Fondos
2015-09-04_Extraordinaria. Acta de sesión 2015-09-04_Extraordinaria
Acta de sesión 2015-09-04_Extraordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.398/2.2015-09-04_Extraordinaria
Título Acta de sesión 2015-09-04_Extraordinaria
Data(s) 2015-09-04 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 4 de setembro do 2015 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e cinco minutos do día catro de setembro do ano dous mil quince, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (Coalición Electoral SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Montserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en substitución da ordinaria de agosto, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado Don Rafael Louzán Abal (PP). Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.6646.- ACTAS ANTERIORES Sra. Presidenta.- Iniciamos a convocatoria do Pleno extraordinario coa Orde do día que está aprobada e que todos Deputados e Deputadas provinciais teñen coñecemento. No primeiro punto da Orde do día. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Aprobación dos borradores das actas das anteriores sesións, constitutiva do día 17 de xullo e, extraordinaria urxente, do 24 de xullo de 2015. Escóitanse berros. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, constitutiva do día 17 de xullo e, extraordinaria urxente do día 24 de xullo, de 2015. A) Parte resolutiva: 2.6647.- DELEGACIÓN DO CONCELLO DE CERDEDO DAS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS INGRESOS DE DEREITO PÚBLICO QUE SE ATOPEN PENDENTES DE COBRO NA TESOURERÍA DO CONCELLO Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto a), parte resolutiva, o punto 2. Secretario, orde do día. Sr. Secretario.- Delegación do concello de Cerdedo das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Sra. Presidenta.- ¿Votos a favor?, perdón, ¿votos en contra?, ¿votos a favor?. Escóitanse falar a distintas persoas presentes no salón de Plenos pero non se identifican as súas voces. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Os aplausos á Sra. Arévalo son aplausos a unha persoa que xamais o Partido Popular defende os dereitos dos traballadores. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- É moi triste a actitude do Partido Popular, moi antidemocrática, moi triste, é moi triste, é moi triste … Sra. Arévalo, non vai conseguir, non vai conseguir o seu obxectivo, Sra. Arévalo, non vai conseguir o seu obxectivo, se poña vostede como se poña, non vai conseguir que esta Presidenta xogue a ese xogo ó que vostedes están tan acostumbrados, de manipular a vida política, de utilizala, lle están facendo a vostedes moito dano, non se preocupe, Sra. Arévalo, non me vai vostede a poñer nerviosa, si, non, de verdade, non o vai conquerir, este Pleno vai continuar, eu xa lle din a palabra ós representantes dos traballadores e, polo tanto, xa se ten feito aquí o debate. Vamos continuar coa orde do día do Pleno. Sra. Arévalo, vostede non está facendo o que ten que facer unha demócrata, está usando unha institución pública, un Pleno para intentar xustificar unha posición que vostedes mantiveron sempre en contra dos traballadores, é unha vergonza o que vostede está a facer e, polo tanto, imos continuar coa orde do día do Pleno. Sr. Secretario, volva vostede a repetir o punto dous da orde do día. Gracias. Sr. Secretario.- El punto 2 sería, Delegación del concello de Cerdedo de las facultades de recaudación en vía ejecutiva de los ingresos de derecho público que se atopan pendientes de cobro … Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Sigue, sigue. Sr. Secretario.- … do cobro. Sra. Presidenta.- ¿Votos en contra do punto 2 da orde do día?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. O Pleno do concello de Cerdedo na sesión celebrada o día 27 de abril de 2015 acordou delegar na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. Considerando o previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, acorda por unanimidade: Aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de xestión de recursos locais efectuou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 3 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, na Deputación Provincial de Pontevedra o concello de Cerdedo, segundo se detalla. Concello de Cerdedo: Acéptase a delegación efectuada por acordo do Pleno municipal, adoptado na sesión que tivo lugar o 27 de abril de 2015, nos seguintes termos: 1.- Aceptar a delegación das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que se atopen pendentes de cobro na Tesourería do concello. A delegación sométese ás condicións establecidas nas Bases para a prestación do servizo aprobadas polo Pleno da Deputación Provincial en data 20/07/92, na Ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos, aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 31/10/2014, na Ordenanza fiscal xeral do órgano de xestión tributaria e recadación de recursos locais (ORAL), aprobada polo Pleno da Deputación Provincial en data 22/02/2013, e demais disposicións de pertinente aplicación ou, no seu caso, á normativa que por imperativo legal ou por razóns organizativas a substitúa. 2.- Ambas partes conveñen en cumprir coas funcións e obrigas de comunicación e colaboración descritas na normativa indicada, fundamentalmente o disposto nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 8 da Lei Reguladora das Facendas Locais, co obxecto de facilitar o exercicio das competencias delegadas na Deputación-ORAL. A entidade delegante deberá prestar a colaboración necesaria, especialmente nos seguintes aspectos: a localización de suxeitos pasivos, contribuíntes, obrigados ó pagamento ou debedores, certificando ou informando respecto da súa veciñanza ou non no termo municipal, a posesión ou carencia de bens e o exercicio ou non de actividades; poñer a disposición dos Servizos Tributarios da Deputación os seus rexistros e bases de datos que conteñan información de interese tributario, respectando en todo caso o que establecen a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e as normas que a desenvolven; así como a exposición pública no taboleiro de anuncios do concello e outros lugares de costume, dos edictos que se diten no exercicio das competencias delegadas. 3.- Facultar á Sra. Presidenta para que formalice o correspondente convenio co concello así coma os demais documentos que procedan. 4.- A delegación efectuada polo Pleno do concello de Cerdedo publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 3.6648.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR RELATIVA Á DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO Sra. Presidenta.- O punto 3. Secretario. Escoitase falar unha persoa presente no salón de Plenos. Sra. Presidenta.- Para a súa defensa ten a palabra a Sra. Arévalo, o Sr. Crespo, perdón. Sr. Crespo, ten vostede a palabra. Escoitase falar unha persoa presente no salón de Plenos. Sr. Crespo Iglesias.- Agora. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Ten a palabra. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, moi bos días a todos. Eu creo que tanto o punto 3 coma o punto 4, se lles parece, podiámolos tratar en conxunto, e logo, aínda que os votemos por separado, como hai unha Moción do Partido Popular e outra do Partido Socialista, se lles parece, facemos o debate en conxunto e logo votamos por separado ou conxunto, se chegamos a un acordo. Ben, entón vamos alá. Outro dos temas candentes, que agora mesmo están sobre a mesa, é que nesta provincia fundamentalmente afecta á zona norte, ás comarcas de Deza, Tabeirós, é o tema do sector leiteiro. Hai catro ou cinco comarcas máis puxantes neste eido en Galicia e, sen dúbida, unha das máis importantes, senón a máis importante está na comarca do Deza-Tabeirós-Montes no norte desta provincia. Durante moitos anos os gandeiros de Galicia igual que os do resto da Unión Europea, … Poderíase arreglar isto, é que rebota aquí todo o son, se deran arreglado os técnicos. Dicía que, durante anos, gandeiros de Galicia igual que os do resto da Unión Europea estiveron suxeitos a unhas normas, a unhas cuotas de produción e estas acabáronse e, loxicamente, xa se prevía que se podía orixinar un pequeno problema, como así lle está ocorrendo. Este problema do sector lácteo non é un problema única e exclusivamente de Galicia nin de España senón que afecta a Alemania, afecta a Francia e tamén a Italia e a Portugal, fundamentalmente, e, dalgún xeito a todos, tamén a Holanda. Eu creo que para tratar este tema en conxunto, nós queremos propoñer aquí unha Moción que basicamente, libre de demagoxias, se centre no problema que realmente ten o sector, e o problema que ten o sector é que unha vez que desaparecen as cuotas, algúns produtores produciron máis do que estaban producindo, prodúcese un pequeno colapso no mercado e isto, xunguido a que algunhas exportacións de Europa que se estaban facendo a Rusia, pois, deixaron de facerse por razóns que todos coñecemos e, ó final, créase un problema onde o prezo da leite, pois, é razoablemente mellorable e onde en non moitos casos, en algúns casos non chegan, en moitos non, afortunadamente, pero en bastantes casos non chegan a xustificar que haxa esa produción, non chegan a cubrir os custos que ten agora mesmo o sector. Polo tanto, aquí en España, en xeral, hai un problema e e que a interprofesional láctea nosa, que representa ó INLAC, pois están representados os produtores, as organizacións produtoras, as organizacións de produtores agrarios, nomeadamente os sindicatos, e tamén a industria, e falta unha terceira pata que é a distribución. Nós entendemos que sen esa terceira pata non é posible que poidamos chegar a un bo porto, porque o produtor, e en Galicia, encima, o problema máis importante, porque aquí prodúcense dous tercios do total, non, dous tercios non, o 50%, un pouco máis do 50% do total do que se produce en España, polo tanto, o problema é máis acuciante en Galicia. Agora mesmo, pois, os gandeiros manifestáronse en varias localidades, en todas elas onde hai produción láctea, e nós o que queremos propoñer con esta Moción é que o INLAC, que é a Organización Interprofesional Láctea, inclúa non só ós transformadores e ós produtores senón que inclúa á distribución e que, polo tanto, poidan estar as tres partes presentes para garantir a estabilidade do sector. E logo, tamén, propoñemos solicitar á mesma INLAC que traslade ás distintas partes da cadea do sector lácteo a necesidade de garantir unha axeitada construción de prezos. Sobre os prezos faise moita demagoxia, porque a administración non pode impoñer un prezo, estamos en Europa para o bo e para o malo, unhas cousas teñen ventaxas e outras teñen inconvintes, pero, o que non cabe dúbida é que quen pode negociar o prezo do leite son as OPL’s, en Galicia as Organizacións de Produtores Lácteos. En Galicia hai dúas, a realidade é que ningunha das dúas funcionan, o cal é unha mágoa porque o sector, a xente, pois, anotouse para que as distintas OPL’s, as dúas que poderían funcionar en Galicia, pois, que o fixeran como é APROLAC que é da AGACA e como é ULEGA que é de Unións Agrarias, pero ningunha das dúas ata o de agora negociou un só paquete de contratos, co cal, ó final, eu creo que teñen que ser as OPL’s quen movan ficha e quen impulsen a sinatura de contratos colectivos. De todos xeitos é difícil, porque hai que recoñecer, non sei se no resto de España pero en Galicia ocorreu, que a xente, os gandeiros que deron o seu, digamos, o seu consentemento para pertenecer a unha das dúas OPL’s que hai, que representan aproximadamente dous tercios da produción galega, pois, crían que non delegaban negociar o seu leite. Somos moi individualistas, o agro galego ten un problema, eu creo que xa é xenético, e é que somos, eu creo que todos os galegos en xeral somos moi individualistas pero, os gandeiros, probablemente, sexan, se cadra, un pouquiño máis, a proba é que hai un montón de cooperativas, todas podían funcionar e moito mellor pero, en vez de haber unhas cantas que puideran ser poucos interlocutores á hora de negociar, aquí cada parroquia case ten a súa cooperativa e esa é unha mágoa para o funcionamento do sector. E polo tanto, os gandeiros firmaron para estar nas OPL’s pero realmente non lle delegaron a facultade, anque en teoría está delegada porque para iso firmaron, pero sabemos moi ben que realmente non lle delegaron a facultade de negociar. E ese si que as OPL’s coas distintas, neste caso, coa industria transformadora e tamén coa distribución podrían firmar contratos. Pero, non produciu, non se produciu así porque de momento iso non é viable. Eu creo que a Moción nosa intenta, dalgún xeito, que os acordos que agora mesmo se tomaron nas últimas reunións, hai días houbo unha reunión dos Ministros de Italia, Francia e, perdón, de Italia e Portugal e, nós, agora mesmo hai o Consello de Ministros de Agricultura o día sete, e, onte houbo unha reunión onde o Ministerio, a Ministra se reuniu con todos os conselleiros de agricultura das distintas autonomías. Máis ou menos, teñen claro o que queren pedir no Consello do día sete, nós un pouquiño imos por aí, en que a Unión Europea facilite que os prezos mínimos do leite sexan acordes á realidade que agora mesmo fai falta para que sexan sostibles esas explotacións. Moitas delas están cobrando o prezo por debaixo dos custos e iso, realmente, hai que solucionalo porque senón acábase co sector. Pero, o que non vale é a Moción que presenta o Partido Socialista, aínda que nos gustaría a todos que se puideran facer esas cousas, eu puntualizo algúns temas que apunta aquí, unha actuación, vou ás conclusións, vou á parte da Moción, dice: “Unha actuación de emerxencia en Galicia da retirada de polo menos 40.000 toneladas de leite que se comercializan ó precio máis baixo para destinar a organizacións humanitarias e bancos de alimentos”. Ben, isto que sería osixenar o mercado pode estar ben desde o punto de vista teórico pero o problema é que, sencillamente, iso non se pode facer porque non o permite a Unión Europea. De feito, xa fixo unha consulta para poder estudar, para que Europa estudara iso, e as previsións non son demasiado boas, non son demasiado boas polo que lle dixeron, iso queríao Francia, iso queríao Portugal e tamén o queríamos España. Polo tanto, o feito, de que esas 40.000 toneladas de leite, que están comercializando a un prezo máis baixo as puidera, digamos, mercar a administración e repartilas para temas humanitarios, iso, a intervención de mercados é algo que debe adoptarse exclusivamente a nivel da Unión Europea. Polo tanto, en relación a este primeiro punto que propoñen o problema é a legalidade para levar a cabo. Eu creo que o que pretende a Ministra, e creo que con acerto, é, no Consello de Ministros do día 7, que haxa un incremento temporal do prezo de intervención da leite desnatada e sobre todo da leite en pó e da mantequilla. Se hai ese aumento da intervención e se intervén leite para eses fins pero autorizado por Europa, pois sería unha forma de osixenar o mercado, pero non tan a machado como propoñen vostedes na Moción. O punto 2, propoñen, “accións urxentes para impulsar a declaración da nulidade do contrato con custo de produción inferior da franxa de 28-26 céntimos”. Ben, estase intervindo no prezo e se se está intervindo no prezo pois non é posible porque xa o fixemos nalgunha ocasión, aquí pasou co do mexilón e ó final a multa que tivo está aí para ver, co cal é peor o remedio que a enfermidade. Os contratos, sobre a nulidade dos contratos hai que dicir que a administración non pode declarar nulos os contratos privados entre partes senón que son as propias partes. Iso entraría dentro da esfera da administración de xustiza, polo tanto non é posible o punto 2 porque sería sencillamente ilegal. O punto 3 si o poderíamos aceptar, o “plan de poñer fin á utilización do leite como produto reclamo pola gran distribución e a súa banalización”, iso podémolo pedir, non deixa de ser un canto ó sol, porque levámolo pedindo dende hai moitos anos e seguen as grandes distribuidoras facendo o que lle dá a gana nese sentido. E o punto 4, nas medidas para equilibrar a redacción, para ir un pouco rápido e non estender tanto o asunto, pois dicir que “o impulso dunha verdadeira negociación colectiva dos elementos do contrato”. Para iso están as opls que dicía antes, aí ten que mollar ULEGA e ten que mollarse APROLAC, que son realmente quen o pode facer, polo tanto non o pode facer a administración. A regulación das actividades dos primeiros compradores, garantindo a súa solvencia a través do aval, isto eu creo que o que os asesorou para facer esta moción pois non debe ter moito que ver con algunha cooperativa, que é primeiro comprador, isto do aval, se se ten, hai que ver que vai contra a liberdade do mercado e sobre todo contra os intereses das empresas que agora mesmo están vivindo lexitimamente diso, e o que me preocupa a min, contra algunhas cooperativas que son primeiros compradores. Algunha cooperativa que é primeiro comprador, ¿sería capaz de manter un aval?, eu teño realmente as miñas dúbidas. Polo tanto, non nos parece razoable esixirlle o aval ós primeiros compradores, porque neste momento crearíase un problema máis grave que a solución que podría ser. E, a creación dun sistema de mediación, no caso do conflito, de conflito … do produtor xa está contemplado no paquete que hai agora mesmo vixente e que está, xa está no paquete, no paquete lácteo, hai varias medidas, pero na parte dispositiva anterior, legal, xa está contemplado. E, regular as subhastas para evitar as baixas temerarias, eu aquí non sei moi ben o que queren dicir, pero dalgún xeito tamén está recollido nos documentos que foron presentados ó Ministerio e que foron pactados no día 8 de agosto, se mal non recordo. En definitiva, eu creo que se a moción de vostedes a adaptan ó que digamos pode ser factible, e lle quitan esta parte que ten, que non deixa de ser un canto ó sol, poderíamos refundir as dúas nunha, e poderíamos instar ó Ministerio e á Xunta e á Comisión Europea e ós demais membros da cadea a que mediante as reunións pertinentes, que agora mesmo están a ter lugar, e que o día 7 sería a súa culminación nese Consello de Ministros europeos, pois poder facer realidade estes acordos. Creo que, polo menos, paliarían razoablemente para ver, unha vez que pase máis tempo, como vai todo o proceso desta desaparición das cotas, podería ser factible. Do resto, nós obviamente vémonos na obriga de non estar de acordo cunha parte moi importante, con dous terzos da moción que vostedes presentan, non porque non nos gustara, senón porque sencillamente é ilegal. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Acordado que se debatan conxuntamente vai intervir, en primeiro lugar, o Portavoz da outra Moción, o propoñente, o Sr. Santos, e logo lle daremos a palabra ó portavoz do Bloque Nacionalista Galego para fixar a posición. Polo tanto, Sr. Santos ten vostede a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Bo día, gracias Presidenta. En primeiro lugar, en nome do Grupo Socialista, como xa tivo ocasión tamén de facer a Presidenta antes do inicio deste Pleno, saudar a todos os traballadores e traballadoras e ó público relacionado hoxe coas empresas, así como á Plataforma da defensa da sanidade pública. Bos días a todos. Nós traemos aquí, o Grupo Provincial Socialista, unha Moción para a defensa, e así poñemos o título, para a defensa do sector lácteo galego, do noso sector lácteo, que ten ademais unha gran importancia na nosa provincia. Grandísima importancia e ademais que nolo veñen trasladando dende fai tempo a súa preocupación, eu quero lembrar que xa no mes de novembro como consecuencia das mobilizacións que fixeron os gandeiros, pois, aquí nesta Deputación tratamos tamén unha moción para defender ese sector. Meses despois estamos en setembro do ano 2015, meses despois, oito ou nove meses despois, vemos como o Goberno galego non fixo ningunha actuación que dera solución para eles, ou moi ó contrario, se agravou a súa situación porque de novo teñen que recorrer ás mobilizacións para que a administración, gobernada polo Partido Popular, se mova ou diga que se quere mover. Porque miren, esta situación que están pasando é unha situación límite, xa non acadan máis tempo e levan coas ameazas da recollida da súa produción, prezos ruinosos e tamén se está a utilizar a leite como produto reclamo pola distribución. Moitas das comarcas de Galicia viven da produción do leite, é un sostén económico de miles de familias que viven no medio rural. Polo tanto, non ten explicación que nun país deficitario en produción de leite, que precisa importar case un tercio do seu consumo, pois, se produzan situacións como as actuais, que se deixa de recoller un produto perecedeiro nas zoas onde ademais se paga barato. Hai máis de 3.000 contratos que teñen prezo por debaixo dos custes de produción e elo inflúe tamén no resto do mercado galego no que se observan movementos empresariais de deslocalización. A situación de emerxencia que vive o sector require medidas urxentes e iso é o que vimos hoxe a trasladar aquí, o que nos solicitan os produtores, os gandeiros, que se actúe nese senso. Porque eu, volvo a recordar que no mes de novembro pasado mantivemos un debate similar nesta Deputación provincial do sector lácteo, ante o cambio e a desaparición do sistema de cotas lácteas, xa advertíamos, foi unha moción a proposta do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE. E naquel intre os propios sindicatos agrarios, todos os sindicatos agrarios xa anunciaban que ía acontecer no sector lácteo co sistema de precios, iso que hoxe vimos aquí a denunciar e tamén a reclamar. Pois ben, aquel acordo o acadamos aquí por unanimidade, é certo que nós fixemos renuncia da nosa proposta en aras de que saíra polo menos un apoio aínda que fora edulcorado para este sector, pero o certo é que dende aquela non se fixo absolutamente nada, non se fixo absolutamente nada, foi unha moción aprobada polos tres grupos, pedíuselle nesa moción ó Goberno galego que adoptara medidas eficaces para permitir a supervivencia das explotacións e seguimos á espera, seguimos á espera. Porque aquí parece que, parece non, aquí ocupamos o Goberno, o Sr. Feijoo ocupa o Goberno pero despois non goberna ou, dende logo, non está a gobernar para quen máis o necesita. E debemos lembrar tamén que na provincia, nesta provincia de Pontevedra, hai máis de 1.900 explotacións gandeiras que están adicadas ó leite e supoñen un 15% da produción de toda Galicia. É un sector prioritario en dúas comarcas importantes como é a do Deza e Terra de Montes, e que dan emprego a unhas 10.000 persoas nestas zoas. Hoxe, os Socialistas, presentamos aquí unha nova moción, que volvemos a instar ó Goberno do Sr. Núñez Feijoo, que adopte unha política urxente e de choque que xa vimos ó longo deste dez meses a parálise da administración galega foi total e o abandono do sector é un feito que estamos hoxe a constatar. E eu sei que ó Sr. Crespo non lle gusta o que nós propoñemos ou lle busca achaques ou disculpas ó que nós propoñemos, que senón a Unión Europea nos vai a dicir, que se aquilo, unha cousa e outra. Eu o que, lle pediríamos ós Sres. do Partido Popular e ó Sr. Crespo que se poña do lado dos gandeiros, que se poña do lado dos produtores de leite, que non defenda ós que os están apretando, a esas empresas que os están apretando, e que non defenda á Xunta de Galicia que non está facendo absolutamente nada e que segue mirando para outro lado. Por iso a nosa moción leva as seguintes reclamacións: a primeira, instar ó Goberno de España a que con carácter urxente poña en marcha un plan de choque, en coordinación coa Xunta de Galicia, para normalizar a situación do sector produtor da leite que inclúa: unha actuación de emerxencia en Galicia de retirada ó menos de 40.000 toneladas de leite que se comercializa ó precio máis baixo, a destinar a organizacións humanitarias e bancos de alimentos pagando un prezo superior ó do custe de produción. Dous, accións urxentes para impulsar a declaración de nulidade dos contratos con custe inferior ó límite na franxa de 28-26 céntimos. Un plan para poñer fin á utilización do leite como produto reclamo pola gran distribución e a súa banalización. Medidas para equilibrar a relación da negociación entre produtor, industria e distribución, impulsando unha verdadeira negociación colectiva dos elementos do contrato, a regulación da actividade dos primeiros compradores, garantindo a súa solvencia a través do aval, que impida o abandono de gandeiros cos que manteñen contrato. A creación dun sistema de mediación en caso de conflito e indefensión do produtor. Regular as subhastas a cegas para evitar baixas temerarias. E, por último, fortalecer os mecanismos de inspección e control que aseguren o cumprimento dos contratos e eviten os abusos de posición e acordos para impoñer precios baixos. Isto é o que propoñemos para este importante sector na nosa provincia e que ademais tamén nos solidarizamos coas mobilizacións que están a realizar no día de hoxe e días anteriores para a defensa do seu posto de traballo tamén. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Sr. Jácome, ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Ben, bo día a todas e todos. A verdade sorprende un pouco esta moción do Partido Popular porque dá a sensación ó analizala que o grupo que a presenta non ten relación algunha co Goberno da Xunta, e que polo tanto a política que desenvolve o PP élles totalmente allea. Din na súa moción que o sistema do cuotas rematou. O fin deste sistema era coñecido dende hai anos e a Xunta non elaborou ningún plan estratéxico para ese contexto, tal e como se pediu reiteradamente dende a oposición. Non se desenvolveron políticas que permitisen aumentar a base territorial das explotacións e diminuír a dependencia da compra de piensos. Por esta causa, os gandeiros compiten en inferioridade de condicións respecto a outros países onde si hai políticas de ordenación do territorio. Xa no ano 2011, Feijoo prometeu un gran grupo lácteo, que foi un fiasco, onde se perderon millóns de euros por mala xestión, xestión que estaba ó cargo de membros do PP. A Xunta non foi quen de dotar dun marco legal e normativo para impedir os abusos da industria e da distribución, nin o paquete lácteo, nin a Lei de cadea alimentaria serviron para iso. Hoxe as industrias seguen a impoñer prezos e condicións. Resumindo, as políticas que dependían da Xunta foron un fracaso. Galicia é a novena potencia europea en produción de leite e a Xunta, gobernada polo PP, compórtase como unha correa de transmisión de políticas neoliberales. Sen embargo, na súa moción pódese ler entre liñas con toda claridade que a responsabilidade de todo isto son as gandeiras e gandeiros, precisamente o eslavón máis feble da cadea. Tomen nota do que fixo o goberno francés, que forzou unha negociación entre os sectores o cal significou unha suba de catro céntimos dos prezos. É pasar a Asturias e os gandeiros cobran tres céntimos máis. Se queren propoñer medidas, pidan ó seu partido que desenvolva unha política efectiva dende a Xunta e deixen de culpar ós que teñen que axudar. Por todos estes motivos pensamos que sobran as razóns para noso voto negativo a esta moción. En canto á moción do Partido Socialista, en xeral concordamos e terán un voto favorable. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Diputado. Polo Bloque Nacionalista Galego ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Toda argumentación e todo o problema que está, que existe, e a argumentación que está saíndo aquí con respecto ó sector leiteiro, e enlazada, digamos, e posta no seu sitio, é unha demostración, unha radiografía moi clara do que está a suceder con este país e do que está a suceder cun sector absolutamente decisivo na nosa economía, ou que, cando menos, debería selo. Aquí, que neste país que nace a herba hasta nas pedras, pois, resulta que as políticas que houbo no seu momento para modernizar ó sector vía concentración parcelaria, vía estímulos e demais, foron lentas, tarde e mal e, despois cando se dou o tratado de adhesión á Comunidade Económica Europea, obviamente, o que era como sector e o que era como país, como nación, en conxunto, o peso que tivo Galicia foi nulo por non dicir negativo, ¿non?, practicamente todos os sectores ían a sufrir duramente, e, dicía aquí, creo que o Sr. Crespo, claro, tivo as súas ventaxas e os seus inconvenientes, efectivamente, para outras áreas do Estado tivo as súas ventaxas para Galicia tivo os inconvenientes, ¿non?. Ben, primeiro tivemos que sufrir un sistema de cotas que levou a que mirando en lugares do Estado no que practicamente, bueno, primeiro, o montante global, ¿non?, que era deficitario con respecto ó consumo e segundo, que en lugares do Estado no que nunca viron unha vaca, de repente, pois, aparecen explotacións gandeiras. Eu tiven, xa o contei neste Pleno algunha vez, visto alí, na provincia de Cádiz, ó sur, unha explotación gandeira mirando a África, que nunca, eu creo, pregunteino e dixeron, non iso foi, iso foi con isto, bueno, non sei como dicían, co “gracejo” andaluz, pero nunca viran unha vaca de produción leiteira por alí nos séculos anteriores. Ben, agora desaparece o sistema de cuotas que estaba anunciado, e todos o coñecemos, pero o asunto ben de moito atrás, ben, que temos á gran parte do agro que podía producir, vamos, produción gandeira e leiteira, en particular, sen ningún problema porque é moi apta, pois, témola abandonada e, xusto onde se pode, digamos, o que resistiu, ¿non?, e o que está funcionando, producindo leite, pois, vénlle sachazo tras sachazo e, neste caso, pois vénlle o sachazo dos prezos. Claro, o último xa, que adorna todo o panorama, é que Estados Unidos ten uns intereses estratéxicos en que en Ucraína e máis Alemania, móntase o follón ese que se monta, que non vamos a valorar que tería tamén o seu interese, resulta que obriga á Unión Europea a poñer unhas sancións e quen o pagan son os gandeiros galegos, ¿non?, extraordinario, ¿non?, sempre ó final, pois, sempre rematan caendo os paus sobre quen non ten capacidade política nin, bueno, nin se fixo valer nas negociacións nin se sigue, segue sen facerse valer. Quero recordar tamén que, Vigo como comparación, aínda que non resolvería o problema de fondo, cando houbera problemas co da oliveira, practicamente, se converteu nun problema de Estado, foi un problema de Estado. Non sei, problemas co sector naval no seu momento, hoxe co, bueno, hoxe ou continuamente co agro en agonía, pois iso é un problemiña acá do noroeste-verde que, en fin, xa sabemos que son moi individualistas e que fan as cousas mal, pero, por se acaso non llas deixan facer ben, e, cando empezan a modernizarse ou a facelas ben, pois, véñenlle todos estes problemas. Pero con respecto ó sentido de voto das mocións, pois é francamente complicado, ¿non?, porque, efectivamente, hai un marco normativo que, practicamente, ou sexa, que é o que levou a esta situación, que é o que imposibilita tomar certo tipo de medidas, é verdade, é certo, pero nós non estamos de acordo con ese marco normativo, polo tanto, por aí non nos vai a causar ningún problema. Como é unha cuestión de posicionamento e de a quen se lle bota a culpa, obviamente, pois, non vamos a opoñernos, ¿non?, a que este Pleno dirixa a súa queixa, dúas cousas, o seu apoio ó sector e a súa queixa ou a súa demanda a quen pode, quen puidera ter, digamos, a capacidade parcial, cando menos, para actuar sobre, para resolver os problemas que actualmente ten o sector. Sra. Presidenta.- Ben, rematado ou pechado o debate das dúas mocións que se debateron conxuntamente entendo que o Portavoz do Grupo do Partido Socialista de Galicia-PSOE non admite que haxa unha moción conxunta e, polo tanto, poñemos a votación cada unha das mocións presentadas. Sr. Crespo Iglesias.- Si, digo que, aínda que sexa brevemente, un minuto, un minuto, non tardo máis. O que dixo o Sr. Jácome da Marea, home, non vou a entrar no que dixo porque eu creo que lle escribiron mal a chuleta, entendo que non teña moita idea deste campo pero, polo menos, o que non pode é afirmar unhas mentiras como que en Francia que é un prezo mínimo, eso é o que se vendeu, o propio Ministro desminteuno, a administración non interveu para nada nese prezo mínimo, senón os agricultores, senón non seguirían loitando, se estiveran todos de acordo. Polo tanto, é mentira o de Francia e, que dicir que nós non estamos preparados para o final da cotas, probablemente non todo o que debéramos, pero nós nin ninguén, porque este problema haino en Italia, haino en Alemania e sobre todo en Francia, en Portugal e en España. Polo tanto, é un problema de toda Europa e témolo que solucionar en conxunto e non individualmente. Polo tanto, señores do PSOE, a moción eu creo que a nosa é razoable e é posible, e creo que é o que hai que facer, e a de vostedes é un canto ó sol pero se a queren seguir mantendo, perfectamente a respecto. E con respecto ó que dixo o do BNG, Sr. Mosquera, recórdolle que cando vostedes gobernaron a Xunta tiveron a responsabilidade de Agricultura en catro anos, e eu lémbrome de ir falar persoalmente co Sr. Suárez Canal e propoñerlle que botara para adiante o Grupo lácteo galego e arrugouse. Polo tanto, non nos veñan dar leccións de que, xa sabemos que hai moito problema, haino en tódolos sitios, cando hai crise hai problema en tódolos sitios, pero non, precisamente o Bloque cando tivo responsabilidades de goberno, pois non se lle viron ningunha filigrana interesante que se poida dicir, e xa rematei. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Deputado. Sr. Santos, un minuto. Sr. Rodríguez Díaz.- Muchas gracias Presidenta. Non, simplemente que, certamente na moción que presenta o Sr. Crespo, do Partido Popular, a culpa é de todo o mundo menos da Xunta de Galicia e de Feijoo, e claro, cando vostedes dicen, seguir tomando medidas e facendo cousas para mellorar, vostedes á vista do éxito nestes dez meses, ou non fixeron nada ou o que fixeron o empeorou este sector. Polo tanto, nós si que propoñemos un plan de choque con medidas concretas que ademais o propio sector foi o que nolo pediu que o fixéramos así. E creo que é o que debemos facer neste caso porque, dende logo, están nunha situación dramática, necesitan de forma urxente este plan de choque e deixarse xa de estar falando e botar balóns fóra, como fai o Sr. Feijoo, que non goberna ocupa o poder. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Rematado o debate, polo tanto, pasamos á votación das mocións presentadas. En primeiro lugar, a moción do Grupo Provincial do Partido Popular relativa á defensa do Sector lácteo galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobada por once votos a favor, catro abstencións e once votos en contra. Non, once-dez, once-dez. Perdón, é que polo Partido Popular hai once, non están os doce, polo tanto, hai un empate, hai once votos en contra, dez do Partido Socialista e un do Grupo Mixto, hai once a favor do Grupo Popular e hai catro abstencións, o voto de calidade da Presidenta en contra, polo tanto, queda rexeitada a moción do Grupo Provincial do Partido Popular. O Pleno acorda por maioría, cos votos en contra do PSdeG-PSOE, co voto de calidade da Sra. Presidenta, e de Coalición Electoral SON, cos votos a favor do PP e coas abstencións do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular propoñendo medidas de apoio ó sector lácteo. 4.6649.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE RELATIVA Á DEFENSA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO Sra. Presidenta.- Pasamos a votar o punto catro. Moción do Grupo Provincial do Partido Socialista de Galicia-PSOE, relativa á defensa do Sector lácteo galego. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobada por quince votos a favor e once en contra. Secretario, seguimos coa orden do día. Sra. Arévalo Gómez.- Si, lle pido por última vez, por última, hoxe aquí hai 1.500 persoas que queren ter a … Sra. Presidenta.- Seguimos coa orden do día. Escóitanse asubíos e berros. O Pleno acorda, por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e de Coalición Electoral SON e cos votos en contra do PP, aprobar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE relativa á Defensa do sector lácteo galego. Dita Moción é como segue: “O Grupo Socialista da Deputación de Pontevedra, ó amparo do establecido no regulamento, solicita a tramitación da seguinte Moción no pleno da Deputación de Pontevedra para a Defensa do Sector lácteo galego. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS As explotacións produtoras de leite de Galicia pasan por unha situación límite con ameazas de non recollida da súa produción, prezos ruinosos, a imposición de condicións abusivas por parte da industria así como a utilización de leite como produto reclamo pola distribución. Moitas comarcas de Galicia viven da produción do leite que é sostén económico de miles de familias que viven no medio rural. Non ten explicación que nun país deficitario en produción de leite que precisa importar case un terzo da que consume, se produzan situacións como deixar de recoller un produto perecedeiro nas zonas onde ademais se paga barato. Máis de tres mil contratos teñen prezo por debaixo dos custes de produción. Elo inflúe no resto do mercado galego no que se observan movementos empresariais de deslocalización. A situación de emerxencia que vive o sector require actuacións urxentes. Por todo iso o Grupo Socialista formula os seguintes acordos para a súa aprobación pola corporación da Deputación Provincial de Pontevedra: MOCIÓN Instar ó Goberno de España a que con carácter urxente poña en marcha un plan de choque en coordinación coa Xunta de Galicia para normalizar a situación do sector produtor de leite que inclúa: 1. Unha actuación de emerxencia en Galicia de retirada polo menos de corenta mil toneladas de leite que se comercializa ó prezo máis baixo, para destinar a organizacións humanitarias e bancos de alimentos, pagando a un prezo superior ó do custe de produción. 2. Accións urxentes para impulsar a declaración de nulidade dos contratos con custe inferior ó límite na franxa 28-26 cts./l. 3. Plan para poñer fin á utilización do leite como produto reclamo pola gran distribución e a súa banalización. 4. Medidas para equilibrar as relacións de negociación entre produtor-industria-distribución: a) Impulso dunha verdadeira negociación colectiva dos elementos do contrato. b) Regulación da actividade dos primeiros compradores garantindo a súa solvencia a través do aval que impida o abandono de gandeiros cos que manteñen contrato. c) A creación dun sistema de Mediación en caso de conflito ou indefensión do produtor. d) Regular as subhastas a cegas para evitar baixas temerarias. e) Fortalecer os mecanismos de inspección e control que aseguren o cumprimento dos contratos e eviten os abusos de posición ou acordos para impoñer prezos baixos.” Nestes intres auséntanse do Pleno as/os Deputadas/os do Grupo Provincial do Partido Popular. 5.6650.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PSdeG-PSOE EN RELACIÓN CO NOVO HOSPITAL DE VIGO Sra. Presidenta.- Punto cinco, Secretario. Sr. Secretario.- Punto quinto, Moción del Grupo Provincial … Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Os Deputados do Partido Popular marchan para non estar presentes no debate do Hospital de Vigo, do Hospital de Vigo. Escóitanse aplausos. Sra. Presidenta.- Os que destrúen o emprego de España e os salarios marchan aplaudidos. Escóitase falar por parte do público. Sra. Presidenta.- Quero facer constar, quero facer constar en Acta que o Grupo de Deputados Provinciais do Partido Popular marchan para non ter que escoitar que están poñendo en peligro a vida das persoas no Hospital de Vigo. Que conste en Acta Sr. Secretario que os Deputados Provinciais do Partido Popular abandonan o Pleno da Deputación para non ter que escoitar que están a poñer en peligro a vida dos pacientes que teñen que ser atendidos polo Hospital Xeral, perdón, polo novo Hospital de Vigo. Escóitase falar por parte do público. Sra. Presidenta.- E tamén que conste en Acta que o Partido Popular forma parte do Goberno de España e da Xunta de Galicia que ten feito que os traballadores teñan perdido todos os seus dereitos, o Partido Popular que hoxe abandona este Sala, que quede claro e que conste en Acta. Seguimos Secretario. Sr. Carlos Font, ten a palabra. Logo, se quere, a atendo a vostede sen ningún problema cando remate o Pleno, que quede moi pouco, a atendo e a escoito todo o que vostede queira, non teña ningunha dúbida. Pero non vou consentir que neste Pleno o Partido Popular, o Partido que está en contra dos traballadores, recortando todos os seus dereitos, intente manipular ós traballadores que teñen problemas, non o vou consentir, que quede claro. Sr. Font, ten a palabra. Sr. López Font.- Gracias Presidenta, bo día a todos e todas. Que vergoña!, que vergoña!. O PP sempre fai o mesmo, o PP cando non quere debatir un tema tan importante para os cidadáns como es el del Hospital de Vigo o que fai é abandonar as institucións, o que fai é abandonar un Pleno democrático como este, que han tratado de boicotear desde o primeiro momento, ese é o PP, non quería escoitar o que temos que dicir sobre o Hospital de Vigo, esto xa o fixeron en Vigo, esto o fan en moitos dos axuntamentos nos que ten representación, pero non nos van a facer calar. A sanidade é un dereito básico e ademais apreciado polos cidadáns. La consecución de la universalidade, de la calidade y de la gratuidade es, sin duda, el logro máis importante de nuestra democracia e xa fai anos, el Partido Popular ha destrozado, literalmente, ese derecho en Galicia y especialmente en el área sur de Pontevedra. É o único responsable o Partido Popular. A necesidade histórica dun hospital para Vigo e a súa área sanitaria, el PP lo ha convertido en un negocio, con mayúsculas, en un negocio, un hospital privado que ahora que entra en funcionamiento comprobamos el modelo de negocio. Se decía anteriormente por parte do representante da Plataforma da Sanidade Pública, lo que costaba 450.000.000€ pasa a costar 1.350.000.000€. Isto non é unha afirmación miña, isto é un DOGA, boletín oficial. ¿Quen paga esa diferencia?. Os cidadáns, la pagan os cidadáns, porque aquí hai que ponerle nome ás cousas, o goberno de Emilio Pérez Touriño tiña un hospital público por 450.000.000€ con financiación pública, o goberno de Núñez Feijoo ten un hospital privado concesionado por 1.350.000.000€, esa é a diferencia entre o Partido Popular e nós, esa é a diferencia entre un hospital privado y lo diremos mil veces y un hospital público. Por riba de todo esto, para dar una peor calidad asistencial, una inseguridad total sobre esa calidad asistencial, se dixo anteriormente, la pérdida del laboratorio central y de servicios son un escándalo, a redución de camas, 541 camas, é un dato escalofriante, se perden los centros de alta resolución, isto é unha auténtica estafa política. E xa non falemos do traslado que se está producindo, lo ponían como modélico, decían que iban a terminar en pocos días y, precisamente, en lo más importante que es a atención ós enfermos é donde o Partido Popular lo que ha hecho es que todos os cidadáns da área sur, da área sanitaria de Vigo o que teñan é medo a entrar no novo Hospital de Vigo, medo, o peor que pode pasar a un cidadán, a un ciudadano, é que ó entrar nun hospital teñan medo. Pero este é o modelo do PP, e o modelo do PP hai que definirlo claramente, construír un hospital para favorecer al beneficio empresarial. Por eso hai que pagar o aparcamento, unha de las joyas de este negocio, ¿como es posible que un hospital que dicen eles que é público haya que pagar o aparcadoiro?. É falso que sexa público, este aparcamento debe de ser de todos os cidadáns, porque somos todos os que estamos pagando e se entrega a unha empresa privada para facer negocio, é máis, sen opción de aparcar fóra, non existe outro caso igual nunha instalación hospitalaria. Onte, a Presidenta desta Deputación denunciaba que a sanidade no puede ser un negocio, Feijoo lo despachó, con la prepotencia que lle caracteriza, acusando de politización estas e outras declaracións, solo oito horas más tarde duascentas mil voces, digo ben, duascentas mil voces de cidadáns le daban la razón, lle daban a razón á Presidenta desta Deputación. Y, le decían a Feijoo que quen non debe politizar a sanidade es él y le decían también, lle decían tamén, que con la salud de los Pontevedreses non se xoga, isto é o que ocurrió ayer y esto es lo que la Sra. Arévalo y el grupo municipal, el grupo provincial, perdón, do Partido Popular, non querían ver. “Vigo se echa a la calle por la desfeita del nuevo hospital”, es toda la prensa, “Vigo reclama un hospital 100% público”, “Clamor en defensa de la sanidad pública”, “Una gran manifestación sale en defensa de la sanidad pública en Vigo”, “Miles de personas se manifiestan en Vigo”. A todo esto podríamos acompañar todas as fotos tan significativas de lo que era la manifestación en el día de ayer. Ahora comprobamos la baja calidad de la construcción, da instalación do hospital, porque o importante, como dicía anteriormente, é o negocio. La falta de medidas que garanticen la calidad porque lo importante es el negocio, como dicía anteriormente, se presumía un traslado ejemplar dando fechas y lo único que hai en los ciudadáns é medo, medo a ter que ir al nuevo hospital. Eso en política, tengan seguro, señores del PP, non se perdoa. El PP siempre ha estado en contra dos cidadáns, lo estuvo ayer y lo ha estado hoy abandonando este Pleno, a pesar de que moitas cousas han cambiado desde que presentamos la moción, la moción, basicamente, lo que solicita es un aparcadoiro gratuíto de inmediato, un plan específico de transporte para o novo hospital e claramente que se revogue a concesión do hospital. Pero hai algo máis que queremos pedir a este Pleno e que queremos engadir “in voce” y es la dimisión, la petición de dimisión da Conselleira de Sanidade, Sra. Mosquera. ¿Alguen de los que estamos aquí, pode imaginarse que o luns, todavía, la Sra. Mosquera sea Conselleira de Sanidade e dirixa os destinos sanitarios da Comunidade Galega?. No nos lo podemos imaginar nadie, por lo tanto, también pedimos esa petición. En suma, y ayer se comprobó, co clamor dos que estaban na manifestación de Vigo, tenemos, temos un hospital privatizado, recortado en servicios, sin solución para listas de espera e urxencias, sen calidade asistencial, con todos los copagos, como se dijo anteriormente, y es bueno saber que Vigo es hoy, hoxe, un experimento para la Xunta de Galicia pero que mañana puede ser el resto de la provincia. Pobre Álvaro Cunqueiro, menudo favor le han hecho. Gracias. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Font. ¿Algún membro …? Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Ben, eu creo que está case todo dito e creo que, incluso, en voz alta e clara, e firme, e contundente, ¿non?, coa manifestación de onte e coa intervención do Portavoz da Plataforma neste Pleno, ¿non?. Ben, ó que quería facer referencia é que nós en Pontevedra, tivemos que tomar, digo, o goberno local de Pontevedra, tivemos que tomar unha decisión moi forte, ¿non?, que era se se aceptaba ir por un hospital deste tipo ou, bueno, se mantiña ou se ampliaba, ou se conservaba, digamos, o que había, ¿non?. Evidentemente, non é fácil tomar unha decisión dese tipo, ¿non?, sempre, houbo un período aquí en que todo o había que facer grandes cousas, todas novas, ¿non?, o exemplo máis tremendo que conocemos foi o do Gaiás pero pequenos “gaiases” hai en cantidade, ¿non?. Ben, creo que visto o que sucedeu é que, obviamente, pois non …, en fin, non éramos adiviños para saber que iba a suceder pero visto o que sucedeu parece que está claro que foi a decisión correcta, ¿non?. Os hospitais son moi caros, os hospitais son difíciles de botar a andar e se aínda por riba se quere facer negocio con eles, pois, obviamente, unha de dúas, ou se recorta o hospital e se perde servizos ou se encarecen, non hai outra maneira, ¿non?. E o que está a pasar co de Vigo, pois é exactamente, bueno, o que era previsible, obviamente vamos a votar a favor. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. Non habendo máis solicitudes de palabra procedemos á votación da Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co novo Hospital de Vigo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿Votos a favor?. Queda aprobada por unanimidade. Continuamos Sr. Secretario coa orden do día. O Pleno acorda, por unanimidade dos grupos presentes, PSdeG-PSOE, BNG e Coalición Electoral SON, aprobar a Moción do Grupo Provincial do PSdeG-PSOE en relación co novo Hospital de Vigo. Dita Moción é como segue: “O Grupo Socialista da Deputación de Pontevedra, ó amparo do establecido no regulamento, solicita a tramitación da seguinte Moción no Pleno da Deputación de Pontevedra. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A privatización do novo hospital de Vigo cuxo financiamento e xestión adxudicouse a unha concesionaria privada integrada por empresas construtoras, multinacionais e fondos de investimento internacional multiplicou o custo final desta infraestrutura, chegando a superar os 1.350 millóns de euros para pagar en 20 anos, a pesar de que, estaba previsto inicialmente construílo pola Sociedade Pública de Investimentos (SPI) por un total de 450 millóns. Malia o incremento orzamentario, non se resolveron nin a resolución do déficit de recursos, ou a mellora nas listas de espera, nin se lle dá unha solución a un servizo de urxencias permanentemente saturados, senón que, co beneplácito do SERGAS, este sobrecuste só serviu para introducir unha serie de recortes no proxecto inicial que terían que ter sido considerados inadmisibles pola administración contratante das obras. A perda dos servizos de oncoloxía, radioterapia, cirurxía torácica, neurocirurxía, cirurxía plástica, cirurxía pediátrica, cardioloxía intervencionista e cirurxía cardíaca, así como as reducións das camas de hospitalización convencional nun 31,80%, dos quirófanos nun 31,40%, dos servizos de urxencias nun 55,50% ou de radioloxía nun 45,70%, así como a desaparición do laboratorio central que estaba deseñado no proxecto inicial, impiden que este novo hospital se poida converter no centro de referencia de toda a área sanitaria de Vigo. Ademais, a supresión dos dous centros de alta resolución previstos no plan funcional, nos anexos do edificio do actual Hospital Xeral ou no do Morrazo, veñen a agravar esta situación de descontrol e improvisación na xestión e administración do Novo Hospital. A esta situación tamén tense que sumar os recortes xa adoptados polo goberno da Xunta de Galicia que privan a este novo hospital do seu carácter estratéxico que o equiparaba ós hospitais do norte de Galicia ó suprimirse os módulos de docencia, investigación, rehabilitación, ou o hotel de pacientes e as 160 camas de coidados mínimos intermedios. A sanidade é un servizo público fundamental polo que non debe estar ligada á busca do beneficio empresarial. Por iso formúlase a recuperación da concesión garantindo con iso que o novo hospital de Vigo sexa cen por cento público. Cabe destacar por outro lado que, sen alternativas de balde, se constrúe un aparcadoiro no que terá que estacionar non só o persoal senón tamén os usuarios do hospital ou as familias das persoas enfermas. Estase a obrigar ás persoas usuarias do hospital a pagar por aparcar sen que exista outra alternativa o que supón un copago encuberto da asistencia sanitaria que defendemos que debe ser universal, pública e gratuíta. Polo anteriormente exposto, o Grupo provincial do PSdeG-PSOE propón para a súa aprobación a seguinte: MOCIÓN Instar á Xunta de Galicia a: 1. Asumir o custo de mantemento, conservación e explotación do aparcadoiro construído na contorna do hospital e que se instaure a súa gratuidade de maneira inmediata. 2. Que implante un plan específico de transporte para o novo hospital con conexión a todos os concellos da rede sanitaria para que se atenda a toda a cidadanía con criterios claros de equidade. 3. Que se revogue a concesión do hospital xa que este hospital non é nin polo seu modelo de construción público privado nin polos recursos implantados o que os cidadáns necesitan nin moito menos o que estaba previsto. 4. A dimisión da Conselleira de Sanidade.” B) Parte de información e control: 6.6651.- DAR CONTA DO INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE ÓS MESES DE XUÑO E XULLO DE 2015 Sra. Presidenta.- ¿Hai observacións?. Queda dada conta. ¡Ai si, hai observacións!. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, só unha observación auditiva e que como a Presidenta non lle dá ó botón para que entre a conexión o do Secretario nunca escoitamos nada. Sra. Presidenta.- Gracias pola apreciación Sr. Mosquera. Un pouco de distensión neste Pleno nos vén moi ben. Moitas grazas. Así que lle paso agora de novo a palabra ó Secretario pero vou pulsar. O Sr. Interventor expón ó Pleno que a Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as comunidades autónomas e as corporacións locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministración de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ós meses de xuño e xullo de 2015, que se expoñen a continuación: PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES XUÑO 2015 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Xuño -14,2325182802 15.679.773,94 36,0993729332 878.289,26 -11,56276404 Escola de Enfermería Xuño 0,0000000000 0,00 0,0000000000 0,00 0 Consorcio de Incendios e Salvamento Xuño -4,0042961961 219.682,71 0,0000000000 0,00 -4,004296196 TOTAL Xuño 15.899.456,65 878.289,26 -11,46379575 PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES XULLO 2015 Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Xullo -16,2740737907 5.781.889,60 42,3416447412 853.334,37 -8,735698678 Escola de Enfermería Xullo 0,8134409453 5.751,53 0,0000000000 0,00 0,813440945 Consorcio de incendios e salvamento Xullo -10,8715581898 518.090,02 0,0000000000 0,00 -10,87155819 TOTAL 6.305.731,15 853.334,37 -8,88259569 O Pleno queda enterado do contido do informe do período medio de pago a provedores correspondente ós meses de xuño e xullo de 2015 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento, en relación ó disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Presupostaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. 7.6652.- DAR CONTA DO INFORME DE CUMPRIMENTO DURANTE O 2º TRIMESTRE DO 2015 DOS PRAZOS DE PAGO DE OBRIGAS EN RELACIÓN CO DISPOSTO NA LEI 3/2004, DE 29 DE DECEMBRO, POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE LOITA CONTRA A MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS Sr. Secretario.- Dar cuenta do informe de cumplimiento durante o 2º semestre do presente ano dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Sra. Presidenta.- ¿Observacións?. Pois queda dada conta. A Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais establece no seu artigo 4º que as corporacións locais elaborarán un informe trimestral sobre o cumprimento dos prazos para o pago das obrigas previstos en dita lei, informe que debe remitirse ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda, e, no seu respectivo ámbito territorial ó das Comunidades Autónomas que teñan atribuída a tutela financeira das entidades locais. Dita información poderá ser utilizada polas Administracións receptoras para a elaboración dun informe periódico e de carácter público sobre o cumprimento de prazos para o pago por parte das Administracións Públicas. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe de cumprimento pola Deputación de Pontevedra e as entidades locais Escola Universitaria de Enfermería e Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento dos prazos para o pago das obrigas correspondente ó 2º trimestre de 2015, que se expón a continuación: INFORME DE CUMPRIMENTO DE PRAZOS PARA O PAGO DE OBRIGAS CORRESPONDENTE Ó 2º TRIMESTRE DE 2015 1. Con referencia á data de rexistro da factura Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio Pago (PMP) (días) Período Medio de Pago Excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 26 31 3.869 19.952.855,77 € 444 6.398.373,37 € Escola de Enfermería 23 3 1.939,24 € Consorcio de Bombeiros 25 5 440.420,91 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio Pendente Pago (PMPP) (días) Período Medio pendente Pago Excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº opera-cións Importe total Nº operacións Importe Total Deputación de Pontevedra 37 88 850 4.772.035,31€ 172 2.008.726,27 € Escola de Enfermería 21 5 3.964,12 € Consorcio de Bombeiros 28 5 280.083,48 € 2. Con referencia á data da factura Pagos realizados: Pagos realizados Período Medio Pago (PMP) (días) Período Medio Pago Excedido (PMPE) (días) Pagos realizados no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº Pagos Importe total Nº Pagos Importe total Deputación de Pontevedra 44 30 2.868 11.073.348,26 € 1.448 15.278.873,39 € Escola de Enfermería 27 3 1.939,24 € Consorcio de Bombeiros 28 4 4 440.313,82 € 1 107,09 € Facturas pendentes de pago: Facturas pendentes de pago Período Medio Pendente Pago (PMPP) (días) Período Medio Pendente Pago Excedido (PMPPE) (días) Pendentes de pago no período Dentro período legal prazo Fóra período legal prazo Nº opera. Importe total Nº opera. Importe total Deputación de Pontevedra 52 89 1.025 3.986.810,38€ 352 3.527.884,22€ Escola de Enfermería 16 6 5.751,53€ Consorcio de Bombeiros 20 62 4 441.921,23€ 3 59.320,36€ 3. Intereses de demora pagados Intereses de demora pagados Número de pagos Importe total intereses Deputación de Pontevedra 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0,00 € 4. Facturas con máis de tres meses da súa anotación no Rexistro de facturas e pendentes de recoñecemento da obriga Facturas con máis de 3 meses da súa anotación no Rexistro de facturas pendentes do recoñecemento da obriga Período Medio de Operacións Pendentes de Recoñecemento da Obriga (PMOPR) (días) Pendentes de recoñecemento de obriga no período Nº operacións Importe total Deputación 0 0 0,00 € Escola de Enfermería 0 0 0,00 € Consorcio de Bombeiros 0 0 0,00 € O Pleno queda enterado do contido do informe de cumprimento, pola Deputación de Pontevedra, a Escola Universitaria de Enfermería e o Consorcio Provincial contraincendios e salvamento, durante o 2º trimestre de 2015 dos prazos de pago de obrigas en relación co disposto na Lei 15/2010 de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. 8.6653.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADO POR D. RAFAEL LOUZÁN ABAL Sr. Secretario.- Renuncia ó cargo de Deputado provincial presentada por D. Rafael Louzán Abal. Sra. Presidenta.- ¿Algunha observación ó respecto?. Dada conta do escrito presentado con data 1 de setembro de 2015 (con rexistro de entrada nº 2015093344) por D. Rafael Louzán Abal, Deputado Provincial polo Partido Popular elixido en representación do Partido Xudicial de Cambados, nas eleccións celebradas no ano 2015, polo que renuncia ó cargo de Deputado Provincial. Resultando que a Xunta Electoral de Zona de Cambados proclamou no seu momento Deputados Provinciais suplentes polo Partido Xudicial de Cambados en representación do Partido Popular a Dona María Salomé Peña Muñiz, Dona María Deza Martínez e D. Javier Tourís Romero, respectivamente e pola orde indicada. Considerando o disposto nos artigos 9,4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 9 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. Rafael Louzán Abal, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, con indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da acta da Xunta Electoral de Zona de Cambados corresponde cubrir a vacante a Dona María Salomé Peña Muñiz. 9.6654.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sr. Secretario.- Punto noveno, dar conta de Resolucións Presidenciais. En primer lugar, los extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de xuño e o 31 de agosto. Así mismo, una Resolución por la que se concede el réximen de dedicación exclusiva ós Deputados D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Figueroa Vila e D. Carlos López Font. Y otra Resolución en relación con las competencias respecto a la autorización y compromiso del gasto en materia de subvenciones y gastos de personal, y de gastos ordinarios a favor de la Sra. Presidenta. Sra. Presidenta.- ¿Observacións?. Pois queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 23 de xuño e o 31 de agosto do ano 2015 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 28 de agosto de 2015, en relación coa delegación de atribucións en determinados deputados. C) De Resolución Presidencial de data 1 de agosto de 2015, concedendo o réxime de dedicación exclusiva ós deputados D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Figueroa Vila e D. Carlos López Font. 10.6655.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E por último. Sr. Secretario.- Rogos e Preguntas. Sra. Presidenta.- Pois, non habendo Rogos e Preguntas se levanta a sesión. E quero, por último, plantexar que espero que en próximos Plenos se respecte a esta Institución que é unha Institución elixida, perdón, democrática, unha Institución que merece que o conxunto dos vinte e sete Deputados a respectemos, non a utilicemos e non manipulemos cal é o comportamento que debe ter un bo político. Hoxe aquí houbo unhas moi malas prácticas políticas por parte dos Deputados do Grupo Provincial do Partido Popular. Pero, en todo caso, esa forma de actuar sempre se volve en contra de quen a usa. Bos días. Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e dez minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota