ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Reais ordes

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.1.4

  • Título Reais ordes

  • Data(s) 1834-1868 (Creación)

  • Volume e soporte 30 unidades de instalación con 409 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta sección contén reais ordes e circulares normalmente manuscritas e, máis rara vez, impresas, que recollen diferentes disposicións, circulares e reias decretos, emanados polos monarcas e Ministerios correpondentes, que a través do Xefe Político se transmiten para o seu coñecemento e cuprimento, afectando a multiplicade de normas e áreas de actuación: beneficencia, agricultura, comercio, nomeamentos e cesamentos, publicacións, instrución pública, eleccións, arbitrios, indultos, orde publica, obras públicas…. Atópanse agrupadas polos asuntos nos que inciden ou, maiormente, de forma cronolóxica por meses, dentro de cada ano. No caso dos impresos amosan o texto completo mecanografado e no caso dos manusctiros detallan, logo dun encabezamento o texto da circular ou real orde emitida.

  • Novos ingresos Serie pechada

Área de condicións de acceso e utilización

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Moitos documentos están afectados pola humidade. Documentación manuscrita en papel, moitas veces cosidos.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Documentación dixitalizada na súa totalidade.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición