ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/03/13_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.834/1.2015-03-13_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/03/13_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e corenta minutos do día trece de marzo do ano dous mil quince, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. José María Bello Maneiro, D. Horacio Gil Expósito, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado provincial D. Fernando Guitián Guitián, escusando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23167.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 6 de marzo de 2015. 2.23168.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DA OBRA “PEONALIZACIÓN PARCIAL DA RÚA CASTELAO, VILAMEÁN (NIGRÁN)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 16 de setembro de 2014, acordou adxudicar á empresa Manuel Perez Portela, S.L., o contrato para a execución da obra “Peonalización parcial da rúa Castelao, Vilameán (Nigrán)” pertencente á 4ª relación de proxectos POPS/13 (obra 7). Resultando.- Que con data 9 de febreiro de 2015, recíbese nesta Deputación escrito do director de obra solicitando a redacción de proxecto modificado da obra “Peatonalización parcial da Rúa Castelao, Vilameán (Nigrán)”. Resultando.- Que o director de obra xustifica a necesidade de redacción dun proxecto modificado debido á existencia de novas unidades de obra necesarias para a execución do proxecto, non contempladas na redacción inicial. Así mesmo existen outras onde a súa medición no orzamento orixinal é deficiente. Por último, no proxecto orixinal existen partidas presupostadas que, para a execución da obra non é necesario a utilización de toda a cantidade valorada. Resultando.- Que o director de obra establece que as causas que xustifican a necesidade de redacción do proxecto modificado poden incluírse nos seguintes apartados do artigo 107.1 do TRLCSP: “a) Inadecuación da prestación a contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas. … e) Necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, mediambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato.” Resultando.- Que solicitado informe o Servizo de infraestruturas sobre a redacción do proxecto modificado, este emite o mesmo na data 24/02/2015 manifestando que vistas as causas expostas polo director de obra, en base ó artigo 107.1 apartados “a” e “e” do TRLCSP, considera suficientes para a redacción do modificado sen variación económica, informando favorablemente. Resultando.- Que solicitado informe ó redactor do proxecto en relación cos erros contidos no mesmo, este emite informe na data 23/02/2015 manifestando que se detecta os seguintes erros.  A superficie de pavimento de caucho correspondente á partida 3.01 está sobredimensionada.  En relación á unidade de obra de subministro e colocación de zahorra, esta non está incluída no proxecto e é precisa para a nivelación do terreo.  En relación ó murete, este é preciso para conter o entronque entre a rúa e a rampla executada.  Se ben a rampla ubícase fóra do ámbito do proxecto, esta dá servizo á saída de vehículos ó concello. Resultando.- Que con data 24/02/2015 tivo entrada nesta Deputación proxecto modificado da obra “Peonalización parcial da Avda. Castelao-Vilameán (Nigrán)”. Resultando.- Que o director de obra recolle no proxecto modificado que non se alteran as condicións de licitación nin adxudicación, limitándose a introducir as variacións estritamente indispensables para a boa execución das obras. Asemade, os prezos recollidos na acta de prezos contraditorios adecúanse ós prezos de mercado, como se establece no artigo 158 do Real Decreto 1098/2011, correspondendo estes custes á data que tivo lugar a adxudicación da presente obra. Resultando.- Que se xustifica o modificado porque se detectaron unha serie de necesidades que non se encontran resoltas no proxecto devido á imprevisibilidade das mesmas. Entre as mesmas enumera o director de obra, entre outras, as seguintes: - Aparición de rocha a cota de cimentación das estruturas previstas, imposible de escavar cos medios previstos no proxecto. (Esta rocha só podía extraerse mediante voaduras descartadas polas vibracións á ponte existente). - Necesidade de alonxar a cimentación das aletas o máximo posible das inmediacións da ponte de pedra existente ante o risco de poñer en perigo a súa estabilidade. - Prolongación das aletas previstas con muros de pedra. - Reforzo das medidas de seguridade viaria reposta con sinalización vertical. Engade a dirección de obra que a circunstancia que motiva a modificación do proxecto, tal e como se contempla no artigo 107.1.a) do TRLCSP é a “Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato, debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificación técnicas”. Por último como consecuencia dos cambios referidos se crearon novas unidades de obra, cuxos prezos se calculan coa mesma base do proxecto inicial, retrotaendo os prezos á data de licitación, non supoñendo a modificación do proxecto un incremento do presuposto de adxudicación. Resultando.- Que o Xefe do Servizo de Contratación emitiu informe na data 03/03/2015 co seguinte contido: “...baseado nos informes do director de obra e do redactor do proxecto, parece deducirse que a modificación do proxecto é provocada porque se detectaron unha serie de erros na redacción e estudo do proxecto orixinal xustificándose a modificación segundo o recollido no artigo 107.1. a) Inadecuación da prestación a contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas. … e) Necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, mediambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato.a) do TRLCSP “Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato, debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas. Asemade, hai que ter en conta o recollido polo director de obra no proxecto modificado, que indica que como consecuencia dos cambios referidos se crearon novas unidades de obra, cuxos prezos se calculan coa mesma base do proxecto inicial, retrotaendo os prezos á data de licitación, non supoñendo a modificación do proxecto un incremento do presuposto de adxudicación. Por último sinalar que non parece que haxa un cambio substancial da obra, nin que se houberan cambiado as circunstancias de licitación por esta variación, polo que podería entenderse oportuno esta aprobación ós efectos de finalizar a obra. Esta debe considerarse unha circunstancia excepcional que debe evitarse con un maior coidado no estudio previo do proxecto, sendo tamén responsabilidade de quen o acepta e o presenta como adecuado, neste caso o Concello. Non obstante a Xunta de Goberno da Deputación resolverá.” Resultando.- Que solicitado informe á Intervención para a fiscalización do proxecto modificado, esta emite informe na data 06/03/2015 co seguinte contido: “...Tendo en conta o informe do director das obras no que manifesta que o proxecto reformado que se presenta ven a recoller unidades de obras que, non existindo no proxecto orixinal, son necesarias para a correcta execución das obras; que existe informe favorable do director de infraestruturas así como que o presente proxecto modificado non supón un incremento do orzamento do proxecto orixinal, infórmase favorablemente a tramitación do mesmo.” Considerando.- Que o artigo 234.3 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público establece que: “... Cuando el Director facultativo de la obra considere necesaria una modificación del proyecto, recabará del órgano de contratación autorización para iniciar el correspondiente expediente...” Considerando.- Que o 107.1 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que establece que: “Las modificaciones no previstas en los pliegos o en el anuncio de licitación solo podrán efectuarse cuando se justifique suficientemente la concurrencia de alguna de las siguientes circunstancias: a) Inadecuación da prestación a contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas. … e) Necesidade de axustar a prestación a especificacións técnicas, mediambientais, urbanísticas, de seguridade ou de accesibilidade aprobadas con posterioridade á adxudicación do contrato.a) do TRLCSP “Inadecuación da prestación contratada para satisfacer as necesidades que pretenden cubrirse mediante o contrato, debido a erros ou omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de obras, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de obras que, sendo competencia da presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o proxecto modificado da obra “Peonalización parcial da rúa Castelao, Vilameán (Nigrán)” pertencente á 4ª relación de proxectos POPS/13 (obra 7), sen variación económica. 2.- Prorrogar o prazo de execución da obra “Peonalización parcial da rúa Castelao, Vilameán (Nigrán)” e establecer como data para a finalización da mesma o día 16 de maio de 2015. 3.23169.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA “COMPLEXO DEPORTIVO SANTA MARIÑA, FASE 3 (REDONDELA)” A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21/11/2014, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial e o Concello de Redondela co obxecto de levar a cabo a fase III no Complexo Deportivo Santa Mariña, establecéndose que a Deputación levará a cabo a licitación da obra. E sendo preciso definir de forma clara e precisa o obxecto do contrato antes da licitación, tal e como establece o artigo 121 do R.d.l. 3/2011, do Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Publico, de aquí en diante TRLCSP, redáctase o pertinente proxecto, polo Arquitecto D. Javier Andrés Leira Otero. Os servizos técnicos da Deputación verificaron o cumprimento das disposicións de carácter legal e técnico, comprendidas no artigo 123 do TRLCSP. Polo Servizo de Intervención emitiuse informe no que se pon de manifesto a existencia de consignación orzamentaria na aplicación 15/922.3420.652.00.2014 para facer fronte ó gasto. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto “Complexo Deportivo Santa Mariña, fase III (Redondela)” conforme ó seguinte detalle: Redactor D. Javier Andrés Leira Otero Importe de execución sen IVE 374.974,96 € IVE (21%) 78.744,74 € Total 453.719,70 € Prazo de execución 6 meses 4.23170.- APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DO CONTRATO PARA “SUBMINISTRACIÓN E INSTALACIÓN DO MOBILIARIO E EQUIPAMENTO PARA OS ESTABLECEMENTOS QUE CONFORMAN O PROXECTO POUSADAS DO SALNÉS” A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do 19 de decembro de 2014, no marco do proxecto turístico “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra, cofinanciado polo Fondo europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), adxudicou, mediante procedemento aberto, a “Subministración e instalación do mobiliario e equipamento para os establecementos que conforman o proxecto «Pousadas do Salnés»” da Deputación de Pontevedra, á UTE Suministros Técnicos de Galicia (SUTEGA), S.L. – Novavila Rías Baixas, S.L. Esta adxudicación realizouse polo importe total de 1.411.939,10€, correspondente á cantidade de 1.166.891,82€ máis 245.047,28€ do 21% do IVE, con cargo ás aplicacións orzamentarias 2014/433.430.623.02 e 2014/433.430.625.01 do Orzamento provincial. O contrato formalizouse o 3 de febreiro de 2015, sendo o prazo de entrega de 70 días. Este contrato de subministración realizouse segundo o previsto nos pregos que rexeron a “Concesión da xestión e promoción do proxecto «Pousadas do Salnés»”, que foi adxudicada polo Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do 30 de abril de 2014, á empresa Arlea Hotels, S.L. (CIF: B64562770), cunha achega económica da Deputación de 1.436.351,33 € para realizar as actuacións necesarias para a posta en funcionamento das Pousadas e instalacións complementarias. Dita concesión demanial outorgou á adxudicataria un dereito de uso e explotación privativo das Pousadas da Lanzada (O Grove), Covas (Meaño), Armenteira (Meis) e Ribadumia, do centro anexo a esta última, e o mobiliario das referidas instalacións, no marco dun proxecto turístico accesible e sostible na comarca do Salnés. Polo que respecta ó mobiliario, elemento necesario para a explotación das Pousadas e o cumprimento dos fins e obxectivos desta concesión demanial, os pregos da concesión estableceron que o adquiriría a Deputación, previa licitación do correspondente contrato de subministración, que se definiría de conformidade co manifestado polo adxudicatario na súa oferta. Ó abeiro desta previsión adxudicouse o referido contrato. Por outra banda, o 13 de xuño de 2014 asinouse un Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Deputación de Pontevedra e Arlea Hotels, S.L., como empresa adxudicataria da concesión, para a implantación de tres proxectos de formación profesional dual na Pousada da Lanzada, que comezarían no curso 2014-2015. Tanto a concesión demanial do proxecto “Pousadas do Salnés” como o convenio referidos condicionaron este contrato de subministración, no aspecto temporal e nos elementos que conformaron as súas prescricións técnicas. Neste sentido, fíxose necesario pedir á Consellería unha autorización para pospoñer o inicio dos módulos de formación previstos no Convenio, que pasaron do primeiro ó derradeiro trimestre do curso, co obxecto de permitir rematar coa subministración e instalación do mobiliario e equipamento nas instalacións. Adxudicada a subministración, o 11 de febreiro de 2015 o Servizo de Contratación recibe o informe proposta da Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, que contempla unha serie de modificacións no contrato, non previstas na documentación que rexeu a licitación, que suporían un custe a maiores de 79.820,93€ máis o 21% IVE, o que supón un total de 96.583,33€, alcanzando o 6,84% do prezo de adxudicación. En dito informe motívanse estas modificacións por erros u omisións padecidos na redacción do proxecto ou das especificacións técnicas, e as agrupa en tres tipos, que pódense resumir no seguinte: • Erros na contía, xeito e medida nalgunhas referencias da licitación, a maioría por incluír menos unidades dos bens a subministrar que as habitacións previstas nas instalacións. • Incremento ou redución de elementos nas cociñas para adaptarse ó Proxecto de Formación na Pousada da Lanzada ou para cumprir coas medidas hixiénico sanitarias esixidas pola lexislación aplicable, que non foron tidas en conta na redacción dos pregos por parte do centro xestor. • Requirimentos por parte da empresa concesionaria da xestión das Pousadas, que non supoñen custe ningún, e que pretenden unha redistribución dos usos dalgunhas dependencias, condicionada pola normativa hixiénico sanitaria anteriormente citada, polo plan de explotación e polos imprevistos do propio montaxe. Segundo o informe de supervisión e control emitido pola asistencia técnica o 11 de febreiro de 2015, as novas unidades adáptanse ós prezos do mercado no momento da licitación, tendo en conta a baixa ofertada polo licitador. Por outra banda, as modificacións propostas contan coa conformidade da empresa adxudicataria, segundo consta no expediente. Segundo o informe do Servizo de Contratación do 23 de febreiro de 2015, á vista do artigo 107 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante, TRLCSP), da documentación que obra no expediente e do informe proposta referido, estas alteracións non semellan supoñer unha variación substancial das condicións da licitación e adxudicación. Se ben semellan apreciarse razóns de interese público que aconsellarían o mantemento deste contrato fronte a súa resolución, as modificacións non previstas na documentación que rexe as licitacións deben ter un carácter excepcional, polo que se debería observar un maior coidado na redacción dos proxectos e especificacións técnicas de cara ó futuro. Con data 9 de marzo de 2015 emítese informe do Secretario Xeral, segundo o cal entre as prerrogativas que recoñece a Administración o artigo 210 TRLCSP figura a de modificar os contratos por razóns de interese público. Sinala tamén que dita potestade non ten outros límites por razón do seu contido que o de non poder afectar ás condicións esenciais do contrato, se ben hai que evitar a técnica do proxecto modificado e reducilo á excepcionalidade. Segundo este informe, non se modifica o obxecto do contrato nin as condicións esenciais do mesmo, sendo os prezos os do momento da adxudicación. Con data 3 de marzo de 2015 emítese documento RC número de operación 201500030994, que certifica a existencia de crédito dispoñible por importe de 96.583,33€ na aplicación orzamentaria 2015/433.4321.623.02. Con data 9 de marzo de 2015 emítese informe de Intervención, segundo o cal a modificación soamente é posible de acordo co artigo 107.1.a) TRLCSP, por non estar prevista a posibilidade de modificación no prego de cláusulas económico-administrativas particulares. A este respecto, deberíase prestar especial coidado á hora de establecer as necesidades, as especificacións técnicas e a normativa aplicable, debendo evitarse no futuro este tipo de situacións. Considerando que a competencia para acordar a modificación proposta e aprobar o respectivo gasto corresponde á Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, como órgano de contratación, de conformidade coa disposición adicional segunda do TRLCSP, o artigo 185 do R.d.l. 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e a Base de Execución 16.2.a) do vixente Orzamento provincial, de acordo co procedemento establecido no artigo 211 TRLCSP. Por todo o exposto, co obxecto de dar cumprimento ós fins da concesión demanial e o proxecto turístico “Pousadas do Salnés”, e desenvolver sen máis tardanza os módulos de formación contemplados no Convenio asinado coa Consellería, que xa tiveron que ser aprazados pola falta do equipamento e mobiliario, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a modificación do contrato de subministración e instalación do mobiliario e equipamento para os establecementos que conforman o proxecto “Pousadas do Salnés” da Deputación de Pontevedra, polo importe de 79.820,93€ máis o 21% do IVE, o que supón un total de 96.583,33€, con cargo á aplicación orzamentaria 2015/433.4321.623.02. Esta modificación deberá formalizarse de conformidade co artigo 156 TRLCSP, sendo obrigatoria para o contratista, que non terá dereito a reclamar indemnización pola devandita causa. 5.23171.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO CONTRATO PARA A “IMPARTICIÓN DA FORMACIÓN DO PROXECTO AQUELANDO 3 (4ª QUENDA), COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE” A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014, adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (4º quenda), cofinanciado nun 80 % polo FSE. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 2 de data 5 de xaneiro de 2015. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 26 de xaneiro de 2015, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que polo Técnico en Formación e Autoemprego do proxecto Aquelando 3, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B), o cal obra no expediente e queda a disposición dos licitadores. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 17 de febreiro de 2015, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas, con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres C correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, sendo as seguintes: Lote 1.- Curso SSCE0110: Docencia da formación profesional para o emprego (3 edicións: Valga, Mos e Pontevedra): Empresa Puntuación Sobre B Importe total ofertado (sen IVE) Total media aritmética de duración do contrato (en semanas) Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (Coesco) 40,75 76.000,00 € 10 Norformación SL 39,43 60.138,40 € 10 Formagal, Formación y Servicios S.L. 39,18 60.542,00 € 10 Postal Escuela de Negocios SL 38,37 63.770,93 € 10 UTE Ara Negocios S.L. –Aselp Economistas S.L. 38,03 52.500,00 € 4 Siglo XXI Consultores de Formación S.L. 37,63 60.542,00 € 4 G12 Grupo Empresarial de Servicios S.L. 36,81 63.420,00 € 10 ForGA 35,38 53.997,00 € 4 Versa Asesores S.L. 33,70 56.328,29 € 10 Lote 2.- Curso SSC0110: Docencia da formación profesional para o emprego (2 edicións: Vigo): Empresa Puntuación Sobre B Importe total ofertado (sen IVE) Total media aritmética de duración del contrato (en semanas) Postal Escuela de Negocios S.L.U. 38,37 46.401,41 € 10 Norformación SL 37,68 43.763,00 € 10 Siglo XXI Consultores de Formación S.L. 37,63 44.056,00 € 4 G12 Grupo Empresarial de Servicios S.L. 36,81 53.300,00 € 10 ForGA 35,38 39.994,00 € 4 Formade S.L. 19,76 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Lote 3.- Curso SSC0110: Docencia da formación profesional para o emprego (1 edición: Lalín): Empresa Puntuación Sobre B Importe total ofertado (sen IVE) Total media aritmética de duración del contrato (en semanas) Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (Coesco) 40,25 25.400,00 € 10 Postal Escuela de Negocios S.L.U. 38,37 22.840,60 € 10 Norformación S.L. 37,68 23.707,96 € 10 Formade S.L. 19,76 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Grupo Gallega Laboral Deza S.L. 3,75 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Unha vez efectuada a ponderación dos valores ofertados no sobre C de conformidade co establecido nos pregos obtéñense as seguintes puntuacións: LOTE 1 Empresa Puntuación Sobre B Puntuación Prezo Puntuación inserción Puntuación Total Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (Coesco) 40,75 6,258 15 62,008 Norformación S.L. 39,43 27,165 15 81,595 Formagal, Formación y Servicios S.L. 39,18 26,698 15 80,878 Postal Escuela de Negocios S.L. 38,37 22,464 15 75,834 UTE Ara Negocios S.L. –Aselp Economistas S.L. 38,03 36,000 6 80,03 SigloXXI Consultores de FormaciónS.L. 37,63 26,698 6 70,328 G12 Grupo Empresarial de ServiciosS.L. 36,81 22,929 15 74,739 ForGA 35,38 34,269 6 75,649 Versa Asesores S.L. 33,70 31,572 15 80,272 LOTE 2 Empresa Puntuación Sobre B Puntuación Prezo Puntuación inserción Puntuación Total Postal Escuela de Negocios S.L.U. 38,37 24,400 15 77,77 Norformación SL 37,68 29,287 15 81,967 Siglo XXI Consultores de FormaciónS.L. 37,63 28,765 6 72,395 G12 Grupo Empresarial de ServiciosS.L. 36,81 10,765 15 62,575 ForGA 35,38 36,000 6 77,38 Formade S.L. Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos LOTE 3 Empresa Puntuación Sobre B Puntuación Prezo Puntuación inserción Puntuación Total Centro de Orientación de Estudios Comerciales S.L. (Coesco) 40,25 20,798€ 15 76,048 Postal Escuela de Negocios S.L.U. 38,37 36,000€ 15 89,37 Norformación S.L. 37,68 30,828e 15 83,508 Formade S.L. Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Grupo Gallega Laboral Deza S.L. Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos A vista das puntuacións obtidas polas empresas a Mesa de Contratación propón a adxudicación do contrato as empresas: Lote 1: Norformación S.L. Lote 2: Norformación S.L. Lote 3: Postal Escuela de Negocios S.L.U. Resultando que por Resolución Presidencial, de data 24 de febreiro de 2015, con nº de rexistro 2015004956 requiriuse ás empresas Norformación S.L. e Postal Escuela de Negocios S.L.U. para que no prazo de dez días hábiles presenten a documentación acreditativa da capacidade de obrar, da solvencia económica e técnica e de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa seguridade social, así como de dispor dos medios que se comprometeu a dedicar ou a adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato, excluído o IVE (de conformidade co artigo 151 do TRLCSP modificado pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Considerando que as empresas Norformación S.L. e Postal Escuela de Negocios S.L.U. presentaron a documentación solicitada no requirimento, incluída a constitución da garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato, excluído o IVE, polos importes e números de operación que se indican a continuación e que figuran depositadas na Tesourería desta Deputación: Lote Empresa Importe Nº operación Lotes 1 e 2 Norformación S.L. 5.195,07 € 201500032253 Lote 3 Postal Escuela de Negocios S.L.U. 1.142,03 € 201500033155 Polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos, procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o contrato para a impartición da formación do proxecto Aquelando 3 (4ºquenda), cofinanciado nun 80 % polo FSE de acordo co seguinte detalle: - Lote 1.- Curso SSCE0110: Docencia da formación profesional para o emprego (3 edicións: Valga, Mos e Pontevedra): Á empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) polo prezo ofertado total de 60.138,00€ (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE). A duración do contrato de inserción laboral, que se levará a cabo de conformidade coas condicións establecidas nos pregos é de 10 semanas. - Lote 2.- Curso SSC0110: Docencia da formación profesional para o emprego (2 edicións: Vigo): Á empresa Norformación S.L. (CIF B-36.343.218) polo prezo ofertado total de 43.763,00€ (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE). A duración do contrato de inserción laboral, que se levará a cabo de conformidade coas condicións establecidas nos pregos é de 10 semanas. - Lote 3.- Curso SSC0110: Docencia da formación profesional para o emprego (1 edición: Lalín): Á empresa Postal Escuela de Negocios S.L. (CIF B-32.458.135), polo prezo ofertado total de 22.840,60 € (exento de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE). A duración do contrato de inserción laboral, que se levará a cabo de conformidade coas condicións establecidas nos pregos é de 10 semanas. O importe do contrato pagarase con cargo a aplicación orzamentaria 15/921.2412.227.06.2014 do vixente Orzamento provincial. 6.23172.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DO CONTRATO PARA A EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN E AMPLIACIÓN DO CAMIÑO RURAL DE VILARREIS (MEAÑO)”, PERTENCENTE Ó PLAN DE PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2013 Dada conta que a actual crise económica provocou un descenso nos orzamentos municipais que se pon de relevo, entre outros capítulos, nos de investimentos, o que lles impide ós concellos levar a cabo diversas actuacións de interese público dentro do seu marco de competencias. Entre as atribucións que as leis estatais e autonómicas lles encomendan ás deputacións atópanse a cooperación no fomento do desenvolvemento económico-social, como se recolle no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. Co fin de permitir que os concellos leven a cabo proxectos e actuacións de interese público, ademais de reactivar a economía da provincia impulsando medidas que atenúen a crise, o Pleno da corporación provincial, na súa sesión ordinaria do 7 de agosto de 2013, acordou aprobar as bases reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2013. Por medio deste proxecto apróbase o investimento de 15.000.000,00 €, que ten por obxecto aumentar o gasto público nos concellos da provincia cunha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes, tentando dinamizar a curto prazo a actividade económica para incidir directamente na creación de emprego. Os proxectos que se establecen para a súa licitación neste procedemento foron entregados polos concellos que solicitaron acollerse a este Plan provincial de obras e servizos 2013, presentando a documentación esixida na base sétima da convocatoria. O Concello de Meaño solicitou acollerse a este Plan provincial de obras e servizos 2013, presentando a documentación esixida na base sétima da convocatoria. A Xunta de Goberno, na sesión do 17 de outubro de 2014, acordou aprobar o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra “Pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis (Meaño)”, pertencente ó Plan de obras e servizos provinciais 2013: Obra Orzamento Prazo 1 Pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis (Meaño) 173.011,00 € 4 meses O anuncio do procedemento aberto para a licitación destas obras foi publicado no BOP número 207, de 27 de outubro de 2014. Resultando que con data 28 de novembro de 2014 se constituíu a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (sobre A). Resultando que con data 28 de novembro de 2014, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondente á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante formulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que con data 22 de xaneiro, a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas, sobre a documentación técnica presentada polos licitadores, fixo pública a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos sobres B, procedendo a continuación á apertura dos sobres C das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos e unha vez efectuada a valoración de acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas, obténdose os seguintes resultados: Obra.- Pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis (Meaño): Empresa Licitadora Puntuación Sobre B Oferta Económica Control de Calidade Hordescom, S.L. 40,54 121.365,07€ 5,00 % Narom, S.L. 45,00 120.535,76€ 4,00 % Covsa 34,73 142.561,98€ 3,00 % Obras, Transp. y Const. Fontefría, S.L. 30,97 138.695,00€ 1,00 % Cpa Abilleira, S.L. 34,05 128.542,00€ 3,00 % Moncosa Ohs, S.A. 33,00 131.878,50€ 3,00 % Elsamex, S.A. 39,12 122.000,00€ 3,5 % Puntuacións obtidas: Empresa Licitadora Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Narom, S.L. 45,00 49,50 94,50 Hordescon, S.L. 40,54 49,49 90,03 Elsamex, S.A. 39,12 48,35 87,47 Cpa Abilleira, S.L. 34,05 44,09 78,14 Moncosa Ohs, S.A. 33,00 35,07 68,07 Obras Transportes y Const. Fontefría, S.L. 30,97 13,00 43,97 Covsa 34,73 5,18 39,91 Resultando que á vista da puntuación obtida obsérvase que as ofertas presentadas polas empresas Narom, S.L., Hordescon, S.L. e Elsamex, S.A., poderían conter valores anormais ou desproporcionados referentes ó prezo, polo que a Mesa acorda requirirlles para que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifiquen as ofertas e precisen as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispuñan para executar a prestación. Resultando que unha vez presentadas polas empresas anteriormente referidas, a documentación requirida, o Xefe do Servizo de Infraestruturas emite un informe no que se reflexa que non se xustificou de forma coherente nin suficiente as ofertas económicas realizadas, e polo tanto, considera que debería realizarse a proposta de adxudicación á seguinte empresa en puntuación obtida. A continuación realízase unha nova valoración das ofertas obténdose o seguinte resultado: Empresa Licitadora Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Cpa Abilleira, S.L. 34,05 49,00 83,05 Moncosa Ohs, S.A. 33,00 35,07 68,07 Obras Transportes y Const. Fontefría, S.L. 30,97 13,00 43,97 Covsa 34,73 5,18 39,91 Resultando que á vista dos datos obtén a máxima puntuación a empresa Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. (CIF B-36.162.030) que formulou a proposición cumprindo co establecido nos pregos que rexen a contratación. Mediante Resolución Presidencial se lle requiriu para que no prazo de dez días, presentara a documentación de conformidade co disposto no Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor), e constituír a garantía definitiva equivalente ó 5 % do prezo do contrato excluído o IVE, así coma proceder ó ingreso na Tesourería da Deputación da cantidade correspondente á publicación do anuncio do procedemento no BOP. Resultando que Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. (CIF B-36.162.030) presentou a documentación solicitada e acreditou o depósito da garantía definitiva mediante carta de pagamento con número de operación 201500032746 e polo importe de 6.427,10 €. Considerando que a disposición adicional segunda do referido R.d.l. 3/2011 polo que se aproba o TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto destes contratos de obras e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o TRLRFL e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na base 16ª. 2 a), onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e a autorización dos gastos necesarios para a contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Adxudicarlle á empresa Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L. (CIF B-36.162.030) o contrato para a execución da “Pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis (Meaño)”, pertencente ó Plan de obras e servizos provinciais 2013, polo seguinte importe e condicións: Prezo 128.542,00 € IVE 26.993,82 € Total prezo 155.535,82 € Control calidade 3,00 % Prazo de execución 2 meses Melloras 7.150,00 € Estes importes libraranse con cargo á aplicación orzamentaria 2015/942.9420.652.45.13 do vixente Orzamento provincial. 7.23173.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a)A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 4 de outubro de 2013, acordou adxudicar á empresa Hordescón S.L., o contrato de execución da obra “Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos, Marín”. En data 21/04/2014 recíbese no Rexistro da Deputación escrito do director da obra “Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos, Marín” solicitando a redacción de modificado da mesma. O servizo de Infraestruturas da Deputación, en data 07/05/2014 emite informe no que considera suficientes as causas expostas para a redacción do modificado sen variación económica. En data 01/07/2014 recíbese o proxecto modificado, así como escrito do director do obra no que explica as causas que motivan a súa redacción. En data 07/07/2014 o servizo de infraestruturas emite informe recollendo que examinada a documentación considera que cumpre con establecido polas normas. Por acordo da Xunta de Goberno de data 17 de outubro de 2014 apróbase o proxecto modificado sen variación do orzamento de execución contratado cun prazo de execución da mesma dun mes. Con data de rexistro de entrada 22/01/2015 recíbese a certificación nº 4-final da citada obra, xunto cun informe xustificativo de demora do director de obra. Visto o informe emitido por Intervención en data 4 de marzo de 2015 correspondente a certificación nº4-final da obra “Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos, Marín” POSP12/00795/2012000499, no que expón: “que aínda que consta no expediente un informe de demora por parte do director da obra, vótase en falta a xustificación desta por parte da empresa adxudicataria”, a aprobación da mesma require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº 4-final, da empresa. Hordescón S.L. (CIF B-32.108.334) por importe de 9.027,57 € correspondente á obra “Dotación de beirarrúas e servizos urbanísticos, Marín”, con arranxo ó seguinte detalle: Hordescón S.L. (CIF B-32.108.334) Subtotal 9.027,57€ Taxa dirección de obra (4%) 250,78€ Control de Calidade (5%) 313,48€ Seguridade e saúde (0,50%) 31,35€ Total descontos 595,61€ Importe líquido a percibir pola empresa 8.431,96€ O pagamento da certificación realizarase con cargo á aplicación orzamentaria:15/942.9420.652.45.2012. b)Visto o informe emitido por Intervención en data 2 de marzo de 2015 correspondente a certificación nº 1 da obra “Mellora de trazado e rodadura en camiños de Estacas, a Laxe, Calvos e Fornelos de Montes” POSP13/00977/201300076, dado que a solicitude de prórroga presentado pola empresa para rematar a execución da obra, foi presentado fóra de prazo e por conseguinte non foi informada polo director de Infraestruturas, á aprobación das mesma require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº 1, da empresa. Construcciones Rafer S.L. (CIF B-36.052.702) por importe de 9.443,46 € correspondente á obra “Mellora de trazado e rodadura en camiños de Estacas, A Laxe, Calvos e Fornelos de Montes”, con arranxo ó seguinte detalle: Construcciones Rafer S.L. (CIF B-36.052.702) Subtotal 9.443,46€ Taxa dirección de obra (4%) 262,34€ Control de Calidade (3%) 196,75€ Seguridade e saúde (0,50%) 32,79€ Total descontos 491,88€ Importe líquido a percibir pola empresa 8.951,58€ O pagamento da certificación realizarase con cargo á aplicación orzamentaria:15/942.9420.652.45.2013. 8.23174.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. A empresa Formagal, formación y servicios, S.L. (CIF B 36.477.677), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de quince mil oitocentos corenta e dous euros con noventa e oito céntimos (15.842,98 €), para responder do contrato relativo a “Organización e impartición das actividades do programa social -Pensa en Ti 2013-”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/07/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300096360, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b) Devolución de garantías definitivas a D. Mauro Lomba Martínez O Arquitecto Director de Obra D. Mauro Lomba Martínez (CIF 76.891.857 B), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico por importe de mil catrocentos dez euros con setenta e dous céntimos (1.410,72 €), para responder do contrato relativo á dirección de obra “Adecuación de espazo anexo á “Pousada do Ribadumia” como centro deportivo e de ocio, así como dotación de accesos deste espazo coa propia pousada”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 01/08/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200059523. c) Devolución de garantías definitivas á empresa Celestino Abreu e Hijos, S.L. A empresa Celestino Abreu e Hijos, S.L. (CIF B 36.156.818), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico por importe de mil novecentos vinte euros con oitenta e catro céntimos (1.920,84 €), para responder do contrato relativo a “Subministración de dous vehículos Citröen C5 que foron adxudicados por R.P. 07633/02”, que foi depositada na Tesourería Provincial o día 08/07/2002, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200200056362. d) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Abal, S.A. A empresa Construcciones Abal, S.A. (CIF A 36.115.459), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de setenta e nove mil douscentos trinta e sete euros con oitenta e nove céntimos (79.237,89 €), para responder do contrato relativo á obra “Remate Adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como dotación de accesos de este espazo coa mesma pousada”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/03/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200020607, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de quince mil douscentos oitenta e oito euros con oitenta e seis céntimos (15.288,86 €), para responder do contrato relativo á obra “Proxecto complementario de adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/08/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300105953, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.23175.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA Vista a proposta do Servizo de Deportes de data 25 de febreiro de 2015, o informe de Secretaría Xeral de data 17 de febreiro de 2014 e o informe de Intervención de data 4 de marzo de 2014, relativa á sinatura do Convenio de colaboración coa Fundación Celta De Vigo para a extensión cultural e apoio deportiva á mocidade de toda a provincia, mediante a achega de douscentos mil euros (200.000,00 €), e con cargo á aplicación orzamentaria 15/340.3410.489.02 do vixente orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación do mesmo facultando ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A FUNDACIÓN CELTA DE VIGO PARA A EXTENSIÓN CULTURAL E APOIO DEPORTIVO Á MOCIDADE DE TODA A PROVINCIA DE PONTEVEDRA Vigo, a de de 2015 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, presidente desta Deputación Provincial, actuando na súa representación, e D. Manuel Carlos Mouriño Atanes, en calidade de presidente da Fundación Celta de Vigo, con CIF G36810042 e domicilio social en Avda. de Balaídos, s/n, do Concello de Vigo (36210). EXPOÑEN A Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra senten a necesidade de intensificar as relacións culturais e deportivas entre ámbalas dúas institucións, ó estares preocupadas pola divulgación e o recoñecemento dos seus valores máis senlleiros. Por iso contemplan o unir esforzos para que os nenos e mozos da provincia de Pontevedra poidan asistir, comprender e participar dos medios que o Museo do Real Club Celta de Vigo dispón co fin de obter a información e formación precisa do que foi e é unha institución socio-deportiva tan importante, como o é o Real Club Celta de Vigo. Iso suporá o habilitar, expresamente, as instalacións dispoñibles, nas que se recolle toda a historia do Club, engadidos os seus medios audiovisuais, en espazos horarios compatibles coas súas clases e tempo libre. O desenvolvemento dos obxectivos socio-deportivos esquematizaríase do seguinte modo: de acordo coa dirección dos colexios existentes na totalidade dos municipios pontevedreses, de acordo cos seus monitores, coas ANPAS ou de quen designe a Deputación Provincial de Pontevedra, créanse “GRUPOS DE VISITA GUIADOS”, de forma tal que ó longo da tempada 2014-2015, os escolares da provincia poidan percorrer as instalacións do Museo, distribuídos en máis de 800 m2, participar da hemeroteca e observa-los audiovisuais do Museo do Real Club Celta de Vigo. Mediante o desenvolvemento dos obxectivos anteriormente mencionados, a Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra pretenden que durante a duración deste convenio os escolares da provincia de Pontevedra, coñezan a historia dun dos clubs deportivos máis importantes de Galicia, levando isto, o propio coñecemento da historia de Galicia e dos seus momentos máis relevantes, xa que a historia de Galicia e do Real Club Celta foron sempre unidas desde o nacemento deste último. Ademais deste obxectivo didáctico, con este convenio tamén se persigue un obxectivo lúdico, xa que durante esta visita se pretende que os nenos pasen un día agradable e divertido practicando unha serie de actividades deportivas en compañía dos seus compañeiros, sempre baixo a tutela e supervisión de profesionais especializados. Por todo o exposto anteriormente a Fundación Celta de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra consideran que os obxectivos resumidos neste convenio axudan dun xeito importante e son necesarios para a formación deportiva, cultural e social dos escolares da nosa provincia. Para levar a cabo este Convenio de Extensión Cultural e Deportiva, ámbalas dúas institucións ACORDAN 1º.- Que a Fundación Celta de Vigo habilitará, expresamente, tódolos medios dispoñibles para que ningún neno e mozo da provincia de Pontevedra se quede sen ver o Museo do Real Club Celta de Vigo. 2º.- A xestión e organización das visitas á citada Fundación correrá a cargo da mesma, polo que se establecen grupos de escolares para que, coordinados conxuntamente polos seus representantes e pola Fundación Celta de Vigo, poidan asistir ó Museo do Real Club Celta de Vigo. 3º.- A Fundación Celta de Vigo, facilitará o acceso gratuíto, mediante a expedición das correspondentes invitacións para asistir os partidos do R.C. Celta de Vigo da tempada 2014-2015, ós xogadores das Escolas de fútbol da Deputación das categorías de: BIBERÓN, PREBENXAMÍN, BENXAMÍN, ALEVÍN, INFANTIL, CADETE E XUVENIL e para os monitores que acompañen a ditos rapaces, exceptuando os días de club. As invitacións terán que ser solicitadas á oficina de abonados na semana previa o partido (como fecha tope o venres ás 14:00 h) ou mediante fax ó número 986214764 ou ó correo electrónico a abonados@celtavigo.net e recolleranse na oficina de abonados durante a semana previa ó partido ou no mesmo día de partido no despacho de entradas na porta 0. 4º.-A Fundación estará obrigada o seguinte:  Inserir o logotipo completo da Deputación de Pontevedra na parte posterior superior do número da camiseta do Celta B.  Inserir o logotipo da Deputación de Pontevedra nos seguintes soportes: o 40-45 metros de valla a pé de campo de RIO-MARCADOR no estadio de Balaídos. 5º.- O logotipo da Deputación de Pontevedra deberá figurar nos eventos organizados pola Fundación Celta de Vigo. 6º.- En calquera publicación que edite a Fundación Celta de Vigo, deberá figurar o logotipo da Excma. Deputación de Pontevedra. 7º.- Nos actos e eventos deportivos da Deputación de Pontevedra, esta terá o dereito a invitar a adestradores e xogadores do Celta de Vigo C.F., sempre e cando por motivos técnicos, deportivos ou de dispoñibilidade dos propios xogadores sexa posible. 8º.- A Deputación de Pontevedra poderá dispoñer de becas ou descontos para os monitores das escolas deportivas provinciais, para cursos que a Fundación poida impartir ao largo do ano, así como, entradas para nenos das escolas deportivas provinciais, a excepción dos partidos catalogados como día do club. 9º.- Participación dos equipos do R.C. Celta (categoría base) nos torneos que levan o nome da Deputación de Pontevedra, sempre e cando non dificulte a organización e competición dos propios equipos. 10º.- A Deputación de Pontevedra poderá dispoñer de becas ou descontos para nenos/as das escolas deportivas provinciais que queiran asistir a campus deportivos da Fundación Celta de Vigo. 11º.- A Fundación Celta de Vigo e a Deputación de Pontevedra celebrarán conxuntamente algún/s evento/s onde apoien actividades de cooperación ao desenrolo que favorezan o progreso dos colectivos máis necesitados. 12º- Establécese a cantidade de douscentos mil euros (200.000,00€) con cargo á aplicación orzamentaria 15/340.3410.489.02 como contribución da Deputación Provincial de Pontevedra, para poder cubrir este convenio de extensión cultural e apoio deportivo á mocidade de toda a provincia para a tempada 2014-2015. 13º.- A Deputación Provincial de Pontevedra aboará o 50% da citada cantidade de 200.000,00 € á firma do convenio e o outro 50% unha vez que a Fundación Celta de Vigo, xustifique a contribución con: a.- Fotografías da publicidade inserida que se refire ás cláusulas 4º, 5º e 6º. b.- Certificación do Club de que a publicidade sinalada na cláusula 4º está exposta. c.- Memoria sobre as actividades culturais-deportivas realizadas. 14º.- A vixencia do presente convenio remata ó final da tempada 2014- 2015. 15º.- As obrigas recollidas no presente protocolo de convenio de colaboración quedarán suxeitas a Lei 38/03, Xeral de Subvencións, así como o establecido nas bases de execución do orzamento provincial e demais disposicións de desenvolvemento. E como proba da firme vontade de fomentar o desenvolvemento cultural e deportivo de Galicia, e en particular da provincia de Pontevedra, fírmase o presente Convenio no lugar e data do encabezado. O Presidente, Fundación Celta de Vigo, Asdo: D. Rafael Louzán Abal Asdo: D. Manuel C. Mouriño Atanes” 10.23176.- APROBACIÓN DA 4ª ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ASINADO ENTRE A ESCOLA DE ORGANIZACIÓN INDUSTRIAL E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA O DESENVOLVEMENTO CONXUNTO DO PROXECTO “SMART DESTINATIONS PONTEVEDRA: MODELO DE VERTEBRACIÓN E ACTIVACIÓN DO TECIDO SOCIO-ECONÓMICO DO TERRITORIO” O Consello Reitor do O.A.L. Turismo Rías Baixas, en sesión ordinaria celebrada o 21 de setembro de 2012, adoptou o acordo de aprobar o convenio de colaboración entre a Escola de Organización Industrial e o O.A.L. Turismo Rías Baixas para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”. O 24 de outubro de 2012 formalizouse o acordo entre as partes conveniantes. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria do 8 de febreiro de 2013 adoptou o acordo de aprobar a addenda ó convenio de colaboración entre a Escola de Organización Industrial e o O.A.L. Turismo Rías Baixas para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”, de modo que con efectos dende o 1 de xaneiro de 2013, a Deputación de Pontevedra subrógase en todos os dereitos e obrigas adquiridos polo Organismo Autónomo Local “Turismo Rías Baixas” que deriven do convenio de colaboración subscrito coa Escola de Organización Industrial. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria do 25 de outubro de 2013 adoptou o acordo de aprobar a addenda para prorrogar a vixencia do convenio por un período de trece meses, de maneira que a vixencia do mesmo esténdese ata o 31 de decembro de 2014. Esta segunda addenda foi asinada polas partes o 28 de outubro de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria do 19 de decembro de 2014 adoptou o acordo de aprobar a addenda para prorrogar a vixencia do convenio ata o 31 de marzo de 2015. Esta terceira addenda foi asinada polas partes o 19 de decembro de 2014. FUNDAMENTOS XURÍDICOS E TÉCNICOS A cláusula oitava do mencionado convenio de colaboración establece que o prazo de vixencia será dende a data da súa sinatura ata o día 30 de novembro de 2013 e que poderá prorrogarse por acordo expreso de ambas partes, por períodos anuais ata un máximo de dous anos, é dicir, ata novembro de 2015, se achega económica a maiores. É vontade das dúas partes prorrogar a vixencia do convenio de colaboración ata o 30 de xullo de 2015, co fin de rematar as actuacións obxecto do convenio, detalladas na cláusula primeira. Vistos os informes favorables que se encontran no expediente. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar a cuarta addenda ó convenio de colaboración asinado entre a Escola de Organización Industrial e a Deputación de Pontevedra para o desenvolvemento conxunto do proxecto “Smart Destinations Pontevedra: modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio” cuxo texto é como segue: “ADDENDA AL CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE LA FUNDACIÓN EOI Y LA DIPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA PARA EL DESARROLLO CONJUNTO DEL PROYECTO “SMART DESTINATIONS PONTEVEDRA: MODELO DE VERTEBRACIÓN Y ACTIVACIÓN DEL TEJIDO SOCIOECONÓMICO DEL TERRITORIO” Madrid, ………de …… de 2015 REUNIDOS De una parte, Don Fernando Bayón Mariné, Director General de la Fundación EOI, actuando, en virtud de los poderes conferidos por el Patronato, en nombre y representación de la Fundación EOI (en adelante EOI), con CIF G-81718249 y domicilio social en Avenida Gregorio del Amo 6, 28040 Madrid. De otra parte, Don Rafael Louzán Abal, Presidente de la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, actuando, en ejercicio de las facultades conferidas, en nombre y representación de Excma. Diputación Provincial de Pontevedra, (en DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA), con CIF P3600000A, y domicilio social en el Pazo Diputación Provincial Avda. Montero Ríos, s/n - 36071 Pontevedra. Los firmantes, en la representación que ostentan, declaran tener la capacidad legal necesaria para formalizar este documento y, al efecto, EXPONEN I. Con fecha 24 de Octubre de 2012 se suscribió un Convenio de Colaboración entre EOI y el O.A.L. Turismo de Rias Baixas para el desarrollo conjunto del Proyecto “SMART DESTINATIONS PONTEVEDRA: Modelo de vertebración y activación del tejido socioeconómico del territorio” en el marco de las acciones que ejecuta EOI dentro del Programa RISC que se encuentra incluido dentro del Programa Operativo CCI2007ES16UPO001, de Investigación, Desarrollo e Innovación por y para el beneficio de las Empresas - Fondo Tecnológico del Fondo Europeo de Desarrollo Regional, aprobado por Decisión de la Comisión de la Unión Europea de 7 de diciembre de 2007, en el cual actúa EOI como Organismo Intermedio y Beneficiario. Las actividades de EOI en este ámbito cuentan con financiación del Fondo Europeo de Desarrollo Regional y del Ministerio de Industria, Energía y Turismo. II. A partir del 1 de xaneiro de 2013 la Diputación de Pontevedra se subrogó en los contratos celebrados por el O.A.L. Turismo de Rias Baixas que tuviesen vigencia en 2013 (Acuerdo publicado en el BOP nº130 de 6 de Julio de 2012 y BOP nº 178 de 14 de septiembre de 2012). III. Con fecha 28 de octubre de 2013 se firmó una addenda para prorrogar la vigencia del Convenio por un periodo de trece meses. IV. Con fecha 19 de diciembre de 2014 se firmó una segunda addenda para ampliar el plazo de vigencia del Convenio hasta el 31 de marzo de 2015. V. Ambas partes, de común acuerdo, han decidido modificar de nuevo la vigencia del Convenio para un correcto desarrollo del Proyecto. Por ello, al amparo de lo estipulado en el citado Convenio, los comparecientes, en la representación que ostentan, suscriben la presente Addenda a cuyo efecto, ACUERDAN CLAUSULA PRIMERA: EOI y la DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA acuerdan modificar la Cláusula octava del citado Convenio relativa a la “VIGENCIA Y EXTINCIÓN”, ampliando la vigencia del mismo hasta el 30 de julio de 2015. CLAUSULA SEGUNDA: El resto de cláusulas del Convenio suscrito el 24 de Octubre de 2012 y las addendas firmadas el 28 de octubre de 2013 y el 19 de diciembre de 2014, permanecen inalterables y tendrán plena validez durante la vigencia de esta Addenda. Y en prueba de conformidad de cuanto antecede, firman este documento, por duplicado, en el lugar y fecha indicados. Por FUNDACIÓN EOI Por la DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Don Fernando Bayón Mariné Don Rafael Louzán Abal” 11.23177.