Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2016-02-05_Ordinaria. Acta de sesión 2016/02/05_Ordinaria
Acta de sesión 2016/02/05_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.837/1.2016-02-05_Ordinaria
Título Acta de sesión 2016/02/05_Ordinaria
Data(s) 2016 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 32 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e cinco minutos do día cinco de febreiro do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia de D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto Dna. Sonia Mateos Escudero, Secretaria Acctal., e está presente o Sr.Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilma. Sra. Presidenta Dna. Mª del Carmen Silva Rego, nin o deputado D.David Regades Fernández. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1. 24074.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 29 de xaneiro de 2016. 2.24075.- ESTABLECEMENTO DE DATA DE FINALIZACIÓN DA OBRA “ADECUACIÓN DA Á NORDÉS DO PAZO PROVINCIAL” (Expte. núm. 2013005207) Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación na súa sesión ordinaria celebrada o día 21 de xaneiro de 2014 acordou adxudicar á empresa COPCISA, S.A., o contrato para a execución da obra “Adecuación da á nordés do Pazo Provincial”, cun prazo de execución de 6 meses. Resultando.- Que solicitada licenza de obra ó Concello de Pontevedra, para a súa concesión este require unha serie de modificacións así como informe ó respecto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia. Resultando.- Que solicitado informe preceptivo a Patrimonio, require igualmente unha serie de correccións no proxecto consistentes principalmente na eliminación de distintas partidas que poderían afectar ó sistema estrutural do Pazo Provincial. Resultando.- Que con tal fin, redáctase un novo proxecto da citada obra, recollendo as modificacións requiridas por ambas Administracións e denominado “Proxecto Refundido cos informes de Patrimonio e Concello de Pontevedra, da obra de adecuación da á nordés do Pazo Provincial” Resultando.- Que posteriormente, é a vista dos informes técnicos, a Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra, na súa sesión do día 16/03/2015 acordou concederlle á empresa COPCISA, S.A., licenza urbanística para realizar as obras de adecuación da á noroeste do Pazo Provincial da Deputación con arranxo ó proxecto refundido redactado. Resultando.- Que dito proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 30/04/2015. Resultando.- Que a acta de comprobación de replanteo formalizouse o 27/04/2015 establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 27/10/2015. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria de data 02/10/2015 acordou conceder unha prórroga de dous meses na execución da obra, establecéndose coma data para finalizar a obra o día 27/12/2015. Resultando.- Que con data 03/12/2015 tivo entrada nesta Deputación escrito do contratista, no que solicita unha nova prórroga de un mes, debido a que durante os traballos xurdiron incidencias na demolición da fase II e a imposibilidade de recepción do subministro da mampara por parte do fabricante dentro do prazo para proceder á súa instalación. Resultando.- Que con data 10/12/2015 recibiuse no servizo de contratación informe do Arquitecto Provincial considerando oportuno autorizar a ampliación do prazo dun mes na execución da obra a contar a partires do 27/12/2015, debido a que se detectaron incidencias nos traballos de demolición da escaleira de acceso ó soto e zona colindante, ademais da imposibilidade de entrega de varias subministracións en prazo. Resultando.- Que con data 28/12/2015 a Xunta de Goberno acordou conceder unha prórroga dun mes na execución da obra, establecéndose a data de finalización o día 27/01/2016. Resultando.- Que con data 27/01/2016, infórmase pola Dirección de Obra que: “...Debido a que se trata dunha obra de rehabilitación, dunha zona do Pazo na que non se intervira dende hai tempo, durante o desenrolo dos traballos xurdiron numerosas incidencias, que provocaron retrasos considerables no desenrolo das obras, todo isto unido a unha organización de obra algo ralentizada, provoca que a dia de hoxe, data de finalización do prazo de obra ampliado, os traballos non estean finalizados. As últimas incidencias que retrasan a entrega da obra, imposibles de predicir fai un mes, detéctanse na zona da escaleira traseira de acceso ó soto e entreplanta dos vixiantes, cando se procede a realizar os traballos de demolición da antiga escaleira, detéctanse o redor de 13 m3 terra de recheo de apoio á escaleira antiga, que deben retirarse, e sanear este espazo, todo iso, xunto coa inexistencia de muro de apoio para o novo descansiño, provoca que os traballos de execución da escaleira se retrasen 15 días respecto ó previsto, ademais das ménsulas de reforzo da estrutura da nova escaleira que deben realizarse para garantir a estabilidade da mesma. Por todo o descrito anteriormente, recoméndase ampliar a data de terminación das obras ó día 15 de febreiro, data na que deberán reunir as condicións necesarias para proceder á súa recepción, considerando marxe de tempo suficiente para o remate dos traballos pendentes...” Resultando.- Que con data 29/01/2016 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...O tratarse dunha obra de rehabilitación dun edificio antigo xurdiron incidencias que parece ser que non eran previsibles no momento da redacción do proxecto, e as cales provocaron un atraso nos traballos que non son imputables ao contratista, segundo os informes da dirección de obra. Estando próximo o cumprimento das condicións do contrato e a satisfacción da finalidade da obra, debe primar a consecución deste resultado, e por tanto se considera adecuado establecemento dunha data limite. O incumprimento desta data acareará a imposición automática das penalidades establecidas no prego, isto sen prexuízo de que póidaselle impoñer penalidades no momento da finalización da obra si se considera que houbo culpabilidade no retraso...” Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que o artigo 49.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, establece que: “La Administración, salvo precepto en contrario, podrá conceder de oficio o a petición de los interesados, una ampliación de los plazos establecidos, que no exceda de la mitad de los mismos, si las circunstancias lo aconsejan y con ello no se perjudican derechos de tercero…” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Establecer como data para a finalización da obra “Adecuación da á nordés do prazo provincial” o día 15 de febreiro de 2016, debéndose impoñer en caso do seu incumprimento de forma automática as penalidades contempladas no prego. 3.24076.- PARALIZACIÓN PARCIAL E AMPLIACIÓN PRAZO DE EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN E DOTACIÓN DE SERVIZOS NA E.P.8501 VALGA-MARTORES, DENDE P.K. 0+000 Ó 1+040” (Expte. núm. 2014014742) Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 17 de abril de 2015, acordou adxudicar á empresa ELSAMEX, S.A., o contrato para a execución da obra “Pavimentación e dotación de servizos en E.P. 8501 Valga-Martores, p.k. 0+000 a 1+040 (Valga)”. Resultando.- Que a acta de comprobación de replanteo formalizouse na data 05/06/2015, establecéndose como data para finalizar a obra o 20/11/2015. Resultando.- Que mediante escrito do director de obra de data 13/11/2015, o contratista e o director de obra, solicitaron unha prórroga de 2,5 meses polas seguintes cuestións: 1. As distintas compañías subministradoras de servizos retrasaron o prazo da obra ó non entregar o principio da obra os planos do trazado das canalizacións. Unión Fenosa facilitou os planos o día 03/09/2015. 2. No p.k. 0+300 existe unha obra de fábrica de drenaxe transversal que da paso a un regato, que é necesario ampliar. Isto impide realizar as canalizacións nese tramo. 3. As obras se atopan afectadas pola Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, entre o p.k. 0+000 ó 0+130, e entre o p.k. 0+925 e o 1+025, o que impide completar os servizos nese tramo. Resultando.- Que con data 19/11/2015 e ante a imposibilidade de continuar as obras nos tramos descritos nos apartados 2 e 3 anteriormente citados, tivo entrada nesta Deputación acta de paralización parcial da obra, polas causas recollidas nos mesmos, pudendo continuar a execución da obra, na restante parte do trazado. Resultando.- Que con data 15/12/2015 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...No caso de que non se poda estimar un prazo, no que as razóns polas que se solicita á prórroga podan ser subsanadas, poderá acordarse a suspensión temporal ou parcial da execución do contrato, mediante un acta, que deberá ser firmada polo órgano de contratación, o contratista e o director de obra, debendo en relación coa parte ou partes suspendidas unirse un anexo, coa medición de obra executada e os materiais acopiados a pe de obra utilizables exclusivamente nas mesmas. Os argumentos manifestados polo contratista para suspender parcialmente a execución da obra, refrendados polo director de obra ó firmar á acta de paralización, parecen ter encaixe na afirmación recollida no parágrafo anterior, polo que na súa lóxica debería acordarse a paralización parcial da obra, suspendendo a súa execución no punto quilométrico 0+300, entre o 0+000 e o 130 e entre o 0+925 e o 1+025. No que se re refire á solicitude de prórroga, á mesma foi solicitada 7 días antes de finalizar o prazo de execución, e non dentro dos quince días seguintes ós que se produciu a incidencia, polo que de conformidade co establecido no TRLCSP a Administración queda facultada para establecer unha data definitiva para finalizar a obra, Polo elo cabería establecer como data definitiva para finalizar a parte da obra non suspendida o día 03/02/16, entendéndose que superada a mesma o contratista incorrerá en demora...” Resultando.- Que con data 18/01/2016 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...Os temporais de choiva e vento que se veñen producindo dende finais do pasado ano 2015 e principios deste 2016, imposibilitaron avanzar nos traballos de firmes e pavimentos, choivas que pola súa intensidade chegaron a ocasionar na obra graves danos, polo que os operarios durante ese tempo só se puideron dedicar a labores de mantemento e conservación dos traballos xa executados. Ante isto, e considerando o recollido nos artigos 100.1 do Real Decreto Lexislativo 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administración Públicas que establecen que:
Y el artículo 100.2 , esta dirección facultativa acuerda lo siguiente: 1.- Establecer como data definitiva para finalizar a parte da obra non paralizada o día 23 de marzo de 2016. 2.- As obras afectadas pola autorización da Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural, entre o p.k. 0+000 e o 0+130, e entre o p.k. 0+925 e o 1+025 que actualmente se atopan paralizadas, deberan ser rematadas no prazo máximo de 1 mes a contar dende o reinicio das obras unha vea obtida a pertinente autorización. Considerando.- Que o artigo 100.2 do R.d.l. 1098/2011, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece que: “En el caso de que el contratista no solicitase prórroga en el plazo anteriormente señalado, se entenderá que renuncia a su derecho, quedando facultada la Administración para conceder, dentro del mes último del plazo de ejecución, la prórroga que juzgue conveniente, con imposición, si procede, de las penalidades que establece el artículo 95.3 de la Ley o, en su caso, las que se señalen en el pliego de cláusulas administrativas particulares, salvo que considere más aconsejable esperar a la terminación del plazo para proceder a la resolución del contrato”. Considerando.- Que o TRLCSP, recolle no seu artigo 212, as penalidades que se poden impoñer o contratista por incumprimento das súas obrigas, que lle serían aplicadas no seu caso, deducindo o importe da penalización na factura correspondente. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Suspender a execución da obra no punto quilométrico 0+300, entre o p.k. 0+000 e o 0+130 e entre o p.k. 0+925 e o 1+025, establecéndose para a súa finalización o prazo de un (1) mes dende a sinatura da acta de reinicio. 2.- Ampliar o prazo de execución na parte non suspendida da obra, establecéndose como data definitiva para finalizar a parte non paralizada, o día 23/03/2016, entendéndose, que superada a mesma sen estar rematada a obra, o contratista incorrerá en mora, aplicándolle automaticamente as penalidades recollidas no TRLCSP. 4.24077.- PRORROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “PAVIMENTACIÓN E AMPLIACIÓN DO CAMIÑO RURAL DE VILARREIS (MEAÑO)” (N/REF:POSP/13/00978/2013000042) Dada conta que con data 22/01/2015 tivo entrada nesta Deputación, escrito do contratista e do director de obra, solicitando unha prórroga de 1,5 meses debido ás condicións meteorolóxicas moi adversas das últimas tres semanas e a reprogramación do plan de obra debido á imposibilidade de actuar nalgunhas fincas onde os propietarios non permitiron realizar os traballos. Resultando.- Que Xunta de Goberno da Deputación, na súa sesión ordinaria celebrada o día 13/03/2015, acordou adxudicar á empresa Construcciones y Proyectos Abilleira, S.L., o contrato para a execución da obra “Pavimentación e ampliación do camiño rural de Vilarreis (Meaño)”, pertencente ó POSP/13, cun prazo de execución de 2 meses. Resultando.- Que con data 28/04/2015 asinouse acta de reformulo negativa ó existir colleitas sen recolectar nos terreos afectados pola obra, polo que os propietarios non dan permiso para a retirada dos cultivos ata a súa recolección. Resultando.- Que con data 24/11/2015 asinouse acta de reformulo positiva establecéndose nese intre coma data para finalizar a obra o día 24/01/2016. Resultando.- Que solicitado informe ó Servizo de Infraestruturas, este emite o mesmo na data 29/01/2015, recollendo o seguinte: “...esta dirección facultativa considera que as causas alegadas de demora non son imputables ao contratista, entendo xustificada a concesión da prórroga para a ampliación do prazo de execución da obra de 1,5 meses a contar dende o 24/01/16...” Resultando.- Que con data 01/02/2016 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...baseándonos no recollido no informe do Servizo de Infraestruturas, parece razoable conceder a citada prórroga sen imposición de penalidades á adxudicataria ó quedar debidamente motivadas as circunstancias que provocan a concesión da mesma, establecéndose como data para finalizala o día 11/03/16. Considerando.- Que o artigo 100.1 do R.d.l. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas establece que: “La petición de prórroga por parte del contratista deberá tener lugar en un plazo máximo de quince días desde aquél en que se produzca la causa originaria del retraso, alegando las razones por las que estime no le es imputable y señalando el tiempo probable de su duración, a los efectos de que la Administración pueda oportunamente, y siempre antes de la terminación del plazo de ejecución del contrato, resolver sobre la prórroga del mismo, sin perjuicio de que una vez desaparecida la causa se reajuste el plazo prorrogado al tiempo realmente perdido. Si la petición del contratista se formulara en el último mes de ejecución del contrato, la Administración deberá resolver sobre dicha petición antes de los quince días siguientes a la terminación del mismo…” Considerando.- Que o artigo 213.2 do TRLCSP relativo á prorroga dos contratos establece que: “...Si el retraso fuese producido por motivos no imputables al contratista y éste ofreciera cumplir sus compromisos dándole prórroga del tiempo que se le había señalado, se concederá por la Administración un plazo que será, por lo menos, igual al tiempo perdido, a no ser que el contratista pidiese otro menor...” Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ampliar mes e medio (1,5 meses) o prazo de execución da obra “Pavimentación do camiño rural de Vilarreis (Meaño)” establecéndose como data definitiva para finalizala o día 11/03/2016 entendéndose, que superada a mesma sen estar rematada a obra, o contratista incorrerá en mora, aplicándolle automaticamente as penalidades recollidas no TRLCSP. 5.24078.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS a) A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o 29 de agosto de 2014, acordou adxudicar á empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefría S.L. (CIF B-36.371.227), o contrato para a execución da obra “Pavimentación da rúa Igrexa, Concello de Cuntis”, pertencente o POSP13/00791/2013000028, cun prazo de execución de 2 meses. Con data 17/10/2014, formalizouse un acta de comprobación de replanteo negativa, debido á falta dunha serie de autorizacións. En data 16/03/2015 formalizase a acta de comprobación de replanteo positiva, establecéndose nese momento a data para finalizar a obra o día 16/05/2015. En data 13/05/2015 ten entrada no Rexistro da Deputación, escrito da empresa e o director de obra solicitando unha prórroga de 45 días, debido a interferencias na obra de servizos afectados existentes dentro do proxecto. Por acordo da Xunta de Goberno, na súa sesión de data 29 de maio de 2015, concédese a prórroga de 45 días e ampliase o prazo de execución da obra establecendo como data definitiva para a finalización da mesma o dia 1 de xullo de 2015. Con data de rexistro de entrada 29/06/2015 solicitase unha nova prórroga de 15 días máis, e o director da obra achega un informe explicativo no que xustifica os motivos do retraso na obra, non son imputables o contratista. Con data 29/09/2015, teñen entrada no rexistro da Deputación as certificacións 5 e 6 a 0,00 € e a certificación nº 7 e final. En data 15/10/2015 son remitidas ó servizo de Infraestruturas para a súa conformidade. Unha vez conformadas polo servizo de Infraestruturas en data 21/12/2015, remítense o servizo de intervención para informe. En data 28/12/2015 son devoltas as certificacións polos seguintes motivos: - Falta a xustificación da demora polo contratista co conforme do director de obra. - Fata a acta de recepción. Unha vez subsanados estes reparos volven a remitirse o servizo de Intervención para informe. En data 19 de xaneiro 2016, o servizo de Intervención informa que aínda que a certificación executouse fóra do prazo total fixado para a realización da obra, dado que as unidades de obra que se certifican xa se executaron e contan coa conformidade do director de Infraestruturas, a aprobación da certificación require seguir o procedemento extraordinario de recoñecemento extraxudicial de crédito. Consta no expediente informe xustificativo da demora na execución das obras asinado polo director de obra, no que advirte que estas non son imputables o contratista e as certificacións asinadas polo director de obra, contan coa conformidade do director de Infraestruturas. Considerando o establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -A certificación nº 7-final, da obra: “Pavimentación da rúa Igrexa, Concello de Cuntis”, por importe de 20.160,55€ con arranxo ó seguinte detalle: Obras, Transportes y Construcciones Fontefría, S.L. ( CIF B-36.371.227) Subtotal 20.160,55€ Taxa dirección de obra (4%) 560,05€ Control de Calidade (5%) 700,07€ Seguridade e saúde (0,50%) 70,01€ Total descontos 1.330,13€ Importe líquido a percibir pola empresa 18.830,42€ O pagamento da certificación realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 15/942.9420.652.45.2013. Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) Vista a relación de facturas con número 2016002072 que contén vinte e catro facturas e por un importe de 54.668,53 €, correspondendo a primeira factura a Gas Natural Comercializadora, S.A. por importe de 2.245,60 e a derradeira a Gas Natural Comercializadora, S.A. por importe de 174,34 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 1 de febreiro de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron en exercicios pechados, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 54.698,53 € Descontos do IRPF 30,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 54.668,53 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. c) Vista a relación de facturas con número 2016002077 que contén nove facturas e por un importe de 3.288,44 €, correspondendo a primeira factura a Peycar Pontevedra, S.L. por importe de 967,42 €, e a derradeira a C. Esgon, S.L. por importe de 109,90 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 1 de febreiro de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 3.288,44 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 3.288,44 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 6.24079.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE BELESAR DO CONCELLO DE BAIONA, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Agrupación Musical de Belesar, con CIF: G-36.836.989, do Concello de Baiona, por un importe de 1.056,00 €, para a “Adquisición de instrumentos musicais” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 27/01/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 7.24080.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN MUSICAL ARTÍSTICA DE ARCADE DO CONCELLO DE SOUTOMAIOR, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Asoc. Musical Artística de Arcade con CIF: G-36.033.850, do Concello de Soutomaior, por un importe de 936,00 €, para a “Adquisición de instrumentos musicais” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 22/01/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 8.24081.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA FUNDACIÓN IGUAL ARTE DO CONCELLO DE VIGO, Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Fundación Igual Arte con CIF: G-36.427.524, do Concello de Vigo, por un importe de 816,00 €, para a “Adquisición de instrumentos” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 27/01/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 9.24082.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó ARCEBISPADO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE PARADELA) DO CONCELLO DE MEIS, PARA AS “OBRAS DE REFORMA DA CUBERTA DA IGREXA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor do Arcebispado de Santiago de Compostela (Parroquia de Santa María de Paradela) con CIF: R-1500020-A, do Concello de Meis, por un importe de 7.189,00 € para “Obras de reforma da cuberta da igrexa” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 25/01/2016, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto,a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2016, para a xustificación da citada subvención. 10.24083.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS BARCIA DO CONCELLO DE PONTEAREAS, PARA AS “OBRAS DE CONSERVACIÓN NO LOCAL DE ACTIVIDADES E BAÑO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Irmáns Barcia con CIF: J-36.523.702, do Concello de Ponteareas, por un importe de 5.834,00 € para “Obras de conservación no local de actividades e baño” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 20/01/2016, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2016, para a xustificación da citada subvención. 11.24084.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á DIOCESE DE TUI VIGO (PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE BARBUDO) DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS, PARA AS “OBRAS DE SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA DA IGREXA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 17/09/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 17/09/2015 unha subvención a favor da Diocese de Tui–Vigo (Parroquia de Santa María de Barbudo) con CIF:R3600056-J, do Concello de Ponte Caldelas, por un importe de 5.001,00 € para “Obras de substitución da cuberta da igrexa” con cargo á aplicación 15/330.3340.789.04, e recibido escrito da citada Entidade, presentado no Rexistro Xeral con data 27/01/2016, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha prórroga ata o 30 de xuño de 2016, para a xustificación da citada subvención. 12.24085.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA DO PRAZO DA XUSTIFICACIÓN DA ACTUACIÓN NÚM. 2015005944 “ENSANCHE E MURO CAMIÑO LONGRA”, DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CORUXO (VIGO), INCLUÍDA NO PAC-2015 Resultando que por Resolución Presidencial de data 2 de xullo de 2015, acordouse concederlle á Asociación de Veciños de Coruxo (Vigo), CIF: G 36659829, polo procedemento de concesión directa, unha subvención de 6.000,00 € para “Ensanche e muro Camiño Longra” (Ref.2015005944), dentro do Programa de Acción Comunitaria, anualidade 2015. Resultando que unha vez notificada a axuda concedida para realizar a actuación incluída no PAC, anualidade 2015, os beneficiarios deberían xustificar o investimento, na súa totalidade, antes do 30 de xuño de 2016. Resultando que a Asociación de Veciños de Coruxo (Vigo), presenta escrito solicitando unha prórroga no prazo de xustificación para a actuación motivando a devandita solicitude á espera de que o Concello de Vigo faga un proxecto para o ensanche e les conceda a perceptiva autorización para levar a cabo as obras. Considerando o exposto na base décimo cuarta reguladora do PAC/2015, en relación á solicitude dunha ampliación no prazo da xustificación sempre que non exceda da metade do prazo estipulado para a execución e xustificación e, ademais de que non prexudica dereitos de terceiros e considerando o exposto “ad supra” a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ampliación do prazo de xustificación, co cal non se prexudican dereitos de terceiros, ata o 30 de setembro do 2016 con carácter improrrogable, para a actuación “Ensanche e muro Camiño Longra”, da Asociación de Veciños de Coruxo (Vigo), incluída no PAC/2015. 13.24086.- APRAZAMENTO NA PRIMEIRA COTA DE AMORTIZACIÓN E MODIFICACIÓN DA TÁBOA DE AMORTIZACIÓN DO PRÉSTAMO NÚM. 886/14 DO CONCELLO DE SALVATERRA A Xunta de Goberno, na súa sesión de 23 de xaneiro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras da concesión por concorrencia competitiva de anticipos a municipios da provincia de Pontevedra para o ano 2014, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 20, do 30 de xaneiro de 2014, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular a concesión de préstamos a longos prazo, sen xuros, destinados a financiar os investimentos dos concellos necesarios para promover actividades e prestar servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións veciñais e, excepcionalmente, operacións de tesourería para facer fronte á necesidades urxentes ou desfases transitorios. Se ben, se debe ter en conta a ampliación de dito plan aprobado mediante acordo da Xunta de Goberno núm. 25.22176 do 13 de xuño de 2014, publicado no BOPPO núm. 115 do 17 de xuño de 2014. A Xunta de Goberno, na sesión ordinaria celebrada o día 1 de agosto de 2014 e polo procedemento de concorrencia competitiva, acordou concederlle ó Concello de Salvaterra de Miño, CIF.: P3605000C, un préstamo sen xuros por importe de 167.670,00€, contra a aplicación 942.9420.821.20, con destino á “Adquisición dun camión de bacheo” O concello efectuou o pagamento dos gastos de administración, que ascenderon a 3.353,40€, en data 21/08/2014 e procedeuse a sinatura do contrato en data 16/09/2014. No contrato contémplase un prazo de amortización de 15 anos dende o seguinte ó da formalización do contrato, de feito que a primeira cota, cuxo importe ascendía a 11.178,00€, vencía o día 16/09/2015. Resultando que a data actual, por mor de retrasos no procedemento de contratación do vehículo, o concello non dispuxo do préstamo, e en data 22/12/2015 (núm. rexistro de entrada 2015127735) solicita un aprazamento no pagamento da débeda e modificación no cadro de amortización ata o momento no que efectivamente se realice a primeira disposición que, necesariamente, será no presente exercicio 2016. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2016. - Bases reguladoras de concesión de anticipos a municipios da provincia. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª de concesión de anticipos, relativa á instrución, valoración e resolución, que indica que correspóndelle ao Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia do aprazamento: - Artigos 65 e 82 da LXT que permiten, en xeral, o aprazamento e fraccionamento no pago das débeda sempre que as solicitudes de presenten en prazo e forma. - Base 13ª das reguladoras de concesión de anticipos que dispón que o prazo de disposición dos préstamos, será como máximo de dous anos contados dende a sinatura do contrato. Só en casos debidamente xustificados se poderá prorrogar o prazo de disposición por un máximo dun ano. - Base 14ª das reguladoras de concesión de anticipos relativa a amortización do préstamo que no seu parágrafo quinto dispón que a amortización se iniciará o ano seguinte ó da formalización do contrato, salvo para aquelas entidades locais que, despois de transcorrer este prazo, aínda non dispuxesen do préstamo, en cuxo caso a amortización comezará o ano seguinte aquel no que se realice a primeira disposición e non poderá superar o prazo de quince anos. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. Conclusións: Vistas as consideración xurídicas expostas, Vista a solicitude achegada polo Concello de Salvaterra de Miño, CIF.: P3605000C; Visto que a data de hoxe, o concello aínda non dispuxo do crédito do préstamo concedido co núm. 886/14 e que, de acordo co disposto nas bases reguladoras da concesión de anticipos este prazo remata o 16/09/2016, informo favorablemente a petición do Concello de Salvaterra de Miño de modificación do cadro de vencementos e aprazamento na primeira cota de amortización, que comezará o ano seguinte a aquel no que se realice a primeira disposición. Disposición que necesariamente se realizará antes do 16/09/2016. Autorizada, polo órgano competente, a modificación da táboa de amortización a mesma quedará como segue: Anualidade Ano vencemento Data vencemento Total amortización 1ª 2017 16/09/2017 11.178,00 2ª 2018 16/09/2018 11.178,00 3ª 2019 16/09/2019 11.178,00 4ª 2020 16/09/2020 11.178,00 5ª 2021 16/09/2021 11.178,00 6ª 2022 16/09/2022 11.178,00 7ª 2023 16/09/2023 11.178,00 8ª 2024 16/09/2024 11.178,00 9ª 2025 16/09/2025 11.178,00 10ª 2026 16/09/2026 11.178,00 11ª 2027 16/09/2027 11.178,00 12ª 2028 16/09/2028 11.178,00 13ª 2029 16/09/2029 11.178,00 14ª 2030 16/09/2030 11.178,00 15ª 2031 16/09/2031 11.178,00 Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 185 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, na base 16ª.2 das de execución dos orzamentos provinciais e demais lexislación de aplicación, correspóndelle á Xunta de Goberno a autorización desta modificación na táboa de amortización. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Por todo o exposto e a vista do informe de intervención de data 29 de xaneiro de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o aprazamento na primeira cota de amortización e modificar a táboa de amortización do préstamo núm. 886/14 concedido ó concello de Salvaterra de Miño, mediante acordo da xunta de goberno núm. 2.22388 do 1 de agosto de 2014, con destino á “Adquisición dun camión de bacheo” O cadro de vencementos do préstamo queda tal e como se reflicte na táboa que se inxire a continuación: Anualidade Ano vencemento Data vencemento Total amortización 1ª 2017 16/09/2017 11.178,00 2ª 2018 16/09/2018 11.178,00 3ª 2019 16/09/2019 11.178,00 4ª 2020 16/09/2020 11.178,00 5ª 2021 16/09/2021 11.178,00 6ª 2022 16/09/2022 11.178,00 7ª 2023 16/09/2023 11.178,00 8ª 2024 16/09/2024 11.178,00 9ª 2025 16/09/2025 11.178,00 10ª 2026 16/09/2026 11.178,00 11ª 2027 16/09/2027 11.178,00 12ª 2028 16/09/2028 11.178,00 13ª 2029 16/09/2029 11.178,00 14ª 2030 16/09/2030 11.178,00 15ª 2031 16/09/2031 11.178,00 En todo caso, este aprazamento, ós efectos de non contravir ó disposto na base 13ª da concesión de anticipos, queda suxeito á seguinte condición: - A disposición do préstamo núm. 886/14 debe realizarse antes do 16/09/2016, é dicir, antes de que remate o prazo de dous anos contados dende a sinatura do contrato. 14.24087.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS Ó ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2016, CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS – 2ª RELACIÓN O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016” que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta as correccións de erros publicadas no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Este plan aprobado baixo o procedemento de concorrencia non competitiva, está dotado con 40 millóns de euros, dos cales 16 millóns se repartiron de forma lineal entre os concellos da provincia, de xeito que a cada un deles lle corresponde unha cantidade fixa de 266.000,00 €. O importe restante, 24 millóns de euros, repartíronse en función de tres criterios básicos: a poboación de cada concello, a súa superficie e os seus núcleos de poboación. As cantidades das que pode dispor cada concello foilles notificadas nos cinco días hábiles seguintes á publicación das bases no BOPPO (2 de decembro de 2015) procedendo no seu caso de oficio por parte da Deputación a proceder á detracción das débedas pendentes con ela por parte das entidades solicitantes, unha vez que ós concellos lle foron notificadas as mesmas. As axudas e subvencións concedidas poderán destinarse ás seguintes liñas nos termos recollidos na base 8ª: liña 1 (Investimentos) ata un importe mínimo que resulte de aplicar a porcentaxe do 58,75% á cantidade total que lle corresponde ó concello; liña 2 (Amortización, pagamento de débedas e gastos correntes) ata un importe máximo do 15 % á cantidade total que lle corresponde ó concello; liña 3 (Actividades culturais, deportivas, actividades sociais, turísticas e medioambientais) ata un importe máximo do 3,75 % á cantidade total que lle corresponde ó concello e liña 4 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) ata un importe máximo do 22,5 % á cantidade total que lle corresponde ó concello. As cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2, 3 e 4, poderanas empregar para facer investimentos (liña 1), non obstante, o excedente nesta liña 1 non se pode aplicar ás restantes liñas. A liña 4 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) ten por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Comprobado dende o Servizo de Cooperación que todas as solicitudes cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras e achegan a documentación requirida, emítese informe da Xefa do Servizo en relación a súa tramitación. Os concellos referenciados no anexo aparte solicitan un número de traballadores dentro do máximo que lles corresponde en función do número da última poboación publicada polo IGE para o ano 2015 e respectando en todo caso o importe máximo de 22,50 % da cantidade que lle corresponde a cada concello (detraídas no seu caso as débedas contraídas coa Deputación) e sen que se exceda de ningún xeito a cifra máxima da liña 4 prevista para o financiamento do programa, 9.000.000 €. Na aplicación 2016/942.9425.462.03 (Plan de Cooperación cos Concellos_16. Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos) do vixente Orzamento provincial existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. Xúntase a relación valorada das solicitudes en anexo aparte que comeza con Crecente e remata con Tui cun total de 9 concellos, calculándose o importe das axudas polo produto do número de traballadores, a duración das contratacións e o tipo de xornada a realizar (completa ou parcial). As axudas comprenden o custo salarial e a cotización á Seguridade Social, de persoas desempregadas (calquera que sexa a categoría profesional), co límite máximo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas), complementando o concello, no seu caso, a cantidade que sexa necesaria ata acadar os salarios que correspondan por categoría profesional. Fundamentos Xurídicos Primeiro.- Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016. - Bases de execución do orzamento da Deputación. Segundo.- Consideracións xurídicas: I.- Instrución do expediente: - Base novena do Plan Concellos 2016, relativa ó procedemento que dispón que será o de concorrencia non competitiva; e asemade segundo o disposto na Base décimo terceira indícase que é o Servizo de Cooperación o encargado da tramitación dos expedientes, revisión das solicitudes e comprobación da documentación. II.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. III.- Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial que regulan o procedemento de concesión e o contido das solicitudes de subvención. - Base de execución 16ª.2ª do orzamento que sinala que o órgano competente para a autorización e disposición deste gasto é a Xunta de Goberno. - Base oitava e décima dentro da liña 4 do Plan Concellos 2016 que relaciona os requisitos dos servizos para os que se van contratar ós traballadores, así como o número máximo de traballadores en función da poboación de cada concello e as cantidades subvencionables (custo salarial e cotización á Seguridade social) co límite máximo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador (importe proporcional ás horas traballadas) e a necesaria documentación para a concesión da subvención. - Base quinta do Plan Concellos 2016 que consigna o crédito orzamentario, a porcentaxe e o límite máximo por liña. Conclusións: Primeiro.- Todas as solicitudes recollidas no anexo aparte (II Relación Plan Concellos 2016 (Liña 4): Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais), foron presentadas en prazo, e achegan a documentación precisa para a súa valoración. Segundo.- En canto ás funcións para as que se contratarán ós traballadores, de acordo coas memorias achegadas, consisten, en servizos de interese xeral e social. En conxunto o número de traballadores a contratar por solicitude axústase ós criterios da base oitava, e o importe das subvencións non excede do importe máximo de financiamento do plan nin a porcentaxe máxima da liña 4 segundo o disposto na base quinta (22,50 % da cantidade total correspondente a cada concello, incluídas neste importe, no seu caso, as detraccións notificadas das débedas contraídas coa Deputación por parte das entidades solicitantes). Terceiro.- As cantidades que resultan subvencionables calcúlanse tendo en conta o límite máximo do Salario Mínimo Interprofesional por traballador e tomando como referencia unha xornada completa de 37,5 horas semanais. No caso de que as contratacións de desempregados se efectúen por un importe inferior de horas das estipuladas para un contrato a xornada completa, o importe subvencionable reducirase proporcionalmente en función das horas traballadas. Cuarto.- De acordo co disposto no parágrafo anterior sobre o cálculo do importe subvencionable, establécese a seguinte táboa de referencia cos importes subvencionables máximos por mes e por traballador, segundo o tipo de xornada dos contratos: CÁLCULO DOS IMPORTES MÁXIMOS SUBVENCIONABLES POR MES, TRABALLOR E TIPO DE XORNADA TIPO DE XORNADA IMPORTE Xornada completa 37.5 h/semanais: 1.053,34 € Xornada parcial 35 h/semanais: 983,12 € Xornada parcial 32,5 h/semanais 912,90 € Xornada parcial 30 h/semanais: 842,67 € Xornada parcial 27,5 h/semanais: 772,45 € Xornada parcial 25 h/semanais: 702,23 € Xornada parcial 20 h/semanais: 561,78 € Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, informo favorablemente os expedientes de subvención relacionados no anexo aparte (II Relación Plan Concellos 2016 (Liña 4): Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) e a concesión das subvencións solicitadas segundo os importes que figuran en dito anexo, por un importe total de un millón setecentos trinta e un mil seiscentos sesenta e nove euros con trinta e dous céntimos (1.731.669,32 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2016/942.9425.462.03. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2ª c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Por todo o exposto, á vista do informe da xefa do Servizo de Cooperación e do informe de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Aprobar a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia non competitiva, ós concellos que figuran en anexo aparte (II Relación Plan Concellos 2016 (Liña4:) Plan de Conservación e Funcionamento de Bens e Servizos Municipais) para a contratación dos traballadores e categorías laborais que se relacionan no mesmo, por un importe total de un millón setecentos trinta e un mil seiscentos sesenta e nove euros con trinta e dous céntimos (1.731.669,32 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2016/942.9425.462.03. As subvencións concédense con suxeición ás bases reguladoras do plan, e, en particular, ás condicións seguintes: a) A selección do persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego, entre persoas desempregadas non perceptoras de prestacións ou perceptoras de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI, PREPARA e outros) e que reúnan os requisitos establecidos na Base oitava correspondente á liña 4. b) Todos os contratos poderán estar iniciados dende o 01/01/2016 sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder o 31/12/2016. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante. A relación laboral xurdida entre a entidade beneficiaria e o traballador non vinculará á Deputación de Pontevedra. c) O pagamento da subvención concedida farase efectiva da seguinte forma: - O 50% ó inicio da actividade (ou servizo), que se acreditará co documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente. Aboarase segundo o número de contratos formalizados ata esa data. - O 50% restante ó finalizar a metade do prazo de duración do contrato, previa achega de documento acreditativo expedido polo órgano ou empregado público competente sobre a continuidade da actividade na que se faga constar o comezo, a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato. d) En canto a xustificación, no prazo máximo de dous meses a partir do día seguinte ó da finalización da obra ou servizo, cómpre presentar no Rexistro da Deputación os seguintes documentos: - Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. - Certificación de fin de servizo. - Certificación expedida polo funcionario público competente, de que os gastos se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame os xustificantes correspondentes. Nesta certificación deberanse concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social e as cantidades deducidas na liquidación de cotas a ese mesmo organismo (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía deberá excluírse do cálculo do gasto total elixible realizado polo concello e que, no seu caso, dará lugar á obriga de reintegro á institución provincial. e) A non xustificación ou a xustificación insuficiente dará lugar o reintegro da subvención percibida con correspondentes xuros de demora nos termos previstos no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. 2. Darlle traslado da presente resolución ós interesados, ó Servizo de Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. II RELACION PLAN CONCELLOS 2016 (LIÑA 4): PLAN DE CONSERVACION E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS Concello Núm. Traballadores Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) Importe concedido Crecente 10 1 condutor para o camión do lixo a xornada completa durante 10 meses, 1 condutor para maquinaria pesada a xornada completa durante 10 meses, 2 peóns operarios de limpeza en xornada de 25 horas semanais durante 10 meses, 6 operarios/as de servizos múltiples en xornada de 30 horas semanais durante 10 meses. 85.671,60 € Lalín 34 4 peóns limpadores/as, 5 peóns/axudantes recepcionistas, 3 auxiliares de información turística, 4 auxiliares administrativos, 1 auxiliar socorrista, 4 peóns/xardineiros, 7 peóns albaneis, 1 peón carpinteiro, 1 oficial 1º condutor de tractor desbrozadora, 1 peón soldador, 3 peóns pintores a xornada completa durante 10 meses 352.170,00 € Marín 24 21 peóns de obra pública e 3 conserxes en xeral en xornada de 35 h/semanais durante 6 meses 141.146,00 € Mondariz-Balneario 14 8 peóns construción e 6 peóns forestais en xornada de 25 h/ semanais durante 6 meses 58.987,32 € Pazos de Borbén 20 2 auxiliares de arquivos e 18 mozos de recollida de lixo en xornada de 25 h/semanais durante 6 meses 84.267,60 € Porriño, O 30 1 conserxe, 4 oficiais 1º de albanelería, 6 peóns de obra pública, 1 oficial de 1ª de carpintería, 1 oficial de 1ª de fontanería, 1 oficial 1ª electricista en mantemento e reparación en xeral, 1 oficial 1ª cerralleiro/a, 1 condutor/a operador/a de maquinaria forestal con motor, 1 condutor/a de camión con remolque e/ou tractocamión, 2 pintores 1º de bandas sobre vías urbanas e estradas, 1 operario/a de vehículo de limpeza viaria e 10 peóns de horticultura xardinería a xornada completa durante 8 meses 228.150,60 € Ribadumia 22 1 animador sociocultural en xornada 25 h/semanais durante 9 meses, 1 animador sociocultural en xornada 30 h/semanais durante 5 meses, 1 animador sociocultural en xornada 30 h/semanais durante 4 meses 1 auxiliar administrativo en xornada 35 h/semanais durante 9 meses, 1 peón de limpeza en xornada 35 h/semanais durante 5 meses, 1 peón de limpeza en xornada 35 h/semanais durante 4 meses, 8 peóns de obras públicas en xornada 35 h/semanais durante 5 meses e 8 peóns de obras públicas en xornada de 35 h/semanais durante 4 meses 97.292,23 € Rodeiro 20 7 peóns de mantemento de servizos básicos en xornada de 32,5 h/semanais durante 4,5 meses, 3 peóns de mantemento de servizos básicos en xornada de 35 h/semanais durante 4 meses, 3 peóns de mantemento de servizos básicos en xornada de 35 h/semanais durante 2 meses, 1 traballador social (diplomado en traballo social) en xornada de 30 h/ semanais durante 8,5 meses, 2 auxiliares de axuda a domicilio en xornada de 37,5 h/semanais durante 2,5 meses, 1 técnico superior en educación infantil en xornada de 20 h/semanais durante 3 meses, 1 educador social en xornada de 20 h/semanais durante 9 meses, 1 mestre de educación primaria en xornada de 20 h/semanais durante 10,5 meses e 1 monitor de tempo libre en xornada de 20 h/semanais durante 10,5 meses. 76.861,27 € Tui 22 10 operarios-peóns, 4 oficiais segunda de obras, 1 oficial condutor, 1 oficial soldador/cerraxeiro, 6 empregados administrativos en xornada de 35 h/ semanais durante 10 meses 213.805,00 € TOTAL 1.731.669,32 € 15.24088.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN ÓS CONCELLOS DE CATOIRA E A LAMA CON DESTINO Ó PAGAMENTO DE GASTO CORRENTE E AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA, INCLUÍDAS NA LIÑA 2 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DOS CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27/11/2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 02/12/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 13/01/2015 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2016. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% con cargo á liña 2 de subvención (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes). Ó abeiro desta Liña 2 presentáronse as solicitudes de subvención dos Concellos de Catoira e A Lama, que se relacionan neste informe e que achegan a documentación e cumpren os requisitos esixidos nas bases. En canto á súa finalidade axústase á tipoloxía da Liña 2 de subvención dado que solicitan axuda para amortización de débedas con entidades financeiras e o pagamento de acredores de gasto corrente. Na táboa que inxire o Concello de Catoira inclúese os conceptos de subministro de material de ferrería e reparación do camión de recollida de lixo; gastos relativos ós bens e servizos correntes asociados ó funcionamento dos servizos de competencia municipal. Ambos concellos achegan o certificado do Secretario acreditativo de que non existe solapamento con outras axudas ou subvencións para a mesma finalidade. Concello CIF/NIF Expte Obxecto Importe Catoira P3601000G Pagamento acredores de gasto corrente 56.979,15€ A Lama P3602500E Amortización débedas entidades financeiras 60.000,00€ TOTAL 116.979,15€ Revisada a documentación achegada, as solicitudes incluídas nesta proposta cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. 2.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitudes relacionadas no antecedente 4º dos concellos de Catoira e A Lama (LIÑA 2 – Relación Nº 2) relativas á amortización de débedas con entidades financeiras e pagamento de acredores de gasto corrente de gastos relativos a servizos ou competencias de titularidade municipal , preséntanse dentro do prazo recollida na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade achegan a documentación requirida para a válida concesión de subvencións, por un importe total de 116.979,15 €. A finalidades propostas adecúanse dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á LIÑA2. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expedientes incluídos na LIÑA 2 – Relación Nº 2 que lles sexa concedida unha subvención polos importes solicitados e para as finalidades recollidas na mesma relación. A concesión realizarase contra as aplicacións 16/942.9425.462.45 e 16/942.9425.762.45 do Orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a concesión de subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa (Liña2 – Relación nº2) para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de 116.979,15 €. Estas achegas concédense ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016, dentro da súa Liña 2, con destino ó financiamento da amortización de débedas con entidades financeiras e pagamento de acredores de gasto corrente. LIÑA 2 – RELACIÓN Nº 2 Concello CIF/NIF Expte Obxecto Importe Catoira P3601000G Pagamento acredores de gasto corrente 56.979,15 € A Lama P3602500E Amortización débedas entidades financeiras 60.000,00 € Total 116.979,15 € - O importe das subvencións imputarase contra as aplicacións orzamentarias 16/942.9425.462.45 e 16/942-9425.762.45 do vixente Orzamento provincial nas que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. - O pago das subvencións farase anticipadamente unha vez se aprobe a concesión e os concellos deberán xustificar as axudas concedidas no prazo dun mes dende o cobro da subvención e en todo caso antes do mes de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Para a xustificación cumpre achegar: • Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: 1. Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. 2. Que se realizou a finalidade para a que se concedeu a subvención. 3. Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá o libramento desta. • Asemade, en función da modalidade concreta dentro desta liña de subvencións, achegarase tamén: a. No caso de amortización de débeda con Entidades Financeiras: Certificación do funcionario competente que acredite o pagamento da débeda. b. E no caso de pagamento ós acredores de gasto corrente: Resolución ou certificación do acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, indicando a data de pago e certificado expedido polo funcionario público competente da aplicación á finalidade subvencionada, quedando a disposición da institución provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Darlle traslado da presente resolución ós Concellos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 16.24089.- AUTORIZAR O CAMBIO DE APLICACIÓN SOLICITADO POLO CONCELLO DE NIGRÁN, DE XEITO QUE O CRÉDITO DESTINADO O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REHABILITACIÓN E CONSERVACIÓN DA ANTIGA ESCOLA DE COTROS-SAN PEDRO EN BIBLIOTECA MUNICIPAL” SE DESTINE Á EXECUCIÓN DO INVESTIMENTO “REFORMA DA PLANTA BAIXA DO CONCELLO” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 28 de novembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS 15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Mediante acordo núm. 25.23508 da Xunta de Goberno na súa sesión do día 5 de xuño de 2015, concedeuse subvención ó abeiro do PPOS/15, procedemento de concesión concorrencia, por importe de 133.000,00 € ó Concello de Nigrán, CIF P3603500D, para executar o investimento “Rehabilitación e conversión da antiga escola de Cotros – San Pedro en biblioteca municipal” (Ref.: PPOS/15/00983/201500366). En data 02/12/2015 ten entrada no Rexistro Xeral da Deputación co número de rexistro 2015121798 petición do Concello de Nigrán mediante a cal solicita modificación do destino da subvención concedida á “Rehabilitación e conservación da antiga escola de Cotros-San Pedro en Biblioteca Municipal” por importe de 133.000,00 € para o investimento “Reforma da planta baixa do Concello de Nigrán” cun orzamento de 132.995,56 €. Motivado o cambio por considérase mais axeitado dirixir a subvención recibida á reforma da planta baixa do concello e buscar un emprazamento máis idóneo e completo para o servizo de biblioteca. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.d. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2016. - Bases reguladoras do PPOS/15. Consideracións xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS/15 relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia do cambio de aplicación: - Artigo 90 da LRXAP- PAC, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, e sempre e cando non estea expresamente prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar os seus dereitos. - Artigo 91 da LRXAP- PAC que dispón que tanto a renuncia como o desestimento poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia, e en principio, a Administración as aceptará de plano dando por concluso o procedemento salvo que, habéndose personado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición ou esclarecemento, a Administración podería limitar os efectos do desestimento ou a renuncia. - Artigo 64 do RLXS que dispón que unha vez recaído un acordo ou resolución de concesión pódese solicitar unha modificación do seu contido, de acordo co disposto nas bases reguladoras da subvención, e sempre e cando non se prexudique dereitos de terceiros e se solicite antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 11ª das reguladoras do PPOS/15 que, ó abeiro do artigo 64 do RLXS, contempla as circunstancias que poden dar lugar a modificación da resolución ou acordo de concesión. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. - Base 16ª das reguladoras do PPOS/15, relativa a execución, xustificación, recepción uso dos investimentos que dispón que os investimentos deben estar executados e xustificados na súa totalidade a 31 de decembro de 2016. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta; vista a petición achegada polo Concello de Nigrán que se axusta as consideracións xurídicas expostas; que o cambio de finalidade está debidamente motivado; que este cambio se solicita antes de que finalice o prazo de xustificación dos investimentos incluídos no PPOS/15 e que co mesmo non prexudican dereitos ou intereses de terceiros, e visto o informe favorable de supervisión da memoria técnica realizado polo Director de Infraestruturas de data 21/12/2015. informo favorablemente a tramitación do expediente co obxecto de que por parte do órgano competente se autorice o cambio de aplicación da subvención concedida por concorrencia para financiar o investimento “Rehabilitación e conversión da antiga escola de Cotros-San Pedro en biblioteca municipal” (Ref.: PPOS/15/00983/201500366) por importe de 133.000,00 €, para actuación “Reforma da planta baixa do Concello” polo importe solicitado de 132.995,56 €. Réxime competencial: En virtude das competencias recollidas no artigo 34.1 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 61 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais o órgano competente é a Xunta de Goberno. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial de data 8 de xaneiro de 2016, Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar o disentimento formulado polo Concello de Nigrán, CIF.: P3603500D, á subvención concedida, ó abeiro do PPOS/15, por importe de 133.000,00 € para a execución do investimento “Rehabilitación e conversión da antiga escola de Cotros, San Pedro en biblioteca municipal” (Ref.: PPOS/15/00983/201500366). - Declarar concluso o expediente e proceder a ser arquivo. - Autorizar o cambio de aplicación solicitado polo Concello de Nigrán, CIF.: P3603500D, de xeito que o crédito destinado o financiamento do investimento salientado no parágrafo anterior, que importa 133.000,00 € se destine á execución do investimento “Reforma da planta baixa do Concello” (Ref.: PPOS/15/00983/201500460), por importe de 132.995,56 €. - O pagamento da obriga realizarase contra a aplicación 2016/942.9420.762.45.2015 do vixente orzamento. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do PPOS/15, aprobadas en acordo plenario o 28 de novembro de 2014 e publicadas no BOP núm. 1 do 2 de xaneiro de 2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo sexta do PPOS/15, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. - Darlle traslado do presente acordo o concello de Nigrán, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación, á Dirección de Infraestruturas e ó Gabinete de Presidencia. 17.24090.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL NÚM. 2016001097, DE CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL EN SERVIZOS DA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA 2016, PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS E DE GRADO SUPERIOR DE FORMACIÓN PROFESIONAL De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do plan de práctica laboral na Deputación de Pontevedra e en concellos da provincia 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2016001097 de data 26 de xaneiro de 2016, resólvese rectificar o Anexo I que fai referencia ás titulacións convocadas obxecto das bases da convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral en servizos da Deputación e Concellos da Provincia de Pontevedra 2016, para titulados universitarios e de grao superior de formación profesional. 18.24091.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL NÚM. 2016001099, DE FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL EN CONCELLOS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 2014/2015 POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NO CONCELLO DE A GUARDA De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do plan de práctica laboral na Deputación de Pontevedra e en concellos da provincia 2014/2015, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ratificar a seguinte Resolución Presidencial: - Por Resolución Presidencial nº 2016001099 de data 26 de xaneiro de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Manuel Sieiro Filgueiras, no Concello de A Guarda, con efectos do 22 de xaneiro de 2016. 19.24092.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 20.24093.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, a Secretaria Acctal. que dou fe. A Presidenta, A Secretaria Acctal.,
Ãrea de notas
Nota