Fondos
2001-09-28_Ordinaria. Acta de sesión 2001/09/28_Ordinaria
Acta de sesión 2001/09/28_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.363/1.2001-09-28_Ordinaria
Título Acta de sesión 2001/09/28_Ordinaria
Data(s) 2001-09-28 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de setembro de 2001 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de setembro do ano dous mil un, baixo a Presidencia do Sr. Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. José Fernández Rodríguez, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Ángel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Rafael Louzán Abal, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. César Augusto Pérez Ares, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Comenzamos la sesión del Pleno ordinario de esta Diputación de fecha 28 de setiembre del año 2001 con arreglo al siguiente orden del día. 1.4651.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto, aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do 27 de xullo do ano 2001. Se non hai ningunha alegación á acta dase por aprobada a acta. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 27 de xullo de 2001. ------ Folla: 2.4652.- RENUNCIA Ó CARGO DE DEPUTADO PROVINCIAL PRESENTADA POR D. CÉSAR A. PÉREZ ARES Sr. Presidente.- Punto segundo. Renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. César A. Pérez Ares. Sr. Secretario tiene la palabra. Sr. Secretario.- Hay una pequeña modificación a la propuesta de acuerdo. En la parte dispositiva del acuerdo, donde dice "acórdase por ...", en fin, la mayoría que sea, "aceptar la renuncia", en vez de aceptar la renuncia debe dicir "tomar conocimiento de la renuncia". De forma que la parte dispositiva del acuerdo diga: "acórdase -pola maioría que sexa- tomar coñecemento da renuncia do cargo de Deputado Provincial presentada por D. César A. Pérez Ares, agradeciendo la colaboración prestada y remitiendo certificación acreditativa del presente acuerdo a la Xunta Electoral Central con la indicación de que a juicio de la Corporación Provincial y a la vista de la certificación de la Junta electoral de la zona de Tui, de fecha 12 de julio del 99, y de lo anteriormente expuesto, corresponde cubrir la vacante a D. Ramón Alonso Fernández. Sr. Presidente.- Si, Sr. Mosquera tiene la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Bos días. Bueno, algo melloramos, pero se toma coñecemento o Pleno non ten que votar nada, toma coñecemento. Algo melloramos, xa non votamos se lle aceptamos a renuncia ou non, tómase coñecemento e punto, pero non hai que votalo xa. A ver se resolvemos esto xa para sempre. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. Pérez Ares tiene la palabra. Sr. Pérez Ares.- Simplemente unhas palabras de agradecemento ós grupos da oposición e grupo que forma o conxunto do Partido Popular, pola colaboración prestada nestes dous anos aquí na Excma. Deputación Provincial, pola colaboración na presidencia da Comisión de Medio Ambiente que me tocou a min representar, e simplemente tamén unhas palabras de agradecemento ó persoal laboral e funcionario que tamén me tocou estar con eles na Comisión Paritaria Mixta, polo seu traballo e colaboración nestes anos. E a todos moitas gracias, e xa sabedes, non soamente como político senón como persoa onde estamos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Pérez Ares. Como Presidente en funcións quero dicirlle o mesmo; agradecerlle, penso que en nome de toda a Corporación, a colaboración prestada ó longo destes dous anos, o seu traballo eficaz neste organismo e desexarlle toda clase de parabéns no seu posto, que estamos seguros que vai acadar nos próximos días. Moitas gracias unha vez máis D. César Pérez Ares. Resultando que por D. César A. Pérez Ares, Deputado Provincial polo Partido Popular, elixido en representación do Partido Xudicial de Tui nas eleccións celebradas o ano 1999, preséntase renuncia ó cargo de Deputado Provincial con data 13 de setembro de 2001, por presentarse como candidato a Deputado nas próximas eleccións autonómicas. Considerando que a Xunta Electoral de Zona de Tui proclamou no seu momento Deputados Provinciais Suplentes polo Partido Xudicial de Tui en representación do Partido Popular a D. Ramón Alonso Fernández, D. Jesús María Fernández Portela e D. Miguel Ángel Capón Rey, respectivamente, e pola orde indicada. Vistos os artigos 9.4 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73 da Lei 7/85, reguladora das Bases do Réxime Local, e 208 da Lei Electoral Xeral, de 19 de xuño de 1985, así como a Instrucción da Xunta Electoral Central de 19 de xullo de 1991. Acórdase por unanimidade tomar coñecemento da renuncia ó cargo de Deputado Provincial presentada por D. César A. Pérez Ares, agradecéndolle a colaboración prestada, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central, coa indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista da certificación da Xunta Electoral de Zona de Tui, de data 12 de xullo de 1999, e do anteriormente exposto, corresponde cubri-la vacante a D. Ramón Alonso Fernández. ------ Folla: 3.4653.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 4/2001 Sr. Presidente.- Pasamos ó punto terceiro da orde do día. Expediente de modificación de créditos nº 4/2001. Este expediente, que xa pasou por Comisión, é un expediente cun montante total de 182.522.870 pesetas, todo el con cargo a remanentes de Tesourería e a explicación do mesmo, nas partidas máis importantes, sería unha partida de 95.000.000 de pesetas no capítulo 2 para estradas, camiños veciñais, vías públicas urbanas, para vías e obras. Outra partida de 1.000.000 de pesetas para reparacións no Pazo Provincial. Despois hai tres facturas de Soutomaior que corresponden a facturas de Telefónica e de Fenosa do ano 1999. Unha partida de 5.000.000 de pesetas en actividades culturais. Outra partida de 10.325.000 pesetas da viaxe a Sevilla da afición do Celta. Unha partida de 3.500.000 pesetas para a minuta dunha serie de recursos gañados, recursos contra a Seguridade Social no Rebullón, que se seguen gañando todos eles. Hai unha partida no Servicio Agrario para concellos de 7.000.000 de pesetas. Unha partida para melloras na Cidade Infantil "Príncipe Felipe", nas instalacións xerais de cociña e comedor e parqués do polideportivo de 15.493.885 pesetas. Outra partida de 9.000.000 de pesetas de adquisición de vehículos. Outra partida de 5.000.000 de pesetas para compra da caldeira central do Centro de Formación Profesional. E despois, en Acción Social, Promoción de Emprego e Muller para axudas a obras en residencias de anciáns, en asociacións de paralíticos cerebrais, AMENCER, etc., asilos, de 25.000.000 de pesetas, no capítulo 7. Despois, para material deportivo en Educación Física Deportes e esparcemento 4.000.000 de pesetas. E en Acción Comunitaria 3.000.000 de pesetas. O total son 182.000.000 de pesetas. ¿Hai algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, moitas gracias. En consonancia coa liña que mantemos sempre, esta é unha consecuencia da execución dun orzamento que non estivemos de acordo nin co orzamento nin coa súa execución. Entón, practicamente sempre nestes casos votamos en contra, ou nalgúns en que os fins da modificación son moi caros nos abstemos. Pero neste caso hai sorprendentemente máis da metade da modificación, ou sexa 95.000.000, para a partida 510.510.210, "vulgo chapapote". Curioso, e nestas datas aínda máis. Ben, vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Si, Sr. González Iglesias tiene la palabra. Sr. González Iglesias.- Si, o Grupo Socialista vai a votar en contra polas mesmas razóns que vota en contra do Presuposto. Nada máis. Sr. Presidente.- Gracias. Simplemente dicirlle ó Sr. Mosquera que a partida de chapapote, como vostede di, neste caso certamente é ano electoral e podía pensarse que é así. Eu diríalle que foi o ano que peores temporais tivemos e que nestes momentos estase a asfaltar moitisimos camiños en toda a provincia, menos no Concello de Pontevedra curiosamente; é dicir, que esa partida vai empregada en todo eso. Outra cousa é que vostede a tome polo lado que lle pareza. Paréceme ben. Se non hai máis debate procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Bloque. ¿Abstencións?. PSOE en contra tamén. Bloque e PSOE en contra. ¿Votos a favor?. Partido Popular. Apróbase por maioría. Visto o cuarto expediente de modificación de créditos para créditos extraordinarios e suplementos de crédito, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de cento oitenta e dous millóns cincocentas vintedúas mil oitocentas setenta pesetas (182.522.870), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, prestar aprobación ó expediente, que resumido por capítulos é o seguinte: CAPÍTULOS DENOMINACIÓN CRÉDITOS SUPLEMENTOS EXTRAORDINARIOS DE CRÉDITO 2º Gastos en bens correntes 12.324.745 104.700.000 4º Transferencias co-rrentes 0 7.000.000 6º Inversións reais 9.000.000 15.493.885 7º Transferencias de capital 0 -3.000.000 37.004.240 TOTAL 21.324.745 161.198.125 Os suplementos de crédito, que ascenden a cento sesenta e catro millóns cento noventa e oito mil cento vintecinco pesetas (164.198.125) fináncianse con baixas no capítulo 7º por tres millóns de pesetas (3.000.000), e o resto, cento sesenta e un millóns cento noventa e oito mil cento vintecinco pesetas (161.198.125) e os créditos extraordinarios por vinteún millóns trescentas vintecatro mil setecentas corenta e cinco pesetas (21.324.745), fináncianse con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. Este expediente presenta, resumindo por capítulos, o seguinte resultado: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e servicios 117.024.745 Capítulo 4º Transferencias correntes 7.000.000 Capítulo 6º Inversións reais 24.493.885 Capítulo 7º Transferencias de capital 34.004.240 TOTAL EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 182.522.870 Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 4.4654.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTACIÓN DE CRÉDITOS Nº 1/2001 DO PADROADO DE TURISMO "RÍAS BAIXAS" Sr. Presidente.- Punto cuarto da orde do día. Expediente de suplementación de créditos nº 1/2001 do Padroado de Turismo "Rías Baixas". Este é un expediente de suplemento de crédito que ten que ver con cargo a remanentes de Tesourería. Ten un montante total de 6.597.759 pesetas e o seu reparto serían: 452.454 en persoal laboral eventual; 145.305 seguridade social dese persoal laboral eventual; e 6.000.000 de pesetas que se engaden á partida de becas de turismo para entidades locais. Procedemos ó debate. Sr. González ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Si, vamos a ver. Estamos falando dunha cantidade absolutamente mínima con respecto ós presupostos da Deputación. Vamos a repeti-la votación. Eu simplemente quería que nos fixeran unha aclaración e é que a maior parte, é dicir, 6.000.000 de pesetas, son para becas con entidades locais. Supoño que empezan as becas a partir de decembro. Sr. Presidente.- Vamos, eu entendo que non, que son becas que houbo ó longo de todo este ano, desas contratacións que hai entre os concellos e a Deputación. Sr. González Iglesias.- Entón, claramente temos que votar en contra porque se está recoñecendo que determinadas entidades locais incorreron nunha ilegalidade contratando sen que tiveran consignación nos seus presupostos ou sen que a Deputación lles garantizase ata o día de hoxe esa consignación o cal é un absurdo. Por outro lado, loxicamente, cando remate este expediente vamos a estar a 1 de novembro, e do 1 de novembro a 31 de decembro non vai a dar tempo para cubri-las becas, polo tanto vamos a votar en contra. Sr. Presidente.- Ben. Gracias Sr. González. Sr. Mosquera tiene la palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a votar a favor; témoslle que votar a favor, como así se fixo no Padroado, cando xurdiu esto. Nós entendemos que os concellos pediron, creo que por ben, que están poñendo máis casetas, están pedindo máis becarios, pediron moi por riba do que estaba consignado e nos parece un bo fin. Sr. Presidente.- Si. Gracias Sr. Mosquera. Eu penso que son precisamente axudas a bolseiros deses que xa foron celebradas durante todo o verán e penso que a labor que se está facendo nese sentido é unha boa labor. Evidentemente, se houbo esa contratación hai que dota-la partida de diñeiro e hai que pagarlle á xente. Sr. González, ten a palabra outra vez. Sr. González Iglesias.- Vamos a ver. Ninguén cuestiona que sexa unha boa labor, eso non o cuestiona ninguén; nós cuestionamos a legalidade do que se está facendo por unha razón moi clara: esta modificación puido facerse no mes de maio; sen embargo non, esperaron ata rematar todo o proceso e fanan a toro pasado, non ten sentido, é unha ilegalidade clarísima ademais. Sr. Presidente.- Eu penso que non hai que tomalo como ilegalidade. Se non se fixo no mes de maio e porque nese momento non se tería toda esa cantidade de xente e toda esa cantidade de peticións, en todo caso debería recoñecerse no mes de xullo ou no mes de agosto, en todo caso, Sr. Iglesias. Ben, procedemos á votación. ¿Votos en contra?. Partido Socialista. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Bloque e Partido Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2001 do Padroado de Turismo "Rías Baixas", dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de seis millóns cincocentas noventa e sete mil setecentas cincuenta e nove pesetas (6.597.759), motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2000, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e do BNG e cos votos en contra do Grupo Socialista, prestar aprobación ó expediente, aplicándose os gastos que se pretenden financiar ás partidas e polos importes que a continuación se indican: 01/875-751-131.01 Persoal laboral eventual 452.454 ptas. 01/875-751-160.01 Seg. Social persoal laboral eventual 145.305 ptas. 01/875-751-462.03 Sub. A EE.LL. (Becas) 6.000.000 ptas. TOTAL 6.597.759 ptas. Dito financiamento conleva o incremento das previsións de ingreso no subconcepto 01/875.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 6.597.759 ptas. Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado no caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 5.4655.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS DA CAIXA DE ANTICIPOS Sr. Presidente.- Punto cinco da orde do día. Expediente de modificación de créditos da Caixa de Anticipos. É un expediente de modificación con cargo a remanentes de Tesourería e supleméntase a partida de préstamos ou anticipos a Concellos por un valor de 8.610.145 pesetas. Aplícase a totalidade do remanente de Tesourería dispoñible, xa non quedan máis remanentes. Non hai debate, procédese á votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Partido Socialista. ¿Votos a favor?. Partido Popular e Bloque. Visto o expediente de modificación de créditos do presuposto para 2001 da Caixa de Anticipos, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de oito millóns seiscentas dez mil cento corenta e cinco pesetas (8.610.145), con obxecto de facer fronte a posibles compromisos derivados de acordos adoptados pola Xunta Administradora no actual exercicio e os que se adoptarán durante o segundo semestre, resulta necesario suplementa-la partida 01/911.821, de concesión de préstamos ou anticipos a entidades locais, e que será financiado con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e do BNG e coa abstención do Grupo Socialista, prestar aprobación ó expediente suplementando a seguinte partida: PARTIDA DENOMINACIÓN CONTÍA DO SUPLEMENTO 911.821 Préstamos ou anticipos a Concellos 8.610.145 ptas. TOTAL 8.610.145 ptas. Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 6.4656.- DELEGACIÓN DA RECADACIÓN EXECUTIVA DE MULTAS DE TRÁFICO DO CONCELLO DE TOMIÑO Sr. Presidente.- Punto seis. Delegación da recadación executiva de multas de tráfico do Concello de Tomiño. O Concello de Tomiño delega expresamente na Deputación Provincial a facultade da recadación executiva de multas de tráfico. O que se trata por este Pleno é de aceptalo de conformidade c o previsto no artigo 7.2 da Lei 39/88 Reguladora das Facendas Locais. Se non hai debate procédese á votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Vista a proposta que formula o ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 15 de xuño de 2001, o Pleno acorda por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no art. 7.2 da Lei 39/1988, de 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, a delegación que en materia de recadación de recursos locais realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985 de 3 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL o Concello de Tomiño, e que seguidamente se transcribe: CONCELLO DE TOMIÑO Delega expresamente na Deputación Provincial a facultade de recadación executiva do seguinte recurso: (Acordo Comisión de Goberno de 12-05-01) - Multas de tráfico. Delegación que se levará a cabo pola Deputación a través do seu Organismo Autónomo Provincial de Recursos Locais, debéndose, así mesmo, proceder á publicación no Boletín Oficial da Provincia y Diario Oficial de Galicia da presente aceptación de delegacións, tal como determina o meritado art. 7.2 "in fine". ------ Folla: 7.4657.- RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA "EP 2005 MEIXOEIRO - CUVI" PARA A SÚA CESIÓN Á UNIVERSIDADE DE VIGO Sr. Presidente.- Punto sete da orde do día. Resolución de expediente de desafectación dun tramo da "EP 2005 Meixoeiro - CUVI" para a súa cesión á Universidade de Vigo. Ben, a proposta é primeiro a resolución do expediente, desafectación do punto quilométrico 5,170 ó punto quilométrico 5,480 da EP Meixoeiro-CUVI, cunha lonxitude de 310 ms. e unha anchura de 10 mms. para a conversión, de conformidade co artigo 8 do Regulamento de Bens das Entidades Locais de ben de dominio público a ben patrimonial. E o segundo punto do acordo sería a cesión do referido tramo á Universidade de Vigo, a fin de formar parte integrante do viario interno do campus universitario das Lagoas-Marcosende. Se non hai debate procédese á votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Comunicándose pola Universidade de Vigo o desenvolvemento da obra "1ª fase de urbanización do Campus Universitario de As Lagoas-Marcosende", polo que dita Universidade solicitaba o desvío do vial de acceso ó referido Campus, informándose o 24-04-01 e 09-05-01, polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras e polo Enxeñeiro Técnico Xefe da Zona Sur, que o referido tramo entre os PK 5,170 e 5,480, cunha lonxitude de 310 ms. e unha anchura de 10 ms. deixa de ter sentido como vía provincial, sendo procedente a súa integración no viario interno de tal Campus Universitario; e como queira que polo Pleno da Deputación Provincial de 25-05-01 se acordou a iniciación do expediente de desafectación de dito tramo, sen que se produciran reclamacións durante o período de exposición pública por prazo dun mes, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A resolución do expediente de desafectación do tramo entre o PK 5,170 e PK 5,480 da EP Meixoeiro - CUVI, cunha lonxitude de 310 ms. e unha anchura de 10 ms., para a súa conversión, de conformidade co art. 8 do Regulamento de Bens de Entidades Locais, de ben de dominio público a ben patrimonial. 2.- A cesión do referido tramo á Universidade de Vigo, a fin de formar parte integrante do viario interno do Campus Universitario de As Lagoas - Marcosende. ------ Folla: 8.4658.- RESOLUCIÓN DE EXPEDIENTE DE DESAFECTACIÓN DUN TRAMO DA "EP A LAMA - PONTEVERDUGO", PARA O SEU POSTERIOR ALLEAMENTO Sr. Presidente.- Punto oito. Resolución de expediente de desafectación dun tramo da "EP A Lama-Ponteverdugo", para o seu posterior alleamento. Igual que no anterior: a resolución do expediente de desafectación do tramo da estrada A Lama-Ponteverdugo, un tramo de 348 m2 sito entre os puntos quilométricos 0,350 e 0,408 para a súa conversión de ben de dominio público, en ben patrimonial, e a enajenación do mesmo a favor de D. José Amoedo Vázquez ó prezo de 1.200 ptas. m2, o que supón un total de 417.600 pesetas. Se non hai debate procédese á votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Ningunha. ¿Votos a favor?. Apróbase por unanimidade. Adoptándose polo Pleno da Deputación Provincial de 26-05-2000 o acordo de compromiso de incoar un expediente de desafectación dun tramo da antiga traza da EP A Lama-Ponteverdugo, de 348 m2, para o seu posterior alleamento en favor de D. José Amoedo Vázquez, aprobándose inicialmente o proxecto de EP A Lama-Ponteverdugo na súa nova traza polo Pleno de 24 de novembro de 2000; aprobándose definitivamente dito proxecto polo Pleno de 26-01-01; e como queira que unha vez exposto ó público o referido expediente de desafectación non se produciron reclamacións, como constata o oficio do Rexistro Xeral de 26-07-01, o Pleno acorda por unanimidade: 1.- A resolución do expediente de desafectación dun tramo da antiga EP A Lama-Ponteverdugo, de 348 m2, sito entre os PK 0,350 e 0,408, para a súa conversión de ben de dominio público en ben patrimonial, de conformidade co artigo 8 do Regulamento de Bens de Entidades Locais. 2.- O alleamento en favor de D. José Amoedo Vázquez de dito tramo de 348 m2 da antiga EP A Lama - Ponteverdugo, ó prezo de 1.200 pesetas/m2, o que supón un total de 417.600 pesetas. ------ Folla: 9.4659.- DAR CONTA DO ACORDO DE CAMBIO DE TITULARIDADE EN FAVOR DA XUNTA DE GALICIA DA EP CUNTIS - PORRÁNS Sr. Presidente.- No punto nove. Dar conta do acordo de cambio de titularidade en favor da Xunta de Galicia da EP 501 Cuntis - Porráns. O Pleno acordaría en primeiro lugar o cambio de titularidade en favor da Xunta de Galicia da estrada provincial 501 Cuntis - Porráns, sita nos termos municipais de Barro, Moraña e Cuntis, cunha lonxitude de 12,868 km. E segundo asunción por parte da Xunta de Galicia de tódalas actividades de xestión, mantemento, explotación e conservación do citado vial unha vez cedido. Se non hai debate procédese á votación. ¿Votos en contra?. Ningún. ¿Abstencións?. Perdón, Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- ¿Hai que votar?. É dar conta. Sr. Presidente.- Non, é dar conta, é certo, xa se votara noutro Pleno. Non hai que efectuar votación. O 4 de maio de 2001 tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación Provincial o protocolo de intencións subscrito entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e a Deputación Provincial de Pontevedra para transferencia da titularidade da EP 0501 Cuntis-Porráns. Con data 10 de maio de 2001 emitiuse informe favorable a dita transferencia de titularidade polo Servicio de Vías e Obras, toda vez que a estrada en cuestión une capitalidades de municipios e vén considerada como competencia autonómica na definición da Rede de Estradas desta Comunidade. Polo Pleno da Deputación Provincial de 25-05-01, e de conformidade co artigo 5 da Lei 4/1994, de 14 de setembro, de Estradas de Galicia, acordouse a iniciación do expediente de cambio de titularidade de dita estrada e facultábase ó Ilmo. Sr. Presidente para a sinatura do convenio que a tal efecto se elaborase. Por todo o que, o Pleno acorda quedar enterado do acordo de 6 de setembro de 2001, subscrito pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e esta Deputación Provincial sobre: 1.- O cambio de titularidade a favor da Xunta de Galicia da EP 0501 Cuntis-Porráns, sita nos termos municipais de Barro, Moraña e Cuntis; cunha lonxitude de 12,878 km. (orixe no PK 105,500 da N-550 e remate no PK 217,050 da N-640). 2.- Asunción pola Xunta de Galicia de tódalas actividades de xestión, mantemento, explotación e conservación do citado vial, unha vez cedido. Así mesmo, queda enterado de que o referido cambio de titularidade aprobarase por Decreto da Xunta de Galicia e formalizarase a súa entrega mediante acta en documento público. Sr. Presidente.- Ben, despois fóra da orde do día. ¿Comunicacións primeiro?. Ben. ------ Folla: 10.4660.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Pasamos ó punto dez. Comunicacións. O Sr. Secretario ten a palabra. Sr. Secretario.- Darles cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 23 de julio y el 25 de agosto que se han trasladado ya a los distintos grupos políticos y también de las dictadas entre el 25 de agosto y el 25 de setiembre. Así como de una Resolución Presidencial delegando en D. Juan Luis Pedrosa todas las competencias de la Presidencia hasta el día 21 de octubre. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno das seguintes comunicacións: 1) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas entre o 23 de xullo e o 25 de setembro de 2001. 2) De Resolución Presidencial delegando tódalas atribucións da Presidencia legalmente delegables no Vicepresidente D. Juan Luis Pedrosa Fernández, con efectos 11 de setembro ó 21 de outubro de 2001, ámbolos dous inclusive. ------ Folla: FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia, tratouse o seguinte asunto: 11.4661.- CONVENIOS SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Fóra da orde do día traemos a aprobación por este Pleno darlle conformidade e autorizar ó Presidente para a sinatura de dous convenios; do que foi o Convenio marco, que xa foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o pasado 29 de xuño, convenio marco para o saneamento integral da ría de Pontevedra, no cal a Xunta de Galicia se compromete xa a aportar 4.000 millóns de pesetas nos exercicios orzamentarios do ano 2001 ata o 2005. Ese mesmo acordo queda aberto para que as corporacións locais, Deputación e Concellos, as Cámaras e organizacións empresariais se comprometan tamén a desenvolver actuacións necesarias e ás empresas así mesmo se lles ofrece tamén a posibilidade de firmalo e ás organizacións sindicais. Neste caso tráese o darlle conformidade a este convenio marco e así mesmo a un convenio xa específico entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o organismo autónomo de Augas de Galicia e a Deputación de Pontevedra para completa-lo saneamento integral da ría de Pontevedra. Neste convenio a Deputación comprométese a aporta-los fondos necesarios para executa-las obras de saneamento na ría de Pontevedra, de acordo co plan de saneamento aprobado cun importe de 1.000 millóns de pesetas con cargo ós orzamentos desta Deputación, repartido en cinco anos, os que van dende o 2002 ata o 2006, a razón de 200 millóns cada ano. A Consellería, a Xunta de Galicia, a través do organismo autónomo Augas de Galicia, asume o compromiso de redactar e aprobar os proxectos así como a execución das obras, e a Consellería de Política Territorial, comprométese a tramitar un plan sectorial de incidencias supramunicipal que sirva de base de referencia para a execución das obras previstas no plan de saneamento da ría de Pontevedra. E como dixen antes, traemos tamén a aprobación a autorización ó Presidente para a sinatura destes dous convenios. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. Sr. Presidente.- Hay que declarar la urgencia. Sr. Mosquera Lorenzo.- Creo que non sobraba que se argumentara a urxencia.Vou a facer a intervención sobre a urxencia sen entrar no fondo, e por varios motivos. Eu creo que é coñecido, por motivos de oportunidade, que este convenio, cando menos na ría de Pontevedra, ten as súas eivas e que tería que comprometer seguramente ó Ministerio de Medio Ambiente dado que hai cantidade de zona de costa e a costa é do Estado, e hai precedentes, e moitos, noutras cidades, rías, estuarios, praias, no que o Ministerio de Medio Ambiente meteu moitos cartos e tamén é coñecido que as contías que se manexan non son suficientes de ningunha maneira para ó obxectivo, que creo que todos compartimos, de sanea-la ría de Pontevedra. Incluso hai un acordo do CES de Pontevedra de deixar este convenio para estudialo mellor despois das eleccións, e creo que o que está exercendo hoxe de Presidente, o Sr. Pedrosa, estaba nese CES e creo que estivo de acordo con eso. Pero por se eso fora pouco, pola cuestión de oportunidade, resulta que se vamos ós informes de Secretaría e Intervención, o lío é absolutamente monumental. En concreto, onte a mañá no expediente había tres convenios, hoxe hai dous, ou sexa, había o convenio marco para entendernos, había un primeiro borrador do convenio bilateral entre a Deputación e a Xunta e un segundo borrador de convenio bilateral. Ben, de Secretaría hai informe ó convenio marco pero non hai informe ó convenio bilateral. E de Intervención hai informe ó primeiro borrador de convenio bilateral, non hai informe ó segundo borrador nin hai informe ó convenio marco. Ou sexa, que ningún dos dous convenios traen os dous informes como corresponde e se non procedemos a lelos, porque houbo un cambio absolutamente substancial que consiste en que as obras que vai a financia-la Deputación non as executa a Deputación, senón que as executa a Xunta. Ese foi o cambio e o informe de Intervención aínda está referido a cando no borrador poñía que os executaba a Deputación. E por outro lado tampouco hai informe ó convenio marco. Ningún dos dous expedientes, que á parte ten consecuencias importantes, trae os dous informes preceptivos. Nós podíamos tamén argumentar que é norma desta Deputación, polo menos do Presidente titular, de que todo o que se mete no penúltimo e no último día non se trata ata o seguinte Pleno, e eu teño aquí a copia en que aparece que o borrador do convenio foi enviado o 27 de setembro, ou sexa, onte, onte foi enviado sobre as once da mañá e creo que son razóns de sobra para que este tema quede sobre a mesa. Coa traxectoria que hai nesta Deputación, se fora unha moción, escrito ou proposta da oposición seguro que nos obrigaban a quedalo sobre a mesa. A nós non nos gusta votar en contra da urxencia pero neste caso non parece que sexa moi razoable, porque faltan os informes, se non miren no expediente se hai os informes de Intervención e de Secretaría, os dous, que non os hai. Eu estou de acordo de que as cousas ás veces hai que facelas á présa; non creo que sexa este caso, porque é compromiso para o 2007. Un mes máis ou un mes menos non ten importancia, polo tanto non se ve a urxencia por ningún lado; pero caso de facelos á présa, en todo caso facelo ben e non faltando informes importantes e menos deixando nunha carpeta á última hora da mañá onte, que tivemos ocasión de velo porque nos preocupamos de ve-lo expediente. Témolo estudiado porque nos preocupamos de mirar. Entón, pedimos que se retire e veña cos informes pertinentes e nada máis por agora. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González, tiene la palabra. Sr. González Iglesias.- Yo creo que debe ser la primera vez que el Grupo Socialista va a votar en contra de la urgencia en un tema que viene fuera del orden del día y eso va a ocurrir porque realmente el Presidente en funciones no nos explicó en ningún momento cuál es el fondo de la urgencia. Digo esto porque se da la circunstancia curiosa de que ustedes, en la semana de las comisiones, llevaron con mucha prisa el bono de la autopista, eso que llaman ustedes lo del peaje y tal, que no deja de ser un bono para algunos ciudadanos, y hoy no viene a Pleno, y por otro lado no llevaron esto cuando el mismo Presidente nos acaba de decir hace un momento que esto pasa por el Consello de la Xunta el 29 de julio, es decir, tiempo hubo de sobra para traerlo por comisión informativa con todo el tiempo del mundo para que pudiésemos discutirlo y ver los pros y contras de este tema. Sin embargo no se hizo así, no se trajo a comisión informativa y al Pleno viene fuera del orden del día. Yo creo que simplemente, si me permite Presidente, sólo hay una urgencia y la urgencia es firmarlo antes del 21 de octubre, porque el Sr. Cuiña quiere hacer una foto más antes de las elecciones, porque lógicamente después del 21 de octubre no será Conselleiro. Y esta es la única urgencia que tiene este tema ahora mismo. No hay ningún inconveniente en absoluto para que venga por el trámite ordinario, para que se vea en comisión, para que lo veamos con calma, veamos los pros y los contras, y lo analicemos en profundidad, ninguno en absoluto, entre otras cosas porque en el convenio marco la Diputación participa desde el año 2002, por lo tanto díganme ustedes por qué no puede venir al Pleno de octubre o de noviembre incluso. Si nos da unas razones convincentes a lo mejor podíamos replantearnos el voto, pero difícilmente. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Evidentemente non vamos a retira-la urxencia e votaremos a urxencia. Alá vostedes se votan en contra da urxencia, cada grupo ten a súa liberdade. A intención era habelo levado a comisión e por un erro levouse outro convenio. Xa lles adianto que o de autopistas volverá a pasar por comisión, a comisión que lle corresponda, e a urxencia da sinatura destes dous ou ratificación do que é este acordo marco ben dada por unha banda porque nel a propia Consellería recolle xa unha serie de inversións neste propio ano 2001 no que nos atopamos, e o compromiso da Deputación é de apoio precisamente a todo esto, apoio que nós pensamos que é importante que o haxa por parte da Deputación, que o debería de haber por parte de tódolos Concellos que forman parte da ría de Pontevedra, e quizais dunha maneira especial do Concello de Pontevedra, onde curiosamente o seu rechazo foi frontal dende un principio. O que invitaba neste convenio marco a Xunta de Galicia, a Consellería da COTOP, precisamente é a que se sumen tódalas corporacións locais e se sumen as organizacións empresariais e organizacións sindicais. Xa houbo palabras do Conselleiro nese senso de que vai haber organizacións empresariais que se van a sumar con cantidades importantes, e este é o apoio da Deputación, o que demostramos hoxe nós con este apoio destes 1.000 millóns de pesetas, dos cales 200 deles xa van a figurar nos presupostos do ano que vén. É un gasto plurianual pero os primeiros deles temos que consignalos xa nos presupostos que se están a confeccionar neste momento, presupostos do ano 2002. Eu direille ó Sr. Mosquera que non participei nesa reunión do CES, pero participou o Partido Popular; alí chegouse a un acordo que me parece moi ben, acordo que o propio Conselleiro ofreceuse para explicarlle ó CES o alcance dese convenio marco, e en que consistía todo ese saneamento integral da ría de Pontevedra. Pensamos que é importantísimo que todo o mundo, Concellos, Deputación, Empresas, Organizacións Sindicais presten apoio a este convenio que é realmente bo para tódolos concellos de toda a ría de Pontevedra e realmente urxente e precisamente canto antes se dean os primeiros pasos antes podemos ver saneada toda a nosa ría, polo tanto o Partido Popular evidentemente vai a votar a favor da urxencia. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, sobre a urxencia, porque despois con respecto ó fondo do convenio se seguen adiante quero intervir. Soamente unha cuestión, enséñeme algún papel que demostre que podía ir a Comisión da semana pasada. No expediente todo o que aparece é o primeiro borrador do convenio. É o 24 de setembro e están coa teoría de que foi un erro. Enséñeme algún papel de que realmente había ese convenio e ese convenio non se levou por erro, porque no expediente todo o que aparece é o 24 de setembro, despois de celebradas as comisións, ou sexa que a teoría cáese polo seu pé. Levaron o da peaxe porque pensaron levalo, volveron atrás, e apareceu este á última hora e non hai máis, non hai máis, ó menos que me enseñe algún papel. Non inventen teorías porque se poden caer, cando hai papeis calan barbas, que se di, e se pode caer toda polo seu propio pé. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Vamos a calar barbas, xa que cando hai papeis calan barbas, mire, no expediente o convenio marco de colaboración data 30 de xullo do 2001. O convenio marco é o que se ía a levar a aprobación. Con posterioridade hai dúas versións, como vostede ben sabe, do que é xa o convenio específico coa Deputación. Na segunda direille que o que se cambiou é precisamente esa parte onde dicía que a Deputación ía a executa-las obras, e que a proposta da propia Deputación, do propio Presidente, o que se di é que aportamos os fondos e que as obras vainas executa-la Xunta de Galicia. Esa é a diferencia entre os dous borradores, pero efectivamente no expediente o que había é o que íamos levar á comisión. Procédese a vota-la urxencia. ¿Votos en contra da urxencia?. Bloque e PSOE. ¿Votos a favor da urxencia?. Partido Popular. Apróbase por maioría a urxencia. Ábrese agora un debate sobre os convenios. Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias. O saneamento da ría é algo absolutamente prioritario e importante; creo que ninguén vai a discutir entrar nesas augas de se un ten máis interese ou menos interese, pois o único que podía facer é desvia-lo debate e non centralo no que realmente estamos a discutir. Tanta vontade hai por parte da Xunta e do Ministerio de Medio Ambiente de acometer obras fundamentais para o saneamento da ría, que coñecedor da vontade inversora, tanto dunha coma doutra administración, o Concello de Pontevedra os fondos de cohesión adicounos a eliminar os verquidos da ría, que saen directamente, cando era unha obra que nin tan sequera lle correspondía. Non me gusta traer polémicas aquí que non sexan provinciais ou xerais, que sexan municipais, pero xa que o citou, vostede sabe perfectamente que o esforzo do Concello está aí xa con nomes e apelidos, ou sexa con consignación, proxecto e listo para adxudicar, incluso asumindo competencias que non serían estrictamente municipais. E o tempo vennos a da-la razón no sentido de que no anexo dese convenio marco o único que hai son obras que xa están comprometidas por parte da COTOP, ou sexa que este borrador de convenio por parte da COTOP supón exactamente cero pesetas máis do que xa estaba comprometido. Este convenio non significa nada, e non significando nada pois sobra. Esa é a cuestión de fondo. Todos podíamos estar de acordo en que unha vía posible para impulsa-lo saneamento da ría pode ser un convenio, pero ese convenio non aporta algo novo. Ou sexa que non supón ningún paso, ningún compromiso de aportación novedosa nin de obras novas por parte da Xunta. Entón, nese marco foi no que se dixo: sentémonos a falar do convenio, cada un ten xa os seus compromisos e non é cuestión de dicir eu me esforcei máis que o outro e o outro menos que o de máis alá; cada un fixo os esforzos que puido, creo que practicamente tódolos concellos da ría se pode dicir que fixeron grandes esforzos, están en facelos por facer ese saneamento, e intentemos que a Xunta poña máis cartos dos que tiña previstos, porque se non aporta nada novo sobre o convenio, e que entre o Ministerio de Medio Ambiente. Ese é o plantexamento que está nestes momentos sobre a mesa por parte deses supostos concellos e organizacións díscolas, que parece que así as entende a Xunta. ¿Por que ese boato de asinar un convenio que non aportaba nada, polo menos por parte da Xunta?. Aí están as declaracións da prensa: A Xunta ten decidido que non vai poñer un duro máis, e ten decidido non intentar comprometer ó Ministerio de Medio Ambiente. Entón, por parte da COTOP a saída que ten é utilizar como brazo armado ós colegas da Deputación e logra que a Deputación faga este convenio, no que o único positivo que hai, e polo tanto neste aspecto non nos parece mal, é que a Deputación vai aportar mil millóns de pesetas. Pero a cambio, primeiro, as obras non as executa Deputación, nin tan sequera veremos se ten capacidade de decisión sobre cales son; e segundo, o declaramos de incidencia supramunicipal para se hai algún concello que estime se se debe facer unha obra ou outra, poder pasar por riba e executa-la obra sen ter en conta os concellos. Eso é exactamente o que significa este convenio. A min me parece absolutamente precipitado; repito, creo que este tema se pode retomar e pode converterse o tema nun debate público absolutamente absurdo. Se pode retomar con rigor e con seriedade, creo que todos estamos na mesma vía e non é de palabra senón metendo diñeiro, ben captado na Unión Europea, ben directamente municipal, para este saneamento. Creo que todos estamos na mesma liña, hai que darlle un impulso bastante serio, pero este impulso non se lle dá con este convenio. Creo que se pode retomar; creo que se pode mete-lo Ministerio de Medio Ambiente, que ten bastantes cartos; creo que a Xunta ten que facer un esforzo maior. E non poñamos o mundo ó revés; resulta que este convenio é un gran logro da Xunta cando non pon nin un duro máis do que tiña previsto, e parece que os concellos temos que facer un esforzo a maiores, e todos sabemos a capacidade que teñen os concellos e demais, miramos cara abaixo, a ver se poñen os concellos e o lustro o leva a Xunta, en vez de mirar cara arriba, é dicir, facer un esforzo maior a Xunta e implicar ó Ministerio de Medio Ambiente. Con respecto ó convenio en xeral e con respecto ó convenio bilateral, nos parece positivo que se aporte mil millóns por parte da Deputación, que se implique porque non tiña en principio ningunha implicación, e aquí si que hai unha novidade, porque os concellos xa se van implicar pola conta que lles ten e nos seus orzamentos están metendo cartos, a Deputación en principio dunha maneira moi colateral por esas subvencións ós alcantarillados non se estaba implicando, pero non sei que alcance vai ter a cláusula segunda, é dicir, que as obras que se lle ocorra á Xunta, que non pon un duro máis do que tiña previsto, as vai a facer pasando por riba dos concellos e incluso chocando coas previsións dos concellos, porque é de incidencia supramunicipal. Nos pode levar a unha guerra absolutamente estúpida, típica preelectoral, sen aportar solucións, a ver quen se coloca mellor no debate e tonterías destas, que ó final ós cidadáns me parece que máis que nada lle aburre porque queren que lle resolvan problemas con cartiños, proxectos e solucións concretas e non con convenios a vinte anos ou cincuenta. Calquera día vamos a asinar un convenio para dentro de cincuenta anos, para cando estemos todos calvos e cousas dese tipo. Eu creo que non é o momento oportuno, creo que máis ben é plegarse absolutamente ás determinacións da Xunta e xa me gustaría poder dicir, mire, enganámonos e a Deputación logrou que a Xunta poña máis cartos. Enganámonos, moi ben, fixo unha grande xestión a Deputación. Pero non é certo, o convenio segue sendo o mesmo e a Xunta non pon nin un duro máis. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Para empezar habrá que saludar el cambio de opinión del grupo de gobierno. Y digo el cambio de opinión porque yo le puedo enseñar, Sr. Pedrosa, propuestas del grupo socialista en tres años consecutivos planteando precisamente modificaciones al Presupuesto o enmiendas al Presupuesto para que figurasen cantidades importantes, por parte de la Diputación, al saneamiento de las rías. Esta Diputación en la ría de Arousa no hizo ninguna inversión en saneamiento; en la ría de Vigo hizo una anécdota, y ahora por primera vez aparece firmando un convenio. A nosotros nos parece bien el cambio de opinión, pero también es cierto una cosa; en los últimos meses hemos visto aquí diferentes convenios en los que participaba la Diputación con la Consellería, en la que entraban otros organismos y con cantidades concretas de otros organismos. En buena lógica esto debería retomarse, replantear el tema, que cada organismo, cada institución, apareciese con dineros concretos en los convenios y todos más contentos y lógicamente la obra terminara antes. Si no se hace así, ¿que ocurre?. Pues lo que le decía antes en la anterior intervención, da la sensación de que corre prisa una foto. No hay más detrás. Y da la sensación, vuelvo a repetir, porque la aportación de la Diputación es a partir del 1 de enero del 2002, por lo tanto, tiempo hay. Es decir, traerlo tan de prisa no tiene ningún sentido más que el sentido de la foto. Tal como traen ustedes las cosas lógicamente nosotros no podemos votarlas a favor, por lo tanto vamos a plantear una votación de abstención, porque si las cosas hubiesen venido en condiciones probablemente todos lo tuviésemos más claro. Sr. Presidente.- Gracias Sr. González Iglesias. Cuando empezó usted su exposición creí que iba a decir que votaban a favor. Es decir, si el PSOE lo reclamó varios años, pues nada mejor que ahora que por fin este equipo de gobierno lo trae ustedes lo votasen a favor. Bien, veo que van a mantener la abstención, pero decía usted que otros organismos aporten. Evidentemente, eso es lo que pretende ese acuerdo marco inicial, no el específico de Pontevedra. El acuerdo marco inicial deja precisamente esa puerta abierta; estamos seguros de que otros concellos, de que otros organismos, de que otras administraciones, e incluso la empresa privada, van a hacer más aportaciones a este plan de saneamiento integral de la ría de Pontevedra. Estamos completamente seguros y no tenga usted la menor duda. Evidentemente, nosotros tratamos de hablar en este Pleno de lo que nos corresponde a la Diputación, es decir, cuál es nuestra aportación. Son esos mil millones de pesetas y es lo que aprobamos; es decir, nos parece bien ese convenio marco que incluya en ese mismo empeño de sanear la ría absolutamente a todos los organismos, administraciones, empresas, sindicatos, etc., y nos parece por otro lado que es el momento justo para que la Diputación diga hasta donde apoya y hasta donde llega inicialmente. En canto a vostede Sr. Mosquera, dicirlle que precisamente o Alcalde de Pontevedra tivo unha ocasión de ouro de adherirse a este convenio marco. Non sabemos por que saiu por peteneras e fixo todo o contrario. Tamén é certo que ós poucos días veu pola cidade de Pontevedra a tirarlle das orellas o parlamentario Sr. Trigo Durán. Tivo unha ocasión de ouro precisamente polo que vostede acaba de explicar aquí; é dicir, eu nunca entendín por que o Alcalde saltou en contra deste convenio marco cando tiña unha cousa tan fácil como dicir, mire, eu teño pedidos setecentos millóns da Unión Europea e vounos a empregar todos en saneamento. Sen poñer un só duro o Concello xa podía quedar ben, xa podía saír na foto e xa podía dicir que colaboraba como todos. A maiores diso, dicirlle Sr. Mosquera, e non quero particularizar aquí no Concello de Pontevedra, penso que estamos falando de algo moito máis amplo que son cinco concellos, que non vexo por que non se pode declarar supramunicipal. Precisamente é un proxecto moito máis amplo que un concello, atinxe a cinco polo menos, de aí precisamente que sexa supramunicipal o propio proxecto en si. Dicirlle tamén, Sr. Mosquera, non querendo puntualizar con Pontevedra, que o Concello de Pontevedra ten un acordo plenario firmado por unanimidade no que comprométese a contemplar unha partida de douscentos millóns cada ano para tema de alcantarillado. Pois mire, xa o tiña aí tamén, simplemente con ese acordo plenario que xa está aprobado por unanimidade. O alcalde de Pontevedra nesta ocasión de ouro que lle puxeron en bandexa despreciouna. Tirábanlle das orellas os seus propios compañeiros. O que traemos nós aquí é o que nos corresponde á Deputación de Pontevedra. Repito que nos parece ben darlle conformidade a ese acordo marco e nos parece tamén ben que a Deputación diga xa cal é a súa aportación cousa que xa debería de haber feito o concello de Pontevedra. Si, Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Primeiro, insisto na carencia de informes. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera se quere xa lle explico. Ó trae-lo asunto por urxencia, como se non trae ningún informe. ¿Vale?. Ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Correcto. Vale. En segundo lugar, me parece que como era de agardar estamos nun diálogo de xordos. Ou sexa, na relación de obras que aparece no anexo, a Xunta de Galicia fai un esforzo tan terrorífico en Pontevedra que o que aparece é a ampliación da EDAR de Pontevedra, ou sexa, unha obra que xa está licitada. Ese é todo o esforzo a maiores que fai a Xunta para firmar este convenio, cero, nada. Esa é a cuestión, non é outra, porque facer un convenio para saír na foto sen aportar unha peseta máis, de verdade que está ben como manobra electoral pero nós o tomamos con moita máis seriedade, porque queremos que este convenio sirva realmente para iso. Estamos falando de catro ou cinco mil millóns de pesetas, me parece; se non me engano, que para completa-lo de Poio fan falta 500 millóns, o de Sanxenxo creo que fan falta 800, o de Marín fan falta outros 500 e o de Pontevedra uns 3.500-4.000. Ou sexa, farían falta 6.000 millóns a maiores. ¿De onde van saír?. Da Deputación 1.000, correcto; fan falta 5.000, e non enganemos á cidadanía. Con este convenio non se sanea totalmente a ría de Pontevedra. Entón é un engano, nada máis. Agora hai posibilidades reais se metemos ó Ministerio de Medio Ambiente polo medio de chegar a ese obxectivo. Intentémolo entre todos e non chafemos esto por intentar facer unha foto electoral que lidera o Conselleiro da COTOP. Ó final o gran acordo non é nada, van a se-los mil millóns da Deputación, o resto non é nada, o resto está todo comprometido, non hai nada a maiores, non hai nada novedoso. Tamén me poden dicir que firme este convenio, aínda que non valga para nada, e dentro dun ano o refacemos e firmamos outro, e dentro de seis meses outro; tamén podería ser, postos na dinámica de convenios poderíamos firmar tropecentos. Pero a realidade é esa, e nada máis; esa é a diferencia de fondo, non hai ningunha outra. Uns intentamos que este convenio sirva para algo, sirva para realmente acaba-lo saneamento en serio, e outros queren sacar unha foto sen poñer un duro máis. Non sei de onde van saír eses cinco mil millóns que fan falta. Catro mil da Xunta, correcto; cada concello ten as súas aportacións polo seu lado, pero a maiores desas aportacións fan falta ó redor de seis mil. Mil da Deputación e quedan cinco mil que fan falta. ¿Quen demonios vai aportar?. Esa é a cuestión. ¿Podemos sacarlle ó Ministerio de Medio Ambiente?. ¿Podemos sacarlle á Xunta algo máis? Intentémolo e non firmemos este convenio. Nos parece ben isto, con isto non se vai sanear, non é certo, non chegan os cartos. Agora resulta que os empresarios, os sindicatos, ou outras organizacións aportan os cinco mil, aleluia; se o vemos votamos un foguete e nos quedamos felices. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias, ten a palabra. Sr. González Iglesias.- Una aclaración en algo que acaba de decir usted, Sr. Presidente: como viene por urgencia no tiene informes jurídicos. Sr. Presidente.- Tiene informes, pero le aclaraba que si un asunto viene por urgencia, viene hasta sin informes del Secretario y del Interventor. Sr. González Iglesias.- Por favor, podrá hacerlo de viva voz que ese es otro tema. Sr. Presidente.- Si un asunto viene por urgencia puede venir sin pasar por Comisión y sin informes. Independientemente de eso si tiene informes el expediente. Sr. González Iglesias.- Creo que le iba a decir que el Presidente en funciones no ha visto el expediente. Sr. Presidente.- Si, si, lo he visto. Yo simplemente le hacía una anotación al Sr. Mosquera. Simplemente eso. Sr. Mosquera, xa virá alguén que lle tire das orellas a vostede tamén igual que fixo co alcalde de Pontevedra. É absurdo votar unha cousa na que ó concello non se lle pide que aporte nada e que o vai aporta-la Deputación, e que vostede vota en contra. Vostede saberá o que fai como portavoz do Bloque. Dicirlle que aquí simplemente dicimos que parte imos aportar nós e oxalá haxa outras moitas partes e o Ministerio de Medio Ambiente, que estou seguro que tamén aportará algo. A empresa privada tamén aportará algo. Polo tanto, Sr. Mosquera, permítame que lle diga que non entendo a súa postura, pero alá vostede, e agora veremos nos próximos días quen lle tira da orella, quen lle di por que non asinou eso, que non teñan que poñer nin un peso e están quedando mal cando estamos en plenas eleccións. Moi ben, non hai máis que tratar, procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. Bloque e PSOE. ¿Votos a favor?. Partido Popular. Apróbase por maioría. O Pleno acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coas abstencións do Grupo Socialista e do BNG, aproba-los Convenios de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Organismo Autónomo Augas de Galicia e a Deputación de Pontevedra para completa-lo saneamento integral da ría de Pontevedra e de colaboración entre a Administración Autonómica (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e Organismo Autónomo Augas de Galicia), as Corporacións Locais (Deputación e Concellos), as Organizacións Sindicais e as Cámaras e Organizacións Empresariais para o Saneamento Integral da Ría de Pontevedra, é que son os seguintes: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA, O ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA E A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA COMPLETA-LO SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, de dous mil un. REUNIDOS Dunha parte, o Excmo. Sr. D. Xosé Cuíña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, actuando en virtude do establecido na Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente e facultado polo acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de colaboración con outros entes públicos e particulares. Doutra parte o Ilmo. Sr. D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, facultado polo acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de colaboración con outros entres públicos e particulares. Doutra parte, o Ilmo. Sr. D. Manuel Abeledo López, na súa condición de Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe a Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local. MANIFESTAN Que o vintenove de xuño de dous mil un foi aprobado polo Consello da Xunta un convenio marco de colaboración entre a Administración Autonómica (Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia e Organismo Autónomo Augas de Galicia) as Corporacións Locais (Deputación e Concellos), as Organizacións Sindicais e as Cámaras e Organizacións Empresariais para o saneamento integral da ría de Pontevedra. No mencionado convenio establécese un marco de actuacións no que os diferentes sectores implicados se comprometen a realizar diversas actuacións de cara ó obxectivo do saneamento integral da ría. Así mesmo se recollen e consensúan unha serie de actuacións con este fin, harmonizando o equilibrio medioambiental coas actividades económicas e o desenvolvemento dos Concellos costeiros. Así mesmo se destinan unhas cantidades concretas por parte da Administración Autonómica, para facer fronte ós fortes investimentos necesarios na construcción das infraestructuras de saneamento e depuración. No parágrafo segundo dos acordos do anterior convenio establécese que o desenvolvemento do mesmo se realizará mediante acordos coas distintas partes implicadas. A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra consideran que os esforzos que se realicen na mellora do medio ambiente repercutirán nun desenvolvemento sostido nesas comarcas, inducindo un crecemento económico compatible co medio. Nesta liña, e en coordinación co convenio antes citado e á vista de diversas modificacións orzamentarias e nas previsións de gasto por parte da Deputación, ambas administracións consideran de gran utilidade completa-los investimentos recollidos no anterior convenio, conseguindo desta maneira unha maior eficacia do mesmo. Á vista do exposto e con obxecto de regula-la colaboración que posibilite a realización das obras complementarias ó convenio citado de saneamento e depuración na ría de Pontevedra, ámbalas dúas partes formalizan o presente convenio con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA. OBXECTO.- O obxecto do presente convenio é establece-las bases de colaboración técnica e económica entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o Organismo Autónomo Augas de Galicia e a Deputación de Pontevedra que permitan realiza-las aportacións complementarias ó saneamento e depuración da ría de Pontevedra dentro do Plan de Saneamento e no marco do convenio antes citado. SEGUNDA. COMPROMISOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA.- A Deputación de Pontevedra comprométese a aporta-los fondos necesarios para executar obras de saneamento na ría de Pontevedra, de acordo co Plan de Saneamento aprobado, por un importe total de 1.000 millóns de pesetas, con cargo ós orzamentos da Deputación na partida ... 2002 200.000.000 ptas. 2003 200.000.000 ptas. 2004 200.000.000 ptas. 2005 200.000.000 ptas. 2006 200.000.000 ptas. As mencionadas obras serán conformes coas prescricións do Plan de Saneamento de Galicia no referente a ría de Pontevedra; neste sentido os proxectos serán supervisados polo Organismo Autónomo Augas de Galicia, para a súa posterior aprobación por este departamento. TERCEIRA. COMPROMISOS DA XUNTA DE GALICIA.- A Xunta de Galicia, a través do Organismo Autónomo Augas de Galicia, asume os seguintes compromisos: 1) A colaboración do Organismo Autónomo coa Deputación para a redacción e aprobación dos proxectos e a execución das obras. 2) A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda confeccionará e tramitará un Plan Sectorial de incidencia supramunicipal que sirva de base e referencia para a execución das obras previstas no Plan de Saneamento da ría de Pontevedra. CUARTA. COMISIÓN DE SEGUIMENTO.- Para o impulso e cumprimento do presente convenio constituirase unha Comisión de Seguimento, integrada por un representante do Organismo Autónomo Augas de Galicia e un representante da Deputación de Pontevedra, que resolverá as controversias que resulten da execución. En todo caso, a solución das incidencias estará condicionada polas limitacións orzamentarias indicadas na cláusula segunda. QUINTA. INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS.- 1.- As dúbidas que se presenten na súa interpretación, caso de discrepancias, serán resoltas, visto o informe da comisión de seguimento, polo Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, poñendo así fin á vía administrativa. 2.- O incumprimento de calquera das cláusulas do presente convenio constituirá causa suficiente de rescisión do mesmo. 3.- O presente convenio ten natureza administrativa. A xurisdicción contencioso - administrativa será competente para o coñecemento de posibles cuestións litixiosas que poidan suscitarse como consecuencia do mesmo. SEXTA. VIXENCIA DO CONVENIO.- A vixencia deste convenio manterase ata a execución das obras no prazo sinalado no proxecto ou no que por motivos debidamente xustificados poida este Organismo e a Deputación acorda-la prórroga trala correspondente solicitude a través da Comisión de Seguimento citada na cláusula cuarta, e en todo caso ata o 31 de decembro de 2006. Non obstante seguirá surtindo efectos en tanto en canto non se liquiden as obrigas que puideran quedar pendentes. Así o outorgan no lugar e data do encabezamento, subscribindo o presente convenio por triplicado exemplar, no lugar e data arriba citado. O CONSELLEIRO DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA, Asdo.: Xosé Cuíña Crespo O PRESIDENTE DO ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA, Asdo.: Agustín Hernández Fernández de Rojas O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, Asdo.: Manuel Abeledo López CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA (CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA DA XUNTA DE GALICIA E ORGANISMO AUTÓNOMO AUGAS DE GALICIA), AS CORPORACIÓNS LOCAIS (DEPUTACIÓN E CONCELLOS), AS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E AS CÁMARAS E ORGANIZACIÓNS EMPRESARIAIS PARA O SANEAMENTO INTEGRAL DA RÍA DE PONTEVEDRA En Pontevedra, de dous mil un. REUNIDOS Por unha banda en representación da Administración Autonómica: O Excmo. Sr. D. Xosé Cuíña Crespo, Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, actuando en virtude do establecido na Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente e facultado polo acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de colaboración con outros entes públicos e particulares. O Ilmo. Sr. D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, Presidente do Organismo Autónomo Augas de Galicia, facultado polo acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 27 de marzo de 1991, sobre convenios de colaboración con outros entes públicos e particulares. Por outra banda en representación das Corporacións Locais: ... Por outra banda en representación das Organizacións Sindicais: ... Por outra banda en representación das Cámaras e Organizacións Empresariais: ... EXPOÑEN As rías galegas son espacios singulares, tanto pola súa formación como polas súas características xeográficas, biolóxicas, ambientais ou paisaxísticas. Así mesmo, a riqueza económica que xeran provocou un forte asentamento de poboación nas súas marxes que supón unha importante presión humana, turística e industria
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota