Fondos
1996-02-23_Ordinaria. Acta de sesión 1996/02/23_Ordinaria
Acta de sesión 1996/02/23_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.18.810/1.1996-02-23_Ordinaria
Título Acta de sesión 1996/02/23_Ordinaria
Data(s) 1996-02-23 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: 36,37 Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 23 de febreiro de 1996 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e seis, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse os Sres./as Deputados/as, D. Xosé Ramón Abal Varela, Dona Carmen Avendaño Otero, D. Xosé Manuel Barros González, D. Adolfo Campos Panadeiros, Dona Ramona Castaño López, D. Xosé Costa Díaz, D. Xosé Manuel Chapela Seijo, D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, D. Miguel Domínguez Vaz, D. José Luis Fernández Lorenzo, Dona Carmen Ferro Carballo, D. Lino Fontán Mariño, Dona Ana Gandón Menduíña, D. Baltasar García García, D. Emilio González Iglesias, D. Oswaldo Lino González Pereira, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. Mario López Martínez, D. Rafael Louzán Abal, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Julio Pedrosa Vicente, D. Amado Ricón Virulegio, D. Ramón Sestelo Fernández, D. Santiago Tirado Serén, D. Pablo Vázquez Caride e D. Manuel Vilar Márquez, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Vicesecretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Bos días público, escomenzamos o Pleno ordinario correspondente ó mes de febreiro do 96. Antes de entrar na orde do día hai unha proposta do Bloque Nacionalista Galego, en concreto do Sr. Deputado Xoán Chillón Iglesias, en que propón un recoñecemento público da obra de D. Alejandro de la Sota. Se é tan amable, o Sr. Deputado quere le-lo escrito. Sr. Chillón Iglesias.- A proposta trátase de que hai uns días que faleceu o importante esgrevio, digo, Arquitecto Alejandro de la Sota Martínez, que incluso precisamente hai moi pouco tempo no Servicio de Publicacións desta casa se editou un magnífico libro sobre a súa obra. Entón nese sentido é un recoñecemento institucional por parte deste Organismo cara á figura, vamos cara á obra deste Arquitecto superrecoñecido a nivel galego e a nivel internacional. Sr. Presidente.- Procede por favor a lelo. Sr. Chillón Iglesias.- Diante do pasamento o pasado día 14 de febreiro de 1996 do Ilustre Arquitecto Pontevedrés D. Alejandro de la Sota Martínez, consideramos que por parte desta Institución Provincial estamos na obriga de recoñecer publicamente a importantisima obra deste mestre da arquitectura contemporánea e figura internacionalmente prestixiada. A recente e oportuna publicación por parte do Servicio de Publicacións deste Organismo Provincial no pasado mes de decembro, vén de sumarse xuntamente co merecido recoñecemento de tan esgrevia figura á longa relación de diferentes mencións, entre outros premios, Medalla de Ouro de Belas Artes 1986, Medalla de Ouro de Arquitectura do 88, Premio Nacional de Arquitectura e Premio Cidade de Pontevedra 1984. Insisto que eso é sumarse por parte deste Organismo á obra deste Ilustre Arquitecto. Sr. Presidente.- Sumámonos por unanimidade a este recoñecemento. Moitas gracias. A proposta do Deputado D. Xoán Carlos Chillón Iglesias, que foi aceptada por unanimidade, acordouse facer consta-lo sentimento da Corporación polo falecemento do prestixioso arquitecto pontevedrés D. Alejandro de la Sota Martínez. 1.3860.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Seguindo coa orde do día, primeiro punto, aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 26 de xaneiro de 1996. ¿Hai algunha modificación con respecto á acta?. Apróbase por unanimidade. O Pleno, acorda por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xaneiro de 1996. ------ Folla: 37,39 2.3861.- PROGRAMA DE ACTUACIÓNS COMPLEMENTARIAS DO CAE/ 1996 E SUBSTITUCIÓN DE PROXECTOS NO PROGRAMA DE 1996 Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Programa de actuacións complementarias do PAE-96 e substitución de proxectos no Programa de 1996. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Vamos a ver. Con respecto á substitución de proxectos trátase dun de Ponteareas que non varían os presupostos e outro da Lama que está pendente a súa rectificación polo Pleno do Concello da Lama. Non temos nada que obxectar. En canto ó Programa de Actuacións Complementarias, en canto ás obras en si non vamos a entrar, tampouco teríamos especialmente que obxectar, había que coñecer realmente se son esas necesidades como para estar nun Plan da Comarca de Acción Especial, pero o que si xa non estamos en absoluto de acordo e nos parece especialmente grave é que se faga un Plan de Actuacións Complementarias que é para aplicar remanentes única e exclusivamente para aplicar eses remanentes ou as posibles anulacións de obras que haxa, por importe de 419 millóns que evidentemente non vai haber eses remanentes, non vai haber, por desgracia podía haber moito máis pero practicamente é o valor do plan enteiro, polo tanto os remanentes que poida haber van ser motisimo menores. Se nos fai unha relación de 21 obras sen absolutamente ningunha prioridade e se faculta ó Presidente para incluir a que teña a ben incluir. Polo tanto algo que é un plan que obrigatoriamente ten que aproba-lo Pleno pois sísase unha parte do plan, ou sexa a parte dos remanentes, por esta vía de meter moitisimas obras sen ningunha prioridade e facultando ó Presidente. Estaríamos incluso de acordo e votaríamolo, aceptaríamolo se en vez de facultarse ó Presidente se determinara que as obras a decidir no seu momento fosen decididas polo Pleno. Caso contrario votamos en contra. Nada máis. Moitas gracias. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver, en el mismo sentido, en el tema de las substituciones, es decir, tanto la que solicita el Ayuntamiento de Ponteareas como el de A Lama estaríamos de acuerdo, es decir, no tenemos ningún inconveniente porque se trata de obras del mismo ejercicio. Y en la cuestión de fondo que se está planteando aquí, la cuestión de fondo es que ya por este grupo siempre se discutió el Programa de Actuación Especial en el sentido de que el Programa de Actuación Especial o los Ayuntamientos que están dentro del Programa de Actuación Especial salen en función de una Encuesta de Equipamiento Local. Encuesta de Equipamiento Local que curiosamente en esta provincia en los últimos 30 años, con dos excepciones, la incorporación hace tres años de dos Ayuntamientos, sigue siendo la misma, es decir, un número determinado de Ayuntamientos llevan 30 años en lo que antes era una Comarca de Acción Especial y después una Zona de Acción Especial y en esos 30 años, parece ser, parece ser, que no son capaces de que los servicios mínimos municipales lleguen a la cuota de los demás Ayuntamientos de la provincia. Por lo tanto, por ahí como decía antes, nunca estuvimos de acuerdo con esa clasificación que se hace, tenemos nuestras serias dudas de que esa Encuesta sea real o esté bien hecha y curiosamente también esa Encuesta nunca la pudieron ver los grupos de la Oposición en esta Institución. Esperemos que con la reforma de la Encuesta que se está haciendo ahora podamos verla los demás grupos. Pero ya curiosamente en este punto lo que se está anunciando es que a ese listado de obras que proponen los Ayuntamientos en vez de hacer un plan aparte para los remanentes lo que se hace es enunciado de listado y el Presidente de la Diputación con su gracioso dedo o dependiendo de la forma o humor con que se levante la mañana que va a firmar estas resoluciones, le va asignar a un Ayuntamiento si y a otro no en función como decía antes del humor con que se levante el Presidente. Y eso lógicamente el Grupo Socialista no va para nada a refrendarlo con su voto. Sr. Costa Díaz.- Bueno con respecto ó reflexado polo Sr. Mosquera, que o Presidente teña que resolver vén en base primeiro a que poden producirse uns remanentes por debaixo dos 3.000.000 de pesetas, entón se se producen remanentes por debaixo dos 3.000.000 de pesetas non se pode facer unha obra posto que o Plan leva consigo que tódalas obras teñen que ser máis de 3.000.000 de pesetas. Entón cando o Sr. Presidente pode que o remanente que se produza nun Concello aplicalo a outro e cando dalgunha maneira hai que xuntar eses remanentes para que non se perdan. Pero con respecto a que as obras que os Concellos cambien ou estimen que as outras que teñen enumeradas no Plan Plurianual entendan que as deban cambiar polas obras aquí expostas, logicamente o Presidente non lle vai a cambiar ningunha obra a ningún Concello, simplemente o que pode cambiar e si os remanentes hai que xuntalos de tal maneira que para non perdelos pois que haxa que aplicalos a unha obra determinada. Nada máis. Con respecto a D. Emilio, bueno, pois sabemos que este é un Plan que está feito e que falta por terminar, un Plan Plurianual que como ben di estase facendo unha enquisa que nos dará dalgunha maneira pois o resultado que pode haber de infraestructura nestas zonas, nese momento pois se se vai a seguir con este Plan, bueno a través do Goberno Central e a Deputación, pois xa nese momento debatiremos os Concellos que estimemos oportunos referentes da enquisa que deban seguir aquí. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu non sei se o tema merece máis pero é que parece que o Presidente da Comisión non me entendeu ben, sería que me expliquei eu moi mal, pero non estamos discutindo, ¿dixemos que os cambios de obras os aceptamos?, que son Ponteareas e A Lama. O problema non estamos discutindo eso, estamos discutindo as obras, o Plan de Actuacións Complementarias no que os remanentes dun plan que ten que ser aprobado polo Pleno vai ser decidido polo Presidente onde se aplica. Eso nós non o vamos a aceptar, nada máis, non estamos falando que sexa da cambiar obras ninguén que xa está no plan, como se vai cambiar se está aprobado incluso en Madrid. Eso non ten ningún sentido. Agora desde logo o que non sei é por que non teñen, non pasan polo Pleno igual, igual, temos Pleno cada mes, non hai tanto problema de prazos, igual que é obrigatorio que pase igual que o plan, non, eso non o entendo, bueno, supoño que xa que o plan ten que pasar polo Pleno pois polo menos a idea súa será que o Presidente teña capacidade discrecional para da-la recetiña nun plan onde non se poden dar recetiñas deste tipo. Pero bueno, nada máis. Nós desde logo se non se modifica esto de que se faculta ó Presidente vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Bueno eu quería facer simplemente unhas puntualizacións que son as seguintes, eu non sei se se entende perfectamente cales son as prerrogativas do Presidente neste caso. En primeiro lugar se un Concello ten unhas baixas que superan os 3.000.000 de pesetas indudablemente eso non pasa a remanentes senón que queda no propio Concello para face-la obra que decida o Alcalde correspondente. Os remanentes polo tanto teñen que producirse nos Concellos e por debaixo desta cantidade. ¿Non sei se me explico?. Creo que si. Non. Vamos a ver. Os Concellos teñen unhas obras determinadas a través deste plan á hora de adxudicalas pode haber baixas, se esas baixas superan os 3.000.000 de pesetas non pasan a remanentes, é dicir, o mesmo Alcalde di o que se vai facer con eses 3.000.000 que tivo de baixas nas obras. Polo tanto, os remanentes que se poden producir no plan son mínimos e de feito poden dar dúas obras, tres obras como moito. E por axilidade administrativa decidiuse eso. Non precisamente para facer a dedo cousas que non se están facendo. Considero suficientemente debatido o tema. Pasamos a votación. ¿Votos en contra?. El PSOE y el BNG. ¿Votos a favor?. El resto. Se aprueba por mayoría. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, a adopción do seguinte acordo: - Apróbase o Programa de Actuacións Complementarias ó Programa de Acción Especial, consonte dispón a instrucción 6ª de xestión dos programas de Cooperación Económica Local do Estado, que se relacionan no listado de ordenador adxunto. - Facúltase á Presidencia para a escolma dos proxectos que substituirán a aqueles que foran anulados ou para aplicación de remanentes producidos por baixas na contratación. - Asemade apróbase a solicitude do Concello de Ponteareas pola que interesa o cambio de aplicación das obras números 40 e 42 do PAE/96, "Apertura e pavimentación Sel. Cª Portela-Sobral-CN-120" e "Pav. Camiño San Martiño e San Cipriano", por importe de TRES MILLÓNS SETECENTAS ONCE MIL NOVECENTAS DEZANOVE PESETAS (3.711.919), e ONCE MILLÓNS CENTO TRINTA E DÚAS MIL PESETAS (11.132.000), respectivamente, por "Pavimentado aglomerado quente camiño en Ginza á CN-120 Confurco" e "Apertura camiño do Confurco a Guláns por Couso", sen que varien os presupostos, debido á carencia de enlaces que se producen pola construcción da Autovía Rías Baixas. Déixase sen efecto a petición do Concello da Lama para o cambio de obras contempladas no PAE/97, mentras non se aprobe polo Pleno do Concello a modificación proposta. ------ Folla: 52,58 4.3863.- BASES PARA CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACTIVIDADES CULTURAIS E A ACTIVIDADES DEPORTIVAS PROMOVIDAS POR ENTIDADES LOCAIS Sr. Presidente.- Pasamos a debati-lo punto número 4. Bases para a concesión de subvencións destinadas a Actividades Culturais e a Actividades Deportivas promovidas por Entidades Locais. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Este tema vino a la Comisión de Cooperación, yo es que ya en su día en la misma Comisión lo que planteé es que yo no entiendo porque estos temas se van hacer a través del CPAM. Este tipo de, las dos partidas. El CPAM que yo sepa es el Centro Provincial de Asesoramiento Municipal y allí lo que se nos aclaró es que estas subvenciones se van a canalizar a través del CPAM. Yo entiendo que lógicamente unas deben canalizarse a través de la Comisión de Cultura y otras deben canalizarse a través de la Comisión de Deportes. Eso es lo primero. Segundo tema, volvemos a lo mismo, es decir, volvemos a subvenciones al 100% y para aclarar sin entrar demasiado en el debate anterior, para aclarar nada más, es decir, lo solicitan los Ayuntamientos y lo hacen los Ayuntamientos. Los Ayuntamientos son los que van a solicitar las actividades y las actividades que las van a realizar, por lo tanto, lógicamente o coparticipan financieramente los Ayuntamientos, con lo cuál se le puede dar al doble, además de eso, o sino no tiene ningún sentido, es decir, háganlo ustedes entonces desde la Diputación como plan propio de la Diputación, es decir, mire usted, voy hacer quince, veinte, treinta, actividades culturales en toda la provincia directamente desde la Diputación. Porque es que sino esto es ilógico, es decir, que se de 500.000, 1.000.000, lo que sea a un Ayuntamiento para que haga una actividad que está financiando íntegramente la Diputación. Yo no le veo sentido por ningún sitio. Lo que pasa es que esto vuelve al debate también anterior, es decir, en ningún sitio se garantiza que los Ayuntamientos que lo soliciten por qué criterios se les va a dar o no se les va a dar, salvo el criterio del dedo del Presidente, volvemos a lo mismo y es repetir el debate anterior. Por lo tanto lógicamente este grupo no puede para nada, para nada refrendar el dedo del Presidente. Si Sr. Presidente es su dedo, el que va a decidir, eso lo sabrá usted, el que va a decidir qué actos va a subvencionar y en que Ayuntamientos va a subvencionar actos. Por lo tanto mire, póngalo, hágalo figurar en un papel con que criterios va hacer esas concesiones. No hay ninguno, léalo, no hay nin un sólo criterio, salvo los cuatro enunciados genéricos que dicen siempre en tódalas bases. Por lo tanto no vamos a votar a favor de esto. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Home ogallá pasasen polo CPAM non. Pero nin eso é así, evidentemente esto estivo no CPAM e agora dunha maneira errónea, porque actividades culturais debe se-la Comisión de Cultura ..., etc., pero é que tal como están hai que ler tanto nunha coma noutra a base 1ª, que ó final di: "as subvencións se concederán por Resolución da Presidencia conforme as presentes bases", e as presentes bases o único que dan é prazos, etc. Estamos falando de 33.000.000 para actividades culturais e 35 para actividades deportivas, efectivamente subvencionadas ata o 100% pero estamos nas bases de antes, podían ser perfectamente, artigo único, hai 33.000.000, que poden ser máis ou menos, que hai de prazo ata o 30 de abril para solicitalos, que tamén pode haber excepcións e que segundo se vexa concederá a Presidencia. Porque o resto de tódalas bases dígame exactamente que é o que veñen a dicir máis que eso, que subvenciona ó 100% pero tamén pode ser menos segundo lle cadre e tal. E, tanto nesto coma nos demais nós vamos, e xa fixemos así en Comisión, queremos que despois dese enunciado que acabo de ler "as subvencións concederanse por Resolución da Presidencia", queremos presenta-la seguinte emenda "previo informe da Comisión Informativa". Non hai ningún motivo de axilidade, non hai ningún motivo de présa se están presentadas antes do 30 de abril, infórmanse e pasan pola Comisión sen ningún problema en absoluto. Queremos que se vote esa emenda, nos parece á parte fundamental que estas cousas teñan certa transparencia. E, en relación a este plan e outro xa como último quería facer unha alusión ó uso que se está facendo ou que se estivo facendo historicamente cando se pon Entidades Locais e incluso ás veces cando se pon municipal, ten habido bromas de mal gusto, do calibre, en calquera plan destes, incluso no PAM, de terlle dado máis cartos a unha entidade local menor proclive ó grupo de goberno da Deputación que ó Concello que multiplica por 10 ou por 20 en poboación e en extensión a esa entidade local, no que está englobada esa entidade local. Eso foi unha práctica habitual. Ben, coa mesma práctica que non vai haber ningún criterio obxectivo de reparto dos fondos para promover actividades culturais e deportivas. O mesmo problema de que non se garantiza que haxa nin a entidade nin que se reparta entre todos caso de haber a solicitude de todos, nin que en caso de que os Concellos que pidan vaian a telo, simplemente queda cunha discrecionalidade absoluta que se presta a este tipo de manexos que estivo habendo e que agardo, agardamos sinceramente, que non volva a haber. Pero, ata agora estívoos habendo e estas bases préstanse para que poida seguir habéndoos. E, nós queremos que se vote esa emenda e caso contrario vamos a votar en contra tanto dunhas coma doutras que son calcadas por outro lado. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Sr. Domínguez Vaz.- Vamos a ver D. Emilio. Es posible que por tratarse de un órgano de asesoramiento la subvención de 35.000.000 de pesetas de actividades deportivas que están en este momento, que subvenciona el CPAM, puedan pasar a la Comisión de Deportes, y es algo que se puede estudiar si todos los grupos están de acuerdo en el ejercicio del próximo año. Es posible, no hay ningún inconveniente. En cuanto al segundo apartado no estoy de acuerdo con usted y no estoy de acuerdo con usted porque si se analiza el programa de deportes en su conjunto se dará cuenta que sólamente 35.000.000 de los 200 y muchos millones, casi 300 millones de pesetas, se destinan directamente a los Ayuntamientos. Y hay muchos Ayuntamientos por otra parte que celebran un gran número de pruebas que tradicionalmente están subvencionadas por la Diputación. Si en un momento determinado nosotros le suprimimos esa subvención o los obligamos a participar con un 50% como usted dice es posible que gran parte de esas pruebas se puedan perder y naturalmente, y eso si es seguro, los Ayuntamientos que saldrían perjudicados serían los de menos posibilidades económicas. Por lo tanto, en ese aspecto no estoy de acuerdo con usted teniendo en cuenta además que son 61 municipios los que se tienen que repartir 35.000.000 de pesetas. Serían en todo caso cantidades muy pequeñas. En cuanto a lo que dice el Sr. Mosquera del Bloque Nacionalista Galego, bueno pues en las bases van por Resolución Presidencial teniendo en cuenta la operatividad porque estamos hablando de cantidades y de subvenciones pequeñas y no sería operativo el que cada una de estas concesiones pasasen por una Comisión, se tuviesen que discutir, cuando además están subvencionados todos, prácticamente todos los Municipios que lo solicitan. Sr. Presidente.- Gracias, D. Miguel. Tiene la palabra D. Amado. Sr. Ricón Virulegio.- Bueno, eu comprendo que a oposición ten que facer oposición senón non sería oposición. O que me estraña a min é que durante a Comisión Informativa non fixeran os comentarios ou as emendas que se presentan hoxe aquí, pero por outra parte tamén o comprendo. Eu coido que as bases que son as instituídas naturalmente polo grupo que xuntamente no pasado e no presente se constituen polos grupos políticos teñen un consentimento que foi presentado xa en Comisión. Eu penso que o que di Emilio non ten razón de ser porque a Comisión de Cultura sempre foi xusta no reparto, polo menos desde que eu me fixen cargo desto, foi sempre xusta no reparto non tendo en conta colores ningúns senón que tendo en conta as necesidades das institucións que o solicitaron. Agora, en canto á emenda que o señor do Bloque Nacional pretende que se discuta aquí ou que se aprobe, penso que non ten razón de ser porque como dixo o Sr. Domínguez está máis ben xustificada a aprobación de calquera cantidade que se poida solicitar a través da Resolución Presidencial. Cantidades mínimas que crearían unha burocracia enorme dentro das Comisións. Eso é todo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Amado. Ten a palabra D. Emilio. Sr. González Iglesias.- Bueno, vamos a ver, para aclarar, para aclarar. Estas dos bases se dictaminaron en la Comisión de Cooperación, punto número uno. En la Comisión de Cooperación y ya antes el funcionario se nos dice que son temas que van a través del CPAM, bien. Nosotros lo que hemos planteado en la primera intervención es lógicamente si esto es un tema de Cultura pásese, dictamínese y pásese todo el tema por la Comisión de Cultura. Un tema de Deportes lo mismo pero en la Comisión de Deportes. Yo no he entrado en ningún momento de mi intervención en si en la Comisión de Deportes o en la Comisión de Cultura se hacían de forma más o menos justa o más o menos injusta los repartos de subvenciones. Simplemente lo único que quiero decir es que el Sr. Amado es que no se ha enterado, no se enteró, perdóneme que lo diga pero es así. No se enteró. Mire, esto fue dictaminado por la Comisión de Cooperación, no por la Comisión de Cultura, no por la Comisión de Deportes. Por lo tanto su primera parte de la argumentación siento decirle que no la entiendo. Nada más. Segundo tema. Mire, fíjense cuáles son las diferencias, en las dos bases, las diferencias que hay en los criterios de selección o de concesión. Dice, base 3ª, y esto es para las dos, tanto en Deportes como en Cultura, base 3ª, parte común: la concesión y en su caso el importe de la subvención se graduará en función de los siguientes criterios: interés general de la actividad, número de personas que puedan participar o disfrutar de la misma, o su coste en relación con la capacidad económica de la Entidad Local y porcentaje de esta que se solicita como subvención, esta parte es común tanto a Cultura como a Deportes. En el apartado de Cultura, sigue, fomento de los valores culturales, artísticos, folklóricos e históricos de la localidad, especialmente de los que resulten de su pertenencia a la Comunidad Autónoma, bien, esto se acabó. En Deportes, a más de la parte común que decía dice, fomento de la cultura física, de la práctica de los deportes y la formación de la juventud, bien, pues con estos criterios son con los que se reparten tanto en Cultura como en Deportes estos dos apartados que vienen hoy en el punto cuarto del orden del día del Pleno, es decir, esto traducido de otra forma es, el Sr. Presidente se levanta de mejor humor o de peor humor una mañana y dictamina con su dedo, sí señor, como él quiera, perfecto, pues mire, no traigan bases ningunas y háganlo como quieran pero no vistan un santo que no hay por donde vestirlo, no hay sitio por donde vestirlo, y estas son las bases, concretas y no hay otras. Por lo tanto vuelvo a decir lo mismo, no podemos refrendar este tipo de actuaciones bajo ningún concepto. Sr. Presidente.- Gracias D. Emilio. Ten a palabra D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Eu de verdade, estamos no mesmo caso de antes e dame certa pena que se salgan a facer intervencións absolutamente contradictorias e no caso tanto do Sr. Domínguez como do Sr. Amado, incluso aínda máis contradictorias, así o teño que dicir, e logo o Sr. Amado comete un erro, non pasou pola Comisión, pasou pola de Cooperación, as de Cultura van noutra dirección, e pola argumentación que fixeron e polas bases que van vir despois, a sexta e sétima, tanto un coma outro, tanto un coma outro deberían votar a favor da emenda que estamos propoñendo nós, me explico. Sr. Domínguez, estamos falando de 35 millóns para organiza-los Concellos, maquinaria administrativa moito máis fácil que clubs non federados, os clubs non federados hai 17 millóns, os clubs ou actividades non federadas, vaia, os 17 millóns van pasar por Comisión, vostede propuxo o outro día na Comisión que pasarán por Comisión e van pasar, é máis enfarragoso que os Concellos, non me diga que é por operatividade, non me diga, e agradecémoslle á parte que vaian pasar por Comisión, 17 millóns pasan por Comisión e me di que 35 millóns é moi pouca cantidade para que pasen por Comisión, e os 17 millóns vanse repartir se cadra entre 400 Asociacións e esto pódese repartir como máximo entre 60 Concellos, ou sexa, que van ser dez veces de máis contía estas que estamos falando agora que as que virán despois que son as específicas que manexa o Sr. Domínguez na súa área no punto sétimo, entón creo que polo mesmo criterio e sendo moita máis contía e sendo os Concellos debía aprobar que pasarán por Comisión cando nas súas, nas que vostedes manexa directamente sí pasan por Comisión. Eu o mesmo lle podería dicir ó Sr. Amado Ricón, verdade, no punto seis van vi-las subvencións por actividades culturais organizadas por entidades e aí son 35 millóns, máximo 500.000, a experiencia do ano pasado é que son 25.000, 50.000, etc., etc., e van pasar por Comisión, cousa que lle agradecemos que pase por Comisión, entón estas que van a Concellos que son moitos menos solicitantes, que hai a mesma cantidade en Cultura, 33 millóns e 35, verdade, e que vai a haber moitas menos solicitudes, é moito máis fácil ser máis obxectivadas, moito menos problema haberá en que pasen por Comisión e ninguén está falando de quita-la competencia ó Presidente de resolver, simplemente que antes pasen por Comisión é o que estamos propoñendo, agora, si aquí hai dúas varas de medir que é o que parece que hai, dúas varas de medir, e por un lado hai a capacidade discrecional que se reserva o Presidente e ás veces a Comisión de Goberno para manexar certos fondos en favor dos Concellos ou Asociacións, do PAC, falemos do PAC, por exemplo, e tal, e vostedes esa é unha maneira de funcionar, que non pasa por Comisión e que é absolutamente discrecional e despois hai Cultura e Deportes que desde hai dous ou tres anos vén funcionando cuns criterios bastante máis obxectivos e sen ningún problema de atrancos, por outro lado, aquí hai alguén que foi Presidente da Comisión de Deportes pasada, sen ningún problema de atrancos por outro lado, a operatividade está demostrada, que non se resta un ápice de operatividade se pasan por Comisión, está demostrado na práctica precisamente da Comisión de Cultura e Deportes, e esto que é moito máis fácil non hai ningún problema, entón, por favor, se hai unha situación ambigua, digamos de esquizofrenia no grupo de goberno no sentido de que unha parte ou unhas seccións funcionan con certa transparencia e outras non, home, non se me use os razonamentos dunha sección para outra porque eso dá un cacao maravillao que é o que tivemos que escoitar. Entón bueno, se vostedes teñen que usa-la disciplina de grupo, vótenlle a favor pero logo vai en contra do que vostedes están practicando, tanto un coma outro, exactamente en contra, porque non estamos falando das Comisións de Cultura, estamos falando do que foi a Cooperación e tal. Bueno, nada máis, eu creo que está moi claro e en todo caso que se vote a emenda, en todo caso nós pedimos que se acepte, non creo que haxa ningún problema, está demostrado que non o hai. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Ten a palabra D. Miguel. Sr. Domínguez Vaz.- Vamos a ver D. Emilio, no creo, no creo que se me pueda achacar falta de transparencia cuando de los 255 millones que va a manejar la Comisión de Deportes 180 los va a poner a disposición de cualquier control porque van a ir perfectamente baremados, lo que yo no puedo hacer son milagros y es indudable de que no hay un baremo posible para estos 17 millones, no hay posibilidad de baremar, además hay pruebas organizadas ya que, no, no se ría Sr. Mosquera, es que es así efectivamente, no hay posibilidad de baremar estos 17 millones, por lo tanto no nos queda más remedio que someternos a unas bases, me dice que todos los criterios que hay pues son, número de personas que puedan participar, disfrutar de la misma, coste en relación con capacidad económica, se pueden manejar otros criterios, se pueden manejar otros criterios pero no hay forma de poder baremar esto. En cuanto a lo que dice el Sr. Mosquera, bien, es posible, es posible como les había adelantado antes, que se pueda estudiar que esta cantidad de dinero el próximo año pase a Deportes y se le pueda dar otro concepto, se le pueda dar otro destino, otra forma de repartirlo, pero en principio están por Resolución Presidencial aprobadas las bases y tendrán que ser así. Sr. Presidente.- Gracias D. Miguel. Perdón. Ten a palabra D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Pero Domínguez caiches no mesmo erro que caeu antes Amado, é que non son 17 que son 35. Son 35, 17 son os outros. Son 35, quería dicir que está mal. En todo caso a nós danos igual que pase polo CPAM que que pase por Comisión, pero que pase por algún lado e as bases están aquí para aprobar polo tanto podemos modificalas. Eu agardo que votedes a favor da modificación para que queden redactadas igual de que eses 17 e os outros 35 que en eses si que se contempla que pase por Comisión Informativa. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Procedemos á votación da emenda proposta por D. Cesáreo do Bloque Nacionalista Galego. ¿Votos a favor?. PSOE e BNG. ¿Votos en contra?. O PP. Rexéitase entón por maioría. Pasamos a votar por lo tanto el punto cuarto íntegro. Bases para concesión de subvenciones destinadas a actividades culturais e actividades deportivas promovidas por entidades locais. ¿Votos en contra?. PSOE e BNG. ¿Votos a favor?. PP. Apróbase por maioría. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cooperación, o Pleno acorda por maioría do Grupo Popular e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aproba-las Bases para a concesión de subvencións destinadas a actividades culturais promovidas por Entidades Locais da provincia de Pontevedra e as Bases para a concesión de subvencións destinadas a actividades deportivas promovidas por Entidades Locais da provincia de Pontevedra, e que son as seguintes: BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACTIVIDADES CULTURAIS PROMOVIDAS POR ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1ª.- A Deputación de Pontevedra no seu Presuposto Ordinario de 1996, incluiu un crédito de TRINTA E TRES MILLÓNS DE PESETAS (33.000.000) na partida 96/551-451-462.00, destinado a conceder axudas económicas ás Entidades Locais da provincia, coa finalidade de colaborar nas actividades culturais que elas organicen. As subvencións concederanse por Resolución da Presidencia, conforme ás presentes bases. 2ª.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiar actividades que se realicen dentro do ano 1996, tales como concursos literarios, periodísticos, festexos tradicionais, folclóricos, semanas culturais, musicais, e outras semellantes, organizadas pola Entidade Local. Non se admitirán peticións de carácter xeral, nas que non se detalle a finalidade concreta a que se destinará a subvención, nin o traspaso incondicionado da mesma a outras persoas ou entidades. 3ª.- A concesión e no seu caso o importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade, número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma, ou o seu custe en relación coa capacidade económica da Entidade Local e porcentaxe desta que se solicite como subvención, fomento dos valores culturais, artísticos, folclóricos e históricos da localidade, especialmente os que resulten da súa pertenza á Comunidade Autónoma. 4ª.- As peticións formularanse no modelo adxunto, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación, normalmente desde a publicación destas Bases ata o 30 de abril vindeiro, e cada Concello, Mancomunidade ou Entidade Local Menor poderá realizar cantas desexe nun só impreso de solicitude, indicando a orde de prelación para o caso de que non lle foran concedidas todas. 5ª.- No mesmo modelo e condicións, a Presidencia poderá admitir solicitudes con posterioridade ó prazo sinalado, cando se trate de actividades que non puideran preverse con antelación. 6ª.- A suma de tódalas subvencións concedidas ó amparo destas Bases a cada Concello, non poderá exceder de 2.000.000 de ptas. As concedidas a unha Mancomunidade imputaranse por partes iguais ós Concellos que a formen, a efectos do tope sinalado no parágrafo anterior. 7ª.- As subvencións poderá acadar ata o 100% do custe da actividade para a que se conceden e en todo caso, xustificaranse acreditando a realización da actividade subvencionada e presentando conta dos gastos realizados acompañada dos documentos e facturas orixinais, con tódolos requisitos necesarios para a súa validez, ou copias certificadas polo Secretario da Entidade indicando onde obra o orixinal. Excepcionalmente, cando exista algún gasto que o importe non exceda de 25.000 ptas. e do que sexa imposible ou difícil a obtención de xustificante, poderá suplirse certificando o responsable da subvención que aquela cantidade invirtiuse na finalidade indicada na conta presentada. 8ª.- O pagamento realizarase, en xeral, unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo de ata o 50% da subvención nos casos en que, previa solicitude da Entidade adxudicataria, así o autorice a Presidencia. 9ª.- Ningunha Entidade Local adxudicataria dalgunha destas subvencións poderá percibila, mentras sexa deudora por calquera concepto á Facenda Provincial. (Base 24.9 das do Presuposto Provincial). Transcorridos SEIS meses sen que puidese efectuarse o pagamento por este motivo, a subvención será aplicada a compensar no posible a débeda existente. 10ª.- As subvencións deberán estar xustificadas dentro dos TRES meses seguintes á realización da actividade subvencionada e, en todo caso, antes do 30-03-97, data na que serán anuladas automaticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. 11ª.- As subvencións só poderán empregarse na actividade para a que foron concedidas. Se por algún motivo imprevisible ó solicitala esta non puidera realizarse, o beneficiario poderá interesa-lo cambio de aplicación, perante a Presidencia que resolverá o que estime adecuado. BASES PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DESTINADAS A ACTIVIDADES DEPORTIVAS PROMOVIDAS POR ENTIDADES LOCAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1ª.- A Deputación de Pontevedra no seu Presuposto Ordinario de 1996, incluiu un crédito de 35.000.000 de ptas. na partida 96/551-452-462.00, destinado a conceder axudas económicas ás Entidades Locais da provincia, coa finalidade de colaborar nas actividades deportivas que elas organicen. As subvencións concederanse por Resolución da Presidencia, conforme ás presentes bases. 2ª.- Por tratarse de subvencións destinadas a gastos correntes, só poderán financiar actuacións que se realicen dentro do ano 1996, tales como concursos, probas, campeonatos, torneos, exhibicións e outras semellantes, organizadas pola Entidade Local, así como pequenos equipamentos. Non se admitirán peticións de carácter xeral, nas que non se detalle a finalidade concreta a que se destinará a subvención, nin o traspaso incondicionado da mesma a outras persoas ou entidades. Non se concederán subvencións a equipos federados para actividades propias. 3ª.- A concesión e no seu caso o importe da subvención graduarase en función dos seguintes criterios: interese xeral da actividade, número de persoas que poidan participar ou disfrutar da mesma, ou o seu custe en relación coa capacidade económica da Entidade Local e porcentaxe deste que se solicite como subvención, fomento da cultura física, da práctica dos deportes e a formación da xuventude. 4ª.- As peticións formularanse no modelo adxunto, presentándose no Rexistro Xeral da Deputación, normalmente desde a publicación destas Bases ata o 30 de abril vindeiro, e cada Concello, Mancomunidade ou Entidade Local Menor poderá realizar cantas desexe, nun só impreso de solicitude, indicando a orde de prelación para o caso de que non lle foran concedidas todas. 5ª.- No mesmo modelo e condicións, a Presidencia poderá admitir solicitudes con posterioridade ó prazo sinalado, cando se trate de actividades que non puideran preverse con antelación. 6ª.- A suma de tódalas subvencións concedidas ó amparo destas Bases a cada Entidade Local, non poderá exceder de 2.000.000 de ptas. As concedidas a unha Mancomunidade imputaranse por partes iguais ós Concellos que a formen, a efectos do tope sinalado no parágrafo anterior. 7ª.- As subvencións poderán acadar ata o 100% do custe da actividade para a que se conceden e en todo caso, xustificaranse acreditando a realización da actividade subvencionada e presentando conta dos gastos realizados acompañada dos documentos e facturas orixinais, con tódolos requisitos necesarios para a súa validez, ou copias certificadas polo Secretario da Entidade indicando onde obra o orixinal. Excepcionalmente, cando exista algún gasto que o importe non exceda de 25.000 ptas. e do que sexa imposible ou difícil a obtención de xustificante, poderá suplirse certificando o responsable da subvención que aquela cantidade se invirtiu na finalidade indicada na conta presentada. 8ª.- O pagamento realizarase en xeral unha vez que se xustifique o importe total subvencionado, sendo posible un anticipo do 50% da subvención nos casos en que, previa solicitude da Entidade adxudicataria, así o autorice a Presidencia. 9ª.- Ningunha Entidade Local adxudicataria dalgunha destas subvencións poderá percibila, mentras sexa deudora por calquera concepto á Facenda Provincial. (Base 24.9 das do Presuposto Provincial). Transcorridos SEIS meses sen que puidera efectuarse o pagamento por este motivo, a subvención será aplicada a compensar no posible a débeda existente. 10ª.- As subvencións deberán estar xustificadas dentro dos TRES meses seguintes á realización da actividade subvencionada e, en todo caso, antes do 30-03-97, data na que serán anuladas automáticamente as que poidan existir pendentes de xustificación. 11ª.- As subvencións só poderán empregarse na actividade para a que foron concedidas. Se por algún motivo imprevisible ó solicitala esta non puidera realizarse, o beneficiario poderá interesa-lo cambio de aplicación, perante a Presidencia que resolverá o que estime adecuado. ------ Folla: 58,63 5.3864.- PROPOSTA DE BASES DO PLAN CULTURAL 1996 Sr. Presidente.- Pasamos al punto quinto del orden del día. Proposta de bases do Plan Cultural 1996. Ten a palabra D. Efrén. Sr. Juanes Rodríguez.- Si, vamos a ver, home eu quixera que esta brevisima que vai ser brevisima información, englobara o punto 5º, 6º, 7º, 8º e ata o 9º. Porque eu creo que a cuestión aquí está clarisimo que xa vén e o dicía na Comisión, vén viciada xa de antes non. Entrando xa un pouco no fondo da cuestión eu creo que o que votamos de menos, polo menos o Grupo Socialista, é un proxecto cultural deportivo propio da Deputación, é unha filosofía de entender esta Institución loxicamente. Nós creemos que a Deputación neste tema concreto coma noutros non pode caer en ser a típica Institución que se dedica única e exclusivamente a repartir subvencións a entidades senón que debe ter unha política propia e creemos que neste campo coma noutros pois se vota de menos ese proxecto cultural propio da Deputación. Eso por un lado. E xa digo que esta intervención que me gustaría que bueno que vai a englobar ata o punto 9º e entón non vamos ser reiterativos nos plantexamentos. Nós nos vamos abster no punto 5º, 6º, 7º, 8º e 9º, precisamente porque creo que tanto os Deputados Delegados de Cultura e Deportes como nós como membros da Comisión Informativa, a Presidencia nos desautoriza, a eles lles debía doer moito máis que a min, porque loxicamente bueno eu podo entende-la postura do PP, nós como Grupo Socialista, que nos desautorice, pero eu realmente se me vira agora mesmo na pel do Sr. Domínguez ou do Sr. Ricón, realmente sentiría unha vergonza enorme, me sentiría violentisimo neste Pleno, sinceramente. Non vamos a falar dos 180 millóns Sr. Domínguez que eso eu creo na súa palabra que pasará por Comisión Informativa ese posible convenio que firmemos coas Federacións e tal, e aplaudo esa iniciativa, aplaudo a iniciativa de que os 17 millóns que vai manexar vostede pasen por Comisión Informativa e estou seguro que bueno, que se vai facer con transparencia. Aplaudo a iniciativa do Sr. Ricón de que pasen por Comisión Informativa os trinta e pico millóns que ten el para subvencionar a entidades culturais. Pero realmente non entendo, non entendo, como vostedes poden facer, e esto si que xa é reiterar plantexamentos pero creo que entra no contexto da intervención non. Non entendo como vostedes poden defender e o Sr. Domínguez aínda dicía, bueno, o próximo ano a ver se o cambiamos, pero o Sr. Ricón fai unha defensa absoluta de que debe ser por Resolucións Presidenciais porque é máis operativo. Cesáreo creo que daba plantexamentos e amáis de sobra de que realmente ese argumento de que vostede falaba de trámites administrativos e tal non se ten en pé. Polo cal non queremos votar en contra destas propostas de bases porque bueno creemos que dentro do mal que se está facendo a cuestión pois estas poden ter certa transparencia. Pero, nos vamos abster porque estamos en contra do fondo da cuestión. Xa digo, votamos de menos un proxecto cultural e deportivo propio da Deputación e desde logo non votamos de menos, ogallá, ogallá, deixe de funcionar nesta Institución esa forma de facer política e que o Presidente teña absolutamente a sartén agarrada polo mango e poida facer, con estes cartos, que son tantos cartos coma os que vamos a repartir en Comisións, independentemente de ser 180 millóns, Sr. Domínguez, que falaremos cando vostede o traia a Comisión, pero realmente dentro das bases que van pasar por Comisión e as bases que o Presidente vai facer con elas absolutamente o que lle dea a gana, e non me digan a min que son subvencións a Concellos, porque poden ser subvencións a Concellos pero os Concellos llas poden pasar dunha forma controlada a calquera tipo de organización cultural que exista no Concello, ou sexa que, son a Concellos pero bo, con matices. Ou sexa que eu o que lle pido é os Deputados Delegados de Cultura e Deportes que fagan presión dentro do seu grupo, se pode ser, bueno xa imposible que quede sobre a mesa porque xa o votamos, pero realmente que nos vamos abster nestes puntos precisamente por esa cuestión de fondo aínda que aplaudimos as iniciativas dentro das competencias que lle deixa a Presidencia, que vostedes tratan de face-las cousas ben, pero logo a labor do grupo de goberno e do Grupo Popular non a podemos aplaudir en absoluto, todo o contrario, polo cal nos vamos abster en tódolos puntos e non queremos ser reiterativos nas intervencións co cal esta intervención miña no punto 5º, esa xustificación da abstención pois que a engloben ata o punto 9º, porque aquí nos podemos eternizar no debate e creo que os plantexamentos están meridianamente claros para todos. Gracias Presidente. Sr. Presidente.- Gracias D. Efrén. Ten a palabra D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Estamos ante un Pleno extremadamente denso o cal é de agradecer pero tivemos un en xaneiro que non tiña nada, é unha pena que non se reparta un pouquiño, porque senón hai temas que teñen a súa importancia e que poden quedar un pouco enterrados nesta marabunta, que xa é unha marabunta en si falar aquí de tropecentos plans e actuacións que ó final deixan despistado a máis dun como acabamos de ver incluso no punto anterior. Estamos falando do Plan Cultural 1996. Chámase Plan Cultural tradicionalmente nesta Deputación ós concertos para actuacións de todo tipo de agrupacións, bandas, corais, grupos folclóricos, gaitas, rondallas, ballet, teatro, maxia, etc., etc., etc. Ese sistema de actuacións concertadas. Plan Cultural que tivo unha importancia elevada e que se lle deu moitisima transcendencia desde esta Deputación e que nunca, nunca, a pesar de que houbo anos de que dispuxo de moitos cartos, nunca tivemos unha valoración obxectivada do que significaba. Se estaba significando que había grupos que parasitaban desto, se estaba promocionando realmente, que vantaxes tivo, que inconvenientes. Nunca tivemos unha valoración seria do que sucedeu e este plan leva anos, incluso con grandes concertos de moitas bandas de música para maior loa de certos eventos máis ben políticos en base a este tipo de actividades porque a Deputación tamén se reserva o dereito de organizar cousas destas. Ben, e chegado este plan o ano 96 e no 94 e 95 xa se chegara á conclusión de que o plan tal como estaba, e esto tamén é en certo modo válido, aínda que por outros argumentos para o punto 6 e 7, tocaba fondo, tocaba fondo no sentido de que o volume de grupos que solicitaban acollerse a estas actuacións concertadas xeneraba unha demanda que a Deputación ou ben non quería, ou ben non podía atender, ou ben as dúas cousas á vez, porque nunca houbo esa valoración de que tal. Podíamos estar se cadra falando de 100 ou 150 millóns e se cadra estaban ben invertidos. Como nunca houbo esa valoración eu nese aspecto non podo pronunciarme. O que si está claro é que este ano presenta un plan que debe te-la cifra máis baixa de toda a súa historia con distancia. Son 20 millóns cando o ano pasado posiblemente sobrepasou os 40 e cando houbo anos de gloria aquí que tivo 40 e despois se lle meteron 40 máis a maiores por vías ás veces administrativamente correctas e outras nada correctas. E a propia cifra pasar de 40 a 20 millóns supón xa o que se está facendo con este plan, simplemente mantelo porque hai que mantelo pero absolutamente desnortado. Ou sexa, agora xa non se mantén que se subvenciona o 50% de cada actividade, ou sexa, cando vai actuar unha banda antes se lle daban 90.000 a Deputación e 90.000 o organizador, 180 que se estimaba que era unha cifra para un concerto correcta. Agora non, agora a Deputación pon 70, pon 20 menos, e despois que se arregle co organizador, que lle pague o que sexa, tanto pode ir polas 70 como lle pode cobrar 2 millóns. É igual, a Deputación subvenciona as 70, ou sexa, cambia absolutamente de criterio, houbo épocas en que se subvencionaba o 75%, despois o 50, agora xa non subvenciona nada, simplemente ningunha presunta, simplemente se dá esa axuda e que se ventilen, e pasamos de 40 a 20 millóns. Mire, eu non sei se esto é o correcto sen ningún plantexamento, creo que se hai un plan que está afectando a moitisimas Asociacións que algunhas realmente, digo, Masas Corais, Grupos de Gaitas, Bandas, Grupos de Teatro, etc., que algunha realmente houbo anos que puideron ter puxancia a conta, axudoulle moito este tipo de actuacións concertadas, nunca houbo un informe de que problemas podería estar creando se realmente eran efectivos os cartos que estaban metendo ou non, coller, varialo totalmente, disminuilo drasticamente na súa cantidade ano tras ano, porque se cadra na nosa sorpresa de que hai tres anos tiña 80 millóns, ou 4 anos, e agora estamos con 20 para este ano, e, pois, matalos sen previsión, eu creo que cando se creou tamén foi sen previsión, simplemente se creou e bumba, vamos a ver e tal que esto queda moi mono, e agora igual, pero, agora que temos esta experiencia creo que habería que aproveitala para analizar que é o que hai que facer con esto e tirar por unha vía ou por outra, falta absolutamente todo eso, falta todo eso e polo tanto o único que se nos propón é que votemos un plan que o único que varía con respecto ó anterior é o que dixen antes, baixar 20 millóns e baixa-las retribucións a cada grupo, non fixaba ningunha porcentaxe, simplemente despois alá chegaba con ..., quero dicir, unha Masa Coral 20.000, bueno, 20.000 para unha Deputación e despois xa veremos, se cadra pois o grupo disporá o que sexa, se baixou todo e sen ningún norte. O que me gustaría saber é o que hai detrás, o que se pretende suprimir e para que non sexa máis traumático se suprimen dous anos, vai 80, 40, 20, 0, ou 10, e así para que haxa unhas pesetiñas e tal, creo que debería haber porque estamos xogando cuns cartos públicos, estamos xogando con espectativas de certas agrupacións que tiveron axudas a eso e que agora de repente sen saber moi ben porque que, ou porque non, lles desaparecen sen ningún tal. E polo demais como estas si que pasan por Comisión Informativa, a pesar de que son 20 millóns e a pesar de que pasan, hai miles de solicitudes, moitisimo máis complexo, e aquí a min xa me entra unha dúbida porque curiosamente eu agradecín sempre que tanto en Cultura como en Deportes se pasara por Comisión, pero é que se nos está pasando por Comisión tanto en Cultura como en Deportes o chocolate do loro, ou sexa, os plans que están absolutamente esgotados e desfeitos, que xa están absolutamente en crise e que máis ben crea problemas o reparto máis que dá beneficios de facer favores, se nos pasa por Comisión, xa teño que empezar a pensar mal e non o fixen nunca ata agora pero é que resulta que 35 millóns para os Concellos en Cultura que pode haber 50 solicitudes e con 35 millóns non pasan por Comisión porque non é operativo, e aquí que igual hai, eu creo que contabilizamos un ano, non sei se se acorda alguén aquí, eu creo que un ano se contabilizaron nunha sóa atacada ata mitade de ano non sei se 700 solicitudes e despois había outras 700, que é unha cousa así enfarragosa e repartir 20.000 etc. senón a pasan, eu agradezo que se pase de tódalas maneiras pero parece que aquí o criterio é, o que poida dar xogo de reparto ó que sexa conflictivo porque só se dá moi pouquiño e menudo lío, hai moitas solicitudes, pasámolo por Comisión para que se pelexen, parece que é o criterio, de tódalas maneiras nós seguimos agradecendo que se pase por Comisión e ímonos abster, pero desde logo o que demandamos é que haxa unha análise de que está pasando con este plan e cos anteriores, que é o que vai pasar con eles e se hai que suprimilos suprímanse pero en base a razoamentos claros, e se hai que potencialos poténciense, e se hai que limitalos nas súas actuacións que non sexan discriminadas e todos poidan entrar, que se faga, pero facelo dalgunha maneira; un ano, fíxese o que pode ser para os beneficiarios, un ano de repente hai 80, chegouse a gastar máis de 100 millóns nesto algún ano na práctica, un ano hai 100 millóns e de repente o ano seguinte hai 20, é dicir, bueno, esto é o contrario de todo tipo de planificación e de fixar obxectivos para dicir vamos a potenciar ou vamos a tal. Este é o problema, nós queremos que eso veña, en canto as bases en si quitando eso que non se sabe onde vai o plan en si, pois bueno, vámonos abster porque as bases en si non son malas dentro de que hai un fallo absoluto de que non se sabe a onde van. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Ten a palabra D. Amado. Sr. Ricón Virulegio.- Si, quixera aclararlle ó Sr. Juanes que non é necesario ningunha Resolución Presidencial para concesión de subvencións para actos culturais senón que o Deputado de Cultura ten a autonomía suficiente para concedelas. Ó Sr. Mosquera quero aclararlle que se agora o presuposto é de 20 millóns e porque baixo o Plan Cultural en anos anteriores estaban outras áreas, que era Xuventude, Deportes e Axudas Sociais. Por conseguinte, lóxico daquela o presuposto era maior pero proporcionalmente este ano aumentouse. Sr. Presidente.- Gracias D. Amado. Ten a palabra D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Amado eu con vostede, verdade que o talante que quere demostrar nas Comisións agradécese, pero vou de sorpresa en sorpresa, é que antes a este plan sabe como lle chamaban, de actuacións concertadas, era para grupos única e exclusivamente, única e exclusivamente, e chegou a levar 100 millóns algúns anos. Non sei que contas me quere facer. Que en Cultura antes se englobaba todo etc., etc., bueno esa é outra cousa, pero este plan en concreto, que este ano lle chaman aínda por riba ambiciosamente Plan Cultural 96, ata hai dous anos chamábase Plan de Actuacións Concertas, e o único que había era actuacións concertadas de grupos, nunca entrou nada neste plan fóra deso, nunca, a menos que colara subrepticiamente o anterior Deputado Delegado e colara cousas dese tipo. En principio nunca houbo, esto era para actuacións, despois acordouse que non podía ser en festas, soamente era para concertos, etc., sempre foi así, e chegou a levar 100 millóns. Por eso digo que haberá que replantexalo e este debate igual, claro vostede non estaba, houbo en Comisións no anterior mandato, na anterior Corporación, de que chegou o momento que o volume de actuacións, única e exclusivamente de actuacións era tan grande que ou se dedicaban 100 ou 140 millóns ou había que replantexar todo. Bueno, evidentemente se dedican 20 e non se replantexa nada, que é ó que me estou refirindo eu. Nada máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias D. Cesáreo. Simplemente facer unha matización, indudablemente rebaixouse ó 50% o presuposto deste plan, eso non quere dicir que no seu momento unha vez liquidado o presuposto se poida incrementar con remanentes de presuposto este concepto, polo tanto non podemos dicir que está cerrado absolutamente por esta razón. Igual que pasa nalgúns conceptos presupostarios como se falou xa aquí que é o PAC. Moitas gracias. Procedemos á votación polo tanto do punto 5º. Proposta de bases do Plan Cultural 1996. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?, PSOE e BNG. ¿Votos a favor?, PP. Apróbase por maioría do Partido Popular, abstención os demais grupos. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por maioría do Grupo Popular e coas abstencións do PSOE e do BNG, aproba-las Bases do Plan Cultural 1996, e que son as seguintes: PLAN CULTURAL 1996 BASES 1.- A Excma. Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomenta-la cultura popular, nas múltiples e variadas actividades artísticas, en colaboración cos Concellos, Agrupacións, Entidades e Asociacións Culturais retribuirá ós Grupos existentes na provincia, polas actuacións que realicen, destinando a cantidade de 20.000.000 de ptas. na partida 96/451.451.226.11. 2.- Poden acollerse a estas axudas as seguintes Agrupacións da Provincia: - Bandas de Música. - Masas Corais. - Grupos Folclóricos. - Grupos Varios, que comprenden: Bandas e Grupos de Gaitas. Rondallas Ballet e Danza Música Clásica e moderna Folc Tradicional Teatro Maxia e Humor etc., etc., ... 3.- Os interesados, presentarán a solicitude de inclusión neste Plan, no Rexistro Xeral deste Organismo ata o 16 de marzo de 1996, no modelo oficial que se facilitará no Departamento de Cultura, acompañando curriculum e documentación prevista na base 8. 4.- A selección e inclusión dos Grupos peticionarios farase pola Comisión Informativa de Cultura da Deputación, que poderá interesar de Técnicos e expertos en cada materia, os informes e asesoramentos necesarios, propoñendo ó órgano competente a aprobación definitiva. 5.- Cada actuación será retribuída cos seguintes importes: Bandas de Música: Grupo A 70.000 Grupo B 60.000 Grupo C 50.000 Masas Corais: Grupo A 30.000 Grupo B 25.000 Grupo C 20.000 Grupos Folclóricos: Grupo A 30.000 Grupo B 20.000 Grupo C 15.000 Grupos Varios: Percibirán un mínimo de 15.000 ata un máximo de 70.000 ptas. 6.- O máximo de actuacións para cada Agrupación será de catro e o pagamento efectuarase unha vez acreditada a súa realización con modelo de factura que se facilitará no Departamento de Cultura, e conformidade do Organismo, Asociación ou Entidade beneficiaria, que deberá presentarse no prazo máximo de 30 días. 7.- As Agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executa-las actuacións que lle asigne a Deputación nos distintos Municipios e Centros Culturais da Provincia, e soamente en casos de forza maior debidamente xustificados, quedarán exentas de dito compromiso. As Bandas de Música e Conxuntos Musicais non poderán actuar en Festas ou Conmemoracións Populares programadas por particulares e Comisións Patronais. Os adxudicatarios de cada actuación, obríganse a facer mención na propaganda e publicidade que confeccionen, que figura patrocinada pola Deputación Provincial. 8.- As Agrupacións incluídas no Plan, clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA a) As que teñan un mínimo de 55 membros, 9 anos de antigüidade e Escola de Música. b) As que teñan un mínimo de 50 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI, e NIF da Entidade. - Relación de alumnos e profesorado da Escola de Música. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 2.- MASAS CORAIS a) As que teñan un mínimo de 45 membros e 9 anos de antigüidade. b) As que teñan un mínimo de 40 membros e 7 anos de antigüidade. c) As que teñan un mínimo de 30 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídas nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI e NIF da Entidade. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS a) Os que teñan 30 membros, 8 anos de antigüidade, Escola de Baile e acrediten documentalmente a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. ... b) Os que teñan 20 membros, 6 anos de antigüidade e Escola de Baile. c) Os que teñan 16 membros e 2 anos de antigüidade. Para ser incluídos nos respectivos epígrafes, presentarán a seguinte documentación: - Relación nominal de compoñentes e DNI, e NIF da Entidade. - Relación de alumnos da Escola de Baile. - Estatutos legalizados, tratándose de Agrupacións que participan por primeira vez. 4.- VARIOS Para ser incluídos neste epígrafe, presentarán a seguinte documentación: - Relación de compoñentes e DNI e NIF da Entidade. - Programación a desenvolver, especificando o importe. 9.- As Entidades solicitantes de Grupos Artísticos, disporán dun escenario ou marco axeitado, para que estes poidan efectua-la súa actuación sen ningún impedimento, poñéndose en contacto con estes, para coñece-las condicións e facilita-lo concerto ou escenificación da obra. 10.- As peticións de actuacións de Grupos solicitaranse un mes antes da data da súa celebración, non concedéndose máis dun Grupo por cada acto a conmemorar. 11.- O presente Plan Cultural entrará en vigor o día da súa aprobación polo Pleno da Deputación e concluirá o 31 de decembro de 1996. ------ Folla: 63,65 6.3865.- PROPOSTA DE BASES DE SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN FINS DE LUCRO Sr. Presidente.- Pasamos a debati-lo punto número 6 da orde do día. Proposta de bases de subvencións para actividades culturais a asociacións en entidades sen fins de lucro. Ten a palabra D. Cesáreo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Estamos no punto 6, de actividades culturais. Ben, estamos na mesma dinámica do anterior, xa o dixen antes é insisto que non vou a alargarme porque senón facemos o Pleno moi largo, estamos no mesmo, esto, en principio dedícanse 35 millóns, bueno é unha cantidade equiparable á do ano pasado e é para actividades organizadas por entidades, bueno asociacións, etc., pónselle unha máximo de medio millón e o problema que temos aquí e insisto pido á Presidencia, ó Presidente da Comisión Informativa que se retome o asunto este porque a experiencia dos últimos anos, a experiencia dos últimos anos é que hai tal demanda de solicitudes na que ó non fixar uns obxectivos claros, pois vaiamos por algún camiño, vaiamos por algún camiño, o que sexa. Fixouse un camiño hai dous anos que era non subvenciona-las APAS, o ano pasado rompeuse e subvencionáronse as APAS. Ben, eu non sei se está ben ou mal pero de tódalas maneiras ou se fixa algún criterio ou senón o que rematamos repartindo ó final son 10.000 pesetas, 25.000 pesetas, 5.000 pesetas e 50.000 pesetas, e para actividades da entidade, por exemplo, o que sucedeu hai dous ou hai tres anos da Semana Galega da Filosofía que se celebrou en Pontevedra púdoselle dar 300.000 e máis, despois como aquí non había, axudarlle coa imprenta e cousas así. Pero non hai, ou sexa, entón é un modelo absolutamente esgotado o da subvención. Eso chegamos ó consenso na pasada Corporación de que esto era así. Bueno cambiou a Corporación, chega xente nova e seguimos no mesmo. Entón esto hai que retomalo e rápido porque xa veremos, ogallá cambie este ano, efectivamente as solicitudes veñen todas nunha dirección, vexamos claro que se está primando un tipo de actividades pero eu creo que eso non vai pasar, vai seguir habendo tropecentas mil solicitudes para as actividades máis variadas e ó final como non hai un criterio previo, non se fixo unha análise, unha discusión de que é o que se vai subvencionar e que é o que se pretende, pois vamos a estar repartindo 25.000 e 50.000 pesetas e cousas así co cal pois esto é que é, bueno, repartir así a esmolas pero que non se cumpre ningún obxectivo no fondo porque hai que incidir antes se cadra en menos campos. Bueno, nós de tódalas maneiras vamos, xa digo, as bases parécennos do máis, dentro do que se fai nesta Deputación do máis transparente, pasan por Comisión, etc., etc., polo tanto vamos a absternos, pero solicitando igual, nestas tres, na 5, 6 e 7, de que ten que haber nalgún momento un debate claro de que é o que pretenden ou senón queren debatilo vostedes polo menos traian unha proposta clara, traian unha proposta clara e levalo doutra maneira, pero si que hai que empezar a falar de prioridades porque senón nos desbordan. Xa podo dici-lo mesmo da 7ª porque é exactamente o mesmo problema. Non entendo porque na 6ª o máximo son 500.000 para actividades culturais e para actividades deportivas son 2.000.000. Non entendo moi ben, parece que o deporte é máis caro ou é que, non sei, é un pouco duro de entender, verdade, porque en Deporte hai 17 millóns e pódese dar ata un máximo de 2.000.000 por actividade, e aquí en Cultura que hai 35 millóns pois pódese dar ata un máximo de 500.000 non por actividade senón por asociación ou o que sexa, bueno son así unhas cousas rarisimas, non hai quen as entenda, a verdade é que non
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota