ATOPO
Rexistros actuais: 1.353.753
Obxectos dixitais dispoñibles: 500.435

Creador de

Concello de Lalín

Área de descrición

  • Datas de existencia 1836

  • Historia O territorio do concello de Lalín sitúase no norte da provincia de Pontevedra, no centro da comarca do Deza; linda cos concellos de Vila de Cruces, Agolada, Rodeiro, Dozón, Irixo, Forcarei e Silleda. Ocupa unha gran superficie, superior ós trescentos catorce quilómetros cadrados, con trescentas trinta e catro entidades de poboación dispersas nas corenta e oito parroquias actuais: Albarellos, Alemparte, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro de Cabras, Catasós, O Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Filgueira, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moimenta, Moneixas, Noceda, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, A Veiga, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, A Xesta e Zobra, nas que residen ó redor de vinte mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Lalín. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción do Deza, con señorío do conde de Lemos e da de Cambra, con señorío do arcebispo de Santiago. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século XIX chegaron a funcionar moitos neste territorio, entre eles os de Lalín, Bendoiro, Vilatuxe, Catasós, Lodeiro, Vilanova, Barcia, Bermés, Noceda, Cangas e Losón. Xa no proceso definitivo créase o concello de Lalín, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de corenta e oito parroquias.

  • Lugares Galicia - Pontevedra - Comarca do Deza - Lalín

Área de control da descrición

  • Regras e/ou convencións usadas International Standard Archival Authority Record of Corporate Bodies, Persons and Families, ISAAR (CPF)