ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.156
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Acta de sesión 2004/07/28_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.365/1.2004-07-28_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/07/28_Ordinaria

  • Data(s) 2004-07-28 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 28 de xullo de 2004 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e quince minutos do día vinteoito de xullo do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, D. Xosé Antón Araujo Quintas, Dona Nidia María Arévalo Gómez, D. Ramón Campos Durán, Dona Francisca Canal Gómez, D. José Costa Díaz, D. José Crespo Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Efrén Juanes Rodríguez, D. José Antonio Landín Eirín, D. José Antonio Lorenzo Rodríguez, Dona Clara Millán González, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. Manuel Núñez Sestelo, D. Xosé Carlos Pazos Docampo, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. Juan Manuel Rey Rey, D. Alfredo Rodríguez Millares, D. Rodrigo Santiago Novas, Dona Belén Sío Lourido, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Xabier Toba Girón e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Deputación en Pleno, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario Xeral, D. Rogelio Nicieza de la Cerra, e actúa como Interventor D. Julio Souto Diz, Técnico de Intervención, por ausencia do titular e do Sr. Viceinterventor. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Damos comezo á sesión ordinaria do Pleno do día de hoxe. 1.5097.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Primeiro punto da orde do día. Aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 30 de xuño do ano 2004. Apróbase por unanimidade. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria do día 30 de xuño do ano 2004. ------ Folla: 2.5098.- MODIFICACIÓN DA CONTÍA DA BASE PRIMEIRA DAS DE AXUDAS A ASOCIACIÓNS DE MULLERES Sr. Presidente.- Segundo punto. Modificación da contía da base primeira das de axudas a Asociacións de Mulleres. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos. Unanimidade. De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a modificación da contía de 158.000,00 euros fixada na base primeira da convocatoria de "Axudas a Asociacións de Mulleres- 2004", aprobada polo Pleno o 27-02-04, incrementándoa en 52.708,00 euros da mesma partida 04/313.313.480.02. ------ Folla: 3.5099.- PROXECTO EQUAL II. CONVOCATORIA DEL@MAR, PROXECTOS "CONTA CON ELAS", "MARCOE", "CONVIVE +" E "MERCURIO" Sr. Presidente.- Punto número tres da orde do día. Proxecto EQUAL II. Convocatoria DEL@MAR, Proxectos "CONTA CON ELAS", "MARCOE", "CONVIVE +" e "MERCURIO". Creo que xa teñen coñecemento a través das Comisións Informativas destes proxectos. Seguimos na liña de obter subvencións para eles e os vamos a levar adiante. Polo tanto vamos a proceder á aprobación do apoio para estes proxectos. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Dada conta da remisión pola Asociación Española de Cidades da Pesca AECIPE, da cal esta Excma. Deputación é socio, do "Proxecto EQUAL II Convocatoria DEL@MAR", e de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños de 23 de xuño de 2004, e visto o informe favorable do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario na participación no mencionado Proxecto, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a participación desta Excma. Deputación no "Proxecto EQUAL II Convocatoria DEL@MAR". Dada conta da remisión pola Deputación do Proxecto "CONTA CON ELAS" ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, co obxectivo de facilitar a inserción laboral e a promoción profesional das mulleres en sectores de actividade e ocupacións masculinizadas. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego do 23 de xuño de 2004, e visto o informe da Técnica Local do Servizo de Promoción de Emprego sobre a participación no mencionado proxecto, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a presentación do Proxecto "CONTA CON ELAS", dentro da Iniciativa Comunitaria EQUAL, cun presuposto de 3.617.999,78 euros, sendo a participación económica da Deputación Provincial de 90.450,00 euros. Dada conta da remisión pola Deputación ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do Proxecto "MARCOE", co obxectivo de facilitar o acceso e a reincorporación ó mercado de traballo das persoas do rural que sofren dificultades para integrarse ou reintegrarse nun mercado de traballo que debe estar aberto a todos. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego do 23 de xuño de 2004, e visto o informe da Técnica Local do Servizo de Promoción de Emprego sobre a participación no mencionado proxecto, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a presentación do Proxecto "MARCOE", dentro da Iniciativa Comunitaria EQUAL, cun presuposto de 1.600.000,00 euros, sendo a participación económica da Deputación Provincial de 80.000,00 euros. Dada conta da remisión pola Deputación de Pontevedra ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do Proxecto "CONVIVE +", co obxectivo de incidir na mellora da inserción laboral e social do colectivo migrante (emigrantes retornadas/os e inmigrantes) a través do fomento do seu emprendimento empresarial no contexto da economía social, identificando e explorando novas oportunidades de negocio e dinamización do tecido socioeconómico da comunidade galega a partir das peculiaridades e especificidades do colectivo. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego do 23 de xuño de 2004, e visto o informe da Técnica Local do Servizo de Promoción de Emprego sobre a participación no mencionado proxecto, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a presentación do Proxecto "CONVIVE +", dentro da Iniciativa Comunitaria EQUAL, cun presuposto de 2.050.666,00 euros, sendo a participación económica da Deputación Provincial de 37.738,00 euros. Dada conta da remisión pola Deputación de Pontevedra ó Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais do Proxecto "MERCURIO", co obxectivo de apoiar a adaptabilidade do comercio e os/as traballadores/as ós cambios económicos estructurais e ó uso das tecnoloxías da información e outras novas tecnoloxías. De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Promoción Económica e Emprego do 23 de xuño de 2004, e visto o informe da Técnica Local do Servizo de Promoción de Emprego sobre a participación no mencionado proxecto, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a presentación do Proxecto "MERCURIO", dentro da Iniciativa Comunitaria EQUAL, cun presuposto de 2.538.000,00 euros, sendo a participación económica da Deputación Provincial de 410.521,50 euros. ------ Folla: 4.5100.- PROXECTO INTERREG III B "ESPACIO ATLÁNTICO. DESENVOLVEMENTO DO SECTOR NÁUTICO" Sr. Presidente.- Punto número catro da orde do día. Proxecto INTERREG III B "Espacio Atlántico. Desenvolvemento do Sector Náutico". Tamén igual que no caso anterior, polo tanto procedemos á súa votación. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Dada conta da remisión pola Estructura Náutica do Consello Rexional de Bretaña do "Proxecto Interreg III B "ESPACIO ATLÁNTICO" desenvolvemento do Sector Náutico", e de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Pesca e Cultivos Mariños do 23 de xuño de 2004, e visto o informe favorable do Enxeñeiro Director do Servizo Agrario na participación no mencionado Proxecto, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a participación desta Deputación Provincial no "Proxecto Interreg III B "ESPACIO ATLÁNTICO" desenvolvemento do Sector Náutico". ------ Folla: 5.5101.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE OIA A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR RECOLLIDA DE LIXO Sr. Presidente.- Punto número cinco da orde do día. Delegación de competencias do Concello de Oia a favor do ORAL para a xestión e recadación da taxa por recollida de lixo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 21 de xullo de 2004, sobre aceptación da delegación do Concello de Oia para a recadación da taxa polo servizo de recollida de lixo, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL da recadación voluntaria e executiva da taxa polo servizo de recollida de lixo a partir do exercicio 2004, inclusive, e a recadación executiva do pendente dos exercicios 2001, 2002 e 2003 que realizou o Concello de Oia por acordo do Pleno de data 30 de abril de 2004, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 6.5102.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE PORRIÑO A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DE DIVERSOS IMPOSTOS, TAXAS E MULTAS DE TRÁFICO Sr. Presidente.- Punto número seis da orde do día. Delegación de competencias do Concello de Porriño a favor do ORAL para a xestión, liquidación, inspección e recadación de diversos impostos, taxas e multas de tráfico. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Tódolos grupos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recurso Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 21 de xullo de 2004, sobre aceptación da delegación do Concello de Porriño para a xestión, liquidación, inspección e recadación de diversos impostos, taxas e multas de tráfico, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL da xestión, liquidación, inspección e recadación, en período voluntario e executivo, de diversos recursos municipais que realizou o Concello de Porriño por acordo do Pleno de data 24 de xuño de 2004, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004. A delegación das facultades de xestión, liquidación, inspección e recadación en período voluntario e executivo concrétanse nos seguintes recursos municipais: A) Impostos (IBI, IAE, IVTM, ICIO, IIVTNU). B) Taxas (recollida de lixo; subministración de auga, sumidoiros e saneamento; licencias para construccións, obras e instalacións, licencias de actividades e apertura de establecementos; matadoiros, lonxas e mercados; apertura de gabias, calicatas e calas; ocupación de terreos; entradas de vehículos; tendidos, tuberías e galerías, instalación de quioscos, postos e barracas; e demais reguladas nas Ordenanzas do Concello que non sexan xestionadas polo mesmo directamente). C) Multas de tráfico (previa aprobación dos correspondentes expedientes sancionadores polo Alcalde-Presidente da Corporación ou persoa en quen delegue). O contrato estenderase por un prazo de dez anos, podendo ser denunciado por calquera das partes no caso de incumprimento das bases contractuais. Así mesmo, acéptase a solicitude de instalación dunha oficina do ORAL no casco urbano de Porriño. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine". ------ Folla: 7.5103.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO "CONSORCIO PARA O SERVIZO CONTRA INCENDIOS E SALVAMENTO DA COMARCA DO SALNÉS", A FAVOR DO ORAL PARA A XESTIÓN, LIQUIDACIÓN, INSPECCIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS DO CONSORCIO E OUTROS INGRESOS DO MESMO Sr. Presidente.- Punto número sete da orde do día. Delegación de competencias do "Consorcio para o Servizo contra incendios e salvamento da Comarca do Salnés", a favor do ORAL para a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por prestación do servizo de extinción de incendios do Consorcio e outros ingresos do mesmo. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos políticos. Visto o acordo do Consello de Administración do ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra), de data 21 de xullo de 2004, sobre aceptación da delegación do "Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés" para a xestión, liquidación, recadación e inspección das taxas por prestación do servizo de extinción de incendios do Consorcio, así como de calquera outro ingreso do que se realice liquidación, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, a delegación na Deputación Provincial de Pontevedra-ORAL da xestión, liquidación, recadación e inspección das taxas por prestación do servizo de extinción de incendios, así como de calquera outro ingreso do que se realice liquidación que realizou o "Consorcio para o Servizo contra Incendios e Salvamento da Comarca do Salnés", por acordo do Pleno do Consorcio de data 3 de xuño de 2004, seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e 7 do citado Real Decreto Lexislativo 2/2004. A citada delegación publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o meritado artigo 7.2 "in fine" ------ Folla: 8.5104.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS NÚMERO 3/2004 DO VIXENTE ORZAMENTO PROVINCIAL Sr. Presidente.- Punto número oito da orde do día. Expediente de modificación de créditos número 3/2004 do vixente Presuposto Provincial. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Con respecto a esta modificación de créditos, que é a número 3 deste ano, por desgracia temos que reiterar o noso posicionamento e as queixas de sempre. Non vamos a entrar nin tan sequera no contido; habería cousas nas que entrar, non é unha contía moi elevada, pero recordar o de sempre, é dicir, que esto é consecuencia duns presupostos e dunha xestión que nós non avalamos e polo tanto vamos a votar en contra. A maiores reiterar que unha modificación de créditos é para créditos extraordinarios, urxentes e xustificados por non sei cantos motivos, que o lóxico, o natural e o educado e o correcto cara os membros desta Corporación é que viñeran especificados todos e cada un deses gastos. Quitando un caso, en ningún, practicamente en ningún vén, senón que vén con partidas xenéricas e non acabamos de entender moi ben por que seguen nesa liña de enchernos moito o papel pero nunca dar a información completa cando todos sabemos que consta nos ordenadores e noutros expedientes que nos sisan. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, buenos días. Entre las aportaciones a Ayuntamientos y cuestiones de infraestructura deportiva se va practicamente el 75% de este expediente. En todo caso nosotros hay cosas en las que venimos planteando lo que decimos desde hace varios años, y es que si hay unos planes lo lógico es que las aportaciones vayan por la vía de esos planes, y en todo caso vamos a abstenernos. Hay cuestiones en las que estamos de acuerdo, otras no, la cuantía no es muy importante, nos vamos a abstener en este punto y en el siguiente, aunque en el siguiente estamos de acuerdo en el fondo, pero por no haber aprobado el presupuesto vamos a seguir manteniendo la abstención en los dos. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto procedemos á votación do punto número 8. ¿Votos en contra?. O BNG. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista. ¿A favor?. Partido Popular. Visto o expediente de modificación de créditos número 3/2004, dentro do vixente presuposto provincial, por un importe total de 1.725.457,22 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase, os suplementos de crédito por importe de 1.475.457,22 euros e os créditos extraordinarios por importe de 250.000,00 euros, con cargo ó remanente de Tesourería dispoñible. O Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista e o voto en contra do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos nº 3/2004, que resumido por capítulos presenta a seguinte estructura: Capítulo 1º Gastos de persoal 580,36 euros Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos 149.317,40 euros Capítulo 4º Transferencias correntes 519.322,22 euros Capítulo 6º Investimentos reais 706.237,24 euros Capítulo 7º Transferencias de capital 350.000,00 euros Total expediente 1.725.457,22 euros Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 9.5105.- EXPEDIENTE DE SUPLEMENTO DE CRÉDITO NÚMERO 1/2004 DO CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL "FOGAR PROVINCIAL" Sr. Presidente.- Punto número nove da orde do día. Expediente de suplemento de crédito número 1/2004 do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial". ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. O Grupo Socialista e o BNG. ¿A favor?. O Grupo Popular. Visto o expediente de suplemento de crédito nº 1/2004 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial" por un importe total de 25.500,00 Euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do presuposto corrente financiarase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio 2003, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos do Grupo Popular e coa abstención do Grupo Socialista e do BNG, aprobar o expediente de suplemento de crédito nº 1/2004 do Padroado do Centro de Formación Profesional "Fogar Provincial", aplicándolles os gastos a financiar á partida e polo importe que a continuación se detalla: -04/843.422.481.01 Becas e bolsas de traballo 25.500,00 euros TOTAL 25.500,00 euros O financiamento do expediente realízase con cargo ó remanente de Tesourería procedente da liquidación do presuposto do Padroado correspondente ó exercicio de 2003, conlevando dito financiamento o incremento das previsións de ingreso no subconcepto. -04/843.870.01 Aplicación ó financiamento de suplementos de crédito 25.500,00 euros Dito expediente exporase ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. ------ Folla: 10.5106.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE CONSTRUCCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL Sr. Presidente.- Punto número dez da orde do día. Aprobación do Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución da obra de construcción dun campo de fútbol de herba artificial. Esto é dentro do equipamento de grandes infraestructuras deportivas, onde a Deputación Provincial de Pontevedra vai a colaborar co 70% e o Concello de Vilagarcía colabora co 30% para unha inversión total de 592.844,31 euros, aportando a Deputación 404.959,11 euros. O que aprobamos é a colaboración económica e a autorización ó Presidente para a sinatura do Convenio de colaboración. O Concello aporta 187.885,20 euros.¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Todos os grupos políticos. Dáse conta que o Concello de Vilagarcía de Arousa, con data 25 de marzo do ano en curso, remite anteproxecto para a construcción dun campo de fútbol de herba artificial, poñendo de manifesto que o Programa Operativo Local ten reservada para financiar esta obra a cantidade de 187.885,20 euros. Posteriormente, mediante escrito de data 16 do pasado mes de xuño solicita desta Deputación a sinatura dun Convenio a fin de poder levar a cabo as obras de construcción desta instalación deportiva nunha soa fase, para o cal renuncia á delegación de facultades en canto á contratación de obras incluídas no Plan Operativo Local, solicitando expresamente que as mesmas sexan contratadas pola Deputación Provincial. O proxecto ascende á cantidade de 592.844,31 euros, aportando a Deputación 404.959,11 euros da seguinte forma: Anualidade 2004 100.000,00 euros Anualidade 2005 200.000,00 euros Anualidade 2006 104.959,11 euros A Deputación asumirá a contratación e execución das referidas obras. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o Convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa para a execución do proxecto dun campo de fútbol de herba artificial no complexo deportivo de Fontecarmoa. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O ILMO. CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A EXECUCIÓN DA OBRA DE CONSTRUCCIÓN DUN CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL En Pontevedra, a ... de xullo de 2004 REUNIDOS O Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, en nome e representación da mesma. O Sr. D. Joaquín Gago López, Alcalde-Presidente do Ilmo. Concello de Vilagarcía de Arousa, en nome e representación do mesmo. Interveñen en razón dos seus cargos representando ás súas respectivas Entidades Locais, de conformidade coas competencias atribuídas pola Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. EXPOÑEN Primeiro.- É competencia propia das Deputacións a asistencia e cooperación económica e técnica ós municipios, na que se inclúe, entre outras, a colaboración para mellorar as infraestructuras deportivas da provincia. Segundo.- Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común (arts. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 3, c) do RDL 2/2000, de 16 de xuño, Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas). En base ás consideracións expostas e ó obxecto de instrumentar a súa colaboración, as partes intervenientes formalizan o presente convenio no que, ACORDAN 1.- É obxecto do presente convenio acometer as obras de "Construcción dun Campo de Fútbol de herba artificial", no Complexo Deportivo de Fontecarmoa, no Concello de Vilagarcía de Arousa, cun presuposto que ascende á cantidade de cincocentos noventa e dous mil oitocentos corenta e catro euros con trinta e un céntimos (592.844,31 euros). 2.- O Concello de Vilagarcía de Arousa comprométese a por a disposición da Excma. Deputación de Pontevedra os terreos necesarios para o normal desenvolvemento das obras e a obter tódolos permisos e autorizacións que sexan necesarios, e a efectuar unha aportación de cento oitenta e sete mil oitocentos oitenta e cinco euros con vinte céntimos (187.885,20 euros), que están incluídos no Programa Operativo Local, do ano 2004. 3.- A aportación da Deputación de Pontevedra será de catrocentos catro mil novecentos cincuenta e nove euros con once céntimos (404.959,11 euros), que serán financiados da seguinte forma: Presuposto 2004 100.000,00 euros Presuposto 2005 200.000,00 euros Presuposto 2006 104.959,11 euros 4.- Esta aportación da Deputación financiarase con cargo á partida 04/123.452-622 do vixente Presuposto Provincial. 5.- A Deputación Provincial de Pontevedra asumirá a contratación e execución das referidas obras, correndo a súa dirección a cargo dun técnico designado ó efecto. 6.- Calquera reformado, modificado ou adicional que implique aumento sobre o presuposto inicial das obras será asumido por cada entidade en parte proporcional á súa aportación. 7.- O presente convenio terá vixencia a tódolos efectos legais dende a data da súa sinatura ata o remate das obras. E en proba de conformidade, as partes intervenientes asinan o presente convenio por triplicado exemplar no lugar e data ut supra. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal Polo Concello de Vilagarcía de Arousa, D. Joaquín Javier Gago López ------ Folla: 11.5107.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SOBRE O VIAL "PORRÁNS-CUNTIS" Sr. Presidente.- Moción do Grupo Provincial Socialista da Deputación de Pontevedra sobre o vial "Porráns-Cuntis". Sr. Rey Rey. Sr. Rey Rey.- Xa se había acordado previamente co Sr. Crespo os termos da colaboración, e aínda que parece que non pode fixarse a data do 2005, el persoalmente se compromete a que ó longo do 2005 se execute a obra. Polo demais nós estamos de acordo nos termos que se acadan. Esperemos que se dea cumprimento nese prazo e nada máis. Sr. Presidente.- Moi ben. Firmamos o protocolo xa, como saben. Firmaremos en próximas fechas o convenio de colaboración, onde entran dúas estradas máis á parte desta. Había unha actuación que era necesaria no tramo Moraña-Cuntis. Levei alí ó Delegado Provincial da Consellería e de maneira inmediata procedeu a colocarlle unha capa de rodadura nun tramo pertencente xa ó Concello de Cuntis, porque podemos dicir que o tramo Moraña-Cuntis ten un estado aceptable e o tramo Porráns-Moraña é o que está en estado lamentable neste momento. No tramo Moraña-Cuntis había 400 m. exactamente que tiñan o primeiro pavimento que tivo a estrada. Alí se lle colocou unha nova capa de aglomerado, e neste momento o tramo Moraña ata Cuntis está cun firme practicamente novo na súa totalidade, e agora se vai a proceder de inmediato á contratación do tramo Porráns-Moraña, e inmediatamente se procederá á contratación do tramo Moraña-Cuntis, sobre todo no que se refire á ponte Taboada ,que é o tramo máis perigoso que ten esa estrada, que foi provincial e que agora é titularidade da Xunta de Galicia. E dita esta aclaración procedemos á aprobación desta moción nos termos que foron acordados na Comisión Informativa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o Vial "Porráns-Cuntis", co seguinte texto na súa parte dispositiva: "Instar á Xunta de Galicia para que no prazo máis breve posible se leven a cabo as obras do segundo tramo Moraña-Cuntis". ------ Folla: 12.5108.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA SOBRE A PROMOCIÓN DO USO DA BICICLETA Sr. Presidente.- Moción do Grupo Provincial Socialista da Deputación de Pontevedra sobre a promoción do uso da bicicleta. Sra. Sío Lourido. Sra. Sío Lourido.- Esta moción fué acordada con el Portavoz de su grupo, el Sr. Crespo, y teniendo en cuenta que se hace lo posible para dar un paso más en el tema de la bicicleta, no sólo la celebración de fiestas, como viene haciendo año tras año esta Diputación, se acordaron los siguientes puntos: Que la Diputación en todos los viales de su titularidad y en la medida de sus posibilidades, señalice la presencia de los ciclistas en aquellas carreteras cuando circulen de forma habitual. Que también tenga en cuenta la construcción de carriles bici en los viales de nueva creación por parte de la Diputación incorporando un carril bici en ambos sentidos o en su caso un sólo carril. Que también en aquellos proyectos que sean de arreglo y de adecentamiento de viales se considere la dotación de un carril bici que, además de organizar fiestas de la bicicleta, como decíamos anteriormente, sensibilice y apoye a los Ayuntamientos para promocionar el uso de la bicicleta desde el gobierno y desde las corporaciones municipales siguiendo el ejemplo de otras Diputaciones y otros Ayuntamientos que si lo están haciendo en el País Vasco, en Andalucía y en Cataluña, haciendo primero lo que se llama pactos políticos para el uso de la bicicleta y posteriormente realizando planes directores para el uso de la bicicleta. Y esto es toda la moción. Sr. Presidente.- Pois moi ben. En principio como estaba tamén consensuada creo que con todos os grupos, procedemos polo tanto á súa votación e a ter en conta precisamente estas cuestións para proxectos futuros. Xa non é o primeiro caso; a Deputación de Pontevedra acaba de construír concretamente unha estrada con carril bici que é a de Barrantes-Armenteira, con moito éxito. Neste caso os terreos foron conseguidos polo Alcalde de Meis e non custaron á Deputación de Pontevedra. Se puido construír unha fenomenal carretera, cunhas dimensións adecuadas e incluso incorporando este carril para uso da bicicleta. Polo tanto procedemos á votación desta moción nos termos acordados na Comisión Informativa. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a "Promoción do uso da bicicleta" cuxo texto, coa súa nova redacción consensuada co equipo de goberno, queda da seguinte maneira: "1.- Que a Deputación nos viais da súa titularidade e na medida das súas posibilidades sinalice a presencia de ciclistas na estrada cando circulen de forma habitual para que os outros medios de transporte manteñan as precaucións debidas. 2.- Que naqueles proxectos de construcción de viais de nova creación nos que teña competencia a Excma. Deputación de Pontevedra estudie a posibilidade de que leven incorporado un carril bici en ambos sentidos da circulación ou no seu caso un só carril máis ancho e bidireccional. 3.- Que naqueles proxectos de arranxo e adecentamento de viais tamén se considere a dotación dun carril bici. 4.- Que a Excma. Deputación de Pontevedra, sensibilice e apoie ós Concellos, non só para a realización das festas da bicicleta, senón da necesidade de promocionar o uso da bicicleta dende os gobernos e as corporacións municipais." Nestes intres incorpórase á reunión o Sr. Deputado D. Xosé Crespo Iglesias. ------ Folla: 13.5109.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL SOCIALISTA SOBRE A CONSTITUCIÓN EUROPEA Sr. Presidente.- Punto número trece. Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a Constitución Europea. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- El Grupo Socialista renunció en Comisión a la parte de exposición de la moción en función de que hubiese acuerdo con otros grupos. Por lo tanto lo que se va a aprobar hoy dice lo siguiente: Que el Pleno de la Corporación se pronuncie de forma favorable apoyando la aprobación de la Constitución Europea y participando, como institución, fomentando la información y el debate sobre la misma en todos los Ayuntamientos de esta provincia. Teniendo en cuenta, si vamos un poco para atrás, que desde el año 51 en que se firma el mercado del acero y del carbón, pasando por el Tratado de Roma en el año 57 y combinando todas estas acciones económicas hace dos años con la implantación del euro, que hoy es moneda en doce países de los quince antes de la ampliación, y que lo previsible es que en poco tiempo esté funcionando como moneda única en los veinticinco países, es cierto que faltaba ponerle el vestido político, por así decir, a ese espacio común que es Europa, y ese vestido político es la Constitución. Como todas las Constituciones, a cada partido y cada grupo político no le llena en su totalidad, pero es el espacio común al que llegamos las fuerzas mayoritarias y nosotros, precisamente por esa cuestión, entendemos que debe ser apoyado y defendido por todas las Instituciones de cara al referendum que se celebrará en febrero. Nada más. Sr. Presidente.- Muy bien. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Esta Moción, que evidentemente corresponde a unha campaña política que se está presentando en tódolos Concellos e institucións locais, e neste caso a Deputación, nós cremos que está fóra de lugar ou terxiversada en canto ós seus fins por toda unha serie de motivos. Se vamos á exposición de motivos, e incluso sen ter en conta a parte que na acta se suprimiu, aparece que España é, por exemplo, un dos países máis beneficiados pola súa participación no proceso de Constitución Europea. Non vamos a discutir se foi o Estado Español máis beneficiado ou non; poderíamos ata entender que si, pero Galicia non dende logo, Galicia non, aí temos o agro, a construcción naval, a pesca, etc., etc. E en todo caso haberá que repartir as culpas entre o goberno do Estado e a Unión Europea polo tipo de integración que se fixo e as medidas que se adoptaron con respecto ó tecido productivo galego. Despois, o que é máis sorprendente é que se poña a Constitución Europea elaborada pola convención de maneira transparente. Se foi tan transparente non entendemos esa preocupación pola desinformación da cidadanía, nin entendemos por que o Parlamento Europeo non tivo nada que dicir. Un pouquiño despois aparecemos con que esta Unión va a responder ó gran reto do século XXI coma unha globalización xusta, que eso árdelle o eixo. Ou sexa, cando todos sabemos que globalización é o nome que se utilizou no século XIX como o imperialismo, o neoimperialismo, o neocolonialismo e hoxe se chama globalización. E eses termos creo que son antagónicos en si, un pode defender a globalización como pode defender o colonialismo ou o neocolonialismo, que é absolutamente lexítimo, independentemente que outros esteamos frontalmente en contra dese tipo de relacións entre países; pero chamarlle globalización eso si que xa é bastante forte, máxime cando todos sabemos que esta Constitución europea, incluso é recoñecido universalmente, non ten en conta absolutamente para nada o aspecto social, o que se dou en chamar Europa social. E xa o último, é que nos parece que o marco é bastante desafortunado; por esta liña resulta que iremos a un referendum en que todas a Institucións Locais, non sei as autonómicas e o Estado, van a tomar partido abertamente por unha opción, por unha maneira que non se fixo noutros referendums que se celebraron aquí. Podemos acordarnos do da OTAN por exemplo, co cal non sei que van a facer ou que campaña ou que oco queda para esa famosa sociedade ou as forzas que a vertebran, sexan forzas políticas ou doutro tipo. Se pretende ir a un referendum absolutamente amañado no sentido de que todo o aparato do Estado teña xa tomado postura, feita campaña dunha maneira clara e aberta a favor dunha opción. Eso me recorda que hai anos os referendums eran de determinada forma; non parece procedente a estas alturas que se chegue a estes extremos de utilización de todo o aparato do Estado e todas as institucións en favor dunha determinada opción. Estanos pedindo que esta Deputación como entidade faga campaña aberta a favor do si, o cal a estas alturas parece unha mezcla de institucións e de posicionamentos políticos absolutamente fóra de lugar e que non corresponde en absoluto ó que debería ser esa participación libre, transparente e democrática da cidadanía nun proceso de referendum. Só faltou aquí poñer un argumentario para dicir que a Deputación vai estar a favor de tal con tales argumentos. Podían mezclar os argumentos de cada partido, dos que vaian a estar a favor da ratificación e que esto faga campaña. Parece absolutamente fóra de lugar, xa non polo contido senón porque non creo que sexa este o foro para poñerse a debatir da Constitución Europea. Non creo que sexa o foro porque para eso haberá unha campaña de referendum e que cada quen explique como interpreta o proceso e mailo resultado final. Creo que non é en absoluto correcto que unha institución se vaia a posicionar claramente a favor dun determinado posicionamento sobre un referendum. Se non fora a haber referendum tampouco o entenderíamos, pero cando vai haber unha consulta popular que unha Institución se posicione abertamente e faga campaña sobre un determinado signo do resultado que se pretende nese referendum non parece absolutamente de recibo. Por esta vía non sei exactamente a onde vamos á hora de manipular a opinión pública ou a utilizar as institucións para inducir un determinado sentido de voto dunha consulta que se entende libre e que as organizacións políticas farán a súa campaña na dirección que estimen oportuna, que creo que é a función que lle corresponden, e non ás Institucións. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Si, bos días Sr. Presidente, señoras e señores Deputados. Efectivamente esta Moción que vén hoxe a Pleno foi consensuada na Xunta de Portavoces co Grupo Provincial Socialista. E efectivamente nós, froito dese acordo, imos apoialo. Imos apoialo tamén en coherencia co que expresou o propio Partido Popular logo da Conferencia intergubernarmental e cando se acadou este acordo, nunha conferencia na que participou o actual Presidente. Evidentemente, este proceso de integración europea, que arranca do Tratado de Roma, e que vai queimando unha serie de etapas e agora entramos nesta nova fase, é un proceso que permite avanzar nese obxectivo que comentábamos e tamén dende o punto de vista da absoluta involucración de todos os gobernos, como por outra parte non podía ser doutro xeito, con diferencias de matices que poida haber sobre cuestións concretas, aínda que o fondo é o que estamos falando, esa aposta pola Constitución Europea que é o primeiro texto fundamental da Unión. Dende estes bancos, sorprende sempre un pouco as intervencións que fan os responsables do BNG sempre que se fala de Europa, sempre que se fala do proceso de integración europea, sempre que se fala de seguir avanzando nun proceso que por outra parte é irreversible, e que penso que ten máis vantaxes que inconvenientes. Sen embargo, cando chegan este tipo de debates aparecen unha serie de resabios, unha serie de resquemores, que eu levo escoitando dende hai moitísimos anos, se lle aplique ó tema que se lle aplique. Eu agardo, expreso a miña esperanza de que algún día o Bloque Nacionalista Galego poida superar toda esa traxectoria e sen ambaxes, dunha maneira clara, subirse ó carro deste proceso que eu estou convencido que unha amplísima maioría de cidadáns entenden, están convencidos que é beneficioso para os cidadáns europeos, para ese ente que agrupa xa neste intre, dende a última ampliación do pasado 1 de maio, a 480.000.000 de habitantes na Unión Europea. Máis nada Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Polas referencias, creo que podíamos falar do fondo; non pensábamos, pero evidentemente vistas as intervencións do Portavoz do PP temos que falar, aínda que sexa moi brevemente. Miren vostedes, nós nos sumaremos ó carro cando, unha vez estudiados ben os documentos, as consecuencias vexamos que son positivas. A nós non nos move ningún interese máis que os intereses de Galicia. Polo tanto, se vemos que non é positivo para os intereses de Galicia, evidentemente non vamos a avalalo. Cando foi o tratado de adhesión fixemos unha análise que, por desgracia, hoxe temos corroborar que era absolutamente certa e polo tanto nos opuxemos frontalmente a aquel tratado de adhesión, e houbo unha diferencia enorme entre as forzas políticas porque fora ratificado por unanimidade no Congreso, cando, alí se recollía todo o que coñecemos e que coñecen vostedes tan ben, que supediten os intereses de Galicia ós intereses xerais do Estado. O que pasa é que é unha forza política de obediencia central e polo tanto actúan en consecuencia. Non é cuestión de recordarlle que no balance que presentaron, acórdome perfectamente, na televisión española naquel momento apareceu a Comunidade Autónoma: vantaxes e inconvenientes. En Galicia aparecía textualmente: vantaxes, libre circulación de persoal, ou sexa, seguen emigrando con máis dereitos. E desvantaxes, sectores prexudicados, a pesca, o agro, sector naval, etc., creo que aínda aparecía algún máis. Non vamos a discutir agora se foi posible outra política ou non, se resulta que houbo un choque coa chamada Europa Verde e polo tanto houbo que ceder na agricultura galega ou na pesca galega en favor doutros sectores, chámese a laranxa ou chámese o que se queira. Agora, os resultados están á vista e é que por primeira vez na historia, a pesares da emigración masiva que houbo en outras épocas, Galicia entrou en recesión demográfica. Ese é o grandísimo logro daquel tratado. Se se demostrara o contrario non tiñamos ningún problema en cambiar. O tratado era fantástico, pero para Galicia foi un desastre, aí están os datos. Noutro debate, o Sr. Crespo máis ou menos recoñecía que fora un desastre, porque o é, os feitos cantan. E as análises que facemos hoxe da Constitución Europea, que ó fin e ó cabo non é máis que un refrito de todo o que había con algúns axustes, non pode variar porque os feitos están aí. E repito, se varía e resulta que a este noso país, a Galicia, á nosa nación, lle vai fantasticamente a partir da Constitución rectificaremos. Mentres tanto saian seriamente prexudicados os intereses galegos, dicimos o que pensamos, o que vemos, o que analizamos e o que contrastamos na realidade, que son feitos evidentes. Galicia, coa potencialidade económica e social que ten, entra en regresión demográfica cando o resto do Estado está medrando dunha maneira clara e aberta, incluso en poboación. É consecuencia de algo, non será porque os galegos somos burros, non será por eso, é por sectores que foron desmantelados, reconvertidos ou masacrados segundo os casos e como consecuencia daquel tratado de adhesión que segue en vigor e que se foi aplicando e que hoxe, case vinte anos despois, os seus efectos, por desgracia, se están vendo dunha maneira clara e evidente. E non se corrixe, non se corrixe con estes textos. Non se preocupe polas nosas reticencias, non se preocupe, o día que se demostre que Galicia, como ente productivo e social, ten unhas vantaxes que lle permiten desenvolver as súas potencialidades e lle permiten avanzar gracias a eses documentos europeos, cambiaremos de opinión, sen ningún problema, porque europeos somos igual que calquera. O único é que o tratado que se fixo a través dos sucesivos documentos de adhesión, ou neste caso da Constitución, con respecto a este país foi tremendamente negativo, e os feitos están aí; nin converxemos, nin subimos entre as rexións, nin nada a pesares de estar perdendo poboación cando as potencialidades daban para ter moitísimo máis e desenvolver a nosa economía. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Sr. Durán Hermida. Sr. Durán Hermida.- Eu sigo amosando a miña sorpresa, a mesma sorpresa que amosaba o Sr. Mosquera con respecto a algúns aspectos da Moción, ou expresións que contiñan. Eu cuestionar na data na que estamos as vantaxes do proceso de integración europea, as vantaxes do desenvolvemento do avance dese proceso, eu permítame que lle diga que eu teño a sensación que hai algúns que están fóra da realidade, teño esa sensación. Loxicamente, en calquera proceso tan complexo como o que se está vivindo hai cuestións que non sempre convencen plenamente, pero deso a cuestionalo todo e poñelo en relación coa posición ou coa situación na que quede Galicia, cunha supeditación que vostede di ós intereses xerais do Estado, ten máis de frase feita que de calquera outra cuestión, porque eu estou convencido que a inmensa maioría dos galegos comproba, acepta, está contento con desenvolvemento que está tendo este proceso de integración europea na súa repercusión inmediata en cada un deles, en cada parte da súa faceta vital; xa digo, resúltame un pouco difícil de entender. Eu diríalles que trataran de ir evitando esa alerxia política que vostedes, o grupo do BNG, teñen a todo o que ten que ver co proceso de integración europea. E remato dicindo en tono menor, que posto que algúns volveron a Europa ou volvían a Europa, vostedes vaian a Europa. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Durán Hermida. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- No entraré en debate, no lo voy hacer. Era precisamente por lo que anunciaba al principio, es decir, nosotros entendemos que hay un documento que es mucho más importante y cuyas consecuencias son mucho más importantes que el debate que se está estableciendo aquí. Y que lógicamente no hay ningún documento constitucional que llene a todo el mundo y que satisfaga a todo el mundo, pero entendemos que es la primera piedra de algo tan importante como el espacio político europeo. Por lo tanto vuelvo a repetir, no voy a entrar a contestar ni a debatir ningún tipo de cuestiones de las que se dijeron aquí, aunque son fácilmente contestables, no lo voy a hacer porque entendemos que hay algo mucho más importante que este debate que se estaba dando. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González Iglesias. O Sr. Mosquera quere facer algunha aclaración, adiante. Sr. Mosquera Lourenzo.- Eu soamente unha aclaración ó Sr. Dirán. Se é que están tan convencidos das vantaxes que lle ve a cidadanía, sobre todo certos sectores, por exemplo todo o interior que se está despoboando, supoño que estarán encantados, e se lle ven todas esas vantaxes non sei como chegan ó extremo de intentar manipular unha institución coma esta para que faga campaña aberta a favor dos seus postulados. Non vexo a necesidade. Se a xente o ve tan obvio chegar a ese extremo de manipulación dunha institución parece que demostra o contrario, demostra que hai certos medos a que a cidadanía non o vexa tan claro. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Procedemos polo tanto á votación do punto décimo terceiro que di "Moción do Grupo Provincial Socialista sobre a Constitución Europea". ¿Votos en contra?. Bloque Nacionalista Galego. ¿Abstencións?. Non hai. ¿A favor?. Partido Popular e Partido Socialista. Vista a moción do Grupo Provincial Socialista da Deputación Provincial de Pontevedra sobre a constitución europea, o Pleno, de conformidade co dictame da Comisión de Réxime Interior e Persoal, acorda, por maioría de votos do Grupo Popular e do Grupo Socialista, e cos votos en contra do BNG, a adopción do seguinte acordo: "A Unión Europea (EU) é a historia dun éxito colectivo que lles permite ós seus membros conviviren en paz, democracia, liberdade e desenvolvemento económico e social. E, neste marco, España ,dende o seu ingreso o 1 de xaneiro de 1986, foi sempre un dos países máis beneficiarios pola súa participación no proceso de construcción europea. O pasado 1 de maio a Unión levou a cabo a súa maior ampliación pasando de 15 a 25 membros, que se convertirán en 27 a curto prazo. O ingreso dos novos estados foi unha oportunidade correctamente aproveitada para construír a casa común europea. Necesariamente, a ampliación debe ir seguida da profundización. Por esta causa, a adopción da primeira Constitución Europea na recente Conferencia Intergubernamental representou o paso adecuado e indispensable en tal sentido, abríndolle a porta á culminación da unión política. A Constitución Europea -elaborada basicamente pola Convención convocada para o efecto de maneira transparente- permitirá que a Unión sexa máis democrática e máis eficaz ó responder ós grandes retos do século XXI e ás demandas da cidadanía, fomentando unha orde internacional democrática, unha globalización xusta, a democracia e os dereitos humanos, a igualdade, o Pleno emprego, a integración e a preservación do medio ambiente, entre outros moitos elementos esenciais que inclúen, así mesmo o aumento da presenza das rexións e municipios na UE. Agora é preciso que a cidadanía sexa informada exhaustivamente sobre o contido da Constitución Europea, establecéndose un amplo debate en toda España que culmine nun referendo para proceder posteriormente á súa ratificación. Así daráselles ós cidadáns do noso país, que segue a estar á cabeza do europeísmo, a oportunidade de decidir directamente no futuro da Unión Europea, da que forman parte de Pleno dereito. En consecuencia co anterior, o Pleno, de conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Réxime Interior, acorda por maioría de votos dos Grupos Popular e Socialista e cos votos en contra do BNG, apoiar a aprobación da Constitución Europea e participar como institución para fomentar a información e o debate sobre esta en todos os Concellos desta Provincia. ------ Folla: 14.5110.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A SOLICITUDE DE DÚAS SAÍDAS E ENTRADAS DA AUTOESTRADA DO ATLÁNTICO Á ALTURA DE CARRACEDO E VILABOA Sr. Presidente.- Punto número décimo cuarto. Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a solicitude de dúas saídas e entradas da Autoestrada do Atlántico á altura de Carracedo e Vilaboa. Eu creo que hai un acordo cunha incorporación dalgunha aportación máis, que fixo neste caso o Grupo Socialista. Neste momento hai unhas cabinas de peaxe á altura de Carracedo que só dan entrada e saída en dirección a Pontevedra. E reclamamos, e así o vamos a facer saber con documentos e con estudios previos que estamos solicitando, e entendemos que é necesaria a implantación dunha entrada e saída á altura deste punto en dirección Santiago. E o mesmo sucede en Vilaboa, que neste momento nestas cabinas de peaxe que alí están situadas non temos entrada nin saída en dirección Vigo. E polo tanto vamos a reclamar onde sexa necesario para que eso se faga efectivo canto antes. E ó mesmo tempo algo máis, que é solicitar así mesmo que se abra unha entrada e saída para o tramo Rande-Puxeiros no límite entre Redondela e Vigo, o cal me parece correcto e oportuno. Polo tanto así o faremos saber e creo que reivindicar ó Ministerio de Fomento e a AUDASA. Se fixera falta chegar a un acordo de colaboración, colaboraríamos tamén porque son fundamentais para as melloras das infraestructuras da nosa provincia. Polo tanto procedemos á votación desta Moción. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Unanimidade. De conformidade co dictame da Comisión Informativa de Vías e Obras, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a solicitude de dúas saídas e entradas da Autoestrada do Atlántico á altura de Carracedo e Vilaboa, sendo o seu texto o seguinte:: "Que o Pleno da Corporación Provincial se dirixa á concesionaria Audasa, Ministerio de Fomento e demais organismos competentes solicitando a construcción dunha saída á altura de Carracedo, termo municipal de Caldas de Reis para os vehículos provenientes de Santiago, así como unha entrada en dirección á mesma cidade. Tamén se propón unha entrada e saída en dirección Vigo á altura de Vilaboa". Esta proposta inicial complétase engadindo o seguinte parágrafo "Solicitar así mesmo que se abra unha entrada e saída para o tramo Rande-Puxeiros no límite entre Redondela e Vigo". ------ Folla: 15.5111.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Nada más que darles cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 26 de junio y el 22 de julio por la Presidencia de la Corporación y que han sido trasladadas a los Portavoces de los Grupos Políticos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Secretario. Queda enterado o Pleno da seguinte: - De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre o 26 de xuño e o 22 de xullo do ano 2004 e que foron trasladadas ós Voceiros dos distintos grupos políticos. ------ Folla: 16.5112.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas. Non hai. Polo tanto non habendo máis asuntos que tratar levántase a sesión. Moitas gracias e moi bos días, e dicirlle que están todos invitados ó acto de inauguración esta tarde ás 20,15 horas no Palacete de Mendoza. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as once horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. ------

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición