ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Acta de sesión 2004/04/02_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.33.371/1.2004-04-02_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2004/04/02_Ordinaria

  • Data(s) 2004-04-02 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Folla: XUNTA DE GOBERNO Sesión do día 2 de abril de 2004 --------o0o-------- En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e vintecinco minutos do día dous de abril do ano dous mil catro, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. Xosé Crespo Iglesias, Dona María Teresa Pedrosa Silva, D. José Juan Durán Hermida, D. José Enrique Sotelo Villar, D. Ramón Campos Durán, D. Antonio Feliciano Fernández Rocha, D. José Manuel Figueroa Vila, D. José Antonio Landín Eirín e D. Alfredo Rodríguez Millares, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fé do acto D. Rogelio Nicieza de la Cerra, Secretario Xeral e está presente o Sr. Interventor, D. Bautista Pérez Carnero. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.11976.- ACTA ANTERIOR Acórdase por unanimidade, aproba-lo borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de marzo de 2004. ------ Folla: 2.11977.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE TITULADOS NÁUTICO PESQUEROS (AETINAPE), PARA FINANCIAR UN PROGRAMA DE FORMACIÓN DIRIXIDO A TITULADOS NÁUTICO PESQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ASOCIADOS OU NON A AETINAPE Vistos os informes da Bióloga da Sección de Pesca e Cultivos Mariños e do Enxeñeiro Director do Servicio Agrario de data 24 de marzo de 2004. Visto así mesmo o informe da Asesoría Xurídica de data 8 de marzo de 2004 e o informe de Intervención de 22 de marzo no que consta a dispoñibilidade orzamentaria segundo RC emitido por importe de vintecatro mil euros (24.000,00), con cargo á partida 04/711.711.479.01, acórdase por unanimidade aproba-lo Convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e a Asociación Española de Titulados Náutico Pesqueros (AETINAPE), para financiar un programa de formación dirixido a Titulados Náutico Pesqueiros da provincia de Pontevedra asociados ou non a AETINAPE, e facultar ó Ilmo. Sr. Presidente para a súa sinatura. Dito Convenio é como segue: CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E A ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE TITULADOS NÁUTICO-PESQUERA (AETINAPE) PARA FINANCIAR UN PROGRAMA DE FORMACIÓN DIRIXIDO A TITULADOS NÁUTICO-PESQUEIROS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA ASOCIADOS OU NON A AETINAPE REUNIDOS Por unha parte, D. Rafael Louzán Abal, como Presidente a Deputación Provincial de Pontevedra, de acordo coas competencias que se lle outorgan segundo o artigo 105, 1a da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. E, por outra, D. José Manuel Muñiz Ríos, Presidente da Asociación Española de Titulados Náutico-Pesquera. INTERVEÑEN Ámbalas partes no exercicio das competencias que lles están legalmente atribuídas, recoñecéndose reciprocamente capacidade e obrigándose segundo os termos que constan neste documento. MANIFESTAN Que a situación do sector marítimo-pesqueiro, así como a aplicación das novas tecnoloxías á navegación fai imprescindible e necesario a recalificación dos traballadores e un constante esforzo de reciclaxe por parte dun importante número de profesionais do sector. Que AETINAPE ten como obxectivo participar na adecuación do sector marítimo-pesqueiro ás novas demandas da situación económico-social actual, así como a que o traballo no mar se preste nas mellores condicións de seguridade. Que a Asociación Española de Titulados Náutico-Pesquera (AETINAPE) vén realizando nos últimos anos un importante esforzo á hora de apoia-la formación continua no sector pesqueiro. Que para dar resposta a estes obxectivos AETINAPE plantexa a realización dun programa de accións formativas para o cal dispón das dotacións didácticas, recursos tecnolóxicos, monitores especializados e con experiencia na formación de adultos, manuais e todo o material de apoio preciso para levar a cabo ditas accións. Que a Deputación Provincial de Pontevedra en virtude do disposto no artigo 109, 1d, da Lei 5/97, de 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia, é competente en materia de fomento e administración dos intereses peculiares da provincia. Que parece conveniente, co fin dunha optimización na utilización dos recursos tanto humanos como materiais e económicos de ámbalas dúas Institucións, realizar actuacións conxuntas para cubrir aqueles obxectivos comúns, e por todo isto as dúas partes subscriben o presente Convenio, conforme coas seguintes CLÁUSULAS PRIMEIRA.- O presente Convenio ten por obxecto financiar un programa de formación de Titulados Náutico-Pesqueiros, fomentando con iso a mellora na seguridade do tráfico marítimo e consonte ó detalle que figura na memoria adxunta e que forma parte do contido do presente Convenio. SEGUNDA.- A Deputación comprométese a: 1.- O financiamento do programa de formación de Titulados Náutico-Pesqueiros, cunha achega de 24.000,00 euros. Dito programa consta dun curso de Familiarización en Buques Tanque, un curso de Especialidade para o Persoal de Buques Petroleiros, e outro curso de Operador de Radar de punteo automático. 2.- Unha vez asinado o Convenio, a Deputación Provincial de Pontevedra realizará os pagamentos con cargo á partida 711.711.479.01 do vixente orzamento provincial, previa presentación das facturas correspondentes referidas ás accións comprendidas no programa. 3.- O pagamento será efectuado a favor da Asociación Española de Titulados Náutico-Pesquera (AETINAPE), previa expedición de certificación de conformidade expedida polo Director responsable do seguimento do programa nomeado pola Deputación de Pontevedra. TERCEIRA.- A Asociación Española de Titulados Náutico-Pesquera (AETINAPE), comprométese a: 1.- Executa-las accións previstas no programa de formación de Titulados Náutico-Pesqueiros, de acordo coas estipulacións técnicas recollidas na memoria e no apartado primeiro da cláusula segunda, aportando o persoal e medios técnicos necesarios para a realización do programa de formación. 2.- Por en coñecemento da Deputación as incidencias que lle afecten ó mencionado programa. 3.- Facer consta-la colaboración da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en tódolos soportes que se empreguen para difusión e divulgación do proxecto. CUARTA.- O incumprimento destas normas por unha das partes facultará á outra para rescindi-lo Convenio, quedando automaticamente anulados tódolos dereitos correspondentes sobre o obxecto do mesmo. QUINTA.- A vixencia do presente Convenio establécese nun ano (1 ano), dende a sinatura do mesmo podendo ser prorrogado expresamente. SEXTA.- O presente Convenio terá carácter administrativo, quedando ámbalas dúas partes suxeitas á Xurisdicción do Contencioso Administrativo para a resolución de calquera conflicto que puidera xurdir na aplicación do mesmo. Como proba de conformidade e para a debida constancia do convido, ámbalas partes outorgantes subscriben este documento que se asina en Pontevedra, o día ............. de .................................. de dous mil catro. O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN O PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA ESPAÑOLA DE TITULADOS - NÁUTICO-PESQUEROS D. Rafael Louzán Abal D. José Manuel Muñiz Ríos ------ Folla: 3.11978.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. MANUEL MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS, PARA REALIZAR E XUSTIFICA-LA INVERSIÓN ADQUISICIÓN DE CARROS DE VARADA E SOPORTES PARA BARCOS Vista a solicitude formulada por D. Manuel Martínez Fernández, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San José de Cangas, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, segundo Bases de Axuda a Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra 2003, na contía de dez mil cincocentos sesenta euros (10.560,00) e cambio de aplicación segundo acordo da Xunta de Goberno de data 23 de xaneiro de 2004. Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, o acordo da Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, e o acordo da Xunta de Goberno de data 23 de xaneiro de 2004, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 4.11979.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. MANUEL MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES SAN JOSÉ DE CANGAS, PARA REALIZAR E XUSTIFICA-LA INVERSIÓN ADQUISICIÓN DE CÁMARAS E CASETA PARA ALBERGA-LOS EQUIPOS DE VIXILANCIA Vista a solicitude formulada por D. Manuel Martínez Fernández, Patrón Maior da Confraría de Pescadores San José de Cangas, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, segundo Bases de Axuda a Confrarías de Pescadores da provincia de Pontevedra 2003, na contía de nove mil trinta e cinco euros (9.035,00) e cambio de aplicación segundo acordo da Xunta de Goberno de data 23 de xaneiro de 2004. Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario, o acordo da Comisión de Goberno de data 3 de outubro de 2003, e o acordo da Xunta de Goberno de data 23 de xaneiro de 2004, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da inversión, a contar dende a data deste acordo. ------ Folla: 5.11980.- PRÓRROGA SOLICITADA POR D. JESÚS LÓPEZ MÉNDEZ, PATRÓN MAIOR DA CONFRARÍA DE PESCADORES LA ANUNCIADA DE BAIONA (CIF: G-36.618.510) PARA REALIZAR E XUSTIFICA-LA AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE SEMENTE DE AMEIXA Vista a petición formulada por D. Jesús López Méndez, Patrón Maior da Confraría de Pescadores La Anunciada de Baiona, onde solicita prórroga para a realización e xustificación da axuda concedida en Comisión de Goberno de data 7 de novembro de 2003, na contía de tres mil euros (3.000,00). Visto así mesmo o informe favorable da Bióloga do Servicio Agrario e o acordo da Comisión de Goberno de data 7 de novembro de 2003, acórdase por unanimidade a concesión dunha prórroga de seis meses para a realización e xustificación da axuda concedida no seu día. ------ Folla: 6.11981.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE VALGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS-2003 Vista a solicitude formulada polo Sr. Alcalde do Concello de Valga e o informe da Técnica de Medio Ambiente do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para "Borde fluvial para a praia de Vilarello", incluída nas Axudas para Praias Fluviais, Espacios Naturais e Áreas Recreativas, por importe de vinte mil euros (20.000,00). ------ Folla: 7.11982.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA FORMULADA POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE MEAÑO PARA A XUSTIFICACIÓN DA AXUDA ECONÓMICA PARA PRAIAS FLUVIAIS, ESPACIOS NATURAIS E ÁREAS RECREATIVAS-2003 Vista a solicitude formulada polo Sr. Alcalde do Concello de Meaño e o informe da Técnica de Medio Ambiente do Servicio Agrario, acórdase por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de maio do presente ano, para a xustificación da axuda económica concedida para "Creación de área recreativa en Abuín", incluída nas Axudas para Praias Fluviais, Espacios Naturais e Áreas Recreativas, por importe de cinco mil euros (5.000,00). ------ Folla: 8.11983.- PRÓRROGA DE AXUDA DE "EMERXENCIA SOCIAL" PARA A BENEFICIARIA ALICIA FRAMIL JUSTO, DO CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO De conformidade co informe favorable da Comisión Informativa de Benestar Social e Muller, acórdase por unanimidade aproba-la prórroga de axuda de Emerxencia Social ata o 1 de xuño de 2004, concedida a Dona Alicia Framil Justo, de Campo Lameiro, para "Arranxo de vivenda", en Comisión de Goberno de 31-10-03 por un importe de 2.856,34 euros, dos que aporta a Deputación 2.197,18 euros e o Concello 659,16 euros. ------ Folla: 9.11984.- APROBACIÓN DA PROPOSTA DE CELEBRACIÓN DA FESTA DA BICICLETA De conformidade co dictame favorable da Comisión Informativa de Xuventude e Deportes, acórdase por unanimidade aproba-las propostas de celebración de Festas da Bicicleta nos seguintes concellos: Cambados, A Estrada, Ribadumia, O Rosal, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e Valga. ------ Folla: 10.11985.- SOLICITUDE DO CONCELLO DE COVELO PARA REALIZAR POR ADMINISTRACIÓN A OBRA "ALCANTARILLADO MACEIRA BARRIO DE IGLESIA", INCLUÍDA NO POL/2004 CO ORDINAL 386 Acórdase por unanimidade, aproba-la solicitude do Concello de COVELO interesando realizar por administración a obra "Alcantarillado Maceira Barrio Iglesia", por importe de 119.547,08 euros e incluída no Programa Operativo Local, exercicio 2004 co ordinal 386, debendo axustarse a súa xustificación ó que dispón o artigo 152 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas. ------ Folla: 11.11986.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE "PECHAMENTO DA ZONA DE APARCAMENTO NA CIDADE INFANTIL PRÍNCIPE FELIPE" Redactándose polo Servicio de Vías de Obras o proxecto de "Pechamento da zona de aparcamento na Cidade Infantil Príncipe Felipe" con orzamento de 35.890,40 euros, IVE incluído; e, visto o documento RC emitido por Intervención, no que se certifica a existencia de saldo de crédito dispoñible na partida 04/422.422-622.03, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto. ------ Folla: 12.11987.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, MEDIANTE CONCURSO, DA OBRA DE "REFORMA DO PALACETE DE MENDOZA PARA A SÚA ADECUACIÓN ÁS CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno en sesión celebrada o 17-03-2004, polo que se prestou aprobación ó proxecto "Reforma do Palacete de Mendoza para a súa adecuación ás condicións de accesibilidade" por importe de 118.282,00 euros, IVE incluído; visto o escrito do Arquitecto Provincial no que recomenda a tramitación do expediente con carácter de urxencia para así lograr unha reducción nos prazos de comezo e remate da obra toda vez que, con motivo da celebración do Ano Santo, está prevista a organización de diversos actos culturais en dito edificio, que será sede do Padroado de Turismo; visto o informe emitido por Intervención no que se pon de manifesto a existencia de consignación suficiente para atende-lo gasto na partida 04/614.751-622.03; visto o informe emitido polo Sr. Vicesecretario relativo ó prego de condicións económico-administrativas que rexerá no concurso, estimándoo correcto xuridicamente, co reparo de que o apartado 6 dos criterios de selección deben establecerse como medios acreditativos de capacidade e solvencia, xa que deben considerarse requisitos de solvencia do contrato, que xa foi subsanado; e, visto o informe de fiscalización do expediente emitido polo Sr. Interventor, acórdase por unanimidade aproba-lo gasto, o prego de condicións económico-administrativas e o expediente de contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra cun orzamento de licitación de 118.282,00 euros, IVE incluído. A obra obxecto do concurso financiarase con cargo á partida 04/614.751-622.03 do vixente orzamento provincial. A adxudicación da obra, así como a súa execución, quedan condicionadas á sinatura da escritura de compra do Palacete de Mendoza. Así mesmo, expóñense ó público o proxecto e o prego de condicións que rexerá no concurso a efectos de reclamacións, o que de non producirse dará lugar a súa aprobación definitiva de forma automática. O anuncio do concurso e do extracto do prego de condicións económico-administrativas publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia. Os gastos de inserción de anuncios e demais que xere o expediente serán por conta dos adxudicatarios. ------ Folla: 13.11988.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DO "SUBMINISTRO DE GASÓLEO A PARA ABASTECE-LOS VEHÍCULOS E MÁQUINAS DO PARQUE DE MAQUINARIA DURANTE O ANO 2004" Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na sesión do día 5 de marzo de 2004 polo que aprobou o expediente de contratación, mediante concurso, procedemento aberto, para o subministro de gasóleo A, para abastece-los vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria, sendo o seu anuncio publicado no BOP núm. 47 do día 09-03-2004 e no Diario Oficial de Galicia núm. 47 do día 12 de marzo de 2004. Vista a acta de cualificación da documentación xeral e de apertura de plicas presentadas e admitidas, subscrita pola mesa de contratación con data 29 de marzo de 2004. Visto o informe emitido, con data 31-03-2004, polo Xefe do Parque de Maquinaria sobre a valoración das distintas ofertas admitidas ó concurso de acordo cos criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións que rexeron o concurso. Vista a proposta formulada pola mesa de contratación na reunión do día 1 de abril de 2004 para que se lle adxudique o concurso á empresa Gasóleos Galicia, S.L., por resulta-la oferta máis vantaxosa das presentadas e admitidas, de acordo co informe técnico emitido polo Sr. Xefe Xeral do Parque de Maquinaria de data 31 de marzo de 2004, acórdase por unanimidade adxudicar á empresa GASÓLEOS GALICIA, S.L. (CIF- B-36.290.336) o concurso correspondente ó subministro de gasóleo A, para abastece-los vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria durante o ano 2004 polo importe ofertado de 0,6491 euros/litro, IVE incluído, por resulta-la oferta máis vantaxosa de entre as presentadas e admitidas ó obte-la maior puntuación de acordo ós criterios de valoración establecidos nos pregos de condicións e reuni-los requisitos esixidos en dito concurso. Dito subministro de gasóleo A é para o consumo dos vehículos e máquinas do Parque de Maquinaria dende o día 1 de abril ó 31 de decembro de 2004 e que se estima nun máximo de 180.000 litros, o que supón, ó prezo de 0,6491 euros/litro, un importe total de 116.838,00 euros. O pago do subministro expresado, efectuarase no seu día ó adxudicatario, con cargo á partida 04/511.511.221.03, do vixente orzamento provincial. O adxudicatario deberá constituír unha fianza definitiva equivalente ó 4% do prezo de adxudicación por importe de 4.673,52 euros, que ingresará na Tesourería da Deputación en calquera das formas previstas no artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, do texto refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, no prazo de quince días naturais contados dende a notificación deste acordo. No caso de non cumprirse este requisito por causas imputables ó adxudicatario, dará lugar á resolución do contrato. Así mesmo acórdase a devolución das fianzas provisorias constituídas polos licitadores que non resultaron adxudicatarios. A fianza provisoria da empresa adxudicataria será devolta unha vez teña constituído a fianza definitiva. O adxudicatario deberá ingresar na Caixa desta Deputación as cantidades de 49,98 euros e 204,75 euros (total 254,73 euros) por gastos de anuncios no Boletín Oficial da Provincia e Diario Oficial de Galicia, respectivamente. ------ Folla: 14.11989.- ADXUDICACIÓN DO CONCURSO PARA A CONTRATACIÓN DE "DIVERSAS OBRAS" Vista a acta de cualificación da documentación xeral e apertura de plicas formulada pola mesa de contratación do concurso convocado para a contratación de "Diversas Obras"; visto o informe emitido polo Enxeñeiro Director de Vías e Obras, no que se valoran as distintas ofertas presentadas, de acordo cos criterios de valoración que figuran no prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso; e, vista a proposta de adxudicación formulada pola mesa de contratación, acórdase por unanimidade: .- Adxudicar a PAVIMENTOS DE MEAÑO, S.L., a obra "Travesía EP 9702 As Sinas-Vilanova (Vilanova)", na suma de 112.392,82 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 15.460,15 euros e un período de mantemento de trinta meses. .- Adxudicar a CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A., a obra "Mellora de trazado e seguridade vial acceso Instituto EP Baiona-Rosal (Baiona)", na suma de 166.270,00 euros, IVE incluído, e que oferta un prazo de execución de dous meses, melloras valoradas en 14.051,00 euros e un período de mantemento de vintecatro meses. As melloras ofertadas figurarán como anexo á certificación liquidación de cada obra, xustificándose así a súa realización ou subministro. Os adxudicatarios deben constituír fianza definitiva por importe do 4% do prezo de adxudicación, na forma que determina o artigo 36 do RDL 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, que establecerá na Tesourería da Deputación dentro do prazo de quince días naturais, contados a partir da notificación desta resolución. Caso de non cumprirse este requisito declararase resolto o contrato. Así mesmo, cada adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación, de acordo coa base 14ª do prego de condicións económico-administrativas que rexeu no concurso, a cantidade de 150,13 euros, IVE incluído, correspondente á publicación de anuncios do concurso no BOP e DOG que ascendeu a un total de 300,26 euros. Contra este acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo de un mes a partir do día seguinte ó desta notificación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada por Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra ou perante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia segundo o disposto nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, de 13 de xullo Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada Lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estime conveniente. ------ Folla: 15.11990.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS Unha vez tramitados os correspondentes expedientes, de conformidade co disposto no artigo 47 e concordantes do RD Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, do Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e ó non estar suxeitos a responsabilidade e terse cumpridas as condicións dos contratos acórdase por unanimidade a devolución das seguintes fianzas: CONSTRUCCIONES BARREIRO B., S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de MIL CINCOCENTOS DEZASEIS EUROS CON NOVENTA E CATRO CÉNTIMOS (1.516,94), para responder de: "INSTALACIÓNS XERAIS DE CALEFACCIÓN, FONTANERÍA E SANEAMENTO DA Á ESQUERDA DO CENTRO RESIDENCIA FOGAR DA C.I. PRÍNCIPE FELIPE", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 15-10-02, segundo núm. 200200088965 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. FORAMA CONSULTORES, S.L. .- A constituída en metálico por importe de MIL CENTO OITENTA E TRES EUROS CON NOVENTA CÉNTIMOS (1.183,90), para responder de: "ASISTENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN AGRUPADO ZONA DO SALNÉS", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-06-03, segundo núm. 200300045030 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en metálico por importe de NOVECENTOS SETE EUROS CON SETENTA E CATRO CÉNTIMOS (907,74), para responder de: "ASISTENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN FORMACIÓN A DISTANCIA E IDIOMAS", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 25-06-03, segundo núm.200300046228 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. MTW, MARKETING THAT WORKS. .- A constituída en metálico por importe de SETECENTOS CINCUENTA E CINCO EUROS CON SESENTA E TRES CÉNTIMOS (755,63), para responder de: "ASISTENCIA PARA O DESENVOLVEMENTO DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN PARA PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL -ZONA NORTE-", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 23-06-03, segundo núm.200300045029 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. .- A constituída en valores mediante aval de Caixa Madrid, por importe de SEIS MIL DOUSCENTOS VINTE EUROS CON CORENTA E OITO CÉNTIMOS (6.220,48), para responder de: "EP 7202 PEREIRA-ACIBEIRO (FORCAREI)", pertencente ó (POL-2001), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01, segundo núm. 2001050175 SIC/2001050181 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixa Madrid, por importe de CATRO MIL NOVECENTOS TRINTA E TRES EUROS CON ONCE CÉNTIMOS (4.933,11), para responder de: "EP 7102 SERRAPIO-PORTELA (CERDEDO)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 19-09-01 segundo núm.200100046353 SIC/2001050172 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de CINCO MIL TRESCENTOS DEZAOITO EUROS CON NOVENTA E SEIS CÉNTIMOS (5.318,96), para responder de: "EP 2803 FORNELOS-FESTÍN (FORNELOS DE MONTES)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26-07-01, segundo núm.200100036721 SIC/2001039943 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de DEZ MIL CATROCENTOS CINCUENTA E SETE EUROS CON SESENTA E UN CÉNTIMOS (10.457,61), para responder de: "EP 6202 RODEIRO - OSERA (RODEIRO)", pertencente a Fondos Propios de 2001, e que foi depositada na Tesourería Provincial o 26-07-01, segundo núm. 200100036716 SIC/2001039938 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Banesto, por importe de TRES MIL DOUSCENTOS CORENTA E DOUS EUROS CON CINCUENTA E NOVE CÉNTIMOS (3.242,59), para responder de: "PO-6303 BERREDO-BAÍÑA (AGOLADA)", pertencente ó (POL-2000), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 13-05-02, segundo núm.200200042559 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de MIL CATROCENTOS SEIS EUROS CON TRINTA E SETE CÉNTIMOS (1.406,37), para responder de: "EP PILOÑO-PEÑAS GARFAS (VILA DE CRUCES)", pertencente ó (PPC 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-07-02, segundo núm.200200062561 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova por importe de NOVE MIL OITOCENTOS NOVE EUROS CON CORENTA E TRES CÉNTIMOS (9.809,43), para responder de: "MODIFICADO NÚM. 1 DE ENSANCHE E MELLORA EP 9405 BARRANTES-ARMENTEIRA (MEIS)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 21-08-02, segundo núm. 200200068750 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de NOVE MIL OITOCENTOS NOVE EUROS CON VINTESETE CÉNTIMOS (9.809,27), para responder de: "COMPLEMENTARIO NÚM. 1 DE ENSANCHE E MELLORA EP 9405 BARRANTES-ARMENTEIRA (MEIS)", e que foi depositada na Tesourería Provincial o 12-09-02, segundo núm.200200074411 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. .- A constituída en valores mediante aval de Caixanova, por importe de MIL CATROCENTOS SEIS EUROS CON TRINTA E SETE CÉNTIMOS (1.406,37), para responder de: "EP PILOÑO-PEÑAS GARFAS (VILA DE CRUCES)", pertencente ó (PPC 2002), e que foi depositada na Tesourería Provincial o 29-07-02, segundo núm. 200200062561 de operación, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da Empresa. ------ Folla: 16.11991.- APROBACIÓN DAS BASES DO CENTRO DE DÍA DA CIDADE INFANTIL "PRÍNCIPE FELIPE" PARA O CURSO 2004-2005 Con data 27 de xuño de 2003 o Pleno da Excma. Deputación aproba a creación do Centro de Día na Cidade Infantil "Príncipe Felipe" para a atención, tanto básica como integral diaria dos menores da Provincia. Con motivo de proceder á apertura do prazo para solicitar praza neste Centro para o curso 2004-2005, acórdase por unanimidade aproba-las bases que rexerán a selección e a súa publicación. ------ Folla: 17.11992.- COMUNICACIÓNS Non houbo. ------ Folla: 18.11993.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. FÓRA DA ORDE DO DÍA e previa unánime declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: ------ Folla: 19.11994.- SOLICITUDE DE REPARACIÓN DA ESTRADA DE PORRÁNS-MORAÑA-CUNTIS Á CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA A proposta da Presidencia, atendendo peticións do Deputados Sres. Landín Eirín e Campos Durán e insistindo en anteriores acordos similares, e debido á grande demanda social existente, acordouse por unanimidade solicitar á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a adecuada reparación da estrada de Porráns-Moraña-Cuntis. ------ Folla: 20.11995.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE CONCURSO, PROCEDEMENTO ABERTO, TRÁMITE DE URXENCIA, PARA PRESTACIÓN DOS SERVICIOS DE ORGANIZACIÓN DAS VIAXES PARA A TERCEIRA IDADE A LANZAROTE Visto o expediente tramitado ó efecto a proposta do Sr. Xefe do Servicio de Acción Social, para a contratación, mediante trámite de urxencia, dos servicios de organización das viaxes para persoas da terceira idade a Lanzarote durante o ano 2004. Resultando que polo Servicio de Contratación, Facenda e Patrimonio, con data 31 de marzo do ano 2004, se confeccionou o prego de condicións administrativas que rexerán no expediente de contratación para a realización de viaxes para un máximo de 1.000 persoas da terceira idade da provincia de Pontevedra a Lanzarote durante os meses de maio, xuño e xullo, de oito días/sete noites de duración, en pensión completa e co seguro de viaxe correspondente. Resultando que o prezo do contrato se financiará da seguinte forma: .- Por cada viaxeiro admitido ó programa, a Deputación Provincial de Pontevedra, aboará á empresa adxudicataria a cifra de 60,00 euros para o que existe crédito por importe máximo de 60.000,00 euros. .- Cada concello incluído no programa aboará directamente á empresa adxudicataria a cantidade de 36,00 euros por viaxeiro admitido. .- Cada persoa beneficiaria do programa aboará ata un máximo de 300,00 euros, cantidade que a fará efectiva á empresa adxudicataria mediante transferencia bancaria. Vistos así mesmo, o informe favorable emitido polo Sr. Vicesecretario de data 31-03-04 sobre o prego de cláusulas administrativas particulares, o documento RC de data 05-02-2004 por importe de 60.000,00 euros e o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención de data 1 de abril de 2004, acórdase por unanimidade aproba-lo expediente do concurso para a contratación, mediante procedemento aberto, trámite de urxencia, dos servicios de ORGANIZACIÓN DAS VIAXES PARA PERSOAS DA TERCEIRA IDADE A LANZAROTE, por un tipo máximo de licitación de TRESCENTOS NOVENTA E SEIS EUROS (396,00), IVE incluído, por cada persoa da terceira idade incluída no programa, de acordo ó seguinte desglose en canto ó financiamento do mesmo: .- Deputación Provincial de Pontevedra 60,00 euros .- Concello 36,00 euros .- Persoas incluídas no programa 300,00 euros TOTAL IVE INCLUÍDO 396,00 euros A posible diferencia entre o prezo de licitación e adxudicación, aplicarase, a modo de reducción do prezo, en beneficio das cantidades a aboar polas persoas incluídas no programa. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda autorizar dito gasto por importe máximo de 60.000,00 euros con cargo á partida 04/313.313.227.20 e aproba-los pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán en dito concurso e que se inicie o procedemento de adxudicación para a contratación, por trámite de urxencia dos referidos servicios, concedendo un prazo de dez días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. ------ Folla: 21.11996.- APROBACIÓN DO PROXECTO "EP 8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA (CALDAS DE REIS)" (PPC 2004) Visto o proxecto "EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis)", con orzamento de 444.036,00 euros, IVE incluído, redactado polo Servicio de Vías e Obras, e que está integrado no Plan Provincial de Cooperación 2004; e, visto o informe emitido por Intervención no que se manifesta que existe consignación para as obras incluídas en dito Plan, pendente da súa aprobación polo Ministerio para as Administracións Públicas, na partida 04/911.511-611.09, acórdase por unanimidade prestar aprobación ó referido proxecto de "EP 8001 Caldas-Carracedo-Catoira (Caldas de Reis)", por importe de 444.036,00 euros, IVE incluído. O presente acordo queda condicionado a que polo Ministerio se preste aprobación ó Plan Provincial de Cooperación 2004. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. ------

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición