ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2017-09-22_Extraordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.44.400/1.2017-09-22_Extraordinaria

  • Título Acta de sesión 2017-09-22_Extraordinaria

  • Data(s) 2017-09-22 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión extraordinaria, en substitución de ordinaria de agosto, en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 22 de setembro do 2017 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas do día vinte e dous de setembro do ano dous mil dezasete, baixo a presidencia da Ilma. Sra. Presidenta Dona María del Carmen Silva Rego (PSdeG-PSOE), reuníronse as/os Señoras/es deputadas/os electos Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Julio Alén Montes (PP), Don Luis Aragunde Aragunde (PP), Dona Nidia María Arévalo Gómez (PP), Don Javier Bas Corugeira (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Dona Consuelo Besada Lores (PSdeG-PSOE), Dona Belén Cachafeiro Anta (PP), Don Francisco Javier Dios Pomares (PSdeG-PSOE), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Xosé Lois Jácome Enríquez (COALICIÓN ELECTORAL SON), Don Xosé Leal Fariña (BNG), Don Carlos López Font (PSdeG-PSOE), Dona María Monserrat Magallanes Álvarez (PSdeG-PSOE), Don Angel Moldes Martínez (PP), Don Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo (BNG), Dona Elena Muñoz Fonteriz (PP), Dona María Salomé Peña Muñiz (PP), Dona María Luisa Piñeiro Arcos (PP), Don David Regades Fernández (PSdeG-PSOE), Dona Digna Rosa Rivas Gómez (PSdeG-PSOE), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Enrique Sotelo Villar (PP), Don Ramiro Varela Peón (PP) e Dona Eva María Villaverde Pego (BNG), co obxecto de celebrar sesión extraordinaria, en substitución de ordinaria de agosto, do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sra. Presidenta.- Comezamos a sesión extraordinaria do Pleno da Deputación Provincial deste día 22 de setembro de 2017. 1.6995.- ACTAS ANTERIORES Sra. Presidenta.- Na orde do día, no punto primeiro: Aprobación dos borradores das actas das sesións anteriores, ordinarias, dos días 30 de xuño e 28 de xullo, e tamén a extraordinaria do día 28 de xullo de 2017. ¿Hai algunha aclaración?. A aprobamos polo tanto por unanimidade. Acórdase, por unanimidade, aprobar os borradores das actas das anteriores sesións, ordinarias, dos días 30 de xuño e 28 de xullo, e da sesión extraordinaria do día 28 de xullo, de 2017. a) Parte resolutiva: 2.6996.- APROBACIÓN DO PROXECTO E ACEPTACIÓN DA SUBVENCIÓN E DOS COMPROMISOS DE EXECUCIÓN DO PROXECTO IN 4.0 (EAPA 383/2016), COFINANCIADO POLO FEDER NUN 75%, DENTRO DA CONVOCATORIA DE AXUDAS DO PROGRAMA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL INTERREG ESPAZO ATLÁNTICO 2014-2020 Sra. Presidenta.- Na parte resolutiva, no punto 2 da orde do día: Aprobación do proxecto e aceptación da subvención e dos compromisos de execución do proxecto IN 4.0, cofinanciado polo Feder no 75%, dentro da convocatoria de axudas do programa de cooperación territorial Interreg Espazo Atlántico 2014-2020. ¿Algunha intervención?. Sometemos a votación. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. ANTECEDENTES: En base á convocatoria 2016 de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg Espazo Atlántico para o período 2014-2020, Dona María del Carmen Silva Rego en calidade de Presidenta da Deputación de Pontevedra e con poder suficiente procede a realizar coa súa firma dixital, presentou unha candidatura de Manifestación de Interese (MDI) do proxecto con código EAPA_383/2016 (IN 4.0) e título “ADAPTATION OF INDUSTRY 4.0 MODEL TO THE NAVAL SECTOR” á primeira fase cuxa documentación foi tramitada electronicamente. Posteriormente recíbese unha comunicación da Autoridade de Xestión na que se notifica que o Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Territorial Interreg Espazo Atlántico 2014-2020 acordou seleccionar para a segunda fase a candidatura (en fase de Manifestación de Interese) do proxecto da Deputación de Pontevedra. Para esta segunda fase debe desenvolverse e completarse a idea do proxecto, que se presenta dentro do prazo concedido para iso. Unha vez presentada a documentación necesaria esixida para esta segunda fase, recíbese unha nova comunicación electrónica asinada polo Vogal Executivo da Autoridade de Xestión do Programa Espazo Atlántico, que se rexistra con data de 31 de xullo de 2017, na que se notifica a decisión do Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Territorial Interreg Espazo Atlántico 2014-2020, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), na súa reunión do 04/05/2017 e 05/05/2017 en Porto, acordou a concesión dunha axuda FEDER de 1.913.664,12 euros, sobre un orzamento total de 2.551.552,14 euros, ao proxecto EAPA_383/2016 (IN 4.0) e título “ADAPTATION OF INDUSTRY 4.0 MODEL TO THE NAVAL SECTOR”, do cal a Deputación de Pontevedra é o Beneficiario Principal. Nesta mesma comunicación recóllese o importe total elixible das actuacións da Deputación de Pontevedra que ascende a 367.832,50 € (dos cales o 75% corresponde ó cofinanciamento do FEDER). LEXISLACIÓN APLICABLE: Marco Estratéxico: - Estratexia Europa 2020 Estratexia global da Unión Europea para un crecemento intelixente, sostible e inclusivo. - Axenda Territorial da Unión Europea para o 2020. Para unha Europa intelixente, sostible e inclusiva de diversas rexións, Maio de 2011. Documento de política estratéxica sobre a cohesión territorial na Unión Europea. - Sexto informe sobre a Cohesión Económica, Social e Territorial Inversión en crecemento e emprego. Promover o desenvolvemento e a boa gobernanza nas rexións e cidades da UE, Comisión Europea, Xullo de 2014. - Plano de Acción para unha Estratexia Marítima no Espazo Atlántico Plano de Acción da Comisión Europea - Promover un crecemento intelixente, sostible e inclusivo. - Directiva Marco sobre a Estratexia Marina e Directiva para a Ordenación do Espazo Marítimo Lexislación importante para o Espazo Atlántico, especialmente relevante no contexto da cooperación transnacional. Marco Legal: - Regulamento (UE) Nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de inversión en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) no 1080/2006. - Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos. - Regulamento (UE) nº 1299/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións específicas relativas ao apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) ao obxectivo de Cooperación Territorial Europea. - Regulamento Delegado (UE) Nº. 481/2014 polo que se completa o Regulamento (UE) Nº 1299/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta ás normas específicas de elixibilidade dos gastos dos programas de cooperación. - Regulamento de Execución (UE) N° 821/2014 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) Nº. 1303/2013. - Programa de Cooperación Territorial INTERREG Espazo Atlántico para o período 2014-2020. - Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas (LPACAP). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). - Bases de execución do Orzamento Provincial. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: Tal e como se establece no artigo 6 da LXS, as subvencións financiadas con cargo a fondos da Unión Europea rexeranse polas normas comunitarias aplicables en cada caso e polas normas de desenvolvemento ou transposición daquelas, sendo de aplicación supletoria a LXS. O Regulamento (UE) nº 1299/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións específicas relativas ao apoio do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional ao obxectivo de Cooperación Territorial Europea, establece no seu artigo 2, que o obxectivo de cooperación territorial europea apoiará a cooperación transfronteiriza entre rexións adxacentes para favorecer o desenvolvemento rexional integrado entre rexións veciñas fronteirizas. Á súa vez, o artigo 3 do mesmo Regulamento sinala que poderán beneficiarse do financiamento comunitario as rexións de nivel NUTS 3 da Unión ao longo das fronteiras terrestres e marítimas. Por outra banda, o artigo 9 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas aos Fondos Estruturais e de Investimentos Europeos, dispón os obxectivos temáticos que apoiarán os devanditos fondos no período de programación 2014-2020. Neste contexto normativo, presentouse o Programa de Cooperación Territorial INTERREG Espazo Atlántico para o período 2014-2020, que foi aprobado pola Comisión Europea o 17 de novembro de 2015. Recibida a notificación de concesión da subvención para o proxecto EAPA_383/2016 (IN 4.0) e título “ADAPTATION OF INDUSTRY 4.0 MODEL TO THE NAVAL SECTOR”, no marco do Programa Operativo de Cooperación Territorial INTERREG Espazo Atlántico, procédese á aprobación do proxecto e á aceptación da subvención por parte da Deputación de Pontevedra. Obxectivos do proxecto: O proxecto EAPA_383/2016 (IN 4.0), persegue os seguintes obxectivos: - Validar os principais problemas ou barreiras xa identificados que impiden ó sector naval a transformación do seu modelo de negocio en 4.0 e propoñer novas solucións. - Determinar o grado de maduración das tecnoloxías existentes, susceptibles de ser implantadas nas PIMES do sector. - Transformar os sistemas de organización do traballo, coñecemento e comercialización cara unha industria 4.0. - Capacitar ós traballadores do sector naval en novos traballos/tarefas para transitar cara un modelo 4.0. - Deseño de estratexias innovadoras para economizar custos na implantación de tecnoloxías e detección de novos métodos de comercialización. - Implementación práctica das innovacións deseñadas no marco do proxecto nas PIMES seleccionadas das rexións participantes no proxecto. Como resultados a alcanzar do proxecto destacan: - Desenvolvemento dun plan de sustentabilidade e a transferencia dos resultados. - Adaptación a un novo modelo produtivo 4.0. - Definición de novas funcións para os diferentes traballos, así como levar a cabo accións de formación. - Identificación e desenvolvemento de novos métodos de comercialización no sector, así como estratexias innovadoras para aforrar custos na implementación de tecnoloxías. - Asesoramento para a transformación de empresas navais en empresas intelixentes. - Levarase a cabo un programa piloto de asesoramento con dúas empresas de cada país, co obxectivo de cambiar o modelo tradicional de construción ou reparación en un 4.0. Na citada convocatoria do Espazo Atlántico 2014-2020 regúlanse, entre outros aspectos, o obxecto e a finalidade das axudas, as entidades beneficiarias, o financiamento, a instrución e a resolución do procedemento, así como normas sobre o prazo de execución, publicidade e control. Partenariado O Beneficiario Principal do proxecto é a Deputación de Pontevedra (cun orzamento elixible de 367.832,50 € e unha subvención FEDER de 275.874,38 €), sendo tamén Beneficiarios do proxecto a Bretagne Pôle Naval (cun orzamento elixible de 292.587,20 €), Cork Institute of Technology (cun orzamento elixible de 270.693,33 €), Fórum Oceano– Associação da Economia do Mar (cun orzamento elixible de 152.060,83 €), Asociación Cluster del Naval Gallego (cun orzamento elixible de 269.198,33 €), University of Strathclyde (cun orzamento elixible de 301.260,83 €), Foro Marítimo Vasco (cun orzamento elixible de 251.833,33 €), Pôle de compétitivité EMC2 (cun orzamento elixible de 176.509,13 €), Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (cun orzamento elixible de 318.743,33 €) e High Speed Sustainable Manufacturing Institute Ltd. (cun orzamento elixible de 150.833,33 €). Prazos e orzamentos No tocante ós períodos de execución do proxecto desenvolverase entre o 1 de abril de 2017 e o 28 de marzo de 2020. Polo que respecta ás condicións económicas de aprobación do proxecto, son as seguintes: BENEFICIARIO CUSTE TOTAL ELIXIBLE FEDER APROBADO % COFINANCIACIÓN Deputación de Pontevedra 367.832,50 € 275.874,38 € 75% Bretagne Pôle Naval 292.587,20 € 219.440,40 € 75% Cork Institute of Technology 270.693,33 € 203.020,00 € 75% Fórum Oceano– Associação da Economia do Mar 152.060,83 € 114.045,62 € 75% Asociación Cluster del Naval Gallego 269.198,33 € 201.898,75 € 75% University of Strathclyde 301.260,83 € 225.945,63 € 75% Foro Marítimo Vasco 251.833,33 € 188.875,00 € 75% Pôle de compétitivité EMC2 176.509,13 € 132.381,85 € 75% Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia 318.743,33 € 239.057,50 € 75% High Speed Sustainable Manufacturing Institute Ltd. 150.833,33 € 113.125,00 € 75% TOTAL 2.551.552,14 € 1.913.664,12 € 75% Os custos estimados da parte que atinxe á Deputación de Pontevedra para o proxecto corresponderanse ao cadro seguinte, sen prexuízo de posibles futuras necesidades de crédito: Tipo de gasto Custo total FEDER (75%) Aportación da Deputación de Pontevedra (25%) 0. Costes de preparación 6.200,00 € 4.650,00 € 1.550,00 € 1. Custos coordinación de persoal 110.550,00 € 82.912,50 € 27.637,50 € 2. Gastos de oficina e administrativos 16.582,50 € 12.436,88 € 4.145,63 € 3. Servizos e expertos externos 215.000,00 € 161.250,00 € 53.750,00 € 4. Viaxes e aloxamento 19.500,00 € 14.625,00 € 4.875,00 € Total de gastos 367.832,50 € 275.874,38 € 91.958,13 € Segundo a subvención concedida, a desagregación para os anos 2017, 2018, 2019 e 2020 é a seguinte: Ano 2017 Tipo de gasto Custo total FEDER (75%) Aportación da Deputación de Pontevedra (25%) 0. Costes de preparación 6.200,00 € 4.650,00 € 1.550,00 € 1. Custos coordinación de persoal 18.750,00 € 14.062,50 € 4.687,50 € 2. Gastos de oficina e administrativos 2.812,50 € 2.109,38 € 703,13 € 3. Servizos e expertos externos 58.000,00 € 43.500,00 € 14.500,00 € 4. Viaxes e aloxamento 3.400,00 € 2.550,00 € 850,00 € Total de gastos 89.162,50 € 66.871,88 € 22.290,63 € Ano 2018 Tipo de gasto Custo total FEDER (75%) Aportación da Deputación de Pontevedra (25%) 1. Custos coordinación de persoal 36.000,00 € 27.000,00 € 9.000,00 € 2. Gastos de oficina e administrativos 5.400,00 € 4.050,00 € 1.350,00 € 3. Servizos e expertos externos 77.000,00 € 57.750,00 € 19.250,00 € 4. Viaxes e aloxamento 5.600,00 € 4.200,00 € 1.400,00 € Total de gastos 124.000,00 € 93.000,00 € 31.000,00 € Ano 2019 Tipo de gasto Custo total FEDER (75%) Aportación da Deputación de Pontevedra (25%) 1. Custos coordinación de persoal 45.500,00 € 34.125,00 € 11.375,00 € 2. Gastos de oficina e administrativos 6.825,00 € 5.118,75 € 1.706,25 € 3. Servizos e expertos externos 50.000,00 € 37.500,00 € 12.500,00 € 4. Viaxes e aloxamento 5.000,00 € 3.750,00 € 1.250,00 € Total de gastos 107.325,00 € 80.493,75 € 26.831,25 € Ano 2020 Tipo de gasto Custo total FEDER (75%) Aportación da Deputación de Pontevedra (25%) 1. Custos coordinación de persoal 10.300,00 € 7.725,00 € 2.575,00 € 2. Gastos de oficina e administrativos 1.545,00 € 1.158,75 € 386,25 € 3. Servizos e expertos externos 30.000,00 € 22.500,00 € 7.500,00 € 4. Viaxes e aloxamento 5.500,00 € 4.125,00 € 1.375,00 € Total de gastos 47.345,00 € 35.508,75 € 11.836,25 € Proxecto de gastos e operacións contables: Para o inicio do proxecto é necesario realizar a aprobación do mesmo, realizando as operacións de xeración de crédito polo importe da subvención concedida polo Comité de Seguimento do Programa de Cooperación Territorial Interreg Espazo Atlántico 2014-2020 para a execución do proxecto EAPA_383/2016 (IN 4.0), así como realizar as oportunas operacións para facer fronte á parte que lle corresponde asumir con fondos propios á Deputación de Pontevedra. Para este fin, de conformidade co disposto na Base 27ª das de execución dos orzamentos provinciais, será abrir as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. Asemade, deberá tramitarse o correspondente expediente de suplemento de crédito para habilitar o crédito suficiente que lle corresponde afrontar á Deputación de Pontevedra. Consonte ó recollido no artigo 214 do TRLRFL, a Intervención da Deputación de Pontevedra debe emitir informe favorable a esta aprobación. RÉXIME COMPETENCIAL: Tendo en conta a distribución inicial por anualidades, en virtude do establecido no artigo 33 da LRBRL e na base 16ª.3.b) das Bases de Execución do Orzamento provincial, compételle ó Pleno a autorización e disposición dos gastos plurianuais cando non se cumpran os límites establecidos no artigo 174 do TRLRFL. ACORDO: Por todo o anteriormente exposto e sen prexuízo de calquera outro informe baseado en mellor dereito, unha vez ditaminado favorablemente pola Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade: • Validar os trámites para a aceptación da subvención outorgada polo FEDER, no marco do Programa de Cooperación do Espazo Atlántico 2014-2020, para a execución do proxecto EAPA_383/2016 (IN 4.0) e título “ADAPTATION OF INDUSTRY 4.0 MODEL TO THE NAVAL SECTOR”. • Aprobar o proxecto denominado EAPA_383/2016 (IN 4.0) “ADAPTATION OF INDUSTRY 4.0 MODEL TO THE NAVAL SECTOR” da 1ª convocatoria do Programa de Cooperación do Espazo Atlántico 2014-2020. • Aprobar a distribución do gasto cos importes que correspondan a esta Deputación Provincial dentro do total do proxecto. • Aprobar que a súa xestión se realice a través do módulo “proxecto de gastos” tal e como establece a Base 27ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2017. • Aprobar a xeración de crédito polos importes de subvención concedida e as achegas propias da Deputación de Pontevedra, abrindo as aplicacións orzamentarias e conceptos que sexan necesarios para a súa xestión dentro do módulo “proxecto de gastos”. • Facultar á Presidenta da Deputación de Pontevedra para cantos actos e trámites sexan necesarios para levar a bo fin as actuacións derivadas do presente acordo en relación co proxecto denominado EAPA_383/2016 (IN 4.0) “ADAPTATION OF INDUSTRY 4.0 MODEL TO THE NAVAL SECTOR”, sen prexuízo, no seu caso, da obriga de dar conta ó Pleno para a súa ratificación. • Notificar o correspondente acordo ás partes interesadas, no seu caso. 3.6997.- RATIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE 11 DE AGOSTO DE 2017 POLO QUE SE APROBAN AS “BASES REGULADORAS DAS SUBVENCIÓNS PARA INVESTIMENTOS EN EQUIPAMENTOS E DOTACIÓNS SINGULARES NA MELLORA DO REEQUILIBRIO TERRITORIAL DOS SERVIZOS. CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES”, APROBACIÓN COMO GASTO PLURIANUAL E CONVALIDACIÓN DAS ACTUACIÓNS PRACTICADAS Sra. Presidenta.- No punto 3 da orde do día: Ratificación do acordo da Xunta de Goberno de 11 de agosto de 2017 polo que se aproban as bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do reequilibrio territorial dos servicios. Concellos de menos de 20.000 habitantes, aprobación como gasto plurianual e convalidación das actuacións practicadas. Intervencións. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Bos días a todas e a todos. Moitas gracias Sra. Presidenta. Este goberno aprobou en Xunta de Goberno do 11 de agosto, unhas novas bases de subvención por valor de dezaoito millóns de euros para investimentos en equipamentos e actuacións singulares dentro da provincia de Pontevedra. Na mellora do equilibrio territorial dos servicios nos concellos de menos de 20.000 habitantes. Unha nova convocatoria de subvencións con bases obxectivas, con bases equitativas, con bases transparentes, con bases claras e con concorrencia competitiva, que ... os proxectos de cada concello, achegando por parte da Deputación ata o 80% do orzamento cun máximo por proxecto de 1,5 millón de euros por actuación. Estas axudas se destinan ós concellos de menos de 20.000 habitantes, eses concellos, que a lexislación estatal din que é competencia directa é onde ten que centrarse a gobernabilidade das Deputacións provinciais. Por criterios de xusticia, porque para nós ademais de ter moi claro o necesario sabemos que as axudas son necesarias para todos estes concellos de menos de 20.000 habitantes, concellos que quedaron fora das ayudas europeas dos fondos Edusi, que exclúen a estes concellos e que ocasionan que non poidan facer grandes proxectos de investimentos singulares nos seus concellos, nos seus municipios. Pretendemos logo financiar proxectos que permitan a ocupación do espacio público pola cidadanía, cambiando o modelo de trama urbana, impulsando as humanizacións, así como os equipamientos, as dotacións deportivas, as dotacións culturais, as dotacións sociais ou de lecer e ocio, que teñen un enorme custo, que os concellos de menos de 20.000 habitantes non poderían afrontar sen este apoio desta administración. É o eixo desta proposta, xa que é a máis evidente, e por eso 39 concellos da provincia de Pontevedra teñen presentado xa proxectos para a súa valoración, 39 proxectos elixidos libremente polos gobernos municipais, sin imposicións por parte desta Diputación, coa liberdade e co coñecemento que teñen as alcaldesas e os alcaldes do seu municipio. Definidos polos concellos, porque son eles os que coñecen mellor que ninguén as necesidades de cada territorio, é o que defendemos Pleno tras Pleno, autonomía local, con liberdade, 39 proxectos que para a súa aprobación deben ter toda a documentación e os informes en regra, e un prazo de execución claro, e así evitar o que acontecía ata agora, que era que a propia Diputación decidise os proxectos que se levaban a cabo nos concellos da provincia de Pontevedra, cuns convenios que se asinaban no 2013, no 2014, de forma unilateral por parte da Deputación, de feito ten que existir un compromiso por parte dos concellos, que os proxectos se aproben, que teñan que licitarse antes do 30 de xuño do ano 2018, e que téñanse que executar antes do 30 de xuño do ano 2019. Con estas bases volvemos a deixar claro que acabouse co decir que os proxectos fanse a dedo e danse a dedo, agora prima a obxectividade, agora prima a equidade, acabouse asinar convenios sen orzamento, sen datas de execución, sen definición, sen proxecto. En total a Deputación de Pontevedra destinará a estas novas subvencións 18 millóns de euros, 6 millóns de eles aprobaranse neste propio ano, e os seguintes no 2018 e no 2019, 18 millóns de euros postos a disposición dos concellos de menos de 1.000 habitantes en tres anos. Moito máis que o que fixo o goberno do Partido Popular na anterior legislatura, onde foron escasamente quince millóns de euros os que aportaron a este fin. A verdade é que nestes días podemos ler na prensa que o Partido Popular non estaba de acordo coa interpretación que se fixo, coas modificacións que se fixeron deste convenio na Xunta de Goberno pasada, polo cuál, na Xunta de Goberno de data 15 de setembro de 2017, aprobouse unha modificación non substancial, de carácter aclaratorio das bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do reequilibrio territorial dos servicios. Esta modificación foi solicitada polos concellos, polos técnicos, como de forma aclaratoria, unha vez que os deputados provinciais do Partido Popular teñen manifestado o seu desacordo e non han solicitado unha proposta de goberno senón unha demanda dos concellos, queremos manifestar que retiramos a convalidación de este Pleno, a modificación desas bases, co cuál quedarían as bases aprobadas, como decía nun principio, na Xunta de Goberno anterior, e quedaría sin valor a interpretación que facíamos o 15 de setembro do ano 2017. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. Bos días a todos e a todas. Ben, estamos ante o cumprimento dun compromiso programático do que nos dotamos cando asinamos o acordo de goberno e o programa para este mandato, ¿non?. O esforzo máximo que se ía facer con respecto ós concellos era mediante o Plan Concellos, e outros complementarios por obriga legal, como poden ser os de servizos sociais, asistencia social, etc., pero xa naquel momento se contemplaba que nos concellos podería haber unha serie de actuacións que lle escapaban ás posibilidades dos recursos ordinarios, incluído, sumado incluso o Plan Concellos, e que habería que darlle un tratamento diferenciado, evidentemente, tratar a todos por igual ás veces pode ser radicalmente inxusto, impreciso, porque igual un ten unha necesidade, bueno, pois un concello ten catro campos de fútbol e outro igual pois ten un, bueno, pois, evidentemente, hai que tapar esa falta, ¿non?. Ou equilibrar, ir equilibrando un, uns concellos con outros. Ben, visto o devir económico e a situación de remanentes, a previsión económica que hai nesta Diputación, pois, nestes momentos afrontouse esta, vamos, este compromiso, para intentar cumprir todo o programa. Ben, había varias vías de facelo, ¿non?, esta Deputación sempre fixo actuacións dese tipo, excepcionais ou singulares, ou como lle queiramos chamar, e normalmente, pois, o mecanismo para conseguilo pois era vir aquí a negociar con quen correspondía, ou a ver se ó final a Presidencia de turno decidía que si ou que non. Ás veces decidía que si e outras veces decía que non, alá ó seu bo algur. E, neste caso o que fixemos, na liña tamén que estamos trazando para todos os plans, é que se faga cunhas bases, o máis obxectivo posibles e que en función deso se seleccionen eses proxectos singulares e esas actuacións que exceden da capacidade ordinaria dun concello. Ben, atopámonos con que, xa o teño dito aquí varias veces, ¿non?, con que pensa o ladrón que todos son da súa condición, entonces, cando empezaron a vir convenios para estradas, é que resulta que era, non, é que a maioría foron concellos do PP, foron os que o necesitaban, ¿verdade?. E, agora, con estas bases topáronse con que, sempre pensando a ver onde, onde estaba previsto facer o que eles non son conscientes que creen ou iban facer, pois no, non hai nada deso. Entón, ó principio di, non, é que ten poucos cartos, bueno, vale, a deputación ten os cartos que ten. Agora, resulta que unhas aclaracións, unhas aclaracións que por exceso de transparencia se quixeron facer públicas e modificar é a cabalo de batalla, o sea, se está clarisimo, non hai ningún problema, eso o di a interpretación, os concellos preguntaron, oiga, ¿que pasaría neste caso?, e di, pois vamos a escribilo, en vez de facelo vía interpretación. Entonces é o gran cabalo de batalla, se non hai ningún interés, ningún, absolutamente ningún, en cambiar as bases nin quitarlle posibilidades a un concello ou ó outro, en absoluto. Polo tanto, retíranse, retíranse, retíranse, non pasa nada, ou sexa, que se unha obra, se xa está contemplado nas bases, se unha obra excede, por exemplo, pois supoñamos que un millón oitocentos, pois o concello ten que poñer máis, vale, non son os 20-80, vale. Si a obra rebaixa porque hai unha aportación privada pois a Diputación e o concello repartirán o que haxa que financiar de cartos públicos, non fai falta facer ningunha, ningunha cousa extraordinaria para iso. Bueno, un concello preguntoume, digo, bueno, pois vámolo a aclarar, vámolo a escribir ben, que xa está claro. Bueno, pois as modificacións son dese tipo, e de repente un alboroto por esas modificacións, non pasa nada, retirámolas, faltaría máis, vamos, transparencia absoluta. Pero claro, o que podemos discutir é se os criterios son os mellores, non son, bueno, agora, o que non se pode discutir é que os criterios son obxectivos, que se pretende cubrir a todos os concellos e demais. ¿Que pode suceder que ...? Bueno, a min chamáronme dalgún concello de máis de 20.000 dicindo, no, oiga, vós tivestes o Edusi, os de menos de 20.000 non se puderon presentar e levaron dous millóns e medio, con cifras que non van, non ían poder levar de diputación. Entonces, hai transparencia absoluta, un intento de facer esto de maneira obxectiva, que agardemos que vaia adiante, eu creo que debían vostedes colaborar, e poñer en risco dicindo, non, oia, pois se cadra no podemos facer, resulta que o retiramos e non pasa nada, a medida ten un recurso para interrompir e para que este ano non se poidan meter os seis millóns, creo que é pouco responsable. Sra. Presidenta.- Ten a palabra Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si, Sr. Mosquera, dicía vostede que hai moita transparencia, e eu creo que o que denotan é unha falta de criterio total. Agora mesmo xa non sabemos o que estamos falando neste punto, se vamos a falar de modificacións, se vamos a falar de bases, vostedes mismos se están facendo un lío con todo esto que a día de hoxe xa non sabemos nin onde estamos, logo esto vén a demostrar que vostedes o que tiñan era realmente unha chapuza, porque agora nos traen as modificacións, retiran as modificacións, e todo eso porque nós avisamos que íbamos a presentar un recurso de reposición porque non ibamos a ser cómplices da súa chapuza. Logo, esto xa é o colmo dos colmos. Primeiro quitan unhas bases, despois presentan unhas modificacións, despois de presentar os proxectos, e agora chegan ó Pleno da súa aprobación e retiran todo esto. E vostedes nos queren vender todo esto como o maior exemplo do mellor goberno de transparencia, home, nós lle podemos aplaudir calquer cousa, pero que non nos fagan tontos. Logo, ¿donde está o problema?, o problema está que vostedes realmente estaban facendo unha ilegalidade, vostedes presentaron dous días despois no Boletín, que realmente nós podemos creer na súa boa vontade, pero o que realmente canta é o Boletín, e vostedes dous días de finalizar o prazo despois, presentan unha serie de modificacións cando xa había a máis grande dos concellos que xa habían presentado os seus proxectos. Oiga, ¿funcionaron todos e tiveron todos a mesma oportunidade e en igualdade para presentar proxectos?, non, porque vostedes por moita normalidade que nos queiran dar, no home no, que non é nada, o que facemos aquí é escoitar, no, no, mire, vostedes o que están modificando é, primeiro, a base primeira para aclarar a interpretación dos proxectos singulares que deben estar dentro do obxecto do subvencionable. Despois a modificación da base 3, aceptar a posibilidade de que os concellos poidan cofinanciar proxectos con aportacións privadas ou particulares. E esto é fundamental porque incluso pode condicionar á hora de presentar un proxecto. Modifican a base 7, os concellos poden utilizar os seus propios modelos de solicitude, e pese a estas modificacións insisten e néganse a ampliar o prazo. Logo, por moito que vostedes nos queiran dar normalidade, vostedes realmente o que fixeron foi unha chapuza, por non dicir outra cousa. Logo, ¿que sucede aquí?, que vostedes saben de antemán a quen lle van a dar eses millóns, eses cartos, e vostedes sábeno, e agora nos querían vender unhas modificacións, no home no, mira, nós podemos, xa lle digo, podemos incluso permitir que nos insulten, podemos permitir os seus desplantes, pero tontos no, non somos tontos nin tan sequera para que onte se nos diga por parte da Presidenta que as modificacións eran para cambiar de 6 a 18, oiga, dígannos vostedes dónde está esa modificación, ¿como se pode decir e ter a desfachatez de decir antes os medios, de mentir e non sonrojarse, decir, oiga, no, no, é que as únicas modificacións que había eran para cambiar de 6 a 18, ¿dónde pon eso?, ¿dónde están esas modificacións?. Logo, por favor, que nós non presentamos un recurso de reposición nin nada porque un día despertamos á mañán e como temos ganas de follón, montamos, no, no, mire, vostedes o que fixeron foi todo mal, vostedes están intentando ocultar que lle queren dar ós seus amigos unhas cantidades e nos queren facer ós demais tontos, logo no, tontos non somos, logo vostedes todo esto o fixeron mal. Primeiro, presentan o 16 de agosto un proxecto cando saben que todos os técnicos na máis grande dos concellos están de vacacións, e nalgúns casos saben que os concellos de menos de 20.000 habitantes nin tan sequera teñen técnicos. Din que teñen que presentar proxectos singulares e lle dan un mes, cando vostedes saben que cando hai un proxecto singular o complexo que é presentar iso. O venres, a horas de rematar o prazo, en Xunta de Goberno deciden que hai que modificar as bases. O luns, rematado o prazo, levan as modificacións á Comisión Informativa, e despois o mércores publícana no BOP cando xa pasan dous días de que finalizou o prazo. ¡Oiga!. Logo nós o temos claro, ¿que é o que lle pedimos?, que paralicen todo este proceso porque nós estamos de acordo con este plan, nós estamos de acordo en que ós concellos de menos de 20.000 habitantes hai darlle máis cartos dos que lle dan, pero queremos que todos teñan as mismas igualdade de condicións, e por moito que nos queiran vender que todo esto é moi transparente, esto é unha auténtica chapuza. E, repítolle, e por respecto, porque nós non temos a súa desfachatez, non vamos a dicir outra cousa, pero o que si lle dicimos é que vostedes saben de antemán a quen van a ser os beneficiarios destes proxectos, porque o están adaptando, están dando cincuenta mil voltas para intentar xustificar a quen llo queren dar, e dígano claramente, vostedes llos queren dar a quen a vostedes lle interesa e lle convén. Porque agora veñen coa última chapuza de traer unha modificación que vostedes van a retirar, por favor, presentan, dous días despois publican unhas modificacións dunhas bases cando xa hai concellos que xa presentaron, agora veñen a aprobar unhas modificacións que retiran. Pero, por favor, se vostedes viñan aquí a presumir que eran os que mellor facían as cousas, e resulta que son uns auténticos chapuceros, improvisan, quitan unha cousa de repente en mes de agosto, sexan máis claros, falen coa xente antes. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Moldes. Sr. Mosquera, ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sra. Presidenta. O sea que, porque vaia un formulario para presentalo e resulta que o concello, hai concellos, varios, de todo signo, di, é que nos adapta mal, podemos facer un diferente, é dicir, faltaría máis, que podían cubrir o oficial, iso é, de aí deduce, por exemplo, que iso é para beneficiar, prexudicar a non sei quen. Está claro, eu repítolle, teñan unha mente un pouquiño, un pouquiño limpa, de verdade. Mire, e a nós pode dicirnos o que queira, que para iso estamos, pero ¿vostede veu as bases?, porque parece que nonas veu. A Comisión de selección son todos funcionarios, ¿que está?, insultando e dicir que os funcionarios van a seleccionar xa, ¿está dicindo eso?, por que, se a Comisión de selección son os funcionarios ou funcionarias, e resulta que van a ser eles os que poñan a puntuación e demais, ¿como se come?, ¿como se come eso?. Por favor, por favor, o sea, ¿non lle colle na cabeza que esteamos intentando facer un plan obxectivo no que non vamos a asinar un convenio co concello según nos caia ben ou mal ou según nos convenza máis ou menos de que é necesaria esa obra, senón que hai unhas bases para facelo?. De verdade, é que é, é francamente sorprendente. Mire, o de agosto tamén, hai que ser mal pensados, esto estaba concebido para proxectos que os concellos leven traballado e non poidan financiar, o sea, debían estar xa feitos e traballados, non agora, temos máis cartos, non, non, era para proxectos singulares, polo tanto hai que telos traballados, antes, precisamente, e se algún concello cometera a temeridade de facer o proxecto mal, tarde a rastro, non vai a chegar nos seguintes plazos, vaise meter nun lío, vaise meter nun lío, vaise meter nun lío, senón ó tempo, tal e como están os prazos, porque a idea é que sean traballos, que sean proxetos traballados e necesidades que ten o concello, é dicir, oiga, pois necesito ampliar a casa consistorial, leva anos peleando e non consigue a financiación, esta é a oportunidade. Pero non de idea abstracta senón traballadiño, senón xa haberá outras, se cadra igual hai outra convocatoria máis adiante, non, xa haberá outras ... Entonces, nesas condicións dudo eu moito ¿onde está o problema de agosto, de setembro, outubro, novembro ou decembro?. ¿Donde está?. Porque á parte temos outro problema, que para facer a modificación de crédito temos que facela con tempo, hai uns prazos, etc., claro, para incorporar os remanentes, entonces os, ver, ou sea, o que é a xestión ordinaria, pero o intento está claro, verdad, e a proposta está clara, que é facer un plan obxectivo donde antes había convenios a dedo. Eso é o que traemos hoxe aquí e eso é o que estamos facendo. E, francamente, creo que ustedes mesmos o están reconocendo cando están enganchando con cousas absolutamente colaterais. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Mosquera. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Sra. Presidenta. A verdade que, eu, Sr. Moldes, non lle vou reñir, ¡eh!, usté acostuma a botarnos a bronca aquí, pero eu creo que cando non se ten razón, pero tamén o entendo, vostede quedou descolocado, viña cun argumento, e como nós anunciábamos unha solicitud que nos fixo, pois entón rompímoslle a súa planificación e xa non supo que decirnos e entón dixo, bueno, vou botar a bronca. O dicía o Sr. Mosquera, esto é un plan, cunhas bases reguladoras de subvencións, con concurrencia, e á que se presentaron 39 concellos, é dicir, que ustedes non saben como presentarse pero a maioría dos alcaldes do Partido Popular que gobernan na provincia de Pontevedra superon como presentalo porque temos presentado os proxectos. Eu estou seguro que serán grandes proxectos e esto vai en confrontación co que vostedes fixeron no ano 2015, cando o Partido Popular gobernaba esta Diputación. Porque, ¿sabe que fixeron no ano 2015?, presentaron 34 proxectos a dedo, en 34 concellos, ¿saben de color político eran os alcaldes dos 34 concellos?, ¿do PSOE e do Bloque?, non, todos, absolutamente todos do Partido Popular, esto é como as familias prominentes de Baltar, é igual, ás familias prominentes do Partido Popular da provincia de Pontevedra, ustedes no 2015, todos os concellos que se presentaron e que lles adxudicaron a subvención eran do Partido Popular, e eu lle vou dicir, todos os concellos que se presentaron nas nosas bases transparentes e participativas, son de todas as cores políticas, como ten que ser en democracia, ten que participar todos, todos, sen importar a súa ideoloxía, porque este é un plan adicado ás mulleres e homes da provincia de Pontevedra e non ás mulleres e homes da provincia de Pontevedra, onde goberna o Partido Popular, porque eso é unha forma de facer política caciquil e nós non creemos neso. O Partido Popular repartiu trece millóns entre os anos 13, 14 e 15, deses trece millóns de euros presentáronse 45 concellos da provincia a través da libre disposición, con independencia da súa poboación, con independencia do seu territorio e con independencia das súas necesidades. O único objetivo era a decisión da Presidencia, o único objetivo era a decisión do goberno do Partido Popular nesta Diputación. Deses trece millóns dígolle que quedaron só admitidos 34 do Partido Popular e quedaron fóra tres do Partido Popular, Forcarei, Ponte Caldelas e Porriño ... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- ... e quedaron fóra once de forzas progresistas. Sra. Presidenta.- Sr. Regades, rematou o seu tempo. Sr. Moldes, ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Gracias Sra. Presidenta. Sr. Regades, vamos a ver, está claro que por moito que repita unha mentira non se vai transformar nunha verdade. Mire, pavillón de usos naúticos da Illa de Arousa, me parece que o que sae na foto forma parte do seu equipo, foi o maior beneficiario deso que di vostede, desas bases que non son obxectivas, fíxese vostede que Presidente democrático tíñamos, que incluso sen haber supuestas bases que vostede decía, resulta que o alcalde máis beneficiado é un alcalde socialista, ¿vale?, sale aquí na foto. Logo a nós, por moito que repita que esto era un, que non lle dabamos ós alcaldes socialistas, no, non, eso é mentira, mire, aquí o máximo beneficiario un alcalde do Partido Socialista que na actualidade forma parte do seu equipo de colaboradores. Eso é unha realidade. Logo, vostede díganos mentiras, o que queira, pero esa é unha realidade. Foi vostede o que introduciu a palabra caciques aquí, xa estamos fartos deso. Voulle dicir unha cousa, a maior cacicada que levan facendo vostedes desde que entraron na nova Diputación é esta, porque esta é unha cacicada, e foi vostede quen introduciu a palabra caciques, e xa estamos fartos de escoitala, logo foi, como foi vostede quen abriu esa porta, lle vou a dicir que esta é a maior cacicada que fixeron vostedes nesta nova Diputación. Mire, é tal a cacicada que presentan un plan que nin tan sequera ten dotación presupuestaria, presentan un plan que non ten dotación presupuestaria, que inda van a ter que vir aquí a darlle voltas para dotar de presuposto. Logo, non mintan, porque traen un plan sin dotación presupostaria, mentiron onte dicindo que as únicas modificacións eran, resulta que para pasar de 6 a 18, mentiron porque non aparece esa modificación, e teñen a desfachatez de mentir, logo, vostedes fixeron unha chapuza que se traduce na maior cacicada que poideron facer vostedes desde que levan gobernando, máis que lle pese, e foi vostede quen introduxo a palabra caciques, repítollo, que nós non tiñamos intención de utilizala, pero vostedes foron os que a introduciron. Dígolle máis, en este caso, vostedes agora aclárenlle que vai a pasar cos alcaldes, primeiro, invítanos a que fagan aportacións privadas, que resulta que cando as fan outras administracións que goberna o Partido Popular, eso chámaselle privatizar, e agora vostedes resulta que modifican, hubo alcaldes que negocian con comunidades de montes e demais e agora veñen aquí como, anunciamos ese recurso, e saben que cometeron unha ilegalidade, unha ilegalidade que foi publicar dous días despois de rematar o prazo, publicar unhas modificacións cando hai alcaldes que xa habían presentado os seus proxectos. Oiga, ¿e o alcalde que presentou ó terceiro día como queda cando mira isto?, igual tamén podería ter a posibilidade de acollerse a algunha das modificacións, e vostedes nos queren vender esto como unha gran transparencia. No, no, vostedes o que saben é que lle queren dar a quen vostedes queren, ós seus amigos, lles queren dar estas adxudicacións, e non saben como teñen que facer esas modificacións para xustificar esto. Logo, cando retiran esto, non é que nos descoloquen, é que eso certifica que esto é chapuza. Logo, ¿sorprendidos?, moitísimo, porque vostedes cada día son a caixa das sorpresas, non sabemos o que vamos a votar aínda. Sra. Presidenta.- (Non se escoita o que di). Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias. Bueno, ahora entramos nesta última fase con frases feitas, ¿non?, a frase feita de sempre, nós mentimos. A ver, xa lle dixo o outro día o habilitado nacional nas Comisións, o habilitado nacional, o funcionario do Estado que estaba con nós acompañado, e que está asignado ás Comisións de Goberno, pois xa lle dixo que non eran modificacións substanciais, co cuál o que usté está dicindo agora que é unha ilegalidade, eu lle reto a que o retiren ou que non o retiren, o que non pode é seguir mentindo, porque vós si que estades cómodos na mentira. Entonces, non son modificacións, o único, como lle dixo o Interventor, non son modificacións senón o que son son aclaracións a preguntas de funcionarios, e como son aclaracións a preguntas de funcionarios e as interpretacións das bases ten competencia a Xunta de Goberno e a Comisión de Seguimiento de este convenio, pois queda, a retiramos porque esas teñen competencia a Xunta de Goberno e o único que queríamos facer aprobándoas era aclaralas. Dixo dúas veces que a Presidenta mentiu cando lle decía que o pasaba de anual a plurianual, que o pasaba de seis a dezaoito millóns. Como vostede sabe, Sr. Deputado, porque eu penso que truxo preparada esta intervención, o único que ten capacidade de que sexa plurianual os orzamentos, non é a Xunta de Goberno senón que é este Pleno, é o que lle quixo explicar a Presidenta e que vexo que non foi capaz de entender, pero bueno, eu llo repito para que non lle diga que minta, porque senón vai quedar mal, senón que o que lle estamos dicindo é que o traemos a este Pleno porque é a única forma de que sexa plurianual, porque o que ten competencias de que sexa plurianual é este Pleno, e a forma de pasalo de 6 a 18 millóns, porque lles dixemos que íbamos a poñer 6 millóns no 17, 6 millóns no 18 e 6 millóns no 19. E despois tamén dixo que era mentira que o Partido Popular sólo facía proxectos para o Partido Popular. Eu volvo a dicirlle que no dous mil ... Sra. Presidenta.- Vale. Para maior aclaración. Para que non haxa ningunha dúbida. En primeiro lugar, a Presidenta da Deputación non minte nunca, Sr. Moldes, sempre digo a verdade. E onte dixen que aquí soamente se ía a aprobar, repito, dixen que se ía a aprobar o carácter de gasto plurianual destas bases, vou a leer o documento que imos votar, ¿vale?. E aquí dice neste documento: Vista toda a documentación relativa ó citado Plan que obra no expediente; Vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, por certo, aprobada por unanimidade, votaron os membros do goberno e a oposición, por unanimidade, o que se eleva este Pleno, por unanimidade, tamén cos votos do Partido Popular é “ratificar a aprobación das bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial dos servicios, concellos de menos de 20.000 habitantes”, que foron aprobadas mediante acordo da Xunta de Goberno Provincial na súa sesión ordinaria do día 11 de setembro de 2017, punto número 20.25850, e publicada no BOPPO, número 156 do 16 do 8 do 2017, tento en conta a súa modificación posterior, ratificar, non a aprobar, ¿que é o que se aproba?, o pon en este documento aprobado polo Grupo Popular, por unanimidade, aprobar. O que onte dixo a Presidenta, porque a Presidenta coñece os documentos, os le, intenta saber de que fala. Ás veces non ocorre, porque claro, cando temos asesores que non traballan e non asesoran, pois ó mellor non teñen coñecemento do que se sube aquí. E pon “aprobar”, neste documento, aprobar o carácter de gasto plurianual destas bases que se dotarán co crédito necesario nas anualidades 17-18 e 19 por un importe de 6 millones de euros por anualidade, ata sumar un total de 18 millóns de euros. Asemade, o crédito das anualidades 18 e 19 quedará condicionado á aprobación dos respectivos orzamentos. ¿Que estamos aprobando hoxe aquí?. Que, dos 6 millóns que aprobamos na Xunta de Goberno, convertimos en plurianual e a dotamos con 18 millóns de euros, i eso foi o que onte dixo a Presidenta da Deputación, para responder ós insultos do Partido Popular, vertidos ás 10 da mañán nunha rolda de prensa. E esto é o único que se aproba, o gasto pluri, está aquí, está na documentación, que lles vou a pasar ós medios para que a teñan. ¿Que plantexan os compañeiros que interviron?. ¿Que, que, que?, non se poña nervioso, ¿que lle pasa?, ¿ten algún problema?, pero ¿ten algún problema?, non ten non, pois tranquilícese, que esto é o Pleno, é a casa do pobo e temos que ser tranquilos, estou falando tranquilamente, ¿non?, estou explicándolle. Ben, máis cousas, máis cousas, que espero que deixe de chillar o Sr. Moldes, que lles encanta esto de chillar. Ben, o que plantexan tanto polo Voceiro do Grupo Socialista como o Voceiro do BNG é que do punto 1, donde pon esto que lles contei de rectificar, tal, tal, hai unha, dúas, tres, catro, cinco, seis e sete palabras que se van a retirar, que é “tendo en conta a súa modificación posterior”. ¿Que imos someter a votación?, para que non haxa ningunha dúbida, que ratificamos a aprobación da Xunta de Goberno de agosto de 2017 coas bases e que se retiran as aclaracións que se aprobaron o 15 de setembro. Ben, ¿por que se retiran?. Se retiran, se retiran porque o solicitou o Partido Popular, eran aclaracións, que pedir, esto é o que son, a min me encantan, porque está en streaming e así a xente os ve, a min me encanta, me encanta este teatrillo, creo que é moi acertado para que a xente vexa as diferencias. ¿Por que se aprobaron esas modificacións?. Porque o solicitaron os concellos da provincia, non un nin dous nin tres, nin cinco, moitos concellos da provincia. Pero, ¿o Partido Popular considera que esas aclaracións é mellor que non vaian?, como non teñen ningún sentido, son aclaracións, por certo, así llo informou o Interventor nas Comisións Informativas, e votaron a favor, por unanimidade, pois se retiran. E, polo tanto, o que aprobamos é o gasto plurianual e ratificamos as bases aprobadas en agosto de 2017, para que quede todo ben aclarado. Así que imos someter a votación o punto 3, Ratificación, porque nolo pide o Partido Popular, o retiramos. Ratificación do acordo da Xunta de Goberno, de 11 de agosto de 2017, polo que se aproban as bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares, na mellora do reequilibrio territorial dos servicios. Concellos de menos de 20.000 habitantes. Aprobación como gasto plurianual e retiramos a modificación aprobada en setembro de 2017. ¿Votos a favor?. Si, si, vou a lerlle todo o que imos a votar. Sr. Moldes, xa lle estou. Sr. Moldes, (deixa de escoitarse por uns segundos). Ben, vista a aprobación, vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente, vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial, e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno da Corporación Provincial acorda: 1.- Ratificar a aprobación das bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do equilibrio territorial dos servicios, concellos de menos de 20.000 habitantes, que foron aprobados mediante acordo da Xunta de Goberno Provincial, na súa sesión ordinaria, do día 11-08-2017, punto número 20.25850, e publicado no BOPPO número 156 do ... perdón, punto 20.25850. 2.- Aprobar o carácter de gasto plurianual destas bases, que se dotarán co crédito necesario nas anualidades 17, 18 e 19, por un importe de 6 millóns de euros por anualidade, ata sumar un total de 18 millóns de euros. Asemade, o crédito das anualidades 18 e 19 quedará condicionado á aprobación dos respectivos orzamentos para estas anualidades. E de non ser viable dotalo nos orzamentos farase con cargo ó remanente de Tesourería dos exercicios 17 e 18. 3.- Convalidar e aceptar as actuacións practicadas de xeito que se admitan a trámite todas as solicitudes e documentos presentados. Neste senso rexen os prazos que se recollen nas bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno o día 11-08-2017. 4.- Delegar na Xunta de Goberno todos os actos de trámite que se deriven do procedemento de concorrencia competitiva, se ben seguirase precisando de ditame da Comisión Informativa de Cooperación cos Municipios por ser unha competencia delegada polo Pleno na Xunta de Goberno. ¿Quedou claro o que imos votar?. (Fala o Sr. Moldes pero non está no uso da palabra). Sra. Presidenta.- Non, se exceptúa a que ten que ver coa Xunta de Goberno do 15 de setembro de 2018. ¿Quedou claro?. Se retira a modificación aprobada na Xunta de Goberno o 15 de setembro de 2017. ¿Está claro agora?. Enténdese que retiramos a modificación aprobada o 15 de setembro de 2017. A ver, as modificacións aprobadas, aténdame Sr. Moldes, porque senón non se entera, as modificacións que se aprobaron o 15 de setembro foron: Aclaracións sobre a interpretación de proxectos singulares, ¿vale?, eso se retira. 2.- Aceptación dos modelos de documentos dos concellos, se retira. E se retira confinanciar con achegas procedentes de particulares que foi o que se aprobou o 15 de setembro de 2017. ¿Agora si que quedou claro?. Pois moi ben. Ben, sometemos a votación. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. Abstencións. Queda aprobado, -¿están todos vostedes, non?-, por 26 votos a favor e 1 abstención. Esto é para morrer en Balaídos, como diría miña nai. ANTECEDENTES: Primeiro.- A Xunta de Goberno provincial, na súa sesión ordinaria do día 11/08/2017, punto núm. 20.25850, aprobou as “Bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do reequilibrio territorial dos servizos. Concellos de menos de 20.000 habitantes”. As ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 156, de 16/08/2017, e o extracto da convocatoria publicouse no BOPPO nº 156, do 16/08/2017. O prazo para a presentación das solicitudes remata o 18 de setembro. Segundo.- Detectouse a necesidade de modificar a redacción da Base Primeira, para aclarar a interpretación dos proxectos singulares que deben estar dentro do obxecto subvencionable recollido nos puntos 1.1 e 1.2. Tamén se detectou a necesidade de modificar as Bases para dar a posibilidade de que os Concellos beneficiarios poidan cofinanciar con achegas procedentes de particulares a realización dos investimentos subvencionables, para o que se estima procedente modificar a redacción do último parágrafo da Base Terceira punto 1. Asemade, co obxecto de flexibilizar os trámites, detectouse a necesidade de modificar a Base Sétima para permitir que os solicitantes poidan usar os seus propios modelos de documentos, sempre e cando o seu contido se adecúe ó establecido nas Bases reguladoras das subvencións. Estase tramitando a modificación das Bases, para a súa aprobación e posterior publicación. Terceiro.- Prevese que a concesión das subvencións e as obrigas contraídas polas partes se materialicen en convenios específicos, por elo, para a maior axilidade dos procedementos, proponse a delegación na Xunta de Goberno dos trámites do procedemento de concorrencia competitiva, sen prexuízo de que deba someterse a concesión de cada subvención a ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, por ser unha competencia delegada polo Pleno na Xunta de Goberno. Cuarto.- Tendo en conta o carácter de gasto plurianual do financiamento destas axudas, que se estenderá de forma lineal nas anualidades 2017, 2018 e 2019, por un importe de 6 millóns de euros por anualidade, solicítase informe á Intervención para que se fiscalice a súa aprobación. Asemade, elévase ao Pleno o expediente para ratificar as bases e convalidar as actuacións practicadas. Antes da aprobación do expediente polo Pleno deberá ser sometido a ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal. FUNDAMENTOS XURÍDICOS: Considerando o establecido nos artigos 9.2 e 17 da lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS), o artigo 6.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG), e os artigos 17 e 18 da Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra, aprobada polo Pleno na súa sesión do 28 de outubro de 2016 e publicada no BOPPO do 30/12/2016, as bases reguladoras conteñen as normas para o outorgamento destas subvencións. Considerando o disposto no artigo 174 do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais (TRLFL) e na Base 16ª.3.b) das de Execución do Orzamento provincial, o Pleno debe aprobar os compromisos de gasto plurianual e a súa distribución por anualidades de forma lineal, seis millóns por anualidade. Asemade o Pleno deberá ratificar as Bases e convalidar as actuacións practicadas, sen necesidade de que se alteren os prazos de presentación das solicitudes e da documentación precisa. De conformidade ao disposto no Título VI do TRLRFL, prevese a tramitación dun expediente de modificación de crédito para dotar suficientemente a aplicación orzamentaria na que se imputa o gasto da anualidade 2017 e, asemade, o crédito para as anualidades 2018 e 2019 quedará condicionado á aprobación dos respectivos orzamentos ou, no caso de que non houbera crédito suficiente, contra o remanente de tesourería de cada exercicio. O crédito consignarase nominativamente nos orzamentos. Consonte ó recollido no artigo 214 e ss. do TRLRFL, a Intervención da Deputación de Pontevedra debe emitir informe favorable a esta aprobación. CONCLUSIÓNS: Unha vez aprobadas e publicadas as Bases reguladoras procede tramitar a ratificación das Bases, a convalidación das actuacións practicadas e a súa aprobación como gasto plurianual. RÉXIME COMPETENCIAL: Tendo en conta a distribución inicial por anualidades, en virtude do establecido no artigo 33 da LRBRL e na base 16ª.3.b) das Bases de Execución do Orzamento provincial, compételle ó Pleno a autorización e disposición dos gastos plurianuais cando non se cumpran os límites establecidos no artigo 174 do TRLRFL. Vista toda a documentación relativa ó citado plan que obra no expediente; vistos os informes da Secretaría Xeral e da Intervención Provincial; e visto o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, e unha vez suprimida a mención ás modificacións introducidas pola Xunta de Goberno, o Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG, e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON): 1. RATIFICAR a aprobación das “Bases reguladoras das subvencións para investimentos en equipamentos e dotacións singulares na mellora do reequilibrio territorial dos servizos. Concellos de menos de 20.000 habitantes”, que foron aprobadas mediante acordo da Xunta de Goberno provincial, na súa sesión ordinaria do día 11/08/2017, punto núm. 20.25850, e publicadas no BOPPO núm. 156 do 16/08/2017. 2. APROBAR o carácter de gasto plurianual destas Bases, que se dotarán co crédito necesario nas anualidades 2017, 2018 e 2019, por un importe de 6 millóns de euros por anualidade, ata sumar un total de 18 millóns de euros. Asemade o crédito das anualidades 2018 e 2019 quedará condicionado á aprobación dos respectivos orzamentos para esas anualidades e, de non ser viable dotalo nos orzamentos, farase con cargo ao remanente de tesourería dos exercicios 2017 e 2018. 3. CONVALIDAR e ACEPTAR as actuacións practicadas, de xeito que se admiten a trámite todas as solicitudes e documentos presentados. Neste senso, rexen os prazos que se recollen nas Bases aprobadas por acordo da Xunta de Goberno o día 11/08/2017, punto núm. 20.25850, sen necesidade de efectuar unha nova publicación das Bases nin de alterar os prazos. 4. DELEGAR na Xunta de Goberno todos os actos de trámite que se deriven do procedemento de concorrencia competitiva, se ben seguirase precisando o ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal por ser unha competencia delegada polo Pleno na Xunta de Goberno. 5. ORDEAR a publicación no Boletín Oficial da Provincia do presente acordo. 4.6998.- ADDENDA PARA A ADECUACIÓN FINANCEIRA E O PRAZO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ESTADIO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BALAÍDOS Sra. Presidenta.- Punto 4. Addenda para a adecuación financeira e o prazo do convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización das obras de remodelación do Estadio Municipal de Balaídos. Intervencións. Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias Presidenta. Como todos saben existe un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo para a remodelación do Estadio Municipal de Balaídos. Neste convenio de colaboración especifícase a reforma da grada de Tribuna e a grada de Río. Sempre despois añadindo unha cláusula que dice que todas as actuacións posteriores serán financiadas por parte da Diputación de Pontevedra e por parte do concello a un 50%, dependendo de que estas partidas minoraranse sempre e cando as actuacións por parte doutras administracións participen na reforma deste Estadio. Unha vez solicitada a colaboración e a participación da Xunta de Galicia e do Goberno Central a través da Zona Franca, solicitudes que han sido contestadas de forma desfavorable, nos atopamos neste momento que seguindo avanzando coa reforma do Estadio Municipal de Balaídos, pois nos atopamos que seguimos facendo e traendo a este Pleno Addendas a ese Convenio, complementos a ese Convenio, de desarrollo, que non veñan participadas por outras administracións xa que ata o momento han dito que non, o cal non descartamos que nun futuro digan que si, co cal a participación pase da Diputación, de ser do 50% a ser do 30%, e que foran a partes iguais como foron noutras instalacións municipais deportivas, onde a Xunta de Galicia participou cun 30% e entonces sería 33% o concello de Vigo, 33% a Diputación e 33% a Xunta de Galicia. Pero como ese momento non dá chegado pois ata ese momento todas as actuacións que se fagan no Estadio Municipal de Balaídos seguindo a aprobación deste Convenio, seguirán sendo a partes iguais, 50% a Deputación, 50% a Xunta de Galicia. De forma substancial o que se trae nesta modificación, nesta Addenda do convenio, nesta ampliación do convenio, pois sexa o proxecto, a redacción do proxecto, da grada de Marcador e da grada de Gol, incluído tamén o aparcamiento que vai entre a grada de Gol, a grada de Marcador e en frente da grada de Tribuna. Importe deste proxecto que ascende ós 900.000 euros, xa que é unha obra que ascende a cerca dos 30 millóns de euros. Co cal se licitará neste mismo mes a redacción do proxecto da grada de Marcador, da grada de Gol e do aparcadoiro que se sitúa en frente da grada de Tribuna e que unirá a grada de Marcador e a grada de Gol. Unha demanda histórica, que se truxo xa a este Pleno e que todos os grupos políticos estuveron de acordo. Seguramente, este proxecto é o necesario, é o paso inicial e necesario para poder licitar as posteriores obras de recuperación e remodelación do campo municipal de Balaídos, e seguramente tamén é un paso inicial, indispensable, para poder sacar a concesión calquera obra pública ou instalación pública como é o caso do Campo de Fútbol de Balaídos. Sra. Presidenta.- Gracias. ... Sra. Muñoz Fonteriz.- Si, gracias, gracias Presidenta. Buenos días a todos y a todas. La verdad que es bueno que podamos hablar aquí del convenio de Balaídos, del convenio que se firmó para apoyar las obras y la financiación de las obras de Balaídos. Yo también le agradezco que el Sr. Regades en su intervención pues no sucumbiera a la demagogia y empezara a hablar de que gracias a la nueva Diputación, como oímos en los días pasados, se podía garantizar esa financiación del 50%, sino que reconozca aquí, como está reconociendo, que el convenio en el que se pacta que las obras de Balaídos serán financiadas al 50% por la Diputación de Pontevedra y por el Concello de Vigo, viene de atrás, y desde luego, ese convenio que tiene fecha 8 de julio del 2015, 8 de julio del 2015, ya preveía que a partir de ese momento, independientemente de que pudiera haber aportaciones de otras administraciones iba siempre a ser financiado el resto del importe definitivo al 50% la Diputación y el Concello de Vigo. Y es importante resaltarlo, porque parece, por lo que vimos en los medios de comunicación hace algunos días, que la única, la única Diputación que tenía la medalla de que esto fuera así eran ustedes. Y mírenlo, este convenio, como digo, fue firmado en julio del año 2015 y para refrescarles la memoria, y que se la refresquen también al Sr. Alcalde de Vigo, fue firmado por el Presidente de la Diputación, Rafael Louzán, del Partido Popular, y el alcalde de Vigo. Por tanto, por tanto, el que la Diputación financie el 50% de las obras de Balaídos es gracias al compromiso del Partido Popular, por cierto, mucho costó que finalmente se firmara ese Convenio, le interesaba al Sr. Caballero dilatarlo lo más posible. Pero también hay que ver aquí qué traemos a esta Addenda, porque hay que ver aquí, que eso si que no nos lo ha explicado el Sr. Regades, por qué se trae una Addenda para que la Diputación de Pontevedra asuma el 50% del coste de más de 4 millones de euros que traemos hoy aquí. ¿Por qué se produce esta Addenda?. Bien, está muy bien esa obra y esa licitación de las nuevas gradas de Gol y de Marcador, Sr. Regades, pero usted se ha callado lo más importante, el grueso de la Addenda, los 2 millones de euros que van a pagar los pontevedreses y las pontevedresas, 2 millones de euros de esta Addenda, derivados única y exclusivamente del sobrecoste de las obras de Balaídos que hasta el momento tenemos gracias a la absolutamente nefasta gestión de las obras de Balaídos que está haciendo el gobierno de Vigo. ¿Por qué?. Pues porque hay un sobrecoste en las dos únicas gradas que hasta ahora se han licitado, por cierto, han pasado más de dos años y no han sido capaces más que de hacer una grada y un poquito de otra. Ya, en Tribuna tuvimos que asumir un sobrecoste de casi 400.000 euros. ¿Por qué?. Pues por algo tan sencillo y tan sorprendente como que se olvidaron ustedes de que la estructura tenía que ser aguantada por los pilares de hormigón. Y hoy, sorpresa, ¡oh, sorpresa!, tuvieron que reforzar esa estructura porque sino se hubieran caído. Esa es la calidad con la que ustedes están haciendo las obras de Balaídos, por no hablar de todos los problemas que hay en Tribuna después de sus obras, de que llueve dónde antes no llovía, de que hay unos vestuarios que se van a inundar porque hay un problema de inundaciones cuando llueve, de que hay una sala de prensa que no sirve y que la UEFA nos sacó los colores en un partido de la UEFA porque no valía y pasamos un bochorno internacional. Pero no solamente contentos con eso, también en las obras de Río tuvimos que soportar y estamos teniendo que soportar un elevadísimo sobrecoste, de su mala previsión, de olvidarse de algo también tan sencillo o tan lógico que puede parecernos a todos como la luz. Y todo eso nos llevó a un despropósito de 4 millones de euros de sobrecostes de los que esta Diputación va a pagar 2 millones de euros, eso es lo que usted tenía que haber explicado y no hablarnos de otras cosas que nada tienen que ver. Así que dejen de ponerse ustedes, les pediría, medallas de asumir financiación que no les corresponde, porque insisto, la dejó pactada y firmada el Partido Popular antes de salir de la Diputación de Pontevedra y ustedes la única medalla que se pueden poner es la medalla de los dos millones de euros de sobrecoste de esta Addenda que va a pagar esta Diputación y los pontevedreses y las pontevedresas gracias a que son ustedes incapaces de hacer una obra como Dios manda y que a ustedes se les da, como siempre, mucho mejor hacer declaraciones rimbombantes y hacer muchos anuncios para tapar la realidad de una gestión que es, sinceramente lamentable, Sr. Regades. Muchas gracias. Sra. Presidenta.- Ten vostede a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ah!, ahora, gracias, gracias. No, escoitando á Sra. Muñoz, un é, un non sabe si, … Fala a Sra. Presidenta pero non se escoita. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, se me vai a sobrar bastante, non pasa nada. Mire, é que resulta que estaba escoitando aquí, embelesado, esa explicación de sobre custes e demais, pero o valor, o valor, ás veces convértese en absoluta temeridade, eu creo que podíalle preguntar a algún veterano, e esta Deputación xestionou, fixo a obra do Campo de Pasarón, que a adxudicou por 6,3 millóns e rematou en 19. Claro, con eses antecedentes virnos aquí a deleitar sobre se houbo un exceso ou non houbo en Balaídos, de verdade, é ... senón é temerario anda bastante cerca, ¡eh!. Sra. Presidenta.- ... Sr. Mosquera que lle sobraba o tempo. Agora si ten a palabra o Sr. Regades. Sr. Regades Fernández.- A verdade é que eu lle dou as gracias pola intervención á Sra. Muñoz, ¿non?, descoñece un pouco como funciona o proxecto, voullo a explicar, pero polo menos nas súas formas foi correcta, non nos votou a bronca, eu llo agradezo, porque a verdade é a forma de facer política nas institucións. Datos correspondentes ó executado. Vostede pode ver aquí no documento que hoxe aprobamos, obra de licitación da grada de Tribuna, 5.234.256,94 euros: Total dos gastos executados unha vez a obra rematada da grada de Tribuna, 5.594.823. Bueno, me dice que preto dos douscentos e pico mil euros de diferencia do proxecto ó finalizar a obra. Pois, a verdade, que eu creo que unha obra da envergadura, e de reforma, non dunha obra nova, de reforma dunha grada como é a grada de Tribuna, e sólo ter unha desviación do proxecto ó finalizar os gastos executados na mesma obra de Tribuna, pois cando ascende a douscentos e pico mil euros, eu creo que unha desviación bastante menor, bastante menor. E a diferencia, a diferencia que temos nós á que teñen vós é que vostedes adxudicaron un campo de fútbol por un importe, triplicaron o importe e seguiron co mes contrato, e ustedes contrataron unhas Pousadas por nove millóns e as subiron a vinte e sete millóns co mesmo contrato. E nós si que tivemos, na grada de Tribuna non, porque na grada de Tribuna vólvolle a dicir, tivemos unha desviación do proxecto á obra executada de douscentos e pico mil euros, unha execución menor, de medición, pero si que lle vou dicir, na grada de Río nós adjudicamos a obra, unha vez adjudicada a obra díxose que a parte técnica que había estudiado a estrutura metálica, malla metálica, que tiña a grada de Río, dixo que non aguantaba a modificación e a estrutura porque o estado, cando o foron a comprobar, era peor que a parte que habían feito de cata que decía que esa estrutura aguantaba e que había que cambiar a malla espacial, a malla espacial, que vostede onte podía ver no campo de fútbol, na grada de Río que se está elevando, que se está subindo, que eso está sendo unha realidade, aínda que o Partido Popular estes días tamén nos dicía que non íbamos a poder xogar ó fútbol onte en Balaídos volvimos a xogalo. Pois como esa non se podía executar, rescatamos esa obra, quitámoslle á empresa concesionaria, fixemos o proxecto coas observacións e sacamos a licitación, o proxecto coas actualizacións que se nos decía e coa malla espacial. E as empresas concursaron polo precio coa nova malla espacial. Non se fixo nin un modificado, nin un sobrecoste, nin unha, nin un complementario da obra. Se rescatou e se volveu a sacar a licitación, para que todo o mundo por concorrencia ... Sra. Presidenta.- Non se escoita. Sra. Muñoz Fonteriz.- Si, muchas gracias Presidenta. Sr. Regades, ustedes sacaron un nuevo proyecto no porque quisieran volver a licitarlo y abrirlo a todo el mundo, porque la modificación del proxecto que tenían que hacer, era tan grande, de la metedura de pata tan grande que habían tenido, que superaba el 20% que establece la Ley, Sr. Regades, por el amor de Dios, no nos quiera hacer ver lo blanco negro. Reconozcan ustedes su error, reconozcan que hicieron una mala planificación, que las fotos que se hizo usted viendo el túnel del viento, esas tan bonitas no valieron para nada, porque se hicieron mal como lo están haciendo ustedes en el Estadio de Balaídos, día si y día también, que no dan una. Y si hace referencia al día de ayer, pues efectivamente, el Partido Popular dijo que íbamos a tener un problema con la iluminación en cuanto se hiciera de noche, y no lo dice el Partido Popular, lo dice hoy en la prensa la liga de fútbol profesional, que hizo mediciones ayer y que ha dicho que la luz de Balaídos fue insuficiente en el primer partido de liga que tenemos de noche, que, por cierto lo tenemos ahora, lo tenemos ahora porque ustedes tuvieron que pedirle al Celta que pidiera que los primero partidos de liga se hicieran a primera hora de la tarde. Y, ¿por qué?, porque no son ustedes capaces de cumplir ni una sola fecha, no han cumplido ni la primera fecha desde que nos vienen hablando de la reforma del Estadio de Balaídos. Y cuando uno se equivoca, porque todo el mundo se puede equivocar, y nosotros podemos entender que se equivoquen y que se equivoquen, el que toma las decisiones se equivoca, pero hay que tener humildad para rectificar. Lo que no se puede hacer es querer decirle a los demás que son los que están equivocados. Mire, no, lo que, como ha empezado el Estadio de Balaídos, ha empezado muy mal, llevamos 4 millones de euros de sobrecostes, 400.000 casi de Tribuna y el resto de la grada de Río. ¿Cuántas addendas más van a llevar a este Pleno, van a traernos aquí para firmar de sobrecostes de la mala gestión de las obras del Estadio de Balaídos?, Sr. Regades, ¿cuántas veces vamos a tener que estar aquí votando las adendas?, porque la primera medalla que se puede colgar la Sra. Presidenta de la Diputación es de hacer pagar a los pontevedreses 2 millones de euros de sobrecostes de la mala gestión del gobierno de Vigo, de la que por cierto, aunque ya nadie se acuerda en Vigo es también la 1ª Teniente de Alcalde. Por tanto, vamos a ser serios, vamos a tomarnos las cosas con seriedad, vamos a intentar no cometer los mismos errores que han cometido a lo largo de todos estos años, que por cierto, según sus fechas, que nunca cumplen, ya teníamos que estar inaugurando entero el Estadio nuevo, y tenemos que estar viendo como tenemos una grada y un poquito de otra hecha y el resto nada de nada, los aficionados del Celta se mojan, los aficionados del Celta sufren incomodidades, los aficionados del Celta están pagando que hay un gobierno municipal, que hace muy bien la publicidad pero cuando tiene que gestionar y cuando tiene que hacer lo que tiene que hacer deja bastante que desear. Vamos a apoiar esta Addenda por el Celta pero desde luego no por este gobierno provincial. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sra. Muñoz. Sr. Regades ten dous minutos para pechar o debate. Sr. Regades Fernández.- (Non se escoita). ... e nós cometemos unha ilegalidade, porque á parte vostede utilizou a palabra ilegalidade, cometimos unha ilegalidade en Pasarón, porque de 6,5 se o pasamos a 19 e o adxudicamos directamente á mesma empresa que estaba realizando as obras, eso vostede está dicindo que é unha ilegalidade que nós non fixemos, por suposto. E nas Pousadas do 9 a 27, vós, según a súa declaración, fixéchedes unha ilegalidade, porque llo adxudicáchedes ás mesmas empresas que estaban traballando nas Pousadas. Nós non, nós non, atopámonos que os técnicos nos dixeron, esta estrutura, esta malla metálica non aguanta, cambiar o proxecto, cambiamos o proxecto e o volvemos a sacar a licitación. Eu vólvolle a insistir, está mentindo cando di os 4 millóns de euros, e eu sei que minte por unha cousa, Sra. Muñoz, porque eu sei que vostede é unha persoa moi intelixente, entonces despois que eu lle explicara cal era o orzamento inicial de Tribuna, cal era o orzamento final de Tribuna, e que un millón de euros se adica a novos proxectos, porque seguimos avanzando, como xa dicía o priego, estoulle dicindo que non hai unha desviación, senón que hai novas obras, novas formas de construír Balaídos, como lle estamos dicindo, é que xa estaban contempladas, que dicíamos, todas as obras novas que se fai en Balaídos, como é o caso de Gol e Marcador, pois serán a maiores, estoulle dicindo un millón de euros, ustede, non sei, se é que confunde catrocentos con catro millóns ou que nos quere confundir a todos ou que nos quere tomar o pelo, porque eu estou convencido de que ustede é unha persoa moi intelixente. E, a verdade, a UEFA onte non dixo eso, porque eu se quere lle enseño as medicións que temos no día anterior, e o que daban as medicións, por un organismo homologado, por uns aparatos de medición de medida certificados, e por unha empresa recoñecida e homologada. É dicir, que nós temos as medicións, que o alcalde de Vigo hoxe presentou ante os medios de comunicación, e o que lles fastidia, e o que lles fastidia, e o que lles fastidia é que estamos facendo unha gran reforma de Balaídos, un gran campo ... Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. Regades, Sr. Regades, rematou o seu tempo, Sr. Regades, rematou o seu tempo. Vamos a ter a festa en paz. Vamos a votar a Addenda para a adecuación financeira e o prazo do Convenio de colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización das obras de remodelación do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda aprobado por 26 votos a favor e unha abstención. Do exame do expediente quedan acreditados os seguintes antecedentes: PRIMEIRO.- En data 08/07/2015 asinouse un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra, co obxecto da realización das obras de remodelación do Estadio Municipal de Fútbol de Balaídos. Segundo o seu pacto primeiro, as actuacións vinculadas ó convenio atópanse definidas no Plan Director de Remodelación do Estadio de Fútbol Municipal de Balaídos, que recolle unha planificación de execución por fases en relación a cada unhas das gradas do estadio. SEGUNDO.- O pacto décimo primeiro do convenio prevía a constitución dunha “Comisión Paritaria de Seguimento” para a execución do mesmo, así como para a aprobación dos plans de execución das obras que constitúen o seu obxecto e para a solución das dúbidas que a súa interpretación poida motivar. A comisión na súa reunión do 06/09/2017, como resultado da avaliación do estado do plan de actuación, á vista do informe técnico de 06/10/2016, conformado polo enxeñeiro xefe do Servizo de Cooperación cos Municipios e as incidencias xurdidas na execución da obra, acordou unha proposta de adecuación do financiamento e do prazo de execución das obras. Esta proposta inclúe a execución da Fase II das gradas de Río e Tribuna, e a licitación da redacción dos proxectos técnicos para as obras nas gradas de Gol e Marcador. En total as actuacións a executar ascenden a 13.718.088,17 euros, que de acordo coa distribución do financiamento por ambas partes prevista no convenio, 50% para cada unha, supón un custe de 6.859.044,09 euros para cada administración. TERCEIRO.- A achega inicial prevista para o convenio ascendía a 8.740.250,88 euros, que coa referida distribución ó 50% supoñía unha achega para a Deputación de 4.370.125,44 euros. En consecuencia, para financiar o novo custe referido no parágrafo anterior, a proposta de adecuación financeira supón incrementar a achega da Deputación en 2.488.918,65 euros, e que se realizará na anualidade 2017 contra a aplicación 17/942.3420.762.58.2016 na que existe crédito e ten designado como beneficiario ó concello para a realización das obras previstas neste convenio. CUARTO.- Vista a proposta de adecuación financeira do convenio efectuada pola Comisión Paritaria de Seguimento na súa sesión de 08/09/2017, esta inclúe a aprobación dunha addenda ó convenio que recolla a nova distribución do gasto, as achegas que ten que realizar cada unha das partes, así como a ampliación do prazo de execución. A proposta de addenda prevé que a nova achega se distribúa nas anualidades 2017 a 2019 do seguinte xeito: 2017 2017 2018 2019 Achegas comprometidas TOTAL Concello de Vigo 5.939.090,63 € - € 650.000,00 € 269.953,46 € 6.859.044,09 € Deputación de Pontevedra 4.370.125,44 € 2.488.918,65 € 6.859.044,09 € QUINTO.- A proposta de addenda infórmase pola xefa do Servizo de Cooperación, e asemade, pola Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra. Pola súa banda, solicítase a Intervención Xeral provincial, logo de dar conta dos antecedentes e normativa de aplicación, a fiscalización e conformidade do expediente. SEXTO.- Previo a súa aprobación polo Pleno, sométese ó ditame da Comisión Informativa de Cooperación cos Municipios a proposta de addenda ó convenio de colaboración. FUNDAMENTOS XURÍDICOS Réxime Xurídico:  Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS), e o seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS).  Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL).  Lei 5/1997, de 22 de xullo, Reguladora da Administración Local de Galicia (LALGA).  Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das administracións públicas (LPACAP).  Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público (LRXSP).  Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG).  Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRXEL).  Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2017.  Ordenanza Xeral de Subvencións da Deputación de Pontevedra (Ordenanza Xeral). Consideracións Xurídicas: Competencia:  Artigos 25.2.l) da LRBRL e 80.2.n) da LALGA que atribúenlles ós concellos competencias en materia de promoción do deporte e instalacións deportivas e de ocupación do tempo libre.  Artigo 36.1) da LRBRL que encomenda ás deputacións o aseguramento da prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal; competencia en relación coa cal a Deputación Provincial de Pontevedra ten previsto na súa planificación a mellora das infraestruturas dos equipamentos deportivos dos concellos da provincia. Petición e evacuación de informes:  Artigos 79 e 80 da LPACAP sobre a petición e a evacuación de informes.  Artigo 88.6 da LPACAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma.  Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención.  Artigo 172 do ROFRXEL, que dispón que o xefe da Dependencia á que corresponda tramitar o expediente deberá emitir un informe, expoñendo os antecedentes e as disposicións legais ou regulamentarias en que funde o seu criterio.  Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2017, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función.  Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes se estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. Procedencia da Addenda  Artigo 48.5. da LRXSP, que dispón que os convenios que inclúan compromisos financeiros deberán ser financeiramente sostibles, debendo quen os subscriban ter capacidade para financiar os asumidos durante a vixencia do convenio. En consonancia con anterior o artigo 49.d) dispón entre o contido mínimo dos convenios, as obrigas e compromisos económicos asumidos por cada parte e a súa distribución temporal por anualidades. O pacto 9º do convenio recolle que as partes asinantes, comprométense á estabilidade do financiamento inicial con independencia das baixas que se produzan na adxudicación de cada un dos proxectos que conforman o PLAN, sendo estas aplicadas a garantir o financiamento dos modificados do proxecto e do contrato até o límite fixado nos Pregos de Cláusulas Administrativas, sempre coa supervisión da Comisión de seguimento. As modificacións que se fagan, sempre dentro do importe definitivo que corresponda, deberán dar lugar á tramitación de addendas ó convenio.  Artigo 49.f) da LRXSP que recolle como contido mínimo dos convenios os mecanismos de seguimento, vixilancia e control da execución do convenio e dos compromisos adquiridos. A estes efectos o pacto 11º preveu a unha Comisión Paritaria de Seguimento, na que se deu conta do estado de execución do convenio e propón a aprobación dunha addenda para adecuar os compromisos financeiros e o prazo de execución.  Artigo 49.g) da LRXSP, que dispón que os convenios deben incluír o seu réxime de modificación, para o que os pactos terceiro e quinto do convenio relativos ás obrigas económicas do Concello e Deputación, prevén a solicitude de prórroga nos prazos de execución, se por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas as actuacións non puideran ser executadas nos prazos previstos, co fin de coordinar a previsión orzamentaria das anualidades comprometidas.  Artigo 49.h.2º) da LRXSP, que establece como regra ó respecto da vixencia dos convenios, que en calquera momento antes da finalización do prazo de vixencia do convenio, os asinantes poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un período de ata catro anos adicionais. Ó abeiro desta regra, o pacto 13º prevía a prórroga da súa vixencia, de mediar causa xustificativa, e previa tramitación do oportuno expediente. CONCLUSIÓNS Á vista do estado de execución do convenio, das incidencias xurdidas, e do informe do Enxeñeiro Xefe de Cooperación, a súa Comisión Paritaria de Seguimento propón a sinatura dunha addenda que é o financiamento e o prazo de execución das obras. Esta proposta supón un incremento dos compromisos adquiridos polas partes, manténdose no seu reparto a proporcionalidade inicial do 50% prevista no convenio. Asemade, para dar remate ás obras en curso a proposta inclúe estender o prazo de vixencia do convenio ata o 31/12/2019. Precisamente, esta ampliación do seu prazo e a adecuación financeira dos compromisos de gasto, son as causas xustificativas dunha addenda ó convenio, consonte ó previsto no seu pacto 9º. Por todo o exposto e á vista dos antecedentes e fundamentos de dereitos aplicables, e visto que as circunstancias o aconsellan e con iso non se prexudican dereitos de terceiros, informo favorablemente a sinatura dunha addenda para a adecuación financeira e o prazo do Convenio de Colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización das obras de remodelación do Estadio Municipal de Balaídos co fin de ampliar o seu período de vixencia ata o 31 de decembro de 2019, así como adecuar as achegas económicas inicialmente comprometidas. RÉXIME COMPETENCIAL: De conformidade co disposto no artigo 10.4 da LXS, que sinala que a competencia para conceder subvencións nas corporacións locais correspóndelle ós órganos que teñan atribuídas tales funcións na lexislación de réxime local, en virtude do establecido no artigo 33 da LRBRL e na base 16ª.3.b) das Bases de Execución do Orzamento provincial, compételle ó Pleno a autorización e disposición do gasto. Este informe non ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedente co seu superior criterio decidirá. En consecuencia, á vista dos informes da xefa do Servizo de Cooperación, da Intervención Provincial e da Secretaría Xeral e do ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP, do PSdeG-PSOE e do BNG, e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON):  Aprobar a addenda para a adecuación financeira e o prazo do “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ESTADIO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BALAIDOS”, cuxo teor literal é o seguinte: “ADDENDA PARA A ADECUACIÓN FINANCEIRA E O PRAZO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O EXCMO. CONCELLO DE VIGO E A EXCMA. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA A REALIZACIÓN DAS OBRAS DE REMODELACIÓN DO ESTADIO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BALAIDOS. Pontevedra, a ___ de ______________ de 2017 REUNIDOS Dunha parte, Don Abel Caballero Álvarez, Alcalde-Presidente do Concello de Vigo, na representación legal que do mesmo lle atribúe o artigo 124.4.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Doutra parte, Dona María del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, na representación legal que da mesma lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. E actuando Dona María Concepción Campos Acuña, en calidade de secretaria do Concello de Vigo, e Don Carlos Cuadrado Romay en calidade de secretario xeral da Deputación de Pontevedra, dando fe do acto que se celebra. As partes recoñécense mutuamente plena lexitimación, representación e a capacidade legal necesaria para subscribir a presente addenda ao convenio de colaboración e, con tal fin EXPOÑEN: I.- Que con data de 08/07/2015 foi asinado o Convenio de Colaboración entre o Excmo. Concello de Vigo e a Excma. Deputación de Pontevedra para a realización das obras DE REMODELACIÓN DO ESTADIO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE BALAIDOS. II.- Que o convenio asinado, no seu pacto “Noveno” indica que: “As partes asinantes do convenio, comprométense á estabilidade do financiamento inicial con independencia das baixas que se produzan na adxudicación de cada un dos proxectos que conforman o PLAN, sendo estas aplicadas a garantir o financiamento dos modificados do proxecto e do contrato até o límite fixado nos Pregos de Cláusulas Administrativas, sempre coa supervisión da Comisión de seguimento. As modificacións que se fagan, sempre dentro do importe definitivo que corresponda, deberán dar lugar a tramitación de addendas ó convenio”. III.- Que o pacto “Décimo primeiro” do mesmo convenio prevé unha “Comisión paritaria de seguimento” para a execución do mesmo, así como para a aprobación dos plans de execución das obras que constitúen o seu obxecto e para a solución das dúbidas que a súa interpretación poida motivar. Dita comisión de seguimento constituíuse en representación das partes polas perceptivas resolucións da Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra de data 23 de setembro de 2015, e, no que ao Concello de Vigo se refire, pola resolución da Alcaldía-Presidencia de data 16 de outubro de 2015. IV.- En relación aos axustes temporais na execución do convenio, disponse neste que: • Dentro das obrigas de achegas económicas polo Concello de Vigo, o apartado 3.3.-Axuste e prórroga de anualidades- do devandito convenio, establece que: «Co fin de coordinar a previsión orzamentaria das anualidades comprometidas, se por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, as actuacións non puideran ser executadas nos prazos previstos, poderá ser solicitada prórroga nos prazos de execución». • Dentro das obrigas de achegas económicas da Deputación Provincial de Pontevedra, o apartado 5.3.-Axuste e prórroga de anualidades- do convenio, dispón que: «Co fin de coordinar a previsión orzamentaria das anualidades comprometidas, se por circunstancias excepcionais debidamente xustificadas, as actuacións non puideran ser executadas nos prazos previstos, poderá ser solicitada prórroga nos prazos de execución. • E o pacto “décimo terceiro” do convenio estipula que: «A vixencia do presente convenio estendérase dende a data da súa sinatura ata o 31 de decembro de 2017, sen prexuízo de que, de mediar algunha causa que o xustifique, poidan ser prorrogados, logo da tramitación do oportuno expediente administrativo» e que «As restantes obrigas manterán a súa vixencia ata o total cumprimento das previsións establecidas, de modo que se acaden os fins perseguidos por este convenio». V.- Que, en data 6 de setembro de 2017, a “Comisión de Seguimento do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra para a realización das obras de remodelación do estadio municipal de fútbol de Balaídos”, en base ó estado de execución das obras de remodelación do Estadio de Balaídos e ás incidencias xurdidas na mesma, aprobou por unanimidade a proposta de adecuación do financiamento e do prazo de execución das obras obxecto do citado convenio, e tendo en conta a execución real das obras ás que se refiren as propostas, faise necesario concretar a adecuación financeira do citado convenio de acordo cos datos das actuacións executadas, a devandita data, así como dos compromisos de gasto necesarios para facer fronte ás futuras obrigas, que se estiman nos seguintes apartados: a.- GRADA DE RIO: De acordo cos datos recollidos no informe técnico elaborado o 6 de outubro de 2016, conformado polo enxeñeiro xefe do Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación de Pontevedra, a execución das actuacións desta obra implican o gasto que segue: Gastos executados da Grada de Rio vinculados coa fase I: 390.771.49 € (*) Estudos técnicos para fase II Grada de Rio 15.947,80 € (*) Novo Proxecto para licitación Fase II Grada de Rio: 6.777.293,55 € Actualización dos datos derivados da continuidade das actuacións: De acordo cos datos que constan no expediente administrativo 4051/440, a adxudicación do contrato de REFORMA DA CUBERTA E GRADA DE RIO DO ESTADIO MUNICIPAL DE BALAIDOS, tivo lugar por acordo da Xunta de Goberno Local, de 5 de decembro de 2016, a favor da mercantil S.A. DE OBRAS Y SERVICIOS COPASA, por un importe de 5.529.700,00 €. Dito acordo de adxudicación foi formalizado coa sinatura do correspondente contrato o 7 de febreiro de 2017, unha vez resolto polo Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, o recurso especial en materia de contratación nº 1240/2016 CA Galicia 170/2016, presentado contra o acordo da XGL de adxudicación do contrato. A acta de comprobación de replanteo foi asinada con data 14 de febreiro de 2017 e, de acordo co disposto no apartado 4.a das FEC do PCAP, o prazo de execución da obra é de 12 meses, polo cal o remate desta obra terá lugar no ano 2018, o cal implica a necesidade de adecuar a esta data o prazo da vixencia do convenio no que a esta obra se refire. A previsión do custe de execución establécese tendo en conta o importe de adxudicación, así como as previsións de gasto derivadas das asistencias técnicas especializadas para o seguimento da obra. Por outro lado, consígnase como provisión os importes derivados das posibles execucións de obra en relación aos artigos 234.3 TRLCSP, e ao artigo 15.d, das FEC do PCAP. Por outra banda será necesario ter en conta que derivado do proceso de licitación, non foi cuberta a mellora prevista para a colocación de asentos na GRADA DE RIO BAIXO, estimado nun importe de execución material de 285.000,00 €, polo cal é necesario contemplar o crédito necesario para realizar un proceso de licitación individualizado para a colocación dos asentos na GRADA DE RIO BAIXO. Adxudicación da licitación. Fase II Grada de Rio: 5.529.700,00 € (*) Provisión art. 234.3 TRLCSP RIO II e artigo 15.d, das FEC do PCAP 889.175,76 € (*) Coordinación SS e Saúde obra RIO II 15.000,00 € (*) Provisión asistencia Técnica sobre control estruturas 21.175,00 € (*) Provisión asistencia Técnica sobre control instalacións 11.495,00 € (*) Importe licitación Asentos Grada de Rio Baixo 350.000,00 € (*) TOTAL DAS OBRIGAS ECONÓMICAS DERIVADAS DA EXECUCIÓN DA OBRA DA GRADA DE RIO: Total de gastos executados Grada de Rio fase I 406.719,29 € (*) Total de gastos executados e provisión gastos Grada de Rio fase II 6.816.545,76 € (*) Total: sumatorio dos importes indicados con (*) 7.223.265,05 € b.- GRADA DE TRIBUNA: De acordo cos datos recollidos no devandito informe técnico elaborado o 6 de outubro de 2016, conformado polo enxeñeiro xefe do Servizo de Cooperación cos Municipios da Deputación de Pontevedra, a execución da actuación desta obra supón o seguinte gasto. Licitación obra TRIBUNA: 5.234.256,94 € Adxudicación obra TRIBUNA 4.643.980,00 € (*) Modificado nº 1 Obra GRADA TRIBUNA 510.594,25 € (*) Actualización dos datos derivados da continuidade das actuacións, xa que na actualidade (referencia de final de abril de 2017) esta obra se atopa finalizada: Liquidación execución art. 234.3 TRLCSP GRADA TRIBUNA (9,48%) 440.248,87 € (*) TOTAL DAS OBRIGAS ECONÓMICAS DERIVADAS DA EXECUCIÓN DA OBRA DA GRADA DE TRIBUNA: Total de gastos executados GRADA DE TRIBUNA. Sumatorio dos importes indicados (*). 5.594.823,12 € c.- GRADAS DE MARCADOR E GOL: O convenio vixente recolle no pacto "sexto" o compromiso de financiación das gradas de Marcador e Gol, indicando que o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra, se comprometen a financiar o importe definitivo dos proxectos destas dúas gradas que non se atopen vinculados ás aportacións doutros axentes financiadores. Ditas aportacións sempre terán como referencia proporcional para o Concello de Vigo e a Deputación Provincial de Pontevedra o límite máximo do 50 % do importe definitivo das actuacións para cada entidade. Así mesmo esta cláusula indica que o desenvolvemento deste apartado, e polo tanto o compromiso de adecuación da financiación correspondente en cada entidade, se iniciará coa presentación por parte do Concello de Vigo dos proxectos de actuación para as gradas de Marcador e Gol á Comisión de seguimento deste convenio, e coa aprobación dos proxectos de execución pola Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo. Así mesmo, unha vez se teñan redactados os proxectos e cerrado o seu financiamento deberanse aprobar as correspondentes addendas a este convenio, de conformidade co previsto no apartado 3 do pacto segundo. Para o desenvolvemento dos compromisos de gasto para as obras de remodelación das gradas de Gol e Marcador, é necesario iniciar os procesos para a redacción dos proxectos Básico e de Execución que deberá contemplar todas as consideracións técnicas, regulamentarias e legais precisas, e contarán con expresa xustificación técnica das solucións adoptadas, para a remodelación das Gradas “Grada de Gol”, e “Grada de Marcador” así como a adecuación da contorna. Así mesmo o proxecto básico a desenvolver será o que valore e determine de forma razoada os límites estritos da actuación, tanto para a conexión viaria, a ubicación dos accesos peonís e rodados, a proposta de ordenación para os espazos complementarios e urbanización final do ámbito, así como as redes de servizos que resulten necesarias. Estudarase igualmente a necesidade e compatibilidade da execución dun aparcamento soterrado, tendo en conta os condicionantes urbanísticos e sectoriais. Esta proposta contemplará unha primeira fase a través da redacción do proxecto básico que posibilitará o inicio dos trámites correspondentes para a tramitación urbanística que posibilite o desenvolvemento do proxecto de execución, e posteriormente nunha segunda fase se procederá á redacción do proxecto de execución de obra para a execución destas novas gradas. En base a todo o exposto e co obxecto de poder iniciar a tramitación administrativa conducente á redacción dos proxectos básicos e de execución para as obras das gradas de Gol e Marcador a previsión económica establécese de acordo cos seguintes datos: Grada de Gol: Proxecto básico (40% ) importe aproximado para licitación: 180.000,00 € Proxecto de execución (60%) importe aproximado para licitación: 270.000,00 € TOTAL: 450.000,00 € Grada de Marcador: Proxecto básico (40%) importe aproximado para licitación: 180.000,00 € Proxecto de execución (60%) importe aproximado para licitación: 270.000,00 € TOTAL: 450.000,00 € RESUMEN DAS ACTUACIÓNS: Previsión de execución das achegas de acordo coa previsión de execución das actuacións: Estimación de créditos Total 50% Concello 50 % Deputación Créditos executados a 31/12/2016 (distribución) 5.681.181,25 € 2.840.590,63 € 2.840.590,63 € Grada de Rio fase I 390.771,49 € As. Tec Estudo técnico Rio fase II 15.947,80 € Certificacións abonadas obra Tribuna 5.274.461,96 € Estimación de créditos Total 50% Concello 50 % Deputación Previsión de execución das actuacións iniciadas para finalización actuacións: • Grada de Tribuna 2017 • Grada de Rio fase II 2017/2018 8.036.906,92 € 4.018.453,46 € 4.018.453,46 € Certificacións e final obra TRIBUNA 320.361,16 € Execución obra da grada RIO fase II 5.529.700,00 € Coordinación SS e Saúde obra RIO II 15.000,00 € Provisión art. 234.3 TRLCSP RIO II e artigo 15.d, das FEC do PCAP 889.175,76 € Provisión asistencia Técnica sobre control estruturas 21.175,00 € Provisión asistencia Técnica sobre control instalacións 11.495,00 € Importe licitación Asentos Grada de Rio Baixo 350.000,00 € Estimación licitación Redacción Proxecto básico e de execución das obras (2018/2019 para: • Grada de Gol • Grada de Marcador 360.000,00 € 540.000,00 € Estimación de créditos Total 50% Concello 50 % Deputación TOTAL DAS ACTUACIÓNS 13.718.088,17 € 6.859.044,09 € 6.859.044,09 € COMPROMISOS DE ADECUACIÓN FINANCEIRA DO CONVENIO Total cada administración crédito orzamentario aportado Crédito a aportar Total compromiso aportación Concello 6.859.044,09 € 5.939.090.63 € 919.953,46 € Total compromiso aportación Deputación 6.859.044,09 € 4.370.125.44 € 2.488.918,65 € VI.- Por todo o anteriormente exposto, ambas as partes manifestan expresamente o seu propósito de asinar unha addenda ao convenio de colaboración de referencia co obxecto de proceder á adecuación financeira e temporal das obrigas das partes en relación ó obxecto do convenio; addenda que asinan conforme aos seguintes PACTOS PRIMEIRO.- A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo acordan adecuar nos termos consignados no expoñendo V da presente addenda os compromisos económicos inicialmente pactados no convenio asinado, con data 8 de xullo de 2015, entre as mesmas partes, para a execución proxectos de obras de remodelación das gradas de Rio e Tribuna do Estadio de Balaídos, comprometéndose a realizar os axustes orzamentarios precisos para garantir o seu cumprimento. SEGUNDO.- A Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vigo acordan adecuar o prazo de vixencia do convenio, no que se refire á execución dos proxectos de obras para a remodelación das gradas de Rio e Tribuna do Estadio de Balaídos, ampliándoo ata o día 31 de decembro de 2019. TERCEIRO.- As achegas económicas que, como consecuencia da presente adecuación, comprometen ambas Administracións locais teñen a condición de máximas e poderán ser minoradas en función do seu custe real final unha vez rematadas estas e de acordo coa seguinte distribución de anualidades: Distribución en anualidades: 2017 2017 2018 2019 Aportacións comprometi-das TOTAL Concello de Vigo 5.939.090,63 € - € 650.000,00 € 269.953,46 € 6.859.044,09 € Deputación Pontevedra 4.370.125,44 € 2.488.918,65 € 6.859.044,09 € E para que así conste, en proba de conformidade, as partes asinan a presente addenda no lugar e data sinalados no seu encabezamento. O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo Asdo.: Abel Caballero Álvarez A Presidenta da Deputación de Pontevedra Asdo.: María del Carmen Silva Rego A Secretaria do Concello de Vigo Asdo.: Mª Concepción Campos Acuña O Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra Asdo.: Carlos Cuadrado Romay FACULTAR á Presidenta para formalizar a devandita Addenda mediante a súa sinatura.” 5.6999.- APROBACIÓN INICIAL DO REGULAMENTO PARA UN USO INCLUSIVO DAS LINGUAXES NA DEPUTACIÓN Sra. Presidenta.- Punto 5. Aprobación inicial do Regulamento para un uso inclusivo das linguaxes na Deputación de Pontevedra. ... (Non se escoita). Sra. Abelairas Rodríguez.- Bos días Presidenta, bos días deputadas e deputados. Vanme permitir que si, que presuma, dicía o Sr. Moldes que presumimos, pero eu creo que estamos para presumir. Dous anos, dous anos desde que tomamos posesión na Deputación de Pontevedra, dous anos dun compromiso da Presidenta e do equipo de goberno de facer todo o posible porque a igualdade chegara á Deputación de Pontevedra, porque a igualdade fora real. Accións que facemos en todos e cada un dos concellos con programas específicos. Pero, había un compromiso, o primeiro deles, que era corrixir todas aquelas accións que invisibilizaban ás mulleres, e unha das máis importantes era a linguaxe. Como saben vostedes a linguaxe é un instrumento que temos para crear pensamento, conviccións e formas de entender e relacionarse no mundo. Non podemos, por tanto, obviar a importancia do seu uso. Ahora que está moito de moda a programación neuro lingüística, afortunadamente, sabemos que aquelo que non se nomea non existe. Por eso traemos hoxe a aprobación deste Pleno a aprobación do Regulamento para un uso inclusivo das linguaxes na Deputación de Pontevedra. Todo esto é froito dun traballo exhaustivo, dun traballo feito coa colaboración de todas as xefaturas de servizo, das funcionarias e dos funcionarios da Deputación de Pontevedra, que formaron parte dun traballo que se fixo, nunha primeira fase de diagnóstico, estudando a documentación interna e externa, todas aquelas, fluxos de comunicación, documentos escritos, iconografías, etc., etc., o cal desde aquí, desde o equipo de goberno lle damos as gracias. Durante o segundo semestre do ano 2016 realizáronse enquisas, entrevistas, detectando as posibilidades de intervención para mellorar a implantación da linguaxe. Unha vez rematada a fase de diagnóstico puxéronse en marcha catro, sete obradoiros, catro deles orientados ó persoal da administración, dous a persoal educativo e un a persoal da prensa e comunicación. Con toda esta información traemos o regulamento que é de obrigado cumprimento para todos e cada unha dos servizos da Deputación en todas e cada unha das súas comunicacións, xa sexan orais como escritas. O que estamos a facer é cumprir coa legalidade e co Decreto Lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de Igualdade, e que no capítulo 2 específica a erradicación dun uso sexista da linguaxe; no artigo 12, a erradicación do sexismo na linguaxe institucional e social. E este Regulamento que estou segura que todos van a votar por unanimidade é o recoñecemento ó traballo feito por todas e cada unha das persoas que formaron parte deste proxecto, tanto funcionarias e funcionarios de xefaturas de servizo, coordinadas desde o Servizo de Igualdade, e cumprir o obxectivo que a Presidenta da Deputación, no seu programa de goberno, anunciou. Por eso, para min é especialmente importante facer esta presentación. Teñen vostedes aí unha guía que lles dará moitisima información para que poidan cambiar eses usos que temos da linguaxe. E a Presidenta me vai a permitir que lea algo que chegou hoxe ó correo da área de Igualdade, i que demostra que estamos polo bo camiño: “Buenos días, hoy he leído en la prensa que han creado una guía de comunicación inclusiva con el objetivo del lenguaje sexista ... de la comunicación. Quisiera felicitarles por esta iniciativa tan positiva como necesaria. El lenguaje de manera subliminal también transmite un mensaje, y siempre debería fomentar la igualdad aunque lamentablemente no sea el caso. Me gustaría solicitarles un ejemplar de esta guía, para poder conocer su contenido y aplicar a aquello que sea factible dentro de mis competencias. Somos una empresa compuesta en su mayoría por mujeres y cuya directora es una mujer. Creemos en la igualdad de hecho y de derecho. De nuevo mi más sincera en hora buena por esta iniciativa y ojalá sirva de ejemplo.” Esto vén, Presidenta, dun hotel de Celanova, co cal creo que, solamente con esto, razón suficiente para que todos apoiemos esta iniciativa. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sra. Abelairas. Sr. Jácome, ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día a todas e a todos. Certamente este pequeno gran paso que imos a dar na Deputación con este Regulamento, debería servir de referente non só nesta Institución senón tamén noutras. Un documento que amosa respecto, equidade e igualdade. Sen dúbida, dende a Coalición Son, animamos a todas e todos os deputados a facer o máximo esforzo en aplicalo. Todas as persoas que ostentamos unha representación pública temos o deber de dar exemplo na medida das nosas posibilidades e sobre todo nos campos que consideramos máis importantes e que van moito máis aló do simbólico. Usando a linguaxe de maneira correcta, sen deixar que as mulleres non se sintan representadas nas nosas verbas. Elas son máis do 50% da poboación e efectivamente o que non se nomea non existe. As palabras non son nunca un campo obxectivo senón que son un auténtico campo de batalla ideolóxico, e son, efectivamente, capaces de mudar á realidade. Parabéns a todas as persoas que contribuíron a esta guía, e, estamos, efectivamente, dando un paso importante nun bo camiño. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Moitas gracias Sr. Jácome. Sometemos a votación a aprobación inicial do Regulamento para un uso inclusivo das linguaxes na Deputación. ¿Votos a favor?. Queda aprobado por unanimidade. A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establece como criterio de actuación de todos os poderes públicos, a utilización dunha linguaxe non sexista. No título II, sobre as políticas públicas para a igualdade, regúlase no seu artigo 14.11, como criterio xeral de actuación dos poderes públicos, “a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas”. Para aplicar o principio de igualdade de trato e de oportunidades na sociedade da información, no artigo 28.4 establécese que “nos proxectos do ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación sufragados total ou parcialmente con diñeiro público se garantirá que a súa linguaxe e contidos non sexan sexistas”. Finalmente, no título III, dedicado á igualdade e medios de comunicación, regúlanse medidas específicas para implantar a igualdade nos medios de comunicación social de titularidade pública. No Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, postúlase a erradicación do sexismo na linguaxe institucional e social; nos medios de comunicación, especialmente na publicidade; na educación e formación para igualdade entre mulleres e homes e nas relacións laborais. No Pleno da Corporación Provincial na súa sesión ordinaria do día 30 de xuño de 2017, adoptou por unanimidade aprobar unha Declaración Institucional para seguir potenciando a linguaxe inclusiva na Deputación de Pontevedra en todas as bases, comunicados e documentos oficiais e, comprometeuse a seguir impulsando o uso dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto nas actuacións administrativas internas e externas coma nas relacións coa cidadanía e as demais organizacións e institucións. Na Declaración Institucional, a Deputación tamén se comprometeu a elaborar, aprobar e poñer en marcha un regulamento de uso de comunicación incluínte, así como editar unha guía que facilite a implantación desta comunicación e dar formación específica sobre comunicación e linguaxe como elementos de cambio cara a unha socialización en clave de igualdade dentro da programación da Escola de Igualdade María Vinyals. Para regular en detalle o uso e emprego dunha linguaxe inclusiva elaborouse o necesario Regulamento polo Servizo de Igualdade cuxo contido completo obra no expediente administrativo da súa razón. Así mesmo tamén se edita unha guía, que servirá como documento-guía con recursos e recomendacións adaptadas á comunicación escrita, iconográfica e dixital. Por iso, coa finalidade de continuar a tramitación do expediente e á vista do informe emitido pola Secretaría Xeral e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Xuventude, Deportes e Igualdade, o Pleno acorda, por unanimidade: 1. A aprobación inicial do Regulamento para un uso inclusivo das linguaxes na Deputación de Pontevedra. 2. A exposición pública do mesmo por un prazo de trinta días a efectos de alegacións, mediante anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de edictos da Deputación e na súa páxina web. No caso de non presentarse alegacións o Regulamento entenderase definitivamente aprobado. 3. Resoltas as reclamacións polo Pleno da Corporación, de ser o caso, ou elevado a definitivo o acordo inicial, de non se formular alegacións, procederase á publicación do texto íntegro do Regulamento no Boletín Oficial da Provincia, non entrando en vigor ata que se efectúe dita publicación e transcorra o prazo sinalado no artigo 65.2 da Lei de Bases de Réxime Local. Dito Regulamento é como segue: REGULAMENTO PARA UN USO INCLUSIVO DAS LINGUAXES NA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Na Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establécese, como criterio de actuación de todos os poderes públicos, a utilización dunha linguaxe non sexista. No título II, sobre as políticas públicas para a igualdade, regúlase no seu artigo 14.11, como criterio xeral de actuación dos poderes públicos, “a implantación dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo e o seu fomento na totalidade das relacións sociais, culturais e artísticas”. Para aplicar o principio de igualdade de trato e de oportunidades na sociedade da información, no artigo 28.4 establécese que “nos proxectos do ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación sufragados total ou parcialmente con diñeiro público garantirase que a súa linguaxe e contidos non sexan sexistas”. Finalmente, no título III, dedicado á igualdade e medios de comunicación, regúlanse medidas específicas para implantar a igualdade nos medios de comunicación social de titularidade pública. Do mesmo modo, no Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o Texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, postúlase a erradicación do sexismo na linguaxe institucional e social; nos medios de comunicación, especialmente na publicidade; na educación e formación para igualdade entre mulleres e homes e nas relacións laborais. Conforme a este marco legal a Deputación de Pontevedra comprométese a utilizar unha linguaxe oral, escrita e iconográfica incluínte e exenta de sexismo que promova a igualdade efectiva entre mulleres e homes. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación. Este regulamento é de obrigado cumprimento para todos os órganos, servizos, departamentos, centros, etc. que integran a Deputación de Pontevedra, así como para o conxunto das persoas traballadoras desta institución. Os usos non sexistas da linguaxe escrita, oral e iconográfica da Deputación de Pontevedra regularanse polos criterios que se establecen neste documento e será responsabilidade dos órganos de goberno da Deputación velar pola súa aplicación e cumprimento. A Deputación de Pontevedra empregará unha linguaxe inclusiva e non sexista tanto nas actuacións administrativas internas e externas coma nas relacións coa cidadanía e coas entidades públicas de Galicia. CAPÍTULO I. CRITERIOS BÁSICOS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE NON SEXISTA Artigo 2. Emprego sexista das linguaxes. As linguaxes empréganse de forma sexista cando:  Utilizan unha perspectiva androcentrista, tomando o masculino como modelo universal, invisibilizando, ocultando e dificultando a identificación das mulleres.  Usan un tratamento discriminatorio e peor cara ás mulleres, situándoas en posicións de subordinación ou inferioridade.  Transmiten estereotipos e roles sexistas, ligando as mulleres coas responsabilidades do fogar e cos coidados e asignándolles diferencialmente a mulleres e homes capacidades “naturais” para o exercicio profesional de tarefas asociadas ao mundo dos coidados para unhas e ao mundo público para os outros. Artigo 3. Recomendacións na linguaxe escrita e oral. Na lingua oral e escrita empregaranse as seguintes estratexias para xerar textos exentos de sexismo:  Nun documento no que se coñece a quen vai dirixido utilizar sempre o xénero gramatical que corresponda.  Evitar o uso do xénero gramatical masculino como xenérico e substituílo por substantivos xenéricos, colectivos e/ou abstractos.  Utilizar metonimias e perífrases.  Usar pronomes sen marca de xénero.  Modificar a redacción para empregar expresións non sexistas.  Empregar dobres formas para lles dar visibilidade ás mulleres. Artigo 4. Recomendacións na linguaxe iconográfica. No relativo á linguaxe iconográfica as imaxes deberán:  Evitar representar as mulleres en posicións de subordinación ou inferioridade, ou cousificalas.  Fuxir do uso da figura masculina como xenérica.  Amosar unha presenza equilibrada de mulleres e homes, tendo en conta a súa diversidade.  Evitar reproducir estereotipos e roles sexistas e tratar de representar á muller en contornos dos que sempre estiveron ausentes. CAPÍTULO II. USO E FOMENTO DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA E NON SEXISTA Artigo 5. Uso escrito e iconográfico dunha linguaxe inclusiva e non sexista. Utilizarase unha linguaxe escrita e iconográfica exenta de sexismo e inclusiva: - Nas convocatorias das sesións de todos os órganos colexiados da Deputación de Pontevedra e nas do Pleno, da Xunta de Goberno, das comisións informativas, dos concursos, das oposicións e dos tribunais. - Nas actas das sesións dos mencionados órganos provinciais. - Nas resolucións da Presidencia, dos e das deputadas delegadas e no seu libro de rexistro. - Nos bandos, avisos, requirimentos, etc. - Nas comunicacións formais (oficios, convocatorias de xuntanzas, citacións, convites, etc.) entre servizos, departamentos e órganos da Deputación. - Noutros documentos de uso interno empregados polos diferentes órganos, servizos e departamentos da Deputación (informes, memorias, nóminas, anuncios, notificacións, comunicacións oficiais, orzamentos, etc.). - Nos procedementos contractuais e nos convenios asinados pola Deputación con outras entidades públicas ou privadas. - Nos rótulos, letreiros, indicadores e sinalización, tanto exterior coma interior, dos edificios da Deputación. - Nas páxinas web, nas intranet e nos blogs informativos, nos accesos oficiais ás redes sociais, nos avisos e nas convocatorias, nas listas do correo electrónico e en toda a posible comunicación na rede dixital. Artigo 6. Comunicación externa. - Os estudos, proxectos, programas e traballos que a Deputación de Pontevedra lles encargue a terceiras persoas, entidades ou empresas realizaranse atendendo ás recomendacións sobre o uso inclusivo da linguaxe escrita e iconográfica contidas neste regulamento. Este requisito será explicitamente recollido nas convocatorias ou solicitudes dos mencionados traballos. - Os contratos de prestación de servizos asinados pola Deputación con entidades privadas conterán unha cláusula na que se comprometan expresamente a respectar as normas que dispón este regulamento en materia de comunicación inclusiva. - As ofertas de emprego e de acceso á función pública, as subvencións, as convocatorias de axudas e de bolsas de estudos, as oposicións e os concursos, do mesmo xeito que a publicidade que destas se xere, redactaranse observando o capítulo I deste regulamento. DISPOSICIÓN FINAL. APROBACIÓN E ENTRADA EN VIGOR Este regulamento publicarase no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e non entrará en vigor ata que transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, das bases de réxime local. 6.7000.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL MIXTO (COALICIÓN ELECTORAL SON) PARA A INCORPORACIÓN DO PAZO DE MEIRÁS AO PATRIMONIO PÚBLICO E A SALVAGARDA DA MEMORIA HISTÓRICA Sra. Presidenta.- No punto 6 da orden do día, Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON) para incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e a salvagarda da memoria histórica. Sr. Jácome Enríquez.- Bo día outra vez. “Don Melchora Ferro Brea ha entregado como aportación voluntaria para la adquisición y reconstrucción de la Finca Torres de Meirás, dedicada al caudillo, la cantidad de una peseta y sesenta céntimos, Don Melchora”. Isto é o recibo que lle pasaban á veciñanza galega no ano trinta e oito, esa aportazon, supostamente voluntaria, que fixo que o Pazo de Meirás sexa hoxe en día dos Franco, un espolio en toda regra. A filla de Melchora amosaba este recibo ós medios, un recibo que a nai gardou durante anos. E, foron así fogar por fogar entregando unha misiva na que se lles instaba a entregar cartos para financiar o agasallo do Pazo ós Franco. Non tiveron ningún reparo en sacarlle a comida da boca á veciñanza para dedicala ó fascismo. E así foi como o ditador Francisco Franco recibiu persoalmente no ano trinta e oito, mentres continuaba a Guerra Civil, o edificio que agora nesta democracia xestiona unha Fundación Franquista. Ninguén pode imaxinar a xestión dun campo de concentración por parte dunha Fundación Hitler, esta situación esperpéntica e digna dun país que non é quen de rematar a transición. Hai razón máis que sólida para falar a día de hoxe da ditadura nas institucións, e o motivo é que falouse moi pouco durante estes anos de democracia representativa. A mesma democracia, a mesma lei de convivencia na que se lle dou carta franca ós fascistas para vestirse de demócratas, con ministros e cargos da ditadura pasando a ser pais da constitución. Estas doazóns, que non foron outra cousa que roubos, fixéronse así pobo a pobo, parroquia por parroquia. En Carral fixéronse ata oito comisións, compostas por tres membros, fundamentalmente cregos, concelleiros e falanxistas. Estas comisións elaboraron listados con nomes, apelidos e aportacións económicas de cada veciña e veciño, como no caso de Melchora chegando a reunir en algúns casos ata catro mil catrocentas pesetas de aquel entón. Misteriosamente na parroquia onde máis doazóns se recolleron foi aquela na que a comisión estivo encabezada polo xefe da falange. Os fascistas non só foron casa por casa, senón que tamén recadaron cartos a través de intervir as nóminas de persoal público, e non só o Pazo senón que tamén expropiaron terras dos arredores da, da propiedade da veciñanza para ampliar o terreo de Mierás. E ata hoxe en día, onde a familia Franco continua usando o Pazo ás súas anchas, xestionado por unha fundación que enaltece a ditadura e a pesar de que Meirás foi declarado como ben de interese cultural no ano dous mil sete. Os Franco continúan usando dito inmoble para veranear nunha propiedade usurpada ao pobo polos secuaces do ditador. Unha vergonza que no ano dezasete o Pazo continúe nas mans dos Franco, o Pazo debeu de pasar a súa, a ser de titularidade pública cando o ditador deixou de ser xefe de estado, pero quedou todo atado e ben atado. Xa percorremos camiño nesta institución para que as vítimas do terrorismo franquista obteñan xustiza, verdade e reparación. Hoxe debemos de dar un pasiño máis, estamos moi satisfeitas dende a Coalición SON das conversas bastante fluídas co resto dos grupos respecto a esta moción. E, falando cos grupos do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, hai unha serie de acordos que xa ten o Partido Popular nas súas mans que van dirixidos, en todo caso, a conseguir o máximo consenso nesta moción, e polo tanto que sexa a ser posible, conxunta, se pode ser de todos os grupos eso xa sería estupendo, de momento nada máis. Moitas grazas. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Jácome. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Bueno, eu, como estamos en Pontevedra e o outro día, na, no concello hubo este debate, voume aforrar cantidade de argumentación, ¿non?. Como acaba de decir o portavoz de, de Marea, pois, hai un acordo de, dos tres grupos, ¿eh?, para a parte dispositiva e hai, co cual entendemos que a moción é conxunta dos tres grupos e hai, digamos, unha alternativa presentada polo Partido Popular que, vamos, nona entendemos moi ben ou si a entendemos, ¿non?, o sea, di exactamente instar á Xunta de Galicia que realice un estudo xurídico en colaboración coas universidades galegas, bueno, cando non se ten ganas de facer nada faise unha comisión e búscanse, ¿non?, asesores, recontrasesores e demais a ver si dentro de vinte anos nos dan uns ditámenes extraordinarios que, e, pasa o asunto de actualidade, ¿non?. Bueno, non é aceptábel, non é aceptábel, si, digamos, a moción é conxunta dos tres grupos, polo tanto temos que decidir si acepta ou non, pero que, claramente, non é aceptábel, ¿eh?, como xa pasou o outro día no, no concello de, de Pontevedra, é dicir, non, cremos que non ten ningunha agresividad nin nada que, que un partido democrático non poida, non poida votar, ¿non?, tal como quedou redactada pola, ¿non?, e, vamos polos tres grupos, e, a orixinal si, tiña unha serie de erros de redacción e demais, pero tal como quedou redactada polos tres grupos, e polo tanto, nós pedímoslle ó Partido Popular que se sume a redacción e obviamente non vamos aceptar a, a emenda á totalidade do, do PP que ó final o que significa é darlle voltas e non ter que actuar, ¿non?, da maneira máis, máis breve posíbel. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Hai algunha intervención máis?. Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Si, bueno, nós desde este grupo presentamos a, a nosa propia moción, eu creo que este grupo é nada sospeitoso de condenar ningún tipo de, de ditadura e demais porque así xa o fixemos aquí con outros puntos que se aprobaron de forma unánime para establecer memorias e demais, pero é que si que entendemos que o que non, parece que non hai intención, pois eso, de chegar a un consenso. Logo nós, en este caso, propoñemos, pedimos que se acepte a nosa moción e de non ser así pois nos vamos abster porque entendemos que non hai esa inte, ese interés porque sexa consensuada nin, nin, nin que chegue a bo porto. Sr. Rodríguez Díaz.- Disculpa Presidenta, gracias. Nada, moi breve, decir de que tanto SON, como BNG, como o Grupo Provincial Socialista, pois que, chegamos ó acordo co, cos puntos que aquí se manifestan e ratificar ese acordo e pedir ó Partido Popular, pois eu creo que, no tono que vai, que se, que se sume a esta, a esta moción. Sra. Presidenta.- Gracias Sr. Santos. Sr. Jácome ten vostede a palabra. Sr. Jácome Enríquez.- Si, moi brevemente. Non fixen na miña primeira intervención ningunha mención o que é a, a emenda do Partido Popular porque hubo unha breve conversación co voceiro do Partido Popular onde, bueno, eu insteille a, a que se adherise á moción xa realizada. ¿Por que?, bueno, porque o punto dous da emenda presentada polo Partido Popular entendemos que xa está na moción acordada polos outros tres grupos, a condena pública á Fundación Francisco Franco. E entendemos que o primeiro punto, instar á Xunta de Galiza a que realice un estudo xurídico para devolución do Pazo de Meirás tamén estaba incluído no que é adherirse á Xunta, pola devolución do Pazo de Meirás. De todas as maneiras, bueno, pois, lamentamos, lamentamos que o Partido Popular non queira adherirse a esta moción, e si que é verdade que, por exemplo, no punto un da súa emenda, que nós tamén nos vemos na obriga de rexeitar hai unha frase un tanto desafortunada, que pon textualmente, “sen que a dita incorporación ó Patrimonio Público implique un novo custo para o pobo de Galicia do que xa asumiu no ano 38. Bueno, o pobo galego non asumiu o custo do Pazo de Meirás senón que se viu obrigado a dar cartos ós secuaces do ditador. Lamentamos moito que o Grupo do Partido Popular non se adhira a esta moción. Sra. Presidenta.- Rematado o debate e unha vez que o grupo propoñente, Coalición Electoral SON, ten chegado a un acordo co Grupo do Bloque Nacionalista Galego e do Partido Socialista de Galicia para unha nova redacción, entendo que sometemos a votación ese acordo alcanzado polos tres grupos. ¿Votos a favor de este acordo?, ¿votos en contra?, ¿abstencións?, queda aprobado por trece, no, catorce votos a favor e doce abstencións. O Pleno da Corporación Provincial acorda por maioría, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, do BNG e do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), e coas abstencións do PP, aprobar cunha nova redacción a Moción do Grupo Provincial Mixto (Coalición Electoral SON) para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público e a salvagarda da memoria histórica. Dita Moción queda redactada do seguinte xeito: “ EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A xestión das visitas ao Pazo de Meirás, declarado Ben de Interese Cultural (BIC), ao cargo da Fundación Nacional Francisco Franco, que de acordo cos seus propios estatutos ten como obxectivo difundir o legado do ditador, é unha vergonza nun estado democrático e unha ofensa ás vítimas da represión. Hai pouco, en varios comunicados, a entidade reafirmaba o seu compromiso, non coa memoria, senón co enxalzamento da ditadura e o seu caudillo, amais de negar a represión e humillar ás súas vítimas. http://www.fnff.es/Comunicado El Pazo de Meirás 3667 c.htm http://www.fnff.es/Comunicado La petición de ilegalización de la FNFF 3677 c.htm Esta clase de fundacións e de pronunciamentos serían impensables noutras latitudes, onde estarían prohibidos por seren xestos de exaltación dun golpe de estado e corenta anos de ditadura militar que deixaron miles de vítimas inocentes. Existe constancia do incumprimento reiterado do réxime de visitas que legalmente se estableceu, recollido na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia para os Bens de Interese Cultural, de cando menos catro días ao mes, e da atención telefónica debida, que se fai mediante un número que estivo desconectado durante meses. Feitos polos que a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, abriu un expediente á familia do ditador, “propietaria” do pazo, con apercibimento de sanción, pola comisión dunha infracción administrativa en materia de patrimonio cultural, que será como máximo de 6.000 euros. A Xunta de Galicia non pode tolerar pasivamente que a fundación se faga cargo da xestión do réxime de visitas ao BIC. Moito menos cando lle consta, en varias ocasións e por escrito, a disposición formal do Concello de Sada a asumir estas funcións. A razón democrática esixe que as vítimas obteñan memoria, xustiza, respecto, recoñecemento e reparación. Reparación que non terá lugar mentres non se poña fin ao espolio que significou a adquisición por medio da ameaza, a extorsión e a presión da propiedade do Pazo de Meirás polo ditador, propiedade que segue a ter os seus descendentes directos. A propiedade e o uso do pazo por parte da familia Franco supón detención, por título ilexítimo da súa causa e orixe, en canto resultado dun proceso de adquisición forzada e coactiva, fraudulentamente disfrazado en forma de doazón e compra-venta, tal e como acreditan probas documentais e estudos de investigadores e historiadores. Esta detención polos herdeiros de Franco supón unha ofensa para a cidadanía, e supón un vestixio máis dos privilexios obtidos polo abuso da forza do réxime do terror. Cómpre reparar a honra e a dignidade das persoas que foron roubadas e forzadas a ceder diñeiro e propiedades baixo risco de represalias por parte dunhas autoridades que non dubidaban en utilizar a violencia máis extrema. A modificación da Lei 52/2007, da Memoria Histórica, e da lexislación estatal de fundacións, debe ter como obxectivo común tanto un maior recoñecemento das vítimas da represión e a reparación e reversión compensadora dos efectos, no primeiro caso, como o impedimento legal para que a entidade como a Francisco Franco poidan impunemente e mesmo ao amparo da legalidade democrática divulgar, louvar e difundir o terror franquista, no segundo. Obxectivo de modificación lexislativa que necesariamente debe contemplar as determinacións legais oportunas para que o Pazo de Meirás se incorpore ao patrimonio público, para a súa posta en valor asociada á Memoria Histórica, tal e como expresamente se prevé no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Sada, pendente de aprobación definitiva. A cidadanía vénse mobilizando para acadar, por fin, a reparación, a dignificación e a democratización da memoria, e neses obxectivos deberían atopar, unidos, a todos os grupos que forman parte da Deputación de Pontevedra. Sada dá un paso adiante O pasado Pleno da Corporación Municipal de Sada, de 12 de agosto de 2017, adoptou o seguinte acordo: “1.- Apoio expreso do Pleno do Concello de Sada, para, apoiando as solicitudes formuladas pola Alcaldía de Sada o pasado 31 de xullo e a do Concelleiro delegado de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente de xullo de 2015, instar á Xunta de Galicia a solicitude de que sexa o Concello de Sada quen xestione o réxime de visitas ao BIC Pazo de Meirás. 2.- Instar á Xunta de Galicia a que realice todas as actuacións tendentes a evitar e, no seu caso, non autorizar, que sexa a Fundación Nacional Francisco Franco quen xestione as visitas ao BIC Pazo de Meirás. 3.- Instar á Xunta de Galicia a que esixa aos propietarios que detentan o inmoble que cumpran co réxime de visitas ao BIC disposto na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, con independencia da resolución dos expedientes polos incumprimentos reiterados xa incoados, coa imposición da máxima sanción prevista en dita Lei para ditas infraccións. 4.- Demandar da Xunta de Galicia e goberno do Estado o apoio institucional a todas aquelas actuacións encamiñadas a recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e uso públicos. 5.- Formalizar declaración institucional de condena expresa ante os comunicados emitidos pola Fundación Nacional Francisco Franco así como de apoio á memoria das vítimas do franquismo. 6.- Instar ás Cortes do Estado, Grupos Parlamentarios e do goberno do Estado ás iniciativas lexislativas conducentes á modificación da vixente Lei 50/2002, de Fundacións, co obxecto de amparar a declaración como ilegais daquelas que como a Fundación Nacional Francisco Franco teñan por obxecto a homenaxe á vida e obra criminais do ditador. 7.- O Pleno da Corporación asume e comparte os acordos adoptados na sé da Deputación Provincial da Coruña en reunión celebrada o pasado día 9 de agosto de 2017, e que son os seguintes: 1.- Rexeitar a xestión por parte da Fundación Nacional Francisco Franco do programa de visitas ao Pazo de Meirás, apoiar a demanda do Concello de Sada de que sexa dita administración quen as xestione, e condenar as declaracións manifestadas a través dun comunicado e do seu portavoz de apoloxía do franquismo. 2.- Instar a modificación da Lei de Fundacións con obxecto de impedir a legalidade de fundacións que fagan apoloxía do franquismo. 3.- Realizar un estudo arredor do espolio e a apropiación do Pazo de Meirás por parte da familia Franco e sobre o proceso para posibilitar a súa devolución ao patrimonio público. 4.- Reclamar a aprobación dunha Lei Galega da Memoria Histórica galega que, entre outros obxectivos, impida o enxalzamento dos protagonistas da represión e inclúa as correspondentes disposicións relativas ao pazo de Meirás e á súa posta en valor asociado á recuperación da memoria histórica. 5.- Constituír con carácter inmediato unha Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás para o patrimonio público coa participación de institucións, asociacións, organizacións políticas, sociais, sindicais e fundacións co fin de poñer fin á posesión da propiedade pola familia Franco e a súa incorporación ao Patrimonio público. As institucións e entidades participantes, Deputación da Coruña, concellos da Coruña e Sada, Universidade da Coruña, IGM e CRMHC amosaron a súa intención de, previos os trámites preceptivos, se incorporar desde o inicio a dita Xunta. 8.- O Concello de Sada adhírese así mesmo a calquera outra iniciativa da sociedade civil tendente á incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público. 9.- O Concello de Sada acorda expresar a vontade corporativa contraria ao proceder da familia Franco, herdeira do ditador, e en relación coas obrigas derivadas da propiedade que detente do BIC-Pazo de Meirás. E aos efectos de tal referencia e intereses municipais, e como expresión simbólica de rexeitamento de tal proceder, declarala “non grata”. 10.- Dar traslado do seguinte acordo á Xunta de Galicia, Grupos Parlamentarios do Parlamento de Galicia e das Cortes do Estado, Deputación provincial e Grupos provinciais, así como ao goberno do Estado. Neste acordo, que expresa a vontade de trasladalo a este Parlamento, reúnense obxectivos polos que levan loitando durante anos organismos sociais e políticas e a cidadanía activa. Cremos que esta Corporación debe de dar un apoio unánime a dito acordo e instar á Xunta e aos poderes do Estado a impulsar aquelas medidas concretas que nel se recollen como un compromiso por profundar na democracia e coa memoria histórica democrática. Por todo o exposto o GRUPO MIXTO (COALICIÓN SON) propón ao Pleno da Deputación de Pontevedra a adopción dos seguintes ACORDOS: 1.- Adherirse á proposta aprobada polo Pleno da Corporación Municipal de Sada instando tamén á Xunta de Galicia para que sexa este Concello o encargado das visitas guiadas ao Pazo de Meirás, como garantía de que as persoas visitantes do BIC reciben unha información veraz sobre a historia deste espazo histórico. 2.- Demandar da Xunta de Galicia e goberno do Estado o apoio institucional a todas aquelas actuacións encamiñadas a recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e uso público. E en particular, adherirse e apoiar a iniciativa da “Xunta Pro da Devolución do Pazo de Meirás”, da que forman parte como entidades promotoras a Deputación da Coruña, os Concellos de Sada e A Coruña, a Universidade da Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e a Iniciativa Galega pola Memoria. 3.- Facer unha condena pública das declaracións da Fundación Franco nas que expresaba a súa intención de usar as visitas guiadas ao Pazo para facer apoloxía da Ditadura e do Ditador, así como de apoio a memoria das vítimas do franquismo. Instar ao goberno do Estado a facer as modificacións legais precisas para a ilegalización da Fundación Franco, e de calquera outra Fundación que teña por obxecto a homenaxe á vida e obra do ditador. 4.- Instar á Xunta de Galicia á elaboración dunha Lei Galega de memoria histórica na que se prohiban, persigan e sancionen os actos de exaltación do franquismo e as entidades que os promovan. 7.7001.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) PARA AUMENTAR A PARTIDA DO NOVO PLAN PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 7 da orden do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular para aumentar a partida do novo plan para os concellos de menos de vinte mil habitantes. Ten a palabra Sr. …. Sr. Moldes Martínez.- Si, moitas gracias Sra. Presidenta. Bueno, eu creo que despois xa do que falamos con anterioridade a este punto, primeiro, agradecerlle que nos veñan dando a razón ó retirar esas modificacións, que nos veñan a dar a razón de que o que se estaba presentando, pois non era, vamos a, a decilo claramente, non era nin tan sequera legal. Logo, desde o Partido Popular, eu creo con este, con este miniplan que traen vostedes nos veñen a dar a razón en moitas cousas. Primeiro, nos veñen a dar a razón que o Plan Concellos realmente, pois, non daba resposta a todas as demandas de todos os alcaldes con indiferencia da súa cor política. Nos veñen a dar a razón que cando faciamos actuacións e as obras que nós, se decía, e que anteriormente facía esta, o equipo de goberno que estaba nesta Diputación, eran obras importantes. E sobre todo, eu creo que deben de reflexionar porque como vostedes ben saben e con cincuenta e dous concellos que van, que poden ser posibles beneficiarios destas axudas, realmente seis millóns cada ano, pois, a pouco vai a chegar. Logo nós, o que xa lle viñamos dicindo en tódolos, en este caso, cada vez que aprobabamos os presupostos lle dicíamos que a dotación que vostedes facían para estes concellos era insuficiente, era insuficiente porque realmente os alcaldes piden máis. Logo nós, realmente, o que lle pedimos é que incrementen o que é a partida deste novo plan e que realmente doten dunha capacidad, realmente importante, para dar resposta a todos aqueles obras que presentan todos os alcaldes. Por moitas voltas que dean, e como decían anteriormente, pois, é a primeira vez que nos veñen a dar a razón. Cando vostedes nos dan a razón a nós retirando esas modificacións non o fan para un acto de consenso nin nada, o fan porque realmente vostedes unha vez que nós anunciamos que ibamos a presentar un recurso vostedes, realmente, é cando se dan conta de que están cometendo unha ilegalidade. Logo, o feito de retirar esas modificacións lle vén a dar a razón ó Grupo Popular que vostedes non actuaron ben. Non sabemos si non actuaron ben de forma consciente, non sabemos si non actuaron ben por non ter ben estudiado este tema, ou non sabemos si realmente o fixeron, pois, dalgunha maneira, pois, porque os seus alcaldes lle están recriminando que necesitan máis fondos por parte da Deputación. Por moito que digan vostedes, non é normal que dous días despois presenten nun boletín, cando xa había concellos que habían presentado todo isto, non é normal que dous días despois veñan a presentar nun boletín cales son esas modificacións. E por moito que queran decir, nesas modificacións vén, realmente está claro e non fala de cantidades, fala de outras moitas cousas distintas. Logo, desde o Grupo Popular lle agradecemos que nos deran a razón no primeiro punto, e non nos dan a razón porque vostedes en este caso sepan que a teñamos, nos dan a razón polo medo que teñen a que realmente están cometendo unha ilegalidade, e que ese recurso nos veña a dar a razón. Logo, vostedes, hoxe, en este caso agradecémoslle que retiraran esas modificacións, agradecémoslle que lle veñan a dar a razón ó Partido Popular cando nós denunciabamos que vostedes estaban improvisando, e o feito de que vostedes estaban improvisando é cando hoxe aquí no propio pleno teñen que retirar esas modificacións. Logo, feito a primeira parte de retirar esas modificacións, feito esa primeira parte que nos veñen a dar a razón a nós, lle pedimos que amplíen este plan porque realmente eses seis millóns de euros non vai a chegar para dar resposta a todos os proxectos que presenten estes concellos. E ó final, despois de estar cunhas bases que eran confusas, cunhas bases que se presentaron despois de finalizar o plazo, pois, moitos alcaldes, moitas corporacións, moitos técnicos fixeron un esforzo moi grande para poder presentar eses proxectos e resulta que en moitos casos van a quedar fóra. Logo nós, como vostedes aínda están a tempo de retirar todo esto, lle pedimos que incrementen esa dotación presupostaria, porque ó final vai a quedar demostrado, e vostedes mesmos cos seus feitos vai, en este caso a quedar demostrado que esto non estaba pensado para favorecer a todos os concellos de menos de vinte mil habitantes si non que esta pensado para favorecer a aqueles pouquiños concellos, aqueles concellos amigos que vostedes queren favorecer con este mini plan que vostedes pretendían aprobar dous días despois de finalizar o plazo. Pero, repetimos dámoslles as gracias por retirar esas modificacións e por darlle a razón ó Partido Popular cando denunciabamos que o que estaban facendo non era algo que fose legal nin tan sequera ético. Sra. Presidenta.- (Non se escoita). Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sra. Presidenta. Estamos ante unha situación mui, mui particular, ¿non?, porque resulta que o PP votou hai un pouquiño a favor de que o plan levara dezaoito, dezaoito euros, millóns de euros e agora nos pide unha moción que tal. Bueno, francamente é curioso, ¿non?, e, á parte é raro, porque as dúas primeiras mocións que o PP, vamos, votou a favor e demais, montou un lío e en outras que non vota a favor no monta é así, é así moi raro, ¿non?, é unha cousa moi, e, é unha cousa moi rara. Estamos no de sempre, díganos, podemos facer unha, unha maquiniña para facer os cartos, díganos o que, o que, donde está esa maquiniña, e facemos os cartos e lle, lle adicamos, lle adicamos máis cartos e demais. A moción é, é, matáronse a traballar, porque di que suba, mire, comentabámolo antes, podiamos poñernos paveros, é dicir, dámoslle a razón, en vez de dezaoito millóns, dezaoito millóns un euro, subimos un euro, porque di que suba a partida, ala, vale, moi ben, esa é seriedad, unha forza que estuvo gobernando aquí hasta hai nada, que suba a partida, non se sabe canto, nin donde nin pa que, que suba. Bueno, pois nada, si nos poñemos cachondos, ¿non?, como fan ustedes votan a favor dos dezaoito millóns, ahora piden que tal, dicimos, ¡bah!, dámoslle a razón home, non se preocupe, subimos un euro, ou cinco mil, home, para non ser tan tacaños, no, hai que ser un pouquiño, un pouquiño máis riguroso, esta Diputación está facendo esforzos, todos os esforzos posíbeis, e, polo tanto, comprenderá que si votaramos a favor desto estariamos desfacendo o acordo que acabamos de tomar co seu voto a favor, non podemos, seamos serios. E non lle demos a razón, non lle demos a razón, ¿eh?, o único que intentamos facer é que a súa, a súa actitude e demais, pudera prexudicar ós concellos meténdose nunha liada, ¿eh?, nunha liada de que si presentan un recurso, non presentan, non sei que, e a saber que podía pasar, seguro que se iba a ganar pero, pa que arriscarse cando era unha simple aclaración. Home, de verdad, pero de verdad, bueno, e, eu… Sra. Presidenta.- Perdone un momento, Sr. Mosquera, de verdad, en serio Sr. Moldes, usted non está de acordo que non é a aptitude, escoite, a usted o escoitaron, tranquilícese, vamos a ser tranquilos, vamos a ser, que a xente nos mire como xente seria que os representamos, home, de verdad, continúe … Sr. Mosquera Lorenzo.- É que, ten, usted non vai ás Comisións, claro, si fora a Comisións sabe que o luns este, este portavoz, este Vicepresidente propuxo, é dicir, se vos poñedes así retirámolas o luns xa, ¿vale?, o sea, que non, non, non llo comunicaron, non llo comunicaron, evidentemente, entonces, claro, non vai, non vai ás Comisións, home, podía ir e se cadra, pois, enterarse. Non podemos votarlle a favor, e xa nos gustaría, porque eso de poder, de poñer, dicir dámoslle a razón e poñémoslle cinco euros máis, claro que, …, non, non é serio pero romperiamos o acordo que ustedes votaron antes, co cuál non podemos. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- … Sr. Mosquera. Sr. Regades ten vostede a palabra. Sr. Regades Fernández.- Moitas gracias, novamente, Sra. Presidenta. A verdade que podemos coincidir coa filosofía de esta moción, o que pasa que a min xa me dá medo, porque antes lles dixemos que lles ibamos a facer caso e que retirabamos as modificacións que habíamos feito das bases de este plan e que lío nos montaron, é que darvos a razón é costoso, ¿eh?, porque se non lle damos a razón montan líos e se lle damos a razón montan líos. Pero bueno, usted decía unha cousa que si que merece a pena contestar, ¿non?, decían esa modificación non era legal, seguramente como decía o Sr. Mosquera pola súa falta de participación nas Comisións Informativas non lle transmitiron que o Sr. Interventor, habilitado nacional, membro do corpo de funcionarios do Estado Español, lle preguntamos ós señores diputados, do Partido Popular, do Partido Socialista e do Bloque Nacionalista Galego, lle preguntamos nas Comisións, ¿estas modificacións que se fan son substanciales ou non son substanciales?, e nos dixo “non son substanciales co cuál non teñen que ir a exposición e non se ten que ampliar o plazo” xa llo dixo el, xa llo dixo un habilitado nacional. Pero bueno, sabemos que non lle é suficiente e que sigue coa matraca. E como esas interpretación, esa modificación que se facía era unha modificación interpretativa, á parte de interpretar o convenio, a competencia de interpretar o convenio a ten a Xunta de Goberno e a Comisión de Seguimiento, pois, por eso a retiramos. Pero volvo a decirlle, non eran ilegales sinón todo o contrario, e non o dice este humilde diputado, o decía un habilitado nacional, un membro dos funcionarios de estados. Señor, Sr. Moldes, eu lle escoito con moitísima atención, ás veces me gusta o que di e a maioría das veces non me gusta e me parece que non ten rigor, pero non llo digo, eu escoito e lle pido o mismo respecto para min, para este humilde diputado de Partido Socialista de Galicia. Trinta e nove proxectos presentados e trinta e nove proxectos con alcaldes e con concellos de distintos cores políticos, vostede dice que non eran unhas bases claras, e trinta e nove concellos a maioría do Partido Popular presentaron esas bases, vostede vai por libre, os seus alcaldes van por un lado e vostede vai por outro, porque eu estou convencido de que moitos desos proxectos, porque eu sei que os alcaldes son rigurosos, pois moitos de esos proxectos estarán ben. E cando decía vostede que si eran concellos amigos ou concellos enemigos, para este humilde diputado todos os concellos son amigos, todos. Onte, chamábame o alcalde de Pazos, Andrés, chamábame ó meu móbil, porque a maioría dos alcaldes teñen o meu móbil, facéndome unha solicitud de interpretación dunha cuestión que tiña na área de Cooperación, e eu lle collía o teléfono, lle fixen as gestións co Interventor e o chamei de volta para darlle o resultado da gestión. Como fago con todos os alcaldes da provincia de Pontevedra, con todos, e se ten algún ejemplo dígamo, se ten algún ejemplo dígame, con todos e con todas, con todos e con todas, sin importarme o súa cor político e sin importarme a súa ideoloxía, porque para min todos son amigos, xa miro que para vostede non. Para vostede non porque xa o facían así na historia desta Diputación cando a gobernaban, porque lle volvo a decir, voulle a facer un cálculo, seguramente se llo fixeran os asesores que teñen nesta Diputación non tería que facelo eu. ¿Sabe cantos cartos asinou o Partido Popular, cando gobernaba, para repartir entre os concellos do PP por libre disposición en obras no ano dous mil dezaseis?, sin contar con nada, con ningunha base, con ningunha objetividade, simplemente co dedo decisorio de órgano do goberno do Partido Popular, no ano dous mil dezaseis, Sr. Diputado, seis millóns de euros, ¿son vostedes capaces de recoñecer cal é a diferencia entre o noso plan e a adxudicación directa?. ¿Saben cal é a diferencia?. Que vostedes repartían os fondos gracias ó dedo decisorio do Presidente do Partido Popular e nós usamos un procedimiento claro, por eso se presentaron trinta e nove concellos, moitos deles do Partido Popular, claro e equitativo, con bases, onde todo o mundo sabe a que se aten non á gracia do Presidente ou da Presidenta do Partido Popular de turno. Un procedemento que todos os concellos poden participar sexa a cor política que sexa, e a pesar delo o PP Provincial anuncia que lles parece pouco, a verdade, eu aí si que lle vou a dar a razón, sempre os cartos son poucos, nós estaríamos encantados que o Sr. Montoro mañán nos mandara unha carta e nos dixera que se ampliaba o proxecto da Diputación nun dez por cento por incremento de ingresos do Estado, estaríamos encantados, entonces xa lle digo, ¿eh?, que esta Diputación e esta Presidenta á cabeza, como xa o manifestou en máis dunha ocasión, eses cartos, ese dez por cento que nos incrementara o Sr. Montoro o adicaría ós concellos da provincia de Pontevedra, eso sí, non a dedo. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo, Sr. Regades, rematou o seu tempo. Sr. Moldes ahora si pode vostede … Sr. Moldes Martínez.- Vale, gracias Sra. Presidenta. Vamos a ver, o que non ía a facer o Partido Popular é escudarse nin utilizar a funcionarios, non nos parece nin tan siquera elegante, lle podía, tamén decir o que dixo, neste caso, o funcionario respecto ós tempos e ós plazos porque ó mellor incluso se sorprendeu que remataran os plazos. Sr. Mosquera, vou a utilizar palabras que lle escoitei e leín a vostede nunha entevista, nós parvos non somos, o mismo que dixo vostede, vostede quere que cerren as Diputacións pero resulta que vostede é o que máis tempo leva aquí dentro. Logo nós, nos pasa o mesmo, nós estamos en contra de ese plan que presentan, pero parvos nós nin os nosos alcaldes non son, do pouco que dan van a pedir eso téñao claro. O mismo que fai vostede, vostede manda pechar as Diputacións pero vostede é o que máis tempo leva aquí dentro, logo, eso lle vale tamén para o Sr. Regades; no, que o PP se contradice, no, no, nós, claro que os nosos alcaldes van a presentar, pero nós queremos máis para que os nosos alcaldes e todos os alcaldes da provincia poidan levar máis. Di vostede que reciben a todos os alcaldes, se contradice coa Presidenta da Diputación, esta semana decía que ela non vai a recibir ó alcalde de Sanxenxo, e vostede nos quere vir aquí cunha cara amable, logo, non entendemos, logo eso non o, o entendemos. Vólvolle a decir, si vostedes presentan un plan de cincuenta mil euros os alcaldes do Partido Popular se van a presentar, pero é que o Grupo Popular na Diputación vai a loitar para que en vez de ser cincuenta mil sexan cen mil, douscentos mil, un millón, tres millóns porque esa é a nosa labor, pelexar para que cada vez haxa máis. ¿Di vostede de onde van a sacar os cartos?. Mire o que levan executado de presuposto e seguramente vai a ter unha axuda, porque realmente este plan non ten dotación presupuestaria que eso sería outro debate, a, en este caso, a añadir. Logo, saben vostedes donde teñen que sacar os cartos, e saben vostedes que cando cambian esto, cando cambian esto e cando retiran as modificacións non é para darlle a razón ó Partido Popular, si non eu lle faría unha pregunta ¿si esas modificacións eran tan boas por que as retiran?, as retiran porque saben que eran ilegales, vostedes saben que fixeron todo esto fóra de plazo, vostedes saben que unha vez rematado o plazo presentaron esto. Logo, vostedes non lle dan a razón ó Partido Popular por que si, vostedes lle dan a razón ó Partido Popular porque a ten e por medo o recurso. Logo, repetimos, recorden para que son as Deputacións, as Deputacións son para os concellos de menos de vinte mil habitantes e son os que menos reciben. Vostedes están facendo un miniplan, pedímoslle por favor que doten de maior capacidad a estes concellos de menos de vinte mil habitantes que realmente son para quen están pensadas as Diputacións, e despois son os que menos reciben. Logo, fagan vostedes un esforzo, sigan dándonos a razón e incrementen esa dotación para que tódolos concellos poidan ter a oportunidade de seguir estes proxectos, porque xa miraremos cantos quedan fóra, xa miraremos cantos quedan fóra. Sra. Presidenta.- Ben, rematado o debate e a non haber máis intervencións someto a votación a moción do Grupo Provincial do Partido Popular, para aumentar a partida do novo plan para os concellos de menos de vinte mil habitantes. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitada por trece votos a favor, doce en contra e unha abstención. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) para aumentar a partida do novo Plan para os concellos de menos de 20.000 habitantes. 8.7002.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR (PP) SOLICITANDO UN PLAN DE DESESTACIONALIZACIÓN DO SECTOR TURÍSTICO DA PROVINCIA Sra. Presidenta.- Pasamos ó punto 8 da orden do día. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando un plan de desestacionalización do sector turístico na provincia. ¿A vai a defender alguén?, pídama a palabra, Sr. Moldes, senón creo que non vai vostede a intervir, non, a fago porque ten vostede dereito a que lla de. Sr. Moldes Martínez.- Vale, moitas gracias Sra. Presidenta. Bueno, eu quería si me, si vostedes me permitan, quería empezar a miña intervención, dándolle as gracias ó compañeiro de bancada, ó Sr. Chema Figueroa, por todo o traballo que se veu facendo nesta casa respecto ó turismo. Seguramente cando falamos de, de turismo ahora a todos nós se nos enche a boca e podemos presumir de ser unha das provincias, e, en este caso, e de ter unha marca como é a marca Turismo Rías Baixas, e detrás de ese traballo si hai unha persoa que liderou este traballo é o Sr. Chema Figueroa, e eu antes de empezar esta intervención lle quería agradecer todo o seu traballo, porque realmente detrás desa marca hai un esforzo, e hubo un traballo por parte dunha corporación e sobre todo hubo un traballo que veu reflexado, pois, no Sr. Chema Figueroa. Logo, desde o grupo, en este caso, Provincial do Partido Popular lle queren agradecer na súa persoa todo ese traballo que fixo a prol do turismo na nosa provincia. Dito esto, nós traemos hoxe aquí unha moción, unha moción que entendemos que é aberta, que é aberta ó diálogo, é unha moción que a veces, e donde, todos os políticos, e aí temos que facer autocrítica, nos falla o sentido común, é unha moción que nós o que entendemos que é moi básica. Nós o único que pedimos, o único que pedimos é que se cre unha mesa provincial de turismo donde lle demos voz a todos, ó sector privado, a todos os grupos da corporación, a todos os alcaldes, porque todos van a facer aportacións. Leíamos fai uns meses, ó alcalde do Grove, nada sospeitoso de ser do Partido Popular, cando decía que o Plan Concellos, por exemplo, non tiña en conta o feito de que moitos concellos turísticos en épocas estivais, no vran sobre todo, incrementaban a súa poboación e que querían un pouco máis de capacidad presupostaria para poder dotar de servicios a todos esa xente que nos visita turistas e demais, e poder beneficiar, en este caso, ós propios empresarios da súa localidade. Logo, desde aquí nós traemos unha moción que entendemos que é unha moción que todos os grupos podemos aprobar perfectamente, unha moción que non busca ningún tipo de interés político, nós o único que decimos é, señores cren unha mesa provincial de turismo, donde este todo o mundo, donde se poida escoitar a todo o mundo e a partir de aí poder determinar en todos os ámbitos, en todos os ámbitos, todo aquelo que é interesante para respectar, e para axudar a un maior desarrollo socioeconómico da nosa provincia. Desde o Partido Popular entendemos que o turismo é fundamental na nosa provincia, entendemos que fixemos un bo traballo mentres estuvemos na nosa casa, nesta casa, e entendemos tamén que por parte da nova Diputación, de esta nova corporación entendemos que se pode facer un pouco máis para escoitar a todos os alcaldes. Non nos parece normal que, por exemplo, alcaldes como pode ser o alcalde de Sanxenxo, un dos concellos por excelencia turística, un dos concellos con maior capacidade, con, en este caso que recibe unha maior parte de visitantes de toda a provincia e que sirve para dinamizar toda a comarca e toda a provincia, pois, en este caso, que non se, non queiran que sexa recibido en esta casa. Eu creo que cando se goberna unha institución non se pode actuar de forma partidista, e si temos un alcalde que está elixido por todos aqueles órganos democráticos debe de ser respectado, porque sobre todo ó final non se lle está faltando ó respecto a ese alcalde senón a todos os veciños que el representa. Logo, nós desde aquí o que lle pedimos é que vostedes entendan e creen esa mesa do turismo donde este todo o mundo representado, donde poidamos escoitar, incluso aqueles aplausos e que nos feliciten polo bo traballo, pero tamén que poidamos escoitar a aquelas persoas, que nos digan que hai cousas que non as estamos facendo tan ben. Logo, desde o Partido Popular, eu creo que presentamos unha moción que se pode aprobar perfectamente, entendemos que o que propoñemos é moi necesario, porque para poder desestacionalizar o turismo, o contacto, o diálogo con alcaldes, co sector ten que ser permanente e entendemos que esa mesa de turismo provincial sería un instrumento fundamental para aportar moitas, en este caso, moitas das peticións de veciños, de empresarios, de grupos políticos para mellorar un sector fundamental como é o turismo na economía da nosa provincia. Moitas gracias. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Gracias Sr. Moldes. Eu, ¿vas intervir?, no. Bueno, mira, no, pero, polo BNG, que teño que facer a doble función, ben. Moi, moi brevemente, mire, eu estuven no Patronato de Turismo Rías Baixas bastantes anos, e estuven en, vamos, en un sector que, que seguimos con, con calma e con tempo e con cariño. Si algo aprendín de todo aquelo é que hai que deixar traballar, e de feito nunca, nunca nos metemos, digo como grupo político, en ese traballo porque hai que deixar traballar, foi algo que aprendín, porque todo o que sea grandes declaracións, o que sexa, e facer tal, normalmente dá un resultado contraproducente e lle crea problemas, está aquí, e citou ó Sr. Figueroa, está aquí, que lle pregunte o tempo que estuvo, antes estuvera María Dolores, ¿non?, que era de Vigo, antes estuveron tal, que lle pregunten si pudemos aportar, decir ou o que sea, pero non montar lío, porque o turismo é un campo extremadamente técnico, aínda que pareza moi tal, é moi técnico, é o traballo case é de perspectiva de futuro, non é para o día a día de cada, de cada ocasión. ¿E que quero decir con esto?. Usted sabe que se está traballando, que se está facendo e, polo tanto, entendemos que é inoportuna a Moción, polo fondo e pola forma. Deixen traballar, fagan aportacións, fágana na comisión, polo menos creo que é o deber que debemos, que debemos de ter todos, o outro me parece que é inoportuno e é montar un, vamos, algo que non non funciona, ¿non?. Sería máis de debate en, vamos, en petit comité, pero as cousas non, non, entendo, entendino sempre, polo tanto non é unha cuestión ahora de oportunidade i que non se debe facer así. Sr. Santos, borreite, bueno, dálle outra vez, ala, agora dámoslle aquí, e, que xa hai, e que a Presidenta non, claro é que me deixa moi, déixame moi de cando en cando entón ..., cando vou aprendendo, cando vou aprendendo, tres, chégalle de sobra, cinco, ala, pois cinco, claro, tenme que deixar máis. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente, bos días a todas e a todos. Eu, dende logo, refrescar un pouco o que se está a facer en turismo, pero é que recentemente fixemos a presentación das conclusións do plan de concertación do plan estratéxico de Coruña, de turismo, e había algún compañeiro seu nesa presentación, Sr. Moldes. E, dende logo, eu quero destacar algunhas cuestións destas conclusións, e a primeira é de que nesa propia presentación estaban representantes de todos os concellos e de todos os sectores, é dicir, de hosteleiros, axencias, claster, é dicir, todos, porque nós para facer este plan estratéxico contamos absolutamente con todos, pero non sólo para o plan estratéxico. Eu quero recordarlle donde unha das primeiras actuacións que fixemos en turismo que foi aquelas sesenta e unha razóns para vir á provincia de Pontevedra, cada concello, cada un dos sesenta e un concellos de esta provincia fixo a súa aportación, dixo que é o que quería destacar, da súa localidade para poñelo no conxunto, fíxese se contamos con todos os alcaldes. Eu non sei se con esto da participación dos alcaldes ustede o que quería era, con esto xustificar para falar da alcaldía de, de Sanxenxo, porque entendo que non, que non vai diso, pois, porque, dende logo, nós estamos a traballar de arreo, e tamén a propia Presidenta no pro, en declaracións nesas propias xornadas de presentación recoñeceu o traballo tamén que se había feito anteriormente, sobre todo na marca Rías Baixas, unha marca recoñecida e o dixo publicamente. Eu aquí tamén me sumo ó traballo feito polo diputado Chema Figueroa, pero o recoñeceu e o dixo a Presidenta. E eu creo que polo mesmo vostede hoxe o que tiña que facer e felicitar á Presidenta polo extraordinario traballo que se está a facer en turismo, donde ela é das primeiras implicadas, tiña que felicitala e poñerse a disposición para que, co impulso de todos, seguir mellorando a nosa posición. Dende logo, dende logo, neste breve espacio de tempo fixemos algunha, algunha cuestión creo que moi importante. A primeira, a páxina web, ¿saben como estaba?, hoxe neste plan estratéxico sale de que a primeira achegada ós lugares é a través das redes, bueno, páxina web, os camiños, ¿verdad?, vemos que veñen máis visitantes polos camiños, o camiño pola costa. Fixemos dúas presentacións para desestacionalizar como é de arquitectura, a dos camiños, pero tamén, eu estou facendo un pequeno resumen, pero tamén en Lisboa, en Oporto, en Madrid, donde lle pedimos a todos os alcaldes e a todos os implicados no sector que viñeran e moitos deles estiveron participando. Polo tanto, xunto cos castros, co turismo de cultura, co enoturismo, co senderismo, son actuacións para que os nosos visitantes veñan fóra deses meses de verán, ¿non?. Pois, nós o que, con esto o que buscamos é diversificar a oferta, e acoller a todos e moi variados distintos públicos, ¿non?, pois que miren que poden ver na nosa terra, os castelos, Soutomaior, dábamos datos do incremento de visitantes comparado co período anterior. Polo tanto, poñer en valor todas as nosas potencialidades. Porque é certo que o, que o turismo xera moita economía na nosa provincia e moito emprego e debemos cuidalo, debemos cuidalo, e non me vou a referir a ningún episodio que sucedeu recentemente que dimos a volta o mundo en plan negativo, porque hoxe hai unha marca de calidade, Sr. Moldes, eu coincido si, si, pero que non veñan, que non veña algún ou algunha a axudarnos, desa maneira que non nos axuden, desa maneira que non nos axuden, non vou a, creo que me entenden perfectamente. E nós con este plan o que pretendemos é, o que pretendemos é seguir traballando, contando con todos, que na nosa provincia poida haber ese turismo de calidade, sos, cun turismo sostible, un turismo donde, quede desestacionalizado e para eso levamos traballando seguido. Fíxese, e lle vou poñer outro elemento tamén, o SICTED, e o compromiso de calidade dos nosos establecementos, donde o goberno se implica, vai ás xuntanzas cos empresarios e co equipo técnico para que se impliquen en elo. E por certo superamos os cen, tiñamos de obxectivo cincuenta a cen e iso tamén é ….. Sr. Presidente (Sr. Mosquera Lorenzo).- Acabouse o tempo, Sr. Santos, acabouse o tempo. Sr. Moldes, tres, ¿non?, ¡ah!, que demonios pasa aquí, ¿por que non quere ir?, ¡ah!, veña, Sr. Moldes ten a palabra. Sr. Moldes Martínez.- Si, moitas gracias Sr. Mosquera. Tanto as palabras que decía o Sr. Mosquera como o Sr. Santos Héctor, nos parece moi ben, nos parece que nos inviten a participar, e tamén e cando nos di que deberíamos de aplaudir, lle decimos ó Sr. Santos Héctor que este grupo non tendría ningún tipo de inconvinte en aplaudirlle si entenderamos que está ben, pero é que temos un problema. Mire, Sr. Santos Héctor, que igual vostede o descoñece ou non llo pasaron, este grupo o 23 de xaneiro de 2017, presentou unha solicitud, unha solicitud para que nos deran información en que consistía ese plan estratéxico e demais. Eu creo que demos un tempo bastante prudente e o 14 de outubro tamén, fixemos outra solicitude anterior xa a está, que era do 2016, e seguimos sin ter esa copia. Desde o Grupo Provincial non vamos a ter ningún tipo de problema en aplaudirlle si entendemos que algo está ben, non vamos a ter ningún, pero é que si non nos facilitan os datos nin a documentación, ¿a que lle aplaudimos?. Claro que viñemos o outro día aquí, e o pouco que nos puidemos enterar, viñemos aquí, pero é que nós temos aquí dous escritos que aínda a día de hoxe están sen contestar, en 23 de xaneiro de 2017 e o 14 de de outubre de 2016. Logo, o Grupo Popular Provincial non ten ningún problema en aplaudirlles si fan algo ben, tranquilos, non hai ningún problema, pero é que si non nos remiten a documentación ¿que é o que lle vamos aplaudir?. Claro, o que non lle vamos a consentir é que nos digan que non se fixo nada, eso nunca llo vamos a consentir, porque mire, aquí traemos un plan director, que se fixo no seu día, aquí traemos estudios, logo, incluso lle podría dar un dossier con máis de mil quinientas actuacións, que me parece que sería moi pesado lerlle unha a unha, pero entendemos que se traballou. Logo, nós non traemos esta moción coa intención de criticalos, créame, non traemos esta moción coa intención de criticalos, nós traemos esta moción simplemente para pedirlle que se cree esa mesa de turismo donde todo o mundo poida aportar, queremos quitar o turismo fóra do debate político. Nós o único que fixemos foi dúas solicitudes pedíndolle a documentación, non no la dan entregado, non sabemos si é porque non o finalizan, senón, se o queren traer coma unha sorpresa para cando o presenten sorprender a todo o mundo, pero é que non nos facilitan nin as directrices dese documento. Logo, tamén lle digo unha cousa, falar de turismo e non falar de Sanxenxo non é polo tema do alcalde, é que entendemos que o andan, Sanxenxo e o turismo van da man, logo, conforme Baiona e outros concellos hai que mencionalos cando falamos de turismo non vamos a ter esa preocupación de non mencionar, tamén o vamos a mencionar. Logo nós, o único que lle pedimos é invitalos a crear esa mesa de turismo, e como decía o Sr. Mosquera “non queremos debate político co turismo”, non queremos, simplemente queremos diálogo, por eso propoñemos esa mesa e por eso solicitamos por dúas veces ese documento. Moitas gracias. Sra. Presidenta.- Rematou o seu tempo Sr. ... Sr. Santos volva, por favor, ten a palabra Sr. Santos. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, ¡ah!. Sra. Presidenta.- Pedira a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera, ten a palabra Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moi, moi brevemente. Mira, Sr. Moldes, está misturando unha cantidad de cousas que, francamente, é inasumible, é inasumible, non é sólo unha cuestión técnica. Porque eu non sei, como se pode desestacionalizar o turismo en Sanxenxo a menos que veña o cambio climático e en xaneiro se poida ir a praia, claro, entonces mezcla un punto con outro. Mire, estes temas son un pouquiño mais complicados, ¿eh?, e dudo eu moito que no mes de febreiro, que xa podemos facer bolillos, que a xente que eu sepa vai a seguir traballando, non vai a ter vacacións, vai a ir ó colexio, non vai a ir a praia, haberá que ter outros recursos e outras cousas, mezcla Sanxenxo … Mire, repítolle esto é un asunto un pouquiño máis, máis complicado, eu a primeira vez, a segunda vez que asistín ó Patronato de Turismo había un técnico da Xunta que sabía bastante do asunto e tamén viña co matraco de desestacionalizar, e o zapatazo que me meteu, finamente, foi glorioso, claro dándome argumentos mais ou menos como estes, ¿non?, ou sea que, a xente en febreiro que lle dicimos, que vaia a Sanxenxo, ¿a que?, ¿a que?, á praia. Claro, máis ou menos, dinme conta que era un pouquiño máis rabudo o asunto e que había que traballar en outras, outras direccións, ¿non?. Bueno, entonces, eu pediría que retirara a moción, que deixemos o asunto e quen traballa, vamos quen lle corresponda traballar, os técnicos do, vamos, o que antes era o Patronato, responsables e demais, traballen e non, non facer barullo así, simplón con esto que é, repito, bastante máis complicado, ¿non?. Tamén podemos facer agora Barcelona dedicouse tanto tempo a que quería, ¿como era?, turismo de cruceiros, turismo de cruceiros, turismo de cruceiros, ahora que teñen turismo de cruceiros hasta as orellas din non queremos turismo de cruceiros, non queremos turismo de cruceiros. Coidado, coidado que estas decisións son moi técnicas, hai que saber moi ben cales son as perspectivas, que resultados pode ter e por onde actuar, e eso deixemos a xente que sabe, non nos dediquemos nós a discutir desto. Sra. Presidenta.-… a palabra. Sr. Rodríguez Díaz.- Ben, cando vostede fala de crear unha mesa, é que nós temos creadas sete mesas. Usted non quere recoñecer de que está participando todo o sector da provincia, está participando o, todo o sector ademais con expertos e profesionais e contando tamén cos nosos profesionais, cos nosos da Deputación de Pontevedra, que son moi bos. Entonces, claro, vir coa mesa para arreglar ou pretender arreglar o problema de desestacionalización, cando nós estamos con este plan estratéxico, falando de todo eso non sólo de desestacionalización senón de todo o que podemos facer ou se debe de facer, cales son as nosas fortalezas, debilidades, ver o que está pasando noutros lugares para que esto siga sendo un motor económico e xerador de emprego. Usted, eu, falabamos aquí, digo eu non pretendo que me entendan, Sr. Moldes, de verdad, porque xa vexo que cando un non quere entender, pois, non entende, pero eu lle recoñecía, porque ademais así o fixo a Presidenta pero vostede traía xa o seu guión escrito, e lle recoñecía que había cousas ben feitas anteriormente coma é a marca Rías Baixas, o dicía á Presidenta fai dous días. Polo tanto, reitero as felicitacións ó Sr. Chema Figueroa, pero tamén, tamén lle reitero que vostedes debían, en vez de facer esta moción para, bueno, facer este pequeno apunte e decir como que nós non contamos con ninguén, cando si contamos con todo o mundo, ustedes, lle reitero o que tiñan que felicitar era á Presidenta de esta Diputación de Pontevedra por todo o que aí ten e leva impulsado o turismo nesta provincia en estos dous anos, e lle sigo pedindo que o faga, sinceramente, porque, hombre, se podrá facer moito máis, non o sei se se podrá facer moito máis, pero sobre todo o que está, o que estamos a facer o sector o está aplaudindo e os concellos o están aplaudindo, están dando o visto bon ademais a esto e se sinten ademais participes e plenamente identificados. Eu creo que, vostedes teñen algo máis que un problema ¡eh!, teñen, non sólo teñen un problema, teñen máis de un problema i é que ante o goberno desta Diputación non saben que buscar ou rebuscar para ver donde, a ver que, que decimos hoxe, que decimos neste pleno para ver si os desgastamos un pouco, pero en turismo lle reitero está de tal maneira enfocado que a implicación da nosa Presidenta, que vai, que está sendo un gran éxito, vai ser moito mais éxito, e lle reitero non nos veñan a axudar, como fixeron recentemente nese caso que todos coñecemos, axúdennos de outra maneira. Eu creo que con ese traballo, cos vos que temos internacionais e nacionais, con toda esta promoción que temos ten que ir moito mellor o turismo enfocado sobre todo a ese turismo de calidade que todos queremos. Moitas gracias. Sra. Presidenta.-Gracias S. ... Ten dous minutos Sr. Moldes. Sr. Moldes Martínez.- Gracias Sra. Presidenta. Sr. Mosquera, eu creo que o acuerdo é facil, nós non queremos unha mesa dun único concello, estamos falando dunha mesa provincial. Logo, eu creo que vostedes, vostede sólo se cargou todo ese plan director ou ese plan estratéxico, si nos está dicindo que vai a ser imposible en esta provincia ter turismo en febreiro xa é mellor recoller os libros e marchar, porque eu creo que dun plumazo se cargou todo ese traballo do que, do que presume o Sr. Santos Héctor. Sobre, e, tamén unha cousa, todo o traballo que, dalgunha maneira, repetimos, por dúas veces, presentamos dúas solicitudes, si teñen a ben, cando poidan, polo menos nos envíen unha copia, pois, un pouco de cales son as directrices, cales son as condicións, xa nin tan sequera lle pedimos os resultados. E repetimos, si despois desas dúas solicitudes vostedes teñen a ben contestarnos, si lles temos que aplaudir non vamos a ter ningún tipo de problema. Pero tamén lle digo unha cousa, e, tamén o Partido Popular seguramente podría, si vostedes nos invitaran, facer moitas aportacións, porque eu creo que detrás nós temos unha gran experiencia, e detrás hai un bo traballo que vostedes mismos recoñecen. Logo, o que fi, o que fixemos antes nós invitamos a facer esta mesa provincial de turismo, Sr. Mosquera, esperemos que na nosa provincia en febreiro si que teñamos turismo e visitantes, eu creo que si que os vamos a ter por moi negativo que sea vostede, eu dígolle que na provincia de Pontevedra en febreiro vamos a ter visitantes e turistas. Eu creo que ó final non quería transmitir con esas palabras o que realmente dixo, desde o Partido Popular estamos seguros senón lles invitamos a que nos deixen a área de turismo, i estamos seguros que no mes de febreiro, no mes de febreiro a provincia de Pontevedra, co Partido Popular xa o tiña anteriormente, e vai a seguir tendo turismo. E desde aquí invitámolos a outra cousa, desde o Partido Popular, lle propoñemos que o turismo non este dentro do debate político, e invitamos e seguimos invitándoos a crear esa mesa provincial de turismo que vai axudar a dinamizar todo a nosa….. Sra. Presidenta.- ... Tres veces o de que fixeran dúas solicitudes, eu quero ser, de verdad, ¡eh!, cariñosa ¡eh!, e ademais hoxe teño un día cariñoso. ¿Pero vostede como quere que lle remitamos o plan estratéxico?, si o estamos elaborando. Mire, as directrices é moi fácil, Sr. Moldes, é que a publicamos para cando sacamos o contrato para que a empresa puidera presentar os seus proxectos, estaban alí as directrices, están publicadas, é moi fácil, é que teñen que traballar vostedes un pouco máis. E logo, Sr. Moldes, o Partido Popular está traballando neste plan estratéxico, todos, todos os concellos da provincia de Pontevedra coa exclusión de dous ou tres, por certo do Partido Popular, todos fixeron aportacións. O Sanxenxo foi dos concellos que máis aportacións fixo e que están recollidos no plan de concertación, igual que Baiona, igual que Mos, igual, por exemplo, Redondela non, non fixo aportacións, pero porque voluntariamente non quixo e ten todo o dereito a facelo, faltaría mais. Pero o Partido Popular está aportando e as directrices son coñecidas porque se publicaron e saíron a concurso, están alí as directrices. E o plan de concertación o outro día ademais de estar un membro da oposición, o deputado, o Sr. Aranguren, que estaba presente, tamén estaba o seu asesor, tamén estaba o asesor, na presentación do plan de concertación, que foi elaborado en sete mesas, con participación de todo o sector, privado, de todos os concellos e tendo moi en conta o que decían os concellos, particularmente, os concellos que están calificados como concellos turísticos, moitos gobernados por vostede. E polo tanto, vostedes, claro, piden cousas que non existen, vostedes van a coñecer o, o plan estratéxico e terán unha copia. As directrices xa lle digo saíron publicadas, e, a principios de este ano, son vostedes os únicos que non as coñecen, eu o sinto moito de verdad. Sometemos a votación a moción do Grupo Provincial do Partido Popular solicitando un plan de desestacionalización do sector turístico da provincia. ¿Votos a favor?. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Queda rexeitado por trece votos a favor, doce, perdón, doce votos a favor, trece en contra e unha abstención. Rexéitase, por maioría de votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, cos votos a favor do PP e coa abstención do Grupo Mixto (Coalición Electoral SON), a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular (PP) solicitando un plan de desestacionalización do sector turístico da provincia. Sra. Presidenta.- Bien, rematada a parte resolutiva do Pleno, pasamos a parte de información en control. b) Parte de información e control: 9.7003.- DAR CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XULLO DE 2017 Sra. Presidenta.- No punto número 9. Dar conta do informe de Intervención do período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xuño de 2017. Queda dada conta. A Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, introduce o concepto de período medio de pago como expresión do tempo de pago ou retraso no pago da débeda comercial, de xeito que todas as Administracións Públicas, nun novo exercicio de transparencia, deberán facer público o seu período medio de pago que deberán calcular de acordo cunha metodoloxía común establecida no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas. O período medio de pago mide o retraso no pago da débeda comercial en termos económicos, como indicador distinto respecto do período legal de pago establecido no texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado por Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, e na Lei 3/2004, de 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. O artigo 6 do Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, en relación á publicidade do período medio de pago a provedores establece que as Comunidades Autónomas e as Corporacións Locais remitirán ó Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e publicarán periodicamente, de acordo co que se prevea na Orden HAP/2105/2012, de 1 de outubro, pola que se desenvolven as obrigas de subministro de información previstas na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, a información relativa ó seu período medio de pago a provedores referido, segundo corresponda, ó mes ou ó trimestre anterior. Á vista deste precepto legal o servizo de Intervención elaborou o informe do período medio de pago a provedores da Deputación, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento correspondente ó mes de xullo de 2017 que se expón a continuación: INFORME DO PERÍODO MEDIO DE PAGO A PROVEDORES CORRESPONDENTE Ó MES DE XULLO DE 2017. Entidade Mes Ratio Operacións Pagadas Importe Pagos Realizados Ratio Operacións Pendentes Importe Pagos Pendentes Período Medio de Pago Deputación de Pontevedra Xullo -16,51260950 2.056.560,19 5,87134994 10.457,36 -16,39936560 Escola de Enfermería Xullo 4,06615482 2.326,21 0,0000000000 0,00 4,06615482 Consorcio de Incendios e Salvamento Xullo -7,09229861 241.339,94 0,0000000000 0,00 -7,09229861 TOTAL 2.300.226,34 10.457,36 -15,40668361 A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Réxime Interno, na sesión ordinaria do día 18 de setembro de 2017, tivo coñecemento do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xullo de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. De conformidade co disposto na Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade financeira e no Real Decreto 635/2014, de 25 de xullo, polo que se desenvolve a metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores das Administracións Públicas, o Pleno queda enterado do contido do informe do Servizo de Intervención sobre o período medio de pago a provedores correspondente ó mes de xullo de 2017 da Deputación Provincial de Pontevedra, da Escola Universitaria de Enfermería e do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento. 10.7004.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Sra. Presidenta.- No punto 10. Dar conta das Resolucións Presidenciais, queda dada conta. Queda enterado o Pleno das seguintes: - De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas entre os días 24 de xullo e 18 de setembro de 2017 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. 11.7005.- ROGOS E PREGUNTAS Sra. Presidenta.- E no punto 11, rogos e preguntas. Pois, non habendo, si, Sr. Leal, non o esperaba a vostede. Sr. Leal Fariña.- Agora despois deste pleno, esto é un rogo aínda que como falou antes Mosquera, que parece ser que os concelleiros non poden rogar, que deben de facer suxestións, en primeiro lugar para amenizar, ó persoal técnico que elaborou esta, esta guía inclusiva, i decir que si se aprobou antes a guía inclusiva queda un pouco feo que, por exemplo, que se empregue solo o tema alcalde, senón alcaldes, alcaldesas ou en todo caso alcaldías, i bueno, aquí en este pleno se escoita bastante, i hai bastantes alcaldesas por sorte presentes, i eu creo que se deben sentir identificadas, non por ser citadas senón precisamente por non ser citadas. Sra. Presidenta.- Totalmente de acordo con vostede, pero tamén hai unha cousa que é certa e que eu quero recoñecer, ¿non?, e que levamos tanto tempo, ¿non?, e tantos centos de anos, usando un linguaxe non inclusivo, masculinizado e patriarcal que nos vai a levar un tempo, pois acostumarnos a utilizar outro tipo de verbas que nos inclúan a todas, polo tanto, imos a ter que facer todos e todas, todos e todas un enorme esforzo. Moitas gracias pola súa, o seu prego, gracias. Se levanta a sesión. E non habendo máis asuntos que tratar, pola Sra. Presidenta, sendo as catorce horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará a Ilma. Sra. Presidenta comigo, o Secretario, que dou fe. A Presidenta, O Secretario, Asdo. María del Carmen Silva Rego Asdo. Carlos Cuadrado Romay

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición