Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2015-09-25_Ordinaria. Acta de sesión 2015/09/25_Ordinaria
Acta de sesión 2015/09/25_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.835/2.2015-09-25_Ordinaria
Título Acta de sesión 2015/09/25_Ordinaria
Data(s) 2015 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 24 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e cinco de setembro do ano dous mil quince, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.23771.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 17 de setembro de 2015. 2.23772.- IMPOSICIÓN DE PENALIDADES Á EMPRESA ACTEXGA,S.L. POLO INCUMPRIMENTO DO CONTRATO PARA A IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FONDO SOCIAL EUROPEO, PRIMEIRA QUENDA, CUARTO LOTE A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na súa sesión ordinaria de 5 de abril de 2013, adoptou o acordo de adxudicación, mediante procedemento aberto, da impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, resultando adxudicataria do lote nº4, correspondente ó curso “Docencia da formación profesional para o emprego”, a empresa Actexga, S.L. (CIF: B36939874), por un prezo ofertado de 19.950,00€ e un compromiso de inserción laboral do 66,66%. Tendo en conta que, segundo o apartado I) do prego de prescricións técnicas (en adiante, PPT) o número de alumnos para cada acción formativa foi de 15 persoas, a porcentaxe asumida pola empresa tradúcese no compromiso de inserir a 10 dos alumnos. O prazo para a consecución da referida porcentaxe de inserción foi de dous meses contados a partir do día seguinte ó do esgotamento das convocatorias establecidas polo Proxecto Aquelando 3. Concretamente, a achega da memoria xustificativa correspondía ó 23 de febreiro de 2014. Resultando que, con data de 25 de marzo de 2014, rematado o prazo para cumprir o referido compromiso de inserción laboral, sen que a devandita empresa xustificase ningunha contratación efectiva do seu alumnado, o Xefe de Sección do Centro Príncipe Felipe eleva informe proposta ó Servizo de Contratación para a incoación do correspondente expediente de incumprimento do contrato. No referido informe indícase que, segundo o PPT, a valoración final do cumprimento do compromiso de contratación farase en base ós contratos entregados polo adxudicatario. Resultando que na memoria final presentada pola empresa Actexga, S.L., concretamente no anexo “Xustificación do compromiso de inserción laboral”, non se achega xustificación documental que certifique que se acadou este compromiso. Neste punto, o equipo técnico do proxecto Aquelando3 considera que esta empresa non xestionou axeitadamente este cometido. Segundo o devandito informe, a empresa limitouse a buscar nas cidades de Vigo e Pontevedra e unicamente para tarefas de impartición de accións formativas. Asemade, considera que no período no que a empresa tiña a obriga, por contrato, de acadar a porcentaxe de inserción, existía unha alta volume de formación impartíndose na provincia de Pontevedra, xa que estaba en pleno funcionamento o Plan de formación para persoas desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar, ademais de que as facilidades para acadar este compromiso foron moi amplas, xa que non se esixiu ningunha modalidade de contrato en particular nin ningún tempo determinado de duración. Resultando que, á vista deste informe, o 15 de maio de 2014, o Servizo de Contratación confire un prazo de dez días á devandita empresa para alegacións, no que indique se cumprirá a porcentaxe comprometida, achegando os correspondentes contratos laborais. No referido escrito advírteselle que, en caso contrario, imporánselle as penalidades recollidas no artigo 212 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (en adiante, TRLCSP), quedando a xuízo desta Administración a solicitude de indemnización polos posibles danos e perdas. Resultando que, en resposta ó referido escrito, o 4 de xuño de 2014 a empresa presenta escrito de alegacións, no que se compromete a acadar a porcentaxe de inserción laboral do 66,66% do alumnado desta acción formativa no prazo de 2 meses, presentando os contratos que sirvan como xustificación. Resultando que, visto o informe favorable do Centro príncipe Felipe sobre as alegacións de Actexga, S.L., con data de 16 de xuño de 2014 o Servizo de Contratación comunica a esta empresa que deberá acadar a porcentaxe de inserción laboral do 66,66% no novo prazo establecido (4 de agosto de 2014), advertíndolle que, de non facelo así, imporánselle as penalidades recollidas no artigo 212 TRLCSP, quedando a xuízo desta Administración a solicitude de indemnización polos posibles danos e perdas. Resultando que o 6 de agosto de 2014 recíbese na Deputación o “Informe de xustificación do compromiso de inserción profesional do curso de Docencia da formación profesional para o emprego” da empresa. Avaliada a devandita xustificación polo equipo técnico do proxecto Aquelando3, o Centro Príncipe Felipe emite informe de 5 de marzo de 2015, no que sinala que dos 15 alumnos desta acción formativa, dous conseguen a súa inserción sen que medie a empresa e un non é localizado, polo que a porcentaxe de inserción do 66,66% se aplicaría sobre os 12 alumnos restantes, o que se traduce na obriga da empresa de inserir a 8 destes alumnos, en lugar de ós 10 iniciais. Asemade, considera que a empresa xustifica só a inserción de 4 alumnos das 8 persoas que tiña que inserir, polo que non se cumpriu totalmente este compromiso contractual. Resultando que, en base a este último informe, o 16 de abril de 2015 o Servizo de Contratación solicita ó Centro Príncipe Felipe que valore o grado do incumprimento da empresa e a contía da penalización a aplicar, que deberá ser proporcional á gravidade do incumprimento e non superar o 10% do orzamento do contrato. Segundo o informe de valoración do Centro Príncipe Felipe, de 23 de abril de 2015, o grado de incumprimento supón un 50% do compromiso de inserción adquirido, é dicir, dun 33,33%, do que resulta un grado de incumprimento global do contrato do 6,25%. En proporción ó devandito grado de incumprimento, valórase a contía da penalización a aplicar no importe de 1.246,88€. Resultando que o Servizo de Contratación emite informe, con data de 7 de setembro de 2015, no que considera que se cumpren os requisitos establecidos legalmente para elevar á Xunta de Goberno, como órgano de contratación, a imposición de penalidades á empresa Actexga, S.L. (CIF: B36939874) por importe de 1.246,88€, e que as referidas penalidades deberán facerse efectivas mediante a dedución correspondente do importe de 4.987,50 € que queda pendente de facturar e, de non ser posible ou resultar insuficiente, sobre a garantía constituída polo importe de 997,50 €, que, neste caso, a empresa deberá restituír no prazo de quince días naturais. Resultando que, con data de 9 de setembro de 2015, o Servizo de Intervención emite informe de fiscalización deste expediente, sinalando que dado que o incumprimento supón o 6,25% do total e que o prezo do contrato é de 19.500,00 €, resulta unha penalización a aplicar de 1.246,88 € que serán detraídos do importe que queda pendente de facturar do devandito curso (4.987,50 € a data de hoxe) ou, no seu caso, da garantía definitiva depositada no seu día (art.100 TRLCSP). Nembargante, no suposto de non poder efectuarse por ningunha desas dous vías, ou sendo insuficientes, procederase ó cobro mediante o procedemento administrativo de apremio (art. 102.2 TRLCSP). Asemade, sinala que a devandita penalización é á marxe da indemnizabilidade dos danos e perdas causados polos incumprimentos do contratista, xa que o proxecto Aquelando3 está financiado na súa maioría por fondos europeos, polo que haberá que ter en conta unha posible esixencia de responsabilidades no caso de perda da subvención. Considerando o artigo 212 TRLCSP, segundo o cal os pregos ou o documento contractual poderán prever penalidades para o caso de cumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato. Estas penalidades deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ó 10% do orzamento do contrato. En cumprimento deste artigo, na cláusula dezanove do prego de cláusulas económico-administrativas particulares que rexeu esta contratación (en adiante, PCAP), prevíronse as penalizacións a aplicar no caso de incumprimento contractual, indicando os supostos que, de concorrer, suporán a imposición das penalidades oportunas en proporción á gravidade do incumprimento, non podendo ser a súa contía superior ó 10% do orzamento do contrato. Entre estes supostos contémplase a escaseza de prácticas de calquera tipo, a xuízo do persoal técnico do proxecto Aquelando3. A aplicación destas penalidades non necesitará intimación previa. Asemade, na cláusula 3 PPT estableceuse que, no caso da non cobertura do compromiso de contratación, o contratista incorre automaticamente en incumprimento, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato. Considerando que, de acordo co apartado 8 do artigo 212 TRLCSP, as penalidades se imporán por acordo do órgano de contratación, adoptado a proposta do responsable do contrato no caso de que se designara, que será inmediatamente executivo, e faranse efectivas mediante a dedución das cantidades que, en concepto de pago total ou parcial, deban aboarse ó contratista ou sobre a garantía que, no seu caso, se constituíra, cando non podan deducirse das mencionadas certificacións. Considerando o artigo 101.2 TRLCSP, segundo o cal cando a garantía non sexa bastante para cubrir as responsabilidades ás que esta afecta, a Administración procederá ó cobro da diferenza mediante o procedemento administrativo de apremio, de conformidade co establecido nas normas de recadación. Considerando que a disposición final segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora de Facendas Locais, e o establecido na Base 16.2.a das Bases de Execución do vixente Orzamento provincial, onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización de gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidenta, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar polo procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Impoñer unha penalización por importe de 1.246,88 € á empresa Actexga, S.L. (CIF:B36939874), polo incumprimento do compromiso de inserción laboral asumido no contrato para a impartición dos cursos de formación incluídos no proxecto Aquelando3, cofinanciado nun 80% polo FSE, primeira quenda, cuarto lote. O importe desta penalización será deducido do importe de 4.987,50 € que queda pendente de facturar do devandito curso, correspondente ó 25% do prezo do contrato, e, senón é posible, da garantía definitiva depositada polo importe de 997,50 €. No suposto de non poder efectuarse por ningunha desas dous vías, ou de ser insuficientes, procederase ó cobro mediante o procedemento administrativo de apremio, de conformidade co establecido nas normas de recadación. Esta Administración resérvase o dereito a reclamar ó contratista a correspondente indemnización polos danos e perdas que podan xurdir polo seu incumprimento contractual. 3.23773.- CONCESIÓN DE PRORROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “CAMPO DE A LOMBA (AREAS-PONTEAREAS)” Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria celebrada o día 24 de abril de 2015, acordou adxudicar á empresa UNIKA Proxectos y Obras, S.A.U., o contrato para a execución da obra “Campo de fútbol da Lomba (Areas-Ponteareas)”, por un importe de 357.889,77 €, IVE incluído, e un prazo de execución de 3 meses. Resultando.- Que con data 25/05/2015 formalizouse a acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como dada para a finalización da obra o día 25/08/2015. Resultando.- Que con data 21/08/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito do contratista e do director de obra, solicitando unha prórroga de dous meses debido ó retraso no comezo dos traballos debido ó axuste na delimitación dos terreos correspondentes ó ámbito deportivo e ás propiedades colindantes. Resultando.- Que solicitado o informe preceptivo ó Servizo de Infraestruturas, este emite o mesmo na data 14/09/2015, no que manifesta que as causas alegadas de demora non son imputables ó contratista, entendendo xustificada a concesión da prórroga para ampliación de prazo de execución da obra ata o 25/10/2015, data na que se terá por finalizada a mesma. Considerando.- Que o artigo 100.1 do R.d. 1098/2001 recolle que a petición da prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días dende aquel no que se produza a causa orixinaria do retraso, alegando as razóns polas que estime non lle sexa imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, os efectos de que a Administración poida, oportunamente, e sempre antes da terminación do prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga do mesmo. Considerando.- Que o artigo 100.2 do R.d.l. 1098/2011, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece que: “En el caso de que el contratista no solicitase prórroga en el plazo anteriormente señalado, se entenderá que renuncia a su derecho, quedando facultada la Administración para conceder, dentro del mes último del plazo de ejecución, la prórroga que juzgue conveniente, con imposición, si procede, de las penalidades que establece el artículo 95.3 de la Ley o, en su caso, las que se señalen en el pliego de cláusulas administrativas particulares, salvo que considere más aconsejable esperar a la terminación del plazo para proceder a la resolución del contrato”. Considerando.- Que tanto a xurisprudencia, a lexislación en materia de contratación e a lei de procedemento, recollen de forma análoga que a ampliación de prazos non poderá exceder do inicialmente concedido, pois se estaría a distorsionar a licitación, en tanto que no cronograma da mesma, o prazo de execución pode ser computado como mellora á hora de valorar as ofertas realizadas polas empresas. Considerando.- Que lle corresponde ó director de obra, facultativo que representa á Administración nomeado por ela, controlar a execución da obra e comunicar as súas incidencias ó órgano de contratación para que este adopte as medidas que considere oportunas. Asemade correspóndelle esixir ó contratista o cumprimento das condicións contractuais, así como garantir a execución da obra con estrita suxeición o proxecto aprobado e ó cumprimento do programa ou plan de traballo. Considerando.- Que o TRLCSP, recolle no seu artigo 212, as penalidades que se poden impoñer o contratista por incumprimento das súas obrigas, que lle serían aplicadas no seu caso, deducindo o importe da penalización na factura correspondente. Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha prórroga de 2 meses e ampliar o prazo de execución da obra “Campo de fútbol de A Lomba (Ponteareas)”, establecéndose como data para finalizar a mesma o día 25/10/2015, entendéndose, que superada a mesma sen estar rematada, o contratista incorrerá en mora, aplicándolle automaticamente as penalidades recollidas no TRLCSP. 4.23774.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA “CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS-2015” Dada conta da proposta de “Bases Reguladoras da concesión de axudas e subvencións para a execución do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015”, cun financiamento de tres millóns dezaseis mil oitocentos cincuenta e oito euros (3.016.858,00€), con cargo á aplicación orzamentaria 942.9420.462.03, dos Orzamentos provinciais para o ano 2015, na que se está a tramitar a pertinente modificación de crédito para dotala co crédito suficiente. Considerando o establecido nos artigos 9.2 e 17 da Lei 38/2003, de 18 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o artigo 6.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), sobre á esixencia unhas bases reguladoras para o outorgamento de subvencións e do recollido nos artigos 9.3 e 23 da LXS e o 6.3 da LSG, que recollen a necesidade de proceder á súa convocatoria pública. Considerando que en virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Á vista da documentación que obra no expediente, dos informes do Servizo de Cooperación, da Secretaria Xeral e da Intervención Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar as “Bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións para execución do II Plan de conservación e mantemento de bens e servizos municipais 2015”, cun financiamento por importe de tres millóns dezaseis mil oitocentos cincuenta e oito euros (3.016.858,00 €), condicionadas á aprobación definitiva da pertinente modificación de crédito que se está a tramitar con cargo á aplicación orzamentaria 942.9420.462.03, dos Orzamentos provinciais para o ano 2015, cuxo texto di como segue: “BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO II PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS 2015 Segundo o disposto no artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local (LRBRL), modificada pola Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración local, a Deputación debe asegurar o acceso da poboación da provincia ó conxunto dos servizos mínimos de competencia municipal e garantir a maior eficacia e economía na súa prestación, mediante calquera fórmula de asistencia e cooperación. Con esta finalidade a institución provincial pode outorgar subvencións e axudas con cargo ós seus recursos propios para a realización e o mantemento de obras e servizos municipais, o que se instrumentará a través de plans especiais ou ben doutros instrumentos específicos. Neste sentido, segundo o previsto no artigo 109 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración local de Galicia, a Deputación de Pontevedra, para a xestión dos seus intereses, no ámbito das súas competencias e a través de diferentes plans, encárgase de facer efectiva a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal. As circunstancias sobrevidas do actual contexto de crise económica xeneralizada, que derivou nun cambio de escenario orzamentario, afectoulles a todas as administracións públicas, sen que a Administración local sexa unha excepción. Deste marco orzamentario fortemente restritivo deriva, entre outras consecuencias, a imposibilidade para a maior parte dos concellos da provincia de prestar determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade. Á vista das necesidades dos concellos, no orzamento do ano 2015 buscouse o crédito suficiente para realizar unha convocatoria de axudas ós municipios, coa denominación de II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015. As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar o custo salarial total, incluída a cotización á Seguridade Social, de traballadores desempregados, en xornada de 35 horas semanais, por un período de dous meses. O importe subvencionable por traballador calcúlase en función do importe proporcional do Salario Mínimo Interprofesional para o ano 2015 para a xornada sinalada, se ben tomando en consideración como xornada completa a de 37,5 horas semanais. O número de traballadores que contratará cada concello determinarase en función da poboación do municipio. Non obstante, en caso de consideralo oportuno, este podería solicitar un número inferior. Con esta finalidade ponse en marcha esta convocatoria de subvencións para lles prestar asistencia e cooperación ós concellos da provincia e como medida de fomento da contratación de persoas desempregadas en situación de exclusión social. En consecuencia, e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG) e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), acórdase convocar axudas e subvencións para a execución do II Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais 2015, que se rexerá polas seguintes BASES Artigo 1. Obxecto e finalidade: Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública, en réxime de concorrencia, das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Artigo 2. Financiamento: O financiamento deste programa, por importe de tres millóns dezaseis mil oitocentos cincuenta e oito (3.016.858,00) euros, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 942.9420.462.03, dos orzamentos provinciais para o ano 2015, na que se está a tramitar a pertinente modificación de crédito para dotala do crédito necesario, quedando condicionado á súa aprobación. Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos e criterio de concesión: Estas axudas e subvencións van dirixidas ós concellos da provincia de Pontevedra que non estean incursos nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da LSG. O número de traballadores por concello determinarase en función da súa poboación. Para estes efectos a poboación da entidade local que se vai considerar será a última publicada polo INE na data de publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) destas bases. Deste xeito, a cantidade total que se vai repartir farase segundo a táboa seguinte: Número de habitantes Grupo 1 de 0 a 2000 Grupo 2 de 2.001 a 5.000 Grupo 3 de 5.001 a 10.000 Grupo 4 de 10.000 a 20.000 Grupo 5 de 20.001 a 50.000 Grupo 6 máis de 50.000 número de traballadores 14 20 24 30 34 36 Artigo 4. Requisitos dos servizos que se prestarán: Os servizos que se van desenvolver serán de interese xeral e social e deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Ser prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa. b) Favorecer na súa execución ou prestación a formación e as prácticas profesionais das persoas desempregadas que se van contratar. c) Ser prestados ou executados no ámbito municipal. d) Responder a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia e tendo en conta a crise económica. e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións ou categorías profesionais prioritarios indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social dos particulares, de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar, ou necesarios para o benestar dos veciños e, tamén, os que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno. Artigo 5. Subvención: contía: As mencionadas axudas ou subvencións irán destinadas a financiar, durante un período de dous meses, a contratación laboral en xornada de 35 horas semanais, que comprende o custo salarial e a cotización á Seguridade Social, de persoas desempregados (calquera que sexa a categoría profesional) que reúnan os requisitos establecidos no artigo 11.1 destas bases, co límite máximo de mil novecentos corenta e seis euros con trinta e seis céntimos (1.946,36 €) por traballador, e os concellos poderán, no seu caso, complementar a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. Artigo 6. Presentación de solicitudes: As entidades que queiran ser beneficiarias das axudas reguladas nestas bases deberán presentar o modelo de solicitude que figura como anexo I, xunto coa documentación á que se fai referencia no artigo 7, no Rexistro Xeral da Deputación, de luns a sábado, no Rexistro da súa sé de Vigo e das oficinas do ORAL, de luns a venres, ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Se a solicitude se presenta na sé de Vigo, nas oficinas do ORAL ou en calquera outro lugar ou forma que non sexa o Rexistro Xeral da Deputación en Pontevedra deberá adiantar unha copia selada por correo electrónico ó enderezo cooperacion@depo.es. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 5 de outubro de 2015. O feito de non se axustar ós termos da convocatoria ou a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 ó 56 da LSG. Artigo 7. Documentación: Xunto co formulario de solicitude deberase presentar a seguinte documentación: a) Copia compulsada ou cotexada da tarxeta de identificación fiscal en vigor da entidade solicitante. b) Copia compulsada ou cotexada do NIF da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención. c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou a acta, onde se determine esta representación. d) Memoria global dos servizos que se van desenvolver, indicando o perfil das persoas desempregadas que se van contratar, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros similares). e) Declaración responsable na que se fagan constar os seguintes extremos: - O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da LSG. - O cumprimento dos requisitos previstos para obter a condición de beneficiario da subvención referida no artigo 3 da convocatoria, relativos á súa capacidade técnica e de xestión. Se a partir do exame da documentación se comprobase que esta non reúne os requisitos necesarios, é insuficiente ou non se presenta na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, indicando que, de non o facer, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, terase por desistida a súa petición, previa a correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 da citada lei. Artigo 8. Procedemento: O procedemento de concesión de axudas será o de concorrencia. O Servizo de Cooperación será o encargado de tramitar os expedientes. Logo de revisados os expedientes e completada a documentación, no seu caso, remitiránselle á Comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe. Esta Comisión estará composta pola xefa do Servizo de Cooperación, o xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal e a xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación. Artigo 9. Resolución: O órgano instrutor elevará o informe da Comisión de valoración ó órgano competente da Deputación, que será a Xunta de Goberno, para que este decida sobre a concesión ou a denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, a data de inicio, o tempo de realización da obra ou servizo, a contía da subvención que se vai outorgar e demais requisitos esixibles para a súa percepción e seguimento. As resolucións dos expedientes instruídos, ó abeiro do disposto nesta orde, esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, poderá interpoñerse contra elas un recurso potestativo de reposición ante o órgano da Deputación que a ditou, no prazo dun mes computado desde o día seguinte ó da súa notificación, ou presentar directamente un recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa notificación. As subvencións concedidas ó abeiro destas bases publicaranse, xunto coa entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no BOPPO. Artigo 10. Réxime da aceptación e renuncia da subvención: Unha vez notificada a resolución definitiva polo órgano competente as subvencións concedidas entenderanse aceptadas se os beneficiarios non se opoñen ou as rexeitan expresamente no prazo de dez días hábiles desde a súa notificación. Artigo 11. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores: Os traballadores que sexan contratados para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros similares), inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores que necesiten mediante a presentación da correspondente oferta na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir as persoas que sexan contratadas para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. Para a xestión das ofertas establécese como ámbito de busca de emprego o municipio da entidade solicitante. A entidade beneficiaria será quen realice a selección definitiva dos candidatos. No procedemento de selección teranse en conta os seguintes criterios, entre outros que poida establecer o propio Concello, dándolle preferencia por esta orde: a) Ás vítimas de violencia de xénero b) Ós candidatos maiores de 45 anos c) Ós candidatos que formen unha familia monoparental con fillos ó seu cargo d) Ós candidatos con niveis de renda máis baixa e) Ós candidatos con cargas familiares Artigo 12. Contratación dos traballadores: Unha vez efectuada a selección dos traballadores na forma prevista no artigo anterior a entidade beneficiaria procederá á súa contratación tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o Concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante, sen que en ningún caso a duración total do inicial e do substituto poida exceder os dous meses. Todos os contratos deben estar iniciados o día 1 de novembro do 2015, agás os casos excepcionais de substitución por renuncia e polo tempo restante, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 31 de decembro de 2015. Se non fose posible o inicio na data referida, previa xustificación por escrito das circunstancias que motiven o retraso na contratación, permitirase a contratación polo tempo restante ata o 31 de decembro de 2015, se ben se detraerá o importe proporcional da subvención. En ningún caso a relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador vinculará a Deputación de Pontevedra. Artigo 13. Xustificación e pagamento: O pagamento da subvención farase efectivo da seguinte forma: - O 50 % ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do órgano ou empregado público competente do Concello. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data. - O 50 % restante ó inicio do segundo mes de contrato, previa certificación do órgano ou empregado público competente do Concello sobre a continuidade da actividade na que se fagan constar a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato. Artigo 14. Obrigas das entidades beneficiarias: As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na LSG, deberán cumprir as seguintes obrigas: a) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención. b) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse o convenio colectivo propio do Concello. c) Comunicarlle á Deputación as modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver os traballadores contratados, así como as renuncias e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións que se tiveron en conta para a concesión da subvención. d) Comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. e) Difundir que a actividade que se vai desenvolver foi financiada pola Deputación. Artigo 15. Xustificación e seguimento: Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados a entidade beneficiaria deberá cumprir as seguintes obrigas: ▪ Presentar a través do Rexistro xeral da institución provincial a seguinte documentación no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo: Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. Certificado de fin de servizo. Certificación do órgano ou empregado público competente do Concello acreditativa de que os gastos son reais e de que se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando á disposición da Deputación para o seu exame cos xustificantes correspondentes. Neste certificado deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1), en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. Artigo 16. Revogación e reintegro: Procederase á revogación das subvencións e ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada LSG. O modelo normalizado para a solicitude desta subvención facilitarase no Rexistro xeral desta Deputación, no Servizo de Cooperación e a través da páxina web www.depo.es”. 2. Publicar esta convocatoria coas súas bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.es. 5.23775.- ACEPTACIÓN DA RENUNCIA ASOCIACIÓN VECIÑAL, CULTURAL E DEPORTIVA SAN XURXO DE SAIANS (VIGO), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO MARCO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2014 PARA “MOBILIARIO URBANO” (Expte. 2014000286) Primeiro.- A Xunta de Goberno na súa sesión do día 27 de decembro de 2013 aprobou as Bases reguladoras do Programa de Acción Comunitaria (PAC) para o ano 2014, sendo o seu obxecto regular a concesión de subvencións para financiar a realización dos investimentos necesarios para a efectiva prestación dos servizos propios e obrigatorios contemplados nos artigos 25 e 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, agás a compra de terreos. As ditas Bases foron publicadas no BOPPO núm. 4 do 8 de xaneiro de 2014. Segundo.- A Xunta de Goberno da Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 28 de novembro de 2014 acordo número 15.22834, concedeu á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo (CIF: G-36648988) do Concello de Vigo, unha subvención por importe de 2.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Mobiliario urbano”, polo procedemento de concorrencia competitiva. Terceiro.- Dª Mónica Freijeiro de Pedro, con DNI: 36100283N, en calidade de Presidenta da Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo (CIF: G-36648988) do Concello de Vigo, presenta un escrito, con data de entrada no Rexistro Xeral da Deputación 10/09/2015 e número de rexistro 2015096143, no que manifesta o seu desexo de renunciar á subvención concedida polo importe de 2.000,00 € ,motivada a problemas de liquidez. Fundamentos Xurídicos: 1º.- O artigo. 90 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude ou, cando non estea prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar ós seus dereitos. 2º.- Pola súa parte, no artigo. 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, recóllese que tanto o desistimento como a renuncia poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia. Neste caso, indícase no punto 2 do citado artigo que a Administración aceptará de plano o desistimento ou a renuncia e declarará concluso o procedemento salvo que, habéndose persoado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciar a para a súa definición e esclarecemento, a Administración poderá limitar os efectos do desistimento ou a renuncia ó interesado e seguirase o procedemento. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, vista a solicitude de renuncia expresa presentada polo interesado e sen prexuízo das salvidades sinaladas no artigo 91 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, infórmase favorablemente a aceptación da renuncia solicitada e a declaración do expediente como concluso, ordenándose o seu arquivo. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aceptar a renuncia presentada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo (CIF: G-36648988) do Concello de Vigo, á subvención de 2.000,00 € no ano 2014 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm.2014000286, denominado “Mobiliario urbano”. 2. Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 3. Darlle traslado do acordo á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e á Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva San Xurxo (CIF: G-36648988) do Concello de Vigo. 6.23776.- PRÓRROGA DAS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2014/2015 Por Acordo nº 14.22923 adoptado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión celebrada o 19 de decembro de 2014, aprobouse o Plan de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015. Dito plan desenvolveuse en dúas fases, na primeira mediante escrito convocouse ós concellos e ós servizos da deputación a participar no plan, e na segunda fase convocouse e seleccionouse ós bolseiros. No Boletín Oficial da Provincia nº 246, do 22 de decembro de 2014, publicouse a convocatoria e as bases de selección de 198 bolsas de práctica laboral na Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2014-2015 dirixidas a mozos titulados universitarios ou de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación o mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordos núm. 21.23075, 16.23182 ,15.23181 e 17.23221 aprobados en Xunta de Goberno de 13 de febreiro, 13 de marzo e 27 de marzo de 2015, por cambio de titulacións solicitadas polos concellos e servizos da Deputación e ampliación do número de bolsas de 198 a 212. Por acordo número 16.23220 adoptado na Xunta de Goberno en sesión celebrada o 27 de marzo de 2015 adxudicáronse 197 de ditas bolsas, con efectos do 1 de abril de 2015 e por un período de seis meses, podendo ser prorrogadas por outros seis meses por acordo da Xunta de Goberno cumprindo co establecido nas bases. Na base décima da convocatoria establécese que para tramitar a prórroga é necesario presentar no Rexistro Xeral da Deputación, cun mes de antelación a data prevista da finalización, a memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados é o informe de avaliación do titor no que deberá indicarse si procede ou non a prórroga. Mediante informe de avaliación e a vista da memoria presentada os titores consideran que procede prorrogar as bolsas. De conformidade con todo o exposto, e en virtude das competencias conferidas polos artigos 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, e demais normativa de concordante aplicación, considerando o informe de intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, prorrogar as bolsas concedidas ós bolseiros que se relacionan no Anexo I, dende ó 1 de outubro de 2015 ata o 31 de marzo de 2016. A dotación económica das bolsas determinada polo nivel de titulación ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario para os titulados universitarios e 700,00 €/mes por beneficiario para os ciclos superiores de formación profesional, o que supón para o ano 2015, un total de 417.900,00 € sendo o custe da seguridade social de 34,89 €/mes por beneficiario, o que supón para o ano 2015 un total de 18.840,60 €. Estas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 15/921.2410.481.01 e 15/921.2410.160.03. Dito anexo é como segue: ANEXO I Nº Exp. Titulación 1º Apelido 2º Apelido Nome Centro de destino Importe € 1 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS ACUÑA ANDRADE ANA CRISTINA CONCELLO DE MEAÑO 700 2 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA ALCÁNTARA JANEIRO ANDREA CONCELLO DE PONTEVEDRA 800 3 P80 CICLO SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA ALCÁNTARA LÓPEZ ANA MARÍA TURISMO RÍAS BAIXAS 700 4 D25 DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS ALFONSO GANDARA MILAGROS GUADALUPE CONCELLO DE O PORRIÑO 800 5 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS ALONSO FARIÑAS LUCIA CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN 700 6 D51 LICENCIATURA EN PSICOPEDAGOXÍA ÁLVAREZ BARRAL MARÍA JESÚS CONCELLO DE MOS 800 7 D23 DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL ÁLVAREZ PÉREZ JESSICA CONCELLO DE ARBO 800 8 D53 LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA ÁLVAREZ EXPÓSITO EVA CONCELLO DE CALDAD DE REIS 800 9 D47 GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA ANTAS LEIRO VICTOR CONCELLO DE A CAÑIZA 800 10 D64 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA DA ARTE AREA MARTINEZ ANA MARIA MUSEO DE PONTEVEDRA 800 11 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS ARIAS GONZÁLEZ SANDRA ORAL 800 12 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA BALEIRÓN TORRES ESTELA MARÍA ORAL 800 13 D10 CICLO SUPERIOR EN PROXECTOS DE OBRA CIVIL BAÑOS SANTAMARIA JOSÉ RAMÓN CONCELLO DE SOUTOMAIOR 700 14 D55 LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA BARBEITO GONZÁLEZ PABLO ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO 800 15 D03 CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA BARBOSA PACHECO ALBA CONCELLO DE A GUARDA 700 16 D70 LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA BARROS ALFONSO ANTONIO FINCA MOURISCADE 800 17 D37 ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS BARTOLOMÉ ACOSTA PEDRO CONCELLO DE MOS 800 18 D69 LICENCIATURA/GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS BOO MILLÁN ASUNCIÓN DEL CARMEN CONCELLO DE REDONDELA 800 19 D69 LICENCIATURA/GRAO EN PUBLICIDADE E RELACIÓNS PÚBLICAS BRAGE GAGO BEATRIZ CONCELLO DE CERDEDO 800 20 D41 ENXEÑERÍA TÉCNICA FORESTAL, ESPECIALIDADE EN EXPLOTACIÓNS FORESTAIS BÚA IGLESIAS RAÚL CONCELLO DE POIO 800 21 D67 LICENCIATURA/GRAO EN PEDAGOXÍA CANEDA BERNÁRDEZ MÓNICA CENTRO PRÍNCIPE FELIPE 800 22 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO CARIDE COMESAÑA VICTOR MANUEL CONCELLO DE VALGA 800 23 D05 CICLO SUPERIOR EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS WEB CARREIRA CASTRO SONIA CONCELLO DE LALÍN 700 24 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO CASAL FERNÁNDEZ LAURA CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS 800 25 D37 ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS CASALDERREY DÍAZ DIEGO CONCELLO DE CALDAS DE REIS 800 26 D03 CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA CASANOVA RIVERO MARIA CONCELLO DE PONTEVEDRA 700 27 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO CASTIIÑEIRA SARTAL IRIA CONCELLO DE POIO 800 28 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA CASTRO ARAGÓN UXÍA ORAL 800 29 D47 GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA CASTRO FEIJÓO PABLO CONCELLO DE PORTAS 800 30 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL CASTRO MARTÍNEZ MARIA CONCELLO DE SANXENXO 800 31 P80 CICLO SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA CASTRO VÁZQUEZ CESAR RODRIGO CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA 700 32 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL CASTRO VÁZQUEZ MARIA AUXILIADORA CONCELLO DE FORNELOS DE MONTES 800 33 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA CERVIÑO IGLESIA CARLOS PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 800 34 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO CHAPELA BAMIO PAULA CONCELLO DE RIBADUMIA 800 35 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS COMEDEIRO FERRADÁS SARA CONCELLO DE MOAÑA 700 36 D23 DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL CONDE LOMBA MARTA CONCELLO DE PONTEVEDRA 800 37 D67 LICENCIATURA/GRAO EN PEDAGOXÍA CONDE PÉREZ YOLANDA CENTRO PRÍNCIPE FELIPE 800 38 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA CONDE PORTELA ANA MARÍA PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 800 39 D37 ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS CONDE RODRÍGUEZ DIEGO CONCELLO DE CRECENTE 800 40 D03 CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA CORES GARCÍA MIRIAN CONCELLO DE CATORIA 700 41 D25 DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS CORREA VIDAL ANA MARÍA CONCELLO DE O PORRIÑO 800 42 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL CORREDOIRA MÍGUEZ NOELIA CONCELLO DE O GROVE 800 43 D41 ENXEÑERÍA TÉCNICA FORESTAL, ESPECIALIDADE EN EXPLOTACIÓNS FORESTAIS CORTEGOSO ÁLVAREZ BEATRIZ CONCELLO DE MEAÑO 800 44 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL COSTAS FERNÁNDEZ YASMINA CONCELLO DE REDONDELA 800 45 D01 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE CRUZ HERNÁNDEZ JORGE CONCELLO DE BAIONA 700 46 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA DEL VALLE-INCLÁN CRUCES HUGO BALTASAR CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA 800 47 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO DOMINGUEZ RODRIGUEZ PATRICIA CONCELLO DE A LAMA 800 48 D77 CICLO SUPERIOR EN LABORATORIO DE DIAGNOSTICO CLÍNICO ESCOBERO CELA SUSANA FINCA MOURISCADE 700 49 D24 DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ESTÉVEZ ARCE ESTELA CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA 800 50 D03 CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA FANDIÑO ESTONLLO NOELIA CONCELLO DE RIBADUMIA 700 51 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS FERNÁNDEZ CRESPO MARÍA CRISTINA CONCELLO DE LALÍN 700 52 D12 CICLO SUPERIOR EN SECRETARIADO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ JOSE CONCELLO DE GONDOMAR 700 53 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ NURIA CONCELLO DE CAMPOLAMEIRO 700 54 D37 ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ JORGE CONCELLO DE MARÍN 800 55 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL FERNÁNDEZ DOPAZO Mª DEL CARMEN CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO 800 56 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS FERREIRA CONDE SILVIA ORAL 800 57 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO FERREIRA VÁZQUEZ MARÍA PAZ CONCELLO DE O PORRIÑO 800 58 D81 LICENCIATURA/GRAO EN CIENCIAS AMBIENTAIS FERRERO ÁLVAREZ Mª AURORA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA (ESTACIÓN DE HIDROBIOLOXÍA "ENCORO DO CON") 800 59 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO FIGUEIRAL LOZANO ALBA CONCELLO DE A ESTRADA 800 60 D01 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE FONTENLA SOTO JOSE FRANCISCO CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA 700 61 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA FREIRE QUINTAS MARTA CONCELLO DE PONTE CALDELAS 800 62 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA GALIÑANES FERNÁNDEZ TANIA ORAL 800 63 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA GÁNDARA GIRÁLDEZ ALBA CONCELLO DE MOAÑA 800 64 D56 LICENCIATURA/GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE GAÑÁN NIETO JAVIER CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA 800 65 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA GARCÍA CEBREIRO FATIMA CONCELLO DE PONTEAREAS 800 66 D20 DIPLOMATURA/GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL GARCÍA RODRIGUEZ SORAYA CONCELLO DE RODEIRO 800 67 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA GARRIDO PEREIRA ROBERTO CONCELLO DE NIGRÁN 800 68 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO GESTEIRA ESTÉVEZ HORTENSIA CONCELLO DE BUEU 800 69 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS GIL CARRACEDO ÚRSULA CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS 700 70 D20 DIPLOMATURA/GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL GIRÁLDEZ MOREIRA INGRID CONCELLO DE TOMIÑO 800 71 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA GODOY FILGUEIRA VÍCTOR CONCELLO DE MARÍN 800 72 D53 LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA GÓMEZ ARAGÓN JULIA CONCELLO DE VALGA 800 73 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA GÓMEZ ORFO FERNANDO CONCELLO DE PONTEAREAS 800 74 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA GÓMEZ ROBLEDO YOLANDA CONCELLO DE BUEU 800 75 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS GÓMEZ SARRAPIO DIEGO CONCELLO DE COTOBADE 800 76 D11 CICLO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL GONZÁLEZ DEL RIO ROBERTO ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO 700 77 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO GONZÁLEZ MARTÍNEZ LUCÍA CONCELLO DE TUI 800 78 D13 CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN COMERCIAL E MÁRKETING GONZÁLEZ MOLANES BREOGÁN TURISMO RÍAS BAIXAS 700 79 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS GONZÁLEZ NOVO CRISTINA CONCELLO DE A ESTRADA 700 80 D70 LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ SONIA FINCA MOURISCADE 800 81 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS GONZÁLEZ-ALMUIÑA LESTA CRISTINA CONCELLO DE NIGRÁN 700 82 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA GREGORIO MOSQUERA PEDRO PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 800 83 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS GUERREIRO RODRIGUEZ MIRIAN CONCELLO DE O ROSAL 700 84 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS HERMIDA FARIÑA NURIA CONCELLO DE CALDAS DE REIS 700 85 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO HERMIDA FERNANDEZ VANESSA CONCELLO DE DOZÓN 800 86 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO HIERRO RICO CARMEN CONCELLO DE A GUARDA 800 87 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS IGLESIAS GÓMEZ FÁTIMA CONCELLO DE OIA 700 88 D70 LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA JORGE GONZÁLEZ TANIA FINCA MOURISCADE 800 89 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL LAIÑO CASTRO TANIA MARÍA CONCELLO DE REDONDELA 800 90 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO LÁUZARA MARTÍNEZ LETICIA ORAL 800 91 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO LLOPIS FERNÁNDEZ BRAIS CONCELLO DE PONTEAREAS 800 92 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA LODEIRO FRAGA PAULA CONCELLO DE A ESTRADA 800 93 D15 DIPLOMATURA EN BIBLIOTECONOMÍA E DOCUMENTACIÓN/GRAO EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN LÓPEZ SANTOS CRISTINA CONCELLO DE VIGO 800 94 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL LÓPEZ VÁZQUEZ FABIOLA CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA 800 95 D55 LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA LÓPEZ RIVAS MANUEL ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO 800 96 D64 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA DA ARTE LORENTE BALADO CARLOTA MUSEO DE PONTEVEDRA 800 97 D08 CICLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS LORENZO FERNÁNDEZ SHEILA CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO 700 98 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO LORENZO GONZÁLEZ ESTEFANÍA CONCELLO DE PONTEAREAS 800 99 D64 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA DA ARTE LORES ACUÑA NEREA MUSEO DE PONTEVEDRA 800 100 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL LOSADA CAMPERO TANIA CONCELLO DE A CAÑIZA 800 101 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA LOUREIRO VIÑAS VALERIA ORAL 800 102 D77 CICLO SUPERIOR EN LABORATORIO DE DIAGNOSTICO CLÍNICO MARCOTE ROMÁN LUCÍA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO 700 103 D25 DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS MARTÍNEZ MARTÍNEZ IGNACIO DANIEL CONCELLO DE VIGO 800 104 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA MARTÍNEZ SOTO ELOY MUSEO DE PONTEVEDRA 800 105 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO MEIJUEIRO FRAGUAS MARIA AINOA COOPERACIÓN 800 106 D24 DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA MELO MARTÍNEZ LUCÍA CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 800 107 D72 LICENCIATURA/GRAO EN XORNALISMO MÉNDEZ MIGUÉNS IRIA CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO 800 108 D75 LICENCIATURA/ GRAO EN VETERINARIA MIGUÉLEZ RIÁDIGOS SILVIA FINCA MOURISCADE 800 109 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS MÍGUEZ COMESAÑA ANA CONCELLO DE NIGRÁN 700 110 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO MIRAGAYA GONZÁLEZ SUSANA CONCELLO DE BUEU 800 111 D11 CICLO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL MONTERO FERNÁNDEZ AARÓN CONCELLO DE MOAÑA 700 112 D78 CICLO SUPERIOR EN QUÍMICA AMBIENTAL MOSQUERA GIMÉNEZ ÁNGELA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO 700 113 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA MOURE GARCÍA VERÓNICA CONCELLO DE O GROVE 800 114 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO NAVEIRO RENDO PABLO CONCELLO DE CANGAS DO MORRAZO 800 115 D08 CICLO SUPERIOR EN PRODUCIÓN DE AUDIOVISUAIS E ESPECTÁCULOS NOGUEIRA RODRÍGUEZ MARÍA MONTSERRAT CONCELLO DE TUI 700 116 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL NOVOA GARCÍA NOELIA CONCELLO DE SOUTOMAIOR 800 117 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL OTERO SEOANE PATRICIA CONCELLO DE FORCAREI 800 118 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS OTERO VALLADARES MARIA CONCELLO DE SANXENXO 700 119 D64 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA DA ARTE PADIN BUCETA ALICIA CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 800 120 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA PAMPILLÓN FERNÁNDEZ MARÍA LUZ ORAL 800 121 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL PARADA CARTELLE RAQUEL CENTRO PRÍNCIPE FELIPE 800 122 D37 ENXEÑERÍA TÉCNICA DE OBRAS PÚBLICAS/GRAO EN ENXEÑERÍA DE OBRAS PÚBLICAS PARCERO RODAL ANTÍA CENTRO PRÍNCIPE FELIPE 800 123 D55 LICENCIATURA/GRAO EN BIOLOXÍA PATIÑO ÁLVAREZ LUCÍA CRISTINA CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO 800 124 D15 DIPLOMATURA EN BIBLIOTECONOMÍA E DOCUMENTACIÓN/GRAO EN INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN PAZ FERNÁNDEZ SARA CONCELLO DE VIGO 800 125 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL PEREIRA BARCIA MARIA CONCELLO DE BARRO 800 126 D47 GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA PEREIRAS CAMBÓN CÉSAR CONCELLO DE POIO 800 127 D33 ENXEÑERÍA INDUSTRIAL, ORIENTACIÓN EN INSTALACIÓNS E CONSTRUCIÓN PINEDA NICOLÁS GLORIA MARÍA CONCELLO DE BAIONA 800 128 P80 CICLO SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA PINTOS RODIÑO JACOBO CONCELLO DE REDONDELA 700 129 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA PIÑEIRO LAGO ALBA ORAL 800 130 D47 GRAO EN ENXEÑERÍA DE EDIFICACIÓN/ARQUITECTURA TÉCNICA PIÑEIRO MARTÍNEZ ERMITAS CONCELLO DE A GUARDA 800 131 D14 CICLO SUPERIOR EN XESTIÓN FORESTAL E DO MEDIO NATURAL PIÑÓN FILGUEIRA EDUARDO CONCELLO DE SALVATERRA DO MIÑO 700 132 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA PORTAS LOSADA ANA MARIA CONCELLO DE TOMIÑO 800 133 D79 LICENCIATURA/GRAO EN FILOLOXÍA PORTELA NÚÑEZ DARÍO SERVIZOS LINGÜÍSTICOS 800 134 D67 LICENCIATURA/GRAO EN PEDAGOXÍA PORTELA CARPINTERO FÁTIMA CENTRO PRÍNCIPE FELIPE 800 135 D42 ENXEÑERÍA TÉCNICA INDUSTRIAL EN ELECTRICIDADE PORTO GARCIA JAVIER CONCELLO DE TOMIÑO 800 136 D53 LICENCIATURA/GRAO EN ARQUITECTURA PRADO FIGUEROA DELIA CONCELLO DE GONDOMAR 800 137 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO PRADO GONZÁLEZ LETICIA CONCELLO DE NIGRÁN 800 138 D68 LICENCIATURA/GRAO EN PSICOLOXÍA PREGO RÍOS PATRICIA CONCELLO DE CALDAS DE REIS 800 139 D56 LICENCIATURA/GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE QUINTANA SANJOSE JORGE CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 800 140 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS RAJO CAMPO FÁTIMA CONCELLO DE O PORRIÑO 800 141 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA REBOREDO DURÁN GUADALUPE CONCELLO DE SANXENXO 800 142 P80 CICLO SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA REFOJOS CASAS YAIZA CONCELLO DE BAIONA 700 143 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO REGENGO ALONSO GALA CONCELLO DE MARÍN 800 144 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO RIVEIRO MARTÍN IRIS CONCELLO DE COVELO 800 145 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO ROCHA MUÑIZ LETICIA CONCELLO DE MOAÑA 800 146 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA RODIÑO DOPAZO SERGIO CONCELLO DE SANXENXO 800 147 D27 DIPLOMATURA/GRAO EN TRABALLO SOCIAL RODRÍGUEZ ABAL RAQUEL CONCELLO DE VILAGARCIA DE AROUSA 800 148 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS RODRÍGUEZ PALLARES SUHAIL CONCELLO DE LALÍN 700 149 D11 CICLO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL RODRÍGUEZ REY MÍRIAM ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO 700 150 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA RODRÍGUEZ SAÁ TAMARA CONCELLO DE VIGO 800 151 D06 CICLO SUPERIOR EN EDUCACIÓN INFANTIL RODRÍGUEZ TORRES ISABEL CONCELLO DE AGOLADA 700 152 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA RODRÍGUEZ VILLAR HELENA CONCELLO DE TUI 800 153 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA ROMAN CARREIRO ADRIAN CONCELLO DE GONDOMAR 800 154 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS ROMERO FIDALGO JOSÉ MARÍA ORAL 800 155 D59 LICENCIATURA/GRAO EN DEREITO RUIBAL BERMÚDEZ FÁTIMA CONCELLO DE MONDARÍZ-BALNEARIO 800 156 D01 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN DE SISTEMAS INFORMÁTICOS EN REDE SÁNCHEZ VILLALUSTRE MARCOS CONCELLO DE MARÍN 700 157 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS SANMARCO GONZALEZ RAQUEL CONCELLO DE PONTECESURES 700 158 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA SANTIAGO LIMERES ALEJANDRA CONCELLO DE TUI 800 159 D23 DIPLOMATURA/GRAO EN MAXISTERIO DE EDUCACIÓN INFANTIL SANTOS IGLESIAS LARA CONCELLO DE O GROVE 800 160 D76 CICLO SUPERIOR EN DESEÑO E EDICIÓN DE PUBLICACIÓN IMPRESAS E MULTIMEDIA SANTOS NOVAS ELIA COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL 700 161 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA SARMIENTO PICHEL IVAN CONCELLO DE VIGO 800 162 P80 CICLO SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA SEGADE COUTO MARI CARMEN CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA 700 163 D63 LICENCIATURA/GRAO EN HISTORIA SEGURA ORDOÑEZ AINHOA PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 800 164 D60 LICENCIATURA/GRAO EN ECONOMÍA SERPA ALONSO MARÍA ISABEL CONCELLO DE PONTEAREAS 800 165 D56 LICENCIATURA/GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE SIEIRO FILGUEIRAS MANUEL CONCELLO DE A GUARDA 800 166 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS SILVA QUIROGA SILVINA CONCELLO DE MARÍN 700 167 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS TEJO FUENTES SALOME DEPUTACIÓN-SERVIZO DE INTERVENCIÓN 800 168 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS TOURIÑO TOUCEDA DAVID CONCELLO DE MOAÑA 700 169 P80 CICLO SUPERIOR EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA UZAL ROMAY ANA CONCELLO DE O GROVE 700 170 D70 LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA VARELA GUNTIÑAS JORGE FINCA MOURISCADE 800 171 D19 DIPLOMATURA/GRAO EN DIRECCIÓN E XESTIÓN PÚBLICA VARELA PORRAL MARIA CONCELLO DE PONTE CALDELAS 800 172 D25 DIPLOMATURA/GRAO EN RELACIÓNS LABORAIS/RELACIÓNS LABORAIS E RECURSOS HUMANOS VAZQUEZ VIDAL MARIA CONCELLO DE O PORRIÑO 800 173 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS VÁZQUEZ PÉREZ ALEXIS CONCELLO DE POIO 800 174 D20 DIPLOMATURA/GRAO EN EDUCACIÓN SOCIAL VIDUEIRO JIMÉNEZ JAVIER CONCELLO DE MOS 800 175 D03 CICLO SUPERIOR EN ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA VILAR ÁLVAREZ LUCÍA CONCELLO DE NIGRÁN 700 176 D56 LICENCIATURA/GRAO EN CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE VILAR IGLESIAS PALOMA CONCELLO DE SANXENXO 800 177 D02 CICLO SUPERIOR EN ADMINISTRACIÓN E FINANZAS VILARIÑO TORREIRA MARIA BELEN CONCELLO DE LALÍN 700 178 D70 LICENCIATURA/GRAO EN QUÍMICA VILAS PAZO ALBERTO FINCA MOURISCADE 800 179 D50 LICENCIATURA EN FILOLOXÍA INGLESA/GRAO EN LINGUA E LITERATURA INGLESAS VILLANUEVA SIEIRO SHEILA CONCELLO DE VILA DE CRUCES 800 180 D52 LICENCIATURA/GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS VIZCAÍNO FERNÁNDEZ CRISTINA CONCELLO DE VILABOA 800 7.23777.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN EMPRESAS POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NA EMPRESA CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. Por acordo aprobado na Xunta de Goberno celebrada o 26 de setembro de 2014 adxudicáronse as bolsas correspondentes ó Plan de práctica laboral en empresas do sector privado 2014, por número de expediente, titulación, candidato seleccionado e empresa de destino, con efectos de 1 de outubro de 2014 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de outubro de 2014 iniciou as súas prácticas laborais do expediente P077 Grao en Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica o bolseiro Anxo Cancelo Pérez na empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. Con data de 17 de setembro de 2015 presenta escrito solicitando a súa renuncia a continuar participando no Plan de práctica laboral con efectos do 24 de setembro de 2015 por motivos persoais. A base décimo primeira da convocatoria das bases, establece que daranse por finalizadas as prácticas do bolseiro cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte do bolseiro. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Anxo Cancelo Pérez, na empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L. con efectos do 24 de setembro de 2015. 8.23778.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) Vista a relación de facturas con número 2015036221, que contén dez facturas e por un importe de 10.703,85 €, correspondendo a primeira factura a Telefónica Móviles España, S.A., por importe de 7.024,24 €, e a derradeira a R. Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., por importe de 346,06 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 21 de setembro de 2015, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 10.703,85 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 10.703,85 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Tendo en conta o informe de Intervención, de data 4 de setembro de 2015, relativo a certificación final presentada pola empresa Construcciones Enrique C. Casas S.L., correspondente a obra “Rehabilitación de firme na E.P. 0604 C-550-Casalvito-Pereiro (Poio)”, Fondos Propios 2014008443, cuxo importe ascende a 7.542,74 €, no que se pon de manifesto a existencia de crédito suficiente na aplicación 15/456-4530-612.02, para facer fronte ó gasto, procede o recoñecemento extraxudicial da obriga, e de conformidade coa base 17ª.1.a) da execución do Orzamento provincial de 2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a autorización, o compromiso do gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: Empresa Construcciones Enrique C.Casas S.L. CIF B36147429 Aplicación orzamentaria 15/456.4530.612.02 Importe 7.542,74 € Taxa dirección de obra (4% PEM) 209,54 € Control de calidade (1% PEM) 52,38 € Seguridade e saúde (0,50€ PEM) 26,19 € Líquido a percibir 7.254,63 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 9.23779.- DAR CONTA DE SENTENZAS E AUTOS XUDICIAIS A Xunta de Goberno queda enterada de: a) Sentenza número 239/2014 de 19/11/2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, ditada en autos de proceso ordinario núm. 373/2013 promovidos por CITIC HIC GANDARA CENSA S.A., contra a resolución de Tesourería de 22/10/2013, desestimatoria do recurso de reposición interposto o 26/06/2013, “Actas Inspección IAE - Concello de O Porriño”, valorado en 220.740,14 €, na que se desestima o recurso interposto con imposición de costas á recorrente, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL desta Deputación. b) Sentenza número 225/2015 de 11/12/2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 1 de Ourense, ditada en autos de proceso abreviado núm. 238/2014 promovidos por dona Alesia Dacal Rodríguez contra desestimación presunta do recurso interpuesto o 20/02/2014, “Providencia de prema - concepto: Multa de Tráfico, Expt. Sanc. Tráfico 823/2013”, Concello de Tui, valorado en 224,13 €, na que se estima o recurso interposto con imposición de costas, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL desta Deputación. c) Sentenza número 62/2015 de 09/04/2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, ditada en autos de proceso ordinario núm. 187/2014 promovidos pola Xunta de Galicia (Augas de Galicia), contra desestimación do recurso de reposición interposto contra liquidacións do IBI (BICEs) nos Concellos de Caldas de Reis, Cuntis e Moraña, valorado en 81.608,93 €, na que se desestima o recurso interposto con imposición de costas á recorrente, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL desta Deputación. d) Sentenza número 183/2014 de 29/09/2014 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, ditada en autos de proceso abreviado núm. 002/2014 promovidos pola entidade MAVIVA, S.A, contra resolución de 24/07/2013 da Tesourería da Deputación de Pontevedra-ORAL, desestimación dos recursos de reposición interpostos contra liquidacións da taxa por recollida de lixo no Concello do Porriño – Exercicios 2011, 2012 e 2013, valorado en 7.500,00 €, na que se desestima o recurso interposto con imposición de costas á demandante, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL desta Deputación. e) Sentenza número 78/2015 de 23/04/2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, ditada en autos de proceso abreviado núm. 281/2014 promovidos por Dna. María Milagros Álvarez Cerqueira contra a desestimación presunta do recurso de reposición interposto o día 12/06/2014 contra a Resolución Sancionadora en materia de tráfico de 15/05/2014 (expediente 6471/2013), Concello do Rosal, valorado en 80,00 €, na que se estima o recurso interposto con imposición de costas, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL desta Deputación. f) Sentenza número 165/2015 de 16/06/2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Pontevedra, ditada en autos de proceso abreviado núm. 364/2014 promovidos por dona Concepción Martínez Nogueira, contra resolución de 20/08/2014 do Concello do Porriño, desestimación do recurso de reposición interposto contra sanción de tráfico, valorado en 500,00 €, na que se estima o recurso interposto sen imposición de costas, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL desta Deputación. g) Auto número 61 de 25/05/2015 do Xulgado Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, ditado en autos do Proc. Abrev. 410/2014, promovido por D.Francisco Javier Rua Gayo contra desestimación presunta do recurso extraordinario interpuesto contra Resolución Sancionadora en materia de Tráfico de 10/10/2013 (Expt.- 6433/2013), Concello de Cangas, polo que se declara terminado o procedemento por recoñecemento en vía administrativa das pretensións do recorrente, sen imposición das costas, e cuxa defensa foi levada polo Servizo Xurídico do ORAL-Deputación. 10.23780.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº 6.23670 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 10/07/2015 Visto o erro padecido no texto do acordo nº 6.23670, adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10 de xullo de 2015, referente á devolución de garantías definitivas, e en concreto na relativa ás obras na E.P. 9701 Baión-András, lugar de Serantes (Vilanova de Arousa), adxudicadas á Empresa Construccións Obras e Viais, S.A. (COVSA). E resultando que as administración públicas poden rectificar en calquera intre, de oficio, os erros existentes nos seus actos, segundo o disposto no artigo 105,2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade rectificar o seu devandito acordo no seguinte sentido: - Onde di: “…, por importe de vinte e dous mil noventa e cinco euros con noventa e tres céntimos (22.095,93€). - Debe dicir: “ …, por importe de vinte e dous mil trinta e cinco euros con noventa e tres céntimos (22.035,93 €). 11.23781.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 12.23782.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota