Fondos
2013-09-13_Extraordinaria. Acta de sesión 2013/09/13_Extraordinaria
Acta de sesión 2013/09/13_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.829/1.2013-09-13_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2013/09/13_Extraordinaria
Data(s) 2013-09-13 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 60 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 13 de setembro do 2013 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dez minutos do día trece de setembro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Don Fernando Guitián Guitián (PP) Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten Dona Mª Pilar Ramallo Vázquez nin Don Francisco Andrés Veiga Soto. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo á convocatoria deste Pleno extraordinario. 1.6382.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 19 de xullo de 2013. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, extraordinaria, do día 19 de xullo de 2013. a) Parte resolutiva: 2.6383.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 01/2013 DA ESCOLA DE ENFERMERÍA Sr. Presidente.- Segundo punto. Aprobación do expediente de modificación de crédito 01/2013 da Escola de Enfermería. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días. Esta é unha modificación de crédito por importe de doce mil euros. Sr. Presidente.- Xa, xa, estamos intentando, a ver. A ver agora. Sr. Figueroa Vila.- Bueno, bos días. Esta é unha modificación de crédito por un importe de doce mil euros que é para unha cuestión relacionada co capítulo 1 de persoal, onde se teñen que aboar unhas cantidades, que, bueno, por un erro administrativo non se levaron a cabo, e son un importe total do suplemento de crédito de 12.000 euros, que, ó final 9.000 saen de retribucións básicas e 3.000 para seguridade social, persoal laboral; e o concepto son gastos de persoal inicial, 426.000 euros, gastos en bens correntes, 46.900, gastos financeiros, 100 euros. Polo tanto, bueno, pois é para a Escola de Enfermería e pedimos a solicitude de aprobación porque non se pode demorar para o capítulo do ano que vén, de persoal. Polo tanto, unha modificación moi pequena e en concepto dun erro administrativo que se produciu ó longo do ano 2013. Sr. Presidente.- Bueno, a maiores quixera tamén comentar en relación a este tema, que está iniciada dende fai bastantes meses, despois da última entrevista co Reitor da Universidade de Vigo, o traspaso deste centro á propia Universidade, que entendemos que é de xustiza que sexa precisamente a propia Universidade quen se faga cargo da xestión deste centro porque non ten ningún sentido, ningún sentido, que a Deputación se faga cargo desta responsabilidade educativa e formativa que en todo caso compete, directamente, á propia Universidade e á propia Consellería de Educación. Agora mesmo, como digo, está o camiño xa iniciado, que non ten retroceso, e polo tanto, como todos saben, ademais, especialmente os medios de comunicación, que era algo do que levabamos traballando moito tempo, e agora hai bastantes meses que xa hai unha comisión de traballo que está levando esa xestión e da cal se encarga a Deputada Ana Isabel Vázquez, ¿non?, que habías estado, vamos a última foi hai poucas semanas, cun equipo da Universidade, onde está un vicerreitora ó fronte, para que poidamos nun tempo moi razoable, agora xa estamos ademais marcando as directrices que marca a propia Universidade a lograr a transferencia definitiva da Escola de Enfermería, tal e como era o camiño que iniciaramos e que comprometeramos. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, eu ía a intervir só na parte esta, pero bueno, un pouco na información que agora nos aporta o Presidente, nada, coñecer un pouco, dende o Grupo Provincial Socialista, solicitar coñecer un pouco como, en que, como se vai a facer ese traspaso á Universidade, coñecer un pouco en que liñas está a traballar esa comisión, ¿non?, ¿como vai ser cos traballadores, coa propia Escola?, en definitiva, coñecer en que liñas mestras se está traballando, independentemente, despois do resultado, do que poida resultar. En canto aquí á modificación, ¿por que foi a?, ¿que se lle seguiu descontando en 2013?, ou sexa, os traballadores percibían en 2013 a mesma nómina que nos últimos meses do 2012, é dicir, non se lle reintegrara a parte do desconto, ¿non?, ¿iso que se fixo xa motu propio ou reclamaron os traballadores?. Sr. Presidente.- Non, en todo caso o Interventor, Antonio Graña, pode tamén darvos a … Sr. Interventor.- Ola, bos días. A razón da existencia desta modificación débese a que, como saben, o ano pasado quitóuselle a paga extra ó persoal que traballa na administración pública, e aquí na Escola de Enfermería fómoslle deducindo todos os meses a parte proporcional de paga extra e o chegar a decembro volvéuselle a quitar a paga extra enteira, e ese é o motivo de que veña aquí este expediente. Sr. Presidente.- Bueno, pero aínda que sexa só por unha vez non teñen culpa os políticos, parece ser, o cal é importante. En todo caso, en relación á pregunta de D. Santos Héctor dicir que na próxima Comisión de Réxime Interior a Deputada, por exemplo, pode dar información do avanzado, porque xa hai moito avanzado, non, pero na próxima Comisión de Réxime Interior, antes do próximo Pleno, damos unha, a información, porque non é unha cuestión de que fale eu agora así, xa hai o borrador, xa levamos moitos meses traballando, o que pasa é que claro, bueno, estas cousas eu creo que ata que están definitivamente, xa cerradas, que cerradas, como digo, o acordo xa existe, pois para que poidades coñecer os por menores de que, bueno, pois cal vai ser, vamos, o que en definitiva asume a propia Universidade, pero en todo caso, para os propios profesores e especialmente para os alumnos e alumnas da Escola de Enfermería, creo que este paso é para fortalecer, neste caso máis a eles que a nadie, ¿non?, porque entendemos que quen mellor que a propia Universidade para encargarse desa tarea, agora eran maioritariamente profesores asociados, que nada teñen que ver coa regularidade propia da Universidade, e polo tanto, en calidade educativa van a gañar, sen dúbida, moito os alumnos, e iso era o que en definitiva buscábamos. Polo tanto, de todo avance, que xa digo, que xa é moito, na próxima Comisión a Deputada xa vai dar unha información ampla neste sentido, pero era un paso determinante, que nos faltaba, que creo que é óptimo que o déramos, e polo tanto, xa digo, xa vén de principios deste ano, de moi principios deste ano. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días. Grazas Sr. Presidente. Home, a ver, está ben que visto o pouco contido do Pleno pois poidamos debater sobre outros asuntos que non son estritamente o que vén na orde do día. Porque o que vén é o punto este 2, son 12.000 euros, por un erro administrativo, que xa quedou aclarado. E alegrámonos de que o da Escola de Enfermería sexa, vamos, teña avanzado na, vamos na dirección de traspasalo á Universidade. Agora, de todas maneiras, creo que segue habendo unha situación de fondo, de que a Xunta, parece que é extraordinariamente reacia, ou a Deputación, non o sei, a coller as súas competencias. Estamos no estatuto do ano 81, ou sexa, estamos 32 anos despois, 32 anos despois, resulta que Príncipe Felipe, competencia clara da Xunta, segue sendo da Deputación, e Mouriscade ou o que sexa, competencia clara da Xunta, segue sendo da Deputación, en fin, e podíamos seguir, como din os ingleses, …….., e podíamos seguir, ¿non?, e parece, dá a sensación de que a Universidade é máis sensible nesta situación e colle a Escola de Enfermería, pero a Xunta non está, ou a Deputación non está. A nós gustaríanos e creo que xa aquí houbo bastantes casos, situacións nas que se plantexou, empezando xa no ano, aquí no ano 92 houbo un Vicepresidente que a función primordial que tiña era a transferencia de Príncipe Felipe á Xunta, xa choveu. E, non se ten avanzado, non se ten avanzado absolutamente nada, gustaríanos que este paso que se está dando, pois que se confirme a Escola de Enfermería, se dea tamén con outra serie de competencias, ¿por que?, ¿para desfacerse?, non, porque a Deputación se ten algún sentido é poder transferir e facer obras e actuacións nos concellos, e ese capítulo cada vez é máis minguado; ¿por que?, pois porque noutra serie de competencias que son radicalmente impropias desta Deputación pois se van uns recursos absolutamente tremendos que debería a Deputación, mentres exista, adicalo ó que é a súa finalidade. Non sei se hai algo previsto, se o houbera gustaríanos coñecelo, e senón, pois pedir que se intente traballar nesa dirección. Sr. Presidente.- Bueno, a iso hai que engadir que, bueno, esta Institución logrou nos últimos anos, vamos, recordamos xa o traspaso do Hospital que foi un proceso complexo, e todo o demais, pero logramos o traspaso de Formación Profesional, logramos o traspaso de Artes Gráficas, o traspaso tamén da Escola de Hostalería e por suposto agora a Escola de Enfermería. Eu creo que, nese sentido, outra cuestión non haberá pero vontade de negociación, por parte, neste caso da Deputación, e de diálogo e sobre todo de resultados, que en definitiva é do que se trata, os resultados están aí, e, por iso que eu creo que non hai moita queixa, esta ademais era unha cuestión que os compañeiros dos medios de comunicación saben ben que o habíamos previsto, e o habíamos falado en moitas ocasións, que non tiña ningún sentido, e polo tanto, aí está e está, como digo, practicamente, cerrado cun período de tempo si largo para lograr a transferencia que en definitiva é do que se trata. Polo tanto, eu creo que iso é o máis importante desta modificación que provén dun erro, neste caso, dun departamento, que en todo caso é perfectamente asumible e é perdoable, finalmente se logra a súa regularización. Polo tanto, vamos a votar este punto, a aprobación do expediente de modificación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra a través de escrito de data 2 de setembro de 2013, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Escola de Enfermería (que integra o expediente de suplemento de crédito “SUP.01/13”), motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 2 de setembro de 2013 reflicte que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto no artigo 177 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, nos artigos 34 a 38 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril e nas bases 7ª e 8ª de execución do orzamento 2013, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Escola de Enfermería, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Escola de Enfermería (integrado polo expediente de suplemento de crédito “SUP.01/13”) co seguinte detalle: Suplemento de crédito “SUP 01/13”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 832.323.130.00 RETRIBUCIÓNS BÁSICAS 9.000,00 € 832.323.160.01 SEGURIDADE SOCIAL PERSOAL LABORAL 3.000,00 € Total Suplemento de crédito... 12.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose a seguinte operación: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar suplementos de crédito 12.000,00 € O resumo da modificación por capítulos é o seguinte: CONCEPTO INICIAL MODIF. DEFINITIVO Capítulo 1º Gastos de persoal 426.600,00 12.000,00 438.600,00 Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 46.900,00 0,00 46.900,00 Capítulo 3º Gastos financeiros 100,00 0,00 100,00 Capítulo 6º Investimentos reais 59.689,30 0,00 59.689,30 TOTAL... 533.289,30 12.000,00 545.289,30 Segundo: o expediente de modificación de créditos número 1/2013 da Escola de Enfermería (integrado polo expediente de suplemento de crédito “SUP.01/13”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 3.6384.- MODIFICACIÓN DO V ACORDO REGULADOR PARA PERSOAL FUNCIONARIO E I CONVENIO COLECTIVO PARA PERSOAL LABORAL Sr. Presidente.- Punto número 3. Modificación do V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral. Ten a palabra D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moi bos días Sr. Presidente. En primeiro lugar, que por acordo adoptado no Pleno da Corporación provincial en sesión celebrada no 2006 se aprobou o V Acordo Regulador para persoal funcionario e o I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial. Dende entón varias disposicións normativas estatais e autonómicas foron modificando o réxime de licencias e permisos, entre elas o Real decreto lei 20/2012 de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade presupostaria de fomento da competitividade, pola que se suprimiron os días adicionais de vacacións e asuntos propios por antigüidade e regulouse a prestación económica por incapacidade temporal. Neste sentido xa o Pleno da Corporación Provincial, no ano pasado, o 28 de setembro, concretamente, se modificaron os referidos textos a fin de adecualos ó novo réxime normativo. Dende esa data se introduciron novos cambios respecto á xornada laboral, o horario de traballo e a xustificación de ausencias, en diferentes disposicións normativas, unha resolución da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas de 28 de decembro de 2012; unha Orde de 28 de decembro, tamén, pola que se desenvolve o previsto na Disposición adicional trixésimo oitava da lei 17/2012, de 27 de decembro, e Presupostos Xerais do Estado para 2013; e, unha Resolución de 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia, pola que se ditaron instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licencias. Como poden contemplar, con todo este cambio normativo, loxicamente, o que se trata é de actualizar todos os diferentes aspectos derivados para por as modificacións correspondentes no V Acordo regulador e no I Convenio colectivo desta Deputación. Polo que, se propón, como proposta de acordo e á vista destas modificacións normativas introducidas polo Real Decreto de medidas extraordinarias de estabilidade presupostaria de fomento da competitividade, a adaptación da mesma, a resolución da Secretaría de Estado, a que dixemos neste momento, pois se propón a este Pleno da Corporación Provincial modificar o V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio colectivo para persoal laboral, nos termos que figuran no documento que se levou a negociación cos representantes sindicais e que tamén se propuxo na Comisión Informativa celebrada a semana pasada. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Vázquez Almuíña. Polo tanto, vamos a proceder á votación deste punto. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Vistas as modificacións normativas introducidas polo Real Decreto-lei 20/2012, do 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade, (BOE núm. 168 de data 14 de xullo de 2012), Lei 9/2012, do 3 de agosto, da Xunta de Galicia, de adaptación á mesma; Resolución da Secretaría de Estado para as Administracións Públicas de 28 de decembro de 2012, pola que se ditan instrucións sobre xornada e horarios do persoal ó servizo da Administración General do Estado (AGE) e os seus organismos públicos; Orden HAP/2008/2012, do 28 de decembro, pola que se desenvolve o previsto na disposición adicional trixésima oitava da Lei 17/2012, de 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2013, en materia de ausencias por enfermidade e accidente que non dean lugar a incapacidade temporal, e Resolución do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas; considerando todas as disposicións normativas actualmente vixentes, con fundamento no previsto no artigo 38 da Lei 7/2007, do 13 de abril, do Estatuto Básico do empregado Público (LEBEP), sobre a adopción de pactos e acordos que sucedan a outros anteriores, e ó abeiro do establecido no artigo 49.a) da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime local, na redacción dada pola Lei 11/99, do 21 de abril; considerando o ditame da Comisión Paritaria Mixta e o da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, modificar o V Acordo Regulador para persoal funcionario e o I Convenio Colectivo para persoal laboral nos termos que a continuación se sinalan: PERMANENCIA E ASISTENCIA Ó TRABALLO CAPÍTULO I: XORNADA E HORARIO Artigo 8. Xornada A xornada laboral común será de 37 horas e media semanais, distribuídas de luns a venres, de 7:45 a 15:15 horas, salvo que pola organización do traballo de cada centro non sexa posible, permitíndose unha flexibilidade de quince minutos á entrada e á saída. Nos centros de traballo con xornada laboral partida terán o seguinte horario: os luns de 8:45 a 13:00 horas e de 14:30 a 18:15 horas; de martes a xoves de 8:15 a 13:00 horas e de 14:30 a 18:15 horas e os venres de 8:15 a 12:15 horas, salvo que pola organización do traballo nos centros se marque outro horario. Por outra banda, nos centros de traballo con xornada laboral a quendas establécese o seguinte horario: de 7:45 a 15:15 horas; de 14:45 a 22:15 horas e de 22:00 a 8:00 horas, salvo que pola organización do traballo nos centros se marque outro horario. Calquera que sexa o réxime de xornada laboral permitirase a flexibilidade de quince minutos á entrada e á saída, salvo nos supostos previstos no sistema de control de horario. Todo o persoal estará sometido ó sistema de control de horario e asistencia mediante o reloxo ficheiro situado en cada centro de traballo. A Deputación está obrigada a facilitarlle trimestralmente relacións xenéricas de control de horario á Comisión paritaria mixta para a súa avaliación. O Rexistro xeral e aqueloutras dependencias nas que así sexa preciso deberán estar abertas os días hábiles. En tal caso a atención será rotatoria e compensada mediante acordo cos representantes do persoal. Nos centros nos que non se poida poñer en práctica o horario xeral adoptaranse as quendas de traballo que se fixen, previa negociación do presidente da Deputación coa Xunta de Persoal. Calquera modificación da xornada laboral ou das quendas de traballo levarase a cabo previa negociación na Comisión paritaria mixta, dándoselle conta disto á Xunta de Persoal. Sen prexuízo de acordo en sentido contrario as quendas diúrnas terán unha duración de sete horas e media e as nocturnas de dez. En todo caso, o persoal que realice a súa xornada de traballo en réxime de quendas terá, como mínimo, dereito a descansar fins de semana alternas. O tempo de traballo computarase de modo que, tanto ó comezo coma ó final da xornada diaria, o funcionario se atope no seu posto de traballo, considerándose como traballo efectivo aquel que sexa imprescindible para recoller, ordenar, gardar roupa, materiais ou útiles de traballo. A mesma consideración terá o tempo utilizado para cumprir as normas de saúde laboral. Para o persoal que desenvolve a súa actividade en lugares de traballo non fixos ou itinerantes o cómputo da xornada normal de traballo empezará a partir do lugar de recollida, reunión ou centro de control tanto á entrada coma á saída do traballo. Calquera que sexa o réxime de organización do traballo, entre o remate dunha xornada e o comezo da seguinte mediará un mínimo de 12 horas e, no caso da xornada nocturna, de 31 horas, sen prexuízo do descanso semanal. Artigo 9. Pausa durante a xornada O persoal incluído no ámbito de aplicación deste Convenio terá dereito a unha pausa de 30 minutos durante a xornada de traballo continuada, computable como de traballo efectivo. Esta interrupción terá lugar preferentemente entre as 9:30 e as 12:30 horas en quenda de mañá; entre as 16:30 e as 19:30 en quenda de tarde e entre as 0:30 e as 5:30 en quenda de noite, salvo que as necesidades do servizo non permitan estes horarios. Artigo 10. Xornada de verán Durante o período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ambos os dous incluídos, a xornada laboral reducirase nunha hora, salvo naqueles centros nos que as circunstancias e mais a organización do traballo non llelo permitan, caso no que o persoal afectado terá dereito a acumular esta redución e aproveitala en xornadas laborais completas. Esta redución de xornada será recuperable. Artigo 11. Traballo nocturno Considérase traballo nocturno o efectuado entre as 10:00 da noite e as 8:00 da mañá. Este realizarase en días alternos, tendo en conta as melloras que contempla este acordo. O persoal que preste servizos en réxime de nocturnidade e turnicidade terá dereito ó descanso correspondente, unha xornada laboral diúrna por cada sete noites de traballo realizadas. Co condicionante de que a reorganización do traballo e a remodelación das quendas non implique un incremento do cadro de persoal, a realización de traballos en quenda de noite terá carácter voluntario para todo o persoal unha vez que estes cumpran 55 anos de idade, para o cal deberán manifestar a súa opción, cando menos con dous meses de antelación, e terán que permanecer nesta situación por un tempo mínimo dun ano. Artigo 12. Absentismo A Deputación de Pontevedra potenciará os instrumentos de control e de redución do absentismo laboral adoptando, entre outras, medidas de mellora dos sistemas de medición e de seguimento, realizando os estudos necesarios sobre as súas causas que deberá debater a Comisión paritaria mixta por se fose necesario acollerse ás medidas tendentes á súa redución. Artigo 13. Xustificación de ausencias non superiores a tres días 1. Os empregados públicos deberán rexistrar no sistema de control horario do seu centro de traballo todas as entradas e saídas correspondentes á súa modalidade de xornada. 2. Igualmente, as ausencias, as faltas de puntualidade e de permanencia do persoal no seu posto de traballo, calquera que sexa a súa causa, deberán ser rexistradas polos empregados públicos que incorran nelas no sistema de control horario que debe existir en cada centro. Estas ausencias requirirán o aviso inmediato ó responsable do servizo ou unidade ó que pertenza e a súa posterior xustificación acreditativa. Esta xustificación trasladarase, de xeito inmediato, ó Servizo de Recursos Humanos. 3. A ausencia parcial ó posto de traballo como consecuencia da asistencia á consulta, proba ou tratamento médico considerarase como tempo de traballo efectivo, sempre que se limite ó tempo necesario e se xustifique documentalmente a súa asistencia perante o Servizo de Recursos Humanos, indicando a hora da cita. 4. Nos supostos de ausencia durante a totalidade da xornada diaria por causa de doenza ou accidente sen que se expedise parte médico de baixa deberá avisarse desta circunstancia, de maneira inmediata, ó superior xerárquico e ó Servizo de Recursos Humanos, e comportará, no seu caso, unha redución do 50% de retribucións previstas para os tres primeiros días de ausencia por incapacidade temporal. En todo caso, unha vez reincorporado o empregado público ó seu posto deberá xustificar inmediatamente, perante o Servizo de Recursos Humanos, a concorrencia da causa da doenza para poder levar un control dos días de ausencia. Co fin de evitar desprazamentos este xustificante entregaráselle ó responsable do servizo ou unidade, quen á súa vez deberá presentalo no Servizo de Recursos Humanos coa maior brevidade posible. 5. O desconto en nómina regulado no punto anterior non será de aplicación a catro días de ausencias ó longo do ano natural, das cales só tres poderán ter lugar en días consecutivos, sempre que estean motivados por doenzas ou accidente e non dean lugar a incapacidade temporal. 6. Cando se incumpra a obriga de presentar en prazo os xustificantes de ausencia aplicarase o previsto para as ausencias non xustificadas ó traballo na normativa reguladora da dedución proporcional de haberes. Artigo 13 bis. Control e seguimento da xornada e do horario de traballo 1. Os responsables das unidades administrativas esixirán a xustificación oportuna de todas as ausencias e non autorizarán, dentro da xornada laboral, aquelas ausencias para asuntos que poidan realizarse fóra da xornada de traballo, salvo as que correspondan ó cumprimento dun deber inescusable. 2. A parte de xornada non realizada sen causa xustificada dará lugar á dedución proporcional de haberes, dentro dos 3 meses seguintes á ausencia, sen prexuízo das medidas disciplinarias que puidesen, ademais, adoptarse no seu caso. 3. O Servizo de Recursos Humanos realizará mensualmente o seguimento tanto das ausencias non xustificadas coma das correspondentes deducións proporcionais de haberes. CAPÍTULO II: VACACIÓNS Artigo 14. Vacacións 1. As vacacións anuais retribuídas do persoal funcionario serán de vinte e dous días hábiles ou dos días que lles correspondan proporcionalmente se o tempo de servizo durante o ano fose menor (redondeándose á alza +0,5 a favor do interesado), debendo collerse de forma obrigatoria dentro do ano natural e ata o quince de xaneiro do ano seguinte, en períodos mínimos de cinco días hábiles consecutivos, sempre que os correspondentes períodos das vacacións sexan compatibles coas necesidades do servizo. Sen prexuízo do anterior e sempre que as necesidades do servizo o permitan poderase solicitar o gozo independente de ata 6 días hábiles por ano natural. 2. Para os efectos do previsto neste artigo non se considerarán como días hábiles os sábados, sen prexuízo das adaptacións que se establezan para os horarios especiais. 3. Os permisos de maternidade, paternidade e lactación, así como os períodos de incapacidade temporal derivados do embarazo poderanse acumular ó período de vacacións, incluso despois da finalización do ano natural correspondente. 4. As vacacións colleranse preferentemente entre os meses de xuño e setembro, ambos os dous incluídos. No caso de que se soliciten fóra deste período a súa concesión quedará supeditada ás necesidades do servizo e á cobertura do seu posto de traballo. 5. Antes do día 1 de abril de cada ano todos os servizos e centros dependentes da Deputación elaborarán o seu cadro de vacacións, que se lle deberá remitir ó Servizo de Recursos Humanos para que o aprobe a Presidencia da Deputación. Calquera variación do cadro deberá de se comunicar cun mes de antelación, excepto nos casos de urxencias excepcionais. O cadro de vacacións exporase en cadanseu servizo e centro. En todo caso, o persoal poderá coñecer, cando menos con dous meses de antelación, a data das súas vacacións. No suposto de que isto resulte imposible por mor das quendas ou das necesidades do servizo debidamente acreditadas e xustificadas saberano cunha antelación mínima dun mes, co obxecto de que poidan organizar o exercicio deste dereito. 6. As vacacións non poderán ser compensadas en metálico, nin en todo nin en parte, excepto cando durante o transcurso do ano se produza a extinción da relación funcionarial, sexa declarado en situación de excedencia ou de suspensión de funcións e aínda non fixese uso ou completase na súa totalidade o seu período de vacacións. 7. O período das vacacións poderá ser interrompido voluntariamente se as necesidades do servizo así o esixisen cando mediasen circunstancias de carácter extraordinario. En tal caso, o afectado, unha vez restablecida a situación, conservará o seu dereito a completalo aínda que teña rematado o ano natural ó que correspondan. O período de vacacións programado e aprobado por R. P. non poderá ser modificado ou alterado salvo que existan causas debidamente motivadas e xustificadas. 8. Cando o período de vacacións previamente fixado ou autorizado, e que aínda non se iniciase, poida coincidir no tempo cunha situación de incapacidade temporal, risco durante a lactación, risco durante o embarazo ou cos permisos de maternidade ou paternidade ou permiso acumulado de lactación, poderase gozar en data distinta. 9. Cando as situacións ou permisos indicados no parágrafo anterior impidan iniciar as vacacións dentro do ano natural ó que correspondan, estas poderanse gozar en ano natural distinto. No suposto de incapacidade temporal o período de vacacións poderase gozar unha vez finalice esta incapacidade e sempre que non transcorresen máis de dezaoito meses a partir do final do ano no que se orixinase. 10. Se durante as vacacións sobreviñese o permiso de maternidade ou paternidade, ou unha situación de incapacidade temporal, estas quedarán interrompidas podendo gozarse o tempo que reste noutra data distinta. No caso de que a duración destes permisos ou de que esta situación impida gozar do período de vacacións dentro do ano natural ó que corresponda, poderase gozar no ano natural posterior. 11. Cando estea en previsión o peche das instalacións debido á inactividade estacional de determinados servizos públicos os períodos de gozo das vacacións coincidirán na franxa temporal de peche, salvo que as necesidades do servizo permitan o seu gozo noutro período. 12. Nos servizos ou centros nos que poida producirse colisión de intereses respecto ó período de vacacións organizaranse as quendas de xeito rotatorio. 13. Recoñécese o dereito á elección do período de vacacións a prol das mulleres xestantes e a preferencia de elección de mulleres e homes con fillos menores de doce anos ou persoas maiores dependentes ó seu coidado directo. Para estes efectos, a dependencia ten que estar recoñecida pola consellería competente en materia de benestar ou, se é o caso, polo órgano equivalente doutras administracións públicas. No caso de que haxa varios beneficiarios con preferencia de elección, elixirá o de máis antigüidade na Administración no primeiro ano e de forma rotatoria nos seguintes. 14. Cando se produza o cesamento do persoal interino antes de completar o ano e sen poder gozar das vacacións por necesidades do servizo, terá dereito ó aboamento da parte proporcional das súas vacacións, a non ser que a causa do cesamento veña motivada pola adquisición da condición de funcionario de carreira ou persoal laboral desta Deputación. Neste caso computaranse os servizos prestados como persoal interino para os efectos do cómputo do período de vacacións. CAPÍTULO III: PERMISOS E LICENZAS Artigo 15. Permisos 1. Sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en cada momento establécese o seguinte réxime de permisos: A) Permiso por falecemento, accidente ou doenza grave dun familiar (art. 76.1. a) do D. l. 1/2008, de 13 de marzo) 1. En caso de falecemento, accidente ou doenza grave dun familiar dentro do primeiro grao de consanguinidade ou afinidade, tres días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade. 2. Cando se trate do falecemento, accidente ou doenza grave dun familiar dentro do segundo grao de consanguinidade ou afinidade, o permiso será de dous días hábiles cando o suceso se produza na mesma localidade e de catro días hábiles cando sexa en distinta localidade. 3. Os permisos por doenza grave e falecemento de parentes faranse extensibles ás persoas e fillos de quen, sen ser cónxuxe, conviva co titular do dereito e o acredite por calquera medio válido en dereito. 4. Os días en que se faga uso deste permiso deberán ser, en todo caso, inmediatamente posteriores ó feito causante e computarase o día do falecemento, accidente ou doenza cando o funcionario non preste servizos ese día e lle correspondera prestalos. Así mesmo, estes días deberán ser consecutivos no caso de falecemento e poderán gozarse de forma descontinua no caso de doenza ou accidente mentres persista o feito causante e ata o máximo de días establecido. 5. Para os efectos do gozo deste permiso considéranse días hábiles os sábados e tomarase como referencia para o cómputo dos prazos, na mesma ou en distinta localidade, o lugar de residencia habitual do funcionario que conste na base de datos do Servizo de Recursos Humanos. 6. Se durante o gozo do permiso por accidente ou doenza grave do familiar sobrevén o falecemento deste suspenderase o permiso do que se viña gozando e iniciarase o cómputo dun novo permiso. 7. Dentro dos permisos por doenza grave dun familiar intégranse os casos de hospitalización e intervención cirúrxica, polo mesmo número de días e grao de parentesco, agás aquelas intervencións que deriven en ingreso e alta hospitalaria no mesmo día, en que se concederán con carácter xeral ata un máximo de tres días naturais consecutivos segundo informe da inspección médica. B) Permiso por traslado de domicilio sen cambio de residencia (art. 76.1. b) do D. l. 1/2008, de 13 de marzo), un día na mesma localidade e dous días se hai cambio de localidade. Se a unidade familiar está integrada por dous ou máis persoas membros, o permiso será de dous días sen cambio de localidade e de catro se existe cambio. O permiso entenderase referido ó día en que se produza o traslado de domicilio na localidade de residencia, e cando teña unha duración superior a un día natural, con carácter ininterrompido, deberá acreditarse documentalmente e con posterioridade o traslado. C) Permiso para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude (art. 76.1. d) do D. l. 1/2008, de 13 de marzo) 1. Para os efectos deste permiso enténdese por exames finais ou outras probas definitivas de aptitude aquelas tendentes á obtención dun título académico ou profesional, así como as probas selectivas no ámbito do emprego público. 2. No suposto de que os exames e demais probas definitivas de aptitude teñan lugar dentro da xornada laboral o permiso concederase durante o día da súa realización no caso de que se realicen en distinta localidade onde o persoal funcionario preste os seus servizos. Se é na mesma localidade este permiso deberá concederse polo tempo indispensa¬ble para concorrer ó exame ou ás demais probas, entendendo que a expresión «tempo indispensable» é as horas da xornada laboral necesarias para esta finalidade. 3. No caso de que o exame e as demais probas ás que se refire o precepto se realicen en distinta localidade onde o persoal funcionario presta os seus servizos e fóra da xornada laboral non procede o outorgamento deste permiso, agás o tempo indispensable para o desprazamento. D) Permiso por lactación (artigo 76.1 e) do D. l. 1/2008, de 13 de marzo) 1. No caso de que o gozo deste permiso sexa por acumulación en xornadas com¬pletas o persoal funcionario poderá gozar de catro semanas ininterrompidas ou ben acollerse a cento cincuenta horas como crédito horario (37,50 horas semanais por catro semanas), podéndose aproveitar, en ambos os casos, en calquera momento despois do gozo do permiso de maternidade e ata que o fillo acade os doce meses. 2. O persoal funcionario interino tamén poderá gozar deste permiso nas mesmas condicións que o persoal funcionario de carreira, sempre que se contemple que o seu nomeamento se vai estender no tempo ata os doce meses do fillo. No caso de non se cumprir esta circunstancia poderá acollerse a este permiso soamente na modalidade prevista no número 1 do artigo 76.1. e) do D. l. 1/2008, de 13 de marzo, (por lactación dunha filla ou fillo menor de doce meses, a funcionaria terá dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderá dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituílo por unha redución da xornada normal en media hora ó inicio e ó final da xornada, ou ben nunha hora ó inicio ou ó final da xornada. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polas persoas proxenitoras, no caso de que ambas as dúas traballen). E) Permiso de asistencia ó médico (art. 76.1. m) do D. l. 1/2008, de 13 de marzo) 1. O persoal funcionario ten dereito a ausentarse do traballo para a realización de revi¬sións médicas polo tempo indispensable nos casos nos que a consulta se deba realizar du¬rante a xornada laboral. 2. O persoal funcionario ten dereito a ausentarse para acompañar ás revisións médicas os fillos e as persoas maiores ó seu cargo polo tempo necesario, con aviso previo presentando a solicitude de permiso, na que se sinalará a hora prevista da consulta, a través do portal do empregado, e o supervisor a validará, se procede, unha vez achegado o correspondente xustificante ou informe de Inspección médica. No caso de se solicitar o permiso para acompañar nas revisións médicas ós fillos maiores de idade, deberase acreditar que existen limitacións que lles impidan asistir sós. Así mesmo, para estes efectos considéranse persoas maiores a cargo do persoal fun¬cionario os familiares de primeiro grao que, pola súa idade ou estado de saúde, non se poidan valer por si mesmos para acudir á consulta. Tamén terán esta consideración os fa¬miliares de segundo grao con doenzas moi graves que necesitan seguimento médico estrito e que non se poden valer por si mesmos para ir á consulta no caso de que estean a cargo da persoa funcionaria e non teñan familiares de 1º grao ou que estes sexan maiores e non poidan atendelos. 3. Amplíanse os supostos deste permiso (que comprende a fillos e a persoas maiores) para poder acompañar ó cónxuxe a revisións médicas, polo tempo necesario, con aviso previo e xustificación da necesidade de realizalas dentro da xornada de traballo. F) Permiso por coidado de fillo ou menor afectado por cancro ou outra doenza grave (art. 49 e) da Lei 7/2007, de 12 de abril) 1. O persoal funcionario terá dereito, sempre que ambos os dous proxenitores, adoptan¬tes ou acolledores de carácter preadoptivo ou permanente traballen, a unha redución da xornada de traballo de polo menos a metade da súa duración, percibindo as retribu¬cións íntegras con cargo ós orzamentos do órgano ou entidade onde veña prestando os seus servizos para o coidado, durante a hospitalización e tratamento continuado, do fillo menor de idade afectado por cancro ou por calquera outra doenza grave que implique un ingreso hospitalario de longa duración e requira a necesidade do seu coidado directo, continuo e permanente acreditado polo informe dun facultativo do Servizo Galego de Saú¬de ou, se é o caso, da entidade sanitaria concertada correspondente e, como máximo, ata que o menor faga os 18 anos. Cando concorren en ambos os dous proxenitores, adoptantes ou acolledores de carác¬ter preadoptivo ou permanente, polo mesmo suxeito e feito causante as circunstancias necesarias para ter dereito a este permiso ou, de ser o caso, poidan ter a condición de beneficiarios da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lles sexa de aplicación, o funcionario terá dereito á percepción das retribucións íntegras durante o tempo que dure a redución da súa xornada de traballo, sempre que o outro proxenitor, adoptante ou acolledor de carácter preadoptivo ou permanente, sen prexuízo do dereito á redución de xornada que lle corresponda, non cobre as súas retribucións ínte¬gras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. No caso contrario, só se terá dereito á redución de xornada, coa conseguinte redución de retribucións. Para tal efecto o funcionario que solicite este permiso deberá acreditar que o outro proxenitor non percibe as retribucións ou a prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra doenza grave. Así mesmo, no suposto de que ambos os dous presten servizos no mesmo órgano ou entidade, esta poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns fundadas no correcto funcionamento do servizo. 2. Para a aplicación deste permiso a relación de doenzas graves será a establecida no Real decreto 1148/2011, de 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sis¬tema da Seguridade Social, da prestación económica por coidado de menores afectados por cancro ou outra doenza grave, sen prexuízo do establecido na súa disposición final terceira. 3. O cancro ou doenza grave que padeza o menor deberá implicar un ingreso hos¬pitalario de longa duración que requira o seu coidado directo, continuo e permanente, du¬rante a hospitalización e tratamento continuado da doenza. Considerarase, así mes¬mo, como ingreso hospitalario de longa duración a continuación do tratamento médico ou o coidado do menor no domicilio tras o diagnóstico e hospitalización pola doenza grave. A acreditación de que o menor padece un cancro así como a necesidade de coidado directo, continuo e permanente del durante o tempo de hospitalización e tratamen¬to continuado da doenza efectuarase, mesmo naqueles casos en que a atención e diagnóstico do cancro ou doenza grave se leve a cabo por servizos médicos privados, mediante declaración cuberta polo facultativo do Servizo Galego de Saúde responsable da atención do menor. Cando o diagnóstico e tratamento do cancro ou doenza grave do menor se realice a través dos servizos médicos privados esixirase que a declaración sexa cuberta ademais polo médico do centro responsable da atención do menor. Cando exista recaída do menor polo cancro ou a mesma doenza grave non será necesario que exista un novo ingreso hospitalario, aínda que na recaída da doenza deberá acreditarse a necesidade, tras o diagnóstico e hospitalización, da continuación do tratamento médico así como do coidado directo, continuado e permanente do menor polo proxenitor, adoptante ou acolledor, mediante unha nova declaración médica de acordo co previsto no punto 1. 4. Este permiso concederase por un período inicial dun ano, prorrogable por períodos de seis meses cando subsista a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do me¬nor, que se acreditará mediante declaración do facultativo do Servizo Galego de Saúde res¬ponsable da asistencia médica do menor, e, como máximo, ata que este faga os 18 anos. 5. O permiso suspenderase nas situacións de incapacidade temporal, durante os períodos de descanso por maternidade e paternidade e nos supostos de risco durante o embarazo e, en xeral, cando concorra calquera causa de suspensión da relación funcionarial do solicitante. 6. O permiso extinguirase polas seguintes circunstancias: a) Polo cesamento na redución de xornada, calquera que sexa a súa causa. b) Por non existir a necesidade do coidado directo, continuo e permanente do menor debido á melloría do estado de saúde ou á alta médica por curación. c) Polo cesamento do outro proxenitor na súa actividade laboral. d) Por facer o menor os 18 anos de idade. 7. Así mesmo, o funcionario a quen se lle conceda este permiso ten a obriga de comuni¬car calquera circunstancia que implique a suspensión ou extinción do dereito ó permiso, e o órgano competente en materia de persoal poderá levar a cabo as actuacións necesarias para comprobar que segue cumprindo os requisitos esixidos para a súa concesión. G) Permisos para o cumprimento de deberes inescusables e de conciliación da vida familiar e laboral (art. 76.2 do D. l. 1/2008, de 13 de marzo) 1. O deber inescusable debe ser persoalísimo, sen posibilidade de execución por me¬dio de representante ou substituto e, en todo caso, deberá xustificarse debidamente a im¬posibilidade de cumprimento deste fóra da xornada laboral. 2. Considéranse deberes relacionados coa conciliación da vida familiar e laboral o exer¬cicio de actividades inescusables vencelladas directamente ó ámbito familiar do titular do dereito. En todo caso, será requisito indispensable que se xustifique unha situación de dependencia directa respecto do titular do dereito e que se trate dunha situación non pro¬texida polos restantes permisos. 3. A duración deste permiso deberá ser polo tempo mínimo indispensable para o cum¬primento do deber. 4. Para os efectos deste permiso enténdese por deber inescusable de carácter público ou persoal: a) Comparecencia obrigatoria por citacións instadas por órganos xudiciais, comisarías ou calquera outro organismo oficial. b) Cumprimento de deberes cidadáns derivados dun proceso electoral. c) Asistencia a reunións dos órganos de goberno e ás súas comisións dependentes can¬do deriven estritamente do cargo electivo de concelleiro, de deputado ou senador. d) Asistencia como membro ás sesións dun tribunal de selección ou provisión, con no¬meamento da autoridade competente. e) Obrigas cuxo incumprimento lle xeren ó interesado unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa. H) Para realizar funcións sindicais, de formación sindical ou de representación do persoal, nos termos legalmente establecidos. I) Por nacemento de fillos prematuros ou que por calquera outra causa deban permanecer no hospital a continuación do parto, a funcionaria terá dereito a ausentarse do traballo durante un máximo de dúas horas diarias e percibirá as retribucións íntegras. J) Por razóns de garda legal cando o persoal funcionario teña ó seu coidado directo algún menor de doce anos, unha persoa maior que requira especial dedicación ou unha persoa con discapacidade que non desempeñe actividade retribuída, terá dereito a unha redución dun terzo ou un medio da xornada de traballo, coa diminución proporcional das súas retribucións. Terá o mesmo dereito o persoal funcionario que precise encargarse do coidado directo dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente ou doenza, non se poida valer por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída. K) As funcionarias embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto polo tempo necesario para a súa práctica e previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo. L) O persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído para tratamentos de fecundación asistida polo tempo necesario para a súa práctica, con aviso previo e xustificación da necesidade de realización dentro da xornada de traballo. Se fose necesario o desprazamento, o permiso será de dous días. M) Para acompañar o seu cónxuxe ou parella en análoga relación de afectividade a tratamentos de fecundación asistida, a exames prenatais e a técnicas de preparación ó parto, o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído en idénticos termos e condicións de exercicio que os previstos para estes permisos. N) Nos supostos de accidente ou doenza moi grave do cónxuxe, parella en análoga relación de afectividade, familiares en primeiro grao, persoas acollidas ou familiares que convivan na mesma casa, para atender o seu coidado o persoal funcionario terá dereito a un permiso retribuído cunha duración máxima de trinta días naturais, nos que se computarán os días xa concedidos polo apartado 15 A) 1. Cada accidente ou doenza xerará un único permiso que, dentro da duración máxima de trinta días, se poderá utilizar de maneira separada ou acumulada. Ñ) Por ser preciso atender o coidado dun familiar de primeiro grao, o persoal funcionario terá dereito a solicitar unha redución de ata o 50% da xornada laboral, con carácter retribuído, por razóns de doenza moi grave e polo prazo máximo dun mes, prorrogable en circunstancias excepcionais e atendendo á extrema gravidade da doenza padecida ata un período máximo de dous meses. Se houbese máis dunha persoa titular deste dereito polo mesmo feito causante, o tempo de gozo desta redución poderase repartir a pro rata entre elas respectando, en todo caso, o prazo máximo dun mes ou, no seu caso, o de dous meses. O) Por asuntos particulares 1. Ó longo do ano os empregados públicos terán dereito ó gozo de tres días por asuntos particulares, sen prexuízo da concesión dos restantes permisos e licenzas establecidas na normativa vixente. Estes días non poderán acumularse ós períodos de vacacións anuais e o persoal poderá distribuílos á súa comenencia, logo da autorización dos seus superiores e respectando sempre as necesidades do servizo. Cando por estas razóns non sexa posible gozar deste permiso antes de finalizar o mes de decembro, poderá concederse no mes de xaneiro seguinte. 2. Sen prexuízo do anterior e sempre que as necesidades do servizo o permitan os días por asuntos particulares poderán acumularse ós días de vacacións que se gocen de forma independente. 3. Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas as oficinas públicas, a excepción dos servizos de Información e Rexistro xeral. 4. Os calendarios laborais incorporarán dous días adicionais de asuntos particulares cando os días 24 e 31 de decembro coincidan en festivo, sábado ou día non laborable. Así mesmo, o persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro poderá gozar de dous días adicionais de asuntos particulares. 5. Incorporarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan con sábado nese ano. 6. Os días de asuntos particulares corresponden por ano natural de prestación de servizos. Cando a prestación de servizos fose inferior ó ano natural o funcionario terá dereito a un número de días proporcionais ó período de tempo traballado, redondeándose á alza (+0,5) a favor do persoal solicitante. Artigo 15 bis A. Permisos por motivo da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e por razón da violencia de xénero A) Permiso por parto: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do fillo, e por cada un a partir do segundo, nos supostos de parto múltiple. O permiso distribuirase á elección da funcionaria sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. No caso de falecemento da nai a outra persoa proxenitora poderá facer uso da totalidade ou, no seu caso, da parte que reste do permiso. Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que ambos os proxenitores traballen, a nai, ó iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque a outra persoa proxenitora goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto, ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai. A outra persoa proxenitora poderá seguir gozando do permiso de maternidade inicialmente cedido aínda que no momento previsto para a reincorporación da nai ó traballo esta se atope en situación de incapacidade temporal. Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan no caso de discapacidade da filla ou fillo ou de parto múltiple. Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial cando as necesidades do servizo o permitan e nos termos que regulamentariamente se determinen. Poderase facer uso deste permiso a tempo parcial mediante acordo previo entre o funcionario afectado e o órgano competente para a súa concesión, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 180/2004, de 30 de xaneiro. Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o neonato deba permanecer no hospital a continuación do parto, este permiso ampliarase en tantos días como o acabado de nacer permaneza no hospital, cun máximo de trece semanas adicionais. Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. B) Permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple: terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas. Este permiso ampliarase en dúas semanas máis no suposto de discapacidade do menor adoptado ou acollido e por cada fillo, a partir do segundo, nos supostos de adopción ou acollemento múltiple. O cómputo do prazo contarase á elección da persoa funcionaria, a partir da decisión administrativa ou xudicial do acollemento ou a partir da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción, sen que un mesmo menor poida dar, en ningún caso, dereito a varios períodos de gozo deste permiso. En caso de que ambos os proxenitores traballen o permiso distribuirase a opción dos interesados, que poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos. Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas ou das que correspondan en caso de adopción ou acollemento múltiple e de discapacidade do menor en adopción o en acollida. Este permiso poderase gozar a xornada completa ou a tempo parcial, cando as necesidades do servizo o permitan e nos termos que regulamentariamente se determinen. Poderase facer uso deste permiso a tempo parcial mediante acordo previo entre o funcionario afectado e o órgano competente para a súa concesión, seguindo o procedemento establecido no Real decreto 180/2004, de 30 de xaneiro. Se fose necesario o desprazamento previo das persoas proxenitoras ó país de orixe do menor en adopción ou acollida, nos casos de adopción ou acollemento internacional, terase dereito, ademais, a un permiso de ata tres meses de duración. Durante este período percibiranse exclusivamente as retribucións básicas, podendo gozar delas de forma fraccionada, sempre que non se superen os tres meses. Con independencia do permiso de ata tres meses previsto no parágrafo anterior e para o suposto previsto neste parágrafo o permiso por adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, poderase iniciar ata catro semanas antes da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción ou a decisión administrativa ou xudicial do acollemento. Durante o gozo deste permiso poderase participar nos cursos de formación que convoque a Administración. Os supostos de adopción ou acollemento, tanto preadoptivo coma permanente ou simple, previstos neste artigo serán os que así se establezan na normativa aplicable na Comunidade Autónoma de Galicia. O acollemento simple deberá ter unha duración non inferior a un ano. C) Permiso por paternidade polo nacemento, acollemento ou adopción dun fillo: terá unha duración de vinte e nove días naturais, que gozará o pai funcionario a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción. No caso de parto, acollemento ou adopción múltiple, o permiso será de trinta e cinco días naturais. Nos supostos de adopción ou acollemento, se ambas as persoas proxenitoras fosen persoal ó servizo da Deputación, o permiso poderase distribuír á opción da parte interesada e poderán gozalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre en períodos ininterrompidos, respectando en todo caso o prazo de duración. Este permiso é independente do gozo compartido dos permisos previstos nas letras a) e b). A nai poderá gozar deste permiso de paternidade a continuación dos permisos previstos nas letras a) e b) nos seguintes supostos: - Cando o pai falecese antes da utilización íntegra do permiso. - Se a filiación paterna non estivese determinada. - Cando as persoas proxenitoras non estivesen casadas nin estivesen unidas de feito en análoga relación de afectividade. - Cando en resolución xudicial ditada en proceso de nulidade, separación ou divorcio iniciado antes da utilización do permiso, se lle recoñecese á nai a garda do fillo que acaba de nacer. No suposto de matrimonio de mulleres ou de unións de feito en análoga relación de afectividade, ó ser unha delas a nai biolóxica, a que non o sexa terá dereito ó permiso de paternidade nos termos fixados nesta letra. Nos casos previstos nas letras a), b) e c), o tempo transcorrido durante o gozo destes permisos computarase como de servizo efectivo a todos os efectos, garantíndose a plenitude de dereitos económicos do persoal funcionario durante todo o período de duración do permiso e, no seu caso, durante os períodos posteriores ó gozo deste se, de acordo coa normativa aplicable, o dereito a percibir algún concepto retributivo se determinase en función do período de gozo do permiso. As persoas funcionarias que fixesen uso do permiso por parto ou maternidade, paternidade e adopción ou acollemento terán dereito, unha vez que finalice o período de permiso, a reintegrarse no seu posto de traballo nos termos e nas condicións que non lles resulten menos favorables ó gozo do permiso, así como a beneficiarse de calquera mellora nas condicións de traballo ás que puidesen ter dereito durante a súa ausencia. D) Permiso por razón de violencia de xénero sobre o persoal funcionario: as faltas de asistencia do persoal funcionario vítima da violencia de xénero, totais ou parciais, terán a consideración de xustificadas polo tempo e nas condicións nas que así o determinen os servizos sociais de atención ou de saúde, segundo proceda. Así mesmo, o persoal funcionario vítima de violencia de xénero, para facer efectiva a súa protección ou o seu dereito á asistencia social integral, terá dereito á redución da xornada coa diminución proporcional da retribución ou á reordenación do tempo de traballo a través da adaptación do horario, da aplicación do horario flexible ou doutras formas de ordenación do tempo de traballo que lles poida ser aplicable, nos termos que para estes supostos estableza a Deputación de Pontevedra. Artigo 15 bis B. Solicitudes Os permisos solicitaranse a través do portal do empregado con cando menos 72 horas de antelación, agás nos casos de urxencia ou imposibilidade para poderen acceder ó sistema, así como en supostos moi específicos previstos nestes artigos e non contemplados no portal do empregado. Os supervisores validarán estas ausencias cando os interesados acheguen os correspondentes xustificantes. Estas solicitudes deberán resolverse, cando menos, con 24 horas de antelación ó día solicitado. Artigo 15 bis C. Definicións Para os efectos do disposto en materia de permisos e licenzas, enténdese por: a) Familiar de primeiro grao por consanguinidade e afinidade e familiar de segundo grao por consanguinidade ou afinidade, os cales se reflicten no seguinte cadro: Graos Titular/cónxuxe ou parella de feito 1º Nai/pai Sogra/sogro Filla/fillo Nora/xenro 2º Avoa/avó Irmá/irmán Cuñada/cuñado Neta/neto Enténdese asimilado ó fillo o menor en acollemento preadoptivo, acollemento familiar permanente ou acollemento familiar simple de duración superior a un ano. Así mes¬mo, enténdese asimilado a familiar de primeiro grao o cónxuxe ou parella de feito. b) Parella de feito: é a que respecto da persoa de referencia mantén unha relación que pode acreditar a través da inscrición nun rexistro público oficial de parellas de feito. c) Requirir especial dedicación: supón que é preciso que o suxeito reciba tratamento, atención, coidados ou asistencia continuada por terceiras persoas debido a problemas de saúde, entendida esta última como benestar físico, psíquico e social. d) Convivencia: relación baseada na cohabitación no mesmo domicilio. e) Ter ó seu cargo: relación de dependencia que non implica convivencia. f) Coidado directo: relación de dependencia que implica convivencia. g) Doenza moi grave: considérase como tal aquela que con este carácter determine o facultativo no correspondente informe médico. h) Doenza grave: considérase como tal a hospitalización por máis dun día ou in¬tervención cirúrxica sen hospitalización que requira repouso domiciliario para o seu resta¬blecemento ou curación ou cando así o determine o informe médico. Non obstante, o parto natural ou por cesárea non se considera como unha situación asimilada a esta doenza, a non ser que o parto sufra dificultades excepcionais que xustifiquen o tratamento de doenza grave. i) Localidade: enténdese por tal o domicilio de residencia do empregado que figure na base de datos do Servizo de Recursos Humanos. Artigo 15 bis D. Servizo activo O gozo de vacacións, permisos e licenzas non altera a situación de servizo activo sendo de aplicación o réxime de incompatibilidades previsto na correspondente normativa. Artigo 16. Licenzas 1. Poderanse conceder licenzas nos seguintes casos e condicións: A) Licenza por doenza 1. As doenzas que impidan un normal desempeño das funcións públicas darán lugar a licenzas. A Deputación aplicará, ademais do previsto na Lei xeral da Seguridade Social, as seguintes regras para proceder ó abono do complemento por incapacidade temporal do persoal ó seu servizo: a) No caso de hospitalización e intervención cirúrxica aboarase un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións desde a data de inicio da situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais e por continxencias comúns. b) Nos casos de incapacidade temporal por doenza común ou accidente non laboral o complemento calcularase de conformidade coas seguintes regras: b.1) Desde o primeiro día da situación de IT ata o terceiro día ambos os dous incluídos, aboarase un complemento ata alcanzar o 50% das retribucións fixas que se percibían no mes anterior ó de se causar a incapacidade. b.2) Desde o cuarto día da situación de IT ata o vixésimo día, ambos os dous incluídos, aboarase un complemento ata alcanzar o 75% das retribucións fixas que lle corresponderan a este persoal no mes anterior ó de se causar a incapacidade. b3) Desde o día vinte e un da situación de IT ata o nonaxésimo, aboarase un complemento ata alcanzar o 100% das retribucións básicas e complementarias. c) A partir do día nonaxésimo primeiro aboarase o subsidio establecido no Réxime Xeral da Seguridade Social (75% da base reguladora). 2. Nas situacións de maternidade, risco por embarazo, risco durante a lactación natural e paternidade percibirán un complemento á prestación económica de ata o 100% da súa retribución. 3. No caso de incapacidade temporal por continxencias profesionais, a prestación recoñecida pola Seguridade Social complementarase, desde o primeiro día, ata alcanzar o 100% das retribucións fixas que viñeran correspondendo ó dito persoal no mes anterior ó de se causar a incapacidade. 4. As referencias a días incluídos neste artigo entenderanse realizados a días naturais. 5. O disposto neste artigo será de aplicación ás situacións que se produzan a partir da data de entrada en vigor do R. d. l. 20/2012, quedando en suspenso os acordos, pactos e convenios vixentes que contradigan o indicado neste artigo, e non será de aplicación ós empregados públicos que, á súa entrada en vigor, se atopen na situación de incapacidade temporal. As previsións contidas neste artigo respecto ás prestacións económicas na situación de incapacidade temporal producirán efectos a partir do 15 de outubro de 2012. 6. Excepcionalmente, de acreditarse a gravidade da doenza a través da Inspección Médica da Deputación e conforme ós informes médicos requiridos poderá prorrogarse a licenza con plenitude de dereitos económicos previo ditame favorable da Comisión paritaria mixta. 7. A Presidencia poderá efectuar a comprobación das baixas por doenzas de calquera funcionario cando o considere oportuno a través da Inspección Médica da Deputación. 8. En caso de segunda ou terceira baixa, derivada dun proceso anterior, por recaída respecto a unha mesma patoloxía con tratamentos médicos periódicos, non se considerará como día primeiro de incapacidade temporal o que corresponda a cada un dos períodos de recaída, senón que se continuará o cómputo do prazo a partir do último día de baixa do período de incapacidade anterior. 9. Con carácter excepcional, nos supostos en que a situación de incapacidade temporal implique unha intervención cirúrxica ou hospitalización, as retribucións a percibir desde o inicio desta situación equivalerán igualmente ás retribucións que se percibiran no mes anterior ó da incapacidade, aínda cando a intervención cirúrxica ou hospitalización teñan lugar nun momento posterior, sempre que corresponda a un mesmo proceso patolóxico e non existise interrupción. Para a determinación da intervención cirúrxica á que se refire este apartado considerarase como tal a que derive de tratamentos que estean incluídos na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde. 10. Os procesos de incapacidade temporal que impliquen tratamentos de radioterapia ou quimioterapia, así como os que teñan inicio durante o estado de xestación, aínda cando non dean lugar a unha situación de risco durante o embarazo ou de risco durante a lactación, terán esta mesma consideración de circunstancia excepcional. 11. A concorrencia das circunstancias sinaladas neste apartado deberá ser acreditada mediante a presentación dos xustificantes médicos ou hospitalarios oportunos no prazo de vinte días desde que se produciu a hospitalización, intervención ou tratamento, sen prexuízo da posibilidade de presentar nova documentación nun momento posterior. 12. As actuacións da Administración derivadas desta regulación e o tratamento da información obtida están suxeitas ás obrigas establecidas na normativa sobre protección de datos persoais. 13. No suposto de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural, o parte médico acreditativo da baixa deberá presentarse, non máis tarde do cuarto día desde que se iniciase esta situación, no Rexistro xeral da Deputación, podendo adiantarse por correo electrónico ó Servizo de Recursos Humanos da Deputación ou ó rexistro ó seguinte enderezo: rexistro@depo.es, sen prexuízo da entrega do documento orixinal a través do Rexistro xeral. Este parte deberá acreditar a ausencia de cada unha das datas en que a situación de incapacidade temporal, risco durante o embarazo e risco durante a lactación natural se producise calquera que sexa a súa duración. Os sucesivos partes médicos de confirmación da baixa inicial deberán presentarse no Rexistro xeral da Deputación, podendo adiantarse por correo electrónico ó Servizo de Recursos Humanos da Deputación ou ó rexistro no seguinte enderezo: rexistro@depo.es, como máximo o terceiro día hábil seguinte á súa expedición. Unha vez expedido o parte médico de alta a incorporación ó posto de traballo será o primeiro día hábil seguinte á súa expedición, achegando nese momento este parte polos medios indicados anteriormente para os partes de baixa e confirmación. No caso de incumprirse a obriga de presentación dos xustificantes de ausencia previstos neste apartado ou do parte médico de baixa, estarase ó disposto respecto das ausencias inxustificadas, e en virtude do cal se procederá a aplicar a correspondente dedución proporcional de haberes. B) Licenza por asuntos propios (art. 74.3 do D. l. 1/2008, de 13 de marzo) Por asuntos propios poderanse conceder licenzas sen retribución dunha duración acumula¬da que non poderá exceder os tres meses cada dous anos, de acordo cos seguintes criterios: - A concesión desta licenza está subordinada ás necesidades do servizo e terá a dura¬ción que solicite o persoal funcionario. Non obstante, a incorporación ó centro de traballo producirase, en todo caso, nun día laborable de prestación de servizos. - O tempo de duración desta licenza terá a consideración de servizos prestados unicamente para efectos de antigüidade e consolidación de grao persoal. - A Administración, mentres dure esta licenza sen retribución, manterá o persoal en alta especial no réxime de Seguridade Social que sexa de aplicación. - O persoal funcionario de novo ingreso só poderá solicitar esta licenza unha vez trans¬corridos dous anos desde o seu nomeamento. O persoal funcionario interino non poderá gozar desta licenza dada a natureza da súa condición. - O prazo de cómputo dos dous anos para o gozo dunha nova licenza por asun¬tos propios debe comezar a computarse no momento en que remate o gozo da licenza anterior. Unha vez esgotados os tres meses de duración máxima do permiso debe transcorrer un mínimo de dous anos para poder solicitalo de novo. 2. Esta licenza solicitarase por escrito segundo o modelo oficial, co conforme do xefe do servizo ou do centro onde o funcionario preste servizos. C) Licenza por matrimonio (art. 74.1 D. l. 1/2008, de 13 de marzo) 1. Terá unha duración de quince días naturais ininterrompidos, con plenitude de dereitos económicos, e deberá gozarse en datas que comprendan o día do feito causante ou inmediatamente despois. Esta licenza poderá acumularse ó período vacacional anual. No caso de matrimonio en sede civil e/ou relixiosa, separada no tempo, esta licenza só se gozará unha vez. Esta licenza tamén se concederá no caso de parellas de feito, inscritas no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia ou doutra Comunidade Autónoma. Os conviventes que gocen desta licenza e que con posterioridade contraian matrimonio, non terán dereito a gozar dunha nova licenza por esta causa. 2. Esta licenza solicitarase a través do portal do empregado. De non ser posible, por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servizo ou do centro onde o funcionario preste servizos. D) Licenza por estudos ou para asistir a cursos de formación 1. Poderá concederse licenza para realizar cursos sobre materias directamente relacionadas co posto de traballo ou coas súas posibilidades de promoción profesional, previa solicitude presentada no Rexistro xeral e con fundamento na xustificación da súa asistencia e á necesidade ou non para o servizo que preste o funcionario. A súa autorización correspóndelle á Xunta de Goberno da Corporación e, no caso de se conceder, o funcionario terá dereito a percibir toda a súa remuneración de conformidade co establecido no Acordo Nacional de Formación Continua, así como a indemnización prevista na lexislación aplicable. A duración desta licenza terá un límite máximo de 40 horas anuais, que poderá ser ampliado polo presidente. En todo caso, daráselle conta á Comisión paritaria mixta daqueles permisos e axudas económicas que se tramiten a través da Xunta de Goberno, sendo necesario un ditame previo desta Comisión para a autorización de todos aqueles cursos que excedan das 40 horas. Salvo que existan causas debidamente xustificadas unicamente se concederá unha axuda económica por ano para asistir a cursos. 2. Igualmente se lle poderá conceder licenza ós funcionarios de carreira para realizaren estudos sobre materias directamente relacionadas coa Administración pública previo informe favorable do xefe de servizo. A persoa funcionaria terá dereito a percibir as retribucións básicas, a reserva do posto de traballo e a que o tempo transcorrido en tal situación se compute para efectos de antigüidade. 3. Esta licenza solicitarase por escrito en modelo oficial, co conforme do xefe do servizo ou do centro onde o funcionario preste servizos. 4. O tempo destinado á realización de cursos de formación dirixidos á capacitación profesional ou á adaptación ás esixencias dos postos de traballo, programados polos diferentes promotores previstos nos correspondentes acordos de formación para o emprego, considerarase tempo de traballo a todos os efectos, cando os cursos se realicen dentro do horario de traballo e así o permitan as necesidades do servizo. 5. A Administración poderá determinar a asistencia obrigatoria a aquelas actividades formativas que sexan necesarias para o bo desempeño das tarefas propias do posto de traballo, en cuxo caso a súa duración considerarase como tempo de traballo a todos os efectos. Artigo 45. Créditos sindicais Fíxanse 35 horas mensuais de libre disposición sindical para cada un dos membros da Xunta de Persoal e delegados de seccións sindicais daqueles sindicatos acreditados ante a Presidencia da Deputación; deberá comunicárselle por escrito á Presidencia a través do Servizo de Recursos Humanos, xa sexa con carácter previo, para as que estean previstas de antemán, xa sexa con posterioridade á súa utilización, para as demais. Estas horas disporanse dentro da xornada de traballo e serán retribuídas como traballo efectivo. Non terán a consideración de horas sindicais todas aquelas que se invistan en reunións da Mesa de negociación ou de carácter informativo que sexan preceptivas legalmente, Comisión paritaria mixta, asistencia a tribunais de selección do persoal e asistencia a órganos de xestión en centros asistenciais. Por cada organización sindical ou candidatura con representación na Xunta de Persoal poderanse acumular mensualmente as horas nos seus distintos compoñentes ata o máximo total establecido, sempre e cando previamente se lle dea conta diso á Presidencia da Deputación, especificando as persoas e o período para o que se acumulan. Tamén se lle comunicará á Presidencia da Deputación o cesamento por calquera motivo nas citadas funcións. Os delegados sindicais serán designados en proporción á representación na Xunta de Persoal. Non obstante o anterior, as seccións sindicais que carezan de dita representación poderán designar un delegado sindical que disporá de todas as garantías excepto a correspondente ó crédito horario. Artigo 79. Xubilación 1. Con independencia da idade legal de xubilación forzosa establecida no apartado 3 do artigo 67 da Lei 7/2007, de 12 de abril do EBEP, a idade da xubilación forzosa do persoal funcionario incluído no Réxime Xeral da Seguridade Social será, en todo caso, a que prevexan as normas reguladoras deste réxime para o acceso á pensión de xubilación na súa modalidade contributiva sen coeficiente redutor por razón da idade. Artigo 80. Rexistro de órganos de representación 1. A Deputación de Pontevedra creará un rexistro de órganos de representación do persoal funcionario e laboral. 2. Serán obxecto de inscrición ou anotación neste rexistro os actos adoptados que afecten ás seguintes materias: a) Creación, modificación e supresión de órganos de representación do persoal funcionario ou laboral: xuntas de persoal, delegados de persoal, comités de empresa e comités de seguridade e saúde. b) Número e identidade dos membros destes órganos, así como as variacións que se produzan ó seu respecto. c) Creación, modificación ou supresión de seccións sindicais, así como número e identidade dos correspondentes delegados. d) Cesións de créditos horarios legal ou convencionalmente establecidos que dean lugar á dispensa total ou parcial de asistencia ó traballo. e) Liberacións institucionais que deriven, no seu caso, do disposto en normas, pactos ou convenios e calquera outra modificación na obriga ou no réxime de asistencia ó traballo que poida traer causa do establecido en disposicións legais e convencionais que resulten de aplicación. 3. A xestión deste rexistro axustarase ó disposto na normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Disposición transitoria Desde a entrada en vigor do R. d. l. 20/2012 quedan suspendidos e sen efecto os acordos, pactos e convenios para o persoal funcionario e laboral subscritos pola Deputación que non se axusten ó previsto nestes artigos, en particular, no relativo ó período de vacacións e días adicionais. Disposición derrogatoria Este acordo modifica a redacción do V Acordo Regulador para persoal funcionario e I Convenio Colectivo para persoal laboral no referente a ditas materias e respecto ós citados artigos do Acordo Regulador e concordantes do Convenio Colectivo, manténdose a súa vixencia en todos os demais non afectados por esta modificación. Denunciados o Acordo Regulador ou o Convenio Colectivo permanecerá vixente o seu contido normativo ata tanto se substitúa polo novo. Vixencia do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial. Considerando o previsto no Real decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral, mantense a vixencia do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación, podendo prorrogarse tacitamente por períodos anuais, de forma automática, a non ser que o denuncie expresamente por escrito calquera das partes con tres meses de antelación á data de vencemento do período inicial ou de calquera das prórrogas. ANEXO. Relación de documentación mínima esixida para a concesión dos permisos, sen prexuízo da achega doutra documentación requirida e considerada necesaria polos órganos competentes para acreditar o feito causante. 1. Permiso por falecemento, accidente ou doenza grave ou moi grave dun familiar: - Documento xustificativo do falecemento, accidente ou doenza grave ou moi grave do familiar. - O grao de parentesco e a relación familiar acreditarase co libro ou libros de familia ou documento que o substitúa, coa certificación do Rexistro Civil ou ben coa inscrición en calque¬ra rexistro público que acredite o feito causante. - Nos supostos de accidente ou de doenza moi grave, a situación de convivencia, de ser o caso, debe ser acreditada mediante certificado de empadroamento ou outro docu¬mento expedido polo concello de residencia. 2. Permiso por traslado de domicilio: - Documento acreditativo de cambio efectivo de do¬micilio: escritura de propiedade, contrato de aluguer, certificado de empadroamento, certificado de convivencia de non ser propietario ou inquilino do inmoble ou calquera outro documento válido en dereito. 3. Permiso para concorrer a exames finais e demais probas de aptitude: documento acreditativo da asistencia á proba de aptitude, ó exame final ou á proba de acceso ou in¬greso na función pública, no cal conste lugar, data, hora do exame e centro de realización das probas. 4. Permiso de lactación: de forma simultánea á solicitude do permiso a funcionaria deberá acreditar documentalmente a data de nacemento do fillo mediante a presentación da fotocopia do libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro Civil, ademais deberase xustificar documentalmente que o outro proxenitor non goza pola súa vez deste permiso. 5. Permiso por nacemento de fillos que deban permanecer hospitalizados despois do parto: – Fotocopia da partida de nacemento do fillo que orixina o dereito ó permiso. – Documento que acredite a hospitalización do fillo que xere o dereito ó permiso ou da súa condición de prematuro. 6. Permiso para a realización de exames prenatais ou de técnicas de preparación ó parto: – Documento xustificativo da realización de exames prenatais e das técnicas de prepa¬ración ó parto dentro da xornada laboral e documento de asistencia. 7. Permiso para tratamentos de fecundación asistida: documento xustificativo da realización de tratamentos de fecundación asistida dentro da xornada laboral. 8. Permiso de asistencia ó médico: documento xustificativo do centro sanitario acredi¬tativo da presenza neste dentro da xornada laboral. 9. Permiso por deber inescusable público ou persoal: orixinal ou copia compulsada da citación ou convocatoria do órgano xudicial, órgano administrativo, órgano de goberno ou calquera outro órgano oficial do que se trate ou das comisións dependentes deles. Se é o caso, documento acreditativo de ter a condición de elixible no proceso electoral ou de formar parte dunha Mesa electoral. No caso de conciliación da vida familiar poderá esixirse a correspondente xustificación documental. 10. Permiso por razón de violencia de xénero: acreditarase mediante calquera das fór¬mulas sinaladas no artigo 5 da Lei 11/2007, de 27 de xullo, para a prevención e o tratamen¬to integral da violencia de xénero. 11. Permiso por parto: certificado médico oficial, certificado do nacemento do Rexistro Civil ou presentación do libro de familia que acredite a data en que se produciu o nace¬mento. Se o inicio do permiso se produce antes do parto, xunto coa solicitude correspon¬dente presentarase o documento xustificativo de atoparse no período de dez semanas anteriores ó parto. 12. Permiso por adopción ou por acollida preadoptiva, permanente ou simple: – Resolución administrativa ou xudicial da adopción ou da acollida na cal conste, se é o caso, o carácter internacional da adopción ou da acollida. – No caso de que o permiso se amplíe por discapacidade do neno adoptado ou acollido: documento médico acreditativo da discapacidade. – Se a adopción é internacional xunto coa solicitude presentarase documentación ofi¬cial acreditativa da tramitación da adopción, co obxecto de autorizar o inicio do permiso con anterioridade á data en que esta se produza. Posteriormente, deberá presen¬tarse a correspondente resolución xudicial de adopción. 13. Permiso por paternidade: libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro Civil ou certificación da inscrición no rexistro. 14. Licenza por matrimonio: fotocopia compulsada do libro de familia ou da inscrición no rexistro correspondente. 15. Licenza por doenza: parte médico de baixa. 16. Redución de xornada por razóns de garda legal: documento legal acreditativo desta, así como, se é o caso, da idade, discapacidade ou especial dedicación que requira a per¬soa en cuestión. 17. Permiso por coidado do fillo menor afectado por cancro ou outra doenza grave: informe médico do menor tal e como se indica na instrución, libro de familia ou inscrición do nacemento no Rexistro Civil ou certificación da inscrición no rexistro, de ser o caso, documentación acreditativa do acollemento ou adopción, vida laboral do outro proxenitor que acredite a súa condición de asalariado, certificado que acredite que o outro proxenitor do menor non cobra as súas retribucións íntegras en virtude deste permiso ou como beneficiario da prestación establecida para este fin no réxime da Seguridade Social que lle sexa de aplicación. 18. Outros permisos contemplados no Acordo Regulador, non recollidos expresamente no portal do empregado e que se integran no concepto “Outros”: Especificar o motivo polo que se solicita. 4.6385.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR D. PABLO BAQUERO ÁLVAREZ Sr. Presidente.- Punto número 4. Neste caso 4, 5 e 6, Renuncia ó cargo de Deputado Provincial, se todos están de acordo, non hai que votar, é dar conta, polo tanto, da renuncia de tres compañeiros, neste caso Pablo Baquero Alvarez; segundo Arturo Grandal Vaqueiro e tamén de D. José Nelson Santos Argibay. En todo caso, a min como Presidente da Corporación, o que me toca é, en primeiro lugar, agradecer o labor dos tres compañeiros, porque se en algo avanzamos, e creo que avanzamos moito, é da súa cordialidade, lealdade e traballo, aquí durante estes dous anos que estiveron con nós. Polo tanto, vaia en nome meu e do grupo de goberno, espero que tamén do resto dos compañeiros da Corporación, o noso agradecemento persoal por todo o que fixeron aquí nesta casa, e creo que o máis importante, neste caso, para os seus municipios e tamén nas súas comarcas onde están traballando. Polo tanto, xa digo, reitero o agradecemento máis profundo e sincero desta Corporación, en todo caso D. Nelson Santos ten a palabra. Sr. Santos Argibay.- Muchas gracias Presidente. Yo, en primer lugar, quería darle las gracias en nombre mío y en el de los dos compañeros que en el día de hoy dejamos el cargo de Diputados Provinciales, de Pablo Baquero Alvarez y de Arturo Grandal Vaqueiro, y quería agradecerle al Presidente de la Diputación la oportunidad que nos ha dado durante estos dos años y tres meses de haber sido Diputados Provinciales. Gracias que quería hacer también extensivas a los Vicepresidentes de la Diputación, al señor José Crespo y José María Figueroa. Y quería también agradecer a todos los funcionarios de la Diputación, técnicos y funcionarios, por el trato que nos han dado durante estos dos años. También quería darle las gracias a todos los diputados provinciales tanto del equipo de gobierno como de la oposición, que nos han acompañado durante estos dos años. Darle las gracias, también de una manera especial, en los plenos un poco convulsos que se han vivido, con el tema de las participaciones preferentes. Y al mismo tiempo, también quería tener un recuerdo para la persona que fue diputado y compañero mío de asiento, de Jorge Domínguez Rosal, alcalde de Meaño, recientemente fallecido. Y también, no quería olvidarme, porque yo creo que las instituciones y la vida pues es una sucesión de hechos encadenados, de relaciones con las personas, quería darle las gracias también a los dos portavoces de la oposición, al Sr. Mosquera, portavoz del Bloque Nacionalista Galego y al Sr. Santos Héctor como portavoz del Partido Socialista Gallego, por el trato que han tenido con el Presidente y la educación que han tenido durante todas sus intervenciones, porque creo que, independientemente, de las luchas políticas que cada uno tenga y de las ideologías que todos tengamos, al final todos estamos aquí para trabajar por el bien de toda la provincia, por el bien de todos los vecinos de la provincia de Pontevedra, y creo que el respecto que han tenido hacia la figura del Presidente, me gustaría, y a los otros dos diputados que hoy salimos también, que se mantuviese durante toda la legislatura porque creo que al fin y al cabo el respecto debe estar y presidir las instituciones que es lo que más valoran nuestros ciudadanos. Nada más Presidente, muchas gracias por esta oportunidad que nos has dado, y que toda la legislatura que finalice con buenos éxitos para la Diputación, que se siga creando trabajo, que se siga dando trabajo a las personas que lo necesitan, y sobre todo que se sigan haciendo obras que en estos momentos de dificultad creo que es lo mejor que podemos pedir las personas que representamos a nuestros vecinos. Muchas gracias Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias, sinceras e tamén agradecemento, como digo, por parte dos compañeiros da Corporación, a estes tres compañeiros que van a estar, evidentemente, aí con nós, igual, non estarán aquí na Corporación provincial, pero creo que o seu paso deixou marcado unha relación extraordinaria. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, gracias Presidente. Bos días de novo. Dende o Grupo Provincial Socialista pois desexarlle o mellor ós tres Deputados que hoxe nos deixan, e dende logo, o noso recoñecemento, tamén, á súa laboura e que teñan os mellores éxitos profesionais e persoais tamén. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Bos días de novo. Gracias. Vamos a ver. Hai ocasións nas que intervir é difícil, ¿por que?, porque hoxe en día é unha obviedade así de calibre, en fin, de tópico, ou pode meterse un en terreos que non son, digamos, politicamente correctos, claro. Se os compañeiros son tan bos, ¿por que os cambia o Partido Popular?. Evidentemente, é unha situación interna do Partido Popular que quere cambiar uns deputados por outros, froito duns pactos e demais, independentemente da valía que teñan os que saen e os que entran. Dito isto, cos tres compañeiros, en concreto, que se marchan, as relacións foron espléndidas, a algún xa o coñecía doutras épocas, e a disposición, a disposición, agardo que nos poidamos ver no futuro, tanto comigo coma co meu grupo e poidamos ter as colaboracións ou a relación persoal mellor que se poida ter e demais. Eu sinto ter que dicir a primeira parte pero é que é obvio, é obvio, entón, xa sabedes que, se me coñecedes ou nos coñecedes, é que dicir así, bueno, as palabras formalistas de rigor pois non é precisamente a nosa especialidade. Pero, repito, o aprecio persoal e o trato para o futuro agardo que sexa, como foi con case todos os compañeiros e compañeiras que pasaron por esta corporación, e unha cousa non ten nada que ver coa outra. Emprazámonos, tanto os que estamos agora aquí coma os compañeiros que estiveron, de que cando, vamos, un compañeiro ou compañeira doutro grupo político, pois saiu, pois cando nos vemos por aí fóra, as relacións ou o recoñecemento mutuo son espléndidos e creo que ese é un valor, as relacións humanas e a educación están por riba ou deben estar por riba da política e das loitas partidarias. Que vos vaia ben. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera por esa exquisita cordialidade igual que, neste caso, de D. Santos Héctor, porque se algo, dalgunha maneira, nos queda de referencia é, nestes momentos, onde sabemos estar á altura, e, polo tanto eu dende aquí agradecer, como digo, a todos os membros da corporación sen distinción de cor política, porque unha vez máis demostramos estar á altura e sobre todo ver o lado humano das persoas e o agradecemento e o cariño co cal estamos aquí, entramos e tamén sabemos, evidentemente, que, pois todo ten un tempo de duración. En todo caso, reitero o agradecemento máis profundo para eles, de corazón, sincero, ós tres, e vamos a seguir véndonos, seguramente, moito máis a miúdo, porque esta amizade pois queda fortalecida. Dada conta do escrito presentado con data 6 de setembro de 2013 (con rexistro de entrada nº 2013078981) por D. Pablo Baquero Álvarez, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Tui, nas eleccións celebradas no ano 2011, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial por motivos persoais. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Tui proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Tui en representación do Partido Popular a D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e D. Santiago Rodríguez Davila, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. Pablo Baquero Álvarez, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Tui corresponde cubrir a vacante a D. Alejandro Rodríguez Rodríguez. 5.6386.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR D. ARTURO GRANDAL VAQUEIRO Dada conta do escrito presentado con data 6 de setembro de 2013 (con rexistro de entrada nº 2013078988) por D. Arturo Grandal Vaqueiro, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Ponteareas, nas eleccións celebradas no ano 2011, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial por motivos persoais. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Ponteareas proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Ponteareas en representación do Partido Popular a D. Horacio Gil Expósito, D. Julio César García-Luengo Pérez e D. Juan Pablo Castillo Amigo, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. Arturo Grandal Vaqueiro, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Ponteareas corresponde cubrir a vacante a D. Horacio Gil Expósito. 6.6387.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR D. JOSÉ NELSON SANTOS ARGIBAY Dada conta do escrito presentado con data 6 de setembro de 2013 (con rexistro de entrada nº 2013078986) por D. José Nelson Santos Argibay, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Tui, nas eleccións celebradas no ano 2011, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial por motivos persoais. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Tui proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Tui en representación do Partido Popular a D. Moisés Rodríguez Pérez, D. Alejandro Rodríguez Rodríguez e D. Santiago Rodríguez Davila, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. José Nelson Santos Argibay, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Tui corresponde cubrir a vacante a D. Moisés Rodríguez Pérez. b) Parte de información e control: 7.6388.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente.- Punto número 7 da orde do día. Dar conta das Resolucións Presidenciais. Sr. Secretario.- Si. Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones dictadas entre el 30 de julio y el 9 de setiembre. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 30 de xullo e 9 de setembro do ano 2013 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 8.6389.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Punto número 8 da orde do día. Rogos e preguntas. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, nós presentamos unha moción o luns, é certo que fóra das Comisións Informativas que se celebraron o venres, pero si con tempo suficiente e con coñecemento de todos os grupos, con tempo suficiente para vela e ademais que é unha moción referida ó noso Aeroporto, ó Aeroporto desta provincia, ó Aeroporto de Peinador, e que nós propoñemos que se trate de forma urxente porque creo que é un tema que está demandando toda a sociedade, dende o sector empresarial ós cidadáns, de que se apoie esta importante infraestrutura da nosa provincia. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Aquí, por suposto, que estamos en disposición de tratar todo aquilo que sexa de interese para a provincia, como é unha moción que entrou, pois iso, despois da convocatoria, e á parte de ser un Pleno extraordinario, no próximo Pleno, que imos a ter dentro de unha semana e pouco, bueno, pois aí vámolo a tratar longo e tendido, e falaremos amplamente deste asunto, porque cremos que é un asunto, tamén, importante e, polo tanto, o trasladamos xa á Comisión respectiva e despois ó Pleno que, como digo, se vai a celebrar en menos de dúas semanas. Sr. Cacabelos Rico. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Quixera facer un rogo e dúas preguntas. O rogo e unha das preguntas van vinculadas sobre o mesmo tema que é a Volta ciclista a España, concretamente as tres etapas que se celebraron aquí na provincia de Pontevedra. O rogo vai dirixido a reclamar un pouco de educación institucional por parte deste organismo, da Deputación de Pontevedra, da súa Presidencia, xa que, xa, o que pasou en Vigo, por todos coñecido tamén, o propio día da presentación se traslada invitación ó Grupo Provincial Socialista para participar do acto de presentación da Volta ciclista a España, se solicita que por parte do Grupo Provincial Socialista que se confirme asistencia, e cando o representante, neste caso o que lles fala, do Grupo Provincial Socialista, acude á presentación o que lle din os servizos de protocolo da Deputación é que se busque a vida e que encontre un sitio onde o haxa. Pensamos que merecemos un pouquiño máis de respecto e senón é posible ter un sitio reservado, xa que se confirma, consideramos que algo está fallando na educación institucional desta casa. Moitos pensamos que esta non é a Volta ciclista do Partido Popular, é a Volta ciclista a España e concretamente eran as tres etapas da provincia de Pontevedra. Polo tanto, reiterar e reclamar un pouco de respecto e de educación institucional. A pregunta tamén está vinculada á Volta ciclista a España, ten que ver con que se é posible coñecer os gastos totais que para a Deputación de Pontevedra supón a Volta ciclista a España, porque, a verdade, estamos intentando recoller a diferente documentación, entre os diferentes acordos que hai vinculados á Volta ciclista a España, e é, ás veces, complicado. Simplemente, por facer un resume, vemos que entre convenios e publicidades son 800 mil euros. Vemos que non temos importe dos convenios nos concellos de Lalín, Vilagarcía, Baiona, Sanxenxo e Vilanova. Consideramos que é propio ademais do Grupo Provincial Socialista facer este labor de fiscalización. Nos chama a atención que en tres días, tres etapas, soamente en Caterings e ceas se gasten 30.000 euros, 10.000 euros diarios; ou que, nun vo fotográfico se gasten case 6.000 euros. Os actos como a Volta ciclista a España poden ter unha repercusión importante nunha provincia como Pontevedra, non temos datos do retorno da inversión ou, neste caso, gasto da Deputación de Pontevedra, pero, dende logo, un evento como a Volta ciclista cando está subvencionado, financiado con cartos públicos, non pode ter calquera custe e para, dende logo, facer unha análise concreta do custe e beneficio dun evento destas características, sería bo dispoñer dos cartos que á Deputación de Pontevedra, é dicir, a todos os pontevedreses nos custou estas tres etapas da Volta ciclista, porque, como digo, no pouco que puidemos reunir, e é un pouco complicado conseguir os datos, en publicidade 800.000, en tres días de catering, 30.000, etc., etc. Sería bo coñecer, ademais, os convenios e os gastos que obrigaron en moitos concellos a adecuar asfaltados para, por poñer un exemplo, para á Volta ciclista. E, tamén, reiterar que descoñecemos os importes económicos dos convenios cos diferentes concellos onde foron saída ou chegada das tres etapas da Volta ciclista. A outra pregunta que quero trasladar está vinculada ó proxecto faraónico en que se están a converter as Pousadas do Salnés, onde empezaron cun custe inicial, un orzamento inicial de 9 millóns de euros, segundo os datos que temos recollidos xa van por 16, pero nos chama a atención que na Xunta de Goberno do 8 de, do 9 de agosto, perdón, se adxudica por un modelo, mediante un negociado sen publicidade para un importe de 370 mil euros, que xa nos chama un pouco a atención que se utilice este modelo de contratación, negociado sen publicidade, 370 mil euros, pero o que nos chama moito máis a atención é o concepto, que é unha ampliación ó anexo á Pousada de Ribadumia para un proxecto complementario de centro deportivo e de ocio, 370 mil euros ós que hai que sumar 1.600.000 euros que un ano antes se fixera para o acceso á Pousada; entendemos que todos estes cartos hai que sumalos ós 16 que xa levan de construción as Pousadas. Queremos recordar que non son dez Pousadas, son catro, entre 16 millóns xa vamos por 4 millóns de euros por Pousada. E, por certo, algo xa, tamén, que nos empeza a interesar é, ¿que futuro teñen estas Pousadas?, porque non sabemos, a día de hoxe todas están pechadas, é un saco sen fondo porque non están rematadas, cando xa fai máis dun ano que, polo proxecto, deberían de estar rematadas, é o saco sen fondo que require cartos, cartos e máis cartos. Polo tanto, gustaríanos saber, ¿por que estes anexos e estes custes tan excesivos?, e, sobre todo, ¿que perspectivas de futuro teñen as Pousadas en tanto á súa xestión, concesión e servizo público?. Gracias. Sr. Presidente.- Si, moitas gracias e moi bos días. Bueno, eu sei que vostede ten un compromiso firme de que aquilo que sae ben, intentar, pois, buscar algunha xustificación para que non sexa realmente así. O que pasa é que a razón non lle asiste e a opinión pública tampouco. Pero, en todo caso, dicirlle que, en relación á primeira cuestión, nós non organizamos a presentación de equipos, que a organizou Unipublic, e nadie, excepto o Presidente da Deputación e o Presidente da Xunta e a Ministra de Fomento, nadie tiña ningún sitio reservado, porque é un sitio reservado para sponsor e polo tanto, houbo xente que tivo que quedar fóra da valla, vostede non creo que fora o caso, pero, en todo caso, se a vostede lle gusta o protocolo para a próxima ocasión lle direi ós servizos da casa que lle teñan máis atención a vostede, en particular, para que o senten no sitio adecuado. Pero, en todo caso, non é correspondencia desta casa porque nós non organizamos ese evento, en primeiro lugar. En segundo lugar, home, de gastos podemos falar de que non hai moito tempo se puxeron en marcha en Vigo unhas olimpiadas que se ían a celebrar e que non se celebraron nunca, e gastamos 2 millóns e pico de euros, ¿verdade?, eu creo que algo de responsabilidade tiña o seu partido por aí ou así, naquel entón, porque non hai moito tempo, ¿verdade?. Ou, o que se gastou noutras cousas, pero, se quere, cando queiramos entrar niso entramos, o que pasa é que aquí a razón e a opinión pública non lle asisten, entón, creo que o vai ter un pouco complicado á hora de poder xustificar o inxustificable. En todo caso, dicir que todo está, evidentemente, para poder acceder á documentación que sexa preciso, e poderá comprobalo, e a partir de aí pois, vostede falaba de, ¿cal é a rendabilidade?, home, a rendabilidade, evidentemente, se se lle mira a moitas cousas pois hai que comprobalo, se utilizamos algunhas estatísticas, pois pode sacar algunha conclusión, eu pódolle dar unha estatística, vostede me dará outra, etc., etc., pero, en todo caso, eu lle diría, especialmente de onde vostede é, no seu municipio que lle pregunte ós do sector e alí poderá sacar algunha conclusión, pregúntelle ós do sector de hostalería, restauración, etc., e xa pode sacar algunha conclusión importante. E é certo que vostede ten que xustificar máis aínda porque o Grove tivo unha implicación determinante, evidentemente, nesta edición da Volta ciclista a España, e polo tanto, pois ten que intentar facer ver que non foi o que realmente foi, pero bueno, ese é o seu problema, non é o meu. En todo caso, para rematar dicía que o proxecto Pousadas é un proxecto ambicioso, sen dúbida, e o proxecto só ata agora xerou moitos beneficios e sobre todo logrou algo que, curiosamente, é noticia estes días, que esta institución fora premiada con cerca de 1,5 millóns de euros pola boa xestión que fixo dese proxecto, o cal desminte bastante o que vostede está dicindo, cando nos premian por xestionar ben os recursos económicos de fondos europeos, pois é que o facemos ou o fan, neste caso, os técnicos realmente ben. Polo tanto, estamos contentos deste tema, sabemos que a partir de agora, o que vén agora non é fácil, porque agora hai que, todos os pasos que se deron son todos moi difíciles. Primeiro, conseguir os terreos, que se conseguiron máis de 4 hectáreas de terreo, que son propiedade da Deputación, hai catro edificios construídos agora que son propiedade da Deputación, creamos durante catro anos cerca de 200 postos de traballo, que é moi importante, 200 postos de traballo que se crearon, precisamente, con este proxecto, durante catro anos, e, ó mesmo tempo, claro, agora algúns poderán ver, cando poñamos en marcha a adxudicación do concurso público, que hai que ver quen se fai cargo diso, porque non son os tempos de antes, onde probablemente un proxecto desta envergadura pois calquera empresa cho sacaba das mans, agora non é o caso, pero estou plenamente convencido de que, a pesar diso e dalgúns que criticaron bastante este proxecto, imos a lograr que se faga cargo, evidentemente, pois unha concesionaria, da xestión para que poida permitirnos tamén a creación de postos de traballo, e iso é, como digo, realmente o importante. En todo caso, dicirlle que a pesar da súa sistemática oposición o proxecto vai ir para adiante, e nesa comarca, pois vai xerar, pois riqueza e actividade económica, que era, en definitiva, do que dalgunha maneira se trataba. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Vostede ten así a, digamos, a aficción ou o costume de presumir de que esta casa é moi áxil e fai, bueno, resolve os problemas antes de aparecer xa, executa os proxectos antes de pensalos. Pero hai un proxecto, que lanzaron, que era aquel da, vamos, coñecido, que era o Servizo provincial de recollida de residuos sólidos-urbanos, de lixo, para entendernos, que incluso había algúns concellos que, bueno, que estaban pendentes de contratos ou para adherirse, que había, que creou unhas expectativas en certos concellos, polo menos unha situación novidosa, que bueno, que había moitas decisións pendentes, que parecía, vostede anunciou que se ía a poñer en marcha, bueno, xa tería que estar en marcha xa hai tempo, e que de repente pasou a invernar, e non se volveu a saber nada del. Gustaríame saber, ¿que é o que pasou?, ¿se seguen en marcha ou non?, ¿se se vai impulsar ou non?, porque hai en cantidade de concellos que teñen que tomar decisións, ás veces moi complexas e moi difíciles, e que, bueno, terán que saber cales son as condicións, os parámetros, ou os tempos nos que se pode impulsar isto e botalo a andar. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias, e agradezo esa pregunta, e teño que contestarlle que, evidentemente, esa proposta se vai levar a cabo por parte da Deputación, e se sufriu algún retraso é, son dous retrasos máis que xustificados, e vou a dicir cales son. En primeiro lugar, hai unha proposta do Goberno central que é a modificación da Lei, neste caso de Réxime Local, que, bueno, en gran medida afecta a eses estudos de viabilidade dos servizos que teñen que facer os concellos, estabamos esperando por ela, se presentou finalmente e, polo tanto, bueno, pois agora cada un sabe xa ó que ten que acollerse. Creo que era unha xustificación totalmente necesaria, non estivo parado este proceso en ningún momento, porque agora mesmo temos adhesións de vinte e tantos concellos da provincia de Pontevedra, e espero que nos próximos meses, poucos meses, como digo, poder ter algo máis do 50% dos concellos da provincia de Pontevedra adheridos a este servizo. Iso era, foi un dos elementos que, bueno, había que esperar, porque en función diso, creo que é un tema importante a decisión que tiñamos que acordar no convenio, a establecer, de encomienda de gestión dese servizo por parte da Deputación, creo que era fundamental sabelo, coñecémolo e temos, como digo, esa información. A segunda, é unha cuestión que non é menor, tamén, que é a modificación do canon, neste caso, pois, Sogama, que segue sendo o receptor dunha, vamos, eu diría da inmensa maioría das toneladas de residuos que se xeran en Galicia, na provincia de Pontevedra, vai variar o canon que lle cobra por tonelada ós concellos debido a que non hai prima para, neste caso, a planta que tiña en Cerceda a efectos de conseguir unha bonificación e unha prima que conseguía, precisamente, polas enerxías que alí se queimaban, o cal, pois, debemos estar falando de cerca de dez millóns de euros que, probablemente, vaia a repercutir no que vai a ser o custe da tonelada de basura ou de residuo, neste caso. Xa falamos coa Consellería e falamos con Sogama tamén para ver finalmente cal é esta cuestión, e, polo tanto, todo está no sitio que corresponde e agora mesmo, xa digo, faltan, eu diría que poucos meses, para cerrar o acordo con esa totalidade, trinta e tantos concellos da provincia de Pontevedra, que pode estar máis cerca dos corenta, para que se sumen a este plan, porque en definitiva, especialmente, vostede é un dos que tamén apoiou esta posta en marcha, creo que todo ten, só ten beneficios, especialmente para os concellos pequenos e medianos, e o que falta é, como digo, refrendar iso, porque nos faltaban estes custes, nos faltaba saber como íamos aplicar coa nova modificación da lei, e agora, pois, practicamente, temos xa todos os elementos, de feito tiven unha reunión a semana pasada cos técnicos da casa para ver como está este importante tema, e, bueno, pódolle dicir que, como digo, está moi, moi avanzado e neste ano 2013 vai quedar cerrado ese cadro e sobre todo para que os concellos, que como ben vostede dicía, que teñen expectativas de tomar unha decisión, que a poidan tomar libremente e que, polo tanto, fagamos un bo servizo neste ámbito. Ó mesmo tempo, tamén, no acordo que establecéramos, a idea era que por parte da Deputación e da proposta do grupo do Bloque Nacionalista Galego, nos sumáramos tamén a poñer en marcha experiencias piloto que nos permitiran, precisamente, levar a cabo un plan de compostaxe, un plan piloto de compostaxe que nos permita tamén, se é posible, reducir as toneladas que se mandan a Sogama, e polo tanto, nese tema tamén estamos, e creo que é un tema importante. Vostede, ben dicía, que ás veces nos gusta, non sei, eu non diría a palabra presumir, pero hai cuestións que non son fáciles, porque tamén hai que dicilas, porque senón parece que non existen, e, aínda que ó mellor poida ser un tema menor, é un tema bastante complexo, que era poñer en marcha unha canceira provincial, que despois de varias ameazas, insultos, etc., non coñecín a nadie que pasado iso diga aquilo que dixo antes de poñelo en marcha. E agora mesmo, son cerca de 600 animais que hai nesa canceira provincial, hai adheridos 50 municipios da provincia de Pontevedra, e tamén lle digo dende aquí ós concellos da provincia que, agora están encantados con este tema, que, claro, igual que se adheriron rapidamente, moi rapidamente a este tema, que era un problema, que lle fervía nas mans, que sepan tamén que igual que collemos unha cousa tamén hai que adherirse a outras, como é o tema do que dicíamos antes, para algúns que faltan, me refiro, ¿non?. Porque este lle resolveu un problema grave e á parte de reducirlle un problema reducimos en máis dun 50% o custe que tiñan a inmensa maioría dos municipios da provincia de Pontevedra, e, agora, como digo, de pasar de ter 0 animais temos 600, practicamente, animais, neste momento, na canceira provincial, ¿non?, o cal non é un tema menor e aquilo que se fai ben ou que está aí, e non houbera dito isto senón houbera pasado o que pasou ó principio, de soportar esas páxinas e páxinas dos periódicos, bloquear a web da Deputación con anuncios de que se íamos matar ós animais, que se íamos a non sei que, que cousas ían a suceder, etc., etc., e inviteinos en reiteradas ocasións a eses, que son poucos, que algún tipo de interese debían ter noutras cousas e non nisto, pois a que veñan a visitala, que pasen por alí e que lle pregunten ós alcaldes ademais dos 50 municipios da provincia de Pontevedra, de todas as cores políticas, por certo, ¿como está funcionando?, se teñen algunha queixa, de momento non tiven nin a máis mínima queixa despois de bastantes meses funcionando este servizo, e algúns compañeiros ademais estiveron alí. Polo tanto, isto válenos, como digo, para reiterarlle tamén ós concellos que, claro, aquilo que mo solucionen, pero o outro, que o teño ó mellor solucionado, como pode ser o tema do servizo de recollida de basura, solucionado aínda que ás veces sen valorar os custes, de canto me custa nin, porque ás veces non se fan contas e, sen embargo o custe é dúas ou tres veces maior ó que pode cobrar un servizo global, que pode ser o que faga a Deputación. E claro, digo isto tamén, porque canto maior número sexan os concellos que participen no proxecto anterior, maior número de persoas se van a beneficiar do custe e da operatividade dese servizo, porque non é de recibo, xa o dixen en varias ocasións e volvo a reiteralo agora, que municipios limítrofes, con casas limítrofes, que pertencen a dous municipios, un pague unha cantidade e o outro pague o dobre, e que un pague a seis meses e que outro pague a tres, non é de recibo nos tempos que estamos. Creo que o normal e o lóxico é que exista un recibo anual, se existe, ou semestral, ou o que acordemos para todos e creo que non debe haber cidadáns nin de primeira nin de segunda senón que teñen que ser todos iguais porque ó final o servizo de recollida de lixo, concretamente, é para todos igual, igual que o é o servizo de recollida de animais abandonados. Polo tanto, creo que, xa digo, dalgunha maneira me permito responderlle á súa pregunta, que ten todo o interese e, polo tanto, agradezo a súa pregunta e dicirlle que estamos, como digo, rematando o proceso de adhesións ós concellos da provincia de Pontevedra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, a pregunta así, así, como moi polo concreto non está respondida, pero bueno, vamos a, que todos os factores existen está claro pero, ¿cando está previsto botalo á andar?, non se contestou; e segundo, algo dixo sobre a compostaxe, doutro sistema …, que está no Plan de residuos de Galicia e, polo tanto, é unha obriga compostar. Está a planta do Morrazo, hai a posibilidade de construír unha nova e todo o sistema de recollida tería que ter contemplada esa posibilidade, houbera unhas reunións, quedouse en que se nos ía convocar a máis e estamos agardando. Polo que se ve non está tomada esa decisión, e aí, nós seguimos mantendo a oferta de adherirnos como concello de Pontevedra e os concellos, vamos, da redonda de aquí, polo que sabemos tamén estarían dispostos, para avanzar nesa dirección. Non sei por que esa experiencia, se o sistema se concibe dunha maneira despois cambialo iso é tremendo, entón haberá que concibilo xa dunha maneira ou doutra. Non sei se, se pode avanzar algo, se vai haber algunha reunión pronto, entendemos que senón hai reunións é porque non hai nada concreto no que avanzar, entendemos. Entón, bueno, non sei se vai haber algo concreto, algunha proposta concreta e se vai a haber esas reunións proximamente, porque vamos, o tempo pasa e pode cambiar bastante as condicións, pode cambialas, ¿non?, prórrogas de contratos, contratos novos, etc., pode cambiar bastante cada concello segundo a súa situación. Se se me pode contestar a iso, senón entendo que, bueno, que está verde. Sr. Presidente.- Non, eu digo que vamos a, este mesmo mes a ter unha xuntanza, porque, xa digo, tiven a semana pasada unha reunión cos técnicos que están levando todo isto e neste mesmo mes, máximo a primeira semana de outubro, con datos xa todos enriba da Mesa, podemos manter esa reunión desa comisión e sobre todo da boa disposición que encontramos, neste caso por parte do Bloque Nacionalista Galego, e desa oferta tamén posible, de, futuramente, que poida participar o concello da capital da provincia neste servizo que, dalgunha maneira, iso se chama solidariedade ben entendida, ¿por que?, porque iso beneficiaría ó conxunto dos concellos, se dalgunha maneira chegáramos a iso, porque estamos falando de canto maior volume maior beneficio, me refiro para os cidadáns, en custe, porque se reduciría de maneira considerable. Polo tanto, o vamos a facer aí, esa, como digo, esa xuntanza, que tomo boa nota aquí, para facela xa inmediatamente, porque ademais hai datos moi, moi recentes. ¿Algunha pregunta máis?. D. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, é referido a unha pregunta que nós rexistramos por escrito o 17 de marzo, e que temos sen resposta, é referida a unha contratación, feita aquí na Deputación de Pontevedra, e que queríamos saber por que non se nos resposta. Sr. Presidente.- Vale. Sr. Rodríguez Díaz.- E insistir que é unha mágoa non poder hoxe debater, non poder debater a moción referente ó aeroporto de Vigo, pola, porque había, eu creo que hai pouco tempo para poder traballar a favor del, pero en todo caso, o grupo maioritario decide que non se trate e non se trata. Sr. Presidente.- Non, non, xa se vai a tratar. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, vaise tratar no próximo Pleno. Sr. Presidente.- Si, si, o próximo Pleno é en menos de dúas semanas. Sr. Rodríguez Díaz.- Nos gustaría que se tratara hoxe. A pregunta é do 17 de abril de 2013, e se refire á selección dunha contratación laboral e a fixemos por escrito, precisamente, tamén para gardar esa confidencialidade da persoa e non se nos respostou. Sr. Presidente.- Vale. Perfecto. Sr. Cacabelos Rico. Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias Sr. Presidente. Mire, o rogo, respecto ó protocolo, é unha cuestión de educación institucional Sr. Presidente, se o quere recoller ben e senón o quere recoller non o recolla. Quen convida á presentación ó Grupo Provincial Socialista é a Deputación de Pontevedra, en nome do Presidente, e nós confirmamos nesta Deputación, nós contestamos a quen nos convida, e polo tanto, consideramos que ten que haber unha educación institucional, senón hai educación institucional nesta casa aceptarémolo, pero, dende logo, non o compartimos. Segundo, a pregunta da Volta ciclista a España, eu non estou criticando a Volta ciclista como evento, o que estamos é solicitando uns datos para facer unha evaluación, e a pregunta é moi concreta, ¿o custe da Volta ciclista a España na provincia de Pontevedra nesas tres etapas?. Ten vostede unha habilidade, que hai que recoñecerlle, que é contestar, responder unha pregunta acordándose do pasado e outras cuestións que non veñen á conta e a pregunta é moi clara e moi concreta, ¿cal é o custe total da Volta Ciclista?. E, respecto ás Pousadas, home, me parece moi atrevido por parte do Presidente que diga que as Pousadas xa están dando beneficios cando aínda están en construción, cando son un saco roto, que teñen máis que duplicado o seu custe inicial e, concretamente, a pregunta é, ¿por que razón dentro do proxecto das Pousadas, concretamente a Pousada de Ribadumia, se incorpora un proxecto de 370 mil euros de adecuación do anexo á Pousada de Ribadumia como Centro deportivo e de ocio?. Non acabamos de entender porque isto hai que incluílo dentro desta fastuosa obra como son as Pousadas da Comarca do Salnés. Son dúas preguntas moi concretas e un rogo que se o quere recoller perfecto e senón pois tampouco pasa nada. Sr. Louzán, non é un tema persoal meu, eu represento ó Grupo Provincial Socialista. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois vamos a ver, en primeiro lugar, volvo a reiterarlle, parece que non, hai que dicir a verdade, na invitación convida o Director General de Unipublic máis convida o Presidente da Deputación, pero o acto, xa lle reiterei antes, que é organizado pola empresa organizadora do evento, ¿vale?, polo tanto, hai que dicir todo. En segundo lugar, que está producindo beneficios, a vostede non lle parecen poucos ou non lle parecen beneficios suficientes que se poidan xerar durante catro anos entre 150 e 200 postos de traballo en toda esa comarca; non lle parecen tamén importantes beneficios que se recuperen para a titularidade pública catro hectáreas de terreo, catro edificios que non existían, tres que non existían e un que existe, que se rehabilitou integralmente, ¿non lle parecen beneficios eses?, ¿non son beneficios?. Home, evidentemente, teríamos disparidade de opinións senón lle parecen beneficios, pero a min me parecen uns beneficios moi importantes para todos os cidadáns, sobre todo nun momento coma este, porque, en todo caso, se vostede non o entende así, os contratos que vamos a poñer en marcha para a semana que vén, 800 contratos para os concellos da provincia de Pontevedra, que imos ter un gasto cercano ós 4 millóns de euros, tampouco sería un beneficio, eu creo que é un beneficio para a sociedade, ¿non?, creo que niso temos que estar de acordo. En relación á segunda cuestión, do cambio, ese é o único cambio, de que nese proxecto houbo un cambio, estaba previsto, evidentemente, unha sala para outros usos, entenderon dende o punto de vista técnico e arquitectónico que a rendabilidade desa instalación estaría, precisamente, mellor, dedicada cun espazo complementario, porque as catro Pousadas cada unha ten unha temática dalgunha maneira distinta, para que as catro no seu conxunto poidan beneficiar ó sector, porque cada unha está especializada, como digo, así naceu ese proxecto, e polo tanto, esa o que sufriu foi a variación de que tiña un proxecto inicial que era destinado a outra actuación, se variou ese proxecto porque así o decidiron os técnicos, e finalmente esa foi a proposta. Porque, como digo, esa instalación igual que algunha das que teñen as outras Pousadas compleméntanse, son complementarias, hai unha distancia en tempo moi curta, relativamente curta, e polo tanto, o que van a intentar, e así está previsto no estudo de viabilidade, que as catro, como digo, se complementen porque están en ubicacións distintas pero moi próximas en tempo e, polo tanto, así consta no proxecto de viabilidade, como lle digo. Creo que neste sentido vai a cousa realmente ben, pero si, falta o elemento final, que é o gestor, e esperemos que o gestor pois faga ben as cousas, sexa quen sexa, porque vai saír un concurso público nas próximas semanas, e poida xerar emprego, que xere actividade económica que creo que é moi importante nun momento como o actual. Moitas gracias. Levántase a sesión e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)