Fondos
2012-07-27_Ordinaria. Acta de sesión 2012-07-27_Ordinaria
Acta de sesión 2012-07-27_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/2.2012-07-27_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012-07-27_Ordinaria
Data(s) 2012-07-27 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 59 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 27 de xullo de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día vinte e sete de xullo do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten Jorge Domínguez Rosal (PP) e Dª. Begoña Estévez Bernárdez (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo, entonces, a Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. 1.6241.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.-.Primer punto: Aprobación da acta anterior sesión ordinaria, extraordinaria, perdón , do día 8 de xuño de 2012. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión extraordinaria, do día 8 de xuño de 2012. a) Parte resolutiva: 2.6242.- APROBACIÓN DO INVENTARIO DE BENS E DEREITOS DO ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número 2. Aprobación do Inventario de Bens e Dereitos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas.He botado a este inventario, bueno, a parte de que, como sempre, é unha cuestión, digamos de valoracións así, pois, oficiais, que poden ter pouco que ver coa realidade, o que sorprende e que a oficina mais cara que ten ó ORAL é sexa a de Lalín, con distancia, o dobre, de cara a que calquera outra, o sea , de valoración, eu non sei si é que todo o concello é , está o nome do ORAL o, que en Lalín están carísimas os , os baixos e os inmobeis e demais, non?, esta historia xa fóra comentada aquí e se cadra pois, bueno, como igual as razón os algunhas das que estamos apuntando ou son outras, non?, pero a oficina do ORAL en Lalín, esté valorada en 700 mil euros, parece excesivo, xa digo, é a mais cara, creo que, duplica a calquera das outras que ten este organismo, non?, non sei se por algunha razón de subvencións houbo que manter esa valoración ou é que , é que ó ORAL teñen, alí, nese concello unha , unha oficina extraordinaria, mais grande cas que ten calquer outro lado ou o que sexa ,non? Sr. Presidente.- Bueno, en principio, dicir que, alí, conxuntamente coa construción do novo concello, a deputación ten un espacio que hai que todavía acabar pero que está no mellor sitio posible que é donde está, donde está o concello, polo tanto, creo que a ubicación é o esforzo que se fixo por parte do concello foi importante e, bueno, nos en todo caso pois o mellor se non houbera sido posible que participara a Deputación pois non se puidera haber feito o que alí se fixo, creo que é unha obra, en certa maneira, importante, cunha valoración alta en aquel entonces, estamos falando de hai catro anos ou cinco, cando o contexto económico, probablemente era outro non?, polo tanto, bueno pois, si fóra hoxe, evidentemente, o valor non sería ese, sin duda, pero en aquel entonces, era o que era, a parte que, alí, queremos convertir aquelo na oficina de toda a comarca, que ten a súa lógica porque é moi accesible e, polo tanto, cómoda, bueno, a interpretación da valoración, alguén pode decir que sea moito ou pouco, en todo caso, como a negociación non era con ningún privado senón que era cunha institución pública pois tampouco, o final. o beneficio non o hai para nadie, sinón para os ciudadanos, en definitiva, non?. porque, o final, se fixeron alí infraestruturas varias ,non?, non solo a oficina do ORAL, senón o que é todo o edificio de servicio municipal, creo que, eso é o importante despois de varias décadas loitando para facer un edificio público para os veciños, non solo diría de Lalín senón, no noso caso, para toda a comarca , non’?. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias pola aclaración, o sexa, si outro concello quere remodelar a casa consistorial é necesita, non tanto como neste caso,200 ou 300 a través do ORAL, esta Casa está disposta ao facerllo, digo, digo por unha cuestión de equidade, non?, nada mais. Sr. Presidente.- Home, nos tempos actuales a cuestión eche un pouco mais difícil, naqueles tempos eran outros tempos, non?, polo tanto non, xa digo, aí hai un patrimonio que ten a, a Deputación e que vamos a sacar a diante, eu creo que, sen maior dificultad, falta, xa digo, equipar ese espacio que vai a ser a oficina para toda a comarca, non?.Polo tanto, procedemos a, a votación, votos en contra?, abstencións?, a favor?.Vale. Vistos os documentos que conteñen de forma detallada o inventario de bens e dereitos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) da Deputación Provincial de Pontevedra. Considerando o establecido no art. 86 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local “Artigo 86. As Entidades locais están obrigadas a formar inventario valorado de todos os bens e dereitos que lles pertencen, do que se remitirá copia ás Administracións do Estado e da Comunidade Autónoma...”. Considerando que o art. 32 do Real decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais dispón que “Artigo 32.1) Os inventarios serán autorizados polo Secretario da Corporación co visto bo do Presidente...” art. 32.2) Nas relacións de bens inventariables....haberá de preceder á sinatura do Secretario a do Director ou administrador da respectiva entidade”. O artigo 34 cita textualmente “O Pleno da Corporación Local será o órgano competente para acordar a aprobación do inventario xa formado, a súa rectificación e comprobación”. Co fin de dar cumprimento ó disposto na norma antedita elaborouse a preceptiva relación de bens e dereitos que pertencen ó Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación de Pontevedra e que figuran, a data 31/12/2011, cos valores que a continuación se detallan. Con esta relación achéganse como anexo os correspondentes informes detallados de cada un dos bens e dereitos que se integran en cada epígrafe. INVENTARIO DE BENS E DEREITOS DO ORAL-DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Epígrafe Bens Valor Adquisición 1 INMOBLES Servizos Centrais (Pontevedra) Local sito en planta baixa Avda. de Marín nº 7 158.922,44 € Locais en planta baixa sitos en Avda. de Marín nº 9 (baixo esquerda e dereita) 374.004,42 € Locais en planta primeira sitos en Avda. de Marín nº 9 (1ºA, 1ºB, 1ºC e 1ºD) 354.045,58 € Solar en Avda. de Marín nº 15 48.000,00 € Local en planta baixa en Avda. de Marín nº 11 360.000,00 € Local en planta baixa en Manuel del Palacio nº 16 249.675,88 € Importe total 1.544.648,32 € Oficinas Periféricas Local en Avda. Doutor Tourón nº 46 (Vilagarcía) 174.533,91 € Local en Plaza do Concello nº 1 (Lalín) 691.344,10 € Local en Rúa José Salgado nº 19 (Caldas de Reis) 234.850,50 € Local en c/ Coruña nº 26 (Tui) 174.293,51 € Local en Avda. Benito Vigo nº 47 (A Estrada) 300.205,54 € Importe total 1.575.227,56 € Total epígrafe 1 3.119.875,88 € 2 DEREITOS REAIS 3 MOBLES DE CARÁCTER HISTÓRICO, ARTÍSTICO OU DE CONSIDERABLE VALOR ECONÓMICO 4 VALORES MOBILIARIOS, CRÉDITOS E DEREITOS, DE CARÁCTER PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN 5 VEHÍCULOS 6 SEMOVIENTES 7 MOBLES NON COMPRENDIDOS NOS ANTERIORES ENUNCIADOS Servizos Centrais (Pontevedra) Avda. Marín nº 7 baixo 44.315,34 € Avda. Marín nº 9 baixo 111.371,04 € Avda. Marín nº 9 primeira planta 295.574,17 € Avda. Marín nº 11 baixo 101.714,97 € Avda. Marín nº 19 baixo 69.661,46 € Manuel del Palacio nº16 baixo 28.688,40 € Importe total 651.325,38 € Oficinas Periféricas O.P. Sanxenxo 28.696,28 € O.P. Cambados 9.213,66 € O.P. Vilagarcía de Arousa 11.543,57 € O.P. Vilanova de Arousa 9.350,31 € O.P. Cangas 25.353,90 € O.P. Moaña 7.385,75 € O.P. Ponteareas 30.291,14 € O.P. O Porriño 23.692,18 € O.P. Tui 26.227,00 € O.P. Comarca do Val Miñor 22.199,98 € O.P. A Cañiza 6.515,65 € O.P. A Estrada 19.880,39 € O.P. Comarca do Deza 30.104,31 € Oficinas Periféricas O.P. Caldas de Reis 26.117,18 € O.P. Arbo 3.380,58 € O.P. O Rosal 2.856,02 € O.P. Ponte Caldelas 1.134,92 € Importe total 283.942,82 € Total epígrafe 7 935.268,20 € 8 Bens e dereitos revertibles VALOR TOTAL DO INVENTARIO A DATA 31/12/2011 4.055.144,08 € Resultando que, o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (O.R.A.L.) acordou, na sesión do 20 de xullo de 2012, a aprobación do Inventario de Bens e Dereitos do citado organismo, de acordo co establecido nos artigos 86 do R.D.L.781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, e 32 do R.d. 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o regulamento de Bens das Entidades Locais. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e a abstención do BNG: PRIMEIRO.- Aprobar o Inventario de Bens e Dereitos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra, cuxo valor total, á data 31/12/2011, ascende á cantidade de 4.055.144,08 €, desagregado da seguinte forma: INVENTARIO DE BENS E DEREITOS DO ORAL - DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Epígrafe Bens Valor Adquisición 1 INMOBLES Servizos Centrais 1.544.648,32 € Oficinas Periféricas 1.575.227,56 € Total epígrafe 1 3.119.875,88 € 2 DEREITOS REAIS 3 MOBLES DE CARÁCTER HISTÓRICO, ARTÍSTICO OU DE CONSIDERABLE VALOR ECONÓMICO 4 VALORES MOBILIARIOS, CRÉDITOS E DEREITOS, DE CARÁCTER PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN 5 VEHÍCULOS 6 SEMOVIENTES 7 MOBLES NON COMPRENDIDOS NOS ANTERIORES ENUNCIADOS Servizos Centrais 651.325,38 € Oficinas Periféricas 283.942,82 € Total epígrafe 7 935.268,20 € 8 Bens e dereitos revertibles VALOR TOTAL DO INVENTARIO A DATA 31/12/2011 4.055.144,08 € SEGUNDO.- Remitir copia do inventario aprobado á Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia. 3.6243.- AMPLIACIÓN DA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA A XESTIÓN E INSPECCIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO NO RURAL E DELEGACIÓN DA XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO NO CASCO URBANO Sr. Presidente.- Punto número 2, 3, perdón.. É a ampliación da delegación do concello de Ponteareas para a xestión e inspección da taxa por recollida de lixo no rural e delegación da xestión, liquidación e inspección e recadación da taxa por recollida de lixo no casco urbano.Votos en contra?, abstencións?, a favor?. O Pleno do Concello de Ponteareas na sesión celebrada o día 20 de marzo de 2012 acordou a ampliación da delegación á xestión e inspección da taxa por lixo no rural e delegación da xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por lixo no casco urbano. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 20 de xullo de 2012 acordou aceptar e elevar ó Pleno Provincial para a súa aceptación definitiva a ampliación da delegación efectuada polo Concello de Ponteareas para a xestión e inspección da taxa por lixo no rural e a delegación da xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por lixo no casco urbano. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a ampliación da delegación efectuada polo Concello de Ponteareas para a xestión e inspección da taxa por lixo no rural e delegación da xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por lixo no casco urbano. 2. Esta delegación do Concello de Ponteareas, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facultase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co Concello de Ponteareas así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do Concello de Ponteareas para a xestión e inspección da taxa por lixo no rural e delegación da xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por lixo no casco urbano, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 4.6244.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE COTOBADE DAS FACULTADES DE INSPECCIÓN DA LIQUIDACIÓN PROVISIONAL DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS, ASÍ COMO A EMISIÓN E RECADACIÓN DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DESTE TRIBUTO Sr. Presidente.- Delegación do Concello de Cotobade das facultades de inspección, liquidación, da liquidación provisional do imposto sobre a construción, instalacións e obras ,así como, a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. Votos en contra?, abstencións?, a favor?. O Pleno do Concello de Cotobade na sesión celebrada o día 21 de xuño de 2012 acordou a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) das facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. Resultando que, o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 20 de xullo de 2012, acordou aceptar e elevar ó Pleno Provincial para a súa aceptación definitiva a delegación efectuada polo Pleno do concello de Cotobade para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que as citadas delegacións figuran dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación efectuada polo Concello de Cotobade para que a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) exerza as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo. 2. Esta delegación do Concello de Cotobade, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facultase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co Concello de Cotobade así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do Concello de Cotobade para exercer as facultades de inspección da liquidación provisional do imposto sobre construcións, instalacións e obras, así como a emisión e recadación da liquidación definitiva deste tributo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.6245.- APROBACIÓN DE CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA CUNHA POBOACIÓN INFERIOR A 50.000 HABITANTES PARA O ESTABLECEMENTO DUN SERVIZO DE RECOLLIDA DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS Sr. Presidente.- Aprobación do Convenio Marco de Colaboración entre a Deputación e as Entidades Locais da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes para o establecemento dun servizo de recollida de animais de compañía abandonados. Sr. Cesáreo Mosquera, ten a palabra. Sr.Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Vamos a ver, antes fixo o Presidente referencia a que os tempos cambian,e non diríamos que cambian senón que cambian a unha velocidade de vértigo, non?. É o que nestes momentos que hai un tempo, podía ser, digamos demandado, unha boa solución, pois en estes momentos pode non ser tanto,eh porque?, aquí o que se pretende, digamos, o que se trae a aprobación é un convenio marco, en que se fixan as condicións xerais, para que o, vamos, os concellos que se queiran, de menos de 50. 000, que se queiran adherir a este, a esta, convenio, pois, o fagan en determinadas condicións, non?, bueno, a canceira, en principios, sería a de Armenteira ou a de Meis e a, se pon , se fixa, un coste de 0,30 euros por habitante, non?, que tería que aboar o concello en estas, vamos, que se adhiran,non?, nestas condicións, non?. En principios, tal e como o expediente, e unha fórmula intermunicipal e que xestionaría a Deputación seguindo a responsabilidade sancionadora, etc, dos concellos , mediante este abono. E claro, en principio, pois, podríase discutir o prezo, bah!, podríase discutir a aportación, bueno, pero é que, por exemplo, no borrador que circula por aí de Lei de Bases de modificación esta competencia , non aparece como municipal, polo menos para estes concellos.Que o cal, estaríamos facendo un convenio marco, no que fixa unhas aportacións que, en principio, non serían correctas e, suponse, non o aclara ese borrador que esto tería que ser unha competencia, non se sabe se da Deputación se da Comunidade Autónoma , da Unión Europea, non se sabe, non?, como se trata de quitar competencias, quítanse ,agora despois, alguén as terá que exercer pero, en principio, quítaa, en principio quítaa, o borrador,entonces, non sei si alguén aquí ten aquí mais información do que vai a pasar con ese borrador, o que vai a pasar con ese anteproxecto de lei, parece que hai a vontade de, de levalo adiante e apróbalo, se alguén ten información mais precisa, ou non a ten, porque, si é, vamos, o borrador que anda por aí, este convenio non tería sentido nestes momentos, digo, no momento en que se aprobe, no momento en que se aprobe esa, esa modificación se é que contén, se e que contén a…mais se non me acordo mal, incluso, elimina esa competencia para os demais de 50.000, o sea, para todos, deixa de ser unha competencia municipal, en xeral, en xeral. Entonces, esa é a situación, non sei se ten tanta presa esto como para aprobalo agora e, se cadra, que se convirta en “agua de borraia” en un par de meses. Non sei, como a parte, este tipo de, prestacións , asía, intermunicipais ou mancomunadas ou o que sexa, pois tamén parece que as restrinxe, pero non sería, seguramente, o problema en canto non hai unha mancomunidade estritamente, o problema é a propia competencia, fai referencia que é competencia municipal, que non sei que artigo, artigos por aí de leis sectoriais, non?, que , bueno, como sabemos, a Lei de Bases ten unhas competencias municipais, e son as obrigas, pero despois, vía lei sectorial hai a “intemerata” delas por aí, que non están en ningún lado, que despois, hai que ilas digamos,exercendo os concellos según poden, pero que a Lei de Bases, o a (ilexible), polo menos a filosofía é contraria, e dicir, hai un máximo, non se poden meter por delegación sectorial o por lei sectorial mais competencias das que fixe, ese borrador de Lei, non, que anda por aí.Entonces, pois non sei, fagan o que , o que ben entendan pero, coa información que hai en estes momentos, se que se confirma así na liñas xerais, e se aproba, este convenio nacería morto. Xa nacería ,absolutamente, morto. Entonces, non sei, se mellor agardar, vexan vostedes como, o que teñen, o que é mais conveniente, nós creemos que millor agardar, que millor agardar, porque non tería moito sentido cambialo despois e cando este, vamos, cando os concellos se adhiran, despois non se adhiren, despois hai que, hai que eliminalo, estamos un pouco,creo que con moita mais claridad que o que sucedera, non?, cos consorcios, os concellos de menos de 20.000 tiñan que apotar ou non, ao final non aportaron, pero aquí a Lei é taxativa, a Lei era aberta, hasta este momento é aberta, si sae o borrador da modificación da Lei de Bases, que se dí, que circula por aí, nos términos xerais, esto sería pechado,o sea, non existiría a posibilidade de cos os concellos exerceran esta competencia, nin de que pagaran eses 0,30 euros por habitantes. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente. Bos días a todas e a todos. Dende o Grupo Provincial Socialista, vemos que é unha boa iniciativa, por tanto e canto, lle está costando a bastantes concellos moito, moitos cartos esta, esta atención aos animais abandonados, incluso algunha mancomunidade como a do Val Miñor, que non ven aquí referenciada en estes 9 concellos, pois, tamén , lle supone unha importante desembolso. A iniciativa, nos, a vesmos positiva, reitero, a vemos positiva, pero poñemos…temos algunhas preguntas. Primeiro, cando se fala de animais domésticos, no propio documento, entre paréntese falase de cans, vai a ser solo de cans o vai a ser recollida de animales, porque tamén se fala da perrerra, ou vai a ser de todos os animais abandonados e non solo os caninos, non?.Mais alá dos informes de intervención, que vostedes dicen que se recollen todos, pero o certo e que fan algunhas apreciacións creo que, moi importantes, como é o incremento do costo que supón para a Deputación e, saber, nese prego de condicións as empresas que concurran canto van a costar, canto vai a costar esta recollida, por que nos vemos, aquí, nesta proposta e na situación actual de que , certamente, os concellos aforran, entre un 45 e un 70 e algo por cen, pero o que non sabemos de ese tanto por cen, entre ese 45 e ese 73 ¿canto vai a ter que poñer a Deputación?, no caso do 73, vai a ser menos do 73 ou ¿vai a a ser mais ou do 45 ou mais’, creo que é importante sabelo, se vostedes teñen , xa, availado, feito unha avaliación de o coste deste servicio, creo que é….E, despois, eu creo que hai algo que adolece o convenio que é a concienciación, a concienciación para non adquirir mascotas, ou para adquirilas de maneira, que non se adquiran de maneira responsable, e dicir, sabendo o que implica unha mascota e que despois da lugar a abandonos, porque podemos atoparrnos que , a propia empresa, lle poida interesar que haxa moitos animais abandonados, eso vai incrementar o coste anualmente,¿teñen previsto eso?, e dicir, creo que hai que facer un.., creo que debera incorporar un ,un amplio, un amplio apartado de concienciación, de concienciación para non abandonar eses animais domésticos e, incluso previo, para non adquirilos de forma irresponsable. Polo tanto, eu creo que sería interesante, se vostedes teñen, xa, algún avance de coste ou de pliego de condicións para prestar este servicio, sería, sería moi interesante, tamén para nos tener unha valoración, mais amplia e, dende logo, eu creo que non podemos pasar por alto o que dice o interventor de que esto pode afectar negativamente o requisito de estabilidade orzamentaria, ¿non? e, polo tanto, non sei se vostedes, Presidente, dice no seu, no seu, no súa proposta de acordo, que están , que se teñen en conta, pero bueno, non o vemos, e dicir, non sabemos como se teñen en conta.En todo caso, mais alá das competencias que poida ter, evidentemente, tamén esta reforma da Lei de Bases de Réxime Local, pois, nos aquí, estariamos a favor de que se prestara este servicio, porque se vai a prestar de forma voluntaria a aqueles concellos que queiran adherirse pero, nos aquí, reitero, poñeriamos esas tres cautelas, primeira, que houbera un amplio apartado de concienciación, que non solo sexa recollida destes animales, concienciación, para evitalo. En segundo,conocer o pliego de condicións ou se hai un borrador para saber , realmente, que coste pode saír e, en terceiro lugar, a cuestión de competencias, pero tamén, a de estabilidade orzamentaria deste organismos público da Deputación de Pontevedra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias. Buenos en relación aos comentarios feitos , tanto polo portavoz do Bloque Nacionalista Galego, como tamén do Partido Socialista, son reflexións, dalgunha maneira, interesantes, que, que se poden ter en consideración e son de agradecer que se fagan, non?, en todo caso, antes que a propia Lei, o que pasa é neste pais son moi dados a facer, a veces, contrarias as necesidades, non quero decir con esto que esta o sexa, en todo caso, unha Lei como esta non pode conter absolutamente todo, pero o problema é , ¿hai unha necesidad ou non a hai?. Deste servicio, está é a pregunta primeira que hai que facerse , non?, os alcaldes que, aquí hai moitos, e os que non están alcaldes e alcaldesas da provincia de Pontevedra, reclaman, de unha vez por todas, que se poña en marcha este servicio non, polo tanto, por parte do Bloque Nacionalista Galego, está poñendo en cuestión se o vai a contemplar a Lei para que sexa o non unha obrigación para esos municipios, en todo caso, se non é para eses municipios será para a Deputación , polo tanto haberá…alguien o terá que facer, non?, o sea, entonces, eu creo que é plantearnos un problema antes de resolver o problema de verdad, e o problema hai que resolvelo, polo tanto, xa digo, dé un servicio que hai que dar, o que non.. o que, vamos, de algunha maneira, o que a Lei non vai a poder e pois, con que os concellos queiran , resolver un problema e que poidan colaborar, en ese sentido porque, ahora mismo, hai concellos que están pagando pois cantidades importantes, como o concello da Guarda, pois eu que eran, non teño aquí os datos, pero creo que eran sobre 15.000 euros, 12 entre 12 o 15.000 euros o ano, para un servizo destas características. Polo tanto, agora mismo, se dan as circunstancias de que a escasos kilometros da Cidade de Pontevedra, pois hai un perrera construída, so falta a instalación de unha incineradora , que creo que é necesaria para un recinto destas características e, polo tanto, eu creo que es é o tema, ¿non?. E, en relación ,tamén, co que di o portavoz do Partido Socialista, bueno, eu creo que podemos estar de acordo nos planteamentos que nos facía agora aquí, ¿non?, da cordo, me refiero a esas preguntas, é dicir, ¿está solo prevista para cans?, pois está prevista para..especialmente o problema está centrado aí, pero estamos falando de animales de compañía ,se hai algún tipo de outros animales, pois tamén haberá que ver, darlle solución, hai outros que está previsto xa, como animales mortos, xa no ámbito rural, está previsto a través da propia Comunidade Autónoma, e nós nos faremos, como digo,cargo dos animales de compañía, a maiores, habrá que, ver, pois casos en concreto, aínda que, esperemos, cal vaia a ser a oferta, neste caso da propia empresa ou da propia, neste caso, protectora, que ,tamén, poden participaren ese, en este concurso, non?, por eso digo que, o costo está aí previsto, polo tanto, estamos falando de un servicio público pero mediante concesión, vamos a ver que oferta nos fan, parte dunha base, de que no primeiro ano, creo que ten que ser a Deputación quen estimulo de que exista un servicio destas características e, no que refiere a concienciación, bueno pois, a concienciación xa ten que partir dos propios ciudadanos, por moito que nos lles fagamos, a parte da labor que poida facer a protectora ou quen se encargue da xestión, que para eso estamos, e os concellos tamén, esa haberá que facela sempre, non hai porque deixar de facela, non?que problema hai en que ,evidentemente,con que se faga unha campaña de divulgación neste sentido e que temos que concienciarnos de que esto costa diñeiro, en todo caso, xa tendrían que estar facéndoo agora mismo os concellos, porque hai concellos, xa digo, que pagan mas de 2 millóns de pesetas solo por este servicio , non?, o sea que, en todo caso, eu esperaría ao que nos depare o concurso e, a partir de aí, en función da concesionaria, a ver que propostas fai e, xa digo, a quí nace do planteamento dunha necesidad, dunha verdadeira necesidad, porque os alcaldes e concejales responsables de servicios, etc, o que teñen é , chamadas a calquera hora do día ou da noite e de que hai ,en tal sitio,animal abandonado, un animal morto na calzada, etc, e bueno, eu sei que, a sociedad de hoxe en día, pois é unha sociedad, tamén, esixente, igual que nos pasa no tema das carreteras, dicen: “no e que a carretera de non sei donde está sin limpiar”, pero a pregunta é: “oie os veciños, ¿quen limpiou a fachada da súa finca?”, pois practicamente nadie, e eu son o primeiro, o sea, entonces claro, estamos feitos ou afeitos, en este caso, a unha serie de servicios que costan e que teñen un coste importante para os ciudadanos, espero que, no futuro, esto se poida ir , de algunha maneira, reducindo, non? para que, como ben dicía o portavoz do Partido Socialista, pois non, non teñamos que ampliar as instalacións e que , cada un, cando se faga cargo de un animal de compañía ou unha mascota que sepa o problema que trae consigo, non, e eso e o que eu quero trasladar dende aquí. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, non sei si, nos demos explicado ben, o intento, vamos a ver, que é unha necesidade é obvio, deslizou usted unha reflexión que compartimos, efectivamente, os hábitos de vida levan a que , por un lado, se esixan certos servizos e, polo outro lado, haxa certos incumprimentos que son moito mais caros perseguilos do que é subsanar as súas consecuencias, este é un caso, por exemplo, non?.Ben, por saírnos de este exemplo, un concello de menos de 50.000 habitantes, nestes momentos , pois, si é costeiro está limpando as súas praias ou as súas praias fluviais ou os seus sendeiros, correcto, non é competencia hoxe, non é obriga pero, coa Lei tería prohibido, salvo bueno, salvo condicións excepcionais que cumpra con todas as estabilidades, a positiva, a negativa, a directa, medio pensionista, bueno, na practica, practicamente o tería, o tería prohibido, claro. Usted deslizou que a Leis non poden ir en contra do sentido común, bueno, pois, parece que, en certo modo , van, parece que, en certo modo, van.Entonces, nos vamos a votar a favor si se mantén , simplemente, se alguén ten mais información, supoño que vostedes a terán, exactamente que decisión hai, si hai algunha decisión , xa, tomada, está moi avanzada, por non andar dando pasos para diante e para atrás, nada mais, quero decir, como esto leva xestándose dous anos ou así, por aí debe levar, pois si, dous meses mais, ou, o que sexa, podían, podían levar a facelo aquilatado as necesidades que, viu usted que, se non o fan os concellos fánno as Deputacións e tal como esta o borrador tampouco, pero bueno, entrariamos en unha disquisición, que supoño que alguén se dará conta do dislate que é, da barbaridade que é o que está, o que está escrito aí, pero bueno, non sabemos non, como non pasou desa fase de borrador, anque se anunciaran moitísimas cousas, si a vontade, vostedes terán mais información, e seguir, agardemos.A ver, nos preferimos que o borrador ese non conteña o que contén agora, porque na practica o que pretende é prohibir prestar unha serie de servizos sen alternativa, simplificando eso.Dende logo, nos , preferimos que non sexa así e ogalla non sexa así, si ustedes creen que non vai ser así e non vai a cambiar este convenio que votamos agora, nos votamos a favor, simplemente era unha advertencia de que, coas barbaridades, según o noso punto de vista, que circulan por aí, que se pretende facer, que se pretende facer coa Administración, ca Administración Local, en particular neste caso, estaría, estaría fóra de lugar e, seguramente, hubera que modificalo profundamente, ben. Sigamos, non sabemos o que va a pasar, ou parece que ninguén posee mais información da que podemos dispoñer e, a nosa idea parécenos ben, de feito, hasta nacera, en parte, de unha petición nosa, o sea que , parécenos ben, bueno, unha fórmula como outra calquera, agardemos que funcione ben , independentemente que pensemos que esto é a constatación de un fracaso, de un fracaso social, obviamente, pero bueno, pero está aí e os cans andan por aí, ruando, non?, ben. Claro que é a constatación de un fracaso, dun fracaso de educación e demais, non?, claro que é, pero haino, que poida mellorar, ogalla, que podamos convertir, digamos, que esto non suceda, si pero, a realidade é a que é e, polo tanto este servicio é necesario e si ustedes creen que é momento para sacalo porque non lle ven o perigo de ter que modificalo, nos vamos a votar a favor, porque, sempre, estivemos de acordo. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias.Bueno, a verdad e que eu teño que dicir, a maiores, que este informe que presentamos aquí, non é un informe de unha semana é un informe de moitos meses de traballo por parte de os técnicos desta Casa, para levar a cabo esta iniciativa, no?. Como pode ver é un informe exhaustivo, donde se fala do que agora mismo, en que situación se encontra cada concello en relación a este tipo de servicio e, polo tanto, eu creo que é un informe, xa digo, moi amplio, basado no terreo desta problemática e, eu, destacaría, ademais, que , por ejemplo, no ano 2011, os cans abandonados, provocaron nas estradas da provincia de Pontevedra 193 accidentes, cun balance de 3 feridos graves e 34 leves, a parte dos danos materiais, este solo na provincia de Pontevedra, reitero, 193 accidentes provocaron, precisamente, os cans abandonados, o sea, esa é unha realidad, eso é unha realidad, polo tanto, xa digo, en base a todo eso, en base a necesidad, que hai planteada sobre este tema, aínda que aparentemente pareza un tema menor, pois, xa dixen antes, concellos que pagan 12.000 euros A Guarda, Mos, 14.000 Poio e 15.000 Tomiño, 16.000 Sanxenxo, solo por este servicio, se o facemos de maneira mancomunada ou, neste caso, con xestión directa, vamos, indirecta, da propia Deputación, para toda a provincia, creo que vamos a conseguir, o ter uns aforros considerables nos tempos actuales, a parte de resolver un problema social e un problema de gravidade para a población porque, como acabo de dicir, os datos falan por si solos, a sea que, xa digo, este é un traballo exhaustivo, é un traballo que se fixo por técnicos de esta Casa e que a idea, en función a ver do que vai pasando, e que se puxera en marcha a efectos 1 de xaneiro, porque hai que ter un período para poder iniciar, coa tramitación que elo conleva, etc e por eso que o puxéramos en marcha o 1 de xaneiro do ano 2013. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- So un matiz, é unha necesidade, estamos de acordo, agora, eso de que hai 193 accidentes provocados polos cans abandonados, eso é, digamos, a estadística fría que non coñece para nada o pais, entendes. Sr. Presidente.- Bueno, pero é un dato. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si home, porque se che escapa o can e provoca un accidente, e está abandonado e ningún veciño vai dicir que é teu, home, por favor, por favor. Sr. Presidente.- Haberá que poñerlle unha matricula entón. Sr.Mosquera Lorenzo.- A ver, a ver, pero si da igual, como que provocaran 1, como que provocaran 1, da igual. Sr.Presidente No pero o dato en, por si solo, é para ter en consideración , eh?. Sr. Mosquera Lorenzo.-Si mire, o outro día, o outro día, vin, bueno, non vou a dicir donde que da igual, un accidente de un que quixo esquivar unha galiña, e a galiña no era de ninguén, non era de ninguén, era unha galiña abandonada, porque se o veciño que (ilexible)o accidente fóra de alí, si. Pero agora, se un tal, “de quen?….ah, non sei andaba por aí, non era de ninguén”, claro que non era de ninguén, a ver, pero é igual, era un matiz que no ten maior, maior importancia, vai conocer o pais é conocer o que hai, home. Claro que hai accidentes, pero, aínda que non provocaran ningún, é un problema grave, sanitario, é un problema de todo tipo, quero dicir, e hai que resolvelo e é un fracaso (ilexible)hai que resolvelo, e dicir, nos o apoiamos, nós, a única duda que tiñamos era sobre as competencias e a base legal que, sobre a que se argumenta que parece que vai a cambiar de maneira inminente, nada mais, agora, queren seguir adiante, seguimos, a parte, nos parece unha boa idea, se hai que cambiala, cambiase, non hai ningún problema, contén co noso apoio para cambiala. Sr. Presidente.- Moi ben, pois, moitas gracias entonces procedemos, polo tanto, a, a votación deste punto, que era o punto número 5 da aprobación do Convenio Marco de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e as Entidades Locais da Provincia cunha poboación inferior de 50.000 habitantes para as transferencias dun servizo de recollida de animais de compañía abandonados. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. O abandono de animais é actualmente un dos problemas de máis difícil solución co que se teñen que enfrontar os distintos concellos da nosa provincia xa que en numerosos casos os propietarios optan por abandonar ós animais na vía pública o que, ademais de evidenciar un problema de tipo humanitario, supón un grave problema de salubridade pública e seguridade viaria. A necesidade de prestar adecuadamente o servizo de recollida de animais é algo que demandan moito os concellos, como responsables desta competencia, xa que a maioría segue sen contar cos medios suficientes para asumir a realización individualizada dunha actividade que transcende o interese propio das correspondentes entidades locais. No actual contexto de crise económica a Deputación Provincial de Pontevedra e os Concellos da provincia entenden que o establecemento de fórmulas intermunicipais de xestión conxunta dos distintos servizos permitirá acadar a máxima eficiencia, eficacia, racionalidade e calidade na súa prestación. Partindo dende esta perspectiva considérase como fórmula máis adecuada para a prestación do servizo a delegación dos concellos na Deputación para que esta proceda ó exercicio das competencias municipais de xeito conxunto. Esta delegación, en ningún caso, suporá a cesión da titularidade da competencia que, en todo momento, seguirá sendo municipal delegándose, unicamente, o seu exercicio. Pola súa banda, a Deputación de Pontevedra elixirá a forma de xestión do servizo de entre as previstas na lexislación de réxime local. Segundo os distintos cálculos feitos dende o Servizo de Medio Natural o custe económico previsto para cada un dos concellos ascende á cifra de 0,30 céntimos por habitante, mentres que a Deputación achegará a cantidade restante ata acadar o tipo polo que se licite a adxudicación do servizo de recollida de animais de compañía abandonados, a partir das cantidades achegadas polos concellos. Así mesmo, a Deputación porá a disposición do servizo, a canceira situada en Armenteira, Meis, previa sinatura dun convenio coa Mancomunidade do Salnés e a Comunidade de Montes de Chan da Fonte. Polo Sr. Secretario e o Sr. Interventor emítense sendos informes cunha serie de recomendacións e observacións que xa están incluídas no presente convenio. Por todo o exposto, de acordo con disposto no artigo 70.18 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades Locais, o Pleno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio marco de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e as entidades locais da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes para o establecemento dun servizo de acollida de animais de compañía abandonados. Así mesmo, facúltase ó presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E AS ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA CUNHA POBOACIÓN INFERIOR A 50.000 HABITANTES PARA O ESTABLECEMENTO DUN SERVIZO DE RECOLLIDA DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA ABANDONADOS O abandono de animais de compañía é actualmente un dos problemas de máis difícil solución co que se teñen que enfrontar os municipios. En numerosos casos os propietarios abandonan os animais na vía pública, o que evidencia un problema de tipo humanitario e representa un perigo para a salubridade pública. A necesidade de prestar adecuadamente o servizo de recollida de animais é algo que demandan moito os concellos da nosa provincia, como responsables desta competencia, xa que a maioría segue sen contar cos medios suficientes para asumir a realización individualizada dunha actividade que transcende o interese propio das correspondentes entidades locais. Neste sentido os concellos consideran positivo establecer unha fórmula intermunicipal de xestión do servizo de recollida de animais de compañía abandonados co obxecto de introducir unha visión global do servizo, tanto no aspecto funcional coma territorial, na que resulta conveniente a colaboración da Deputación de Pontevedra como elemento institucional vertebrador das relacións intermunicipais de colaboración. Desde esta perspectiva considérase que a fórmula máis axeitada para prestar o servizo, é que os concellos deleguen na Deputación o exercicio das competencias municipais nesta materia de maneira conxunta. Esta delegación, en ningún caso, suporá a cesión da titularidade da competencia, que en todo momento seguirá sendo municipal, senón unicamente o seu exercicio. Desde un punto de vista legal esta fórmula encaixaría no artigo 117 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, que establece, de forma expresa, que a prestación de servizos que, pola súa natureza, exceda do ámbito dun municipio e non sexa asumida por outra entidade local, deberá atendela a Deputación Provincial, previa sinatura dos oportunos convenios ou acordos de cooperación. Pola súa parte a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia e o Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que a desenvolve, establecen, como un dos principios básicos, que todas as administracións públicas no territorio de Galicia cooperarán no desenvolvemento das medidas de defensa e protección dos animais e que os concellos ou entidades supramunicipais ós que se refire a Lei galega de réxime local deberán dispoñer de, polo menos, un centro destinado á recollida de animais abandonados. Neste sentido a Deputación de Pontevedra subvencionou no seu día a dotación do centro de recollida de animais abandonados da Armenteira, no concello de Meis, que conta cunhas instalacións que cumpren os requisitos esixidos no artigo 3 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia. Por iso, e dado que as institucións asinantes desexan xuntar esforzos e recursos no obxectivo común de cumprir a normativa vixente e garantir a protección dos animais de compañía abandonados no ámbito da provincia de Pontevedra, o Pleno acorda por unanimidade subscribir este convenio coas seguintes: CLÁUSULAS Primeira. OBXECTO DO CONVENIO Este convenio ten por obxecto establecer as pautas de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e as entidades locais da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes para prestar o servizo de recollida de animais de compañía abandonados en réxime de competencia delegada e con carácter intermunicipal. A especie animal mencionada no parágrafo anterior é exclusivamente a canina e, dentro desta, os exemplares conceptuados como abandonados, de acordo co disposto no artigo 2.3 da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia. O servizo tamén contemplará a retirada dos animais domésticos mortos (gatos e cans) das vías públicas e estradas dos municipios que decidan adherirse a este convenio. Segunda. ADHESIÓNS Ó CONVENIO 1ª As entidades locais da provincia de Pontevedra cunha poboación inferior ós 50.000 habitantes que desexen adherirse a este convenio deberán remitirlle á Deputación de Pontevedra, no prazo dun mes dende á súa notificación, unha certificación do acordo do órgano competente do respectivo Concello que comprenda os seguintes extremos: - Adherirse ó convenio, acordando expresamente a delegación de competencias á que se refire a cláusula terceira, 1-a). - Adquirir o compromiso de realizar as achegas económicas que, como contraprestación, lles correspondan; para eses efectos expedirán cada ano un certificado da existencia de crédito suficiente para facer fronte a esas obrigas. - Facultar o alcalde para asinar os documentos que deriven deste convenio. 2ª A adhesión da entidade local implica indirectamente a daquelas entidades locais menores que dependan dela e non será necesario que estas, de forma individual, formulen o acordo de adhesión. 3ª As entidades locais que, despois do prazo dun mes dende a súa notificación, non se adherisen ó Convenio e desexen facelo con posterioridade deberán solicitalo segundo a forma establecida no parágrafo primeiro comprometéndose a pagar, ademais das achegas que lle correspondan nese ano, unha cantidade a tanto alzado de 600,00 € en concepto de cota de adhesión, sen prexuízo de que as achegas que deban efectuar nos anos sucesivos sexan as normalmente establecidas. 4ª Para as entidades locais que no momento de notificarse este convenio teñan contratado o servizo de recollida de animais o prazo dun mes para adherirse a el comezará unha vez que remate a dita relación contractual; transcorrido dito prazo será de aplicación o disposto no parágrafo anterior. 5ª As entidades locais que, unha vez incorporadas, non desexen continuar adheridas a este convenio deberán comunicarlle a súa renuncia a esta Deputación cunha antelación mínima de tres meses antes da finalización do ano natural. En todo caso, a efectividade do acordo de renuncia entenderase referida sempre ó 1 de xaneiro do exercicio inmediato seguinte. Terceira. OBRIGAS DO CONCELLO Os concellos que se adhiran ó servizo asumen as obrigas e compromisos seguintes: a) A delegación a favor da Deputación de Pontevedra das competencias de ordenación, xestión e prestación do servizo de recollida de animais de compañía abandonados, incluída a resolución dos recursos administrativos interpostos contra os actos ditados no exercicio das competencias delegadas. Exceptúanse desa delegación os poderes de policía e de carácter sancionador que o ordenamento xurídico lles atribúe e que seguirán conservando os concellos. As competencias delegadas exerceranse na totalidade do territorio dos concellos delegantes. A delegación de competencias terá plenos efectos desde a adxudicación da prestación do servizo por parte da Deputación e estenderase ata a finalización do período contractual establecido para o mesmo. b) Aceptar o modo de xestión do servizo proposto pola Deputación de Pontevedra, comprometéndose a non implantar un igual ou análogo no seu ámbito territorial municipal durante a vixencia do convenio. c) Facer efectiva a achega económica necesaria para financiar o servizo, na contía que resulte da aplicación da fórmula de reparto establecida na cláusula quinta, para o cal consignarán as cantidades necesarias no orzamento de cada anualidade á que se estenda a vixencia deste convenio. d) Prestar a colaboración e a cooperación indispensables para realizar o servizo e, en especial, informarlle á Deputación de Pontevedra da existencia de animais abandonados, conservando, para os efectos, os poderes de policía e de carácter sancionador que o ordenamento xurídico lles atribúe. e) Informar anualmente a Deputación, dentro do primeiro trimestre do exercicio seguinte, do grao de cumprimento co cal o contratista-xestor do servizo leva a cabo as súas obrigas no seu respectivo termo municipal, mediante a remisión dunha memoria. Cuarta. OBRIGAS E FACULTADES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra asumirá as seguintes obrigas e, se é o caso, facultades: a) Aceptar e exercer a delegación de competencias realizada polos concellos. b) Elixir a forma de xestión do servizo de entre as previstas na lexislación de réxime local. c) Consignar no orzamento de cada exercicio no que o convenio estenda a súa vixencia as cantidades necesarias para facer fronte ó pagamento do prezo de adxudicación. d) Aprobar os prezos públicos a percibir dos usuarios polos gastos ocasionados pola prestación do servizo. e) Poñer á disposición do servizo de recollida de animais de compañía abandonados as instalacións da canceira da Armenteira (Meis), cunha xestión e un mantemento que correrá a cargo da empresa adxudicataria. Quinta. FINANCIAMENTO DO SERVIZO 1ª Para salvagardar a eficacia e a eficiencia na prestación do servizo os concellos da provincia que se adhiran a este convenio deberán realizar a achega que lle corresponda á Deputación de Pontevedra segundo o baremo do apartado seguinte, previo requirimento da entidade provincial. 2ª As cantidades económicas que deben pagar os concellos axustaranse ó seguinte baremo: Deberase aboar a cantidade anual que resulte de multiplicar TRINTA CÉNTIMOS DE EURO (0’30 €) polo número de habitantes do concello, segundo a última revisión do Padrón municipal publicado polo Instituto Nacional de Estatística con referencia á poboación ó 1 de xaneiro de cada ano, xuntándose á do 2011 ó presente convenio. Este aboamento farase efectivo de forma anual a requirimento da Deputación de Pontevedra. 3ª A contraprestación económica da Deputación de Pontevedra será a necesaria para acadar o tipo polo que se licite a adxudicación do servizo de recollida de animais de compañía abandonados, a partir das cantidades achegadas polos concellos. 4ª Cada vez que se actualice o número de habitantes dos concellos e o prezo do contrato para prestar o servizo, as achegas municipal e provincial ó seu cofinanciamento actualizaranse na mesma porcentaxe; no caso de que se produza un incremento do custo do servizo este será financiado entre os Concellos, en proporción ó número de habitantes, e a Deputación de Pontevedra en función da achega establecida no apartado terceiro da presente cláusula. 5ª A achega municipal terá o carácter de ingreso de dereito público. Para os efectos os concellos facultan á Deputación de Pontevedra para aplicar a compensación como forma de extinción de débeda, nos casos de incumprimento ou demora, con cargo a calquera cantidade a pagar pola Deputación e/ou ós recursos municipais cuxa xestión recadatoria lle fose efectivamente delegada á entidade provincial. Sexta. PRESTACIÓN DO SERVIZO Sen prexuízo dos criterios específicos de organización do traballo que se recollerán no prego de prescricións técnicas que rexerán a contratación da prestación do servizo, o seu funcionamento respectará as seguintes pautas: 1ª Os concellos adheridos a este convenio, cando teñan coñecemento da presenza dun animal abandonado no seu termo municipal, comunicaranllo por vía telefónica ou calquera outro medio que deixe constancia fidedigna do aviso (fax, correo electrónico, etc.) á empresa adxudicataria do contrato para a prestación do servizo, a cal acometerá a actuación de forma inmediata unha vez recibido o dito aviso. 2ª Despois da recollida o responsable do concello asinará un parte por triplicado, que a empresa adxudicataria do servizo lle presentará por cada actuación que se leve a cabo no seu ámbito territorial. 3ª En todo caso a empresa adxudicataria presentará mensualmente no Servizo de Medio Natural da Deputación de Pontevedra unha copia dos partes dos servizos prestados nese período. 4ª Os concellos colaborarán coa empresa adxudicataria para identificar, se é o caso, o propietario dos animais recollidos. 5ª Cando sexa posible a identificación do propietario comunicaráselle que nun prazo de dez días deberá proceder a recuperalo animal, previo aboamento dos gastos que orixinou a súa custodia e mantemento. Se no dito prazo o seu propietario non o recolle entenderase que o animal está abandonado. Isto non eximirá o propietario da responsabilidade na que puidese incorrer co seu abandono. 6ª Despois de transcorrer ese prazo sen que o propietario do animal cumprise coas obrigas legalmente establecidas a empresa adxudicataria comunicarallo inmediatamente á Deputación Provincial, que denunciará os feitos ante a Xunta de Galicia, co fin de incoar e instruír o correspondente expediente administrativo, segundo o disposto no capítulo II do título V da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia. Sétima. INCUMPRIMENTOS 1ª A Deputación de Pontevedra esixiralle á empresa adxudicataria que preste o servizo de recollida de animais de compañía abandonados o puntual cumprimento dos requirimentos do servizo por parte dos concellos interesados, esixíndolle as responsabilidades en caso de incumprimento así como as que se puidesen derivar deste. Para os efectos esixiráselle á empresa adxudicataria a subscrición do correspondente seguro de responsabilidade civil. 2ª A falta de pagamento, por parte dos Concellos, dunha anualidade da cantidade económica que lles corresponda para financiar o servizo será causa suficiente para considerar a súa renuncia á adhesión ó convenio, e dende ese momento o concello será o responsable de prestar o servizo. Oitava. VIXENCIA DO CONVENIO O período de vixencia do presente convenio coincidirá co ámbito temporal da delegación de competencias establecido na cláusula cuarta. Non obstante, á súa finalización, o convenio pode prorrogarse anualmente por acordo expreso das partes. Novena. CAUSAS DE EXTINCIÓN DO CONVENIO Este convenio extinguirase por algunha das seguintes causas: a) Por expiración do prazo de vixencia. b) Por mutuo acordo das partes outorgantes. c) Por supresión do servizo. d) Por incumprimento dalgunha das partes das obrigas asumidas. e) Polas causas previstas na lexislación de contratos das administracións públicas que lle sexan de aplicación. Décima. CARÁCTER DO CONVENIO Este convenio ten carácter administrativo, polo cal as cuestións litixiosas que sobre este se formulen serán dilucidadas polo órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa. Undécima. CLÁUSULA ADICIONAL No suposto de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas por epidemias e casos de forza maior que desvirtúen substancialmente o convenio e fagan inviables as súas previsións económico-financeiras, os concellos adheridos comprométense, así mesmo, a regular estas circunstancias subscribindo coa Deputación de Pontevedra os anexos que sexan precisos para garantir o seu financiamento.” 6.6246.- CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA. ANO 2012 Sr. Presidente.-Punto número 6, Concesión da Medala de Oro da Provincia de Pontevedra.Bueno, aquí, neste caso, trasladar o seguinte, en relación a, a esta medalla que concede, precisamente, esta Institución Provincial, entendiamos, que así o trasladamos aos diversos, os dous grupos da Corporación, a posibilidade de que neste ano, 2012, pola súa traxectoria, pois, por ser, ademais, neste caso, a Institución deportiva mais representativa da Provincia de Pontevedra e a que mais nos une, por dicilo así, no?, porque en torno a esta realidad social e deportiva, pois aí miles de siareiros e de seguidores, uns acuden, evidentemente, ao Estadio de Balaídos, outros non, pero aínda que non acudan, si están pendientes desta, deste emblema de Pontevedra, de Vigo ,especialmente, de Galicia, pois que , neste caso, fose o Real Club Celta, pois o que, en este ano 2012, fóse, se lle fóseo torgada a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra. Houbo momentos difíciles, momentos moi complicados, como os que se están a vivir agora mismo, pero bueno, a veces, tamén , desde o punto de vista deportivo, pois os logros deportivos fan que a realidade sexa a que agora mismo é, de que este club que, nunca debeu haber descendido da, da máxima categoría do futbol español e unha das competicións mais importantes do mundo e que tamén, nos unha traxectoria, e sobre todo, é un magnifico embaixador fóra de Galicia, pois que fose, tamén, galardonado en este ano 2012, con eso. Eu, desde aquí, queremos, tamén, trasladar e premiar a labor de moitas personas que estiveron aí porque esto aínda que ,a veces, parece fácil en función de cómo vaian as cousas, desde o punto de vista deportivo e económico, hai personas que sufriron moito con diversos avatares producidos porque, buenos pois, as circunstancias mudaron e foron quen de aguantar e, pois, a esta Institución durante moitos anos, por eso que, a todas e cada unha das distintas equipos directivos, agradecerlle, desde aquí, a encomiable labor que fixeron, de maneira especial, á última directiva que creeu en este proxecto deportivo, creeu que era posible devolver a ilusión a esta cidade e non deixa de ser, evidentemente, un resorte económico e social moi importante para Vigo e para toda a Provincia de Pontevedra, polo tanto, por eso entendiamos, que era oportuno despois de haber conquerido o ascenso, de novo, de categoría, pois premiar a labor de esta Institución, neste sentido, teño que agradecer ademais que as dúas forzas políticas, tanto o Partido Socialista como o Bloque Nacionalista Galego, pois tamén, de algunha maneira, avalaran eles mesmos esta proposta, polo tanto,bueno pois, esto é no día de hoxe ten que acordar o Pleno da Corporación Provincial, dándolle a palabra, tamén, neste caso, aos portavoces de ámbalas dúas formacións políticas. Ten a palabra don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, no noso ánimo estivo, desde a primeira vez, a pesar de que as medallas se crearon, no contexto que se crearon, coa finalidad que se crearan, que non vamos a recordar porque é coñecido. No noso ánimo estino levar esto, de algunha maneira, mais razonabel e mais institucional e, vamos…..é certo que, este ano, pois non chamaron antes, pero nos chamaron cunha proposta pechada, que o que nos da é para aplaudir ou afear e iso, francamente,quiero dicir, non o estén poñendo sempre nesa tesitura, non o estén poñendo. O outro día, polo menos , pola nosa parte, polo menos pola nosa parte, Sr. Figueroa e Sr, Louzán que estaban alí, lles dixemos que estabamos dispostos a chegar a un acordo, sin ningún problema, sin ningún problema, creo que, nunca se nos pregunta a proposta antes, si se fai, pois, parece que estorban e demais e ben, temos que lamentar eso, a parte que, sempre, parece q nos mete nesa tesitura. No expediente non ía nada, a día de hoxe, non sabemos, si se vai aceptar, non para a Medalla de Ouro, non se propuxo senón para outras, para outras distincións, se se vai aceptar algunha proposta da oposición neste caso, neste caso, non sabemos nada, simplemente, se nos dí aquí, que veñamos..que votemos e que aplaudamos a proposta, non temos nada en contra da proposta, pero que, caramba, non nos estén metendo sempre nesta violencia. Polo menos, este ano, tiveron o detalle de comunicalo antes, no expediente, non estaba, incluso chegaron a dicir non sabemos se vai a ir ao Pleno ou non, xa veremos, bueno, quedamos de falar, non se volveu…non se volveu a falar. De verdad, e que afear, poñernos, sempre, nesta violencia, de afear a os premiados ou aceptar ou aplaudir, nos non temos nada, absolutamente, nada, en contra da proposta para a Medalla de Ouro, vale, pero que, igual había outros, ou había outros para outras distincións.Non sabemos cales van a ser as outras distincións que, o fin e o cabo, se entregan todas xuntas e non teñen a relevancia da Medalla de Ouro pero non sabemos cales son, quedamos de comentalo, non volveu a haber ningún outro comentario e demais.¿Cantas veces o pedimos?, todos os anos o estamos pedindo, non nos metan nesa tesitura senón pois, bueno, tomaremos, teremos que tomar a decisión que vexamos, e dicir, non estamos en contra, o que queremos e que se fale, que sexa algo que non haxa que, todos os anos, dar voltas con esto e afea, non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra o Sr. Santos Héctor. Sr Mosquera Lorenzo.- Gracias. Eu moi breve, primeiro, manifestar o noso acordo, o do Grupo Provincial Socialista ca proposta do Real Club Celta de Vigo para a Medalla de Ouro y e certo que, con respecto o ano pasado, avanzamos, avanzamos, polo menos, este ano, se falou con este grupo antes de traer a proposta a, a o Pleno e xa llo dicíamos o ano pasado de que algo que debe ser, que debe partir de toda a Corporación, da Corporación da Deputación para, para o otorgamento dun galardón, pois, o mais importante que fai este Ente público, pois, polo menos, conocelo antes, neste ano se fixo así e esperemos que, para o próximo ano, avancemos un pouquiño mais e nos sentemos e poidamos, pois, de algunha maneira, pois, intercambiar opinións a quen se lle outorga a Medalla de Ouro da Provincia e tamén os outros galardóns, creo que, vamos polo bon camiño de, polo menos, se colleu o mensaxe, falta, todavía, dar ese outro pequeño paso mais que é sentarnos e poder facer propostas ou intercambiar opinións o respecto, pois, destes galardóns que se van a outorgar o día 9. En todo caso, queremos de que para, para o estado de ánimo,tamén, que falaba o Presidente, foi bón que o Real Club Celta de Vigo ascendera a Primeira División, axuda, eso axuda tamén, dicía algunha colega miña, concellala e deputada tamén, o dicía en este sentido e ,dende logo, tamén ten un efecto sobre a economía da cidade e de esta provincia, ten un efecto importante, importantísimo, por canto, de promoción, pero tamén, de visitantes, eu creo que é unha é unha honra que pois é ben merecida por este Club , case centenario e que, por certo, leva os colores de Galicia e o escudo de Galicia mo seu uniforme, na súa camiseta, polo tanto, totalmente de acordo e votaremos, como non pode ser de outra maneira, os socialistas a favor de esta proposta. Sr. Presidente.- Pois moitas gracias. Bueno, dicir gracias neste caso ao Partido Socialista tamén ao Bloque Nacionalista Galego e a unidad de todos entorno a este galardón que concede esta Institución, dicir que, o Real Club Celta de Vigo, naceu o 23 de agosto do ano 23, do ano 1923 como resultado da fusión de 2 clubes da Cidade de Vigo, o Vigo Sporting e o Real Fortuna. O actual Estadio de Balaídos, foi inaugurado no ano 1928 e o clube, xogou 46 temporada en Primeira División e 32 en Segunda División. Polo tanto, como ben dicía, agora, o portavoz do Partido Socialista , si é certo que é un revulsivo importante, desde o punto de vista moral pero, especialmente, no económico, para a Cidade de Vigo e para o resto da Provincia de Pontevedra . Por eso que, nos alegramos de que pois, finalmente, recuperara a categoría que nunca debeu haber perdido e, agora pois, o que toca é, entre todos, é axudar para que a recupere, ou perdón, para que a manteña e, sobre todo, para que o número de aficionados e, especialmente, de socios,pois, siga aumenta, como está facendo, o sea, está respondendo a afición e cual é unha moi boa nova, e por eso, pois, que siga en esa liña, desexámoslle a suerte que se merece a este club, como digo, histórico que vai a cumprir 90 anos de vida e que a Deputación lle concede a Medalla de Ouro da Provincia no ano 2012. Polo tanto,¿votos en contra, ¿abstencións,¿ a favor?. ¿O siguiente punto era?, ¿moción no?. 1.- Dende o ano 2005, a Deputación de Pontevedra instituíu a concesión da Medalla de Ouro da provincia para aquelas persoas ou entidades que, pola súa relevancia, importancia social e transcendencia, se significasen ó longo do ano, ou mediante a súa traxectoria, en pro da provincia, da súa promoción ou dos seus intereses. 2.- Dende a antedita data, o citado galardón recaeu nas seguintes entidades: Caixanova (2005), Citroën (2006), Pescanova (2007), Establecementos Fróiz (2008), Escola Naval Militar de Marín (2009), Confederación Provincial de Empresarios (2010) e BRILAT (2011). 3.- Para o ano 2012, co consenso e apoio unánime de todos os grupos que conforman a Corporación Provincial, teño a ben propoñer a concesión da devandita medalla ó Real Club Celta de Vigo. 4.- O Real Club Celta de Vigo naceu o 23 de agosto de 1923 como resultado da fusión de dous clubs da cidade de Vigo: o Vigo Sporting e o Real Fortuna. O seu primeiro presidente foi Manuel Bárcena e De Andrés, Conde de Torrecedeira e o seu actual estadio de Balaídos foi inaugurado en 1928. O club xogou 46 tempadas en Primeira División e 32 en Segunda. Entre os seus logros máis destacados, figuran que foi tres veces subcampión da Copa do Rei, que participou unha vez na Liga de Campións e seis na Copa da UEFA, así como que foi campión da Intertoto da UEFA. Este ano de 2012, o Real Club Celta de Vigo acadou, logo de varias tempadas en Segunda División, o ascenso á Primeira División da Liga Española. 5.- Os seus éxitos, e a súa longa traxectoria histórica, fan do Celta de Vigo non só un elemento vertebrador da provincia senón tamén que o club sexa o máis representativo dela e aínda de Galicia. Fan que sexa o mellor embaixador das Rías Baixas e unha entidade con profundo arraigo no corazón dos vigueses, dos pontevedreses e dos galegos. E constitúeno como unha entidade profundamente comprometida co deporte base e coa canteira, así como un gran dinamizador da vida social, deportiva, económica e turística da provincia. Polas anteditas razóns,ó Pleno aproba por unanimidade a concesión da Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra do ano 2012 ó Real Club Celta de Vigo. 7.6247.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL PSdeG-PSOE SOBRE A CREACIÓN DUNHA COMISIÓN ESPECIAL DE VIXILANCIA DE CONTRATACIÓN Sr. Presidente.-Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista, sobre a creación dunha Comisión Especial de Vixilancia de Contratación. Ten a palabra, o seu portavoz, D. Santos Héctor. Sr. Santos Héctor: Gracias , Presidente. Esta é unha moción que nosotros presentamos o 27 de xuño pero a deixamos para este Pleno i é unha moción que, realmente, ven a recoller, un pouco, o sentir da rúa. Estamos nun momento de dificultades, dificultades económicas , de crise. Hai unos recortes que están afectando a todos os cidadáns , sobre todo, a os mais débiles, que está, unos recortes que esta facendo o Goberno do Estado , o Goberno do Partido Popular e, dende logo, pois cando aos cidadáns se lle pide maior esforzo económico, a través dos impostos, da redución dos seus salarios, dende logo, os que gobernan, deben ser ou debemos ser , un exemplo, dende logo, de cómo, de cómo invertimos os cartos dos seus impostos, por eso, para garantir eses principios de publicidade, de obxectividade de transparencia e, tamén, de eficacia na contratación que contempla a lexislación vixente, pois nos pedido que, para eses investimentos reais de 51 millóns de euros que ten a Deputación para este ano 2012 de un total de 143 millóns de euros, pois, o Goberno, o Goberno que preside vostede Sr. Louzán, debe ter en conta, mais que nunca que, para garantir esa eficacia do gasto, esa eficiencia dos fondos públicos, nós, dende o Grupo Provincial Socialista, pedimos, pedimos, ante a inexistencia dunha Comisión de Vixiancia da Contratación nin dunha Comisión Especial de Seguimento, reitero, pedimos e instamos ao Presidente da Deputación á creación dunha Comisión Especial de Vixiancia da Contratación que garanta a aplicación ,efectiva, dos principios de publicidade, obxectividade, transparencia e eficacia, na contratación pública, así como , a creación unha Comisión Especial de seguimento que avalaie a xestión do Presidente, da Xunta de Goberno e dos membros do Equipo de Goberno que ostenta delegacións. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, neste caso ao portavoz do Partido Socialista. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila:Bueno. Bos días. Esta, esta moción que se solicita por parte del Partido Socialista, nos, estamos cumprindo, xa, dende hai anos, donde en esta Casa, se pasa por todos os controis que marcan as normativas e que marca a Lei, polo tanto,non so xa se está a facer senón que vén de hai anos, donde todos os expedientes pasan polas comisións correspondentes, por as comisións de control é, sobre todo, dunha maneira especial pola mesa de contratación e pola Xunta de Goberno, que son, comisións que están a disposición de todos os corporativos, os deputados provinciais e, polo tanto, tamén dos decretos que veñen a dar conta o propio Pleno da Corporación, polo tanto, de contratos maiores, menores, é dicir, nos estamos a cumplilo dende hai , xa, anos e, polo tanto, nos parece que reincidir ou duplicar este tipo de comisións non ten ningún sentido senón houbera a posibilidade de ese control pois, evidentemente,pois sería, a mellor oportuno pero non nos parece convinte cando , xa, este tipo de expedientes pasan por todos os controis correspondentes e, ademais, coa posibilidade de que todos os corporativos teñen aceso a eles, polo tanto, eu creo que, nesta Casa, existe máxima transparencia, nestes expedientes, o control a oposición o pode facer perfectamente e , ademais, non so a oposición senón que , a maior parte, a maior parte non, todos estes expedientes están colgados na paxina web cando se toman as decisións, polo tanto é público, non solo para os corporativos senón para todos os cidadáns da provincia e, polo tanto, eu creo que este cumprimento se está a facer a rajatabla, dende hai anos, xa, nesta Deputación e, polo tanto, eu creo que esta é unha Deputación que nestos temas totalmente transparente e que se teñen en coñecemento de todos os corporativos, pero non solo os corporativos, que seria unha cuestión, que xa é de obrigado cumprimento, senón que , os propios cidadáns, teñen en conta de o importante e de que esos decretos se de publicidad, como así se da e se está dando e nos o que pedimos é, que si nalgún caso non se da, evidentemente, pois que se nos solicite, pero ata o día de hoxe non temos constancia de que non suceda eso, senón se pasaría a todos os departamentos para que isto se leve a cabo que, xa, se está facendo, non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Figueroa. Sr. Santos Héctor. Sr.Santos Héctor:Si, solo faltaría que non se pasaran os controles, non?. é unha Administración para eso están os controles da Administración. Pero ,sin embargo, vostede sabe, Sr. Figueroa que hai Entidades Locais que están, tamén, baixo o paraugas da Lei de grandes cidades, igual que este organismo e na mesa de contratación , por exemplo, está a oposición, aquí non estamos a oposición na mesa de contratación ou hai creadas mesas ou comisións de control da contratación porque, é certo e vostede o sabe porque, incluso, recentemente, solicitaron que se creara ,se puxera en marcha esta comisión e hai aí os mismos controles que hai aquí, hai interventor, hai secretario, hai funcionarios, hai xefes de servizo, e dicir, exactamente o mismo por que estamos baixo o paraugas da mesma lexislación, pero fíxese, hai algunha cousa que lle vou a poñer en concreto, aqu´çi, nos, dende o Grupo Provincial Socialista, non coñecemos como se fan as contratacións do Plan de Emprego da Deputación, por exemplo, non coñecemos como se fan, como se fai esa chamada as oficinas de emprego, a cales, de que maneira e, agora, pois, hoxe, por fin, despois de 10 días conseguimos ter o convenio que firmou o Presidente da Deputación ca, ca Conselleira de traballo e vemos que hai vai, hai diñeiro , tamén para a contratación e, nos, o que queremos saber é, ¿como se fai?, simplemente, non estamos dicindo que se faga ben que se faga mal o que si sabemos e que hai portavoces nosos nesta provincia que dicen que os traballadores que lle manda a Deputación, porque os contrata a Deputación non lle da nin a opción a que os poda contratar os concellos, que é o que vimos, nós, reivindicando, igual que se fai cos programas de cooperación, Xunta e Corporacións Locais, que cada concello reciba o diñeiro e faga as contratacións, non ten por qué facelas a Deputación pero, o que iba, estos portavoces socialistas e estos alcaldes e alcaldesas socialistas, nos dicen que, xustamente, estas contratacións da Deputación son axentes electores e os interventores do Partidos Popular neses municipios, é dicir, todos se conocen neses municipios pequenos, todos se conocen e, nós, o que pedimos é, simplemente, é conocer como se fai, por exemplo,no de contratación no de Plan de Emprego de Contratación que se lle facilite os concellos os cartos e que eles contraten ás persoas, non ten porque facelo a Deputación, porque o fan todas, o fan todas, todos os concellos o fan , co convenio de Xunta Galicia, Corporacións Locais, amén de todas as inversións e todas as contratacións, entonces, se non hai problema e, todo se fai con transparencias e todo se fai con todos os controles, non vemos porque non se poda crear esa comisión donde vai estar o Goberno, donde podemos estar un membros de cada grupo político da oposición e que lle vai a incidir nesa transparencia e nesa boa xestión porque, o final, o final, quenes teñen que estar convencidos do bon uso destes fondos son os ciudadáns, son os ciudadáns, que nos están a esixir, precisamente, non solo o bón uso senón que a mais conocer como se fai ese bon uso, ter todos os datos para poder facelo, en eso, nós, insistimos, Sres.do Partido Popular, Sr. Figueroa, insistimos de que, se todo se fai tan ben,non ten porque ser un atranco poder crear esa comisión, donde por suposto tería maioría o Goberno e, donde nos, con ten un membro o Grupo Provincial Socialista, nos dariamos por satisfeitos, simplemente para poder valorar mellor esa, esa transparencia, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Santos Héctor. Sr.Cesáreo Mosquera. Sr Mosquera Lorenzo.- Ben, grazas, Sr. Presidente.Vamos a ver, polo que parece, esto ven cruzado con outras cuestións que, si en algún concello se presentou algo parecido e demais, bueno, e quitando eso, nós, en principio, creara comisións , pois, temos moitas dúbidas. A Administración está, teoricamente, controlada pola intervención, polos funcionarios que forman parte, polo Consello de Contas, po, por, por vamos….unha cousa infinita, como decía un..un prestixioso xurista dicía que este era o país, que é o pais donde mais controles hai, cando hai algún problema crease un novo control e , co cual quen quere facer as cousas según toda a legalidade ten casi imposibel e quen quere delinquir sigue delinquindo igual porque polos controles non se vai a delinquir no grado en que se queira. Entonces, temos moitas dúbidas con eso da comisión, agora o que sí, o que si nos parece, e a experiencia demostra que funciona bastante millor a pesar de todo o que se está, de toda a que está chovendo nese sentido e que, cando nun órgano decisorio aunque sexa informativo e de propor, como podían se os tribunais de oposición ou as mesas de contratación, cando están presentes todos os grupos millora ,drasticamente, a transparencia, millora drasticamente, eso si que o temos constatado, non sempre, pero, en liñas xerais, en liñas xerais, é así.Entonces collendo parte da argumentación que fai o propoñente e demais, nós, o que si pediriamos, como xa o levamos pedido moito tempo e que en eses, agora oposicións por desgracia non hai, pero bueno, en procesos de selección ou en mesas de contratación que haxa presenza, que haxa presenza de medios de membros dos diversos grupos políticos, a experiencia demóstranos que é a mellor vía de que haxa transparencia, a pesar do que se dí todo agora de os políticos malos, e bueno, horrorosos e todas esas cousas, a experiencia demostra que si se da un salto, si se da un salto en ese, en ese aspecto, hai moitos concellos nos que a desaparición dos, vamos, da presenza corporativa nos tribunais de oposición supuxo unha regresión clara, supuxo unha regresión clara, supuxo que, aparte, por outro lado, a Lei non dí eso, pero bueno, quixen interpretar así porque, porque conviña, pero na mesa de contratación, non pon ningún problema, entre outras cousas, na mesa de contratación , por exemplo, os funcionarios que asisten, non poden absterse nin poñer pegas porque sí, o sea, o escriben un tratado poñendo pegas ou senón teñen que votar a favor, teñen un certo mandato imperativo, si, si, si.É así e, os representantes do publico, os temos alí, verdade,é decir, bueno pois mire, pois me parece fantástico o informe de quen o propuxo e non teño porque escribir un tratado senón que mire, pois non me gusta, pos non me gusta como vai e demais. E non crea especiais problemas, non crea especiais problemas, por exemplo no Concello de Pontevedra na mesa de contratación están todos os grupos, e non crean especial problema, creo que, o contrario, millora, millora, francamente, cando menos, elimina toda sospeita e, despois, millora francamente o, en xeral, o funcionamento, a pesar de que, bueno, sempre se pode aproveitar algunhas cousas, como de contratación sempre da, para, para (ilexible). Ahora, nós, esa proposta, si que, a proposta deste debate, si que a retomariamos e, si teñen a ben, a pesar do inmenso, da carga que supón, non?, asistir a todas as mesas e demais, ou tribunais de selección si que pediriamos que eso se fixese, si pediriamos que eso se fixese, eu creo que o Grupo de Goberno se evitaría moitas suspicacias, a veces reais e outras veces non, e faría, unha vamos, unha, vamos, un exercicio de transparencia , de claridade. Ademais,que beneficiaría a todos, agora, negáronse sempre, agardo que en este caso no de neguen, ca que está…. vamos na situación na que estamos, sería un sobre esforzo tremendo pero estamos dispostos a facelo ou eu entendo que estamos todos dispostos a facelo e creo que sería bo, creo que sería bo para todos, creo que sería bo para todos. A outra comisión, francamente crear comisións, francamente, eso é o día a día, se é unha mesa pois haberá que estudar se, que ofertas hai, claro despois se hai unha comisión para parece que haxa unha comisión de investigación, de supervisión a posteriori, non?, que a investigación a posteriori, xa a hai, xa hai por todos os lados, haino pola propia Corporación e haina por todos os tribunais e ,bueno, Tribunal de Contas , Consello de Contas, e todos eses, todos eses organismos que , bueno, que sería cargar mais que , bueno, algo sería, pero non nos parece a solución mais operativa, incluso para a propia práctica, tamén aquela famosa comisión de compras, que asistiu algunha institución algunha vez, ahora volve a estar de moda, despois desaparecía porque era un fárrago que no resolvía nada, pode quedar mono, no momento pero despois a realidade e a experiencia demostraban que non resolvían, non resolvían especialmente creaban mais problemas dos que se resolvían, entonces , a nosa proposta e esa, digamos que unha transacción, digamos, sobre a moción, si se acepta pois estaríamos encantados, porque e un debate que levamos moito tempo, unha proposta que levamos moito tempo enriba da mesa e sino pois seguiremos como están, como estamos. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera, ten a palabra o Sr. Figueroa. Si bueno., eu creo que as cousas se intentan modificar, cambiar ou matizar cando non funcionan ou cando hai algún elemento que poidamos dicir que distorsionan ou que as cousa, bueno pois, non teñen, non cumpren os seus obxectivos, pero mire, levo aquí agora, pois vamos a comezar o terceiro mandato, ou lexislatura, presidida polo noso Presidente actualmente, e non tivemos nin un solo problema, nin de reclamacións, nin coa oposición, nin con interesados, e dicir, nos últimos nove anos, nunca houbo ningún problema coas contrataciones desta Casa, ningún, ningún.Pode ser, no funcionamento diario, que a un lle pode gustar mais unha cuestión a outros menos e algunha matización en canto a contratacións, polo tanto, eu creo que non hai ningún motivo, que poida xustificar que nos non temos, absoluta transparencia e que facemos , cumplimos todos os cauces, legais que nos marca a Lei, polo tanto, eu creo que ese é un exemplo claro de cómo funcionamos. Con respecto aos tribunales de oposición, vostede sabe Sr. Mosquera e coincido con vostede que, ultimamente, nos últimos anos, os politicos xa non representamos, xa non estamos en esos tribunais, están os técnicos e incluso vostede acaba de dicir, e o mellor podo compartilo, que incluso , a o mellor, funcionaban mellor antes que agora, sin ningún tipo de problema nunca hubo ningún tipo de problema, unha cousa distinta é que se queira falar de quen contrata ou non contrata iso xa é outra cuestión de , de fondo, xa é unha cuestión de decisión política, que uns poden entender que é millor facer unha contratación desde unha Administración , porque é mais áxil ou darlle aos concellos, que, o mellor, nos entendemos que é menos áxil.Nos , dende logo, entendemos que , si somos capaces dende esta Casa de esos servicios que hai que prestar e esos contratos que hai que facer, facelos todos e coordinados, e moitos mais doado, moito mais fácil, moito mais rápido e moito mais áxil, nos sabemos é, se pon de manifesto, que moitos concellos teñen dificultades porque, non teñen técnicos correspondentes, as veces, as nesas de contratación pois, as teñen ou non as teñen, etc, etc, etc.Polo Tanto, eu creo que as cousas están funcionando con absoluta normalidade e, si algo funciona con absoluta normalidade, non hai ningún argumento para que nós como Goberno entendamos que temos que facer duplicidades, a veces, a demagoxia dos dobles discursos é complicado, porque, por un lado se dice: “no hai que axilizar a Administración”, “pagarlle rápido a os provedores”, “facer as adxudicacións rápidas”, “facer os contratos o mais rápido posible”, xa as Administracións e as Leis xa nos coartan moitas veces que hai publicar de primero, despois, volver a publicar, volver, bueno pues, si, imaxínense vostedes si empezamos a hacer, control do control do control, para chegar ao control que hai que facer, vostede teñen o seu mecanismo dende a oposición, para facer os controis perfectamente, tanto das mesas de contratación, das consignacións presupuestarias, de o que vai no presuposto, das Xuntas de Goberno, está todo a súa disposición , dos Plenos, dos decretos que veñen a Pleno, eu creo que cumplimos, si vostedes nos dicen agora: “…e que hai algún paso dentro da normativa que vostedes non cumplen…”, bueno , pois , vamos a intentar corrixilo, non é o caso, polo menos, que nos saibamos, ou que eu saiba, agora mesmo, non hai o caso, se cumpre estritamente con todo o que nos marca a Lei e , creo que, incluso, mais, agora, facer unha comisión para controlar a mesa de contratación, a mesa de controlar a Xunta de Goberno, iso está en todo o mecanismo, pero no solo téñena vostedes e que calquer cidadán que queira o ten, ten a información , de todas as adxudicacións, de todos os contratos e de todos os trámites que se van facendo tanto na Xunta de Goberno como na mesa de contratación, é darlle a unha tecla, pois eu cero que, si hai que darlle a unha tecla, como ven dicen vostedes, pois mira, tes reunións porque ter reunións, a nos non nos parece que sea o mais axeitado, agora si vostedes, nalgún momento, detectan algo, que nos dicen: “…mira, non estades facendo esto como marca a Lei, oie non estades reunindo á mesa de contratación, non estades facendo a adxudicación das maneiras que se teñen que facer…”, pero ata agora, eu creo que estamos cumprindo con todos os requisitos e, a única cuestión, ademais cada Administración despois ten as súas características, e dicir, hai , ao mellor Administracións que non, non, non dan conta dos decretos de contratos menores, aquí, se está dando, polo tanto , están a súa disposición todos, nos Plenos que veñen, case todos asuntos de decretos do Presidente e dos deputados delegados, polo tanto, claro, se eso non se fai en algún lado, o mellor, alguén quere ter ese mecanismo de control, bueno pois, eso é unha cuestión puntual, eu creo que, nós, estamos traballando con absoluta transparencia, volvo a repetir, non hai ningún motivo, nin extraordinario, nin puntual que non saibamos para cambiar e modificar a forma de funcionar e, polo tanto, eu creo que non ten ningún sentido, sería facer unha duplicidade sen ningún, sen ningunha lóxica, si tivese lóxica ou algún argumento, evidentemente, reflexionariamos sobre eso pero eu, creo que, ata agora, o papel e o traballo que esta a facer e, aquí, eu tamén quero facer unha mención especial os funcionarios desta Casa que ,a veces, sempre son criticados e, é dicir, e o están facendo con absoluta transparencia e formalidade e, dende logo, vamos a seguir traballando nesa dirección e, ademais, con un control exhaustivo de Intervención, da Secretaría Xeral que vostedes teñen acceso a ela ,permanentemente, polo tanto, si houbera unha actuación ou houbera algún impedimento a que os altos funcionarios desta Casa pois pasasen esa información ou non fixesen as cousas ben, nos, dende logo, vamos a seguir traballando nesta liña de máxima transparencia como non pode ser tal, pero igual que ata agora, non hai ningún cambio porque non hai nada que nos, que nos alerte de que estamos facendo as cousas mal sinón todo o contrario eu, creo, que se están facendo francamente ben, e ese é o motivo, bueno de, non outro que, de votar en contra desta proposta, non?. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr.Mosquera Lorenzo Sr. Figueroa. O subconsciente fai marabillas. Mire, repetiu, non sei cantas veces, que se cumpren todos os trámites, ninguén o discuteu, o problema é que os trámites, pode ser un tribunal de oposición ou de selección mediante unha entrevista que, verda, xa está amañada a cara que vai poñer o señor ou a señora e, formalmente, están cumpridos todos os trámites.Mire, sabe perfectamente, como a min, sabe ,perfectamente, que o, vamos, que o houbo procesos de selección de persoal e houbo procesos de selección de empresas aquí que , non deixou contentos a gran parte, non sei se con razón ou sin ela, evidentemente, se se dirixen a un de nos para decir: “…mire, e que eu, a miña empresa está vetada na Deputación… “, obviamente, non teño información para poder dicir: “…mire, pois presenta como tes que presentarte, verdad?, cumpre co que tes que cumprir…”, vale?, ou:”…pois mira tes unha base de razón, tes unha base de razón…”, ou moito casualiadad que quedes sempre de segundo pero nunca de primeira, moita casualidad, non?, eu bueno, eu mirei os expedientes, si é fiable e, se cadra, tes razón,ou, non tes ningunha,vale?, non tes ningunha.Usted sabe que eso circula por aí, circula por aí, non teño eu, ou vamos, digo eu, o seu grupo non tes ningunha base documental, mire eu cando estamos nunha mesa de contratación no Concello de Pontevedra, na oposición, que se puxeran , xa, antes de estar nos a proposta nosa, pois teño defendido e:”….mire non tes razón, non tes razón, non poñas,non tes razón, a propuesta que facías non era a millor…”, vale?, “….non e que estos del PP…”, bueno mire del PP, del “popo”, vale, osea, non tes razón.Pero claro, para eso hai que dispoñer de esa información, vale?, ou si tes razón, depende do caso, ou de cómo un o..de como un o…o interprete, non?.Entonces, vamos, o que se está propoñendo, o que estamos propoñendo nós e que , que poidamos ter esa información, que poidamos estar na mesa de contratación, punto. Creo que sería bastante mellor para ustedes, máxime agora, osea, sabe que sacan unha obra e van ter 50 empresas aquí, todas así colgadas, a ver si collen unha obriña para sobrevivir 6 meses, si, comprenderá 49 , non van estar contentas, ben, entonces, alá vostedes.Creo que saen, a oferta é, repito, mire, no que se está propoñendo que nos metamos, estar e poder defender ou non defender a contratación e, polo tanto, pois defender o fondo, non as formas, as formas ,xa, sabemos que se cumpren e demais.Nos xa dixemos que o de a comisión non o veíamos claro ahora o de estar presente e demais e, con respecto as oposicións, si lle podo dicir, claramente, porque empeoraron, por que si hai tres grupos ou dos ou que sexa, obviamente hai un equilibrio, e dicir:”…eeeehh, esto ten unha transparencia, pero e usted sabe perfectamente, agora xa digo que non hai oposicións, usted sabe perfectamente que hai cantidad de corpos donde hai unha guerra de academias que están vinculadas con algúns funcionarios ou funcionarias, co cal según a composición xa se sabe por donde vai sesgar, xa se sabe, ese sesgo, non se producía, cando estabamos, cando había distintos grupos, pero, claramente, claramente, empeorou, empeorou, a parte con unos intereses que vaia, que se chegamos a telos, que vamos aí de representantes públicos e que nos fusilan, verdad?, pero como eso está aí, e todo o mundo o coñoce pero está aí, esta aí, e todo o mundo sabe que está aí, empeorou, empeorou drasticamente, e tiña coidado a ver, a ver donde carga o tribunal, porque xa sabe que, claro lle o vai o…bueno, creo non fai falta explicarse moito mais, que é bastante claro, a pesar de todas estas barbaridades que estamos escoitando agora, que parece que os únicos que teñen intereses expureos, o sea que parece que non temos outros, somos os representantes públicos, cando mais ben , mais ben e o revés, pero bueno, tampouco e cuestión de poñer agora, de poñer agora, polo menos entre nos, nos poñemos a…. non?, nos poñemos “a parir” falando tal e procuramos que non haxa ningún sesgo en contra dos interese públicos dalgunha maneira, dunha maneira brutal. Bueno, ustedes, ustedes verán , a proposta está aí, francamente, cos tempos que corren nos estamos mais cómodos , non estando, estando así, falando claramente, estamos mais cómodos non estando, porque corren uns tempos en que para contentar, si sale un contento vai haber, non sei cantos que non están e participar deso pois leva eses costes pero, estamos dispostos a facelo si ustedes queren, si ustedes queren aceptar que estemos nos procesos, na forma que queiran, como ouvintes ou como membros de pleno dereito ou como sexa, tanto nos tribunais de procesos selectivos como na mesa de contratación, estamos dispostos a facer ese esforzo que creo que é bastante é, unha mostra de xxaneirosidade pola nosa parte, porque sabe que hai moito tempo e, a parte, pode ter bastantes líos, bastantes compromisos despois, non?, e ter que defender que sempre vai haber mais descontentos que contentos, o sea que, é complicado, pero creemos que en aras de esa imaxe de transparencia da Administración e a transparencia real, creemos que é positivo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, ten a palabra o Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Moi breve para rematar. Nós, en aras de si hai un acordo , estaríamos dispostos a falar da transacción que propón o portavoz do Bloque Nacionalista Galego e , en todo caso, creo que esto que estamos a propoñer beneficia a esta Corporación e, dende logo, a fai mais creíble tamén ante os cidadáns e, aquí, dende o grupo socialista non cuestionamos, absolutamente para nada, os funcionarios, todo o contrario, xa o fixemos que exercen perfectamente súa, a súa labor e aí temos os informes , todos os días, que fan de cada punto que ven a este Pleno e, polo tanto, nós defendemos todo o rigor de todos os funcionarios dende o auxiliar hasta os mais..os que teñen mais, mais responsabilidades, o que pedimos é a creación dunha comisión, que está creada xa en ciudades, en Corporacións similares a esta, que esta creada e que, ademais, o propio Partido Popular esixiu que se creara, e donde tamén son corporación donde hai funcionarios desde administrativos ata con mais responsabilidades que exercen perfectamente o seu cometido e fan informes e, se ten acceso a todo. Eu non quero , aquí, mezclar, de si estamos en algunha información a estamos recibindo en tempo en forma ou non, porque sería obxecto doutro, doutro debate pero si, en todo caso, de , de, da nosa proposta, está clara e con esta reflexión, reitero, que en aras de se hai unha proposta conxunta, nós, aceptariamos esa, esa, transacción que propón o portavoz do Bloque Nacionalista Galego. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas grazas, Sr. Santos Héctor. Procedemos, Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- No, eu creo que a nosa postura a temos clara, e decir, en calquer caso, escoitamos , evidentemente, e bueno, as suxerencias que se nos fixeron e o debate que é interesante, porque a veces hai cousas que se intentan cambiar para mellorar e ,o final, empeoran como decía o Sr. Mosquera, o tema das comisións, desas comisións de contratación, donde antes había políticos e funcionarios e parecía que os malos sempre eramos os políticos, que eu reivindico tamén como vostede , Sr. Mosquera, que chega un momento que oie, aquí a xente é honesta e traballadora e na clase política, pois, a veces, bueno, somos super criticados e, sin razón, sin razón, e se demostra claramente e a veces canto mais decisións se toman para que para controlar a clase política, o final, salimos mais fortalecidos porque o millor os procesos ,despois, son doutra, doutro nivel e eu creo que ,bueno, que iso tamén, a veces estos debates veñen ben, para trasladarlles os ciudadáns de que as cousas se fan ben, nas Administracións e home ,as veces, hai temas puntuais que , loxicamente, para iso estamos tanto o goberno como a oposición , o Goberno para intentar corrixilo e facer propostas positivas e a oposición para fiscalizalos, e dicir, eu creo que, nesa dirección, bueno , pois, temos que traballar todos, pero, eu creo que, tamén, temos que trasladar o mensaxe de que se están intentando en todas as Administracións e todos os representantes políticos facer as cousas baixo os controles que temos, que temos moitos controles e que se cumpren, na maioría dos casos, a rajatabla, e que nós ese é o obxectivo que perseguimos e desde logo as directrices que temos desde a presidencia, tanto os deputados, como os compañeiros políticos e os propios funcionarios que teñen ese traballo e ese labor de fiscalización tamén, de facer as cousas ben e por iso eu dicía e empezaba dicindo que, hai 9 anos,non mirei nunca aquí…todo o contrario, máxima transparencia, facer as cousas ben, a veces, non saen todo o ben que un quere, porque , porque tamén nos equivocamos, evidentemente, pero dito esto, eu creo que a transparencia en esta Casa é máxima e, por parte de vostedes, pois teñen que facer a fiscalización como nós temos que facelas noutros lados donde non, donde non gobernamos, eu creo que eso, pois, é o xogo democrático e político e ,o mismo tempo, o que vamos mellorando dende as propias Administracións. E ,bueno, esa é un pouco a, dende logo, a filosofía que mantemos e que vamos a seguir traballando nesa dirección, mellorar , o que poidamos, dende logo, pero que as cousas se están facendo ben tamén e me gustaría deixalo claro. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias, Sr. Figueroa, polo tanto, procedemos a votación da moción do Partido Socialista,¿votos en contra?,Partido Popular, ¿abstencións?, ¿a favor?. Dada conta, da moción presentada polo Grupo Provincial Socialista sobre a creación dunha comisión especial de vixilancia e dunha comisión especial de seguimento e que é como segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS No contexto actual da crise, a política económica de recortes que está a aplicar o goberno do Partido Popular esixe, día a día, máis sacrificios á cidadanía. Este estado de cousas require pola nosa parte que sometamos ás institucións a un maior control sobre os gastos de quen goberna as institucións así como nos procedementos de contratación pública. Os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e eficacia na contratación que contempla a lexislación vixente deben garantirse. Dado que o orzamento da Deputación previsto para o capítulo de investimentos reais é de máis de 51 millóns de euros (51.298.995,00 €), máis dun tercio do orzamento total da Deputación para 2012 (143.813.052,00 €), quen goberna esta institución deberá dar conta, máis que nunca, de en que e a quen contrata a fin de garantir un gasto eficaz, eficiente, necesario e xusto dos fondos públicos. Tendo en conta que o regulamento orgánico da Deputación Provincial de Pontevedra non ten contemplada a existencia dunha Comisión Especial de Vixilancia da Contratación, nin dunha Comisión Especial de Seguimento, propoñemos para a súa aprobación a seguinte: MOCIÓN Instamos ao Presidente da Deputación á creación da Comisión Especial de Vixilancia da Contratación que garanta á aplicación efectiva dos principios de publicidade, obxectividade, transparencia e eficacia na contratación pública, así como, a creación dunha Comisión Especial de Seguimento que avalie a xestión do Presidente, da Xunta de Goberno e dos membros do equipo de Goberno que ostenten delegacións.” Visto o ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, ó Pleno por maioría de votos do PP, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e as abstencións do BNG, acorda rexeitar dita moción. 8.6248.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BNG SOBRE A POLÍTICA IMPOSTA POLA UNIÓN EUROPEA Sr. Presidente.- Punto número 8 do orden do día. Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego, sobre a política imposta pola Unión Europea.Ten a palabra, Sr, Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr, Presidente. Ben, estamos nunha situación que, creo que a ninguén se lle pode esquecer, obviar e non ter en conta, que as cousas veñen moi mal dadas, non?. Veñen , moi mal dadas e estamos, bueno, hoxe mismo, non?, os datos que saíron do desemprego, non? son tremendos e a cuestión e que, incluso poden ir a , poden ir a peor.O que pretendemos e facer unha reflexión do que está a pasar, unha reflexión que, probablemente, non poida ser sosegada aunque, sería bo, que así fose. E hai unha discusión que, a veces, sae aquí, por parte, sobre todo por algún membro do partido popular, non? de que a economía libre e que a economía planificala. Bueno pois, estamos, soportando, unha economía extraordinariamente planificada, extraordinariamente planificada, outra cousa e que non se queira ver así, claro que hai libre mercado, claro que hai liberdade de empresa, claro que hai…pero tamén hai unha planificación e ,fortísima, de economía. Non queremos estendernos o que pasou , por exemplo, no ano 85 cando foi a entrada na Comunidade Económica Europea, que planificou desmantelar o agro galego, a pesca, conserva, naval, efectivamente, desmantelárono, desmantelárono.Pode ser pola vía da cuota, pode ser pola vía do arancel, pode ser pola vía que sexa pero, eso tomouse esa decisión e, hoxe, estamos en unha situación que hai mais vacas en Andalucía que en Galicia, cousas e cousas polo estilo. E agora, digamos, estamos en un marco, pois xa pasaron, xa, 27 anos, que as cousas cambiaron, exactamente para mellor en Galiza non, pero bueno, pero cambiaron, non?, estamos nun marco, do euro e de Mastricht. E que hai que mirar o que sucedeu desde esa famosa estabilidade, para darse conta, o que está a xogar, supoño que nin así escapa que os primeiros que incumpriron os obxectivos de déficit, fixados en Maastricht fue Alemaña e Francia, sobre todo Alemaña, nunha demostración de que as normas están para cumprir ou non cumprir según conveña, según conveña a quen mande, non?. A quen mande, neste caso, son os que…eso, Alemaña, Francia e o gran capital financeiro, non?. E ,despois, mantivéronos porque lles conviñan, os xuros baixísimos, cando , a economía galega ou a española ou a outras economías non lle interesaba para nada , todo o contrario e, pois, mantiveron porque lle conviña a Alemaña, non? e, agora, e claro, con eso acabaron claramente pois e, que inflara, que inflara certo tipo de actividades especulativas, porque lle interesaba, interesáballe poder prestar os seus cartos e poder, e poder ter un interes baixo, as dúas cousas,e crearon ese, ese problema.E agora, pois, teñen decidido, tomouse a decisión xa hai uns anos, van pala 4 anos, por aí, que temos que facer esa famosa, eles chaman devaluación interna, en román paladino e empobrecemento xeneralizado, empobrecemento xeneralizado a favor de, digamos, para bombear recursos, vamos, os que mandan.Resulta que todo o que fomos vendo, foron cousas tan simpáticas como:”…non, non, se facemos esto xa pasou, se facemos esto xa pasou…”, digo os recortes , por exemplo 2010, se facemos esto xa pasou, non pasou nada, sigueu, sigueu, e, vamos, empeorando, empeorando, empeorando. Despois tivemos ca reforma da Constitución, aquela exprés, pois xa se iba, con eso xa estaba, xa arreglábamos, reformouse a Constitución dunha maneira terribel, antidemocrática e demais e sigue, e sigue e sigue non?, ben e, agora, chegamos a unha situación na que imposto, imposta claramente e mandada hai que facer un rescate a, hai que asinar un rescate da banca, supoño que a ninguén se lle escapara que eso significa que, todos os cidadáns, temos que garantizar que a banca española lle devolva os cartos que lle ten prestado a banca alemana ou francesa eso é o que significa, ten que garantizar, o sea primero prestáronlle porque lle conviña e agora , pois, temos que garantir todos, do bolsillo de todos, que hai que pagarlle, hai que garantir devolverlle os cartos, bueno pois, os financeiros franceses, alemáns ou algún outro , por aí. Ben , se alguén non quere ver que este é o deseño que hai, pois bueno, pois bueno, seguiremos, seguiremos, pois coa, entretendo a xente con absurdos como prometerlles que si reformamos a Constitución o problema está arreglado, por certo, non a reformou ninguén mais e non lle pasou nada, ou con este recorte , xa está, bueno, vai unha tandada, veña, outra, veña, veña outra e non está, verdad?, ou que a culpa foi, a culpa primeira era dun goberno, agora doutro,verdad?, non sabe porque, o sea, mándalle en Europa facer un recorte, fainos, pero di:”…e que fixeches mal, escribíchelos mal….” a tradución non está ben feita, porque realmente tanto uno como o outro o que están, o que fixeron foi traducións do que lle mandaron, do que lle mandaron facer nese deseño de irnos empobrecendo, emprobrecendo, pouco a pouco. Ou temos que escoitar, por aí, marabillas do calibre de que recortando, non?, políticos unha cousa que non se sabe o que é, non?, os cargos públicos, que temos moitos, non?, pois xa se arregla o problema, claro, e do mismo calibre, dos 70.000 cargos públicos que hai no Estado Español, pois 50.000 pois deben ter as mesmas remuneracións que ten os, que teñen os da Xunta de Montes, e témoslles un calibre que propoñer, que recortando directivos da Xunta de Montes, pois, vai acabar a crise do monte, non?, e do mismo calibre, pero é igual, o asunto e que mestres tanto a xente está a ver si, se, a ver si está ocupada e se preocupa, e se preocupa por, por funcionar, non?, en clave de que :”…a culpa é deste a culpa e do outro…” e non mirar de donde ven o problema e ese deseño, quero dicir, obviamente, a ninguén se lle escapará tamén que hai unha oposición clara a este deseño ou senón van, vai a seguir hasta a extenuación, vai seguir hasta a extenuación e empobrecendo a todos en pequenos empresarios, medianos, pensionistas, traballadores, funcionarios, etc, etc, etc.Fago un apelo especial, fago un apelo especial, os deputados do Partido Popular, e por un motivo, non sei si son conscientes de que están, sobre todo os que son alcaldes, (ilexible), que están en unha situación en que, se está movendo a herba debaixo dos pés a toda velocidade. Ustedes poden ter a súa concepción de cómo se fai política, a súa ideoloxía, pero , a maioría cando menos, digamos que tiña esa concepción asistencialista, “…vamos a procurar facer, vamos a facer, vamos a non sei qué intentar, conseguir cousas e atender necesidades…”, que no lo van prohibir a todos, nos van a segar a herba e, o final, pois vanse ver na tesitura de, unha de dúas, ou, digamos, defender esta política que nos impón a Unión Europea de maneira dura, cruel, disparatada de una empobrecemento sen preocuparlle para nada, preocúpalle o que poida, non, os fondos que poida ter un banco alemán, aquí o que sexa, se aquí a xente pasa fame ou o que sea, pois non lle preocupa para nada, é eso ou defender esa política ou atender a os seus veciños, diagnosticando donde está o problema, que hai que opoñerse, eu comprendo que o teñen difícil, porque o seu Goberno en Madrid aplica con total e absoluto entusiasmo o que lle mandan, o que lle mandan de Europa, pero podemos dar unha volta por Portugal para ver o que significa o que lle mandan de Europa ou aquí mismo , xa, en certas capas sociais, cada vez mais amplas, que está nunha situación practicamente desesperada, non?.Ahora temos que ver, incluso, parte de ustedes se rebelar ou non, con tres temos que ver, que un alcalde ou alcaldesa dun concello de 5.000 habitantes, pois bueno, con 100 euriños ao mes pódese arreglar o que non sei e cando vai atender aos veciños, igual ten que adicarse a outra cousa, igual ten que adicarse a outra cousa, claro, non sei donde vai….Solucións máxicas, destas disparatadas, por non entrar, por non entrar no fondo da cuestión que son unha política, perfectamente deseñada, sistemática e demais de empobrecemento xeneralizado , como, que se une, xa, a que houbo hai 27 anos que era de desmantelarnos todos os sectores, todos os sectores produtivos. Ben, este é o contido e o sentido da moción, pediríalle que fixera unha pequena reflexión do que está a pasar e do que nos queda, e do que nos queda, do camiño, os pasos que vai habendo no camiño, vamos cara, vamos, vamos cara a ese deseño final que se fixo nas instancias de poder da Unión Europea que, pon os pelos de pelos, pon os pelos de punta, socialmente, e non sei se vai a resistir. A reflexión queda feita aí, a proposta queda feita, por desgraza vamos a ter que darlle moitas mais voltas, en moitas mais ocasións a esto pero, sería moi interesante dar algún pasiño, en ver de donde veñen os tiros para poder esquivalos e non tragalos todos con eso de que miramos para outro lado. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Sr. Santos Héctor. Sr. Santos Héctor: Sr. Santos Héctor:Si, gracias. Ben é unha, unha moción que, dende logo,a política financeira que se está a aplicar é porque a Unión Europea pide recortes en gasto pero, é ben certo, que este ven precedido, cando fala no acordo da moción que fala do rescate, do rescate das entidades, do pais e das entidades bancarias, pero claro, este rescate financeiro que se solicitou por parte do Goberno do Estado á Comisión e que, o Goberno do Partido Popular nos viña dicindo de que non iba a ter repercusións macroeconómicas, o certo e que, trouxo consigo unha batería de fortísimos recortes e, tamén, de perversos cambios estructurales no noso modelo socioeconómico e, o por de todo, e que o Goberno do Partido Popular coñecía e o sabía que, esto, iba a pasar así.E neste decreto que fai referencia a moción do Bloque Nacionalista Galego de 13 de xullo, ven precedido dunha ruptura unilateral do mercado laboral por parte do Goberno de Mariano Rajoy, do Partido Popular e, agora, e agora, o que fai e incrementar unhas medidas que, o que fan, é culminar coa ruptura do noso modelo social e de convivencia, recortes brutales das prestacións por desemprego, recortes e rebaixas nas pensións, desmantelamento do sector público e mais impostos e mais imposición directa como é o do IVE, polo tanto, se tomaron medidas que ,é certo, que esixe a Unión Europea, se toman medidas de axustes, de recortes, pero ,sempre,a os mais desfavorecidos, aos mais débiles, non se producen eses recortes, nin se buscan eses ingresos naqueles que deberían estar, que teñen mais e , polo tanto, deberían estar aportando agora mismo.O peor de todo é que estas medidas aceleran a nosa caída ao pozo da depresión económica e, o mais grave, reducen a posibilidade de saír dél é mais, o Goberno do Partido Popular do Estado , que cando estaba na oposición dicía unha cousa e, agora, fai outra, eles mismos, con estas medidas, seguén recoñecendo que vai haber mais desempregados, que vai haber mais parado do que xa había e , hoxe, desgraciadamente, coñecemos os datos da encosta da poboación activa, da EPA,unos datos que, en Galicia, dicen que hai 275.900. desempregados, cunha taxa de paro de 21.1% que se incrementou en mais de estes 3 anos de goberno do Sr. Feijoo e do Partido Popular, que era o que iba a acabar co paro e o incrementou mais que ninguén, mais que ninguén e con unha situación económica deteriorada ao máximo, polo tanto, con menos recursos para poder saír dela pero, o certo, e que a nosa provincia tampouco vai moito mellor e cando este Grupo Provincial Socialista, falaba de incentivar para a contratación directa sabía ben o que diciamos, porque miren, en Pontevedra en esta mesma encosta da EPA, encosta da poboación activa, dice que hai 116.900 desempregados e desempregadas un 25.58%, a mais alta das 4 provincias e algunha responsabilidade terán, teremos os que gobernamos en distintas Administracións, en este caso,dende logo, neste caso, o ten o Partido Popular que goberna, en Galicia, dende fai mais de 3 anos e medio, e non fai nada para reactivar a economía senón todo o contrario ,nin para terminar con esta lacra do desemprego.Polo tanto, é unha moción que debería incorporar,cando menos, ao goberno do Estado como responsable, non solo a Unión Europea, porque o certo é que a Unión Europea pide sacrificios, a Unión Europea pide recortes en gastos, pero son os gobernos dos Estados os que deciden donde se recortan, son os Gobernos dos Estados os que deciden donde e a quén se lle recorta e aquí, xa o temos claro, se lle recorta os mais desfavorecidos e non se lle poñen impostos os que mais teñen.Nós , inda así, apoiaremos esta, esta moción, queremos que , que a exposición e co debate que se esta facendo aquí, porque dende logo, nós , tamén coincidimos que con esta política do Partido Popular, vai, é contrario os intereses da maioría e contraria os intereses electorais e contraria á maioría de as persoas desta provincia e, polo tanto, que polo menos, que quede claro, o rexeitamento do Grupo Provincial Socialista destas políticas que ,ademais, de ser tremendas, son tremenda a mis cos que menos teñen e menos posibilidades teñen, e o mais grave, non serven para sair do atasco económico, nin para saír so atasco do desemprego que hai agora mesmo, por que se estes sacrificios deran como resultado un crecemento económico e un maior numero de empregados inda se podría, a o mellor,debatir sobre elo pero os propios gobernos do Partido Popular reconocen que vai a haber mais desempregados e o estamos a ver, xa cos datos que temos hoxe, polo tanto, nós desde o Grupo Provincial Socialista, vamos a apoiar esta moción que presenta o Bloque Nacionalista Galego porque ,dende logo, temos que seguir apoiando as persoas que mais o necesitan e, ademais, decirlles claramente Sres. do Partido Popular de que é posible outra política, é posible outra política para saír deste depresión económica e desta, deste numero tan importante de desempregados e desempregadas que é o principal problema que temos neste pais. Moitas gracias. Sr.Presidente.-Moitas gracias Sr. Santos Héctor, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr.Figueroa Vila:Si, dende logo, é complicado, a veces, escoitar certas referencias cando veñen de algúns partido políticos.De casualidade, pero ten aquí o Sr. Crespo un titular de prensa que dice:”Del Pais de las Maravillas a la manzana con gusanos”, é un titular de un periódico, porque o estaba lendo aquí e me ven o caso, non?, manda narices, que algúns poidan falar, Sr. Mosquera, vostedes cando estiveron co gobernando en Madrid, porque apoiaron os presupostos do 2007, 2008, 2009 e 2010, sabeo non, sabe o que seu partido o Bloque Nacionalista Galego votou a favor dos presupostos do Estado, que presentou o Sr. Zapatero no ano 2007, 2008, 2009 e 2010, a pregunta é: ¿Por qué non fixeron nesos presupostos as incidencias e marcaron a súa liña ideolóxica, política , económica, que vostedes pretendían.É unha pregunta moi simple, porque , a veces, nos enredamos nos discursos, pero a pregunta miña é, contésteme, ¿por que aprobaron eses presupostos e non intentaron facer ningún tipo de modificación?, sería porque o Sr. Quintana mais o Bloque Nacionalista Galego de Galicia, de Galicia claro, porque o do Estado era outro, tiñan que apoiar o Sr. Touriño e ó Partido Socialista aquí en Galicia, eso é unha incoherencia, porque si vostede tiña tan claro cales eran os plantexamentos económicos , que tiñan que regir en este pais e facer as imposicións e facer os toques de alerta á Unión Europea, ¿por que non o fixeron?, ¿Por qué se doblegaron e se entregaron?, iso é unha pregunta moi sencilla, que me gustaría que me contestara, porque cando vostede tuvo posibilidade de cambiar os seus plantexamentos ideolóxicos, o único que se fixeron foise arrodillar ante o Sr. Zapatero, ¿a cambio de que?, de que que se iba a construír o AVE, de que se iba a facer non sei canto, si lle tomaron o pelo, aún por encima. Esa é a cuestión, que é raro, tiñan tamén uns acordos con CIU, agora atacan a CIU, porque CIU ataca a Galicia, e que van de incoherencia en incoherencia, non me extraña que teñan a situación interna que teñen, non me extraña. De verdad, que non me extraña, non me extraña, que haxa xente que non crea nos lideres políticos do Bloque Nacionalista Galego e que cada un busque a súa escisión, ou o seu plantexamento por donde circular, non me extraña en absoluto, porque claro, se eu fose militante de, do meu partido e, os meus lideres cada un, pois tiveran unha forma de plantexar ou de proposta distinta, evidentemente, pois tendría que elixir, así están vostedes, dende logo, eu creo que esta moción, é inoportuna, pero a todas as luces e dende logo tiveron a oportunidade de facer esos plantexamentos e esos cambios que agora nos están trasladando aquí. O do Partido Socialista, eu creo que, xa non ten ningunha explicación, e dicir, os que deixaron 5 millóns e medio de parados neste pais, ¿poden falar agora de emprego?, ¿poden falar agora de crecemento económico?, cando deixaron un déficit real do 8 e medio e dixeron que era o 6%, un desfase presupuestario de 25.000 millóns de euros, así de sencillo,de simple, solo por unos datos do 6 e medio ao 8 %, que era o que contemplaba.A deuda sanitaria, é mellor non falar, na deuda que deixaron con Galicia en todo o relacionado co Ministerio de Fomento, tampouco falamos e, agora, nos poden falar de emprego, de crecemento económico, de políticas sociais, de reformas, de que retrocedemos, pero se miren, deixaron este pais na quebra, na ruína. Dende logo, é complicado, a veces, poder entender os discursos que vostedes fan, eu supoño que, estos discursos que fan, é unicamente cun obxectivo, distorsionar a realidade, confundir á opinión pública, intentar manipular e , evidentemente, buscar, única e exclusivamente, réditos, políticos e electorais, nun momento difícil, donde todos tiñamos que estar na mesma dirección remando e donde, evidentemente,todos temos que intentar defender os postulados, nos que creemos todos e nos que todos intentamos, cando se nos deu a posibilidade de conformar a Unión Europea, de formar parte desa organización, de intentar, entre todos, buscar que o euro fose mais forte, que as economías fosen mais fortes, non nos foi mal ao principio, evidentemente, pois agora, a situación non é a adecuada, non é a correcta e, o que temos que intentar é tomar medidas,e iso e o que está facendo o goberno de España, tomar medidas valentes, medidas necesarias, medidas que non gustan, pero medidas que son imprescindibles si queremos recuperar a economía, si queremos recuperar o emprego, que é unha das cuestións que mais nos ten que importar e, recuperar dende logo, que os mercados poidan ter confianza na nosa, na nosa economía, e eu creo que ese e o obxectivo que temos que acadar, con este tipo de mocións o único que estamos é xerando discursos, baldíos, discursos sen contido, e vostede, Sr. Mosquera o sabe, o sabe perfectamente, porque bueno, vostede o que plantexa, o que plantexa nesta moción é tan xenérico e, bueno, debate político de filosofía política que ”:…o Pleno da Deputación de Pontevedra, rexeita a política imposta pola Unión Europea que conduce ao empobrecemento xeral dos nosos conveciños e, en especial, o acordo de rescate, un paso decisivo na consolidación desta política contraria aos intereses xerais, tal como se plasmou no Consello de Ministros do 13 de xullo”.Dice todo, non dice nada, non concreta absolutamente nada, filosofía, bueno, pois vale, se vivimos de filosofía e si vivimos de plantexamentos ideolóxicos, pois nós, dende logo, non estamos en esa dirección, nos estamos na liña de intentar buscar solucións, de tomar medidas, que as hai que tomar, de seguir defendendo á Unión Europea como un das organizacións que nos interesa , tanto a nivel económico como a nivel de desenrrolo do noso pai s e que, creo que é bo, e intentar fortalecer, por suposto o euro, porque eu creo que é o obxectivo que temos que acadar, que temos dificultades, evidentemente, cas cousa non están ben , evidentemente, pero, dende logo, con mocións como a súa mellor non vai a ir, senón todo o contrario o que se vai xerar é unha confusión permanente a todos os ciudadáns , os que teñen mais información, os que teñen menos información, porque, agora, chega un momento que, xa, nin os que teñen mais información, a veces, son capaces de sacar as conclusións acertadas, é vostede sabe, e a proba deso as temos nas ultimas 24 horas, unhas manifestacións dunha persoa, pois encarrila os mercados hacia un lado ou hacia outro, bueno pois, hoxe dicían que 15 palabras, 15 palabras, poden cambiar a economía da Unión Europea, 15 palabras, bueno pois eu creo, que deberiamos de ser todos un pouco mais sensatos, mais serios, mais coherentes e, dende logo, dende os plantexamentos que cada un ten que defender lexitimamente e que, evidentemente, temos que respectar, chegou un momento donde todos temos que , polo menos, intentar estar nunha dirección de remar na mesma dirección e de intentar de que, dunha vez por todas, poidamos saír o antes posible desta situación, porque , hai moitos países que o están pasando mal, moitas familias que que a situación é complicada, moitas empresas que pois, para cubrir os seus presupostos pois, non teñen posibilidades, a reestruturación do sistema financeiro, e dicir, se queren falamos eu creo que da para solo un debate, nesta Corporación, de horas si queremos falar da situación, das medidas que se tomaron, home, eu que quere que lle diga, que nas ultimas horas algún dirixentes poida dicir que, dende o ano 2006 non tivo ningunha responsabilidade na estrutura financeira da nosa provincia, que quere que lle diga, bueno pois ,eso defendérono algúns, Sr. Santos Héctor, eran amigos dalgúns alcaldes ou dalgún alcalde, e como ese señor pode dicir, que non cobrou nin unha sola indemnización, mire ese señor, cobrou nos últimos anos, llo vou a dicir, 690.000 euros de indemnizacións e 470.000 euros, euros de dietas, e dicir, 1.160.000 euros, cobrou da entidade financeira, anuales, 1.160.000 euros.E, como pode dicir, que non sabe nada das preferentes, se queres seguimos por ese debate, que ese é o debate que lle importa a xente, Sr. Mosquera, o das preferentes lle importa, que son mais de 40.000 familias, alguén tomou esa decisión, dende logo, non o Partido Popular, non o Partido Popular e alguén pode dicir que, dende o ano 2006 non tivo ningunha responsabilidade na toma de decisións, que da fusión non conoce nin o documento, pero que estamos de broma, que lle dicimos a eses señores das preferentes que se engañaron, que hai un señor que hai un señor que cobre 1.100. euros ou que cobrou durante os últimos anos 1.100.000 euros anuais, des entidade, polos conceptos que queira, ou que outros se levaron 11 millón de euros, pois esos eran os amigos dalgún alcalde, que salíu con eles en pancarta e en manifestación, a defendelos, que queren que ese sexa o debate, nós estamos dispostos a dalo, con valentía , sen medo, co máximo respecto, por suposto, porque nos preocupa que a estrutura financeira galega se manteña, que é un obxectivo que temos que perseguir, porque, o mellor, dentro de uns anos nos daremos conta de o dano que, algúns, lle fixeron, pero iso non importa, iso para algúns non importa, mais importante é saír na foto, ou facer unha manifestación, dicir que son amigos de, carai! , a min non me gustaría ter ningún amigo que se levase, bueno, 11 millóns de indemnizacións e que cobrase 1.100.000 euros todos os anos e, que os das preferentes estiveran tirados, familias, o mellor , con 30, 40, 20.000 euros de aforro de toda a súa vida, e que nadie da a cara, ou nadie deu a cara, no ano 2007,2006, 2008, se estaban tomando esas decisións e, se ocultaron se engañaron, esa é a economía que nos interesa Sr. Mosquera, a do día a día, a do que poden vivir calquera dos nosos familiares dos nosos amigos ou de persoas que nos encontramos, ou de nós mesmos, algúns, que tamén están atrapados. Eso é o que nos tería que preocupar e debatir agora, aquí,e non, bueno, pois moi ben, as políticas ideolóxicas da Unión Europea que empobrecen a no sei quen, vale, como filosofía. Eu creo que, este debate daría para moito mais, pero seguramente, o mais oportuno e deixalo aquí, pero, eu creo que seguiremos debatindo, porque esto vai dar para moito, para moito vai a dar e eu respecto a vostede que tomase a decisión de abrir un debate de un plantexamento económico en esta Casa, pero, falemos de todo, non falemos solo do macro, non falemos das grandes cuestións ideolóxicas, económicas e non sei de que, falemos do día a día, do que estamos vivindo e do que temos aí ao lado, en todos os concellos e en todas as portas e en todas as familias, eso é o que está sucedendo, que a ver como se entende, como se entende que no se crédito, e que se atrape a unhas familias, mais de 40.000 familias en Galicia, que se poidan estar atrapadas porque seus aforros se foron non saben a donde e alguén ten a desfachatez que dende o ano 2006, non ten ningunha responsabilidade, nin sabía, pasaba por aquí pero non me enteré, e cobra 1.100.000 euros, a mi non me importa de donde salgan os conceptos, a idea 1.100.000 euros anuais e que o desminta, se non é certo.Eso é o que nos importa, claro, por iso este periódico titulaba, ¿como era?, teno o Sr. Crespo aquí, bueno eu creo que é millor non seguir con este debate,porque dará para moito, pero nós estamos dispostos a…eu creo que ,dende logo, nós non vamos a entrar nesta dinámica, vamos a votar en contra desta proposta, nós cremos que se esta facendo as cousas que se teñen que facer, a pesar de que, evidentemente, non son as que desexaríamos facer, nos gustaría haber encontrado este pais doutra maneira, a situación é a que é, hai que afrontala e eu creo que aí, hai que respaldar aos responsables políticos, en este caso, ao Presidente do Goberno e a o seu equipo porque está tomando decisións valientes, coherentes con responsabilidad e argumentadas e, bueno pois, esperemos que as cousas, pois vaian ben porque, si van ben, irán ben para todos e ,o final, é o que perseguimos, que ese é o obxectivo que temos que ter en mente, dende logo, nós, por suposto, co máximo respecto ideolóxico co seu plantexamento pero, en calquer caso, non coincidimos con él en ningún dos seus plantexamentos, Sr. Mosquera. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Figueroa. Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, o Sr. Figueroa dice:”….bueno, esto é mellor non falar desto, ou falamos outro día…”, pero o caso é que se explallou a falar. Mire, eso ,xa, de botarlle a culpa a os anteriores xa non , xa os cidadáns xa non o creen, eso xa non o creen, os anteriores deixaron a prima de risco en 300 e estamos en 600 e pico, e eso foi gracias a esas declaracións, usted ten razón, Sr. Figueroa, gracias as declaracións que fai o Ministro Montoro, cada vez que fala a prima de risco se dispara, nos costa aos españoles un montón de cartos mais. Mire, dende logo, que subiu o RPF, a todos, quen subiu o IVE, a todos, incluídos o do material escolar, a todos eh, quen lle puxo o pago das receitas médicas aos xubilados, cobren o que cobre, da igual, e incremento os demais beneficiarios, que lle quitou a paga os funcionarios, quen lle recortou ós parados, quen recorta en comedores escolares, quen recorta en dependencia, tanto os coidadores, como aos posibles que van a recibir as prestacións, é o Partido Popular e o Goberno do Sr. Mariano Rajoy e eso, o fan, non porque non queda outro remedio, non o fan porque non quede outro remedio, porque é a súa política e o que desexaron facer sempre, unha España para ricos, para os que poden pagalo e unha España de beneficencia para o resto, esa é a súa ideoloxía, ca desculpa da crise, fan eso, porque é a súa ideoloxía. Eu me atopaba cun empresario cando viña para aquí, para este Pleno, aí na porta , o empresario traballa moito para a Deputación, tamén traballa para algúns concellos, e dicía que estaba preocupado por cobrar, digo nada, pero é que a Xunta cerra en setembro, dice :”…que dices cerra en maio…”, cerra en maio a súa contabilidade, non paga desde maio e así están todos estes empresarios pequenos, medianos empresarios, que coa política que fai a Xunta de Galicia que, maquilla os datos, os esconde o verdadeiro déficit o esconde cerrando moito antes e non pagando. Porque claro se falamos de rigor presupuestario, podemos falar de Valencia que, xa , pediu o rescate, ou podemos falar de Murcia que, xa, pediu o rescate, ou podemos falar de Madrid con todo o que debe, eso levan , anos e anos, gobernados polo Partido Popular, anos e anos gobernados polo Partido Popular, ou do Concello de Madrid, que ten mais da metade da débeda de todos os Concellos de España, mais de 7.000 millóns, podemos falar de toda esa marabillosa xestión económica que fai o Partido Popular, o largo de anos , en concellos e en Comunidades Autónomas, pero que, en solo, 7 meses ten a este pais destrozado e intervido e rescatado, 7 meses lle bastaron para que tocaramos fondo aquí.Polo tanto esto non é distorsionar a realidade, e a realidade que viven os nosos veciños e veciñas, todos os días, é a realidade que viven ,todos os días. Polo tanto, non nos veñan a contar ou a pretender convencernos os cidadáns que saben ,moi ben, o que hai. E respecto, xa que falamos, non iba a falar delo, tiña anotado, pero non iba a falar delo, porque mire, a fusión das caixas o primeiro que trouxo foi despidos, despidos, moitos despidos, hai cantidad de despedidos das dúas caixas.O segundo que trouxo é que non hai crédito, para as persoas , para as familias, nin hai crédito para as pequenas e medianas empresas, ¿Qué é o que hai?, hai un banco , donde manda un señor, que non puxo nin 1 euro e que o levou para Coruña, eso é o que hai, en lugar dunha caixa , hai un banco, un banco que está buscando inversores, que lle garanticen a súa inversión e a súa rendibilidade, e dicir, xa é un banco especulativo, xa non temos un banco de aforro. E mire, o que fixo o Partido Socialista ,aquí, na Provincia de Pontevedra e en moitos concellos, foi apoiar a Caixanova, apoiala frente a fusión que impoñía o Sr. Feijoo e que quedou claro nas declaracións do anterior gobernador de España, de Miguel Ángel Fernández Ordóñez, cando dixo que a outra opción, a da fusión fría do SIT,foi impedida polo Presidente da Xunta, o Sr. Alberto Núñez Feijoo, eso o dixo no Congreso, eso o dixo no Congreso e esta na Acta das sesións e, tamén, se dice mais, os informes dunha Caixa quebrada que era Caixa Galicia, que por certo o seu Presidente, se levou por esa marabillosa xestión, se levou 13 millóns de euros, ese si que levou 13 millóns de euros, o da Caixa do Norte, por esa xestión de deixar unha Caixa en quebra e donde Caixanova non estaba en quebra e podía ter o seu proxecto ,en solitario, e nos ,aquí, na Provincia de Pontevedra ter unha Caixa para as familias e para as empresase non a temos, temos un banco especulativo, co dirixe un señor que non puxo nin 1 euro, e agora con diñeiro público, porque eu, lle quero recordar señores do Partido Popular e Sr. Figueroa, a famosa auditoría de KPMG, 1 millón e medio de euros, e que nadie a coñece, porque o Sr. Galloso, que non nos defendemos nin o Sr. Galloso nin o Sr. Méndez, nin o Sr. Varela, nin o Sr.Pego, defendiamos a Caixa, a Caixa como institución e,ustedes, non a defenderon e , así, nos vai, vostedes non a defenderon esa Caixa, pois mire, se dice, o propio Sr, Galloso dice que, non conoce a auditoría, nós non conocemos a auditoría e unha auditoría que si se pagou 1 millón e medio de euros que dicía que a fusión era unha marabilla, que era viable, pero xa ven en que rematou. E, nesa foto, nesa foto da fusión, estaba o Sr. Feijoo, pero non estaba ninguén do Ministerio representando o Partido Socialista, pero si estaba o Partido Popular e estaba o Sr. Núñez Feijoo como Presidente da Xunta de Galicia.E miren, costou, unha auditoría da mesma empresa, para auditar toda a banca de España, recentemente, anos despois, 2 millóns de euros, solo medio millón , mais, de euros o unha salíu moi barata, ou a outra saíu moi cara. Pero, cando menos, seria bon, coñecer esa auditoría donde dicía, o Sr. Feijoo e a súa conselleira de Economía que era unha marabilla, que ibamos a ter unha Caixa Galega para os galegos, que esto bueno…..la bomba e o que fixemos, cunha caixa saneada como era Caixanova ó fusionala con Caixagalicia e o estamos vendo estos días na prensa que ven, ,oi claro, non temos absolutamente nada, temos un banco, especulativo, quebrado, que dicían que necesitaba 1.200 non sei cantos millóns de euros, despois outros 1500 millóns de euros y ahora xa non sei por cantos vamos, 6.000 millóns de euros porque, xa, nos perdemos, xa, nos perdemos. Pero, en consecuencia, despidos de traballadores e traballadoras, mais despidos, moitos despidos, peches de oficinas e non hai crédito para as familias e non hai crédito para as nosas empresas, esa é a realidade, esa é a xestión do Partido Popular aquí, en Galicia, polo tanto, non se trata de confundir, nin se trata , aquí, se apoiou a persoas, se apoiou a unha entidades, Caixanova, que era solvente, que era solvente, para que non se fusionara cunha caixa quebrada , que era Caixa Galicia, unha ciaxa quebrada que era Caixa Galicia e, o final, o que resultou foi unha quiebra, total e xa non temos aforro galego, para nada, o que están facendo co noso aforro , o aforro que temos nese novo banco, que , xa, ninguén sabe como se chama, o que están facemos é especular con el , a ver se veñen algún inversor e o cobra, e o compra e fai unha inversión, pero si garantizando a inversión mais os intereses, eso non é o das preferentes, e o Partido Socialista claro que está defendendo as persoas que foron enganadas nas preferentes, claro que o está defendendo, claro que está defendendo e advertindo do engano que son eses, eses acordos de arbitraxe que poderían afectar a 600 dos mais de 40.000, pero bueno, eu creo que , deu bastante de si o debate, que é interesante e, en todo caso, eu lle reitero Sres. do Partido Popular e posible aforrar, é posible recortar, sen recortarlle aos mais débiles e os mais desfavorecidos e saír desta situación. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Santos Héctor. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr.Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias Sr. Presidente. Non sei como se cambio a orde, non sei se é esta intervención para pechar ou non é. Vamos a ver, como nos temiamos estamos nunha cerimonia de “pa`la, pa`la ou para…ou para acá”, foi brillante eso das 15 palabras, francamente, francamente.Si a confianza e a capacidade de un pais ou dun Estado depende de 15 palabras somos unhas monas, somos unhas monas, osea estannos estrangulando aos pouquiños e quedamos contentos cando di:”… tome un descansiño agora mentres, mentres lle apreto…”, non?.Pero por aí vai o debate, xa no lo temíamos, antes unha aclaración, mire , cando o Goberno do Estado, cando o Goberno do Estado, empezou a adoptar medidas diferentes, ¿verdad?, doblegándose o que mandaban de Europa, non contou con noso apoio aos orzamentos, sabeo perfectamente, sabeo perfectamente, nin votamos so do 2010, pero aínda que os votaramos , o cambio foi en maio do 2010, o sea que xa estaba pasado, pero nin votamos, pero si da igual, si eso son cuestións de enredos, de enredos menores, non?. Agora, tamén , se escoitan cousas que hai que ter valor, vamos a ver, cando se votara o FROG,de acordo o PSOE e o PP EN Madrid, a decisión estaba tomada, porque de Europa mandaban que o sector financeiro español había que reducilo drasticamente e empezaron polas caixas e agora van ir os bancos detrás, en volume e en cantidad, agora da para entreterse moitísimo, que si Caixanova que tiña unhas inversións de, inmobiliarias en Benidorm e demais ou Caixa Galicia, que as tiñan un pouco mais ao sur, que é mais culpable ou quen menos, e unha , unha da argumentación mais profunda era que había que desterritorializar o sistema bancario, o sistema financeiro, oiga, a ver, non nos patina a memoria, hasta ese calibre eh, non nos patinen, houbo certo esforzo, non sei se afortunado ou non, de manter esa, digamos, esa, esa capacidade en Galicia, pero había, xa, a decisión tomada e foi , digamos, unha, bueno, un forzar un intentar que non fóra , que non fora a diante, aunque, xa estaba, xa estaba, sentenciado, estaba sentenciado o asunto, chamáronlle fusión fría, chamaranlle non sei que e, agora, xa sabemos o que está pasando, non?, que , e tamén hai que escoitar que…..bueno, intervido o Estado Español esta dende o ano 2010 e, xa , antes, o do FROG, xa ven de antes, as ordenes viñeron de antes, pero intervido, así e demais, está dende o ano 2010, agora, se non se quere ver, obviamente, pois non se quere ver, claro Sr. Figueroa, podemos falar de que, e que a xente, pois claro que si, se a xente empobrecen, empobrecen, obviamente,pois queda mais pobre e o quedar mais pobre, pois as necesidades multiplícanse, claro que si. Pero os cartos non voaron eh, cambiarían de sitio ou de donos, pero non voaron eh, que eu saiba non houbo ningún fenómeno de, de evaporación dos recursos, aínda que contraerase a economía un 2 ou un 3%, non houbo un fenómeno operación de puxa, hai un fenómeno de redistribución, de redistribución, violenta, violenta, eso que chaman a devaluación interna e non que, nos está…se as cifras a parte están claras, que ninguén se engane, quero dicir, os funcionarios estamos no 30% de perda de poder adquisitivo, e non vai parar aí, non vai parar aí. Esos traballadores, en xeral, tamén, e as medidas que van a vir, quero dicir, vanse recortar as pensións, vanse recortar outro tipo de servizos, porque vai ser o que manden, cuns pequenos matices, despois aproveito o Goberno do Estado de turno para meterlle os matices, non?, ideolóxicos, aí ,para salvar un pouco o seu programas pero é, o que mandan, e o que mandan.Hoxe viño un reportaxe nunha prensa, xa que lle gusta moito, que é obvio, para quen queira enténdelo, a quen queira entendelo, os alemáns fixeron o que lle deu a gana, o que lle dou a gana, empezaron hai uns 13 anos, cunha certa devaluación interna, de maneira moito menos traumática, pero e que resulta que a escola, sanidade e a cobertura social, en este momento, en Alemaña, son peores que aquí, van a permitilo, non, non o van a permitir, non o van a permitir, bueno, ¿nos podemos permitilo?, pois ,desde logo, tal como están, tal como intentan ordenar esto, non, non, e nos van a empobrecer, dí ustede que é xenérico dicir empobrecer, hombre dígallo os que viven 5 dunha pensión de 400 euros, é xenerico, dígallo o comerciante que non vende e, agora, non con toda esta subida vai fino, dígallo….a ver si non é clariño eh, é clariño. Ahora dispersar, cando hai un deseño moi claro que, a parte en Grecia,está escrito, o 50% do poder adquisitivo dos pequenos traballadores, bueno , os que tal, os pensionistas, lle chapodan, pero así, a inflación non baixa, pero bueno, os prezos non baixan, e aquí vai andar no que ande, se cadra no 40, ou así. Ahora se se queren estar entretendo en que a culpa é a herencia do outro, a culpa é o que fai agora o actual, entretéñanse, pero o asunto e que este quen este como non enseñe os dentes,e diga, que por aí vamos mal, pero ensinalos de verda, pois non van a seguir aplicando toda está serie de medidas, que despois, o Goberno de turno, traducirá e intentará vender que son marabillas, pero vamos mal, mal, por desgraza, alguén, xa dixo, que ibamos ter que falar desto moitas veces, podemos entreternos, que xa pasou, xa no seu momento se falou deso, das sinverguenzadas de tal banqueiro, tal xerente, o que sea, podemos entreternos no que sea, pero eso vai a ir, pum, pum, pum, pum, de maneira sistemática, sistemática e, si non é como mais prima de risco, será con mis sobriña e, senón, será con e senón será con, e senón será co que sexa, pero ese deseño está aí, está aí, e nolo están aplicando de maneira…agora, ustedes agárrense a defender o seu goberno, que non é o seu goberno, a parte dos toques así estúpidos, como o 006% de reducir non sei cando, é o que lle mandan, e o que lle mandan, como non foi no Goberno anterior. O goberno anterior puido ter moitos error pero as medias que tomou o Partido no 2010, que fixo, ao final, antes das eleccións algunha que tiña que tomar, e dicir bueno, si gano xa as tomo e despois xa tomo outras, eso si, pero nada mais, o resto que fixo foi o que lle mandaron, exactamente, o que lle mandaron e van a seguir mandando de chapodar, bastante duro e cun empobrecemento xeneralizo e creo que non se lle escapa a ninguén, bueno, se queremos acabar o debate, como de último, pois acabámolo e pasamos a votación. Sr. Figueroa Vila: Bueno pois, pasamos a votación porque foi vostede quen propuxo a moción. Votamos. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, e mais, ¿a favor?. Queda rexeitada a proposta. Dada conta da moción presentada polo Grupo Provincial do BNG sobre a política imposta pola Unión Europea que é como segue: “EXPOSICIÓN DE MOTIVOS As políticas emanadas dos centros de decisión da Unión Europea conducen de xeito directo e premeditado a un empobrecemento drástico e xeneralizado da inmensa maioría da poboación: traballadores, pequenos e mediados empresarios, pensionistas, funcionarios, autónomos … Estas imposicións da política europea foron seguidas polos Gobernos do Estado dende maio de 2010, sucedéndose en cascada as medidas adoptadas de rebaixa tanto dos ingresos directos dos cidadáns como dos indirectos cos recortes de financiamento e prestacións das Administración Públicas. Cando podía caber a esperanza de que estas políticas cambiaran de signo a curto ou medio prazo, a decisión, inxusta e prexudicial, do rescate á banca do estado español, constitúe un fito que consolida e afonda definitivamente estas políticas nocivas para as maiorías sociais, durante un período indeterminado pero de previsíbel longa duración, en particular, coas medidas adoptadas no Consello de Ministros do venres 13 de xullo. Por todo o exposto, preséntase, para o seu tratamento e votación polo Pleno o seguinte: ACORDO O Pleno da Deputación de Pontevedra rexeita a política imposta pola Unión Europea que conduce ao empobrecemento xeral dos nosos conveciños e, en especial, o acordó de rescate, un paso decisivo na consolidación desta política contraria aos intereses xerais, tal como se plasmou no Consello de Ministros do 13 de xullo.” Visto o ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior, o Pleno acorda, por maioría de votos do PP e, cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar dita moción. 9.6249.-ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA. b) Parte de información e control: 10.6250.- INFORME SOBRE CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, DURANTE O SEGUNDO TRIMESTRE DE 2012, EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS. Sr. Figueroa Vila: Punto número 9. Asuntos fora do orden do día. Non hai nada. Temos…informe para o cumprimento de prazos para a Deputación e os seus OO.AA, durante o segundo trimestre 2012 en relación ao disposto na Lei 3/2004 de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.¿Algunha intervención?, pois se da conta. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.-Moi, moi brevemente, non?, a parte de incidir nas cifras xerais, non?, que son…bueno, para os tempos que corren non son malas, a pesar de que non cumpren co respecto a data da expedición da factura non cumpren a normativa , estamos en 85 días , 21 da entrada a rexistro, o que si chama, o que si chama moito a atención son os 400 días do Patronato de Turismo Rías Baixas, chama moito a atención ese retraso, desprazamento dos pagos no Patronato, eso si que xa, o outro que sexan 60, 85, ou 45 o que sexa, pois….410, 410 de media. Sr. Figueroa Vila: Non pero é un tema puntual. Sr.Mosquera Lorenzo.- Ah. Sr. Figueroa Vila: É un tema puntual. Pero bueno, xa llo explicaremos.Hai algunha intervención.Non hai que votalo, se da conta, polo tanto.Dar conta das Resolucións Presidenciais. O Xefe do Servizo de Contabilidade elaborou, con data 9 de xullo de 2012, unha serie de informes, conformados polo Sr. Interventor e polo Sr. Tesoureiro, en relación co cumprimento por parte da Deputación de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, durante o segundo trimestre do ano 2012, dos prazos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro, polo que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os detalles máis relevantes dos informes en canto o cumprimento dos prazos de pago previstos son seguintes: 1. Con referencia a data de rexistro da factura; Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio (días) Período Medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación 21 8 2.689 4.991.670,56 € 87 286.179,14 € Museo Pontevedra 9 0 191 431.033,28 € 0 0,00 € Turismo “Rías Baixas” 23 11 106 164.440,19 € 30 15.350,93 € Escola de Canteiros 14 2 81 70.020,42 € 2 2.130,57 € IPESPO 21 23 36 449.116,01 € 7 4.685,21 € Escola de Enfermería 11 0 13 42.694,68 € 0 0,00 € ORAL 34,88 14,43 274 394.449,76 € 14 236.185,94 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio (días) Período Medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación 15 105 679 1.044.760,91 € 14 59.231,62 € Museo Pontevedra 2 0 9 4.041,84 € 0 0,00 € Turismo “Rías Baixas” 26 68 61 113.867,75 € 2 2.524,32 € Escola de Canteiros 3 0 3 1.400,90 € 0 0,00 € IPESPO 8 0 12 8.547,63 € 0 0,00 € Escola de Enfermería 19 50 15 9.149,95 € 1 92,66 € ORAL 17,13 7,21 53 175.676,38 € 5 19.277,05 € 2. Con referencia a data da factura: Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio (días) Período Medio pago excedido(días) Pagos realizados no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe Total Deputación 85 116 1.646 2.886.420,00 € 1.130 2.391.429,70 € Museo Pontevedra 21 8 179 407.091,99 € 12 23.941,29 € Turismo “Rías Baixas” 51 28 55 74.244,91 € 81 105.546,21 € Escola de Canteiros 22 16 74 63.960,57 € 9 8.190,42 € IPESPO 41 14 22 365.850,13 € 21 87.951,09 € Escola de Enfermería 28 23 2 36.018,73 € 11 6.675,95 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio (días) Período Medio excedido (días) Pendentes de pago no período Dentro Período Legal Prazo Fóra Período Legal Prazo Nº operac. Importe total Nº opera. Importe total Deputación 25 104 798 1.383.713,42 € 152 152.249,41 € Museo Pontevedra 2 0 16 46.947,98 € 0 0,00 € Turismo “Rías Baixas” 410 543 23 30.457,36 € 41 87.654,81 € Escola de Canteiros 4 0 13 14.261,32 € 0 0,00 € IPESPO 17 0 13 9.020,99 € 0 0,00 € Escola de Enfermería 64 90 9 3.678,13 € 7 5.564,48 € 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación 0 0,00 € Museo Pontevedra 0 0,00 € Turismo “Rías Baixas” 0 0,00 € Escola de Canteiros 0 0,00 € IPESPO 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € ORAL 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período medio de operacións pendentes de recoñecemento da obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Museo Pontevedra 0 0 0,00 € Turismo “Rías Baixas” 0 0 0,00 € Escola de Canteiros 0 0 0,00 € IPESPO 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € ORAL 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido dos informes sobre cumprimento de prazos pola Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, durante o segundo trimestre de 2012, en relación o disposto na Lei 3/2004, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais. 11.6251.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Secretario. Si, los extractos entre el 26 de xuño e o 21 de xullo de las Resolucións Presidenciais. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 26 de xuño ó 21 de xullo do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 12.6252.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Figueroa: ¿Rogos e Preguntas?, non hai. Pois si non hai, levantamos a sesión, moitas gracias. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)