- CONCESIÓN DE ANTICIPOS A VARIOS CONCELLOS DA PROVINCIA–EXERCICIO 2015 Resultando que a Xunta de Goberno da Deputación, na sesión ordinaria do día 19 de decembro de 2014, acordou aprobar as bases reguladoras para a concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da Provincia de Pontevedra 2015, cuxo obxecto é o de regular a concesión de préstamos sen xuros para financiar investimentos cofinanciados con fondos Europeos ou incluídos en plans provinciais, estatais, municipais ou da Comunidade Autónoma e, excepcionalmente, con destino ó financiamento de operacións de tesourería. As bases publicáronse no BOPPO núm. 1, do 2 de xaneiro de 2015, así como nos medios informáticos, promovéndose a concorrencia de solicitudes ata o día 2 de febreiro de 2015. Vistas solicitudes achegadas e toda a documentación necesaria para a válida concesión dos anticipos. Visto o informe-proposta da Xefa do Servizo de Cooperación, segundo o cal conclúese favorablemente a concesión dos anticipos. Visto o informe de fiscalización dos expedientes de concesión dos préstamos solicitados e vista a acta da Comisión de Valoración, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Conceder ós concellos, que se relacionan de seguido, os préstamos sen xuros salientados con destino, todos eles, ó financiamento de investimentos. a. Concello do Fornelos de Montes , CIF: P-3601900H, por importe de 49.724,09€ con destino ó financiamento das seguintes obras: I. Ensanche e mellora pavimento en viais municipais. II. Aforro enerxético en iluminación pública Fornelos. III. Mellora instalacións e equipamento informático do Concello. b. Concello de Valga, CIF: P-3605600J, por importe de 65.000,00€, con destino o financiamento da achega do ano 2015 ó convenio de colaboración asinado coa Deputación de Pontevedra para a execución do investimento “Pavimentación e dotación de servizos na E.P. 8501 Valga-Martores, PK 0+000 1+040”. c. Concello de Ponte Caldelas, CIF: P-3604300H, por importe de 63.440,42€, con destino ó financiamento das seguintes actuacións: I. Equipamento policía local. II. Merca de maquinaria, utillaxes. III. Mobiliario e equipamentos en centros culturais. IV. Equipo procesos de información. V. Investimentos en edificios (praza de abastos). VI. Investimentos en infraestruturas destinadas ó uso xeral (pista de pádel). Estes anticipos financiaranse contra á aplicación 2015/942.9420.821.20 do vixente Orzamento provincial, na que existe crédito para facer fronte ó gasto. En todo caso, esta concesión queda suxeita ás condicións seguintes: a) Os anticipos outórganse para a execución das actuacións salientadas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas, salvo que, formal e motivadamente, se solicite antes da finalización do prazo de disposición. b) O pagamento das disposicións do anticipo farase a medida que se xustifique realización das actuacións que se financian con este; aboándose para cada xustificación que se presente a parte proporcional en relación ó custe total do investimento. A xustificación axustarase estritamente ó disposto nas Bases Reguladoras da concesión anticipos e na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Non procederá o pago das disposicións nin a formalización dos contratos se os Concellos teñen cotas de amortización pendentes de pago coa Deputación. c) O prazo de amortización dos anticipos, tal e como se reflicte na base décimo cuarta, non pode superar os quince anos a contar dende ó seguinte ó da formalización do contrato; podendo os concellos, que así o desexen, solicitar un prazo de amortización menor. d) O resto das obrigas relativas á xustificación e datas reintegro destes préstamos concretaranse de xeito pormenorizado nun contrato que será asinado polas partes. e) Previamente á formalización de dito contrato os concellos aboarán o 2%, por unha soa vez, para facer fronte ós gastos de administración. 2. Facultar o Presidente da Deputación para a formalización dos contratos dos préstamos salientados mediante a súa sinatura. 12.23178.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTO INCLUÍDOS NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15), 4ª RELACIÓN Á vista das solicitudes e toda a documentación necesaria para a válida concesión de subvencións a diversos concellos da provincia para financiar investimentos incluídos no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15); vistos os informes do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a concesión de subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa, para os investimentos que se relacionan na mesma, por un importe total de un millón vinte e oito mil cincocentos oitenta euros con cincuenta e cinco céntimos (1.028.580,55 €) todas elas con cargo ó Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15). - O Procedemento de concesión para os expedientes relacionados na táboa é o de concorrencia, agás a subvención do Concello de Meaño para “Área recreativa Os Pasales” da que unha parte do importe, que ascende a 40.366,24 €, concédese polo procedemento de libre disposición da Presidencia. - A concesión da subvención para o investimento do Concello de Meaño denominado “Área recreativa Os Pasales”, queda condicionada a obriga do concello de achegar a autorización de Costas xunto co certificado que acredite a dispoñibilidade dos terreos e a aprobación do proxecto técnico antes de que remate o procedemento de concesión de subvención, ou, en todo caso antes de iniciar o trámite de xustificación. Para financiar a presente actuación o concello achegará dos seus fondos propios a cantidade de 85.000,00 €, e solicitou a concesión dunha axuda á Axenda Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) por importe de 63.000,00 €. Non se librarán as subvencións se non obran no expediente de concesión toda a documentación conforme se dispón nas bases reguladoras da convocatoria. Concello beneficiario da subvención Denominación investimento Expte. Orzamento Importe da subvención Observacións a documentación presentada Fornelos de Montes Mellora de trazado e rozadura de camiños en Estacas e San Vicente PPOS/ 15/00977/201500071 62.023,96 62.023,96 NON Meaño Area recreativa “Os Pasales” CC y LD PPOS/ 15/00978/201500072 253.366,24 105.366,24 Si-concesión da subvención condicionada Mos Mejora de la pavimentación en camiños da Porteliña y Raposeira (Petelos), camiño das Carballas y subida a Buenos Aires (Dornelas-Torroso), baixada a Cabral (Tameiga) y Alcalde Olegar PPOS/ 15/00981/201500074 105.495,02 105.495,02 NON Mos Mejora de la pavimentación en Chan do Lameiro, Sanguiñeda PPOS/ 15/00981/201500073 81.620,67 81.620,67 NON Poio Reposición de Servizos en rúa Río Tambre, A Caeira-San Salvador de Poio PPOS/ 15/00923/201500066 215.574,66 215.574,66 NON Vilagarcía de Arousa Remate mellora rúa Vista Alegre PPOS/ 15/00989/201500058 288.500,00 288.500,00 NON Tomiño Ampliación e reforma parcial do autidorio de Goian, fase IV PPOS/ 15/00611/201500028 170.000,00 170.000,00 NON TOTAL 1.028.580,55 Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 13.23179.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á DIOCESE TUI-VIGO (PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DA INSUA) DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS PARA “OBRAS DE REPARACIÓN DO TELLADO DA CAPELA DE SANTA COMBA”, APROBADA NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 18/07/2014 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 18/07/2014 unha subvención a favor da Diocese Tui-Vigo (Parroquia de Santa Mariña da Insua) con CIF:R3600056-J, do Concello de Ponte Caldelas, por un importe de 2.671,00 € para “Obras de reparación do tellado da capela de Santa Comba” con cargo á aplicación 14/330.334.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 25/02/2015, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2015, para a xustificación da citada subvención. 14.23180.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NA EMPRESA AMR COMUNICACIÓN Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P103 da titulación Licenciatura/Grao en Publicidade e Relacións Públicas, a bolseira Sara Miguélez García na empresa Alfonso Martín Mourelos Rodiño (AMR Comunicación). Con data de 10 de marzo de 2015 a bolseira Sara Miguélez García presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 19 de marzo de 2015, manifestando que o motivo da súa renuncia é a aceptación dun posto de traballo. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Sara Miguélez García na empresa Alfonso Martín Mourelos Rodiño (AMR Comunicación) con efectos do día 19 de marzo de 2015. 15.23181.- AMPLIACIÓN DO NÚMERO DE BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL EN CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2015 No Boletín Oficial da Provincia, número 246 de data 22 de decembro de 2014 publicouse a convocatoria de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e Concellos da Provincia de Pontevedra, que foi ampliada con posterioridade por acordo adoptado na Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, celebrada o 12 de febreiro de 2015, por cambio das titulacións solicitadas por algúns concellos e por ampliación do número de bolsas, que pasaron de 198 a 201. No Orzamento provincial do ano 2015 consignouse para tal fin un total de 2.003.328 € nas aplicacións 921.2410.481.45 e 921.2410.160.45. O custo total das 201 bolsas convocadas ascende a 1.958.144,64 €, quedando dispoñible un sobrante de 45.183,36 €. Polo exposto, considerando as novas propostas de Intervención, Oral, Estación Fitopatolóxica do Areeiro e Servizo Finca Mouriscade, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ampliar o número de bolsas convocadas de 201 a 212, con respecto ós expedientes que se determinan a continuación: Expediente Titulación Nº bolsas D19 Diplomatura/grao en dirección e xestión pública Pasa de 11 a 15 D52 Licenciatura/grao en administración e dirección de empresas Pasa de 5 a 9 D55 Licenciatura/grao en bioloxía Pasa de 4 a 5 D59 Licenciatura/grao en dereito Pasa de 17 a 18 D77 Ciclo Superior en laboratorio de diagnóstico clínico Pasa de 1 a 2 O custo total da referida ampliación concretase no seguinte cadro: Titulados Importe S.Social Total Nº Meses Total Titulados Universitarios 800,00 € 34,72 € 834,72 € 10 12 100.166,40 € Ciclos superiores 700,00 € 34,72 € 734,72 € 1 12 8.816,64 € Total 11 12 108.983,04 € Dado que a cantidade dispoñible nas referidas aplicacións orzamentarias (45.183,36 €) non resulta suficiente para financiar o custe total desta ampliación (108.983,04 €), deberá tramitarse expediente de modificación de créditos. Finalmente, tendo os en conta os cambios introducidos e a actualización do número de bolsas modificase o anexo I da convocatoria do Plan de práctica laboral na Deputación e Concellos da provincia 2015 para quedar establecido tal e como se detalla a continuación: Expediente Titulación Nº bolsas Centro nº bolsas /Centro D19 Diplomatura/grao en dirección e xestión pública 15 Bueu 1 Marín 1 Moaña 1 Deputación -Oral 5 Ponte Caldelas 2 Sanxenxo 2 Tomiño 1 Tui 1 Vigo 1 D52 Licenciatura/grao en administración e dirección de empresas 9 Cotobade 1 O Porriño 1 Deputación-Oral 4 Poio 1 Vilaboa 1 Intervención 1 D55 Licenciatura/grao en bioloxía 5 Estación Fitopatolóxica Areeiro 2 Salvaterra do Miño 1 Tomiño 1 Deputación- Convenio Encoro do Con 1 D59 Licenciatura/grao en dereito 18 A Estrada Bueu 1 Cangas 1 Deputación- Servizo Cooperación 1 Covelo 1 Dozón 1 Gondomar 1 Marín 1 Mondariz-Balneario 1 Nigrán 1 O Porriño 1 Deputación-Oral 3 Poio 1 Ponteareas 1 Salceda de Caselas 1 Valga 1 D77 Ciclo Superior en laboratorio de diagnóstico clínico 2 Estación Fiotopatolóxica de Areeiro 1 Finca Mouriscade 1 16.23182.- MODIFICACIÓN DA CONVOCATORIA DE 198 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA POR CAMBIO DE TITULACIÓNS SOLICITADAS POR VARIOS CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN Mediante escrito do 28 de outubro de 2014 convócase a todos os concellos da provincia a participar no Plan de práctica laboral do ano 2015, en réxime de concorrencia competitiva e co fin de seleccionar e distribuír entre os solicitantes un total de 157 bolsas destinadas a titulados universitarios e de formación profesional. Por resolución presidencial do 12 de decembro de 2014, aprobase a lista definitiva de admitidos e excluídos especificando o número de bolsas e titulacións que se convocan. A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobou o a convocatoria de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e nos concellos da Provincia de Pontevedra, destinado a mozos titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral. Por resolución presidencial de data 16 de febreiro de 2015 aprobáronse as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos nos distintos procesos selectivos convocados, e visto que nalgúns expedientes non existen candidatos suficientes, comunícaselles ós concellos e servizos da Deputación a posibilidade de solicitar unha modificación das titulacións solicitadas. De acordo co anterior, por parte dos concellos e servizos da Deputación afectados, presentáronse as seguintes solicitudes de cambio de titulación asignada: Concello/Servizo da Deputación Expediente/Titulación Adxudicada Expediente/Titulación Modificada Concello de A Guarda D40 D01 Concello de Gondomar D15 D63 Concello de Marín D15 D01 Concello de Nigrán D15 D63 Concello de Pontevedra D15 D63 Concello de Tui D15 D63 Concello de Vigo D15 D63 Deputación de Pontevedra-Servizo Patrimonio Documental e Bibliográfico D15 D63 D15 D63 Por todo o exposto, e vistas as solicitudes dos concellos e os servizos da Deputación a Xunta de Goberno acorda por unanimidade realizar o cambio de titulacións asignadas os seguintes concellos e servizos da Deputación: Concello/Servizo da Deputación Expediente/Titulación Adxudicada Expediente/Titulación Modificada Concello de A Guarda D40 D01 Concello de Gondomar D15 D63 Concello de Marín D15 D01 Concello de Nigrán D15 D63 Concello de Pontevedra D15 D63 Concello de Tui D15 D63 Concello de Vigo D15 D63 Deputación de Pontevedra-Servizo Patrimonio Documental e Bibliográfico D15 D63 D15 D63 De acordo co anterior queda actualizado o número de bolsas convocadas nos correspondentes expedientes da seguinte forma: Modificacións do Anexo I Expte. Titulación Núm. de Bolsas Concello ou Servizo Bolsas por Titulación e Centro de Traballo D01 Ciclo superior en administración de sistemas informáticos en rede 4 Baiona 1 Vilagarcía de Arousa 1 Marín 1 A Guarda 1 D15 Diplomatura en biblioteconomía e documentación/grao en información e documentación 2 Vigo 2 D40 Enxeñería técnica en informática de xestión 0 ------------- -- D63 Licenciatura/grao en historia 10 Deputación-Museo 1 Deputación-Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico 4 Gondomar 1 Nigrán 1 Pontevedra 1 Tui 1 Vigo 1 17.23183.- MODIFICACIÓN DO ACORDO DE CONCESIÓN DUNHA AXUDA Ó CONCELLO DE SOUTOMAIOR NO MARCO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en data 06/02/2015, no que resolve a concesión das axudas do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015; en dito acordo se lle concedía a cada un dos concellos relacionados axudas e subvencións para a contratación laboral de traballadores, resultando para o Concello de Covelo unha axuda para a contratación distribuída do seguinte xeito: Concello Soutomaior Número de traballadores 24 Categoría profesional 6 peóns de obras públicas en xeral, 5 peóns da construción de edificios, 4 albaneis-oficiais de 2ª, 1 fontaneiro, 4 peóns forestais, 1 podador inxertador, 2 axudantes de arquivo e 1 empregado administrativo de arquivos e bibliotecas Importe concedido 100.365,12 € Vista a solicitude presentada polo Concello de Soutomaior, no Rexistro Xeral da Deputación en data 09/03/2015, núm. 2015028177, na que interesa a modificación do acordo referido no parágrafo anterior. Á vista dos antecedentes expostos e da proposta da Xefa do servizo de Cooperación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Modificar o acordo de concesión da axuda ó Concello de Soutomaior, aprobado pola Xunta de Goberno na sesión do 06/02/2015, no relativo á categoría profesional dun dos traballadores a contratar, manténdose en todo o demais os termos xa acordados, e que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: Concello Soutomaior Número de traballadores 24 Categoría profesional 6 peóns de obras públicas en xeral, 4 peóns da construción de edificios, 4 albaneis-oficiais de 2ª, 1 fontaneiro, 4 peóns forestais, 2 podadores inxertadores, 2 axudantes de arquivo e 1 empregado administrativo de arquivos e bibliotecas Importe concedido 100.365,12 € 18.23184.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 19.23185.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Vista a relación de facturas con número 2015008216, que contén catro facturas e por un importe de 1.132,21 €, correspondendo a primeira factura a Almacenes Celso Míguez, S.A., por importe de 36,54 €, e a derradeira a Editorial Aranzadi, S.A., por importe de 496,54 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 12 de marzo de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicio pechado, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 1.132,21 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 1.132,21 € 20.23186.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “PARQUE INFANTIL NO XARDÍN BOTÁNICO”, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó Concello de Lalín no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15), procedemento ordinario de concorrencia, para financiar o investimento, denominado “Parque infantil no xardín botánico”; vistos os informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención. E, en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/85, de 2 de abril, 30 do R.d.l. 781/86, de 18 de abril, e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos Provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Lalín con CIF núm. P3602400H, a cantidade de cen mil euros (100.000,00€), para a realización do investimento (Ref.: PPOS/15/00726/201500089), denominado “Parque infantil no xardín botánico” cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, de 100.000,00 €. Convén recordar a obriga dos concellos de posuír as licenzas e os permisos sectoriais necesarios para a normal execución dos investimentos; de feito esta concesión non exime das autorizacións sectoriais oportunas e do cumprimento da normativa urbanística vixente. - Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 2015/942.9420.762.45 do Orzamento provincial para o presente exercicio 2015. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. 21.23187.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as once horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición