ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.905
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2015/09/11_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-09-11_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015/09/11_Ordinaria

  • Data(s) 2015 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 10 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día once de setembro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado D. Juan Antonio González Pérez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23741.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 4 de setembro de 2015. 2.23742.- PRÓRROGA DAS BOLSAS DE DIPLOMADOS/GRADUADOS EN TURISMO DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014/2015 Por Acordo adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014 aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito, convocouse ós concellos e ós servizos da Deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015 dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos número 21.23075, 16.23182 ,15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 201. Por acordo número 18.23158 adoptado na Xunta de Goberno en sesión celebrada o 6 de marzo de 2015 adxudicáronse 13 bolsas de diplomados/graduados en Turismo de dito plan, con efectos do 16 de marzo de 2015 e por un período de seis meses, podendo ser prorrogadas por outros seis meses por acordo da Xunta de Goberno cumprindo co establecido nas bases. Destas 13 bolsas adxudicadas unha delas foi renuncia estando pendente a súa substitución. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación do titor no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada os titores consideran que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención de data 03 de setembro de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar as bolsas concedidas ós bolseiros que se relacionan no ANEXO I, dende o 16 de setembro de 2015 ata o 15 de marzo de 2016. A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios, o que supón para o ano 2015, un total de 33.599,88 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 1.256,04 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.01 e 15/921.2410.160.03. Dito anexo é como segue: ANEXO I nº Exp. Titulación esixida 1º Apelido 2º Apelido Nome Concello/ Servizo Importe (€) 1 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Blanco Ferradás Rocío Concello de Bueu 800 2 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Calvo Pérez Ana Isabel Concello de Poio 800 3 D73 Diplomatura/ Grao En Turismo Diz Bermejo Ana Concello de Mos 800 4 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Fraga Sánchez Maria Natividad Turismo Rías Baixas (Cpae-Cambados) 800 5 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Graña García Elvira Concello de Vilaboa 800 6 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Leites Cordeiro Nicole Concello de Vila de Cruces 800 7 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Míguez Fernández Sonia Concello de Tui 800 8 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Montenegro Rivas Sheila Turismo Rías Baixas (Aeroporto) 800 9 D73 Diplomatura/Grao en Turismo Pichel Barreiro Yolanda Concello de Baiona 800 10 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Prado González Lucia Concello de Pontevedra 800 11 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Rodríguez Hermelo Cristina Concello de Pontevedra 800 12 D73 Diplomatura/ Grao en Turismo Vázquez Costas Andrea Turismo Rías Baixas (Aeroporto) 800 3.23743.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NA EMPRESA ASOCIACIÓN AUTISMO VIGO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P038 Diplomatura/Grao en Educación Social na empresa Coesco-Deza S.L (Culinaria). Por acordo a probado na Xunta de Goberno celebrada o 28 de novembro de 2014 reubícase a dita bolseira, tras varias incidencias, na Asociación Autismo Vigo con efectos do 1 de decembro de 2014 polo período restante de bolsa. Con data de 4 de setembro presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 4 de setembro. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Lucía González Fontán, con efectos do 4 de setembro de 2015. 4.23744.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NA EMPRESA PALOMA REY FERNÁNDEZ-LATORRE (PAZO DE RUBIANES) Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P035 Ciclo Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural o bolseiro Fernando González Prieto na empresa Paloma Rey Fernández-Latorre (Pazo de Rubianes). Con data de 28 de agosto presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de agosto. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Fernando González Prieto, con efectos do 31 de agosto de 2015. 5.23745.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E DEPUTACIÓN POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE O ROSAL Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en concellos e servizos da Deputación de Pontevedra 2014-2015, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e Concello ou Servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de abril de 2015 iniciou as súas prácticas laborais do expediente D20 Diplomatura/grao en educación social. Con data de 28 de agosto de 2015 dita bolseira presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 31 de agosto de 2015 por mellora laboral. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Tania Losada Figueroa, con efectos do día 31 de agosto de 2015. 6.23746.- DEVOLUCIÓN GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones E.C.CASAS, S.L. A empresa Construcciones E.C.Casas,S.L.. (CIF B.36147429), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Mellora en núcleos rurais (Concello de Campolameiro)” (R1/PID.12/Obra.2ª), do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Asefa Seguros, por importe de cinco mil cincocentos dous euros con sesenta e cinco céntimos (5.502,65 €), para responder da “Mellora en núcleos rurais (Concello de Campolameiro)”(R1/PID.12/Obra.2ª), que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/07/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300094235, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b) Devolución de garantías definitivas á empresa Luis Taboada, S.L. A empresa Luis Taboada,S.L. (CIF B 36278471), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Construcción e obras complementarias do Camiño de Fuentearcada (Arnego) (Vila de Cruces)”(PID/09/00917/2009002551), do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil catrocentos corenta e seis euros con sesenta e un céntimos (2.446,61 €), para responder do contrato relativo á obra “Construción e obras complementarias do Camiño de Fuentearcada (Arnego) (Vila de Cruces)”(PID/09/00917/2009002551), que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 20100055112, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. c) Devolución de garantías definitivas á empresa José Ruben Rozados e Hijos, S.L. A empresa José Ruben Rozados e Hijos, S.L. (CIF B.36224384), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Ensanche de la E.P. 7203 Tramo Ramal a Magdalena (Forcarei)”(Expte.2013000396), do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval do Banco Popular, por importe de sete mil novecentos cincuenta euros con cinco céntimos (7.950,05 €), para responder do contrato relativo á obra “Ensanche de la E.P. 7203 Tramo Ramal a Magdalena (Forcarei)” , (Expte.2013000396), que foi depositada na Tesourería Provincial o 14/11/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300148157, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. d) Devolución de garantías definitivas á empresa Rafer, S.L. A empresa Rafer, S.L. (CIF B36052702), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato da obra “Acceso e pavimentación nos lugares de Vilela e Baroncelle (Carboentes) (Concello de Rodeiro)”(R2/PID.12/Obra.7ª), do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Novagalicia, por importe de dous mil seiscentos setenta e dous euros con corenta céntimos (2.672,40 €), para responder do contrato relativo á obra de “Acceso e pavimentación nos lugares de Vilela e Baroncelle (Carboentes) (Concello de Rodeiro)” (R2/PID.12/Obra.7ª)que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/09/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300120867, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.23747.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Tendo en conta o informe de Intervención, de data 31 de xullo de 2015, relativo a certificación 4 presentada pola empresa CPA Construcciones y Proyectos Abilleira SL, correspondente a obra “Ensanche e mellora da seguridade viaria na EP 2302 Gondomar-Chaín-Morgadáns (Gondomar)”, Convenio 2014008917, cuxo importe ascende a 52.285,79€, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación 15/456.4530.612.02.2014, para facer fronte ó gasto, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de conformidade coa base 17ª.1.a) da execución do Orzamento Provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Empresa CPA CONSTRUCCIONES Y PROYECTOS ABILLEIRA SL CIF B36162030 Aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02.2014 Importe 52.285,79 € Taxa dirección de obra (4% PEM) 1.452,48 € Control de calidade (5% PEM) 1.815,60 € Seguridade e saúde (0,50€ PEM) 181,56 € Líquido a percibir 48.836,15 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecemento extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Tendo en conta o informe de Intervención, de data 23 de xullo de 2015, relativo a certificación Final presentada pola empresa Construcciones Rafer Sl, correspondente a obra “Rehabilitación de firme na E.P. 6202 Rodeiro-Oseira (Rodeiro)”, Fondos Propios 2014006861, cuxo importe ascende a 13.499,24 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación 15/456.4530.612.02.2014, para facer fronte ó gasto, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de conformidade coa base 17ª.1.a) da execución do Orzamento Provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Empresa CONSTRUCCIONES RAFER SL CIF B36052702 Aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02.2014 Importe 13.499,24 € Taxa dirección de obra (4% PEM) 375,01 € Control de calidade (4% PEM) 375,01 € Seguridade e saúde (0,50€ PEM) 46,88 € Líquido a percibir 12.702,34 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecemento extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 8.23748.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO NÚMERO 6.23691 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 07/08/2015 Visto o erro padecido no texto do acordo nº 9.18909, adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 18 de xaneiro de 2011, referente á aprobación do “Proxecto modificado nº 4 de ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra)”. E resultando que as administracións públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o devandito acordo no seguinte sentido: -Onde di: “…Para facer fronte a este gasto existe consignación orzamentaria nas aplicacións 2010/457.333.622.01.2008 e 2010/457.333.622.01.2009… …2. Aprobar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias 2010/457.333.622.01.2008 e 2010/457.333.622.01.2009...” -Debe dicir: “…Para facer fronte a este gasto existe consignación orzamentaria nas aplicacións 2011/457.333.622.01.2008, 2011/457.333.622.01.2009 e 11/457.333.622.01.2010, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial… …2. Aprobar o gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias 2011/457.333.622.01.2008, 2011/457.333.622.01.2009 e 2011/457.333.622.01.2010, unha vez incorporados os remanentes de crédito ó vixente orzamento provincial…” 9.23749.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 10.23750.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición