ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.360
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Acta de sesión 2016/10/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.840/1.2016-10-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/10/28_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 39 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día vinte e oito de outubro do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24885.- ACTA ANTERIOR Aprobación dos borradores das actas das sesións ordinarias dos días 7 e 14 de outubro de 2016, respectivamente. 2.24886.- APROBACIÓN DA ADDENDA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE VIGO E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA PRORROGAR AS ACTUACIÓNS DERIVADAS DA “REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO” En data 8 de xullo de 2015 asinouse un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, co obxecto da realización de obras de mantemento, reparación e conservación en diversos campos de fútbol no termo municipal de Vigo, que se relacionaban no anexo I do devandito convenio. O importe global para a execución das actuacións previstas no ámbito do convenio ascendía á cantidade de 579.720,00€, financiados o 50% entre ámbalas dúas administracións. En data 17 de decembro de 2015, de acordo coa proposta da comisión paritaria mixta, a Xunta de Goberno provincial, mediante acordo 9.23990, aproba unha primeira addenda ó convenio salientado ut supra que prorroga súa vixencia, ata o 31 de outubro de 2016, e amplía o seu ámbito de actuación mediante a inclusión dun novo campo de fútbol. Que comprobado o estado actual da execución das actuacións previstas no convenio para o mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo, faise necesario estender, novamente, a súa vixencia co obxecto de facilitar o remate das obras emprendidas nos campos de fútbol. Fundamentos xurídicos: 1. Lexislación aplicable:  Normativa reguladora da contratación das Corporacións locais, constituída polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e RD 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de Contratos.  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladoras das Bases do Réxime Local.  Lei 5/1997, de 22 xullo, de Administración Local de Galicia.  RDL 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.  RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladoras das Facendas Locais.  Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e o RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións.  Lei 9/2003, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.  Bases de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016. 2. Procedencia da Addenda: O RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, no seu artigo 25, baixo a rúbrica de liberdade de pactos, permite que nos contratos do sector público se inclúa calquera pacto, cláusula ou condición, sempre que non sexan contrarios ó interese público, ó ordenamento xurídico e ós principios de boa administración. Na mesma liña se pronuncian, os artigos 1255 do Código Civil e 111 do Texto Refundido das disposicións vixentes na materia de réxime local, aprobado polo RDL 781/1986, de 18 de abril, e 310 da LALG, cando estipula que as administracións públicas poderán celebrar contratos administrativos, pactos, convenios, sempre que non sexan contrarios ó ordenamento xurídico e teñan por obxecto satisfacer o interese público que teñen encomendado, co alcance, efectos e réxime xurídico específico que en cada caso prevea a disposición reguladora. Xa que logo, o documento a asinar ten como finalidade principal estender a vixencia do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo para permitir o remate das obras iniciadas nos mesmos, compre a formalización dunha addenda ó convenio, trala tramitación do oportuno expediente administrativo. En canto ó contido da Addenda, axustado á lexislación vixente, sinálase no informe da secretaria xeral obrante no expediente. Tendo en conta todo o que antecede, dada conta da proposta de Addenda, visto o informe da xefa de Servizo de Cooperación de data 18 de outubro de 2016, que conclúe favorablemente a tramitación da mesma, e os informes do Secretario Xeral, de data 24 de outubro de 2016, e da Intervención Provincial, de data 21 de outubro de 2016, en virtude das competencias que lle confiren os artigos 35 e 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, 30 do RDL 781/1986, de 18 de abril e 16.2 das Bases de execución dos Orzamentos provinciais e a restante normativa local vixente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Primeiro.- Aprobar a Addenda para prorrogar as actuacións derivadas da sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo; cuxo texto di: “ADDENDA PARA PRORROGAR AS ACTUACIÓNS DERIVADAS DA SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO Pontevedra, a ___ de ______________ de 2016 REUNIDOS Dunha parte, Don Abel Caballero Álvarez, Alcalde-Presidente do Concello de Vigo, na representación do Concello de Vigo que lle atribúe o artigo 124.4.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Doutra parte, Dona María del Carmen Silva Rego, na súa condición de Presidenta da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúen o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. E actuando Dona María Concepción Campos Acuña, en calidade de secretaria do Concello de Vigo, e Don Carlos Cuadrado Romay en calidade de secretario xeral da Deputación de Pontevedra, dando fe do acto que se celebra. As partes recoñécense mutuamente plena lexitimación, representación e a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda ó convenio de colaboración e, con tal fin EXPOÑEN: I.- Que con data de 08/07/2015 foi asinado o Convenio de Colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal de Vigo. II.- Que o convenio segundo o seu pacto 1º ten por obxecto a realización de obras de mantemento e actualización dos campos de fútbol do termo municipal de Vigo, incluídos no Anexo I do convenio. III.- Que en data 17/12/2015, de acordo coa proposta da comisión paritaria mixta, a Xunta de Goberno da Deputación aproba unha primeira Addenda ó convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización de obras de mantemento, reparación e conservación nos campos de fútbol do termo municipal. Esta primeira Addenda contempla a inclusión de novas actuacións non previstas inicialmente no Anexo I do convenio e estende a súa vixencia ata o 31/10/2016. IV.- Comprobado o estado actual da execución das actuacións previstas no anexo I do convenio, segundo a redacción dada na primeira Addenda, e da imposibilidade de execución das obras previstas nos prazos estipulados, estímase conveniente unha ampliación no prazo de vixencia ata 30/06/2017. V.- Que o pacto 8º do convenio estipula que as modificacións que se fagan, sempre dentro do importe definitivo, deberán dar lugar a tramitación de addendas ó convenio. VI.- Por todo o anteriormente exposto, ambas as partes manifestan expresamente o seu desexo de asinar unha nova addenda ó convenio de colaboración co obxecto de prorrogar a súa vixencia para dar continuidade ás actuacións iniciadas, co seguinte PACTO UNICO.- As partes, co obxecto dar continuidade ás actuacións iniciadas, acordan estender a vixencia do “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE MANTEMENTO, REPARACIÓN E CONSERVACIÓN NOS CAMPOS DE FÚTBOL DO TERMO MUNICIPAL DE VIGO”, ata o remate das actuacións que se recollen no Anexo I do mesmo, sen exceder en todo caso a data de 30 de xuño de 2017. A presente addenda entrará en vigor na data da súa sinatura. As partes comprométense a realizar os axustes orzamentarios necesarios para manter os compromisos económicos establecidos no convenio, en relación ó novo período de vixencia. E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda e a un só efecto no lugar e data sinalados no seu encabezamento. O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo Asdo.: Abel Caballero Álvarez A Presidenta da Deputación de Pontevedra Asdo.: María del Carmen Silva Rego A Secretaria do Concello de Vigo Asdo.: Mª Concepción Campos Acuña O Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra Asdo.: Carlos Cuadrado Romay” Segundo.- Facultar á Presidenta para formalizar a devandita Addenda mediante a súa sinatura. 3.24887.- LEVANTAMENTO DO CONDICIONANTE NA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO DENOMINADO “CAMPO DE FÚTBOL DE NESPEREIRA”, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15), POR ACORDO NÚM. 6.23643 DA XUNTA DE GOBERNO NA SÚA SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 03/07/2015 A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial na súa sesión ordinaria do día 03/07/2015, adoptou, entre outros, o acordo 6.23643 de concesión de subvención ó Concello de Pazos de Borbén para a realización do investimento denominado “Campo de fútbol de Nespereira”, incluído no Plan provincial de obras e servizos 2015 (PPOS/15). Dita concesión de subvención quedaba condicionada a que se emendase a solicitude achegando, antes da execución das obras ou, en todo caso, no momento da xustificación os anexos II (certificación do investimento) e o anexo III (acta de trazado previo). En data 30/09/2016 ten entrada no rexistro xeral da Deputación núm. 2016101226, escrito do Concello de Pazos de Borbén no que remite Anexo II e acordos do Pleno do Concello de 02/07/2015, 18/03/2016, e 29/08/2016 e acordo da XGL de 01/06/2016; posteriormente, en data 14/10/2016 núm. rexistro 2016106052 remite o Anexo III. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPAC).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL).  Bases reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente:  Base reguladora 10ª do Plan provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS/15), relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Petición e evacuación de informes:  Artigos 80 da LPAC sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 88.6 da LPAC, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Conclusións: O Concello de Pazos de Borbén, emenda en prazo o condicionante da concesión de subvención para a realización do investimento denominado “Campo de fútbol de Nespereira”, aportando o anexo II (certificación do investimento) e o anexo III (acta de trazado previo). Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente e propoño que se de por emendados os defectos da solicitude de subvención para ó financiamento do investimento “Campo de fútbol de Nespereira” e se levante o condicionante establecido na concesión de dita subvención. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª das Bases de Execución do Orzamento Provincial e de conformidade con disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, en o artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e visto o informe da intervención provincial de data 24/10/2016 a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Levantar o condicionante na subvención concedida ó Concello de Pazos de Borbén para a realización do investimento denominado “Campo de fútbol de Nespereira”, incluído no Plan Provincial de Obras e Servizos 2015, por acordo núm. 6.23643 da Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria do día 3 de xullo de 2015, quedando emendados os defectos da solicitude. 4.24888.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A SINALIZACIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO CULTURAL E A MEMORIA HISTÓRICA-ANO 2016 A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 17 de xuño de 2016 aproba as bases de subvencións dirixidas a concellos da provincia de Pontevedra para a sinalización do patrimonio histórico cultural e a memoria histórica – ano 2016, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 155.770,82 €, con cargo á aplicación 16/330.3360.762.00 do Orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións ás 40 solicitudes que figuran na seguinte relación, excluíndo deste programa dúas solicitudes por non cumprir coas bases establecidas e que se indican en relación aparte. Dito anexo é como segue: 5.24889.- ANULACIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES CULTURAIS (A/15) Rematado o prazo de xustificación das subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos para o ano 2015 (Programa A/15.- Actividades culturais), aprobadas pola Xunta de Goberno de 02/10/2015, e despois de requirírselles ós interesados a entrega da documentación necesaria, de conformidade co disposto no artigo 70.3 do R. d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, concedéuselles un prazo improrrogable de 15 días, transcorridos os cales estes non presentaron a correspondente xustificación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a anulación definitiva das subvencións que a continuación se detallan: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe Arbo V-36212983 Federación Provincial de Mujeres Rurales, Consumidoras y Culturales A Peregrina de Pontevedra Asamblea Xeral de Mulleres Rurais da Provincia 1.196,00 € Cangas G-36588812 Asoc. Cultural O Arco de Vilanova Festival Folk “Festa Brava” 890,00 € Catoira G-36137719 Asoc Vec Cult San Antonio de Dimo Actos Culturais da Xuntanza Cabalar 2015 917,00 € Cerdedo G-36308617 Asoc. Cultural Cerdedo Ecce-Homo Festival Folclórico 2015 1.362,00 € Gondomar G-36650059 Asoc. de Vecinos Galiñeiro de Vincios Gondomar Folc no Galiñeiro 1.279,00 € Oia G-94102001 Asoc. Acción Iberoamericana Festival Intercultural Iberoamericano 890,00 € Ponteareas G-94073715 Asoc. Hostelería y Turismo del Condado IV Festival de Jazz 1.279,00 € Ponteareas G-36104768 Banda de Música La Unión de Guláns V Festival de Banda Populares 890,00 € Pontevedra G-36060796 Músico Cultural San Martiño Salcedo Campus Musical 1.084,00 € Redondela G-36015741 Círculo Cultural Recreativo de Cesantes Festival Folk Illa de San Simón – Praia de Cesantes 1.446,00 € Salceda de Caselas G-94110418 Asoc. Automovilista O Pincho Concentración Automobilística 1.168,00 € Salceda de Caselas G-36288348 Centro Cultural Deportivo e Social O Coto Mes Cultural 2015 945,00 € Salceda de Caselas G-36047561 Asoc. de Xóvenes A Turonia de Entienza Semana Cultural 890,00 € Tui G-36272003 Asoc. de Comer. e Industrais de Tui Noite Aberta 2015 1.362,00 € Valga G-94075884 Asoc. Veciñal e Cultural Vilarello Recuperación Tradición Procesión dos Lacóns 1.029,00 € Valga G-94070554 Asoc. Cultural y Deportiva Futbito Veteranos Valga Exposición Fotográfica O Deporte en Valga. 50 anos de Vida Saludable 624,00 € Valga G-94071800 Asoc. de Teatro “A Bella Otero” I Mostra de Teatro A Bella Otero 640,00 € Vigo G-27811090 Asoc. Hermerico Exposición en Pontevedra: Os Camiños do mar fanse remando 1.974,00 € Vigo G-36647055 Asoc. Banda Escola de Música de Beade Festival Bandas de Música de Beade 1.390,00 € Vigo G-36649374 Asoc. de Vecinos Nosa Terra de Alcabre Festival Folclórico 1.056,00 € Vigo G-27800861 Asoc. Cultural Barrio Alto do Casco Vello de Vigo O Novo Barrio Alto. Unha Ollada Ilustrada 1.029,00 € Vigo G-36776920 Asoc. Familiares Enfermos de Alzheimer y otras Demencias de Galicia – Afaga II Certame de monólogos “Non te esquezas de rir” 1.529,00 € Santiago de Compostela G-15450828 Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia Exposición Itinerante: 200 años contando con Don Bosco 973,00 € TOTAL 25.842,00 € 6.24890.- ANULACIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INSTRUMENTOS E VESTIARIO (B/15) Rematado o prazo de xustificación das subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos para o ano 2015 (Programa B/15.- Instrumentos e vestiario), aprobadas pola Xunta de Goberno de 17/09/2015, e despois de requirírselles ós interesados a entrega da documentación necesaria, de conformidade co disposto no artigo 70.3 do R. d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, concedéuselles un prazo improrrogable de 15 días, transcorridos os cales estes non presentaron a correspondente xustificación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a anulación definitiva das subvencións que a continuación se detallan: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe Agolada G-36217545 Asoc. de Amigos de la Música Municipal de Agolada Adquisición de instrumentos musicais 1.032,00 € Cangas G-36588812 Asoc. Cultural O Arco de Vilanova Adquisición de vestiario tradicional 696,00 € A Cañiza G-36180347 Asoc. Cultural Santa Cristina de Valeixe Adquisición de instrumentos musicais 1.152,00 € Cuntis G-36273068 Agrupación Municipal de Baile e Música Tradicional de Cuntis Adquisición de instrumentos musicais 792,00 € Cuntis G-94076445 Asoc. Cultural Gaitas do Baño Adquisición de instrumentos musicais 744,00 € A Estrada G-36051944 Agrupación Folklórica Abrente de Foxo La Estrada Adquisición de instrumentos musicais 792,00 € Gondomar G-36746246 Asoc. Cultural Grupo de Baile Balcón do Val Miñor Adquisición de vestiario 888,00 € Gondomar G-27759521 Asoc. Folclórica Cultural Fíbulas Adquisición de vestiario 1.152,00 € O Grove G-94086048 Sociedade Musical Grovense Adquisición de instrumentos musicais 1.248,00 € A Guarda G-94067188 Asoc. Cultural Xida Adquisición de instrumentos musicais 672,00 € Meaño G-36143857 Asoc. Unión Musical de Meaño Adquisición de instrumentos musicais 1.248,00 € Mos G-36039287 Centro Cultural y Social Herville Mos Adquisición de capas para a rondalla 1.272,00 € Mos G-36018042 Círculo Cultural Abrente Adquisición de instrumentos musicais 1.056,00 € Oia G-36452316 Grupo Folklórico Tra-lo Mosteiro de Oia Adquisición de telas para saias 648,00 € Redondela G-36058253 Asoc. de Vecinos San Esteban de Negros Redondela Adquisición de instrumentos musicais 744,00 € Redondela G-36048262 Asoc. Sociedade Cultural do Viso Adquisición de vestiario 720,00 € Redondela G-36015741 Círculo Cultural Recreativo de Cesantes Adquisición dun piano 1.104,00 € Salceda de Caselas G-36123313 Amigos de la Música – Salceda de Caselas Adquisición de instrumentos musicais 1.008,00 € Salvaterra de Miño G-36353001 Asoc. Cultural Cantemos Adquisición de vestiario 864,00 € Vigo G-36425072 Asoc. Cultural Banda de Gaitas de Mos Adquisición de capas 792,00 € Vigo G-27751171 Asoc. Xuvenil Xarume Adquisición de instrumentos musicais 912,00 € Vigo G-36784197 Ateneo Musical de Bembrive Adquisición de instrumento musical 1.032,00 € Vigo V-36816874 Coral Polifónica María Madre del Buen Pastor Adquisición de blusas para as coralistas 696,00 € Vigo G-36647055 Asoc. Banda Escola de Música de Beade Adquisición de vestiario 864,00 € Vila de Cruces G-36590651 Asoc. Cultural Punteirolo Adquisición de vestiario 816,00 € TOTAL 22.944,00 € 7.24891.- ANULACIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INFRAESTRUTURA (C/15) Rematado o prazo de xustificación das subvencións de apoio á cultura dirixidas a entidades para actividades e investimentos para o ano 2015 (Programa C/15.- Infraestrutura), aprobadas pola Xunta de Goberno de 17/09/2015, e despois de requirírselles ós interesados a entrega da documentación necesaria, de conformidade co disposto no artigo 70.3 do R. d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, xeral de subvencións, concedéuselles un prazo improrrogable de 15 días, transcorridos os cales estes non presentaron a correspondente xustificación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a anulación definitiva das subvencións que a continuación se detallan: Concello DNI/CIF Terceiro Obxecto da subvención Importe Crecente R-3600056-J Diocese Tui-Vigo (Parroquia de San Xoán de Albeos) Obras de colocación de verxa no muro do adro e acceso con rampa e pasamáns 5.939,00 € A Estrada G-36362598 Asoc. de Mulleres Rurais de Lagartóns Obras de rehabilitación do tellado do local social 2.813,00 € Mos G-36039287 Centro Cultural y Social de Herville Mos Obras de construción de muro móbil 6.564,00 € Redondela G-36015741 Círculo Cultural Recreativo de Cesantes Obras de reforma do primeiro andar 7.918,00 € Vila de Cruces R-1500020A Arcebispado de Santiago de Compostela (Parroquia de Santa Mariña de Bascuas) Obras de eliminación de humidades na igrexa de Bascuas 4.792,00 € TOTAL 28.026,00€ 8.24892.- MODIFICACIÓN DE PRAZAS DE PROGRAMA “DEPOTERMAL 2016”, ATENDENDO ÁS PETICIÓNS DE CAMBIO DE MODALIDADE DE NOVE PERSOAS SOLICITANTES A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, convoca unha nova edición o programa Depotermal 2016 atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. Na Xunta de Goberno de 26 de febreiro de 2016 adoptase o acordo de aprobación das bases reguladoras do programa Depotermal 2016, posteriormente publicadas no BOP nº 98 de 24 de maio de 2016. Que a finalidade deste programa é fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situación s de soidade que poidan levar á vulnerabilidade. A convocatoria do programa Depotermal 2016, conta cun gasto autorizado por importe de 102.000,00 €, con cargo a aplicación orzamentaria 16/231.2311.227.07, suficientes para atender ata 4434 prazas. Na Xunta de Goberno do día 30 de setembro de 2016, aprobase a adxudicación de prazas do programa Depotermal 2016. Dende o Servizo de Cohesión Social e Xuventude, remitíronse á empresa adxudicataria os listados de persoas admitidas en cada modalidade segundo o aprobado en Xunta de Goberno. Nove persoas solicitantes, presentaron por rexistro, escrito no que expoñen erro ao cubrir a solicitude do programa e demandando o cambio de modalidade do programa:  Persoas que solicitaron DIURNO e demandan o cambio a PERNOCTACION: - Saladina Ledo Gómez con DNI 76887037S e acompañante Carlos Sánchez Campos con DNI 34721136Z. - José Carlos Giménez Bascoy con DNI 35910971J e acompañante Celia Marina Campos Brandón con DNI 35904881H. - Francisco Dávila Carral con DNI 35272424H e acompañante Ana Santiago Cerveró con DNI 35272847. - Dolores Reyes Bermúdez con DNI 76850793L. - Rita Calounga Vázquez con DNI 33143161T. - Mercedes Davila Carral con DNI 35272424H. (Achéganse os escritos das persoas solicitantes.) Con data 18 de outubro de 2016, o interventor do Servizo de Fiscalización emite informe favorable relativo á modificación de prazas do programa Depotermal 2016, atendendo ás peticións de cambio de modalidade das nove persoas solicitantes. Normativa Aplicable: a) Artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. b) Artigo 109.1 b) da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia c) Artigo 63 da Lei 13/2008 de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. d) Artigo 31 do decreto 99/2012, modificado polo Decreto 148/2014, de 6 de novembro, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. e) Orzamento provincial 2016. Considerando que o órgano competente para a adxudicación de prazas do programa Depotermal para o exercicio 2016 é a Xunta de Goberno, de conformidade co estipulado nas bases reguladoras do programa, e tendo en conta as peticións de cambio de modalidade de nove persoas solicitantes do Programa Depotermal 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Admitir a aprobación de cambio de modalidade no programa Depotermal 2016 a petición de nove persoas solicitantes, polo que os datos do programa queda do seguinte xeito: o Modalidade de asistencia diaria: Son nove persoas as que solicitan baixa nesta modalidade e cambio a pernoctación, o que supón que o número final de prazas adxudicadas para esta modalidade sexa de 1382 persoas. Non hai cambios respecto ás prazas reservadas para persoas en situación de vulnerabilidade ( 10 prazas). o Modalidade de pernoctación: Son nove persoas as que piden cambio de diúrno a pernoctación, o que supón que o número final de prazas adxudicadas para esta modalidade sexa de 2908 persoas. Non hai cambios respecto ás prazas reservadas para persoas en situación de vulnerabilidade ( 10 prazas). 9.24893.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS, XORNADAS… a)Mediante escrito de data 23 de setembro de 2016 con número de rexistro de entrada nº2016098563, Dna. Ruth González Reyes, xefa do Servizo de Turismo, expón que con data 14 de marzo de 2015 asinouse o Protocolo Xeral entre o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra, mediante unha estratexia de promoción turística con un prazo de execución de dous anos. Con data 19 de setembro acordase co Ministerio celebrar unha reunión de seguimento en Madrid o 26 de setembro de 2016 as 11:00 h. Por elo, solicita que se lle autorice a súa asistencia, así como a axuda económica correspondente a dietas e locomoción. A solicitude está conformada polo Deputado, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz. Dada a relación existente entre o contido da Reunión e o traballo que ven desenvolvendo dita traballadora, informase favorablemente a súa petición; sen embargo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, a interesada deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da Reunión e as conclusións obtidas. A solicitude non foi tramitada con antelación suficiente, polo que procede a súa validación. A continuación desagrégase o gasto total derivado desta viaxe e que se valoraron en 380,27€ en concepto de dietas e locomoción: CONCEPTO DE DIETAS TOTAL APLICACIÓN ½ Manutención día 26/09/2016 Grupo I 26,67 € 16/433.4320.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS…… 26,67 € 16/433.4320.230.20 CONCEPTO DE DESPRAZAMENTOS TOTAL APLICACIÓN Avión (Vigo – Madrid – Vigo) 261,10 € 16/433.4320.231.20 Quilometraxe (Pontevedra – Aeroporto de Vigo – Pontevedra) 70 km x 0,19 € 13,30 € 16/433.4320.231.20 Peaxe 7,20 € 16/433.4320.231.20 Parking 12,00 € 16/433.4320.231.20 Desprazamentos en destino 60,00 € 16/433.4320.231.20 TOTAL GASTOS DESPRAZAMENTOS…… 353,60 € 16/433.4320.231.20 A tal efecto remítese o expediente a Intervención para informe sobre a existencia de consignación orzamentaria. Normativa Aplicable: • R.D. 462/2002 do 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. • Bases de aplicación de retribucións do orzamento Provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. • Artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. • Artigo 61.12 do R.O.F. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. • Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base aos feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, validar o expediente e autorizar o desprazamento da citada traballadora así como o aboo dos gastos ocasionados, que ascenden a un importe total de 380,27 € en concepto de dietas e locomoción que se imputarán ás aplicacións orzamentarias correspondentes de dietas e locomoción. Respecto dos gastos de desprazamento en vehículo particular, faise constar que cando o mesmo realícese por varios traballadores dun mesmo servizo na mesma data e co mesmo vehículo só se autorizará o aboo ao titular do vehículo no que se despracen, considerándose para o cómputo dos quilómetros de distancia e como punto de partida e chegada o centro de traballo, non a residencia do traballador. Unha vez finalizado a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. Así mesmo, deberá achegar tamén o cartón de embarque, billete ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios da viaxe. Así mesmo, e, de conformidade coa normativa 11ª do Acordo nº 9.14880 de data 9 de setembro de 2011, especifícase que non se abonarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o Centro onde se imparte o curso, xornada, congreso, reunión ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). b) Mediante escrito de data 23 de setembro de 2016 con número de rexistro de entrada nº2016098626, D. Rafael Rodríguez Martínez, Arqueólogo adscrito ó Servizo de Mobilidade do Ente Provincial, expón que con data 14 de marzo de 2015, asinouse o Protocolo Xeral entre o Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra, mediante unha estratexia de promoción turística con un prazo de execución de dous anos. Con data 19 de setembro acordase co Ministerio celebrar unha reunión de seguimento en Madrid o 26 de setembro de 2016 as 11:00 h. Por elo, solicita que se lle autorice a súa asistencia, así como a axuda económica correspondente a dietas e locomoción. A solicitude está conformada polo Deputado, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz. Dada a relación existente entre o contido da Reunión e o traballo que ven desenvolvendo dito traballador, informase favorablemente a súa petición; sen embargo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, o interesado deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da reunión e as conclusións obtidas. A solicitude non foi tramitada con antelación suficiente, polo que procede a súa validación. A continuación desagrégase o gasto total derivado desta viaxe e que se valoraron en 279,80€ en concepto de dietas e locomoción: CONCEPTO DE DIETAS TOTAL PARTIDA ½ Manutención día 26/09/2016 Grupo II 18,70 € 16/456.4500.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS…… 18,70 € 16/456.4500.230.20 CONCEPTO DE DESPLAZAMIENTOS TOTAL PARTIDA Avión (Vigo – Madrid – Vigo) 261,10 € 16/456.4500.231.20 TOTAL GASTOS DESPLAZAMIENTOS…… 261,10 € 16/456.4500.231.20 A tal efecto remítese o expediente a Intervención para informe sobre a existencia de consignación orzamentaria. Normativa Aplicable: • R.D. 462/2002 do 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. • Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. • Bases de aplicación de retribucións do orzamento Provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. • Artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. • Artigo 61.12 do ROF e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. • Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base aos feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ao amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, validar o expediente e autorizar o desprazamento do citado traballador así como o aboo dos gastos ocasionados, que ascenden a un importe total de 279,80 € en concepto de dietas e locomoción que se imputarán ás aplicacións orzamentarias correspondentes de dietas e locomoción. Respecto dos gastos de desprazamento en vehículo particular, faise constar que cando o mesmo realícese por varios traballadores dun mesmo servizo na mesma data e co mesmo vehículo só se autorizará o aboo ó titular do vehículo no que se despracen, considerándose para o cómputo dos quilómetros de distancia e como punto de partida e chegada o centro de traballo, non a residencia do traballador. Unha vez finalizado a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. Así mesmo, deberá achegar tamén o cartón de embarque, billete ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios da viaxe. Así mesmo, e, de conformidade coa normativa 11ª do Acordo nº 9.14880 de data 9 de setembro de 2011, especifícase que non se abonarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o Centro onde se imparte o curso, xornada, congreso, reunión ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). 10.24894.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO PARA “ASISTENCIA TÉCNICA EN MATERIA DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA” (Expte. nº2015037725) A Deputación Provincial de Pontevedra, en base a aplicación do réxime xurídico, precisa contratar unha asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras da Deputación de Pontevedra, de conformidade co previsto na Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e o Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción e demais normativa aplicable. A Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada con data 27 de outubro de 2010, adxudicou a asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras da Deputación de Pontevedra a empresa Atenea Seguridade e Medio Ambiente, S.A. (CIF: A-82.876.905). O contrato formalizouse o día 29 de outubro e con unha duración inicial de tres anos, con posibilidade de prorrogas por tres anos mais. Polo mesmo órgano, con data 18 de outubro de 2013, acordouse prorrogar o contrato por un período dun ano, finalizando o 28 de outubro de 2014. Posteriormente, a Xunta de Goberno, na sesión ordinaria do día 17 de outubro de 2014, acordou prorrogar o contrato por outro ano, ata o 28 de outubro de 2015. En cumprimento da lexislación vixente, o Director do Servizo de Infraestruturas, mediante informe emitido con data 17 de setembro de 2015, solicita que se prorrogue por un período dun ano (ata o 28 de outubro de 2015) o contrato vixente de Asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras da Deputación de Pontevedra coa empresa Atenea Seguridade e Medio Ambiente, S.A. (CIF: A-82.876.905). Con data 1 de outubro de 2015 emítese informe de fiscalización da prórroga e atendendo ás observacións e recomendacións postas de manifesto polo Sr. Interventor, o contrato se prorrogouse ata o 31 de decembro de 2015. Asemade, de conformidade coa Presidencia, se tramitou un novo contrato. Ao obxecto de iniciar a tramitación do novo expediente de licitación, mediante oficio emitido polo xefe de Servizo de Contratación, solicitouse, con data 7 de outubro de 2015, ao Servizo de Infraestruturas a remisión do Prego de prescricións técnicas. Realizados os trámites, a Xunta de Goberno, na sesión de data 4 de decembro de 2015, adoptou o acordo de aprobar o dito expediente de contratación. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 4 de febreiro de 2016, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Na reunión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 2016, a Mesa de Contratación indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 27 do Rela Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que, con data 4 de maio de 2016, o xefe dos servizos técnicos de mobilidade emite informe de valoración das ofertas técnicas presentadas polas empresas. O día 25 de maio de 2016, reunida a mesa de contratación, dáse a coñecer a valoración da oferta técnica relativa á documentación presentada no sobre B polas empresas que participan no procedemento de referencia, indicándose as seguintes puntuacións para cada unha das empresas: Nº Empresa Licitadora Criterios Subxectivos (Máximo 30 puntos) Total Memoria e programa de traballos (máximo 25 puntos) Melloras (máximo 5 puntos) 1 UTE Tepril, Técnicas de prevención de Riesgos Laborales, S.L. (CIF:B15.719.776) – Ingeniería del Noroeste, S.L. (CIF: B15.128.832) 25,00 4,00 29,00 2 Técnica y proyectos, S.A. (TYPSA) (CIF: A28.171.288) 25,00 4,00 29,00 3 Aquática Ingeniería Civil, S.L. (CIF:B36.962.314) 23,00 5,00 28,00 4 Atenea Seguridad y Medio Ambiente,S.A.U. (CIF: A82.876.905) 25,00 3,00 28,00 5 Getinsa Payma, S.L. (CIF:B84.840.685) 23,00 5,00 28,00 6 Segurinco, S.L. (CIF: B36.911.881) 25,00 3,00 28,00 7 Alauda Ingeniería, S.A. (CIF:A85.166.270) 25,00 2,00 27,00 8 Ingeniería y Prevención de Riesgos,S.L. (CIF: B81.470.841) 23,00 4,00 27,00 9 Ingiopsa Ingeniería,S.L. (CIF:B28.447.597) 24,00 3,00 27,00 10 Applus Norcontrol, S.L.U. (CIF:B15.044.357) 24,00 3,00 27,00 11 Iceasa Consultores, S.L.U. (CIF:B15.080.849) 24,00 3,00 27,00 12 Universal Prevención y Salud, Sociedad de Prevención, S.L. (Unipresalud) (CIF:B64.076.482) 21,50 4,00 25,50 13 UTE Galaicontrol, S.L. (CIF:B36.651.487) – GPO Ingeniería y Arquitectura, S.L.U. (CIF:B36.186.479) 23,50 2,00 25,50 14 Conurma Ingenieros Consultores, S.L. (CIF:B81.040.503) 24,00 1,50 25,50 15 Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (CIF: B82.270.190) 22,00 3,50 25,50 16 UTE Norprevención, S.L. (CIF:B27.222.827) – Normansys,S.L.(CIF: B70.041.066) 22,00 3,00 25,00 17 MGO by Westfield,S.L. (CIF:B87.200.994) 20,00 3,00 23,00 18 SGS Tecnos, S.A. (CIF: A28.345.577) 20,00 2,00 22,00 19 UTE CSM Gestión de Seguridad en Construcción,S.L.U. (CIF:B36.583.672) – Proyegal Ingeniería, S.L. (CIF:B36.533.438) – Sielvigo, S.L.(CIF: B36.823.227) 19,00 2,00 21,00 20 Eptisa, Servicios Ingeniería, S.L. (B85.097.962) 18,00 3,00 21,00 21 UTE Control Técnico y prevención de Riesgos, S.A. (CIF: A59.545.202) – Eurotec Inspección, S.L. (CIF: B94.116.688) 13,00 3,00 16,00 22 ECA Entidad Colaboradora de la Administración, S.L.U. (CIF:B08.658.601) 18,00 1,00 19,00 23 TBE-Tabique Ingeniería,S.L. (CIF:B70.098.330) 15,00 2,00 23,00 24 CSP Coordinación de Seguridad y Proyectos, S.A. (CIF: A97.050.165) 13,50 0,00 13,50 Nese mesmo acto indicouse que non se procedería a apertura do sobre C das empresas que non obtiveron unha puntuación superior a 25 puntos e indicouse que o detalle das puntuacións acadadas descríbense no informe técnico de valoración das ofertas emitido, con data 4 de maio de 2016, polo xefe dos Servizos Técnicos de Mobilidade. A continuación procedeuse a apertura dos sobres C das empresas que obtiveron unha valoración superior a 25 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas, e que por tanto continúan optando ó contrato. Nota: O criterio de valoración mediante fórmulas é o tipo de licitación (máximo de 70 puntos), que se establece na porcentaxe máxima sobre o orzamento de execución material de cada proxecto, como máximo será do 1,00%. Na porcentaxe enténdese incluído o IVE e todas as cantidades necesarias para a realización dos traballos correspondentes. Denominarase orzamento de execución material ao resultado obtido pola suma dos produtos do número de cada unidade de obra polo seu prezo unitario e das partidas alzadas, sen incluír os gastos xerais e o IVE. Porcentaxes de execución material de cada proxecto ofertada polas empresas licitadoras no sobre C: Nº EMPRESA LICITADORA Porcentaxe de execución material de cada proxecto ofertado 1 UTE Tepril, Técnicas de prevención de Riesgos Laborales, S.L. (CIF: B15.719.776) – Ingeniería del Noroeste, S.L. (CIF: B15.128.832) 0,492% 2 Técnica y proyectos, S.A. (TYPSA) (CIF: A28.171.288) 0,9075% 3 Aquática Ingeniería Civil, S.L. (CIF: B36.962.314) 0,482% 4 Atenea Seguridad y Medio Ambiente, S.A.U. (CIF:A82.876.905) 0,52% 5 Getinsa Payma, S.L. (CIF: B84.840.685) 0,63% 6 Segurinco, S.L. (CIF: B36.911.881) 0,55% 7 Alauda Ingeniería, S.A. (CIF: A85.166.270) 0,69% 8 Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L. (CIF:B81.470.841) 0,80% 9 Ingiopsa Ingeniería, S.L.(CIF: B28.447.597) 0,88% 10 Applus Norcontrol, S.L.U. (CIF: B15.044.357) 0,72% 11 Iceasa Consultores, S.L.U. (CIF: B15.080.849) 0,80% 12 Universal Prevención y Salud, Sociedad de Prevención, S.L. (Unipresalud) (CIF: B64.076.482) 0,59% 13 UTE Galaicontrol, S.L. (CIF: B36.651.487) – GPO Ingeniería y Arquitectura, S.L.U. (CIF: B36.186.479) 0,60% 14 Conurma Ingenieros Consultores, S.L. (CIF:B81.040.503) 0,5925% 15 Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (CIF: B82.270.190) 0,58% Tras o exame da oferta presentada pola empresa Aquática Ingenieria Civil, S.L. (CIF:B36.962.314) observase que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, esta presenta un valor anormal ou desproporcionado no referente ao prezo ofertado, polo que se lles require para que no prazo improrrogable de 5 días hábiles xustifique a súa oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ao aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación. A citada empresas presentou no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra a documentación xustificativa da súa oferta dentro do prazo establecido. A empresa xustifica a súa oferta económica baseándose nos seguintes dous puntos: 1.- Estar desenvolvendo actualmente un contrato para Augas de Galicia, que ten por obxecto o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial en Augas de Galicia, provincia de Pontevedra. 2.- Valoración dos custes da empresa relativos aos medios humanos que achega ó contrato. A documentación achegada foi trasladada á xefatura dos Servizos Técnicos de Mobilidade para a súa valoración en data 31 de maio de 2016. Polo xefe dos Servizos Técnicos de Mobilidade emítese, en data 21 de setembro de 2016, informe no que pon de manifesto que considera que a xustificación presentada pola empresa non se axusta a oferta presentada e que polo tanto non debe ser tida en conta no proceso de adxudicación. No relativo ó primeiro punto, polo servizo de Mobilidade exponse que, a pesar de que o ámbito xeográfico é o mesmo, o temporal non corresponde. As obras a desenvolver durante o período de vixencia do contrato non van a coincidir nin coa súa data de inicio, nin duración, nin a súa situación concreta. Engadir que o traballo de oficina é independente da existencia doutro contrato similar, co cal as actividades relacionadas cos informes dos plans de seguridade e saúde, as súas modificacións, elaboración dos plan de control e vixilancia, emisión de informes de visitas, entregas de dossier ou elaboración de estatísticas mensuais, entre outras expostas no informe, deberán realizarse cunha duración independente do contrato con Augas de Galicia. Asemade, neste apartado, a empresa Aquática Ingeniería Civil, realiza unha explicación xenérica sen cuantificación económica, indica a Xefatura dos Servizos Técnicos de Mobilidade no seu informe, e conclúe que polo tanto, non debe tomarse en consideración ao non presentarse ningunha valoración económica do mesmo. O xefe dos Servizos Técnicos de Mobilidade, no relativo a valoración dos custes da empresa no apartado dos medios humanos, tendo en conta as melloras que neste sentido a empresa achegaría para o contrato, considera que o custe real é considerablemente superior ó calculado pola empresa, a xustificación detállase no informe emitido polo servizo de Mobilidade. Tendo en conta o informe desfavorable á xustificación presentada pola empresa Aquática Ingeniería Civil, S.L. (CIF: B36.962.314), e en cumprimento dos artigos 151 e152 do TRLCSP, acto seguido a Mesa de Contratación pasa a realizar a valoración total das empresas que non foron declaradas desproporcionais ou anormais. Realizados os cálculos, dáse a coñecer a valoración total das empresas licitadoras, sendo os resultados totais obtidos os seguintes: Reunida a Mesa de Contratación con data 21 de setembro de 2016, dáse a coñecer a valoración total das empresas licitadoras, sendo os resultados obtidos os seguintes: Empresas licitadoras Puntuación sobre B (Criterios non avaliables mediante fórmulas, máx. 30 puntos) Puntuación sobre C (Criterios avaliables mediante fórmulas, máx. 70 puntos) Puntuación total (B+C) UTE Tepril, Técnicas de prevención de Riesgos Laborales, S.L. (CIF:B15.719.776) – Ingeniería del Noroeste, S.L. (CIF: B15.128.832) 29,00 70,000 99,000 Atenea Seguridad y Medio Ambiente,S.A.U. (CIF: A82.876.905) 28,00 66,620 94,620 Segurinco, S.L. (CIF: B36.911.881) 28,00 63,240 91,240 Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (CIF:B82,270,190 25,50 59,860 85,360 Universal Prevención y Salud, Sociedad de Prevención, S.L. (Unipresalud) (CIF:B64.076.482) 25,50 58,733 84,233 Conurma Ingenieros Consultores, S.L. (CIF:B81.040.503) 25,50 58,733 84,233 UTE Galaicontrol, S.L. (CIF:B36.651.487) – GPO Ingeniería y Arquitectura, S.L.U. (CIF: B36.186.479) 25,50 57,607 83,107 Getinsa Payma, S.L. (CIF: B84.840.685) 28,00 54,226 82,226 Alauda Ingeniería, S.A. (CIF:A85.166.270) 27,00 46,630 73,630 Applus Norcontrol, S.L.U. (CIF:B15.044.357) 27,00 42,118 69,118 Ingeniería y Prevención de Riesgos, S.L. (CIF: B81.470.841) 27,00 30,084 57,084 Iceasa Consultores, S.L.U. (CIF:B15.080.849) 27,00 30,084 57,084 Ingiopsa Ingeniería,S.L. (CIF:B28.447.597) 27,00 18,050 45,050 Técnica y proyectos, S.A. (TYPSA) (CIF:A28.171.288) 29,00 13,538 42,538 En base as puntuacións totais acadadas, a Mesa de Contratación propón adxudicar o contrato relativo a unha Asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras da Deputación de Pontevedra á UTE Tepril, Técnicas de prevención de Riesgos Laborales, S.L. (CIF: B15.719.776) – Ingeniería del Noroeste, S.L. (CIF: B15.128.832), elevando a súa proposta ao Órgano de Contratación. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2016018237 de data 28 de setembro de 2016, e á vista da puntuación total obtida, requiriuse a UTE Tepril, Técnicas de prevención de Riesgos Laborales, S.L. (CIF: B15.719.776) – Ingeniería del Noroeste, S.L. (CIF:B15.128.832) para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio o emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 8.750,00€, que figura depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201600160441, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratacións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o contrato relativo a asistencia técnica en materia de seguridade e saúde das obras da Deputación de Pontevedra á UTE Tepril, Técnicas de prevención de Riesgos Laborales, S.L. (CIF:B15.719.776) – Ingeniería del Noroeste, S.L. (CIF: B15.128.832) de acordo ó seguinte detalle: - Porcentaxe de execución material de cada proxecto: 0,492% Na porcentaxe enténdese incluído o IVE e todas as cantidades necesarias para a realización dos traballos correspondentes. Denominarase orzamento de execución material ao resultado obtido pola suma dos produtos do número de cada unidade de obra polo seu prezo unitario e das partidas alzadas, sen incluír os gastos xerais e o IVE. 2.- As obrigas derivadas do presente contrato efectuaranse con cargo a conta non orzamentaria 419.10 (acredores non orzamentarios coordinación seguridade e saúde externa). A adxudicación quedara suxeita a condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente no orzamento da Deputación de Pontevedra para financiar as obrigas derivadas do contrato no exercicio correspondente para os anos 2016, 2017, 2018, 2019 e 2020 en caso de prórroga. 3.- A duración do contrato será de 2 anos a contar desde a data de formalización do mesmo. O contrato poderá prorrogarse por 2 anos máis. A prórroga deberá acordarse expresamente polo órgano de contratación antes da finalización da duración inicial do contrato, sen que pida producirse polo consentimento tácito das partes. Os traballos obxecto desta licitación terán lugar durante a total execución das obras e estarán suxeitos a estas. No suposto de que a obra obxecto de coordinación de seguridade e saúde non finalizara dentro do prazo de execución deste contrato, a empresa adxudicataria continuará prestando os seus servizos hasta a finalización da mesma e nas mesmas condicións que foi adxudicado o contrato. 11.24895.- ESTABLECEMENTO E REGULACIÓN DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NO SERVIZO PROVINCIAL DE VIVEIROS DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS E LALÍN Con data 1 de xaneiro de 2016 ten lugar a posta en funcionamento do servizo provincial dos Viveiros de Empresas do Polígono de Barro – Meis e do Polígono Lalín 2000. Resultando que para a cesión dos espazos aprobouse unha regulación das cotas, que se cobraban ata o de agora ós usuarios dos servizos que se prestan nos viveiros provinciais, e que viña recollido na Ordenanza reguladora do servizo económico provincial dos viveiros de empresas e nas bases reguladoras da concesión de espazos en ditos viveiros. Non obstante, en virtude do disposto no artigo 20-1 e 2 do R.D. Lex. 2/2004, de 5 de marzo (TRLFL), e tendo en conta que estes servizos son de recepción voluntaria e préstanse tamén polo sector privado, considérase que a natureza xurídica das tarifas que se esixirán ós usuarios é a de prezo público. Resultando que a regulación destas cotas mediante o establecemento dun prezo público considerase máis correcta xa que o seu contido reúne as características propias dun prezo público. Asemade, coa regulación actual facíase necesario modificar as bases reguladoras da cesión de espazos cada vez que se quere modificar calquera dos aspectos relacionados co cobro das mesmas. Por outra parte o seu tratamento como prezos públicos dota de maior seguridade xurídica aos usuarios naqueles aspectos que non están debidamente regulados nas bases, xa que o réxime dos prezos públicos conta cunha regulación propia no dereito positivo e tamén conta con abundante doutrina científica e xurisdicional. Resultando que con esta modificación, xunto co cambio de réxime xurídico para darlle o tratamento como prezos públicos, tamén é necesario modificar as tarifas vixentes. A motivación baséase no estudo dos gastos de persoal e a súa imputación aos viveiros. Neste senso, debido a que os gastos xerais de funcionamento da Deputación Provincial non deben ser repercutidos aos viveristas, faise preciso recalcular a repercusión dos custos de persoal sobre os viveristas establecidos nos documentos “Informe-Estudo do modelo de explotación e xestión do Viveiro de Empresas de Barro-Meis” e “Informe-Estudo do modelo de explotación e xestión do Viveiro de Empresas de Lalín”, e axustar as asignacións de custos totais e a repercutir. En relación aos cálculos efectuados para o reaxuste dos prezos, no expediente constan igualmente o documentos: “Comparativa dos prezos de cesión de uso de espazos permanentes nos viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín” e “Táboa resumo de custos Viveiro de empresas de Lalín” e “Táboa resumo de custos Viveiro de empresas de Barro-Meis”. Resultando que o custo da prestación destes servizos é superior ó rendemento esperado da aplicación das tarifas, non obstante, existen razóns de interese público, principalmente para favorecer o emprendemento e o desenvolvemento económico e social no territorio provincial, que poden xustificar e permiten que se aproben unhas tarifas cuxo rendemento non cubra o custo da súa prestación (artigo 44-2 do TRLRFL). Considerando o establecido nos artigos 41 a 47 e 148 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e tendo en conta que a aprobación e o establecemento e regulación dos prezos públicos é unha competencia delegada polo Pleno da Deputacióin de Pontevedra na Xunta de Goberno. A Xunta de Goberno de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interior, acoda por unanimidade: 1. Prestar aprobación o establemento e regulación do prezo público polos servizos que se prestan nos viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra. 2. O acordo regulador do prezo público polos servizos que se prestan nos viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra entrará en vigor e aplicarase a partir do día 1 de xaneiro de 2017, unha vez producida a publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Este acordo regulador regulador do prezo público polos servizos que se prestan nos viveiros de empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra é o seguinte: “ACORDO REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS QUE SE PRESTAN NOS VIVEIROS DE EMPRESAS DE BARRO-MEIS E DE LALÍN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA Primeiro.- Fundamento xurídico: De conformidade co establecido nos artigos 41 a 47 e 148 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este prezo público esixirase pola prestación de servizos nos viveiros provinciais de Barro-Meis e Lalín, cuxo detalle se contén no presente Acordo regulador. Segundo. Obxecto: Este prezo público esixirase polos servizos que se prestan nos viveiros provinciais, que poden consistir na cesión de espazos (naves, oficinas, coworking), así mesmo, tamén se esixirá polos servizos de fotocopiadora, impresora e fax. Terceiro. Tarifas: A estrutura de tarifas deste prezo público detállanse no anexo I. Cuarto. Obrigados ao pago: Quedan obrigados ó pago deste prezo público as persoas físicas e xurídicas e as entidades que utilicen ou aproveiten os servizos que se prestan nos viveiros provinciais. Quinto. Nacemento da obriga de pago: A obriga de pago deste prezo público nace: - Nos servizos periódicos (cesión de espazos permanentes): o Coa sinatura do contrato ou documento de cesión. o Ó principio de cada trimestre natural. - Nos servizos puntuais no momento da súa solicitude, podendo esixirse o seu importe en calidade de depósito previo. Sexto. Normas de xestión: As normas de xestión deste prezo público serán as seguintes: - Servizos periódicos: o Pagaranse por períodos que coincidirán cos trimestres naturais. No caso de períodos de uso inferiores esixirase a parte proporcional. o O pago farase no mes seguinte a cada trimestre natural ou fracción do mesmo. o A liquidación farase de forma desconcentrada polos servizos administrativos dos viveiros, no programa informático de xestión de ingresos da Deputación. o O cobro farase mediante o sistema de domiciliación bancaria, as liquidacións cargaranse na conta facilitada polos adxudicatarios dos espazos. - Servizos puntuais: o A liquidación farase no momento de presentar a solicitude. Os servizos non se poden prestar sen o previo pago da liquidación. No caso de cesionarios de espazos, poderanse cobrar estes servizos mensualmente ou conxuntamente coa pago trimestral do prezo (cargo en conta). o Cando no momento da solicitude non se poda cuantificar con exactitude o importe da liquidación, farase unha provisional polos datos coñecidos e ao finalizar a prestación do servizo farase unha complementaria pola diferenza. o Estas liquidacións cargaranse na conta facilitada polo solicitante do servizo se fose cesionario de espazos permanentes. En caso de tratarse de servizos solicitados por persoas ou entidades que non sexan cesionarios entregaráselles a liquidación para que a aboen na conta bancaria da Deputación. Sétimo. Infraccións e sancións: En todo o relativo á situacións de falta de pago e sancións estarase ao disposto na lexislación vixente e ao establecido nas “Bases Reguladoras para a adxudicación de espazos e funcionamento dos Viveiros de Empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra” e na “Ordenanza Reguladora do servizo económico provincial dos Viveiros de Empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra”. Oitavo. Entrada en vigor: Este prezo público entrará en vigor e aplicarase a partir do día 1 de xaneiro de 2017. Dito anexo é como segue: “ANEXO I. TARIFAS As tarifas deste prezo público presenta a seguinte estrutura: A. Servizos de cesión de espazos: A.1. Viveiro de Barro – Meis: (Primeiro ano): Espazo Prezo mensual €/m² Naves (entre 54,75 m² e 110,10 m²) 1,78 € Oficinas (tipo 1) (18 m²) 2,28 € Oficinas (tipo 2) (25 m²) 2,28 € Posto espazo coworking 2,28 € (Segundo ano): Espazo Prezo mensual €/m² Naves (entre 54,75 m² e 110,10 m²) 2,67 € Oficinas (tipo 1) (18 m²) 3,42 € Oficinas (tipo 2) (25 m²) 3,42 € Posto espazo coworking 3,42 € (Terceiro ano): Espazo Prezo mensual €/m² Naves (entre 54,75 m² e 110,10 m²) 3,56 € Oficinas (tipo 1) (18 m²) 4,56 € Oficinas (tipo 2) (25 m²) 4,56 € Posto espazo coworking 4,56 € A.2. Viveiro de Lalín: (Primeiro ano): Espazo Prezo mensual €/m² Naves (entre 141,00 m² e 142,70 m²) 3,00 € Oficinas (entre 16,10 m² e 18,10 m²) 3,50 € Posto espazo coworking 3,50 € (Segundo ano): Espazo Prezo mensual €/m² Naves (entre 141,00 m² e 142,70 m²) 4,50 € Oficinas (entre 16,10 m² e 18,10 m²) 5,25 € Posto espazo coworking 5,25 € (Terceiro ano): Espazo Prezo mensual €/m² Naves (entre 141,00 m² e 142,70 m²) 5,99 € Oficinas (entre 16,10 m² e 18,10 m²) 6,99 € Posto espazo coworking 6,99 € O importe das tarifas arriba indicadas implica a posta a disposición dos usuarios dos servizos comúns dos Viveiros, de conformidade co establecido nas “Bases Reguladoras para a adxudicación de espazos e funcionamento dos Viveiros de Empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra” e na “Ordenanza Reguladora do servizo económico provincial dos Viveiros de Empresas de Barro-Meis e de Lalín da Deputación Provincial de Pontevedra”. B. Outros servizos: Concepto B/N Color Fotocopiadora 0,030 €/copia 0,30 €/copia Impresora 0,030 €/folla 0,30 €/folla Fax 0,030 €/folla Sobre as tarifas dos apartados A e B aplicarase, no seu caso, o IVE correspondente.” 12.24896.- DEVOLUCIÓN DE DIVERSAS GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa ORECO, S.A. A empresa ORECO, S.A. (CIF A 36.614.691), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Ampliación do edificio da UNED (Concello de Pontevedra)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Novagalicia Banco, por importe de once mil setecentos corenta e cinco euros con setenta e seis céntimos (11.745,76 €), para responder do contrato relativo á obra “Ampliación do edificio da UNED (Concello de Pontevedra)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/03/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300033455. b) Devolución de garantías definitivas á empresa BESPI Construcciones, S.L. A empresa BESPI Construcciones, S.L. (CIF B 36.347.623), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Rehabilitación edificio da Agraria e oficina do ORAL (Concello de Cangas)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de ABANCA, por importe de cinco mil douscentos sesenta e cinco euros con setenta e oito céntimos (5.265,78 €), para responder do contrato relativo á obra “Rehabilitación do edificio da Agraria e oficina do O.R.A.L. (Concello de Cangas)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 05/02/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500017445. c)Devolución de garantías definitivas á empresa UNIKA- Proyectos y Obras, S.A.U. A empresa UNIKA- Proyectos y Obras, S.A. (CIF A 15.977.184), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Remodelación de xardíns de A Xiralda (Concello de Ponteareas)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de sete mil catrocentos dous euros con setenta e dous céntimos (7.402,72 €), para responder do contrato relativo á obra “Remodelación de xardíns de A Xiralda (Concello de Ponteareas)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 18/12/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400172702. d)Devolución de garantías definitivas á empresa Movimiento de Áridos y Construcciones Arosa,S.L. A empresa Movimiento de Áridos y Construcciones Arosa, S.L. (CIF B 36.533.537), mediante escrito presentado perante esta Deputación, solicita a devolución da fianza definitiva constituída para responder do contrato de “Reparación de firme na estrada Generoso Domínguez, en Coto Cela (Concello de Mos)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de tres mil seiscentos corenta e un euros con oitenta e oito céntimos (3.641,88 €), para responder do contrato relativo á obra “Reparación de firme na estrada Generoso Domínguez, en Coto Cela (Concello de Mos)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/10/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400145140. e)Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. (CIF B 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do RDL 3/2011, de 14 de novembro polo, que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de nove mil oitocentos trinta e nove euros con noventa e nove céntimos (9.839,99 €), para responder do contrato relativo á obra “Remodelación do enlace Antonio Palacios Avda. de Galicia (Concello de O Porriño)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/08/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400109805. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oito mil oitocentos nove euros con trinta e sete céntimos (8.809,37 €), para responder do contrato relativo á obra “Saneamento no Cerquido (Concello de O Porriño)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/11/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300145605. 13.24897.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS Vista a relación de facturas con número 2016039322, que contén seis facturas e por un importe de 37.173,74 €, correspondendo as seis á empresa R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., sendo a primeira por importe de 27.635,32 € e a derradeira por importe de 272,46 €, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de outubro de 2016, e os xefes de servizo ou responsables dos centros Xestores no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas, e que necesitan a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 37.173,74 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 0,00 € Total líquido 37.173,74 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 14.24898.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO 9.24601 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO NA SESIÓN ORDINARIA DO DÍA 08/07/2016 Con data 8 de xullo de 2016 a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión ordinaria,acorda autorizar o gasto polo importe de 12.805,83€, cantidade equivalente a unha mensualidade de arrendamento, para exercer a opción de compra respecto dos equipos obxecto do procedemento aberto que se levou a cabo para contratar un “Sistema corporativo de impresión e dixitalización para a Deputación de Pontevedra” e financialos con cargo a aplicación 2016/926.9260.206.00.2015 do vixente Orzamento provincial. Resultando que tal e como figura no expediente tramitado ó efecto así como no documento RC con nº de operación 201600096204 emitido polo Servizo de Intervención no que informa respecto da existencia de crédito para exercer a opción de compra, de data 22 de xuño de 2016. Resultando que a disposición adicional segunda do referenciado RDL 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Modificar a aplicación orzamentaria á que imputar o referido gasto no seguinte senso, onde di: -…..”que se financiará con cargo á aplicación 2016/926.9260.206.00.2015 do vixente orzamento provincial.” Debe dicir: -…..”que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 16/926.9260.626.01 do vixente orzamento provincial”. 15.24899.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 16.24900.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e vinte minutos horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición