ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/02/20_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-02-20_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/02/20_Ordinaria

  • Data(s) 2004-02-20 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 20 de febreiro de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e quince minutos do día vinte de febreiro do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11878.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de febreiro de 2004. ------ Folla: 2.11879.- RENUNCIA Á AXUDA CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CRECENTE PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS 2003 PARA "MELLORA NAS ÁREAS RECREATIVAS DE REGO E GARCÍA NEIRA" Vista a petición formulada polo Sr. Alcalde de Crecente onde expresa a renuncia á axuda concedida en Comisión de Goberno de data 12 de xuño de 2003, para "Mellora nas áreas recreativas de Rego e García Neira", por valor de catro mil euros (4.000,00), e visto así mesmo o informe favorable da Técnica de Medio Ambiente, acórdase por unanimidade proceder á anulación de dita axuda. ------ Folla: 3.11880.- RENUNCIA DA AXUDA CONCEDIDA Ó BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, D. CARLOS BASTÓN SILVA, PARA A ADQUISICIÓN DUN VHF E GPS Vista a petición formulada por D. Carlos Bastón Silva, beneficiario das Axudas á Pesca Costeira Artesanal 2003, onde expresa a renuncia da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, para a adquisición dun VHF e GPS, na contía de cento setenta e tres euros con cincuenta e dous céntimos (173,52). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade proceder á anulación de dita axuda. ------ Folla: 4.11881.- RENUNCIA DA AXUDA CONCEDIDA Ó BENEFICIARIO DAS AXUDAS Á PESCA COSTEIRA ARTESANAL 2003, D. ANTONIO COVELO RODRÍGUEZ, PARA A ADQUISICIÓN DUN GPS E SONDA Vista a petición formulada por D. Antonio Covelo Rodríguez, beneficiario das Axudas á Pesca Costeira Artesanal 2003, onde expresa a renuncia da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 31 de outubro de 2003, para a adquisición dun GPS e Sonda, na contía de mil cen euros (1.100,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade proceder á anulación de dita axuda. ------ Folla: 5.11882.- AXUDA ECONÓMICA Á FUNDACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DA COMARCA DO MORRAZO (CIF: G-36.372.449) PARA A REALIZACIÓN DO PORTAL DE INTERNET: O MORRAZO, A AULA VIVA DO MAR Vista a solicitude formulada por D. Juan Carlos Enríquez López, Xerente da Fundación para O Desenvolvemento da Comarca do Morrazo, visto así mesmo os informes do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario e a Bióloga da Sección de Pesca e o informe económico favorable da Intervención núm. 200400009214 de data 12-02-2004, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica á Fundación para O Desenvolvemento da Comarca do Morrazo para a realización do Portal de Internet: O Morrazo, A Aula Viva do Mar, por importe de seis mil euros (6.000,00), con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 6.11883.- AXUDA ECONÓMICA A LOITAMAR S. COOP. GALEGA (CIF: F-36392223) PARA A ADQUISICIÓN DUN COMPLEXO MODULAR DESTINADO A OFICINAS, VESTIARIOS, ASEOS E ALMACÉN DE MATERIAIS PARA OS VIVEIROS DE CULTIVO DE RODABALLO Vista a solicitude formulada por D. Casiano Iglesias Piñeiro, Presidente de Loitamar S. Coop. Galega, visto así mesmo os informes do Enxeñeiro Director e a Bióloga do Servicio Agrario, e o informe económico favorable da Intervención núm. 200400009051 de data 11-02-2004, acórdase por unanimidade conceder unha axuda económica a Loitamar S. Coop. Galega (CIF: F-36392223), para a adquisición dun complexo modular destinado a oficinas, vestiarios, aseos e almacén de materiais para os viveiros de cultivo de rodaballo, por importe de once mil cincocentos euros (11.500,00), con cargo á partida 711.711.779.02 do vixente orzamento provincial. ------ Folla: 7.11884.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000 do 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos, acórdase por unanimidade a devolución das seguintes garantías: PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L .- A constituída en metálico, por importe de mil trescentos noventa e dous euros (1.392,00), para responder do "LOTE NÚM. 2 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-03-2003, núm. de operación 200300012840, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de seiscentos trinta e sete euros (637,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 6 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-06-2003, núm. de operación 200300041444, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de trescentos noventa e dous euros (392,00), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 6 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-10-2003, núm. de operación 200300074790, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico, por importe de oitocentos euros (800,00), para responder do: "LOTE NÚM. 9 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-03-2003, núm. de operación 200300012842, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de seiscentos euros (600,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 9 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-06-2003, núm. de operación 200300041443, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Gallego, por importe de setecentos tres euros (703,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 29 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-06-2003, núm. de operación 200300041442, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de oitocentos oitenta e oito euros (888,00), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 29 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-10-2003, núm. de operación 200300074788, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GRANITOS MÉNDEZ Y CONSTRUCCIONES, S.L .- A constituída en metálico, por importe de cincocentos noventa e sete euros con sesenta céntimos (597,60), para responder do: "LOTE NÚM. 5 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 06-03-2003, núm. de operación 200300012839, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en metálico, por importe de noventa e nove euros con sesenta céntimos (99,60), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 5 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-05-2003, núm. de operación 200300036525, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. PAFOTRANS, S.L .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de seiscentos noventa e nove euros con corenta e catro céntimos (699,44), para responder do: "LOTE NÚM. 24 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 17-03-2003, núm. de operación 200300018846, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. OBRAS, TRANSPORTES Y CONSTRUCCIONES FONTEFRÍA, S.L. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de novecentos cincuenta e sete euros (957,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 3 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-10-2003, núm. de operación 200300076977, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos oitenta e oito euros (288,00), para responder do: "LOTE NÚM. 7 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-03-2003, núm. de operación 200300021427, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos dezaseis euros (216,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 7 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-06-2003, núm. de operación 200300041445, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos oitenta e oito euros (288,00), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 7 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-10-2003, núm. de operación 200300076975, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de douscentos sesenta euros (260,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 11 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 10-06-2003, núm. de operación 200300041446, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cento cincuenta e seis euros (156,00), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 11 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-10-2003, núm. de operación 200300076980, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. CANTERAS DEL ARENAL, S.L .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de setecentos oitenta e un euros con vinte céntimos (781,20), para responder do: "LOTE NÚM. 18 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, núm. de operación 200300010378, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de cincocentos cincuenta e oito euros (558,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 18 DO CONCURSO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-05-2003, núm. de operación 200300038481, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de setecentos oitenta e un euros con vinte céntimos (781,20), para responder do: "LOTE NÚM. 19 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, núm. de operación 200300010379, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de douscentos vintetrés euros (223,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 19 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-05-2003, núm. de operación 200300038482, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de setecentos vintecinco euros con corenta céntimos (725,40), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 19 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2003, núm. de operación 200300090304, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de setecentos setenta e nove euros (779,00), para responder do: "LOTE NÚM. 33 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, núm. de operación 200300010380, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil noventa euros con sesenta céntimos (1.090,60), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 33 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-05-2003, núm. de operación 200300038483, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil catrocentos oitenta euros con dez céntimos (1.480,10), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 33 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-10-2003, núm. de operación 200300073714, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil cento sesenta e oito euros con cincuenta céntimos (1.168,50), para responder da: "TERCEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 33 DO CONCURSO DE ALUGAMENTO DE MAQUINARIA E VEHÍCULOS DE TRANSPORTE DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2003, núm. de operación 200300090302, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de tres mil douscentos vintenove euros con vinte céntimos (3.229,20) , para responder do: "LOTE NÚM. 46 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, núm. de operación 200300010381, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil catrocentos catro euros (1.404,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 46 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-05-2003, núm. de operación 200300038484, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil cento setenta euros (1.170,00), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 46 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-10-2003, núm. de operación 200300073712, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de setecentos dous euros (702,00), para responder da: "TERCEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 46 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 04-12-2003, núm. de operación 200300090306, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de dous mil novecentos dezaseis euros (2.916,00), para responder do: "LOTE NÚM.49 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 14-02-2003, núm. de operación 200300010382, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oitocentos sesenta e catro euros (864,00), para responder da: "PRIMEIRA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 49 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 30-05-2003, núm. de operación 200300038485, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. .- A constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de mil cincocentos doce euros (1.512,00), para responder da: "SEGUNDA AMPLIACIÓN DO LOTE NÚM. 49 DO CONCURSO DE SUBMINISTRO DE MATERIAIS DO ANO 2003", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 09-10-2003, núm. de operación 200300073713, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. GUERRAgolada, S.L. .- A constituída en metálico, por importe de novecentos oitenta e catro euros con noventa e tres céntimos (984,93), para responder do: "SUBMINISTRO DUN CARRO UNIFEED PARA A ALIMENTACIÓN DO GANDO DA FINCA MOURISCADE", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-05-2003, núm. de operación 200300034918, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. Así mesmo, vistas as solicitudes efectuadas por D. Francisco Fernández Fernández para a devolución de varias fianzas constituídas no seu día para responder da súa xestión como Recadador das Zonas de Cambados-Vilagarcía e Ponteareas, e visto o expediente tramitado ó efecto, onde constan os informes de Intervención de data 13 de febreiro de 2004 e o do Sr. Tesoureiro de data 9 de febreiro de 2004, no que manifesta que as referidas fianzas non están suxeitas a ningún proceso de responsabilidade ou calquera outra causa, é polo que acórdase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: .- A constituída mediante aval da antiga CAJA DE AHORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, na actualidade CAIXANOVA, por importe de 5.842.623 pesetas, equivalente de 35.114,87 euros, para responder das obrigas como Recadador da zona núm. 1 (Cambados-Vilagarcía), para a que foi nomeado por acordo da Comisión de Goberno de data 22 de febreiro de 1988 e que foi depositada na Tesourería Provincial o 02-03-1988, segundo mandamento de ingreso número de caixa 635, rúbrica 06.040 de valores independentes e auxiliares do presuposto, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. .- A constituída mediante aval 8971/00006 do BANDO DE GALICIA, por importe de 3.569.576 pesetas, equivalentes a 21.453,58 euros, para responder da xestión como Recadador da zona de Ponteareas, datando o seu nomeamento do ano 1984, cesando como tal no ano 1988, por ser nomeado como Recadador da zona de Cambados-Vilagarcía. .- A constituída mediante aval da antiga CAJA DE AHORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, na actualidade CAIXANOVA, por importe de 403.035 pesetas, equivalente de 2.422,29 euros, para responder do prexuízo de valores da zona recadadora de Ponteareas, por valores incursos en 3º grado de responsabilidade, de acordo co artigo 202 c) do Regulamento Xeral de Recadación e que foi depositada na Tesourería Provincial o 16-05-1990, segundo mandamento de ingreso número de caixa 1621, rúbrica 06.040 de valores independentes e auxiliares do presuposto, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. .- A constituída mediante aval da antiga CAJA DE AHORROS PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, na actualidade CAIXANOVA, por importe de 165.121 pesetas, equivalente de 992,40 euros, para responder do prexuízo de valores da zona recadadora de Ponteareas, por valores incursos en 2º grado de responsabilidade, de acordo co artigo 202 c) do Regulamento Xeral de Recadación e que foi depositada na Tesourería Provincial o 07-05-1990, segundo mandamento de ingreso número de caixa 1480, rúbrica 06.040 de valores independentes e auxiliares do presuposto, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal. ------ Folla: 8.11885.- CONVOCATORIA DUNHA BECA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS DE DIAGNÓSTICO FITOPATOLÓXICO E ENDOMICORRIZAS De conformidade coa proposta do Enxeñeiro Xefe do Servicio Agrario, así como o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, acórdase por unanimidade aproba-la convocatoria e bases dunha beca de Licenciado en Bioloxía para a realización de tarefas de diagnóstico fitopatolóxico e endomicorrizas na Finca Areeiro. ------ Folla: 9.11886.- CONVOCATORIA DUNHA BECA DE LICENCIADO EN BIOLOXÍA PARA O ESTUDIO, CRÍA E POSTA PUNTO DE NEMATODOS ENTOMOPATÓXENOS De conformidade coa proposta do Enxeñeiro Xefe do Servicio Agrario, así como o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, acórdase por unanimidade aproba-la convocatoria e bases dunha beca de Licenciado en Bioloxía para o estudio, cría e posta a punto de nematodos entomopatóxenos na Finca Areeiro. ------ Folla: 10.11887.- CONVOCATORIA DUNHA BECA DE ENXEÑEIRO TÉCNICO FORESTAL OU AGRÍCOLA PARA A ÁREA DE FRUTICULTURA DA FINCA AREEIRO De conformidade coa proposta do Enxeñeiro Xefe do Servicio Agrario, así como o artigo 35.2.b da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, acórdase por unanimidade aproba-la convocatoria e bases dunha beca de Enxeñeiro Técnico Forestal ou Agrícola para a área de Fruticultura da Finca Areeiro. ------ Folla: 11.11888.- SOLICITUDE DE AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTIR A CURSO Visto o escrito presentado no Rexistro Xeral desta Excma. Deputación Provincial o 4 de febreiro de 2004, polo funcionario D. Carlos Cuadrado Romay, Vicesecretario, interesando permiso e axuda económica para asistir a un curso sobre "La gestión del patrimonio de las Administraciones Públicas", que se celebrará en Madrid os días 24 e 25 de febreiro de 2004, acórdase por unanimidade, en virtude das facultades que confire o artigo 61.12 do Real Decreto 2568/86, de 28 de novembro, e artigo 105 da Lei 5/97 de Administración Local de Galicia, concederlle o permiso do día 23 ó 25 de febreiro e unha axuda económica por importe de 1.532,90 euros, desglosada nos seguintes conceptos: .- Inscrición ................................................984,84 euros .- Desprazamentos (en avión ida e volta)...183,00 euros .- Peaxe, aparcadoiro e taxis.....................100,00 euros .- Axudas de custo......................................265,06 euros Total......................................................1.532,90 euros Ditas cantidades aboaranse co carácter de a xustificar con cargo ás partidas 121.121.230.01, 121.121.231.01 e 122-314-162.00 de formación e perfeccionamento (cuota de inscrición) do presuposto provincial, e de conformidade co establecido no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servicio. ------ Folla: 12.11889.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR Dª MARÍA DOLORES GONZÁLEZ NOVOA E D. FRANCISCO BOUZO ESTEVEZ, POR DANOS SUFRIDOS NA ESTRADA PROVINCIAL EP 4001 PONTEAREAS - GUILLADE Dada conta que con data de Rexistro 05-01-04 tivo entrada nesta Deputación notificación xuntando expediente testemuñado con resolución finalizadora da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, comprensiva de reclamación de responsabilidade patrimonial presentada perante ese organismo por Dª María Dolores González Novoa e D. Francisco Bouzo Estevez, con enderezo a efectos de notificacións en rúa Venezuela, 12 - 1º E de Vigo, por danos padecidos no automóbil da propiedade do segundo, marca BMW 318-I e matrícula PO-4821-AT, na estrada 4001 - Ponteareas-Guillade, o día 13-09-02, e que individualiza economicamente en 1.000,00 euros os danos materiais e en 13.835,81 euros os persoais da primeira. Resultando.- Que con data 20-01-04 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, que o emitiu en data 04-02-04 co seguinte contido: a) La carretera Puenteareas - Guillade es la EP 4001. b) Según me informa el Capataz de la zona no tiene constancia de la existencia en fechas próximas al 13 de septiembre de 2002. No obstante, queremos añadir al respecto que, por un lado, parece francamente extraño que pueda existir arenilla suelta en una carretera cuyo ensanche y establecimiento de nuevo pavimento con rodadura de mezcla bituminosa en caliente se liquidó en el anterior mes de julio. Por otra parte, y en relación con la hojarasca, decir que en la zona y a ambos márgenes de la calzada existen árboles conocidos vulgarmente como "acacia australiana" que desprende gran cantidad de hojas, por lo que, en septiembre, es posible existiese hojarasca en la calzada. Naturalmente, la Brigada que atiende la zona, en sus recorridos periódicos limpia en esa y cualquier otra vía provincial, todo elemento que pueda ser peligroso para la circulación, pero ni ese día ni en los inmediatos anteriores estuvo en ese vial. De hecho la hojarasca, en la mayor parte de los casos, desaparece sola por efectos del posible aire o el propio tráfico, salvo que coincida algún día con lluvia o simple humedad, pero continuará su eliminación en cuanto desaparezca esa humedad. c) No le consta al Capataz ningún accidente ni en la carretera ni en esas fechas. d) Deseamos aclarar respecto del párrafo contenido en la Alegación primera del escrito de reclamación y que dice "Se hace constar que al poco tiempo del siniestro se procedió a señalizar ese tramo, mediante señales verticales e incluso con el vallado de algunas zonas", que dentro de sus anuales actuaciones en el campo de la señalización (tanto vertical como horizontal) que la Excma. Diputación lleva a cabo en convenio con la Dirección General de Tráfico, en julio de 2003 se adjudicó la obra de "señalización vertical CC.PP. de la Comarca de Condado y Vigo" (liquidada el 07/01/2004) que comprendía, junto con otras seis vías provinciales, la señalización vertical de TODA la carretera de Puenteareas a Guillade." Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe de Vías e Obras, rigurosísimo dende o punto de vista da fundamentación, exclúese a neglixencia ou, no seu caso, a falta de dilixencia debida en canto ó perfecto mantemento, incluído neste concepto a limpeza periódica, sinalización universal e vixilancia da referida estrada. A maiores, o devandito informe contén xuízo de estrañeza en canto a existencia de "...arenilla suelta" nunha vía de novo pavimento con rodadura de mestura bituminosa en quente que se levara a cabo no ano inmediatamente anterior. A maiores, e xa para concluír este xuízo de exoneración de responsabilidade, cita-lo antecedente de feito "ÚNICO" da resolución de inadmisión dictada polo Secretario Xeral da CPTOPV en exercicio da delegación do Conselleiro, e que, ós efectos que interesan di: "... non se deu conta do accidente á Autoridade Xudicial; e que os Axentes (destacamento do Porriño da Garda Civil de Tráfico) non observaron na vía sustancia ningunha nin restos de materia que puideran provocar o accidente e as condicións meteorolóxicas non dificultaban a normal circulación". Folgan máis consideracións no apoio dun razoamento lóxico xurídico que debe conducir á desestimación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 13.11890.- RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. WESCENLAO BESADA OTERO POR DANOS EN ACCIDENTE DE TRÁFICO NA ESTRADA DE SANXENXO A MEAÑO Dada conta que con data de Rexistro 24 de abril de 2003 tivo entrada nesta Deputación Providencia do Concello de Sanxenxo xuntando dilixencia de manifestación de Don Wenceslao Besada Otero, con enderezo a efectos de notificacións no lugar de Axis-Simes nº 7, Meaño, na que denunciaba danos padecidos no automóbil da súa propiedade marca Ford Mondeo, matrícula PO-6762-AV, na estrada de Sanxenxo a Meaño, o día 26 de febreiro de 2003, e que o interesado non individualiza economicamente. Resultando.- Que con data 29 de abril de 2003 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do RD 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 171 do RD 2568/86, se solicitou informe ó Servicio de Vías e Obras, petición reiterada o 15 de decembro de 2003, e, ante a demora na súa emisión, reiterada novamente o 21 de xaneiro de 2004. Por fin o 2 de febreiro de 2004 emitiuse o mesmo co seguinte contido: "Se trata de una obra de Saneamiento que la empresa COVSA estaba realizando para la Mancomunidad del Salnés en ese Ayuntamiento. De haber algún daño corresponde exclusivamente a la EMPRESA COVSA que ni siquiera trabajaba para la Diputación". Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do RD 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do RD 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, por canto do informe do Servicio de Vías e Obras se deduce claramente que a obra que deu lugar ó sinistro foi realizada pola empresa "COVSA" e a adxudicataria era a Mancomunidade do Salnés, polo que estamos perante dun suposto de feito que vai incluso máis aló da doutrina xusriprudencial que baseada no artigo 97 da Lei de Contratos das Administracións Públicas, exonera á Administración cando entre a actividade desta e o particular se interpón un empresario privado que, coa súa neglixencia, causa o dano, que en ningún caso é atribuíble á estructura administrativa nin sequera na modalidade de culpa "in vigilando". Recordemos o dictado do artigo invocado polo seu clarexador contido: "Será obligación del contratista indemnizar los daños y perjuicios que se causen a terceros como consecuencia de las operaciones que requiera la ejecución del contrato". Engadamos ó anterior que non se trataba de obras adxudicadas pola Deputación, se non que se estaban a efectuar por adxudicación da Mancomunidade do Salnés, e chegaremos á conclusión de que erra o particular ó dirixirse ó ente provincial. Para concluír e a título puramente consideratorio sobre a responsabilidade que puidera caber á Mancomunidade ou á empresa, dicir que a actuación probatoria é certamente feble, por canto nin nas dilixencias da Policía Local nin na manifestación do interesado se menciona a ausencia de sinalización das obras, sinalización que cabe pensar existía, por canto é dato relevante que ó reclamante importa alegar e á Policía facer constar; este só dato, de ter adxudicada a obra a Deputación, serviría "per se" para desestima-la reclamación. Considerando.- Que as Administracións Públicas se rexen en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e ss. da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do RD 2568/86 e RD 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do RD 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestima-la reclamación. ------ Folla: 14.11891.- INFORME EN RELACIÓN COAS ESTRADAS PROVINCIAIS SOBRE PROXECTO DE PLAN ESPECIAL DE REMODELACIÓN INTERIOR NO ÁMBITO DA UNIDADE DE ACTUACIÓN NÚM. 15 EN DESENVOLVEMENTO DAS PREVISIÓNS DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA DE PONTEVEDRA Dada conta da comunicación do Sr. Tenente Alcalde Delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente do Concello de Pontevedra de data 2 de febreiro de 2004 (rexistro de entrada núm. 002951, de data 09-01-04), pola que se remite copia do expediente do Proxecto de Plan Especial de Remodelación Interior no Ámbito da Unidade de Actuación nº 15 en Desenvolvemento das Previsións do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Pontevedra, a efectos de informe en relación coas estradas provinciais por parte desta Deputación. Considerando o disposto no artigo 15,4, da Lei 4/94, de 14 de novembro, de Estradas de Galicia, en relación coas estradas provinciais. Visto o informe do Sr. Enxeñeiro Director de Vías e Obras, de data 16 de febreiro de 2004, que literalmente di: "... considerando que el mismo se ubica en suelo urbano dentro del planeamiento de la ciudad de Pontevedra, y de acuerdo con la Ordenanza del Uso y Defensa de las Carreteras Provinciales, considerando que en lo que a la Carretera Provincial E.P. 0003 Pedra do Lagarto-Marcón, se mantienen las alineaciones establecidas en el Plan General de Ordenación de Pontevedra, por parte de este Servicio se emite informe favorable". A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e acorda a súa remisión ó Excmo. Concello de Pontevedra. ------ Folla: 15.11892.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 16.11893.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 17.11894.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 18.11895.- DAR CONTA DE SENTENCIA "A Xunta de Goberno queda enterada e acorda a execución nos seus propios termos de Sentencia do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Pontevedra, recaída en autos de Procedemento Abreviado 274/ 2003 promovido por D. Germán Calvo Riveiro contra Resolución Presidencial recaída en expediente sancionador nº 5/03 por infracción da Ordenanza Reguladora do Uso e Defensa das Estradas Provinciais, na que se impoñía ó recorrente unha sanción de 3.000,00 € e a reposición do medio físico ó seu estado anterior, estimando integramente o Xulgado a demanda interposta, con anulación da sanción ante a falta de proba da autoría directa ou mediata do recorrente da infracción que se lle imputaba. Igualmente a Xunta de Goberno acorda dar traslado ó Servicio de Vías e Obras, lembrándolle o contido da comunicación da Asesoría Xurídica de 11 de febreiro de 2004 sobre a necesidade de que por dito Servicio se dean as oportunas instruccións ós Vixilantes para a identificación dos denunciantes naqueles supostos en que as denuncias deveñan de testemuñas de terceiras persoas, a fin de completar cabalmente a actividade probatoria e non facer inútiles os esforzos na instrucción do procedemento sancionador e, por ende, a dos técnicos dos servicios xurídicos que ostenten a defensa en xuízo.". ------ Folla: 19.11896.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DE "DIVERSAS OBRAS" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o día 13 dos correntes polo que se prestou aprobación ós proxectos de "Campo de Fútbol de céspede artificial en Vilariño" e "Cuberta para a pista deportiva en Camos", por importe de 360.607,26 euros e 90.151,81 euros, con cargo ós remanentes producidos nas partidas 123.452-622.01 e 911.911-662.00 do exercicio de 2003 que serán incorporados ó presente exercicio; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas, no que non manifesta reparos ó mesmo; e, visto o informe favorable de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aproba-lo gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, de "Diversas Obras" que a continuación se relacionan: 1.- Cuberta da pista deportiva en Camos (Nigrán) 90.151,81 2.- Campo de fútbol de céspede artificial en Vilariño (Nigrán) 360.607,26 TOTAL 450.759,07 As obras obxecto do concurso financiaranse con cargo ás partidas 123.452-622.01 e 911.911-662.00 unha vez incorporados ó presente exercicio os remanentes producidos no de 2003. Así mesmo, expóñense ó público os proxectos e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 20.11897.- RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE IDEAS PARA A RECUPERACIÓN E REXENERACIÓN DO ESPACIO NATURAL DE PONTE ARNELAS Téndose aprobado pola Comisión de Goberno en sesión do día 10 de outubro, a convocatoria dun concurso de ideas para a recuperación e rexeneración do espacio natural de Ponte Arnelas, sendo o anuncio da convocatoria publicado no BOP núm. 201 e no DOGA núm. 206 de datas 17 e 23 de outubro de 2003, e vistas as propostas dos membros do xurado, acórdase por unanimidade acepta-las propostas do xurado e concede-los seguintes premios: .- Primeiro premio.- De 12.000,00 euros ó traballo presentado baixo o lema "Sendero del agua" do que é autor o seguinte equipo: Arquitectos Directores: Isabel Aguirre de Urcola e Celestino García Braña. Colaboradores: Miguel Iglesias Hidalgo e María Fernández Fernández. .- Dous accésit ex aequo.- De 3.000,00 euros a cada un dos traballos presentados baixo os seguintes lemas: "Xacias", do que é autor a empresa Toxos Outos, S.L.L. "O río que nos une", do que é autor ARKYPAI (Ignacio Rodríguez Urgel), para o que existe unha consignación na partida 03/711.442.227.06. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición