Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2016-07-22_Ordinaria. Acta de sesión 2016/07/22_Ordinaria
Acta de sesión 2016/07/22_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.839/1.2016-07-22_Ordinaria
Título Acta de sesión 2016/07/22_Ordinaria
Data(s) 2016 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 44 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas e trinta minutos do día vinte e dous de xullo do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, , D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D.Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Non asiste o deputado D. Juan Antonio González Pérez, xustificando a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24640.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 8 de xullo de 2016. 2.24641.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN POLO PROCEDEMENTO NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE E EXCLUSIVIDADE DO PATROCINIO PUBLICITARIO DAS CONFERENCIAS DO CLUB FARO DE VIGO (Expte.nº 2016022291) A Deputación de Pontevedra, a través do servizo Comunicación Institucional traballa para impulsar e fortalecer a imaxe da institución provincial, coordinando todas as accións comunicativas que contribúan a transmitir unha imaxe, coherente, transparente, clara e unificada. O Departamento de comunicación institucional, encárgase da difusión da actividade da institución a través de múltiples soportes entre os que destaca os medios de comunicación. O obxectivo final e dar a coñecer a cidadanía as principais tarefas que leva a cabo a Deputación, co obxectivo de satisfacer a súas necesidades e achegar a administración ó administrado. A xefa do servizo de Comunicación Institucional, mediante informe de data 30 de maio de 2016, solicita que se inicien os trámites de contratación, por exclusividade, do patrocinio publicitario con Faro de Vigo S.A.U., que é a empresa titular do Club Faro. O Club Faro é un foro de opinión e debate que se inaugurou o 6 de maio de 1992. Pola súa tribuna pasaron máis de 2500 conferenciantes españois e estranxeiros que disertaron sobre os máis variados temas de actualidade establecéndose unha sintonía entre o Club Faro e a Sociedade galega única en Galicia. O custo do contrato fíxase en 66.115,70 €, máis 13.884,30 €, correspondentes ó IVE.(21%). Resultando que polo servizo de Intervención se emite o documento RC co número de operación 201600105979, por importe de 80.000,00 €, polo que se certifica a existencia de consignación orzamentaria, para facer fronte ó pago con cargo á aplicación orzamentaria 2016/924.9200.226.20 “Gastos de Promoción” do vixente Orzamento provincial. Resultando que polo servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, confeccionouse o proxecto de prego de condicións administrativas que han de rexer no correspondente expediente de contratación, cuxa adxudicación se propón que sexa mediante procedemento negociado sen publicidade e exclusividade de acordo ás consideracións que figuran no informe de procedemento do xefe do servizo de Contratación. Resultando que con data 7 de xullo de 2016, o Secretario informa o citado proxecto de prego de condicións económico administrativas, polo que con idéntica data se elabora o prego de condicións económico-administrativas que rexerá na contratación. Resultando que, con data 15 de xullo de 2016, polo Sr. Interventor se emite informe de fiscalización do expediente. Considerando que a disposición adicional segunda do R.D.L 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilma Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.-Aprobar o expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento negociado sen publicidade e exclusividade, do patrocinio publicitario das conferencias Club Faro de Vigo, que se desenvolverán en diferentes localidades da provincia de Pontevedra, ata o 31 de decembro de 2016, de acordo co seguinte detalle: Importe sen IVE: 66.115,70€ IVE (21%): 13.884,30€ Importe total IVE incluído: 80.000,00€ 2.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e de prescripcións técnicas que rexirán en dito procedemento negociado. 3.- Autorizar o gasto por importe de 80.000,00€, con cargo á aplicación orzamentaria 2016/924.9200.226.20 do vixente Orzamento provincial. 4.- Dar traslado de esta resolución, acompañada dunha copia do prego de condicións económico-administrativas e de prescricións técnicas, á empresa Faro de Vigo S.A.U. (CIF:A36600815) invitándoa a presentar, no caso de estar interesada, a correspondente proposición económica para optar á adxudicación deste contrato. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO NEGOCIADO, SEN PUBLICIDADE E EXCLUSIVIDADE DO PATROCINIO PUBLICITARIO DAS CONFERENCIAS CLUB FARO DE VIGO. Nº exp. 2016022291 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire o presente prego é o servizo/s descrito/s no/s apartado/s 1 do/s anexo/s I, nos que se recollen as necesidades administrativas para satisfacer mediante o contrato, describindo as características contrato. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego e inclúe na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son a conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións presentadas que superen o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato cualifícase como privado, en aplicación do artigo 20.1 in fine e 20.2 TRLCSP, e rexerase, en canto a súa preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, polo TRLCSP e a súa disposición de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes normas de dereito administrativo ou, no seu caso, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade. No relativo os seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. O adxudicatario estará obrigado ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO Adxudicarase mediante procedemento negociado sen publicidade e exclusividade, de acordo ao establecido nos artigos 169 e 170 d) do TRLCSP. Faro de Vigo, S.A.U: é a sociedade mercantil titular dos dereitos do Club Faro de Vigo, polo que a contratación do patrocinio das conferencias do Club, só se pode realizar coa devandita empresa. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía de unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa os seus procedementos de contratación no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dúbida acerca dos pregos que rexen esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 8. INCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, co que a Administración poderá optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5% do seu prezo. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprilo, no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a lle solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva depositarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: - Presentación no Rexistro Xeral ou auxiliares da Deputación de Pontevedra: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou na sede de Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, (o horario nos meses de xullo e agosto na sede de Pontevedra de luns a venres, será de 8:30 a 14:30 horas, sendo o do sábado o mesmo que o resto do ano), durante un prazo de dez días, a partir da data do envío da invitación a participar no procedemento negociado. - Presentación mediante correo: Cando a documentación se envíe por correo o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre antes da terminación do prazo sinalado no anuncio. Sen o cumprimento deste tramite a documentación non será admitida se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da finalización do prazo. No caso de ter presentada a documentación na oficina de correos e anunciado o envío ao órgano de contratación nos termos indicados e transcorridos dez días desde a data de finalización do prazo para presentación de proposicións, esta non tivese entrada no Rexistro Xeral da Deputación, non será admitida. - Presentación por calquera dos restantes procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O depósito do envío deberá ser anunciado ao órgano de contratación da mesma maneira sinalada no parágrafo anterior. Se non fose anunciado o envío, non se admitirá ningunha proposición que teña entrada no Rexistro Xeral da Deputación con posterioridade ao acto de apertura indicado no anuncio de licitación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar un único sobre, no que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Núm. de expediente No caso de que se coñeza Denominación do contrato Nome do licitador CIF Dirección, correo-e e teléfono de contacto Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso) A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. NEGOCIACIÓN DO CONTRATO No apartado 3 do anexo I estableceranse os aspectos económicos e técnicos a negociar. O órgano de contratación negociará co candidato a oferta que este presentase para adaptala aos aspectos obxecto de negociación, co fin de velar pola oferta economicamente máis vantaxosa. 12. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTAR A EMPRESA COA OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 12.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. 12.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2.Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3. Orixinal ou copia cotexada de alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de que non se deu de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato segundo o detallado nos anexos I ao presente prego. 5. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 13. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 14. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser máis desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo se computará desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ao subministrador, con indicación da súa data e o período que corresponda. A aprobación ou conformidade ou no seu caso os motivos de desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago ao subcontratista (o subministrador) terá dereito ao cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004 de 29 de decembro. O contratista poderá pactar (cos subministradores ou) subcontratistas os prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da Lei 3/2001 de 29 de decembro polo que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto e negociación sexan por conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán ao ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfecciones a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación da subministración de cada un deles que garde relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Asemade, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante do cumprimento dos pagos aos subministradores ou subcontratistas, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na Lei 3/2004 do 29 de decembro, e que non sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e nos correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efectos conteñan os pregos. 15. REGRAS ESPECIAIS CON RESPECTO Ó PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. os licitadores ou licitadoras poderán ser requiridos para indicar o convenio colectivo que lle é de aplicación ós traballadores e traballadoras que desenvolvan a actividade obxecto do contrato antes da adxudicación do mesmo ou en calquera momento durante a súa execución. 4. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 5. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordado, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 6. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a) Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b) Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c) Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d) Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e) Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 16. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 17. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 18. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución do obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas a ordes directas deste, con expresa reserva escrita por parte do contratista, dirixida tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 19. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase segundo o establecido nas súas cláusulas e nos pregos, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dea ó contratista o órgano de contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa execución, e sempre que este non fose imputable ó contratista e este ofrecese cumprir os seus compromisos, o órgano de Contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pedise outro menor segundo o establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. A petición de prórroga por parte do contratista deberá ter lugar nun prazo máximo de quince días desde aquel en que se produza a causa orixinaria do atraso, alegando as razóns polas que estime que non lle é imputable e sinalando o tempo probable da súa duración, para que a Administración poida oportunamente e sempre antes de que remate o prazo de execución do contrato, resolver sobre a prórroga deste, sen prexuízo de que unha vez desaparecida a causa se reaxuste o prazo prorrogado ó tempo realmente perdido. Cando o contratista, por causas imputables a el, incorrese en demora respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar, indistintamente, pola resolución do contrato ou pola imposición de penalidades que figuran no presente prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5% do prezo do contrato o órgano de Contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución con imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de Contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesaria para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionadas con motivo do atraso imputable ó contratista. 20. MODIFICACIÓNS DO CONTRATO O órgano de contratación, aos efectos establecidos nos artigos 219.1 e 306 do TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público e nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento do exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 e nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo aos supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión de posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desta potestade, alcance e límites, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ao que como mínimo pode afectar a modificación e o procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación. O contrato poderase modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ao efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o prezo do mesmo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. 21. GARANTÍA DOS SERVIZOS A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a) Das penalidades impostas ó contratista conforme ó artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público. b) Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionados a esta con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c) Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 22. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223, 308 do TRLCSP e o establecido no prego de condicións. Ó ser un contrato privado rexerase, en canto o seus efectos e extinción polas normas de dereito privado, artigo 20.2 do TRLCSP. 23. RECURSOS E XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da devandita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO O patrocinio publicitario das conferencias Club Faro de Vigo, que se desenvolverán habitualmente os luns, mércores e venres de cada semana, en diferentes localidades da provincia de Pontevedra ( Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa, o Grove, Lalín e Silleda) ata o 31 de decembro de 2016, co obxecto de xerar impactos directos no público, complementadas por publicidade no propio lugar do evento, na edición impresa de Faro de Vigo así como na páxina web www.farodevigo.es. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non Cualificación do contrato: Contrato privado de patrocinio publicitario CPV: Non procede Trámite: ordinario Procedemento: negociado sen publicidade por razóns de exclusividade Órgano de contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 10 días naturais a contar desde a data de envío da invitación a participar no procedemento negociado. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: a tanto alzado. Valor estimado (sen IVE): . 66.115,70€ IVE (21%): 13.884,30€ Prezo total (IVE incluído): 80.000,00€ B) FINANCIAMENTO Anualidade Aplicación orzamentaria Importe total 2016 942.9200.226.20 80.000,00€ Revisión de prezos: Non procede en aplicación ao disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. Asemade, en base a disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O contrato entrará en vigor coa súa formalización ata a execución das conferencias programadas que durarán como máximo ata o 31 de decembro de 2016. Admite prórroga: Non 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: O pago das conferencias realizarase unha vez cumprido o contrato e realizadas todas as conferencias. As facturas virán conformadas pola xefa de Comunicación Institucional. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00 € deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Nas facturas deberase indicar os código DIR 3 que identifican o procedemento, o CIF e nº de expediente que se relacionan a continuación: Administración: L02000036 (CIF: P3600000H) Órgano xestor: LA0006130 Unidade Tramitadora: LA0006135 Oficina Contable: LA0006135 Nº Expediente: 2016022291 Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. A empresa adxudicataria deberá remitir xunto coa factura unha memoria detallada de todas as tarefas realizadas. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo da garantía: A duración do contrato. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se estableceron nos pregos conforme os artigos 64.2 e 118.1 do TRLCSP, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no presente prego e cando así proceda as previstas no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e a súa contía non poderá ser superior ao 10% do orzamento do contrato. Considéranse obrigas esenciais do contrato: - Os deberes derivados das disposición vixentes en materia de protección de emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. - As seguintes obrigas relativas á publicidade institucional: • Cada conferencia que se celebre, levará un fondo con logotipo da imaxe de Deputación de Pontevedra. • Publicidade de cada conferencia no Faro de Vigo. • Así como na páxina web, www.farodevigo.es, especificando o patrocinio da Deputación de Pontevedra. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución na factura final, previa comunicación á empresa, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. Para os incumprimentos do adxudicatario das obrigas esenciais mencionadas anteriormente durante a execución do contrato, cando non proceda a súa resolución, poderanse interpoñer penalizacións de acordo ao seguinte: INFRACCIONS E PENALIZACIÓNS Considerase infracción calquera acción ou omisión por parte do contratista que supoña a vulneración das obrigas derivadas do presente contrato. As infraccións clasifícanse en leves e graves, atendendo as circunstancias concorrentes e o maior ou menor prexuízo que se cause á administración. a) Faltas leves: - Calquera circunstancia relacionada co incumprimento das condicións establecidas nos pregos ou na oferta do adxudicatario que tras o requirimento da administración non son atendidas polo adxudicatario. A penalidade imposta se determinará mediante proposta do órgano de contratación e será do 3%, descontado da factura final. Para os incumprimentos das obrigas esenciais do contrato ou faltas graves a administración poderá optar entre a resolución do contrato ou a imposicións das penalidades previstas a continuación: b) Faltas graves: - Un incumprimento das condicións de execución esenciais establecidas nos pregos: • Os deberes derivados das disposición vixentes en materia de protección de emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. • As seguintes obrigas relativas á publicidade institucional: o Cada conferencia que se celebre, levará un fondo con logotipo da imaxe de Deputación de Pontevedra. o Publicidade de cada conferencia no Faro de Vigo. o así como na páxina web, www.farodevigo.es, especificando o patrocinio da Deputación de Pontevedra. - A comisión de dúas infraccións tipificadas como faltas leves en calquera dos supostos establecidos anteriormente, sobre as que tivese recaído resolución firme en vía administrativa. - A cesión en todo ou en parte do contrato baixo calquera modalidade ou título, sen previa autorización expresa do órgano de contratación. - A modificación do contrato sen a previa autorización da administración. A penalidade imposta se determinará mediante proposta do órgano de contratación e será do 10% do importe da factura final, podendo resolver o contrato. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA ECONÓMICA, FINANCIERA Y TÉCNICA (Documentación que se debe presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 12.1 do prego económico administrativo) Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica Clasificación: non A) Solvencia económica e financeira Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF). b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada. - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renta das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva. - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: Relación das principais subministracións no curso dos cinco últimos anos relacionadas co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo IV do presente prego). As subministracións efectuadas acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior o 70% do valor estimado do contrato o da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido 3. ASPECTOS ECONÓMICOS E TÉCNICOS A NEGOCIAR Unha vez presentada a oferta de conformidade, o órgano de contratación negociará coa empresa os seguintes aspectos económicos e técnicos a negociar: Será obxecto de negociación: 3.1.- Prezo de licitación e calquera aumento da difusión da campaña. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR O sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre subscrita pola persoa que firma a proposta. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. 3. Compromisos do licitador de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire no artigo 64.2 do TRLCSP. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tales requisitos deban presentarse, antes da adxudicación do contrato. 4. Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo II.- Modelo de proposición do prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. 5. Proposta técnica. O licitador deberá presentar a oferta técnica tanto en formato papel como en formato dixital. O formato dixital deberá presentarse en soporte Cd ou DVD, levando a seguinte etiqueta: EMPRESA
NOME DO FICHEIROS Oferta_Tecnica.doc Oferta_Tecnica.pdf Na versión dixital, entregarase un ficheiro en formato PDF, que deberá estar asinado dixitalmente polo representante legal da empresa licitadora, e outro ficheiro en formato DOC. Se existise algunha incongruencia entre a oferta presentada en papel e la presentada en formato dixital asinada electronicamente prevalecerá esta última. A oferta técnica conterá: 1.- Memoria e proxecto do Club Faro de Vigo explicando as actividades, organización e todo aquilo que permita valorar o retorno publicitario que obterá a Deputación co patrocinio publicitario así como coma audiencias, representacións e asistentes. 2.- Descrición das características das actuacións publicitarias, e ámbitos nos que se vai insertar a imaxe da Deputación. 3.- Calquera outra cuestión que poida ser obxecto de valoración.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (Nome e apelidos) ...................., maior de idade, veciño de ..................., con domicilio en .................., titular do DNI número .................., expedido en data .............., actuando en nome propio ou en representación da empresa .................... (CIF número...............) e con domicilio en ...................., teléfono ...................., segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento negociado o contrato correspondente ao servizo (especificar denominación da servizo): Primeiro. Declaro que na execución do contrato se cumprirán os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprométome ó servizo, con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: - Prezo de ofertado: Prezo ofertado (sen IVE): . € IVE (21%): € Prezo total (IVE incluído): € …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DOS TRABALLOS REALIZADOS ACREDITACIÓN DE LA SOLVENCIA TÉCNICA Y PROFESIONAL RESPECTO DOS TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS ÚLTIMOS CINCO AÑOS TÍTULO DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª /D.………………………, con DNI núm. …………….., en nome propio ou en representación da empresa………………, con NIF/CIF núm. ……………DECLARA que a relación dos traballos obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na seguinte táboa: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe do ano 2015 Importe total dos últimos 5 años Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, firma e selo do licitador)” 3.24642.- DEVOLUCIÓN DE VARIAS GARANTÍAS DEFINITIVAS a) Devolución de garantías definitivas á empresa Estratexia Plus, S.L. A empresa Estratexia Plus, S.L. (CIF B 36.395.317), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de catro mil douscentos dezanove euros con oitenta e tres céntimos (4.219,83 €), para responder do contrato relativo a “Xestión, organización e impartición do programa Actívate, para o ano 2015”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/04/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500056612, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de oito mil douscentos sesenta e catro euros con corenta e seis céntimos (8.264,46 €), para responder do contrato relativo a “Xestión, desenvolvemento e execución do programa social Ti Tamén Contas 2015”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/04/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500056614, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. b)Devolución de garantías definitivas á empresa NAROM, S.L. A empresa NAROM, S.L. (CIF B 36.163.418), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de doce mil douscentos tres euros con trinta e dous céntimos (12.203,32 €), para responder do contrato relativo á obra “Melloras en infraestruturas viarias e beirarrúas no Concello de Porriño”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100027287. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NCG, por importe de catro mil oitocentos un euros con cincuenta e tres céntimos (4.801,53 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento nos lugares de Vilar, Carracido, Cotriños, Bronllo e Barro (Concello de Valga)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/06/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400082845. c)Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. A empresa Construcciones Taboada y Ramos, S.L. (CIF B 36.052.876), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato relativo á obra “Ampliación e reforzo do vial As Laxas no Concello de Porriño”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.D.L. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de cinco mil cincocentos vinte euros (5.520,00 €), para responder do contrato relativo á obra “Ampliación e reforzo do vial As Laxas no Concello de Porriño”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/01/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400008427. 4.24643.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO DE EXECUCIÓN DA OBRA “VARIANTE NO LUGAR DE REBÓN NA E.P-0503 (MORAÑA)” (Expte. nº 2014018556) Resultando.- Que o Pleno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria do día 28 de febreiro de 2014 aprobou definitivamente o proxecto de “Variante no lugar de Rebón na E.P.0503 (Moraña)”. Resultando.- Que a Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 22 de maio de 2015 acordou adxudicar á empresa Civis Global, S.L. (CIF: B-36.684.157) o contrato de execución da obra “Variante no lugar de Rebón na E.P. 0503 (Moraña)” por un importe total de 640.004,09 € IVE incluído, e un prazo de execución de 5 meses. Resultando.- Que con data 10/04/2015 formalizouse acta de comprobación de replanteo, establecéndose nese intre como data para finalizar a obra o día 10/09/2015. Resultando.- Que con data 20/08/2015 o contratista e do director de obra asinaron acta de suspensión temporal das obras, sen a preceptiva autorización do órgano de contratación. A suspensión xustifícase na existencia de diversas liñas de telefónica e electricidade que afectan á plataforma que son necesarias retranquear para poder realizar a obra sen ningún obstáculo e dar continuidade á mesma. A citada acta de suspensión temporal, non se especifica se é total ou parcial. Resultando.- Que con data 11/02/2016 asínase acta de reinicio das obras dado que as causas que motivaron a suspensión temporal foron solventadas. Resultando.- Que con data 30/05/2016 a Xefa dos Servizos Administrativos de Mobilidade coa conformidade da directora de Mobilidade de do contratista, emitiu informe que recolle o seguinte: “...Dende a adxudicación do contrato ata a data actual ponse de manifesto una serie de circunstancias que motivan esta proposta de resolución de contrato, que, a xuízo da Directora que subscribe este informe, conclúen na inviabilidade das recollidas no proxecto vixente. Enuméranse a continuación as causas que xustifican a inviabilidade do proxecto construtivo aprobado: • Detéctase que o proxecto non foi sometido ao preceptivo trámite, para a súa aprobación, de avaliación de impacto ambiental, que polas características do proxecto (Lei 21/2013, ANEXO II: Proyectos sometidos a la evaluación ambiental simplificada regulada en el título II, capítulo II, SECCIÓN 2ª; Grupo 7.Proyectos de infraestructuras: i)construcción de variantes de población y carreteras convencionales no incluidas en el anexo I), corresponderíase co procedemento simplificado de ambiental establecido polo organismo autonómico competente (Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, CMATI): non foi tramitada por tanto a solicitude de inicio da avaliación ambiental simplificada, acompañada do documento ambiental co contido que sinala o artigo 45 da Lei 21/2013: • “Dentro del procedimiento sustantivo de autorización del proyecto el promotor presentará ante el órgano sustantivo, junto con la documentación exigida por la legislación sectorial, una solicitud de inicio de la evaluación de impacto ambiental,acompañada del documento ambiental con el siguiente contenido:a) La motivación y aplicación del procedimiento de evaluación de impacto ambiental simplificada; b) La definición,…. • Detéctase que o proxecto aprobado non conta co preceptivo informe da Consellería de Cultura, Educación e Ordeación Universitaria, tal e como establecen o art. 73 do PXOM de Moraña e o art. 32 da Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia. En base a isto a Directora que subscribe solicita informe ao arqueólogo adscrito ao Servizo de Mobilidade, D. Rafael María Rodríguez Martínez. • Con data 8 de marzo de 2016 o arqueólogo remite informe a esta Dirección (achégase a este escrito), no que se conclúe o seguinte: • “O documento de Estudio Patrimonial recollido no anexo 14 é unicamente un estudo previo, punto de partida para o desenvolvemento dunha Avaliación de Impacto. Como xa se recolle nos antecedentes o único que se realiza é traballo de gabinete,(…) Preséntanse tres elementos patrimoniais localizados nas proximidades da área de construción proxectada e realízase una avaliación do impacto establecendo medidas correctoras. Ditas medidas só teñen en conta as posibles afeccións físicas directas aos bens e aos seus entornos de protección pero non as afeccións visuais das obras sobre os bens, en concreto á Igrexa de San Pedro de Rebón, que aínda que é certo que non sufre afección directa, á súa visualización e visibilidade vese cortada co desenvolvemento do proxecto, polo que o ben perde parte dos seus valores, non só se trata do edificio, do ben arquitectónico, a igrexa parroquial como elemento artellador da paisaxe. Tendo en conta que é obriga da Deputación de Pontevedra garantir a protección, conservación e enriquecemento do patrimonio cultural de Galicia (art. 25 da Lei 8/1995, do Patrimonio Cultural de Galicia (…) a avaliación de impactos non é válida (….)”. Por todo o anteriormente exposto infórmase que o “Proxecto de construción de variante no lugar de Rebón na E.P. 0503 (Moraña) non conta cos preceptivos informes que a lexislación establece para a súa aprobación, afectando ademais de forma inaceptable ao Patrimonio Cultural de Galicia. Así mesmo, o proxecto non recolle motivación técnica ningunha que xustifique unha variante no lugar, por tratarse dunha estrada provincial cun trazado de características similares ao resto de estradas da Deputación que vertebran o territorio, cunha sinuosidade axustada á orografía existente, para unha intensidade media diaria de vehículos inferior a 500, que respecta o entorno, en armonía coa paisaxe (cabe destacar que o proxecto adolece tamén de aforos ou estudos de seguranza viaria que xustifique a intervención proxectada. De acordo co anteriormente exposto, e ao amparo do recollido no actual apartado g) do artigo 223 do TRLCSP, son causas de resolución do contrato: g) La imposibilidad de ejecutar la prestación en los términos inicialmente pactados o la posibilidad cierta de producción de una lesión grave al interés público de continuarse ejecutando la prestación en esos términos, cuando no sea posible modificar el contrato conforme a lo dispuesto en el título V del libro I (...). Faise constar no presente que, atopándose as obras en fase de inicio na data actual, o contratista adxudicatario presta a súa conformidade á resolución do contrato, toda vez que emitiu con data 31 de xullo de 2015 certificación relativa ás obras executadas, renunciando á indemnización económica de ningún tipo e a iniciar expediente ningún relativo á resolución do contrato referenciado, que se tramita de mutuo acordo coa Administración contratante, á vista dos motivos expostos que xustifican a inviabilidade do proxecto constructivo, facéndose entrega no momento da firma da acta de resolución ao contratista do aval nº 20150073177 por importe de 26.446,454 € que este entregou á Deputación en concepto de garantía definitiva do contrato que se resolve agora de mutuo acordo...” Resultando.- Que con data 22/06/2016 o Servizo de Contratación emitiu informe co seguinte contido: “...Polo recollido neste informe e en concreto polas afirmacións feitas pola Directora do Servizo de Mobilidade en relación coa inviabilidade de levar as obras recollidas no proxecto aprobado, cabería proceder a iniciar o procedemento de resolución do contrato debido á imposibilidade de executar a prestación nos termos inicialmente pactados ou a posibilidade certa de produción de unha lesión grave o interese público de continuarse executando a prestación neses termos, cando non sexa posible modificar o contrato conforme ó disposto no título V do libro primeiro (art. 223.g) do TRLCSP). A elo cabe engadirlle que o contratista mostra a súa conformidade á resolución do contrato...” Resultando.- Que solicitado informe o Sr. Secretario, este emitiu o mesmo na data 07/07/2016 co seguinte contido: “...En relación coa petición de informe do Xefe do Servizo de Contratación sobre a resolución do contrato de execución da obra “Variante no lugar de Rebón na EP-0503 (Moraña)”, manifestase que visto o expediente e toda vez que consta a conformidade do contratista asinada o 30 de maio, non hai inconvinte en acordar a resolución do contrato. Iso fundaméntase no artigo 223,g) do RDL 3/2011, de 14 de novembro. O procedemento para iso, é o establecido no art. 109 do RD 1098/2001, de 12 de outubro...” Considerando.- Que artigo 210 do TRLCSP establece que dentro dos límites e con suxeición ós requisitos sinalados pola Lei, o órgano de contratación ostenta a prerrogativa de interpretar os contratos administrativos, acordar a súa resolución e determinar as causas desta. Considerando.- Que segundo o recollido na informe da Directora de Mobilidade de data 30/05/2016, a resolución do contrato non e devido a unha actitude culpable do contratista. A iso cabe engadirlle que o contratista presta a súa conformidade ó citado informe e polo tanto á resolución do contrato, renunciando a indemnización económica de ningún tipo. Considerando.- Que o artigo 223.g) do mesmo texto, en relación coas causas de resolución do contrato establece que, é causa de resolución do contrato a imposibilidade de executar a prestación nos termos inicialmente pactados ou a posibilidade certa de produción dunha lesión grave o interese público de continuarse executando a prestación nos termos inicialmente pactados, cando non sexa posible modificar o contrato. Considerando.- Que o artigo 224.1 do TRLCSP recolle que: “ La resolución del contrato se acordará por el órgano de contratación, de oficio o a instancia del contratista, en su caso, siguiendo el procedimiento que en las normas de desarrollo de esta Ley se establezca” Considerando.- Que o artigo 224.4 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, establece que: “La resolución por mutuo acuerdo sólo podrá tener lugar cuando no concurra otra causa de resolución que sea imputable al contratista, y siempre que razones de interés público hagan innecesaria o inconveniente la permanencia del contrato...” Considerando.- Que o artigo 225.4 do mesmo texto legal establece que: “...el acuerdo de resolución contendrá pronunciamiento expreso acerca de la procedencia o no de la pérdida, devolución o cancelación de la garantía que, en su caso, hubiese sido constituida. Sólo se acordará la pérdida de la garantía en caso de resolución del contrato por concurso del contratista cuando el concurso hubiera sido calificado como culpable....” Considerando.- Que o artigo 102.1 do TRLCSP establece que: “ La garantía no será devuelta o cancelada hasta que se haya producido el vencimiento del plazo de garantía y cumplido satisfactoriamente el contrato de que se trate, o hasta que se declare la resolución de éste sin culpa del contratista.” Considerando.- Que o artigo 109 do Real Decreto 1098/2001 recolle que a resolución do contrato acordarase polo órgano de contratación, de oficio ou a instancia do contratista debendo, entre outros, darlle audiencia ó contratista. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Resolver o contrato de execución da obra “Variante no lugar de Rebón na E.P. 0503 (Moraña).” 2. Devolver a garantía definitiva que constituíu Civis Global, S.L. (CIF B-36.684.157) na Tesourería da Deputación, para facer fronte á execución da citada obra, por importe de 26.446,45 € segundo consta en carta de pagamento número 201500073711. 5.24644.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL DO CONCELLO DO ROSAL Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “ASISTENCIA A CONCERTO PARA FOMENTO DA CULTURA MUSICAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Agrupación Musical do Rosal con CIF: G-36.027.928, do Concello do Rosal, por un importe de 1.168,00 €, para a “Asistencia a concerto para fomento da cultura musical” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 07/07/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 6.24645.- FINALIZACIÓN DUNHA BOLSA DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL 2016 NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA POR RENUNCIA DUNHA BOLSEIRA NO CONCELLO DE CERDEDO Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicáronse 189 bolsas do Plan de práctica laboral en servizos da deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016, por número de expediente, titulación, persoa candidata seleccionada e concello ou servizo da Deputación de Pontevedra de destino, con efectos 1 de maio de 2016 e por un período de seis meses, prorrogables por outros seis. O pasado 1 de maio de 2016 iniciou as súas prácticas laborais do expediente C81 Licenciatura/ Grao en Ciencias Ambientais a bolseira Belén González López no Concello de Cerdedo por un período de seis meses. Dita bolseira presenta escrito no rexistro comunicando a súa renuncia á bolsa de práctica laboral na deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2016, con efectos do 26 de xullo de 2016, motivado por circunstancias familiares. As bases que regulan a convocatoria do referido plan de prácticas laboral, concretamente a base décimo primeira, establece que daranse por finalizadas as prácticas cando concorra entre outras causas a renuncia voluntaria por parte da persoa bolseira. A renuncia implicará a perda dos dereitos formativos e económicos que puideran corresponderlle. Por todo e exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade dar por finalizadas as prácticas da bolseira Belén González López no Concello de Cerdedo, con efectos do día 26 de xullo de 2016. 7.24646.- APROBACIÓN DO CAMBIO DE TITULACIÓN E ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA VACANTE DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 POR RENUNCIA DUN BOLSEIRO NO CONCELLO DE A CAÑIZA No Boletín Oficial da Provincia, número 11 de data 19 de xaneiro de 2016, publicáronse as Bases que regulan a Convocatoria de 200 bolsas de práctica Laboral na deputación e nos concellos da provincia de Pontevedra 2016 destinadas a persoas con títulos universitarios ou de formación profesional coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral, entre as que figuraban: EXP TITULACIÓN ADXUDICADA CONCELLO C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística A Cañiza Por acordo aprobado na Xunta de Goberno da Deputación Provincial de data 29 de abril de 2016 adxudicouse dita bolsa a María Goretti Abalde Alonso por un período de seis meses, a bolseira con data 27 de xuño presenta a súa renuncia á bolsa con efectos do 30 de xuño de 2016. Tal e como se recolle na base décimo terceira da convocatoria,no caso de que a persoa beneficiaria renuncie a bolsa antes da finalización do período de prácticas a entidade poderá solicitar que se cubra a bolsa que queda vacante polo tempo restante cunha persoa candidata suplente. Comprobado que non existen suplentes para esa titulación, requíreselle ó Concello de A Cañiza que solicite un cambio de titulación o abeiro da base décimo cuarta onde se establece que de non chegar a cubrirse o número total de bolsas convocadas para unha determinada titulación por falta de candidaturas a entidade afectada poderá solicitar que se lles adxudiquen as bolsas vacantes que teñen outorgadas a aspirantes suplentes doutros procesos ou titulacións seguindo a orde de puntuación establecida. Mediante escrito de data de rexistro 12 de xullo o Concello de A Cañiza solicita que se substitúa pola titulación do expediente C08 Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos quedando dita titulación en substitución da anterior; EXP TITULACIÓN NOVA CONCELLO C08 Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos A Cañiza A bolsa vacante ofertóuselle ás persoas candidatas suplentes de dita titulación e por orden de puntuación resultando que a primeira persoa suplente aceptou dita bolsa. Considerando o exposto anteriormente a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1º Aprobar o cambio de titulación solicitado polo Concello de A Cañiza da bolsa vacante para quedar establecido como segue; EXP. TITULACIÓN NOVA CONCELLO C08 Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos A Cañiza 2º Adxudicar a bolsa que quedou vacante á persoa suplente que se relaciona a continuación seguindo a orde de puntuación, por número de expediente, titulación, importe e centro de destino, con efectos 1 de agosto de 2016 e ata o 30 de novembro de 2016, coa posibilidade de prórroga por seis meses. EXP. Titulación 1ºapelido 2ºapelido Nome DNI Concello Importe C08 Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos Sineiro Galiñanes Abel 76865521G A Cañiza 700,00€ A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación, será de oitocentos euros (800,00€) ó mes para as persoas con titulación universitaria e de setecentos euros 700,00 €) ó mes para as de ciclos superiores de formación profesional, sendo o custe da seguridade social de 35,24 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 16/240.2410.481.01 e 16/240.2410.160.03. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, excepto as indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a entidade. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina da Administración onde se desenvolva a súa práctica laboral, co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro, sen que poida superar as 37,50 horas semanais. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin cos concellos nos que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial nin cos concellos. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R. d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para o ano 2015. As bolsas que queden vacantes despois do período de prórroga non se cubrirán coas candidaturas suplentes. 8.24647.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CERDEDO CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “PROXECTO BÁSICO DE MUROS DE CONTENCIÓN EN A REVOLTA, COLEXIO E FIGUEROA”. INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 29/02/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Cerdedo na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 88.045,93 € con destino ó financiamento da actuación “Proxecto básico muros de contención en a Revolta, Colexio e Figueroa” (Expdte.: 2016028886). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. O concello informa, formalmente e por escrito, que as cantidades non dispostas das liñas 2 e 4 incrementaron a liña 1 adicada ó financiamento de investimentos. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016 que dispón que as cantidades que os concellos non utilicen das liñas 2, 3 e 4 poderanas utilizar para facer investimentos. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do xefe dos servizos técnicos de mobilidade, de data 15 de xullo de 2016 e da xefa do servizo de cooperación, da mesma data, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 18 de xullo de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Cerdedo, CIF.: P3601100E, a cantidade de 88.045,93 €, para o financiamento do investimento “Proxecto básico muros de contención en A Revolta, Colexio e Figueroa”, cun orzamento polo mesmo importe, é dicir, 88.045,93 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Cerdedo, á Intervención, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 9.24648.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MEIS NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “HABILITACIÓN DE ALBERGUE DE PEREGRINOS” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 29/02/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, ten entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Meis na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 71.995,00 € con destino ó financiamento da actuación “Habilitación de albergue de peregrinos”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico do Enxeñeiro Xefe de Cooperación de 15/07/2016, e o informe da Xefa do servizo de Cooperación de 15/07/2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 18/07/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Meis, NIF P3602800I, por importe de 71.995,00 €, para a realización do investimento “Habilitación de albergue de peregrinos” (exp.: 2016028842), cun orzamento polo mesmo importe, 71.995,00 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base 18ª do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 10.24649.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE NIGRÁN NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “PAVIMENTACIÓN DE VARIOS VIAIS” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Nigrán na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 159.794,32 € con destino ó financiamento da actuación “Pavimentación de varios viais”, cun orzamento polo mesmo importe. A solicitude presentada recollía o total dos investimentos do concello con cargo ó Plan, polo que vista a obriga de formular peticións individuais para cada investimento, en data 29/03/2016 o concello presenta solicitudes individualizadas para cada un. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. A petición contempla os gastos de execución, 153.971,86 €, así como os honorarios de redacción de proxecto e aqueles que son inherentes a execución do proxecto por importe de 5.822,46 €, que son subvencionables conforme o disposto na base 8ª sempre e cando se solicite e motive expresamente. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Base reguladora 5ª do Plan de Concellos 2016, que dispón as porcentaxes aplicables a cada liña de subvención, así como a posible aplicación á Liña 1 Investimentos, das cantidades non utilizadas nas outras liñas. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da LRBRL, o artigo 63 do ROFRJEL e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos o informe técnico do Enxeñeiro Xefe de Cooperación de 06/07/2016, e o informe da Xefa do servizo de Cooperación de 07/07/2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e visto o informe da Intervención Provincial, de data 18/07/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder unha subvención ó Concello de Nigrán, NIF P3603500D, por importe de 159.794,32 €, para a realización do investimento “Pavimentación de varios viais” (exp.:2016027957), cun orzamento polo mesmo importe, 159.794,32 €. Deste importe, 153.971,86 € corresponden á execución das obras, e 5.822,46 € ós honorarios de redacción do proxecto e aqueles que son inherentes a súa execución, que foron solicitados formal e expresamente polo concello, resultando subvencionables ó abeiro da base oitava do Plan de Concellos 2016. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución do investimento ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base 18ª do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 11.24650.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “DEMOLICIÓN DE EDIFICIO AVDA. CONCORDIA, TUI”. INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Tui na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 74.344,71 € con destino ó financiamento do investimento “Demolición de edificio Avda. Concordia, Tui” cun orzamento por importe de 74.344,71 €, correspondendo 70.714,71€ a execución de obra e 3.630,00 € honorarios de redacción proxecto. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado,no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe do servizo de Cooperación de data 19/05/2016, da xefatura do servizo de cooperación de data 12/07/2015 que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 14/07/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Tui, CIF.:P3605500B, a cantidade de 74.344,71 €, con destino ó financiamento do investimento “Demolición de edificio Avda. Concordia, Tui” (Expdte. 2016018738) incluído na liña 1 do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento por importe de 74.344,71 €. O importe da subvención contempla os gastos de execución de obra por importe de 70.714,71 € e os gastos de redacción de proxecto por importe de 3.630,00 €. Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. Convén lembrar que o Concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obra ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presentan plan. A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento deberá estar xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. Darlle traslado do presente acordo ó Concello de Tui, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 12.24651.- RATIFICACIÓN DA RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº2016013586 DE REVOGACIÓN DUNHA BOLSA DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E EN CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 A JOAQUÍN DIEGO LORENZO NO CONCELLO DE MOS POR TER SUPERADOS OS 30 DÍAS DE I.T De conformidade co disposto nas bases da convocatoria do Plan de práctica laboral en Deputación e concellos da provincia de Pontevedra 2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ratificar a seguinte Resolución Presidencial: Por Resolución Presidencial nº 2016013586 de data 14 de xullo de 2016, resólvese dar por finalizadas as prácticas do bolseiro Joaquín Diego Lorenzo no Concello de Mos con efectos do 8 de xullo de 2016 13.24652.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 14.24653.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as doce horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota