ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.906
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 1994/07/04_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.808/3.1994-07-04_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 1994/07/04_Ordinaria

  • Data(s) 1994-07-04 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: 60,68 [nota: é sesión extrordinaria, hai dúas neste día polo que para dixitalizar non poden poñerse as dúas en extraor.] Da sesión extraordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 4 de xullo de 1994 No Salón de Sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as doce horas e quince minutos do día catro de xullo de mil novecentos noventa e catro, baixo a Presidencia do Sr. D. Xosé Manuel Barros González, Vicepresidente da Excma. Deputación Provincial, reuníronse os Sres. Deputados, D. José Ramón Abal Varela, D. Laureano Calero Valverde, D. José Crespo Iglesias, D. José Manuel Chapela Seijo, D. Avelino Fernández Alonso, Dna. Mª Dolores Fernández Alonso, D. José Manuel Fernández Rodríguez, D. Manuel Freire Lino, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Manuel Iglesias Carrera, D. José Luis Jorge Caramés, D. Emiliano Lage Rodríguez, D. Bernardo López Abadín, D. César Marcelino López Freire, D. Juan Francisco Martínez-Herrera Escribano, D. José Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Antonio Nieto Figueroa, D. José Luis Rodríguez Lorenzo, D. Juan José Salgueiro Montouto, D. Francisco Santomé Otero, D. Isidoro Serantes Serantes, D. Santiago Tirado Serén e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión extraordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. A efecto de votacións faise constar que a Corporación está formada por vintesete Deputados de feito e de dereito, incluído o Presidente. Da fé do acto o Secretario Accidental, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente, D. César Xosé Mera Rodríguez, nin o Sr. Deputado, D. Manuel Ramón Conde Romero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día que contén os seguintes puntos: 1.- Estudio e toma de acordos sobre reestructuración dos Centros de "Príncipe Felipe", de acordo coas disposicións legais da Xunta de Galicia. 2.- Estudio dun Convenio Deputación-Consellería de Familia. 3.- Estudio dun Convenio Deputación-Concello de Pontevedra para creación dun Centro de Día, e adoptándose en relación cos mesmos o seguinte acordo: 1.3582.- ACORDOS SOBRE REESTRUCTURACIÓN DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" Sr. Presidente.- Ruego al público asistente el máximo silencio posible para ver si nos entendemos mejor todos. Bien, se abre este Pleno extraordinario que en la convocatoria lleva tres puntos del orden del día, dice: estudio e toma de acordos sobre reestructuración dos centros de "Príncipe Felipe" de acordo coas disposicións legais da Xunta de Galicia; segundo, estudio dun Convenio Deputación-Consellería de Familia; e terceiro, estudio dun Convenio Deputación-Concello de Pontevedra para creación dun Centro de Día. Eu diríalle ós señores, sobre todo ós do Grupo Socialista que presentaron a Moción e ó Bloque, que intervengan en este punto del orden del día englobando todo y haber si al final sacamos una propuesta de acuerdo en la que podamos incluir las posturas de todos los grupos políticos, entonces voy a abrir un turno de intervenciones. Primeramente me pide el Sr. Mosquera la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente, buenos días. Estamos ante un tema extremadamente conflictivo. O "Príncipe Felipe" naceu no seu momento cun gran bombo e platillo e con gran empuxe, quizais cunha concepción hoxe algo desfasada, pero cuns plantexamentos, cunha intención de servicio de asistencia ós menores necesitados, ambicioso, cunha concepción de intentar cubrir con gran seriedade este servicio en tódolos seus aspectos, incluso formación profesional, todo, educación especial, etc. Pero os avatares leváronno a que dende hai uns anos o abandono sexa cada vez máis patente, e a política implantada nesta Deputación e na Xunta, o leven a un abandono progresivo, o leven a unha infrautilización dos seus servicios, incluso a dar de alta ós chavales, a votalos fóra e non aceptar novos durante un tempo, reducindo o continxente asistido alí, a pesares de que estamos nunha época de crise social e están aumentando continuamente as necesidades, por desgracia aumentan continuamente neste sentido. O paradoxismo chega cando se anuncia que o centro vai ser, non sei, se vendido ou regalado, alugado, ou pagado á unha universidade privada cunha intención clara de facelo desaparecer. Neste sentido, entre a alarma provocada tanto polo abandono continuado como polos anuncios de que o centro podería ser destinado a outros fins diferentes para os que pois tanto o Grupo Socialista como o BNG estimamos que portante, dado que o grupo de goberno non, nunca tratara o tema, nin tan sequera en Comisión e xa moito menos en Pleno, nunca quixera tratalo, estimamos procedente a convocatoria dun Pleno extraordinario que é o que estamos a celebrar. Neste sentido eu creo que xa se deu un paso positivo, parece que se abandonaron xa por parte do grupo de goberno as súas ansias privatizadoras, porque no fondo o que hai en todo este tema é unha política definida, o que houbo ata agora, agardemos que de agora en adiante non sexa así, foi unha política moi definida de privatizar, privatízase a cociña, privatízanse os servicios da Lanzada, privatízase, recórtase, privatízase, deberon estimar no seu momento, agardo que de agora en adiante non, que os cartos estaban mellor invertidos noutros fins que nos fins ós que estaba adicado o "Príncipe Felipe" que era o da asistencia ó menor, o da asistencia ós máis desvalidos. Ben, a orde do día do Pleno trae tres puntos, creo que en principio é ben tratar globalmente o tema e polo tanto vamos, despois deste preámbulo, vamos a iso. Nós estimamos que é absolutamente imprescindible impulsa-lo servicio de atención ó menor que nestes momentos non hai alternativa a "Príncipe Felipe", alternativa que está dando parte da Xunta, están sendo desviados a centros privados na maioría dos casos sen as garantías nin atencións necesarias, como a alternativa que se lle deu por exemplo a Educación Especial foi excesivamente optimista en plan integración cando houbo moitos chavales. A integración en xeral para un sector foi positiva pero para outros non se consumiu, e polo tanto mesmo o Centro de Educación Especial é necesario potencialo. Antes, creo que nestes momentos a pesar de que pode haber teorías de que os macrocentros non son o mellor que pode haber para a atención ó menor, para acollida, nos casos en que sexa necesaria, pois non, ningunha alternativa a "Príncipe Felipe", en todo caso ese é o nosO primeiro criterio, nestes momentos hai que potenciar "Príncipe Felipe", e hai que potencialo no sentido de reestructura-los centros, adaptalos á Lei de Servicios sociais, en todo caso diversificalos, pódense incluso separarse os macrocentos, un macrocento pódese dividir en centros pequenos que parece que é o que hoxe se estima como o máis oportuno, pero sen abandonar unhas instalacións que insisto, teñen unhas instalacións, e un persoal, e unha preparación, e un funcionamento e unha experiencia que non teñen en absoluto alternativas dentro da Provincia. Indo un pouquiño máis largo penso que a única alternativa de fondo e que nós imos defender é a transferencia, a integración de "Príncipe Felipe" na rede de centros da Consellería de Familia e Xuventude e Servicios Sociais, bueno, na rede de Asistencia Social da Xunta. Outra cousa que pode ter máis ou menos complexidade, outra cousa que esta Deputación terá que poñerse forte, terá que facer vale-los seus dereitos ante a Xunta e esixirlle que se faga cargo do que por Lei lle corresponde, ou se se quere interpreta-la Lei retorcidamente, polo menos en sentido común corresponde, debe haber unha rede básica de Asistencia Social e esa rede básica por competencia é da Xunta, que é quen debe facerse cargo do centro. Evidentemente o camiño vai ser largo, vai depender do peso que se queira utilizar nesta Institución por parte do grupo de goberno, por parte de toda a Corporación para acadar ese obxectivo, e dista moito da situación actual, por eso insisto en que pode ser moi difícil porque ata agora a traxectoria é exactamente a contraria. A Xunta cando lle afecta deriva chavales a "Príncipe Felipe" e despois non paga un duro por eles, cando é un servicio que ten que cubri-la Xunta, que ten que paga-la Xunta, e se o manda a un privado paga e se o manda a "Príncipe Felipe" non paga un duro, co cal a Deputación nin se enfrenta a isto e por outro colle e abandona "Príncipe Felipe" porque lle sáe moi caro. Esperemos que esta dinámica se cambie e que se poñan as cartas boca arriba claramente, e que se lle esixa á Xunta que vote man das súas competencias, inverta os cartos que lle corresponda e os medios que lle corresponda, nós facilitámoslle o "Príncipe Felipe" que foi un centro modélico no seu momento e que pode volver a selo dotando as instalacións como o persoal e experiencia que hai alío Ese será o noso obxectivo a medio prazo, a moi medio prazo, despois en cada punto xa diremos que prazos imos poñendo, pero xa a curto prazo creo que si realmente hai vontade de volver a que "Príncipe Felipe" responda á concepción para a que naceu, a concepción en canto á ambición de cubri-lo servicio, pois teríamolo que ir reestructurando e xa teríamos que ir creando un Centro de Día, crear un Centro de Acollida Temporal, reestructura-los Centros de Internado, potencia-la Educación Especial; empeza a haber casos francamente sangrantes dunha integración non lograda que non saben os pais que facer con eses chavales en casos graves de educación especial. Seguramente habería que ter talleres ocupacionais para os chavales que con 14, 15 ou 16 anos se votan de alí e non teñen onde ir. E en resume, facer unha modificación, adapta-lo funcionamento á Lei de Servicios Sociais, reestructurar en función das necesidades, e creo que esto había que concretalo pois nun plan do centro, nun plan de futuro do centro, que funcións vai cubrir, como imos face-las obras, como imos reestructura-lo centro, que servicios vai cubrir que deben ser entre outros os que dixen antes. Practicamente para remata-la intervención a nos a proposta é que tanto o centro que é temporal, como o Centro de Día, como a rehabilitación de Educación Especial, intentemos por tódolos medios que sexan para o curso 94-95. Xa sei que é un prazo curto, pero nós non temos a culpa de que unha convocatoria feita hai dous meses non pasara por Comisión, non se estudiaran estes temas, se perdera o tempo, chegamos hoxe aquí, se vostedes van crear unha Comisión como parece se-la súa intención, puideron anuncialo antes, puidemos ir avanzando medidas nestes asuntos pois funcionan por cursos académicos, que lle imos facer, da igual dicir para decembro do 94 que dicir para marzo do 95, exactamente igual nalgúns aspectos, polo tanto creo que deberíamos forzar a máquina e intentar que estas medidas estiveran en vigor para o 94-95, como xa medidas que podían ir, aínda que non esté firmado o Convenio coa Consellería ou coa Xunta, coas Consellerías ou con quen estea afectado, pois aí sí que se pode alarga-lo Convenio, pero dentro de que estas medidas, igual que para o Concello de Pontevedra se pode alarga-la firma do Convenio, pero dentro de que estén aceptadas estas medidas para que para o curso que vén se lle dea xa un impulso ó "Príncipe Felipe" que marque o norte do futuro que vai ter, que nós agardamos, queremos que vaia na dirección que antes dixen. Os prazos que nós propoñemos e que agardo que sexan aceptados, é que o prazo para a firma do Convenio coa Consellería sexa a finais deste ano, e que fixemos un prazo para a transferencia o 1 de xaneiro do 96. Agardamos que estas propostas sexan asumidas e agardamos que esto signifique un cambio definitivo da traxectoria que ultimamente viña tendo o "Príncipe Felipe" e poidamos aproveitar un investimento tanto en obras como en persoal que existe aí, e que creo que as necesidades sociais o xustifican de sobra, por desgracia, por desgracia, dada a crise social cada día máis. Moitas gracias, nada máis Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, en primeiro lugar queremos manifesta-lo desagrado do Grupo Socialista por haber agotado o prazo legal máximo para convocar este Pleno extraordinario que debía de haber sido convocado moito antes, dado que había que convocalo de todas todas, e sobre todo na duración do curso escolar que impediría que tiveran que desplazarse e estar presentes no Pleno moitos dos funcionarios da Deputación que xa entón durante o curso escolar algúns deles non estarían de vacacións. Por outro lado eso abrigaría a que estivera presente o principal responsable da grave situación na que se atopa o "Príncipe Felipe" que é o Presidente da Deputación, o Sr. D. C.ésar Mera, que eu sinto moito que teña que estar vostede aí aguantando o chaparrón que se lle vén encima por unha actuación que depende do Grupo Popular pero substancialmente do seu Presidente, o Sr. D. César Mera. Co seu permiso Sr. Presidente vou facer unha lixeira historia do que é o centro "Príncipe Felipe", entre outras moitas causas porque estou convencido de que moitos Deputados do seu propio grupo non coñecen nin sequera como é o "Príncipe Felipe", non se molestaron nin sequera en saber como é a estructura, contido e funcionamento da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". O macrocentro da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" naceu na época franquista cun estilo e unha forma de actuar e unhas reestructuracións de acordo con aquela situación que entón se vivía e gracias desde logo ós esforzos de moita xente, pero fundamentalmente tamén dun ex-director daquel centro que é o Sr. Covelo, home autoritario, pero dende logo moi loitador por consegui-la Cidade Infantil "Príncipe Felipe". A chegada da democracia supuxo unha modificación substancial na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e sobre todo no concepto de o que ten que ser un Centro Educativo e Asistencial. A primeira Corporación democrática presidida por un home que era do Ensino e que fora Director daquela Institución, coñecedor polo tanto, fundamental daquela Institución, supuxo para a Cidade Infantil non só unha reforma grande a teor da nova Lei de Educación se non da propia estructura e funcionamento dentro da Cidade Infantil. Aquela Corporación democrática prime ira complementou as instalacións dos cinco centros que é o que hai na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" con instalacións como o polideportivo, o campo de fútbol, as pistas de atletismo, as pistas polideportivas, a cubrición do patio de EXB, a Residencia de Alumnos Maiores e a creación de equipos multiprofesionais que tiñan unha finalidade substancial, e era face-lo Centro de Acollida "Príncipe Felipe" máis os Centros Educativos, integración dos alumnos recollidos na Cidade Infantil con alumnos procedentes doutras partes da provincia de Pontevedra, e sobre todo adecua-la estructuración da Cidade Infantil á situación da nova Lei de Educación. Dentro dos cambios pedagóxicos substanciais que se introduciron naquela Cidade Infantil estiveron entre outros as axudas ós tutores de EXB que atendían ós alumnos procedentes da Escola Fogar, que sufrían como todos vostedes saben perfectamente uns retrasos escolares graves debidos precisamente ás súas circunstancias. Creouse un corpo educativo que demostrou a súa grande capacidade de funcionamento que foi o dos Educadores que substituían entón ós Becarios profesionalizados; fixéronse concertos con empresas para que os rapaces que estaban recollidos na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" puideran seguir unha ensinanza regulada, puideran ter uns lugares onde poder ir traballar; e fundamentalmente tamén Sr. Presidente creouse o Centro de Formación Profesional da Cidade Infantil, que se creou con dúas finalidades, hoxe unha delas si se cumpre, a outra por desgracia non, a satisfacción da Cidade Infantil, que era a ensinanza regulada na cal os alumnos da Cidade Infantil que puideran seguila pola súa capacidade poderían estar en relación con outros rapaces da provincia, centro que por certo hoxe en día está traspasado á Xunta de Galicia, é unha parte da ensinanza profesional non regulada polos alumnos recollidos nos Centros de Educación Especial, na Escola Fogar ou na Residencia de Alumnos Maiores, pero por circunstancias da política chegou a esta Corporación o Grupo Popular, e aínda que se dí que hoxe en día que non hai grandes diferencias entre o Grupo Popular e algúns outros grupos, entre eles o Grupo Socialista, a diferencia de actuación foi substancial, Sr. Presidente. O Grupo Popular chegou a esta Corporación cunha finalidade clara, todo aquelo que non supuxera votos ou non supuxera inversións en Concellos non era rentable para a Deputación. Nese sentido o primeiro que fixo o Sr. Rajoy, hoxe Secretario Xeral do Grupo Popular, foi realizar unha Auditoría dos centros da Cidade Infantil, e tamén do Hospital, cunha sóa finalidade, buscar algunha disculpa para poder reduci-los gastos nos dous centros e invertir máis naquelo que como dicía o Presidente desta Corporación, supón para o Grupo Popular moita máis rentabilidade, inversións nos Concellos. Como as Auditorías lle saíron ranas, no sentido de que dicían que o que se estaba facendo alí, non soamente se estaba ben feito se non que había que potencialo, comenzou o período de actuación do Grupo Popular na Cidade Infantil, reducción de ingresos, anulación da Residencia de Antigos Alumnos que xa estaba concertada, que xa estaba adxudicada a unha empresa, que xa estaba en construcción e que se anulou dicindo, é unha pena que moitos dos Corporativos non o record en ben, dicindo que naquela Residencia de Alumnos Maiores que non era necesaria se ían instalar unha biblioteca, uns servicios, etc., etc., aquí están os funcionarios da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e saben perfectamente que non só non se construiu a Residencia se non que aqueles cartos, aquel es montón s de millóns destinados para unha obra da Cidade Infantil están durmindo sabe Deus onde, probablemente nalgunha estrada da Cañiza, e retirouse aquela construcción daquel centro, e non soamente daquel centro, de tódolos que estaban proxectados, como por exemplo un Auditorio ó aire libre, que ó mellor non tiña unha gran finalidade pedagóxica pero sería o único Auditorio ó aire libre que tería a provincia de Pontevedra, refírome a Pontevedra capital, non á provincia que ten outro gran Auditorio ó aire libre en Castrelos. Privatizouse o comedor, convertiuse A Lanzada non no que era a súa finalidade: A Lanzada era un centro de vacacións primordialmente para os alumnos da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" e a base de concertos con outras Deputacións para alternancia, viñan alumnos doutras Deputacións á Lanzada, e ían alumnos nosos a outras Deputacións que é a finalidade, o único que xustifica a existencia do centro de vacacións da Lanzada. E así seguiuse Sr. Presidente, anulándose canta actuación supuxera a mellora da Cidade Infantil, así se pasou de ter 700 alumnos internos e máis dunha media de 1.000 alumnos na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" a ter no día de hoxe pouco máis de 200 alumnos. O último paso que se deu foi hai tres ou catro días, a privatización, unha máis das moitas, a privatización do servicio de manutención e limpeza do centro da Lanzada que vai a deixar de ser un centro de vacacións para a Cidade Infantil e convertirse nun centro de vacacións sabe Deus para quen. En principio, ó parecer, seguindo a política que potencia e dirixe o Sr. Presidente da Deputación, para alumnos procedentes doutros Concellos. Para ver como foi decaéndo a Cidade Infantil "Príncipe Felipe" hai que ler algúns números, por exemplo, a dotación presupostaria das partidas da Cidade Infantil desde o ano 1978 ata o momento actual. No ano 1978 en conservacións e reparacións invertíanse 16.000.000 millóns de pesetas, pesetas do ano 78. No ano 93, o ano pasado, invertíronse 3.000.000 millóns. En vestuario, por poñer outro exemplo, e non abundar moito, invertíanse no ano 88, 19.250.000 pesetas, invértense no ano 93, 15.000.000 millóns. En mobiliario e enseres, no ano 88 invertíanse 6.500.000 pesetas, no ano actual 250.000 mil pesetas. E en manutención, moi de actualidade estes días, invertíanse no ano 88, 43.100.000 pesetas, e no ano actual 38.000.000 millóns de pesetas, de pesetas deste ano, do ano 93. Como mostra voulle poñer un simple exemplo, Sr. Presidente, do que supoñen estas variacións da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Mire, eu ademais de Deputado son Profesor de EXB, e desde fai quince anos levo ós alumnos do meu centro a visita-los centros da Provincia, e entre os centros que levo a visitar un é a Cidade Infantil "Príncipe Felipe", non é que teña importancia ningunha pero había un acto que sempre se realizaba na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" cando ían alumnos doutros centros. No Comedor Escolar se lles daba un refresco, un viño, uns pinchiños, para que os rapaces que visitaban aquelo, á parte de coñecer aquela Cidade Infantil, xa digo que é total e absolutamente descoñecida, poucos saben que o Auditorio da Cidade Infantil é o mellor Auditorio que ten a cidade de Pontevedra, e que o seu polideportivo é probablemente dos mellores, e están total e absolutamente infrautilizados, pois dicía Sr. Presidente, que este ano cando foron alí se nos dixo polo Director que non se lle podía dar iso porque non o permitía a empresa que ten privatizado o servicio de Alimentación da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Iso demostra Sr. Presidente, que si hai posturas políticas determinantes nesta cuestión, hai os que defenden o estado de benestar e hai os que defenden a utilización desta Deputación como un organismo constructor de camiños e de obras no rural. O único que podería xustificar esta Institución serían cumprir aquelas labores que non puideron cumprir outros organismos como son precisamente os temas de benestar, "O Rebullón", "Príncipe Felipe". As nosas propostas feitas, as propostas de Pleno están fundamentadas nas seguintes condicións. Todos sabemos que a Lei de Servicios Sociais, que por certo no seu Título II dí que a Deputación ten grandes obrigas neste tema, que nadie pense que a Deputación non ten, como se manifestou aí, responsabilidades nun tema social, se os ten o di a Disposición Segunda e a nosa proposta primeira era, estudio e toma de acordo sobre a reestructuración do centro "Príncipe Felipe". Vostede sabe Sr. Presidente que a nova Lei de Servicios Sociais obriga a unta reestructuración da Cidade Infantil, non quere macrocentros se non unta reestructuración a base de módulos para alumnos de párvulos, alumnos de maternais, podían ser de idades comprendidas entre O e 4 anos, podía estar nuns módulos de 8 a 12 que podía haber entre 25 e 50 prazas. A Residencia Infantil que hoxe en día está concretada noutra estructura habería que volvela a reestructurar en módulos entre 14 e 16 alumnos, e entre 60 e 140 prazas, e unta Residencia Xuvenil de alumnos comprendidos entre idades de 15 e 18 anos, como mínimo entre 45 e 90 prazas. Para todo iso, Sr. Presidente, habería que aproba-lo punto primeiro que era reestructuración da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". No estudio dun Convenio Deputación-Consellería da Familia habería que ter en conta os novos conceptos educativos que nestes centros se teñen que ter en conta. Non hai que olvidar que na Cidade Infantil, por se a xente non o sabe, hai un Centro de Educación Especial, centro que desempeñou unta enorme labor en moitos factores da educación especial, pero sobre todo nun específico, no tema de sordos. Polo tanto a nosa proposta no segundo punto ía ir, Sr. Presidente, no criterio de facer do Centro de Educación Especial, Centro específico de Educación Especial para atender a determinados sectores que non se poden atender dende logo en centros que non van a te-las capacidades nin as dotacións que se precisan e que están propostos no plan de centros que propón a propia Consellería, que ademais destes centros como a Cidade Infantil, estes macrocentros, prevé centros en distintos Concellos. A parte desto a nosa proposta era crear no centro da Cidade Infantil un Centro de Acollida Temporal, este centro sería o único existente en Galicia, haino noutras Autonomías, en Galicia non hai ningún Centro de Acollida Temporal para recoller aqueles rapaces que por circunstancias temporais, non definitivas, teñen que acollerse nun Centro ou Institución que os ampare. É tamén dentro da Cidade Infantil potenciaríamos a creación de Talleres Profesionais-Ocupacionais para aqueles alumnos procedentes da Cidade Infantil que non puideran segui-las ensinanzas reguladas, que sexan como eu lle chamei sempre, fillos da Deputación, porque estiveron alí, na Residencia de Maternais e de Párvulos, e ó mellor chegaron á idade de saír do centro, outra das grandes obras do Presidente da Deputación, disminuí-la idade de estancia na Cidade Infantil, despedir a tódolos rapaces ó chegar a unha determinade idade fora cal fora a súa circunstancia social, ten o maior grupo de delincuentes procedentes da Cidade Infantil na provincia de Pontevedra, porque como todo rapaz, e máis nas circunstancias anteriores, cando un fillo dunha familia por circunstancias perde o seu traballo pode volver á familia, pode volver á casa paterna, os fillos da Deputación teñen que ter unha casa paterna onde volver Sr. Presidente, e esa era a Residencia de Antiguos Alumnos. Polo tanto Sr. Presidente, non lle quepa a menor dúbida de que o Grupo Socialista vai mante-las súas propostas, porque non estamos dispostos a que o último obxectivo marcado polo Grupo Popular, ó mellor resultante dese acordo que se di que hai entre o seu Presidente, Sr. Fraga, e o Sr. Bispo de Santiago, de dicir que hai que potencia-lo tripartito, escarallou ós centros privados, sobre todo os relixiosos, e hai que volver a potencialos, e así se ve que dos alumnos en situación asistencialo 80% están en privados e o 15% en centros de carácter público-semipúblico, como sería esta da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". E desde logo Sr. Presidente, espero que abandonaran a idea que por moito que se tratou de ocultar si estaba aí, de instala-la CEU de San Pablo, a Universidade Privada de San Pablo na Cidade Infantil "Príncipe Felipe"; ou ese último ruxe ruxe que se intenta propagar por aí de facer da Cidade Infantil un Parque Industrial. Sr. Presidente, penso que as propostas que fai o Grupo Socialista e o BNG non soamente son aceptables se non que son as únicas solucións para que o "Príncipe Felipe" cumpra o seu labor, un labor asistencial, un labor benéfico e social que é unha das poucas cousas que xustifican estas decadentes Institucións como son as Deputacións. Moitas gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- ¿Algunha intervención máis?. Sr. Nieto. Sr. Freire. Sr. López Freire.- Inda que non é aceptado polo Grupo Popular eu quixera pedir un receso neste Pleno e que intervira un representante da plataforma creada na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para que nos expuxera o punto de vista desta plataforma neste Pleno, xa sei Sr. Presidente que non se pode durante un Pleno, por eso lle pido un receso para que podan intervir posto que están aquí presentes, molestáronse en vir nun día de vacacións na Cidade Infantil, e pediríalle flexibilidade e que deixara intervir a un dos representantes da plataforma. Sr. Presidente.- Síntoo moito pero non podo aceptar ese tema, nós estamos tendo, eu persoalmente, bastantes contactos cos representantes da plataforma do "Príncipe Felipe", entendo que non é agora o momento de facer aquí unha apoloxía deste Pleno e deste acto. Están aquí presentes, cada un que pense o que queira pero primeiro vamos a desarrolla-lo Pleno con tódalas libertades que os Deputados temos que ter, pero non podo acepta-lo que me pide vostede, síntoo moito. Sr. Nieto. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, en principio yo no diría que es lamentable, yo diría que es auténticamente vergonzoso que se haya agotado el plazo que la Ley da. Si ustedes no tuviesen que obligar las normas jurídicas, las legales, etc., etc., ustedes posiblemente no hubiesen convocado este Pleno, la prueba está en que han agotado hasta el último día, han agotado hasta el último día, y lamentablemente tratan de eludir un problema social, un problema importantísimo, quizás el más sensible que tiene en este instante la Diputación de Pontevedra, y después de decir esto, pues sencillamente yo pienso que esta batalla está iniciándose pero se va a ganar, parece ser que el Partido Popular ha recapacitado y ha empezado a doblar la rodilla y no se trata de doblar rodilla si no de tener sentido común, sensibilidad y desde luego pensar que si efectivamente los medios económicos no llegan para el mantenimiento a punto de esta Ciudad Infantil, entonces lo primero que hacemos, lo primero que tenemos que hacer, por ejemplo Sr. Presidente, es cerrar el cabaret de Soutomaior, lo primero, cerrar el cabaret de Soutomaior y con lo que allí sobra, con lo que allí se quema, con lo que allí se hace, posiblemente este asunto tira para arriba sin necesidad de que los vecinos y los trabajadores tengan que concentrarse ante nosotros. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Nieto. Ben, eu entendo despois da exposición que fixo tanto o Sr. Mosquera como o Sr. López Freire, o Sr. López Freire persoa experta na problemática do "Príncipe Felipe", non en balde foi bastantes anos Deputado Delegado, iso non quere dicir que nalgunhas cousas poida estar equivocado. O mesmo que pode estar equivocado o grupo de goberno nalgúns plantexamentos que ten feito con respecto ó "Príncipe Felipe", pero bueno, o que está claro é que sentindo tamén que non estea aquí presente o Presidente titular desta Deputación polas razóns obvias, debido a súa enfermidade, e sentindo tamén que haxa un malentendido, eu creo que é un malentendido, non sei se intencionado ou mal intencionado, respecto ó que o grupo de goberno desta Deputación ten decidido ou pode decidir sobre o "Príncipe Felipe", eu creo que houbo efectivamente varias circunstancias e unha serie de problemas que ó mellor fixeron concebir unha serie de expectactivas con respecto ó "Príncipe Felipe" que non son así, de feito nin moito menos, e quizais nós como grupo de goberno cometemos algún erro no desenvolvemento normal nestes últimos anos do que sempre foi a Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Está claro que tamén a situación actual é moi distinta e temos que replantexa-lo futuro deste importante centro pensando na Lexislación vixente, sobre todo na responsabilidade que ten que ocupa-la Xunta de Galicia neste centro. E por suposto ó que si somos sensibles totalmente é ó problema social do centro, da xente que necesita deste centro e fundamentalmente desa función primordial que ten que facer e seguir facendo cara ó futuro polo ben da nosa sociedade, da sociedade que o necesita na provincia de Pontevedra. Non é verdade que nós teñamos abandonada esta responsabilidade, iso que quede clarísimo, ó mellor esta Moción é moi oportuna e veu no momento trascendental que era preciso, tomar efectivamente dunha vez por todas as responsabilidades que hai que tomar dentro deste centro para poder decidi-lo seu definitivo futuro, e que funcione naturalmente, cunhas prespectivas quizais máis adecuadas ós momentos actuais. Pero é necesario que haxa unha implicación moi importante, como dixen antes, fundamentalmente da Xunta e incluso dos Concellos, do resto dos Concellos da provincia de Pontevedra, no só do de Pontevedra, porque a todos nos afecta e todos temos intereses e necesidades que cubrir con este centro. Poderíamos estar facendo unha discusión moi prolongada de posturas distintas, tanto do grupo da oposición como do grupo de goberno desta Deputación, e votaríamos horas e horas discutindo dun tema sen chegar ó mellor a conclusións positivas ás que hai que realmente chegar. Nós o que queremos é dicirlle a todo o mundo que está aquí, incluídos ós compañeiros Deputados, que se alguén ten bóas intencións para o futuro da Cidade "Príncipe Felipe", se alguén ten, empezando pola propia oposición, nós non as temos menos, que quede ben claro. Podemos admitir algúns erros e admitímolos pero non temos as peores intencións que alguén se poida imaxinar senón todo o contrario. Temos unhas intencións tan positivas como as de calquera membro do grupo da oposición desta Corporación, e neste momento nos doería que se entendan os pasos que se van a seguir cara ó futuro como unha presión feita polo grupo da oposición, que agradecemos en certo modo a súa postura e a súa preocupación por este tema, pero indudablemente que nós tampouco estamos cos brazos cruzados, nin nunca estivemos, estamos negociando incluso unha serie de situacións quizais non coa luz e taquígrafos que había que darlle suficientemente para que os propios funcionarios, o propio persoal se sinta máis tranquilo. Eu pediríalle e para demostrarllo ó grupo de oposición, que non acabáramos en discusións bizantinas, imos a demostrar precisamente o noso talante neste tema aceptando practicamente todo o que se nos propón, e ampliando, ampliando para mellorar incluso a situación dunha maneira inmediata, e sobre todo para dunha vez por todas face-las cousas con luz e taquígrafos e que todo o mundo poida valorar esta situación doutra maneira e non con malos entendidos. Eu teño a orde da Presidencia de facer unha proposta aquí, naturalmente que a maticei con el e co resto do grupo de goberno, donde imos acepta-lo que se nos propón pero cunhas matizacións que creo que son necesarias e que lle pediría ós firmantes desta resolución para pedir este Pleno, que as aceptasen. E imos a ser fundamentalmente pragmáticos e positivos caro o futuro como queremos, e imos traballar todos conxuntamente para que non haxa xa ningún tipo de desconfianza entre nadie. En primeiro lugar aquí se pedía estudio e toma de acordo sobre reestructuración de centros de "Príncipe Felipe" de acordo coa s disposicións legais da Xunta de Galicia. Este é un punto que me gustaría que en primeiro lugar, dado que podía ir en primeiro lugar este tamén pero quizais o punto segundo que di, estudio do Convenio Deputación Consellería da Familia, adiantalo como primeiro punto porque é fundamental o Convenio que imos facer coa Xunta, é fundamental para o futuro deste centro, é fundamental o que poidamos conseguir da Xunta, o máximo que poidamos conseguir, non só da Consellería da Familia, tamén das distintas Consellerías ás que lles poida afectar. Xa tivemos ultimamente reunións coa propia Consellería e ela está disposta a aceptar unha serie de peticións que se lle fan, pero outras quéreas compartir con outras Consellerías como pode ser Sanidade que ten asuntos sociais; ou como pode se-la propia Secretaría Xeral de Deportes que eses centros que ten aí, precisamente as instalacións deportivas que podían facerse alí uns Convenios compartidos para utilización e mantemento desas pistas, unha mellor utilización, etc. etc.; como poden se-los posibles Convenios na parte que lle afecta á Consellería de Educación, ou sexa, que se engloben neste punto as distintas Consellerías ás que lle poida afectar, porque vaille afectar a máis dunha para chegar a un verdadeiro Convenio e entendemento coa Xunta de Galicia en xeral pero a través das distintas Consellerías ou Secretarías Xerais que lle poida afectar. Que se me admita esta rectificación e como punto primeiro. En segundo lugar, o punto terceiro, que tamén é importantísimo, que sería o estudio e proposta xa de Convenio da Deputación fundamentalmente co Concello de Pontevedra, que é ó que máis lle afecta, Concello da capital, pero tamén onde poidamos englobar a tódolos Concellos da provincia de Pontevedra, porque nos afecta igualmente a tódolos Concellos e podemos necesitar dese Centro de Día calquera Concello da provincia de Pontevedra, ou de calquera outra circunstancia que se poida englobar neste punto, e enton podemos entrar aí, en principio o Concello de Pontevedra pero que ese estudio conleve o poder facer, abarcar a tódolos Concellos da provincia de Pontevedra, que todos máis ou menos podemos ter necesariamente que participar neste Convenio tamén. En terceiro lugar, entón pasa-lo punto primeiro que xa é o estudio definitivo e a proposta de resolución a este Pleno da toma de acordo sobre a reestructuración do centro de "Príncipe Felipe". Efectivamente, xa en Convenio cos posibles Convenios establecidos coa Xunta e cos distintos Concellos, e facer xa a proposta final ó Pleno desta Corporación e para isto crear como un cuarto punto, crear unha Comisión para o desenvolvemento destes traballos, para o desenvolvemento total destes traballos, composta polo Presidente da Deputación ou a persoa en quen delegue para presidila, cinco Deputados, dos cales tres serían do Grupo Popular de acordo coa composición que hai desta Corporación, un sería do Grupo Socialista, e outro o Sr. Mosquera en representación do BNG, un representante da plataforma dos traballadores e o Director da Cidade Infantil, sexa quen sexa, como persoa técnica que apoie esta Comisión simplemente, co compromiso de que esta Comisión ten que desenvolve-los traballos que antes falamos para presentalos como proposta a un Pleno extraordinario que se fará aquí antes do 31 de decembro. Hai que ter en conta que a Comisión queda constituída agora en xullo, o mes de agosto é de vacacións, e setembro, outubro e novembro que temos para traballar antes do 31 de decembro, e que quede o compromiso de que esta Comisión ten que trae-las conclusións definitivas ó Pleno desta Deputación para aprobalas, aprobalas ou o que sexa, pero indudablemente é coa intención de aprobalas se as sabemos facer correctamente, e sabemos facer unha proposta de acordo coas distintas Consellerías que sexa beneficiaria para todos. Creo que non se pode ser máis pragmático, entendo que deberíamos aceptar esta proposta que fago eu e empezar a traballar xa definitivamente neste tema para que se se pode traer en novembro ou en outubro que non se traigan en decembro as conclusións definitivas do "Príncipe Felipe". Edito isto que non me queda máis que engadir voulle dar un novo turno de intervención. En primeiro lugar ó Sr. Mosquera e despois ó Sr. López Freire. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Non se pode ser máis pragmático nin máis hábil, ¿verdade Sr. Presidente?. Xa recoñeceu que se se vai avanzar algo, polo menos intentar cambia-la tendencia que últimamente levaba o "Príncipe Felipe", foi gracias ós movementos non precisamente seus, non precisamente do grupo de goberno. Pero en canto á proposta que vostede fai, efectivamente poderíamos dicir que "chapeau", mira que pragmático, mira que cambio de postura tan radical e tan favorable para o futuro de "Príncipe Felipe". Efectivamente nós desde logo imos aceptar esa proposta pero digo que non se pode ser máis pragmático nin máis hábil, porque tal como a plantexa non asume ningún compromiso concreto, ningún compromiso concreto e vostedes mesmos o din, e presenta-los seus estudios, non é presentar... Sr. Presidente.- Nós asumimos os compromisos de mellora-la situación, eso que quede claro, que non se pense que escapo diso, que quede claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, xa dixo que hai unha Comisión, xa o dixo, está claro, pero o que non, e tamén dixen que íamos aceptala, que remedio, pero non asumen, non asumen por exemplo, crea-lo Centro de Acollida Temporal para o curso 94-95, ou un Centro de Día, ou potencia-la Educación Especial, ou, non asumen nada. Tampouco pretendíamos que puideran asumir todo por necesidades económicas ou por dificultades técnicas de reestructuración, pero sí algunha cousa, e ningunha, ou sexa, agora de repente todo o que queda é unha Comisión constituída, positivo, segundo unha declaración de intencións positivas e un prazo ata final de ano, pero medida concreta ningunha. En calquera plan de centro, en calquera futuro Convenio, en calquera futura reestructuración, ¿vai ir un Centro de Acollida Temporal ou vai ir un Centro de Día?. Sr. Presidente.- Pero é que estamos asumindo un Centro de Día tamén. Primeiro face-la proposta. Sr. Mosquera Lorenzo.- Asúmano para o curso 94-95. Sr. Presidente.- Agora é imposible podelo asumir aquí porque primeiro temos que te-las conclusións e os estudios, temos que ter claro que é imposible asumilo neste momento pero estamos asumíndo ese centro, e tamén temos que procurar que o asuman os Concellos, que non o vai a asumi-la Deputación soamente. Imos a intentar que cada Concello participe, agora, que tampouco os Concellos nolo pidan cando eles non o asumen. Está claro, é unha das cousas nas que estamos bastante de acordo, é unha cousa que pode ser moi positiva para a Deputación o Centro de Día e estamos dispostos a asumilo tranquilamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, repito, eu non dubido se vostedes manifestan a súa vontade a pesar de que ata agora levaron a línea contraria, rectificar é de sabios, e non imos aquí a marcarnos goles e ¿por qué se fixo ou non se fixo?, faise e adiante, é moi favorable. Pero asuman algunha proposta concreta, asuman algo do que se lle propón, algo do que se lle está propoñendo e non soamente unha Comisión de Estudio, que insisto é favorable, que ben, que imos aceptala, que imos participar, pero a cuestión é que asuman algunha medida concreta que está hoxe nas mans da Deputación e que se pode. Na primeira conversación, vostede mesmo o está dicindo, que o Centro de Acollida, o Centro de Día, esas cousas van a ser aceptadas, bueno, pois asúmase o compromiso de votalo a andar para o curso 94-95, se non quedaríanos para o 95-96. Sr. Presidente.- Si é posible, si, naturalmente que si, pero hai que face-lo estudio primeiro. Non imos asumir unha cousa que aínda a temos sen estudiar. Pero si é posible asumímola tranquilamente. Ben, Sr. López Freire, quere o Sr. Nieto primeiro. Sr. Nieto Figueroa.- Bueno, en principio yo tengo que recalcar otra vez y desmentir, que usted, bueno, es un hombre listo, también sería buena, sino no estaría donde está, pues dice que usted (se acaba la primera parte de la cinta)... el acuerdo con nosotros que efectivamente no hay, hombre, si ustedes estuviesen completamente de acuerdo con nosotros no llegaba el deterioro a la situación actual ni exprimían ustedes los dos meses, hay que decirlo. Usted no es culpable, a lo mejor a usted no se lo decía, pero como la culpa no es suya tengo que decirlo, ya sabe que le quiero bien, pero esa fantasía, esa forma de hacer política que ustedes tienen en esta Diputación, cuando no les queda más remedio por Ley que convocar este Pleno, hombre, no le voy a decir que sea mentira, pero desde luego no es cierto. Ya con otra cosa, hombre. Yo pienso que una Comisión formada por cinco miembros del Partido Popular es otro abuso, cinco miembros del Partido Popular, un miembro del Partido Socialista y el Sr. Mosquera, eso es otro abuso. Ni siquiera el promedio de los votos conseguidos da semejante. Sr. Presidente.- No, no, estamos en la misma proporción o quizás menos. Sr. Nieto Figueroa.- Cinco, uno y uno, xa sabe vostede que non. Hombre, en todo caso el Sr. Mosquera tendría que ser medio y yo lo quiero entero. Sr. Presidente.- No es cinco y uno y uno, son tres y el Presidente cuatro, y dos de la oposición. Sr. Nieto Figueroa.- Cuatro y uno y uno, bien. Entonces otra cuestión que después el señor, el auténtico especialista del tema que es mi querido López Freire, pero yo pienso que hay otra cuestión que tampoco está muy clara. Si usted traslada este problema con nosotros directamente a la cantidad de Consellerías que ha mencionado, cuántos más vecinos en el tema más difícil todavía, que las Consellerías trabajen entre ellas y nosotros sencillamente con la Consellería que directamente nos corresponda. Sr. Presidente.- Eso es lo que tiene que la Comisión definir cuando llegue el momento. Sr. Mosquera, o máis breve posible. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu quero dicir tres cousiñas moi breves. Primeira, con respecto á participación na Comisión e á proporcionalidade podo face-lo compromiso que se hai problemas de proporcionalidade nós non participamos, se se resolve así, non hai ningún problema, somos conscientes de que temos un, que non temos dez nin quince, non hai ningún problema nin imos a pelearnos por eso. Primeira cuestión. Creo que podemos aportar pero se a proporcionalidade na Corporación é a que é e se se quere aplicar a raxatabla nós non vamos a facer fincapé neso, creo que van estar representados por... Sr. Presidente.- Eu particularmente é o criterio do Presidente, e o meu tamén, e do noso grupo, que participe todo o mundo... Sr. Mosquera Lorenzo.- As outras dúas. Que a mín me parece moi ben este intercambio de palabras, que me corte, que me diga que si e demais, pero eu quero que se voten dúas cousas: o compromiso de que se faga o Centro de Acollidos e Centro de Día para o curso 94-95; e dúas, que esta Corporación teña como horizonte a transferencia do centro nun prazo determinado, sexa no 96 ou sexa cando sexa. Quero que se vote. Sr. Presidente.- Unha das cousa que tamén ten que traballar nese sentido a Comisión é na transferencia, non só na transferencia, en todo iso. De tódalas maneiras xa lle anuncio e os compromisos nosos e públicos fágoos eu en nome do Presidente, en nome de tódolos compañeiros, de asumi-lo Centro de Día pero sempre e cando sexa posible e haxa posibilidades para o curso 94-95, sempre e cando sexa posible e que o acepten os Axuntamentos, o que non vamos a votar nós é ese compromiso, facer un compromiso cando temos que facer outra votación onde vai englobado todo eso. A chegado o momento de vota-lo que vostede me pide nestes momentos. Eu sinto moito ter que rechazalo e votar en contra. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, paréceme ben que vostede intentara defenderse todo o que puido neste tema, primeiro pola súa falta de coñecemento ó mellor do tema, e segundo porque como xa dixo claramente non vai se-la decisión súa se non a decisión que xa impuxo o Sr. Presidente da Deputación, o Sr. Mera. Eu non creo que para nada na bóa vontade de determinadas persoas do Grupo Popular, non creo na bóa vontade do Sr. Rajoy que foi o primeiro que escarallou a Cidade Infantil "Príncipe Felipe", o Hospital, etc., etc., nin na do Sr. Cuiña, e moito menos que ningunha na do Sr. Mera, e a súa vontade está clara porque se quixera estar aquí presente houbera convocado o Pleno con tempo e forma e houbera estado presente, non, deixoulle o embolado a vostede, pero ó mesmo tempo de deixarlle o embolado lle dixo, mira, o que tes que acordar é esto e pobre de tí se te separas delo. E lle recordo Sr. Presidente que non me vou a opoñer ó que dixen na Comisión, pero lle recordo que aquí mesmo nesta mesma Corporación se aprobou outra mesma Comisión estando vostede de Presidente, a comisión vía rápida A Cañiza, e aínda despois de anos, nin se creou nin nada diso. Eu non creo na bóa vontade do Presidente, de quen o respaldan na Corporación Provincial, non creo nela, nin creo eu nin cree esa xente que está aí, e polo tanto non me fale vostede de que teñen a vontade de solucionalo, mentira, teñan a vontade de acabar coa Cidade Infantil "Príncipe Felipe", privatiza-lo que se puidera e o demais aproveitalo para outra cousa, e o movimento dos funcionarios, o movimento dos traballadores, foi o que fixo que se convocara este Pleno. De tódalas formas eu creínlle entender, creínlle entender, e quero que me o aclare, que vostede ía a aproba-los puntos da orde do día co único matiz de crear unha Comisión. Eu creo pouco nas Comisións, e me da igual a súa integración aínda que me gustaría que fose máis proporcional, pero desde logo, dúas cousas quero que queden moi claras, primeiro: a garantía de que antes de que termine o ano esta Corporación vai a toma-las decisións nos tres puntos da orde do día; e a segunda garantía, que nos presupostos correspodentes ó ano 95 que é o que vén agora, se inclúa a cantidade suficiente para facerlle frente a esto que pón aquí. Nese sentido Sr. Presidente imos insistir, tampouco lle pido que tome agora o acordo de aproba-lo presuposto do ano 95, como é lóxico, pero se hai a bóa vontade que vostede di, se hai esa bóa vontade, entón aprobemos os puntos da orde do día, creemos esa Comisión para que empece a traballar en setembro, e o prazo máximo, non o definitivo, o prazo máximo sexa no ano 94 ter terminado este tema da Cidade Infantil "Príncipe Felipe". Sr. Presidente.- Ben, aceptado todo o que me pide, acéptanse os tres puntos da orde do día como poñen vostedes, sen cambialos porque a orde de factores non altera o producto, sen embargo eu creo que o ampliaba bastante máis, pero tampouco pasa nada porque a propia Comisión é a que vai a amplialos, e a creación da Comisión como antes dixen, e cada grupo queda obrigado nun certo modo a que neste mes de xullo ten que cita-los nomes das persoas que lle correspondan a cada grupo. Os nomes vanse a dicir durante este mes. Así que eu vou a sacar primeiro a votación, eu pediríalle que sacara esa votación, se quere votámola, pero lamentándoo moito teño que votar en contra. Votamos a favor da proposta que fan vostedes para que non pidan máis votación. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, insisto, creo que debe quedar claro cal é o horizonte e que medidas concretas se queren tomar, non dixo porque teñen que demora-la creación do Centro de Día, nós non somos culpables de que retrasaran dous meses nin que pasara por Comisión onde se podían facer esas modificacións, non é de recibo que nos veña ó Pleno con modificación, se vostede vén nos tamén podemos vir exactamente igual, e polo tanto eu quero que se vote o compromiso ese, e o compromiso de que o destino final que pretende esta Deputación vai se-la transferencia a unha rede de Centros de Servicios Sociais. Quero que se voten esas tres cousas. Sr. Presidente.- Non teño inconveniente en asumi-lo tema da transferencia e de todo. Unicamente que o Centro de Día como está sen estudiar cos Concellos que lle afecta, non podemos dicir, sempre e cando eu acepto, se me acepta unha emenda que diga, sempre e cando sexa posible chegar a acordo cos Concellos, con esa emenda, votámola a favor, ademais esas dúas cousas. Vostede me obriga a facer un Centro de Día e se non chegamos a acordo cos Concellos, porque se trata de facer un Convenio co Concello de Pontevedra. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Hoxe por hoxe o centro de quen é?, da Deputación; ¿a Deputación ten capacidade para crear ese centro ou non?, si, pois se quere créalo, créase ou non, e non se condicione. Sr. Presidente.- Ese é o estudio que hai que facer. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, que se vote sen emenda ningunha tal como propuxen eu. Sr. Presidente.- Entón teño que votar en contra sentíndoo moito. Se fora con esa emenda aceptabámola. Sr. López Freire. Sr. López Freire.- Sr. Presidente, o Grupo Socialista quere máis que nadie que o Centro de Día funcione, pero queremos que funcione adecuadamente, é dicir, o Centro de Día tal como se propón na proposta do Pleno é un Convenio Deputación-Concello, cos acordos correspondentes dos dous organismos. O que si temos que pedirlle Sr. Presidente, é que dentro desa bóa vontade que apunta, que eu non a creo pero hai que pedirlla, é que no mes de setembro poida funciona-lo sistema de media pensión aínda que non se cree o Convenio, sobre todo se é que se pensa aprobar ese punto da orde do día cando o propoña a Comisión correspondente. Polo tanto nós somos defensores do Centro de Día, pero nun Convenio Deputación-Concello de Pontevedra, que eu verdadeiramente, e mentras non se aprobe iso, porque a Comisión non presentará, e ademais o Concello de Pontevedra ten que tomalo que se solucione provisoriamente ese problema que supoño que o aceptará o Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Entendo pero aquí hai unhas propostas moi concretas e vostedes estannas revirando tanto que ó final non imos... Sr. López Freire.- Nós non reviramos nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Non quixera ir para "O Rebullón" precisamente hoxe. Facíamos unhas emendas que non teño inconveniente en retiralas, que ampliaban moito máis e facían máis ricas as propostas, e que non teño inconveniente. Vostede quere que as aprobe como están aquí, aprobámolas como están aquí. Aprobamos a Comisión, o demáis non hai máis compromiso que eses estudios traelos aquí e depois asumilos directamente polo Pleno da Deputación, ou discuti-lo que haxa por discutir, punto. E non aprobo máis nada, e sentíndoo moito teño que votar en contra da proposta, que me parece positiva igual que a súa, pero teño que votar en contra. Vale, así que non hai máis debate. Imos votar primeiramente as dúas propostas que nos fai o Sr. Deputado representante do BNG, Sr. Mosquera. Os que estean a favor, por favor que levanten a man, Sr. Mosquera; ¿en contra?, o Grupo Popular; ¿abstencións?, o Grupo Socialista. Agora imos a vota-la proposta da resolución da petición deste Pleno, que foi a que pidiu a oposición coa inclusión da Comisión que antes nomeei aquí neste Pleno, tamén condicionada a que os traballos efectivamente sexan representados necesariamente dentro do ano 94 e á maior brevidade para toma-la decisión definitiva que ten que tomar este Pleno. Os que estean a favor, por favor que levanten a maní por unanimidade. E nada máis, moitas gracias a todos e esperemos que este mellore. O Pleno acorda por unanimidade, crear unha Comisión presidida polo Presidente desta Excma. Deputación, cinco Deputados dos que tres pertencerán ó Partido Popular, un ó PSOE e outro ó BNG, un membro da Plataforma Coordinadora e o Director do Centro da Cidade Infantil "Príncipe Felipe", para que antes do día 31 de decembro do presente ano eleven conclusións ó Pleno en relación co seguinte: 1.- Estudio e toma de acordos sobre reestructuración dos Centros de "Príncipe Felipe", de acordo coas disposicións legais da Xunta de Galicia. 2.- Estudio dun Convenio Deputación-Consellería de Familia. 3.- Estudio dun Convenio Deputación-Concello de Pontevedra para creación dun Centro de Día. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e vinte minutos do expresado día, dase por rematada a sesión e dela exténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario que dou fe. O PRESIDENTE, O SECRETARIO ACCIDENTAL, ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición