Fondos
2011-11-25_Ordinaria. Acta de sesión 2011/11/25_Ordinaria
Acta de sesión 2011/11/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.827/4.2011-11-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/11/25_Ordinaria
Data(s) 2011-11-25 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 42 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 25 de novembro de 2011 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e cinco de novembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días. 1.6142.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Punto 1. Aprobación da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de setembro de 2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de setembro de 2011. a) Parte resolutiva: 2.6143.- DECLARACIÓN INSTITUCIONAL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO Sr. Presidente.- Punto número 2. Declaración Institucional sobre a Violencia de Xénero, para o cal hai unha declaración institucional de todas as forzas políticas, Partido Popular, Partido Socialista e Bloque Nacionalista Galego, para o cal ten a palabra a Deputada Dona Marta Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos. Os grupos políticos representados no Pleno da Deputación de Pontevedra queremos, mediante esta Declaración Institucional, facer un chamamento á cidadanía para que entre todos poidamos conseguir vivir nunha sociedade sen violencia contra as mulleres. Os últimos datos publicados polo Instituto da Muller falan de 54 mulleres asasinadas, aínda que hai casos sen esclarecer que poderían facer que o número de vítimas fose superior. Hai pouco máis dun mes, o pasado 11 de outubro, foi asasinada Cristina González na parroquia viguesa de Coruxo. Foi o primeiro asasinato dunha muller a mans do seu marido este ano na provincia de Pontevedra. Deixa dous fillos mellizos de oitos anos e un contorno familiar e de amigos destrozado. Detrás dos datos e das estatísticas agóchase moita dor e sufrimento. Máis de 800.000 nenos sofren no seu día a día un ambiente de violencia sexista. Todo isto debería levarnos a unha reflexión profunda sobre a necesidade de seguir traballando nos ámbitos educativos, legais, asistenciais e xudiciais para contribuír a erradicar este problema de raíz. Nos últimos anos fíxose un esforzo importante por parte dos distintos gobernos e administracións para impulsar medidas legais e achegar recursos económicos para loitar contra esta lacra e protexer ás vítimas, axudándoas a iniciar unha nova vida fóra do ambiente da violencia e do medo. Neste sentido, cómpre destacar a Lei 1/2004 do 28 de decembro de Medidas de Protección Contra a Violencia de Xénero. Pero a realidade, casos como o de Cristina, indícannos que os esforzos realizados lamentablemente non son suficientes. Existen aínda moitas dificultades para que as mulleres que padecen malos tratos poidan vivir en liberdade. E iso é indicativo de que non estamos nunha sociedade plenamente normalizada, algo que só chegará cando as mulleres poidan vivir sen a ameaza da violencia e da discriminación. Os grupos políticos representados no Pleno da Deputación avogamos por seguir traballando de xeito firme e sen descanso para non abandonar ás mulleres e ós seus fillos á súa sorte. Seguiremos traballando en programas de formación e educación, para que a convivencia pacífica sexa o signo de identidade da nosa sociedade, e que o diálogo sexa o único instrumento na resolución de conflitos no seo das parellas e das familias. Non existe mellor fórmula para entenderse que o diálogo. Só a profunda concienciación por parte de todos do que significa esta lacra, vai permitir que non teñamos que falar máis de asasinatos e malos tratos no seo familiar, de nenos orfos e de sufrimento. A crise económica golpea, sobre todo, máis ós máis débiles e as Administracións temos que facer un esforzo para protexer ós colectivos que máis o necesitan. Estamos ante un problema social que nos afecta a todos por igual. A violencia contra as mulleres ten a súa orixe última nas relacións sociais baseadas na desigualdade, porque a violencia tamén é calquera xeito de discriminación, laboral, política, social e cultural. Cómpre, pois, seguir aplicando medidas para intentar que as mulleres vítimas da violencia poidan iniciar unha nova vida saíndo do círculo do terror no que se atopan. A protección debe ser un dos estandartes do noso estado do benestar e nesta loita contra a barbarie sexista todos debemos poñer o noso esforzo. A Deputación de Pontevedra comprométese a seguir aplicando, e aínda a incrementar, medidas e programas que contribúan a erradicar este grave problema social. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias á Sra. Marta Iglesias, e sobre todo tamén pola unanimidade de todas as forzas políticas para a proposta desta moción, que entendemos que debe axudar a rematar de maneira definitiva con esta lacra. O Pleno, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, formula a seguinte Declaración Institucional: “DECLARACIÓN INSTITUCIONAL CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Os grupos políticos representados no Pleno da Deputación de Pontevedra queremos, mediante esta Declaración Institucional, facer un chamamento á cidadanía para que entre todos poidamos conseguir vivir nunha sociedade sen violencia contra as mulleres. Os últimos datos publicados polo Instituto da Muller falan de 54 mulleres asasinadas, aínda que hai casos sen esclarecer que poderían facer que o número de vítimas fose superior. Hai pouco máis dun mes, o pasado 11 de outubro, foi asasinada Cristina González na parroquia viguesa de Coruxo. Foi o primeiro asasinato dunha muller a mans do seu marido este ano na provincia de Pontevedra. Deixa dous fillos mellizos de oitos anos e un contorno familiar e de amigos destrozado. Detrás dos datos e das estatísticas agóchase moita dor e sufrimento. Máis de 800.000 nenos sofren no seu día a día un ambiente de violencia sexista. Todo isto debería levarnos a unha reflexión profunda sobre a necesidade de seguir traballando nos ámbitos educativos, legais, asistenciais e xudiciais para contribuír a erradicar este problema de raíz. Nos últimos anos fíxose un esforzo importante por parte dos distintos gobernos e administracións para impulsar medidas legais e achegar recursos económicos para loitar contra esta lacra e protexer ás vítimas, axudándoas a iniciar unha nova vida fóra do ambiente da violencia e do medo. Neste sentido, cómpre destacar a Lei 1/2004 do 28 de decembro de Medidas de Protección Contra a Violencia de Xénero. Pero a realidade, casos como o de Cristina, indícannos que os esforzos realizados lamentablemente non son suficientes. Existen aínda moitas dificultades para que as mulleres que padecen malos tratos poidan vivir en liberdade. E iso é indicativo de que non estamos nunha sociedade plenamente normalizada, algo que só chegará cando as mulleres poidan vivir sen a ameaza da violencia e da discriminación. Os grupos políticos representados no Pleno da Deputación avogamos por seguir traballando de xeito firme e sen descanso para non abandonar ás mulleres e ós seus fillos á súa sorte. Seguiremos traballando en programas de formación e educación, para que a convivencia pacífica sexa o signo de identidade da nosa sociedade, e que o diálogo sexa o único instrumento na resolución de conflitos no seo das parellas e das familias. Non existe mellor fórmula para entenderse que o diálogo. Só a profunda concienciación por parte de todos do que significa esta lacra, vai permitir que non teñamos que falar máis de asasinatos e malos tratos no seo familiar, de nenos orfos e de sufrimento. A crise económica golpea, sobre todo, máis ós máis débiles e as Administracións temos que facer un esforzo para protexer ós colectivos que máis o necesitan. Estamos ante un problema social que nos afecta a todos por igual. A violencia contra as mulleres ten a súa orixe última nas relacións sociais baseadas na desigualdade, porque a violencia tamén é calquera xeito de discriminación, laboral, política, social e cultural. Cómpre, pois, seguir aplicando medidas para intentar que as mulleres vítimas da violencia poidan iniciar unha nova vida saíndo do círculo do terror no que se atopan. A protección debe ser un dos estandartes do noso estado do benestar e nesta loita contra a barbarie sexista todos debemos poñer o noso esforzo. A Deputación de Pontevedra comprométese a seguir aplicando, e aínda a incrementar, medidas e programas que contribúan a erradicar este grave problema social.” 3.6144.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE COLABORACIÓN NA TRAMITACIÓN DOS EXPEDIENTES SANCIONADORES EN MATERIA DE TRÁFICO E O EXERCICIO DIRECTO DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN PERÍODO VOLUNTARIO E EXECUTIVO DAS DÉBEDAS CORRESPONDENTES A SANCIÓNS POR INFRACCIÓN Á NORMATIVA XERAL REGULADORA DO TRÁFICO, CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS A MOTOR E SEGURIDADE VIARIA Sr. Presidente.- Punto número 3. Delegación de competencias do concello de Ponte Caldelas a favor do ORAL para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Ponte Caldelas na sesión ordinaria celebrada o día 21 de xullo de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 21 de outubro de 2011 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Ponte Caldelas para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello de Ponte Caldelas, por acordo do Pleno de data 21 de xullo de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria. 2. Esta delegación do concello de Ponte Caldelas, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese ás condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello de Ponte Caldelas así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello de Ponte Caldelas, para exercer as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción á normativa xeral reguladora do tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6145.- ACTUACIÓNS PREPARATORIAS PARA UN CONTRATO DE COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA, CO FIN DE REALIZAR UNHA ACTUACIÓN GLOBAL E INTEGRADA QUE MELLORE A EFICIENCIA E PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENERXÉTICOS NA CIDADE INFANTIL “PRÍNCIPE FELIPE” Sr. Presidente.- Punto número 4. Actuacións preparatorias para un contrato de colaboración público-privado, co fin de realizar unha actuación global e integrada que mellore a eficiencia e prestación de servizos enerxéticos na Cidade Infantil “Príncipe Felipe”. Ten a palabra a Deputada Dona Marta Iglesias. Sra. Iglesias Bueno.- Si, gracias Sr. Presidente. Este é un expediente que ten por obxectivo o aforro enerxético, neste caso nas instalacións de Cidade Infantil Príncipe Felipe. Para este expediente de contratación tomouse a decisión de facerse a través dun contrato de colaboración público-privada, a través do cal hai un procedemento administrativo que se chama diálogo competitivo, este procedemento require facer unha avaliación previa xa que a Deputación non se atopa en condicións de definir con carácter previo á licitación os medios técnicos necesarios para acadar os obxectivos, pois, de establecer os mecanismos xurídicos financeiros e técnicos para levar a cabo o contrato. Para facer esta avaliación previa é necesario que un órgano de contratación designe unha mesa especial que faga o documento de avaliación e que logo o eleve para iniciar a contratación polo órgano correspondente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias. Entendemos que dentro desa mellora da eficiencia e tamén da austeridade, da xestión dos centros públicos, corresponde a esta casa, pois, buscar financiamento que nos permita ó longo do tempo ir aforrando custes que ten, pois, cada un dos centros e infraestruturas que dependen desta casa. Polo tanto, este é un convenio que nos vai a permitir pois un aforro nos próximos anos considerable, no que se refire ó gasto de mantemento desa instalación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Consello da Xunta de Galicia, en reunión celebrada o día 6 de outubro de 2011, autorizou a subscrición dun convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para a coordinación de actuacións de aforro e eficiencia enerxética e de implantación de enerxías renovables, por un importe de 72.440,70 euros. De conformidade co previsto na cláusula primeira do convenio, ten por obxecto definir os mecanismos de colaboración para levar a cabo actuacións do plan de activación de empresas de servizos enerxéticos nun centro consumidor de enerxía, neste caso a Cidade Infantil Príncipe Felipe, por superar a facturación enerxética os 200.000,00 euros/ano. O INEGA financia ata o 15% do custe dos investimentos en actuacións de aforro e eficiencia enerxética ata un máximo de 60.440,70 euros. Se o contrato de licitación se realiza a través dun procedemento de diálogo competitivo, compensarase economicamente ós dous aspirantes con mellor puntuación que participen neste proceso, e que finalmente non sexan adxudicatarios deste contrato, na cantidade global de 12.000,00 euros. O convenio foi aprobado pola Deputación provincial por resolución da presidencia, de data 17 de novembro de 2011. A Deputación deberá iniciar o procedemento administrativo para a contratación dos servizos enerxéticos da Cidade Infantil Príncipe Felipe antes do 30 de decembro de 2011. Esta actuación enmárcase dentro das actuacións levadas a cabo pola Deputación para conseguir un aforro integral no consumo de enerxía. Segundo pon de manifesto o xefe de mantemento da Cidade Infantil Príncipe Felipe, levouse a cabo un diagnóstico inicial sobre as características básicas das instalacións e os contratos actuais de mantemento e facturacións correspondentes así como a necesidade de proceder á renovación dos compoñentes das instalacións enerxéticas. Nese estudo ponse de manifesto que a finalidade que se pretende considérase dunha gran complexidade e pode ser susceptible de varias posibilidades e solucións, de maneira que a Deputación provincial non está en condicións nin ten os medios precisos para definir con carácter previo á licitación como acadar estes obxectivos. Atendendo á complexidade e indeterminación inicial da actuación prevista, plantéxase como contrato administrativo típico máis idóneo, dos contidos na LCSP (a Lei 10868/2007) o de colaboración entre o sector público e o sector privado, regulado no artigo 11 (a Lei 10868/2007) de dito corpo legal. En virtude de todo o anterior elévase ó órgano de contratación a proposta de inicio de actuacións previas de expediente de contratación mediante contrato administrativo típico de colaboración entre o sector público e o sector privado, e en primeira instancia, elaboración do documento de avaliación previa ó que fai referencia o artigo 118 (a Lei 10868/2007) en relación co artigo 11 da LCSP ( a Lei 10868/2007), en que se poña de manifesto que, dada a complexidade do contrato, a Administración non está en condicións de definir, con carácter previo á licitación, os medios técnicos necesarios para acadar os obxectivos proxectados ou de establecer os mecanismos xurídicos e financeiros para levar a cabo o contrato, e se efectúe unha análise comparativa con formas alternativas de contratación que xustifiquen en termos de obtención de maior valor de prezo, de custe global, de eficacia ou de imputación de riscos, os motivos de carácter xurídico, económico, administrativo e financeiro que recomenden a adopción desta fórmula de contratación. De conformidade co previsto no artigo 296 da LCSP, debe constituírse unha mesa especial, na que se incorporen persoas especialmente cualificadas nesta materia. O número destas persoas debe ser igual ou superior ó terzo dos compoñentes da mesa. Esta mesa especial levará a cabo o documento de avaliación previa. De conformidade co disposto no artigo 119, á vista dos resultados desta avaliación, elaborarase un programa funcional, que conterá os elementos básicos que informarán o diálogo cos contratistas e que se incluirá no documento descritivo do contrato. Neste programa debe definirse a natureza e dimensión das necesidades a satisfacer, os elementos xurídicos, técnicos e económicos mínimos que deben incluír as ofertas para ser admitidas e os criterios de adxudicación do contrato. O contrato a celebrar deberá incluír as estipulacións sinaladas no artigo 120 da Lei. Vistos os informes obrantes no expediente e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- Dar inicio ás actuacións previas ó expediente de contratación, mediante contrato administrativo típico de colaboración entre o sector público e o sector privado, co fin de realizar unha actuación global e integrada que mellora a eficiencia e prestación de servizos enerxéticos na Cidade Infantil Príncipe Felipe. Deberá levarse a cabo a avaliación previa a que fai referencia o artigo 118 (a Lei 10868/2007) en relación co artigo 11 da LCSP (a Lei 10868/2007), no que se poña de manifesto que, dada a complexidade do contrato, a Administración non está en condicións de definir, con carácter previo á licitación, os medios técnicos necesarios para acadar os obxectivos proxectados ou de establecer os mecanismos xurídicos e financeiros para levar a cabo o contrato, e se efectúe unha análise comparativa con formas alternativas de contratación que xustifiquen en termos de obtención de maior valor por prezo, de custe global, de eficacia ou de imputación de riscos, os motivos de carácter xurídico, económico, administrativo e financeiro que recomenden a adopción desta fórmula de contratación. 2.- Constituír a mesa especial de diálogo competitivo encomendándoselle como primeira actuación a elaboración do documento de avaliación previa, tal como dispón o artigo 296 da LCSP e se este resultara positivo, a realización de todas as actuacións precisas que a Lei lle outorga. A mesa de carácter técnico, estará integrada polos seguintes membros: Presidenta: Deputada delegada da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Vogais: - O Xefe de Mantemento da Cidade Infantil Príncipe Felipe. - O Técnico do INEGA da área de eficiencia enerxética. - O Interventor da Deputación. - O Secretario da Deputación. Secretario: O Técnico Adxunto ó Servizo de Contratación. 3.- Facultar e encomendar á mesa especial de diálogo competitivo para a elaboración do programa funcional a que fai referencia o artigo 119 da LCSP, a modo de prego de condicións que rexerán a contratación, e que como mínimo conterá os elementos básicos que informarán o diálogo cos contratistas, a identificación da natureza xurídica e dimensión das necesidades a satisfacer, así como os elementos xurídicos, técnicos ou económicos mínimos que deben incluír necesariamente as ofertas para ser admitidas no diálogo competitivo así como os criterios de identificación do contrato. 4.- Delegar na Xunta de Goberno todas as sucesivas actuacións para a celebración deste contrato. 5.6146.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO Nº 3/2011 Sr. Presidente.- O punto número 5. Aprobación do expediente de modificación de crédito número 3/2011. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días. Creo que podemos tratar os tres expedientes. Sr. Presidente.- Se os grupos están de acordo, serían 5, 6 e 7. Adiante. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, pois no punto cinco hai un expediente de modificación de crédito por un importe dun millón seiscentos sesenta mil trescentos vinte e un euros, que está motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorar no actual exercicio; e o suplemento de crédito por un importe de un millón seiscentos seis mil son para incrementar os créditos de diversas aplicacións do vixente orzamento para facer fronte a gastos relacionados con reparacións, conservacións de infraestruturas, obras en estradas provinciais e transferencias a consorcios de extinción de incendios. E o crédito extraordinario, por importe de sesenta mil euros, e para crear unha aplicación presupostaria dotada co obxecto de facer fronte a investimentos relacionados co Medio Ambiente, polo tanto este é o punto número cinco. O número seis é do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros que é para investimentos reais; transferencias de capital, setenta mi euros; e se detalla da seguinte maneira: trinta e cinco mil euros, transferencia a municipios, traballos en especie; transferencias, outros trinta e cinco, a familias e institucións sen fin de lucro, dos traballos que se van a realizar. E o punto número sete, é tamén un suplemento de crédito da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, que son corenta e sete mil euros, nove mil son para reparacións e trinta e oito mil son para adquisición de simuladores para prácticas. Polo tanto, son cuestións que son urxentes a realizar e por isto traemos esta modificación de crédito con dous suplementos de créditos e un crédito extraordinario. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e todas. Bueno, imos a tratar os tres puntos xuntos, aínda que son radicalmente diferentes, ¿non?. O punto 6 é da Escola de Canteiros, que é pasar setenta mil euros que xa ten no orzamento do capítulo seis ó sete, o cal non, bueno, pois é unha cuestión de trámite burocrática; e o punto sete, pois son remanentes da Escola Universitaria de Enfermería, cantidade moi pequena, e xa dixo o portavoz que era material, que acaba de empezar o curso e loxicamente pois fará falta. Entón, ímonos a centrar no punto cinco que é o gordo, que é o grande, e que á parte xa da cantidade que estamos falando, de máis dun millón seiscentos mil euros, ese millón setecentos, denota e vemos todo un plantexamento, ¿cal é o plantexamento que teñen vostedes ou que ten o grupo de goberno nesta casa?. Pois eu creo que non é suficiente, a pesar de estarnos dicindo todos os días, austeridade, austeridade, non sei que, punto anterior é para un aforro, bueno os aforros estes xa veremos despois en que saen, pero bueno intentémolo, intentémolo, nós votamos a favor con respecto ó aforro enerxético de Príncipe Felipe, pero a estas alturas do ano intentar eliminar todas as partidas, que non se gastaron, sexan de intereses ou doutras, vamos, outros ámbitos, para metelo nuns fins que baixo ningún concepto se xustifica a súa urxencia, porque as reparacións, conservacións de infraestruturas e bens naturais, isto vén sempre, isto se están metendo cartos continuamente, a famosa partida do chapapote, home, nesta época ó menos que este gastado, pois incluso polo tempo e demais, dende que isto entra en vigor, que será polo menos quince días, ou sexa que estamos falando de mediados de decembro, practicamente a construción, vamos as empresas de obra pública no Nadal, entre o tempo e as vacacións, non traballan, ou sexa que moi dificilmente se pode xustificar esta ampliación da partida de chapapote a estas alturas, poñan como o poñan, ou está gastado ou entón non sería unha modificación, sería un recoñecemento extraxudicial, ou senón, urxencia non se lle ve por ningún lado. E despois tamén se meten setecentos mil euros para a estrada Baión-András, que despois vén no seguinte punto, no oito, e que aínda está en trámite, ou sexa, que ata o ano que vén non ten ningunha urxencia, non ten ningunha urxencia, pero podían ser temas relativamente menores, salvo que indican que non son suficientemente conscientes do que esta a pasar, ou seguen, a pesar do que está a pasar, a gastar, aquilo de gastar que se acaba o mundo, ¿non?, porque este ano 2011 a liquidación do Estado vai a ser negativa outra vez, ou sexa, que están traballando sobre a hipótese duns ingresos que non se van a producir, ou se se producen vai a haber que devolvelos; e para o ano que vén pois van a baixar, van a baixar, co cal, agotar todo o que haxa, gastar, gastar, gastar sen deixar un colchón, que poida desaparecer, aínda que se intente deixar, parece temerario, parece temerario, vostedes colleron esa liña aquí nesta Deputación hai tempo e agora parece que vos resulta moi difícil, a pesar de todas as declaracións que fan, levantar o pedal da máquina do gasto e priorizar; gastar hai que gastar, obviamente dentro do que se poida, pero priorizar cousas que realmente teñen urxencia e que se poidan executar, que sexan necesarias e que non haxa máis remedio que metelas, iso parece que lles custa, e esta modificación de crédito é un bo exemplo diso, non hai, imos a ver como sae o balance do exercicio en canto á liquidación, cando se faga, do orzamento, pero que aínda que non salga especialmente mal hai que ter en conta que temos esas dúas ameazas enriba, da liquidación negativa deste ano e do rebaixe para o ano que vén, que isto dende logo non o teñen en conta para nada senón que todo o contrario, ou sexa, chegamos ó final de ano, hai uns cartos por aí que aínda se poden gastar, ¡veña!, cambiémolos de sitio para poder gastalos en algo que non é urxente, non é urxente, non é urxente, a estrada esta Baión-András, esa que se leva o máis gordo, setecentos mil euros, como moito poderase licitar en abril do ano que vén, maio do ano que vén, ¡ah, non!, ¿ten licitadas as expropiacións?. Sr. Presidente.- Non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Entón se aínda ten que ir á Xunta. Sr. Presidente.- Dous meses, dous meses, somos rápidos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, bueno, pero aínda que sexa rápido vai a ser o ano que vén, vai a ser o ano que vén, seguro, seguro, e o outro, que son quiñentos cincuenta mil euros, e con isto se vai a maioría, pois xa me dirá onde vai dende o dez, doce de decembro ata o final de decembro, como chova un pouco, ¿onde se vai a bachear?, ¿a gastar?, xa me dirá onde, cando todas as navidades son festivos na construción. Sr. Presidente.- Non, aínda queda. Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa me dirá onde, e como chova un pouco é que nada, e non se pode gastar absolutamente nada niso, nin creo que teña, é obvio que non ten especial urxencia, se foran outro tipo de actuacións, dis, “bueno, pois pode ser”, pero agora esta que nos trae aquí non, e realmente eu creo que segue sendo esa mentalidade de que hai que facer isto, veña, agotemos todos os cartos. Bueno, fágase pero tendo a previsión esta que o horizonte cara ás Administracións coa política que, vamos, tal como vén a economía e a política que está sendo imposta pola Unión Europea, por Alemania, ou por onde se queira dicir, recorte, recorte, recorte, menos ingresos, menos ingresos e menos ingresos. Preparémonos para apretar o cinturón as Administracións en serio, e isto non é unha preparación para iso, non o é en absoluto, recoñecerame que non o é en absoluto, senón todo o contrario, é seguir pensando que non vai a pasar nada e ogallá non pasara, e podería non pasar, pero tal e como van os derroteiros e as medidas que se van a adoptar si vai a pasar, si vai a pasar, e xa o estamos sufrindo e padecendo todos e todos os días. Non podemos estar de acordo con esta modificación de crédito, co punto cinco; co seis e co sete si, polas razóns que se expuxeron antes. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera, bueno, despois, en todo caso, comentarlle unha cuestión en relación a que canto antes iniciemos o expediente de expropiación e remitamos á Xunta de Galicia que está totalmente listo, antes teremos a autorización para poder entrar, darlle algúns datos, estamos falando de sesenta e cinco parcelas, oito mil metros cadrados de terreo, moitas, algunhas son parras de viñedo, galpóns e incluso unha vivenda en estado de abandono, ou sexa, que agora, como sabe, a capacidade de axilidade desta casa está fóra de calquera dúbida, eu podo dicir que no mes de febreiro, máximo, estamos actuando alí seguro. Polo tanto, para que non teña dúbidas neste tema, e se leva unha parte importante desta actuación, que probablemente é unha das máis necesarias que hai neste momento no que se refire á rede de estradas da provincia de Pontevedra. Pero ten a palabra o D. Santos Héctor. Adiante. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bos días. Eu, unha cuestión previa, porque no punto onde se tratou non procedía a, que era no punto dous, o intervir, polo que era a propia declaración deste Pleno, e me refiro, Sr. Presidente, que esperábamos de vostede que se dirixira ó noso Grupo Provincial Socialista para ver que persoa podía ler ou ía a ler esa Declaración Institucional, ou ben que a lera vostede, máxime cando esta declaración vén precedida dunha moción que presenta o Grupo Municipal Socialista, e que nós aceptamos retirar para facer esta moción, ou sexa, esta Declaración Institucional, para nada cuestiono que o lera a Deputada Sra. Iglesias, que é dobremente compañeira de corporación, pero para futuras declaracións institucionais, Sr. Presidente, lle pediría que contara co noso grupo para polo menos ver quen le a declaración. E indo ó punto que nos ocupa, que é o punto 5, 6 e 7, estamos a ver que por parte deste goberno están a facer constantes modificacións de crédito, xa van unhas poucas neste mandato, e dende logo veñen a reafirmarnos de que vostedes fan o presuposto como queren, o fan de cara á galería, venden unhas partidas determinadas e despois o van modificando á medida que vostedes queren, non sabemos con que criterios, si é de clientelismo, cal é o criterio para facer esa, esas modificacións, en todo caso o que se lle nota é que hai unha falla de previsión cando se elaboran os presupostos, e ademais unha vez elaborados, e vista a execución das partidas, hai unha incapacidade tamén para a súa execución, incapacidade para a súa execución, e hoxe aquí vén unha partida importante, nada menos que máis dun millón seiscentos mil euros, unha partida a todas luces que non é menor, que non é menor. Polo tanto, o que nos preguntamos é que como puideron estar tamén estes recursos inmobilizados, non habelos executado no seu momento, sobre todo cando estamos nunha situación de dificultade económica, e as inversións sobre todo das Administracións Públicas deben seguir, para a creación de emprego. Mire, nas propias actas da Xunta de Goberno, deste Goberno da Deputación, se ve que hai unha parálise do goberno, non hai acción de goberno ningunha, e ademais con estas modificacións, porque o dixemos na anterior que vostedes presentaron aquí, llo reiteramos, deixan as arcas a cero, as deixan a cero e sen capacidade de manobra ningunha. E mire, o grado de improvisación, aínda que sexan cantidades menores veñen dadas da propia, por poñelo moi significativo, que seguro que os cidadáns entenderán, na propia Escola Universitaria de Enfermería, hai dúas cartas do seu Director dirixidas ó Sr. Presidente da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, unha con data 4 de novembro e outra de data de 9 de novembro, e dice así, dice: “a dotación deste material docente da Escola de Enfermería de Pontevedra é moi escaso, obsoleto e está moi deteriorado, polo que é absolutamente imprescindible, tal, tal, tal, a súa urxente adquisición”; na outra dice, “polo que é absolutamente imprescindible a urxente reparación e rehabilitación dos espacios de mobiliario das aulas de simulación, para poder desenrolar con eficacia, dignidade e respecto ás normas docentes e ós pacientes, a formación dos alumnos”. E, nós nos preguntamos, e isto, ¿que se pediu?, ¿todo de golpe en once meses?, é dicir, cando se elaboraron os presupostos, ¿non se sabía que faltaba?, que había que reparar os espacios e que había que comprar ese, que había que facer esa adquisición que hoxe vai por trinta e oito mil euros. Por iso digo, que poderán comentar o que queiran, pero que dá a impresión que colocaron esas partidas noutro lugar sen intención, sen intención de facer fronte ó que agora solicitan, e aquí se vai a aprobar porque non lles deu tempo, ou non puideron gastar en algo que tiñan previsto e que non era precisamente isto. Polo tanto, o noso Grupo Provincial Socialista vai a votar en contra destes puntos cinco, seis e sete. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor, dicirlle en relación a ese informe, que pola capacidade de xestión desta casa, incluso feita no día de onte, na última conversa co Reitor da Universidade de Vigo, o que estamos facendo é, precisamente nun período relativamente corto de tempo, lograr a transferencia dese centro como é a Escola de Enfermería a quen ten potestade, a quen ten responsabilidade en materia educativa, que non debe ser outro precisamente que a propia universidade, polo tanto esa é a nosa capacidade de xestión, que vai por moi bo camiño, e que finalmente esperamos lograr nun período moi curto de tempo a transferencia para que forme parte xa, neste caso, dunha actividade formativa, como é o seu deber, da propia universidade de Vigo, para o cal estamos contando, por certo hai que dicilo así, coa colaboración do actual Reitor, e que nese sentido, bueno, pois haberá cuestións, o que nos pediron nesa carta que vostede ben di, pois é un material novo que aparentemente fai falta para este centro, que a Deputación na medida das súas posibilidades económicas lle vai a entregar. Polo tanto, dicirlle non só iso senón que estamos facendo o que nos toca que é facer ben os deberes, xestionar ben e que cada un tamén, cada Administración asuma a súa responsabilidade nese sentido, esa como digo, falta moi pouco para que a propia Universidade de Vigo se faga cargo desa importante actividade que neste momento, actividade formativa que realiza a Deputación de Pontevedra, bueno, creo que está practicamente todo dito, estamos no último, probablemente no último expediente de modificación deste ano 2011, e bueno, dicir que no caso da Escola de Canteiros é o primeiro, no caso da Escola de Enfermería é o primeiro, e no caso do expediente de modificación de crédito o terceiro. Eu quero recordar que hai institucións que van no quince ou non vinte expediente de modificación de crédito, e sen embargo, pois, aquí se ve a capacidade de xestión desta casa, ordenada, e polo tanto, en relación a todo isto, xa digo, creo que está con moita lóxica e con moito sentido común a posta en marcha destes tres expedientes. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si Sr. Presidente, tivo aí intervencións variopintas e en máis dunha dirección, porque foi máis dunha intervención e con moita liña argumental, pero exactamente ó que plantexamos non contestou para nada, entón claro, se hoxe aprobamos o expediente este de András-Baión, que, como moito ... Sr. Presidente.- É que dese imos a falar despois. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, pero falou vostede, entón tal, como moito vai a estar en febreiro, di vostede, bueno, pois en febreiro. Sr. Presidente.- Ou antes. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, antes, dá igual, que eu saiba febreiro entra dentro do exercicio orzamentario 2012, non é febreiro de 2011 o do 2011 non está, está para o 2012, entón poñelo agora aquí é unha técnica orzamentaria que estaría ben no ano 2008, nestes momentos coa que está chovendo pois igual habería que ser máis prudentes e deixalo para o ano que vén, e bueno, e no outro, evidentemente, no de chapapote, non me contestou, porque, evidentemente, porque unha de dúas, ou gastaron chapapote demais coa campaña electoral das xerais e agora teñen que facer cobertura de fondos para o que xa vai gastado; que iso non é unha modificación de crédito, hai que facela, pero é un recoñecemento extraxudicial ou senón non hai quen o entenda. Dáme a sensación que moito falar de reaxustes, austeridade, non sei cantas cousas máis, pero despois da práctica seguimos coa mesma técnica de gastar, que se acaba o mundo, ou sexa, de gastar. Non discuto que esa estrada haxa que facela, non o discuto, non o discutimos, simplemente que acabar o exercicio rapando todas as partidas que se poidan, que están sen gastar, cando outras se van a ir a máis no horizonte no que estamos, no horizonte no que estamos, pois, é como un tanto temerario, non é ter asumido que as medidas, que bueno, a situación económica xeral e as medidas que se van a aplicar por desgraza, por desgraza, nós defendemos que había que aplicar outras, claramente, pero por desgraza van a dificultar a xestión económica, entón, hai que adiantarse a esa situación, hai que tela en conta e vostedes non a teñen, e meten cousas que non son urxentes, non son urxentes, e para agotar todo o que se poida este exercicio, cando ter un colchón, son tempos de intentar ter un colchonciño para poder, para non caer en problemas serios, despois de pagos ou o que sexa, que nesta casa non o hai nestes momentos, pero se seguen así pode chegar a habelos, ogallá non teñamos que ver isto, pero como sexa con esta técnica imos rematar véndoos, senón ó tempo. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a ver, D. Cesáreo Mosquera, se agora poñemos en marcha a tramitación do expediente de urxente ocupación, eu vou a darlle unha lección instrutiva, se o poñemos agora, estamos en novembro, estamos adiantando un mes e algo, polo tanto é unha vantaxe que poder ter operativo iso en febreiro. Se como vostede ben di o poñemos a finais de xaneiro, aprobámolo aquí e todo o demais, estaremos perdendo unha serie de meses que eu lle invitaría a que fose a ver como está a estrada, o tramo que está feito e rematado e o tramo que falta. Creo que por responsabilidade é unha actuación máis que necesaria, intensidade de vehículos, as zonas que comunica, etc. Polo tanto, como vostede ben dixo a actuación non merece discusión, polo tanto estamos avanzando, estamos avanzando razoadamente porque apuramos o procedemento durante un tempo, xa remitimos o próximo luns este acordo á Xunta de Galicia para que á maior brevidade posible nos declare a urxente ocupación dos terreos, polo tanto iso non creo que teña discusión, ¿non?. En segundo lugar, a campaña das xerais xa a fixeron vostedes, ambos os dous xa a fixeron, a nós non nos fixo falta facer campaña, somos un partido austero que non ten necesidade de facer campaña, que xa a fixeron vostedes, non hai mellor campaña que a que fixo o Partido Socialista durante todo este tempo. Entón, en relación a, queda aínda un mes ou un mes e pico, para rematar este ano 2011 ata estar operativo o presuposto, que está traballando, neste caso o Sr. Figueroa, nesa materia conxuntamente co equipo do propio Interventor e de todo o persoal de Intervención, pois, esperamos telo operativo canto antes, pero hai que traballar nel e niso estamos, ou sexa, estamos facendo o que corresponde. Polo tanto, eu sei e quero entender a súa vontade de dicir que, bueno, se podería esperar, pero bueno, eu creo que está perfectamente xustificado que canto antes iniciemos os distintos procesos, pois, antes se van a ter executado unhas melloras que os veciños, neste caso, nos demandan, ben sexa nesta actuación concreta, ben sexa nas actuacións que lle demandan os veciños ós alcaldes e ós concellos, e polo tanto, estamos, eu creo que cumprindo co noso deber, que é apurar e poñer en marcha as melloras que son necesarias na provincia. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, moi breve. En canto á Escola de Enfermería, nos parece moi ben que pase á Universidade, pero segue quedando aí a falta de previsión porque iso estaba mal e se necesitaba fai once meses, non pasou todo iso nestes once meses, e o noso grupo municipal socialista vai a exercer o seu labor, como lle dixemos no discurso da súa investidura, de oposición, que é o que os cidadáns nos mandaron, o que os cidadáns nos mandaron, independentemente de se hai eleccións ou non, nós miramos que a xestión sexa para as persoas, os cidadáns, non miramos que sexa unha xestión para facer electoralismo. Polo tanto, as eleccións xerais pasaron, evidentemente, pero a vida continúa e os problemas dos cidadáns seguen estando aí, os da provincia de Pontevedra, seguen estando aí, desgraciadamente non se arreglaron, non se arranxaron só porque houbera eleccións xerais e poida haber xa un cambio de goberno non ámbito do Estado, ogallá estiveran arranxados, non vai a ser así. Polo tanto, lle reitero, nós imos a seguir firmes no noso compromiso cos cidadáns da provincia de Pontevedra, no labor que nos outorguen en cada momento, neste nolo outorgaron de oposición, e cando nos volvan a recoñecer ou nos volvan a dar a súa confianza, pois, o faremos como goberno e nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. E bueno, eu xa dixen nese sentido que non hai ningún problema e as cuestións, os cidadáns falaron alto e claro, e polo tanto non hai, iso xa non merece discusión tampouco, creo que está todo escrito. Polo tanto, imos proceder á aprobación dos puntos 5, 6 e 7. Punto número 5. Aprobación do expediente de modificación de crédito número 3/2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 14 de novembro de 2011, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2011, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe global de 1.666.321,33 euros, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que este expediente de modificación de créditos número 3/2011 finánciase con baixas de créditos das aplicacións orzamentarias 11/410.414.789.02; 11/931.011.310.00 e 11/340.342.658.02, por un importe global de 1.666.321,33 euros. Resultando que no informe de Intervención de data 14 de novembro de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 179 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do vixente orzamento provincial, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 3/2011, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG: 1.- Aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2011, por un importe global de 1.666.321,33 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos…………... 550.000,00 euros Capítulo 3º Gastos financeiros……………………………. -906.321,33 euros Capítulo 4º Transferencias correntes……………………… 356.321,33 euros Capítulo 6º Investimentos reais…………………………… 60.000,00 euros Capítulo 7º Transferencias de capital …………….……….. -60.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 0,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: a) Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 410-172-658,04 Investimentos xestionados en medio ambiente, para entidades sen fins de lucro 60.000,00 € Total créditos extraordinarios... 60.000,00 € b) Suplementos de crédito APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 456-453-210,01 Reparacións m. conservación de infraestruturas e bens naturais 550.000,00 € 456-453-612,02 Estradas, expropiacións, proxectos e outras obras 700.000,00 € 942-134-467,01 Transferencias a consorcios extinción de incendios 356.321,33 € Total suplementos de créditos... 1.606.321,33 € Este expediente finánciase con baixas de créditos de gastos, das aplicacións que se detallan, cuxas dotacións son reducibles sen perturbación dos respectivos servizos, contabilizándose as seguintes operacións: • Baixas de créditos: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 410-414-789,02 Transferencias a familias e institucións sen fins de lucro, convenios desenvolvemento rural -60.000,00 € 931-011-310,00 Xuros de préstamos e outras operacións financeiras -906.321,33 € 340-342-658,02 Investimentos xestionados para familias e institucións sen fins de lucro, deportes e esparcemento -700.000,00 € SUMA… -1.666.321,33 € 2.- O expediente de modificación de créditos número 3/2011 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.6147.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2011 DA ESCOLA DE CANTEIROS Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 1/2011 da Escola de Canteiros. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 8 de novembro de 2011, propón ó Pleno a aprobación do expediente de créditos extraordinarios número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra, por un importe global de 70.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de créditos extraordinarios número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra, finánciase con cargo a baixa do crédito, por importe de 70.000,00 euros, da aplicación orzamentaria 11/832.323.652.00 do vixente orzamento deste organismo autónomo. Resultando que no informe de Intervención de data 8 de novembro de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de créditos extraordinarios número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE: 1.- Aprobar o expediente de créditos extraordinarios número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra, por un importe global de 70.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 6º Investimentos reais….……………… -70.000,00 euros Capítulo 7º Transferencias de capital…………… 70.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 0,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Créditos extraordinarios: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 11/832.336.762.14 Transferencias a municipios, traballos en especie. 35.000,00 € 11/832.336.789.00 Transferencias a familias e inst. sen fins de lucro, traballos en especie. 35.000,00 € Total créditos extraordinarios…………………….. 70.000,00 € 2.- O expediente de créditos extraordinarios número 1/2011 do Organismo Autónomo Local Escola de Canteiros de Pontevedra será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 7.6148.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO Nº 1/2011 DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA Sr. Presidente.- E o último é: Aprobación do expediente de suplemento de crédito nº 1/2011 da Escola Universitaria de Enfermería. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 11 de novembro de 2011, propón ó Pleno a aprobación do expediente de suplemento de créditos número 1/2011 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por un importe global de 47.000,00 euros, motivado pola necesidade de atender a unha serie de gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte. Resultando que este expediente de suplemento de créditos número 1/2011 finánciase con cargo ó remanente de tesourería procedente da liquidación do orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería correspondente ó exercicio de 2010. Resultando que no informe de Intervención de data 11 de novembro de 2011, figura que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que o expediente respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e na base 8ª de execución do vixente orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de suplemento de créditos número 1/2011 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do BNG e cos votos en contra do PSdeG-PSOE: 1.- Aprobar o expediente de suplemento de créditos número 1/2011 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería, por un importe global de 47.000,00 euros, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos………… 9.000,00 euros Capítulo 6º Investimentos reais…………………………. 38.000,00 euros Total variacións por capítulos………………… 47.000,00 euros O detalle do expediente é o seguinte: Suplementos de crédito: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE SUPLEMENTO 11/832.323.212.00 Reparacións………………………..….. 9.000,00 € 11/832.323.629.03 Aquisición simuladores para prácticas… 38.000,00 € Total suplementos de crédito…………………….. 47.000,00 € 2.- O expediente de suplemento de créditos número 1/2011 da Fundación Escola Universitaria de Enfermería será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 8.6149.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO “TERMINACIÓN DO ENSANCHE E ACONDICIONAMENTO DA ESTRADA PROVINCIAL EP-9701 BAIÓN-ANDRÁS (VILANOVA DE AROUSA)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 8. Aprobación inicial do proxecto “Terminación do ensanche e acondicionamento da estrada 9701 Baión-András (Vilanova de Arousa)”, exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación, declaración de utilidade pública e solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación e motivación da urxencia. Como disto xa falamos bastante, eu creo que está todo máis que falado, ogallá poidamos darlle ós veciños destas, bueno, que afectan ós municipios de Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa, practicamente, darlle esta infraestrutura rematada o antes posible, polas incomodidades que están sufrindo neste momento, é por iso que temos que poñer en marcha esta, este expediente, para poder, como digo, continuar e rematar esta actuación, que levará consigo o proxecto que se está redactando, que tamén sairá a licitación pública para facer a obra. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, como dicíamos antes, imos a votar a favor, e exactamente creo que, senón recordo mal isto debeu empezar hai doce anos. Sr. Presidente.- Non, tanto non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Once. Sr. Presidente.- Frío, frío, non empezaríamos, xa lle digo cando, máis ou menos, pois no ano 2005-2006. Nós somos lentos pero seguros, iso é importante. Sr. Mosquera Lorenzo.- E o expediente sobre isto, o arreglo disto vén de bastante antes, pero bueno, ... Sr. Presidente.- Non, non, non, esta estrada se empezou, non, antes desa fecha, só se fixo un tramo na carretera de Vilagarcía coa conexión, que había unha curva excesivamente perigosa, se fixo unha pequena actuación alí, pero, que, a actuación xa dunha mellora do trazado da carretera e todo iso se iniciou hai, xa digo, practicamente cinco ou seis anos. A última actuación se fixo por parte da Xunta de Galicia na rotonda que está na carretera de Solobeira, pero bueno, si é ben certo que o que se refire ó tramo András, probablemente se empezou como vostede di, polo ano 2004 ou incluso antes, pero no tramo de Solobeira ata Baión, que é o que estamos falando agora neste caso, si ten dende o ano 2005, 2006 aproximadamente. Bueno, somos lentos pero seguros. Sr. Mosquera Lorenzo.- Antes dixo que eran rápidos, bueno, aquí segundo o momento, efectivamente, hai que acabala e demais, independentemente do que dixemos antes imos a votar a favor. Sr. Presidente.- Pois procedemos polo tanto a, como digo, á votación deste punto, que é a mellora desta estrada, para remitir á Xunta de Galicia, para que nos declaren a urxente ocupación dos terreos e bens afectados, que son bastantes neste tramo que agora falta por mellorar. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O proxecto “Terminación do ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-9701 Baión-András” está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 684.746,25 euros desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 368.189,98 euros e capítulo de expropiacións por importe de 316.556,27 euros. A estrada provincial EP-9701 Baión-András, que ten unha lonxitude de 9.380 metros, configúrase como unha das infraestruturas máis importantes da zona xa que une o viario que discorre dende Pontevedra a Vilagarcía de Arousa cos lugares de Solobeira e András, servindo ademais de acceso a Vilanova de Arousa e evitando así o paso por Vilagarcía de Arousa. Esta circunstancia provoca que dita estrada soporte unha importante densidade de tráfico ó longo de todo o ano que provoca que o firme da zona de circulación se deteriore notablemente e que os anchos primitivos non resolvan os problemas xerados polo continuo paso de vehículos. Nos últimos anos a estrada Baión-András foi obxecto de distintas actuacións de ensanche da plataforma e mellora da súa capa de rodaxe téndose realizado xa o tramo de András a Solobeira de 4.350 metros ata o enlace coa estrada autonómica PO-301 Pontearnelas-Vilagarcía. Con este proxecto preténdese agora actuar no lugar de Carballo, nunha lonxitude de 2.050 metros lineais, e rematar os tramos de estrada pendentes no lugar de Serantes, intervención que foi iniciada hai un tempo e que non se puido finalizar por motivos orzamentarios e de disposición de terreos e que se inclúe neste proxecto co fin de deixar rematado este tramo dende Solobeira. As actuacións previstas teñen por obxecto definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria neses tramos de estrada xa que o seu estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla, entre outras actuacións, unha nova plataforma de 12,60 metros de ancho e a rectificación do trazado dalgunhas curvas con radio reducido. Como queira que na execución deste proxecto ocúpanse varias leiras de titularidade privada, resulta imprescindible iniciar un expediente de expropiación forzosa cuxo carácter urxente queda sobradamente xustificado polos motivos antes expostos. Visto o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de tramitar canto antes o expediente de expropiación forzosa para acometer a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A aprobación inicial do proxecto “Terminación do ensanche e acondicionamento da estrada provincial EP-9701 Baión-András” que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 684.746,25 euros desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 368.189,98 euros e capítulo de expropiacións por importe de 316.556,27 euros. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra que vén xustificada pola necesidade de mellorar a seguridade viaria no tramo da estrada EP-9701 Baión-András que discorre polo lugar de Carballo, nunha lonxitude de 2.050 metros lineais, e rematar os tramos de estrada pendentes no lugar de Serantes, intervención que foi iniciada hai un tempo e que non se puido finalizar por motivos orzamentarios e de disposición de terreos e que se inclúe neste proxecto co fin de deixar rematado este tramo dende Solobeira. As actuacións previstas teñen por obxecto definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria neses tramos de estrada xa que o seu estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho medio pavimentado de seis metros ou inferior, importantes deficiencias no firme e sen un itinerario alternativo para os peóns que reúna unhas mínimas condicións de seguridade. Para paliar esas deficiencias o proxecto contempla, entre outras actuacións, unha nova plataforma de 12,60 metros de ancho e a rectificación do trazado dalgunhas curvas con radio reducido. 9.6150.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- O punto número 9. Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados, que ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si, la moción designa representantes de la Diputación Provincial en los siguientes organismos: Padroado da Fundación de Exposicións da Estrada a Don José Crespo Iglesias, Doña Begoña Estévez Bernárdez y Doña Ana Isabel Vázquez Reboredo y en el Comité Ejecutivo de la citada Fundación a Doña Begoña Estévez Bernárdez. Sr. Presidente.- ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Desígnanse representantes da Deputación Provincial de Pontevedra no Organismo que seguidamente se relaciona ós/ás seguintes Sres. e Sras. Deputados/as: - Padroado da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada: D. José Crespo Iglesias Dona Begoña Estévez Bernárdez Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo - Comité Executivo da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada: Dona Begoña Estévez Bernárdez” 10.6151.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á ESTRADA PROVINCIAL EP-8401 PORTELA-SOUTO DE VEA Sr. Presidente.- Punto número 10. Moción do grupo provincial do Partido Socialista relativa á estrada provincial 8401 Portela-Souto de Vea. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Na pasada lexislatura os gobernos dos concellos de A Estrada e Cuntis teñen denunciado ante a Deputación Provincial, en reiteradas ocasións, o lamentable estado da estrada EP-8401 Portela-Souto de Vea. Cabe recordar que se trata dunha estrada que soporta un alto volume de tráfico, que é a única vía de comunicación de Cuntis a Santiago, e que ó longo dos 6,7 quilómetros se concentran importantes núcleos de poboación. En maio de 2010 o concello de A Estrada remitiu ó organismo provincial un informe, realizado polos técnicos municipais, advertindo do grave deterioro do firme do viario Portela-Souto, moi fisurado e infestado de fochancas, explicábaselle que o estado da estrada supoñía un perigo, que se agravaría coa penetración da auga durante o inverno nas capas inferiores. Despois da insistencia e das advertencias do concello a Deputación Provincial limitouse a tapar catro buratos e a un pintado da estrada, unha auténtica tomadura de pelo para quen solicitou o arranxo, para as persoas que ven como se destrozan os seus vehículos, ademais do perigo que pode ser producido por accidentes, por andar a brincos ó longo de case sete quilómetros, e para a propia veciñanza que pasa por ela, que sofren as dificultades de ter que andar pola propia calzada por non contar con beirarrúas. O 14 de decembro de 2010, puidemos ver na prensa que a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra transferíanse case trescentos quilómetros de estradas, entre as que se atopaba a mencionada nesta moción, para adaptarse ós cambios na evolución da mobilidade, un obxectivo que se iniciaba coa sinatura dun convenio de transferencia de estradas entre o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, transferencia que será efectiva no momento que sexa aprobada polo Consello da Xunta. Pasado case un ano dese anuncio, segundo a información de que agora mesmo este Grupo Provincial Socialista dispoñemos dita estrada segue a ser competencia da Deputación Provincial. Tamén podemos comprobar que a pesares da maquillaxe de cada campaña electoral, tapando catro fochancas, este vial está cada vez máis intransitable, algo que parece non preocupar ó Presidente da Deputación Provincial a pesares de ter enriba as habituais choivas de outono-inverno. Polo anteriormente exposto, ante esta desidia do goberno da Deputación Provincial na estrada Portela-Souto de Vea, o Grupo Provincial Socialista insta á Deputación Provincial e con carácter inmediato, proceda a elaborar e a executar un proxecto na estrada Portela-Souto de Vea que garanta a circulación de vehículos e viandantes en todo o seu traxecto. Sr. Presidente.- D. José Crespo, ten a palabra. Sr. Crespo Iglesias.- Bos días a todas e a todos. Ben, a moción esta do Grupo Socialista é unha moción que no día da Comisión Informativa foi por vía de urxencia, e eu lle dixen que habería que estudala porque non tíñamos o informe técnico. Pero, xa temos un informe técnico que pode ser cando menos clarificador da situación, o que di a moción non é certo en absoluto, o que vostede acaba de afirmar aí puxéronllo nun papel e vostede probablemente lle votou a firma, pero vostede, asegúrolle que non pisou esa carretera. Polo tanto, non fala con propiedade porque non a coñece, non a coñece, e o alcalde de A Estrada, que está aquí, coñécea e eu tamén. Independentemente de que necesita mellorar, como todo, como todo, pois, loxicamente, non é das peores que temos, iso significa que aínda que houbera con que, poderíamos arreglala, e haberá que poñela na lista de espera como tantas outras, pois, non é que teña unha necesidade perentoria de arranxo, hai un informe técnico que así o di, o informe técnico do xefe, do Director de Infraestruturas. O outro día, como estaba sen facer, porque veu por vía de urxencia, pero hoxe o teño aquí, que lle podo dar unha copia se vostede o desexa, e que di o técnico ben claramente, que dende o punto de vista técnico podemos sinalar que dentro dos case dous mil quilómetros de estradas, dous mil quilómetros de estradas de titularidade, que ten esta Deputación, os 37 que discorren polo termo municipal d e A Estrada, a estrada provincial que vostede fai referencia Portela-Souto de Vea-8401, non é a que máis deficiencias presenta a nivel de seguridade viaria, como proba, e tome nota, o feito que segundo os datos obtidos de tráfico, salvo que nos enganara tráfico, claro está, é o informe estatístico de ARENA, os últimos anos non se rexistraron accidentes na mesma, se estivese tan mal habería algún accidente, digo eu, en calquera caso dende a Deputación de Pontevedra inténtase manter dita estrada nas mellores condicións de seguridade, sempre dentro das posibilidades presupostarias, con arranxos parciais da capa de rodadura, repintado da sinalización horizontal e mantemento do correcto funcionamento das súas condicións de drenaxe. Neste sentido queremos poñer de relevo o importante custo económico que suporía abordar unha mellora integral dunha estrada de máis de 6 quilómetros de trazada, en definitiva, que a estrada é loxicamente mellorable, como tantas outras, pero que terá que esperar a que lle toque o turno, que lle tocará sen dúbida. Polo tanto, que vostede afirma de que iso, practicamente non se dá andado por ela, pois non parece que ocorra así, porque senón hai ningún accidente de tráfico rexistrado na mesma, ou iso é o que di o informe que nos pasaron de tráfico, pois non será tan perigosa como vostede di. Polo tanto, independentemente de que sexa necesario mellorar a súa capa de rodadura, etc., etc., creo que terá que esperar a que dentro do normal dispoñer orzamentario desta casa, e de acordo cunha proposta técnica de mellora das mesmas, pois lle toque a vez que lle tocará sen dúbida. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, dúas cousiñas: unha, imos a votar a favor da moción, sobre todo para que o Presidente se quede tranquilo da …; e segundo, alegrámonos moito de saber que agora Vías e Obras xa o leva o Sr. Crespo, volve a levalo, porque andamos profundamente despistados, eu creo que anda todo o mundo despistado aquí de quen son as competencias, teoricamente esa zona levaba o alcalde da Estrada, agora fala o Sr. Crespo, despois na delegación, nas Resolucións Presidenciais xa falaremos. Eu creo que se tiveran a ben darnos, por nós, por deferencia, despois a todos os cidadáns un organigrama de como funciona e incluso con preguntas e respostas, cando toque unha estrada non sei onde, diríxanse a …, cando toque diríxanse a …, ¡oes!, avanzaríamos un montón. Alegrámonos moito de saber que o Sr. Crespo volve a levar Vías e Obras, ¿non volve a levalas?, dálle á cabeza, ¿non volve a levas?, bueno, pois a ver se nos enteramos, a ver, nos dan un manual, porque o guirigai que teñen aquí co goberno deste mandato é absolutamente glorioso. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que calquera dos dezasete que somos está preparado para darlle unha contestación, esa é a vantaxe, esa é a vantaxe. Polo tanto, estea tranquilo nese sentido que non hai ningún problema, perfectamente cohesionado e funcionando. Bueno, eu teño que dicir aquí, que xa o dixo o Sr. Crespo tamén, en relación ó informe, pero non sei se o Deputado que defende a moción coñece ou non ben A Estrada. A Estrada, municipio, probablemente non, a estrada carretera Portela-Souto de Vea creo que tampouco, pero hai aí unha actuación que fixo a Deputación no tramo final, se o alcalde non me desminte, que foi unha actuación considerable de beirarrúas, sobre todo pensando en que aí había cativos que ían a un colexio, hai persoas e unha densidade de vivendas importante no último tramo desa estrada, no último tramo en dirección Santiago, e que polo tanto, se fixo unha actuación moi, moi importante de colocación de seguridade viaria, a través das beirarrúas, alumeado, etc., en relación á estrada, pois xa foi dito aquí, as estradas todas son evidentemente mellorables, aínda que ás veces corremos o risco de que cando os cidadáns, con razón, nos piden a mellora das estradas, que están, é que nesta non se rexistran accidentes, pois pasado un tempo, cando se faga a mellora, despois nos din que os coches corren demasiado. Entón, é que hai que frealos, hai que meterlle baches, pero en vez de meterlle baches para abaixo, meterllos para arriba. Entón, ó final é un problema tamén, pero neste caso, en concreto, dicirlle que non é unha estrada que estea nun estado pésimo, pois ten un estado que é manifestamente mellorable, pero que, polo que nós coñecemos, eu coñézoa ademais, e quen mellor a coñece, dos que estamos aquí, por suposto, que é o alcalde da Estrada, pois el sabe que se fixo unha limpeza das marxes, eu non sei se se fixo ou non, está previsto un pintado horizontal da mesma, como se fai habitualmente, ou sexa, en definitiva eu creo que as actuacións que corresponden, se fixeron as máis prioritarias. É certo que haberá que seguir facendo pero xa lle comentou agora o Sr. Crespo, que en todo caso, pois, hai dous mil quilómetros de carreteras e para iso temos, xa digo, un valedor extraordinario que é o que está aquí na corporación provincial, que é o alcalde da Estrada, que vai a reivindicar, porque si fixemos unha planificación das que neste momento estamos mellorando, que por certo, estamos mellorando varias, xa no propio concello da Estrada, co Plan da propia Deputación, bastantes, non sabería agora dicirlle cales son, facerlle aí un repaso de todas, pero son bastantes. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu creo que nunca deu o arranxo de 6,7 quilómetros para tantos e variados argumentos, os hai de que non é certo o que este voceiro, de que non coñezo o lugar, que nunca pasei por ela. Pero miren, o que si é certo é que estes 6,7 quilómetros da E.P. 8401 Portela-Souto de Vea, é competencia da Deputación de Pontevedra e teñen que atender eses 6,7 quilómetros igual que os outros 1.985,5, exactamente igual, 84,5 exactamente igual, porque co presuposto da Deputación, é certo que fan outras cousas, ¿por que non fan destas?. Despois de dicir que non é certo o que digo se recoñece que necesita mellora, pero que non é a peor de todas, ¡mi madriña!, eu non sei se viron isto, ¿eh?, ¡como deben ser as outras!, ¿que teñen?, trincheiras as outras que hai, as que están peor. Eu creo que iso non é unha desculpa, o que non queren é arranxar esta vía, esta estrada. Outro dos argumentos, que non houbo accidentes, ou que cando se melloran os vehículos corren demasiado, ¿que ten que haber mortos para que se arranxe unha estrada?. Que eu creo que nos estamos desviando do que hai, é unha estrada de 6,7 quilómetros, transitada, moi transitada, que é o único punto de conexión, que ten unhas deficiencias importantes, e que vostedes cando menos pois debían poñer interese, interese, que cos presupostos desta Deputación, que teñen e fan modificación de crédito e teñen partida, pois, debían tratar de arranxala. Polo tanto, nós lle pedimos que a pregunta é, ¿hai vontade política de arranxala?, ¿si ou non?; é dicir, eu creo que se hai vontade política, sendo competencia, pois creo que se podería atender, e ó mellor gastar menos noutras partidas menos importantes, ¿verdade?, de publicidade ou algunhas festas, ou algunhas outras cousas destas, e seguro que llo agradecerían os veciños e veciñas que transitan por esa rúa, e reitero, se as hai moito peores, ¡como deben de ser!, é unha responsabilidade e unha competencia de vostedes, e nós insistimos que deben proceder ó arranxo desta estrada tal e como lle solicitamos nesta moción. Sr. Presidente.- Voulle dar a palabra ó Sr. Crespo. Don José Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Bueno, dicirlle ó Sr. Mosquera que eu non son Deputado de Vías e Obras, o que pasa é que son Vicepresidente desta casa, coma o Sr. Chema Figueroa, ¿sabe?, entón suponse que ó ser Vicepresidente de vez en cando hai que defender algunha que outra, neste caso unha moción do Partido Socialista, pero verá, o Sr. Chema Figueroa e eu somos Vicepresidentes desta casa, ¿iso si o sabe, non?, pero non son deputado de Vías e Obras, que quede claro. Para centrarme na moción, D. Santos, eu creo que vostede descoñece profundamente o que hai nesta casa e como funciona, e algunhas cousas claro que poderían funcionar mellor como en todos os sitios, pero mire, a estrada esa, vostede, se fai un comparativo, se fixera un comparativo podería comprobar como están outras, e esa efectivamente é mellorable, non fai falta ensinar fotos, todas as estradas teñen algún que outro bache senón son de recente realización. Polo tanto, é normal que teña algún bache e é normal que de vez en cando se bacheen e se manteña nunhas condicións idóneas, pero non me diga que vostede, que nun significativo caso de que non haxa ningún accidente nela, é dicir, que segundo Tráfico informa, que segundo os datos obtidos de Tráfico, nun informe estatístico de área, nos últimos anos, no último ano, non se rexistraron accidentes na mesma. Home, eu creo que é un dato importante a ter en conta, unha vía que non ten sinistralidade, vostede pode dicir misa, claro que pode estar mellor, como non, pero ó mellor está razoablemente ben, e que todo, vostede non sabe como dicía aquel dito daquel que contaba Don Manuel Fraga, con respecto a aquel Ministro inglés, o que pasa é que é un pouco machista e non o vou a repetir aquí, pero depende co que se compare, ¿vale?, ¿como está fulano?, depende con quen se compare. Pois aquí pasa o mesmo, depende con que. Se vostede o compara coas vías autonómicas de alta capacidade claro que está mal, se vostede o compara coas vías normais que temos na Deputación, por así dicilo, hai unhas vías moito máis transitadas que outras, esas, loxicamente, teñen que estar en mellores condicións e de feito estano. A rede viaria provincial, aínda que vostede se escandalice, non está mal, podería estar mellor, pero non está mal, temos unha rede provincial decente, decente, o que pasa é que as carreteras, as vías son de distinta categoría, como vostede pode imaxinar, e con respecto ó que vostede afirma, da vontade política de arranxala, xa lle dixen que si, nós temos vontade política de arranxala, cando corresponda e cando toque, de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias, o que non temos é a vontade política de aprobarlle a vostede unha moción demagóxica, que é distinto, se vostede trouxera aquí unha moción facendo un comparativo e explicando por que arreglar esa vía e non outras, entón ó mellor era discutible, se vostede porque ó mellor llo dixo algún membro do seu partido, de A Estrada, ou de onde fose, fai unha moción sobre isto para intentar vender unha moto a uns determinados veciños, ou o que sexa, unha operación en definitiva política, ó mellor si, ó mellor iso podémolo facer todos. Eu pódolle asegurar que non hai concello de Pontevedra que non poida presentar unha moción sobre o arranxo dunha vía provincial, e se é unha moción como esta podémoslle presentar unha por cada concello, asegúrolle que dos concellos que hai en Pontevedra poucos se librarían de presentar unha moción como esta, nos 62, iso asegúrollo eu. Polo tanto, non sexa demagóxico, nós temos vontade política de arranxar esa vía cando se poida, non temos vontade política de aprobarlle a vostede unha moción demagóxica e que non está fundamentada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Crespo. A verdade é que esa é a realidade, eu creo que aprobar mocións aquí, así, sen máis, para despois non cumprir, porque poderíamos dicirlle, pois si, aprobámola, e se despois durante un período relativamente curto de tempo, non somos capaces de poñer en marcha o proxecto, non sería serio, pero isto é como se dalgunha maneira eu lle digo a vostede que o tramo que é de Fomento, por exemplo, que xa reclamo de paso dende aquí unha mellora, que alguén a terá que facer, o tramo que sube ó aeroporto dende a autopista do Atlántico, todo ese tramo está peor ou nas mesmas condicións que esta estrada, e por esa deben pasar miles e miles de vehículos diariamente, e ten o firme totalmente desfeito, vostede estará de acordo comigo non sei se sube por alí cando vai ó aeroporto ou colle a, neste caso a AP-9, para coller a autovía a Baiona, bueno, a autopista a Baiona, por exemplo, pois ese tramo que sube ó aeroporto e ó recinto feiral de Vigo, esa autovía, ese tramo está desfeito, hai que deixar practicamente as rodas nese tramo, e despois se fala de facer proxectos de gran envergadura, etc., etc., e sen embargo o que non custa, relativamente pouco comparado con outros proxectos, moi faraónicos, que se presentan, etc., pois que non se fixo, ou sexa, que se, polo tanto, se entramos nesa liña de consideración habería moito que falar e moito que intentar resolver. ¿Non?. Bueno, pero non sei se dá para máis este tema. Si, adiante. Sr. Rodríguez Díaz.- Porque algo tan sinxelo como é 6,7 quilómetros, como o enredamos, me di o Sr. Crespo, acaba de descubrir que senón se arranxan as rúas non hai accidentes, pois imos a ter que telas todas con buratos, así non hai accidentes e non corren moito. Pero mire, eu creo que ás veces, cando vostede fala dunha moción demagóxica, unha moción política, aquí vimos a facer política, ¡eh!, isto non é un parvulario, isto é política, e fomos elixidos en candidaturas de partidos políticos, e para facer unha determinada política, e isto é así e a política se fai a través dos presupostos, que é onde se gastan os cartos, non hai máis que iso. Pero mire, vostede para defender non facer os 6,7 quilómetros me di que todos, os 62 concellos da provincia, poden presentar moción como esta, e anteriormente me di que a rede da Deputación Provincial está moi ben, é dicir, mire, eu remato, ¿non a queren facer?, non pasa nada, non a fagan, pero esa é a realidade, esa é a realidade, e nós imos a traer todas aquelas mocións que os veciños e veciñas nos pidan que traiamos, porque é a nosa obrigación, e non teñen por que molestarse nin parecerlle demagoxias nin cousas estrañas, eu creo que, non sei se foi enredando e tratando de xustificar, que a nós nos parece moi ben, ¿non o queren facer agora?, pois fágano cando queiran. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Santos Héctor. Dicirlle que el llo dixo con claridade, creo que non sei se é problema de oído, díxolle, unha rede decente, non lle dixo unha rede extraordinaria, díxolle decente. Porque nós, eu creo que, vou a ser nisto realista, verdade, eu sei que hai algúns partidos que lle pasa e que despois non son realistas, enganan e tal, e esas cousas que vostede sabe. Entón, ó final pois pasan esas cousas, hai que ser realistas, el dixo unha rede de centros, me gustaría tela mellor, nunca unha cuestión dou para falar tanto. ¿Vostede sabe canto custa 6,7 quilómetros, a mellora diso?, porque vostede fala na moción de que, meterlle medidas de seguridade viaria e creo que din tamén beirarrúas, iso custa 7 millóns de euros, 7 millóns de euros, se quixéramos mellorar a estrada enteira, da forma que vostedes din aquí, na súa moción, que acaban de presentar. Polo tanto, ¡que non custa tanto!, esa é a realidade, polo tanto non, o outro é, xa digo, como xa lle dixo neste caso o Sr. Crespo, é demagoxia que non vai a ningún lado. Por iso, vamos a proceder á votación desta moción que propón o Grupo Socialista e que dalgunha maneira votamos. ¿Votos en contra?. Partido Popular. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE relativa á estrada provincial EP-8401 Portela-Souto de Vea. 11.6152.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Sr. Presidente.- Asuntos fóra da orde do día. Hai unha moción onde se designa a Marta Iglesias Bueno, como Deputada representando á Deputación no Consello Galego de Saúde. Bueno, declaración da urxencia. ¿Votos a favor?. Todos. Votamos entón a moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Partido Popular. Fóra da orde do día non hai nada máis. Previa unánime declaración de urxencia, adoptouse o seguinte acordo: A) MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS O Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados. Dita Moción é como segue: “O art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Por todo iso, a Presidencia somete á consideración do Pleno a adopción do seguinte acordo: Desígnase representante da Deputación Provincial de Pontevedra no Organismo que seguidamente se relaciona á seguinte Sra. Deputada: - Consello Galego de Saúde: Dona Marta Iglesias Bueno” b) Parte de información e control: 12.6153.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Si. Sr. Secretario.- En primer lugar, los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 de outubro y el 21 de noviembre. Luego, asimismo, otra Resolución por la que se delega las atribuciones de la Presidencia, en relación con la Estación Fitopatolóxica de Areeiro, en la Diputada Doña Begoña Estévez Bernárdez; y, delegando así mismo las atribuciones de la Presidencia en relación con la Ciudad Infantil “Príncipe Felipe” y el Centro de Vacaciones de La Lanzada, a favor de la Diputada Doña Marta Iglesias Bueno. Sr. Presidente.- Moi ben. Dar conta nada máis. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De data 5 de outubro de 2011, delegando as atribucións da Presidencia en relación co centro Estación Fitopatolóxica do Areeiro, a favor da Sra. Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez. B) De data 8 de novembro de 2011, delegando as atribucións da Presidencia en relación coa Cidade Infantil “Príncipe Felipe” e Centro de Vacacións de A Lanzada, a favor da Sra. Deputada Dona Marta Iglesias Bueno. C) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de outubro e 21 de novembro do ano 2011 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 13.6154.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Ten a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, era a propósito disto e relacionado co anterior. Agora, catro meses ou cinco despois de tomar posesión enterámonos, ou, enterámonos, porque así vai, de que agora a Cidade Infantil “Príncipe Felipe” vai ter unha Deputada responsable; despois, tamén parece que a Escola, ¿non?, a Escola de Canteiros é do Sr. Crespo, ¿non?; que está en Poio, era por, non, non era, non; e o Areeiro, tamén está en Lourizán, a Sra. Begoña Estévez, que está moi ben, pero creo que Pontevedra era de, ¿non?, de Ana Isabel, bueno, todo o que está en Pontevedra, aí, francamente reitero o mesmo, ou sexa, isto, ¿que vai?, a rematar o mandato nomeando así, cando ve que hai problemas nalgún sitio, ou que os ten para a súa xestión; vainos dar un manual de como está isto, de como vai funcionando, se vai o Presidente, se lle chegan moitos recados, entón, delega nun, senón non, se parece que ten interese. Vías e Obras, polo que nos enteramos segue sen ter Deputado delegado, ou sexa, que se hai algún problema hai que ir a xunto o Presidente, ou, complicado, estano poñendo moi, moi complicado, non digo a nós, que bueno, xa, á parte que a Deputación aquí, houbo moitos, houbo moitos Deputados e Deputadas que pasaron aquí 4 ou 8 anos, ou máis, e remataron sen enterarse ben como funcionaba, porque xa se encargaron de que non se enteraran, pero é que os que si algo sabiamos, non todo, de como funcionaba, vamos a estar despistados, e os cidadáns xa non quero nin pensar como andan, non quero nin pensar, eu non sei se algunha vez van a facer un organigrama que, funcione mellor ou peor, sexa coñecido e cada un teña; ¿teñen deputado ou deputada de Deportes ou de Cultura?, ¿non?, si hai … Sr. Presidente.- Temos todo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bueno, pero nas Resolucións, eu digo por escrito, nas Resolucións e tal. ¿Hai ou non hai?. Sr. Presidente.- Somos un equipo tan amplo que temos de todo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, non, xa sei que son un equipo moi amplo e á parte teñen, teñen de todo, de todo, ¡eh!, de todo, de todo, si, pero á parte diso, ¿quen se encarga de cada cousa neste goberno provincial?, ¿quen se encarga de cada cousa?. A ver, cada Pleno vai vir unha delegación, vamos a, vai a, ¿como vai ser?, ¿como vai ser?, en fin, para que os cidadáns se enteren, a nós xa nos tratan aquí como o felpudo e xa non nos enteramos, nin lles importa que nos enteremos, e incluso intentan que non nos enteremos, pero, ¿como vai ser?, ¿como vai ser o asunto?. A ver se nos bota algo de luz con estes novos nomeamentos que puxo neste tal, se nos di aquí un resumo, a ver, ¿quen se encarga de Canteiros?, ¿quen se encarga de Enfermería?, ¿quen se encarga de Vías e Obras?, ¿quen se encarga?, ¿quen se encarga?, ¿quen se encarga?. A ver se temos sorte e avanzamos algo, se acaso, a ver, digo, por se podemos avanzar, senón pois deixámolo, que haberá tempo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. A verdade é que vostede dicía que algúns deputados pasaron por aquí e non se enteraron. O que pasa é que supoño que se refire ós do goberno, a diferenza de vostede é que eles estiveron no goberno e vostede leva toda a vida aí na oposición, e forma parte xa do paisaje desta casa, porque son varias décadas, e entón é evidente que vostede pode facer un máster nese apartado, pero bueno, no caso deste equipo, xa digo, é un equipo moi competente, o importante é que vostede cando teña unha cuestión concreta, e ademais sabe que temos capacidade de resposta, lle damos resposta máis menos inmediata, nun tempo prudencial, ou sexa, que somos un equipo, a verdade é que eu estou verdadeiramente encantado, ¿non?. Polo tanto, nese sentido pode ter absoluta tranquilidade e vamos a seguir funcionando que é o importante. Ten a palabra o Sr. Veiga Soto. Sr. Veiga Soto.- Moitas gracias. Eu queríalle reiterar a pregunta que lle fixen no último Pleno, que home, nesa intención de encontrar unha resposta rápida se fixo, e eu esperaba que neste Pleno tivera unha contestación por escrito do que lle preguntaba. E como vexo que non a hai, voulla a repetir, por senón se acorda dela, que é, ¿que proxectos faltan por adxudicar do Plan de Investimentos da Deputación Provincial?, e, ¿que proxectos foron financiados con cargo á partida de libre disposición do Presidente con posterioridade ó mes de maio?. Falta escasamente un mes para que acabe o prazo que se dera, ata finais do 2011, dese plan de investimentos, e creo que aínda hai proxectos que incluso están sen licitar. Entón, por iso me gustaría saber, ¿cales?, ¿en que concellos?, ¿motivos?. E, con respecto á partida de libre disposición do Sr. Presidente, ¿que proxectos se financiaron con esa partida con posterioridade ó listado que tiñamos en maio, cando se lle deu resposta ó anterior Deputado Provincial Juan Muradas?. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, dicir que o Partido Socialista ten un informe xa dende fai algún tempo, onde estaba todo o que dalgunha maneira se levara adiante no plan de investimentos da Deputación, incluído a cantidade de libre disposición e en que proxectos se había investido. Non hai moitas alteracións, no próximo mes cando remate, máis menos, ou se tome a última decisión en relación con cales son os que se inclúen, xa terá vostede unha información máis ou menos exhaustiva, pero non varía moito da que neste momento o Partido Socialista ten xa, na última que lle entregamos, polo tanto, non hai grandes variacións nese sentido. E, vamos, vaina a ter ademais agora con motivo do remate do ano, ¿non?, aí vai a ter toda a información con proxectos e investimento en cada un deles. D. Uxío. Sr. Benítez Fernández.- Bos días a todos e a todas. Moitas gracias Sr. Presidente. Eu non sei se teño que dirixirme ó Deputado provincial de Deportes, se é que hai, en todo caso, como non o hai, por escrito dirixireime ó Sr. Presidente, para facer esta breve pregunta, ¿non?. É en relación a unha actividade que, bueno, vostedes coñecen moito máis ca min, que son novo nesta Institución, que son as Escolas Deportivas que desenvolve a Deputación de Pontevedra polos distintos concellos da provincia de Pontevedra, ¿non?. Estas Escolas Deportivas ó meu entender, ou o que eu entendía, son públicas e gratuítas, ¿non?, que desenvolve a Deputación, e nas últimas semanas tense suscitado certa polémica, con bastante repercusión nos medios de comunicación locais e comarcais, no concello de Tui, ó redor dunha Escola Deportiva, da de fútbol concretamente, e posto que parece ser se estaba cobrando ós pais que levaban os seus cativos alí a participar nas Escolas Deportivas, xa digo, gratuítas e da Deputación, que é unha actividade da Deputación, pois estaban cobrando 60 euros e lle obrigaban a subscribirse, ou facerse socios, perdón, dunha entidade privada, que é o club de fútbol, o Tide, o club de fútbol de Tui. Iso xerou así bastante polémica e con bastante intervención nos medios de comunicación por parte dalgúns pais afectados. Me consta que se dirixiron a esta sección de Deportes desta Deputación, pedindo un comunicado por parte da Deputación, que se esixe unha explicación, porque en todo caso é unha actividade que desenvolve a Deputación e pola que ten que responsabilizarse, ¿non?. A día de hoxe, creo que o concello de Tui ten comunicado á Deputación de que se suspende esa actividade, esa Escola, e ten comunicado, por certo, por escrito e por Rexistro de Saída, ó concello de Tui e ó concelleiro de Deportes de Tui, de que rompen un suposto acordo que tiñan coa entidade, co club de fútbol Tide, un suposto acordo a través do cal o Tide, esta entidade, era quen xestionaba, e téñoo aquí por escrito: “En el caso de la Escuela Deportiva de fútbol el concello solicitó al Tide la gestión de esta Escuela dado que el concello no tiene capacidad humana ni material para la realización de esta actividad. Tras la confusión creada por el cobro de la cuota de socio a los padres/madres/tutores de los jugadores inscritos en esta Escuela, el concello de Tui optó por romper el acuerdo de colaboración con el Tide para la gestión de la Escuela de la Diputación”. Isto está nun escrito firmado por Nicolás Lorenzo, que é concelleiro de Deportes de Tui, entón, eu simplemente quero preguntar se a Deputación, que entendo que é a responsable desa actividade que se desenvolve, tiña coñecemento de que se estaba a cobrar 60 euros por unha actividade que organiza a Deputación, e que eu creo que xera un agravio comparativo con respecto a estas Escolas da Deputación noutros concellos, que non se lle está cobrando ós pais. Entón, esa era a pregunta, ¿se tiñan coñecemento e se lle comunicou a versión oficial por parte da Deputación?. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias pola pregunta. Si, é certo que vin por aí ademais nalgún medio de comunicación ese comentario. En primeiro lugar, eu creo que isto non ofrece dúbidas en relación a que planteamento se debe facer nestes temas. Nós, esta Institución iniciou hai tres ou catro anos unhas Escolas Municipais de Deporte, concretamente de cinco actividades deportivas, de deportes moi concretos, que teñen unha alta participación, creo que é un bo labor, pero iso de entrar Escolas provinciais gratuítas ou municipais gratuítas, bueno, é moi relativo. Todos sabemos que, ademais, os que temos fillos ademais pequenos, todas as cuestións teñen un custe e se lle van a dar todo gratis é imposible de manter, ¿verdade?. Si é certo que ademais nós non temos estrutura, aínda que creo que se fixo un extraordinario traballo e se está a facer, como para manter toda a actividade na provincia de Pontevedra, ¿non?, na provincia, repartida por comarcas e todo o demais, creo que se avanzou considerablemente, agora estamos facendo un replanteamento de que os pais van ter que pagar unha taxa, porque senón para manter todo o equipo humano de monitores deportivos é moi difícil, e polo tanto, bueno, a maiores, de vez en cando, se pide tamén o apoio dalgún club determinado, ¿non?. Agora, vamos a iniciar probablemente con Piragüismo tamén, pois unha Escola deportiva, onde a propia Federación, apoiados na Federación Galega neste caso, e da delegación provincial que teñen en Pontevedra desa modalidade deportiva. Con eles, con nós e cos concellos, bueno, pois intentamos manter unha estrutura, non é unha cuestión de debate político, si ou si, senón que o que está claro é que eu non sei se cobraron ou non cobraron, se o cobraba o club é entendible que o cobraba como, bueno, pois como cobran a maior parte dos clubs, que ó final non teñen para poder manterse e entón lle cobran unha cota ós pais para intentar que, bueno, na parte que lle toca, a ver se poden aí pois ter un ingreso que poida levar adiante a actividade deportiva que teñen habitualmente, ¿non?. Polo tanto, xa digo, non creo, estamos diante dun caso que non creo que haxa un interese lucrativo de nadie, en todo caso o interese pode ser do propio club que colabora coa Deputación e colabora primeiro co concello, que é quen fixo de intermediario neste caso. Xa digo, eu creo que non, a polémica en todo caso non dá máis de si, porque os directivos que están ó fronte dos clubs, concretamente do Tide, quero entender, supoño que bastante están facendo con ter que dirixir ese club, e á parte, pois poñer en marcha a coordinación das instalacións co concello e todo o demais. Agora, xa digo, nós o que temos que replantearnos é que, pois ó mellor, para dar unha maior calidade formativa-educativa, pois probablemente teñan que pagar algo os pais, sen dúbida, porque senón, eu creo que pasa ademais noutros concellos, que nalgúns cobran, noutros non cobran, noutros cobran unha cantidade, noutros cobran a metade desa cantidade, ou sexa, que todo isto temos que regulalo, eu creo que a actividade formativa no ámbito do Deporte, é sobre todo educativa, é fundamental, e nese sentido, xa digo, eu espero contar tamén coa colaboración dos grupos da oposición para facer este tipo de actuacións, con raciocinio e con sentido de poder darlle utilidade a todas e cada unha das instalacións que levamos construído na provincia de Pontevedra, sobre todo para a práctica do fútbol, ¿non?. Si, D. Uxío. Sr. Benítez Fernández.- Si, eu quería comentar simplemente que, é dicir, non ten transcendencia porque o resultado final tristemente é que a escola de fútbol non se vai realizar, hai máis pais prexudicados por iso, porque é unha actividade que ían a levalos os pais e é triste que teña que rematar así. Eu non puxen na miña intervención á xuízo de que houbese mala intención de cobrar por parte de alguén nin moitísimo menos, e concordo de que haxa entidades que fan unha utilidade pública seguramente, aínda que son entidades privadas e teñen un beneficio social. Agora, eu penso que este tipo de cuestións se poden facer ben, simplemente, e ir facéndollo antes, que non se xeren agravios comparativos, se hai que chegar a un acordo de colaboración cunha entidade para que leve a cabo iso, pois que se faga por escrito, e a Deputación colabora e encárgalle a esta entidade e todo iso, se pode facer perfectamente por escrito e non xerar estes agravios comparativos, ¿non?. E respecto ó tema de cobrar, eu creo que, eu, vamos, perfectamente, estou de acordo que é a maneira de que a xente valorice tamén os servizos públicos que se están prestando, que isto esixe tamén unha compensación. En todo caso, insisto, creo que a responsabilidade máxima disto é da Deputación, e penso que a Deputación debería de comunicarlle, senón o ten feito xa, ós pais afectados algo, dar unha explicación ó respecto, e que a explicación non quede nos medios de comunicación, nos que entre o concello de Tui e Tide se pelexan entre eles, se botan as mans uns ós outros, e creo que a Deputación era a que tiña que transmitir algo ó respecto. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, dicirlle que estamos totalmente de acordo, xa estamos nese tema, de feito aí a Deputada Begoña Estévez xa se reuniu co alcalde e tamén cos responsables da propia escola provincial de fútbol, e nós o acordo con quen o establecéramos era co concello de Tui, independentemente que o concello de Tui ten unhas instalacións que son municipais, feitas pola Deputación, e quen as xestionaba era o club, concretamente este. Non queremos suspender esa actividade aí en concreto, vamos a ver como se reordena e a partir de aí tomaremos as decisións. Eu creo que o plan está funcionando realmente ben e non hai que diminuílo, se podemos, senón mantelo e incluso reforzalo se se pode, pero coa colaboración probablemente tamén dos pais, que eu creo que teñen que colaborar neste tema, como estamos totalmente de acordo, porque agora xa que hai instalacións hai que darlle uso e temos que utilizalas e sacarlle partido. Bueno, pois moitas gracias, moi bos días e se levanta a sesión. Gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)