ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Fondos

Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 1 (1963)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.455/1

  • Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 1 (1963)

  • Data(s) 1963 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra

    Prensa. Tomo 1 (25-05-1963 / 11-09-1963).
    Contén:

    - Gráfica do Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo
    - Pleno da Deputación presidido polo Sr. Antonio Puig Gaite. Foron aprobados os proxectos de varios camiños veciñais
    - Periplo viaxeiro pola provincia de Pontevedra para tratar de fomentar o turismo
    - Colaborar co Estado no fomento do Turismo, fundamental propósito da F.E.C.I.T.
    - Gráfica da reunión de Técnicos franceses no Goberno Civil coas autoridades e técnicos da provincia para estudar as posibilidades industriais da zona de Pontevedra-Vigo
    - A exposición de “Pontevedra e o Mar”
    - Toma de posesión do Presidente da Deputación Sr. Lorenzo Docampo
    - Reunión cos alcaldes da provincia na Sala de Xuntas da Deputación de Pontevedra
    - Xornada de fervor eucarístico co gallo do Corpus Christi en Pontevedra. Na procesión levou a bandeira da Confraría do Santísimo o Comandante de Mariña da Provincia
    - Conclusións e acordos máis importantes da XXVIII Asemblea da Federación Española de Centros de Iniciativas e Turismo que se veñen celebrando na Toxa e Vigo
    - Clausura en Vigo das reunións anuais da XXVIII Asemblea Nacional da Federación Española de Centros de Iniciativas e Turismo (C.I.T.)
    - Convocado o Premio “Virxe da Peregrina”, con 100.000 pesetas de premio ó mellor traballo literario sobre o “Camiño portugués das peregrinacións a Santiago” e o Faro de Vigo outro de 15.000 pesetas á mellor colección de fotografías
    - Escolas, Camiños Provinciais e Beneficencia, programa básico do novo Presidente da Deputación. Gráfica do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José Gonzalez-Sama García impoñendo os distintivos de Presidente da Deputación a Enrique Lorenzo Docampo
    - Reunión do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García cos Alcaldes dos partidos xudiciais de Pontevedra e Ponte Caldelas
    - Reunión da Comisión Permanente da Provincial de Servizos Técnicos. Polo Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García, deuse posesión do cargo de vicepresidente ó Sr. Lorenzo Docampo
    - Visita das autoridades ó buque frigorífico “Pontevedra” de Pescanova
    - Ramón García Briones gaña o premio “Enrique Lorenzo”
    - O Corpo Consular nomeou membros honorarios ó Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García e ó Comandante de Mariña don Rafael de Aguilar y Ojeda
    - Celebración de Sesión Plenaria da Cámara de comercio. Deuse conta de diversas xestións levadas a cabo pola Mesa
    - A Deputación Provincial financiou o proxecto do Plan de Ordenación da Costa e aumentará a súa consignación anual para atender á conservación de estradas e camiños
    - Don Cástor Alonso Bar, entrega a Copa Concello de Vigo á Señorita Cristina Andrade
    - Gráfica da entrega do II Premio “Enrique Lorenzo Docampo” ó Sr. García Briones
    - Clausura do Curso no Colexio de Xordomudos presidindo o acto o Presidente da Deputación Enrique Lorenzo Docampo
    - Cun extraordinario concerto da Polifónica iniciouse o domingo o IV Festival da Canción Galega
    - O mal tempo quitou brillantez ás festas de San Bieito de Abade nas marxes do Lérez
    - Solemne ofrenda nacional do mar en Panxón. O Capitán Xeneral do Departamento fixo o ofrecemento en nome das Mariñas de Guerra, Mercante e Pesqueira
    - Marín: 156 novos oficiais da Armada recibiron os seus despachos e xuraron Bandeira 127 aspirantes, coa asistencia de autoridades relixiosas, civís e militares
    - Brillante conmemoración do aniversario do Alzamento Nacional. Presidiu a recepción oficial o Gobernador Militar da provincia o Xeneral Palacios Rodríguez
    - A Franqueira. Coroación da imaxe da Nosa Señora da Franqueira. En representación do Ministro de Xustiza presidirá a cerimonia unha alta personalidade. Asistirán os prelados galegos e os Gobernadores das Catro provincias
    - Reunión da Comisión Provincial de Servizos Técnicos. Aprobáronse os orzamentos de varias obras presidida polo Gobernador Civil José González-Sama García
    - Sesión do Pleno da Deputación de Pontevedra presidido por Enrique Lorenzo Docampo
    - A Deputación terá que enfrontarse co serio problema da construción dun novo edificio no Hospital Provincial
    - Chegada a Vigo de S.A.R. o infante don Luis Alfonso de Baviera y de Borbón
    - O Ministro de Industria Sr. López Bravo en Pontevedra, visitou “Celulosas de Pontevedra” e “Alfares de Ponte San Paio”
    - Gráfica do Ministro de Industria López Bravo visitando as fábricas de “Celulosa” e “Pontesa”
    - Gráfica do Director Xeral de promoción do Turismo a súa chegada a Vigo
    - “Fiesta de la Banderita” en Pontevedra. Gráfica do Alcalde de Vigo colaborando na festa
    - O Ministro de Educación Nacional Sr. Lara Tamayo en Pontevedra. Visitou o Centro de Investigacións Forestais e a Escola de Capataces
    - Comezo do I “Rallye” ás Rías Baixas. Disputaranse as etapas Vigo-Pontevedra, Pontevedra-A Toxa, A Toxa-Marín e Marín-Vigo
    - Monumento a Calvo Sotelo en Tui a súa cidade natal
    - Reportaxe sobre Pontesa: Un plan de organización e desenrolo fielmente seguido
    - Ofrenda da cidade de Vigo ó Cristo da Vitoria
    - Gráfica de autoridades na procesión do Santísimo Cristo da Vitoria
    - Troco de impresións sobre o plan de ordenación da costa das Rías Baixas
    - Baixo a presidencia do Gobernador Civil da Provincia e Xefe Provincial do Movemento José González-Sama García reuníronse os Alcaldes das Rías Baixas
    - 80.000 persoas presenciaron a “Batalla de Flores” en Vigo
    - Homenaxe en Baiona a D. Ángel Gutiérrez, operador de NO – DO e TVE
    - Constitución da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes Excepcionais coa presenza de autoridades civís e relixiosas
    - Bases da convocatoria para o traballo “O camiño portugués das peregrinacións a Santiago de Compostela” cun premio para o gañador de 100.000 pesetas
    - Folleto da ofrenda dos Concellos do Partido Xudicial de Redondela a nosa Señora do Refuxio. A Divina Peregrina
    - Comezo do concurso hípico internacional. Santa Pau Gañou a Copa Deputación Provincial
    - Deputación Provincial. Nomeamentos dos membros dos tribunais de oposición
    - Desbordante animación nas Festas da Peregrina
    - Dous motopesqueiros construídos por “Factorías Vulcano” foron entregadas a representantes do Servizo de Pesca de Uruguai
    - Celebración en Cambados da XI Festa do Albariño. O Concello de Cambados entregou a Pío Cabanillas o título de Fillo Adoptivo da vila
    - Elección na Deputación de Pontevedra dos novos procuradores a Cortes representante do 62 concellos da provincia. O Presidente da Deputación e o Alcalde de Vigo foron elixidos procuradores a Cortes
    - Goberno Civil: Regulación dos salarios dos funcionarios da Administración Local
    - Novas instalacións do “Faro de Vigo” e “Editorial Compostela” inauguradas en Pontevedra
    - XXIII Concurso internacional de tenis no Club de Campo. Santana foi derrotado por Mandarino
    - Brillante remate das Festas da Peregrina. O Subsecretario de Información e Turismo, o Gobernador Civil e outros persoeiros presenciaron a actuación do Ballet Galego
    - Apertura da rúa Zona Norte en Pasarón-Pontevedra
    - A Comisión Provincial de Servizos Técnicos adxudicou definitivamente a apertura da Rúa Norte de Pasarón
    - Un superávit de 3.093.047,92 pesetas nas contas da Deputación Provincial de Pontevedra de 1962
    - Máis de doce millóns e medio de pesetas para o Plan de Cooperación Bienal 1964-65
    - Trasladados a Madrid os restos mortais do Doutor Eijo Garay
    - Comezo do curso universitario de verán presidido polo Reitor Sr. Echeverri. Conferencia do Doutor Morales Oliver sobre o tema “A Virxe María na literatura do século XIII”
    - Solemne inauguración dos XXI cursos de verán no círculo mercantil. Intervención o profesor Morales Oliver e a cantante Montserrat Caballé
    - Gráfica da brillante recepción ofrecida polos señores De Ruiz de Morales
    - Chegada a Vigo de S.A.R. Dona María Cecilia de Borbón – Parma onde pasará tres días
    - O Dr. Oya Salgueiro ofreceu una maxistral lección no XXI Curso Universitario de Verán
    - A Franqueira: A Misa de medio pontifical celebrarase no cruceiro da explanada
    - Gráfica da reunión do Pleno do Centro de Ensinanzas, investigacións e Experiencias Forestais de Lourizán co Director Xeral de Capacitación Agraria
    - Reuniuse o Padroado do Museo. Tomou posesión o Sr. Lorenzo Docampo e acordouse a adquisición de diversas obras
    - Inauguración do “Diario de Pontevedra” polo Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne
    - Gráficas da inauguración en Tui do Monumento a Calvo Sotelo presidindo o acto o Ministro de Facenda Mariano Navarro Rubio
    - Folleto da Ofrenda a Nosa Señora da Franqueira do Presidente da Deputación provincial, representado polo Alcalde da Cañiza
    - O Ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne, asistiu ó Terceiro Curso Rexional de Gaitas Galegas e Primeiro Festival internacional
    - Impresionante xornada de fervor mariano na Franqueira
    - O Ministro de Xustiza Antonio Iturmendi Bañales impuxo condecoracións ó presidente de fiscal-xefe da Audiencia Provincial
    - Gráficas do acto de inauguración da Central Leiteira “L.A.R.S.A.” presidido polo Ministro de Agricultura Cirilo Cánovas García

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición