ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/01/16_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.834/1.2015-01-16_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/01/16_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 17 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día dezaseis de xaneiro do ano dous mil catorce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D.Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, D. Fernando Guitián Guitián, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario, e está presente o Sr. Interventor Acctal., D. Julio Souto Diz. Non asiste o deputado provincial D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.22986.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar os borradores das actas das sesións ordinarias dos días 19 e 30 de decembro de 2014, respectivamente. 2.22987.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA POR RENUNCIA DA BOLSEIRA MARINA ALONSO PRIEGUE NA EMPRESA CAMILO GARRIDO CORBAL (LA FUGA DE BLAS) No Boletín Oficial da Provincia nº 97, de data 22 de maio do 2014, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria de 30 bolsas de práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos do 1 de xullo de 2014 e por un período de tres meses, prorrogables por outros tres, podendo prorrogarse ata cumprir o ano si o volume de actividade da empresa así o xustifica. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 25.22254, en sesión celebrada o 27 de xuño de 2014 adxudicáronse ditas bolsas de práctica laboral. Con data 1 de xullo de 2014 iniciou a súa práctica laboral Marina Alonso Priegue do expediente T2 e da titulación Ciclo Superior en Dirección de Cociña, na empresa Camilo Garrido Corbal (La Fuga de Blas). Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 14.22571, en sesión celebrada o 26 de setembro de 2014 aprobouse a prórroga da bolsa por tres meses, dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2014. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 18.22927, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014 aprobouse a prórroga dende o 1 de xaneiro de 2015 ata o 30 de xuño de 2015. Con data de 8 de xaneiro de 2015 dita bolseira presenta escrito comunicando a súa renuncia a continuar participando no plan de práctica laboral con efectos do 31 de decembro de 2014. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Marina Alonso Priegue na empresa Camilo Garrido Corbal (La Fuga de Blas), con efectos do día 31 de decembro de 2014. 3.22988.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DO BOLSEIRO RICARDO SINEIRO CASTRELO POR RENUNCIA DA EMPRESA Mª ÁNGELES GARRIDO TORRES S.L.N.U. (HOTEL A MAQUÍA) No Boletín Oficial da Provincia Nº 97, de data 22 de maio do 2014, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria de 30 bolsas de práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios e de formación profesional, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos do 1 de xullo de 2014 e por un período de tres meses, prorrogables por outros tres, podendo prorrogarse ata cumprir o ano si o volume de actividade da empresa así o xustifica. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 25.22254, en sesión celebrada o 27 de xuño de 2014 adxudicáronse ditas bolsas de práctica laboral. Con data 1 de xullo de 2014 iniciou a súa práctica laboral na empresa Mª Ángeles Garrido Torres S.L.N.E. (Hotel A Maquía), o bolseiro Ricardo Sineiro Castrelo do expediente T6 e da titulación Ciclo Superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 14.22571, en sesión celebrada o 26 de setembro de 2014 aprobouse a prórroga da bolsa por tres meses, dende o 1 de outubro ata o 31 de decembro de 2014. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 18.22927, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014 aprobouse a prórroga dende o 1 de xaneiro de 2015 ata o 30 de xuño de 2015. Con data de 9 de xaneiro de 2015 a empresa presenta escrito comunicando a súa renuncia a seguir participando no plan de práctica laboral por incompatibilidade de horarios, con efectos do 31 de decembro de 2014. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia por causa xustificada da empresa á bolsa solicitada. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Ricardo Sineiro Castrelo na empresa Mª Ángeles Garrido Torres S.L.N.E. (Hotel A Maquía), con efectos do día 31 de decembro de 2014. 4.22989.- PRÓRROGA DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2014 EN EMPRESAS DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA No Boletín Oficial da Provincia nº 129, de data 7 de xullo do 2014, publicáronse as bases da convocatoria de 6 bolsas de práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra destinadas a titulados universitarios ou de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 15.22401, en sesión celebrada o 1 de agosto de 2014, adxudicáronse ditas bolsas de práctica laboral en empresas do sector turístico da Provincia de Pontevedra. Na base novena da convocatoria establécese que as bolsas terán unha duración de tres meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na empresa correspondente, e poderán ser prorrogadas por outros 3 meses se o volume de actividade da empresa así o xustifica, podendo incluso en casos excepcionais ampliarse a un ano por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. En caso de urxencia poderá prorrogarse por Resolución Presidencial dando conta a Xunta de Goberno. Por acordo adoptado na Xunta de Goberno número 14.22571, en sesión celebrada o 26 de setembro de 2014, aprobouse a prórroga de ditas bolsas por tres meses. Dado que o período de prórroga remata o 31 de xaneiro de 2015 a empresa, mediante informe, solicita a ampliación da bolsa ata cumprir o ano, debido ó volume de actividade. A vista do informe de solicitude de prórroga presentado, en cumprimento do disposto na dita base décima, procede a prórroga da bolsa. Con todo o exposto, en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 12 de xaneiro, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar a bolsa concedida á bolseira que se relaciona a continuación, con efectos do 1 de febreiro e ata o 31 de xullo de 2015. Exp. Apelido e Nome Titulacións Empresa Importe Data Inicio/ Data Fin T4 Escudeiro Tilve, Iria Ciclo Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas Cooperativa Vitivinícola Arousa Sociedad Cooperativa Galega 700,00€ 01.02.2015/31.07.2015 A dotación económica da bolsa determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2015, un total de 4.200,00 €, sendo o custe da seguridade social a cota que se fixe na Orde de Cotización á Seguridade Social para o ano 2015. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias que resulten da incorporación dos remanentes de crédito do exercicio 2014. 5.22990.- ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DO PROGRAMA “COIDARTE 2014”, SEGUNDA CAMPAÑA A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 21 de febreiro de 2014 aprobou as bases reguladoras do programa “Coidarte 2014”, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 104, de data 2 de xuño de 2014. A finalidade deste programa é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico, potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade. Ó programa poden adherirse os concellos da provincia de Pontevedra co número de prazas que estimen oportunas, pasando a ser entidades colaboradoras na xestión do programa e sendo o lugar onde os solicitantes do seu concello poden presentar as súas solicitudes. Os beneficiarios do programa son persoas nacidas antes do ano 1964, xubilados ou pensionistas ou persoas con necesidades de respiro familiar. O programa “Coidarte 2014” está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra con 35,00 € os por participante, e polos usuarios, variando a contía segundo o balneario elixido. A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 29 de agosto de 2014 aprobou a adxudicación de 1.710 prazas do programa “Coidarte 2014”, establecendo as correspondentes listaxes de participación. Este mesmo órgano nas sesións do día 26 de setembro, 10 de outubro e 14 de novembro de 2014 aprobou sendas listaxes complementarias na que figuran como admitidas vinte e una novas solicitudes para participar no programa “Coidarte 2014”, sendo por tanto 1.731 o total de solicitudes aprobadas ata o momento. A Xunta de Goberno na sesión do día 24 de outubro de 2014, acordou aprobar unha nova convocatoria para a inscrición no programa diúrno de balnearios “Coidarte 2014”, co obxecto de poder atender a 860 novas solicitudes de participación no programa. Esta convocatoria foi publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 209 de data 29 de outubro de 2014. Coa publicación deste novo prazo para participar no programa “Coidarte 2014”, os Concellos de Cambados, Catoira, A Estrada, Fornelos de Montes, Redondela, O Rosal e Soutomaior manifestan a súa vontade de non continuar adheridos nesta segunda campaña do programa e os Concellos de Cotobade, Marín e Vilanova de Arousa remiten novos acordos de adhesión solicitando aumentar o número de prazas dispoñibles. Os Concellos de Cotobade e Vilanova solicitan 30 prazas e o de Marín 20 prazas. A Xefa de Negociado de Servizos Socias do Centro Príncipe Felipe, con data 22 de decembro de 2014 emite informe no que deixa constancia de que rematado o prazo de presentación das solicitudes, foron 992 as peticións presentadas, co seguinte detalle: No caso dos concellos adheridos presentáronse 255 solicitudes, séndolle requirida documentación a tres solicitudes, unha do Concello Nigrán e dúas do Concello de Salceda de Caselas. Dentro do prazo establecido ós efectos no Rexistro da Deputación de Pontevedra presentáronse solicitudes coas seguintes incidencias: • Un total de 675 solicitudes entraron en prazo tendo que requirirlle documentación que condiciona o seu acceso o programa a tres solicitudes. • Dúas solicitudes presentáronse por duplicado. (nº rss 7/316 e nº rss 208/556). • Cinco solicitudes pertencen a educadoras del “Centro Residencial Ocupacional Esclavas de la Virgen Dolorosa” de Mos e catro pertencen a educadoras do “Centro Residencial Ocupacional Esclavas de la Virgen Dolorosa” de Crecente. • Un total de 51 solicitudes presentáronse fóra de prazo. No citado informe consta que o total de solicitudes que se estiman favorables ascendería a 990 (255 de concellos adheridos, 675 presentados en forma e prazo no rexistro da Deputación de Pontevedra, 9 de educadoras acompañantes e 51 fóra de prazo), motivo polo que se confeccionaron sendas listaxes relacionadas coa participación na segunda campaña do Programa “Coidarte 2014”, unha coa referencia Anexo I no que aparecen a orden de participación no programa dos beneficiarios que presentaron a súa solicitude na Deputación de Pontevedra, aparecendo primeiro os que a presentaron dentro do prazo establecido ó efecto e a continuación os de fóra de prazo, e a outra coa referencia Anexo II no que aparece as solicitudes presentadas nos concellos adheridos. Para a convocatoria deste Programa están autorizados inicialmente 105.000,00€, con cargo a aplicación orzamentaria 14/232.230.227.07, suficientes para atender 3.000 prazas. Con data 30 de decembro de 2014, a Xefa do Servizo de Fiscalización emite informe favorable a inclusión de 860 novas solicitudes para participar na segunda campaña do programa “Coidarte2014” establecendo que para o pago da factura á empresa adxudicataria de levar a cabo este programa, Halcón Viajes, S.A.U. comprobarase que as persoas relacionadas na mesma son aquelas que figuran nas anteditas listaxes. Considerando que o órgano competente para a adxudicación de prazas do programa “Coidarte” para o exercicio 2014 é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado na base sétima das Bases Reguladoras do programa, e tendo en conta a proposta favorable que figura no informe elaborado pola Xefa de Negociado de Servizos Sociais. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Autorizar a modificación dos acordos de adhesión dos Concellos de Cotobade, Marín e Vilanova de Arousa o programa “Coidarte 2014” para dispoñer de maior número de prazas para os seus veciños dentro da segunda campaña do programa. Así mesmo a Xunta de Goberno queda enterada do contido dos escritos dos Concellos de Cambados, Catoira, A Estrada, Fornelos de Montes, Redondela, O Rosal e Soutomaior participando que non continúan adheridos a segunda campaña do programa “Coidarte 2014”. 2. Admitir as 255 solicitudes presentadas nos concellos adheridos ó programa “Coidarte 2014” para participar na segunda campaña deste programa. A relación dos beneficiarios figura detallada no expediente como Anexo I (Listaxe de solicitudes pertencentes a concellos adheridos segunda campaña “Coidarte 2014”) 3. Admitir as 605 solicitudes presentadas en forma e prazo no Rexistro da Deputación de Pontevedra para participar na segunda campaña do programa “Coidarte 2014”. A relación dos beneficiarios figura detallada no expediente como Anexo I (Listaxe de solicitudes presentada no rexistro da Deputación provincial segunda campaña “Coidarte 2014”) 4. Admitir as 79 solicitudes presentadas en tempo e forma no Rexistro da Deputación de Pontevedra para participar na segunda campaña do programa “Coidarte 2014”, que quedan en listaxe de agarda condicionando a súa participación a existencia de crédito suficiente ou prazas dispoñibles de baixas que se produzan. A relación dos beneficiarios figura detallada no expediente como Anexo III (Listaxe de solicitudes en lista de agarda presentada en prazo e forma no rexistro da Deputación provincial segunda campaña “Coidarte 2014”) 5. Admitir as 51 solicitudes presentadas no Rexistro da Deputación de Pontevedra para participar na segunda campaña do programa “Coidarte 2014”, fóra do prazo establecido ó efecto. Estas solicitudes quedarán en listaxe de agarda condicionando a súa participación as baixas que se produzan no programa ou a existencia de crédito para facer fronte ás obrigas da súa admisión. A relación destes beneficiarios figura detallada no expediente no Anexo IV (Listaxe de solicitudes en lista de agarda presentadas fora de prazo no Rexistro da Deputación Provincial segunda campaña “Coidarte 2014”. 6.22991.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a.) Devolución de garantías definitivas á empresa ORECO, S.A. A empresa ORECO, S.A. (CIF A 36.614.691), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que:“Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixa Geral, por importe de oitenta e sete mil trescentos noventa e catro euros con sete céntimos (87.394,07 €), para responder do contrato relativo á obra “Acondicionamento de edificio para Pousada do Salnés (Meaño)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/07/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100062818, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b.) Devolución de garantías definitivas á empresa Atenea, seguridad y medioambiente, S.A. A empresa Atenea, seguridad y medioambiente, S.A. (CIF A 82.876.905), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que:“Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de tres mil seiscentos sesenta euros (3.660,00 €), para responder do contrato relativo a “Seguridade e saúde do Plan SRAU Industrial Outeda-Curro (Adxudicado por acordo do Consello Reitor do IPESPO, en sesión celebrada o día 9 de maio de 2007)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/01/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300008015 (Contabilidade actual), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de catrocentos noventa e dous euros con dezanove céntimos (492,19 €), para responder do contrato relativo a “Modificado nº1 da seguridade e saúde do plan SRAU Industrial Outeda-Curro (Adxudicado por acordo do Concello Rector do IPESPO, en sesión celebrada o día 18 de febreiro de 2009)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/01/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300008018 (Contabilidade actual), sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c.) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (C.O.V.S.A.) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- C.O.V.S.A. (CIF A 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que:“Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Banesto, por importe de oito mil cincocentos dezaoito euros con un céntimo (8.518,01 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento nos lugares de Fontenlo, Cimadevila e Socastro (Valga)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000047365, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Banesto, por importe de nove mil seiscentos corenta e sete euros con sesenta e seis céntimos (9.647,66 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento nos lugares de Outeiriño, Carballiño, Sixto e Baño (Valga)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 09/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000047362, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Cesce, por importe de catro mil cincocentos catro euros con setenta e cinco céntimos (4.504,75 €), para responder do contrato relativo á obra “Beirarrúas San Bieito Emigrante (Gondomar)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100028862, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Mapfre, por importe de sete mil catrocentos corenta e nove euros con cincuenta e seis céntimos (7.449,56 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento no lugar de Magariños (Valga)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/05/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000040581, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d.) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF A 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de seis mil seiscentos corenta e catro euros con corenta e catro céntimos (6.644,44 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento acometidas e capa de rodamento en Eirís, Budiño (Porriño)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 04/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100007218, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.22992.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “REFORMA DA CASA DE CULTURA PARA AUDITORIO E MULTIUSOS (VILANOVA DE AROUSA)” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 03/10/2014, prestou aprobación ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra de “Reforma da Casa de Cultura para Auditorio e Multiusos (Vilanova de Arousa)”, con orzamento de 1.116.368,75 €, máis a cantidade de 234.437,44 € correspondente ó IVE. Resultando que o día 11/11/2014, se constituíu a Mesa de Contratación procedendo ó estudo da documentación administrativa contida nos sobres “A”, admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que o día 11/11/2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas, procedendo á apertura dos sobres “B”, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que o día 30/12/2014, unha vez avaliada a documentación técnica, se procedeu á apertura dos sobres “C” daquelas empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, co seguinte resultado: Licitador Puntuación Sobre “B” Oferta Control Calidade Xestion Ambiental de Contratas, S.L. 35,95 947.797,07 € 2% Construcciones Abal, S.A 35,07 1.003.972,06 € 4% Construcciones Vila Miño, S.A. 33,85 893.653,18 € 5% Ute Construc. Orega, S.L.-Delfin Ferreiro Rodriguez,S.L 33,59 939.201,03 € 5% Construcciones Ramirez, S.L.U. 32,99 977.157,57 € 2,60% Copcisa, S.A. 31,01 887.848,07 € 9,77% Obras y Servicios Gomez Crespo, S.L. 30,79 997.094,63 € 3,5% Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 30,70 888.629 € 3% Construcciones Alea, S.L. 30,35 1.074.504,93 € 5% Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 30,16 993.000 € 3% Unika Proyectos y Obras, S.A.U. 30,09 891.308,81 € 5% Construcciones Angel Jove, S.A.U. 30,08 988.097,98 € 3% Resultando que valoradas as ofertas obtense a seguinte puntuación: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Oferta Puntuación C.Calidade Puntuación Total Construcciones Vila Miño, S.A. 33,85 43,921 2,558 80,329 Copcisa, S.A. 31,01 45,00 5 80,010 Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. 30,70 44,855 1,535 77,090 Unika Proyectos y Obras, S.A.U. 30,09 44,357 2,558 77,005 Ute Construc. Orega, S.L.-Delfin Ferreiro Rguez,Sl 33,59 35,459 2,558 71,607 Xestion Ambiental de Contratas, S.L. 35,95 33,861 1,023 70,834 Construcciones Ramirez, S.L.U. 32,99 28,083 1,330 62,403 Construcciones Abal, S.A. 35,07 22,674 2,047 59,791 Construcciones Angel Jove, S.A.U. 30,08 25,876 1,535 57,491 Obras y Servicios Gomez Crespo, S.L. 30,79 24,061 1,791 56,642 Construcciones Taboada y Ramos, S.L. 30,16 24,887 1,535 56,582 Construcciones Alea, S.L. 30,35 8,445 2,558 41,353 Resultando que Construcciones Vila Rio Miño, S.A. obtén a máxima puntuación a Mesa de Contratación propón requirir á dita empresa para que presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución da obra, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5,00% do orzamento de adxudicación excluído o IVE, así como proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio de licitación no BOP, propoñendo, unha vez cumprido o requirimento, a adxudicación da obra. Resultando que Construcciones Vila Rio Miño, S.A., atendendo ó requirimento formulado mediante resolución nº 2015000245, presentou a documentación requirida, así como a garantía definitiva por importe de 44.682,66 €, segundo acredita mediante carta de pagamento nº 201500007015, de data 13/01/2015, e que ingresou a cantidade de 97,65 € correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcciones Vila Rio Miño, S.A. (CIF nº A-27106160) a obra “Reforma da Casa de Cultura para Auditorio e Multiusos (Vilanova de Arousa)” de acordo co seguinte detalle: Prezo sen IVE 893.653,18 € IVE 187.667,17 € Prezo total 1.081.320,35 € Prazo Seis meses Melloras 43.500,00 € Control de Calidade 5,00 % 8.22993.- COMUNICACIÓNS: Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.22994.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vista a relación de facturas con número 2015001241, que contén setenta e sete facturas e por un importe de 35.768,58 €, correspondendo a primeira factura a Intervento 2, S.L., por importe de 423,50 €, e a derradeira a Consultores Informáticos Pontevedra, S.L., por importe de 128,44 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 15 de xaneiro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicio pechado, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 35.397,63 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 370,95 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 35,768,58 € 10.22995.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 2604 PUXEIROS-REBULLÓN (MOS)”, PUSIM/14 A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 12/12/2014, prestou aprobación ó convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Mos para levar a cabo a obra denominada “Mellora da seguridade vial na E.P. 2604 Puxeiros-Rebullón (Mos)”. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, de aquí en adiante TRLCSP, remítese polo Concello de Mos o pertinente correspondente proxecto redactado polo Enxeñeiro de Camiños D. Julio Roberes de Cominges, que foi supervisado polo Servizo de Infraestruturas. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Por Intervención emitiuse informe certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, na aplicación 15/456.453-612.02.2014. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 do TRSCSP, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo.Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª.2a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado se publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Mellora da seguridade vial na E.P. 2604 Puxeiros-Rebullón (Mos)”, co seguinte detalle: Redactor D. Julio Roberes de Cominges Importe de execución sen IVE 220.302,21 € IVE (21%) 46.263,46 € Total 266.565,67 Prazo de execución 3 meses 11.22996.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “CAMPO DE FUTBOL DA A LOMBA (AREAS-PONTEAREAS)” A Xunta de Goberno, en sesión de 30/12/2014, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Areas e o Concello de Ponteareas, co obxecto de levar a cabo a execución da obra “Campo de fútbol da Lomba (Areas-Ponteareas)”. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do texto refundido da Lei de Contratos do Sector Publico, de aquí en diante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto, polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos D. Javier Carballo Núñez. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse informe, certificando a existencia de crédito para facer fronte ó gasto, na aplicación 15/922.342-658.00.2014. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada R.d.l. 3/2011 do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Campo de fútbol da Lomba (Areas-Ponteareas)” co seguinte detalle: Redactor D. Javier Carballo Núñez Importe de execución sen IVE 371.812,28 € IVE (21%) 78.080,58 € Total 449.892,86 € Prazo de execución 6 Meses 12.22997.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición