ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.838
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2007/10/26_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.33.366/4.2007-10-26_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2007/10/26_Ordinaria

  • Data(s) 2007-10-26 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Excma. Deputación o día, 26 de outubro de 2007 No Salón de sesións da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas do día vinte e seis de outubro do ano dous mil sete, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, D. Xosé Crespo Iglesias, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, Dona María Xosé Méndez Piñeiro, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, Dona María Corina Porro Martínez, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuiña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Sr. Deputado D. José Amador Eiras Paz, Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Imos a dar comezo a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. 1.5592.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- primeiro asunto do orde do día: Aprobación do borrador da acta da anterior sesión ordinaria do día 28 de setembro de 2007. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 28 de setembro de 2007. 2.5593.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA OBRA NÚMERO 63 DO CONCELLO DE COTOBADE, INCLUÍDA NO PPC/2007, POLA OBRA Nº 50 DO PLAN COMPLEMENTARIO CO MESMO FINANCIAMENTO Sr. Presidente.- Punto número dous, cambio de aplicación da obra número 63 do concello de Cotobade incluída no Plan Provincial de Cooperación 2007 pola obra número 50 do Plan Complementario co mesmo financiamento. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o cambio de aplicación da obra nº 63 do concello de Cotobade, denominada “Pavimentación camiños: Berberote, Martices, Medelo, Fame, ...”, incluída no PPC/2007, pola actuación “Pavimentación camiños: Carballedo-Santa María de Sacos e acceso Borela” do Plan Complementario co mesmo financiamento, é dicir: Achega MAP .............................................................. 38.451,02 € Achega Deputación ................................................... 28.838,26 € Achega Concello ........................................................ 28.838,28 € TOTAL ....................................................................... 96.127,56 € 3.5594.- CAMBIO DE FINANCIAMENTO DA OBRA Nº 27 DO CONCELLO DE MOS, INCLUÍDA NO PPC/2007 Sr. Presidente.- Punto número tres, cambio de financiamento da obra número 27 do concello de Mos incluída no Plan Provincial de Cooperación 2007. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. De conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cooperación Municipal, o Pleno acorda por unanimidade, aprobar o cambio de financiamento da obra nº 27 do concello de Mos, denominada “Saneamento Andar e Fontarvela-Petelos”, incluída no PPC/2007, ascendendo o importe total da obra a 93.564,61 €, cando anteriormente tiña 90.473,96 €. O cambio non supón incremento da achega do Estado nin da Deputación, soamente para o concello que achega 3.090,65 € como gasto non elixible, quedando como de seguido se relaciona: Achega do MAP ........................................................ 36.189,58 € Achega do Deputación ............................................. 27.142,18 € Achega do Concello .................................................. 27.142,20 € Achega do Concello (gto. non elixible) .................. 3.090,65 € TOTAL ....................................................................... 93.564,61 € 4.5595.- RESOLUCIÓN DAS ALEGACIÓNS PRESENTADAS Ó PROXECTO “URBANIZACIÓN RÚA SANXENXO”. APROBACIÓN DEFINITIVA DO PROXECTO. APROBACIÓN DEFINITIVA DA RELACIÓN DE BENS E PROPIETARIOS AFECTADOS. RATIFICIACIÓN DA SOLICITUDE Á XUNTA DE GALICIA DA DECLARACIÓN DA URXENTE OCUPACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLA EXECUCIÓN DO PROXECTO O Pleno desta Deputación Provincial, en sesión ordinaria celebrada o 25 de abril de 2007 adoptou, entre outros, o acordo de aprobación inicial do proxecto denominado “Urbanización da Rúa Sanxenxo”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.862.928,20 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 1.673.541,99 euros e capítulo de expropiacións por importe de 189.386,21 euros, ademais de acordar a apertura de información pública en relación ó proxecto e solicitar á Xunta de Galicia a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola obra. Dito proxecto, que ten por obxecto dotar dos servizos básicos a esa zona, enmárcase dentro do Convenio de cooperación subscrito entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Sanxenxo. As inversións necesarias para a realización das citadas obras serán financiadas coa colaboración de ambas Entidades Locais mediante a achega das cantidades relacionadas no Convenio de referencia. Someténdose a información pública o proxecto técnico e o expediente de expropiación que conleva, durante o período legal establecido, en virtude de edito publicado no Boletín Oficial da Provincia de data 23 de xullo de 2007 (BOP nº 142), no taboleiro de anuncios do concello de Sanxenxo e en varios periódicos da localidade, á vista do informe emitido polo Servizo de Vías e Obras, e co fin de dar continuidade ó expediente de expropiación iniciado no seu día, o Pleno acorda por unanimidade: 1. A resolución das alegacións presentadas ó citado proxecto segundo o seguinte detalle: A) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Dona Angela Rodríguez Domínguez, propietaria do predio nº 14, xa que -sempre que tecnicamente sexa posible- por parte da Administración se procedera á reposición do peche, cancela e garaxe ubicados na súa propiedade, así como o pozo de auga e a caldeira existentes, ofrecendo unha indemnización económica no caso contrario. B) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Beatriz Laura Alonso Méndez, titular da finca nº 26, Don Fernando Carballa Alonso, propietario do predio nº 49 e de Dona Ana F. Martínez Reboredo García, propietaria da finca nº 48 -alegacións idénticas no seu contido- de acordo cos seguintes fundamentos técnicos e xurídicos: Primeiro. En canto ás alegacións relativas a que “la Diputación….está desarrollando una actividad que se encuentra fuera de sus competencias….y que no le corresponde a esa Administración proceder a la urbanización de calles”, basta recordar que o artigo 31.2.a) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, sinala que “Son fins propios e específicos da Provincia garantir os principios de solidariedade e equilibrio intermunicipais…. e en particular: a) Asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal”; recordemos que con este proxecto preténdese dotar á zona de servizos mínimos tales como a rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, o iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas, todos eles servizos básicos de competencia municipal. Neste sentido o artigo 26.3 da citada Lei de Bases dispón que “A asistencia das Deputacións ós Municipios prevista no artigo 36, dirixirase preferentemente ó establecemento e adecuada prestación dos servizos públicos mínimos….”, entre os cales se atopa a rede de sumidoiro, o abastecemento domiciliario de auga potable, o iluminación pública ou a pavimentación das vías públicas -no sentido de construción de beirarrúas que garantan a seguridade dos peóns- actuacións todas elas contempladas no proxecto de referencia -artigo 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril-. Segundo. En relación ás cuestións de procedemento plantexadas polos interesados cabe sinalar o seguinte: 1.En primeiro lugar é preciso resaltar que o presente proxecto enmárcase dentro dun Convenio subscrito entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o concello de Sanxenxo para acometer unha obra moi demandada polas forzas sociais da zona; esta figura xurídica, que constitúe o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación entre Administracións en cuestións de interese común -artigos 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común-, enmárcase dentro dos principios de colaboración, cooperación e lealdade institucional que rexen as relacións entre Administracións Públicas. É por iso que tendo en conta que ambas Administracións teñen recoñecida polo lexislador a potestade expropiatoria (artigo 4.1 d) da Lei de Bases de Réxime Local e artigo 2 da Lei de Expropiación Forzosa) e que o proxecto Urbanización Rúa Sanxenxo se axusta ás aliñacións establecidas ó respecto polo Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo concello de Sanxenxo, a utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación son inherentes a dito instrumento urbanístico. Neste punto é preciso traer a colación o artigo 98 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que dispón o seguinte: “A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística conlevará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación ou imposición de servidumes”, de forma que o presente proxecto está amparado polo chamado efecto de “lexitimación de expropiacións” derivado da aprobación e publicación do planeamento. É por iso que a mención explícita da utilidade pública se efectúa a efectos puramente aclaratorios, sendo irrelevante a declaración expresa que figura no acordo. 2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior e unha vez aprobado inicialmente o proxecto obxecto de debate -que recordemos inclúese dentro dun plan de actuación en estradas provinciais- someteuse a información pública non só o proxecto senón tamén o expediente de expropiación que conleva e no que figura a relación concreta e individualizada dos propietarios e bens afectados (artigos 15 e 17 da Lei de Expropiación Forzosa en relación co disposto ó respecto pola Orde da Consellería da Presidencia da Xunta de Galicia sobre ocupación urxente de bens nas expropiacións levadas a cabo polas Entidades Locais); neste período de información pública os afectados puideron efectuar, e así o fixeron, as alegacións que estimaron oportunas, polo que non cabe falar de indefensión susceptible de anular o acordo “obxecto de impugnación”. Ademais a aprobación definitiva do proxecto que agora se acorda -que tamén estaría vinculada ós efectos previstos no artigo 94 do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local-, a resolución das alegacións e a aprobación definitiva da relación de bens e propietarios afectados tamén poderán ser obxecto de impugnación a través do recurso de reposición ou do recurso contencioso-administrativo. Por outro lado nada impide que no mesmo Pleno se acorde a aprobación do proxecto e o inicio do expediente de expropiación derivado do mesmo, podendo incluso aprobarse baixo condición de incoación de dito procedemento; é máis, razóns de economía administrativa aconsellan este tipo de actuación. Terceiro. En relación ás cuestións formais plantexadas respecto á “declaración de urxente ocupación” é preciso recordar que no acordo adoptado polo Pleno da Corporación Provincial só se fala de “declarar a utilidade pública a efectos de expropiación e ocupación urxente dos terreos”, é dicir, ó obxecto de que a Xunta de Galicia declare dita urxencia, tal e como se matiza no apartado 3º do citado acordo -artigo 52 da Lei de Expropiación Forzosa en relación co disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia-. En canto ó anuncio de que “esta parte procederá a formular escrito de oposición á solicitude da declaración de urxente ocupación…” fundamentada na “falta de concorrencia dos requisitos de excepcionalidade que permiten a articulación de dito procedemento” -segundo escrito remitido á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, cabe recordar que o proxecto “Urbanización Rúa Sanxenxo” se redacta co fin de dotar a ese tramo da estrada provincial Padriñán-Laxe, duns 700 metros de lonxitude, dos servizos básicos de competencia municipal como a rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, o iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas. É por iso que ademais de dotar dos servizos básicos á zona, a construción de beirarrúas mellorará notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo de estrada deben invadir parte da zona de circulación co risco vital que iso conleva, agravándose a situación pola ubicación na zona dunha gardería municipal, é dicir, coa presenza de poboación infantil coa que se deben extremar as precaucións. Esta situación obrigou, recentemente, a que os técnicos da Deputación Provincial tiveran que articular solucións de emerxencia como a supresión dun dos carrís de circulación para poder garantir a seguridade dos peóns. En consecuencia nunha materia como a seguridade vial, na que está en xogo a vida humana, a urxencia da actuación estaría sempre xustificada. Cuarto. En relación ás cuestións técnicas plantexadas, o proxecto de referencia axústase ás aliñacións previstas ó respecto no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Sanxenxo polo que a ocupación dos bens e dereitos prevista é a necesaria para levar a bo termo as determinacións previstas en dito instrumento de ordenación urbanística. Neste punto o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, ó igual que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolvan e nos instrumentos de ordenación aprobados consonte á mesma”. En canto ós presuntos “graves danos que co proxecto se orixinan a numerosas vivendas” -afirmación xenérica que, por certo, non se ve avalada por ningún informe técnico- cabe resaltar que na execución do proxecto de referencia se adoptaran as necesarias medidas de seguridade para evitar calquera tipo de dano –estrutural ou non- nas vivendas, aínda que a priori non parece que o proxecto sexa susceptible de provocar os mesmos. C) Desestimar as alegacións presentadas por Don Manuel Ignacio González Pérez, titular do predio nº 47, segundo o seguinte detalle: 1. O ancho do vial previsto no proxecto -13 metros nese tramo- correspóndese coas aliñacións previstas no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Sanxenxo, polo que a ocupación dos bens e dereitos prevista é a necesaria para levar a bo termo as determinacións previstas en dito instrumento de ordenación urbanística. Neste punto o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, ó igual que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolven e nos instrumentos de ordenación aprobados consonte á mesma”. 2. En relación ás alegacións relativas a que “…debera seguir manténdose unha soa dirección”, cabe resaltar que esta situación articulouse no seu día como unha solución provisional de emerxencia ó obxecto de garantir a seguridade duns peóns que apenas dispoñían de espazo para transitar pola zona, pero en ningún momento como unha solución definitiva, xa que razóns de índole técnica aconsellan a dobre circulación. Recordemos ademais que con este proxecto non só se pretende dotar á zona dos servizos básicos senón que co novo ancho do vial previsto no mesmo permitirase unha circulación segura de vehículos e peóns. Así no proxecto se contemplan dous carrís de circulación de 3,20 metros cada un e a construción de beirarrúas que mellorarán notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo de estrada deben invadir parte da zona de circulación co risco vital que iso conleva, agravándose a situación pola ubicación na zona dunha gardería municipal, é dicir, coa presenza de poboación infantil coa que se deben extremar as precaucións. En consecuencia nunha materia como a seguridade vial, na que está en xogo a vida humana, a urxencia e utilidade pública da actuación estarían sempre xustificadas. 3. Sen prexuízo do que resulte da descrición detallada dos bens afectados que se efectúe no levantamento de actas previas á ocupación, o pozo de auga -en principio- non se verá afectado pola expropiación; en cuanto ó garaxe procederase á súa reposición sempre que tecnicamente sexa posible; se por calquera circunstancia se afectase o pozo de auga ou a reposición do garaxe non se levase a cabo, ofrecerase a correspondente indemnización económica pola expropiación de ditos bens. D) Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Don Victoriano Leiro Rodríguez e Dona Constantina Abelleira Doce, propietarios do predio nº 39, segundo o seguinte detalle: 1. Comprobada a ubicación dunha vivenda na finca nº 39 do expediente de expropiación, recollerase ó longo da tramitación do expediente no plano de planta a existencia da mesma ós efectos oportunos. 2. Sen prexuízo da posterior presentación dun informe técnico que avale os argumentos plantexados polos interesados respecto á afección de bens contemplada no proxecto Urbanización Rúa Sanxenxo, cabe sinalar que as aliñacións previstas no mesmo se axustan ás determinacións establecidas ó respecto no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sanxenxo, que nese tramo contempla un ancho de vial de 12 metros, polo que non existe obxecto de debate ó respecto. 3. En canto á oposición á valoración efectuada polos interesados, dita cuestión se dirimirá no momento procedimental oportuno, a saber, cando se articule a peza separada de xustiprezo. E) Desestimar as alegacións presentadas por Dona Manuela Josefa Arias Souto, propietaria da finca nº 24, en base ós seguintes fundamentos técnicos e xurídicos: 1. En canto á afección do proxecto sobre a propiedade da interesada e a “solicitude de variación do proxecto para a desafectación da vivenda”, cabe recordar que o proxecto Urbanización Rúa Sanxenxo se axusta ás aliñacións establecidas ó respecto polo Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo concello de Sanxenxo, polo que a utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación dos bens afectados son inherentes a dito instrumento urbanístico. Neste punto é preciso traer a colación o artigo 98 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que dispón o seguinte: “A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística conlevará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación ou imposición de servidumes”, de forma que o presente proxecto está amparado polo chamado efecto de “lexitimación de expropiacións” derivado da aprobación e publicación do planeamento. É por iso que a “variación do proxecto solicitada” non pode ser aceptada por esta Administración xa que suporía adoptar un acordo contrario ó ordenamento xurídico. Neste punto é preciso recordar que o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, ó igual que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolven e nos instrumentos de ordenación aprobados consonte á mesma”. 2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, é preciso recordar que co proxecto “Urbanización Rúa Sanxenxo” preténdese dotar a este tramo da estrada provincial Padriñán-Laxe, duns 700 metros de lonxitude, dos servizos básicos de competencia municipal como a rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, o iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas. É por iso que ademais de dotar dos servizos básicos á zona, a construción de beirarrúas mellorará notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo de estrada deben invadir parte da zona de circulación co risco vital que iso conleva, agravándose a situación pola ubicación na zona dunha gardería municipal, é dicir, coa presenza de poboación infantil coa que se deben extremar as precaucións. Esta situación obrigou, recentemente, a que os técnicos da Deputación Provincial tiveran que articular solucións de emerxencia como a supresión dun dos carrís de circulación para poder garantir a seguridade dos peóns. En consecuencia nunha materia como a seguridade vial, na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia da actuación estarían sempre xustificadas. 3. En canto á oposición á valoración efectuada pola interesada e sen prexuízo de recordarlle que dita cuestión se dirimirá no momento procedimental oportuno, a saber, cando se articule a peza separada de xustiprezo, cabe sinalar que de acordo co disposto nos artigos 20 e ss da Lei 8/2007, de 28 de maio, do Solo, no solo urbanizado, as edificacións, construcións e instalacións que se axusten á legalidade taxaranse conxuntamente co solo na forma prevista no apartado 2 do artigo 23. Enténdese que as edificacións, construcións e instalacións se axustan á legalidade ó tempo da súa valoración cando se realizaron de conformidade coa ordenación urbanística e o acto administrativo lexitimamente que requirisen, ou foron posteriormente legalizadas de conformidade co disposto na lexislación urbanística. Pola súa parte para a valoración do solo urbanizado que non está edificado, ou no que a edificación existente ou en curso de execución é ilegal ou se encontra en situación de ruína física, as edificacións valoraranse de acordo co disposto no parágrafo 1º do artigo 23 da Lei do solo. F) 1. Estimar as alegacións presentadas por Don Albino Piñeiro Sueiro, Don Enrique Torres Quiñones e Dona Piedad Piñeiro Rodríguez sobre a titularidade e afección de diversas fincas afectadas pola expropiación de referencia, xa que á vista da documentación achegada polos interesados conclúese o seguinte: Don Albino Piñeiro Sueiro figurará no expediente de expropiación como titular das fincas nº 23 e 46, cunha superficie afectada de 268,45 e 111,19 m2, respectivamente. Dona Piedad Piñeiro Rodríguez figurará no expediente de expropiación como titular do predio nº 45, cunha superficie afectada de 56,40 m2. A partir deste momento as actuacións do expediente de expropiación se entenderán cos dos propietarios citados anteriormente e en relación ós tres predios numerados. F) 2. Estimar parcialmente as alegacións presentadas por Don Albino Piñeiro Sueiro en relación ó hórreo existente na súa propiedade xa que, de acordo coas as instrucións que se cursen ó respecto, o hórreo ubicarase no lugar que sinale o interesado, procedéndose ó traslado do mesmo por parte da Administración ou por parte do propietario segundo a súa elección, ofrecéndose neste último suposto a correspondente indemnización económica. F) 3. Desestimar as alegacións presentadas por Don Albino Piñeiro Sueiro e Dona Piedad Piñeiro Rodríguez sobre unha posible modificación do trazado xa que o proxecto “Urbanización Rúa Sanxenxo” se axusta ás aliñacións establecidas ó respecto polo Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo concello de Sanxenxo, polo que a utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación dos bens afectados son inherentes a dito instrumento urbanístico. Neste punto é preciso traer a colación o artigo 98 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que dispón o seguinte: “A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística conlevará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación ou imposición de servidumes”, de forma que o presente proxecto está amparado polo chamado efecto de “lexitimación de expropiacións” derivado da aprobación e publicación do planeamento. É por iso que a “modificación do trazado” proposta non puidese ser aceptada por esta Administración xa que suporía adoptar un acordo contrario ó ordenamento xurídico. Neste punto é preciso recordar que o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, ó igual que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolvan e nos instrumentos de ordenación aprobados consonte á mesma”. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, é preciso recordar que co proxecto “Urbanización Rúa Sanxenxo” preténdese dotar a este tramo da estrada provincial Padriñán-Laxe, duns 700 metros de lonxitude, dos servizos básicos de competencia municipal como a rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, o iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas. É por iso que ademais de dotar dos servizos básicos á zona, a construción de beirarrúas mellorará notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo de estrada deben invadir parte da zona de circulación co risco vital que iso conleva, agravándose a situación pola ubicación na zona dunha gardería municipal, é dicir, coa presenza de poboación infantil coa que se deben extremar as precaucións. Esta situación obrigou, recentemente, a que os técnicos da Deputación Provincial tiveran que articular solucións de emerxencia como a supresión dun dos carrís de circulación para poder garantir a seguridade dos peóns. En consecuencia nunha materia como a seguridade vial, na que está en xogo a vida humana, a utilidade pública da obra e a urxencia da actuación estarían sempre xustificadas. En canto á oposición á valoración efectuada polos interesados e sen prexuízo de sinalar que dita cuestión se dirimirá no momento procedimental oportuno, a saber, cando se articule a peza separada de xustiprezo, é preciso recordar que en calquera momento da tramitación do expediente e tanto dentro como fóra do ámbito da expropiación -artigo 24 da Lei de Expropiación Forzosa e artigos 4 do Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, por que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, 88 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e 111 do Real Decreto Lexislativo 781/1986 de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, respectivamente- poderase convir a adquisición dos bens e dereitos afectados libremente e por mutuo acordo, establecéndose os pactos e cláusulas que se estimen oportunas, sempre que non sexan contrarias ó ordenamento xurídico. G) Desestimar as alegacións presentadas por Don Emilio Álvarez Rey, propietario do predio nº 20, xa que, a pesar do custe económico que pode supoñer a reposición do valo de pedra, portalón e porta de ferro, a actuación da Administración cíñese ó disposto ó respecto no Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Sanxenxo; neste sentido cabe recordar que o proxecto Urbanización Rúa Sanxenxo axústase ás aliñacións establecidas polo Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo concello de Sanxenxo, polo que a utilidade pública da obra e a necesidade de ocupación dos bens afectados son inherentes a dito instrumento urbanístico. Neste punto é preciso traer a colación o artigo 98 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, que dispón o seguinte: “A aprobación dos instrumentos de ordenación urbanística conlevará a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados ós fins da expropiación ou imposición de servidumes”, de forma que o presente proxecto está amparado polo chamado efecto de “lexitimación de expropiacións” derivado da aprobación e publicación do planeamento. É por iso que a unha modificación do trazado non pode ser aceptada por esta Administración xa que suporía adoptar un acordo contrario ó ordenamento xurídico. Neste punto é preciso recordar que o artigo 101 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, dispón que “Os particulares, ó igual que a Administración, quedarán obrigados ó cumprimento das disposicións sobre ordenación urbana contidas na presente Lei, nas normas que a desenvolven e nos instrumentos de ordenación aprobados consonte á mesma”. 2. A aprobación definitiva do proxecto “Urbanización da Rúa Sanxenxo”, que está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 1.862.928,20 euros, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 1.673.541,99 euros e capítulo de expropiacións por importe de 189.386,21 euros. 3. A aprobación definitiva da relación de propietarios e bens afectados segundo o seguinte detalle: Nº FINCA PROPIETARIO SUPERFICIE OCUPADA 1 Herdeiros de Mª Amelia Castro Mosquera R/ Progreso, nº 64 36960 Sanxenxo 44,50 M2 2 Herdeiros de Mª Amelia Castro Mosquera R/ Progreso, nº 64 36960 Sanxenxo 73,58 M2 3 Jesús Deza Domínguez Barrosa, nº 13 – Adina 36979 Sanxenxo 12,81 M2 4 Serafín Aguín Gracia/Perfecto Bouzada Ortega R/ Constitución, nº 17-1º H 36960 Sanxenxo 9,69 M2 5 Carmen Piñeiro Sueiro R/ S. Isidro, nº 11 -1º 36960 Sanxenxo 50,80 M2 6 García y Mariño, S.L. 40,40 M2 7 Francisco Pérez Rodino R/ Sanxenxo, nº 22 -1º 36960 Sanxenxo 15,46 M2 8 Concello de Sanxenxo R/ Consistorio, nº 4-6 36960 Sanxenxo 47,34 M2 9 Herminio S. García Domínguez Padriñán, nº 5 36960 Sanxenxo 44,67 M2 10 José G. Vidal Esperón R/ San Xines, nº 20 36960 Sanxenxo 77,13 M2 11 Dorinda Vidal Esperón Padriñán, nº 44 36960 Sanxenxo 12 Eugenia Rodríguez Domínguez Padriñán, nº 8 36960 Sanxenxo 18,70 M2 13 Clotilde Rodríguez Domínguez Soutullo, nº 128 - Noalla 36990 Sanxenxo 19,62 M2 14 Ángela Rodríguez Domínguez Padriñán, nº 14 36960 Sanxenxo 25,35 M2 15 Divina Rodríguez Domínguez Soutullo, nº 128 – Noalla 36990 Sanxenxo 12,62 M2 16 Ángel Abeijón Camiña Padriñán, nº 17 5,23 M2 36960 Sanxenxo 17 Victoriano Sueiro Vilavedra Padriñán, nº 19 36960 Sanxenxo 8,07 M2 18 Cándido Hay Gómez Padriñán, nº 26 36960 Sanxenxo 29,08 M2 19 Bernardo Piñeiro Martínez Padriñán, nº 22 36960 Sanxenxo 12,30 M2 20 Emilio Alvarez Rey Padriñán, nº 23 36960 Sanxenxo 20,85 M2 21 Wenceslao Silva Gondar (Herdeiros) Padriñán, nº 24 36960 Sanxenxo 50,25 M2 22 Concello de Sanxenxo R/ Consistorio, nº 4-6 36960 Sanxenxo 0,00 M2 23 Albino Piñeiro Sueiro Padriñán, nº 26 36960 Sanxenxo 268,45 M2 24 Manuela Josefa Arias Souto Padriñán, nº 30 36960 Sanxenxo 21,77 M2 25 Benito Gómez Torres Padriñán, nº 31 36960 Sanxenxo 3,63 M2 26 Beatriz Laura Alonso Méndez Avda. de Zamora, nº 7-5º A 36203 Vigo 318,94 M2 27 J. María Valdenebro Ballesteros R/ Echegaray,nº 35 36002 Pontevedra 118,65 M2 28 Comunidad de Propietarios Edif. San Xinés R/ Sanxenxo, nº 21 36960 Sanxenxo 7,33 M2 29 Albino Piñeiro Rodríguez R/ Sanxenxo, nº 13 36960 Sanxenxo 28,77 M2 30 Salvador Vidal Santos R/ Madrid, nº 80-2º D 36960 Sanxenxo 12,78 M2 31 Félix Acuña Vidal R/ Fariña Ferreño, nº 6 -5º 36600 Vilagarcía 86,80 M2 32 Manuel Cal Fernández R/ Consistorio, nº 37 – 2º 36960 Sanxenxo 27,24 M2 33 Manuel Leiro García Padriñán, nº 2 36960 Sanxenxo 54,69 M2 34 Dolores Leiro Piñeiro O Santo, nº 29 – Nantes 36990 Sanxenxo 43,17 M2 35 Antonio García Velasco Paseo Torres Villarroel, 80- bajo 37005 Salamanca 40,70 M2 36 José Vidal Esperón R/ San Xinés, nº 20 36960 Sanxenxo 55,53 M2 37 Dorinda Vidal Esperón Padriñán, nº 44 36960 Sanxenxo 73,39 M2 38 Alberta Senra Camiña Padriñán, nº 7 36960 Sanxenxo 41,00 M2 39 Victoriano Leiro Rodríguez Padriñán, nº 9 36960 Sanxenxo 63,49 M2 40 Carmen Sueiro Rodríguez Padriñán, nº 23 36960 Sanxenxo 76,92 M2 41 Victoriano Sueiro Vilavedra Padriñán, nº 19 36960 Sanxenxo 5,28 M2 42 Cándido Hay Gómez Padriñán, nº 26 36960 Sanxenxo 50,99 M2 43 Hotel Augusta (Sol Vida Sanxenxo, S.L.) Padriñán, nº 25 a 61,35 M2 36960 Sanxenxo 44 Concello de Sanxenxo R/ Consistorio, nº 4-6 36960 Sanxenxo 48,16 M2 45 Piedad Piñeiro Rodríguez Padriñán, nº 26 36960 Sanxenxo 56,40 M2 46 Albino Piñeiro Sueiro Padriñán, nº 25 36960 Sanxenxo 111,19 M2 47 Manuel Ignacio González Pérez Padriñán, nº 27 36960 Sanxenxo 51,25 M2 48 Ana F. Martínez Reboredo García R/José Ortega y Gasset, 49-5º Iz. 28006 Madrid 111,71 M2 49 Fernando Carballa Alonso Padriñán, nº 61 36960 Sanxenxo 107,87 M2 50 Manuel Sueiro Díaz Padriñán, nº 20 36960 Sanxenxo 13,46 M2 51 María Socorro Otero Piñeiro R/ Emilia Pardo Bazán, nº 1, 4º Dcha. 36960- Sanxenxo. 129,57 M2 4. Ratificar a solicitude de declaración de urxente ocupación á Xunta de Galicia xa que co proxecto “Urbanización Rúa Sanxenxo” preténdese dotar a ese tramo da estrada provincial Padriñán- Laxe, duns 700 metros de lonxitude, dos servizos básicos de competencia municipal como a rede de sumidoiros, a rede de abastecemento, o iluminación pública, a rede de media e baixa tensión ou a construción de beirarrúas. É por iso que ademais de dotar dos servizos básicos á zona, a construción de beirarrúas mellorará notablemente a seguridade duns peóns que, nestes momentos, poñen en constante perigo a súa integridade física, xa que ó transitar por este tramo de estrada deben invadir parte da zona de circulación co risco vital que iso conleva, agravándose a situación pola ubicación na zona dunha gardería municipal, é dicir, coa presenza de poboación infantil coa que se deben extremar as precaucións. Esta situación obrigou, recientemente, a que os técnicos da Deputación Provincial tiveran que articular solucións de emerxencia como a supresión dun dos carrís de circulación para poder garantir a seguridade dos peóns. En consecuencia nunha materia como a seguridade vial, na que está en xogo a vida humana, la urxencia da actuación estaría sempre xustificada. 5. 5596.- EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 3/2007 Sr. Presidente.- Punto número cinco, expediente de modificación de créditos número 3/2007. Ten a palabra, neste caso o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bos días, traemos a aprobación deste Pleno un expediente de modificación de crédito por un importe de un millón noventa mil euros, que é contra remanente de Tesourería e as partidas ás que van destinadas son atencións asistencias a familias trinta mil euros, gastos diversos a actividades culturais sesenta mil euros, transferencias para un observatorio de astronomía trinta mil euros, reparación, mantemento e conservación de infraestruturas e bens naturais cincocentos mil euros, reparación, mantemento e conservación de material de transporte vinte mil euros, subministro de combustible e carburantes corenta e mil euros, tamén investimentos en agricultura pesca e medio ambiente para un edificio da confraría de pescadores de San Antoniño de Cambados rematalo, trinta mil euros, e tamén para acadar unha serie de proxectos europeos xestionados por esta Casa para obra civil de depuradoras do proxecto europeo Deputráns, cento dez mil euros. Total suman a cantidade dun millón noventa mil euros. Sr. Presidente.- Moitas gracias, ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenza.- Moi bos días, gracias Sr. Presidente. Nesta modificación de crédito por parte do portavoz do partido popular pois describiuse dunha maneira que hai que ser un autentico experto en técnica contable para saber exactamente a onde van e dende logo imposible saber exactamente con precisión cales son o destino exacto das partidas que se inclúen e non é de estrañar que se fixera, porque quitando partidas menores que serán necesidades que no se explicaron, pero serán necesidades, pois a modificación ó que é o orzamento da Deputación non é moi elevada pero volvemos á situación típica de período postelectoral en que se lle dou en exceso ó gasto en certas partidas e agora hai que meter, suplimentalas, complementalas ou incluso se cadra se están executas e dotalo para poder pagar e xa está executado, e así pois o gordo do millón o medio millón se leva a partida 511.511.210 infraestruturas e bens materiais que así, dito así a saber o que é, que é o chapapote do Parque de Maquinaria e a outra partida practicamente xa agota a modificación, porque son trescentos mil para o edificio da Confraría de Cambados que supoñemos que será alguna promesa electoral e que agardamos que sexa algo que se faga con todas as confrarías fóra das liñas de subvención que existe, que se subvencionan a todas as confrarías, porque aquí estamos moi afeitos a que haxa unha liña de subvención que parecen que son iguais para todos, ó final poden ser ou non ser depende dos casos, pero despois hai algúns dos destinatarios que teñen un trato especial, a través destas modificacións, a través de metelos no orzamento, evidentemente, dende logo coa explicación que nin en comisión nin aquí se fixo de cales eran as necesidades porque non se pode, evidentemente, expliquen vostedes porque o Parque de Maquinaria, habitualmente se leve un gasto tremendo, que andan por hai as palas cos seus correspondentes axentes electorais do PP asfaltando, destrozando, depende dos casos, pois pistas ou estradas provinciais, que é o menos, e a maioría pistas municipais, pois bueno é así como poñemos un pouco colorado o explicalo, entón disfrazámolo con infraestruturas e bens materiais, e cousas polo estilo, polo tanto evidentemente comprenderán que imos a votar en contra, pero non só pola técnica orzamentaria porque sexa todo, porque non votamos a favor do orzamento, senón expresamente, expresamente polas partidas e o destino que se lle da neste caso, polo tanto votamos en contra deste punto, moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Prorrogalo con estas cousas tampouco é moi acertado. Vamos a ver estamos ante unha modificación, a última supoñemos que o 50% vaise nunha partida de cincocentos mil euros, que como xa se dixo antes aquí en principio para bens correntes, eu de verdade se son capaces de explicarme como se poden gastar cincocentos mil euros en un mes que vai a quedar, menos de un mes que vai a quedar en cousas novas, que é o que en teoría debería ser, pois ata poderíamos variar o voto, absolutamente imposible de explicar, salvo que ocorra o que xa dixo o intervinte anterior, que xa estea gastado, como iso nos tememos que loxicamente o que ocorreu e como por certo votamos en contra do orzamento, loxicamente imos a votar en contra desto. Sr. Presidente.- Ten a palabra, neste caso o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Nós dende o noso grupo entendemos que a oposición faga esa crítica, entendémola, porque mire Sr. González loxicamente é difícil para vostede explicar como se executan os orzamentos cando hai uns días saíron uns datos que dende algunha Consellería da Xunta de Galicia a día de hoxe, todavía nin executaron, quedoulle aproximadamente un 25, entre un 25 e un 30% por executar, entendemos que vostedes estean máis preocupados en facer outros mensaxes políticos e trasladar á opinión pública outros temas que executar, mire cincocentos mil euros se executan nesta Casa se hai vontade en moi pouquiño tempo, e dicir, hai capacidade de xestión, hai necesidades que demandan os cidadáns, e eu non sei porque vostedes teñen tanta inquina ó todo tema do Parque de Maquinaria, o Parque de Maquinaria está para resolver as deficiencias e os problemas dos viais da nosa provincia, pois é lóxico, ó mellor, cando se vai a algúns concellos e se mira o estado lamentable que teñen algunhas rúas, pois evidentemente, pois claro que si nos ten que preocupar, pero esta é unha demanda real, unha demanda real dun servicio, ademais que nos seguimos mantendo como un servicio municipalizado, e dicir, un servicio propio da Casa que vostedes xa anunciaron algún día, que se chegaran o goberno algún día o privatizarían, anunciárono vostedes, mire o que significa dixo vostede aquí nun Pleno, e se quere llo saco que vostede dixo claramente, dixo que si fora por vostede que apoiaría unha proposta do goberno de privatizar o Parque do Maquinaria, e se quere lle saco a acta, porque a teño gardada, e polo tanto, claro, vostedes teñen outra filosofía, outra forma de entender o Parque de Maquinaria desta Casa, pois é un servicio importante, e senón pregúntelle ós traballadores, que dá pois unha resposta clara as demandas que nos plantexan os veciños e que evidentemente a mellora dos viais é unha das prioridades que temos que ter, porque temos máis de dous mil quilómetros de carreteras propias, e loxicamente requiren, requiren dese esforzo, e tamén a solicitude que se fan en moitos casos de moitos concellos da nosa provincia, mire non me gustaría sacar exemplos de concellos que gobernan vostedes das modificación de crédito que fan, ¿sabe cal é a diferenza ó que fan vostedes? Vostedes non o fan par inversión, o fan para publicidade, propaganda gasto e marketing puro e duro, e iso si que son vostedes uns expertos, e aquí pois eu creo que desta modificación de crédito está unha parte importantísima, o 90% desta modificación destinada única e exclusivamente a inversión, ¿que a vostede lle molesta que unha confraría se poida se poida rematar?, bueno pois si, como moitas outras que se fixeron inversións en confrarías da nosa provincia, ¿que tamén rematemos os proxectos europeos?, que algún día falaremos, falaremos da calidade dos proxectos que se acadaron nesta casa e da capacidade, e na xestión de proxectos levados a cabo, pois mire, nos últimos dous anos e medio, tres, nesta casa se acadaron máis de trinta e seis millóns de euros en proxectos europeos, en proxectos que están en marcha, que na maior parte deles están totalmente rematados e proxectos que inciden directamente en cuestións de inversións de formación, etc., etc,.etc., e polo tanto, bueno pois, un tema dun observatorio tamén de astronomía que hai no concello de Forcarei, que está é unha cuestión, bueno, que aveces son necesarios temas de avances tecnolóxicos, creo que está perfectamente máis que xustificada este suplemento de crédito, está modificación de crédito para, por las necesidades e demandas que se nos plantexan. E Sr. Mosquera eu leín hai uns días, non sei se me trabuco, pero si me trabuco, un dos temas máis curiosos dende que estou en política que me chamou a atención, un concello creo, non lle vou a dar con certeza, pero creo que foi Ribadeo, mire falando vostede dese partidismo dese sectarismo político, que resulta que a Delegada de Pesca lle foi a entregar un coche, un coche, creo que era un coche, un camión pequeno ó Concello de Ribadeo, ¿e sabe o que fixo?, non llo entregou ó Alcalde actual, llo entregou ó portavoz, porque resulta que era o Alcalde anterior que había feito a xestión, miren vostedes o goberno da Xunta de Galicia, un exempliño moi pequeniño, moi pequeniño do que fan vostedes, ¿pero como vostedes poden por exemplo de sectarismo e de partidismo e de moitas máis cousas que sairán ó longo destes próximos meses?, bueno porque xa os exemplos que teñen vostedes de xestión onde gobernan, uff, empeza a ser preocupante, pero de sectarismo, de abandono, de olvidarnos totalmente de non recibir nin ós nosos alcaldes etc., pero chegar ó extremo que unha Delegada de Pesca lle faga entrega dun coche a unha persoa que agora non é o Alcalde senón que era o Alcalde anterior, ¿e sabe como o xustificou?, que como el fixo a xestión, pois evidentemente era razoable, coherente, facer o acto, a fotografía co Alcalde anterior, que agora resulta que é o portavoz na oposición e o Alcalde, claro loxicamente se cabreou, e dicir, normal, pois colla ese exemplo, ese exemplo do que fan vostedes e Sr. Mosquera e moitos máis que podíamos por enriba da mesa como ese tema da subvencións e as obras de Medio Rural que resulta que chaman ós concellos para que lle manden catro obras ou cinco para que eles despois escollan e van vostedes cos voceiros dos seus grupos e dicen que a elixen a obra e a fan pública vostedes antes de que o Alcalde o saiba, home non me poña exemplos porque eu creo que vostedes agora perden por goleada, pero llos iremos pondo, se quere algún día o facemos e lles vamos pondo un a un e só dos que saen nos medios de comunicación, miren vostedes os que teñen que haber detrás dos que non saen nos medios de comunicación, imaxínense vostedes que loxicamente haberán que empezar a investigar e a buscar, home non nos poña exemplos agora de sectarismo e de apoio ós políticos, porque ese exemplo está aí nos medios de comunicación, que eu o leín o outro día e lle dixen que me fixera un recorte, porque me chamou tanto, tanto a atención que bueno, é un novo modelo de facer política, vamos a darlle a foto, e facemos o acto co que fixo a xestión, e dicir que si maña un concelleiro que está na oposición de Pontevedra fai a xestión, pois fai a foto e vostedes non aparecen na foto nin lle entregan un coche, llo entregan a eles, non sei como faría o traspaso ó voceiro despois ó concello, non sei como faría, como llo entregaría, eu creo que non estamos nestas alturas, non están vostedes nin o Bloque nin o PSOE, para dar exemplo absolutamente de nada e menos de estas cuestións. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa, pasamos a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. O Sr. Figueroa ten por norma traer e non escoitar, en xeral non escoitar, e soltar unha perolata disparando para todos os lados sen falar do fondo da cuestión e o exemplo que me está poñendo, que non sei se é certo ou non, é unha demostración palpable de que si fose certo, de que esta forza política sufre ese sectarismo por parte das forzas estatais, nunca axentes nosos, porque resulta que o Alcalde de Ribadeo nestes momentos e do BNG e o anterior do PSOE e a Consellería de Pesca que eu sepa non é desta forza política, ou sexa que estaría vostede que dicindo que o deseño básico que poden existir en certas instancias, e outras non, é que cando esta forza política ten algunha responsabilidade ou sen tela, digamos que as perversións ou usos sectarios da Administración por parte das outras dúas son moi habituais ou sexa que o exemplo é profundamente desafortunado se nos lo quere pasar polo fouciño, pásense vostedes que bastantes deso fan, pero resulta non falar, que neso é vostede un autentico especialista, non falar do fondo da cuestión. A ver, na primeira intervención di que é capítulo 2, partida 2.10, polo tanto é gasto corrente, resulta que agora nos di que é investimento e non sei que, mire van a meter cincocentos mil euros máis en chapapote seguramente porque o teñen gastado, e se fora para manter en perfecto estado as estradas provinciais pois en fin non teríamos nada que dicir, o malo é que non é iso, o malo é que vostedes o utilizan para facer campaña electoral a través das máquinas da Deputación e o argumentan dicindo que son necesidades que hai que ter as pistas en buen estado, mire eu estaría disposto a aceptarlle tal argumentación si é que a Deputación, pois tivera unha política de servicio directo en auga, por exemplo, hai moitos concellos onde hai graves problemas de auga, pois entonces a Deputación podía coller e executar directamente e levarlle a auga ós veciños, en saneamento, podía levalo, hai moitos concellos que non teñen capacidade ou non queren o patrimonio cultural feito un desestrase por incapacidade económica ou o que sexa, se a Deputación collera e se encargara e se encargara del etc., pero ¡oh casualidade! só se encarga do chapapote, só se encarga do chapapote, e máis da limpeza de praias que tamén fan unhas cacicadas do mesmo calibre, e bueno e isto desmostra perfectamente como entenden vostedes os servizos que presta directamente esta Deputación que é non pola via electoral, caciquil, ou como lle queira chamar, e dende logo coller compromisos con facer directamente a Deputación, enterrar e poñer servicios, entarrar tubos non porque eses son menos visibles e parece, deben estimar que o venden peor. Este é un debate que está aberto hai moito tempo que creo que debían retomar seriamente, porque unha institución como esta ou ben presta os servicios directamente ou ben non os presta, parece que o lóxico que quitando algúns de tipo cultural ou do outro tipo, pois que non os preste directamente e se non os presta directamente o lóxico é que o esforzo do Parque de Maquinaria se vaia a estradas provinciais, o montante desta partida de chapapote que son algúns millóns ó cabo do ano, pois o corran por exemplo para o PAM ou o que sexa, se fan a política coherente. Este debate estaba aquí aberto cos anteriores Presidentes, ó final nunca se tomou a decisións porque os seus axentes electorais prefiren ter a súa disposicións a máquina e demais, e o triste no fondo é que estar ciscando, a veces estropeando estradas por aí ou camiños cando, en fin, poderían vostedes facer outras cousas, e incluso a rentabilidade e moi limitada, saben que a xestión é difícil, as barbaridades que se fan son enormes e que dende logo, si iso podería vender fai vinte anos ou hai vinte e cinco que a xente pois quería a mística de ter a pista ou o que sexa, cando hoxe saben perfectamente que iso non vende nada e que as demandas son outras de outro tipo e demais, entón é un residuo histórico que teñen aí, que se aferran a el e creo que a parte máis conservadora ou caciquil do seu partido e que realmente o que o uso da maquinaria da Deputación para meterse en pistas municipais e a veces privadas e demais, pois lle pode dar máis que un disgusto e realmente rendabilidade pois creo que moi pouca e aparte creo que un entendemento ó que son as necesidades sociais absolutamente traxiversadas porque no fondo é incluso profundamente insolidario é profundamente insolidario e o temos dito e denunciado aquí cantidade de veces, ou sexa non ten pes nin cabeza que unha estrada provincial ou autonómica ou o que sexa, por falar de aquí provincial estese quedando nun estado lamentable, e despois un acceso a unha casa que con que entren vale de sobra, pois estea pranchada, mal pranchada porque é asfaltado frio e demais, non, nun vial municipal ou privado estea pranchado para acceso a unha casa, por onde pasan 5.000 está fatal e despois resulta que por onde pasa un que se sirve perfectamente e non é a súa necesidade prioritaria ter unha pista cun pavimento renovado, simplemente con que pase chegue pois resulta que está moito mellor que o outro, é profundamente insolidaria, unha maneira de ciscar os cartos sen prioridades e máis, e sabe vostede perfectamente que parte de vostedes, por non dicir a maioría, son absolutamente conscientes e comparten o que estou dicindo, agora é un residuo histórico que teñen aquí e demais, entón Parque de Maquinaria si para as estradas provinciais, esforzo si para estradas provinciais e despois o resto pois evidentemente ten que ser secundario porque entre outras cousas, normalmente os accesos son moi limitados, son para un número de persoas limitado, e polo tanto con que teñan un servizo chega de sobra, entón están invertidas as prioridades, están ciscando cartos, estanse a veces metendo en lios, porque despois lévanlle as máquinas as veces a camiños privados que son servcidumes, que vamos que cousas dese tipo é unha política absolutamente disparatada, non estamos en contra de que se mellore a rede viaria pero nunha prioridade clara e será máis importante a principal que a secundaria, por onde pasan cinco mil que por onde pasan dous, e iso e imposible coa política que están facendo vostedes aquí. Evidentemente vostedes este debate non o queren afrontar, é un debate vergonzante para vostedes, é vergonzante, entón din: non, é que os concellos nos piden, porque non llo dan no PAM ou hai, pois claro que piden, e non sei que, e seguen enmarallando e agora nos van a falar de Ribadeo, inda boa é que non nos falou de Almohacín, ¿entende? Porque alá non se sabe que pasa e o debate como tal non o queren enfrontar, e creo que é hora que o enfronten porque en fin, xa o dixen antes son vostedes absolutamente conscientes de que hai unha debilidade de que están facendo algo que non deben facer, que non se debe facer e polo tanto e demais. Por non falar da outra maquinaria de praias por exemplo, está clarísimo que os concellos de máis de cincuenta mil teñen obriga de saneamento, polo tanto se vostedes teñen maquinaria debe de ser a súa obrigación, non a este lle dou, a este non lle dou, a este lle mando a máquina e demais, pero bueno sería obxecto de outro debate, hoxe estamos cunha modificación de crédito que é o que vende en rudela e a partida, o incremento da partida da famosa, do famoso ámbito do chapapote. Moitas gracias. Sr Presidente.- Moitas gracias Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Emilio Gónzalez. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, home, eu sinceramente do que non conozco, como é a anécdota que vostede está contando do concello de Ribadeo non podo falar, pero vostede estaba contando a anécdota e eu estaba pensando que exactamente iso mesmo pasou nesta provincia fai menos dun ano e eran vostedes os artistas da película, exactamente iso, se foron ó concello de Redondela inaguraron un vial, dixéronlle ó goberno municipal tres horas antes, ó marxe de todo mundo e coa súa xente, mire, que quere que lle diga, si me parecía mal aquel tema hai un ano, me parece mal o de Ribadeo se é como vostede o conta, tan claro como iso, pero podo continuar, e dicir, anécdotas desta casa, a ver algún candidato dunha alcaldía do Partido Popular que chega a reclutar xente para a súa lista nun coche oficial da Deputación, ¿quere que siga con anécdotas? e cando queira lle poño nome e apelidos, e sitio, lugar e hora ademais, anécdotas destas e dicir, a min que vostedes agora mesmo empecen a cabrearse con cousas que dicen que son a de Dios, e resulta que vostedes sistematicamente levan toda a vida en política facendo exactamente iso me parece duro, parece duro de quedarse calado mentres vostedes din esas cosa, home a min estábanme comentando, como anécdota tamén, non deixa de estar no campo de anécdota que as máquinas da Deputación estaban limpando praias en Vigo ata oito días despois das eleccións, oito días despois das eleccións retiráronas, e nunca máis volveron, aínda que o concello pediunas por escrito, curioso, curioso tema, non sabemos si é por necesidade que se envían ou é por cor político, ¿quere que siga con anécdotas?, non hai moito tempo asinaron un convenio co concello de Ponteareas para facer actuacións en casco urbano, a Deputación, a parte do Concello por certo tamén a poñía a Deputación ó final, anécdota, ¿sigo con máis?, podemos estar aquí todo o día seguindo con anécdotas dese tipo, eu o único que me refería Sr. Figueroa é algo tan sencillo como, mire a min me resulta tremendamente difícil entender como nun mes escaso que vai a quedar, dende o momento que esta en vigor está modificación, se van a gastar en mover as palas cincocentos mil euros, difícil non, é imposible ¿que ocorre?, e o saben vostedes igual que nos que eses traballos xa están feitos, e eses cartos están gastados, e agora van a cubrilo, punto, iso poden dicilo, tampouco pasa nada e hai fórmulas para pagalo, pero home por encima que nos queiran tomar por tontos, home non empezamos ayer nestas cousas. Por certo o tema que empezou vostede dicindo que había unha Consellería que aínda non había gastado o 25% do seu orzamento, bueno pero iso discútano vostedes e plantéxeno no Parlamento Galego, aquí comprenderá que nin eu teño os datos nin vou a crer os que diga vostede, por suposto, pero claro cando utiliza o que utilizou neste debate, non podo crerme nada do que diga, absolutamente nada. E mire no tema da privatización, que tamén utilizaron como quixeron, aquela historia que eu lles apoiaba unha privatización do Parque de Maquinaria, claro home, pero mire o contexto daquela contestación era tan clariño, tan clariño como o que lle vou a dicir, mire, dedican tantos cartos, en teoría segundo vostedes ó mantemento de carreteras provinciais, co Parque de Maquinaria daquel orzamento, e nos demais tamén, era moito máis barato, pero moito máis barato facelo cunha empresa privada, ¿que ocorre? que nunca din que non é so para vias provinciais, que quizais en vias provinciais sexa onde menos están metendo, entón parece, parece, utilizando isto como o están utilizando vostedes que o Parque de Maquinaria non sirve para nada, pero diga as cousas no contexto que se dixeron e polo que se dixeron, e esta é a realidade. Como lle dicía antes podemos seguir con anécdotas toda a mañá, absolutamente toda a mañá, e de verdade que teñen vostedes bastantes máis, bastantes máis que nós, pero moitas máis porque estiveron moito máis tempo gobernando é certo, pero tamén, tamén e certo porque o é o seu xeito normal de facer política, desgraciadamente, pero é así, volvo a repetir e se quere máis anécdotas podo seguir toda a mañá. Vamos a votar en contra porque o que era debate de verdade do punto non daba para máis que a primeira intervención, pero bueno o Sr. Figueroa ten gañas de contar anécdotas e imos a contar todo anécdotas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Emilio González. Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si bueno, con anécdotas poderíamos continuar todos, e dicir, porque o problema que vostede di de tres horas hai algúns que nin tres horas, algúns nin nos invitaban ós actos nosos, pero non so máis pero hai alcaldes que nin nos invitan á Deputación, o que facemos a Deputación e investimos a Deputación, mire vostede o que pasa e non vou a por exemplos, so vou a falar dunha maneira xenérica, como comprenderá mire que é raro que unha obra que faga a Deputación que non nos inviten nin á propia Institución, e dicir, que o Alcalde inagure a obra e a Deputación non existe, de vir Conselleiros a concellos do Partido Popular e nin chamar ó goberno, bueno non teño un, podería ter un listado enteiro, pero á oposición si que a chama, que a oposición tome as decisións das obras que fan nos concellos onde gobernamos o Partido Popular, xa nin lle quero contar, e de pedir un listado de cinco ou seis obras e despois que a elixa o voceiro da oposición onde goberna o Partido Popular, pois quince ou vinte ou trinta, e bueno desas cuestións de sectarismo home, creo que temos bastantes exemplos e puxen o de Ribadeo para non particularizar en ningún de nós, e dicir, hainos en Vigo, en Pontevedra, en Redondela, en Cangas, en Moaña, en todos os lados, hainos en todos os lados, e iso de que vaian os Conselleiros a facer propostas a concellos onde gobernamos sin contar cos nosos alcaldes, bueno así delas, pero ese non é o fondo do tema, a min me gustaría entrar no fondo do tema e si queren claro que entramos no fondo do tema porque se está quedando este debate nunha anécdota do Parque de Maquinaria e iso é inxusto nesta casa, eu digo sinceramente e vou a empezar a defender con argumentos claros o papel das Deputacións, sobre todo o papel da Deputación de Pontevedra na nosa provincia, miren eu lle vou a dar, estaba anotando aquí so unha serie de exemplos, de exemplos que está facendo está casa que son exemplos a nivel nacional, mire o que lle estou dicindo a nivel nacional, parques infantís; se fixo o maior proxecto de parques infantís de todo o estado español e están aí, e a repercusión empeza a ser positivos e non inaguramos absolutamente ningún, pero non só isto, foron outros os que o inaguraron por nos, que bueno que ó mellor iso si que temos que replantexarnos para que iso non volva a ocorrer, pero mire o maior proxecto de parques infantís e agora empezamos a analizar en todos os concellos que xa todos os concellos empezan a preocupar de facer parques infantís pois aí fixemos investimento importante para moitos nenos e nenas da nos provincia e sobre todo de concellos onde ó mellor non tiñan nin un só parque infantil, e ademais que son modélicos, modélico o tratamento que se lle da e modélico a execución e modélico o deseño, e dicir a nivel nacional, mire o que lle estou falando, non lle estou falando a nivel local nin autonómico. En canto a campos de fútbol de herba sintética, agora parece que entrou a febre na Deputación da Coruña, na Deputación de Lugo nos concellos onde gobernan vostedes, pois mire se quedaron atrás, o mellor proxecto, o proxecto máis ambicioso a nivel nacional tamén, cincuenta e catro campos, se van a construír ó longo dos próximos catro anos dos que levamos, e os que se van a construír de herba sintética, pero claro agora é unha demanda xa xeneralizada, que non pode haber un campo na provincia que non teña herba sintética, que ademais e xusto, porque non sería xusto que uns nenos ou nenas de entre dez e quince ou dezaseis teñan unhas instalacións e outros non teñan absolutamente nada, mire levábamos nesta Comunidade Autónoma e nesta provincia cun retraso tremendo, tremendo en canto a este tipo de instalación. Pero se quere lle falo tamén de cultura, de cultura tamén lle podemos falar das inversións que se están facendo en cultura dende está Deputación, un museo, un museo que está aí, que todos os que empezan a visitalo empezan a quedar sorprendidos, houbo o outro día, unha persoa, un persoeiro importante de Galicia que dixo que era unha das melloras obras que se estaban facendo na provincia de Pontevedra nos últimos vinte anos a nivel cultural, o dixo unha persoa a nivel privado, unha das mellores obras a nivel cultural que se estaban facendo na provincia de Pontevedra dende os últimos vinte anos, o que pasa e bueno, é que hai que ir alí e miralo, visiten as obras que poden visitalas, pidan información e vaian por alí, e cando as visiten se darán conta do que estamos dicindo e da repercusión que vai a ter na nosa provincia, pois iso tamén o está facendo esta Casa. Pero tamén o Arquivo, outro tema importante cultural está aí rematado, totalmente rematado para comezar a funcionar, é outra obra modélica, pero modélica a todos os niveis. Mire esta Deputación é a primeira que non se preocupa só do chapapote como din vostede, porque están quedando na anécdota, vostedes eran escépticos co tema de Barro-Meis, pois aí están dous millóns e pico de metros cadrados que a Xunta de Galicia non é capaz de por en marcha nin o primeiro metro cadrado de solo industrial nos dous anos que levan, nin o primeiro, collen o que viñan da PRISAN que é o único que levaban dun goberno anterior unha herdanza, non foron capaces de por nin o primeiro metro cadrado de solo industrial, iso é o que se está vendo, pois iso está aí tamén e algúns criticaban, non criticaban pero en conversas privadas dicían, bueno isto é unha locura da Deputación, pero como a Deputación se vai a meter, bueno pois aí está, aí está a demanda é aí esta o polígono de Barro-Meis que en un ano empezaremos a ver as primeiras industrias, e iso ¿sabes como se chama?, creación de riqueza e de emprego, creación de riqueza e de emprego, iso e como se chama e o que está facendo esta Casa, e se quere algún día tamén falamos das axudas sociais, a ver quen é o que está dando máis axudas sociais a toda a nosa provincia, que está aí cun Príncipe Felipe que é modélico, que non debería ser competencia nosa pero que os estamos xestionando e que temos unha carga importante con moitos rapaces que teñen problemas que non o recollen en ningún sitio de Galicia e que os temos que recoller nós, e aínda que non sexa unha competencia nosa nós estamos prestando ese servizo adecuadamente e correctamente, e lle podía por máis exemplos, pero creo que con estes son máis que suficientes, polo tanto deixen xa de facer a crítica destrutiva desta Deputación, porque a Deputación ten un papel importante e non é chapapote só, chapapote como vostedes din, que tamén é necesario que as carreteras e viais estean en condicións é unha mínima parte dos proxectos que ten esta casa. E en canto a proxectos europeos, a ver si hai unha institución que nos últimos anos fora capaz de acadar tanto número de proxectos europeos e en tanta cantidade e con tantas persoas destinas e dirixidos eses proxectos, porque aquí vai unha modificación para un proxecto importante que é de depuración de trinta e seis millóns de euros, por suposto que hai moitas máis demandas que poidan plantexar, pero tamén hai outras Administración que loxicamente terán que cubrir esas demandas, nos gustaría saber canto inverteu nos últimos dous anos algunhas das Consellerías en saneamento, abastecemeto na provincia, pois bueno, nos acabamos de rematar cun tema importante, cun tema importante na ría de Pontevedra que este era o último ano en canto a saneamento que está aí tamén. Polo tanto, bueno pois evidentemente que hai necesidades, estamos tamén facendo un esforzo importante en canto ós Consorcios de Bombeiros, e dicir, que tamén é fundamental na nosa provincia, e nos aínda que non sexa unha competencia nosa estamos actuando, polo tanto xa está ben de facer unha crítica destrutiva, imos a empezar a ver si agora van a facer xa como teñen a Deputación de Lugo e da de Coruña a ver se vostedes empezan xa a cambiar algún discurso algúns e outros non sei que pintan nas institucións, se non cren nelas pois non sei que pintan aquí nestas institucións, o que si está claro é que esta Casa, esta Casa e aquí está claro e aí están os orzamentos que se pode reflexar cando vostedes queiran; diñeiro destinado a solo industrial, diñeiro destinado a cultura, diñeiro destinado a turismo, diñeiro destinado a deportes e diñeiro destinado a solucionar os problemas das persoas que é un tema que nos ten que preocupar a todos, polo tanto non se queden no discurso, claro que entro no fondo do tema, non se queden non discurso da anécdota de cincocentos mil euros que son oitenta millóns de pesetas para asfaltados e melloras e para o Parque de Maquinaria e esa é a anécdota e o discurso que vostedes queren quitar pero vostedes saben que o que lle estou dicindo é certo, a ver que Deputación tivo a valentía política de por en marcha dous millóns e pico de metros cadrados de solo industrial, e no futuro continuaremos tamén con cuestións deste tipo. En Covelo, agora mesmo que se está poñendo en marcha outro polígono máis, claro me di o Sr. Crespo que en Lugo agora mesmo queren por o ORAL en marcha, que non falei do ORAL tamén, outro servizo que está funcionando, eu creo que mellor da media do que están funcionando os servizos de recadación de Administracións a nivel nacional, polo tanto miren, eu creo que xa está ben, xa está ben de devaluar de degradar a función desta Casa e desta Deputación, ó mellor o que pasa é que igual non coñecen en profundidade todos os temas e vai haber que explicar todas as inversións e o que está facendo en cada un dos sitios. Areeiro, outro tema importante, Mouriscade, e dicir, pero que hai centos de exemplos, Canteiros que outro exemplo a nivel nacional do que se está facendo, o Palacete das Mendoza de Turismo que é un referente xa, empeza a ser un referente a nivel turístico na nosa provincia e que moitos estaban en desacordo, a ver si todos estes exemplos que eu lle estou pondo hai algún Institución ou unha Deputación a nivel nacional que teña todos estes proxectos en marcha, e seguramente moitos máis que me poden quedar no camiño, pero mire, so o que significa, e se deberían dar conta para os que viven en Pontevedra, eu dende logo me sinto orgulloso de formar parte dun goberno, aínda que sexa en Pontevedra, da inversión do Museo e do Arquivo, é unha inversión que vai a ter unha dinamización da cidade que nin vostedes son capaces de valorar, seguramente temos que vir os de fora para ser capaces de valorar a repercusión que pode ter un edificio, e un organismo como pode ser o Museo na provincia de Pontevedra, valórano ou valorámolo os que vimos de fora, os que están aquí, seguramente, pois bueno o teñen como unha cuestión menor, hai que ir visitalo e miralo para que vexan vostedes que non hai unha obra en Galicia feita nos últimos anos cultural, a nivel cultural da embergadura que está tendo, que vai a ter este Museo, porque está visitada e hai visitas privadas de persoeiros relacionados coa cultura importantísimos a nivel nacional e internacional e aí, seguramente algún día haberá que facer a relación o que pasa é que a xente quere vir dunha maneira privada e non quere que lle demos publicidade aquí. Polo tanto, claro que entramos no fondo do tema Sr Mosquera, ¿Como non imos a entrar no fondo do tema?, vostede se rie, claro se rie pero iso é a realidade desta Casa, por iso a veces é bo perder un pouco de tempo, pero mire son proxectos que non teñen referente en ningunha outra institución, e que son creatividade e que son ideas deste goberno, non de vostedes da oposición porque eu da oposición dende logo levo aquí catro anos, catro anos e pico e non mirei todavía ningunha proposta alternativa a nada, a nada que debería ser vergonzoso para vostedes que un recolla as actas e que non presente nunca unha alternativa, so crítica e senón póñame algunha alternativa que vostedes presentaran nos últimos catro anos, polo menos dende que eu estou aquí, ningunha nesta Casa non houbo nin un só debate onde nin o BNG nin o Partido Socialista fixeran unha proposta alternativa, ningunha, de nada, vostede só fala do chapopete e se acabou a historia queda aí no chapapote debeu quedar instalado no chapapote dos anos noventa, porque eu non sei que era iso, me enterei aquí cando cheguei a esta casa que lle chamaba chapapote, a ver ¿cantas propostas fixo vostede alternativas a esta Casa?, ¿Cantas veces vostede presentou unha alternativa a un presuposto?, ningunha, polo tanto que exemplo nos están dando a nos, de nada, nin de ter ideas, polo menos teñan ideas de cara, dende a oposición a ver si algunha a podemos coller dende o goberno seguramente si son positivas e son ideas construtivas e idas boas para a Provincia, estou convencido de que algunhas as asumiremos. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. Ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Gracias Sr. Presidente. Eu a verdade é que estabamos aquí vamos, en tono jocoso porque o Sr. Figueroa esqueceuse do que estamos a discutir, entón nos mete un especie de debate sobre o estado da provincia ou estado da Deputación que, ¿quere ideas?, mire convoque un Pleno específico para discutir o estado da Deputación e a súa política, e non o meta nun debate absolutametne, vamos dunha modificación de crédito pero vamos non hai ningún problema, temos tempo e vamos alá, aínda que eu intentaría abreviar, e o Sr. Figueroa ten unha serie de lapsus, en fin non sei si o tiña preparado está perolata sobre a importancia da Deputación ou non e toda esta tinta de calamar para non falar do fondo e punto, e demais. Primer lugar agradecerlle que se virara nacionalista, ou sexa fala sempre a nivel nacional, entendemos que galego e agradecerllo, que eu creo que xa é algo que debemos ir avanzando todos no recoñecemento do carácter nacional de Galicia. Bueno pois disculpas polo mal entendido. En segundo lugar con respecto cos parques infantís, que falou de moitísimas cousas que por parte do PP non os inaguraron supoño que será porque Telmo Martín xa non está no PP porque na campaña electoral foi a inagurar ponteando o goberno de Pontevedra o parque infantil de Ponte Sampaio e chámase visita, chámese o que sexa, supoño que non se presenta como independente ou algo así. E xa por último a cantidade, evidentemente non creo que sexa momento para contestar falar de Barro-Meis, falar de non sei cantas cousas, Barro-Meis fixérono vostedes porque a Xunta de vostedes non quixo facelo, agora esa debilidade que teñen vostedes se quere converter en virtude dicindo que non se fai, home o da Raigosa que eu sepa está en marcha e outra serie de polígonos en toda a provincia, Mos e demais, agora a perolata que soltou, eu creo que nos as pensan, a perolata que soltou sobre todos os problemas que ten esta provincia, que si precariedade de instalacións deportivas, etc., dende logo sería un discurso perfectamente suscribible por calquera forza política que estivo dezaseis anos na oposición na Xunta, ou sexa lle pegou un repaso ós gobernos Fraga, os seus gobernos na Xunta espléndido, carencia de polígonos industrial, carencia de dotación de servizos, carencia de instalacións deportivas, carencia de non sei canto, retraso histórico non sei que, repaso histórico non sei canto, ca Deputación como institución pioneira a nivel nacional, eu entendo que galego, bueno eu creo que vai a resolver todos os problemas que deixou o goberno de Fraga, lle pegou un repaso que francamente si o traslada ó Parlamento Galego hoxe ou hai tres anos sería brillante en canto, e bastante realista en canto ó destrozo e as prioridades e demais, e vostedes están agora facendo o que están facendo, agora despois de toda esa perolata se quere ideas, todas as que queira, de feito parte das que están aplicando neste momento foron as ideas aportadas por este grupo, parte de elas ¿eh?, vostedes por exemplo non querían potenciar o turismo, mira que insistimos en que había que potenciar o Patronato etc., etc., despois recolleron e saíu moi ben, fantástico e demais, e outra serie de cuestións tamén, pero non é o momento de debater isto, senón que constatar que unha vez máis que o que estamos votando do gordo da modificación de que vostedes a política do caciqueo do Parque de Maquinaria, do chapapote nas pistas pensan seguir con ela, bueno pois nós imos a seguir batallando para que esas partidas que teñen para un caciqueo absolutamente terceiro mundista, pois non o fagan, e máis hai teñen unha idea, agora esas non as collen, claro evidentemente esas non as colles, ideas todas as que queiras e máis máis, todas as que queira e máis máis pero evidentemente non queren facela, pensan seguir coa política esta terceiro mundista de tal, pensan seguir na Deputación, ben pois nós seguiremos batallando para que non, para que cando menos mentras existan as Deputacións teñan unha política medianamente razonable e eliminen eses auténticos puntos negros da súa actuación, iso é o que estamos discutindo, evidentemente iso vostede non o quere discutir porque sabe que é unha debilidade que non lle leva a ningún lado e que debería estar suprimido hai bastante tempo, nada máis e moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Cesáreo Mosquera. Bueno xa ve que hai amplitude de turnos de palabra, non hai problema. Sr. González. Sr. González Iglesias.- Sr. Figueroa, dicíalle o Sr. Mosquera e é certo, vostede sabe que é certo, cal foi, ademais o argumento que utilizaron vostedes no polígono Barro-Meis, é así de claro o que dixeron vostedes aquí, a Xunta naquel momento non lle interesaba facelo e se meteron vostedes no tema, pero xa que estamos entrando en anécdotas dese tipo mire, dígame cantos metros cadrados de solo industrial se fixeron nos dezaseis anos de goberno do Partido Popular na área de Vigo, na área de Vigo, dígame cantos metros cadrados se fixeron, nin un, nin un, mire Sr. Figueroa llo dicía antes tamén o Sr. Mosquera e é certo deulle vostede un repaso ós seus, os seus e á súa forma de gobernar, mire me di vostede que se meten nos campos de fútbol e que nada, que os están facendo e tal, pero claro que si pero mire e que vostedes non levan gobernando dous anos, para nada, nesta Deputación dende o ano 83 ¿eh?, e tardaron vinte catro anos en descubrilo, vinte e tres, claro home, parece un pouco insultante que diga que non houbo nunca nin unha soa proposta da oposición, eu simplemente lle vou a contestar dicíndolle unha cousa, mire colla vostede nos últimos doce anos todas as emendas ós orzamentos, absolutamente todas, mire o que vostedes contestaban a esas emendas e fíxese, cousa curiosa, un ano, dous anos despois sacaban as ideas desas emendas e plasmábana no orzamento, podo dicirlle destas cousas ¿cantas quere que lle diga?, dez ou doce das novas que están facendo, non non mire non é cuestión de cara Sra. Pedrosa, non é cuestión de cara, garde un pouquiño as formas muller, garde un pouquiño as formas, non é cuestión de cara estou dicindo onde están, váianse ós debates do orzamento dos últimos doce anos e para vostede tamén xa que pensa que teño cara vaia aí, ós debates do orzamento e miren as emendas, miren o que contestaban nas emendas e miren o que fixeron un ano ou dous despois, mire casi todas as cuestións novedosas que se fixeron aquí procederon sempre curiosamente de emendas da oposición en orzamentos anteriores, e curioso o tema, iso si, e certo que naquel momento dicían que non, e punto. Mire Sr. Figueroa di vostedes que agora nos estamos fixando nunha anécdota de cincocentos mil euros, mire cando resulta que a anécdota é o 50% do que se plantexa no punto non é anécdota, claro a modificación de canto é de 1 millón de euros, un pouquiño máis, si estamos de cincocentos mil non estamos discutindo de ningunha anécdota, estamos discutindo exactamente do 50% do que se plantexa aquí, e é certa unha cousa ¿que ocorre?, cando un non ten argumentos de debate para esa anécdota entre comillas, pois se dedica a falar das outras cuestións da Deputación e é certo o que lle dicían e é certo o que estamos pensando todos, mire ¿Queren discutir das cuestións da Deputación nun só punto?, plantexen un punto en calquera Pleno e discutimos, se ningun problema, porque claro tamén habería que dicir, por exemplo, ó mellor que efectivamente fala do Museo dunha obra impresionante pero que este grupo hai un tempo xa que lle pediu a vostedes que nos dixeran se as subcontratas se adaptan á norma legal, a Lei, ás obras do Museo e curiosamente olvidáronse de contestar, isto é exactamente o mesmo que votaron dez meses para contestar polos criterios utilizados no reparto de campos de fútbol, curioso tema, por certo mire vaia vostedes a esas emendas que lle dicía nos orzamentos e verá que hai máis dunha de emenda plantexando cantidades, unha liña de subvención para o tema de parques infantiles, estou falando de dous, tres e catro anos, que naquel momento dixeron que non, e naquel argumento era: oiga hai unha necesidade de todos os concellos de adaptar a normativa ós parques actuais, e naquel momento non lles interesaba a vostedes, curioso tema, curioso, e agora descubrírono, bueno pois que lle imos a facer, agora volvo a repetir Sr. Figueroa cando estamos discutindo a metade do importe do expediente non estamos falando de ningunha anécdota, de ningunha, eso é o que lle interesa a vostede dicir que é unha anécdota, pois non é xusto o 50% do importe do expediente. Non vou a dicir outra vez máis que imos a votar en contra, e se quere seguir debatendo sobre comportamentos do Grupo Popular na Deputación, seguimos, e entón falamos de máis cousas, ningún problema. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Emilio González. Moitas gracias Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Só para rematar dous minutos, decirlles que por suposto que nos si que entramos non fondo do tema, unha anécdota son cincocentos mil euros pero nós estamos convencidos que é necesario e por iso traemos a unha modificación de crédito, non só que sexa necesario e que é imprescindible é que hai que facelo, e con respecto ó Sr. Mosquera, home me dicía a Sra. Pedrosa, eu non sei se o seu Presidente quererá ou non pero que lle podemos dar un pouco para asfaltar a Praza de España aí en fronte do Concello que eu creo que era necesario, me o pide a Sra. Pedrosa agora que eu creo que pode ser unha boa idea dentro desos cincocentos mil euros, mandarlle ás máquinas e tapar esos buracos que están enfrente do concello que eu tamén creo que sería importante, pero iso é unha anécdota. Pero mire con respecto ó discurso que nós dicíamos, que estamos facendo é que o que lle digo é que está institución é unha institución que ten políticas modernas, por moito que algúns queiran dicir que a Deputación está obsoleta, e que é mentira é falso porque estes proxectos que están encima da mesa son proxectos vanguardistas, son proxectos que ningunha institución os pon en marcha en ningunha Deputación e por iso que xa está ben de trasladarlle ós cidadáns, de trasladarlle ós cidadáns de que as institucións e as Deputacións están quedando obsoletas, non, é falso esta institución está falando de solo industrial, está falando de temas sociais, de temas culturais, de temas de turismo, de temas deportivos, ¿que hai máis demandas?, evidentemente, e ¿que haberá que seguir mellorando estas políticas modernas e estas políticas de vanguardia de proxectos? Por suposto, e non estamos facendo ningunha crítica á carencia, estamos dicindo que estamos complementando as necesidades que ten a provincia, porque senón non tería ningún sentido ningunha Deputación ni ningún Concello, temos unha institución única, esa institución fai as inversións e se acabou o problema, no, as institucións temos que estar para ir mellorando cuestións que nos van demandando cidadáns e había momentos que os cidadáns demandaban infraestruturas porque Galicia non tiña infraestruturas, se fixeron as comunicacións coa meseta, se foron mellorando temas de modernización de comunicacións, se están falando. ¡Déixeme rematar!. hai outras necesidades que agora están en marcha que están demandando, temas importantes de infraestrutura, pero hai institucións que temos que ir día a día ás pequenas cousas dos veciños e das veciñas que tamén son importantes, nadie creía nas humanizacións, pois agora hai unha política xeral en todos os concellos de falar de humanizacións, etc., etc., etc., pero o que nos reivindicamos e que imos a seguir reivindicando e que estou convencido que imos a ser capaces de chegar ós veciños e as veciñas e das políticas que fai esta Casa e que son inxustamente tratadas, eu creo que a veces por falta de coñecemento ou por falta de explicación ou por falta de comunicación e nos imos a preocupar de comunicarllo, porque hai programas e proxectos que chegan a miles de veciños e de veciñas, pero miles, e dicir que moitos dos Deputados que están aquí nin os coñecen, e dicir eu o outro día miraba unha seria de proxectos que están destinados, temas de viaxes da terceira idade, balnearios, etc., etc., a máis de doce mil persoas, pero o problema non é ese, o problema é que ese movemento económico queda na provincia, mira o importante que é que se faga un movemento de termal que naceu, o tema termal naceu en Galicia e sobre todo na provincia de Pontevedra, é unha realidade por moito que vostedes queiran ocultar, o tema termal, un dos nacementos da política termal a nivel nacional nace na provincia de Pontevedra dende hai tempo e que se foi consolidando e que agora está totalmente consolidado, polo tano o lóxico é que as persoas nosas, os veciños nosos poidan ter un coñecemento do que está pasando, e esa economía crece e queda aquí na nosa provincia, polo tanto decirlles que si que está Deputación ten políticas modernas, que esta Deputación ten proxectos importantes e que non se queden, e o que dicía dentro do contexto xeral, non se queden na anécdota do chapapote porque é lamentable un discurso pois vacio, en contido, un discurso recorrente que eu creo que xa non cala absolutamente en nadie, e os veciños e as veciñas o saben, o saben porque os programas aí están e eles disfrutan deses programas, programas de formación, e moitos máis programas que están en marcha e daremos conta paulatinamente. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Figueroa. A verdade é que. A ver Sr. Emilio González. Sr. González.- Sr. Louzán unha cuestión, un consello, mire estou mirando polas intervencións do Sr. Figueroa que realmente el ten un problema, un problema serio, ten un complexo, ¿vostede quere ser Deputado autonómico ou estatal?, nos estivo comentando das Consellerías, agora das comunicacións coa meseta pero supoño que iso non ten nada que ver a Deputación. O consello que lle dou Sr. Louzán é que agora que é un período que se van a facer listas para Parlamento do Estado, aconséllolle que polo ben da saúde do Sr. Figueroa que o poña na lista nun posto saíble e todos contentos e entón xa non imos a falar aquí das comunicacións coa meseta ou si da Consellería de turno gasta o 100% do seu orzamento ou non. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. González. Bueno é que a verdade é que dicía o Sr. Mosquera con razón que votaremos, si votaremos pero eu quixera facer, algún comentario con alusión directa, entón terei que facer algún comentario a iso. Primeiro empezando polo último, a verdade é que hoxe nos levamos unha sorprendente noticia porque eu non me daba conta de que aquelo que esta diante do concello se chama Plaza de España, e entón agora si me dou conta porque leva tanto tempo así, pero Sr. Mosquera eu lle fago unha oferta pública dende aquí que nos comprometemos a pavimentar a Plaza de España, pero agora xa me enterei porque está así, porque claro a vostedes o nome de España lle da alergia e aparte de darlle alergia a propia praza en certa maneira, pois hai que denigrar un pouco a praza e máis denigrar o nome, pero nos non temos ningún problema, porque ¿sabe por qué? porque alí veñen miles de persoas, sobre todo de fora, que despois van ó Patronato de Turismo, e polo tanto ven aquela imaxe, e supoño que xa habería algunha máis que algunha denuncia de algún que puido meter algún pé nalgún burato, entón eu me comprometo sen ningún problema de verdade, llo digo a vostede, me pode mandar un escrito par aquí e nós nós comprometemos, incluso con cargo a esa partida que hoxe aprobamos a pavimentarlle a praza e España diante do concello de Pontevedra que eu creo que é unha cuestión importante, e que polo tanto, aínda que só sexa por imaxe, de verdade. Dicía en relación, non me vou a quedar nas anécdotas eu voume basar en cuestións reais, dicía o da confraría que había na modificación porque eu fun que levei directamente esa negociación, só quero recordarlle que a confraría concretamente que estamos nun convenio que estamos neste momento mellorando a súa infraestrutura é a confraría máis antiga de España, todas as confrarías da Provincia de Pontevedra, excepto neste momento a de Vilaxoán, que está en obras tamén coa Deputación de Pontevedra, pois teñen unhas instalacións de acordo coas súas necesidades, gracias como digo ó convenio que a Deputación ten para iso, e a demais esta se da a casualidade que a confraría financia o 50% da inversión, o 50% da inversión desta confraría. Despois se criticou tamén aquí algúns aspectos que eu non me quería quedar nas anécdotas, senón no problema real, porque iso si nos afectan ós intereses da Provincia que tiñan moitísimas razón o Sr. Figueroa cando claro, cando lle puxo todos eses argumentos do que está facendo esta institución, non hai argumentos que se poidan revatir pola súa parte nin pola parte tampouco do Sr. González porque son reais, están aí, pero si hai un tema que nos preocupa que si dende Madrid houberan cun goberno do Partido Popular eliminado un programa como o Programa Operativo Local, POL se chamaba, que os alcaldes o outro día me fixeron constar de que é un prexuízo serio par os intereses do concello, pois que están tremendamente preocupados, pero eliminárono, ¿por qué? , sabe por qué, neste caso o saben os Deputados socialistas que teñen responsabilidade de goberno en Madrid, tamén creo que co Bloque Nacionalista Galego, porque vostedes apoiaron os orzamentos, polo tanto cohabitan tamén aí, e quero dicir que o POL era un reparto equitativo porque era superficie-poboación, non había nada discrecional e que todos criticaron tanto, pois os alcaldes a partir de agora non teñen POL e o van a repartir en Madrid a dedo e vostedes que criticaron sistematicamente tanto ó Presidente da Deputación porque do 100% se quedaba cun 20% para atender aquelas solicitudes urxentes, vostedes non é que se queden co 20% vostedes se quedan neste caso co 100% para distribuír a dedo en Madrid do Programa Operativo Local, estamos falando de miles de millóns das antigas pesetas, de miles de millóns e estaban repartidos equitativamente no cal o Presidente da Deputación non tomaba ningunha decisión de criterios de reparto estaban perfectamente establecidos, superficie-poboación e todos os alcaldes tiñan aceso a ese programa vital para infraestruturas e agora o reparten a dedo en Madrid, non se sabe cando, de momento a anualidade 2007 xa volou, nin os alcaldes a recibiron nin a dedo nin da outra maneira, e creo que iso si me preocupa e por iso non me quero quedar nas anécdotas e quérome ir ós intereses reais que perxudican neste caso á Provincia de Pontevedra. Ó Sr. Mosquera teño que ademais recordarlle que claro, Sr. Mosquera ese lema tan utilizado por vostede, eu levo aquí xa bastantes anos, vostede bastante máis que eu, e que utilizou sempre do chapapote, claro e que agora gobernan entón as cousas cambiaron, porque aparte de gobernar pois iso que ven sendo unha anécdota polo que lle argumentou perfectamente o Sr. Figueroa, o que me din a min os alcaldes e tamén preocupante Sr. Mosquera, o Sr. Delegado de Medio Rural, o que vostede dixo aquí ou facía un simil, o cacique que existe aí na Delegación esa de Medio Rural, pois van por aí os concejales da oposición e creo que están aquí os alcaldes que o poden refrendar, os concejales do Bloque por ejemplo, e lle din: ¿que obra queres para o teu concello? Pois aquela obra, entón vai o alcalde, dentro da lexitimidade que ten como Alcalde, pide a obra, e entón o Delegado de Medio Rural chámalle ó Alcalde e dille non esas que me pediches non pode ser se queres che dou esta, senón non che a dou, e ¿por qué esa? Porque esa foi a que pediu o concejal do Bloque. Vostede imaxínese que por exemplo as obras do PPC, do Plan Provincial que de momento é o único que nos queda con financiación de Madrid que eu en vez de dicirlle ós alcaldes, veñen aquí a unha reunión e lle digo alcaldes repartan ou pidan vostedes queiran facer, me reúno cos do PP e lle digo: oye pois pedir vos aínda que pida o Alcalde, ó Alcalde non lle farei caso e fareivos caso para esas obras concretamente do Plan Provincial de Cooperación ó que me digades vos, entón en conclusión o que se saca é que vostedes en materia caciquil son alumnos aventaxados, alumnos aventaxados. En temas de anécdotas non quero meterme porque creo que xa se falou bastante e seguimos falando de cuestións que nos preocupan e falamos de polígonos claro, alguen dixo nos sei se foi vostede ou o Sr. Emilio González que nos temos moitos polígonos ,virtuais a de Dios deles, reais ningún na provincia de Pontevedra neste momento de solo industrial disponible para os empresarios, so hai unha institución pública que ten solo disponible, que se chama Deputación de Pontevedra, o resto nada e levan gobernando dous anos, levan gobernando dous anos, polo tanto ese é como está neste caso o panorama e vostede, imos a ver o Sr. González tamén dicía algo que é inconcruente porque ademais o alavaron compañeiros seus da oposición tanto dun partido como doutro, a maior etapa de modernización de Galicia se produciu, precisamente con Manuel Fraga, e certo que de algunha maneira ó mellor algunhas cuestións quedaron sen facer como é normal e nalgunhas se cometeron erros, por suposto que si, como non se ían a cometer erros, como non se ían a cometer erros, pero o que é indudable, evidentemente, é a labor que se fixo alavada incluso por compañeiros seus de ambos os dous partidos, por iso que non existen, practicamente, argumentos. En definitiva si o modelo que temos actualmente en Galicia co exemplo que lle puxo en principio, neste caso o Sr. Figueroa, e para eso que cohabitan xuntos, pois andan a peleas constantemente entre vostedes, pois eu creo que mal nos vai, por iso que, primeiro, xa digo critican o que fai a Deputación porque non cree ou creen nas Deputacións e despois copian o modelo do que a Deputación fai, no tema do programa de balnearios, precisamente para a terceira idade, no programa, ese certame que se puxo en marcha tamén para todas as bandas de música, podería falarlle etc., etc., primeiro critiquen que as Deputacións non teñen sentido, etc., e sen embargo copian os modelos que a Deputación pon en marcha, por iso que Sr. Mosquera ese argumento, ese discurso de chapapote, hoxe en día xa non cola, xa non cola, porque ademais vostedes en algunha de esas materias, especialmente no que eu acabo de comentar, pois materia caciquil son alumnos aventaxados, e por iso que a realidade é ben clara, e por iso que ten que cambiar o seu discurso e adaptarse, precisamente, os novos tempos. Supoño que querrá facer algunha alusión que eu evidentemente como é normal sempre lle vou a deixar a palabra para que vostede faga algunha alusión, pero creo que me quedaría coa primeira, porque con iso o debate de hoxe serviría para algo, que é que a Praza de España do concello de Pontevedra vai a ser pavimentada pola Deputación sempre e cando vostede o teña a ben, porque ademais lle recordo que vostede me había dito: non é que na rotonda do ponte dos tirantes, pero estaba mal, estibo mal uns meses, foi a Deputación e a reparou, pero vostedes levan oito anos coa Praza de España abandonada, non sei si é pola alergia do nome ou é porque non queren facelo, entón hoxe hai unha oferta firme de que a Deputación lle vai a pavimentar a Praza de España para que estea, sobre todo que é a fachada do Concello, e para os miles de turistas que por aí veñen, pois como Dios manda. Ten a palabra o Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Agora temos a palabra. Mire o outro día saía da Xunta de Portavoces, preguntaron que tal fora a Xunta de Portavoces, que valoración se facía, e fixen unha valoración que se está reproducindo dunha maneira clarísima, vostedes retiraron unhas mocións que era o que presentaban para o Pleno e demais, pero funcionan exactamente segundo o corno que toquen en Madrid, esquecéndose se están no Goberno si están na oposición o problema é o que diga, entón si en Madrid hai política de bronca vostedes, sobre todos si se achega unhas eleccións, aquí montan bronca incluso estando no Goberno, si agora imos en plan centratista, ¿verdade? Parece que é a nova liña de Madrid, entón imos a ir en plan prudente e non montar bronca e demais, pero o que non se esquecen nunca en no marco no que están facendo que non ten nada que ver coa Deputación. Estamos nunha precampaña das Xerais e entón aproveitan calquera cousa, aproveitan cincocentos mil euros para chapapote, ¿verdade?, para montar aquí unha discusión no que saen de todo, por un lado e por outro, que é verdade, teño dito outras veces e creo que se debía facer, pois mira un debate cara, en fin se algún medio de comunicación lle interesaba e non aproveitar para mazalos agora cun debate aquí, ¿verdade? Que quedara unha acta moi gorda e que a única razón de fondo é discutir das eleccións xerais, é verdade que supoño que vai a ser a tónica, imos a preparar calquera punto sexa, de xestión aquí nada nos ordes do día non ven nada, porque tiveron un parón aí, quedaron moi agotados das eleccións e non están facendo absolutamente nada, pero despois o que é aquí para debater a ver si convencen, eu creo que aquí todo o mundo sabe a quen vai a votar, entón cando intentar convencer, non sei que, mezclando con todo tipo, que si política autonómica, que si política municipal ou o que sexa, entón que a idea ocorrencia, simpática e graciosa que normalmente vai moi vinculada á ignorancia, perdóame que o diga, e dicir dende logo se o problema que ten vostedes, se lle fai moita gracia o da Praza de España, pois mire nós o que non imos a facer é o mesmo que herdamos, por exemplo que herdamos, de que había unha rúa recen asfaltada e estaba contratada levantala toda, evidentemente houbo que levantar a contratación e como sabe vostede aí está previsto un estacionamento, que se retrasou e se me quere referir a esta persoa nos últimos anos non tivo responsabilidade e que probablemente empece a final deste ano, entón facer, e se bacheou estes días, pero facer, na Praza de España, facer un investimento en arranxar iso cando vai a empezar o estacionamento, ou polo menos mentres toman a decisión, pois de verdade, vostede agradece o ofrecemento, todos os ofrecementos, ten aquí enriba da mesa varios ofrecementos para asfaltar varias pistas municipais que non quere facer, ten os ofrecementos dende hai bastante tempo e ese ofrecemento eu non son capaz de aceptarllo por non malgastar cartos públicos, ou sexa se vai a empezar dentro de dous meses ou dentro dun mes e resulta que imos agora a poñernos a gastar cartos e melloralo, pois mire si agora poñémolo bonito un mes, non da tempo nin a facelo nun mes, e despois resulta que levantamos todo e témola, mire é francamente absurdo. Sr. Presidente.- Sr. Mosquera, mire para as Navidades, para as Navidades témola feita nós. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si nós tamén, home non se preocupe, temos unha brigada de bacheo. Sr. Presidente.- Entón xa saben en Pontevedra que para as Navidades está feito ou o fai o Concello ou a Deputación. Sr. Mosquera.- Pero non se preocupe, imos a ver vostede, ou sexa, o que están intentando facer, o debate das xerais están intentando que a súa política de caciquear co chapapote a través dos camiños non sexa o titular, andan disparando para todos os lados a ver si chupan un titular, a min me parece que non é chupar un titular vai a aburrir a todo o mundo, imos a aburrir a todo o mundo, claro é que xa lle vale, poñémonos a discutir, oiga resulta que a brillante idea sae da Sra. Pedrosa que foi portavoz ata hai nada e no concello de Pontevedra non o presenta, non concello de Pontevedra non presenta que se arregle a Praza de España durante catro anos que foi portavoz, home non fagan o ridículo de tal maneira. E fan o ridículo, por exemplo o Sr. Figueroa cando di que agora son os tempos de humanización e tiveron Vigo e Pontevedra, sublevados cos seus militantes e vostedes mesmos cando se intentaron humanizar Pontevedra e Vigo, despois vostedes herdárono e o fixeron en Vigo, home non, non hai que ter, contradicirse de tal maneira e dicir tantas barbaridades, mire estamos falando da modificación se quere seguir falando e senón falamos doutras cousas e nos dan aquí as tres da tarde e aburrimos absolutamente a todo o mundo, que non digo que os temas non sexan interesantes, agora facer un ridículo tan espantoso como traer o asunto do estacionamento da Praza de España aquí, aquí, cando no Concello non o fan, é un ridículo tan espantoso, tan absolutamente espantoso que de verdade, deberían de pensar as cousas antes de dicilas porque é francamente espantoso. Sr. Presidente.- Pero Sr. Mosquera, ¿de verdade se vaia a facer o estacionamento, entón?. Sr. Mosquera.- Pois si e se non se fai vaise a remodelar toda a praza, non se preocupe, pero a hipótese o 99% é que si, e parte eu dígolle unha cousa ou empeza, é responsabilidade miña, polo tanto pode comprometerme, o estacionamento empeza, estamos a finales de outubro, empeza antes de tres meses ou non se fai e polo tanto se remodelará toda a praza, nunha via ou outra se vaia a arreglar o problema e agora se bacheou estes días, entón cando xa está bacheada cando está en marcha non o saca aquí cando non o sacou en catro anos, home é un ridículo francamente, eu dende logo non me atrevería nin a comentalo, pero bueno as cousas que fan vostedes así cando empezan a dispersar e están pensando non no orden do día senón en facer campaña cara ás xerais, porque é realmente o que están pensando, e non sei que campaña fan aquí, eu non sei se haberá aquí algún indeciso, eu dudo que haxa nin medio indeciso, entón gasten esas enerxías noutro lado, ¡caramba! Falemos do orde do día e xa está, e senón falemos desto, sen ningún problema pero home dunha maneira un pouco reglada porque senón nos podemos tirar tres horas ou catro horas ou cinco horas falando de todo habido e por haber, home alégrome da humanización por exemplo, e se seguimos vostedes fan a ponte de Pontearnelas e de paso humanízanlle a ponte vella, ou sexa a Deputación si é no concello de Ribadumia resulta que fai esas obras, mentras o PP en Pontevedra levanta ó público porque. Bueno na parte de acá de Ribadumia. Sr. Presidente.- Ah! ben matizado. Sr. Mosquera.- Exactamente. Porque o concello de Pontevedra o está facendo, vale pois imos ó debate de humanización, ¿quen as paga e como se fan caciqueos con elas e como se manipula?, ben imos a ese debate, sacouno o Sr. Figueroa, ¿Quere debater a Praza de España?, debatémolo, ¿quere debater o Museo?, o vende como a gran cousa cando resulta que o Museo tamén foi financiado por outros, home non sacou Pasarón, non sacou Pasaron que foi o único que non saíu, parece que en Pasarón están un pouco avergonzados de que realmente non supervisaron ben o proxecto, non van a investigar que teñen que facelo como os cartos, non van a investigar de quen e responsabilidade, polo menos darlle un tirón verbal ou formal a quen sexa a quen corresponda o autor do proxecto, a Xunta, a quen sexa. Foi o único que non citaron eu creo que deberían citalo tamén, debían citar tamén o de Pasarón, as vivendas diante do Museo a estrada de Vigo, etc. Todas esas por favor, se quere discutimos de todo iso e xa está, agora eu non sei onde nos vai a levar. E vostede Sr. Presidente, dende logo, a súa intervención xa demostra claramente a que veñen, a que veñen, iso si sen montar bronca especial porque agora toca, en Madrid dixeron que si a liña Acebes e Zaplana non, hai que ir un pouco máis tranquilo, polo tanto, en fin cositas e tal, falamos de cousas construtivas, ¿verdade?, cositas construtivas, imos a facer e demais e máis ben nos dedicamos a criticar á oposición, o que pasa que claro estiveron gobernando dezaseis anos en Santiago, entón critican a Santiago, de verdade isto creo que non da para máis, pero se vostedes queren que de da, e pola nosa parte tamén sacamos máis temas se queren para ir dando. Ou sexa o que están pretendendo é que o que estamos discutindo, que é que vostedes en todas as modificacións de crédito están inchando a partida de chapapote porque gastan indiscriminadamente e despois van, ou sexa non hai tres millóns de euros ó inicio e despois se gastan, se axusta, non non se meten tres millóns e se dice: ¡uy que xa os gastamos!, máis ¡uy que fai bo tempo e podemos andar moito coas máquinas!, máis, máis ¡uy que hai que planchar, pois o concello de Mos!, ala asfaltar ata as corredoiras e ata os sitios protexidos, ala veña, ¡uy que gastamos de máis! E mete por aí dunha maneira disparatada e caciquil iso non é o que quere que se fale porque aí teñen un punto débil, entón falan de todo o habido e por haber e bueno pois ningún problema, ningún problema porque dende logo, nós neste debate e máis non tíñamos nada que perder pero tampouco que gañar porque realmente indecisos, indecisos aquí non é sitio para facer foro, e as actas dígolle que non as leen case ninguén, nin as leemos as veces os Deputados, ou sexa que case ninguén, ou sexa que non perda o tempo, faga o favor. Sr, Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, non é certo que nós non, aquí convencémonos a nos mesmos e ós compañeiros e compañeiras dos medios de comunicación porque os digo vostedes utilizan outra política que é páxinas pagadas todos os días nos periódicos desas de, páxinas bonitas e tal, Xunta de Galicia, Xunta de Galicia, porque ademais como hai dous gobernos, cada un pon unha páxina, había un domingo que houbo dezasete páxinas, pero a todo cor nos medios de Galicia, dezasete nada menos, si detrás de todo iso foran cousas reais pois estaría ben. Pero eu sei que o Sr. Mosquera está contento, está contento porque a única institución pública que invirtiu na cidade de Pontevedra foi a Deputación, o dixo o seu Alcalde o outro día cando criticou á Xunta de Galicia que a Consellería de Política Territorial en dous anos que leva no inverteu absolutamente nada, ¿non?. ¿En dez? Bueno dous máis oito, dous máis oito, non pero eu digo Sr. Mosquera que a inversión máis importante da historia na cidade de Pontevedra foi acometida pola Deputación nos últimos catro anos e iso é bo para os cidadáns de Pontevedra, por iso nos queda a Praza de España que eu me alegro e ademais de que eu o digo como cidadán tamén que estou practicamente aquí aparta da incorporación de Teresa do que ela dixo, que é certo pero se ve a diario que iso está rematadamente mal e que hai que arranxalo, e no outro creo que se lle esgotou o discurso do tema do chapapote Sr. Mosquera, se agotou, por iso que imos a proceder neste caso á votación. Imos a votar nesta caso ó punto nº 5 que é o expediente de modificación de créditos nº 3/2007 para a súa aprobación ou pola contra a súa oposición, pero bueno supoño que ten os votos do Partido Popular para aprobar esta modificación de crédito. ¿Votos en contra?, ¿Abstencións?, ¿A favor?. Visto o expediente de modificación de créditos número 3/2007, dentro do vixente orzamento provincial, por un importe total de 1.090.000,00 euros, motivado pola necesidade de realizar gastos que non poden demorarse ata o exercicio seguinte, e ó non existir consignación suficiente no estado de gastos do orzamento corrente financiarase con cargo ó remanente líquido de tesourería por importe de 1.090.000,00 euros. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSOE e do BNG, aprobar o expediente de modificación de créditos número 3/2007, que resumido por capítulos presenta a seguinte estrutura: Capítulo 2º Gastos en bens correntes e de servizos ................ 620.000,00 € Capítulo 6º Investimentos reais................................................... 410.000,00 € Capítulo 7º Transferencias de capital.......................................... 60.000,00 € Total variacións por capítulos .... 1.090.000,00 € O detalle do expediente de modificación créditos número 3/2007 é o seguinte: Partida Denominación Importe 313-313-780.01 Atencións asistenciais – A familias 30.000,00 € 451-451-226.11 Gastos diversos de actividades culturais 60.000,00 € 451-451-789.04 Outras transferencias (Fundación Ceo, Ciencia e Cultura, para “Observatorio de Astronomía”) 30.000,00 € 511-511-210.00 Reparacións, mantemento e conservación – Infraestruturas e Bens Naturais 500.000,00 € 511.511.214.00 Reparacións, mantemento e conservación – Material de transporte. 20.000,00 € 511.511.221.03 Subministros – Combustibles e carburantes 40.000,00 € 711.711.668.07 Investimentos en agricultura, pesca e medio ambiente, (D07/0002 – Edificio da Confraría de Pescadores de San Antoniño de Cambados) 300.000,00 € 911.441.662.02 Investimentos de proxectos xestionados (Para obra civil das depuradoras do “Proxecto DEPUTRANS”) 110.000,00 € Total suplementos de crédito……….. 1.090.000,00 € Este expediente finánciase con cargo ó remanente líquido de tesourería contabilizándose no concepto de ingreso seguinte: Concepto de Ingreso Denominación Importe 611-870.01 Remanente de tesourería – Aplicado para financiar suplementos de créditos 1.090.000,00 € O expediente de modificación de créditos número 3/2007 será exposto ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días hábiles, quedando definitivamente aprobado en caso de non producirse estas. 6.5597.- COMUNICACIÓNS Sr. Presidente.- Comunicacións. Sr. Secretario.- Se da cuenta de los extractos de Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 24 de septiembre y el 23 de octubre y así mismo de una Resolución Presidencial por la que se delega en el Vicepresidente Sr. Durán Hermida las atribuciones de la Presidencia durante su ausencia los días del 8 al 15 de octubre. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais dictadas pola Presidencia entre os días 24 de setembro e 23 de outubro do ano 2007 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 5 de outubro do ano 2007, delegando as atribucións da Presidencia dende o día 8 ó 15 de outubro, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente desta Deputación, Don José Juan Durán Hermida. 7.5598.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. Sra. Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Muy bien muchas gracias, digo que boicotees a Emilio es pasable pero a mí, en fin. Yo sólo quería recordarle al Sr. Mosquera que las mentiras las ponga en su boca no en la mía, que yo sinceramente no tengo porque soportar que usted mienta en mi boca, dice que no hice ninguna iniciativa en el Concello de Pontevedra al respecto, no, es por alusiones y solo quiero al Sr. un ruego, ruego al Sr. Mosquera que en este Pleno no mienta por mi, y lo quiero hacer público porque acaba de manifestar. Bueno no sea maleducado Sr. González por favor, en fin mire. ¡Estoy haciendo un ruego!. Sr. Presidente.- Sr. Emilio González… Sra. Pedrosa Silva.- Bueno, ruego al Sr. Presidente de la Excelentísima Diputación de Pontevedra que le transmita al Sr. Diputado portavoz del BNG que no mienta en nombre de otros que las manifestaciones que esta Diputada quiera hacer en el concello de Pontevedra las hace allí sobre una obra que lleva adjudicada ocho años, el aparcamiento de la Alameda, adjudicada, que en numerosas ocasiones pedimos que se ejecute que tiene ya permiso de Patrimonio de la época de la Xunta del PP y que si no se ejecuta no es ni por culpa de esta Diputada ni de esta casa, será exclusivamente por culpa del Gobierno Local que no le interesa hacerla, entonces que no mienta porque nadie hace alusiones porque hicimos mociones, preguntas y ruegos en el Concello de Pontevedra para que se haga esa obra y como en este País hay libertad de expresión yo hago el ruego que estimo oportuno no el que usted políticamente le interese y yo siento que hoy tanto el BNG como el PSOE estén enfadados porque hayan oído cosas que no quieren oír, pero le pido que con sus gestos no sea maleducado. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Sr. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si eu, Sr. Presidente.- No hai outro ruego, aquí me pediron a palabra eu llo terei que dar, imos a ver vostedes tiveron, cada un tivo as intervencións que quixo, e polo tanto estamos aquí nunha Corporación Provincial e todo o mundo vai a ter o seu turno de palabra. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Agradécese Sr. Presidente, eu o que quería dicir é que normalmente a nós se nos acusaba, incluso se nos acuso de ser antiinstitucionais, normalmente somos moi respetuosos coas reglas do xogo e polo tanto eu o que bou a facer vai a ser unha pregunta que estamos en rogos e preguntas e normalmente se roga pregunta ó goberno sobre accións que fixo ou non fixo o emitiu para ter información ou para tal, entón a pregunta en concreto, ó rogo é o seguinte, non, hai un vial que conecta Pontevedra e Poio que vai dende o Bao ata cerca do concello de Poio, pero que agora tiña moi serias dificultades para ampliar ou para melloralo na baixada de Poio ata a antiga comarcal 550 porque alí e estreito e demais, pero agora ten unha saída que é a rotonda de Fraga-Moreira e polo tanto estou falando do vial do Bao a Campañó, polo tanto o rogo, a pregunta é si hai algunha previsión de mellorala e o rogo é de que en caso de que non o haxa pois se mellore porque nestes momentos aberto, vamos a variante norte de Poio pois poderíase cumprir e pode cumprir e se cumpre, pero pódese cumprir máis no futuro unha mellora moi seria das comunicacións, sobre todo como a variante da estrada a Vilagarcía para non cargala máis e como comunicación entre esas dúas zonas que incluso hai dous polígonos industriais nas cabezeras, por un lado o do Bao, privado, e por outro lado o de FragaMoreira que está en trámites pero non so pola cuestión industrial senón por todo resto é que igual a funcionalidade desa estrada antes de abrir a variante de Poio pois era limitada, sobre todo pola saída, pero nestes momentos pode ser bastante máis, entón discorre case todo terreo cumunal, terreo privado e tal, pero en principio e todo rústico, non debería haber problemas para ampliala, entón a pregunta é si hai unha previsión para ampliala e mellorala e rogo é que en caso de que non o haxa, pois se faga. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera. Nada revisaremos ese tema, previsión, e me parece un tema razoable e dentro das previsións a posibilidade de atender neste caso a súa mellora. Martínez Giráldez, Gabriel. Sr. Martínez Giráldez.- Bos días ante todo, mire sigo insistindo coa pregunta que lle fixe no último Pleno que era en relación co penedo da Sobra en Guláns, vostedes si me contestaron a medias, o único que me mandan é un informe do Enxeñeiro, pero realmente non me contestan á miña pregunta ou entendo que non me contestan á pregunta, vostede se comprometeu con todos os veciños a levar a cabo a solución digamos de eliminar este penedo que supón un perigo para os veciños da zona o cal a min aquí co informe non se me di cando se vai a facer, nin realmente vostede vai cumprir a súa promesa de facelo, ¿non? entón me gustaría realmente que me contestara a iso. Sr. Presidente.- Vale, Vale. Moitas gracias, bueno, eu xa lle contestei o outro día, o que pasa que eu creo que debe ser cuestión de que non nos entendemos, ¿non?, a Consellería de Industria, que ademais e do seu partido, fixo un proxecto, se comprometeu a facelo e parece ser que non o fixo, proxecto que temos nos unha copia porque lle foi entregada á Comunidade de Montes, entón a Deputación con equipo incluso externo e tamén os propios Enxeñeiros están intentando darlle unha solución, entendemos que primeiro é atender á poboación, porque hai poboación que está preocupada polo famoso penedo e o que se trata non é dun debate político, senón o que se trata e de darlle solución a un problema, hai catro ou cinco casas afectadas e polo tanto nós seguimos vendo a posibilidade de afrontalo, evidentemente, pero cando rematen todos os estudios que están facendo, aínda que a simple vista para os que non o coñezan parece un tema menor, para os que tivemos a oportunidade de ir alí e velo en varias ocasións, aparte de que polos datos técnicos é un tema que non é fácil de solucionar, por iso que se segue traballando, esperamos que nos dean a posible solución e despois, pois intentar afrontalo. ¿Máis preguntas?. Sr. Martínez Giráldez.- Mire, con respecto a iso ten razón, sei que é un tema importante e é un tema importante para os veciños e non soamente para os veciños, para todos aqueles que vivimos naquela zona, porque si nos preocupan os nosos veciños, pero o que si tamén é certo é que vostede se comprometeu publicamente a levar a cabo esas obra, o cal a Consellería de Industria ó único que se comprometeu foi a facer un informe, o cal o fixo e o cal vostede recoñece que ten unha copia e tal vez non lle chegara formalmente pero si o ten a través da Comunidade de Montes, igual que o conseguiu eu tamén a través da Comunidade de Montes, pois o que lle quero dicir é que vostede fixo un compromiso público está aí recollido nos medios de comunicación e máis, teño aquí incluso as súas palabras recollidas alí cando estivo cos veciños e o que lle pido por favor é que leve a cabo as súas promesas e que non sexa soamente unhas promesas cara á campaña electoral que foi o que fixo, entón nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias, nada eu dicirlle que como corresponsal dos seus compañeiros na Xunta tamén dicirlle que non se dediquen só a facer informes e falsas promesas e que se iniciaron unha cousa, non a acabaron ou non fixeron nada, porque vostede como comprenderá facer un informe e máis nada cando os veciños teñen un problema e ninguén lle da solución pois creo que iso é o preocupante, eu xa lle dixen como está, espero que entre os externos e os propios enxeñeiros da Casa acerten a dar a solución que poida ser viable e efectiva e resolverlle os problemas ós cidadáns que é do que se trata. Dona Isaura Abelairas. Sra. Abelairas Rodríguez.- ¿funciona ou non?, Sr. Presidentes.- Agora si. Sra. Abelairas Rodríguez.- Ben, vos días eu traía un rogo e agora teño tres, o primeiro que modifiquen o sistema este de megafonía que da moito a lata. Sr. Presidente.- ¿Perdón? Sra. Abelairas Rodríguez.- Que modifiquen o sistema de megafonía que da moito a lata. Sr. Presidente.- Ah!, vale. Sra. Abelairas Rodríguez.- O segundo en si, vai dirixido a vostede Sr. Presidente, eu non quero perder a fe nas institucións, porque despois de dedicarme toda a vida ó ensino e de explicarlle, precisamente a función das institucións que e empeza en cuarto de primaria, non quero perder a fe nin o respecto e empezo por esta mesma institución, o meu rogo Sr. Presidente vai en pedirlle dende esta miña humilde postura de concelleira do Partido Socialista, que poña en valor esta Institución, pedirlle na medida do posible, que ordene o debate e pedirlle na medida do posible, repito, dende esta humilde posición de concelleira socialista, que se centre o debate nas cuestións procesadas na orde do día. E o segundo rogo é que dado que acaban de aprobar vostedes unha modificación presupuestaria e que o Sr. Chema Figueroa dixo que era para facer moitas cousas, o Sr. Chema Figueroa sabe perfectamente que na parroquia de Bembrive na cidade de Vigo existe unha estrada que vai de Coutadas a Bembrive e que falta por urbanizar un tramo de dous quilómetros é unha estrada da Deputación, e o que lle solicito, o que lle rogo é que parte deses cartos sexan para urbanizar ese tramo de dous quilómetros, ó mesmo tempo que contemplen o anchamento da ponte na volta do Demo en Bembrive, simplemente é un rogo, pregaríalle Sr. Presidente de que como é un rogo que lle estou facendo, e non estou presentando unha moción e nese respecto que pide as institucións non quero entrar nun debate, pediríalle que o tivera en conta. Esa é a miña petición. Gracias. Sr. Presidente.- Si, gracias Sra. Isaura Abelairas, mire coa seriedade mesma que vostede fala, coa seriedade e coa profundidade que eu sei que vostedes con esa profundidade nas palabras, aquí non houbo nunca ningún problema, polo tanto eu lle remitiría a vostedes que acudise a algúns dos Plenos que se celebren pola nosa provincia para que tomara boa nota de compañeiros e compañeiras seus de como proceden na actitude, na actitude, entón vostede sei que ten moita fe nas institución, eu tamén, teño a mesa fe que vostede, a mesma fe que vostede pero para predicar co exemplo hai que, neste caso os seus compañeiros e compañeiras, dicirlles o mesmo, dicirlles o mesmo, dende esta Casa aquí non houbo nunca ningún problema nese sentido, non sei cal é a falta de fe na que vostede non ten nas Institución, non sei cal é falta de fe porque creo que aquí, no debate de hoxe concretamente, non houbo ningún problema, o único problema debeuse crear vostede todo o mundo puido intervir sobre cuestións que lle preocupan, e neste caso no ámbito da provincia hai muitas cuestións que me preocupan, e polo tanto o debate vai a ser sobre aquelas cuestións que nos interesen, independentemente de que cada punto, pois ten evidentemente un contido e cada un pois ten a liberdade que vostedes tanto falan de liberdade de expresión para poder dicir o que crea conveniente nese momento, porque para iso ten unha acta de Deputado porque eu sei que vostede esas seriedades que a veces camelan, intentan pois que me están falando dunha cuestión de profundidade, etc., etc., pero vostede tamén está nunha corporación municipal en Vigo, e vamos e se pode comprobar o amplo espectro da Provincia, pois tome boa nota de como fan os seus compañeiros porque eu aquí teño moito datos en relacións a esas cuestións porque falta de respecto deso hai moito, dende non recibir Alcaldes dende hai mai de dous anos etc., etc., para iso hai que ter fe nas Institucións Sra. Abelairas, hai que ter fe tamén neso, chámase respecto, tamén se chama respecto cando se vai a visitar algún concello e non se fala cos Alcaldes do PP, hai que ter fe nas Institucións Sra. Abelaira. ¿Quere que lle de máis exemplos?, creo que son suficientes, senón aquí nesta carpeta que eu traio comigo hai para dar e tomar, para ter fe nas Institucións, polo tanto demagoxia si, pero a xustiña, demagoxia si pero a xusta, porque comigo non vai ese tipo, irá xa lle digo vostedes grupo do Partido Popular e os outros dous grupos poderán falar do que queiran, non vai a haber ningún problema e tiveron sempre esa liberdade, creo que nadie se faltou ó respecto, polo tanto demagoxia xa ós que levamos xa algúns anos nesto non nos vai a coller por sorpresa, polo tanto xa lle contesto iso indirecto, xa que vostede non quere recibir a resposta do Sr. Figueroa a esa cuestión pero bueno, lla mandaremos por escrito que non hai ningún problema. Ah! que era a min, si pero eu formo parte dun grupo como vostede forma parte do seu e eu teño un portavoz que se chama Sr. Figueroa, polo tanto imos a ver si nos situamos exactamente todos, cada un no sitio que nos corresponde, non houbo ningún problema, non houbo ningún problema, nin o vai a haber, polo tanto eu sei que queren utilizar esa demagoxia para dicir que si o debate non estivo axustado a dereito ou non dereito, aquí se pode falar en calquera Pleno das cuestións que nos preocupan, polo tanto a ver si nos deixamos xa de tanta cuestión de profundidade e de calado de seriedade e tal porque despois cando chega a hora da verdade sabemos como nos as damos. Mais preguntas. ¿Algún rogo? Non hai. Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as doce horas e cincuenta e cinco minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de documentación

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición