ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.826
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2003/03/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.364/1.2003-03-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2003/03/28_Ordinaria

  • Data(s) 2003-03-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de marzo de 2003 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinteoito de marzo do ano dous mil tres, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Manuel Abeledo López, reuníronse as Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Ramón Alonso Fernández, D. Xosé Antonio Araujo Quintas, D. Manuel Ramón Conde Romero, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Jesús María Fernández Portela, D. Alberto García García, D. Emilio González Iglesias, D. Angel Gregores Méndez, D. Emilio Iglesias Álvarez, D. Telmo Martín González, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Xesús Otero Varela, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, D. David Raposeiras Correa, D. Juan Reboreda Enríquez, D. Manuel Rivera Domínguez, D. Rodrigo Santiago Novas, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Henrique Viéitez Alonso, D. Manuel Ramón Vilar Márquez e D. José Villar Pereira, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Non asisten os Sres. Deputados, D. Rafael Louzán Abal e D. Juan Luis Pedrosa Fernández, que excusou a súa ausencia. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Señoras e señores Deputados, medios de comunicación, vamos comeza-lo desenvolvemento da orde do día do Pleno correspondente ó mes en curso. 1.4863.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de febreiro deste ano. ¿Hai algunha alegación á acta?. Non hai alegacións. Polo tanto apróbase por unanimidade. Apróbase por unanimidade o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de febreiro do ano 2003. ------ Folla: 2.4864.- BASES REGULADORAS DE AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA Sr. Presidente.- Punto número dous. Bases reguladoras de axudas a cooperativas da provincia de Pontevedra. Ten a palabra o Sr. Deputado-Delegado de Agricultura. Sr. Crespo Iglesias.- Si, gracias Sr. Presidente. Son unhas bases reguladoras para as cooperativas da provincia. Son unhas bases similares ás do ano pasado. Neste caso son 330.000 euros os que se van a repartir e serán obxecto das axudas as inversións realizadas polas cooperativas tanto en maquinaria como en construccións, equipamentos e reparacións de edificios, etc. Estas axudas económicas non poderán acadar máis do 50% da inversión total realizada. Os beneficiarios serán as cooperativas de toda a provincia de Pontevedra e as solicitudes seran presentadas aquí ó Presidente da Deputación tal e como rezan as propias bases. O proceso é igual que o de anos anteriores, simplemente que se establece como tope o 50% da subvención que en ningún caso poderá pasar dese precisamente 50%. Nada máis. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días. Sr. Presidente.- Bos días. Sr. Mosquera Lorenzo.- Vamos a ver, estamos nunhas novas bases de axudas á cooperativas agrarias da provincia de Pontevedra, e estamos coas bases de sempre, as que teñen demostrado exactamente como funcionan, non só neste caso senón noutros. E funcionan como temos xa posto de manifesto neste Pleno en reiteradas ocasións. O prazo de convocatoria, trinta días para presentar, unha cooperativa, se vai facer unha obra, proxecto e demais, todos sabemos que ou ben xa ten apalabrada que vai haber esa axuda, co cal as bases sobran, e xa temos o procedemento dixital que é o que está encubrindo no fondo, ou ben non lle dá tempo a facer nin tan sequera a tramitación, nin moito menos votar a andar todo o proceso de acorda-la cooperativa en que vai investir e face-lo proxecto ata as propias condicións que como levamos nós denunciando dende que hai estas bases, deixan uns criterios de adxudicación absolutamente discrecionais, como así o advirte, que por certo é posterior á Comisión, o cal non debía ser así, debía chegar á Comisión xa informado, o informe da Intervención do 24 de marzo, no que fai referencia, e leo, se quere, que é moi claro, dentro do clausulado das bases debería incluirse algún tipo de baremo ou criterio que gradue a contía da subvención que se lle vai a conceder tal e como se reflexa no informe do Consello de Contas sobre a fiscalización da área de subvencións concedidas pola Deputación no exercicio 2000, que será o último fiscalizado. Ou sexa, están facendo caso omiso do que estamos dicindo no Pleno e agora llo di tamén o Consello de Contas e llo di tamén o informe de Intervención. Ben, eu non sei cando pensan resolver esto, creo que é un fraude absoluto facer unhas bases cando practicamente xa están concedidas as subvencións, xa se sabe cal vai se-lo trámite e aínda por riba quedan unhas bases nas que a asignación dixital está garantizada en canto non hai ningún criterio ou baremo ó que teña que aterse esa concesión. O outro día na Comisión abstivémonos en función de estudialas, e xa criticamos parcialmente esto. Evidentemente vamos a votar en contra. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. ¿Algunha intervención máis?. Pídolle Sr. Mosquera que leva, non só o informe de Intervención, que lea tamén o informe do Xefe do Servicio Agrario. Pídolle tamén que o lea, se é tan amable. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, léollo. O apartado 1 sobra, "A tenor", a partir de aí ou léollo todo. Sr. Presidente.- Lea a resposta que dá. Sr. Mosquera Lorenzo.- Ben, no informe de Intervención estímase que dentro das cláusulas das bases debería incluirse algún tipo de baremo ou criterio, que gradue a contía da subvención que se vai a conceder, segundo o informe do Consello de Contas sobre a fiscalización da área de subvencións concedidas pola Deputación no ano 2000. A tenor do escrito no apartado anterior, o técnico que subscribe informa: a) Que implicitamente xa está considerado nas bases dado que as axudas recaerán sobre os proxectos de inversión que efectuen as cooperativas. Argumento de grande peso como se ve, as axudas recaerán, pero ¿en base a que criterios?, non se di ningún. b) Que as axudas poderán acadar ata o 50% da inversión coas condicións que se establecen non punto 3.2, do apartado 3, actuacións subsceptibles de axudas e contía da subvención. Sr. Presidente.- Lea o punto tres. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non hai máis nada. Acabei. Sr. Presidente.- No punto 3 si fala dalgún criterio. Eu non a teño diante pero si a lin. Fala de número de socios, etc., etc., en todo caso, se me permite, téñolle que dici-lo seguinte: neste momento vostede está afirmando gratuitamente, coma moitas veces, que están xa predeterminadas estas axudas. Sr. Mosquera eu pódolle garantizar pola miña honorabilidade, se cre algo nela, que non hai absolutamente nada concedido neste sentido e que polo tanto o primeiro que temos que ter é unha convocatoria, que mandarán unha instancia, e logo presentarán loxicamente as inversións que queiran facer e terán que manda-lo proxecto se este proxecto supera os 60.000 euros. Polo tanto, ¿que criterios podemos poñer a priori precisamente para facer esa distribución?. Dígame algún e podémolo incluir, pero sinceiramente sen saber nestes momentos as solicitudes que van facer as distintas cooperativas, é moi difícil, como pode supoñer, establecer uns criterios porque descoñecemos, porque non temos ningunha petición nestes momentos que eu saiba, e polo tanto non hai ningunha concedida e loxicamente teremos que recibi-las peticións para despois valoralas en función do que di o artigo 3 con respecto ó número de socios, importancia da inversión, etc., etc. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, repito, estou única e exclusivamente lendo, dous informes. Consello de Contas, a que se fai referencia, di toda a área de subvencións e non só a estas, e o de Intervención que recolle o do Consello de Contas. Evidentemente, resposta súa, "sostenella e non emendalla". En tódalas bases seguirán cos mesmos criterios e punto, é dicir, creo que máis xa non se pode dicir, porque todos vemos claro que estes non son os criterios, a importancia comunal, non sei, cousas deste tipo, a transcendencia cara o futuro de non sei que, eses son os criterios que poñen aí, que non poñen nada, e todos estamos vendo que eso non é, todos, técnicos, xuristas e os que temos a responsabilidade de estar neste Pleno. Non hai máis que falar, este é un diálogo de xordos, e virá mañá, pois se vén directamente da Xunta ou dun Conselleiro, ou vén quen sexa, e llo desmonta igual, vostedes seguen erre que erre. Que lle vamos a facer, simplemente pois recordalo outra vez e que vostedes o que é a obxectividade na administración descoñécenna, deixaron de manifesto eso e pouco máis lle podo dicir. Sr. Presidente.- Eu estoulle pedindo algo máis, estoulle pedindo que aporte criterios para poder dar estas axudas. Estamos dispostos a aceptalos se poden definir unha obxectividade mellor. Non propuxo absolutamente ningún, ou sexa, critica o que temos feito pero non aporta absolutamente ningún. Teño que recoñecer que é moi difícil aportar sen saber nestes momentos o que poden solicita-las distintas cooperativas ou federación de cooperativas. Sr. Mosquera Lorenzo.- Retíreo da orde do día e facémolo, aportámoslle para o próximo Pleno eses criterios. Agora nos din que son as mellores bases do mundo, etc., etc., é dicir, non sei exactamente que é o que pretende. ¿Vai aceptar que se introduzan criterios?. Retíreo da orde do día e na próxima Comisión os traemos e se trae ó próximo Pleno. Sr. Presidente.- Eu creo que cando se aportan os criterios hai que tratalos previamente. Vostedes tiveron aí o expediente e creo que as correspondentes emendas que poderíamos estar dispostos a tratalas. Nós non vamos a retrasar este tema agora esperando a que se aporten estes criterios. En todo caso existen algúns criterios no punto tres, que son os únicos que neste momento podemos aportar. Non podemos aportar outros. Sr. Crespo. Sr. Crespo Iglesias.- Ben, como xa respostou o Presidente, á parte de moitos puntos que dixo vostede Sr. Mosquera, eu vou a ser máis breve. Simplemente dicirlle que trinta días é máis que suficiente para unhas bases tendo en conta que tódalas cooperativas da provincia son coñecedoras deste asunto. E pódolle dicir, á marxe do que vostede diga que non se adapta á legalidade, que esto non é a primeira vez que se fai, estas bases, parecidas, fixéronse noutros anos e non houbo ningún tipo de problema, a proba é que non houbo unha sóa reclamación ó reparto do ano pasado. E nas cooperativas, o que vostede afirma de que está todo xa predefinido é totalmente unha falacia, porque tódalas cooperativas saben que hai estas axudas, tódalas cooperativas levan chamando ó Servicio Agrario dende xaneiro a ver cando saían as bases, precisamente porque todas teñen proxectos para presentar. Sobre os criterios, os criterios non poden ser como vostede di, non porque nós teñamos nada en contra de facelo así, que sería ideal, senón porque esto non pode ser unha fórmula matemática porque as cooperativas agrarias dependen de se se dedican a unha cousa ou a outra, teñen múltiples facetas, e por suposto peticións hainas de todo tipo. Dende reposicións, dende arranxos nas súas instalacións, dende construccións de naves novas, dende compra de maquinaria. É moi variopinta. Se houbera que facer unhas bases sóas, por exemplo, para maquinaria, sería tremendamente fácil, collíase o número de socios, colles a inversión que se fai na mesma, e pos uns máximos e uns mínimos e xa está. Pero o problema é que tes que conxeniar a construcción dunha nave, dun galpón, cunha reforma dunhas oficinas, coa compra de maquinaria, con calquera mellora en definitiva nas instalacións, e eso é moi difícil de valorar. Cos criterios que rixen pódolle dicir que son consensuados coas cooperativas. Tivemos algunha reunión con elas nese sentido, e tódalas cooperativas saben perfectamente como van saír estas bases e todas xa teñen proxectos preparados, moitas delas porque quedáronlle pendentes do ano pasado. Como loxicamente hai unha limitación presupostaria moitas delas queren cofinancialas con axudas da Xunta. Mire, o que presentan as cooperativas en construcción, onde realmente se necesita proxecto, que é para as construccións, xa o teñen feito de vello porque incluso o solicitan á propia Xunta, pola propia normativa e as propias órdenes que saca a Consellería de Agricultura. Polo tanto, trinta días son máis que suficientes, xa os tiveron o ano pasado, pediron a práctica totalidade das cooperativas da provincia con cargo ás bases do ano pasado, e polo tanto non vai haber ningunha novidade nese sentido, e os criterios, falando coas cooperativas, eles estiman que é o máis obxectivo, calcula-lo número de socios, ver a inversión que se fai e logo priorizar que as cooperativas de segundo grado, que agrupan a varias do primeiro grado, teñan prioridade sobre as de primeiro grado. O ano pasado repartiuse con tódalas que solicitaron dentro de prazo; pódolle dicir que fóra de prazo quedaron tres, e non porque non o souperan, porque igual que se fixo o ano pasado vaise facer este ano. Aprobadas estas bases, o Servicio Agrario vaille enviar un comunicado a tódalas cooperativas da provincia de Pontevedra censadas dicíndolle que hai estas bases e remitíndolle unha copia das mesmas. Polo tanto tódalas cooperativas van ter información absoluta destas bases. Como xa lle digo, hai moitas delas que xa teñen proxectos que lle quedaron doutros anos e todas saben que vai haber estas bases na Deputación. Así que non está nada predeterminado, a próba é que non houbo unha sóa reclamación ás do ano pasado. O control, mire vostede, o Servicio Agrario ten uns técnicos, eu entendo que cualificados, que son os que van ve-las construccións ou no seu caso van a certificar a compra de maquinaria e que son os que certifican nesta casa. Polo tanto eu creo que ningunha cousa se vai facer nin máis nin menos legal que esta. Sr. Presidente.- Gracias. Non hai máis intervencións. Procedemos polo tanto á votación das Bases reguladoras de axudas a cooperativas da provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. Non hai. ¿Votos a favor?. Os Grupos Popular e Socialista. Apróbase por maioría. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería, o Pleno acorda por maioría de votos a favor dos Grupos Popular e Socialista e co voto en contra do BNG, aproba-las Bases reguladoras de axudas a Cooperativas da provincia de Pontevedra que son como segue: BASES REGULADORAS DE AXUDAS A COOPERATIVAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 1.- PRINCIPIOS XERAIS.- A Deputación de Pontevedra, consciente da importancia das Cooperativas e o movemento cooperativista para o desenvolvemento do sector agropecuario provincial, establece as axudas ás mesmas e que se rexerán polas presentes bases. 2.- OBXECTO.- Constitue o obxecto das presentes bases defini-lo conxunto de condicións e o proceso que se seguirá para a concesión das axudas que outorgue a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas consignacións dispoñibles para tal fin na partida presupostaria 711.711.789.00 cun crédito inicial de TRESCENTOS TRINTA MIL EUROS (330.000,00¤). 3.- ACTUACIÓNS SUSCEPTIBLES DE AXUDA E CONTÍA DA SUBVENCIÓN 3.1.- Serán obxecto de axuda as inversións realizadas polas cooperativas para mellora-los servicios que preste ós socios (construccións, equipamentos, maquinaria, instalacións, reparacións en edificios que sexan inversións, etc.). 3.2.- As axudas económicas poderán acadar ata o 50% da inversión realizada, sempre que sexan compatibles con outras axudas recibidas para a mesma inversión por outros organismos e que en ningún caso a concorrencia destas superará o custe da inversión realizada. O Ilmo. Sr. Presidente ou a Comisión de Goberno desta Deputación Provincial quedan facultados para a concesión destas axudas, previo informe da Comisión Informativa de Agricultura e Gandería, salvo en casos de urxencia na que se podería concede-la axuda e dando conta posteriormente á Comisión Informativa. 4.- BENEFICIARIOS.- Poderá solicita-las axudas calquera cooperativa agraria da provincia de Pontevedra, tendo prioridade para a percepción das axudas, as cooperativas de segundo grado, as cooperativas que teñan maior número de socios e as cooperativas que inicien as súas actividades en agricultura ecolóxica. 5.- FORMULACIÓN DE SOLICITUDES.- As solicitudes dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Excma. Deputación de Pontevedra, adxuntándose a documentación seguinte: a) Instancia asinada polo Presidente da Cooperativa. b) Acordo do órgano de goberno da mesma. c) Memoria descriptiva da inversión a realizar, especificando as características técnicas dos equipamentos e maquinaria. Nas obras achegarase proxecto ou presuposto técnico das mesmas, coas unidades de obra desglosadas e prezo unitario das mesmas, presentando proxecto para inversións superiores a 60.100,00 euros e presuposto técnico para obras inferiores a dita cantidade. d) Certificado de acordo da xunta de goberno da cooperativa comprometéndose á realización das obras. e) Certificación na que conste se se solicitaron ou se obtiveron axudas para as inversións para as que solicita axuda doutras administracións públicas, e a súa contía en relación co presuposto total das inversións a realizar. f) Tarxeta de identificación fiscal e certificado da conta bancaria. g) Número de socios de cada cooperativa e categoría da mesma. 6.- PRAZO E PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES.- As axudas que se contemplan na presente convocatoria poderán solicitarse dende o momento da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, durante trinta (30) días naturais no Rexistro Xeral da Deputación Provincial. Co fin de atender imprevistos ou accións que non admitan demora, a Presidencia poderá dispor do 20% do crédito destinado a estas axudas fóra do prazo anteriormente citado. 7.- XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- 7.1.- Para recibir as subvencións concedidas será necesario presentar directamente na Deputación Provincial os seguintes escritos: a) Escrito asinado polo Presidente da Cooperativa dirixido ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra solicitando o pagamento da axuda concedida. b) Facturas orixinais ou fotocopias compulsadas das mesmas ou certificación das obras realizadas asinada por técnico competente. c) Certificación da axuda recibida ou concedida para as mesmas inversións por outros organismos públicos e a súa contía con respecto ó gasto total realizado. d) Certificación de estar ó corrente de pago coa Seguridade Social e a A.E.A.T. 7.2.- A documentación xustificativa á que se fai referencia no punto anterior presentarase, en todo caso antes do 31 de marzo de 2004. 8.- CONTROL E SEGUIMENTO DAS SUBVENCIÓNS.- Os servicios técnicos do Servicio Agrario da Deputación Provincial velarán porque se cumpran as condicións que se esixen para a concesión de subvencións e para que se realicen correctamente as inversións previstas, para o que se realizarán as inspeccións e comprobacións oportunas, reflexando os resultados no correspondente informe, así como solicita-la información que se considere necesaria sobre os beneficiarios de tales axudas. 9.- RESPONSABILIDADES.- O incumprimento de calquera dos requisitos esixidos nas bases e demais normativa aplicable poderá dar lugar á esixencia de responsabilidades e á devolución, no seu caso, das cantidades percibidas. As responsabilidades anteriormente citadas esixiranse de acordo co procedemento previsto na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. Así mesmo, o reintegro das cantidades efectuarase de acordo co procedemento previsto no Regulamento Xeral de Recadación. ------ Folla: 3.4865.- PRIMEIRO EXPEDIENTE DE SUPLEMENTOS DE CRÉDITOS E DE CRÉDITOS EXTRAORDINARIOS CON CARGO Ó REMANENTE DE TESOURERÍA DISPOÑIBLE Sr. Presidente.- Punto número tres. Primeiro expediente de suplementos de créditos e de créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. A Presidencia perante a necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e non existindo consignación no Estado de Gastos do Presuposto corrente, eleva a proposta para a aprobación dos expedientes de créditos extraordinarios e suplementos de crédito, o primeiro deste ano, previo dictame da Comisión de Economía. Este expediente presenta, resumido por capítulos, a seguinte estructura: Capítulo 1, de gastos de persoal, 45.937,00 euros. Capítulo 2, gastos en bens correntes e servicios, 2.621.485,00 euros. Capítulo 4, transferencias correntes, 607.865,00 euros. Capítulo 6º, inversións reais, 999.079,00 euros. Capítulo 7º, transferencias de capital, 1.253.916,00 euros. En total o expediente implica, tanto en suplementos de créditos como en créditos extraordinarios, un total de 5.528.284,07 euros, dos cales os suplementos de crédito son por un importe de 3.286.427,44 euros e os créditos extraordinarios 2.241.856,63 euros. En todo caso, aproveito este momento e "in voce" fago unha emenda, que presenta a Presidencia ó dictame da Comisión de Economía e Facenda e a emenda refírese a incluir na partida 03/911.451.762.24, do expediente dúas cantidades por importe de 72.121,00 euros, e 150.000,00 euros, a primeira para mobiliario do edificio multiusos en Goián (Tomiño); e a segunda para axudarlle a amoblar a nova Casa do Concello de Salvaterra de Miño. Polo tanto o expediente implicaría a cantidade de 5.750.405,00 euros. Como é tan largo e vostedes pudéronno ver no expediente que estivo a disposición dos señores Deputados, e se queren repaso cantidade por cantidade ou entramos nalgunha cantidade concreta se así o consideran oportuno. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Ben, estamos ante unha modificación de crédito, a altura do mes de marzo, a pesar de que o grupo municipal no que vostede está integrado en Pontevedra nos ten criticado ás veces o facer modificacións. Nós cremos que o presuposto ten que ser algo vivo e cambiante e polo tanto non nos parece en absoluto mal que se fagan modificacións de crédito porque as necesidades ou cuestións que van aparecendo, ás veces moi correntes e outras veces imprevisibles, necesitan este tipo de instrumentos. Pero indo ó fondo da modificación, unha modificación cuantiosa, 5.600.000,00 euros, estamos outra vez no mesmo, aquí hai de todo. Hai de todo, hai cousas que son razonables, hai cousas que son absolutamente fóra de lugar e outras cousas que tiñan que estar previstas, outras cousas que non ten sentido meter nun expediente de modificación. Creo que resulta absolutamente relevante Sr. Presidente, que menos de tres meses despois de aprobarse o presuposto se faga un expediente de tal magnitude no que a partida que máis incrementa é unha partida de gasto corrente, que cara final de ano poderíase entender que estivera agotada, pero non ós tres meses. E a partida de gasto corrente, dito así parece que non estamos referíndonos a nada especial, pero si é algo especial, a partida é 511.511.210, ou sexa, pichi, chapapote e asfaltados varios dentro de gastos correntes. Esta partida increméntase en 1.360.000,00 euros, máis do doble de calquera outra partida, incluso as destinadas ó Prestige. E en conxunto hai cantidade; remítome a esta, porque son moitas páxinas e moitas partidas, remítome a esto porque creo que é a máis relevante, ou sexa, non ten ningún sentido. ¿Que quero dicir con esto?. Que xa teñen agotada a partida de chapapote a estas alturas, que van a facer un esforzo descomunal de máquinas e chapapote por aí e bacheos e demais cara á campaña electoral. Exactamente significa esto, porque non é razonable que ós tres meses de aproba-lo presuposto unha partida de gasto corrente se cambie desta maneira. Pero, hai outras cousas tamén moi relevantes que retratan moi ben cal é o funcionamento desta institución, cal é a xestión do orzamento, e como se van dándolle a uns e a outros non e como se vai incluso faltando ó respecto ou faltando a outros. Aquí aparecen unha serie de cousas para diversos concellos. Agora mesmo o Presidente acaba de dicir que se incorporan dúas partidas máis para dous concellos, que será moi necesario. O outro día na Comisión de Goberno aclaran que se pode acumular no PAM algún convenio sobre urbanización de estradas provinciais, e resulta que hai catro meses hai unha proposta de convenio co concello de Pontevedra, sobre mellora de estradas provinciais; non é ningún beneficio digamos extra para o concello, nin se está pedindo nada extraordinario. O Sr. Presidente nin tan sequera ten a ben contestar, e moito menos introducilo nesta modificación de crédito. Despois de facer un traballo que practicamente ningún concello fai, de face-los anteproxectos, de face-los proxectos sobre vías provinciais, merecen o desprecio, nin tan sequera contestar e moito menos falar do tema e xa non digamos introducilo aquí. Seguen vostedes, agora en época preelectoral, agudizando os defectos xa históricos desta Deputación usando o orzamento, onde se reflexan economicamente as súas reflexións políticas e seguimos coa política de sempre, xa digo, agudizar. Polo tanto nós vamos a votar en contra deste expediente de modificación porque é consecuencia do orzamento, vamos a votar en contra porque é unha falcatruada. Moito máis que unha cuestión xenérica, é unha auténtica falcatruada mete-los cartos que se meten neste momento para eso, para chapapote e demais, en gasto corrente, que non ten sentido ós tres meses de iniciado un presuposto e á parte polo trato discriminatorio que se dá dunha maneira descarada segundo os concellos e cor política e demais. Polo tanto votaremos en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Vamos a ver, estamos ante un expediente que venía por 5.528.000,00 euros, y que ahora mismo se acaba de incrementar en 220.000,00 euros más. Este es un expediente importante por la cuantía, importante porque más del 75% de los ayuntamientos de la provincia no tienen de presupuesto lo que soporta este expediente, con lo cuál da para discutir un poco. Curiosamente, en los expedientes del año pasado, de hace dos años y de hace tres años, el grupo socialista mantenía que en vez de traer ustedes pequeños expedientes, trajesen uno global, o que de hecho incorporasen al mes siguiente de aprobado el presupuesto los remanentes de Tesorería de una vez y que hiciesen un plan concreto con ellos. Bueno, esto no lo hicieron en ninguno de los ejercicios anteriores y lo hacen en este no porque hayan cambiado de opinión y porque les parezca bien lo que planteábamos otros años, sino simplemente porque hay unas elecciones a dos meses vista, esa es la única razón que hay. De todas formas, al grupo socialista le gustaría que determinadas cantidades, incluso alguna no por la cuantía, el grupo de gobierno fuese más riguroso con ellas. Me explico, acaba de anunciar el Presidente una subvención más para la construcción del Ayuntamiento de Salvaterra. Bien, yo con todos mis respetos me gustaría que antes de que se hiciese efectiva esa subvención al Ayuntamiento de Salvaterra, el Ayuntamiento de Salvaterra rindiese cuentas en esta Diputación de ¿cuánto dinero lleva invertido en esa obra?, ¿de qué instituciones procedió el dinero?, porque a lo mejor, y casi puedo asegurarlo, las diferentes subvenciones ya están por encima del proyecto, de lo que costaba el proyecto de ese Ayuntamiento. Estamos hablando de un Ayuntamiento donde desde hace años le financiaron a través del INEM personal al 100%, etc., etc., donde esta institución dio más de una subvención y de dos. Para el edificio, para los alrededores del edificio y ahora para el mobiliario del edificio, en diferentes ejercicios. Entonces, empezaríamos a ser rigurosos y no sólo al Ayuntamiento de Salvaterra, digo este porque lo acaban de nombrar, pero empezaríamos a ser rigurosos si esto se hiciese con otros Ayuntamientos también, y empezaríamos a ver de verdad dónde se gasta el dinero público. Esto en todo caso es una anécdota dentro de todo el importe total del expediente. Como es una anécdota una de las cosas que figuran aquí. Por fin aparece una cantidad para las Escuelas de Música. Digo que es una anécdota porque 120.000,00 euros dentro del montante de 5.750.000,00 no suponen mucho, pero suponen como novedad que por primera vez la Diputación o el grupo de gobierno hace caso a lo que le planteábamos otros grupos desde hace años. Además de esto, echamos en falta que no haya una justificación por parte del grupo de gobierno del por qué de pronto, después de tres meses de aprobado el presupuesto, hay que incrementar determinadas cifras, porque la justificación si nos la dan a lo mejor podríamos entenderlo; si no es muy difícil de entender 999.000,00 euros más en inversiones reales. Es difícil de entender el incremento en gasto corriente, que es el 50% practicamente del expediente. Y son difíciles de entender muchas cuestiones de las que plantea. De todas formas le anuncio ya que, lógicamente en función de tal como ustedes plantean el expediente y en función de nuestro voto en el presupuesto, vamos a seguir votando en contra. Le anuncio que en temas como el del Prestige, que son 495.000,00 euros, el grupo socialista en la próxima Comisión de Medio Ambiente, si ustedes no lo traen, va a pedirles dos cosas, una, que nos digan ya en que se empleó todas y cada una de las cosas, que parte de las cosas aún no nos las dijeron; y dos, que tramitación están siguiendo para que la Diputación recupere ese dinero. La Diputación, ese dinero lógicamente tiene que recuperarlo de los organismos que tienen competencias en el tema; nos parece bien que lo haya adelantado en su día. Y nos parecería lógico que a estas alturas ya nos lo hubiesen dicho en Comisión y nos lo hubiesen planteado. De todas formas vuelvo a repetir, nosotros tal y como se plantean estas cosas, con los vicios de siempre, vamos a seguir votando en contra. Nada más. Sr. Presidente.- Muchas gracias Sr. González. Eu vou a contestarlle ó Sr. Mosquera. Primeiro punto, cando se fai un presuposto e vostede sábeo perfectamente, salvo que o presuposto incremente o Estado de Ingresos sobre o Estado de Gastos, vaise xerando unha bola que leva ó organismo provincial ou ó organismo que sexa, a un burato que logo é difícil de suplir. Polo tanto, dende que asumín a Presidencia, xunto cos Deputados-Delegados e sobre todo co Vicepresidente económico, ó face-lo presuposto non permito baixo ningún concepto, senón todo o contrario, que os gastos superen os ingresos. Polo tanto hai certas partidas, que en principio cando aprobamos o presuposto, é indudable que non son suficientes. Hai partidas, que de entrada aprobamos no presuposto, que xa sabíamos que eran deficientes e en concreto a que vostede lle chama chapapote, que non é porque sexan eleccións nin moitisimo menos, repase tódolos anos, vímolo facendo absolutamente tódolos anos, haxa eleccións ou non haxa eleccións. E pódolle dicir que non chega nin sequera ó presuposto, que algunhas veces temos que ter case a medio gas, a maquinaria do Parque. Polo tanto unha razón é esa, sabíamos cando aprobamos o presuposto que este presuposto era insuficiente para todo o ano. E o Concello de Pontevedra, ó que vostede representa aquí, porque é concelleiro igual que eu mesmo, aínda que vostede pertence ó grupo de goberno, non fixo uso, independentemente de facer estradas a Deputación, de pedir material, pero case practicamente tódolos concellos si o están a facer, e estáselle dando absolutamente a tódolos concellos, a todos, pregunte a todos os que o pediron. En segundo lugar non é de estrañar que esta partida sexa importante. En canto ó Prestige, pódolle dicir que nós gastamos por vía de urxencia, posto que se trataba dunha catástrofe, 627.000,00 euros, sen contar o que esto repercutiu tamén en horas extraordinarias en todo o persoal do Parque de Maquinaria. É dicir, gastouse bastante máis e estamos dispostos, a que no seu momento se lle presente en que se gastou. Sobre todo nos primeiros tempos, como vostede ben sabe, nós demos a cara neste tema, creo que non podíamos facer outra cousa, e loxicamente non escatimamos neste sentido ningún esforzo. Dicía vostede tamén que incluso agora "in voce" esta Presidencia introduce unha modificación, e nembargantes tense olvidado Pontevedra. Mire vostede, eu non hai tanto tempo, non sei en que acto foi, estiven falando co seu Sr. Alcalde, e quedamos de vernos de forma inmediata para ver estes temas. En todo caso, todo o que é estradas provinciais, que é o que vostedes solicitan, urbanizacións, etc., etc., non ten por que aparecer nesta modificación de créditos por unha sinxela razón, porque non se incrementou para nada o presuposto destinado a estradas provinciais, é dicir, aí temos neste momento suficiente financiamento para poder abordar proxectos que tamén presentou Pontevedra e abordaranse. Non sei se todos, pero abordaranse estes proxectos e dende logo antes de que remate esta lexislatura, polo tanto, Sr. Mosquera, non vote vostede o carro antes que as vacas porque hai un compromiso desta Presidencia co Alcalde de Pontevedra neste sentido para estudiar estes temas e ver en que podemos colaborar. A vostede mesmo lle dixen que en torno ó Museo recoñecemos que esa rúa foi dalgunha maneira estropeada polas obras ocasionadas na ampliación do Museo. O teríamos en conta e dende logo iríamos a un convenio. Eu creo que se ben nestes momentos pode ter razón, porque non nos reunimos aínda, eu garantízolle que esto vai suceder posiblemente a próxima semana como en principio quedamos o seu Alcalde e eu mesmo como Presidente da Deputación. Ben, o Sr. González di que podíamos facer un só plan. Miren vostedes, mentres haxa diñeiro estamos atendendo ás peticións dos concellos que o solicitan e que cremos que se dispoñemos de financiamento para eso está a Deputación para resolverlle os problemas que lle poidan xurdir a un concello. Que neste caso son do Partido Popular, bueno, pois son do Partido Popular neste caso, pero fixemos tamén unha gardería en concreto en Catoira, que era unha pequena cantidade, e o Sr. García non pertence ó Partido Popular, pertence ó Partido Socialista. Estamos dispostos a apoiar a tódolos concellos segundo as peticións e segundo as necesidades e mentres teñamos financiamento. E poño un exemplo que vamos a tratar no punto seguinte, aínda que é unha pequena cantidade pero está aí, os Estatutos da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, que a debíamos haber traído xa ó Pleno anterior, pero por razóns que non veñen ó caso traémola por urxencia neste Pleno. Eu creo que dicir que todo esto se fai en virtude das eleccións non é certo, e dicir que estamos discriminando tampouco é certo, porque concellos que non pertencen ó Partido Popular estanse beneficiando tamén destas axudas mentres teñamos posibilidades de facelas. ¿Algunha intervención?. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Esto parece moi reiterado e moi sobado e hai que escoitar cada cousa, de verdade que hai que escoitar cousas moi simpáticas como dicir que se fai un grande esforzo para que no orzamento coincidan Gastos con Ingresos. Eso é obrigatorio por Lei. Faise un gran esforzo por cumpri-la Lei, bueno é que en todo caso non pasaría, non se podería aprobar, sería nulo de todo dereito facer un orzamento en que houbera máis gastos que ingresos. Ben. Despois que me diga que á altura de marzo, é certo que outros anos se ten aumentado a partida esa 511.511.210 é certo, a de gasto corrente de asfaltado, que por certo é tremendamente discutible que poida ir a gasto corrente porque soste-los bens tería que ir seguramente na partida de investimento, pero eu creo que a estas alturas non é moi serio, hai que face-las cousas con proxectos, seriamente e non andar por aí ciscando pichi na pista que lle cadra, que efectivamente é un mecanismo moi funcional, terriblemente funcional menos para o bolsillo do ciudadano, moi funcional, porque vai, asfáltase á présa e correndo sen proxecto, sen base e sen eliminar augas e facer canaletas co cal dura ata a próxima ríada e entón para as próximas eleccións poden volver a dar pichi para que se volva a asfaltar e así estamos continuamente asfaltando ó asfaltado, e así cada dous anos ou tres, ó final é practicamente o mesmo cunhas técnicas que todo o mundo sabe que non funcionan ou funcionan moi mal, etc., eso non creo que sexa de recibo. E bueno, eu por non repetirme máis, despois de cinco meses de votar a andar esto e catro meses de ter aí os proxectos encima da mesa, que diga que se vai falar deles cando cousas que viñeron moito despois xa están recollidas neste orzamento e demais e que están por aí feito, bueno aleluia, o que podo dicir é aleluia. O que podo dicir é que despois desta promesa que fai neste Pleno non pasen outros catro meses, agardemos que sexa así, pero volvo a repetir que non parece moi respectuoso que se pase este tempo sen dar ningunha resposta nin falar. Eu non quero apelar a que vostede é membro da Corporación de Pontevedra nin nada deso, e non me gusta falar de temas concretos dun sitio, o que pasa é que faise unha modificación de créditos, recóllense asuntos para diversos concellos, recóllense máis cartos para asfaltados sen proxecto e cousas dese tipo, e resulta que mentras tanto algo feito con rigor e seriedade, e que á parte vostede mesmo recoñece que tódalas vantaxas son para a Deputación porque ou son ben estradas provinciais e o Concello está disposto a colaborar, ou ben son o entorno do Museo, ou ben son destrozos feitos pola obra da Deputación, catro meses non parece moi razonable. Pero non quero volver a falar máis disto porque non me gusta falar de temas concretos, traelos aquí. Con respecto á modificación de crédito me parece que non hai ningún elemento novo con respecto ó que dixen antes e polo tanto mantemos a postura e vamos votar en contra. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera. Sei que non se poden incrementar os gastos por encima dos ingresos, pero non será vostede tan inocente, sabe perfectamente que en case tódolos concellos o feito non é así. Eu quero recalcar que esta foi sempre a política desta Deputación dende que eu son Presidente, e a situación da Deputación Provincial de Pontevedra aí está precisamente por este rigor que levamos a cabo nos presupostos. E indudablemente sempre contando cos remanentes de Tesourería, non só da liquidación do presuposto anterior senón tamén cos remanentes de Tesourería dos mesmos fondos propios da Deputación Provincial. Os presupostos, como vulgarmente dicimos, hai que cuadralos e vostede sabe que se cuadran moitas veces incrementando os Ingresos sobre os Gastos. Creo que non estou descubrindo absolutamente nada novo e quero recalcar esto porque na Deputación nunca se fixo. Sr. González. Sr. González Iglesias.- No es para decir nada nuevo sobre el punto del orden del día, simplemente es para rogarles que no nos hagan la discusión de otros Ayuntamientos aquí. Gracias. Sr. Presidente.- Yo no me meto con los Ayuntamientos y menos con un en concreto. Quero dicir que este é un feito que todos coñecemos. Eu non estou descubrindo nada novo. Ben, procedemos polo tanto á votación do expediente de suplementos de créditos e de créditos extraordinarios con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible xunto coa emenda presentada pola Presidencia "in voce" neste momento. ¿Votos en contra?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿Abstencións?. Non hai?. ¿Votos a favor?. O Grupo Popular. Apróbase por maioría. Visto o expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 1/2003, dentro do vixente Presuposto Provincial, por un total de 5.750.405,07 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poidan demorarse ata o exercicio seguinte e ó non existir consignación no estado de gastos do presuposto corrente, e que será financiado, os suplementos de crédito por importe de 3.286.427,44 euros e os créditos extraordinarios por importe de 2.463.977,63 euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible, o Pleno de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por maioría de votos favorables do Grupo Popular e cos votos en contra do Grupo Socialista e do BNG, aproba-lo expediente de modificación de créditos extraordinarios e suplementos de crédito nº 1/2003, así como a emenda ó respecto presentada pola Presidencia segundo a cal se incrementa a partida 03/911.451.762.24 en 222.121,00 euros para dotar de mobiliario ó Edificio Multiusos en Goián (Tomiño) e á nova Casa do Concello de Salvaterra de Miño, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 1º.- Gastos de persoal 45.937,41 Euros Capítulo 2º.- Gastos en bens correntes e servicios 2.621.485,76 Euros Capítulo 4º.- Transferencias correntes 607.865,51 Euros Capítulo 6º.- Inversións reais 999.079,15 Euros Capítulo 7º.- Transferencias de capital 1.476.037,24 Euros Total expediente de modificación de crédito 5.750.405,07 Euros Dito expediente será exposto ó público, a efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse as mesmas. ------ Folla: 4.4866.- RATIFICACIÓN DE ACORDO ADOPTADO POLA COMISIÓN DE GOBERNO RELATIVO Á APROBACIÓN DOS ESTATUTOS DA AXENCIA INTERMUNICIPAL DA ENERXÍA DE VIGO Sr. Presidente.- Punto número catro. Ratificación de acordo adoptado pola Comisión de Goberno do día 13 de marzo relativo á aprobación dos Estatutos da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo. Ben, esto foi presentado polo Concello de Vigo a través do concelleiro responsable que ó mesmo tempo é Deputado. Hai que introducir algunhas modificacións ós Estatutos. É un tema urxente, segundo manifestou o concello a través do concelleiro, ó Sr. Viéitez. Eu pídolle ó Sr. Deputado e ó Secretario que tome nota das modificacións e aprobarémolo con esas modificacións que propón o Sr. Deputado. Ten a palabra o Sr. Viéitez. Sr. Viéitez Alonso.- Bos días e gracias Presidente. En primeiro lugar agradecerlle a colaboración a este proxecto, a esta ferramenta que é para nós, non para o concello de Vigo senón para toda a área intermunicipal, porque teñen en conta ademais que os socios que participamos nesta axencia son escollidos cun criterio político e é de que todas as administracións que teñen algo que ver coa área intermunicipal de Vigo se impliquen en algo que nós cremos que é moi importante. A Axencia Intermunicipal da Enerxía vai a ser unha das poucas que existen no Estado e evidentemente vai a se-la primeira de Galicia. Non pretende usurpar funcións do Instituto Enerxético de Galicia, como alguén puidera entender, senón que o que pretende é ser complemento e actuar sobre todo a nivel local. Cremos que pode ter unha transcendencia importante nun sector, que é o sector enerxético, e que ten múltiples aplicacións para os concellos, de ahí que a Deputación se implicase neste tema, porque aspectos tan importantes como a factura do ilumminación pública, ou o consumo enerxético das calefaccións dos edificios municipais, ou das escolas, é unha obrigación dos concellos mantelas. Nos parecía, insisto, que esa ferramenta vai a ser importante. E nese aspecto traemos unha serie de correccións que non son de fondo, son de forma, que unha vez consultada a Dirección Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública nos indicou verbalmente que debéramos corrixir algunhas cuestións, como son no artigo 21 un apartado, que o traballar con diversos borradores na proposta final quedou esto ou ben nos quedou atrás, non se repasou, e é eliminar tralo consenso cos grupos políticos que integran a Corporación Municipal, teñan en conta que a formulación xurídica que propomos para a Axencia Intermunicipal é a de unha fundación de interese galego. E nese sentido non ten, valga a redundancia, ningún sentido que a Corporación Municipal, neste caso de Vigo, determinase o nomeamento do Director Xerente. No artigo 29, do que se trata é de adaptalo á contabilidade xeral, entón o que indica é unha serie de documentos, libros e documentos que se deben de ter en conta, e despois os artigos 30, 33 e 34, máis o artigo 35 do que se trata é de corrixir o Decreto que aí se enumera, que facemos referencia ó decreto 193/1994 e que debe de ser o 248/1992, porque o anterior está derogado. E por último corrixir tanto nos Estatutos como na acta dous aspectos a petición do Instituto Enerxético de Galicia, un a seu propio nome, que foi un lapsus, en vez de dicir Instituto Enerxético de Galicia dixemos Instituto da Enerxía de Galicia; e outro que se engada a proposta do INEGA no referido a como se debe de nomear e que criterios debe de te-lo nomeamento do Director Xerente. Polo tanto son correccións de erros que no fondo non teñen transcendencia ningunha. Sr. Presidente.- Ben. Gracias. ¿Algunha intervención máis?. Non hai intervencións?. Polo tanto vamos a ratifica-lo que a Comisión de Goberno do día 13 deste mes aprobou relativo á aprobación do Estatuto da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, coas correccións que neste momento "in voce" fixo o Sr. Deputado D. Henrique Viéitez. Neste sentido polo tanto apróbanse os Estatutos con estas correccións e en concreto o compromiso adquirido pola Deputación Provincial son exactamente catro. Primeiro, participar como socio fundador na creación da futura fundación da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo. Segundo, prestar conformidade ós Estatutos, de acordo coas correccións agora introducidas, que deberán formar parte da escritura pública da carta fundacional e que regularán no sucesivo o funcionamento da fundación. Terceiro, habilitar crédito por importe de 18.030,36 euros no primeiro expediente de modificación de créditos que se tramite, como aportación da Deputación no actual exercicio económico, ben entendido que aportación similar haberá de facerse ou efectuarse nos anos 2004 e 2005. Cuarto, facultar ó Sr. Presidente para a sinatura dos documentos precisos para a creación da Axencia. Esto é o que se acorda en definitiva, e de feito na modificación de créditos que acabamos de aprobar contémplanse os 18.030,36 euros para esta primeira anualidade. Polo tanto procedemos á votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Apróbase por unanimidade. Visto o acordo plenario do Concello de Vigo de data 24 de febreiro de 2003, polo que se aproban definitivamente os Estatutos da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo coa nova relación de socios, onde aparece a Deputación Provincial de Pontevedra entre os socios fundadores e se determina a aportación económica para o seu financiamento. Visto o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Deputación na sesión ordinaria celebrada o día 13 de marzo de 2003, relativo á aprobación dos Estatutos da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, a cal revestirá a forma de Fundación de Interese Galego de acordo coa Lei 7/1983, de 22 de xuño. Visto que o citado acordo da Comisión de Goberno adoptouse por razóns de urxencia e que do contido do mesmo se da traslado ó Pleno para a súa ratificación, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía e Facenda, acorda por unanimidade ratificar na súa totalidade o acordo adoptado pola Comisión de Goberno desta Excma. Deputación Provincial na sesión ordinaria celebrada o día 13 de marzo de 2003 relativo á aprobación dos Estatutos da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, e que se une como Anexo a este acordo, coas correccións aprobadas por este Pleno a proposta do Deputado Sr. Viéitez. ESTATUTOS DA FUNDACIÓN AXENCIA INTERMUNICIPAL DA ENERXÍA DE VIGO TÍTULO I NATUREZA XURÍDICA. DENOMINACIÓN. ÁMBITO E DOMICILIO Artigo 1º.- Natureza xurídica e denominación. 1.- Ó abeiro do establecido no artigo 34.1 da C.E. constitúese a fundación "Axencia intermunicipal da enerxía de Vigo" (AIMEVI), que se rexerá pola Lei 7/1983, de 22 de xuño sobre réxime das fundacións de interese galego, reformada pola Lei 11/1991, de 8 de novembro, polo regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, aprobado por decreto 248/1992, de 18 de xuño, e polas demais disposicións vixentes aplicables e polos presentes estatutos. 2.- A fundación terá personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, sen máis limitacións que as establecidas polas leis e polos presentes estatutos. Artigo 2º.- Ámbito. O ámbito territorial en canto ós intereses colectivos a satisfacer e ós sectores sobre os que se pretende actuar para acadar unha mellor e más racional utilización da enerxía será o territorio da Área Intermunicipal de Vigo, sen prexuízo de poder saír dela cando o obxecto e os fins da fundación o requiran. Artigo 3º.- Domicilio. 1.- A fundación terá o domicilio en Vigo, en local cedido en uso dentro da casa do Concello, sita na Praza do Rei, s/n, podendo ser substituído por outro por acordo do seu padroado. 2.- Os órganos colexiados da fundación poderán celebrar validamente reunións en calquera localidade dentro do seu ámbito territorial. 3.- Poderán establecerse delegacións, subsedes, oficinas ou sucursais en calquera punto, incluso fóra da comunidade autónoma, sempre que a medida responda ó principio de lograr unha maior funcionalidade e ó achegamento da fundación ós cidadáns. TÍTULO II OBXECTO E FINS DA FUNDACIÓN Artigo 4º.- Obxecto. Con carácter xeral o obxecto da fundación é destinar e afectar un patrimonio á realización sen ánimo de lucro de fins xerais de interese galego, no ámbito sectorial ó que a súa denominación e fins se contrae. Concretamente dentro do seu obxecto intégranse: a) A realización de estudios de planificación e programación para establecer un plan de actuación enerxética. b) Incentiva-la difusión do uso racional da enerxía, dos recursos enerxéticos locais e das fontes renovábeis nos sectores da administración pública, producción de bens e servicios (PIMES e industria) e sector doméstico. c) Favorece-la diversificación, información e utilización óptimas das enerxías renovábeis. d) Mellora-la seguridade enerxética. e) Promover e mante-lo aforro enerxético. f) Difundi-la información sobre a enerxía entre os cidadáns. g) Promove-las actividades de certificación e diagnóstico enerxético nos edificios e nas industrias. h) Favorece-la integración dos obxectivos enerxéticos nos sectores medioambientais e nos sectores productivos do seu ámbito. i) Protexe-lo medio ambiente e reduci-lo impacto da polución a base da aplicación das novas tecnoloxías. j) Reforza-la investigación tecnolóxica sobre a enerxía. k) Calquera outra análoga que sirva ó obxecto xeral da fundación. Artigo 5.- Fins. A fundación diríxese á consecución dos seguintes fins: A) Potenciar e desenvolver proxectos que teñan en conta o aproveitamento de fontes de enerxía renovábeis, así como a optimización dos recursos enerxéticos locais. B) Apoia-la elaboración de estudios de viabilidade destinados á implantación de fontes de enerxía alternativas. C) Realización de campañas de sensibilización a favor do aforro e eficiencia enerxética. D) Apoia-la realización de auditorías medioambientais e a investigación de eficiencia enerxética. E) Informar e asesorar ós consumidores sobre as novas fontes enerxéticas. F) Elaborar un balance enerxético. G) Colaborar no seguimento das principais magnitudes enerxéticas do sector. H) Poñer en funcionamento un centro de documentación con fondos bibliográficos, documentais e audiovisuais que faciliten a conexión e a difusión da eficiencia e o aforro enerxético. I) Desenvolver unha función activa na promoción do consumo de bens con etiquetado enerxético en tódolos sectores da sociedade mediante programas de formación e de educación para persoas adultas e actividades didácticas para nenos/as encamiñadas a potencia-la capacidade de participación das persoas no aforro e a eficiencia enerxética, así como no fomento das enerxías renovábeis. J) Impulsa-la elaboración e publicación de fondos bibliográficos e documentais sobre as actividades da fundación tanto no papel como na rede. K) Potencia-la creación dunha "Asociación de Amigos da enerxía" que facilite a comunicación e interrelación da Axencia cos cidadáns e cidadás. L) Fomenta-los mecanismos de comunicación, interrelación e coñecemento entre as diversas iniciativas sobre aforro, eficiencia enerxética e fomento das enerxías renovábeis impulsadas polos organismos adicados a tales fins, establecendo as relacións de cooperación necesarias. M) Calquera outro relacionado co obxecto fundacional e que o padroado acorde. TÍTULO III DOS MEMBROS DA FUNDACIÓN Artigo 6º.- Membros fundadores. Son membros fundadores os que constitúen e crean a fundación e que se relacionan a continuación: Concello de Vigo. Autoridade Portuaria de Vigo. Instituto Enerxético de Galicia (INEGA). Deputación Provincial de Pontevedra. Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo. Universidade de Vigo. Consorcio da zona franca de Vigo. Caixanova. Grupo PSA-Peugeot-Citroën. ISOFOTON. Gas Galicia. Unión Fenosa. Artigo 7º.- Membros benefactores. 1.- Son membros benefactores aqueles que se incorporen á fundación con posterioridade ó outorgamento da carta fundacional e que sexan aceptados polo padroado nas circunstancias establecidas. 2.- A condición de beneficiario adquírese tras acordo motivado adoptado pola maioría absoluta dos membros do padroado, trala solicitude ó efecto da persoa ou entidade interesada dirixida ó presidente do padroado. 3.- A solicitude, no caso de persoas xurídicas deberá ir acompañada da certificación do acordo adoptado polo máximo órgano da entidade no que se exprese a vontade de adhesión e o sometemento a estes estatutos e as normas que os desenvolven, así como as demais disposicións aplicables, co compromiso expreso de asumi-los dereitos e as obrigas que de todos eles se deriven. Artigo 8º.- Membros de honor. Son membros de honor aquelas persoas físicas ou xurídicas que en virtude de acordo adoptado pola maioría absoluta dos membros do padroado e en atención ós seus relevantes méritos ou servicios colaborando na consecución dos fins propios da fundación, así se designen. Artigo 9º.- Dereitos e obrigas. Os membros da fundación terán os seguintes dereitos e obrigas: a) Cumpri-los estatutos, normas que os desenvolven e acordos que, de forma válida, se adopten. b) Asistir con voz e voto ás reunións dos órganos colexiados en que estean representados, conforme a estes estatutos. c) Satisface-las achegas ordinarias e extraordinarias que se establezan en cada caso e para cada clase deles. d) Participar nos órganos complementarios que no seu caso se creen, na forma que se determine. e) Cumprir e facer cumpri-los fins da fundación, servindo ó cargo coa dilixencia dun administrador leal. f) Conserva-los bens e dereitos que integran o patrimonio da fundación e manter plenamente a súa productividade, segundo criterios financeiros e de acordo coas circunstancias económicas. g) Recibir información por medio dos seus representantes, e obtela estes para si no exercicio interno das súas funcións. h) Observa-las normas de disciplina, orde e cortesía nos actos en que interveñan; así como calquera outra establecida pola lexislación, por estes estatutos e normas que os desenvolven e cantas se determinen no regulamento de réxime interior. Artigo 10º.- Separación dos membros benefactores. 1.- Os membros benefactores da fundación poderán separarse libremente dela sen outro requisito que a previa comunicación expresa e escrita ó padroado. 2.- Tamén o padroado poderá decidi-la separación no caso de incumprimento notorio e reiterado das súas obrigas e trala instrucción do oportuno expediente con audiencia do membro afectado, e previo requirimento para que cese na conducta motivo da separación que fose desatendido por aquel. Non será preciso o referido requirimento previo no caso de actos que afecten gravemente ós intereses xerais ou atenten de modo patente contra o obxecto ou os fins da fundación. 3.- Non obstante, o incumprimento de calquera obriga para coa fundación non será determinante da separación se o membro a cumprise voluntariamente antes de producirse o acordo de separación, e xustificase debidamente o motivo do retraso no cumprimento. Unha vez acordada a separación o membro deixará automaticamente de estar representado nos órganos de goberno da fundación nos que participase. TITULO IV ÓRGANOS DE GOBERNO, REPRESENTACIÓN E ADMINISTRACIÓN CAPÍTULO PRIMEIRO DISPOSICIÓN XERAL Artigo 11º.- Órgano de goberno. A fundación será dirixida, gobernada e administrada por un padroado, sen máis limitacións que as establecidas pola lexislación vixente. CAPÍTULO SEGUNDO DO PADROADO Artigo 12º.- Funcións do padroado. 1.- O padroado é titular exclusivo de tódalas facultades que en dereito sexan precisas para o eficaz desenvolvemento do obxecto e fins fundacionais. Correspóndenlle, con carácter enunciativo, as recollidas no punto 3 deste artigo e a interpretación destes estatutos; todo esto sen menoscabo de que o protectorado exerza as facultades que a lexislación vixente lle atribúe sobre as fundacións privadas. 2.- No exercicio das súas funcións o padroado poderá levar a efecto toda clase de actos e negocios xurídicos sen máis requisitos e formalidades que os establecidos na lexislación vixente. 3.- Ó padroado correspóndenlle as seguintes funcións: 1. A iniciativa para a modificación dos estatutos e a súa tramitación perante o protectorado. 2. Aprobación dos orzamentos e aceptación de subvencións. 3. Aprobación dos regulamentos de réxime interior e de servicios. 4. Determinación do réxime de xestión dos servicios. 5. Aprobación do cadro de persoal e as súas modificacións. 6. Nomeamento e cese, tralo correspondente expediente, do director xerente e do demais persoal directivo no seu caso. 7. Aprobación de tarifas. 8. Aprobación de operacións de crédito, acudindo ó crédito oficial, ó público ou a préstamos de entidades bancarias ou de aforros e concertar operacións de tesourería. 9. Adquisición, administración e disposición respecto ós bens mobles e inmobles. 10. Nomeamento dos censores de contas e aprobación destas. 11. Aprobación da organización de calquera evento que celebre a fundación. 12. Aproba-las concesións así como as súas condicións económicas e técnicas. 13. Entender e resolver cantas cuestións lle sexan sometidas polo director xerente e así mesmo a suspensión das súas decisións cando vaian en contra da legalidade, dos presentes estatutos, dos acordos do propio padroado, dos intereses xerais ou do obxecto ou fins da fundación. 14. Admisión de novos membros, nas súas distintas modalidades e o seu cese cando proceda. 15. O exercicio de accións en nome da fundación perante calquera órgano xudicial, arbitral ou administrativo, en tódalas súas instancias, xurisdiccións e graos, e outorgar poderes ó efecto. 16. A iniciativa para a transformación da fundación e a súa disolución e liquidación, así como a súa tramitación perante o protectorado. 17. Calquera outra que considere necesario exercer para a consecución do obxecto e fins fundacionais. 4.- A fundación poderá delega-las súas facultades, coa excepción das que segundo a normativa vixente sexan indelegables, no presidente. Así mesmo, poderá nomear apoderados xerais ou especiais con responsabilidades mancomunadas se son máis de un, e salvo que no nomeamento se faga consta-la solidariedade. Artigo 13º.- Os membros do padroado. 1.- O padroado estará integrado por un total de 20 membros, amais dos de honra que non poderán exceder de 3, que contarán con voz e voto que se adscribirán ós seguintes cargos: Presidente: O Alcalde-Presidente do Concello de Vigo. Vicepresidente: Elixido polo padroado por maioría absoluta de entre os vocais. Vocais: Un representará ós membros benefactores elixido por e de entre eles e, os restantes, ás entidades fundadoras, coa seguinte asignación: · Concello de Vigo: 1 · Instituto Enerxético de Galicia (INEGA): 2 · Deputación Provincial: 2 · Consorcio Zona Franca: 2 · Caixanova: 2 · Grupo PSA Peugeot-Citröen: 2 · Gas Galicia: 2 · Autoridade Portuaria de Vigo: 1 · Mancomunidade da área intermunicipal de Vigo: 1 · ISOFOTON: 1 · Unión Fenosa: 1 · Universidade de Vigo: 1 2.- O período de mandato dos membros do padroado será de 4 anos; podendo ser reelixidos indefinidamente por períodos de tempo de igual duración. 3.- O presidente, o vicepresidente e os vocais cesarán automaticamente nos seus cargos cando cesen nas entidades ás que representan. Tamén cesarán a petición propia. En ambos casos a designación de quen os substitúa operará por un período de tempo igual ó que resta do mandato. 4.- Cando os ceses non sexan cubertos e as vacantes supoñan a maioría absoluta dos membros como mínimo, o padroado continuará en funcións ata a data da súa renovación, adoptando só as decisións de xestión ordinaria precisas e diferindo as demais ata que se produza a renovación ou se complete a maioría absoluta. Tamén deberá adoptar aquelas outras decisións que de non facelo poidan afectar gravemente ós intereses xerais ou ó obxecto e fins da fundación. Artigo 14º.- Réxime de sesións. O padroado reunirase ordinariamente unha vez ó trimestre, e extraordinariamente cando o acorde o seu presidente ou unha terceira parte dos seus membros. Artigo 15º.- Convocatoria das reunións. 1.- As reunións do padroado serán convocadas polo seu presidente. 2.- As convocatorias efectuaranse con catro días de antelación como mínimo á data da reunión, mediante citación dirixida a cada un dos seus compoñentes na que constará a orde do día, lugar, data, e hora de celebración. No caso de urxencia xustificada a xuízo do presidente, este poderá convoca-lo padroado con 48 horas de antelación, por calquera medio que acredite a recepción da citación por parte dos seus membros. Artigo 16º.- Constitución e acordos. Para a validez das reunións do padroado deberán estar presentes cando menos a maioría dos seus membros, coa presencia do presidente e o secretario ou persoas que os substitúan legalmente, salvo no caso previsto no apartado 4 do artigo 13. Os acordos adoptaranse por maioría simple, salvo que a lei ou os presentes estatutos esixan maioría cualificada. CAPÍTULO TERCEIRO DOS DEMAIS CARGOS DA FUNDACIÓN Artigo 17º.- O presidente. 1.- O presidente do padroado e da fundación será o Alcalde-Presidente do Concello de Vigo. 2.- A duración do seu mandato será a mesma e coincidirá coa dos restantes membros do padroado. Artigo 18º.- Funcións do presidente. Ó presidente do padroado, órgano executivo e impulsor do seu funcionamento, correspóndenlle as seguintes funcións: a) Dirixi-lo goberno e administración da fundación. b) Representar legalmente á fundación e o seu padroado, e exercita-las accións xudiciais e administrativas, podendo conferir poderes para tal fin, sempre tralo acordo do padroado, salvo no caso de urxencia en que poderá facelo directamente, dándolle conta ó padroado na primeira sesión que celebre. c) Convocar e presidi-las reunións do padroado e dirimi-los empates con voto de calidade. d) Dirixir, inspeccionar e impulsa-los servicios e actividades da fundación e asegura-lo seu normal funcionamento. e) Dispoñer gastos conforme ós orzamentos, ordea-los pagamen

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición