ATOPO
Rexistros actuais: 1.619.227
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

Fondos

Escritura de Fundación da Capela de San Pedro Mártir e nomeamento de capelán para a mesma (1819-1832)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.26..2.1.44.416/20

  • Título Escritura de Fundación da Capela de San Pedro Mártir e nomeamento de capelán para a mesma (1819-1832)

  • Data(s) 1819-1832 (Creación)

  • Volume e soporte 113 Follas

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Gándara (PORTAS)(1784-1995) Don Pedro da Riva e a súa muller, dona Alberta Alonso, construíron a capela con advocación a San Pedro Mártir e San Alberto, no ano 1784, no lugar de Cachal, parroquia de San Pedro de Lantaño, municipio de Portas. Erixiron a Capelanía Mercenaria a título de Padroado Real de Legos. Dotaron dos bens necesarios para o sostemento da mesma. Tamén estableceron vinculo regular sobre outros bens.

  • Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente composto de: 1 - Copia certificada da escritura de Fundación solicitada por José Ribas e expedida polo escribán Manuel Pardo de Andrade. Describe as condicións dos patronos e capeláns, así como a dotación de bens do vínculo. Acompaña fotocopia e transcrición (25/05/1819). 2 - Escritura pola cal José Rivas e Mª Benita Carmen Alonso nomean capelán da fundación ao seu fillo Ramón e solicitan confirmación. Acompaña fotocopia e transcrición (09/11/1832). 3 - Anotacións referidas ás escrituras e á cronoloxía da Fundación (s.d.).

Área de notas

  • Nota 32 Follas de documento orixinal 32 Follas de copia simple 34 Follas de trascricións 15 Follas de anotacións persoais mecanografiadas

Puntos de acceso

Área de control da descrición