e programa de traballo. 3. Melloras ofertadas. 4. Memoria de seguridade e saúde. 5. Programa de actuacións ambientais. Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4 e cun límite máximo de 100 follas. Enténdese por folla unha cara dun folio. Poderase rexeitar unha proposición por incumprir esta condición. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicada sobre o orzamento de execución material da obra e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reserva para si o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro de relevo no importe da proposición ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. Os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas as mencionadas na referida relación. ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrilo na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III FÓRMULA DE VALORACIÓN Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre C): Nota importante: só se procederá á apertura e a valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que supere os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: - Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. A) Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos: Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A e a análise técnica da documentación contida no sobre B. Para a valoración das ofertas admitidas administrativa e tecnicamente consideraranse dous posibles casos: CASO 1. A oferta máis baixa OMB das admitidas administrativa e tecnicamente é inferior estritamente ó 90% do Orzamento Base de Licitación (PBL), é dicir, 1.1. Se o orzamento ofertado pola empresa (Pro) é maior ou igual á Oferta Máis Baixa (OMB) das admitidas administrativa e tecnicamente e menor ou igual ó 90% do Orzamento Base de Licitación (PBL), é dicir, Se : a fórmula para empregar é a seguinte: Puntos oferta 1.2. Se o orzamento ofertado pola empresa (Pro) é maior estritamente ó 90% do Orzamento Base de Licitación PBL e menor ou igual ó Orzamento Base de Licitación (PBL), é dicir, Se : a fórmula para empregar é a seguinte: Puntos oferta CASO 2. A Oferta Máis Baixa (OMB) das admitidas administrativa e tecnicamente é maior ou igual ó 90% do Orzamento Base de Licitación (PBL), é dicir, a fórmula para empregar é a seguinte: Puntos oferta PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA): Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación (baixa temeraria) as proposicións nas que a porcentaxe de baixa supere nun 5% á porcentaxe de baixa media de todas as ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. Para calcular a Baixa Media (BM) e a Baixa Media Permitida (sen incorrer en temeridade), (BMP) utilízanse as seguintes ecuacións: a) Cálculo da Baixa Media (BM): A baixa da oferta económica da empresa i calcularase como: A porcentaxe de baixa da oferta económica da empresa i calcularase como: A baixa media de todas as porcentaxes das baixas das ofertas admitidas administrativa e tecnicamente é: sendo: oferta económica da empresa i n: número de ofertas admitidas administrativa e tecnicamente orzamento base de licitación porcentaxe de baixa de cada unha das ofertas admitidas administrativa e tecnicamente baixa media b) Cálculo da Baixa Máxima Permitida, sen incorrer en temeridade (BMP): sendo: Baixa Máxima Permitida, sen incorrer en temeridade Baixa Media Polo que se considerará temeraria unha oferta que incurra en: B) Proxecto de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos: Especificarase a porcentaxe sobre o Orzamento de Execución Material (PEM) que a empresa asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte desta da disposición dun certificado de calidade reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado. Esta porcentaxe será obrigatoriamente maior ou igual ó 1% e menor ou igual ó 5%. No caso de que sexa inferior ó 1% ou non se defina, a Deputación establecerá un valor do 1%, e no caso de que sexa superior ó 5%, a Deputación establecerá un valor do 5%. Para a valoración das ofertas admitidas consideraranse dous posibles tramos, separados polo punto de corte porcentual de control de calidade neste caso o valor do devandito punto é de 3%. Tramo 1. A porcentaxe do control de calidade sobre o PEM ofertado é maior ou igual ó 1% e menor ou igual ó PC%. Todos estes valores estudiaranse en porcentaxe e a puntuación do control de calidade ( ) será o resultado da seguinte fórmula: Tramo 1: sendo: Puntuación do control de calidade ofertada Tramo 2. A porcentaxe do control de calidade sobre o PEM ofertado é maior estritamente có PC% e menor ou igual ó 5%. Todos estes valores estudiaranse en porcentaxe e a puntuación do control de calidade ( ) será o resultado da seguinte fórmula: Tramo 2: ANEXO IV MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) D.ª/D............................................., maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................, titular do DNI.................., expedido na data.............., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ................................. (CIF núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de …….. (en letra e número) euros, máis .............. euros (en letra e número) correspondente ó IVE. - Prezo total (en letra e número): - % do control de calidade ofertado: - Melloras ofertadas (descrición): ANEXO V MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE OBRAS REALIZADAS ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN DE OBRAS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS Título do contrato:…………………………………………..…….…………….………..… Núm. de expediente …………………………..…………………….……………..…….… D.ª/D. ……………, con DNI núm. ………….., en nome propio ou en representación da empresa ………………, con NIF/CIF núm. ……… DECLARA que a relación de obras análogas ó obxecto deste contrato realizadas nos últimos cinco anos son as que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe ano 2009 Importe ano 2010 Importe ano 2011 Importe ano 2012 Importe ano 2013 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin Totais …………………., ….. de ………… de …….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 25.22325.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “PONTE RÍO DEVA-ROTONDA ENLACE E.P. 5002 – E.P. 5102 PONTE DAS ACHAS-ACHAS (A CAÑIZA) – NÚM. EXPTE. 2014009013) O Pleno da Corporación Provincial, en sesión de data 28/03/2014, aprobou definitivamente o proxecto de “Ponte río Deva, rotonda enlace E.P. 5002 con E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”, con orzamento para coñecemento da Administración de 650.369,97 €, IVE engadido, desgregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.127,31 €, e capítulo de expropiacións por importe de 92.242,66 €. A Deputación non conta con medios humanos e técnicos suficientes para levar por se mesma a execución desta actuación polo que resulta necesario a súa contratación. Visto o informe do Xefe do Servizo de Contratación, de data 1 de outubro de 2013, no que expón que considerando o Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, no seu artigo 6 tipifica este contrato como de obra ó ter por obxecto o resultado dun conxunto de traballos de construción ou de enxeñería civil, destinado a cumprir en por si unha función económica ou técnica, que teña por obxecto un ben inmoble ou a execución dalgún dos traballos enumerados no Anexo I. Tamén informa que o procedemento aberto é a forma ordinaria que debe utilizarse para a adxudicación destes contratos, tal e como establece o artigo 138.2 do citado R.d.l. 3/2011. Resultando que o Sr. Secretario Accidental emite informe relativo ó prego de condicións que rexerá no procedemento, no que o estima correcto xuridicamente para os fins propostos. Resultando que polo Sr. Interventor emítese informe de fiscalización do expediente certificando a existencia de crédito suficiente para levar a cabo esta actuación. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “Ponte río Deva, rotonda enlace E.P. 5002 con E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”. O orzamento deste contrato é de 461.262,24 €, máis a cantidade de 96.865,07 € correspondente ó IVE, o que fai un importe total de 558.127,31 €. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: Autorizar o gasto por importe de 558.127,31 €. Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental do contrato. Conceder un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. O expediente finánciase con cargo á aplicación 14/456.453.612.02.2013 do vixente orzamento provincial. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES XERAIS QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “PONTE RÍO DEVA, ROTONDA ENLACE E.P. 5002 CON E.P. 5102 PONTE DAS ACHAS-ACHAS (A CAÑIZA)” (EXPTE. 2014009013) 1.OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é a execución das obras descritas no apartado 1 do anexo I, e definidas nos correspondentes proxectos aprobados pola Administración, que recolle as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato e os factores de toda orde a ter en conta. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes, haberá un anexo I por cada unha delas. Dito proxecto consta dos documentos esixidos no artigo 123 do TRLCSP, despois de contemplarse na súa elaboración os preceptos do Libro II, título I, capítulo II, sección 2ª do RXLCAP. A memoria, os planos, os cadros de prezos, o prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares, revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes, os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas elas, agás que se estableza un número máximo de obras por licitador, para o que se estará ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato será financiado do xeito que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato ascende á cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego, incluíndo na mencionada contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente son de conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións que se presenten superando o orzamento base de licitación serán desbotadas automaticamente. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material e comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde: 0,50 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningunha porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial: aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e dos gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais e autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. RÉXIME XURÍDICO En todo o non previsto nos pregos, estarase ó disposto no Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público, o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP e no que sexa aplicable no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que fan parte deste non eximirá ó contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada, supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, Seguridade Social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos no dito texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou cando así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de internet (www.depo.es) o seu perfil de contratante. Neste perfil publicaranse todas as noticias, avisos e documentación relativos a este contrato. Calquera dúbida existente acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se indique no apartado 2 do anexo I, nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e mais as circunstancias nas que constitúan a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración, debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. A finalidade destas empresas será realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo estimado para a execución das obras, contando dende o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no apartado 1 do anexo I. O contratista deberá presentar, antes da formalización do contrato, un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras en relación co prezo que se van realizar en cada prazo. Estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Este prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e con petición previa do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prórroga proposta pola dirección da obra o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5% do prezo. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. Esta imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados dende o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. No caso de non se cumprir o prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a solicitarlle a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS, LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN, FORMALIDADES E DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación (na sede de Pontevedra, de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 17:00 a 19:00 horas, os sábados de 9:00 a 13:00 horas; na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) dentro dun prazo de vinte e seis días, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 10.2. Formalidades Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: - Sobre (A, B ou C, en función do sobre correspondente). - Obra núm.… (especificar o número de obra a que se licita). - Núm. de expediente (no caso de que se coñeza). - Denominación do contrato. - Nome do licitador. - CIF. - Enderezo, correo-e e teléfono de contacto. - Número de inscrición no Rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada da seguinte maneira: Presidente: - o titular da corporación ou o membro no quen delegue. Vogais: - o secretario xeral. - o interventor. - o director de Infraestructuras. Secretario: - o técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación, a Mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente a Mesa, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sinalará, en acto público, as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. Dita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase, no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Darase a coñecer, neste acto, a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os puntos indicados no apartado 3 do anexo I. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e propoñeráselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador que obtivese a oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POLA EMPRESA QUE PROPOÑA A OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, para cuxo efecto poderá solicitar todos os informes técnicos que estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa coa oferta mais vantaxosa que, dentro do prazo de dez días hábiles, presente a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante un informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer ó asinamento de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas, constituíndo unha unión temporal cada unha delas, deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, ou representen a unha persoa xurídica, deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público cunha antigüidade non superior a 6 meses. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato. O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social, ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3. Orixinal ou copia compulsada da alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo completado cunha declaración responsable de non estar dado de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir a execución do contrato. 5. Deberá indicarse a parte do contrato que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial. 6. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 7. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicar o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto, se se atende a unha pluralidade de criterios, ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo, cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase nunha resolución motivada no prazo máximo de dous meses, a contar dende a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando dende a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados no artigo 152.3 do TRLCSP e 22.f do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselle ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil de contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da mesa de contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial do contrato, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberá indicarse na oferta (sobre B) a parte que teñan previsto subcontratar, sinalando a súa porcentaxe con respecto á totalidade do contrato e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia, profesional ou técnica, dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións, así como a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación, poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50% do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á administración contratante polas obrigas contraídas con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, segundo o indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. As administracións públicas e demais entes públicos contratantes poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagamentos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos han de facer a todos os subcontratistas ou subministradores que participen neles. En tal caso, os contratistas adxudicatarios remitiranlle ó ente público contratante, cando este o solicite, a relación detallada daqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato, xunto coas condicións de subcontratación ou subministración de cada un deles que garden unha relación directa co prazo de pagamento. Así mesmo, deberán achegar, a solicitude do ente público contratante, un xustificante de cumprimento dos pagamentos unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pagamento legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, no que lle sexa de aplicación. Estas obrigas considéranse condicións esenciais de execución, cuxo incumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que para ese efecto se conteñan nos pregos. 16. REGRAS ESPECIAIS RESPECTO DO PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, fará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento daqueles requisitos. A empresa contratista procurará que exista estabilidade no equipo de traballo, e que as variacións na súa composición sexan puntuais e obedezan a razóns xustificadas, para non alterar o bo funcionamento do servizo informando en todo momento á entidade contratante. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e pagamento dos salarios; a concesión de permisos, licenzas e vacacións; as substitucións dos traballadores nos casos de baixa ou ausencia; as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra; as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais; o exercicio da potestade disciplinaria; así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente porque os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan a súa actividade sen extralimitarse nas funcións desempeñadas respecto da actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato nas súas propias dependencias ou instalacións agás que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos e entidades que fan parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que fan parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar, polo menos, un coordinador técnico ou responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dunha banda, e a entidade contratante, doutra banda, en todo o relativo ás cuestións derivadas da execución do contrato. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e transmitirlles as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación coa prestación do servizo contratado. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñen encomendadas, así como controlar a asistencia do persoal ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato debendo, para ese efecto, coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do servizo. e) Informar a entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 17. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato nun documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ó da notificación da adxudicación, constituíndo este documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non se poderá iniciar a execución do contrato sen a súa formalización previa. 18. OBRIGAS DO CONTRATISTA TRAS O ASINAMENTO DO CONTRATO Unha vez asinado o contrato o contratista terá a obriga de realizar as seguintes actuacións: 18.1. Control de seguridade e saúde: Deberá contactar coa empresa encargada do control da seguridade e saúde das obras da Deputación. Datos de contacto: Empresa: Atenea Seguridade e Medio Ambiente, S.A. (A82876905) Enderezo: rúa Médico Ballina, 73, 36005 Pontevedra Teléfono: 986 873 176 Correo-e: delegacion.galicia@ateneasa.com 18.2. Elaboración do Plan de seguridade e saúde de obra: Realizarase en base ó Estudo de Seguridade e Saúde ou, no seu caso, Estudo Básico de Seguridade e Saúde do proxecto (artigo 7 do Real decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción). En obras sen proxecto elaborarase unha avaliación de riscos aplicable á obra, sendo necesaria para a posterior comunicación de apertura do centro de traballo (Orde TIN/1071/2010, de 27 de abril, sobre os requisitos e datos que deben reunir as comunicacións de apertura ou de continuación de actividades nos centros de traballo). Estes documentos entregáronselle a Atenea, que realizará os seguintes trámites ante a Deputación de Pontevedra: a) Aprobación do Plan de seguridade e saúde da obra. b) Nomeamento do coordinador de seguridade e saúde durante a execución da obra. O Plan de seguridade e saúde deberá ser aprobado polo órgano de contratación antes do inicio da obra, co informe previo do coordinador nesta materia durante a execución da obra ou do director, no seu caso. 18.3. Comunicación de apertura do centro de traballo: Con anterioridade ó comezo dos traballos solicitarase a apertura do centro de traballo ante a autoridade laboral competente. Consellería de Traballo e Benestar. Servizo de Relacións Laborais de Vigo: Enderezo: rúa Concepción Arenal, núm. 8, 2º, 36202 Vigo. Documentos que se deben achegar xunto co modelo/impreso oficial: Plan de seguridade e saúde aprobado ou avaliación dos riscos. Habilitación do Libro de Subcontratación ante a autoridade laboral competente (artigo 13 do Real decreto 1109/2007, de 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción). 18.4. Solicitude de licenzas, autorizacións e impostos. O contratista, como substituto da Administración, está obrigado a xestionar o outorgamento de todas as licenzas, impostos, autorizacións e requirimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais e de calquera outro organismo público ou privado que sexan necesarios para o inicio, execución e entrega ó uso ou servizo das obras, solicitando da Administración os documentos que para iso sexan necesarios, sen prexuízo da actuación que a esta última lle corresponda. Así mesmo, o contratista estará obrigado a aboar nos prazos voluntarios establecidos o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos referidos anteriormente e calquera que graven a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista informando inmediatamente á Administración de cumprir ditos trámites. Se se entende que as liquidacións practicadas non se axustan a dereito o contratista quedará lexitimado para interpor contra estas os recursos pertinentes, comunicándolle este extremo á Administración contratante. O importe destas cargas derivadas da obra son parte dos gastos asumidos pola oferta económica e conforme a esta estipulación contractual trasládolle o deber de pagamento ó adxudicatario do contrato asinado. 18.5. Inicio das obras: A execución da obra comezará co asinamento da acta de comprobación de replanteo. A data de formalización desta acta non poderá ser maior dun mes dende a sinatura do contrato. Tras a súa formalización a acta de comprobación de replanteo deberá remitírselle inmediatamente ó Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Non se tramitará ningunha certificación ata o mes seguinte da entrega na Deputación da acta de comprobación de replanteo. Naqueles casos nos que non resulten acreditadas as circunstancias que permitan considerar favorable a acta ou o director da obra considere necesaria a modificación das obras proxectadas, quedará suspendida a súa iniciación, facéndose constar na acta, e quedando obrigado a dar conta inmediata á Administración, que resolverá o que proceda. No momento de se ditar a resolución quedará suspendida a iniciación das obras dende o día seguinte ó do asinamento da acta, computándose a partir desta data o prazo de seis meses ó que fai referencia o artigo 238 do TRLCSP. Desaparecida a causa que motivou a falta de inicio o órgano de contratación ditará a resolución correspondente, que se lle notificará ó contratista. O prazo de execución empezará a contarse dende o día seguinte ó da recepción da notificación do acordo de autorización de inicio das obras. O disposto anteriormente aplicarase igualmente cando o contratista formulase reservas no acto de comprobación do replanteo. No entanto, se a xuízo do órgano de contratación tales reservas resultasen infundadas, non quedará suspendida a iniciación das obras nin, en consecuencia, será necesario ditar un novo acordo para que se produza a súa iniciación e se modifique o cómputo do prazo para a súa execución. A acta de comprobación do replanteo fará parte integrante do contrato ós efectos da súa esixibilidade. 18.6. Certificacións: A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. Emitirase a certificación aínda que o seu importe sexa 0. Deberán presentarse no Rexistro da Deputación, coa conformidade da dirección de obra e dos técnicos responsables, nos cinco primeiros días de cada mes. A factura deberase remitir unha vez estea conformada a certificación en todo caso antes dos 30 días da realización do obxecto do contrato; no rexistro de facturas contable só se rexistrará a factura. Aquelas certificacións e facturas que se presenten con data posterior, a Administración quedará coa potestade de non tramitalas ata o mes seguinte. Non se admitirán as facturas que teñan unha data anterior a cinco días dende a súa entrada no Rexistro. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación común e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se atopan na área de descargas da páxina web www.depo.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes de seguridade e saúde, a taxa por dirección de obra e a ofertada polo adxudicatario en concepto de control de calidade. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 18.7. Solicitude de prórroga no prazo de execución: As obras executaranse con estrita suxeición ós pregos de condicións, proxecto e o prazo ofertado. A prórroga é un instrumento excepcional que deberá ser expresamente concedido polo órgano de contratación, tras a previa petición do contratista ó que deberá acompañarse dun informe favorable do director de obra. 18.8. Modificación do proxecto: A consideración da necesidade da modificación do proxecto recae exclusivamente no director de obra, quen solicitará de forma inmediata a autorización do órgano de contratación para iniciar o correspondente expediente e redactar un proxecto modificado unha vez autorizado. Unicamente poderase modificar o contrato cando se estableza no anexo I, de forma clara, precisa e inequivoca as condicións en que poderá facerse uso desta posibilidade, ou polas circunstancias previstas no artigo 107 TRLCSP. 19. OUTROS GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO Ademais dos anteriormente sinalados (gastos dos anuncios ou pagamento das licenzas de obrigado aboamento nos prazos voluntarios establecidos; o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos e calquera que grave a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista, informando inmediatamente á Administración do cumprimento os trámites), serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra, que serán colocados no lugar que lles indique a dirección de obra. Ademais, os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra. Na área de descargas de documentos da páxina web poderase atopar o deseño dos carteis. 20. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vencellado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que lle corresponden ó director facultativo das obras. 21. EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste lle desen ó contratista ou ó director facultativo, e se é o caso, ó responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a Administración poderá penalizar o contratista ata un importe do 10% do orzamento (art. 212.1 do TRLCSP). O contratista indemnizará todos os danos e perdas que se lle causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas (art. 214 do TRLCSP). 22. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se as obras sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que o mesmo non for imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, concederase polo órgano de contratación un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel en que se producir a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, ós efectos de que a Administración poida oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a súa prórroga, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a si mesmo, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato, o órgano de contratación estará facultado para proceder á resolución deste ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. A Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS O contratista comunicaralle á dirección da obra a data prevista para a terminación da execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Na recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración en representación desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido do seu facultativo, se o estima oportuno. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase a seguir á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses dende a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegará á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se atopan no momento da recepción, para os efectos de inventario. 24. XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante un informe ó que se engadirá unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21%). 25. LIQUIDACIÓN DA OBRA Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado for favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como base para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, que, no último caso, lle será aboada a cantidade endebedada. 26. GARANTÍA DA OBRA A obra terá un período de garantía dende o día seguinte ó da data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía e á reparación dos danos producidos pola defectuosa execución da obra. De se producir un incumprimento dos deberes accesorios propios da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía e se non for suficiente, poderanse reclamar danos e perdas pola vía de constrinximento. Dentro do prazo dos quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este for favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó emprego do construído durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditarlle as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade ningunha por ampliación do prazo de garantía. 27. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles mesmos, previo aviso ó Servizo de Contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no correo-e contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela no suposto de que interpuxesen reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 28. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 237 do TRLCSP. 29. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resolvidas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na lei reguladora desta xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: “ANEXO I 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN OBXECTO DO CONTRATO Execución da obra “Ponte río Deva, rotonda enlace E.P. 5002 con E.P. 5102 Ponte das Achas-Achas (A Cañiza)”. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non. Cualificación contrato: obra. CPV: 45000000. Trámite: ordinario. Procedemento: aberto. Órgano de contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais (artigo 159.2 do R. d. l. 3/2011), a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN: Formulación do prezo: prezo tanto alzado Importe sen IVE: 461.262,24 € IVE (21%): 96.865,07 € Total con IVE: 558.127,31 € B) FINANCIAMENTO: cadro de financiamento: Anualidade Aplicación orzamentaria Importe 2014 14/456.453.612.02.2013 558.127,31 € Revisión de prezos: non procede, por ter un prazo de execución inferior a un ano. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses contados dende o día seguinte ó do asinamento da acta de comprobación de replanteo, agás que exista razón fundada que impida o seu comezo. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTOS. CERTIFICACIÓNS A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non procede. Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo de garantía mínimo: o adxudicatario deberá garantir cando menos por un ano a execución da obra. 1.7. PENALIZACIÓNS No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista aplicarase o disposto no artigo 212 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCEIRA E TÉCNICA (Documentación a presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1. do prego económico-administrativo). Clasificación: non se precisa. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira Deberase acreditar unha cifra media de negocio dos traballos realizados pola empresa nos últimos cinco anos, igual ou superior á do orzamento total do contrato, IVE incluído. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): As contas anuais (conta de perdas e ganancias) dos cinco últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda e/ou os modelos 200 (declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto Sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: Libro de rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do IRPF) dos últimos tres anos. Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica Relación das obras executadas no transcurso dos cinco últimos anos avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (anexo V). O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento deste contrato, IVE incluído. C) Declaración indicando a maquinaria, o material e o equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se lle achegará a documentación acreditativa pertinente. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vencellados ó obxecto do contrato: Criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): máximo de 50 puntos: • Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos. • Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos. • Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. • Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos. - Criterios de valoración automática (sobre C): máximo de 50 puntos: • Valoración da oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. Este criterio valorarase en función da fórmula establecida no anexo III. • Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. Puntuarase de acordo ca seguinte fórmula: Puntuación= % de control ofertado x 5 % máximo de control ofertado Se non se oferta ningunha porcentaxe ou o ofertado e menor do 1,00 %, reterase o 1,00 %. Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse de conformidade cos seguintes criterios: - Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos: Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde se executará a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, as provisións a utilizar e os medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. Nota moi importante: na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación ó programa de traballo e á súa execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto provocará a exclusión da oferta no proceso de licitación. - Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/ou redución do prazo de execución, ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21 %), mais indicaranse as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservando para si o dereito de as poder variar en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como mellora unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias ou solucións técnicas que a permitan. Os técnicos, en base á documentación aportada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. - Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos: 1. Definición da cuestión principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problema na súa execución en relación coa seguridade e saúde. Definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real decreto 171/2004, en materia de coordinación de actividades empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes e outras. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo I. do R.d. 1627/97). Neste apartado realizaranse, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias e que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003, de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e as ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e mais das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co seu protocolo de seguimento. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI. Presentarase a proposta de como realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos ós que están sometidos nela. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a súa utilización por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. Programa de actuacións ambientais, ata un máximo de 5 puntos: Para este programa valoraranse as propostas de medidas de xestión ambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión ambiental propostos. As medidas ambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realiza nun marco de xestión ambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE (77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais a utilizar polo licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais a utilizar polo licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior ó 50%, conforme a unha certificación emitida por un laboratorio ou organización que non faga parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por verteduras, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. Nota importante: só se procederá á apertura e á valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. 4. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA. Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se achega no anexo II. 3. Compromiso do licitador de dedicar ou adscribir ó contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a súa execución, ós que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle o licitador. En todo caso as empresas estranxeiras presentarán os seus documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou ó galego. Presentación do sobre A no caso de licitar a varias obras: No caso de que o contrato se divida en varias obras, se un mesmo licitador se presenta a varias obras poderá presentar un único sobre A. Pola contra, deberá presentar un sobre B e outro C por cada unha das obras ás que se presente. SOBRE B: DOCUMENTACIÓN CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1. Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selada polo representante legal da empresa. 2. Memoria construtiva e programa de traballo. 3. Melloras ofertadas. 4. Memoria de seguridade e saúde. 5. Programa de actuacións ambientais. Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4 e cun límite máximo de 100 follas. Enténdese por folla unha cara dun folio. Poderase rexeitar unha proposición por incumprir esta condición. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo IV do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e a porcentaxe de control de calidade ofertada. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicada sobre o orzamento de execución material da obra e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reserva para si o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. Non se aceptarán aquelas propostas que conteñan omisións, erros ou riscaduras que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese do orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro de relevo no importe da proposición ou existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable, poderá ser desbotada pola Mesa de contratación. Na proposición indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios, incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables de xeito automático mediante cifras ou porcentaxes por aplicación das fórmulas establecidas nos pregos. Os licitadores poderán optar a unha obra, a varias ou a todas as mencionadas na referida relación. ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrilo na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO III FÓRMULA DE VALORACIÓN Enumeración dos criterios avaliables mediante formulas(Sobre C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: Valoración oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. - Valoración oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A, e a análise técnica da documentación contida no sobre B. • P: prezo de licitación • N: Número de ofertas • O1,O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=l,….,n), • b1,b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas, • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 9 e Wmax, i=l, ….., n, • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=l, ….., n. Nota.- Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e polo tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi, son iguais ou maiores que cero. 1.- Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas 2.- Valoración previa entre 0 e Wmax Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Si (oferta entre o prezo de licitación – baixa nula – e a oferta media) entonces a súa valoración es proporcional entre los valores • Si bi>bm (baixa superior a baixa media) entonces su valoración es proporcional entre e Wmax 3.- Valoración final entre 0 y Vmax En xeral, as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha una alternativa de reescalado das valoracións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Si : • Si : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende si la baixa máxima (bmax) es igual o superior al 20% (figura 2). Nota.- No caso particular en que todas as ofertas son iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0u polo que as valoracións anteriores non son válidas (téñense divisións es por cero). En este caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula . Na práctica, esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso, propoñemos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4.- Fórmula completa para valoración de ofertas: 1.- Definición de Wmax: 2.- Definición de S: • Si : , • Si : 3.- Valoración das ofertas cando bmax > . Para ,…..,n: • Si entonces , • Si entonces 4.- Valoración das ofertas cando • Para ,…..,n: OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: Unha oferta: Será anormal se a baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Sen embargo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. Non obstante, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no orzamento indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Se b1 > 25, entonces a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que . Se entonces a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i es temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sea 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos = si y si y , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. ANEXO IV MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) D.ª/D…............................., maior de idade, veciño de….................., con domicilio en …........................., titular do DNI…..............., expedido na data…..........., actuando en nome propio/ou en representación da empresa ….................. (CIF núm. …....................) e con domicilio en ….................., teléfono…................. segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra): Primeiro. Declaramos que na execución do contrato se cumprirán as obrigas derivadas das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprometémonos a prestar o servizo con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos en todas as súas partes, coas seguintes condicións: - Polo prezo de ................ (en letra e número) euros, máis ........... euros (en letra e número) correspondente ó IVE. - Prezo total (en letra e número): - % de Control de calidade ofertado: - Prazo de execución ofertado: - Melloras ofertadas (descrición): (Lugar, data, sinatura e selo do licitador) ANEXO V MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE OBRAS REALIZADAS (SOBRE A) ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO DA REALIZACIÓN DE OBRAS REALIZADAS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO ANOS Título do contrato:……………………………………………………………………… Núm. de expediente …………………………..………………………………………... D.ª/D. ……………… con DNI núm. …………., en nome propio ou en representación da empresa …………, con NIF/CIF núm. ……… DECLARA que a relación de obras análogas ó obxecto deste contrato realizadas nos últimos cinco anos son as que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe ano 2008 Importe ano 2009 Importe ano 2010 Importe ano 2011 Importe ano 2012 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin Totais ………………., ….. de ………… de …… (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” 26.22326.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN DO PROXECTO AQUELANDO 3 (3ª QUENDA), COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE (LOTES 1, 2, 3, 4, 5 E 6 Con data 1 de xullo de 2011 publicouse no BOE a Resolución do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública, (actualmente Ministerio de Facenda e Administracións Públicas), pola que se resolve a convocatoria 2011 para a concesión de axudas o Fondo Social Europeo, durante o período de intervención 2007-2013, na que se aproba o Proxecto Aquelando 3 presentado pola Deputación de Pontevedra. Dita resolución establece como unha das accións principais o desenvolvemento de accións formativas co fin de facilitar a incorporación das persoas beneficiarias ó mercado de traballo. O Proxecto Aquelando 3, adscrito ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego da Deputación de Pontevedra, está cofinanciado nun 80% polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo “Adaptabilidade e Emprego” a través do Ministerio de Política Territorial e Administración Pública agora Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. O mencionado proxecto contempla diferentes ámbitos de actuación entre os que está o desenvolvemento dos diferentes itinerarios de inserción laboral, co fin de facilitar a incorporación das persoas beneficiarias ó mercado de traballo, cubrindo as necesidades de formación e prácticas profesionais detectadas, contribuíndo dun xeito significante a diminuír a elevada taxa de desemprego existente na provincia de Pontevedra. A Deputación de Pontevedra, coa finalidade de levar a cabo diferentes itinerarios de inserción laboral, co fin de facilitar a incorporación das persoas beneficiarias ó mercado de traballo, cubrindo as necesidades de formación e prácticas profesionais detectadas, contribuíndo dun xeito significante a diminuír a elevada taxa de desemprego existente na provincia de Pontevedra, puxo en marcha o Proxecto Aquelando 3, aprobado pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión do 28 de marzo de 2014. O custo estimado do contrato distribuíuse en seis lotes de acordo ó seguinte detalle: Nº Lote Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 1 SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais Pontevedra e O Grove 2 45.201,00 € SSCI0109 Emprego doméstico Pontevedra e Ponteareas 2 30.371,26 € HOTR0108 Operacións básicas de cociña O Porriño 1 28.409,06 € Lote 2 SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 201.532,50 € Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 155.025,00 € Lote 4 SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia Pontevedra 1 27.183,00 € Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 26.907,56 € AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 37.206,00 € Lote 6 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Pontevedra e O Grove 2 62.244,00 € SSCB0109 Dinamización comunitaria Valga 1 45.386,25 € SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade Pontevedra 1 33.150,00 € Totais 24 692.615,63 € Estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 66 de data 4 de abril de 2014. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 25 de maio de 2014, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo a apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que polo Técnico en Formación e Autoemprego do proxecto Aquelando 3, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 14 de maio de 2014, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, con puntuación superior a 30 puntos, procedeuse á apertura dos sobres C correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas. Efectuada a valoración dos sobres C, de conformidade co disposto nos pregos, obtense as seguintes puntuacións totais: LOTE 1 Empresas Puntuación sobre B Prezo ofertado Puntuación prezo Semanas inserción Puntuación semanas inserción Puntuación sobre C Puntuación total Norformacion, S.L. 30,15 77.985,99€ 36,000 60 15 51,000 81,150 LOTE 2 Empresas Puntuación sobre B Prezo ofertado Puntuación prezo Semanas inserción Puntuación semanas inserción Puntuación sobre C Puntuación total Norformacion, S.L. 33,80 151.149,38€ 34,538 60 15 49,538 83,34 UTE Formagal-Idades 38,70 161.226,00€ 27,519 60 15 42,519 81,22 Sociser Galicia, S.L. 44,80 158.700,00€ 29,243 23,3 5,825 35,068 79,87 Fesan 33,25 149.113,90€ 36,000 36 9 45,000 78,25 Formacion Alcala, S.L. 20,45 LOTE 3 Empresas Puntuación sobre B Precio ofertado Puntuación precio Semanas inserción Puntuación semanas inserción Puntuación sobre C Puntuación total UTE Bartomeu-Academia Postal 44,00 116.268,75€ 36,000 45 11,25 47,250 91,25 Magnafor Qualitas, S.L. 41,60 120.750,00€ 31,677 55 13,75 45,427 87,03 Norformación, S.L. 33,10 116.268,75€ 36,000 60 15 51,000 84,10 Sociser Galicia, S.L. 45,25 123.500,00€ 29,067 20 5 34,067 79,32 Versa Asesores, S.L. 34,50 117.803,50€ 34,519 36 9 43,519 78,02 Cogami 36,40 140.220,00€ 13,651 4,3 1,075 14,726 51,13 Centro Formacion Ica, S.L. 28,50 Formacion Alcala, S.L. 20,45 LOTE 4 Empresas Puntuación sobre B Precio ofertado Puntuación precio Semanas inserción Puntuación semanas inserción Puntuación sobre C Puntuación total Norformacion, S.L. 30,25 20.387,25€ 33,157 60 15 48,157 78,407 Consultora Estudios Económicos 34,75 19.830,00€ 36,000 24 6 42,000 76,750 Formacion Alcala, S.L. 19,25 LOTE 5 Empresas Puntuación sobre B Precio ofertado Puntuación precio Semanas inserción Puntuación semanas inserción Puntuación sobre C Puntuación total Norformacion, S.L. 34,90 48.085,17€ 36,000 60 15 51,000 85,90 Fesan 36,65 48.425,18€ 35,222 48 12 47,222 83,87 Formacion Integral Actex, S.L. 38,15 56.086,00€ 17,958 11 2,75 20,708 58,86 LOTE 6 Empresas Puntuación sobre B Precio ofertado Puntuación precio Semanas inserción Puntuación semanas inserción Puntuación sobre C Puntuación total Formagal 40,50 105.584,50€ 30,325 60 15 45,325 85,83 Norformacion, S.L. 33,95 105.585,19€ 30,324 60 15 45,324 79,27 Versa asesores, S.L. 34,50 99.179,69€ 36,000 30 7,5 43,500 78,00 Cip 33,45 105.588,00€ 30,322 4 1 31,322 64,77 Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, proponse a adxudicación do contrato para as seguintes empresas: Lote 1.- Norformación, S.L. Lote 2.- Norformación, S.L. Lote 3.- UTE Bartomeu López SLU-Academia Postal Uno, S.L. Lote 4.- Norformación, S.L. Lote 5.- Norformación, S.L. Lote 6.- Formagal, Formación y Servicios, S.L. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2014018115 de data de saída de 16 de xuño de 2014, e á vista das puntuacións totais obtidas e da proposta da Mesa de Contratación, requiriuse ás ditas empresas, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de contratos do sector público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que as citadas empresas presentaron a documentación requirida entre as que se atopan as seguintes constitucións das garantías definitivas: Lote 1.- Norformación, S.L 3.899,30 € Lote 3.- UTE Bartomeu López SLU-Academia Postal Uno, S.L 5.813,44 € Lote 4.- Norformación, S.L 1.019,36 € Lote 5.- Norformación, S.L 2.404,26 € Lote 6.- Formagal, Formación y Servicios, S.L 5.279,23 € Resultando que a empresa Norformación, S.L. non constitúea a garantía definitiva relativa ó Lote 2. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2014020008 con data de saída de 4 de xullo de 2014, e á vista das puntuacións obtidas, requiriuse a UTE Formagal-Idades, que se sitúa en segundo lugar con respecto a presentación de proposición máis vantaxosa, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de contratos do sector público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que a citada UTE conformada polas empresas Formagal-Idades, presentaron a documentación requirida entre a que se atopa a seguinte garantía definitiva: Lote 2.- UTE Formagal-Idades 7.557,47 € Cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato para a impartición da formación do Proxecto Aquelando 3 (3ª quenda), cofinanciado en un 80% polo FSE, de acordo ó seguinte detalle: LOTE NÚMERO 1: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 1 Norformación, S.L. (CIF: B-36.343.218) SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais Pontevedra e O Grove 2 33.900,75€ SSCI0109 Emprego doméstico Pontevedra e Ponteareas 2 22.778,45€ HOTR0108 Operacións básicas de cociña O Porriño 1 21.306,80€ Total 77.985,99€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 1 “SSCM0108 limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais” (Pontevedra) 60 “SSCM0108 Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais” (O Grove) 60 “SSCI0109 Emprego doméstico”(Pontevedra) 60 “SSCI0109 Emprego doméstico” (Ponteareas) 60 “HOTR0108 Operacións básicas de cociña” (O Porriño) 60 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso ó que se presenta/ 5) 60 LOTE NÚMERO 2: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 2 UTE Formagal Formación, S.L. (NIF: B-36.477.677) – Idades, S.L. (CIF: B-36.577.542) SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio Pontevedra, Moaña, Ponteareas, O Porriño, Valga e Cuntis 6 161.226,00€ Total 161.226,00€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 2 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Pontevedra) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Moaña) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Ponteareas) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (O Porriño) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Valga) 60 “SSCS0108 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio” (Cuntis) 60 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso /6) 60 LOTE NÚMERO 3: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 3 UTE Bartomeu López, S.L.U. (CIF: B-15.218.712) – Academia Postal Uno, S.L. (CIF: B-32.201.477) SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais Pontevedra (2), Cambados, Valga, Ponteareas e Cuntis 6 116.268,75€ Total 116.268,75€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 3 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra) 75 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra) 75 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Cambados) 40 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Valga) 20 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Ponteareas) 40 SSCS0208 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Cuntis) 20 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso /6) 45 LOTE NÚMERO 4: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 4 Norformación, S.L. (CIF: B-36.343.218) SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia Pontevedra 1 20.387,25€ Total 20.387,25€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 4 SSCG0111 Xestión de chamadas de teleasistencia (Pontevedra) 60 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso /1) 60 LOTE NÚMERO 5: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 5 Norformación, S.L. (CIF: B-36.343.218) SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil Pontevedra 1 20.180,67€ AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa Pontevedra 1 27.904,50€ Total 48.085,17€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 5 SSCB0209 Dinamización de actividades de tempo libre, educativo, infantil e xuvenil (Pontevedra) 60 AFDA0211 Animación físico deportiva e recreativa (Pontevedra) 60 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso /2) 60 LOTE NÚMERO 6: Nº Lote Empresa adxudicataria Curso Lugares de impartición Nº de edicións Importe de licitación Lote 6 Formagal Formación y Servicios, S.L. (NIF: B-36.477.677) SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego Pontevedra e O Grove 2 46.683,00€ SSCB0109 Dinamización comunitaria Valga 1 34.039,00€ SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade Pontevedra 1 24.862,50€ Total 105.584,50€ Nº Lote Acción formativa Duración do contrato en semanas Lote 6 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego(Pontevedra) 60 SSCE0110 Docencia da formación profesional para o emprego(O Grove) 60 SSCB0109 Dinamización comunitaria (Valga) 60 SSCG0109 Inserción laboral de persoas con discapacidade (Pontevedra) 60 Total Media Aritmética= (Suma de semanas ofertadas para cada curso /4) 60 2.- O contrato será financiado con cargo á aplicación 2014/232.242.227.06 del vixente orzamento provincial. 27.22327.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA DO PAVIMENTO NO ENTORNO DA POUSADA DE RIBADUMIA”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Ribadumia solicitou formalmente e en prazo unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Mellora do pavimento no Entorno da Pousada de Ribadumia”; e vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Ribadumia con CIF núm. P3604600A, a cantidade de setenta e dous mil douscentos oitenta e nove euros con vinte e nove céntimos (72.289,29 €), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00924/201400116), denominado “Mellora do pavimento no Entorno da Pousada de Ribadumia”, cun orzamento polo mesmo importe (72.289,29 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 28.22328.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE RIBADUMIA PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “MELLORA DA CAPA DE RODADURA DA RÚA PONTEARNELAS”, INCLUÍDA NO PLAN URXENTE DE MANTEMENTO DE SERVIZOS E INFRAESTRUTURAS MUNICIPAIS 2014 (PUSIM/14) Resultando que o Concello de Ribadumia solicitou formalmente e en prazo unha subvención con destino ó financiamento do investimento “Mellora da capa de rodadura da rúa Pontearnelas”; e vista a solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvención con cargo á cantidade reservada á Presidencia para a súa concesión directa por libre disposición no Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas Municipais 2014 (PUSIM/14), e á vista dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. En virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, e 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, da Base 16.2 das de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Ribadumia con CIF núm. P3604600A, a cantidade de cento oitenta e sete mil oitocentos oitenta e tres euros con corenta e tres céntimos (187.883,43€), para a realización do investimento (Ref.: PUSIM/14/00924/201400115), denominado “Mellora da capa de rodadura da rúa Pontearnelas”, cun orzamento polo mesmo importe (187.883,43 €). - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2014/942.942.762.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2014. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PUSIM/14, aprobadas en acordo plenario o 28 de febreiro de 2014 e publicadas no BOP núm. 44 do 5 de marzo de 2014 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PUSIM/14, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2015. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 29.22329.- LIBERACIÓN DE PARTE DO CRÉDITO AUTORIZADO PARA SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL NO MARCO DA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA PARA O ANO 2014 A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra na sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2013, aprobou as bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da Prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014, na que figuraba unha contía prevista de 382.000,00 €. Con posterioridade a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 11 de abril de 2014, acordou incrementar esta dotación orzamentaria en 192.000,00 €, o que supón unha contía máxima para recoñecemento de obrigas que se podían adquirir con cargo a esta convocatoria por importe de 574.000,00 €, con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.233.480.02, do vixente orzamento provincial. Resultando que as bases reguladoras destas subvencións foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 4 de data 8 de xaneiro de 2014, e que unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes a Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 30 de maio de 2014 acordou a concesión de subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada para o ano 2014, a favor de 134 asociacións e fundacións, por importe global de 467.278,79 €, con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.233.480.02, do vixente orzamento provincial. Resultando que coa finalidade de poder atender a solicitudes que, por circunstancias novas ou por causas imprevisibles e excepcionais, non se puidesen presentar no prazo establecido ó efecto, e polo que se considera necesario liberar a cantidade sobrante por importe de 106.721,21 €, dentro do crédito autorizado pola Xunta de Goberno a través das bases reguladoras destas subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada do ano 2014. Considerando que o órgano competente para autorizar esta liberación do crédito é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base décimo quinta da convocatoria destas subvencións, así como na base 16.2 de execución do vixente orzamento provincial. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Liberar a cantidade sobrante por importe de 106.721,21 €, dentro do crédito total autorizado a través das bases reguladoras das subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada do ano 2014. con cargo á aplicación orzamentaria 14/232.233.480.02, do vixente orzamento provincial. 2. Que a cantidade de 106.721,21 €, pase a incrementar o crédito dispoñible da aplicación orzamentaria 14/232.233.480.02, do vixente orzamento provincial. 30.22330.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota