Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-07-01_Constitutiva. Acta de sesión 2011/07/01_Constitutiva
Acta de sesión 2011/07/01_Constitutiva
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-07-01_Constitutiva
Título Acta de sesión 2011/07/01_Constitutiva
Data(s) 2011-07-01 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as 10 horas do día un de xullo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19326.- MOTIVACIÓN DA URXENCIA DESTA CONVOCATORIA Polo Presidente maniféstase que, toda vez que o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno e a convocatoria da mesma foi realizada no día de hoxe e procede á súa constitución, á vista do cal, por unanimidade apróbase a xustificación da urxencia. 2.19327.- CONSTITUCIÓN DA XUNTA DE GOBERNO Polo Secretario dáse conta da Resolución de data 1 de xullo de 2011 (Rexistro saída núm. 9794) na que se relacionan os membros que integran a Xunta de Goberno e cuxo contido literal é como segue: “A Presidencia, en uso das facultades que lle confire a normativa local vixente, dita a seguinte R E S O L U C I Ó N A Xunta de Goberno, como órgano necesario na organización provincial, intégrase polo Presidente e un número de Deputados/as non superior ó terzo do número legal dos mesmos sendo os seus membros nomeados e separados libremente pola Presidencia (arts. 32.1 e 35 Lei 7/1985, de 2 de abril e 72 R.D. 2568/1986, de 28 de novembro). En consecuencia, en uso das miñas atribucións, RESOLVO, 1.- Que a Xunta de Goberno quede integrada polos seguintes Sres./as Deputados/as: Presidente: D. Rafael Louzán Abal Vogais: D. José Crespo Iglesias D. Jorge Domínguez Rosal Dona Begoña Estévez Bernárdez D. José Manuel Figueroa Vila D. José Carlos López Campos Dona María Pilar Ramallo Vázquez D. José Nelson Santos Argibay D. Alberto Valverde Pérez D. Jesús Vázquez Almuíña 2.- As sesións ordinarias da Xunta de Goberno terán lugar semanalmente todos os venres ás 9:00 h. Da presente resolución darase conta ó Pleno da primeira sesión que celebre, e ós interesados, publicándose no Boletín Oficial da Provincia, sen prexuízo da súa efectividade dende o día de hoxe.” Á vista do cal, e estando todos os membros que a compoñen presentes, o Presidente declara constituída a Xunta de Goberno. 3.19328.- INFORME DO PRESIDENTE O Presidente expón ós membros da Xunta de Goberno aspectos varios en canto á organización da corporación, algún dos cales serán obxecto de moción ante o Pleno de organización e outros adoptaranse mediante resolución presidencial. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta e cinto minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota