ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

1.1.3. Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36024.AM.LAL.2.GF001.F0001.SF003

  • Título 1.1.3. Pleno

  • Data(s) 1841 - 2011 (Creación) 1841 - (Produción) - 2011 (Produción)

  • Volume e soporte 106 unidades de instalación; 212 agrupacións documentais: 3501 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Lalín(1836) O territorio do concello de Lalín sitúase no norte da provincia de Pontevedra, no centro da comarca do Deza; linda cos concellos de Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Irixo, Forcarei e Silleda. Ocupa unha gran superficie, superior ós trescentos catorce quilómetros cadrados, con trescentas trinta e catro entidades de poboación dispersas nas corenta e oito parroquias actuais: Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moimenta, Moneixas, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra, nas que residen ó redor de vinte mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción do Deza, con señorío do conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século XIX chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermés, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o concello de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de corenta e oito parroquias.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Lalín

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF003.
    1.1.3. Pleno
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno
    S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos
    S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Lalín (Tema) (Creador)

Área de control da descrición