ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 37 (1959)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.446/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 37 (1959)

  • Data(s) 1959 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 166 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 37 (01-08-1959 / 31-08-1959)

    Recortes de Prensa. Contén:

    - Crónica de Bouzas. Nomeamento da Alameda Suárez-Llanos en Bouzas
    - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez clausura o campamento “Paco Leis”
    - Visita do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e outras autoridades a Vilagarcía
    - Ampliación do préstamo agrícola até 22.000.000 de pesetas
    - Declaracións do O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez sobre Vigo e a súa produción industrial
    - Lembranza e ofrenda ao Santísimo Cristo da Vitoria dende A Habana
    - Pregón polas festas do Cristo da Vitoria
    - Homenaxe a Suárez-Llanos en Bouzas
    - Ultimado o programa do Congreso Mariano
    - Audiencias do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Extraordinaria animación na festa da “Banderita”
    - Conmemoración dos actos do Centenario de Santa María
    - Celebración das festas do Cristo da Vitoria en Vigo
    - A semana en imaxes: Recortes de prensa sobre o Ballet de Ludmilla Teherina e a homenaxe a Suárez-Llanos Alcalde de Vigo
    - O día da Asunción comezarán os actos do gran Congreso Mariano
    - Publicación do programa oficial das festas da Peregrina
    - Invitación ao Cardeal Quiroga Palacios á novena en Santa María a Maior
    - O Alcalde de Lalín fará a Ofrenda Provincial a Virxe da Peregrina
    - Primeira relación de donativos ingresados para o Congreso e mobiliario litúrxico do Templo de Santa María a Maior
    - Sancións do Goberno Civil
    - Prezos dos abastecementos alimentarios
    - Audiencias do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Marín. Tiro ao prato no estadio municipal de San Pedro
    - Mario Blanco novo Alcalde da Estrada nomeado polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - O Director Xeral de Montes, Caza e Pesca Fluvial Salvador Sánchez-Herrera y Callo visitou as zonas repoboadas da provincia
    - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez obsequiou aos produtores de Artes Gráficas de Faro de Vigo, S.A.
    - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez impón a Medalla do Traballo a Enrique Lorenzo Docampo
    - Nova normativa sobre orde público e autoridades gobernativas
    - Nota de prensa sobre o IV Centenario de Santa María a Maior e o Congreso Mariano
    - Toma de posesión como Alcalde da Estrada Mario Blanco Fuentes
    - O Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez en O Porto
    - O Cardeal Quiroga Palacios presidirá a última reunión da Xunta Organizadora do Congreso Mariano
    - Comezo das festas da Peregrina
    - O Presidente da Deputación Prudencio Landín Carrasco cumprimentou ás autoridades e realizou visitas aos Centro Benéficos dependentes da Corporación
    - A Semana de Galiza en Oporto
    - Posible aportación portuguesa a la exposición de fotografías do Congreso Mariano
    - Grandiosa Procesión do Cristo da Vitoria
    - Nota aclaratoria da Alcaldía de Pontevedra sobre o servizo público de taxis
    - Reportaxe das Festas da Peregrina en Pontevedra
    - A Virxe da Peregrina conquistadora de almas por P. Delgado Capeans
    - Audiencias do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Nota de prensa: Don Alonso de Fonseca protector de Santa María a Maior por José Filgueira Valverde
    - Estampas pontevedresas
    - Normas sobre circulación nas poboacións
    - ¡Forzas unidas de Vigo para o obxectivo! O individualismo, o noso círculo vicioso (Rafael Fernández Martínez)
    - Resultaron moi brillantes as solemnidades relixiosas da Peregrina
    - O Consello Provincial do Movemento adoptou importantes acordos, baixo a presidencia do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Xusta reivindicación do Concello do Grove incluíndo a praia da Lanzada no termo municipal
    - Homenaxe en Cambados e Galicia a Ramón Cabanillas
    - Competición ciclista na Avda. Montero Ríos nas Festas da Peregrina
    - Baile da Peregrina no Liceo Casino
    - Aprobado o definitivo programa dos actos do IV Centenario de Santa María a Maior
    - A Virxe da Peregrina e a Virxe da Franqueira por José Ángel Fernández Arruty
    - Audiencias do Gobernador Civil
    - Visita a Marín do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez e outras autoridades
    - Proxectos e realidades “mondarizanas” , entrevista co Alcalde de Mondariz José Martínez Couto
    - Glosario Pontevedrés. Un Servizo provincial de incendios, por Lois
    - Cambados terá traída de augas a finais de 1961
    - Concurso hípico no recinto dos Lagares. Vigo
    - O roubo en Santa María, por Juan Novas
    - Proclamación de la diocese de Tui-Vigo
    - As Festas de Antaño a Nosa Señora da Asunción
    - A Con-Catedral de Vigo por José Espinosa Rodríguez
    - Cultos en Santa María a Maior pola festividade de San Roque
    - Recorte de prensa sobre Santa María no Glosario Pontevedrés, por Lois
    - Autoridades e ex-alumnos na inauguración da exposición de traballos da Cátedra de Debuxo do Instituto sobre Santa María a Maior
    - Audiencias concedidas polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Apertura do Congreso Mariano polo Cardeal Quiroga Palacios, o Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez fará a “salutación”
    - Gran xornada de fervor relixioso en Vigo, na primeira xornada como capital da diocese
    - En Vigo decidirase o destino político do Brasil. Janio Quadros candidato á presidencia pasará un días de descanso na cidade
    - Precaucións en Río de Xaneiro polas mortes causadas por un ciclón
    - A Casa de Zamora festexou a súa excelsa patroa. Homenaxe ao Alcalde de Ribadelago Martín Fernández de San Román
    - Finalización do I Rallye Automobilístico Hispano-Portugués
    - Descubrimento dunha lápida na honra do Arcebispo Fonseca no IV Centenario de Santa María a Maior
    - Carrozas galardoadas na batalla de flores
    - A Amazona María Luisa Arrate e o Señor Riu Mora adxudicáronse as copas “Deputación Provincial” e “Gobernador Civil” de hípica en Vigo
    - Un saúdo ao Alcalde de Nigrán con motivo das festas maiores
    - Prezos de abastecementos alimentarios
    - Facilitades para o paso da fronteira de Tui por disposición do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Excursión a Oporto desde Tui para acudir a Semana de Galiza na cidade portuguesa
    - O Bispo de Tui José Lopez Ortiz e o Alcalde de Vigo Sr. Pérez Lorente durante a alocución no balcón do Concello no nomeamento de Vigo como capital da Diocese
    - Ambiente festeiro en toda a Cidade. Obras no porto coruñés, homenaxe a Moure Mariño, Festa do Albariño, e da pedra do tempo pontevedrés de Santa María
    - Finalización en Pontevedra das probas complementarias do II Rallye automobilístico Hispano-Portugués
    - Distinción portuguesa ao Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento Rafael Fernández Martínez
    - Inauguración do Primeiro Congreso Mariano en Galicia
    - Éxito do II Festival de Ópera en Vigo
    - Atrio da Peregrina, recorte de prensa sobre as festas por A. Rodríguez Fraiz
    - Estancia do Vicepresidente do Consello Superior de Menores José Junoy y Aguilar en Pontevedra
    - Comezo das tiradas ao prato en Pontevedra
    - Pontevedra plantará o pavillón de Galicia na Feira Popular Internacional de Oporto
    - Finalización do “II Rallye de concentración turística internacional” en Pontevedra, dentro do programa das Festas da Peregrina sendo vencedor absoluto da proba Avelino Machado Junior con Austín-Sprite
    - Maxistrais relatorios de Sánchez Cantón e outros investigadores no Congreso Mariano
    - Finalización das probas de tiro ao prato no estadio da Seca en Pontevedra quedando vencedor Elisardo García
    - o Consello de Ministros aprobou importantes planos provinciais de obras
    - Celebración do IV Centenario da Basílica de Santa María a Maior
    - A provincia de Pontevedra é óptima para plantacións de eucaliptus
    - A Cidade das Mil Voces distintas pero acordadas por Antonio Odriozola
    - A Academia Médico-Cirúrxica de Pontevedra naceu fai tres anos. Cento sesenta médicos tanto da capital como do medio rural asisten ás súas sesións científicas
    - Presenza do Cardeal Quiroga Palacios nas sesións do Congreso Mariano
    - A Comisión Permanente acordou asistir en Corporación á xornada adicada a Pontevedra na Exposición de Oporto
    - Fallo do Concurso Nacionais de Carteis do Padroado da Prudencia
    - Necrolóxicas da Sra. Ruibal Sabio
    - O nome de Vigo nunha rúa de Oporto
    - Inauguración en Meira da nova fábrica de Conservas “La Guía, S.A.”
    - Visita do Delegado Nacional de Xuventudes
    - Estudo do Plateresco e Santa María. Dirixiu o coloquio o subdirector do Museo do Prado Señor Sánchez Cantón
    - Chamamento do Alcalde aos veciños en relación co IV Centenario de Santa María
    - Noticia sobre as inversións feitas no Santuario de Fátima en Campelo. Poio
    - Extinción da Sección de Administración Local, pasando a ser Servizo Provincial de Inspección e Asesoramento das Corporacións Locais
    - Organización en Pontevedra dun “Rallye” moto-automobilista a Oporto
    - Mondariz: O proxecto da estrada a Fornelos de Montes
    - Glosario Pontevedrés: Veciñanza entrañable, por Lois
    - Goberno Civil: Audiencias concedidas polo Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento
    - Agradecemento de Ponteareas ao seu benefactor Don Feliciano Barrera Fernández
    - Recorte de Prensa sobre Vespa Club de Vigo
    - Cotobade. Novo Alcalde
    - Chegada a Vigo do Dr. Miro Cardona. Primeiro Embaixador en España do Goberno Revolucionario de Cuba
    - Solemne clausura do Congreso Mariano de Galicia en Pontevedra
    - Inauguración en Oporto da Semana de Galicia
    - Finalización do XX Congreso Internacional de Tenis no Club de Campo
    - Declaracións do Embaixador de Cuba Dr. Miró Cardona: A revolución foi a transformación total e absoluta da Vida Cubana
    - Pontevedra baixo a Luz da Lúa por Luis García H. Romo
    - Problemas e solucións . Desenrolo da agricultura
    - Unha visita a Franqueira. Transcendental transformación no urbanismo da milenaria Vila
    - Atrio da Peregrina. A. Rodríguez Fraiz
    - Sancións do Goberno Civil
    - Defensa da paisaxe e ordenación sistemática das construcións, un problema provincial de primeiro orde
    - A Semana de Galiza en Oporto
    - Anuncio da inauguración dun supermercado. Visita do Gobernador Civil aos locais
    - Os alumnos da casa da misericordia en Bilbao percorreron a poboación e cumprimentaron ás autoridades
    - Os emigrantes disporán dunha valiosa información económica provincial orientadora das súas inversións en Pontevedra
    - Solemnes actos da clausura da Semana de Galicia na Feira Popular en Oporto
    - Celebración do “Día dos Profesores” na Feira de Oporto. Finalizou o “Rallye” de concentración motorista integrado na “Semana de Galicia”
    - A Xornada final da Semana de Galicia en Oporto

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición