ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2015-04-24_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/1.2015-04-24_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2015-04-24_Ordinaria

  • Data(s) 2015-04-24 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 24 de abril do 2014 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e dezaoito minutos do día vinte e catro de abril do ano dous mil quince, baixo a Presidencia do Vicepresidente Don José Manuel Figueroa Vila (PP), reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Don Horacio Gil Expósito (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Fernando Guitián Guitián (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Don José Luis Pérez Estévez (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don Moisés Rodríguez Pérez (PP), Don Alejandro Rodríguez Rodríguez (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asisten o Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal (PP) nin os Sres. Deputados Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP) nin Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Comezamos o Pleno ordinario do mes de marzo. Desculpar a ausencia do Presidente que ten unha reunión fóra de Pontevedra pero que se incorporará ó Pleno, seguramente. Vamos a comezar cos puntos que temos da orde do día. 1.6596.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto 1. Aprobación do borrador da acta da sesión anterior ordinaria. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. Acórdase, por unanimidade, aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de marzo de 2015. a) Parte resolutiva: 2.6597.- RECTIFICACIÓN ANUAL DO INVENTARIO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2014 Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Parte resolutiva. Punto 2. Rectificación anual do Inventario da Deputación de Pontevedra correspondente ó exercicio 2014. ¿Algunha intervención?. Non hai intervencións. Votamos. ¿Votos en contra? ¿Abstencións? Todos a favor. O Pleno da Corporación Provincial, en sesión celebrada o 28 de marzo de 2014 aprobou a rectificación anual do Inventario xeral de bens e dereitos da Deputación de Pontevedra correspondente ó ano 2013 cunha valoración total a 31/12/2013 de 248.863.480,84€. Resultando que durante o ano 2014 producíronse unha serie de variacións en ditos bens e dereitos tal e como consta no informe do servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio de data 14/04/14 no que resume a información facilitada polos diferentes servizos e centros xestores da Deputación sobre as altas, baixas e modificacións producidas nos bens e dereitos das súas respectivas competencias. Considerando o establecido no artigo 33 do RD 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais (en adiante RBEL) que determina que a rectificación do inventario de bens das entidades locais debe verificarse anualmente e nel reflectiranse as vicisitudes de toda índole sufridas polo conxunto de bens e dereitos durante dito período. Vistos os informes de Secretaría e Intervención, ambos de data 16/04/15. Considerando que a aprobación da rectificación anual do Inventario corresponde ó Pleno da Corporación Local, de conformidade co previsto no artigo 34 do RBEL. Considerando que o artigo 32.1 do RB establece que, unha vez se aprobe a rectificación anual do Inventario remitirase copia á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma. Considerando que segundo o establecido no artigo 36 da lei 33/2003 de Patrimonio das Administracións Públicas, o previsto no artigo 85 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, así como o artigo 36 do RBEL, as Corporacións locais deben inscribir no Rexistro da Propiedade os seus bens inmobles e dereitos reais de acordo co previsto na lexislación hipotecaria, sendo título suficiente para tal efecto a certificación que, con relación ó inventario aprobado, expida o Secretario coa conformidade do Presidente. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: PRIMEIRO: aprobar a rectificación anual do Inventario de Bens e Dereitos da Deputación de Pontevedra do ano 2014 cunha valoración das altas producidas en dito período por importe de 21.264.165,26€, unha valoración das baixas producidas en dito período por importe de 1.563.257,83€, e unha valoración total do inventario a data 31 de decembro de 2014 por importe total de 268.564.388,27€, de acordo co seguinte detalle: SEGUNDO: remitir o expediente á Comunidade Autónoma de Galicia e á Subdelegación do Goberno para os efectos de dar cumprimento ó establecido no artigo 32.1 do RD 1372/1986, do 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. TERCEIRO: proceder á inscrición no Rexistro da Propiedade dos bens e dereitos que non estean inscritos de acordo co previsto no artigo 36 do RBEL, para o que se remitirá ó Rexistro unha certificación do Secretario en relación co inventario aprobado. 3.6598.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO 02/2015 Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 3. Expediente de modificación do Orzamento 2/2015. Este é un expediente de modificación orzamentario que ten dous apartados, un crédito extraordinario por un por importe de 720.000 € que vai destinado ó investimento en bens patrimoniais e adquisicións de fondos do Museo, 10.000 €; 150.000 € para investimentos destinados para a Administración do Estado, convenio coa Guardia Civil, melloras de instalacións en Pontevedra. Tamén, investimentos xestionados en convenio co concello de Pontevedra, adecuación da rede viaria de Pontevedra cidade, 560.000 €, cunha suma de 720.000 € que se detraen de remanente de tesourería aplicados para financiar créditos extraordinarios por importe de 720.000 €. Tamén, no punto dous deste mesmo tema, un suplemento de crédito por un importe 1.325.375 € cos seguintes apartados, coas seguintes aplicacións, investimentos xestionados para fins sen ánimo de lucro como o convenio de mellora da Igrexa de Santa María de Mosteiro, Meis, 250.000 €; torre da Igrexa de Sisán, Castrelo, Cambados, 60.000 €. Tamén, outro apartado para traballos a outras empresas relacionados con promoción turística por un importe de 200.000 €, o anterior sumaban 410.000 €. Tamén transferencias de capital a confrarías e outras, melloras de locais, equipamentos e cadea de comercialización, 300.000 €. Tamén investimentos xestionados para o convenio de campo de fútbol de Coia en Vigo, 215.000 €. Seguridade Social de becarios, 2015, das confrarías, 8.375 €. A familias tamén, bolsas de pensións de estudos de investigación, becarios 2015, de confrarías 192.000 €. Suman 1.325.375 €. A suma das dúas operacións está na cantidade de 2.045.375 €. Isto se trae a este Pleno porque son obras necesarias, obras que se foron solicitando e que se entendeu desde o equipo de goberno que eran obras prioritarias e por iso traemos este expediente de modificación de créditos ó Pleno que hoxe celebramos. Intervencións. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Bos días a todos e a todas. Bueno, estamos ante un expediente de modificación do Orzamento que, para non perder o costume, foi á Comisión fóra da orde do día e na que faltan bastantes explicacións sobre o destino e a funcionalidade de cada unha das partidas, ¿non?. Por exemplo, pois empezamos co campo de fútbol de Coia, en Vigo, pois, houbo un convenio, é da Federación de fútbol, houbo un convenio entre esta Casa e a Federación para pagar a mellora dese campo a cambio dos partidos da Selección, e agora resulta que aparecen 215.000 € máis, non sabemos se houbo un exceso na obra, non sabemos se o proxecto para mellorar esa obra, que eran bastantes cartos, foi unha chapuza, non sabemos nada, simplemente que se mete os 215.000 € aquí. E, podíamos seguir con outra serie de partidas, claro, hai outras que si sabemos o que é, ¿non?, por exemplo, pois, vamos, por coñecelo directamente, ¿non?, que son o convenio co concello de Pontevedra, na que, bueno, estes son a estrada de Pedra Lagarto-Marcón, a da Ruibal, antigas estradas provinciais, a mellora do firme de seguranza viaria e a ponte sobre, o que lle chaman Ponte Madeiros, a ponte sobre o río Rons na Xunqueira de Alba que está absolutamente, vamos, nun estado que case roza o perigo, ou sexa, posiblemente houbera, se topáramos un técnico que se puxera moi exquisito, no sentido de cubrirse as espaldas houbera que cortala pronto, e que dá acceso por atrás ó Parque da Deputación e Imprenta e, á maiores, está nunha zona que por un lado ten, apoia esa ponte no concello de Pontevedra e por outro lado apoia no concello de Poio, ou cando menos, nuns terreos en litixio, ¿non?, unha obra típica de Deputación. De todas maneiras, bueno, vén aquí, obviamente, non temos nada en contra disto pero isto era á conta do Plan 2014 de obras urxentes, sabemos que os concellos de máis de 50.000 quedan fóra dos plans da Deputación e era o conveniado para o 2014, estamos falando de febreiro do 2014, hai máis dun ano, ou sexa, que vén con moitísimo retraso, puido ir perfectamente no Orzamento, xa, e demais; entonces, pois, vámonos abster na modificación de crédito, en principio non parece que haxa ningunha partida, así, que sexa, non esa típica partida preelectoral que normalmente nestas modificacións sempre viñan, ¿non?, pois, 4.000.000 máis para chapapote e cousas destas senón que son, así, medidas concretas, hai aquí eses 150.000 € para a mellora do Cuartel da Garda Civil, que non está en Pontevedra que está en Poio, pero bueno, que aparece en Pontevedra. Ben, parece ser que é para resolver uns problemas de humidades, goteiras e deficiencias estruturais do edificio que, francamente, ten un tempo de vida limitado, isto debeuse inaugurar hai sete anos, por aí, e bueno, pois, parece que houbo eses problemas que non coñecemos a fondo porque ninguén nos informou, bueno, pois, vámonos abster nesta modificación de crédito. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Bos días. Gracias Presidente. Moi breve, dúas cuestións, a primeira, que vostedes aquí nesta modificación, fan unha transferencia de capital ás confrarías cando isto é competencia da Xunta de Galicia, é dicir, non estamos en contra diso pero, polo menos, o que debían vostedes facer é que cumpra coas súas obrigas a Xunta e non ter que facelo dende aquí. A segunda, é que vimos manifestando de forma continua, é dicir, estamos no mes de abril e xa nos atopamos cunha nova modificación do Orzamento, ¿non?, é certo que este é como consecuencia deses 20.000.000 € de remanente, que dezaoito xa destinaron vostedes ó Plan de inversións e servizos pero, seguimos igual, é dicir, se fai un presuposto que se aproba en decembro de 2014 e agora vamos xa encadeado varias modificacións de crédito. E, para rematar, pois nada, recordar o informe de Intervención que fala do posible incumprimento da Lei de estabilidade, faino no seu informe, onde di que, incluso, parte deste remanente debía destinarse a operacións de débeda vixente para evitar os posibles incumprimentos da estabilidade orzamentaria e da regra de gasto, leo textual como así o escribe. É algo que tamén nós vimos manifestando modificación tras modificación e que esperemos que non teña consecuencias. Nada máis. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias. Bueno, nós vamos a por a votación este expediente de modificación de crédito, o que nos parece que dá cobertura a unha serie de necesidades que se están plantexando na provincia agora mesmo, desde ese convenio con Pontevedra ata axudas a temas de turismo, de confrarías, de deporte, de patrimonio e tamén, por suposto, que se cumpre tamén unha parte cos dous concellos importantes da provincia como son Vigo e Pontevedra. Polo tanto, vámolo a poñer votación. ¿Votos en contra?, non hai. ¿Abstencións?. Bloque e Partido Socialista e a favor o Partido Popular. O Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, a través de escrito de data 16 de abril de 2015, propón ó Pleno a aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/15 da Deputación de Pontevedra (que integra o expediente de crédito extraordinario “EXT.02/15” e o de suplemento de crédito “SUP.02/15”) dentro do vixente orzamento provincial, motivando a tramitación do mesmo pola necesidade de realizar gastos que non se poden demorar ata o exercicio seguinte ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente, ou sendo esta insuficiente para facer fronte ós mesmos. Resultando que o informe de Intervención de data 16 de abril de 2015 indica que este expediente cumpre cos requisitos previstos na normativa de aplicación, tanto en relación cos gastos que se pretenden financiar como cos recursos que os financian, así como que a súa tramitación respecta o equilibrio orzamentario. Considerando o disposto nos artigos 177, 179 e 180 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais; nos artigos 34 a 38 e 40 a 42 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, nos artigos 2,3,11,27 e demais concordantes da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, e nas bases de execución do orzamento, en canto a competencia e tramitación a seguir na aprobación do expediente de modificación de créditos número 2/15 da Deputación de Pontevedra. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG: Primeiro: Aprobar o expediente de modificación de créditos número 2/15 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.02/15” e o de suplemento de crédito “SUP.02/15”) co seguinte detalle: 1) Créditos Extraordinarios “EXT. 02/15”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 333-3330-689,02 INVESTIMENTOS EN BENS PATRIMONIAIS, ADQUISICIÓN FONDOS MUSEO 10.000,00 € 922-9440-651,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO (Convenio coa Garda Civil, melloras das instalacións en Pontevedra) 150.000,00 € 942-9420-652,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS EN CONVENIO CO CONCELLO DE PONTEVEDRA (Actuacións na rede viaria de Pontevedra) 560.000,00 € Total Créditos Extraordinarios... 720.000,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,01 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Créditos Extraordinarios 720.000,00 € 2) Suplementos de Crédito “SUP. 02/15”: APLICACIÓN DENOMINACIÓN IMPORTE 330-3360-658,02 INVESTIMENTOS XESTIONADOS PARA ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO (Conv. Melloras Igrexa Sta. María do Mosteiro - Meis: 250.000€; Torre da Igrexa de Sisán, Castrelo-Cambados: 60.000€) 410.000,00 € 433-4320-227,24 TRABALLOS R. OUTRAS EMPRESAS, PROMOCIÓN TURÍSTICA. 200.000,00 € 410-4150-789.02 TRANSFERENCIAS DE CAPITAL A CONFRARÍAS E OUTRAS (Melloras locais, equipamento e cadea de comercialización) 300.000,00 € 922-3420-658,00 INVESTIMENTOS XESTIONADOS CON INST. SEN FINS DE LUCRO (Conv. Campo de fútbol de Coia - Vigo) 215.000,00 € 921-2410-160,03 SEGURIDADE SOCIAL BECARIOS (Becarios 2015 Confrarías) 8.375,00 € 921-2410-481,01 A FAMILIAS, BOLSAS, PENSIÓNS DE ESTUDO E INVESTIGACIÓN (Becarios 2015 Confrarías) 192.000,00 € Total Suplementos de Créditos... 1.325.375,00 € O expediente finánciase con aforro propio procedente de exercicios anteriores, remanente líquido de tesourería para gastos xerais, contabilizándose as seguintes operacións: CONCEPTOS DE INGRESO DENOMINACIÓN IMPORTE 931-870,02 Remanente de Tesourería - Aplicado para financiar Suplementos de Créditos 1.325.375,00 € TOTAL... 1.325.375,00 € Resume das modificacións por capítulos: Capítulo 1º Gastos de persoal 8.375,00 € Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servizos 200.000,00 € Capítulo 3º Gastos financeiros 0,00 € Capítulo 4º Transferencias correntes 192.000,00 € Capítulo 6º Investimentos reais 1.345.000,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital 300.000,00 € Capítulo 8º Activos financeiros 0,00 € Capítulo 9º Pasivos financeiros 0,00 € TOTAL VARIACIÓNS POR CAPÍTULOS... 2.045.375,00 € Resume do expediente: TOTAL SUPLEMENTOS... 1.325.375,00 € CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS... 720.000,00 € SUMA... 2.045.375,00 € Segundo: o expediente de modificación de créditos número 2/15 da Deputación de Pontevedra (integrado polo expediente de crédito extraordinario “EXT.02/15” e o de suplemento de crédito “SUP.02/15”) será exposto ó público, para os efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 4.6599.- APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO “ENSANCHE E MELLORA DA EP-0405 XESTEIRA-ALMOFREI, DO P.K. 0+000 A P.K. 0+750 (COTOBADE)”. EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. DECLARACIÓN DA URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Pasamos ó seguinte asunto da orde do día, que é a aprobación definitiva do proxecto Ensanche e mellora da EP-405 Xesteira-Almofrei en Cotobade, exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación, declaración de utilidade pública da obra, declaración da urxente ocupación, motivación da urxencia. Intervencións. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, a ver, é unha obra de case un quilómetro, 560.000 € de obra e 50.000 de expropiacións, bueno, vamos a ver coas alegacións que houbo se o resultado final son os 50.000, parece unha cifra, así moi redonda para saír do paso pero bueno, en todo caso, haberá que resolvelo no trámite de expropiación. A estrada é bastante sinuosa e estreita nestes momentos e todo o que se faga por mellorar as estradas vai contar co noso apoio, vamos votar a favor. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias Sr. Mosquera, ¿máis intervencións?, pois poñémolo a votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. O proxecto “Ensanche e mellora da EP-0405 Xesteira–Almofrei, p.k. 0+000 a p.k. 0+750 (Cotobade)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 608.679,98€, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.611,52€ e capítulo de expropiacións por importe de 50.068,46€, ten por obxecto a mellora do trazado de dita estrada provincial. A finalidade da actuación proxectada é a ampliación da plataforma da estrada entre os mencionados puntos quilométricos da estrada provincial EP-0405 Xesteira-Almofrei, coa finalidade de mellorar o trazado e, por conseguinte, a seguridade vial. A xustificación do proxecto vén dada a causa de que o trazado actual que presenta a mencionada estrada provincial é moi sinuoso e ten unha anchura variable dependendo das zonas (entre 5 e 6 metros). Por todo isto, proxéctase a ampliación da plataforma e a retirada de muros e peches afectados, conseguindo un trazado máis suave o que mellorará de xeito notable a seguridade vial na estrada provincial. Á vista do informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da necesidade de acometer canto antes a devandita obra, o Pleno acorda por unanimidade: Primeiro.- A aprobación definitiva do proxecto “Ensanche e mellora da EP-0405 Xesteira–Almofrei, p.k. 0+000 a p.k. 0+750 (Cotobade)” que está dotado dun orzamento para coñecemento da administración de 608.679,98€, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 558.611,52€ e capítulo de expropiacións por importe de 50.068,46€. Segundo.- A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra; así como a declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. Terceiro.- A resolución das alegacións presentadas ó proxecto e ó expediente de expropiación segundo o seguinte detalle e tal e como se informa por parte do Servizo de Infraestruturas no seu informe de data 13 de abril de 2015: 1- Dona Mª de los Ángeles Ucha Gesteira e Dona Mª del Carmen Ucha Gesteira, finca nº 1, estímase a súa alegación en canto ó cambio de titularidade xa que este se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente. No tocante á alegación acerca da superficie expropiada, tense en conta por parte dos Servizos Técnicos e modifícase a solución técnica inicial substituíndo a solución construtiva do talud por un muro de contención, co que se diminúe a superficie necesaria para acometer o proxecto e por tanto a superficie afectada redúcese a unha superficie final de 202,12m2. En canto á alegación acerca da valoración dos bens afectados, dita valoración efectúase de conformidade cos módulos establecidos na normativa vixente e as últimas resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia. Poderase manifestar o desacordo no momento procedimental oportuno dentro do expediente expropiatorio a través da presentación da correspondente folla de aprecio. 2- Don José Luis Ogando Gayo, finca nº 26, estímase a súa alegación acerca do cambio de titularidade xa que esta se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente. Unha vez revisados os lindes púidose comprobar que, catastralmente se divide en dúas parcelas e se engaden os bens afectados. Inclúense, así mesmo, na relación de bens afectados 50 metros lineais de muro na finca 26-B. No tocante á mina que menciona, esta non resulta afectada no procedemento expropiatorio o mesmo que a canle orixinal das augas. 3- Dona Josefa Casal Moreira, finca nº 28, presenta alegacións á non inclusión dentro dos bens afectados dun muro de contención de 9m2 que linda coa estrada. A este respecto desestímase a súa alegación xa que, realizada a comprobación por parte dos servizos técnicos topográficos, este muro pertence ó dominio público viario e forma parte da propia estrada afectada. A alegación de inclusión na afectación de 34,51 m3 de madeira de eucalipto desestímase xa que aparecen contemplados no anexo do proxecto como arborado da parcela. No tocante á alegación acerca da valoración dos bens afectados, dita valoración efectúase de conformidade cos módulos establecidos na normativa vixente e as últimas resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia. Poderase manifestar o desacordo no momento procedimental oportuno dentro do expediente expropiatorio a través da presentación da correspondente folla de aprecio. 4- Dona María Purificación Moreira Pazos, finca nº 29, presenta alegación á non inclusión dentro dos bens afectados dun muro de contención de 16m2 que linda coa estrada. A este respecto desestímase a súa alegación xa que, realizada a comprobación por parte dos servizos técnicos topográficos, este muro pertence ó dominio público viario e forma parte da propia estrada afectada. Respecto ó muro de peche de 5m2, valórase e inclúese na relación de bens afectados. A alegación de inclusión na afectación de 50,97 m3 de madeira de eucalipto desestímase xa que aparecen contemplados no anexo do proxecto como arborado da parcela. No tocante á alegación acerca da valoración dos bens afectados, dita valoración efectúase de conformidade cos módulos establecidos na normativa vixente e as últimas resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia. Poderase manifestar o desacordo no momento procedimental oportuno dentro do expediente expropiatorio a través da presentación da correspondente folla de aprecio. 5- Don José Luis Gesteira Vidal, finca nº 30, estímase a súa alegación acerca do marcado da liña de expropiación e procédese ó estaquillado por parte dos servizos técnicos. 6- Dona Lucía Pereira Giráldez, finca nº 36, 37 e 58, estímase a súa alegación acerca do cambio de titularidade xa que este se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente. Inclúense dentro da relación de bens afectados da finca 36, 14 metros lineais de muro de mampostería de 1m de altura. Dentro da finca 37 engádense 8 metros lineais de muro de mampostería de 1 m de altura. No tocante á alegación acerca da superficie expropiada da finca 58, tense en conta por parte dos servizos técnicos e modifícase a solución técnica inicial substituíndo a solución construtiva do talud por un muro de contención, co que se diminúe a superficie necesaria para acometer o proxecto e por tanto a superficie afectada redúcese a unha superficie final de 229,15 m2. 7- Don Luis Ogando Pazos, finca nº 41, estímase a súa alegación acerca do cambio de titularidade xa que este se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente. Estímase a súa alegación acerca do marcado da liña de expropiación e procédese ó estaquillado por parte dos servizos técnicos. No tocante ó peche da parcela este queda suxeito ós condicionantes técnicos da execución do proxecto. 8- Dona Adoración Vázquez Barbeito, fincas nº 48 e 50, presenta alegacións respecto á finca nº 48 que finalmente non resulta afectada polo proxecto e procédese ó estaquillado por parte dos servizos técnicos da finca 50. O poste ó que fai referencia atópase na finca colindante que non é da súa propiedade. Respecto do acopio de pedras, procederase ó seu traslado se fose necesario no momento de execución do proxecto. 9- Don José Luis Pontes Piñeiro, finca nº 51, presenta alegación acerca da afección dun muro de peche que unha vez comprobado polos servizos técnicos verifícase que non se atopa afectado xa que se sitúa fóra da liña de expropiación e que a superficie afectada é a que aparece na relación de bens. Estímase a súa alegación acerca do cambio de titularidade xa que este se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente. 10- Dona Ana María Casal Moreira, fincas nº 52, 53 e 53 b, presenta alegacións acerca da inclusión nos bens afectados de 47 m2 de muro de pedra e 22,75 m3 de madeira de pino, realizadas as comprobacións por parte dos servizos técnicos púidose constatar que a afección se reduce a 10 metros lineais de muro de mampostería e o arborado que xa figura no proxecto. En canto á finca 53 inclúese un muro de mampostería de 27 metros lineais de 1,20 metros de altura. No tocante á finca 53b, estímase a súa alegación acerca da titularidade xa que esta se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente e os bens referidos se inclúen na finca 53. En canto á alegación acerca da valoración dos bens afectados, dita valoración efectuase de conformidade cos módulos establecidos na normativa vixente e as últimas resolucións do Xurado de Expropiación de Galicia. Poderase manifestar o desacordo no momento procedimental oportuno dentro do expediente expropiatorio a través da presentación da correspondente folla de aprecio. 11- Don Casimiro Nores Fraga, finca nº 57, estímase a súa alegación acerca da titularidade xa que esta se acredita fehacientemente segundo a documentación que achega e que obra no expediente. Estímase a súa alegación acerca do marcado da liña de expropiación e procédese ó estaquillado por parte dos servizos técnicos. O arborado descrito atópase incluído dentro da relación de bens afectados. Cuarto.- A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra, xa que a execución das mesmas vén xustificada pola necesidade de mellorar a plataforma do vial e reducir a sinuosidade, conseguindo así reforzar a seguridade vial. Neste sentido non hai que esquecer que calquera mellora nunha estrada vai supor a minoración de riscos de accidentes e, en consecuencia, nunha materia na que está en xogo a vida humana a utilidade pública da obra e a urxencia na súa execución está sempre xustificada. ANEXO Relación de propietarios afectados e bens expropiados Parcela Titular Bens afectados 1 María de los Ángeles Ucha Gesteira e María del Carmen Ucha Gesteira 202,12 m2 de terreo 26 Elisa Boullosa Silva 115,86 m2 terreo 26-B José Luis Ogando Gayo 139,60 m2 de terreo 50 metros lineais de muro 28 Josefa Casal Moreira 215,73 m2 terreo 29 María Purificación Moreira Pazos 318,60 m2 terreo 5 metros lineais de muro de peche 30 José Luis Gesteira Vidal 112,87 m2 terreo 31 Enrique Boullosa Vidal 348,51 m2 terreo 36 Lucía Pereira Giráldez 264,10 m2 terreo 14 metros lineais de muro 37 Lucía Pereira Giráldez 51,81 m2 terreo 8 metros lineais de muro 39 Sara Piñón Gómez 552,18 m2 terreo 41 Luis Ogando Pazos 98,16 m2 terreo 43 Luisa Ogando Cabanelas 93,37 m2 terreo 47 María Adelaida Couto García 38,41 m2 terreo 49 Herdeiros de Mª Estrella Hermida Graña 12,90 m2 terreo 50 Adoración Vázquez Barbeito 35,13 m2 terreo 51 José Luis Pontes Piñeiro 81,10 m2 terreo 52 Ana María Casal Moreira 170,82 m2 terreo 10 metros lineais de muro 53 Ana María Casal Moreira 43,20 m2 terreo 27 metros lineais de muro 53-B Ana María Casal Moreira 85,80 m2 terreo 56 Luisa Ogando Cabanelas 87,30 m2 terreo 57 Casimiro Nores Fraga 61,06 m2 terreo 58 Lucía Pereira Giráldez 229,15 m2 terreo 5.6600.- CAMBIO DE BENEFICIARIO NA SUBVENCIÓN NOMINATIVA “FUNDACIÓN PONTETEC” Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Pasamos ó seguinte asunto da orde do día, cambio de beneficiario na subvención nominativa Fundación Pontetec. Dona Begoña. Sra. Estévez Bernárdez.- Gracias Presidente, bos días a todos. Bueno, como explicamos na Comisión Informativa o venres pasado, trátase simplemente dunha modificación nominal desta subvención que xa vén contemplada no Presuposto desde fai varios anos e, púxose en contacto con nós a Fundación Pontetec porque está en trámite de disolución. A contía do importe deste convenio vai destinado ó fútbol base do Club de Fútbol Pontevedra nesta cidade e solicitan o cambio de denominación para non prexudicar a estas categorías inferiores. Trátase dun importe de 160.000 €, simplemente é o cambio de denominación da subvención e, polo tanto, o cambio de titularidade do beneficiario. Nada máis. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- ¿Algunha intervención?. Pois votamos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor deste cambio na subvención. Visto o escrito de data 20 de abril de 2015 da Fundación Pontetec presentado no Rexistro da Deputación de Pontevedra con número 2015048645, no que se informa que o padroado da Fundación acordou iniciar o procedemento de extinción da mesma con motivo da imposibilidade de realización dos seus fins sociais, e solicitando que a cantidade consignada nos orzamentos da Deputación de 2015 sexa destinada a outras entidades cos mesmos fins. Visto o escrito de data 21 de abril do Xefe do servizo de deportes no que considera que os 160.000€ que figuran como subvención nominativa á Fundación Pontetec, con CIF nº G36508851, e con cargo á aplicación 15/340.3410.489.02 pódese destinar a outras entidades cos mesmos fins ou a outra entidade que se considere conveniente pola Corporación Provincial. Vista a proposta da Deputada de Deportes de data 21 de abril, na que co conforme da Presidencia, propón ó Pleno da Corporación que a cantidade de 160.000€ consignada a favor da Fundación Pontetec, se conceda ó Pontevedra, CF, SAD, librándose a subvención con cargo ás correspondentes facturas que xustifiquen a publicidade e o resto das contraprestacións estipuladas. Visto o informe da Intervención de data 23 de abril no que se informa favorablemente o cambio da concesión nominativa proposta pola Deputada Delegada de Deportes. O Pleno acorda, por unanimidade, que a cantidade de 160.000€ consignada a favor da Fundación Pontetec nos Orzamentos da Deputación Provincial do 2015, sexa concedida ó Pontevedra CF, SAD, con CIF nº A36029577, librándose a subvención con cargo ás correspondentes facturas que xustifiquen a publicidade e o resto das contraprestacións estipuladas no convenio de colaboración que se formalice ó respecto. 6.6601.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA Previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: A) REVOGACIÓN DA DELEGACIÓN DO CONCELLO DE MOS NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DAS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN, RECADACIÓN E REVISIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Punto número 6. Asuntos fóra da orde do día. Traemos un asunto fóra da orde do día que é a revogación da delegación do concello de Mos, que foi por unha cuestión que se quedou atrás, aínda que xa está ditaminado na Comisión Informativa e, temos tamén unha Moción do Partido Socialista. Con respecto ó asunto de Mos é a revogación do concello de Mos na Deputación de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo; digo que xa está ditaminada na Comisión Informativa o que pasa é que non se incluíu na orde do día, foi unha cuestión puramente administrativa, dun erro. Polo tanto, votamos o asunto de Mos a inclusión na orde do día. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. Votamos o fondo do tema. Si, Sr. Mosquera, vale, perdón. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, señor Presidente. Vamos a ver, obviamente é unha decisión do concello de Mos e, polo tanto, pois, como é norma neste grupo, pois, respetamos a decisión e, polo tanto, vamos a votar a favor, ¿non?, independentemente de como fora o voto na Corporación de Mos, ¿non?. Pero isto non é unha cesión ou desacesión, ou retirada dunha facultade no ORAL ou na Deputación de xestión tributaria, eu creo que isto significa bastante máis, isto significa que o que é o Plan provincial de recollida de residuos dáse por finiquitado, tanto, que ó concello de Mos que era un dos que se sumara, obviamente, pois, non ve ningunha perspectiva e, obviamente, non o faría alegremente así, ¿non?, pois, ve que ese proxecto pois está, bueno, como con sorte nun caixón ou, se se quere, pois, nestes momentos abandonado definitivamente á espera do que suceda no futuro, ¿non?. Eu creo que isto merécese por parte da Deputación, pois, algún tipo de, vamos, de decisión clara e expresa, ¿non?, non pola vía de deixar pasar, porque hai un protocolo asinado co concello de Pontevedra que tiña uns prazos e tiña uns compromisos que a Deputación non vai cumprir, porque non pode, que quede claro e non é ningún reproche, que ás veces as cousas non saen, pero bueno, o normal era zanxalo, o normal era zanxalo, pero bueno, se o Plan provincial de recollida de residuos, pois, está aparcado “sine die” ou máis ben, está abandonado, ou sexa, desístese da idea, o normal é zanxar, ou sexa, rescindir o protocolo co concello de Pontevedra e sen máis, sen máis pelexas, porque senón, hai un protocolo en vigor, ratificado por este Pleno, que resulta que a Deputación non ten, ten tomada a decisión de non cumprir a súa parte, forzada, porque quedou deserta ou o que se queira, e non ten ningún sentido pola pasiva, ¿non?, creo que sempre houbo boas relacións, á parte de declaracións e á parte de diferenzas políticas e, o lóxico é, pois, zanxalo definitivamente, ¿non?, e claro, que chegue aquí agora que un dos concellos que se sumara, ou sexa, que teoricamente se a Deputación segue adiante nalgún momento co proxecto, este concello non se descolgaría, está claro que sabe que se acabou o proxecto, bueno, pois, se se acabou, pois, déase por finiquitado definitivamente, ¿non?, non teñamos un morto sen rexistrar como morto, ¿non?, digo, un morto administrativo neste caso, rexístrase como morto, acabouse e punto, e o protocolo modifícase en función diso e, “aquí paz e despois gloria”, ¿non?, con toda a boa tal, digo iso porque, supoño que esta semana que vén vai haber a sinatura do convenio porque é necesario por titularidades para facer as obras no concello de Pontevedra, estas que acabamos de aprobar a dotación de crédito, bueno, pois que tamén se pode aproveitar para asinar a modificación do protocolo e acabouse, e acabouse, digo, é unha pena que non estea o Presidente e así as cousas ben limpiñas, no Pleno pasado tiven que aguantar aquí uns bastante inxustos abucheos, pero bueno, para iso estamos, vale, pero vale, pois xa está, é cousa nosa, é cousa do concello de Pontevedra sen ninguén máis, os abucheos son para nós e deixámonos de dicir que se vai vir o lixo de toda a provincia, ¡que non vai vir!, porque non vai haber o Plan provincial, entón é cuestión de deixar claro, xa, esta Deputación que ninguén lle veña a dicir nada con que a planta e non planta porque xa está descolgada dela e isto é unha demostración máis, é unha demostración administrativa onde se mostran as cousas, non con declaracións. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- ¿Algunha intervención máis?. Sr. Santos Héctor, non. Bueno, pois, vamos a ver, eu creo que aquí xa houbo unhas declaracións claras do Presidente no anterior Pleno onde se di que o proxecto segue interesando a esta Deputación, a esta Institución, que estamos nun proceso preelectoral que non sería convinte que se abrira ese debate, como así o dixo el, pero dende o equipo de goberno e dende o noso grupo estamos co obxectivo claro de que este proxecto se levara adiante cando as condicións, loxicamente, sexan as idóneas para facelo, esta é unha cuestión puntual dun concello que o solicita, que non se lle pode denegar e que, loxicamente, bueno, pois, eu creo que o proxecto segue en marcha como dixo o Presidente. Votamos. ¿Votos en contra?. Si, si, si?. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, é que o expediente con esta decisión que tomou o concello de Mos e que hoxe ratificamos aquí, o anterior está roto, vale, acabouse. Miren, creo que levou tres anos o proceso anterior, quen se sumaba quen non se sumaba, bueno, pode ser que se inicie outra vez, agora, seguir xa non sigue, en canto xa hai concellos que estaban sumados que se marchan, seguir xa non siguen, iso está cambiado, entonces, a ver, aclaremos isto dunha vez,que é o único que queremos e, vamos, é o único problema que hai, aclarar isto, ¿non?. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moi ben, pois vamos a votar. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Partido socialista e o Bloque, abstención. ¡Ah, pero non!, pero é que o PSOE vota abstención. E o Bloque Nacionalista Galego a favor e nós a favor tamén. O Pleno provincial, en sesión do día 1 de agosto de 2014 aprobou o “Convenio marco de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e os concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes para a prestación, por parte da Deputación e con carácter intermunicipal, do servizo de recollida e tratamento de residuos domésticos e asimilables, así como a xestión de puntos limpos, nos ditos concellos”. Resultando que o Pleno do concello de Mos en sesión celebrada o 25 de setembro de 2014 delegou a favor da Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo, delegación que foi aceptada polo Pleno provincial na sesión que tivo lugar o día 28 de novembro de 2014. Resultando que en data 4 de febreiro de 2015, o concello de Mos notifica á Deputación o acordo do Pleno municipal, adoptado o día 27 de xaneiro de 2015, polo que se revoga a delegación efectuada a favor da Deputación das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo, motivada dita revogación no feito de declararse deserto o concurso público para adxudicar a prestación do servizo de tratamento de residuos domésticos e asimilables, que fora licitado en virtude do convenio marco cos concellos da provincia cunha poboación inferior a 50.000 habitantes para a prestación, por parte da Deputación, do servizo de recollida e tratamento de residuos domésticos e asimilables, así como a xestión de puntos limpos, nos ditos concellos. Vistos o informe do xefe do Servizo xurídico do ORAL de data 30 de marzo de 2015 e o informe da xefa do Servizo de xestión orzamentaria e contabilidade do ORAL de data 14 de abril de 2015. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e no artigo 8 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o Regulamento Xeral de Recadación. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e do BNG e coas abstencións do PSdeG-PSOE: 1. Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, que aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a revogación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo, aprobada polo Pleno do concello de Mos na sesión que tivo lugar o 27 de xaneiro de 2015. 2. Esta aceptación da revogación da delegación na Deputación Provincial de Pontevedra das facultades de xestión, inspección, liquidación, recadación e revisión da taxa por recollida de lixo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. B) MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA (PSdeG-PSOE) EN RELACIÓN COA INTEGRACIÓN DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NA FUNDACIÓN LAGO CASTIÑEIRAS-COTORREDONDO Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Tamén temos unha moción, se quere a leo, Sr. Santos, senón a defende vostede para incluír na Orde do día e despois fagámoslle o debate. Sr. Rodríguez Díaz.- Dicía, gracias Presidente, dicía de que a urxencia vén dada que non sei se este xa é o último Pleno da lexislatura ou …, pero en todo caso, é referido á Fundación do Lago Castiñeiras de Cotorredondo, ¿non?. Como vostedes saben, as Comunidades de Montes de Santomé Piñeiro e San Xulián de Marín e as Comunidades de Montes de Santa Cristina de Cobres e San Martiño de Vilaboa constituíron a Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, ó que posiblemente, ó que posteriormente se uniron os concellos de Marín e o concello de Vilaboa para desenvolver un proxecto de valorización dos montes. Este proxecto, sobre unha superficie de 80 hectáreas que inclúe o Lago de Castiñeiras, contempla a creación dun xardín botánico e un arboreto. Na actualidade, o entorno do lago xa conta con máis 160 especies vexetais e presentan un considerable abandono. Por iso, as catro comunidades de montes impulsan este proxecto que necesitaría dun investimento de 1,3 millóns de euros que garantizaría un desenvolvemento sostible do entorno de todo o lago. Ademais, o proxecto de xardín botánico e o arboreto podería complementarse cun conxunto megalítico existente entre Castiñeiras e o Monte do Xaxán que conta con oito mámoas. Dentro desta fundación, ademais das catro comunidades de montes que cederían as 80 ha. de superficie, o proxecto contempla a participación dos dous concellos afectados, Deputación e Xunta de Galicia e tamén a iniciativa privada. A intención é a valorización do monte e a súa preservación e unha explotación público-privada que garanta a súa conservación e sostenibilidade ó longo do tempo. A propia Fundación solicitou a primeiros de mes unha entrevista co Presidente da Deputación, co Sr. Louzán, sen que polo momento tiveran resposta, tras o que foron recibidos polos Deputados Socialistas plasmándonos o seu interese por desenvolver este proxecto. Nós entendemos, dende o Grupo Provincial Socialista, que é unha boa proposta, que ademais pode xerar un atractivo para os dous municipios e ademais que pode ser economicamente moi atractivo e que pode xerar tamén postos de traballo, non solo directamente na propia, a través dos feitos da propia Fundación senón tamén no entorno. Polo tanto, nós o que propoñemos este seguinte Pleno se pode ser tratado no de hoxe, ben, e senón quedaría para o vindeiro Pleno, é que a Deputación de Pontevedra se integre na Fundación Lago de Catiñeiras-Cotorredondo; e no punto dous, instar á Deputación de Pontevedra a poñer en marcha un Plan de investimentos da Fundación e aportar para a súa participación 450.000 €. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Moitas gracias. Nós vamos a votar a inclusión na orde do día, a ver o que di a Corporación. ¿Votos en contra?. Non hai. ¿Abstencións? Todos a favor. Incluímolo na orde do día e facémolo de menor a maior ou a proposta de vostede, ¿quere intervir agora?, pois, ¿quen?, Sra. Ramallo. Sra. Ramallo Vázquez.- Muchas gracias. Bueno, yo, sinceramente este tema puntualizarle varias cosas, fue tratado en los Plenos tanto de los concellos de Vilaboa como de Marín, en el de Marín fue en el mes de noviembre, y después de las reuniones, bueno, usted habla que efectivamente solicitaron una reunión con el Presidente de la Diputación, en concreto, las Comunidades de Montes de Marín, en concreto, una de ellas ya tuvimos ocasión de estar, bueno, no es que no lo recibiera sino que ya conoce perfectamente el proyecto, y por parte de las de Vilaboa fueron recibidas también por mi compañera Diputada Begoña Estévez, y Concejala también de Vilaboa. Decirles que, yo lo que le diría es lo siguiente: el proyecto nos parece ambicioso, nos parece positivo, nos parece que le daría, bueno, pues, otro modo de ser y de entender el Lago de Castiñeiras y todo su entorno, pero para lo que es la tramitación administrativa en sí, a nosotros lo que nos piden no solo es que la Diputación de Pontevedra se incluya en esta futura Fundación, igual que nos solicitaron a los concellos, sino más ambiciosa, es decir, que se integre también la Xunta de Galicia que es quien realmente tiene ahora mismo la cesión de las hectáreas de terreno, ellos, las hectáreas que tienen cedidas a la Xunta de Galicia piden más para ejecutar este proyecto; pretenden ejecutarlo a través de una iniciativa público-privada, es decir, cuando haya un jardín botánico establecido y demás, pues con un organismo que lo gestione, pues cobrando una entrada o lo que sea para poner, bueno, pues, que sea económicamente viable y a nosotros lo que nos parece positivo, y así fue como se apoyó la moción conjunta por parte de todos los grupos en el concello de Marín es, efectivamente, instar y poner en marcha y arrancar esa Fundación. El punto dos, yo, le solicitaría que lo retirase, es decir, ¿por qué 450.000 €? y no sé si se le pasó un cero, si se le quedó uno atrás, o sea, me parece que el compromiso que se nos están pidiendo a las administraciones es, primero, poner en marcha una fundación que no solo se integren la Diputación y los concellos y las comunidades de montes sino, en Marín solicitábamos que se integrase la Consellería de Medio Rural e do Mar, la Consellería de Medio Ambiente, la Axencia de Turismo de Galicia, es decir, un proyecto que toque varios palos y que sea efectivamente más ambicioso, y del proyecto que ellos han presentado de 1.300.000 € que garantizaría lo que es esa primera memoria que ellos han presentado, en fin, nos piden también que cada uno, dentro de sus competencias, usted hablaba hace poco y no apoyaba el expediente de modificación de créditos porque entendía que el dinero que se le daba a las cofradías no era un dinero que la Diputación pudiera destinarle expresamente, bueno, en fin, parece un caso parecido, pero como nosotros realmente apoyamos que cuando haya un proyecto, que podamos implicar a todas las partes, la Diputación esté ahí, creo que hablar de cifras en este momento me parece precipitado. Yo le solicitaría que arranquen un acuerdo votado por todos, como ha sucedido en los concellos, donde se pueda implicar la Diputación y que instemos al resto de la Administración Autonómica a estar ahí y que, en fin, me parece prematuro hablar de 450.000 € porque, en fin, no sé al final lo que nos podrá acabar tocando a los concellos, que nadie ha hablado ahora mismo de cantidad sino de poder arrancar, de estudiar si el proyecto es efectivamente viable, de cómo se va a gestionar, porque además de esto, el Lago de Castiñeiras, la gente lo que nos demanda son otro tipo también de servicios, en fin, sabe que con la normativa de cuando fue el incendio de Guadalajara se ha prohibido asar en el Lago de Castiñeiras y, en fin, hay que tratar que las normativas a veces se hacen con carácter Estatal, hay que tratar de aplicarlas a los casos concretos, poner las medidas adecuadas para que le Lago de Castiñeiras y todo su entorno, pues, pueda tener de nuevo este atractivo. ¿A la Diputación que nos han pedido en las reuniones que yo he estado?, también inversión en tema de viales, en temas de accesos que, por cierto, la Diputación ya ha hecho en algunos, viales que estaban en entredicho porque no eran de nadie, es decir, titularidad propiamente dicha, no eran municipal, no eran de monte comunal, en fin, y creo que esa ayuda también, no está cuantificada desde el punto de vista económico, pero que también para los accesos al entorno, tanto por la parte de Vilaboa como por la de Marín, como incluso, en la parte que le toca a Moaña, también son efectivos. Yo le pediría, que creo que es bueno, que se arranque un acuerdo donde la Diputación esté incluida en esa futura Fundación y que, en fin, aparque el tema económico para que cuando los números nos den un poco a todos y veamos la aportación también de la Xunta, la aportación de los concellos en todo caso, las comunidades de montes que también tienen su dinero para invertir en este asunto y creo que al final, por lo menos lo que nos han pedido a nosotros, es que la Diputación esté ahí y con un acuerdo un poco del primer punto, pienso que quedaría reflejado, pues, el sentir un poco de todos. Gracias. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- D. Santos Héctor, ten unha proposta concreta. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, si, non, e ademais eu creo que na proposta que nós facemos e na propia resposta da Sra. Ramallo, pois creo que estamos de acordo, ¿non?, que vemos como un atractivo moi interesante para, non só para eses dous concellos senón para todo o seu entorno que pode xerar, pois, riqueza, pode xerar un movemento da economía, e ademais, inducido en todo o entorno. Polo tanto, sería algo novedoso, non o hai creo que en todo o norte de España, un xardín deste tipo, pero un pouco o que nos planteaban, ¿non?. E, bueno, pois nesa idea, o que nós tamén entendemos e que ó instar á Deputación, ó vostede aceptalo, é de que a Deputación ten vontade de integrarse dentro dese Padroado, é dicir, que se van a dar os pasos para integrarse nese Padroado. Ben, pois nós estamos de acordo, retiraríamos o punto dous porque unha vez integrado no Padroado, pois, se vería que cuota de participación ou como o terían e sobre todo, sobre todo, tamén, que poida integrarse a Xunta de Galicia. Nós cando facemos referencia ás confrarías, nós non lle negamos que desde a Deputación se apoie ás confrarías, faltaría máis, digo, pero que sexa a Xunta e nós a máis, e nós poderíamos axudar a máis; e aquí pode ser un pouco iso. Pero, tamén é certo que a Deputación, o mesmo que fai noutros organismos, tamén pode exercer aquí de dinamizador, pois, dun espazo que é moi querido en todo o entorno, en Vigo tamén, é un espazo moi querido e, efectivamente, a prohibición de asar pero creo que eles xa teñen feito un estudo que podería, bueno, pois eu creo que todas esas posibilidades de volver recuperar ese atractivo que tivo, pois, fai algúns anos e que agora, pois, se está perdendo, iso é así.Polo tanto, nós saúdamos positivamente a súa intervención no sentido de que a Deputación, pois, vai a dar os pasos para integrarse e nos retiraríamos o punto dous. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, bueno, independentemente de propostas concretas e de trámites administrativos, a min, persoalmente, estas cousas tan complexas de miles de organismos arredor, bueno, ás veces funcionan, outras veces non, a min persoalmente non me gusta, pero se os promotores e os concellos de Vilaboa e Marín están de acordo, pois vale, incluso sabía, eu no fondo, pois, é obvio, quere dicir, aquí o Lago de Castiñeiras durante tempo foi un punto de atracción, vamos, de visita e de máis cousas, ¿non?, de ir alí a comer, incluso, é certo que houbo certo cambio de hábitos que, bueno, que limitan un pouquiño ese atractivo, é certo tamén que se abriron toda unha serie de instalacións arredor como pode ser o dos Petroglifos de Campo Lameiro, ou pode ser o do Pontillón, ou o que sexa, bueno, que tamén, digamos, que fai un certo reparto, ¿non?, e incluso …, estou mirando para o alcalde de Meis, a Senda dos Muíños por alá, ou sexa, hai toda unha serie, unha oferta moitísimo máis variada ou incluso o parque que teñen en Marcón, onde nace o río Pintos que é máis ou menos equivalente, que está ó outro lado. Bueno, hai unha oferta moitísimo máis variada pero o sitio, o entorno, vamos, a natureza que hai alí eu creo que se merecen non estar na situación que está hoxe, eu creo que todos o compartimos, polo tanto, vamos votar a favor como fixemos nos concellos respectivos. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, pois coa retirada do punto dous, Sra. Ramallo, aceptamos, coa filosofía que plantexaron os tres grupos, aceptamos a Moción e votaríamola a favor, entón, por unanimidade dos tres grupos, votamos a favor desta Moción que non sei se temos que votar a inclusión na orde do día. Sr. Secretario.- Si, hay que votarla. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Pois votamos a inclusión na orde do día. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Todos a favor. E votamos o fondo do tema con esa corrección de suspensión do punto dous. O Pleno acorda, por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista (PSdeG-PSOE) en relación coa integración da Deputación de Pontevedra na Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo, coa supresión do punto 2 da mesma. Dita Moción é como segue: “Motivación da urxencia: Dado o final desta lexislatura e a necesidade de someter ó Pleno a incorporación desta Institución á Fundación Lago Castiñeiras-Cotorredondo é necesario adoptar a máxima rapidez neste proceso polo que se deriva a urxencia desta moción. As comunidades de montes de Santomé Piñeiro e San Xulián de Marín; e Santa Cristina de Cobres e San Martiño de Vilaboa constituíron a Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo á que posteriormente se uniron os concellos de Marín e Vilaboa, para desenvolver un proxecto de valorización dos montes. Este proxecto, sobre unha superficie de 80 hectáreas que inclúe o Lago de Castiñeiras, contempla a creación dun xardín botánico e un arboreto. Na actualidade o entorno do lago xa conta con máis de 160 especies vexetais e presentan un considerable abandono. Por iso as catro comunidades de montes impulsan este proxecto que necesitaría unha inversión de 1,3 millóns de euros que garantizaría un desenvolvemento sostible do entorno de todo o lago. Ademais o proxecto de xardín botánico e arboreto podería complementarse co conxunto megalítico existente entre Castiñeiras e o Xaxán, que conta con 8 mámoas. Dentro desta fundación, ademais das catro comunidades de montes, que cederían as 80 hectáreas de superficie, o proxecto contempla a participación dos dous concellos afectados, Deputación, Xunta de Galicia e a iniciativa privada. A intención é a valorización do monte e a súa preservación e unha explotación público-privada que garanta a súa conservación e sostenibilidade a longo prazo. A propia Fundación solicitou a primeiros de mes unha entrevista co presidente da Deputación sen que polo momento tiveran resposta, tras o que foron recibidos polos deputados socialistas plasmándonos o seu interese por desenvolver este proxecto. En consecuencia, propoñemos ó Pleno a seguinte Moción: 1.- Instar á Deputación de Pontevedra a integrarse na Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo.” b) Parte de información e control: 7.6602.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MARZO DE 2015 Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Parte de información e control. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo de 2015. Sr. Interventor. Sr. Interventor.- Trinta e dous días. Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Bueno, pois damos conta deste pago a provedores. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de marzo de 2015, que se expón a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES MARZO 2015 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Marzo -15,1217051283 5.989.617,12 19,7795003288 1.261.881,70 -9,048313466 Escola de Enfermería Marzo -6,8690886052 2.036,11 0,0000000000 0,00 -6,869088605 Consorcio de Incendios e Salvamento Marzo -5,1528678846 457.678,80 0,0000000000 0,00 -5,152867885 TOTAL 6.449.332,03 1.261.881,70 -8,816534129 INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE MARZO DE 2015 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de marzo de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 8.6603.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO CUMPRIMENTO DE PRAZOS POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, A ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA E O CONSORCIO PROVINCIAL CONTRAINCENDIOS E SALVAMENTO, DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2015, EN RELACIÓN Ó DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- E o seguinte punto, número 8. Dar conta do informe de Intervención do cumprimento de prazos pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, durante o primeiro trimestre de 2015, en relación ó disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Tamén trinta e dous días. A Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstas en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 1º trimestre de 2015, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 1º TRIMESTRE DE 2015 1. Con referencia á data de rexistro da factura  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio Pago (PMP) (días) Período Medio de Pago Excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº pagos Importe total Nº pagos Importe total Deputación de Pontevedra 32 21 2.392 7.112.145,11 860 4.710.869,83 Escola de Enfermería 21 6 4.313,08 Consorcio de Bombeiros 26 3 17 675.106,46 2 4.355,80  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio Pendente Pago (PMPP) (días) Período Medio Pendente Pago Excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe total Deputación de Pontevedra 41 70 743 3.713.336,72 175 3.071.755,15 Escola de Enfermería Consorcio de Bombeiros 2. Con referencia á data da factura  Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio Pago (PMP) (días) Período Medio Pago Excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº pagos Importe total Nº pagos Importe total Deputación de Pontevedra 41 25 1.600 4.621.548,00 1.652 7.201.466,94 Escola de Enfermería 28 1 5 4.244,07 1 69,01 Consorcio de Bombeiros 29 3 14 450.483,56 5 228.978,70  Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio Pendente Pago (PMPP) (días) Período Medio Pendente Pago Excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº operacións Importe total Nº operacións Importe total Deputación de Pontevedra 43 66 865 3.535.313,76 453 4.995.183,66 Escola de Enfermería Consorcio de Bombeiros 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período Medio de Operacións Pendentes de Recoñecemento da Obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido do informe de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial contraincendios e salvamento, durante o 1º trimestre de 2015 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 9.6604.- DAR CONTA DO NÚMERO DE POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL EVENTUAL Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Dáse tamén conta dos traballadores de persoal eventual que é obrigatorio por Lei. En cumprimento do previsto no artigo 104 bis da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, en redacción dada pola Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sostenibilidade da Administración Local, dáse conta ó Pleno da Corporación Provincial que o número de postos de persoal eventual da Deputación é inferior ó establecido no indicado artigo 104 bis, apartado 2 da Lei 27/2013, do 27 de decembro. Ditos postos figuran adscritos ó Gabinete da Presidencia e destínanse ós servizos xerais da Institución, excepto os postos de coordinador xeral do Centro Príncipe Felipe e de director de xestión do Museo Provincial que, con carácter funcional, asignáronse a ditos centros a través da relación de postos de traballo. Dita relación é como segue: RELACIÓN PERSOAL DE CONFIANZA 2015 Nº UNIDADE DESCRIPCIÓN posto R GRUPO NIVEL CD TOTA L Retribucións 1 912 COORDINADOR XERAL CIPF FE Al 29 55.990,45 2 912 COORDINADOR RÉXIME INTERNO FE Al 29 55.990,45 3 912 DIRECTOR DE XESTIÓN FE Al 29 55.990,45 4 912 XEFE GABINETE DA PRESIDENCIA FE Al 29 55.990,45 5 912 XEFE GABINETE DE PRENSA FE Al 29 55.990,45 6 912 XEFE GABINETE DE COMUNICACIÓN FE A2 24 39.103,02 7 912 ADMINISTRATIVO FE Cl 22 32.839,47 8 912 ADMINISTRATIVO FE Cl 22 32.839,47 9 912 ADMINISTRATIVO FE Cl 22 32.839,47 10 912 ADMINISTRATIVO FE Cl 22 32.839,47 11 912 ADMINISTRATIVO FE Cl 22 32.839,47 12 912 ADMINISTRATIVO FE Cl 22 32.839,47 13 912 COORDINADOR GRUPO FE Cl 22 32.839,47 548.931,56 10.6605.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Dar conta das Resolucións de Presidencia. Sr. Secretario.- Son las emitidas entre el 24 de marzo y 20 de abril. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de marzo e o 20 de abril do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 11.6606.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente (Sr. Figueroa Vila).- Rogos e preguntas. ¿Hai algún rogo?. ¿Algunha pregunta?. Pois, senón hai ningún rogo nin ningunha pregunta, levantamos a sesión e moitas gracias a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. José Manuel Figueroa Vila Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición